Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Coas mans na masa! CONTEXTO: Vostede vai ter uns/has invitados/as aos/ás que quere sorprender cunha comida quente. Explique, polo miúdo, cales son os pasos que cómpre seguir para conseguir uns resultados semellantes aos seus.
CANDIDATO/A A
• Ingredientes necesarios e medidas aproximadas • Pasos para a súa elaboración • Presentación e complementos
-----------------------------------------------------------------------------
Coas mans na masa! CONTEXTO: Vostede vai ter uns/has invitados/as aos/ás que quere sorprender cunha comida fría. Explique, polo miúdo, cales son os pasos que cómpre seguir para conseguir uns resultados semellantes aos seus.
CANDIDATO/A B
• Ingredientes necesarios e medidas aproximadas • Pasos para a súa elaboración • Presentación e complementos
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
No camiño nos atoparemos!
CONTEXTO: Vostede, xunto cuns/has amigos/as, quere facer o Camiño de Santiago coa familia de ambos/as. O percorrido vai durar dous días.
Camiño de Santiago En total van ser: • Vostedes e mais os/as seus/súas respectivos/as comp añeiros/as sentimentais • A avoa de 76 anos do/a candidato/a • Un neno de 5 anos do/a candidato/a • Unha tía de 50 do/a candidato/a • Un compañeiro do traballo do/a candidato/a
CANDIDATO/A A
• Descrición dos/as seus/súas acompañantes
• Que percorrido pensan facer? • Que medios de locomoción
poderían utilizar? • Que necesitarían levar na mochila
e como repartirían o peso?
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
No camiño nos atoparemos!
CONTEXTO: Vostede, xunto cuns/has amigos/as, quere facer o Camiño de Santiago coa familia de ambos/as. O percorrido vai durar dous días.
Camiño de Santiago En total van ser: • Vostedes e mais os/as seus/súas respectivos/as comp añeiros/as sentimentais • O avó de case 80 do/a candidato/a • Unha nena de 12 do/a candidato/a • Un tío que terá os seus 60 anos do/a candidato/a • Unha amiga do/a candidato/a
CANDIDATO/A B
• Descrición dos/as seus/súas acompañantes
• Cando e onde pensan parar? • Lugares nos que poderían pasar a
noite? • Como repartirían o peso?
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Tempos aqueles!
CONTEXTO: Vostede encóntrase cun/ha vello/a amigo/a do colexio co/coa que fixera unha excursión inesquecible de fin de curso e lembra aquela época.
CANDIDATO/A A
• Cambios no grupo: descrición dalgúns compañeiros/as
• Cambios no ámbito profesional: ocupacións, traballo e/ou estudos
• Cambios no ámbito persoal: intencións e propósitos futuros
-----------------------------------------------------------------------------
Tempos aqueles!
CONTEXTO: Vostede encóntrase cun/ha vello/a amigo/a da infancia co/coa que fixera unha festa de aniversario inesquecible e lembra aquela época.
CANDIDATO/A B
• Cambios na vida: descrición dalgúns/has profesores/as
• Cambios no ámbito persoal: gustos e afeccións
• Cambios no ámbito social: algún acontecemento daquela época
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Cuestión de limpeza!
CONTEXTO: Vostede, xunto coa súa familia, está pasando a tempada de verán nun piso de alugamento no que cambian a roupa branca cada semana (sabas, toallas, manteis, panos...). A persoa que fai este servizo é un parente do/a dono/a do piso. Un día descobre que esta persoa está ingresada no hospital a causa dunha doenza grave e ninguén vén facer o servizo.
CANDIDATO/A A (persoa que aluga o piso)
• Interésese pola saúde da persoa que está
ingresada no hospital • Pídalle algunha solución ante este situación e
néguese a facer vostede a coada • Expóñalle que este servizo vai incluído no
alugamento do piso e pídalle algunha contrapartida
-----------------------------------------------------------------------------
Cuestión de limpeza!
CONTEXTO: Vostede, xunto coa súa familia, está pasando a tempada de verán nun piso de alugamento no que cambian a roupa branca cada semana (sabas, toallas, manteis, panos...). A persoa que fai este servizo é un parente do/a dono/a do piso. Un día descobre que esta persoa está ingresada no hospital a causa dunha doenza grave e ninguén vén facer o servizo.
CANDIDATO/A B (dono/a do piso)
• Respóndalle as preguntas sobre a saúde do seu familiar
• Ofrézalles aos/ás inquilinos/as a posibilidade de usar unha lavadora común
• Como non pode ofrecerlle ese servizo, déalle algunha alternativa
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia sorpresa!
