bbbboooolllleeeettttíííínnnn
iiiinnnnfofofoforrrrmmmmaaaattttiiiivvvvoooo 222244445555 maiomaiomaiomaio////2020202011114444
EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS
17 de maio: Día das 17 de maio: Día das 17 de maio: Día das 17 de maio: Día das Letras GalegasLetras GalegasLetras GalegasLetras Galegas
Andersen e o seu mundoAndersen e o seu mundoAndersen e o seu mundoAndersen e o seu mundo
Novidades bibliográficasNovidades bibliográficasNovidades bibliográficasNovidades bibliográficas
A A A A paz comeza cun sorrisopaz comeza cun sorrisopaz comeza cun sorrisopaz comeza cun sorriso
TODOS OS VENRES, DENDE AS 18:00 H.
venres en familia CSCXM O ENSANCHE
Letras Galegas
2014
Xosé María Díaz Castro
Dende o 2 de maio
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
A celebración do Día das Letras Galegas foi instituído por iniciativa
da Real Academia Galega aproveitando o centenario da
publicación de Cantares gallegos (17 de maio de 1963), a obra de
Rosalía de Castro que historicamente se considera como
iniciadora do Rexurdimento literario e cultural galego.
Dende aquela o 17 de maio vense consagrando, sucesivamente e
comezando pola propia Rosalía, a diferentes autores que a Academia
elixe ano tras ano.
Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María
Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Guitiriz (Lugo).
Vida
Aos 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa tradución no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos aos 12 anos e o seu primeiro poema publicouno aos 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ao francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).
Aquí tedes unha listaxe de todos os autores homenaxeados
no Día das Letras e dalgunhas das súas obras máis
representativas… para que non perdades a conta!!
860 ESCOLMA : Día das Letras Galegas (1963-2001). — D.X. Política Lingüística, 2001
8 ANGUEIRA VITURRO, Anxo. — De Rosalía a Dieste : 33 anos das Letras. — Xerais de Galicia, 1995. — (Letras galegas)
8 LOPEZ FERNANDEZ, Xesús. — Escritores do Día das Letras Galegas. — Federación de Libreiros, 2000
810 CASTRO, Rosalía de. — Cantares gallegos. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 CASTRO, Rosalía de. — Follas novas. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega )
845 CASTELAO. — Cousas. — Galaxia ; Fundación Caixa Galicia, 2000. — (Literaria)
860 CASTELAO. — Obra completa : Narrativa e teatro. — Akal, 2001. — (Arealonga)
810 PONDAL, Eduardo. — Poesía. — Xerais de Galicia, 1989. — (Biblioteca das letras galegas)
810 PONDAL, Eduardo. — Queixumes dos pinos. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 CURROS ENRIQUEZ, Manuel. — Aires da miña terra. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
860 LOPEZ CUEVILLAS, Florentino. — Prosas galegas. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
820 VALLADARES NUÑEZ, Marcial. — Conversa entre arrieiros / il., Héitor Picallo "O Carrapucho". — Fervenza, 2004. — (A pinguela)
841 VALLADARES NUÑEZ, Marcial. — Maxina ou A filla espúrea. — Vía Láctea, 1987. — (Series)
810 LAMAS CARVAJAL, Valentín. — Escolma poética. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 CABANILLAS, Ramón. — Da terra asoballada. — Akal, 1980. — (Arealonga)
