As mulleres na ciencia
UNHA HISTORIA DE ATRANCOS, REPRENSIÓN, REPRESIÓN, EXCLUSIÓN, DESCONSIDERACIÓN, INVISIBILIDADE, DESAUTORIZACIÓN, MAIS...
Nunca de pasivo victimismo
As mulleres desenvolveron múltiples estratexias para acceder á actividade científico-técnica mais, ¿cómo buscar as súas contribucións
As que accederon á ciencia oficial: mulleres invisibles• Escribiron baixo seudónimo, non
escribiron ou sobreviviron camuflándose • Se acadaron recoñecemeno oficial, foron
desautorizadas pola historia posterior• Non puideron incorporarse ás institucións• As súas obras foron plaxiadas ou
usurpadas por científicos varóns
As que traballaron fóra da ciencia oficial: anónimas• As súas contribucións non se
recoñecen• Moitas foron acusadas de bruxería:
queimadas ou duramente castigadas: menciñeiras, alquimistas
• Non escribiron• Os seus coñecementos transmitíanse
oralmente
Máis problemas da investigación• A historia das mulleres na ciencia non
se pode construír cos mesmos parámetros cos que se caracterizan os períodos históricos
• A Idade Media, o Renacemento, a Ilustración, o século XIX e a institucionalización da ciencia cuantitativa ...., non significaron o mesmo para os homes que para as mulleres
A necesidade de buscar unha xenealoxía feminina• Un claro exemplo:
Houbo moitas alquimistas pero ¿como localizalas se a propia alquimia é un paradigma desprestixiado?
• Tampoco se trata de facer a historia das figuras heroicas porque este enfoque deixa as mulleres sen tradición, só hai excepcións
As metodoloxías, outro problema• As correntes positivistas
deíxannos sen pasado• A historia das ideas ou a das
comunidades científicas non serve porque as mulleres foron excluídas das institucións ata o século XX
Ademais...• É preciso ter en conta:• O acceso das mulleres á educación• A opinión da sociedade e da ciencia
sobre as mulleres e o significado de ser muller, que ten variado amplamente ó longo da historia: a muller luxuriosa e insaciable, o anxo do fogar, a muller submisa e pasiva, a superwoman....
A interpretación dos textos• Non se deben ler á luz dos
coñecementos actuais• Tampouco cabe dicir, unicamente,
que erraban nas súas conclusións • Que eran loucas, extravagantes ou
hostéricas• Que, talvez, elas non escribiron os
textos
¿Onde podemos investigar?• Na ciencia oficial é ben difícil pero...• Podemos facelo nos saberes excluídos da
ciencia oficial:No ámbito do traballo doméstico e artesanal: agricultura, cerámica, alimentación, téxtil, medicina, botica...
• Mais, cando estes coñecementos pasan á industria, as aportacións das mulleres ocúltanse
A situación actual• Gran número de mulleres no
ensino, nas universidades, nos grupos de investigación pero... non ocupamos postos relevantes e non estamos presentes nas porcentaxes debidas nos ámbitos de decisión, avaliación e asignación de recursos da actividade científico-técnica
Informe ETAN 2000 da UE• Alerta sobre a escaseza de mulleres
en postos relevantes da ciencia e da investigación
• Tenta establecer as causas desta situación
• Desvela casos flagrantes de diferente valoración dos traballos científicos de homes e de mulleres
Algúns datos do informe ETAN•Porcentaxe de investigadoras en Europa: 23%
•Profesoras titulares de universidade: 14%
•Catedráticas: 5%
Representación na Asemblea Europea de Ciencia e TecnoloxíaPAÍS % PAÍS %Austria 2,8 Irlanda 4,8Finlandia 6,1 Dinamarc
a5,2
Grecia 3,0 Alemaña 2,0Holanda 2,1 Italia 3,0Reino Unido
6,2 Suecia 3,6
Bélxica 5,3 Portugal 5,2Francia 2,9 España
Pioneiras na construcción do coñecemento
Desde a antigüidade á Idade Media• Filósofas nas escolas gregas• Alquimistas• Médicas• Boticarias• Escolas artesanais
As filósofas (s. VII e VIII a. d. e.)• Sabedoría ligada á relixión e á
mitoloxía• Escolas filosóficas = comunidades
político-relixiosas• As fillas de familias pertencentes a
elas• Educadas nun ambiente culto e
brillante
A escola pitagórica• A paideia: mellora dos seres
humanos a través da percepción dos sentidos, observando formas bellas, escoitando boas melodías e estudiando matemáticas
• A muller debía ser intelixente e culta para desenvolver mellor o seu papel de esposa e nai
As pitagóricas • Teano, fillas e condiscípulas (Pitágoras)• Perictione (nai de Platón)• Phyntis • Melissa• Mya (filla de Pitágoras)• Aseara de Lucania
