A XESTIÓN
INTEGRAL DE EMER-
XENCIAS EN POLÍ-
GONOS INDUSTRAIS
é unha ferramenta de
apoio ás empresas para
facilitar o cumprimento
da normativa e:
. Coordinar a actua-
ción do persoal da em-
presa
. Identificar e avaliar a
perigosidade da emer-
xencia
. Intervención rápida
dos equipos de emer-
xencia da empresa e as
axudas exteriores
. Asegurar unha eva-
cuación rápida e orde-
nada do centro de
traballo
. Deter ou cortar os pro-
cesos que supoñan un
impedimento no control
da emerxencia
En ningún caso se
pretende substituír coas
actuacións aquí estableci-
das aos Servizos Públicos
(Bombeiros, Protección
Civil, Policía, etc.) senón
realizar as accións máis
inmediatas ata que
OCTUBRE 2012
Puntos de especial in-
terese:
Artigo Xestión Integral de
Emerxencias en Polígonos
Industriais
Punto de Interese:
-Pautas de actuación-
Contenido:
Artigo 2
Novas de Prensa 6
Datos Económicos 7
Axudas e Subvencións/
Lexislación
8
Novas Cofer 9
Punto de Interese 10
Feiras 12
Somos 13
Nº 106
O MAGAZINE da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal
Esta publicación é distribuida mensualmente entre os socios gratuitamente. Editada por Cofer
TIPOS DE EMERXENCIAS
Os recentes sucesos acaecidos en diversas industrias situadas en polígonos industriais, fai
necesario realizar unha reflexión sobre como actuar ante a aparición dunha emerxencia, en
primeiro lugar para cumprir a normativa existente e en segundo lugar para evitar consecuen-
cias que en moitas ocasións poden resultar irreparables, demostrando unha falta de medios,
información e formación na actuación. As situacións de emerxencia preséntanse fundamental-
mente cando na empresa ten lugar un accidente ou incidente grave. Os tipos de accidentes
que poden provocar unha emerxencia son:
-Lumes sen riscos de explosión: Suceden por combustión de substancias de papel, madeira,
etc. que non é explosiva nin tampouco están en condicións de explotar. -Luzada de gas inflamable: É unha combustión moi rápida que impide que se poidan evitar as
súas consecuencias escapando do lugar do accidente. -Charco de líquido inflamado ou dardo de lume: Preséntanse cando se produciu un derramo ou fuga de chorro líquido seguido dunha ignición. Este caso permite evitar os seus efectos
afastándonos do lugar do accidente. -Explosións: Xorden pola ignición ou quentamento de substancias explosivas, que teñen co-
mo característica principal unha velocidade de propagación moi alta.
cheguen estes e así evitar
peores consecuencias.
-Nubes de gases tóxicos: Son emisións acciden-
tais dos devanditos gases.
-Derramos nocivos: Desbordamento ou rotura
de recipientes ou conducións de substancias
perigosas para a saúde.
-Fenómenos naturais: Incidentes que dan lugar
a actuacións de emerxencia: comunicación de
ameaza de bomba, terremotos, inundacións
raios e furacáns. TIPOS DE EMERXENCIAS E CONSE-
CUENCIAS MÁIS SIGNIFICATIVAS
INCENDIO:
-Morte e/ou lesións graves nas persoas
-Deterioro de equipos, instalacións e edificios
-Danos estruturais
-Contaminación ambiental (fumes de combus-
tión)
EXPLOSIÓNS:
-Morte e/ou lesións graves nas persoas
-Deterioro de equipos, instalacións e edificios
-Proxeccións de fragmentos de distinto tamaño
a lugares afastados.
-Ondas expansivas de presión
-Xeración de incendios secundarios en lugares
afastados
ACTOS DE TERRORISMO E SABOTAXE:
-Morte e/ou lesións graves nas persoas
-Produción de incendios e as súas consecuen-
cias
-Inestabilidade social
FUGAS OU DERRAMOS DE PRODUTOS
QUÍMICOS:
-Morte e/ou lesións graves nas persoas
-Deterioro de equipos, instalacións e edificios
-Contaminación ambiental
-Bólas de lume e incendios
-Explosións
CATÁSTROFES NATURAIS:
-Morte e/ou lesións graves nas persoas
-Produción de explosións e as súas consecuen-
cias
-Contaminación ambiental
PLAN DE EMERXENCIA As situacións de emerxencia clasifícanse segun-
do a súa gravidade, de menor a maior: .Conato de emerxencia: Situación que pode ser
neutralizada cos medios contra incendios e
emerxencias dispoñibles no lugar onde se pro-
duce e polo persoal presente no lugar do inci-
dente.
