A integración das TIC na
Área de Lingua e Literatura Román Cerqueiro Landín
ÍNDICE
As competencias básicas no currículum
TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua
Aplicacións educativas da web 2.0
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Para que?
E como?
E terá que ser, non?
E onde o di? Sendo así...
E se lle dou aquí?
1. As competencias básicas no currículo
Competencia en comunicación lingüística
É o conxunto de coñecementos, destrezas e estratexias que permiten interactuar mediante a linguaxe en diferentes ámbitos da vida social.
Fai referencia á linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.
escoitarler e escribir
dialogar
Poñerse no lugar do outro
Considerar
outras
opinións
Expre
sión oral e
escrit
a
Autorreg
ular o
coñecem
ento
expoñer
organizar
analisar
Empregar
distintos
tipos de
discurso
Compre
nsión
oral e
escrita
Relaciona
rse e desenvol
verse noutros
contextos
Ser quen de comunicar nunha lingua A/B, L2
Expresar
ideas e
emocións
Tratamento da información e competencia dixital
É o conxunto de habilidades para procurar, obter e procesar información para transformala en coñecemento.
Posibilita a comunicación e a trasmisión de información en diferentes soportes, sobre todo, a través das Tecnoloxías da Comunicación e a Comunicación.
deducir
Procurar e
seleccionar
información
Sintetiz
ar informa
ción
Relacio
nar informa
ción
Analizar
informa
ción
Desenvol
vemento
de traballo
cooperati
vo
Ferramen
tas para o
traballo e
o ocio
Organiz
ar informa
ción
Técnicas e
estratexias
axeitadas ás
fontes de
información
Relacionar
contornos
sociais e
físicos
simples
inferir
Uso para organiz
ar informa
ción
Desenvol
vemento
do traballo
persoal e
autónomo
Comprender
o efecto e a
natureza das
novas
tecnoloxías
Comunicarse
en diferentes
linguaxes e
técnicas
As TIC propician novas prácticas discursivas e novas competencias lingüísticas pois danse...
Novas situacións de lectura e escrita (hipertexto, combinación de códigos verbais gráficos ou sonoros...).
Novas clases de texto e novos xéneros textuais (novas posibilidades na comprensión e produción de textos orais en novas situacións de aprendizaxe nas que o alumno organiza o discurso: conversa e debates en rede).
Novas competencias (ampliación do concepto de alfabetismo) en novos ámbitos de comunicación e interacción.
2. TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua
“Profe, traballei moi duro neste traballo, levoume 8 horas realizar a miña tarefa!!! Unha hora en ir á tenda na procura dun cartucho de tinta, dúas horas agardando soporte técnico, outros 45 minutos á espera dunha folla en branco, 30 minutos escollendo o mellor tipo de letra…”
De que non falamos á hora de contribuír á competencia dixital dende a nosa área?
“Alumnos, aínda temos moita materia que ver, así que por favor consulten na rede todo o que poidan e envíenmo por e-mail.”
“Imaxina que estás a participar nun “Reality Show” sobre un
rapaz que vai facer realidade os seus soños se traballa duro e
obtén boas notas”
“Aquí non hai iconas para facer “click”, isto é un taboleiro”
Implicacións metodolóxicas das competencias básicas
A competencia é a forma na que unha persoa emprega os seus recursos persoais (habilidades, actitudes, coñecementos e experiencias) para actuar de manera activa e responsábel na construción da súa vida.
As competencias son aquelas que teñen que ser desenvolvidas polo alumnado ao rematar o ensino secundario.
Cal é o papel do alumnado neste contexto educativo? O alumno debe acadar nese proceso autonomía
accedendo aos coñecementos por si mesmo e mediante actividades críticas e aplicativas, asumindo un papel activo e interdisciplinario no manexo da información no seo de grupos de traballo.
Cal é o papel do docente neste contexto educativo? Máis ca nunca asume o papel de mediador: o
docente estabelece obxectivos, deseña e planifica os contidos, regula o proceso de aprendizaxe, fomenta a adquisición de aprendizaxes significativas, estimula a capacidade e a autonomía do alumnado, así como o desenvolvemento de actitudes positivas.
Unha reflexión necesaria para iniciarse nas edutics: tecnoloxía ou metodoloxía?
Tense apuntado que o proceso de asimilación e acomodación das TIC nos docentes atravesa as seguintes fases (1): Acceso Adopción Adaptación Apropiación Innovación
Con todo, para integrar as TIC na práctica docente: non é obrigado manexar as ferramentais dixitais á
perfección mais si coñecer o seu potencial didáctico mentres se avanza na súa experimentación segundo as necesidades de cada un;
orientar a formación cara a experiencias concretas, sinxelas, diversas e flexíbeis; e
cómpre crear comunidades virtuais colaborativas. (2)
1. Jordi Adell (Universidade Jaume I de Castelló) Páxina e blogue Vídeos sobre competencia dixital e contornos persoais de aprendizaxe.
2. Remexer na Lingua (Luciano Fernández). A voltas coa formación en Tic-Tac.
Cando e como integrar as TIC na aula: estamos preparados?