810 CABANILLAS, Ramón. — Escolma poética / il., Anxo Pastor. — Faktoría K de libros, 2009. — (Trece lúas)
947 LOPEZ FERREIRO, Antonio. — Apuntes históricos sobre Santiago. — Alvarellos, 2010. — (Rescate)
17 de Maio: Día das Letras Galegas
810 MANUEL ANTONIO. — De catro a catro. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 GRAÑA, Bernardino. — Cantigas de Santa María de Alfonso X / il., Ramón Trigo. — Xerais de Galicia, 1996. — (Gran Merlín)
846 RISCO, Vicente. — Tres contos marabillosos
/ il., Jacobo Fernández. — Galaxia, 2004. — (Arbore)
845 RISCO, Vicente. — O porco de pé. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
860 AMADO CARBALLO, Luis. — Obra completa. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
820 LOSADA DIEGUEZ, Antón. — Na estrada da vida. — Fervenza, 2006. — (A pinguela)
820 LOSADA DIEGUEZ, Antón. — Os que soñan. — Fervenza, 2006. — (A pinguela)
810 IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino. — Polo correo do vento / il., Liliana Vázquez. — Xerais de Galicia, 1994. — (Merlín)
810 IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino. — Escolma de poesía. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
860 OTERO PEDRAYO, Ramón. — Contos do camiño e da rúa. — Galaxia, 1995. — (Literaria)
860 OTERO PEDRAYO, Ramón. — O fidalgo. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 FERREIRO, Celso Emilio. — Dun tempo e dunha terra / il., David Pintor. — Tambre, 2012. — (Antoloxía poética galega)
810 FERREIRO, Celso Emilio. — Longa noite de pedra. — Akal, 1989. — (Bolsillo)
810 PIMENTEL, Luis. — Sombra do aire na herba. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 CUNQUEIRO, Alvaro. — Mar ao norde ; Cantiga nova que se chama
Riveira ; Poemas do si e non : Poesía 1932-1933 / il., Luís Seoane. — Galaxia, 2004. — (Literaria)
860 CUNQUEIRO, Alvaro. — Obra en galego completa : Semblanza. — Galaxia, 1983. —
Cont.: Escola de menciñeiros ; Xente de aquí e de acolá ; Os outros feirantes.
846 CUNQUEIRO, Alvaro. — Si o vello Sinbad volvese ás illas... — Galaxia, 2005. — (Literaria)
844 CUNQUEIRO, Alvaro. — As crónicas de Sochantre. — Galaxia, 2008. — (Literaria)
841 BLANCO-AMOR, Eduardo. — Xente ao lonxe. — Galaxia, 2003. — (Literaria)
860 BLANCO-AMOR, Eduardo. — Os biosbardos. — Galaxia, 1992. — (Narrativa)
841 BLANCO-AMOR, Eduardo. — A esmorga. — Galaxia, 1996. — (Literaria)
810 SEOANE, Luís. — As cicatrices ; A maior abondamento. — Xerais de Galicia, 1990. — (Biblioteca das letras galega
860 DIESTE, Rafael. — Dos arquivos do trasno / il., Luis Seoane. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
820 DIESTE, Rafael. — A fiestra valdeira
/ il., Díaz Pardo. — Castro, 2000. — (Teatro)
92 OTERO, David. — A vida de Xesús Ferro Couselo. — Galaxia, 1996. — (Arbore)
860 FOLE, Anxel. — A lus do candil. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
820 FOLE, Anxel. — Pauto do demo
/ il., Guadalupe Hernández. — Galaxia, 1996. — (Arbore)
8 PENA, Xosé Ramón. — Xograres do mar de Vigo : Johán de Cangas, Martín
Codax, Meendinho. — Xerais de Galicia, 1998. — (Letras galegas)