. Emerxencia parcial: Situación de emerxencia
que non pode ser neutralizada de inmediato
como un conato e obriga o persoal presente a
solicitar axuda dun grupo de loita máis prepara-
do e que dispón de maiores medios contra
incendios e emerxencias.
. Evacuación: Situación de emerxencia que obriga
a desaloxar total ou parcialmente o centro de
traballo de forma ordenada e controlada.
. Emerxencia xeral: Situación de emerxencia que
supera a capacidade dos medios humanos e
materiais contra incendios e emerxencias esta-
blecidos no centro de traballo e obriga a alertar
a toda a organización habitual da empresa, subs-
tituíndoa por outra de emerxencia, tendo que
solicitar axuda exterior.
MEDIOS DE PROTECCIÓN E PREVEN-
CIÓN NECESARIOS
É necesario describir as instalacións de detec-
ción de incendios, as de alarma, os equipos e
extinción de incendios (extintores, bocas de
incendio equipadas, iluminacións especiais, me-
dios de socorro e rescate, etc.).
Tamén se debe facer unha descrición detallada
dos medios humanos dispoñibles para participar
nas accións de autoprotección.
Será necesario recompilar entre outra, a seguin-
te información:
. Descrición do centro de traballo
. Sistemas e xeitos de dar aviso segundo a
emerxencia
. Responsables en caso de emerxencia
. Descrición equipos de loita contra incendios
. Descrición vías de evacuación
ESTABLECEMENTO E IMPLANTA-
CIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE AC-
TUACIÓN
Desenvolveranse esquemas das actuacións que
hai que levar a cabo en caso de emerxencia.
Para ser operativo o Plan de Emerxencia ha de
dar resposta clara, concreta e concisa ás pre-
guntas:
Que se fará?
Quen o fará?
Cando?
Onde se fará?
Elaborarase o plan de actuación tendo en conta
a gravidade da emerxencia (conato de emerxen-
cia, emerxencia parcial, emerxencia total).
As distintas emerxencias requirirán a interven-
ción de persoas e medios para garantir en todo
Páxina 2
“Elaborarase o plan de
actuación tendo en
conta a gravidade da
emerxencia (conato
de emerxencia, emer-
xencia parcial ou
emerxencia total).”
Páxina 3
momento a alerta que porá en acción o persoal responsable de
emerxencias, a alarma para a evacuación dos ocupantes, a inter-
vención para o control das emerxencias e o apoio para a recep-
ción e información aos servizos de axuda exterior.
FORMACIÓN E INFORMACIÓN AO PERSOAL SOBRE
AS MEDIDAS DE EMERXENCIA DO CENTRO DE TRA-
BALLO.
As medidas para asegurar a eficacia do Plan de Emerxencia
inclúen un plan de mantemento das instalacións e dos medios de
prevención e protección esixibles segundo a lexislación vixente.
Así como, a realización de reunións informativas á que asistirá
todo o persoal e onde se explicará o plan de emerxencia. Para
información de visitantes e/ou usuarios do centro de traballo
disporase carteis con consignas claras sobre prevención de riscos
e actuación en caso de emerxencia.
Todo o persoal dunha empresa debe coñecer de xeito claro,
como actuar ante determinadas situacións.
Por exemplo, ante unha situación de emerxencia por incendio,
debe coñecerse:
Tipos de lume
Manexo extintores e equipos de loita contra incendios
Información sobre as vías de evacuación
Planos de evacuación e medios de protección
Ademáis das accións informativas e formativas que o persoal
reciba na empresa, tamén é necesaria a realización de simulacros.
Para que unha actuación en situación de emerxencia poida ser a
correcta, é convinte ensaiala periódicamente segundo supostos
de situacións probables de emerxencia.
Cos simulacros perséguense os obxectivos de acceder o costume
en actuacións ante emerxencias e mellorar as actuacións analizan-
do os erros. É importante actuar en todo momento co mesmo
rigor que se se tratase dunha situación real de emerxencia.
