AS VACINAS
Nadia Iglesias de SalvadorIrene Guillermes Martínez
1ºE Profesora: Lola Cañizo
Edward Jenner e a vacina da varíolaEdward Jenner (1749 – 1823) foi un médico rural inglés que no ano 1776 observou que as leiteiras da súa aldea adquirían unha enfermidade chamada ‘varíola das vacas’, pero quedaban inmunizadas fronte á varíola humana, que naqueles anos causaba estragos entre a poboación europea.Daquela, Jenner , para confirmar a súa observación, realizou o seguinte experimento:
En primeiro lugar, illou o virus procedente dunha bocha dunha leiteira infectada coa varíola das vacas, inoculando esa infección a un neno de oito anos a través dunha inxección no brazo.Inmediatamente, o neno mostrou síntomas da enfermidade da varíola das vacas, que era máis leve que a humana e non era mortal, polo que o neno se recuperou completamente da enfermidade.Finalmente, 48 días despois da súa plena recuperación, o doutor Jenner inxectou de novo no brazo do neno varíola humana, pero desta vez non mostrou síntoma ningún desa enfermidade.O neno estaba ‘vacinado’, quere dicir, estaba inmunizado ante esa enfermidade!
O nome de vacina procede, precisamente, a palabra vacina deriva do latín "vaccinus-a-um", "(vacuno)"; de "vacca-ae", "vaca". Dese experimento que Edward Jenner realizou a partir da varíola das vacas, que en latín se denominaba variola vaccinae. De feito, foron moitas as persoas que se opuxeron inicialmente co argumento de que quen se sometese a esa técnica acabaría por asemellarse a unha vaca.
As vacinas e a saúde
As vacinas son solucións que conteñen proteínas con capacidade antixénica, semellante á que posúen algúns virus e bacterias, pero sen a capacidade de producir a infección que producen eses virus ou esas bacterias.
Que son as vacinas?
Os tipos máis comúns de vacinas son:
Tipos de vacinas
Así mesmo, na actualidade estanse a investigar vacinas de tipo xenético.
Vacinas inactivadas: fabricadas con organismos mortos. Úsanse na vacina da tose ferina.
Vacinas vivas atenuadas: fabricadas con organismos vivos pero debilitados. Úsanse na vacina da poliomelite, o sarampelo, a rubéola e as papeiras.
Vacinas toxoides: fabricadas cunha toxina producida polo virus ou a bacteria. Úsanse na vacina do tétanos e da difteria.
Vacinas biosintéticas: fabricadas con organismos sintéticos. A vacina da Haemophilus influenzae tipo B é deste tipo de vacinas.
Ao administrar as vacinas nas persoas, estas xeran a produción de anticorpos, como se pasáramos a enfermidade, polo que quedamos inmunes fronte ao contacto co virus ou bacteria causante desa enfermidade.
Para que serven as vacinas?
Por esta razón, as vacinas xogaron un papel fundamental na erradicación dalgunhas enfermidades, como a varíola, unha das enfermidades máis contaxiosas e mortíferas que coñeceu a humanidade.
Rahima Banu, de 2 anos: a derradeira persoa que contraeu a varíola de xeito natural no
mundo, en Bangladesh no ano 1975
A polio afecta ao sistema nervioso e é descapacitante
A poliomelite e o sarampelo, atópanse en proceso de erradicación.
A primeira gran campaña de vacinación na historia da humanidade foi a Real Expedición Filantrópica da Vacina, que saíu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.
O proceso de inmunizaciónA inmunización é un proceso polo que as persoas poden facerse inmunes a unha enfermidade, quere dicir, quedan protexidas fronte a esa enfermidade, polo que non resultan afectadas en caso de contacto cun virus ou bacteria portadora desa enfermidade.
A inmunidade fronte ás enfermidades pode conseguirse de xeito natural, mediante os anticorpos que unha nai transmite ao feto a través da placenta, ou de xeito artificial, a través da vacinación.