Consérvanse textos de todas elas pero tamén se sabe de dezasete máis cos seus nomes
Hipatia de Alexandría (370-415)• Explicaba filosofía e matemática
publicamente• Fixo escola de homes e de mulleres• Autoridade indicutible no seu tempo• Lapidada e descuartizada por unha multitude
cristiana fanática alentada polo bispo Cirilo no seo dun conflicto entre este e o poder civil
• Desde o século XIX ata hai 20 anos desapareceu da historia da ciencia
Mulleres e ciencia na I. Media:• A partir do século XI, conxunción do
cristianismo coa filosofía grega que produce o florecemento das escolas monacais e e catedralicias
• Os avances tecnolóxicos comezan a poñer en dúbida a desconsideración do traballo manual
• Os conventos son un refuxio de acceso á cultura para as mulleres
As abadesas: Hildegarda• Hildegarda de Bingen (1098-1179)• Respectada, admirada e consultada
por príncipes e papas• Viaxou predicando (transgresión)• Escritura mística-visións: ¿estratexia
de autoridade?• Obras de medicina con atención
especial ás enfermidades das mulleres
Hildegarda • Obras de historia natural segundo
o paradigma hermetista da alquimia e da observación dos “mixtos”
• Visión do universo• Preparación de remedios e
medicamentos
Médicas e boticarias• Mosteiros femininos como centro destas
actividades• A escola salernitana: Trótula (século XI)• Passionibus Mulierum Curandorum,
Trotula Maior, Trotula Minor• Trotula Maior foi o libro mais copiado e
transcrito daqueles tempos , pero a partir do século XIII se atribúe a autores masculinos
La sage femme ou a bruxa• As mulleres foron as primeiras
médicas, parteiras, antomistas da historia occidental; as primeiras farmacólogas no estudios e uso de herbas medicinais
• Médicas sen título por transmisión oral• A partir do século XIII créanse as
Primeiras Escolas de Medicina e o conflicto está servido
A caza de bruxas• A Igrexa, as Universidades, o poder real, crean
un conflicto de autoridade polo control da medicina
• Nas universidades, vedadas ás mulleres, non se ensinaban saberes experimentais
• Prohíbese ás mulleres o exercicio da medicina• Comeza a caza de bruxas ( acusadas de posuír
unha sexualidade feminina, poderes máxicos, de estar organizadas e de ter a ousadía de curar)
A tradición alquimista• Buscaba a perfección material e a
salvación espiritual• María a Hebrea (s. I e II)• Alambiques, aparellos de destilación,
fornos de fundición para metais• O balneum Mariae, o tribikos, o
kerotakis• Só se conservan fragmentos das súas
obras
María a Hebrea• Sentou moitas das bases da
alquimia helenística• Amplamente citada por autores da
tradición árabe e europea• ¡Ponse en dúbida a súa existencia!• DESAUTORIZACIÓN, UNHA VEZ
MÁIS
Marie Meurdrac• Escribe: La Chymie charitable et facile
en faveur des dames (1666)• Un dos doce tratados de química escritos
no XVII desde a tradición alquímica• Receitas medicinais, principios, aparellos
e técnicas de laboratorio, táboas de pesos... Traducida ó italiano e amplamente difundida
• Esquecida pola historia da ciencia
Maria Sybilla Merian (1647-1717)• Nacida en Francfort, filla dun artista e
gravador famoso• Aprendeu pintura e gravado• Naturalista, trasladouse a Amsterdam
despois de separar do seu marido• Ós 52 anos viaxou a Surinam (colonia
holandesa) para observar a natureza
Maria Sybilla Merian (1647-1717)• Publicou diversas obras con gravados
en cobre, describindo os ciclos de bolboretas, escarabellos, abellas, moscas... As metamorfoses
• Moveuse entre o obradoiro doméstico e a academia
• As súas obras foron amplamente citadas na entomoloxía do XVIII, publicándose dezanove edicións delas
A desautorización de Merian• Prodúcese no ano 1834, en forma dunha
edición das súas obras realizada polo reverendo Guilding, que afirma que o libro está cheo de erros, que os debuxos son “rudos” e que Merian se deixara engaiolar por uns “taimados negros”.
• Até datas ben recentes non se recuperou o seu traballo pero o seu nome non aparece
O papel das mulleres na “nova ciencia” dos séculos XVII e XVIII• La “querelle des femmes”: Cristine
da Pizzano (século XV)• A “ciencia moderna”• A ciencia ilustrada e as mulleres• As Academias, os salóns• O acceso das mulleres á ciencia (a
botánica e a divulgación)
Mulleres de ciencia do XVII e XVIII• As astrónomas: E. Hevelius, C.