CONTIDO DO PLAN DE EMERXENCIA
1. DESCRIPCIÓN DA EMPRESA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Descrición do centro
- Localización e aspectos xeográficos
- Construcións e instalacións no ámbito
- Rede viaria
- Accesos
-Medios exteriores de protección contra incendios
-Servizos públicos próximos
-Características do centro
- Instalacións e servizos do centro
- Número máximo de persoas a evacuar
- Medios de protección
2. PLAN DE EMERXENCIA
- Clasificación de emerxencias
- Medios humanos
- Definición e planificación de accións
- Esquemas operacionais
- Fichas resumo para os diferentes membros da organización
3. PLANOS
- Plano de situación
- Plano de localización
- Plano xeral do centro de traballo
- Planos dos edificios por plantas
4. ANEXOS
- Instrucións para a realización de simulacros de evacuación
- Teléfonos de emerxencia
PAUTAS DE ACTUACIÓN
Descríbense a continuación, as actuacións que se levarían a
cabo en función da emerxencia:
Conato de emerxencia: ante un conato de emerxencia
calquera traballador debería poder realizar as seguintes
actuacións:
. Usar os medios dispoñibles contra incendios e emerxen-
cias.
. Non se arriscar inútilmente, nin provocar un risco maior.
. Iniciar a alarma comunicando co Centro de Control de
Emerxencias (CCE), polos medios previstos para iso.
. Pedir axuda
. Informar sobre a incidencia ao CCE.
. Estas son as actuacións básicas correspondentes aos equi-
pos de primeira intervención (EPI).
Emerxencia parcial: calquer traballador ante unha
emerxencia se, segundo o seu criterio, a considera de
maior importancia que un conato, debería actuar do se-
guinte modo:
. Comunicar o incidente ao CCE utilizando algún dos me-
dios establecidos, timbre de alarma, teléfono interno, etc.,
e comprobar que o entenderon ben.
. Quedar alerta de calquera outra comunicación que, sobre
a emerxencia, sexa transmitida polo CCE a través dos me-
dios establecidos, tais como megafonía ou sons codificados
de alarma.
. Os traballadores integrados nos equipos de segunda inter-
vención (ESI), ao ser alertados polo CCE, actuarían segun-
do os seus coñecementos e experiencia como grupos de
loita contra calquera tipo de emerxencia. Igualmente, os
traballadores integrados nos equipos de primeiros auxilios
(EPA) e nos de alarma e evacuación (EAE) permanecerían
en alerta ante unha posible intervención, no caso de ser
requiridos.
Emerxencia xeral: é a situación que supera a capacidade
dos medios humanos e materiais contra incendios e
emerxencias establecidos no centro de traballo e obriga a
alterar toda a organización habitual da empresa. A declara-ción de emerxencia xeral debería ser realizada polas perso-
as da empresa autorizadas para iso. Cando o CCE recibe
esta información debería comunicala a todos os traballado-
res, utilizando para iso os medios establecidos tais como
megafonía ou sons codificados de alarma. Calquera traballador da empresa debería incorporarse
ao grupo que lle corresponda, segundo a organización establecida para a emerxencia. Esta non ten
necesariamente que coincidir coa existente para o funcionamento normal da actividade empresa-
rial. Nesta situación de emerxencia os traballadores integrados nos ESI, así como os integrados
nos EPA e EAE, actuarían en colaboración cos recursos exteriores de Protección Civil e Bombei-
ros. Todo o persoal recibiría a información sobre a evolución da emerxencia a través do CCE e
polos medios de comunicación establecidos. Deberíase actuar en consecuencia con esta informa-
ción e sempre en coordinación cos recursos externos.
Evacuación: é unha situación de emerxencia que obriga a desaloxar total ou parcialmente o centro
de traballo de forma ordenada e controlada.
A evacuación iníciase cando o comunica o CCE a través dos medios establecidos. No caso da
Emerxencia Parcial, cada persoa dirixirase sen correr e en grupo, polas vías de evacuación sinaladas,
cara aos puntos de reunión establecidos, onde se identificará ante o responsable de contabilizar os
evacuados. No caso da Emerxencia Total, calquera traballador actuaría de xeito semellante á ante-
rior, pero alongando o itinerario de evacuación ata un punto de reunión no exterior do recinto.
