O BELÉN DE GREGGIO
Vivía na comarca de Greggio, en Italia, Giovanni de Vellita, que era moi
amigo de san Francisco de Asís, a quen todo o mundo o coñecía polos seus
desexos de mostrar a forma de amar a vida e todas as cousas da Creación. San
Francisco vivía nunha ermida nos montes da comarca, e sempre que Giovanni o
visitaba falaban de como facer que a xente comprendera as tarefas de Deus na
Terra.
Achegábase o día de Nadal de 1223, e Giovanni
insistía a Francisco para que este abandonase
o seu retiro e celebrase as Pascuas xunto á súa
familia.
-Querido Giovanni -díxolle Francisco-,gustaríame
conmemorar o nacemento daquel neno en Belén
de forma que os meus ollos corporais puideran
ver os seus traballo na Terra. Gustaríame ser
testigo de como xacía sobre a palla do presebe,
de como o boi e o asno o quentaban co seu
alento, de como a Virxe María o arrolaba nun
soño divino, de como os pastores acudiron desde
os prados veciños para adoralo.
- Claro que si –exclamou Giovanni-, sería marabilloso presencialo!
Giovanni e Francisco descenderon á aldea, e encontraron un vello cortello
abandonado, que encheron de palla fresca. Giovanni falou cun granxeiro e pediulle
prestada unha mula, e a un labrador pediulle o boi que tiraba o arado. Francisco,
pola súa banda, falou coa esposa de Giovanni, que era costureira, e explicoulle
como era a roupa que levaban as mulleres da época do nacemento do neno en
Belén, e logo pediulle a un vendedor uns cantos trapos para confeccionar un
boneco.
Todo o mundo sentíase moi intrigado polo que aquel santo se dispoñía a facer con
todas aquelas cousas, pois nin san Francisco nin Giovanni explicaron a ninguén cal
era o seu plan. Por fin, á media noite do día 24 de decembro xa estaban todos os
preparativos feitos, e invitaron a todos os veciños/as a acudir ó antigo portal
abandonado. Impresionados quedaron todos ó ver o pequeno boneco, como un
Neno Xesús xacendo sobre a palla do presebe, como un boi e unha mula o
quentaban co seu alento, como unha muller vestida coma a Virxe María o
arrolaba… Ademais, todos os veciños/as parecían pastores que acudiran a
adoralo.
Giovanni e San Francisco intercambiaron unha mirada, pois parecía realmente que
estivesen contemplando o que tiña sucedido fai tantos anos no sagrado portal de
Belén. Aquel foi o primeiro presebe.
TRADICIÓNS DE ITALIA
Buon Natale
- Os oito días anteriores a Nadal coñécense como a novena. Durante estes días, os nenos/as piden diñeiro nas casas dos seus veciños/as, cantando panxoliñas, cos que despois poden comprarse algúns regalos. - Unha meiga montada nunha vasoira chamada Befana é a encargada de dar os regalos o día 6 de xaneiro a todos os nenos e nenas que se portaran ben. Os que se portaran mal… só reciben carbón!
- O panetone é o doce máis típico de Italia, sobre todo en Milán. Este suave biscoito tómano sempre cun viño de moscatel e acompáñano de queixo Mascarpone do máis rico.