DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da
Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un
auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados
da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de
decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas
sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade
enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro
para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas
ás familias.
Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e
ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos
na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa
benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso
académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe
que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo
serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación
difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.
Top Related