CONTEXTO: Vostede quere comprarlle un agasallo práctico a un/ha compañeiro/a polo seu aniversario. Propoña distintas opcións tendo en conta:
CANDIDATO/A A
• Presentación: descrición do/a homenaxeado/a
• Estudos, gustos e afeccións • Intereses persoais
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia sorpresa!
CONTEXTO: Vostede quere comprarlle un agasallo orixinal a un/ha compañeiro/a polo seu aniversario. Propoña distintas opcións tendo en conta:
CANDIDATO/A B
• Información persoal: residencia, estado civil, familia...
• Profesións e/ou estudos • Modo de ser: carácter, preferencias,
crenzas
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Mala sorte!
CONTEXTO: Vostede ía camiñando pola beira dun río ás nove da noite cando esvarou nunha focha chea de auga e escordou un nocello. Nese momento decide chamar polo móbil ao/á seu/súa amigo/a para que lle diga que pode facer e que o vaia buscar.
CANDIDATO/A A
• Indíquelle a situación na que se encontra
• Descríballe a súa situación física e psíquica
• Descríballe as dificultades para chegar ata onde se atopa
-----------------------------------------------------------------------------
Mala sorte!
CONTEXTO: Vostede recibe unha chamada dun/ha amigo/a que ía camiñando pola beira dun río ás nove da noite cando esvarou nunha focha chea de auga e escordou un nocello. O/a seu/súa amigo/a pregúntalle que pode facer e pídelle que o/a vaia buscar.
CANDIDATO/A B
• Aconsélleo/a sobre que facer nesa
situación • Pregúntelle polas condicións
climatolóxicas e tranquilice o/a seu/súa compañeiro/a
• Dígalle que non a/o pode ir buscar, pero ofrézalle alternativas
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Xente con clase!
CONTEXTO: Vostede e mais un/ha compañeiro/a de traballo van pasar a fin de semana invitados/as por uns/has amigos/as e está elixindo que roupa vai levar (formal ou informal). Defenda a súa proposta tendo en conta:
CANDIDATO/A A
• Os lugares que van visitar • As actividades que van realizar • A situación dos lugares
-----------------------------------------------------------------------------
Xente con clase!
CONTEXTO: Vostede e mais un/ha compañeiro/a de traballo van pasar a fin de semana invitados/as por uns/has amigos/as e está elixindo que roupa vai levar (formal ou informal). Defenda a súa proposta tendo en conta:
CANDIDATO/A B • O grupo de xente que vai ir • As actividades ás que teñen previsto asistir • Os lugares que non queren deixar de visitar
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Cousas da casa!
CONTEXTO: Vostede alugou un piso con outro/a candidato/a. Botaron a sortes os cuartos que había nel. Cando pasan algúns meses, ve a
necesidade de propor un cambio porque bota moito tempo pintando óleos e o seu cuarto ten menos luz natural aínda que é máis grande ca o outro.
CANDIDATO/A A
• Expóñalle a súa situación • Ofrézalle algunha compensación en canto ao
reparto das tarefas domésticas, gastos comúns...
• Propóñalle outro tipo de solucións
-----------------------------------------------------------------------------
Cousas da casa!
CONTEXTO: Vostede alugou un piso con outro/a candidato/a. Botaron a sortes os cuartos que había nel. Cando pasan algúns meses, o/a
seu/súa compañeiro/a ve a necesidade de proporlle un cambio porque bota moito tempo pintando óleos e o seu cuarto ten menos luz natural aínda que é máis grande ca o outro.
CANDIDATO/A B
• Expóñalle a súa situación • Esíxalle os dereitos adquiridos • Aproveite a oportunidade para
beneficiarse ou propóñalle outros cambios
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
A onde imos?
CONTEXTO: Vostede e mais outros/as compañeiros/as de traballo están planificando pasar xuntos/as unha fin de semana. Das diferentes propostas que barallan vostede inclínase por ir á praia. Faga unha defensa da súa postura.
CANDIDATO/A A
• Descrición do lugar que escollería • Descrición do grupo, afeccións e
intereses • Actividades que poderían facer na praia
-----------------------------------------------------------------------------
A onde imos?
CONTEXTO: Vostede e mais outros/as compañeiros/as de traballo están planificando pasar xuntos/as unha fin de semana. Das diferentes propostas que barallan vostede prefire ir á montaña. Faga unha defensa da súa postura.
