A toponimia como valor cultural María Abelleira Fontán
Saída ao campo
A toponímia forma parte dos ele
mentos culturais que a UNESCO deno
mina patrimonio inmaterial dos pobos 1•
O patrimonio inmaterial caracterízase
por ser en si mesmo un lugar común
de identidade colectiva, un referente
compartido por unha comunidade.
Xeración tras xeración, os galegos e
as galegas foron nomeando os lugares
que habitaban e cultivaban; as designa
cións de lugares, aldeas, leiras, montes,
ríos, camiños, eiras, foxos, penedos,
regueiros, cruceiros, fontes, etc. foron
transmitidas como un legado de vital
importancia familiar e veciñal.
Os topónimos son aquelas palabras
con que os humanos designamos e
recoñecemos o espazo que habitamos,
o espazo que vivimos. Este coñece
menta do medio permitiunos ao longo
da historia sobrevivir e adaptamos aos
cambias que na nosa contoma se
I Convención paro a Salvagarda do Patrimonio Cultural lnmaterial. Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas paro a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), París, 2003.
puideran suceder. Esa aprendizaxe que
supón modificar certos hábitos e com
portamentos en prol dunha mellor
adaptación ao medio que nos rodea
é transmitida de xeración en xeración
dotando, así, ás xeracións máis novas
da vantaxe do coñecemento previa
das súas proxenitoras. Neste entra
mada desenvólvese o que denomi
namos Cultura.
En Galiza, a toponímia conforma
un patrimonio dunha enorme riqueza.
Factores como a dispersión da poboa
ción, o predomínio de actividades
vinculadas á agricultura e á gandería,
o modelo de repartición da terra
caracterizado pola fragmentación da
propiedade ou a propia orografia irre
gular contribuíron de forma significativa
a que a frecuencia de topónimos sexa
tan elevada no noso territorio. Os
nomes dos lugares, dos camiños, das
veigas, dos montes, dos penedos, das
fontes, dos ríos e regatos .. . son unha
evidencia da estreita relación que os
galegos e as galegas mantiveron coa
súa contoma. Este amplo repertorio de
nomes permitiunos nomear e identificar
cada lugar do espazo que habitamos e
isto serviunos como o primeiro xeolo
calizador da nosa historia. Ao nomear
cada recuncho, cada elemento singular
podemos comunicar, dar a informa
ción detallada dun lugar concreto nun
momento en que aínda non existía o
XPS nin os teléfonos móbiles.
E todo este sistema foi cons
truído na língua de uso das persoas
que habitaron esta terras que non
foi outra que o galego. O galego é
a língua sobre a que se construíu a
nosa cultura, o noso patrimonio, a
nosa toponímia. Supón unha forma
de entender o mundo e así se mani
festa nas designacións con que nós
nomeamos a nosa contorna e nos
comunicamos. É fundamental o res
pecto á língua e é fundamental res
pectar as peculiaridades linguísticas
das respectivas zonas xeográficas
19
pois delas se constrúe a súa propia
historia. Para alén disto, e a nivel
normativo, a lexislación establece a
través da Lei de normalización lin
gOística (3/ 1983, do 15 de xuño) que "os topónimos de Galicia terán como
única forma oficial a galega".
Por que recoller.
Cambios na sociedade.
Hoxe en día, a toponímia, e
especialmente a microtoponim1a,
deixaron de cumprir parte da súa
función como referente común
debido a factores como a progre
siva desaparición dos modos de
vida tradicionais, a transformación
demográfica ou o progresivo despoboamento das zonas rurais. Nomear
lugares, penedos, camiños, leiras ...
implica un gran coñecemento do
medio que nos rodea, da xeografía
do territorio, das características par
ticulares de cada parcela, da vexe
tación, da veciñanza. O abandono
progresivo do rural supón o esque
cemento dun amplo coñecemento
acumulado ao longo dos séculos; un
coñecemento que aínda se mantén
vivo nas persoas de máis idade pero
que está gravemente ameazado de
desaparición de non traballar en prol
da súa recollida e conservación.
É necesaria, pois, unha interven
ción de urxencia xa que se está a
observar unha preocupante perda
de toponímia, e especialmente de
microtoponimia. Moitos topónimos
xa só se conservan en persoas de
idade e, o que é máis preocupante, apréciase a ausencia de transmisión
xeracional, o que deriva nunha perda
permanente dos topónimos.
Unha aposta de futuro.
Iniciativas para a recollida de
toponímia.
Nos _últimos anos, e sobre todo
na última década, constátase un
20
crecente interese pola recollida,
estudo e conservación da toponímia
e da microtoponimia en Galicia, prin
cipalmente por parte das institucións
públicas. Algúns exemplos deste
crecente interese (unha mostra do
moito que podemos atopar na rede) son o Proxecto T oponimia de Galicia,
o proxecto Aquén da Universidade
de Vigo, o blogue do SNL do
Concello de Vigo T oponimia de
Vigo, o labor desenvolvido pola
Asociación Galega de Onomástica
ou o proxecto Chamámonos Así,
unha proposta do Concello de
Pontevedra deseñada co fin recoller,
manter, pór en valor e difundir a
toponímia deste concello.
No marco deste último proxecto
aquí referido, Chamámonos así,
leváronse a cabo traballos de reco
llida en varias das parroquias do con
cello de Pontevedra, entre elas a de
Lérez. Ata o momento, ademais de
Lérez, recolleuse nas parroquias de
Lourizán, Marcón, Mourente, T omeza,
Verducido, Santa María de Xeve, Santo
André de Xeve, Cerponzóns, Alba,
Bora, Ponte Sampaio, A Canicouva,
Salcedo e Campañó.