92 DURAN, Xosé. — Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta. — Galaxia, 1999. — (Arbore)
92 BLANCO VALDES, Juan L. — Roberto Blanco Torres. — Xunta de Galicia, 1999. — (A nosa memoria)
92 BARREIRO FERNANDEZ, Xosé Ramón. — Manuel Murguía : vida e obra. — Xerais de Galicia, 2000. — (Letras galegas)
92 LIÑARES GIRAUT, X. Amancio. — Eladio Rodríguez González. — Xunta de Galicia, 2001. — (A nosa memoria)
92 MONTEAGUDO, Teresa. — Eladio Rodríguez González. — Ir Indo, 2001. — (Galegos na historia)
810 AVILES DE TARAMANCOS, Antón. — Obra poética completa. — Espiral Maior, 2003.
820 AVILES DE TARAMANCOS, Antón. — Tres capitáns de tempos idos / il., Manolo Uhía. — Xerais de Galicia, 2003. — (Merlín)
810 LORENZO VARELA, Xesús. — Poesía galega. — Xerais de Galicia, 1990. — (Biblioteca das letras galegas)
860 LUGRIS FREIRE, Manuel. — Antoloxía. — Xerais de Galicia, 2006. — (Letras galegas)
810 MARIÑO, María. — Antoloxía poética. — Xerais de Galicia, 2007. — (Letras galegas)
810 MARIÑO, María. — Palabra no tempo : Escolma ilustrada. — IES Rosalía de Castro, 2007.
81 ALVAREZ BLAZQUEZ, Xosé María. — Roseira do teu mencer / il., Manolo Uhía. — Xerais de Galicia, 2008. — (Merlín)
860 ALVAREZ BLAZQUEZ, Xosé María. — Os ruíns ; A pega rabilonga. — Galaxia, 2008. — (Literaria)
841 PIÑEIRO, Ramón. — Cartas a un mozo galego. — Vigo : Galaxia, 2005. — (Memoria)
159.9 PIÑEIRO, Ramón. — Filosofía da saudade. — Galaxia, 1995. — (Biblioteca da Cultura Galega)
810 NOVONEYRA, Uxío. — Do Courel a Compostela. — Galaxia, 2010
83 NOVONEYRA, Uxío. — Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín / il., Manuel Uhía. — Tambre, 2006. — (Ala Delta)
810 PEREIRO, Lois. — Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. — Edicións Positivas, 2010. — (Di-versos)
92 LOIS Pereiro : Fotobiografía sonora. — Ouvirmos, 2010. — (Fotobiografías sonoras)
810 PAZ-ANDRADE, Valentín. — Pranto matricial e outros poemas. — El Correo Gallego, 1992. — (Biblioteca 114)
820 VIDAL BOLAÑO, Roberto. — Touporroutou da Lúa e do Sol. — AS-PG, 1996. — (Teatro nas aulas)
8 BLANCO TORRADO, Alfonso. — A ascensión dun poeta : Xosé María Díaz
Castro. — Fundación Caixa Galicia, 1995. — 9º Premio Literario Anxel Fole.
810 DIAZ CASTRO, Xosé Mª. — Nimbos. — Galaxia, 2006. — (Dombate ; 49)
92 REQUEIXO, Armando. — Vida e obra de Xosé María Díaz Castro. — Galaxia, 2013. — (Letras galegas)
…para coñecer…para coñecer…para coñecer…para coñecer
A bolboretaA bolboretaA bolboretaA bolboreta
Era a última, certamente a derradeira,
Tan elegante, brillante, deslumbrantemente amarela,
como as bágoas do sol esnaquizadas
sobre a pedra branca…
Así, tan amarela
elévase lixeira cara o alto.
Quere marchar, estou seguro,
bicar o mundo, dicirlle adeus.
Sete semanas vivín aquí
pechado neste ghetto,
e aquí atopei ao meu pobo.
Chámanme as margaridas
e as castañas brancas do patio.
Pero nunca máis vin outra bolboreta.
Era a última, certamente a derradeira.
As bolboretas non viven aquí,
no ghetto.
Pavel Friedman (1921 – 1944)
A árbore da vida de David Kracov en honor a Rabbi Yossie Raichik, un home que salvou miles de vidas de nenos durante o desastre nuclear en Chernobil. O libro ten páxinas cheas
con palabras de agradecemento daqueles a quen auxiliou, e del, emerxen bolboretas multicolores, que representan os 2.547 nenos que axudou a salvar e a quen deu a
oportunidade dunha nova vida. Dentro destas páxinas está o tamén o poema de Pavel Friedman.
NOVAS LITERARIASNOVAS LITERARIASNOVAS LITERARIASNOVAS LITERARIAS
"ÍCARO", DE FEDERICO DELICADO, GANA EL VII PREMIO INTERNACIONAL
COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO
Federico Delicado (Badajoz, 1956) é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. En 1970 iniciou a súa traxectoria profesional elaborando materiais audiovisuais e traballos para prensa. Participou en exposicións de pintura e escultura. Nos últimos anos publicou numerosos libros para público infantil e xuvenil.
