Manuscrito iluminadoNa Idade Media os libros escribíanse a man, un a un. Eran obxectos de luxo que só tiñan os reis.
A mediados do s. XV Gutenberg inventou a imprenta.A partires de entón foi posible imprimir moitas páxinas iguais en pouco tempo. Foi un cambio importantísimo.
As máquinas para imprimir foron mellorando co tempo. No s. XIX utilizábase a linotipia. As letras ían formando as liñas do texto para logo imprimir as páxinas.
Hoxe en día utilízanse enormes rotativas offset capaces de imprimir milleiros de páxinas nunha hora.
Os avances técnicos foron importantes para o desenvolvemento da prensa, pero foron necesarios outros feitos:
A alfabetización e a escolarización da poboación
A liberdade de prensa
A mellora do transporte e das comunicacións
Ano 1861
La Correspondencia de España foiun diario madrileño que xa publicabacinco columnas pero aínda non habíafotos.
Para seres xornalista tes que...
Escribir correctamente
Falar con claridade
Saber resumir ben unha noticia
Traballar en equipo e con rapidez
E sobre todo ter moitísima curiosidade por saber todo o que sucede.
As seccións
InternacionalInternacional
Servizos
Deportes
Cultura
Sociedade
Economía
Local
Galicia
España
Por que son tan importantes os medios de comunicación?
Porque nos informan de acontecementos que doutro xeito non coñeceriamos.
O accidente da central nuclear de Fukushima sucedeu a 10.575 km do noso colexio. Se non fose pola prensa sería imposible saber o que sucedeu.
Top Related