O propósito desta iniciativa
era recoller de xeito exhaustivo a
toponímia das parroquias rurais do
concello de Pontevedra e con certa
urxencia debido ao avellentamento
da poboación e á falta de transmi
sión xeracional, sistematizar toda
a información recollida e deixala
dispoñible para o seu uso, mellorar
a cartografía municipal, divulgar os
resultados entre a poboación en
xeral, protexer o patrimonio inma
terial e mellorar o coñecemento
que temos de nós mesmos e nós mesmas.
Para conseguir estes obxectivos
contouse coa colaboración do tecido
asociativo activo nas diferentes parro
quias, do cal se recibiu unha resposta
inmellorable en canto a implicación
e compromiso cos fins do proxecto,
tanto no papel de informantes como
de intermediarios entre os técnicos
que desenvolveron os traballos de
recollida e as informantes. Buscáronse
como informantes persoas de idade
avanzada, preferiblemente naturais
da parroquia ou que levasen moito
tempo a residir nela e que tivesen
relación cos labores do campo. Da
man destas persoas fóronse visitando
os lugares da parroquia e sinalando
en mapas os puntos coas denomi
nacións que lle daban na zona. Estas
denominacións eran anotadas coas
características fonéticas propias da
área de recollida, mantendo as súas
peculiaridades.
Posteriormente, estes datos
foron trasladados a un formato
dixital e integrados nunha base de
datos de acceso público que permite
a consulta e estudo dos topónimos
alí recollidos: http://toponimia.pon
tevedra.eu/web/app.php. Ademais
desta base de datos, habilitouse
un blogue do proxecto2 no que se
recollían noticias relacionadas cos
traballos desenvolvidos, realizáronse
exposicións cos mapas resultantes
da recollida nalgunhas das parroquias
nas que se realizaron os traballos e
organizouse unha exposición xeral
na cidade de Pontevedra sobre o
proxecto en si .
Esta é unha pequena mostra dos
topónimos recollidos na parroquia
de San Salvador de Lérez, que poden
ser consultados na base de datos
citada. Nesta relación os topónimos
ordénanse atendendo a criterios de
significado3 coa intención de ofrecer
unha mostra do valor significativo
dos topónimos á hora de coñecer a
nosa contorna e historia:
2 http://www.websendesarrollo.com/ 3 Baseado en: Cabeza Quiles, Femando. 1992. Os
nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado. Editorial Xerais.
Referencias ao terreo, ás súas características orográficas ou á súa
constitución: A Lomba (A Piolla): lugar situado en elevacións pequenas e
redondeadas; A Costiña (O Outeiro); O Outeiro; A Coviña (A Piolla); Barreira (Casal Novo); A Lameira (Casaldarado ); A Pedreira (O Castelo
e Casalnovo); Seixido (A Cendona): referido a sitios pedrosos; O Areeira
(O Cruceiro); Valiño (O Cruceiro): referido a vai; A Carneira (Pedra Picada); área pedregosa; A Barcia (A Piolla); concavidade topográfica.
Relacionados coas augas que regan o lugar: A Ribeira (A Gándara); Lagoa
(O Castelo); O Rial (Casaldarado):
frecuentes en Galiza; As Regueiras (A Piolla e O Castelo): referido a pequenas correntes de auga; O
Gorgullón (Cousa): lugar onde as augas do río fan ruído, burbullas.
Relativos ás terras, á súa fiara ou á forma en que se traballaron: A Codeseira (O Arco); O Prado (O
Arco); O Soutullo (O Arco): diminutivo de Souto; A Sobreira (Casal Novo e O Cimbelo ); A Xesteira
(Casal Novo); O Caneiro (Casal Novo e O Cimbelo ): conxunto abundante de canas; O Soutiño (Casal Novo e Casaldarado); A
Cavada (Casaldarado); A Vesada (Casaldarado e A Cendona): campo
asociado a pequenos arroios, moi que se cultiva, terras vesadas ou
Detalle do Cano do Cura
R,l'VISta. Lia. Ã'-l'l lc\l ton SOL 10 G.ulturdl eedofe1ta
aradas; O Loureiro (Casaldarado ); As Toxeiras (O Castelo); As Cernadas (A Ferreira): referido a antigas queimas
para a roturación do monte.
Aqueles relacionados coa relixión:
O Campo Santo (Cousa); A Reitoral (A Fontaíña); A Granxa (O Outeiro) : fan referencia á existencia de antigas fundacións eclesiásticas de rango infe
rior aos mosteiros e priorados. Case todos os mosteiros de Galicia algo importantes tiñan as súas granxas ou grañas que, tendo á fronte un monxe
labrego ou mestre, se ocuparía de subministrar produtos agro-gandeiros
aos seus respectivos cenobios; Baixo Convento (A Porta do Sol).
Topónimos relativos á vías de comunicación: A Encrucillada (O
Castelo): referido á presenza de antigos camiños que na súa intersección formaron unha cruz.
Topónimos que aluden á posición relativa ou situación: Riba da
Gándara (A Gándara), A Cachada de Baixo (O Outeiro).
Topónimos relativos . a construcións diversas: O Cano do Cura (A Piolla, Casal Novo e O Arco): cons
trución que trasladaba a auga desde o Pozo Negro ao Mosteiro de San Bieito de Lérez. Este cano salvaba a estrada de Xeve cun arco, o que lle dá nome ao lugar do Arco.
E tamén podemos atopar topónimos que falan de fauna, de arqueoloxía, de formas de asentamento humano, de nomes persoais ...
A toponímia non é visible, é
intanxible, é inmaterial e unha parte moi importante dela non está escrita. Sobrevive só na memoria e nela reside a súa fraxilidade. De aí a necesidade de idear novas fórmulas
para a súa conservación.
21
Top Related