Nativos ou inmigrantes dixitais? (Marc Prensky)
Nativos dixitais • Reciben moi rapidamente a información, a miúdo recibida en doses breves. • Gustan dos procesos paralelos e multitarefa.• Prefiren gráficos e imaxes a textos.• Acceden á información ao azar: hipertexto.• Traballan mellor en rede con comunidades.• Aprenden co xogo e a diversión.• Aprenden de maneira autónoma mediante tutoriais interactivos.
Inmigrantes dixitais • O procesamento de información é lento.• Gustan dos procesos secuenciais e monotarefa.• Prefiren o itinerario lineal, único, instrutivo.• Danlle prioridade ao texto escrito e extenso.• Traballan individualmente e illados.• Aprenden co traballo serio e pesado, e actualízanse mediante consulta física (libros, revistas, cursos).
As TIC son unha boa oportunidade para o cambio e a innovación educativa.
O alumnado está inmerso nunha sociedade tecnificada, e nós?
Só se integrarán na práctica educativa cando se empreguen con fins curriculares e para estimular o desenvolvemento de aprendizaxes no alumnado.
A innovación coas TIC non consiste en facer máis do mesmo. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para algo que
facemos MAL na versión analóxica. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para o que
facemos BEN na versión analóxica. Quizais debamos usar a tecnoloxía para facer MELLOR
algo que facemos BEN na versión analóxica. Que tememos máis? Ao uso dos medios ou o cambio
metodolóxico que iso conleva?
Conclusións
3. Aplicacións educativas da WEB 2.0
Que precisamos? As necesidades, os saberes e os recursos O dominio do usuario medio de internet para se
lanzar á Web 2.0. Recursos materiais e humanos.
A vontade-obriga de inserir as TIC na práctica educativa.
A necesidade de crear materiais propios e facelos confluír cos alleos.
Usuarios: participación e
creación.
Contidos
Servizos
Web 2.0
Interacción: redes sociais
Ferramentas: vídeo, documentos,
audio, imaxes... todo á vez
Que á Web 2.0 ou web social?
Dous exemplos: o blogue e os wikis
é un espazo comunicativo, de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario
medio de internet, gratuíto en grande parte dos tramos de uso, o seu contido é hipertextual e multimedia
(imaxe, vídeo e audio), os contidos organízanse cronolóxica e
xerarquizadamente en categorías, relaciónase con outras bitácoras a través de
ligazóns, que pode integrar tamén a través das “sementes”,
acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e permite a interacción cos lectores e lectoras.
Felipe Zayas
Tipos e usos dos edublogues
Os edublogues educativos
Caderno do alumnado
Obxectivos Realizar as tarefas que propostas no blogue do
profesorado no blogue da materia ou da aula seguindo as instrucións marcadas.
Amosar os traballos da materia, tanto aqueles planificados para os contornos TIC (presentacións, pod-cast, etc.) como os máis comúns (textos de creación literaria, redacción de noticias, de artigos de opinión, de reseñas, etc.).
Desenvolver temas de libre elección que garden relación cos intereses propios do alumnado: deportes, música, xogos, etc.
Resultados Desenvolve a autonomía e asume responsabilidades. Dá visibilidade ao seu traballo ao traspasar as paredes do
centro educativo, polo que adquire unha nova dimensión social.
Crea ámbitos de comunicacións reais. Fomenta a aprendizaxe construtiva nun marco de
aprendizaxe e ensino colaborativo. Aumenta a motivación e proporciona motivos para escribir. Fomenta reflexións sobre os novos discursos textuais de
carácter social e do texto como hipertexto. Integra diversas linguaxes. Visibiliza a necesidade de
adecuar a linguaxe ás diversas funcións e temas das entradas do blogue, ademais da necesidade de contar con normas e respectalas.
Webs colaborativas: as wikis
Son sitios webs conformados por varias
páxinas que son editadas polos usuarios
para elaboralas. Permiten a participación simultánea de varios autores
nunha tarefa colectiva e colaborativa na que destaca a construción do documento e na elaboración dos contidos por riba da autoría.
A wiki créase baixo control dun(s) editor(es) e a corresponsabilidade dos creadores de contidos, que poden ser revisados e alterados continuamente. É, xa que logo, atemporal xa que quen marca o seu desenvolvemento son os contidos.
Ao igual ca o blogue, é hipertextual.
Usos educativos Elaboración de proxectos de creación conxunta de
contidos. Creación de antoloxías, compilación e presentación de
fontes documentais, traballos en grupo, intercambio de información entre alumnado de diversos centros.
Almacena información estábel que pode ser empregada e/ou editada posteriormente.
Inclúe contidos nos que se dá un alto nivel de traballo creativo.
Diario dixital
Aplicacións web 2.0 para o ensino
Redes sociais
Sitios colaborativos
Liñas do tempo
Documentos en liña
Presentacións
Audio e vídeo
Galerías de imaxes
Sementes
Cadros sinópticos
Narracións dixitais
Fedellos
Ecos xeorreferenciados
4. Propostas TIC para o desenvolvemento na competencia en comunicación lingüísitica
Top Related