XOVES, 20 DE NOVEMBRO - iesaudemelide.es · Recadar diñeiro para axudar a mellorar a vida de miles...
Transcript of XOVES, 20 DE NOVEMBRO - iesaudemelide.es · Recadar diñeiro para axudar a mellorar a vida de miles...
IES Melide ONG Save The Children
XOVES, 20 DE NOVEMBRO
Día Universal dos Dereitos do neno/a
1º e 2º ESO……………. a 3ª hora
Resto dos cursos na clase de E.F.
XOVES, 20 DE NOVEMBRO
XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Recadar diñeiro para axudar a mellorar a
vida de miles de nenos e nenas,
concretamente os e as de MALÍ.
Desenvolver o noso espírito crítico ante as
inxustizas que se dan no mundo con respecto
aos dereitos dos nenos e nenas, acentuando
a solidariedade.
QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE TEN
UN DOBRE OBXECTIVO
é unha franxa situada entre o deserto do
Sahara e a sabana de África Central que
integra algúns dos países máis pobres do
mundo (Níxer, Malí, Senegal, Mauritania,
Burkina Fasso e Chad).
O SAHEL
A REXIÓN DO SAHEL
• Secas periódicas.
• Desertificación.
• Débiles estructuras políticas, económicas
e sociais.
• Mercados inestables e alza de prezos
nos alimentos.
VULNERABILIDADE DO SAHEL
ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS
A decadencia do imperio produciuse coa entrada dos musulmáns, en 1591, que xunto
ao xurdimento de novas rutas comerciais marítimas fixeron que o comercio a través
do Sáhara fose abandonado.
No século XIX o colonialismo francés supuxo cambios importantes nas estruturas
sociais, culturais e relixiosas…
Malí conseguiu a súa independencia definitiva en 1960, nun enfrontamento armado
con Francia.
Malí é o sétimo país mais extenso de África, cunha poboación que supera os 13
millóns de habitantes. A pesar de que foi unha das grandes potencias comerciais
da antigüidade grazas ao seu dominio sobre a ruta comercial do deserto, sendo o
centro de tres grandes imperios: o Imperio de Gana, o Imperio de Malí e o
Imperio Songai entre os séculos VII e XVI.
MALÍ
ALGÚNS DATOS SOCIOECONÓMICOS
Nome da Capital: Bamako
Superficie: 1.240.192.000 km²Poboación Estimada en 2014: 17,3 mill. hab.
Cidades importantes: Segú (92.552 hab.), Mopti (108.456
hab.), Sikasso (144.786 hab.
Idiomas oficiais: Francés (oficial), Bambara (80%), e numerosas
linguas africanas
Relixións principais: Musulmáns 80%, crenzas indíxenas 19%,
cristiáns 1%.
MALÍ
ALGÚNS DATOS SOCIOECONÓMICOS
Moeda: Franco CFA
Poboación: 32,3%
Índice de Desenvolvemento Humano (ONU): posto 180 de 186
Esperanza de vida: 55 anos
Mortalidade infantil: 124/1000 nacidos vivos
Mortalidade Materna: 464/100.000 nacidos vivos
Unha matrona por cada 21.924 hab.
22% de mortalidade en menores de 5 anos
MALÍ
ALGÚNS DATOS SOCIOECONÓMICOS
Analfabetismo: 72,2%
Taxa de fecundidade: 6,7 fillos por muller
Taxa de natalidade adolescente: 172/1.000
Gasto Público en Saúde: 2,3% PIB
RPC (en dólares estadounidenses): 380 $
43% da poboación vivindo por debaixo do limiar de pobreza.
MALÍ
ALGÚNS DATOS SOCIOECONÓMICOS
Persoas afectadas pola crise alimentaria: 3,3 millóns
Menores de 5 anos con desnutrición aguda: 136.000
Menores de 5 anos con desnutrición moderada: 360.000
Refuxiados e Desprazados internos: 453.000 (2013)
Desprazados internos: 283.726
Refuxiados en Burkina Faso, Níxer e Mauritania: 169.000
MALÍ
Traballa principalmente en seis rexións onde as
necesidades da infancia fanse máis urxentes: Segou,
Kayes, Sikasso, Mopti, Gao e Tombuctú, así como zonas
suburbanas de Bamako, a capital. Cunha poboación de
máis de 5 millóns de persoas entre adultos e
crianzas, nun país no que os servizos básicos son case
nexistentes…
A ONG SAVE THE CHILDREN
TRABALLA EN MALÍ DESDE HAI MÁIS DE 30 ANOS
A ONG SAVE THE CHILDREN
EDUCACIÓN
Moitos nenos e nenas entre os 5 e 18 anos abandonan Malí para
buscaren traballo nas plantacións de cacao e café en Costa de Marfil,
para eles rehabilítanse e constrúense escolas co compromiso dos pais e
da comunidade de escolarizar todos os nenos e nenas da zona, ampliando
así o número de matriculados.
O obxectivo nos próximos 2 anos é que 5.000 nenos e nenas se beneficien
destas novas aulas. Xunto con isto, que 75.000 nenos e nenas obteñan
kits escolares que contribúan á mellora da súa educación e 20.000 nenos
e nenas teñan acceso a alimentación escolar.
A ONG SAVE THE CHILDREN
SAÚDE E NUTRICIÓN
O ano pasado os nosos servizos chegaron a 4 millóns de persoas das que
1,7 millóns eran crianzas.
Os retos son mellorar o acceso aos servizos de saúde dos nenos e nenas
e as súas nais para previr casos de malaria, desnutrición e diarreas así
como outras doenzas doadas de curar.
Nos próximos dous anos queremos chegar a examinar máis de 800.000 nenos
e nenas menores de 5 anos, atendendo 31.646 crianzas con desnutrición
aguda e 29.272 con desnutrición moderada. Así mesmo, formar
Traballadores sanitários...
A ONG SAVE THE CHILDREN
SEGURIDADE ALIMENTARIA
Durante a recente crise da fame no norte, distribuímos alimentos a
unhas 4.600 familias. Proporcionáronse alimentos suplementarios a 22.500
crianzas menores de 5 anos.
E agora estámonos centrando en axudar ás familias a reduciren a súa
vulnerabilidade á fame mediante a mellora das súas habilidades de
produtividade e de agricultura, e axudándolles a xestionar os seus
recursos: 2.250 persoas recibiron apoio técnico e materiais agrícolas,
creación de pequenos hortos que axuden as familias máis pobres...
A ONG SAVE THE CHILDREN
PROTECCIÓN DA INFACIA
Estamos a traballar en colaboración cos comités de protección da
infancia, 17.000 crianzas e mozos traballaron os dereitos da infancia a
través de actividades de mobilización social, discusións de grupo e
programas de radio.
Máis de 5.000 crianzas recibiron atención psicosocial. Tense como obxectivo
nos próximos anos sensibilizar 10.000 familias, axentes do goberno e da
sociedade civil sobre o impacto da mutilación xenital feminina nas nenas,
principalmente a través de informar as súas nais, así como incidir en
políticas de protección á infancia, especialmente ás nenas sometidas a
abusos sexuais e violencia.
PARTICIPA
(www.savethechildren.es)ONG Save the children
XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE