A IDADE MEDIA
TEMA 3
1.-A EUROPA FEUDAL. 1.1.-Orixes do feudalismo
• O Feudalismo é o réxime político, económico e social predominante na Europa occidental entre os séculos IX e XIII.
• Naceu no século IX debido á inseguridade que seguiu á morte de Carlomagno. Inseguridade motivada por:– Loitas entre os sucesores do emperador– Ataques musulmáns no Mediterráneo– Ataques dos viquingos ou normandos no Atlántico– Ataques dos búlgaros, maxiares e eslavos no Centro Europa.
• Os reis, incapaces de protexer todo o territorio confiaron a súa defensa a nobres locais que xuraban fidelidade e axuda militar a cambio de concesións (terras)
• Os campesiños buscaron a protección dos nobres entregándolles a súa terra ou o seu traballo.
1.-A EUROPA FEUDAL. 1.2.-O territorio e a súa organización
• A Europa feudal estendíase:– Entre O Atlántico e as chairas rusas– Entre as costas do norte o Mar mediterráneo
• Estes territorios estaban fragmentados en numerosos reinos e estados cuxo goberno recaía no rei (considerábase que o seu poder era divino). O poder do rei era amplo: dirixía o exército, lexislaba e xulgaba. Na práctica o rei compartía o poder cos grandes nobres e eclesiásticos que actuaban nos seus territorios con independencia.
1.-A EUROPA FEUDAL. 1.2.-O territorio e a súa organización
• Para gobernar axudábanse do Consello Real que era unha asamblea de nobres e eclesiásticos que asesoraban ao rei.• Para administrar o territorio os reinos
dividíanse en condados e ducados gobernados por condes e duques.
2.-O FEUDO. A BASE DA ECONOMÍA• A economía feudal era agraria. O traballo realizábase en feudos ou
señoríos que pertencían ao rei, á nobreza ou ao clero. Constaba de dúas partes:– Reserva señorial: era o territorio explotdo directamente para o señor.
Comprendía:• a súa residencia• terras de cultivo• prados • pastos • bosques.
– Mansos: pequenas parcelas entregadas polo señor aos campesiños. A cambio, debían pagarlle.• unha parte da colleita• traballar as terras da reserva señorial algúns días ao ano • prestarlle certos servizos: domésticos, construción, reparacións,
etc.
2.-O FEUDO. A BASE DA ECONOMÍA
• O Feudos ou señoríos eran autosuficientes, é dicir, producían o necesario para vivir.
• Obtíñanse alimentos cultivando a terra con técnicas rudimentarias (arado, fouce, gadaña…) Por iso os rendementos eran baixos.
• Taméns e producían artigos de uso cotiá, como tecidos, vestidos, ferramentas…
• Algunhas instalacións eran do señor como o muíños, as pontes, a prensa e os campesiños debían pagar impostos por empregalos.
• O comercio era moi escaso e realizábano mercaderes ambulantes.
3.-A SOCIEDADE E AS RELACIONS PERSOAIS. 3.1.-A sociedade estamental
3.-A SOCIEDADE E AS RELACIONS PERSOAIS. 3.1.-A sociedade estamental
• A sociedade feudal divíase en tres estamentos ou grupos sociais aos que se pertencía por nacemento, agás no caso do clero.
• Cada estamento desempeñaba unha función:– A nobreza defendía a sociedade– O clero oraba pola salvación da humanidade– Os traballadores, campesiños, traballaban para manter os
outros dous grupos.• A nobreza e o clero eran privilexiados e non pagaban
impostos e podían ocupar cargos. Os traballadores carecían de privilexios
3.-A SOCIEDADE E AS RELACIONS PERSOAIS. 3.2.-As relacións de dependencia
3.-A SOCIEDADE E AS RELACIONS PERSOAIS. 3.2.-As relacións de dependencia
• En época feudal diferenciamos dous tipos de relacións:– Relacións feudo-vasaláticas: establecíanse:
• Entre o rei e grandes nobres ou eclesiásticos.• Entre grandes nobres e nobres de menor categoría.
Eran pactos de alianza militar a cambio de concesións. Incluían:– Vasalaxe: acto polo cal un home se poñía baixo a dependencia
doutro e convertíase en vasalo. Debía xurarlle fidelidade e comprometerse a prestarlle axuda militar e consello.
– Feudo: era a concesión realizada polo señor ao vasalo. Adoitaba ser unha grande terra e incluía:» Dereitos de gobernala» Impartir xustiza» Cobrar impostos
Ao comezo estes pactos remataban coa morte dunha das partes, logo fixéronse hereditarios
3.-A SOCIEDADE E AS RELACIONS PERSOAIS. 3.2.-As relacións de dependencia
– Relacións señoriais: Establecíanse entre os campesiños e os señores.• Os campesiños recibían protección do señor• O señor apoderábase das súas terras e tiña
dereito sobre eles:–Ditar ordes–Cobrar impostos–Administrar xustiza.
4.-A VIDA COTIÁ DOS SEÑORES: 4.1.-Alta e baixa nobreza
• A nobreza era o estamento social composto por un reducido número de persoas. Dividíase en:– Alta nobreza: que eran os vasalos directos do rei:
condes, duques, marqueses, baróns.– Baixa nobreza: nobres de menor categoría como
os cabaleiros ou persoas que podían manter un cabalo e o armamento para a guerra.
4.-A VIDA COTIÁ DOS SEÑORES: 4.2.-Cabaleiros e Damas
• Os homes nobres: Formábanse para a actividade militar:– Aos seis anos acudían ao castelo doutro señor ou
do rei, para servilos de paxes mentres aprendían as regras do comportamento cortesán.
– Aos catorce anos ascendían a escudeiros e acompañaban a un cabaleiro en torneos e batallas.
– Aos vinte anos eran armados cabaleiros.
4.-A VIDA COTIÁ DOS SEÑORES: 4.2.-Cabaleiros e Damas
• As damas nobres: casaban coa persoa elexida polos seus pais. Dende entón, debían obediencia ao marido e dirixían aos serventes.
As que non casaban adoitaban a ingresar en conventos.
O CASTELO, RESIDENCIA DO SEÑOR• A nobreza residía en castelos, fortalezas para defensa doseñor. Adoitaban
situarse no centro do feudo, nun lugar elevado.• RECINTO AMURALLADO: O castelo estaba rodeado por grosas murallas e
altas torres, e protexido por un profundo e ancho foso. Na parte superior da muralla estaba o adarve ou camiño de rolda. A única porta de entrada estaba entre dúas torres.
• CONXUNTO DE DEPENDENCIAS: Torre da Homenaxe: parte principal onde residía o señor e a súa familia. Divíase en varias plantas. Nela estaba a:
Capela
Cociña
Apousentos
O gran Salón: onde se celebraban os acontecementos máis importantes e tiña cheminea e paredes cubertas con ricas peles e tapices. Nel celebraban os banquetes.
Contaba cun pozo, almacéns, cortes e talleres.
5.- A VIDA COTIÁ DOS CAMPESIÑOS. 5.2.-As actividades dos campesiños
• A vida do campesiño era moi dura. • Traballaban de sol a sol e con ferramentas primitivas
que proporcionaban baixos rendementos e obrigaban a deixar cada ano a metade da terra en barbeito.
• Debían pagar impostos ao señor e o décimo á Igrexa.• Debían traballar gratuitamente na reserva señorial e
na casa do señor.• Debían pagar polo uso de certas instalacións: como o
muíño, o forno a prensa.
5.- A VIDA COTIÁ DOS CAMPESIÑOS: 5.1.-Campesiñado e a súa familia
• Constituían a maioría de habitantes dos feudos. Diferenciamos:– Viláns: eran persoas libres que podían marchar dos feudos.– Servos: eran persoas que non podían abandonar os feudos
e transmitían a súa condición por herdanza. Posuían algún ben persoal pero o Señor podía golpealos, matalos, vendelos como escravos.
• A familia estaba formada polo matrimonio e fillos. O pai tiña a maior autoridade.
6.-A IMPORTANCIA DA IGREXA. 6.1.-As actividades da igrexa
• Terreo político:– Interviña nos asuntos dos reinos aconsellando ao rei.– Freaba a violencia e prohibía atacar a persoas ou lugares indefensos. Prohibía
facer a guerra os domingos, os días de festa e certas época do ano.• Terreo económico:
– Posuía grandes feudos e recibía do campesiñado rendas:• O décimo ou décima parte da colleita• Doazóns a cambio de orar pola salvación da alma.
• Terreo social:– Constituía un estamento privilexiado.– Obrigaba a asistir a misa, xaxuar ou confesar.– Asistía aos pobres e enfermos, recollía orfos, refuxiaba a perseguidos e
hospedaba aos peregrinos.• Terreo cultural:
– Organizaba o ensino– Financiaba obras de arte
6.-A IMPORTANCIA DA IGREXA. 6.2.-O modo de vida do clero
• As ocupacións eran predicar, ensinar, administrar os sacramentos.
• O clero dividíase en dous grupos.– Clero secular: formado polos bispos e os sacerdotes das
parroquias entre os laicos.• Alto clero: a vida era similar a dos nobres• Baixo clero: vivía máis pobremente
– Clero regular: integrado por abades, abadesas, monxes e monxas.
• Vivía comunitariamente nun mosteiro e obedecía a unha regra. A máis extendida era a dos benedictinos a súa vida rexíase polo “ora et labora”
Top Related