CENTRO DE ASTROBIOLOXÍA (CSIC-INTA)
Sara Castro Ferreiro
Fátima Lago Romero
Fátima Fernández Feijoo
1º BACH A
• O 11 de marzo do 2014 os alumnos de primeiro de
bacharelato A, xunto con dous profesores, visitaron o
Centro de Astrobioloxía (CSIC-INTA) de Madrid, que se
trata, na actualidade, da maior institución pública
dedicada á investigación en España e a terceira en
Europa.
• O CAB está ubicado no campus do INTA en Torrejón de Ardoz, a 20 Km ó nordeste de Madrid.
• Consta dun edificio principal e dous anexos, un laboratorio de ecoloxía molecular e un observatorio astronómico cun telescopio robótico.
• Adicionalmente, o CAB dispón de tres telescopios robóticos
situados no Observatorio Astronómico Hispano-Alemán de Calar
Alto (Almería) na Estación de Seguimento de Satélites de Espazo
Profundo, en Cebreros (Ávila) e no campus de INTA, en Torrejón de
Ardoz (Madrid).
Almería
Madrid Ávila
• Unha das misións fundamentais do CSIC é aportar solucións científicas ás demandas que a sociedade formula, como as solucións científicas que poden darse para a mellora da calidade de vida dos cidadáns mediante un traballo de investigación que destaque polos seus aspectos innovadores e estratéxicos.
• Este centro articula a súa investigación, grazas ó traballo de cerca de 15.000 persoas, en torno a oito áreas científico-técnicas que cobren a maior parte do coñecemento humano:
– Humanidades e Ciencias Sociais.
– Bioloxía e Biomedicina.
– Recursos Naturais.
– Ciencias Agrarias.
– Ciencia e Tecnoloxías Físicas.
– Ciencia e Tecnoloxía de Materiais.
– Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos.
– Ciencia e Tecnoloxías Químicas.
• As súas funcións principais, entre moitas outras, son:– Realizar investigación científica e tecnolóxica.
– Formar investigadores.
– Fomentar a cultura científica na sociedade.
– Colaborar coas universidades nas actividades de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico e na ensinanza de postgrado.
– Informar, asistir e asesorar en materia de ciencia e tecnoloxía a entidades públicas e privadas.
– Formar expertos en xestión da ciencia e a tecnoloxía.
– Colaborar na actualización de coñecementos en ciencia e tecnoloxía do profesorado de ensinanzas non universitarias.
• As principais liñas de investigación que seguen son:
– Ambientes extremos como hábitats de interese astrobiolóxico:
• -Determinar as características e parámetros físico- químicos de distintos ambientes extremos.
• -Analizar a diversidade biolóxica que habita neles.
• -Estudar os límites da vida para determinar a súa posible existencia e caracterizala.
– Atmosferas planetarias:
• -A súa orixe e evolución e como afectan á capacidade de albergar vida.
• -O impacto da aparición da vida nas atmosferas planetarias e cómo este impacto pode ser detectado.
– Desenvolvemento de instrumentación espacial:
• - O alto nivel de esixencia dos programas espaciais require de instrumentación probada e fiable.
– Evolución molecular:
• - caracterizar experimental e teoricamente os procesos de emerxencia das funcións bioquímicas en condicións prebióticas e da evolución e adaptación de poboacións moleculares moi heteroxéneas.
– Formación e evolución de galaxias:
• - Para comprender cómo se orixinou a vida é preciso estudar a evolución do universo a gran escala, dende o seu nacemento ata a formación dos sistemas planetarios.
– Formación e evolución estelar:
• - Entender cómo se forman as estrelas e cómo evolucionan.
– Xeoloxía planetaria:
• -Estudo da composición e a estrutura dos obxectos planetarios do
Universo e dos procesos e axentes que fan que estes evolucionen
ó longo do tempo.
• Ademáis, este centro conta cunha réplica de “Curiosity”,
un astromóbil de exploración marciana dirixida pola
NASA, o cal se atopa en Marte, enviándonos imaxes á
Terra.
• Neste centro de astrobioloxía, Juan Ángel, presentounos
a vida mediante unhas catro cuestións:
– Que é a vida? É difícil responder a esta pregunta con
exactitude, posto que “vida” é un concepto moi amplo. Aínda
así, intentáronolo explicar da mellor forma posible. A
vida, cientificamente, poderíase dicir que é a capacidade de
administrar os recursos internos dun ser vivo de modo que este
se adapte ós cambios producidos no seu medio, sen que haxa
un cambio brusco entre ambos.
– Onde se orixina a vida? Esta si que é unha preguntaverdadeiramente complicada, posto que aínda hoxe en día nonse sabe con exactitude a súa resposta, pero o certo é que haidúas teorías que son as máis aceptadas a nivel mundial. Porunha banda está a panspermia, que é a teoría que nos propónque a vida pode ter a súa orixe en calquera parte do universo,sen ter que proceder precisamente da Terra, provindo así doexterior e chegando ó noso planeta, seguramente, na chegadade meteoritos, onde viñan incrustados os primeiros seres vivos.Por outra banda está a teoría de que a vida se orixinou aquí, nonoso planeta. Esta basease en que fai 4000 millóns de anos, aTerra era unha bola incandescente que estaba nun caoscontinuo provocado polas constates erupcións volcánicas ebombardeo de meteoritos e raios cósmicos, o que facía quehoubese unhas condicións idóneas para que se puidese orixinarasí a vida.
– Houbo, hai ou haberá vida nalgún outro lugar? Isto,
evidentemente, é algo que se descoñece por completo, pero o
certo é que crese que si, que puido chegar a haber vida nalgún
outro planeta, como é o caso de Marte, posto que se observaron
varios indicios que nos levan a pensar que nalgún momento
houbo auga nese planeta e, polo tanto, vida. Malia isto, o certo é
que para que na Terra se orixinase a vida, tivéronse que dar
unha serie de casualidades, casualidades nada sinxelas. Pero
nunca se sabe, quizá nalgún outro lugar do universo pasou algo
semellante.
– Afecta a evolución do universo á vida? É evidente que a
evolución do universo afectou, afecta e afectará á vida, posto
que se non se chegasen a dar diversos cambios nel, a nosa
existencia sería imposible. Podemos dicir que nós vivimos
grazas a el, grazas ó Sistema Solar, grazas ó Sol!
CENTRO DE ASTROBIOLOXÍA (CSIC-INTA)
Sara Castro Ferreiro
Fátima Lago Romero
Fátima Fernández Feijoo
1º BACH A
Top Related