CANDIDATO/A B
• Descrición do lugar que escollería • Descrición do grupo, afeccións e
intereses • Actividades que poderían facer na
montaña
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
L
Vaia catarreira!
CONTEXTO: Vostede tiña previsto asistir a unha importante exposición de pintura que un/ha amigo/a seu/súa vai inaugurar hoxe polo serán. Non obstante, acaba de coller unha catarreira moi forte que lle impide asistir ao acto. Fale co/a seu/súa amigo/a e expóñalle a situación.
CANDIDATO/A A
• Coméntelle o seu estado físico • Pregúntelle pola exposición de pintura do/a
seu/súa amigo/a • Descúlpese por non poder asistir e déalle algún
consello útil para que resulte un grande éxito
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia catarreira!
CONTEXTO: Vostede ten previsto inaugurar hoxe polo serán unha exposición da súa obra que considera moi importante e invitou a todos/as os/as seus/súas amigos/as. Non obstante, un/unha acaba de coller unha catarreira moi forte que lle impide asistir ao acto. Fale con el/ela e explíquelle a importancia do acontecemento.
CANDIDATO/A B
• Déalle algún remedio caseiro • Explíquelle os pormenores da inauguración da súa
exposición de pintura • Acéptelle as súas desculpas e quede con el/ela para
outra ocasión para comentarlle os detalles
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Saúde de ferro!
CONTEXTO: Vostede encóntrase cun/ha coñecido/a á saída dun Centro de Saúde ao que acudiu por unhas pequenas molestias nas costas. No transcurso da súa conversa, este/a pregúntalle pola súa indisposición. Faga unha breve exposición da súa situación física e dos consellos que lle deu o/a médico/a.
CANDIDATO/A A
• Descrición dos síntomas e molestias que sente • Estado físico (dor, malestar...) e necesidades
corporais (cansazo, frío, calor...) • Actividades saudables que lle recomendou o/a
doutor/a
-----------------------------------------------------------------------------
Saúde de ferro!
CONTEXTO: Vostede encóntrase cun/ha coñecido/a á saída dun Centro de Saúde ao que acudiu por unhas pequenas molestias na boca. No transcurso da súa conversa este/a pregúntalle pola súa indisposición. Faga unha breve exposición da súa situación física e dos consellos que lle deu o/a médico/a.
CANDIDATO/A B
• Descrición dos síntomas e molestias que sente • Estado físico (febre, dor...) e necesidades corporais
(fame, cansazo, calor...) • Comidas e bebidas que lle aconsellou o/a doutor/a
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Hai que ver! Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos
CONTEXTO: Vostede atópase cun/cunha compañeiro/a e falan sobre os seus hábitos cotiáns. Coa axuda do cadro que se lle achega, fale dos gustos e afeccións comúns e diferentes.
CANDIDATO/A A Ver a televisión ou vídeo / DVD
As fins de semana
Escoitar a radio ou música
Todos os sábados
Facer deporte
Todos os días
Realizar tarefas domésticas
De vez en cando
Erguerse cedo / tarde
Dúas veces ao mes
Viaxar por Galicia ou polo estranxeiro
Unha vez ao mes
Comer fóra ou saír cos/coas amigos/as
Ás veces
Estudar idiomas
Nunca
Navegar pola Internet
A diario
-----------------------------------------------------------------------------
Hai que ver! Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos
CONTEXTO: Vostede atópase cun/cunha compañeiro/a e falan sobre os seus hábitos cotiáns. Coa axuda do cadro que se lle achega, fale dos gustos e afeccións comúns e diferentes.
CANDIDATO/A B Ver a televisión ou vídeo / DVD
Nunca
Escoitar a radio ou música
Äs veces
Facer deporte
Cada quince días
Realizar tarefas domésticas
Sempre
Erguerse cedo / tarde
Os luns
Viaxar por Galicia ou polo estranxeiro
Nunca
Comer fóra ou saír cos/coas amigos/as
Todos os días
Estudar idiomas
Os domingos
Navegar pola Internet
Case nunca
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Para que serve? Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos CONTEXTO: Vostede preséntase a unha oferta de emprego na que buscan vendedores/as. Como proba de acceso, móstranlle os seguintes obxectos, aparentemente inútiles, para que demostre o seu poder de convicción. Cada candidato/a intentará explicar para que serve un dos seguintes obxectos.