Obras premiadas en anteriores ediciónsObras premiadas en anteriores ediciónsObras premiadas en anteriores ediciónsObras premiadas en anteriores edicións
A gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada “Cerca ”. Na convocatoria de 2009 o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño ”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na tercera edición polo libro “A familia C ”. O uruguaio Martín León Barreto gañou a convocatoria de 2011 co álbum “A viaxe de Olaf ”. “Bandada ”, dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez, foi a obra escollida polo xurado da quinta edición. Na pasada edición a obra elexida foi “Mamá”, da arxentina Mariana Ruiz Johnson.
As cores do mar de Galicia Exposición fotográfica de José Luis González
Unha sorprendente e espectacular viaxe ao interior do mar que baña
as nosas costas. As imaxes que vemos en AS CORES DO MAR DE GALICIA s on o resultado de máis de 25 anos de experiencia fotografando o ex uberante mundo subacuático galego, a beleza do resultado nos desco bre unha nova
luz, novas especie e novas cores que sempre estiver on tan preto de nós pero que nunca ata agora se nos presentaran tan próximas.
Esta exposición permite coñecer, primeiro paso para valorar, a riqueza do noso mundo submarino, aunando a vocación de
entretemento coa visión máis ecolóxica de defensa d o noso mar e as nosas costas.
José Luis González é campión mundial de fotografía submariña e gañador de numerosos
premios, concursos e recoñecementos.
LIBROSLIBROSLIBROSLIBROS PARAPARAPARAPARA leremáisleremáisleremáisleremáis QUERO QUE VEÑAN MEUS PAISQUERO QUE VEÑAN MEUS PAISQUERO QUE VEÑAN MEUS PAISQUERO QUE VEÑAN MEUS PAIS
Concha Blanco ; il., Xosé Tomás. ─ Ferrol : Embora, 2013.
108 p. : il. ; 20 cm. Recomendado a partir de 8 anos
Carlos vive coa avoa Lucía na aldea de Lires, xa que os pais están
emigrados en Suíza.
O rapaz bota en falta a convivencia cos seus proxenitores e, xa canso
desta situación, argalla unha estratexia para poderen estar xuntos.
Nesta historia, con humor e tristeza a partes iguais, o lector ou
lectora tamén atopará unha boa dose de aventura.
OOOO OCUPANTE OCUPANTE OCUPANTE OCUPANTE Angel Burgas ; trad., Roxelio Xabier García Romero. ─
Madrid : Oxford, 2010.
274 p. ; 20 cm. ─ (A árbore da lectura ; 6. Xuvenil) Recomendado a partir de 15 anos
Tras unha liorta cuns compañeiros do instituto, Alberte, tenta fuxir
deles e refúxase nunha vella fábrica en ruínas, onde atopa un
inquedante e deforme personaxe, que lle pedirá axuda para se enfrontar
cunha extraña criatura que parece vivir no soto do edificio en ruínas.
O que nun principio semella ser unha novela de instituto, vaise
convertendo aos poucos nun relato de realismo máxico, no que os límites entre a
realidade e a fantasía se esvaecen. Unha narración intensa que non dá acougo ao lector.
Todos os venres a partir das 18:00h
2 de maio: Xogo con Smartphone Realizarase un xogo seguindo pistas nas que será necesario
ter un móbil con internet por grupo.
9 de maio: Misión imposible Gran xogo no que cada equipo debe de intentar conseguir
facer todas as tarefas que se lle formulen nun tempo determinado. Gaña o equipo que máis faga.
16 de maio: O xogo das lendas Seguindo un conto, cada equipo irá descubrindo lendas e
novas pistas para saber a fin da historia.
23 de maio: Os pequenos investigadores. Xogos de códigos Gran xogo no que cada equipo terá que ir descifrando distintos códigos para poder ir avanzando no xogo.
30 de maio: Na procura dos petroglifos Buscaremos a pegada dos nosos antepasados buscando o petroglifo e o Castriño de Conxo
VENRES EN FAMILIA CSCXM O Ensanche
Cita semanal onde, apoiados dun monitor, realizaranse actividades
lúdicas para nenos nas que participarán cos seus pais.
Os nenos deben estar acompañados por un adulto responsable.
É necesario inscribirse. Prazas limitadas.
Top Related