Xornadas SITUACIÓN ACTUAL DO PATRIMONIO CULTURAL EN...
Transcript of Xornadas SITUACIÓN ACTUAL DO PATRIMONIO CULTURAL EN...
Xornadas SITUACIÓN ACTUAL DO PATRIMONIO CULTURAL EN GALICIA Consello da Cultura Galega 25 e 26 de outubro de 2011 Organiza: Consello da Cultura Galega Sección de Patrimonio e Bens Culturais Coordinan: Iago Seara María García‐Alén
2
A ampla traxectoria da Unesco co Patrimonio Cultural vén presentando que os
obxectos e inmobles da cultura material e espiritual teñen a súa autenticidade dende o mesmo momento da súa creación, que é, pola súa vez, o inicio da súa historia. Preservar autenticidade e historia devén, pois, inevitablemente en «salvagardar a materia, a súa espiritualidade e os efectos do tempo histórico materializado nela», xa que este é percibido como o seu valor cultural, a través da intelixencia e/ou a emoción individual ou colectiva.
Hoxe en día algúns historiadores da arte e outros profesionais implicados co patrimonio cultural introducen nos seus proxectos investigadores ou docentes unha meirande preocupación por procesos complementarios e converxentes dirixidos ao coñecemento dos criterios do valor patrimonial implícitos e explícitos nas obras da cultura. O mesmo acontece nos benfeitores que se preocupan polo patrimonio cultural e na percepción individual e colectiva da cidadanía respecto á razón de ser do Patrimonio Cultural. En definitiva, repórtase en toda a sociedade unha nova preocupación centrada na experiencia da autenticidade que implica un novo campo de dedicación profesional, docente, investigador e/ou de uso no lecer. Están a xurdir unhas disciplinas e sensibilidades ás que poñerlles portas ou limitar os seus horizontes sería semellante a negar a razón de ser da obra de cultura.
Do que se debe tratar é do contrario. Énos obrigado tentar coñecer para conservar e protexer, é dicir, coñecer para logo actuar en calquera práctica directa ou indirecta de conservación, promoción e/ou divulgación do noso patrimonio, que finalmente devén pola súa vez en coñecemento.
Actualmente estase a dar a situación de que no proceso de conservación e protección do patrimonio cultural están comezando a converxer diferentes disciplinas que xeran novas identidades en si mesmas, con especialistas cada vez máis formados cara a ese obxectivo concreto e altamente sensibilizados nun xeito de exercer que ten sempre presente o carácter pluridisciplinar deste, coa meta de conservar o legado que unha sociedade democrática asume como parte da súa orixe e como identidade de cara ao futuro. Todo este proceso está a obrigar a un esforzo de superación das limitacións de cada disciplina concreta, así como de calquera localismo e/ou formalismo, por outra parte imprescindibles na medida axeitada, e coa cada vez máis forte convicción de que o noso patrimonio cultural require dunha reflexión teórica e crítica continuada, o que, pola súa vez, se converte nun feito cultural en si mesmo.
Cultura e reflexión crítica, nas que conceptos como o de autenticidade e o seu contrario, o falso histórico, están claramente presentes, son articuladas conxuntamente coa tradición do Patrimonio Cultural e a súa conservación, fundamentalmente na tradición e teoría dos séculos XIX e XX, considerados como soportes nucleares da concreción, protección e conservación de identidades profesionais e disciplinares.
Para levar a bo fin a incorporación desta conciencia, desta acción moral consciente, identitaria, na historia, os profesionais implicados no proceso do patrimonio cultural dende calquera disciplina non deben desligarse da convicción de que este é un proceso pluridisciplinar que ten como obriga principal e final a conservación crítica e a divulgación do patrimonio, todo isto para conseguir o obxectivo de ser nós mesmos nunha sociedade democrática e mellor coñecida.
O patrimonio cultural moble e inmoble é parte da cultura material e espiritual. Nel formalízase a memoria e, por esta razón, a súa conservación e protección é consubstancial coa razón de ser do patrimonio, que é a de ser legado. Ademais, se hai memoria hai historia, e se hai historia hai relato e identidade. Por iso a reflexión crítica e a súa consecuencia, a conservación crítica, son un feito cultural que debe ser oportunamente instrumentalizado para o discernimento e preservación da autenticidade do noso patrimonio, evitando os falsos
3
históricos e buscando todo tipo de procesos de liberación da autenticidade. Neste senso, é conveniente ter presente que temos por diante a tarefa de intentar excitar a pasividade das administracións, institucións e asociacións que teñen como fin a conservación do patrimonio cultural, na que estas aínda caen ás veces a pesar dos avances disciplinares e identitarios.
A autenticidade recuperada entra, por si mesma, a constituír o núcleo da herdanza e a transferencia do legado ás xeracións posteriores. Por iso, a acción moral consciente no patrimonio, o debate e a formulación respecto á súa autenticidade é esencial e debe rexer nun sempre imprescindible proceso interdisciplinar que obrigatoriamente debe conformar o seu acordo antes, durante e despois do exercicio da conservación crítica do patrimonio.
A autenticidade é un valor cultural e polo tanto non é campo exclusivo de historiadores, arquitectos ou outros profesionais. Non é xeneralizable nin única. Non é unívoca nin universal. Ademais, tal como di M.ª Pilar García Cueto, «a autenticidade garda estreita relación con conceptos como historia, pasado, tradición, creación e individuo, e é inseparable dos determinantes materiais, ideolóxicos e económicos», e engadiría que tamén é inseparable dos determinantes espirituais, relixiosos ou políticos que inciden en calquera elemento do Patrimonio Cultural.
Con estas xornadas de traballo trátase de determinar que niveis de autenticidade se dan no traballo de conservación e protección do Patrimonio na Galicia actual, e de facelo dende a intelixencia e a emoción individual e colectiva, apoiados na acción moral consciente indiscutible dos participantes nelas cara ao Ben Cultural, ao que todos nós consideramos imprescindible para a existencia do Patrimonio Cultural. Trátase, pois, de percibir o Ben como o legado que hai que transmitir a unha sociedade futura dende un presente que se autorrecoñece, que se compromete e que xa foi capaz de xerar institucións que suman os seus esforzos no goberno, coñecemento, conservación e transmisión dos seus bens culturais –Patrimonio Cultural– nun exercicio eficaz, profesional, sereno e democrático da súa protección.
Iago Seara e María García‐Alén COORDINADORES DAS XORNADAS
4
PROGRAMA Cada sesión ten unha duración dunha hora que corresponde a 20 minutos de intervención inicial do relator e os restantes a unha quenda de aclaracións e preguntas das persoas asistentes. Ao remate da última sesión de cada xornada procederase ao debate final dos asuntos tratados na sesión e/ou xornada.
25 DE OUTUBRO Sesión da mañá 10:00 h. Inauguración da xornada 10:30 h. Patrimonio para que? Bens culturais e cambio social na Galicia de hoxe MARCIAL GONDAR, Universidade de Santiago de Compostela 11:30 h. Pausa 12:00 h. Historia e patrimonio PEGERTO SAAVEDRA, Universidade de Santiago de Compostela 13:00 h. Historia, lugar e identidade. Unha reflexión sobre o patrimonio artístico ALFREDO VIGO TRASANCOS, Universidade de Santiago de Compostela Sesión da tarde 16:30 h. Museos, arquivos e bibliotecas, patrimonio común CONCHA VARELA OROL, Universidade da Coruña 17:30 h. Patrimonio antropolóxico e memoria cultural MANUEL VILAR ALVAREZ, Instituto de Estudo das Identidades. Museo do Pobo Galego 18:30 h. Debate
5
26 DE OUTUBRO Sesión da mañá 10:00 h. Cara a un patrimonio público galego: vinte apuntamentos CRISTINA SÁNCHEZ CARRETERO, Consello Superior de Investigacións Científicas 11:00 h. Pausa 11:30 h. As infraestruturas no territorio histórico cultural: estrutura e vertebración da paisaxe de Galicia CARLOS NÁRDIZ, Universidade da Coruña 12:30 h. Sobre o patrimonio industrial de Galicia: Notas para un debate XAN CARMONA, Universidade de Santiago de Compostela Sesión da tarde 16:30 h. A lexislación actual en materia de protección do Patrimonio Cultural Galego MARÍA GARCÍA‐ALÉN 17:30 h. A intervención no Patrimonio Cultural construído: o Plan Director e a conservación crítica IAGO SEARA, coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais 18:30 h. Debate Máis información: www.consellodacultura.org
6
INFORMES
7
¿PATRIMONIO PARA QUE?
Bens culturais e cambio social na Galicia de hoxe
Marcial Gondar Portasany
Calquera estudoso da arte sabe que se quere achegarse ao sentido dunha imaxe, supoñamos relixiosa, non basta con limitarse ao estudo da mesma porque, dependendo que estea ubicada nunha igrexa, nun museo ou no salón dunha casa, vai ser sobredeterminada como obxecto relixioso, obxecto artístico ou obxecto decorativo. Son sempre os contextos os que nos van dar o sentido profundo dos textos.
Consonte co dito, o sentido que, tanto desde a perspectiva da conservación como da súa posta en valor, debamos atribuír aos Bens culturais (e ao Patrimonio no seu conxunto) na Galicia de hoxe, só será posíbel decidilo si somos quen de poñelos en relación co vida global do país.
Galicia, un país en cambio
Si eu quixera resumir nunha palabra a historia de Galicia nos últimos cincuenta anos, cicais non atopara outra palabra mellor que cambio. Pero trátase dun cambio especial. A historia dos pobos nunca estivo parada, con mais ou menos rapidez as cousas sempre ían mudando, pero tratábase de cambios que terminaban por ser asumidos desde dentro e, sobre todo, que se levaban a cabo dentro do territorio. Quérese dicir, as xentes mudaban de sistema de propiedade, de técnicas de cultivos, de ferramentas, etc. pero quedábanse a vivir no mesmo lugar e, si saian, o lugar de orixe era o referente, ao menos mítico, do retorno .
Hoxe estamos asistindo a un cambio radicalmente distinto. As xentes non so cambian de estilos de vivir e de pensar senón que, pouco a pouco, vanse vivir a outro sitio. Así como antes os emigrantes trataban de “facer as Américas” abandonando a aldea pero sempre a nivel individual e familiar e coa perspectiva de volver, hoxe son os pobos enteiros os que emigran a ese novo Eldorado que son as cidades, pero xa sen perspectiva de volver. Ao que mais se pode aspirar é a que algúns amañen as súas casas e volvan alí utilizándoas como residencia de fin de semana ou de vacacións tratando de revivir estilos de vida que recordan da infancia e que nas cidades non atopan por ningures. A pouco que se pense verase con claridade que mesmo esta volta ao lugar da memoria ten os días contados. Os fillos deses emigrados urbanitas do presente, que xa non tiveron a experiencia de vivir nun grupo humano que ademais era unha comunidade, dificilmente volverán ás aldeas dos seus maiores con outra expectativa distinta á de atopar unha residencia de verán.
¿Como valorar esta Crónica de una muerte anunciada do mundo non urbano galego? Creo que as posicións hoxe existentes a respecto do mundo non urbano, tanto desde a perspectiva da súa conservación como da súa posta en valor, bandéanse entre un certo romanticismo e a
8
pasmonería mais descarnada que, sen dubida, é a que atrae mais seguidores. Os que estou a denominar románticos (moitos deles, vellos aldeáns de nacemento que emigraron á cidade), conscientes da pobreza da vila no que a relación humanas se refire, tratan de recuperar na aldea a quentura social que viviron na nenez e na súa mocidade. O problema radica en que fai falta moita capacidade imaxinativa para non descubrir que esa recuperación é mais soñada que real.
Pero hai algo aínda mais imposible que esa pretensión de querer volver ao País das Maravillas de Alicia, o non darse conta de que, desde que se come a mazan, a inocencia queda perdida para sempre. O que saíu unha vez da aldea para integrarse no mundo da cidade non o fixo sen consecuencias. As culturas, as cosmovisións, os valores e as crenzas dos sitios onde vivimos, pasado un certo tempo, vanse metendo en nos de xeito que, por mais que moi pouco a pouco, van remodelando a nosa identidade, a nosa forma de ser. Cando o vello aldeán, hoxe vilego, volve ao lugar da súa orixe para atopar as súas raíces, enfróntase á aporía de constatar de que aquel non é xa o seu mundo. Cando pensaba retornar ás orixes, constata con sorpresa que acaba de chegar a un lugar alleo.
A mais desta visión da aldea e da súa memoria como opio, propia dos que queren tornar ao Paraíso perdido, a posición hoxe maioritaria a respecto do mundo non urbano (e,nomeadamente, campesiño) trata de presentalo como o lugar do inmobilismo e o atraso fronte ao dinamismo e o progreso que caracterizan á modernidade e do que, por sabido, o exemplo paradigmático é o mundo da cidade e os seus estilos de vida. Si temos en conta que unha boa parte dos políticos comparten esta forma de ver o problema, non é de estrañar que moitas das políticas públicas neste sector estean orientadas a “modernizar” o mundo rural e, cando, polas razóns que sexa, isto non se leva a cabo, a permitir o despoboamento e a conseguinte creación dun banco de terras en “mans mortas” para futuras especulacións urbanísticas ou de calquera outro tipo.
Vou determe un chisco nas consecuencias que para as xentes do rural ten este proceso acelerado de pretendida “modernización” do mundo do agro que no último medio século están a padecer. A Galiza non urbana caracterizouse ao longo da historia por ser unha sociedade fortemente integrada onde as estructuras ecolóxica, social e simbólica funcionaban cunha forte cohesión que, entre outros factores, viña dada por contar con estratexias propias que lle permitían facer fronte aos poucos cambios que a lenta dinámica social inducía. A partir do comezo dos anos sesenta, as parroquias galegas do rural vense afectadas por un acelerado proceso de cambio inducido pola penetración da economía liberal e polos estilos de vida que os emigrantes primeiro, nas súas cada vez máis frecuentes visitas á aldea, fan chegar (estamos no período de inflexión da emigración americana á emigración europea), e nun segundo momento, pola paulatina influencia dos medios de comunicación (radio e tv especialmente).
9
As estratexias que antes permitían gobernar as relacións entre xeracións (dinámica familiar, veciñal, simbólica, etc.) véñense abaixo, de xeito que se está a producir unha forte sensación de anomía social. O vello que para asegurarse os coidados ao final da súa vida xogaba co biscate que representaba ofrecerlle a un fillo (ás veces, valéndose do segredo, a mais dun) o quedarse na casa coa promesa de melloralo, da noite para a mañá descubre que isto xa non é percibido polo elixido como un premio, senón como unha condena que lle impide “facer as Américas”. Nesta mesma liña de descomposición do tecido social e psicolóxico, dous indicadores son abondo expresivos do que acontece co conxunto: a evolución da taxa de suicidios e o consumo de psicofármacos. Até finais dos anos cincuenta, o rural galego mantiña as taxas de suicidios máis baixas do Estado español (as taxas máis altas estaban en Andalucía, concretamente en Códoba); ao comezar os 60, a taxa comeza a dispararse de xeito que hoxe estamos a ocupar os postos máis elevados do ranking (o rural lugués, de feito, ocupa o primeiro lugar). Se atendemos á desagregación por cohortes de idade, poderemos observar tres picos nesa tendencia á alza: o grupo dos 65 a 75 anos, o grupo de 25 a 35, e, un pouco máis abaixo pero cunha forte tendencia á aceleración, o grupo de 10 a 15. Como vemos, o grupo dos vellos que, nun período moi curto de tempo, experimentan que o sistema de valores no que foron socializados e que eles utilizaron para relacionarse cos seus antepasados xa non vale para relacionarse cos seus fillos e veciños, o grupo dos mozos condenados a ter que vivir nun mundo que tampouco se corresponde co que os seus pais lle transmitiron (non se esqueza que a socialización informal é a máis importante á hora de configurar o estilo de vida dunha persoa, e esta ten lugar fundamentalmente nos primeirísimos anos) e o colectivo infanto‐xuvenil que, nunha idade na que deberían primar as actitudes da aprendizaxe informal propias da relación adulto‐neno, son conscientes de que no mundo da modernidade (informática, medios de comunicación, hábitos, etc.) eles son os que ‘controlan’, mentres que os adultos, que por rol deberían adoptar unha actitude formativa, están a velas vir. Non é difícil imaxinar as consecuencias psicolóxicas deste cúmulo de desfases. A situación descrita ten moitos puntos de coincidencia co que está a acontecer tamén no mundo urbano, pero cunha diferencia fundamental: a cultura tradicional da aldea empeza a ser percibida polos seus propios moradores como estigma. O vello estereotipo do aldeán atrasado e pailán ven sumarse a este cúmulo de descompensacións conformando un síndrome verdadeiramente explosivo.
No que aos psicofármacos se refire, estamos diante da consecuencia de todo o dito. Por máis que a noticia ocupa poucas veces as páxinas dos xornais, no mundo da sanidade galega é perfectamente coñecido que o consumo de psicofármacos no rural é notablemente máis alto que no mundo urbano por máis que nas Unidades de Atención Primaria do rural practicamente non se conta con equipos de Psiquiatría. A pesar da carencia de especialistas, o médico de familia rapidamente se decata que unha nada pequena parte das demandas da terceira idade non son outra cousa que somatizacións que teñen detrás os desequilibrios psicosociais a que antes se fixo referencia. Ate que se descobre o xogo, o gasto en medicamentos para falsas doenzas non só fan po o fígado do paciente senón que, ao tempo, desequilibran as contas do
10
Sergas. No caso da xente moza e da xuventude non acostuma darse o fenómeno de somatización como no caso dos vellos, pero si o consumo de psicofármacos.
¿Calquera tempo pasado foi... peor?
Cando se chama a atención sobre as consecuencias traumáticas (as que comentei e moitas outras) que trae consigo este proceso “modernizador” das nosas parroquias do rural, é bastante probable que nos respondan coa consabida frase de que: ‐“É o prezo que hai que pagar polo progreso”. Vou determe un chisco nesta resposta porque ten de fondo un prexuízo do que é preciso tomar conciencia se queremos saír desa espiral deshumanizante e mistificadora que quere vendernos como “Progreso” (un valor que ten que ver coa mellora da calidade de vida das persoas) o que na realidade é simple “modernización” (unha técnica de Marketing que aspira a convencernos de que nos son indispensables, cousas das que para nada precisamos).
O prexuízo que se esconde na opción dos que defenden a necesidade de modernización radical e a calquera prezo das sociedades campesiñas tradicionais puidera formularse así: calquera forma cultural que ten que ver co pasado e coa tradición, polo mero feito de ser “pasado”, é obsoleta e caduca e, pola contra, todo aquilo que pertence ao presente mais recente (e mais se pode considerarse como unha anticipación do futuro que nos agarda), tamén polo mero feito de ser moderno, é xa bo e desexable. Fronte a esta posición tan pouco matizada e maniquea, onde o único cambio que cabe pasa por destruír e desautorizar totalmente a tradición ao tempo que se magnifica e impón acriticamente todo o que se considera moderno, a tese que vou defender aposta por unha visión da modernidade e do tradicional non en clave de branco ou negro, senón na dos matices e as precisións. Nunca ao longo da historia houbo sociedade algunha absolutamente perfecta nin tampouco ningunha que non tivera algo de bo. Mais se o bo e o malo están en todas partes e, por sabido, en todos o momentos históricos, o lóxico debera ser aspirar a un futuro onde se intenten eliminar os elementos negativos pertenzan estes ao pasado ou ao presente e onde, pola contra, intentemos integrar os acertos sen pedirlles carné de identidade temporal.
¿Por que algo tan obvio non se fai e seguimos estigmatizando o pasado? Pídolle ao lector ou lectora que bote unha ollada ao que acontece na súa propia contorna. Son moitas as persoas que, baixo a desculpa de que está obsoleta, planean cambiar de lavadora (ou calquera outro electrodoméstico) porque no mercado acaba de aparecer outro modelo moito mais moderno e sofisticado. Algunhas veces teño preguntado a quen anda nestas lideiras, canto programas ten a súa vella lavadora e, deses, cantos realmente usa. Son poucas as persoas ás que non lle sobran programas no seu vello aparato e sen embargo séntense frustradas se non poden acceder ao novo modelo para así poder disfrutar duns programas de lavado que nunca van utilizar. ¿A quen interesa promover tal conducta irracional? É obvio que aos fabricantes de lavadoras que conseguen abrir un novo nicho de venda nun mercado xa saturado. ¿Como o lograron? Convencéndonos de que por ben que funcione e satisfaga as nosas necesidades, unha cousa vella nunca poderá competir cunha nova. O vendedor foi quen de convencernos de
11
que ser moderno equivale a ser mellor. Fronte á cosmovisión das sociedades tradicionais onde antigüidade era sinónimo de prestixio vaise xerando outra forma de ver a realidade no que as “novidades” e o “estar á última” son o paradigma do valioso e do desexábel,ou, como moitas veces tamén se di, do “progreso”.
Quen aspire a ter unha conducta racional e a non deixarse seducir por cantos de serea debera someter a análise esa cosmovisión que hoxe todo o invade e que identifica modernidade con progreso. Como banco de probas para levar a diante esta tarefa vou comparar as formas que teñen de enfrontarse ao mesmo problema a sociedade tradicional galega coa mentalidade dos vellos tempos e o mundo da modernidade urbana dos nosos días para poder decidir despois cal das dúas estratexias nos parece mais acaída e valiosa. O problema común do que me servirei para comparar a eficacia das respectivas respostas vai ser a forma que cada unha delas ten de enfrontarse á angustia que a morte produce. Non coñecemos ningunha sociedade no mundo na que o feito da morte non produza ansiedade e desacougo, o que si varia nas diversas culturas que conforman a humanidade é a maneira que cada unha delas ten de xestionar esta angustia e, en consecuencia, a calidade dos efectos terapéuticos que consegue.