Herschel• Lady Mary Montagu (1689-1762)
Filósofas, físicas e matemáticas:• Gabrielle Émilie du Breteuil, marquise
du Châtelet (1706-1749)• Laura Bassi (1711-1778) Bologna
O SÉCULO XIX• “O ANXO DO FOGAR”• Mary Sommerville (1780-1872)• Ada Byron Lovelace (1815-1852)• Sofia Kovalevskaia (1850-1891)
O século XX: pioneiras en ciencia nuclear• Factores que propiciaron o acceso
femino:• Mantiveron contactos persoais e
científicos (probados na correspondencia que mantiveron)
• Contribuíron a darse e recoñecerse autoridade
Papel dos grandes personaxes• Propiciaron o acceso das mulleres :
M. Curie (1867-1934); Rutherford (1871-1937)
• Tiveron unha actitude tolerante ou paternalista: Thomson (1856-1940) ou Soddy (1877-1956)
• Obstaculizaron o seu acceso e traballo: Fischer(1852-1919); Planck (1858-1947), Otto Hahn (1879-1968)
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)• Despois de Marie e Irène Curie...• Estudou matemáticas e física en
Gottingen• Petenceu ó círculo intelectual de
Fermi, Oppenheimer (director do proxecto da bomba atómica), Pauling e Teller (pai da bomba de hidróxeno)
• Casou e trasladouse a EEUU por mor do traballo do seu home
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)• Investigou a separación de isótopos
do uranio e utilizou a teoría cuántica nas súas investigacións
• Traballou nunha institución que contribuiu ó proxecto Manhattan pero parece que as súas contribucións non foron decisivas para a fabricación da bomba atómica
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)• Traballou tamén no Laboratorio
Nacional dp Dpto de Enerxía atómica de EEUU
• Realizou investigacións sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear
• Desenvolveu un novo esquema de clasificación dos núcleos atómicos e das súas propiedades máis importantes
Máis sobre Göppert- Mayer• En 1936 recibiu o Premio Nobel de Física
con Hans Jensen polo modelo de capas do núcleo atómico
• En 1959 accedeu, por primeira vez, a un posto académico remunerado como profesora de física
• A Sociedade Americana de Física instituiu un premio que leva o seu nome para premiar a mulleres relevantes no campo da Física
Lise Meitner (1878-1968)• Nacida en Viena, de orixe xudía• Conseguiu entrar na Univ. de Viena
en 1901, dous anos despois da apertura desta ás mulleres, para estudiar física e matemáticas
• En 1905 consigue doutorarse en Física (a segunda muller en Viena)
Lise Meitner• Despois de moitas penurias, de vencer
as resistencias de Fischer que sentía aversión polas mulleres no laboratorio, obtivo unha praza de axudante de Planck na Universidade de Prusia
• En 1918 foi nomeada codirectora con Otto Hahn dun Departamento do Instituto Kaise Wilhelm de Berlín
Lise Meitner• Traballa na sección de Física nuclear• En 1938 ten que fuxir da Alemaña nazi
e trasladouse a Suecia onde ensinou no Instituto Nobel de Estocolmo
• Mantén correspondencia con Hahn e Strassmann sobre as investigacións do bombardeo de uranio con neutróns
Lise Meitner• Suxírelle ós seus colegas a interpretación
da que ela denominou fisión do uranio• En 1943 rexeita participar no proxecto
Manhattan pois pensaba na utilización da fisión para fins pacíficos
• En 1944, Otto Hahn recibe el Nobel de Química polo descubrimento da fisión nuclear; nin unha soa mención a Lise Meitner
Lise Meitner • Despois de 1949 foi admitida en
diversas sociedades científicas de prestixio
• Recibiu premios e honores, pero...• Aínda que foi proposta dúas veces para
o premio Nobel polas súas contribucións nunca chegou a conseguilo
• Desautorización, apropiación, desconsideración....
Ida Tacke Noddack (1896-1979)• Alemana educada en Berlín.
Estudou Enxeñería Química• Descubriron o elemento Renioç• Postulou a fisión do Uranio pero nin
Otto Hahn nin Lise Meitnertiveron en conta esta proposta
• Investigou sobre os elementos transuránidos
Wu Chien-Shiung (1912-1997)• Nacida nunha familia china de ideas
progresistas, estudou na Universidade de Nanjing
• En 1936 trasladouse a EEUU e investigou no laboratorio de radiación da universidade de California
• Traballou no Proxecto Manhattan
Wu Chien-Shiung• Investigou sobre a desintegración
dos núcleos radiactivos e deseñou experimentos para investigar os electróns que atravesaban láminas de espesor uniforme
• Confirmou diversas teorías gracias ós seus experimentos
Wu Chien-Shiung• Lee e Yang recibiron o Premio
Nobel de física polos seus traballos sobre o comportamento de partículas subatómicas, pero aínda que o deseño, realización e confirmación experimental destes debeuse a Wu, nunca recibiu o Nobel
Wu Chien-Shiung• Foi amplamente galardoada• Aplicou o seu traballo á medicina• Chegou a ser catedrática da Univ.
de Columbia• Preocupouse do papel das mulleres
nas ciencias e impartía conferencias animando ás mozas a estudiar carreiras científicas
Un camiño por andar•As organizacións científicas son masculinas por tradición
•Unha muller soa é presa fácil•A muller activa e intelixente é unha ameaza
Top Related