A través das vacinas o sistema inmunitario recoñece os axentes da vacina como estraños, destruíndoos e «recordándoos»; así, cando o organismo resulta atacado por un virus ou bacteria realmente nocivo, o sistema inmunitario xa está preparado para responder do seguinte xeito:
1.- neutralizando ao axente infeccioso antes de que poida entrar nas células do organismo;
2.- recoñecendo e destruíndo as células que chegasen a ser infectadas, antes de que o axente se poida multiplicar en gran número.
Bibliografía
http://www.tuotromedico.com
http://es.wikipedia.org/wiki/Edward_Jenner
http://es.wikipedia.org/wiki/Vacuna
Sobre Edwar Jenner:
Sobre as vacinas (informacións diversas sobre definicións, tipos e calendarios) e o proceso de inmunización.
http://www.vacunas.org
http://www.aeped.es
CALENDARIO DE VACINACIÓNS 2012
VACINASIDADE
2 meses
4 meses
6 meses
12 meses
15 meses
18 meses
3 anos
4 anos
6 anos
10 anos
11 anos
13 anos
14 anos
16 anos
Poliomielitis VPI1 VPI2 VPI3 VPI4
Difteria-Tétanos-Tos ferina DTPa1 DTPa2 DTPa3 DTPa4 DTPa5 o DT Td
Haemophilus-influenzae b Hib1 Hib2 Hib3 Hib4
Sarampión, Rubeola, Parotiditis TV1 TV2(a)
Hepatitis BHB3 dosis
0; -12; 6 meses HB3 dosis (b)
Meninxitis Meningocócica C MenC1 MenC2(c) MenC3 (d)
Varicela V V Z (e)
Virus do Papiloma Humano VPH (f)
(a) Nenos non vacunados neste rango de idade, recibirán a segunda dose entre os 11-13 anos.(b) Nenos que non recibiron a primovacinación na infancia.(c) Administranse dúas doses de vacina MenC entre os 2 e os 6 meses de vida separadas entre sí polos dous meses.(d) Recoméndase admistricar unha dose de recordo a partir dos doce meses de vida.(e) Persoas que non pasaron pola enfermidade nin foron vacinados con anterioridade.(f) Vacinar so as nenas entre 11-14 anos.
0 meses 2 meses 4 meses 6 meses 15 meses 18 meses(reforzo)
HEPATITE B(HB)
DIFTERIATÉTANOS
TOSE FERINA(DTPa)
O tétanos afecta ao sistema nervioso
A difteria afecta ás vías respiratorias e
dixestivas superiores
A hepatite B é unha enfermidade que afecta ao fígado
A tose ferina afecta ás vías respiratorias
superiores
POLIO(VPI)
Haemophilus influenzae
(Hib)
MENINGOCOCO C(MenC)
SARAMPELO, RUBÉOLA E PAROTIDITE
(SRP)
A polio é unha enferimdade do sistema nervioso
A polio produce parálise, atrofia
muscular e malformacións
É responsable da meninxite
Tamén é responsable doutras
enfermidades
É responsable da meninxite
Para evitar a extensión da meninxite estase a realizar un estudo piloto dunha nova vacina
antineumococócica. As súas doses son aos 2 meses, aos 4 meses e a partir dos 12 meses
3 anos 6 anos 12 anos 14 anos
SARAMPELO, RUBÉOLA E PAROTIDITE (SRP)
DIFTERIA, TÉTANOS, TOSE FERINA (DTPa)
VARICELA(só persoas susceptibles)
VIRUS DO PAPILOMA HUMANO(só as rapazas)
O sarampelo pode provocar a inflamación dos pulmóns e do
cerebro
A rubéola pode provocar un aborto no caso de nais embarazadas e
enfermidades como a epilepsia en nenos
As papeiras poden provocar a meninxite e inflamacións testiculares
A varicela provoca unha molesta irritación da pel e malestar xeral
O VPH pode provocar varios tipos de cancro (vaxina, vulva, ano…)
Calendario de vacinacións feito sobre o calendario do SERGAS actual.A información sobre as vacinas e as enfermidades, proceden da Wikipedia.
A PREVENCIÓN É SAÚDE
VACÍNATE
Top Related