Os traballadores integrados nos EAE actuarían segundo o seu labor. Como recomendacións de
actuación en calquera situación de emerxencia diremos as seguintes:
-Non utilizar nunca os medios de comunicación interna e externa para outros obxectivos que non
sexan os propios da emerxencia.
-Non utilizar os ascensores ou montacargas a excepción, se os houbese, dos ascensores para uso
específico dos bombeiros.
-Non abandonar o posto de traballo en ningunha situación de emerxencia sen cumprir os proce-
dementos de emerxencia asignados.
NORMAS XERAIS PARA EVITAR INCENDIOS
. Almacenar os produtos inflamables e combustibles illados e lonxe das zonas de traballo.
. Utilizar recipientes que se pechen hermeticamente, xa sexa para o seu almacenamento como
para o seu transporte. Tratar os residuos exactamente igual.
. Manter unha boa orde e limpeza. Utilizar recipientes cheos.
. Extender permisos de traballo especiais para as intervencións de reparación ou mantemento en
instalacións que contiveron produtos inflamables.
. Prohibir producir faíscas ou xerar chamas de calquera tipo.
. Manter afastadas das zonas con risco de incendio as posibles fontes de calor como: caldeiras,
estufas, fornos, etc.
. Evitar que a instalación eléctrica sexa unha fonte de calor. Apagar todos os aparatos eléctricos
ao finalizar a xornada e nas pausas ou paradas. Cumprir o REBT (Regulamento electrotécnico de
baixa tensión) para lugares con risco de incendio ou explosión.
. Evitar reaccións químicas exotérmicas, non mesturar produtos que non se saiba o que producen,
poden desprender calor. Seguir sempre as indicacións do fabricante, "ficha de seguridade".
. Ventilar os locais para evitar a concentración de vapores
. Sinalizar os almacéns, lugares, envases, etc. do risco de incendio
. Informar e facer cumprir as normas de prevención de incendios da empresa a todas as contratas
que traballen no noso centro de traballo.
Páxina 4
Centro de Negocios& Incubadora de empresas
Para máis información, click aquí.
http://centrodenegociosferrol.com/
Páxina 6
As Novas máis relevantes do mes:
O número de empresas TIC creceu un 4,2% en Galicia no que vai de ano.
El Economista 1/10/2012
Os orzamentos xerais do Estado destinan a Ferrol 30,8 millóns de euros.
Diario de Ferrol. 2/10/2012
O Plan Ferrol deixará 800.000 euros no ámbito comarcal.
Diario de Ferrol. 2/10/2012
Galicia rexistrou en xullo a creación de 333 novas sociedades.
Noticias Galicia. 2/10/2012
As petroleiras encargarán 190 floteís en tres anos con Galicia como referente.
La Voz de Galicia. 2/10/2012
O Paro rexistrado volve a subir en Galicia despois de catro meses de baixadas: sitúase en
259. 373 desempregados
La Voz de Galicia 3/10/2012
O paro sube nas tres comarcas máis do dobre do que o fai en Galicia. Diario de Ferrol 3/10/2012
Huso29 amplía o seu negocio de renovables en As Somozas.
La voz de Galicia 3/10/2012
AJE Galicia pedirá prestamos para emprendedores galegos
Faro de Vigo. 4/10/2012
Bruselas desenvolve o Acta de Mercado Único para guiar o crecemento futuro da Unión
Europea .
Diario de Ferrol. 8/10/2012
As Somozas capta sete proxectos do Plan Ferrol con case a metade de toda a inversión
Diario Jurídico. 8/10/2012
Un total de 180 parados do naval, no arranque do plan Empreganav.
Diario de Ferrol. 10/10/2012
A comarca capta catro empresas do sector da biomasa.
La Voz de Galicia, 16/10/2012
Arranca a obra da terminal de colectores de Caneliñas.
La Voz de Galicia, 16/10/2012
O Porto de Ferrol consolídase como o segundo de Galicia en graneis líquidos
La Voz de Galicia, 16/10/2012
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/50009-b-noticia
Outros datos de interese Indicador Anual do IPC: O indicador do IPC, segundo os datos facili-tados polo INE, sitúa a variación anual no 3,4% no mes de setembro.
