Non molestamos aos demais. (Se queremos falar só podemos facelo con voz de biblioteca)
Andamos amodiño. Coidamos todo o que hai: mobiliario,
libros,ordenadores,bonecos ... Se responsable, devolve os
materiais que tes en préstamo dentro do prazo, pensa que outras persoas poden querer usalos. No caso de non devolvelos, deberás repoñelos ou abonar o seu importe, para incorporalos de novo á Biblioteca.
Podemos facer uso dos ordena-dores sempre con permiso do mestre de garda.
A Biblioteca estará aberta no horario lectivo (1 sesión semanal cada grupo/clase co seu titor ou titora) e nos recreos. Nos recreos podes usar a Biblioteca para lectura e consulta. Tamén estará aberta todas as tardes de 4 a 5 e media agás os martes, sobre todo para o alumnado que non teña ordenador ou acceso a internet na casa.
Debes presentar o teu carné de usuario/a para calquera préstamo ou devolución.
Pide axuda cando non consigas atopar o libro que necesitas.
Encargaranse dos préstamos o alumnado axudante da Biblioteca baixo a supervisión da/do encargada/o da Biblioteca.
Prestaranse como máximo2 libros por un período non superior a 15 días.
A recollida e devolución dos libros farase no recreo a través dos encargados/as.
Ninguén poderá levar un novo libro, ata devolver o/os anterior/es.
O préstamo quedará anotado no ordenador
ZONA DE CONSULTA: dicionarios, enciclopedias, atlas, biografías …
A Biblioteca conta con sete ordenadores con conexión a internet, que che permitirán atopar información sobre calquera tema. ZONA DE LITERATURA: Os libros de
ficción, contos, poesías, teatro, cómics..., están ordenados por idades.
ZONA DE LECTURA: Para poder gozar da lectura comodamente.
ZONA DE TRABALLO : Mesa grande na que podes traballar en grupo ou individualmente.
EXPOSITOR DE NOVIDADES: Últimas incorporacións.
EXPOSITORES DE REVISTAS, COMICS E XORNAIS.
ZONA DE AUDIOVISUAIS: Equipada con ordenadores, pantalla, canón e reprodutor de música, xunto aos andeis cos materiais audiovisuais (CDs, DVDs, CD-ROMs). Utiliza sempre os cascos.
NORMAS DE USO
PRÉSTAMOS
Podes consultar o catálogo en Internet na páxina: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx Ou a través do blog da Biblioteca: http:://aventurasnabiblioteca.blogspot.com
ESPAZOS
HORARIO
Para atopar os libros que buscas debes ter en conta a etiqueta (“tello”) que teñen colocada na parte inferior do lombo.
O nº da CDU, neste caso: LITERATURA-NARRATIVA 3 primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas 3 primeiras letras do título en minúsculas
Os libros de literatura están ordenados por cores : Pre-lectores Primeiros lectores Lectores autónomos Lectores expertos Xuvenil-Adultos
Os libros clasifícanse polas materias das que tratan ( CDU ) A cada materia correspóndelle un número dende o 0 ata o 9
82-N LOB con
GUÍA DA BIBLIOTECA
2009-2010
CEIP San Isidro- NEDA
Vinde á Biblio
comigo !!!
Xa imos!!!
Top Related