CANDIDATO/A A
• Descrición do aparello (partes, accesorios...) e utilidade • Uso e mantemento • Valoracións e comparacións
-----------------------------------------------------------------------------
Para que serve? Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos CONTEXTO: Vostede preséntase a unha oferta de emprego na que buscan vendedores/as. Como proba de acceso, móstranlle os seguintes obxectos, aparentemente inútiles, para que demostre o seu poder de convicción. Cada candidato/a intentará explicar para que serve un dos seguintes obxectos.
CANDIDATO/A B
• Descrición do aparello (partes, accesorios...) e utilidade • Uso e mantemento • Valoracións e comparacións
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Coma na casa... en ningures!
CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes de vivir na casa dos pais. O/a candidato/a A debe adoptar unha postura e defender a súa tese fronte ao candidato/a B.
CANDIDATO/A A
A FAVOR
• É barato e cómodo • Aforra tempo en traballos domésticos • Ofrece hábitos máis saudables (comidas,
limpeza, tranquilidade...)
-----------------------------------------------------------------------------
Coma na casa... en ningures!
CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes de vivir na casa dos pais. O/a candidato/a A debe adoptar unha postura e defender a súa tese fronte ao candidato/a B.
CANDIDATO/A B
EN CONTRA
• Obriga de adaptarse a unhas normas • Excesiva protección • Carencia de autonomía
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia festa! CONTEXTO: Unha persoa da súa familia estivo hai pouco de celebración (aniversario, voda / parella de feito, bautizo / presentación civil...). Fale desta conmemoración tendo en conta os seguintes aspectos:
CANDIDATO/A A
• Lugar, data e duración da celebración
• Convidados/as (número e relacións persoais)
• Comida, gustos e hábitos
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia festa! CONTEXTO: Unha persoa da súa familia estivo hai pouco na organización dunha celebración tradicional (nadal, entroido, maios...). Fale desta conmemoración tendo en conta os seguintes aspectos:
CANDIDATO/A B
• Lugar, data e duración da celebración
• Participantes e organización • Comida e actividades
programadas
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Estudas ou traballas?
CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes de estudar unha carreira universitaria. O/a candidato/a A debe adoptar unha postura e defender a súa tese fronte ao candidato/a B.
CANDIDATO/A A
A FAVOR
• Recibe a formación axeitada • Dá prestixio social • A xente está ocupada e
contribúe a manter a seguridade cidadá
-----------------------------------------------------------------------------
Estudas ou traballas?
CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes de estudar unha carreira universitaria. O/a candidato/a A debe adoptar unha postura e defender a súa tese fronte ao candidato/a B.
CANDIDATO/A B
EN CONTRA
• Cómpre facer moito esforzo • Non asegura o traballo • Nalgúns casos a ensinanza é teórica e
pouco adaptada ao mundo laboral
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia viaxe! CONTEXTO: Un/ha amigo/a seu/súa vai pasar o verán nun país estranxeiro. Non obstante, a súa compañía de transporte só lle permite levar unha maleta que pese como máximo 20 kg. Explique o medio de transporte, o país ao que iría e diga que cousas pensa que elixiría e por que.
CANDIDATO/A A
• Indique o medio de transporte (autobús ou avión) • Describa o país (aloxamento, lugares de interese turístico,
comidas, actividades...) • Indique os obxectos que levaría e a razón (roupa, obxectos
persoais, aparellos...)
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia viaxe! CONTEXTO: Un/ha amigo/a seu/súa vai pasar o verán nun país estranxeiro. Non obstante, a súa compañía de transporte só lle permite levar unha maleta que pese como máximo 20 kg. Explique o medio de transporte, o país ao que iría e diga que cousas pensa que elixiría e por que.
CANDIDATO/A B
• Indique o medio de transporte (tren ou barco) • Describa o país (aloxamento, lugares de interese turístico,
comidas, actividades...) • Indique os obxectos que levaría e a razón (roupa, obxectos
persoais, aparellos...)
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia viaxe! CONTEXTO: Un/ha amigo/a seu/súa vai pasar o verán nun país estranxeiro. Non obstante, a súa compañía de transporte só lle permite levar unha maleta que pese como máximo 15 kg. Explique o medio de transporte, o país ao que iría e diga que cousas pensa que elixiría e por que.
CANDIDATO/A C
• Indique o medio de transporte (avión ou barco) • Describa o país (aloxamento, lugares de interese turístico,
comidas, actividades...) • Indique os obxectos que levaría e a razón (roupa, obxectos
persoais, aparellos...)
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia veciñanza!
