BANDA BANDA
DESEÑADADESEÑADA
Maus, Art Spiegelman
Maus é unha autobiografía na cal Art Spiegelman
relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente
de Auschwitz. Tamén realiza un retrato deste na
actualidade e describe a tensa relación que man-
tén con el. Como característica formal cómpre sa-
lientar que as personaxes amosan trazos faciais de
animais: representa aos xudeus como ratos e aos
nazis como gatos. Considerado pola crítica un dos
mellores cómics. Gañou o premio Pulitzer en 1992 e
o Museo de Arte Moderna (MOMA) de Nova Ior-
que lle dedicou unha exposición
Historias de Galiza Colección que vai repasando a his-
toria de Galicia, desde o ano 4500
antes de Cristo e cara adiante. Ca-
da tomo componse de varias histo-
rias..
Persépole, Marjane Satrapi
Unha obra autobiográfica sobre a vida
da autora Marjane Satrapi en Irán
nos tempos previos á revolución islá-
mica e durante esta. Tamén describe
o seu paso por Europa.
Obtivo unha grande sona internacional
e foi adaptada a película animada. A
BD levou o premio ao autor revelación
2001 e ao mellor guión 2002 no pres-
tixioso festival de BD de Angoulême.
A maldición dos Velasco,
Fausto, Méndez, Malvar
Cuarto cómic da serie «Un
misterio para Simón», na que
o protagonista, Simón Martel,
ten que resolver un caso na vi-
la portuguesa de Sintra.
Os lobos de Moeche, Manel Cráneo
Conta a historia do mozo
Martín que, a causa dun terri-
ble suceso, unirase a seu irmán
na loita dos seus dereitos. Am-
bientado no s. XV, na época das
Guerras Irmandiñas.
A man do diaño, Brais Rodríguez
Unha historia dura nun con-
texto de guerra, onde a prio-
ridade son os obxectivos, non
as persoas. Para reflexionar.
Obra gañadora do VI Premio
de Banda Deseñada Castelao.
Punto de fuga, Miguel
Cuba
Historia de corte realista, con
doses de humor negro, que
trata o tema da crise e a si-
tuación laboral nas novas xe-
racións.
El héroe, David Rubín
Unha recreación do Heracles
da mitoloxía grega que refle-
xiona sobre a condición he-
roica. Unha perspectiva dife-
rente dos mitos, con mestura
de personaxes da historia mi-
tolóxica e a actualidade.
Sen mirar atrás, Dani Montero
Unha ruptura leva a Jaime a rachar
coas súas ataduras e comezar dende
cero, iniciando unha viaxe sen re-
torno cara a unha vida diferente,
acompañado polo seu can e nada
máis que unha mochila con mudas.
Nómades, Xosé Tomás
Unha visión da emigración a
través de historias de mulle-
res. Cada capítulo céntrase
nunha protagonista: unha mu-
ller que cruza o estreito e
chega a un lugar como España,
outra que podería ser cubana
e que chega para traballar
como médica.
A mansión dos Pampín, Miguelanxo Prado
Un cómic que trata a desfei-
ta urbanística e caos arqui-
tectónico en clave de humor.
Top Related