Este indicador supón un aumento de sete décimas respecto ao mes de agosto
ICM:ten como obxectivo
coñecer a evolución das vendas
e o emprego no sector do co-
mercio minorista en España.
ICC:calcúlase como media
aritmética dos balances da situa-
ción actual da economía familiar,
da economía española e do em-
prego respecto á que existía hai
seis meses, e das expectativa
respectivas para os próximos
seis meses.
Páxina 7
Datos Económicos:
Datos do paro: O número de desempregados aumentou en 85.000 persoas no terceiro
trimestre do ano en España, ata alcanzar 5.778.100, e a taxa de paro subiu 0,38 puntos e
situouse no 25,02% da poboación activa, segundo datos da enquisa trimestral publicada polo
Instituto Nacional de Estatística (INE). En Galicia baixou o número de desempregados, con
11.900 menos. Con este descenso, Galicia rexistrou ata setembro 264.000 desempregados. A
taxa de paro galega está catro puntos por debaixo que a estatal (20,13%). Na contabilización
por provincias, destaca Pontevedra con108.600 desempregados, síguea A Coruña, con 101.300,
Ourense con 29.100 e Lugo, con 25.000 parados.
Evolución do paro rexistrado por idade e provincia setembro 2012. IPC:é unha medida estatísti-
ca da evolución dos prezos dos
bens e servizos que consume a
poboación residente en vivendas
familiares de España.
Fonte: Miniserio de Emprego e Seguridade Social
Fonte: INE
ORDE do 11 de outubro de 2012 pola que se establecen os domingos e festivos en que
se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2013.
22 de Outubro de 2012, DOG
DECRETO 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia
e se aproba o seu estatuto.
18 de Outubro de 2012, DOG
Convócanse as actividades que forman parte do Plan de formación permanente para o
persoal de escolas infantís 0-3
5 de Outubro de 2012, DOG
Lei Orgánica 5/2012, de 22 de Outubro, de reforma da Lei Orgánica 8/2007, do 4 de
xullo, sobre financiación dos partidos políticos.
23 de Outubro de 2012, BOE
Subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contrata-
ción de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2012.
2 de Outubro de 2012, BOE
Bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas galegas do sector
téxtil - moda confección
3 de Outubro de 2012, DOG
Ampliación do prazo de presentación da documentación das axudas para o so-
terramento de infraestructuras eléctricas.
4 de Outubro de 2012, DOG
Aprobación das bases reguladoras das axudas dirixidas a entidades sen ánimo de
lucro para incrementar a participación das persoas inmigrantes.
10 de outubro de 2012, DOG
Resolución do 9 de Outubro de 2012, da Xerencia do Sector da Construcción
Naval.
19 de Outubro de 2012, BOE
Páxina 8
Lexislación:
Axudas e Subvencións:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121022/AnuncioCA04-111012-0004_gl.htmlhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121022/AnuncioCA04-111012-0004_gl.htmlhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121005/AnuncioCA05-260912-0005_gl.htmlhttp://www.boe.es/boe/dias/2012/10/23/pdfs/BOE-A-2012-13123.pdfhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121002/AnuncioCA05-260912-0007_gl.htmlhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121003/AnuncioCA04-270912-0003_gl.htmlhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121004/AnuncioCA04-260912-0006_gl.htmlhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121010/AnuncioC3C1-041012-0006_gl.htmlhttp://www.boe.es/boe/dias/2012/10/19/pdfs/BOE-A-2012-13025.pdf
Páxina 9
◊ Asociación de Limpeza de Edificios e Locais A Asociación de Limpeza fíxose socia da Cociña Económica de Ferrol.
◊ Asociación de Peluqueros e Esteticistas de Ferrolterra e Asociación de Cam-
pings do Noroeste teñen novo facebook, visítaos!
◊ Acto AJE O Conselleiro de Industria, D. Javier Guerra, reúniuse a mañá do día 24 de outubro de 2012 con
emprendedores, autónomos e membros da Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE) de Ferrol.
Guerra acudiu acompañado polo Alcalde e Presidente do PP local, D. José Manuel Rey Varela, e os
candidatos ás autonómicas D. Miguel Tellado e Dna. Natalia Barros. ◊ A Asociación de Peluqueros e Esteticistas de Ferrolterra colaborou con Cazca-
rra na organización da Gala Snow Queen. O día 8 de Outubro celebrouse no Hotel Carrís Almirante de Ferrol a Gala Snow Queen, onde se pre-
sentaron as novas propostas para o Outono-Inverno 2012.