Comezarei pola resposta urbana. Un dos rascos característicos da cultura moderna urbana occidental e a ocultación de todo aquilo que ten relación coa morte. Hoxe en día, cada vez mais, a morte e considerada como un suceso privado, de sorte que logo dun brevísimo período de “do” espérase que a persoa afectada se comporte do mesmo xeito que calquera outra que non tivera que pasar por ese transo. O velorio na casa do defunto practicamente desapareceu, primeiro impedido por aquel “no se recibe duelo” que comezou a circular nas esquelas e nos notas radiofónicas e hoxe con esa expulsión do morto cara aos tanatorios. E falando de expulsións, a primeira de todas elas, cronoloxicamente falando, foi a que se fixo cos cemiterios que pasaron de estar dentro da igrexa e despois no adro da mesma a ubicarse (baixo pretendidas razóns de asepsia) no exterior dos pobos e das vilas. Si se ten en conta que no adro celebrábanse tamén as festas e que o interior da igrexa era o lugar de vodas, bautizos e demais actos festivos, vemos que os mortos pasan de estar presentes en todas as actividades (tristes ou alegres) da comunidade para ser eliminados da mesma, incluso fisicamente, e mellor poder borrar así a súa presencia simbólica. Non rematan aí as cousas. O vestido de loito, por exemplo, xa vai tempo que se mira como un anacronismo que non ten razón de ser; os choros son considerados como un sinal de debilidade mais que como necesidade psicolóxica e aqueles “prantos” nos que participaban non só os familiares senón as choronas profesionais –as pranxideiras‐ fai xa tempo que só figuran nos tratados de Etnografía.
Todo isto provoca que os afectados pola morte dun achegado non conten con axuda nin guieiro na crise de soidade que necesariamente van sufrir. En resumo, avanzamos cara unha sociedade na que os seus membros terán que camiñar sen preparación non só para soportar a súa propia morte senón, sobre todo, a dos que están ao ser arredor.
¿Cales son, pois, as estratexias coas que o mundo moderno, con esa súa pretendida superioridade, fai fronte ao desacougo que a morte produce? Á vista do dito, penso que
12
podemos utilizar dúas metáforas para visualizar o modo que ten a modernidade de enfrontarse á angustia da morte: a aspirina e a avestruz. A aspirina, como é sabido, é un analxésico, no mellor dos casos quítanos os síntomas do padecer pero si o mal está dentro alí segue por mais que nos nono percibamos. Das avestruces cóntase que cando se senten collidas polo seu perseguidor, meten a cabeza na area como si pensaran que por non ver o perigo este xa desapareceu. O mundo moderno fronte á morte compórtase dun xeito semellante, trata de facer desaparecer da súa vista todo o que pode recordarlle á morte como si tivese a oculta esperanza de que ao non ver os problemas estes xa desaparecen.
Chama a atención que nesta operación de damnatio mortis memoriae nin sequera as palabras se libraron. Fronte ao que acontecía nas sociedades campesiñas, no mundo urbano falar da morte converteuse nun tema ineducado e de mal gusto. Así como a sociedade victoriana estaba sobredeterminada polo tabú do sexo, a sociedade moderna, mais ou menos liberada en clave sexual, substitúe aquel vello tabú por outro: o tabú da morte. O problema radica en que, como xa sinalaba Freud, os fantasmas, si se pretende botalos pola porta, éntrannos pola fiestra. Escapar dos problemas nunca foi unha forma efectiva xestionalos.
Por moito que se busque, non ten o mundo urbano moderno outra estratexia fronte ao desequilibrio que a morte produce que o ocultamento e o non querer ver. Salvo que queiramos entender como tal esa proposta de futura eternidade que determinadas empresas reservan para clientes millonarios: a crionización. A oferta, a mais de cara, é simple; trátase de manter conxelado o cadáver ata que a ciencia consiga dar cunha solución para o seu mal. Nese momento, só se trataria de desconxelalo e mudarlle a peza como si dun auto avariado se tratara. Unha sociedade que chega a acreditar en tales simplezas non parece falar moi ben do seu estado mental como colectivo.
Si despois de contemplar esta panorámica, tentamos de ver como se enfrontaba ao problema unha sociedade tradicional como a galega antes de que a modernización comezara a facer estragos na súa cosmovisión, teremos ocasión de contemplar un enfoque da situación que está nas antípodas da que acabamos de ver. Ao nos defrontar ao tratamento que unha sociedade tradicional como a nosa facía da morte, eu pediría ao lector que o faga non desde a perspectiva da curiosidade descomprometida de quen contempla como reliquia do pasado, algo que foi, pero que por mor do progreso ficou obsoleto e vougo de senso para nos, senón aberto á posibilidade de atoparse con respostas que poden por seriamente en cuestión moitos dos nosos planeamentos actuais. A motivo que teño para pedir este voto de confianza ao pasado radica en que, como penso ter ocasión de mostrar, moitas das solucións tradicionais que o urbano co seu desprezo está contribuíndo a desprestixiar, e con iso a facelas desaparecer, teñen unha capacidade de xerar saúde e benestar social que para si quixeran as alternativas urbanas correspondentes. Imos velo, inda que en trazos moi breves e incompletos, no caso da nosa cultura tradicional da morte.
13
O pasado como exemplo: a morte nas parroquias galegas non urbanas
Cando os sinos da parroquia, co toque especial da ocasión, anuncian que un veciño ven de morrer, toda unha serie de canles de información póñense en acción de xeito que ao pouco tempo case non quedará na parroquia quen non saiba de quen se trata. A penas coñecida a morte, os veciños do lugar, da parroquia e, mesmo, os coñecidos e, por suposto os parentes do exterior comezan a se poñeren en movemento de modo que a casa do defunto non vai estar soa en ningún momento; os afectados pola perda estarán sempre rodeados de veciños, parentes e coñecidos.
Ese grupo de veciños que alí se vai reunindo e renovando para o velorio ate o cadáver marchar ao cemiterio ‐os mais achegados aínda van pasar pola casa unha vez mais á volta para despedirse e, nos vellos tempos (como indican as reprimendas dos visitadores episcopais), celebrar o banquete fúnebre‐ cumpren unha función semellante á dos anticorpos ao se concentrar na zona magoada do organismo.
Deixamos a coñecidos, parente e veciños correndo para a casa do defunto. Imos agora analizar, entre os moitos que hai, só tres dos comportamentos fundamentais a través dos que o velorio contribúe tnato á normalización das tensións xeradas nos individuos mais directamente afectados como, en xeral, do grupo que vive a experiencia. Son estes a “entrada”, a “leria e o “pranto”.
1. A “Entrada”
Antes de pasar a tratar os temas de conversa con que os asistentes “pasan o tempo”, imos a analizar a entrada na casa do defunto de todo este grupo de veciños e coñecidos:
“Cando morreu o señor X. a casa encheuse de veciños que foron axudar á familia a ver o que había que facer... Quen gobernaba a casa eran os de fora, pois non era de bo ver que os da casa botaran unha man; eles solo tiñan que chorar. Pola noite chegou xente de ... e de ... que eran coñecidos de X.
Como vemos estamos diante dunha penetración masiva da colectividade no ámbito da casa. Quen teña un mínimo coñecemento da vida nas aldeas no pasado recente coñece o celo con que se mantiña a privacy do espacio familiar; o manter a intimidade pertence á esencia da dialéctica casa/veciñanza. É probábel que as visitas cheguen a penetrar ate a cociña, estancia normalmente situada a carón da porta, pero dificilmente traspasarán eses límites; a casa é territorio privadísimo dos seus membros.
Cando chega unha morte, en troques, a intimidade da casa desaparece totalmente, os membros vense baleirados dos seus roles ordinarios que, como vimos, son asumidos polos veciños. Esta ruptura do comportamento cotiá é algo que non se vive sen certo traumatismo. Unha familiar dun morto recente ao quen eu lle pedía que valorase esa intrusión da xente de fora na cosa neses momentos de dor, comentaba:
14
“Neses momentos hai moita xente que solo ven cheirar, o que lle interesa é saber o que hai na casa”
Certamente,sería difícil de entender que se aceptase como natural unha praxe que nega o valor que tal vez con mais dedicación, mesmo ritual, tenta manter a cultura tradicional: a intimidade familiar, pero de ningunha maneira se debe deducir de aquí que sexa un xeito de actuar sen sentido, mais ben todo o contrario. No momento en que, a raíz da morte dun dos seus membros, a familia ten que soportar unha sobretaxa de tensión, o grupo social a que esta pertence (veciños, coñecidos, parentes, etc.) penetra dentro e dilúe a súa identidade expresada no cumprimento dos roles da cotidianeidade. A familia, non só simbolicamente senón tamén dalgún xeito a nivel real, deixa de ser e disólvese no grupo. O tecido social como conxunto tenta descargar a dor da súa célula danada.
Se sabemos profundar con certo detalle no sentido deste receo que produce a entrada dun alleo neses momentos de angustia decataremos do potencial integrador dese sentimento de desagrado:
“A min esto de que entre tanta xente na casa é algo que non vexo ben. Hasta non podes estar tranquilo, estas de seguido con aquela cousa, que estarán facendo?, onde estarán?, andarán remexendo algo?...”
Dificilmente poderiamos destacar de forma mais expresiva o feito da división da atención por parte das persoas afectadas: a dor propia do momento que antes o embargaba todo redúcese por así dicilo á metade porque, ao tempo, tes tamén que atender ao que a xente que tes na casa poden estar a facer. Repárese na frase “Hasta non podes estar tranquilo”; o que se nos esta a dicir é que esa penetración do colectivo no familiar está continuamente distraendo aos afectados da vivencia da súa tristura. Como se o cen por cen da angustia fora reducida ate a metade por ter que dedicar a outra parte da atención a controlar as conductas dos foráneos que andan pola casa. Lembro unha vella que, falando deste tema, expresábao con plasticidade suma: “Tes que estar cun ollo naquelo que che pasa [a angustia e a pena que nese momento te domina] e con outro mirando que estarán a facer”. Como pode verse, sen necesidade de que ninguén diga nin sequera unha palabra, con só entrar na casa do doente estamos contribuíndo a relaxar a tensión do momento.
2. A “leria”
Cando a xente vai a un velorio, o obxectivo perseguido polos asistentes a nivel consciente é “acompañar á familia do finado” e para iso “axudarlles a pasar o tempo”. O medio fundamental que para iso se emprega é “falar” ou, mais exactamente, “leriar” ou “latricar”, que é ese falar pousado, propio de cando non se ten un problema concreto que solucionar fora de matar o tempo de xeito que as palabras convértense nun fin en si mesmas.
15
Imos ver algunhas verbalizacións dos propios interesados:
“No velorio estase toda a noite, os homes estamos abaixo na cociña e falamos de todo. As mulleres tamén falan de todo onde está o morto. Nos primeiros momentos sempre se comeza a falar do defunto, como foi ou como non foi. Non sei como é pero cando se fala deso alí están os agoiros de sempre que parece que non teñen máis memoria que para acordarse de todos os males da parroquia..., que si Fulano tiña o mesmo e morreu..., que si o de mais alá; menos mal que sempre hai quen cambia de conversación e saca a relucir a política ou as vacas ou o que sexa. Pero o mais divertido é cando se empeza cos contos...”
“Pasabámolo moi ben e faciamos fogueiras e todo o mundo arredor das fogueiras. Alá nas... cando morreu miña abuela era alá polo mes de Diciembre, fogueira que te criou e pan coce con caña arredor da lareira; era unha lareira baixa e todo o mundo a cantar arredor da lareira... Iban rapazas e rapaces, sin rapazas non había rapaces. A un velatorio íase mirar, si non había mozas os mozos xa non entraban, e si entraban, ás once ou doce á casa. Pero como houbera foliada de xente tamén estábamos alí hasta o día. Si, había parrandas, había. Contábanse contos pero contos de pillaría, neso había mais humor que hoxe...
A lectura que fan os propios asistentes vainos dar pe para comprender que, unha vez máis, o que parece un comportamento irrespectuoso e fora de lugar está preñado de sentido. É toda unha estratexia de manipulación de tensións tanto do grupo familiar (os mais intensamente afectados) como do dos acompañantes o que aquí está en xogo. Vou tentar amosar como se leva a cabo esta estratexia no primeiro dos grupos.
Si analizamos as verbalizacións é doado ver que baixo a aparente mestura de comportamentos latexa unha única liña que a medida que pasa o tempo vai correndo de xeito gradual do polo da máxima seriedade ao polo festivo. No primeiro momento o tema de conversa é o morto (“e como foi, e como non foi”), o paso seguinte son os casos parecidos (“que si Fulano tamén tivo o mesmo”) a seguir asistimos á transición a temas da vida ordinaria (“¿xa che pariu a vaca?”, “¿E, logo, a túa muller?”), para ir rematar nun contexto festivo (“...logo entrábamos tamén no teatro. Porque aquelo era un teatro”) e, repárese ben, nunha festa na que o erótico é o elemento fundamental (“contábanse contos, pero contos de pillaría”).
Deixemos por un momento as lerias do velorio e fixemos a atención na situación dos achegados máis íntimos. Como sucede a calquera persoa que lle tocou vivir en primeira persoa unha desgracia, a súa vivencia fundamental é a de estaren pasando por unha experiencia que a fatalidade descargou sobre eles mentres que o resto da comunidade se salvou dela (“¿Por que me tiña que tocar a min isto?”). Pero, recordarase que no fío das conversas, despois de preguntar polo sucedido, o segundo tema de conversación consistía en contar casos parecidos
16
(“...que si Fulano ou Citrano tamén tiveron o mesmo”). Cando simplemente parece que estamos matando o tempo, esas narracións de casos parecidos están lanzándolle á persoa ou persoas afectadas unha mensaxe moi clara: Ti non es ningún bicho raro perseguido polo destino senón que a desgracia que ti vives agora, nun o noutro momento, foi vivida por todos os membros da comunidade. Fronte ao que o refrán di: “Mal de moitos, consolo de bobos”, a verdade é que a angustia que xera na psique humana un problema que só afecta a un único membro da comunidade é sen comparación mais forte que cando se trata de algo que todo o colectivo ten que padecer. Ben é verdade que existe tamén outra versión (esta vez correcta) do refrán: “Mal de moitos, consolo de todos”.
Despois desta “normalización” da angustia, non remata aquí o proceso compensador senón que a terapia social do velorio segue avanzando. O paso seguinte consiste en, introducindo na conversación temas da vida cotiá, arrastrar ao afectado da súa situación de angustia para volvelo a integrar nos problemas ordinarios. E é precisamente desde esa plataforma da normalidade desde onde se volve a pretender arrastralos a un polo de anormalidade pero, esta vez, de natureza oposta ao que el esta situado: a anormalidade da festa.
Quen fose testemuña de dinámicas deste tipo, poderá afirmar comigo que non poucas veces é posíbel sorprender a un dos “afectados” rindo a gracia que un dos “artistas de sempre” ven de contar. Inmediatamente decátase do anómalo da súa actitude e volta a pórse serio, pero o efecto de desviación da súa atención do problema que o absorbe, desviación non por momentánea menos efectiva, está xa conseguido. Moi probablemente a mesma escena vaise repetir varias veces ao longo da noite.
3.Os prantos
Vou tratar agora dun comportamento, o “pranto”, que, pese a todo o que xa desde antigo fixo a igrexa oficial para acabar con el tratándoo de ridículo e descomposto, seguiu vixente ate fai poucos anos. De feito, aínda hoxe, non é difícil asistir a conductas que nolo recordan por mais que moi desestructurado.
Como material de análise vou tomar unha verbalización de “pranto” dunha nora polo seu sogro:
“¡Ai, meu sogriño, e vaste! ¡E vaste e nos deixas, meu sogriño! ¡Tan bo como ti eras e morriches! ¡Ai como queda a túa filliña! ¡Adios, meu sogriño, para siempre! ¡Para siempre jamás, meu sogriño! ¿A quen imos acudir ahora cando unha vaca se nos manque? ¡Ai, Díos mío, que nunca cheguei á túa casa sin que me puxeras o pan e o viño! ¡Ai, meu sogriño, que negriños nos deixas! ¡Ai morte negra! ¡¡Morte puta!! ¿Quen che roubou a fala? ¿Quen te matou, meu sogriño querido?”
17
O primeiro que chama a atención diante dun pranto é a súa dimensión espectacular ou, si se prefire, teatral. O xesto prima sobre a idea, a imaxe é a que da a dimensión mais plena do suceso, o motivo é visualizar e dar corpo á dolorosa experiencia interior da morte.
Si no medio dos berros, atendemos ao sentido das frases, poderemos observar que o sucedido nun momento puntual comeza a despregarse, a aparecer en todas as súas relacións. A historia do individuo, que coa morte real quedou como apagada, volve á vida nesta morte escénica.
O “pranto” é espello e presencia da unidade inseparábel vida‐morte. Baixo infinitas variacións, dous temas repítense: o feito das boas accións do defunto nesta vida, do necesario que era para os seus (isto é, todas as cousas boas que tiñan cando el vivía) e o feito da perda que a súa morte vai representar de agora en diante para o grupo doméstico e, mesmo, para os seus veciños.
Esta relación vida‐morte non se afirma sen mais, exprésase como unha loita, un enfrontamento de dous partidos contrarios no que triúnfa un deles: a morte. De aí o terceiro elemento de case todo “pranto”: os improperios á morte por ter vencido inxustamente e o desexo de acompañar ao defunto na súa viaxe.
Cando falamos de “pranto” como teatro, é preciso deixar de parte a noción burguesa de teatro como ficción, como un escape da realidade; o “pranto” é un teatro fondamente verdadeiro. Non é unha imitación da realidade. A través del acontece algo moi importante para actores e espectadores: a morte é vivida como negación, como ruptura dun equilibrio. E isto non só na familia afectada; o “pranto” é un vibrador do que a caixa de resonancia é, por mor da súa dimensión declamatoria, a comunidade enteira.
Interesa salientar esta conversión en espectáculo do mais persoal e íntimo dos sucesos, nel todo queda engrandecido nunha medida que chega a acadar por veces o deforme e o tráxico. Aquí radica o núcleo do problema. A familia e toda a colectividade alí reunida practican unha auténtica cura psicoanalítica da que os distintos niveis veñen dados polo grado de participación no espectáculo; grado que é, á súa vez, normalmente reflexo directamente proporcional ao nivel de afectación polo suceso.
O trauma que a morte produce, non se intenta superalo, como vimos que facían os modernos, polo esquecemento nin polo ocultamento; o camiño é o contrario, patentízase en todas as súas consecuencias ate as mais triviais.
Pero o “pranto” non cumpre só funcións de aliviar a ansiedade dos individuos, reforza tamén o sentido comunitario no momento no que o grupo se sente debilitado ao experimentar a perda dun dos seus membros. Cando unha persoa morre, a sociedade perde con ela moito mais que un elemento; é ferida no principio fundamental da súa vida, na fe en si mesma. A vida humana non representa unha cantidade senón que, como afirmaba Buber, “dez mais un non fan un grupo mais un, crean un novo grupo. Igualmente dez menos un non fan un grupo menos un senón un novo grupo no que hai que establecer novos lazos e, posiblemente, novas maneiras
18
de relacionarse e funcionar”. Nunha sociedade como a rural, onde a autonomía da familia como unidade productiva e reproductiva era tan precaria que a cooperación a nivel de parentesco e de veciñanza era elemento clave, esta función de reforzo social faise aínda mais necesaria. A esta luz enténdese o forte control social exercido para que en momentos como este se simbolice a dor incluso naqueles casos en que non se da realmente. A historia da nora que acude á cebola para provocar as lágrimas que non sente é un exemplo entre mil.
Despois deste recorrido polos sentidos ocultos que están detrás dunha práctica como a do “pranto”, quizabes non nos pareza tan lóxica e obvia a etiqueta de ridículo, vergoñento e propio de persoas atrasadas que os urbanitas modernos aplican as xentes do rural. Cando cualificamos as praxes tradicionais como absurdas e sen siso a quen verdadeiramente estamos a cualificar é a nos mesmos.
O pasado como valor
Despois do que levo dito, posiblemente quen lea chegue a recoñecer que é inxusta e carente de fundamento esa visión desprezativa e descualificadora que os urbanos modernos teñen sobre o mundo das nosas aldeas pero é posíbel que tamén pense que o estilo de vivir e de pensar de boa parte das nosas parroquias rurais, por moi lóxico e integrado que sexa, pouco futuro parece ter. É obvio que na Galiza non urbana son inmensa maioria as persoas que non van a curandeiros, que endexamais tiveron premonición ningunha, que celebran o Carnaval nas discotecas e que nunca foron a un Santuario «ofrecidos para pagar unha promesa»; ¿a que vén, entón, esta insistencia no de antes, no que, dentro de ben poucos anos, só se coñecerá polos traballos dos historiadores e dos antropólogos?
É bastante probable que boa parte dos que lean isto pensen que está ben deixar constancia destes vellos estilos de vida das nosas parroquias “antes que se perdan” pero invito a quen así pense a que se faga unha pregunta mais de fondo: ¿Qué utilidade pode ter conservar esta memoria do pasado? O estudio do pasado dos pobos, a máis do seu interese científico ou de curiosidade para ilustrarnos sobre como vivían os nosos antergos, debera ter tamén unha función moito mais viva: servir para reflexionar sobre o noso presente e, desta forma, permitirnos planificar mellor o proxecto de futuro que queremos. No que segue, tentarei reflexionar nesta liña.
Se isto é sempre útil, faise indispensábel nun momento como o actual no que, como xa se indicou ao comezo desta reflexión, os galegos están nunha situación de cambio acelerado no que viven o presente de xeito bastante desnortado. Para que unha persoa poida levar unha vida socialmente integrada debe de saber onde estaba onte e onde quere ir mañá; os intereses que moven os fíos da modernidade, en cambio, non saen nada favorecidos con tal nivel de conciencia. Resulta máis manipulábel un suxeito que non se fai preguntas e que bebe acriticamente nas mensaxes das variadas propagandas.
Para quen se senta máis interesado na calidade de vida das persoas que en facer delas obxectos de beneficio, un dos retos terá que consistir en achegar e potenciar ferramentas que
19
permitan que os individuos sexan cada vez máis protagonistas dos seus destinos. A memoria dun pobo é un dos arsenais máis eficientes para adiantar neste proxecto.
Do mesmo xeito que unha xeración lega á seguinte os seus bens económicos e esta engrandéceos, dilapídaos, en todo caso, negocia con eles, tamén deixamos en herdanza para os mesmos fins, lingua, hábitos, crenzas, normas, en fin, un estilo de estarmos diante da vida e de entendernos con ela. Cada xeración ten que decidir que facer con esa herencia simbólica que recibe do pasado. Con todo, non en todas as épocas é igual de fácil levar a cabo ese traspaso do legado cultural porque hai dous tipos de cambios xeneracionais: aqueles nos que a forma de vivir dos novos móvese en claves moi semellantes aos da xeración anterior e aqueles outros nos que, como é o caso da Galiza actual, os estilos de vida e as cosmovisións duns e doutros teñen moi pouco en comun.
Cultura e cambio
Cando nunha sociedade, un comportamento standard se vén abaixo, a ruptura parece provocar unha reacción fundamentalmente igual en tódolos casos. Xa sexa o cambio percibido como algo que vén imposto, xa sexa mirado desde o punto de vista do reformador que o está manipulando, xa nos poñamos na perspectiva das institucións ou dos individuos singulares, todos eles coinciden en que o cambio é experimentado de xeito ambivalente: a vontade por adaptarse a el ten que loitar contra o impulso a que as cousas queden como estaban. O futuro dos individuos e dos grupos sometidos a esta tensión vai depender da estratexia que adopten para solucionar o conflicto entre permanencia e innovación.
Cando se fala de resistencia ao cambio, acostumamos aceptalo como un feito normal. Todos esperamos que os campesiños miren con desconfianza as innovacións tecnolóxicas; vemos como normal que cando un neno é sacado da súa rotina, v.g. porque os seus pais o levan de visita á casa duns amigos, logo comeza a se inquietar e quere voltar á casa, etc., etc. Penso, sen embargo, que vale a pena preguntarse o porqué desta resistencia ao cambio que acostumamos aceptar con tanta naturalidade.
Quizais a pregunta gañe en interese se caemos na conta de que, á diferencia do que a actitude anterior puidera inducir a sospeitar, os humanos somos os máis adaptábeis de todos os vivintes. Somos capaces de vivir nunha variedade case ilimitada de entornos tanto sociais coma físicos. Inclusive nos nosos comportamentos máis normais, cambiamos innumerábeis veces ata o punto de que dificilmente se poderá dicir que vivamos dous días exactamente iguais.
Á vista do dito cabe retomar a pregunta. ¿Por que consideramos como algo tan natural o impulso á permanencia? Os que están interesados en inducir cambios, á parte de xustificaren a súa necesidade, tenden a explicar o conservadorismo con que se reacciona como ignorancia, falta de espírito emprendedor, defensa obstinada de vellos privilexios, etc. Semella aniñar nos innovadores a crenza de que a resistencia vai desaparecer ao poren a descuberto a súa irracionalidade. Cando abandonamos o campo da teoría e nos mergullamos na vida concreta
20
de cada individuo, o impulso á permanencia móstrase como algo máis empapante e profundo que o simple preconcepto ou interese de clase.
Ante estas explicacións, que xulgo superficiais, a miña tese vai consistir en tentar demostrar que a permanencia é tan necesaria para a sobrevivencia como a innovación. O continuar sendo igual é tan necesario como ser distinto. Aínda máis, os humanos poderemos chegar a nos adaptar dun xeito san ao cambio só se mantemos a permanencia.
Cando falo da necesidade da permanencia non me estou a referir a manter a materialidade das cousas senón os conceptos, regras e destrezas que utilizamos para comprendelas e manipulalas. Moléstanos que cambien as cousas cando non podemos pronosticar o seu comportamento e, polo tanto, somos incapaces de manexarnos con elas. Só tendo en conta esta distinción poderemos entender por que non todos os cambios nos resultan igualmente frustrantes.
Penso que, vistos desde a incomodidade que xeran poderiamos falar de tres tipos de cambios.
Ao primeiro grupo pertencen aqueles cambios que definiría como substitucións. Cando os obxectivos que se trata de satisfacer e a forma de facelo permanecen inalterados, estamos diante de cambios deste tipo. O individuo que ten que substituír o seu coche usado, a familia que ten que mudarse de piso ou mesmo que constrúe unha casa nova, poden valer como exemplos. É este o tipo de cambios que menos problemas causa, por canto, se ben cambia o contido, as formas ou categorías, que é onde fundamentalmente repousa o sentido, permanecen inalterábeis.
Outro tipo, distinto do anterior, dáse cando a nova situación implica algún tipo de crecemento. O oficinista que sobe no escalafón, o campesiño que, supoñamos, froito dunha alianza matrimonial, logra un incremento do capital, son casos concretos deste tipo de mutación. Tampouco aquí a situación é especialmente desequilibradora, en canto o que aconteceu foi un incremento unicamente cuantitativo. Sempre que a situación se manteña dentro de certos límites, o individuo sabe perfectamente como manexarse ante ela, pois que os obxectivos a conseguir e as estratexias a utilizar non se invalidan respecto ao pasado, simplemente se amplían.
A terceira modalidade de cambio dáse cando este implica unha ruptura respecto ao anterior. O caso da muller á que lle morre o home e se lle derruba o seu soporte económico, o apoio na educación dos fillos e, inclusive, as súas relacións con veciñas, amigos e parentes; o emigrante que, chegado dunha aldea, ten que afrontar un mundo cun sistema normativo, simbólico e de comportamento, na maior parte dos casos, en aberta contradicción coa súa orixe, son contextos que poden valernos para intuír as características deste tipo de situacións.
Este terceiro tipo de cambios son os únicos verdadeiramente traumáticos; dúas son, fundamentalmente, as actitudes que xeran: o desconcerto e a tensión agresiva.
21
Á diferencia das formas que antes analizaba, nas cales o que as padece coñece perfectamente como valerse nestes casos, neste terceiro escenario a situación é totalmente distinta. Tanto na circunstancia da emigración como cando se trata da morte dunha persoa querida, a primeira reacción do individuo é a de incomprensión. ¿Por que os estranxeiros se comportan de xeito tan distinto a como el aprendeu sempre a facer? ¿Por que tivo que morrerlle, precisamente a ela, o home mentres as súas veciñas o teñen consigo?... No tocante á experiencia da agresividade, calquera que tivera o mínimo contacto coa emigración ou teña asistido a un velorio de aldea, viviu o espectáculo das pelexas nos barracóns das fábricas da Europa industrial, ou a rabia dunha viúva desesperada.
Este último tipo de cambios é o que vai ter interese para nos porque nos vai dar as claves para responder á cuestión de como debe ser xestionada a herdanza cultural dos pobos cando unha xeración substitúe a outra.
O cambio social en Galiza: traumas e respostas
A sociedade galega está, desde hai xa algúns anos, neste terceiro escenario do cambio traumático. O territorio, a vivenda, os estilos de vida, os hábitos, os valores... do presente, cando se comparan co que existía a penas onte, fan pensar naquela advertencia que presidía as novelas «rosa» dos sesenta: «todo parecido con la realidad es pura coincidencia». Pero, se se repara un pouco máis e como xa quedou dito, poderase percibir que tales mutacións non foron o froito dunha evolución endóxena, buscada polos protagonistas que a padecen, senón consecuencia do embate da chamada modernidade. A emigración, os mass‐media e a penetración dos intereses do capital foron ventos que deixaron case que irrecoñecíbel a vella paisaxe.
Cando a historia se vive con ollos de cronista, as alteracións non pasan de ser fotogramas distintos do mesmo filme onde a variedade, máis que problema, é divertimento; moi distinta é a situación cando saltamos da historia contada á historia vivida. O que desde unha perspectiva xera curiosidade intelectual pasa a ser anguria e desorientación como vimos que pasaba coa evolución acelerada da taxa de suicidios en Galiza a partir do anos sesenta. Vexamos o por que.
No que se refire ao caso galego, a diversidade case infinita de respostas que os individuos elaboran fronte ao cambio tenden a se orientar en torno a catro universos de sentido, cada un deles coa súa particular solución para adaptarse ao novo medio.
O primeiro universo comprende os que, de querelos etiquetar, poderiamos, metaforicamente, chamar afogados. Situaríanse aquí todos aqueles individuos —a maioría vellos— para os cales a nova situación é vivida como algo incomprensíbel. «Este mundo non hai quen o entenda», «todo anda ao revés», «non sei onde imos parar» son expresións típicas de como se verbaliza esta actitude. A consecuencia disto é a depresión, a angustia e, nos casos extremos, o suicidio.
22
Os datos de violencia de sangue, demanda psiquiátrica e suicidios en persoas maiores, que antes comentaba, son indicadores de que este grupo non é, en absoluto, minoritario.
O segundo grupo estaría formado polos individuos avestruz. Tende a ser xente case sempre vella, xeralmente cunha grande forza de carácter, que se resiste a aceptar a máis mínima innovación que altere o modo tradicional en que foron socializados. A escena do vello, aínda rexo e forte, que se opón radicalmente á suxestión do fillo de mecanizar a explotación, argumentando que nin os seus pais nin os seus avós necesitaron tal cousa, e «nunca lles faltaron patacas nin millo», pode ser unha caracterización de abondo correcta deste tipo. Non son precisas moi profundas disquisicións para decatármonos do parecido da escena coa de Don Quixote en loita cos seus muíños. Que a potencia da sociedade tecnolóxica varrerá como as plumas os que tomen tal actitude é algo que ninguén dubida; a única esperanza que lles queda será chegar a ser dos poucos privilexiados que consigan morrer sen se dar conta do absurdo da súa pretensión.
O terceiro tipo está integrado polos que, tamén metaforicamente, vou denominar novos ricos. Son aqueles individuos que, cando se defrontan cos modelos modernos de comportamento, se esforzan por borrar ao máximo os esquemas en que foron socializados, internalizando os novos o máis rapidamente posíbel. Dos meus tempos de estudiante, alá polos 70, recordo unha anedota. O espectáculo dos grupos de emigrantes que o expreso Vigo‐Irún ia recollendo polas estacións galegas e comezaban a chapurrear entre eles un francés arrepiante e, a maiores, mesturado de castelanismos con «gheada». Era algo que, de non tratarse dunha cousa tan triste, faría sorrir. Mais o exemplo, desgraciadamente, non é único. ¿Por que o viaxeiro que percorre Galiza, sen nin sequera ter necesidade de abandonar a estrada, atopa, nun val de clima temperado, os apuntados tellados das casas alpinas? ¿Por que ducias de magníficas fachadas de pedra de casas rurais restauradas están sobrecubertas de azulexos? ¿Por que nas Rías Baixas abundan tanto os quentes tellados de lousa nos chalés de verán? ¿Por que...?
Este terceiro modelo de alternativa que vai camiño de ser maioritario na Galiza actual ten, ao meu xuízo, unhas consecuencias bastante peores que as dúas anteriormente reseñadas. Mentres no que chamei comportamento avestruz cabía a posibilidade de que o individuo tivera a forza imaxinativa suficiente para lle evitar a conciencia do imposíbel da súa pretensión, no caso do novo rico a división está dentro do propio suxeito. As pautas en que un individuo ven sendo educado desde a súa nenez é algo que non pode ser borrado da noite para a mañá como se borra un encerado escrito. A consecuencia é que, como lle sucede ao novo rico, os individuos que toman esta actitude teñen que estar continuamente en tensión para non deixar escapar as formas da súa socialización primeira que eles consideran como de inferior categoría. O feito de que, cando se quere borrar, o único que se consegue é ocultar, é o que fai traumatizante este comportamento; por debaixo da persoa desenvolvida que se pretende ser, acóchase —e moitas veces asoma sen querer— o home alienado de si mesmo que realmente se é, e que, no fondo, se recoñece. O que fai grave esta actitude é a semellanza que presenta cos procesos esquizofrenóxenos cunha sobredeterminación engadida de culpa e auto‐odio.
23
O último escenario que vou considerar aquí pode etiquetarse como o dos camaleóns. Quero resaltar coa metáfora a capacidade que certos individuos teñen para adaptarse a medios distintos sen, por iso, perder a propia identidade. A importancia que, para o problema que estou a tratar, ten esta actitude esixe dedicarlle unha análise algo máis coidada.
Cando se lle pregunta a un emigrante o xuízo que lle merece o estilo de vida no seu país de destino, entre as múltiples respostas que nos pode dar, podemos atopar con esta: «Alemania é boa para ganar cartos pero non pa leva‐los fillos pa alá». Este noso hipotético personaxe, á hora de emitir un xuízo sobre a nova situación, á diferencia da condena radical do avestruz e da canonización absoluta do novo rico, fai unha valoración moito máis matizada, en que se desdobran o nivel tecno‐económico e os demais aspectos da vida. Mentres que o primeiro é xulgado positivamente, a outra dimensión, que engloba o sistema de valores e, en xeral, as actitudes diante da vida, é vivenciada como negativa a través da expresiva figura do futuro dos fillos.
Retendo na memoria a anterior distinción, imos agora fixar a nosa atención noutra instantánea. Calquera que visite as aldeas galegas poderá constatar un fenómeno que, á primeira vista, causa, cando menos, estrañeza: mentres que moitos dos pequenos núcleos de poboación rural decrecen demograficamente, os cemiterios deses núcleos non paran de medrar. A razón é que un comportamento moi corrente dos emigrantes —non necesariamente vellos senón, a maioría das veces, xente arredor dos 40 anos— consiste en utilizar unha parte dos seus aforros en construíren un panteón na súa aldea de orixe e isto cando teñen pensado —ás veces xa o fixeron— abandonala e establecérense ao regreso en núcleos máis grandes. Se temos en conta que as ganancias da emigración son todo menos fáciles e que este investimento, non poucas veces, se fai mesmo antes de mercar o piso, anovar a casa familiar ou botar adiante o novo negocio, ideal da máis grande parte dos que saen fóra, é fácil sospeitar que estamos diante dun comportamento de forte densidade significativa.
Un terceiro flash aínda. Tradicionalmente en Galiza, froito desa forma particular de herdanza que é a mellora ou, mesmo cando se reparte a parte iguais, da escaseza de terras a repartir, era frecuente que un herdeiro se vira posuidor dunhas leiras minúsculas que facían totalmente imposíbel o sustento sobre da base da agricultura. A emigración era a alternativa normal e, neste caso, o usual era desfacerse das terras —ás veces mesmo para custear a viaxe vendéndollas ben ao irmán mellorado, ben, de ser posíbel, se as relacións familiares eran conflictivas, ao peor inimigo daquel—. A situación, nos últimos anos, é ben diferente. Basta sacar o tema con calquera que queira adquirir terras na aldea (interesados en segunda vivenda, especuladores do terreo, etc.) para decatarse de que existe unha forte resistencia dos emigrados a desfacerse das súas pequenas posesións. A cousa comeza a sorprendernos máis cando vimos a saber que a terra en cuestión, á parte de non permitir función económica ningunha, nin sequera dá para unha pequena vivenda que puideramos pensar que o emigrante, xa retornado e vivindo na cidade, podería soñar con construír nun futuro.
24
Comentábame un constructor:
—«Ofreces hasta tres veces o valor da terra e non hai maneira. Tiras nas que non colle nin un carballo e prefiren telas alí cheas de silveiras antes que venderchas».
E de seguido, o comentario valorativo:
—«... o paisano éche así, nin come nin deixa comer..., éche o resultado do atraso».
Estamos xa, cos datos que nos proporcionan os cadros que acabo de presentar, en situación de perfilar as características da estratexia ante o cambio utilizada por ese cuarto tipo de persoas que etiquetei como camaleóns. Ante o narcisismo de pensar que só o que xa temos é bo, ou ese botarse nos brazos de Circe, de xeito que só se teñen oídos para o distinto, os que optan por esta estratexia parten dunha filosofía máis matizada á hora de valorar os cambios do momento presente: hai aspectos con que se senten identificados, xunto a outros que lles merecen reprobación. A máis desta visión matizada do presente cómpre reparar tamén no xeito como se defrontan co seu pasado. Tamén aquí imos atopar diferencias coas respostas que atrás analicei. Ante o absolutismo sen paliativos, ben para canonizar ben para rexeitar o pasado, asistimos aquí a unha remodelación do mesmo.
Para captar o sentido profundo desta manipulación do pasado será ben que recordemos a tese antes exposta segundo a cal o único xeito de paliar os traumas dos cambios cualitativos é disfrazalos de permanencias ou, máis precisamente, integralos nos esquemas do pasado. A tendencia á continuidade non ten por que andar a mal co progreso, con tal que este se leve a cabo de maneira axeitada.
Certamente, o aventurarse no descoñecido xera ansiedade; sen embargo, tal ansiedade pode ser perfectamente controlada sempre que a unión co seo materno do pasado non sexa rachada. Un exemplo ilústrao perfectamente: imaxinemos unha nai que leva ao parque o seu neno que comeza a dar os primeiros pasos. Mentres ela está sentada no banco o neno explora, por primeira vez, os arredores. De cando en vez retorna xunto da nai, intercambia con ela caricias ou calquera outro sinal de afecto e, unha vez satisfeito de atopar alí unha base segura, retorna aos seus descubrimentos, indo, quizais, un pouco máis lonxe, para repetir a operación unha e outra vez. Mais imaxinemos outras dúas escenas. Nunha a nai, máis despreocupada, vai falar con outra amiga que acaba de atopar, de xeito que cando o neno volve atopa o banco baleiro. Noutra, unha nai hiperprotectora que, por medo a que o neno se lle manque, non o deixa saír do seu carón. Só na primeira das escenas o rapaz irá descubrindo o mundo de modo equilibrado.
Convén ter presente que maioría de idade, confianza nun mesmo e demais expresións de autonomía non significan rexeitamento dun soporte senón habilidade para saber despegarse e, ao mesmo tempo, volver, cando as circunstancias o esixen, a palpar a seguridade que dá o
25
apoio coñecido. Avanzar doutra maneira implica andar ás apalpadelas na escuridade alumeado só polos pesadelos e os medos. Concibida así, a idea de permanencia en absoluto contradí a de progreso senón que, pola contra, é o seu contexto necesario.
Ollemos desde este prisma os comportamentos dos nosos actores nos casos da construcción do panteón na abandonada parroquia de orixe e da resistencia a desfacerse da minúscula leira, desprezando unha transacción económica tan favorecedora. Penso que estas actitudes comezan a coller o seu sentido si se inscriben no contexto do valor que a casa ten para o paisano galego como definidora da súa identidade. A diferencia do mundo urbano, no mundo campesiño a pregunta identificadora non éra ¿como te chamas? senón ¿de que casa es? ou, con esa retórica circundante que lle é tan propia, ¿e logo, ti de quen ves sendo?. É a familia de orientación a que define quen é quen na aldea.
Xunto coa casa hai outra síndrome da cal dificilmente esaxerariamos a súa importancia: a morte. Animas, avisos, Compañas, prantos, velorios... tiveron tal importancia na socialización das persoas que hoxe están por riba dos cincuenta anos, que non dubidaría en afirmar que foron inculturadas nunha cosmovisión‐para‐a‐morte.
De todo ese grande constructo cultural que o proceso de modernización foi alterando, e que hoxe resultaría insostible no seu conxunto (por canto estaba ligado a articulacións económicas, sociais e, por suposto, simbólicas en fase de franca desaparición), os nosos actores fixeron, por así chamalo, un símbolo resumo de todo ese mundo en que o emigrante foi socializado de neno, que, a modo de sinécdoque, se manifesta nese panteón construído no camposanto onde repousan os ancestros e nesa leira, case materialmente simbólica, que o une á casa de onde procede.
Integrado plenamente nos circuítos sociais e de mercado modernos, é quen de simbiotizar esa situación coa súa historia pasada, convenientemente remodelada, que actúa a modo de raíz ou, por retomar o anterior exemplo, como nai a quen volver e desde onde ollar os avatares e incertezas do presente. A identidade mantense, mais, e isto mostra a habilidade da solución, a un nivel onde o choque cos imperativos da tecnoloxía e das leis económicas é mínimo. Cando se descobre esta lectura, a aparente irracionalidade, que tan duro xuízo lle merecía ao noso informante («éche o resultado do atraso»), tórnase en acusación ao discurso da modernidade polo seu desaforado etnocentrismo.
Chegamos ao final do noso recorrido. Contamos xa con todos os elementos para responder á pregunta sobre o futuro que lle agarda a esas formas culturais idiosincráticas das nosas aldeas. É obvio que si nos limitamos a ver pasar o cambio, o único final que cabe esperar é o seu total esfarelamento. Certo que moitos deses estilos de vida eran a expresión da subalternización e da miseria polo que non cabe mais que alegrarse de que desaparezan, o problema está que, xunto a estes elementos negativos, vanse tamén outros moitos, como os que aquí estiven a analizar, cunha capacidade de integración social e de equilibrio psico‐social que para nada teñen os seus substitutos modernos. Os elementos particulares dunha cultura son
26
esencialmente relativos ao todo de que forman parte pero, sendo isto verdade, tamén o é que, si sabemos remodelalos e adaptalos aos cambios de época, son susceptíbeis de entrar a formar parte do novo momento cultural.
Un dos graves problemas da sociedade galega actual, especialmente no mundo non urbano, é a falta de planeamento do cambio social no que aos factores culturais se refire. Mentres os nosos políticos e xestores teñen conciencia clara da necesidade de planear o urbanismo, as comunicacións, a economía, etc, para evitar que se produza un caos social, ninguén parece ser consciente de que os cambios culturais non se poden deixar á casualidade se non se quer provocar unha anomia como á que, de feito, está a acontecer nas nosas aldeas. Este planeamento do cambio cultural debera ter dúas vertentes. Unha orientada a paliar os trastornos psicosociais das xeracións afectadas, sobre todo os maiores, e outra, que mira ás novas xeracións, que tivera como obxectivo o deseño e a programación de imaxinarios sociais integrados nos que se utilizasen, xunto a elementos modernos, aqueles recursos do pasado con potencia integradora e posibilidades de traducción temporal. Eis o reto que hoxe se lle presenta a quen queira pensar e xestionar o patrimonio Cultural Galego.
27
HISTORIA E PATRIMONIO
Pegerto Saavedra Universidade de Santiago de Compostela
Bastantes anos antes de que F. Fukuyama proclamase “O fin da historia”, desde plantexamentos distintos J. H. Plumb anunciara “a morte do pasado”. Para este autor, a sociedade industrial e científica, a diferencia das artesanais e agrarias desaparecidas, non necesita pasado: as xentes emancipáronse ou liberáronse dese lastre que antes condicionaba a vida das sucesivas xeracións1. Non cabe dúbida de que os cambios radicais nos sistemas de comunicación e de acceso á información, derivados do impacto da televisión, do cine e principalmente de Internet, provocan mudanzas no funcionamento da memoria colectiva e na percepción dun pasado que cada vez se reduce máis ao tempo inmediato, dada a cantidade enorme de datos heteroxéneos cos que un día si e outro tamén nos ateigan os medios de comunicación de masas2. Unha das consecuencias do exceso de información é o olvido, por necesidade, por impotencia ou por fatiga.