CONTEXTO: A convivencia nunha comunidade non sempre é pacífica ou, cando menos, non sempre está nos seus mellores momentos. De calquera xeito, imaxine esta situación e expoña a súa postura na reunión convocada para solucionar varios problemas.
CANDIDATO/A A
Vostede vive no primeiro andar por riba dun salón de peiteado. O/a seu/súa veciño/a do segundo traballa das 18.00 ás 24.00 horas. Cando chega á casa, fai o mesmo barullo: o aspirador, a ducha, o can, a lavadora, a lavalouza...
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia veciñanza!
CONTEXTO: A convivencia nunha comunidade non sempre é pacífica ou, cando menos, non sempre está nos seus mellores momentos. De calquera xeito, imaxine esta situación e expoña a súa postura na reunión convocada para solucionar varios problemas.
CANDIDATO/A B
A veciñanza do ático ten inmensas macetas con flores na varanda. Vostede non ten nada en contra se non fose porque, cando as regan, a auga ensúcialle os vidros e móllalle a roupa.
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia veciñanza!
CONTEXTO: A convivencia nunha comunidade non sempre é pacífica ou, cando menos, non sempre está nos seus mellores momentos. De calquera xeito, imaxine esta situación e expoña a súa postura na reunión convocada para solucionar varios problemas.
CANDIDATO/A C
Desde hai certo tempo o/a seu/súa veciña do lado adoita colocar a bolsa do lixo fóra da porta do piso ata que a leva ao colector. Non obstante, ás veces, esquécese de baixala o que ocasiona molestias.
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia sorpresa! Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos CONTEXTO: Vostede acaba de recibir en herdanza dun parente unha casa no rural galego. Non obstante, non lle gusta a súa decoración e decide facer reformas. Faga unha descrición dela e das reformas que considera máis necesarias, tendo en conta os seguintes puntos:
CANDIDATO/A A
• Faga unha breve descrición da casa e da contorna • Indique as reformas que considera máis necesarias • Mencione que mobiliario lle gustaría substituír
-----------------------------------------------------------------------------
Vaia sorpresa! Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos CONTEXTO: Vostede acaba de recibir en herdanza dun parente un apartamento nunha vila urbana. Non obstante, non lle gusta a súa decoración e decide facer reformas. Faga unha descrición del e das reformas que considera máis necesarias, tendo en conta os seguintes puntos:
CANDIDATO/A B
• Faga unha breve descrición do apartamento e da contorna • Indique as reformas que considera máis necesarias • Mencione que mobiliario lle gustaría substituír
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Vaia sorpresa! Preparación: 1 minuto / Intervención: 2 minutos CONTEXTO: Vostede acaba de recibir en herdanza dun parente un chalé nas aforas dunha cidade galega. Non obstante, non lle gusta a súa decoración e decide facer reformas. Faga unha descrición del e das reformas que considera máis necesarias, tendo en conta os seguintes puntos:
CANDIDATO/A C
• Faga unha breve descrición do chalé e da contorna • Indique as reformas que considera máis necesarias • Mencione que mobiliario lle gustaría substituír
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Se te queres divertir... non tes máis que vir
CONTEXTO: Vostede ten a intención de convencer uns/unhas amigos/as para que vaian a unha coñecida festa que se celebra na súa localidade. Descríbaa e trate de convencelos/as para que o/a acompañen.
CANDIDATO/A A
• Escolla unha festa do seu país ou rexión e preséntea • Describa o lugar e sinale como chegar • Convenza os/as seus/súas compañeiros/as para que a visiten
-----------------------------------------------------------------------------
Se te queres divertir... non tes máis que vir
CONTEXTO: Vostede ten a intención de convencer uns/unhas amigos/as para que vaian a unha coñecida festa que se celebra na súa localidade. Descríbaa e trate de convencelos/as para que o/a acompañen.
CANDIDATO/A B
• Escolla algunha tradición do seu país ou rexión e preséntea • Indique o lugar, as datas de celebración e condicións meteorolóxicas previsibles • Exprese a súa opinión con relación á súa supervivencia no futuro
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel básico
Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral
Se te queres divertir... non tes máis que vir
CONTEXTO: Vostede ten a intención de convencer uns/unhas amigos/as para que vaian a unha coñecida festa que se celebra na súa localidade. Descríbaa e trate de convencelos/as para que o/a acompañen.
CANDIDATO/A C
• Escolla algún festival do seu país ou rexión e presénteo • Describa cando, como e por que se celebra • Aconselle sobre aloxamentos na zona
Top Related