Novas Cofer:
Xa podedes visitarnos no Facebook!Xa podedes visitarnos no Facebook!
E tamén no Twitter!E tamén no Twitter!
Click aquíClick aquí
Novas das Asociacións:
◊ Curso de Manipulador de Alimentos O mécores 8 de outubro de 16h30-19h30, impartiuse un curso nas instalacións da nosa entidade , coa cola-
boración da Asociación de Veterinarios. A Confederación é entidade homologada pola Consellería de Sani-
dade para realizar actividades de impartición de programas de formación en materia de hixiene alimentaria
para a obtención do certificado de manipulador de alimentos.
◊ Curso Fundación Once Dende o 22 de Outubro ata o 6 de Novembro de 09h00-14h00, como último día, estase a impartir nas ins-talacións da nosa entidade, coa colaboración da Fundación Once, un curso sobre PREVENCIÓN DE RIS-
COS LABORAIS.
◊ Reunión O pasado 18 de Outubro, reuníronse nas instalacións do Cantón de Molíns, o Comité Executivo de COFER
con D. Francisco Caamaño, número 1 do PSOE por Coruña, ao que acompañaron outros membros do parti-
do.
◊ Convenio de colaboración Mediante un convenio de colaboración entre COFER e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, A Confederación
conta con dúas alumnas realizando prácticas durante os meses de Otubro e Novembro. As estudantes reali-
zaron o módulo de Secretariado no CIFP.
http://es-la.facebook.com/pages/Corte-de-Arbitraje-del-Noroeste/295355963841512
LEI ORGÁNICA 2/2012, de 29 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o
ano 2012.
Publicado no B.O.E número 156 do sábado 30 de xuño de 2012.
Nos Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio do ano 2012 intégranse:
1. O orzamento do Estado.
2. Os orzamentos dos Organismos autónomos da Administración Xeral do Estado.
3. O orzamento da Seguridade Social.
4. Os orzamentos das Axencias Estatais.
5. Os orzamentos dos Organismos Públicos cuxa normativa especifica confire carácter limita-
tivo aos créditos do seu orzamento de gastos.
6. Os orzamentos das restantes entidades do sector público administrativo estatal.
7. Os orzamentos dos fondos carentes de personalidade xurídica a que se refire
o artigo 2.2 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria.
8. Os orzamentos das Sociedades mercantís estatais.
9. Os orzamentos das Fundacións do sector público estatal.
10. Os orzamentos das Entidades públicas empresariais e restantes Organismos públicos desta
natureza.
Estas son as principais propostas e medidas en materia tributaria e económica para os dous vin-
deiros exercicios:
DÉFICIT
No primeiro trimestre de 2013 aprobarase a normativa para a creación da Autoridade Fiscal Independente,
que controlará os orzamentos de todas as administracións e velará polo cumprimento dos obxectivos de
déficit.
XUBILACIÓN E EMPREGO
- As pensións subirán nun 1% en 2013.
- Reformarase a xubilación parcial e a anticipada para achegar a idade de xubilación efectiva á legal e
analizarase o factor de sostibilidade para axeitar as pensións á esperanza de vida.
- Aprobarase antes de decembro unha estratexia de emprego xuvenil e un contrato para a formación e a
aprendizaxe, o denominado sistema dual, para "achegar a formación ao posto de traballo".
- Aprobarase un plan que incentivará a cooperación pública - privada dos servizos de emprego.
IMPOSTOS
- Os premios superiores a 2.500 € das apostas de Lotarías do Estado estarán sometidas a
un novo gravame do 20%, co que se ingresarán 824 millóns de euros.
- Manterase o imposto sobre patrimonio, o que permitirá recadar 700 millóns adicionais.
- Suprímese a dedución pola compra de vivenda habitual, o que suporá uns ingresos de
90 millóns de euros.
- As plusvalías obtidas a curto prazo tributarán aos tipos xerais do IRPF, co que se recada-
rán outros 90 millóns de euros.
- Incrementarase o límite da dedución por amortización para grandes empresas, o que
permitirá obter 2371 millóns en 2013-2014.
- Créase un gravame do 5% para a actualización dos balances de empresas, que permiti-
rán ingresar 300 millóns nos dous vindeiros anos.
Medidas de Impostos de Sociedades
Con carácter temporal:
- Limitación deducibilidade do Fondo de Comercio (do 5% ao 1%)
- Redución do límite máximo de aplicación de deducións (do 35% ao 25%)
- Introdución dun límite mínimo para o cálculo do pagamento fraccionado
Con carácter indefinido:
- Limitación deducibilidade de gastos financeiros (30% do beneficio)
- Eliminación da liberdade de amortización. Para PEMES persiste vinculada á creación de
emprego
FOMENTO DA ACTIVIDADE
- Púxose en marcha un novo plan de incentivos ao motor, que entrou en vigor 1 de outu-bro e permite retirar da circulación vehículos de entre 10 e 12 anos de antigüidade, cun aforro de preto de 16 millóns de euros ao ano.
- Crearase un mercado líquido de pagares para as PEME para impulsar o financiamento
destas empresas.
- Fomentarase que as PEME acudan ao Mercado Alternativo Bolsista ( MAB), no que xa
debutaron 21 compañías de pequeno e mediano tamaño, para obter financiamento.
- Crearase unha axencia para centralizar e fomentar a exportación que estará regulada
polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
- Aprobásese unha nova Lei de mercado único no primeiro trimestre do 2013 que facilitará
novas licenzas para a posta de marcha nun negocio, co fin de crear emprego.
- Créase a figura do Empresario de Responsabilidade Limitada.
- Contemplaranse melloras nos tratamentos concursais, así como medidas para reducir as
cargas administrativas para a apertura ou peche dun negocio.
OUTRAS MEDIDAS
- Créase unha Axencia Estatal de Investigación e a Comisión Nacional de Mercados e
Competencia, cuxo fin é simplificar os organismos supervisores en mercados como o au-
diovisual, o de transporte ou o das telecomunicacións.
- No sector da enerxía, antes de que finalice o ano o Ministerio de Industria presentará
unha nova Lei do sector eléctrico para avanzar na liberalización e a mellora da protección
do consumidor.
- Tamén se aprobará unha nova Lei Xeral das Telecomunicacións.
- Modifícase a tributación dos cigarros, reducindo o tipo proporcional e aumentando o es-
pecífico.
- En breve se aprobará un anteproxecto de Lei que amplía as medidas de loita contra o
fraude.
Páxina 12
Feiras:
Feiras Galicia CONXEMAR
-Data: do 2 ó 4 de Outubro.
-Lugar: IFEVI
-Descrición: Conxemar 2012, a
XIV Feira Internacional de Produ-
tos do Mar Conxelados celébrase
en Vigo. Trátase dunha feira cuxo
nome xa é recoñecido mundial-
mente como a cita ineludible para
os profesionais. A calidade e a
profesionalidade son sinónimos da
feira de Vigo e un referente que
produce que en cada edición as
cifras de visitantes e expositores
manteñan un crecemento á alza.
SALÓN NUPCIAL DE
BRANCO
-Data: do 13 ó 14 de Outubro
-Lugar: Ferrol. FIMO -Descrición: é un evento que reco-
lle nun só recinto todo o relaciona-
do co mundo das vodas. Esta feira
é en cada edición o espazo ideal
para que os que queiran garantirse
o éxito da súa cerimonia nupcial
perfilen nunhas horas ata o máis
pequeno dos detalles. Dende as
flores ata a vestimenta, pasando
polo restaurante, os regalos, a
música, a viaxe de noivos, o peitea-
do, o calzado, a maquillaxe, e unha
morea de cuestións que unha pare-
lla debe solucionar para que nada
falle no día da súa voda. Salón Nup-
cial de Branco 2012, estase a con-
solidar ano tras ano como un dos
principais eventos do sector nup-
cial, para darnos unha idea da súa
importancia, abonda con indicar
que na súa pasada edición, contou
con case 6.000 visitantes. Ademais
de poder acceder nun só recinto ás
últimas novidades en moda nupcial,
para noivos, padriños e convidados,
o salón nupcial concedía a oportu-
nidade de saír de Punta Arnela con
todos os detalles da cerimonia xa
contratados.