Pero se ben é certo que se pode discutir se na sociedade actual a Historia perdeu ou non protagonismo ‐cabe adiantar que no sempre‐, non hai dúbida en troques de que o Patrimonio ‐Artístico, Histórico, Cultural, ou Patrimonio a secas‐ ocupa un lugar cada vez máis importante nas preocupacións dos cidadáns, dos medios académicos e intelectuais e dos da xestión e da política3. Esta realidade resulta tan patente que coido que non precisa ser demostrada. Non obstante, convén reparar en que afecta dun xeito decisivo á Historia, que en relación co Patrimonio vese interpelada desde varios flancos: 1) porque só a Historia pode explicar os “procesos de patrimonialización”, que son a fin de contas unha “construcción social” que forman parte dos propios acontecementos históricos; o Patrimonio é, a fin de contas, un proxecto que ten a súa propia historia, da que rematou convertido en “depósito” xeral; 2) porque só a Historia pode explicar o significado e valor que no seu momento tiveron para a sociedade que os creou os obxectos hoxe patrimonializados, algo que é a todas luces fundamental, e 3) porque a propia Historia, en canto acontece e en canto coñecemento, forma parte nalgunha medida do Patrimonio4.
1. Historia e procesos de patrimonialización. Os procesos de patrimonialización, polo menos os relacionados coa emerxencia do
estado‐nación e dos nacionalismos do século XIX, son hoxe ben coñecidos. Entre os recursos que reforzaban a identidade estaba, en lugar destacado, o Patrimonio, por iso o século XIX é “o século dos museos”, ou da “idade de ouro do patrimonio”. Os “tesouros” conservados nos museos ‐novos “santuarios” do espíritu‐ servían para celebrar a nación, para tributarlle culto, á
1 PLUMB, J. H. (1969). 2 BERMEJO BARRERA, J. C. (2006a). 3 CRIADO, F. (1996). 4 NORA, P. (dir.) (1986, 1992).
28
vez que ela o rendía tamén aos monumentos, “lugares de memoria”, restos arqueolóxicos, esculturas e pinturas que representaban o “xenio” do país, a identidade e antigüidade dos seus moradores, e, polo mesmo, a continuidade do grupo5. É tamén o século dos arquivos, depósitos da memoria pública, obxectiva da nación. O de Simancas, por exemplo, ábrese aos investigadores en 1844 e o Histórico Nacional créase na década de 1860.
En certo modo o Patrimonio é, desde a perspectiva exposta, unha “invención”, lexitimada mediante un proceso de “construcción social” que non tería éxito de non existir un mínimo consenso entre as xentes que deben asumir o valor singular dos obxectos patrimonializados, o seu significado como símbolos. Por iso unha cousa é a historia do Patrimonio cultural, ou sexa, a do seu proceso constitutivo, e outra a dos ouxetos que forman parte del, que moitas veces se expoñen en museos, sacados do contexto no que foron creados, pois en canto unha peza se “musealiza” muda de estatuto, ao converterse en “monumento histórico”; por decisión normalmente do poder político, verdadeira máquina de “elaborar memoria”6.
Á marxe do que queda exposto, o factor determinante na definición do patrimonio e, segundo sinala LL. Prats, o seu carácter simbólico, ou sexa, “a identidade”, que condensa, expresando de xeito sintético e emotivo a relación entre ideas e valores comunitarios. E os movementos nacionalistas ‐con e sen estado‐ que se afirman na época romántica asentarán a identidade na natureza, na historia e no “xenio” ou inspiración creativa7. Neste triángulo estarán enmarcadas a meirande parte dos elementos patrimonializables, e aquelas etapas da historia consideradas decisivas na formación dos caracteres dun pobo ‐etapas diferentes segundo as nacións‐ serán tamén dalgún xeito patrimonializadas. Lémbrese, tocante a isto, o celtismo de Manuel Murguía, ou a valoración da Idade Media en Vicetto e López Ferreiro8.
Considero que, en sustancia, a emerxencia do Patrimonio, o seu nacemento ‐ou “invención”‐ e consolidación, acontece en xeral no contexto político e cultural que queda descrito de modo moi resumido, e foron precisamente os políticos ‐e intelectuais con proxectos políticos‐ os principais axentes da “activación patrimonial”, mediante a construcción de museos e arquivos, a elaboración de catálogos de monumentos nacionais, as iniciativas de excavacións arqueolóxicas...”9.
Pero a este respecto tampouco convén simplificar as cousas de modo excesivo, pois a sociedade civil, e no seu ámbito os grupos máis concienciados, pode ser un decisivo axente de patrimonialización e desde logo de protección e conservación dos bens culturais. Xa foi en ocasións no pasado (lémbrese o episodio do baldaquiño de Oseira, entre outros), e penso que o é de xeito cada vez máis decisivo nos tempos actuais, cando os procesos de patrimonialización obedecen a causas variadas, non sempre derivadas dunha elemental afirmación identitaria. Así, a desaparición case repentina de formas de vida “tradicionais” está convertendo en elementos patrimoniais, en ouxetos de museo, cousas que onte mesmo tiñan
5 POULOT, O. (1992; 2006), especialmente. 6 GUILLAUME, M. (1980); POMIAN, K. (1996); PRATS, LL. (1997). 7 PRATS, LL. (1997: 22 ss.). 8 VILLARES, R. (2000). 9 POULOT, D. (2006), en particular.
29
unha función práctica, pois servían para traballar a terra, para usos domésticos ou para desempeñar oficios artesáns. Antes pasou noutros países europeos, nos que xurdiron museos adicados á vida rural e á etnografía (Inglaterra, Italia, Francia...). En Galicia, como ben se sabe, a “desagrarización” da economía tivo lugar, de súpeto, no último tercio do século pasado, cousa que favoreceu a conservación dunha enorme cantidade de materiais que se van incorporando aos moitos museos comarcais establecidos ou en curso de construcción. Nestes proxectos, a iniciativa de asociación e grupos que traballan no ámbito municipal e local ven resultando decisiva10. Trátase, polo mesmo, dunha coiuntura apropiada para reflexionar sobre os procesos de patrimonialización e sobre a transformación que no seu empleo, valor e significado experimenta un obxeto que pasa das mans dun labrego ou artesán a estar exposto nun museo (os mesmos que o utilizaban para traballar poden agora contemplalo exposto, e en certo modo, “ennobrecido”, case “sacralizado”).
Consérvanse, musealizados ou non, moitos elementos materiais que forman parte do patrimonio etnográfico ou etnolóxico, pero desde o momento en que este comprende tamén os coñecementos, a visión do mundo e en xeral os elementos nos que se asenta a identidade dun grupo ‐e que, polo mesmo, o diferencian dos demais‐, é dicir, desde o momento en que hai un patrimonio chamado ‐non sen desacordos‐ “inmaterial”, que ten como soporte ás persoas, os problemas de conservación agrávanse11. Dun día para outro desaparecen moitos saberes “tradicionais”, deixan de existir animais e plantas que dependían duns usos determinados do territorio; a lingua, tanto no tocante ao vocabulario como ós xiros expresivos, empobrécese dun xeito dramático... Realmente, do patrimonio derivado dunhas determinadas formas de vida familiar e comunitaria, sexan saberes, crenzas ou prácticas, só podemos conservar o coñecemento, e non sempre sen dificultades.
Patrimonio é un concepto contemporáneo, unha construcción social, en principio impulsada polo poder político para reforzar ou crear unha determinada memoria sustentada en monumentos, museos, xacementos... Patrimonializar equivale, polo mesmo, a seleccionar. Pero a tendencia actual é a considerar patrimonio todo o que ten unha determinada antigüidade ou está ameazado de desaparición. Neste senso a ninguén lle pasa desapercibido que a conservación de restos arqueolóxicos, documentais ou doutro tipo é azarosa, en razón das destruccións do tempo, das realizadas conscientemente, das reutilizacións de materiais de instalacións e edificios que perderan utilidade (pedras de mámoas, de castros, de castelos...)12. Os monumentos funerarios ou os castelos non eran, propiamente, elementos patrimoniais para os que vivían en contacto con eles, se ben os labregos podían considerar con certa reverencia as mámoas e dólmenes, construccións extrañas, que atribuían aos “mouros”13. As lendas sobre os tesouros que gardaban, motivaron escavacións crónicas, sendo as máis coñecidas as que a comenzos do XVII levou a termo, de xeito sistemático e con autorización da
10 Para os museos etnográficos comarcais, SIERRA, X. C. (1999). 11 PRATS, LL. (1997: 58 ss.), en donde comenta o traballo da Mission du Patrimoine Ethnologie francés, creada en 1980.
12 Na primeira metade do XVIII, por exemplo, o administrador dos estados de Altamira José Isla de la Torre ‐pai do autor de Fray Gerundio e de dona Mª Francisca de la Isla, a “pelra” de Compostela‐ vendeu pedras das fortalezas a constructores de pazos.
13 LLINARES GARCÍA, M. (1990).
30
Real Audiencia, o licenciado Pedro Vázquez de Orxas, influido sen dúbida polo coñecemento que adquirira en Indias dos metais preciosos que gardaban algúns túmulos funerarios indíxenas. Por reais cédulas de 1606 e 1609 Vázquez de Orxas conseguíu que se lle outorgase o monopolio da apertura das mámoas ou túmulos dos “gentiles galigrecos”, non para fins arqueolóxicos, senón para sacar os metais preciosos enterrados, dos que a facenda real recibiría unha parte. As xestións do “Indiano”, coñecidos polos labregos, deron orixe a excavacións descontroladas, protagonizadas por veciños que pensaban facerse ricos cos tesouros que ían atopar14.
Non teño noticia de que na primeira Idade Moderna existisen en Galicia coleccionistas de antigüidades, pinturas ou tesoreros bibliográficos15. Si houbo persoas e familias que apreciaron as bibliotecas: é ben coñecido o caso do conde de Gondomar, que reuniu na súa casa de El Sol, en Valladolid, un extraordinario fondo de manuscritos, impresos e gravados, do que hoxe se conserva unha parte; pero xa os antepasados de don Diego Sarmiento sabían do valor dos libros, pois o seu avó don García de Sarmiento dicta unha cláusula moi significativa no testamento de 1523: “Iten, mando que mis libros no se den a persona alguna ni se presten, sino que los tenga mi hijo mayor, como los otros bienes del mayorazgo, e con aquellas fuerzas e vínculos con que tiene los bienes de mi mayorazgo, que yo los tengo en mayor preçio que los bienes que le dejo”. Tamén o valdeorrés Andrés de Prada, secretario de Felipe III, incluiu os manuscritos e impresos ‐uns 300, deles 60 en italiano‐ no morgado que fundou en 1611: “ytem, dejo en este mi vínculo y mayoradgo todos los libros que tengo en la my casa de Otarelo, con cargo de que no se puedan enaxenar ni prestar para salir de dicha casa”16.
En ocasións resulta asemade evidente o aprecio que suscitan determinadas construccións, sexan castelos ou “torres” e as murallas e outras antigüidades, que honraban ás cidades e vilas. Falando dos castelos, moitos deles en estado ruinoso na primeira metade do XVII, escribía Fernández de Boán: “que cuando la vi y despacio consideré su calidad y bondad [da fortaleza de Viana] me dio pena, y asimismo todos los demás del Reino, que dejaron [os nobres] inhábiles para que se fuesen cayendo, siendo solares de tanta antigüedad y nobleza”. Pola súa banda, o dominico frai Antonio de Soutomaior, confesor de Felipe IV, amosa grande estima pola torre que os seus antepasados levantaran na parroquia de Freixeiro, e aconsellaba aos parentes que conservasen as pedras vellas, pois o seu valor estaba precisamente en ser vellas (“todo lo que Vuestra Merced me escribe me parece bien, eceto lo de la torre vieja, que me paresçe que lo mejor que tiene es ser vieja y que no paresca que nosotros la edificamos”, escribe en 1638, cando levantaba o pazo da Pastora)17.
Nos casos que vimos de citar hai un interese estamental á hora de outorgar valor a determinadas construccións. No XVIII, sen embargo, existe en certos autores unha consideración máis erudita das antigüidades. Tal acontece cos corresponsales do padre Flórez
14 MARTINÓN‐TORRES, M. (2001). Describe todo o proceso de apertura de mámoas (unhas 65); o episodio, do que deron conta xa Murguía e Martínez Salazar é ben coñecido e citado polos arqueólogos.
15 Con carácter xeral, POMIAN, Z. (1990 [1987]). 16 GARCÍA TATO (1999: 672) e GARCÍA ORO, J. (1997); MANSO PORTO, C. (1996). 17 SAMPEDRO y FOLGAR, C. (1943), con máis afirmacións parecidas.
31
(caso do abade ourensán don Pedro González de Ulloa), co padre Sobreira, e nomeadamente con frai Martiño Sarmiento, o primeiro en valorar de xeito científico o patrimonio lingüístico e outros elementos da cultura popular ‐recórdense os comentarios que fai sobre Marcos da Portela‐, e en reparar, por exemplo, no interese histórico das mámoas: “será el padre Sarmiento ‐di Martinón Torres‐ quien se encargue sistemáticamente de filtrar los megalitos por el tamiz de la razón, y sólo desde esta perspectiva podrá empezar a descubrirse el fenómeno megalítico en su dimensión informativa”. O bieito esfórzase en describir as mámoas, en tratar de explicar o seu proceso constructivo e de averiguar quen e para que levantan, se ben neste punto cre erradamente que son obra de romanos18.
Coa Ilustración aparece unha conciencia clara de discontinuidade das etapas históricas ‐vencellada á idea de progreso‐, e nese contexto cultural os restos arqueolóxicos van acadando a condición de “monumentos”, reveladores do “xenio” dunha época. A crítica documental e o mellor coñecemento do pasado permiten tamén facer avances no estudo de determinados monumentos (lémbrese o traballo de Cornide sobre a Torre de Hércules). Pero todo isto é compatible coa consideración negativa das creacións culturais de determinados séculos, de xeito que se os restos clásicos merecen conservarse, non pasa nada se se arrampla coa “barbarie gótica”, pouco apreciada mesmo pola Real Academia de San Fernando.
Por outra banda, os avatares polos que pasou a revolución liberal, desde as Cortes de Cádiz á desamortización e á abolición dos señoríos, deron ocasión a que edificios e arquivos que hoxe reputamos de monumentos fosen entón considerados polos labregos como símbolos da opresión feudal, e en canto tales atacados, saqueados e incendiados. Este movemento estivo lonxe de acadar a intensidade que ten en Francia, pero non foi descoñecido en Galicia.
Segundo avance o século XIX e se desenvolva o movemento provincialista e o celtismo como fundamento da identidade galega, aqueles restos que acreditaban a condición celta de Galicia acadarán un valor histórico e simbólico extraordinario. Isto xa pode verse en Verea y Aguiar (quen critica aos anticuarios que só admiran os monumentos grecolatinos, pola súa grandiosidade, e en troques desprezan os megalitos, pola condición modesta da súa arquitectura), e con máis claridade en Manuel Murguía, que reclama en 1865, na Historia de Galicia, que se protexan as mámoas, que ían desaparecendo porque as pedras servían para construccións labregas: “se hace necesario, escribe, que las autoridades superiores de las cuatro provincias declaren monumentos nacionales tanto las mámoas como los castros y demás monumentos célticos, para salvarlos de ser completa ruina, haciendo responsables a los alcaldes de los atentados que contra ellas se cometen diariamente”19.
Murguía non valorou só o patrimonio arqueolóxico que el consideraba herdanza celta, pero prestoulle unha atención moi superior a calquera outro. Como sinala Marcos Martinón‐Torres, “é Manuel Murguía quen, na Historia do coñecemento arqueolóxico, marca ese salto cualitativo. Dun patente atraso con respecto á investigación arqueolóxica europea, dunha Arqueoloxía inexistente ou asentada, en esencia, na fantasía, Murguía acada un avance, dunha vez por todas, ata o nivel dos traballos realizados fora de España. Non só instaura o
18 MARTINÓN‐TORRES, M. (2004: 437). “Estas mámoas no son otra cosa sino los antiguos sepulcros de los romanos, en cuyo centro colocaban las ollas o urnas cinerarias...”.
19 MURGUÍA, M. (1865, I: 512).
32
papel histórico‐arqueolóxico do megalito como fundamental, senón que ensancha o abano de restos utilizables (...). Establece unha pertinente clasificación de monumentos, ensina como estudialos e interpretalos, e non deixa de insistir na necesidade de protexer estes restos para proceder a intervencións de carácter científico e á divulgación cultural do patrimonio”20.
No seu empeño por identificar restos de celtismo na Galicia do XIX Murguía reparou tamén no patrimonio etnográfico, pois moitos costumes dos labregos, en particular dos do interior, consideraba que eran de orixe celta. De todos xeitos, o estudo sistemático e a valoración do que hoxe se ven chamando “patrimonio inmaterial” coñecen un salto cualitativo co enorme traballo da xeración Nós: as crenzas e prácticas relixiosas e doutra orde, a organización familiar, os modos de traballo da terra, a mesma terra e a relación das xentes con ela, a historia, convértense nos alicerces dun antigo e denso patrimonio que sustenta a identidade galega ou que permite falar de Galicia como unha “nación‐cultura”21.
A carón da evolución política e intelectual ‐e en concreto coa aparición do provincialismo e do nacionalismo, e a conseguinte patrimonialización de aspectos do pasado e do presente‐, determinados cambios sociais orixinaron que valorasen como patrimonio edificios e elementos anexos que ían quedando abandonados. É o caso dos mosteiros desamortizados e despoboados, e con máis claridade dos pazos e dos seus xardíns. Cando na segunda metade do XIX a vida pacega principia a “declinar”, xorde unha literatura que ten un carácter nostálxico, segundo advertiu Carlos Martínez Barbeito: “Hay, pues, toda una literatura de los pazos que, por cierto, va casi unánimemente unida al hecho de su declive institucional, al fin de la raza de sus dueños, a su ruina, soledad y abandono. Casi todo lo que se ha escrito sobre los pazos viene a ser como una elegía y hasta como un acta de defunción (...). Podría explicarse el hecho porque tal literatura coincide históricamente con sus postrimerías. Deja un regusto nostálgico y melancólico de algo que fue bello, que fue demasiado fuerte, y que, concluido su ciclo vital, entra solemnemente en la descomposición, en la podredumbre y en la muerte”22.
É tamén en datas tardías, no pasado século XIX ao XX, cando os pintores rexionalistas “descobren” os pazos, e en especial os seus xardíns. Para os artistas que pertencen a esta corrente, o Barroco constitúe un patrimonio que reforza a singularidade de Galicia, e del forman parte, dun xeito destacado, os pazos, nunha situación de decadencia que a ninguén resulta indiferente23. Conforme o mundo rural ía cambiando, coa desaparición das rendas forais de coa consolidación dos movementos agraristas, os grupos sociais máis conservadores consideraban a sociedade dos pazos como un mundo ben ordeado, xerarquizado dun xeito paternal, e sen a conflictividade do primeiro tercio do XX. Neste contexto han de situarse os primeiros inventarios de pazos, e en concreto o de Xavier Ozores Pedrosa e José Cao Moure,
20 MARTINÓN‐TORRES, M. (2001: 160). Tendo en conta as excavacións arqueolóxicas que a mediados do XIX se tiñan feito por exemplo en Alemania, as afirmacións deste autor semellan algo excesivas.
21 Chega con lembrar as monografías clásicas sobre a Terra de Melide e a Parroquia de Velle. Sobre o seminario de Estudos Galegos, MATO, A. (2001), e VILLARES, R. (2006), onde estuda a biografía intelectual de Ramón Otero Pedrayo. Tamén BERAMENDI, X. (2007).
22 MARTÍNEZ BARBEITO, C. (1978: 4). 23 SÁNCHEZ GARCÍA, J. A. (2004), con interesantes apreciacións sobre o romanticismo e a valoración dos xardíns pacegos.
33
de 1927, que idealizan un mundo que se vai perdendo: “El señor que en él [pazo] vivía era la persona más poderosa, la más ilustrada y, por tanto, la más influyente; la que imbuía de ideas religiosas y de honor, traía un bienestar no conocido hoy en nuestros campos, los que por desgracia muchas veces están dirigidos por personas que, ciertamente, no poseyendo la ideología apropiada a su misión, traducen en egoísmos y torcidas intenciones su gestión de directores”24.
A ampliación dos contidos do Patrimonio siñifica recoñecer que os creadores dos bens patrimonializados foron e son moi variados. Entre eles figuran os constructores de mámoas e de castros, os fabricantes de torques pero tamén de utensilios de uso doméstico (en ocasións importados), os que trazaron os petroglifos, os que levantaron determinados hórreos, casas e muíños, os carpinteiros que fixeron ferramentas e artefactos que non se usan como tales, os depositarios de saberes en vías de desaparición... Sen embargo, ao marxe desta especie de “impulso popular”, anónimo, que está detrás do Patrimonio, se reparamos nalgúns dos seus compoñentes que poderiamos chamar máis “clásicos”, resulta doado decatarse de que a Igrexa foi en Galicia, xunto coa nobreza ‐en especial a fidalguía de pazo‐ e o “Estado” ‐a “monarquía absoluta” e o estado liberal‐, a gran creadora de bens culturais, principalmente na Idade Media e nos séculos do Antigo Réxime. Basta lembrar as catedrais e colexiatas, os pazos episcopais, mosteiros e conventos e igrexas parroquiais (algunhas antigos mosteiros). A carón están os castelos e nomeadamente os pazos fidalgos.
Tal é a realidade que podemos observar na paisaxe rural e urbana, un verdadeiro retrato do poder dos estamentos privilexiados, e en especial ‐insisto‐ da Igrexa25. Pero o patrimonio documental e bibliográfico ten, en boa medida, as mesmas orixes. Os fondos arquivísticos correspondentes á Idade Media son, en sustancia, de procedencia eclesiástica e de modo moito máis reducido de orixe nobiliario (ben que houbo grandes perdas), monárquico ou municipal. Na época moderna a situación tende a equilibrarse, e as institucións da monarquía ‐que gobernan por medio de papeis‐ xeran un enorme patrimonio documental, sendo quizaves a parte mellor coñecida o Catastro de Ensenada, pero hai milleiros e milleiros de mazos de carácter xudicial (principiando polos fondos da Real Audiencia, no Arquivo do Reino de Galicia), militar, fiscal... Ao mesmo tempo, multiplícanse os axentes e lugares creadores de documentos: escribanías, xulgados locais, parroquias ‐libros de bautizados, casados e defuntos, de fábricas e confrarías‐, pazos dos vinculeiros...
Polo que toca ao patrimonio bibliográfico é ben sabido que a imprenta traballou en principio só para a Igrexa, que continuou sendo durante o antigo réxime o principal cliente dos tórculos, que ata comezos do XIX só existían en Compostela. De calquera xeito, o material impreso editado en Galicia é moi escaso, e as bibliotecas institucionais e de particulares ‐de pazos, de cregos, de escribáns‐ surtíanse fóra. As librerías monásticas e conventuais, de cabildos e de mitras son, con diferencia, as máis grandes, destacando a de San Martiño Pinario.
24 OZORES PEDROSA, X. y CAO MOURE, J. (1927: 5‐15). Engaden: “En muchos lugares reina ya la alegría y el bienestar entre los labriegos solamente con la influencia beneficiosa que la presencia del señor del pazo trae, y la confianza que en él tienen, hecho tradicional y siempre repetido que nació por no haber sido jamás en los pazos engañado”.
25 Insístese neste aspecto nos volumes correspondentes á Historia entre os adicados ó Feito Diferencial Galego.
34
Só na segunda metade do XVIII se consolida outra importante biblioteca, que é a da Universidade compostelán26.
Resulta claro, en definitiva, que o patrimonio creado nas idades Media e Moderna caracterízase pola súa “natureza” clerical, ben sexa a arquitectura, a pintura, a escultura, as bibliotecas e en parte os arquivos. No século XIX esta situación cambia, debido á desamortización, a unha máis intensa presencia do Estado ‐que se sinte principalmente nas cabezas de provincia‐, ao desenvolvemento urbán e á consolidación de grupos burgueses nos campos da industria e do comercio (incluidos tamén algúns indianos enriquecidos).
Os procesos de patrimonialización levados a termo polo poder político, modificaron o estatus dos bens afectados. En relación con isto, a desamortización tivo unha importancia extraordinaria en Galicia, de resultas do enorme poder da igrexa. Os arquivos, bibliotecas, mobles e ouxetos de arte dos mosteiros e conventos afectados pola exclaustración foron nacionalizados, e pasaron por avatares diversos, que moitas veces conlevaron perdas e saqueos. Os arquivos en concreto, que antes cumprían unha función administrativa, viñan a ser como a memoria da institución que os ía creando e constituían un fondo orgánico ‐organizados desde a segunda metade do XVI segundo criterios que facilitaban o seu uso para a defensa do patrimonio material e inmaterial da institución propietaria‐, pasaron a unha nova situación: a “idade histórica”27. Nas delegacións provinciais de Facenda, e logo no Arquivo Histórico Nacional (ou noutros depósitos, caso de Ourense, A Coruña e Santiago), perderon na nova situación e clasificación o carácter orgánico que tiñan antes e que en ocasións é necesario reconstruir ‐polo menos mentalmente‐ para interpretar de xeito correcto a información dos varios libros e mazos. Aquelas institucións que despois da desamortización continuaron existindo víronse privadas dunha parte do seu arquivo ‐mitras e cabildos, mosteiros femininos‐, pero conservaron outra, que hoxe tamén perdeu a condición administrativa.
A localización física do patrimonio deriva da súa natureza, pero tamén de factores políticos e sociais. Se a monarquía/Estado é creador de patrimonio e axente de patrimonialización, a situación política de Galicia ‐sexa formando parte da coroa de Castela ou do Estado Liberal‐ motivou que unha parte fundamental do seu patrimonio sacramental esté, por diferentes razóns, fóra (en Simancas, no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, en Alcalá de Henares...). A traveso das institución “periféricas”, a monarquía creou patrimonio documental e edilicio ‐o Arquivo da Real Audiencia é en Galicia o mellor exemplo28‐, pero o seu labor deixouse ver sobre todo no “centro”, nas cidades nas que residía a corte e arredores ‐o Escorial, froito do esforzo de Felipe II por xuntar “tesouros” e o Museo do Prado son casos ben ilustrativos‐. A erección de museos provinciais e de arquivos é moi tardía, e estes formáronse coa documentación existente en Galicia, e non coa que xa estaba fóra. Doutra banda, o feito de que as familias da alta nobreza se fosen a residir á Corte implicou asemade que en Galicia
26 REY CASTELAO, O. (2003); VARELA OROL, C. (2007). 27 Poderían citarse varios exemplos. Un dos mellor coñecidos é o de San Martiño Pinario, ben analizado por LUCAS ÁLVAREZ, M. (1999). Os arquivos pacegos non foron en xeral ordeados ata a etapa final do Antigo Réxime. TROCHE ZÚÑIGA, F. (1928).
28 Para o que se fixo un novo edificio na década de 1770, en Betanzos, que non foi utilizado.
35
apenas xerasen patrimonio na forma de pazos, obras educativas e asistencias, coleccións de pintura... Só a casa de Lemos mantivo ata mediados do XVII un certo mecenazgo en Monforte29.
2. Entender o Patrimonio desde a Historia; facer Historia a partir do Patrimonio. Se o patrimonio sofre ameazas e ataques cotiás, por mor da especulación, dos
cambios nos modos de vida, polo abandono e incuria e ata pola morte natural dos seus portadores e transmisores ‐caso do chamado “patrimonio inmaterial”‐, vaise tamén enriquecendo e ampliando grazas ás investigacións arqueolóxicas e doutra natureza, ás iniciativas de diversa procedencia orientadas á defensa de determinados bens, ós procesos de patrimonialización de aqueles elementos propios de modos de vida en vías de desaparición, á valoración de materiais como cartas ou fotos familiares ‐fundamentais no estudio da emigración‐, á recuperación de fondos bibliográficos e arquivísticos que por donación ou compra pasan a institucións públicas; e tamén, en boa medida, á propia ampliación do concepto de patrimonio, do que hoxe forman parte instalacións e artefactos de vellas industrias, paisaxes determinadas, rutas, parques naturais...30.
O patrimonio enriquécese desde o punto de vista cualitativo e cuantitativo, e o seu uso social tamén se intensifica e diversifica, ou, se se quere, tende a democratizarse: basta entrar hoxe nun dos grandes museos de Europa ou América para comprobar o concurso multidinario que vai dunha sala a outra, ou achegarse a algún monumento singular para decatarse das dificultades ‐ou verdadeira imposibilidade en ocasións‐ de conseguir unha entrada para o mesmo día. Fai trinta anos só unha minoría visitaba os museos.
Resulta claro que o patrimonio debe ter un uso social, canto máis amplo mellor, pois doutro xeito non tería explicación o destino de cuantiosos recursos públicos para a conservación e estudio dos bens culturais, calquera que sexa a súa natureza. Pero a crecente utilización do patrimonio como recurso turístico ‐o que se adoita chamar “posta en valor”‐ deu orixe desde hai algúns anos a debates moi vivos, motivados en parte polo que se considera “trivialización”, “mercantilización”, desnaturalización a fin de contas dos verdadeiros fins que compoñen o patrimonio. Como sinala LL. Prats, autor que nesta polémica mantén unha postura que considero ponderada, “la mercantilización del patrimonio puede comportar problemas identitarios cuando se produce una banalización excesiva. Aunque el patrimonio no sea la identidad, no hay que olvidar que sus referentes mantienen un carácter de sacralidad para el grupo. Los objetos, lugares y manifestaciones patrimoniales se prestan a un uso turístico, pero no a la profanación”. Cando ésta acontece, xorden os conflictos31.
O “turismo cultural” é hoxe unha realidade que, goste máis ou menos, non se pode obviar por parte dos responsables da xestión do Patrimonio, e tamén dos seus estudiosos. Á vista da ampliación cualitativa e cuantitativa dos compoñentes do patrimonio, e da difusión do
29 A incorporación ás casas de Castela significou, por exemplo, a saída dos arquivos. 30 Pode consultarse sobre este punto a Lei 8/1995 de 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, en especial o título I, capítulo I, capítulo 8, que trata dos bens de interese cultural, que poden ser rexistrados como tales.
31 PRATS, LL. (2006: 78), e (1997b); vid. tamén CRIADO, F. (1996); BERMEJO BARRERA, J. C. e LLIÑARES GARCÍA, M. (2006), e SIERRA RODRÍGUEZ, X. C. e PEREIRO PÉREZ, X. (coords.) (2005).
36
seu uso social, cada vez máis democrático e menos sacralizado, por parte de visitantes ou en todo caso de membros da “aldea global”, a Historia ten que facer un esforzo, de adaptación inclusive para explicar aos consumidores ese “país extraño” en que se está a converter o pasado32. Á hora de “vender” certos elementos patrimoniais é doado caer na simplificación e ata na manipulación, simplemente para adaptarse ós supostos gostos de persoas que non teñen ás veces outros referentes que os proporcionados por uns medios de comunicación moi apropiados para crear realidades virtuais, co que en ocasións os elementos patrimoniais poden quedar reducidos a imaxes33.
Os compoñentes do patrimonio aparecen a miúdo na actualidade fóra do contexto no que foron creados, e polo tanto perderon o seu significado orixinal. É cometido da Historia restituir ese significado primixenio aos diversos obxetos, que son a fin de contas instrumentos para coñecer as relacións económicas e humanas, e os valores relixiosos, políticos e de outra orde da sociedade que os creou coa finalidade que fose (utilitaria, relixiosa, política...). Neste senso, esforzarse por entender o sentido dos bens culturais equivale a ollar con simpatía ós homes e mulleres que os crearon, en especial ós de épocas máis distantes e extrañas con respecto a nós. Incluso aqueles compoñentes do patrimonio que están onde estiveron sempre e que en ocasións manteñen as funcións para as que foron creados ‐catedrais e igrexas parroquiais, por exemplo‐, puideron mudar de faciana no decorrer do tempo, e desde logo poden cambiar moito as relacións que os seus administradores mantiñan co entorno social: pénsese a este respecto nos pazos, nos mosteiros, nos castelos..., moitas veces reducidos a esqueletes sen vida, que só o coñecemento histórico pode voltar a proporcionarlles.
A historia debe explicar, a fin de contas, como a sociedade foi creando os elementos que hoxe compoñen o patrimonio, e a función que tiñan orixinalmente cando non eran patrimonio: sexan castros, mámoas, restos arqueolóxicos, igrexas, castelos, pazos, bibliotecas, arquivos, esculturas, pinturas, etc. Un pazo convertido nunha casa de turismo rural é algo moi distinto do pazo habitado temporalmente por unha familia fidalga; o patrimonio documental que hoxe podemos consultar con fins investigadores en arquivos diversos (Arquivo Histórico Nacional de Madrid, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivos Histórico Provinciais, Arquivo Histórico e Universitario de Santiago, Arquivos da Igrexa), pertencía en orixe, segundo quedou exposto, a institucións e familias, que dispoñían do arquivo como medio de control e xestión dos bens materiais e inmateriais, ou era resultado da administración relixioas (caso dos Libros parroquiais, hoxe nos arquivos diocesáns) e civil.
A Historia debe servir, polo tanto, para comprender o significado de monumentos, restos arqueolóxicos, obras de arte... Pero tamén ha de explicar, diante da ampliación do concepto de patrimonio, cuestións como a evolución da paisaxe e os cambios na relación entre as persoas e o mediambiente. Os problemas ecolóxicos e medioambientais teñen que servir de aguillón para reflexionar sobre os modos de utilización dos recursos da natureza ‐auga, bosque‐ por parte das comunidades campesiñas. A historiografía italiana, con Piero Babilacqua de caporal, constitúe un exemplo a seguir á hora de valorar o patrimonio natural: “La historiografía ambiental italiana que se ha interesado con mayor atención por los siglos
32 Vid. LOWENTHAL, D. (1998 [1985] e 1998). 33 BERMEJO BARRERA, J. C. (2006).
37
anteriores está preocupada en comprender los mecanismos de funcionamiento de las economías autosostenibles, en determinar las lógicas de desarrollo de actividades humanas y productivas que se fundaban en sistemas de uso de los recursos que garantizaban su reproducción”. A historia ambiental, ademais, transforma a concepción do tempo histórico, “introduciendo una fase de discontinuidad respecto al pasado, y señala en ella las razones profundas de la crisis ambiental actual y los orígenes de los procesos históricos a través de los cuales se han ido formando los problemas de sostenibilidad, tal y como se configuran hoy”34.
En relación cos problemas medioambientais, co patrimonio natural e coa sostenibilidade, a historia rural, con forte tradición en Galicia, en canto historia agraria, historia social e historia cultural, pode aportar moito a un mellor coñecemento e valoración da paisaxe e dos factores condicionantes da súa evolución, do aproveitamento dos recursos colectivos, da tecnoloxía e saberes agropecuarios, das actividades artesáns, do “universo mental” dos campesiños...35. Deste xeito, a historia, á vez que explica o carácter cambiante da paisaxe e dos recursos naturais, contribuiría tamén a que as novas xeracións, ás veces pouco vencelladas ao pasado, aprecien un patrimonio que non ven dado, senón que se pode tanto mellorar como destruir.
Dicía ao comenzo que na actualidade, ao mesmo tempo que o Patrimonio acada un protagonismo ou unha importancia crecente na opinión pública, está cambiando a relación das xentes co pasado, cada vez máis alleo e lonxano ao tempo presente. Esta evolución cultural non é particular de Galicia, aínda que aquí as mudanzas foron particularmente repentinas, pois en tres ou catro décadas pasamos de ser unha sociedade agraria a converternos noutra de servizos. O compoñente labrego e mariñeiro da identidade galega forma parte dun pasado achegado e recuado ao mesmo tempo, un pasado ao que as novas xeracións só poden acceder desde o coñecemento da Historia e do Patrimonio.
Nesta nova situación, que afecta ao conxunto da sociedade ‐en canto usuaria e en amior ou menor medida, dona do Patrimonio, polo menos con dereitos de usufructo‐, o Patrimonio ten que cumprir unha función básica na valoración dunha herdanza colectiva, na promoción da memoria tamén colectiva e na consolidación dunha conciencia ética e cívica que favoreza a cohesión social e axude a enraizar proxectos de país. Quedou sinalado xa que o Patrimonio non é toda a Historia ‐entre outras razóns pola conservación azarosa de ouxetos‐, pero pode sustentar e ilustrar unha parte fundamental da Historia, pois só se patrimonializa aquelo que se considera relevante ‐desde puntos de vista diversos‐ na traxectoria histórica dun país e na conformación da súa identidade, ou identidades sucesivas. Nos tempos actuais, nos que moitas ideas entraron en crise ‐entre elas a forma de achegarse á Historia36‐ o Patrimonio ten que constituir un medio fundamental de relación co pasado. E esa relación será máis proveitosa se se apoia nun adecuado coñecemento da Historia feita para entender o Patrimonio, pero tamén desde o Patrimonio.
34 CORONA, G. (2003); BEVILACQUA, P. (1996 e 1997). 35 SAAVEDRA, P. (2007) . 36 Vid. as consideracións de NORA, P. (1998: 24) sobre estas cuestións.
38
Bibliografía
BERAMENDI, Xusto G. (2007), De provincia a nación: historia do galeguismo político, Vigo,
Xerais. BERMEJO BARRERA, José Carlos (2006), “Acerca de la crisis del conocimiento histórico y del
mercado de bienes culturales”, PH. Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 58, páxs. 55‐69.
BERMEJO BARRERA, José Carlos e LLINARES GARCÍA, Mar (2006), O valor da Arqueoloxía, Verín‐Santiago, Lóstrego.
BEVILACQUA, Piero (1996), Tra natura e storia. Ambiente, economia, ricorse in Italia, Roma, Donzelli.
———— (1997), Sull’utilità della storia per l’avenire delle nostre scuole, Roma, Donzelli. CORONA, Gabriella (2003), “Por un sistema diferente de valores: la historia ambiental en Italia
como crítica a la ideología del crecimiento ilimitado”, en J. J. Carreras Ares y C. Forcadell Álvarez (eds.), Usos públicos de la Historia, Madrid, Marcial Pons/PV2, páxs. 281‐300.
CRIADO, Felipe (1996), “La reconversión de la historia: El saber histórico frente al patrimonio cultural”, Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Dr. Carlos Alonso del Real, Universidade de Santiago de Compostela, I, páxs. 89‐108.
GARCÍA ORO, José (1997), Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar y embajador de España (1567‐1626). Estudio biográfico, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
GIL MERINO, Antonio (1976), Archivo Histórico del Reino de Galicia. Guía del investigador, Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia.
GUILLAUME, Marc (1980), La politique do patrimoine, Paris, Galilée. IGLESIAS ESTEPA, Arturo, et alii (2007), Guía do Arquivo da Catedral de Santiago, Cabildo da
Catedral de Santiago de Compostela. LLINARES GARCÍA, Mar (1990), Mouros, ánimas y demonios. El imaginario popular gallego,
Madrid, Akal. LOWENTHAL, David (1998 [1985]), El pasado es un país extraño, Madrid, Akal. ———— (1998), The Heritage Crusade and the Spoils of History, Cambridge University Press. LUCAS ÁLVAREZ, Manuel (1999), El archivo del monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de
Santiago de Compostela, A Coruña‐Sada, Ediciós do Castro. MARTÍNEZ BARBEITO, Carlos (1978), Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, A
Coruña, Diputación Provincial. MARTINÓN‐TORRES, Marcos (2001), Os monumentos megalíticos despois do megalitismo:
arqueoloxía e historia dos megalitos galegos a través das fontes escritas (s. VI‐s. XIX), Concello de Valga.
———— (2004), “El padre Sarmiento y el megalitismo gallego”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 117, páxs. 435‐448.
MANSO PORTO, Carmen (1996), Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar (1567‐1626): erudito, mecenas y bibliófilo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
39
MATO DOMÍNGUEZ, Alfonso (2001), O seminario de Estudos Galegos na documentación que garda o Instituto Padre Sarmiento, A Coruña‐Sada, Ediciós do Castro.
MURGUÍA, M. (1865), Historia de Galicia, Lugo, Soto Freire, vol. I. ———— (1982), Galicia, edición de Justo G. Beramendi, Vigo, Xerais. NORA, Pierre (dir.) (1986), Les lieux de la mémoire. II. La Nation. 2. Le territoire. Lètat. Le
Patriomoine, Paris, Gallimard. ———— (1992), Les lieux de la mémoire. III. Les France. 3. De l’Archive à l’Emblème, Paris,
Gallimard. PLUMB, J. H. (1969), The Death of the Past, Londres, Penguin (hai versión en español,
Barcelona, Barral, 1974). POMIAN, Krzysztof (1990 [1978]), Collectors and Curiosities. Paris and Venice, 1500‐1800,
Cambridge, Polity Press. ———— (1996), “Nation et patrimoine”, en D. Fabre, ed., L’Europe entre cultures et nations,
Paris, MSH. POULOT, Dominique (1992), “Patrimoine et histoire”, Les Papiers, 9, páxs. 37‐66. ———— (2006), Une histoire du patrimoine en occident. Du monument aux valeurs, Paris, PVF. PRATS, Llorenç (1997a), Antropología y Patrimonio, Barcelona, Ariel. ———— (2006), “La mercantilización del patrimonio: entre la economía turística y las
representaciones identitarias”, PH Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 58, páxs. 72‐79.
QUINTANAR, Marqués de, OZORES PEDROSA, Xavier e CAO MOURE, José (1927), Los Pazos Gallegos: apuntes gráficos y notas históricas de las Casas Señoriales de Galicia, Vigo, P.P.K.O.
QUIROGA BARRO, Gabriel (1986), “La organización de un fondo monacal: el Monasterio de Santa María de Montederramo”, Boletín Auriense, 16, páxs. 183‐235.
REY CASTELAO, Ofelia (2003), Libros y Lectura en Galicia. Siglos XVI‐XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
SAAVEDRA, Pegerto (1997), O Feito Diferencial Galego. Historia, coord. Gerardo Pereira‐Menant, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 2 vols.
———— (2007), “La historia rural ayer y hoy”, Studia Historica. Historia Moderna, 29, páxs. 23‐45.
SAMPEDRO FOLGAR, Casto (1943), “Cartas familiares de Fray Antonio de Sotomayor, confesor de Felipe IV”, Museo de Pontevedra, XI, páxs. 125‐138.
SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel (2004), “Una señorial y melancólica escena: el romanticismo y el jardín de los pazos gallegos”, en Jardín y romanticismo, direc. e coord. de Carmen Añón y Mónica Luengo, Madrid, Comunidad de Madrid, 2004, páxs. 147‐180.
SIERRA, Xosé Carlos (1999), “Experiencias de patrimonialización e musealización. Identidade local en concellos non urbanos”, en O Feito Diferencial Galego na Antropoloxía, coord. Marcial Gondar Portasany, Santiago de Compostela, páxs. 293‐327.
SIERRA RODRÍGUEZ, Xosé Carlos e PEREIRO PÉREZ, Xerardo (coords.) (2005), Patrimonio cultural: politizaciones y mercantilizaciones, Sevilla, Fundación El Monte.
40
TROCHE y ZÚÑIGA, Froilán (1838), El Archivo cronológico‐topográfico: Arte de Archiveros, A Coruña, Imprenta de Iguereta (1ª ed. 1830).
VARELA OROL, Concha (2007), A Biblioteca Pública da Real Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
VILLARES, Ramón (2000), “Naissance et déclin du celtisme dans l’histoire de Galice”, en Nations en quête de passé. La Peninsule Ibérique (XIXe‐XXe siècles), dir. Carlos Serrano, Presses de l’Université Paris‐Sorbonne, páxs. 157‐181.
———— (2005), “Galicia, unha identidade, unha cultura”, en Ámbitos de Galicia: Análise e perspectiva de Galicia do século XXI, Vigo, Fundación Caixa Galicia, páxs. 33‐45.
———— (2007), Fuga e retorno de Adrián Solorio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Vigo, Galaxia.
(1998) Lé Debat, 98 (incluido en dossier sobre arquivos e patrimonio).
41
HISTORIA, LUGAR E IDENTIDAD. UNA REFLEXIÓN SOBRE EL PATRIMONIO ARTÍSTICO
Alfredo Vigo Trasancos
“Olvidar la historia, olvidar la memoria de todo lo que debemos a nuestros antepasados es lo mismo que
negarse a uno mismo”
César Daly (1811‐1894)
Esta frase, con la que iniciamos nuestra reflexión, que fue pronunciada hacia la segunda mitad del siglo XIX por el célebre arquitecto y publicista de arquitectura francés César Daly, puede decirse que a día de hoy sigue vigente en todo su sentido y no ha perdido en absoluto un ápice de actualidad. Pone de relieve el valor de la Historia, el valor de la Memoria y de que el hombre sin ella estaría condenado a su negación como ser humano y elemento social. Por lo tanto, nos ayuda a identificarnos y a saber que somos lo que somos gracias a nuestras raíces, a nuestros ancestros, a nuestro pasado. Si añadimos además que todo hombre o sociedad pertenecen a su vez a un espacio geográfico concreto añadiríamos a la Historia el valor del “Lugar” en donde transcurren todas sus acciones y circunstancias. Esto quiere decir que Historia y Lugar conforman una especie de binomio irrenunciable; y por ese motivo es distinta la memoria histórica que puedan tener un francés o un gallego de hoy, pues por más que haya circunstancias que puedan resultar comunes a ambos, hay otros muchos aspectos que ayudan a diferenciarlos como pertenecientes a dos culturas distintas o, mejor aún, a dos sociedades diferentes entendidas éstas como “microsociedades” dentro del espacio común de la Europa Occidental donde transcurre básicamente nuestra civilización. Historia y Lugar, pues, ayudan a identificarnos y pesan social, cultural e identitariamente. Por eso que tenga todo su sentido, en referencia a Galicia, su historia y su pasado artístico, la frase pronunciada en 1921 por el historiador gallego Ángel del Castillo, acaso uno de los más ardientes defensores de nuestro patrimonio monumental en momentos que fueron particularmente críticos (conviene recordar que entonces el grueso de nuestro principales monasterios estaban en un completo estado de ruina y abandono) y autor del primer Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (lo había iniciado en los años finales de la década de 1910, estaba ya culminado en 1952 pero no se publicó hasta 1972, muerto ya Castillo, gracias a un acuerdo de edición entre la editorial Bibliófilos Gallegos y la recién nacida Fundación Pedro Barrié de la Maza), al afirmar que “Nuestra región es un país eminentemente monumental. Como todos los pueblos que han tenido vida propia conserva de su pasado restos imborrables de su grandeza. Ellos nos marcan y enseñan cuanto fuimos y cuanto podemos esperar del genio de la raza y del esfuerzo de nuestra voluntad. Pero antes es necesario detenerse a conocer cuánto fue para nosotros el pasado, y nada nos habla tanto como el conocimiento pleno de nuestros monumentos” (Castillo, 1921, 9).
Ahora bien, dicho esto, conviene recordar que el patrimonio histórico‐artístico de Galicia debe ser visto teniendo en cuenta varias perspectivas. De una parte ha de ser
42
entendido sin duda por sus valores estéticos, plásticos y propiamente artísticos, que nos hablan de la capacidad creativa de nuestros ancestros y de su diversa adaptación a los influjos que llegaron de fuera, lo que ayuda a entender los rasgos singulares y específicos que han ido asumiendo nuestras realizaciones a lo largo del tiempo. Nuestro arte del Renacimiento, por ejemplo, por su adaptación al lugar y a una sociedad que tenía otros intereses y obligaba a adoptar soluciones diferentes, no es ni igual al que se realizó en otras zonas de la península ni, mucho menos, semejante al italiano o al inglés que estuvieron marcados por otras circunstancias y servidumbres de tipo cultural, social o económico. Lo que hemos dicho del Renacimiento no es, sin embargo, más que un ejemplo; pero no hay duda que, como reflexión, puede aplicarse a casi todos los periodos artísticos que marcan nuestra cultura como es el caso del Prerrománico, del Románico, del Gótico, del Barroco … o de la Ilustración, bien entendido que, quizás por haberse conectado unas veces con el exterior de una manera más directa e intensa, y otras en cambio de una forma más personal, autóctona y ensimismada, en cada momento nuestra producción artística supo, casi siempre, desarrollar un arte diferente ya con aires más foráneos o con una personalidad más local que ayudaron sin duda a configurar nuestra identidad y nuestra propia conciencia de Ser como pueblo y como país. Y esto es lo que explica que se advierta un mayor cosmopolitismo de signo francés en la parte principal de la Catedral románica de Santiago o en el compostelano y neoclásico Palacio de Rajoy pues tienen, en efecto, muchos puntos en común con referentes galos como la Catedral de Conques, la iglesia de San Saturnino de Toulouse o los ayuntamientos de Nancy y Toulouse; que en la más singular interpretación protogótica del Pórtico de la Gloria o la fachada barroca del Obradoiro que son, por el contrario, hitos arquitectónicos que supieron tamizar los influjos exteriores dándoles a estos un sabor mucho más local, genuino y gallego.
Por otra parte, cuestiones patrimoniales de signo meramente cuantitativo hablan a las claras de nuestros momentos de mayor esplendor. No es casual que nuestro pasado se encuentre particularmente asociado a la cultura románica o del primer gótico (época del Maestro Mateo y del arte cisterciense) en función del número de obras que de estos momentos nos han quedado, en directa relación con el papel que Galicia asumió a lo largo de los siglos XII y buena parte del XIII (posteriormente el proceso histórico de la Reconquista que avanzó hacia el sur de la península lateralizó su hasta entonces vigoroso protagonismo), y que suceda lo mismo a lo largo del Barroco o de la Ilustración a tenor de la gran cantidad de monumentos que de entonces subsisten (el siglo XVIII fue particularmente rico en obras y creatividad), a su vez de gran valor en lo artístico (surgen importantes retablistas, imagineros, plateros y hasta algún pintor de mérito) e ingentes y poderosos en lo que se refiere a sus escalas y dimensiones (destaca especialmente la gran empresa llevada a cabo por el Estado en el Arsenal de Ferrol). El arte es, por tanto, reflejo de un tiempo, de una mentalidad y de una cultura, aunque también de una sociedad y de una economía que pueden permitirse determinados logros; de ahí las diferencias visibles que existen entre la grandeza cualitativa y monumental de la Catedral románica de Santiago, de la iglesia monástica y cisterciense de Oseira o del magnífico monasterio barroco de Celanova, y las más humildes realizaciones mendicantes o marineras del siglo XIV que responden, por el contrario, a un momento
43
histórico en el que Galicia tuvo un papel más excéntrico, marginal y secundario en comparación con otras zonas de la península y, más aún, del continente europeo.
Finalmente, el arte debe ser considerado también “imagen” de la Historia haciendo válido el dicho clásico que reza que “una imagen vale más que mil palabras”. Más que muchos documentos escritos, las obras de arte en su más amplia acepción son fantásticos reflejos de las situaciones históricas, de los momentos culturales de los pueblos o de los promotores y élites que en su día las hicieron existir. No puede considerarse fruto del azar que el grueso de nuestro patrimonio artístico (arquitectura, pintura, escultura, orfebrería, etc.) venga determinado por su vinculación a la Iglesia pues catedrales, templos, monasterios, capillas y conventos, con todo su riquísimo mobiliario (retablos, imaginería, vestimentas litúrgicas y arte sacro en general), son testimonios elocuentes de un antiguo esplendor clerical que, desde la Edad Media, en Galicia se mantuvo incólume hasta bien entrado el siglo XIX, dejando en un segundo lugar a las más modestas realizaciones ligadas a la hidalguía o a la clase señorial (identificada ésta en la cultura de los “pazos” y de nuestras grandes casonas urbanas) y, más aún, a los casi inexistentes ejemplos de arte “burgués” que, al menos hasta fines del siglo XVIII, apenas resultaron visibles y sin duda mucho menos que el arte de carácter más popular relacionable con las clases más humildes. Por lo mismo, que la arquitectura militar aflore en la Edad Media sobre todo en el medio rural de la Galicia interior y, en la Edad Moderna, por el contrario, en las zonas costeras y fronterizas y con otras formas más contundentes “a prueba de bomba”, se explica tanto por los períodos de inestabilidad interna que vivió Galicia a lo largo del Medievo, especialmente en los siglos XIV y XV, como por las guerras que tuvieron lugar con otras potencias extranjeras a partir del siglo XVI (Portugal Francia, Países Bajos e Inglaterra especialmente) y que obligaron a defender el Reino de una manera más intensa y eficaz, preparando además las nuevas fortificaciones para los ataques modernos con armas de fuego. Tampoco ha de sorprender que el arte vinculado a la burguesía asome sobre todo a partir del XVIII y del XIX a la vez que irrumpe como clase social protagonista que demanda otro tipo de arte (hay un mayor aprecio por el mobiliario doméstico, el atuendo personal, los objetos decorativos y la pintura de caballete por la creciente demanda de retratos, paisajes, escenas de género o de naturalezas muertas) y otros escenarios para la vida privada y común que se hacen visibles, sobre todo, en la construcción de ricas mansiones urbanas y villas campestres, modernos teatros, importantes sociedades recreativas, elegantes hoteles y cafés, o sólidos edificios bancarios que dieron tono y otra imagen más actual a la ciudad contemporánea. También se nota en este tiempo el nuevo papel asumido por el poder público y las administraciones estatales que erigieron dignos edificios de carácter representativo, hasta entonces inexistentes en el medio urbano, como eran los casos de las Diputaciones Provinciales, los Palacios de Justicia, las estaciones de ferrocarril…o los edificios de Correos; por consiguiente es comprensible que, sobre todo a partir del siglo XIX, las ciudades empiecen a asumir un nuevo protagonismo y un momento de auge y expansión que, en todo caso, fue distinto en el fondo y en la forma al que había caracterizado el ser y el existir de las ciudades medievales que conocieron cambios muy discretos, en su mayor parte, a lo largo de la Edad Moderna.
44
No es cuestión, sin embargo, de que hagamos aquí un recorrido por la historia de Galicia o de nuestro rico patrimonio artístico. Debe bastar con indicar la importancia que tiene conocerlo, inventariarlo, estudiarlo, valorarlo, conservarlo y darlo a conocer para que, como ya afirmaba Castillo en la década de los 20, no sólo sirva para confirmar su validez histórica y cultural, sino para proceder incluso a su “ industrialización” en eso “que dio en llamarse turismo, para el que tanto se presta nuestra región y en la que puede ser, además de una fuente poderosa de ingresos, uno de los factores que más contribuya al desarrollo y reconocimiento de nuestra personalidad” (Castillo, 1921, 31).
Así pues, es evidente que todo pasa por el respeto a nuestro pasado y, en definitiva, a nuestro patrimonio artístico. Hoy, no obstante, decir esto parece una banalidad pues se da por hecho que este respeto existe y que nuestra sociedad se ha sensibilizado notablemente respecto a esta cuestión básica en relación a otras épocas. De hecho podría afirmarse que ya no ocurre como en el tiempo de la Exclaustración (1835) que llevó al abandono de nuestro rico patrimonio religioso hasta convertirlo en objeto de expolio indiscriminado o en simple cantera de piedra (entonces desapareció gran parte del mobiliario litúrgico y fue común vender la piedra de los monumentos para acometer obras particulares) y que tampoco tienen lugar, como en los años anteriores a la guerra civil, la quema de iglesias que llevó a la irreparable pérdida de importantes monumentos con su rico patrimonio mobiliario. Pero hay que decir, con todo, que las pérdidas patrimoniales han tenido lugar no sólo en momentos críticos de nuestra historia, sino también en épocas de bonanza económica, de prosperidad y de desarrollo ya fuese para promover alguna que otra obra que se consideró en su día de “utilidad pública” y necesaria a su vez para el “progreso” o la modernización de nuestras ciudades (por ejemplo la apertura de una nueva calle, de una plaza o de una carretera) o simplemente por que nuestros ayuntamientos fueron más favorables a las nuevas arquitecturas consideradas imagen de prosperidad o al fomento especulativo de la construcción, que sensibles a la valía o pérdida de nuestro patrimonio. Son legión, de hecho, los casos que conocemos de demoliciones monumentales a lo largo del siglo XX en todo el territorio gallego referidas a épocas de expansión como fueron los años 20, el final de los 50 y los 60 y hasta hoy. Bastaría recordar la demolición del convento de San Agustín obra de Andrade en A Coruña para abrir una nueva calle en la década de 1920; el derribo del palacio de los condes de Andrade en Pontedeume en 1929 para construir una carretera pese a estar el edificio declarado Monumento Nacional (1924); la desaparición de la Casa de la Inquisición obra de Fernando de Casas en Santiago, por no olvidar la desaparición de la Cárcel Real, de la Casa Gótica o del antiguo Palacio Almeiras en A Coruña, del edificio Castromil en Santiago, del caserón Caamaño en Ferrol, de infinidad de casas burguesas y del Café Colón en Vigo, del antiguo Gran Hotel de A Toxa o, más recientemente, de la iglesia de los Jesuitas en A Coruña, del Gran Teatro de Lugo… o de un largo etcétera que sería interminable por desgracia de relacionar. Por consiguiente habría que partir del principio de que el patrimonio artístico es siempre un material “frágil” que debe ser cuidado y defendido hasta el extremo. Es sensible incluso a una mala restauración, bien por resultar ésta en exceso agresiva con el monumento o sencillamente descontextualizadora, o proclive por el contrario a configurar “falsos” históricos como ha ocurrido en otras épocas no muy lejanas pero también a día de hoy con
45
restauraciones en exceso “historicistas”. Tampoco hay que olvidar que el concepto de patrimonio artístico es, cada vez más, un tema abierto que tanto debe abarcar todos los períodos históricos hasta hoy mismo, como todos los temas artísticos que puedan ser considerados de interés o ejemplos característicos de una época determinada. Lo grande, monumental y estilístico debe convivir, a su vez, con lo pequeño, discreto y más popular para dar idea de la valía y autenticidad del conjunto y de las disparidades que han existido en todas las épocas. Al mismo tiempo ha de tratar de conservarse el patrimonio en su contexto y sólo descontextualizarlo cuando sea imprescindible para su conservación. Deben igualmente valorarse los entornos monumentales y los sitios histórico‐artísticos entendidos en su acepción más amplia y con todo su carácter para recordar acontecimientos históricos y culturales que en ellos hayan tenido lugar (batallas, leyendas, mercados, encuentros, creaciones artísticas, etc). Es decir, que toda Ley que aspire a proteger nuestro patrimonio ha de ser abierta y sensible a los cambios, favorecedora siempre del respeto al monumento y de la conservación de nuestras obras de arte, y un marco que sirva a su vez de garantía para su inventariado, defensa, disfrute y correcta restauración/rehabilitación.
BIBLIOGRAFÍA ACUÑA, X. E. y CABO, X. L.: Imaxes do patrimonio arquitectónico desaparecido, Vigo, 1992. AGRASAR, F. (Ed.): A Coruña: arquitectura desaparecida, A Coruña, 2004. CALVO MOSQUERA, I.: A Comisión de monumentos da provincia de A Coruña (1836‐1936), tesis de licenciatura inédita, Universidad de Santiago, 2002. CASTILLO LÓPEZ, A. DEL (1921): Riqueza monumental y artística de Galicia. Conferencia dada en la “Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos” de La Coruña, en la noche del 6 de mayo de 1920 por el Ilmo. Sr. Delegado Regio de Bellas Artes de esta provincia, La Coruña, Tip. de El Noroeste, 1921. GARRIDO RODRÍGUEZ, X.: Vigo, la ciudad que se perdió. Arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada, Vigo, 1991. SÁNCHEZ GARCÍA, J.A.: “Una década trágica para el patrimonio gallego. De la Desamortización a las Comisiones de Monumentos (1835‐1844)”, Quintana, 3, Santiago, 2004, 123‐151. VIGO TRASANCOS, A.: “El patrimonio urbano e arquitectónico. Memoria e sinal de identidade dun pobo”, en O patrimonio cultural. Valía e protección, Santiago, Xunta de Galicia, 2006, 7‐32. VIGO TRASANCOS, A.: “Ángel del Castillo (1886‐1961). Una vida dedicada al estudio y a la defensa del patrimonio artístico de Galicia”, en Castillo, A. del.: Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, T. I, A Coruña, 2008, 11‐148.
46
MUSEOS, ARQUIVOS E BIBLIOTECAS, PATRIMONIO COMÚN Concha Varela Orol
Universidade da Coruña
Introdución: marco para a converxencia patrimonial Na literatura anglosaxona adoita denominarse a arquivos, bibliotecas e museos como “institucións da memoria”, primando esta denominación o carácter patrimonial dos seus fondos e o seu labor de centros que organizan o rexistro intelectual e cultural dos mesmos. As orixes dos museos, arquivos e bibliotecas institucionais poden ser buscados nas máis antigas culturas, pero non cabe dúbida que tal e como hoxe os entendemos, institucións posuidoras de coleccións postas ó servizo da educación, o coñecemento e o disfrute da cidadanía, chamemos a esta usuarios ou visitantes, teñen o seu nacemento intimamente ligado á aparición do concepto de patrimonio e ó seu desenvolvemento nos séculos XVIII e XIX, e sobre todo ás políticas para a súa posta en valor e difusión. Mentres nas súas orixes bibliotecas e arquivos nacen fundidos nas súas coleccións e funcións, os gabinetes de curiosidades e antigüidades non fan diferenza entre as pezas coleccionadas, e a denominación de museo que reciben as bibliotecas aínda no século XVIII, mostra con claridade que a especialización destas institucións é tardía. É certo que entre este conxunto de institucións existen diferenzas tanto nos seus soportes informativos e comunicativos, como na construción das coleccións, e no seu tratamento, que lles teñen servido para traballar de costas durante moitos anos. A existencia de distintos soportes que sustentou, e aínda sustenta a diferenza entre bibliotecas, arquivos e museos, non foi nunca tan radical como a simplista diferenza ás veces establecida entre impreso/manuscrito/obxecto, senón que houbo sempre territorios comúns (publicacións oficiais, documentos persoais, gravados, etc.), pero foi posiblemente o formato empregado de forma predominante a que marcou a dicotomía máis fortemente percibida que posicionaría por un lado bibliotecas e arquivos, territorios do texto escrito, e museos, territorios do obxecto. E pensamos que é esta linguaxe a que fixo e fai xogar ás institucións en campos distintos no terreo patrimonial, como é patente nos distintos usos que fan dos bens patrimoniais. Así mentres os museos, sen esquecer a súa función preservadora, se enfocan dende hai anos a interpretar e transmitir os valores das súas pezas a un público cada vez máis amplo, como mostran as exposicións temporais ou o seu papel na industria turística de masas, as bibliotecas e os arquivos ata hai moi pouco tempo primaron no tratamento do patrimonio o seu labor conservador e de soporte ós investigadores, especialmente no campo das Humanidades.
47
Pero hai xa tempo que as fronteiras entre as tres institucións comezaron a diluírse, dados os novos formatos audiovisuais da información que empezaron a introducirse nas súas coleccións, nas que hoxe falamos de arquivos orais, videotecas, videoarte, arte tecnolóxica… Por outra parte, as compoñentes informativas, educativas, e educativo‐recreativas (endutainment) que estas institucións culturais adquiriron ó longo do século XX as teñen achegado tanto nas políticas de información, xestión, aplicacións tecnolóxicas, e, no que especialmente nos interesa aquí, na conservación e posta en servizo do patrimonio cultural. Na actualidade este achegamento é visible en gran número de actividades cooperativas para a educación permanente, pero tamén cara ó desenvolvemento económico, en países como Noruega, Gran Bretaña, Estados Unidos e Canadá, tanto en colaboracións puntuais coma permanentes, creando axencias gobernamentais como o Institute of Museum and Library Services (IMLS) de USA, LAC (Library and Archives Canada), Museums, Libraries & Archives (MLA) de UK, etc., cuxas funcións teñen que ver co liderazgo e coordinación dos centros e tamén co financiamento. Ó seu lado non faltan propostas para unha converxencia máis profunda cara a creación dun novo modelo de institucións híbridas ou, como se lle ten denominado, “infraestruturas transinstitucionais”. Seguindo este novo modelo, entre 2004 e 2006 a Biblioteca e Arquivos nacionais de Quebec (BAnQ) unificou as funcións de Biblioteca nacional, Biblioteca pública e Arquivos nacionais nunha soa institución. Os profundos cambios que a aplicación das novas tecnoloxías da información e a comunicación están ocasionando sobre estas institucións, sobre as súas coleccións, a organización das mesmas e a súa posta en servizo, mostra un potencial importante para unha converxencia, ó menos no campo dixital (Hedstrom, Margaret, King, John Leslie, 2004). Se analizamos as coleccións, no mundo dixital a vella distinción de soportes ten desaparecido, aínda que o engado do obxecto físico sexa máis forte nos museos que nas bibliotecas e os arquivos, onde a consulta do documento en rede das bibliotecas e os arquivos é suficiente para moitos usuarios, en tanto que a consulta da peza museográfica dixitalizada non diminúe o potencial do museo como espazo físico. En relación ós formatos, a rede evoluciona do texto á imaxe en movemento, da escrita ó vídeo, a radio, etc., facéndose audiovisual, o que xa visible en bibliotecas, arquivos ou museos, como por exemplo os podcasts, webcasts,canles de TV etc. da Library of Congress ou a Tate Gallery, por citar dúas institucións de alcance internacional, pero tamén en centros locais como o Arquivo de Arganda. En canto á recuperación da información, o sistema de busca na rede, dos buscadores, directorios, metabuscadores, etc., tense convertido no paradigma da busca e recuperación da información, de “toda” a información, física ou virtual, e esta perspectiva a máis curto que longo prazo vai condicionar o traballo das institucións da memoria, que están xa nalgúns países en fase de debate, e ás veces de converxencia.
48
Para facilitar esta converxencia algúns países, ademais de crear os organismos de tutela comúns ós que xa nos referimos, fixeron esforzos para unificar ou interrelacionar procedementos de traballo (norma ISO 21127:2006 para o intercambio de información do patrimonio cultural), e segue a traballarse sobre o acceso transversal ós contidos culturais das tres institucións. Como realizacións neste campo pode verse o portal francés Culture.fr37 que a traveso do motor “Collections” interroga simultaneamente as diferentes fontes documentais do Ministerio de Cultura (BnF, Archives Departamentales, Musée de Louvre, bibliotecas municipais…), ou OAC (Online Archive of California)38, onde máis de 150 bibliotecas, arquivos, coleccións especiais e sociedades de historia construíron un espazo web público con descricións detalladas de fontes primarias (obxectos artísticos, manuscritos, fotografías…), e en moitos casos con acceso ás pezas dixitalizadas. No campo normativo en España tamén se dan pasos cara o achegamento das tres institucións, como mostra a Lei 11/2007 de Bibliotecas de Euskadi que sinala no seu artigo 5 que os servizos bibliotecarios se prestarán mediante unha política de información dirixida á converxencia das institucións dos sectores de arquivos, bibliotecas e museos. Pola súa parte, os organismos internacionais, como o Consello de Europa (Consello de Europa. Comité de Cultura, 2000), chaman ás autoridades nacionais á converxencia no marco das políticas nacionais e internacionais. Accións da Unión Europea como Calimera (Cultural Applications: Local Institutions Mediating Electronic Resources Access) teñen o foco especialmente dirixido ó patrimonio cultural de museos, arquivos e bibliotecas, así como á aplicación local das novas tecnoloxías para xerar novos produtos dixitais a partir das súas coleccións que lles permitan saltar as barreiras dos seus espazos físicos, achegándose así a públicos distintos. Neste sentido, Europeana39, a biblioteca dixital europea, tamén xunta nas súas coleccións arquivos, bibliotecas, museos e coleccións audiovisuais. Con este panorama como fondo, cremos posible propoñer algunhas posibles liñas de actuación nas institucións da memoria galegas dende as tres perspectivas que nos foron propostas: conservación, coñecemento e difusión do Patrimonio histórico cultural, xa que son os campos educativo e patrimonial o marco privilexiado do desenvolvemento cooperativo (Yarrow, Alexandra, Clubb, Barbara, Draper, Jennifer‐Lynn, 2009, p. 10).
37 http://www.culture.fr/fr/sections/collections/accueil/presentation_collection [consulta 3/12/2009] 38 http://www.oac.cdlib.org/ [consulta 3/12/2009] 39 http://www.europeana.eu/portal/ [consulta 28/12/2009]
49
As institucións da memoria e os seus bens en Galicia Unha definición diverxente das coleccións patrimoniais O primeiro que conviría clarificar é que entendemos por Patrimonio Histórico Cultural no ámbito das institucións da memoria, algúns de cuxos centros en Galicia seguen sendo de titularidade estatal, aínda que en 2009 se teñan asinado acordos para a súa transferencia. Neste sentido a lexislación que afecta ás institucións emana da Administración autonómica, local e central, as tres con competencias no ámbito patrimonial. Respecto ó tratamento da lexislación galega hai que sinalar que a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia non fai un tratamento converxente das 3 institucións. Así mentres todos os bens de museos e arquivos aplícaselles a mesma protección que ós bens declarados de interese cultural, non ocorre o mesmo cos fondos das bibliotecas, onde soamente teñen tal consideración as pezas que integren o patrimonio bibliográfico de Galicia (artg. 50.1). Este tratamento desigual reflíctese tamén nos órganos asesores da Xunta de Galicia establecidos no artg. 7, onde non aparece recollido o Consello de Bibliotecas nin ningunha outra Comisión deste sector que puidera crearse ó efecto, ou no tratamento esixido para a reprodución de pezas, so requirido no caso dos museos. É dicir que a lexislación vixente dalgún xeito recoñece ás institucións museos e arquivos como bens patrimoniais, mentres que non recoñece ás bibliotecas, das que só determinadas pezas terán carácter de patrimonio bibliográfico e como tal poderán ser protexidas. De feito, aínda que algúns autores (Arias Vilas, Felipe, Fariña Busto, Francisco, 1996) consideren que a ausencia das bibliotecas nesta Lei deriva da existencia dunha lei anterior de Bibliotecas, a Lei 14/1989 de Bibliotecas de Galicia, a realidade é que nesta última as referencias ó patrimonio son contadas e sempre de carácter tan xenérico como a obriga de “conservar e enriquecer o patrimonio bibliográfico” (art. 3.1 b). Un tratamento que é diverxente do realizado pola Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico español, que comeza a definición do Patrimonio bibliográfico sinalando “Forman parte del Patrimonio Bibliográfico las bibliotecas y colecciones bibliográficas de titularidad pública”, fórmula tamén adoptada nas leis de Patrimonio do Pais Vasco e Cataluña, o que si sitúa ás bibliotecas no mesmo nivel de protección que museos e arquivos, sendo especialmente relevante dado que algunhas delas recollen a través do Depósito Legal o que será a herdanza bibliográfica da comunidade. Por certo, que o Depósito Legal como principal instrumento para a constitución das coleccións patrimoniais non aparece recollido nin na Lei 8/1995, nin na Lei 17/2006 do Libro e a Lectura de Galicia, que o define en exclusiva como instrumento para a recompilación do libro galego, sen máis especificación, o que parece máis ben referirse á elaboración de bibliografías ou outras compilacións, que poden ser unha función subsidiaria do mesmo, pero non a súa función esencial (Vitiello, Giuseppe, 2000).
50
Unha parte fundamental dos debates que afectan ó Depósito Legal hoxe ten que ver coa extensión das categorías de documentos a que debe afectar, ou dito doutra forma, como se pode manter a construción de coleccións patrimoniais no actual marco tecnolóxico. A Lei 17/2006 do Libro e da Lectura de Galicia fala no seu artg. 27 de recompilar “material bibliográfico, gráfico, sonoro, audiovisual, electrónico ou realizado en calquera soporte…”, o que parece abrir a porta á construción de coleccións de patrimonio dixital, o que non aparece recollido en ningunha regulamentación posterior a Lei, nin anterior, cando xa a consideración de materiais suxeitos a Depósito Legal era similar á actual. Volveremos a este tema. Seguindo co tratamento diverxente da actual Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, haberemos de preguntarnos cales bens posuídos polas bibliotecas están protexidos con esta lexislación. Se temos en conta o artg. 75 da mesma lei, non especificamente dirixido ás coleccións das bibliotecas, o patrimonio bibliográfico está en esencia constituído por obras das que non se coñeza a existencia de polo menos tres exemplares en bibliotecas ou servizos públicos, e obras que teñan máis de cen anos e fondos que por algunha circunstancia formen un conxunto unitario. É dicir a Lei recolle con claridade o criterio de rareza e o criterio de antigüidade. En canto ó primeiro parece razoable, eficaz e de relativa fácil aplicación, pero pensamos que debía especificarse que as bibliotecas ou servizos públicos a que se refire son da Comunidade. Máis discutible encontramos o segundo, aplicable tamén cunha antigüidade de 40 anos ó patrimonio documental, porque ó fin e ó remate todos os bens que perduren acabarán tendo 100 anos, e resulta dificilmente comprensible para bibliotecarios e usuarios que o ben de 100 anos estea protexido, e o de 99 non o estea. Pese á dificultade parece aceptable, quizá convindo algunha matización. En canto ó último criterio a expresión “por algunha circunstancia” formen un conxunto unitario é francamente ambigua, e por esa vía poderían entrar todas as bibliotecas como bens patrimoniais, o que como vimos non pareceu estar na intención dos lexisladores. Este marco lexislativo non beneficia a converxencia das institucións da memoria, o que se ve agravado pola escasa transversalidade que adoitan ter os plans levados adiante por distintas Administracións, ou dentro da mesma distintas Consellerías, Direccións Xerais, etc. Dende a nosa perspectiva, no referido ó patrimonio bibliográfico a lexislación debería ampliar o seu alcance e protexer tamén como bens patrimoniais:
• todas as coleccións impresas recibidas polas bibliotecas galegas en virtude do Depósito Legal
• as coleccións en lingua galega ou de temática referida a Galicia, editadas fora da Comunidade, das bibliotecas de titularidade pública e as das bibliotecas recoñecidas como de especial interese para Galicia
• os exemplares da produción bibliográfica galega que non son obxecto de Depósito Legal
51
• obras de menor antigüidade que a establecida con carácter xeral producidas en soportes de duración inferior ós 100 anos (aplicable tamén ó patrimonio documental).
• o patrimonio dixital galego
Por outra parte tamén, debería concretarse o último criterio sinalado na Lei, protexendo non só conxuntos unitarios, senón tamén pezas bibliográficas determinadas que non cumprindo os restantes criterios, poidan formar parte dos bens patrimoniais en función das súas características, propietario, etc., xa que ás veces son estes elementos os que proporcionan á peza o seu valor cultural. Neste sentido, a lexislación debería permitir valorar a achega cultural da peza, que debería primar como criterio fronte ó número de exemplares ou á súa antigüidade. O estado das coleccións patrimoniais galegas En segundo termo, chama a atención a carencia de informes públicos sobre o estado do patrimonio nos tres tipos de institucións galegas implicadas neste estudo. Fontes como a web Patrimonio Cultural Galego40 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, aínda en fase de desenvolvemento, non inclúe a día de hoxe información algunha sobre patrimonio cultural en bibliotecas e apenas hai referencias ós arquivos. Tampouco o Anuario de Estatísticas culturais 2007 do Observatorio da Cultura Galega, con datos referidos á xestión do Patrimonio nos museos, inclúe información sobre aspectos patrimoniais de bibliotecas e arquivos. O descoñecemento do estado, e atreveríame a dicir que tamén nalgúns casos dos bens, vese favorecido polo feito da dispersión dos mesmos en institucións de pequeno tamaño ó longo do país (bibliotecas e arquivos municipais, de entidades privadas, etc.). Polo tanto, urxe a realización dun estudo41 que contemple ó menos os seguintes aspectos:
1. Identificación dos centros posuidores de pezas e/ou coleccións de carácter patrimonial 2. Descrición de pezas e/ou coleccións patrimoniais 3. Estado e condicións de conservación das pezas e/ou coleccións 4. Actividades de xestión (tratamento, restauración, catalogación, dixitalización…)
realizadas 5. Formación do persoal no campo patrimonial
Coma consecuencia deste estudo deberíamos obter un mapa a nivel local de institucións galegas posuidoras de patrimonio e información sobre:
a) Tipos de bens culturais conservados en función do soporte e das disciplinas b) Volumetría (en número de pezas ou en ms. lineais) das coleccións patrimoniais c) Adquisicións de bens patrimoniais nos últimos anos
40 http://www.patrimonio.org/ [consulta 28/12/2009] 41 En Francia realizouse una enquisa con esta finalidade no ámbito universitario:cfr. http://www.sup.adc.education.fr/bib/Acti/patrimoine/Enquete_Patrimoine2008.pdf [consulta 26/11/2009]
52
d) Tratamento técnico dos bens (catalogación, inventarios, participación en catálogos colectivos, censos…)
e) Condicións de almacenamento e exposición dos bens (condicións ambientais, seguridade, necesidade de intervencións…)
f) Tratamentos de mantemento e conservación aplicados (limpeza, microfilmación, dixitalización…). Normas aplicadas en estes tratamentos.
g) Condicións de consulta h) Actividades de difusión e posta en valor i) Niveis de sensibilización e formación do persoal neste campo, con vistas á elaboración
de manuais de procedemento, materiais de formación e autoformación, incluíndo e‐formación, etc.
Esta información debería servir como base para definir axeitadamente o marco político‐xurídico, establecendo con máis claridade os bens a protexer, así como o papel das distintas administracións públicas e posuidores privados dos bens nas políticas de conservación, incremento, investigación e posta en servizo dos mesmos. Algunhas propostas para a converxencia en materia patrimonial As actuacións sobre os bens patrimoniais das institucións da memoria e a súa posta en servizo de forma converxente requiren comezar a traballar nalgúns ámbitos que permitan programas transversais das institucións en materia de patrimonio. Estes medios precisan unha normalización, que deberá sempre ser de mínimos con obxecto de non uniformar os centros e permitir solucións creativas en cada un deles. Preservación e Conservación Non imos entrar aquí na análise dos tecnicismos que con frecuencia se acompañan os termos que dan título a este apartado, englobando ou non o primeiro dentro da conservación baixo a fórmula conservación preventiva. Limitarémonos a sinalar que neste campo é preciso estar especialmente atentos ós resultados encontrados no estudo sobre o estado das coleccións patrimoniais de que falamos no punto anterior, pois é a análise das condicións de almacenamento e exposición dos bens e os tratamentos de mantemento e conservación aplicados quen nos permitirá priorizar os obxectivos e elaborar as políticas cara a conservación. Porque son estas condicións (iluminación, higrometría, temperatura, etc. desfavorables), como xa sinalou a Unesco na Recomendación sobre la Protección de los Bienes culturales muebles , as que repercuten de xeito máis forte sobre o deterioro das pezas, e “…a la larga pueden repercutir más gravemente que si se tratara de daños accidentales o de vandalismo ocasional” (Recomendación, 1978). As intervencións que sen dúbida o estudo sobre o estado do Patrimonio nas institucións da memoria mostrará necesarias requiren o deseño de políticas que impliquen ás distintas Administracións, tendo en conta o papel reservado ós Concellos
53
pola Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia e pola Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia. As limitacións orzamentarias dos Concellos aconsellan que para levar adiante tales políticas sexa preciso elaborar plans cofinanciados. En todo caso, hai que sinalar que a sensibilización destas Administracións e da poboación respecto ó patrimonio, imprescindible para levar adiante os plans de preservación e conservación, non é allea ás accións de posta en servizo do mesmo, para o que se conta hoxe con recursos tecnolóxicos que permiten a participación, coma as aplicacións da web 2.0, pero por razóns expositivas tratamos separadamente ambas actuacións. Pero a cidadanía debería tamén cumprir un papel dentro destes plans. A implicación da comunidade na recuperación patrimonial ten dado importantes froitos, por exemplo coa súa achega de fotografías, como dende hai 10 anos mostra o programa “Legados de la tierra” de Castilla‐La Mancha, onde se financia ata o 60% dos costos de recuperación do patrimonio fotográfico de administracións locais e particulares, organizando exposicións do mesmo, e dende o ano 2008 cofinanciando paralelamente un programa de dixitalización do patrimonio documental da Administración local. Os resultados destes programas son máis de 570 exposicións, os catálogos correspondentes, e o Arquivo da Imaxe de Castilla‐La Mancha42, onde xunto a unha selección de fotografías do programa “Legados de la tierra”, poden verse os fondos dos arquivos de distintos fotógrafos da rexión. Aínda que aquí nos centramos nos bens culturais de arquivos, bibliotecas e museos de titularidade pública, non debe esquecerse que unha parte do patrimonio a que nos referimos está en mans de particulares ou organizacións privadas. Respecto a eles son posibles diversas intervencións:
a apelación á colaboración para a doazón ou dixitalización de pezas de interese, co compromiso de aplicar medidas de limpeza, restauración, etc. Unha política deste tipo debe ser alentada polas institucións locais, como concellerías de cultura, arquivos e bibliotecas municipais, etc.
a apelación ó coidado do patrimonio cultural familiar. É coñecido o éxito que adoitan ter as campañas de solicitude de fotos antigas da vila ou cidade, como vimos de ver, e especialmente atractivo nos parece o programa Patrimoine à domicile do Musée de la Civilisation de Québec43, onde se estimula a conservar, documentar e protexer o patrimonio familiar.
as convocatorias de axudas á conservación dirixidas a organizacións privadas, adquirindo a cambio compromisos respecto á consulta, dixitalización, préstamos, etc.
Estas políticas permitirían actuar non só dende o punto de vista da conservación, senón tamén da recuperación de bens patrimoniais, sensibilización e posta en servizo dos mesmos.
42 http://pagina.jccm.es/cultura/dglab/ArchivoDeLaImagen?seccion=Archivos [consulta 15/11/2009] 43 http://www.mcq.org/fr/patrimoine/index.html [consulta 7/12/2009]
54
No plano técnico, é necesario actuar a niveis moi diversos. Nalgúns casos faise necesaria a redacción de pautas marco para as tres institucións da memoria que reflictan directrices mínimas de actuación. A elaboración dunhas normas comúns que contemplen os requisitos de transporte e manipulación esixibles para préstamo de pezas con destino a exposicións temporais, ou a adopción de recomendacións comúns para enfrontarse á xestión de emerxencias, denominada agora xestión de desastres, nos tres tipos de institucións, son exemplos destas pautas marco, e axudarían a sensibilizar ó persoal de arquivos, bibliotecas e museos sobre a conveniencia da converxencia. As recomendacións para a xestión de desastres (entre os que están incidentes relativamente frecuentes como inundacións, roubos, incendios, etc.) deberían ser seguidas por cada centro na elaboración do seu plan ó respecto, un instrumento que tería que ser contemplado como obrigado en todos os centros, públicos ou non, con coleccións patrimoniais. Os obxectivos destes plans deberían ser:
Previr e minimizar os riscos Preparar para as emerxencias máis frecuentes Responder rapidamente para minimizar os danos en caso de desastre Recuperar o máis rapidamente posible en caso de desastre
A adaptación das instalacións ás medidas de seguridade e a dotación de equipamentos de emerxencia deberían constituír intervencións básicas que se deben priorizar en función do estudo antedito. Neste sentido, ademais das intervencións precisas nos centros, deberían deseñarse infraestruturas ó servizo dos centros. Entre estas infraestruturas estarían algúns instrumentos e medidas de axuda, como a preparación de ferramentas en liña que axuden a simplificar o proceso de elaboración de plans de emerxencias, tal e como Dplan: The Online Disaster planning Tool for Cultural and Civic Institutions realizado polo Northeast Document Conservation Center (NEDCC)44, ou a dispoñibilidade dunha planta de conxelación para materiais en papel afectado pola auga. Pero tamén debería valorarse a creación dunha organización de apoio, tipo Axencia ou Instituto do Patrimonio, que funcione a un tempo como infraestrutura de apoio e cooperación, e como organismo de investigación e transferencia de coñecemento. Xunto ás accións referidas ás instalacións e emerxencias, con vistas á preservación a longo prazo as institucións da memoria deberían realizar unha copia de protección ou duplicación, un labor que debería estar liderado polas institucións nacionais da Cidade da Cultura con obxecto de evitar descoordinación e repetición de duplicacións. Os novos soportes e as novas tecnoloxías de tratamento do patrimonio presentan problemas de longo alcance dende o punto de vista da propiedade intelectual, que
44 http://www.dplan.org/default.asp [consulta 20/12/2009]
55
como é lóxico van sendo lentamente enfrontados pola lexislación. Neste sentido, as accións de conservación están plenamente garantidas pola lexislación española nas modificacións introducidas na Lei 23/2006 que sinala: “Los titulares de los derechos de autor no podrán oponerse a las reproducciones de las obras, cuando aquéllas se realicen sin finalidad lucrativa por los museos, bibliotecas, fonotecas, filmotecas, hemerotecas o archivos de titularidad pública o integradas en instituciones de carácter cultural o científico y la reproducción se realice exclusivamente para fines de investigación o conservación”. Aínda que non todo o mundo participa da consideración de que a dixitalización do patrimonio contribúe á difusión dos bens e á súa conservación, en xeral admítese que protexe pezas danadas ou en perigo de exposición ós riscos asociados ó seu uso. A dixitalización é un proceso de creación de arquivos dixitais a partir da conversión de materiais analóxicos, pero antes de proceder á mesma é preciso asegurar que a peza ten as condicións de estabilidade para que se leve a cabo o proceso, o que en ocasións requirirá unha intervención previa. Polo tanto, a dixitalización non debe ser vista como unha alternativa á conservación dos bens patrimoniais, senón como procesos que en moitos casos deben abordarse de xeito simultáneo. Pero ademais, cando se trata de patrimonio bibliográfico e documental debe respectarse o carácter único da peza, ó marxe do número de exemplares ou copias de que poida dispoñerse, e polo tanto a dixitalización debe ser absolutamente respectuosa con ela abarcando a súa integridade. A dixitalización do patrimonio é ademais esencial para o desenvolvemento das industrias de contidos electrónicos, ademais do desenvolvemento do turismo e a cohesión social, como teñen sinalado a Unión Europea e a Unesco. Neste sentido calquera proxecto relacionado coa dixitalización debería estar fortemente ligado ás políticas de I+D+i da Xunta de Galicia. No proceso de dixitalización poden acadarse, ó pe dos obxectivos de conservación, importantes valores engadidos, dos que aquí nos limitaremos a sinalar tres:
a) A recuperación virtual de bens patrimoniais galegos e que na actualidade se atopan fora de Galicia. Sirvan como exemplos os Cancioneiros medievais de Ajuda, Vaticana e Colocci‐Brancuti ou a documentación galega enviada ó Arquivo Histórico Nacional ou á Academia de Belas Artes de San Fernando despois da desamortización. Esta liña entraría dentro do desenvolvemento do art. 1.4 e do art. 6 da Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia.
b) A socialización de bens patrimoniais galegos que permanecen en mans privadas e cuxa consulta e difusión é limitada.
c) A denominada reunificación virtual, do que é boa mostra o traballo realizado pola British Library co Codex Sinaiticus45, pero mais humildemente aplicable por exemplo á
45 http://www.codexsinaiticus.org/en/ [consulta 10/12/09]
56
dixitalización de prensa ou revistas hoxe espalladas en distintos centros. Lamentablemente esta reunificación virtual non foi tida en conta nos proxectos levados a cabo ata agora polo Centro Superior Bibliográfico.