Feiras Nacionais DIGITAL SIGNAGE
WORLD
-Data: do 17 ó 19 de Outubro
-Lugar: IFEMA
-Descrición: Presenta as últimas
novidades en mercadotecnia
dixital a través do dixital signa-
ge, realidade aumentada, video
mapping sobre edificios, holo-
grafía, solución 3D, interactivi-
dade en punto de venda, etc.
NAGUSI: salón do
ocio, Servizos e acti-
vidades para os
maiores.
-Data: do 19 ó 21 de Otubro
-Lugar: BEC (Bilbao Exhibition
Centre)
-Descrición: Nagusi 2012 abre
as súas portas esta edición de-
ntro do contexto do "Ano Eu-
ropeo do Envellecemento Acti-
vo e a Solidariedade Internacio-
nal" sendo referente e lugar de
encontro de todas aquelas per-
soas que buscan formación,
información e ocio para mello-
rar a súa calidade de vida; non
só persoas de maior idade,
senón tamén familiares, coida-
dores e profesionais dedicados
ou vinculados ao coidado da-
queles. Esta 16ª edición ten
como obxectivo principal fo-
mentar a calidade de vida dos
maiores. Por iso, a súa ampla e
variada oferta expositiva, forma-
tiva e de actividades multidisci-
plinares poñerá ao alcance dos visitantes un extenso abano de
posibilidades co que enriquecer-
se e gozar.
MATELEC: Salón
Internacional de Ma-
terial Eléctrico
electrónico
-Data: do 23 ó 26 de Otubro
-Lugar: Ifema
-Descrición: é unha das feiras
industriais máis importantes de
España e ten un recoñecido
prestixio no contexto das feiras
internacionais.
FRUIT ATTRAC-
TION: Feira de Fru-
tas e hortalizas
-Data: do 24 ó 26 de Otubro
-Lugar: IFEMA
-Descrición: nesta feira mos-
transe todas as novidades tec-
nolóxicas que poden axudar ao
productor a obter o máximo
rendimiento da súa explotación,
e todas as novidades e innova-
ciones relacionadas con este
sector.
Feiras Internacio-
nais EUROBLECH HAN-
NOVER: feria tec-
nolóxica para a trans-
formación de chapa.
-Data: do 23 ó 27 de Otubro
-Lugar: Deutsche Messe AG
Hannover
-Descrición: descubrir tenden-
cias, aproveitar oportunidades,
formar o futuro. Para as empre-
sas do sector da transformación
da chapa, tomar decisións de negocio intelixentes e encontrar
a maquinaria, sistemas, ferramen-
tas e materiais axeitados.
EXPOLEC CARA-
CAS: exposición de
enerxía eléctrica, au-
tomatización e con-
trol.
-Data: do 31 de Outubro ó 3 de
Novembro
-Lugar: Centro Internacional de
Exposicións de Caracas
-Descrición: contará co auspicio
da Asociación Nacional de Indus-
triais e Fabricantes de Taboleiros
e Equipos Eléctricos, Electróni-
cos e Afíns e o Comité de Elec-
tricidade, Electrónica e Teleco-
municacións, reunirá unha vez
máis a todas as empresas, institu-
cións, organismos e asociacións
nacionais e internacionais rela-
cionadas aos sectores eléctrico,
automatización e control.
Páxina 13
Somos:
"En Cofer están
integradas as seguintes
asociacións empresariais
sectoriais e/ou de carácter
territorial dentro do
ámbito da Confederación,
ademáis dunha sección de
empresas independentes "
Grupo de Empresarios de AS Grupo de Empresarios de AS
SomozasSomozas
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é innovaciónFerrol é innovaciónFerrol é innovación
Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é industria. Ferrol é industria. Ferrol é industria. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.
Ferrol é industriaFerrol é industriaFerrol é industria
Ferrol é dinámicaFerrol é dinámicaFerrol é dinámica
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é Cultura. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é progreso. Ferrol é innovación.Ferrol é innovación.Ferrol é innovación. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor. Ferrol é emprendedor.
Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é dinámica. Ferrol é arte. Ferrol é arte. Ferrol é arte.
GRUPO DE EMPRESASGRUPO DE EMPRESAS
INDEPENDIENTESINDEPENDIENTES
Asociación Empresarial Polígo-Asociación Empresarial Polígo-
no As Lagoas no As Lagoas
Top Related