Os traballos de dixitalización deberían ser abordados, ó igual que xa sinalamos para as accións de preservación e conservación, coa participación das distintas Administracións, debendo xogar un papel importante as institucións de ámbito local, que en ocasións posúen pezas únicas do patrimonio bibliográfico, documental, etnográfico, etc.. Para levar adiante programas deste tipo é fundamental que se convoquen axudas que cofinancien a preparación das pezas, e os procesos asociados á dixitalización, almacenamento, descrición e posta en servizo das mesmas. Patrimonio dixital Xunto ó conxunto de bens patrimoniais dixitalizados a partir de material analóxico xa existente, cada vez máis boa parte da información, o coñecemento ou a expresión son hoxe creados en soporte dixital. Este cambio tecnolóxico ten un forte impacto sobre as institucións da memoria, tanto nas bibliotecas (bases de datos e revistas electrónicas), como nos arquivos (administración electrónica) e os museos (arte na rede, museos e exposicións virtuais). Esta implicación dos tres tipos de institucións levou ó International Internet Preservation Consortium46 , formado en 2003 polos primeiros participantes no arquivo da web, a abrir o consorcio a arquivos, bibliotecas, museos e outras institucións, e ademais a poñer libremente a disposición da comunidade un conxunto de software libre desenvolto polos centros participantes co finalidade de construír, preservar e facer accesible o arquivo da web. Desde finais dos anos 90 (por ex. o proxecto PANDORA australiano) fixéronse esforzos en distintos países por arquivar de xeito permanente as creacións dixitais, producíndose posteriormente diversos documentos e plans de acción de carácter internacional. A resolución 2002/C 162/02 do Consello europeo de 25 de xuño de 2002 sobre Conservar a memoria de mañá ‐ Conservar os contidos dixitais para as xeracións futuras ou o plan eEurope foron mostra da conciencia da UE sobre a problemática posta en marcha polos recursos dixitais. Pola súa parte, a Unesco elaborou un Proxecto de Carta para a Preservación do Patrimonio dixital, que será adoptada en 2003, xunto cunhas Directrices para a Preservación do Patrimonio dixital, realizadas pola Biblioteca Nacional de Australia. Na primeira recoñece o carácter de herdanza cultural dos novos recursos dixitais, mentres na segunda entende por “preservación” a conservación de información ou calquera outro tipo de patrimonio existente en forma dixital.
46 http://www.netpreserve.org/about/index.php
57
Na Carta (Unesco, División da Sociedade da Información, 2003), a Unesco alerta do perigo da perda deste patrimonio, e para evitalo urxe a tomar unha serie de medidas, como elaborar estratexias e políticas para a súa preservación, determinar os elementos que deben conservarse, protexer este patrimonio a través da lexislación e promover a diversidade cultural. Pola súa parte, as Directrices sinalan que o patrimonio dixital está formado unicamente por aqueles obxectos dixitais que se considera que posúen un valor permanente e reitera a urxencia de tomar decisións respecto á súa preservación “De ser necesario, es preferible actuar, aunque no sea de manera exhaustiva ni impecable, a no hacer nada” (National Library of Australia, 2003, p. 23). Con obxecto de definir con exactitude os obxectos dixitais que constitúen este patrimonio, e ter en conta a inxente tarefa que presenta, as Directrices relacionan os seguintes recursos47:
1. Publicacións electrónicas, distribuídas en liña ou en soportes portátiles (monografías, fascículos, sitios web, revistas electrónicas)
2. Documentos semipublicados (teses e artigos en soporte electrónico, arquivos de uso restrinxido en universidades, sociedades académicas, etc.)
3. Rexistros de actividades, transaccións, correspondencia, etc. tanto persoais como de organismos, incluíndo mensaxes de grupos de discusión, correo electrónico, anuncios electrónicos, blogs, etc.
4. Conxuntos de datos recolectados para análises científicos 5. Materiais educativos empregados por sistemas de e‐ensino. 6. Ferramentas informáticas (bases de datos, programas informáticos, etc.) 7. Documentos inéditos únicos (narracións orais, informes de investigación…) 8. “Manuscritos” electrónicos (borradores de escritos, correspondencia persoal) 9. Produtos de entretemento, de carácter comercial ou non (xogos, música, radio, TV,
etc.) 10. Obras gráficas e fotografías documentais realizadas por medios dixitais 11. Copias de imaxes, sons, textos e obxectos tridimensionais efectuadas a partir de
orixinais non dixitais.
De todos estes recursos, a Unesco na Carta citada recoñece a prioridade absoluta dos recursos de orixe dixital, xa que aqueles procedentes da dixitalización terán, ó menos, un orixinal analóxico. O conxunto de obxectos dixitais relacionado na lista anterior, dos que algúns se incrementarán exponencialmente a medida que se desenvolva a administración electrónica, presenta importantes problemas cara a preservación debido ás súas características: forte inestabilidade dos soportes, os medios de acceso son reemprazados en pouco tempo, ás veces están protexidos por barreiras de acceso,
47Unha clasificación das distintas modalidades de patrimonio dixital bibliográfico pode verse en Garcia Melero, Luis Ángel, 2005, pp. 8-10.
58
algúns dos seus contidos son modificados con frecuencia, ás veces existe unha soa copia, etc. Como sinalan as propias Directrices da Unesco, o maior destes problemas é sen dúbida a desaparición dos medios de acceso (equipos e programas informáticos), o que nos sitúa nun panorama moi distinto ó que caracteriza a preservación de obxectos non dixitais, sempre intentando preservar o obxecto material. Pero esta ameaza debe ser vista como un reto no que as autoridades responsables da conservación do patrimonio se impliquen no desenvolvemento de I+D+i nas Universidades e nas empresas tecnolóxicas, algunhas das cales teñen significativa importancia na economía galega. Neste sentido, gustaríanos destacar de novo a importancia de que os plans que gardan relación co Patrimonio, tanto de preservación, como de organización e acceso, estean presentes nas políticas levadas adiante pola Consellería de Economía e Industria. Pero ademais a Carta da Unesco advirte das barreiras de tipo legal que a preservación do patrimonio dixital debe ter en conta, especialmente as referidas á Propiedade intelectual. No caso español, como xa sinalamos a copia con fins de conservación está permitida pola lexislación ás institucións da memoria, aínda que é dubidoso que esta excepción poda aplicarse no caso que agora nos ocupa, xa que a copia neste caso sería para construír a propia colección, e só despois, conservala. Pero ás barreiras relacionadas coa Propiedade intelectual, habería que engadir outras relativas ó Depósito legal, á Protección de Datos persoais, dereito á propia imaxe, etc. (Beunen, Annemarie, Schiphof, Tjeerd , 2006). A existencia dunha lexislación para o Depósito Legal que contemple os recursos dixitais, resolvendo así os problemas presentados pola copia destes recursos, non é xeneralizada en todos os países. Francia, Alemania, Dinamarca, Noruega, Canadá, etc. si inclúen os recursos dixitais na súa normativa. Pero aínda países que non lexislaron ó respecto, están facendo esforzos para construír repositorios destes recursos, como é o caso da British Libary ou Koninklijke Bibliotheek en Holanda que buscan as autorizacións dos posuidores dos dereitos para proceder ó arquivo. No caso español so Catalunya ten posto en marcha o seu proxecto de arquivo dixital, e as súas institucións bibliotecarias reclaman a redacción dunha lei sobre Depósito Legal que inclúa os recursos web (Serra Aranda, Eugènia , 2006). Pero a súa inexistencia non lles ten impedido, como nos casos inglés e holandés xa sinalados, o desenvolvemento de PADICAT (Patrimonio Dixital de Catalunya)48 Máis problemático é o acceso a esta información en recursos que non sexan de dominio público ou baixo determinadas licencias Creative Commons, aínda que a lexislación española permitiría a súa consulta baixo determinadas condicións (un edificio determinado, con fins de investigación), de acordo á Lei 23/2006: “No
48 http://www.padicat.cat/
59
necesitará autorización del autor la comunicación de obras o su puesta a disposición de personas concretas del público a efectos de investigación cuando se realice mediante red cerrada e interna a través de terminales especializados instalados a tal efecto en los locales de los establecimientos citados en el anterior apartado y siempre que tales obras figuren en las colecciones del propio establecimiento y no sean objeto de condiciones de adquisición o de licencia. Todo ello sin perjuicio del derecho del autor a percibir una remuneración equitativa”. Un segundo conxunto de problemas garda relación coa selección dos recursos que deben ser conservados, en palabras das Directrices da Unesco xa citadas “…los principales criterios para determinar los elementos digitales dignos de conservación sean su significado y valor duraderos en términos culturales, científicos, testimoniales o de otra índole”. Os proxectos de arquivo da web, hoxe presentes en moitos países, están a ser realizados con diversos modelos, que van dende a recompilación exhaustiva partindo de distintos criterios (dominio, ubicación do servidor, lingüísticos, etc., como o caso de Suecia), a modelos selectivos (en función de criterios xeográficos, temáticos, etc.), tal como fai o sistema holandés, ou a sistemas híbridos, como é o caso de Catalunya no seu proxecto PADICAT. En Galicia non se ten abordado ata o momento o arquivo dixital, e facelo unha vez máis debería estar en mans das institucións da Cidade da Cultura, do mesmo xeito que a súa Biblioteca debería posuír as coleccións de Depósito Legal creadas a partir do nacemento da Autonomía. Iso non quita a necesidade de participación doutras institucións do país, como por outra parte xa se fai no medio analóxico co Depósito legal. Tal colaboración debería estenderse a creadores e editores de recursos dixitais, tendo en conta que o arquivo dixital beneficia tamén os seus intereses, aínda os comerciais, suficientemente respaldados pola lexislación española xa comentada respecto ás limitacións impostas á consulta. Tal ocorre co depósito voluntario en países como Gran Bretaña (Byford, John, 2002) ou Canadá (Bibliothèque Nationale de Canadá, 2001) Difusión Se queremos traballar potenciando a transversalidade das institucións, teremos que buscar e adoptar certas normas que permitan a explotación común dos contidos. Sen dúbida é neste terreo onde as institucións deberán facer maiores esforzos, tendo en conta as diferentes prácticas seguidas ata agora por bibliotecas, arquivos e museos. Neste traballo de normalización pode ser fundamental o papel das novas institucións nacionais da Cidade da Cultura e o liderazgo dunha Axencia ou Instituto do Patrimonio, adoptando:
60
‐Pautas de dixitalización ‐Normas de descrición de recursos (metadatos descritivos, metadatos para a preservación, etc.) ‐Establecemento de vocabularios controlados, thesauri, listas de nomes xeográficos, etc. ‐Pautas en relación á propiedade intelectual, tanto dos contidos dixitalizados como dos metadatos creados. Para a explotación dos recursos contamos dende hai tempo con ferramentas que permiten construír grupos de recursos ou catálogos colectivos virtuais, tales como o “harvesting”, “cross‐searching” ou metabúsquedas. As opcións desenvoltas ata hai pouco polo Ministerio de Cultura a través do Catálogo Colectivo do Patrimonio bibliográfico, con 25 anos de desenvolvemento, do que existen subprodutos dispoñibles para o patrimonio galego, non resolven o acceso ós bens dixitalizados. Máis interese cara á difusión do patrimonio presentan outras realizacións do Ministerio como DOMUS49, un catálogo dos museos estatais, ou Hispana, un agregador de contidos das bases de datos de recursos dixitais OAI, que ó tempo que permite a consulta de rexistros catalográficos, da acceso ós documentos dixitalizados. En Hispana participa tamén Galicia a través do que nese marco se denomina Galiciana, Biblioteca Digital de Galicia, na páxina do Centro Superior Bibliográfico de Galicia Biblioteca Dixital de Galicia. Pero estes proxectos son sempre sectoriais para un tipo determinado de institucións. Dende logo hai experiencias interesantes en distintos países que resolven a un tempo a recuperación da información vía distintos catálogos, inventarios, etc., a recuperación de textos e/ou obxectos dixitais e a converxencia de institucións. Ademais dalgúns xa citados, por poñer aquí un só exemplo, podemos fixar a atención no Portal BAM (Bibliotheken, Archive or Museen)50 que permite a busca común, a partir de metadatos de catálogos e inventarios de fondos de bibliotecas, arquivos, museos e outras institucións alemás que posúen bens culturais. O modelo de BAM foi iniciado en 2001 e conta na actualidade con máis de 40 millóns de rexistros, ós que permite unha consulta simultánea, e tamén a aplicación de filtros por tipos de institucións ou por institucións concretas. Os resultados das buscas están enlazados coas interfaces orixinais, onde se consultan tamén os documentos dixitalizados. Non é o menor éxito de BAM ter asinado un acordo coa Wikipedia en lingua alemá que conectan a está con BAM cando existen no Portal os correspondentes puntos de acceso.
49 http://www.mcu.es/museos/CE/Colecciones/Colecciones.html 50 http://www.bam-portal.de/
61
Galicia conta co Portal Patrimonio cultural galego51 da Dirección Xeral do Patrimonio, unha realización moi interesante dirixida á divulgación do patrimonio, con aplicacións cara á escola, o turismo, etc. Aínda así ten un claro predominio da información referida ó patrimonio construído, con escasa atención ós arquivos e patrimonio documental, e sen unha soa referencia ás bibliotecas e o patrimonio bibliográfico. Esta escasa transversalidade só cabe ser explicada pola distinta dependencia administrativa de bibliotecas, arquivos e museos, dependendo so os dous últimos tipos de institucións da Dirección Xeral de Patrimonio, responsable do Portal. Lamentablemente os seus contidos hai meses que foron deixados de actualizar. Con todo e isto, o Portal podería ser o lugar axeitado para albergar outras aplicacións, ademais das docentes e divulgativas, que habería que mellorar, e debería potenciarse para que servira de acceso á recuperación conxunta de información e recursos dixitais no campo patrimonial das tres institucións da memoria, ás que se poderían xuntar outras fontes de recursos informativos. En relación ós contidos, xunto a outras aplicacións tecnolóxicas nas propias instalacións dos centros (menús interactivos, recreacións virtuais), a nosa proposta considera que o Portal no seu papel de hipermediador debería desenvolver algunhas funcións como as seguintes:
a) Informativas: presentación das institucións da memoria, catálogo de bens culturais, acceso a bens dixitalizados, lexislación sobre patrimonio, información de carácter práctico (horarios, exposicións temporais, etc.) a traveso de móbil, PDA, RSS, etc.
b) Divulgativas: exposicións virtuais, recreacións virtuais, visitas virtuais, itinerarios de patrimonio, xogos virtuais, etc.
c) Educativas: exposicións virtuais, titoriais, propostas para emprego dos contidos do Portal nos distintos niveis do ensino, audioguías, signoguías, etc. Bos exemplos poden verse na páxina Educathyssen52 do Museo Thyssen‐Bornemisza , nas páxinas para docentes da Library of Congress53, ou nos Recursos didácticos do Arquivo de Arganda54.
d) De sensibilización: xogos, concursos, descarga de salvapantallas, programas e campañas especialmente deseñadas ó respecto. Debería incluír tamén algunha acción con vistas a alentar as doazóns ou depósitos de patrimonio (arquivos persoais, coleccións de prensa local, etc.) nas institucións.
Naturalmente estas funcións non se desenvolven de forma illada, senón que haberá contidos que teñan simultaneamente, por exemplo, funcións divulgativas e de sensibilización. O deseño do Portal debería tamén permitir:
51 http://www.patrimonio.org/ 52http://www.educathyssen.org/principales/recursos-educativos/secuencias-didacticas/ [consulta 15/11/2009] 53 http://www.loc.gov/teachers/ [consulta 15/11/2009] 54 http://archivo.ayto-arganda.es/archivo/recursos_index.asp [consulta 15/11/2009]
62
a) Acceso diferenciado respecto ós diferentes tipos de usuarios, que poderían categorizarse como:
a. Visitantes: acceso ó conxunto da información mediante busca en catálogo do conxunto dos bens culturais, acceso temático ós bens dixitalizados, exposicións virtuais, podcast audio e video, recreacións virtuais de conxuntos patrimoniais, itinerarios de patrimonio, etc.
b. Nenos e mozos: acceso a materiais que a través de xogos, cadernos de debuxo, recortables, vídeos,concursos, etc. dean a coñecer e sensibilicen a este público respecto ó patrimonio, exposicións virtuais, itinerarios de patrimonio, etc.
c. Docentes: propostas para o emprego de bens patrimoniais dixitalizados nas clases (webquests, etc).
d. Conservadores (bibliotecarios, museólogos, arquiveiros, …): plans de xestión de desastres de institucións participantes, normas e pautas de dixitalización e metadatos para participar no proxecto, lexislación, titoriais de auto‐formación, podcast audio e vídeo de congresos, conferencias, táboas redondas sobre temas patrimoniais, etc.
b) Os contidos do Portal deberían abarcar tanto información preparatoria das visitas ás institucións da memoria (audioguías, signoguías, etc.), pois é evidente que non intenta substituír a visita presencial ós centros, como información para visitas ou actividades virtuais de internautas.
c) Permitir a creación de espazos persoais, ás veces chamados andeis virtuais, onde o usuario poda crear a súa colección persoal ou acceder facilmente ás páxinas do Portal.
d) Facer un uso creativo das ferramentas da web 2.0 para permitir a interacción dos usuarios/as (podcast55, RSS, redes sociais, blogs) e a creación de contidos (publicación de fotografías, vídeos, debuxos…)
e) Situarse como un Portal de prestixio no campo, responsable socialmente, e unha fonte segura de información:
a. Garantindo a actualización das páxinas, revisando os enlaces, indicando a data de actualización da páxina, anunciando postas ó día do contido, etc.
b. Proporcionando información sobre o proxecto, obxectivos, etc. c. Informando claramente sobre todas as institucións participantes,
patrocinadores, etc. d. Respectando e informando sobre a lexislación de propiedade intelectual e
empregando sistemas de distribución Copyleft para materiais propios. e. Empregando Software libre, o que posibilitará e mellorará a existencia de
empresas de desenvolvemento a nivel local. f. Informando sobre o tratamento dos datos persoais (política de privacidade) g. Recomendando formas de cita dos recursos
55 Sobre o uso de podcast en Museos pode verse MediaMusea, 2007.
63
Naturalmente o Portal non debería interferir co desenvolvemento das páxinas webs das institucións participantes, senón potencialas, tendo en conta que nin unha nin outras deben buscar substituír a visita ós centros. Neste sentido, hai que destacar que as accións de difusión patrimoniais foron considerablemente máis intensas nos últimos anos nos museos e arquivos que nas bibliotecas, menos implicadas na difusión patrimonial, a non ser con carácter instrumental de apoio á docencia e a investigación universitaria. Neste aspecto móstrase tamén importante a existencia dunha Axencia de Patrimonio que active a dinamización dos bens culturais e implique máis ás bibliotecas nestes proxectos. Camiñar cara a converxencia Levar adiante unha política de converxencia das institucións da memoria, que desenvolva e priorice estas ou outras liñas referidas ó patrimonio museográfico, documental e bibliográfico, ten que enfrontar con eficacia a situación de dispersión dos bens en pequenas institucións ó longo do territorio, dependentes de distintas Administracións con competencias na materia ou persoas físicas ou xurídicas, e das que non sempre o obxectivo prioritario é a colección patrimonial, e na mesma medida a súa implicación na conservación e difusión é máis ou menos central á súa acción. A esta situación xa complexa de por si, aínda habería que engadir a carencia de persoal estable, ás veces de calquera persoal, nos centros, o que non garante nin traballos puntuais de organización nin a conservación e acceso ó patrimonio (López Gómez, Pedro, 2007, p. 41). Tampouco a nosa Comunidade se caracteriza pola existencia de servizos de apoio á conservación patrimonial, aínda que ás veces estean contemplados na lexislación relativa ás institucións aquí tratadas. Con vistas a asumir as responsabilidades esixidas pola lexislación do patrimonio (conservación, difusión, acceso público, investigación) dende a perspectiva converxente de que vimos falando, parécenos oportuno a existencia dunha Axencia ou Instituto do Patrimonio moble que faga posible normalizar o tratamento técnico ó nivel mínimo para converxer, realizar e priorizar os plans a desenvolver en materia patrimonial, investigar sobre patrimonio, os seus públicos e a súa contribución ó desenvolvemento. Debería ser responsable do Portal de Patrimonio e podería tamén ser o lugar de residencia dalgúns dos servizos de apoio. O seu ámbito de acción non debería limitarse ó patrimonio das Administracións, senón ó conxunto dos bens patrimoniais. Algunhas das súas funcións poderían ser:
• deseño e coordinación dos plans converxentes cara a posta en servizo e dinamización do patrimonio das institucións da memoria.
• análise e diagnose respecto ó patrimonio moble galego.
• elaboración de pautas, normas e selección de boas prácticas para a conservación e xestión patrimonial.
• investigación sobre patrimonio moble e a súa xestión.
64
• formación de persoal.
• documentación en materia de patrimonio.56
• albergar un servizo nacional de conservación e restauración.
• fomentar a cooperación con todos os sectores cuxas actividades podan confluír na conservación e posta en servizo dos bens patrimoniais.
A modo de balance de propostas Sintetizando algunhas das ideas sinaladas con anterioridade, podemos dicir que para nos hai fundamentalmente 5 grandes liñas de reflexión cara a abordar as dificultades e carencias ás que teñen que enfrontarse na actualidade as institución da memoria galegas:
1. Revisar a lexislación cara a unha definición máis exhaustiva do patrimonio das institucións da memoria, cara a alentar un traballo converxente das actuacións no campo patrimonial das institucións da memoria, e cara a impulsar a atención debida ó patrimonio dixital.
2. Realizar un mapa das institucións da memoria e do patrimonio museográfico, documental e bibliográfico.
3. Impulsar políticas tranversais que conxuguen os intereses das institucións da memoria cos plans de desenvolvemento tecnolóxico, educativo, industrias de contidos, turismo, etc.
4. Crear un marco normativo e infraestruturas de apoio para que as institucións depositarias do patrimonio, maioritariamente de pequenas dimensións, podan conservar, tratar e difundir o seu patrimonio, contribuíndo tamén así ó desenvolvemento local.
5. Potenciar o portal de Patrimonio actualmente existente para que sexa quen de dar soporte ás actividades culturais, educativas, lúdicas, de investigación, turísticas, etc., que esixe hoxe en día o tratamento do Patrimonio.
Bibliografía Arias Vilas, Felipe, Fariña Busto, Francisco: “La legislación sobre el patrimonio histórico de Galicia como Comunidad Autónoma y su evolución”, Complutum Extra, 6, 11 (1996), pp. 347‐358. Beunen, Annemarie, Schiphof, Tjeerd: Legal aspects de web archiving from a Dutch
56 No Decreto 307/1989 de regulamento do sistema de Arquivos e Patrimonio Documental de Galicia contémplase a existencia, entre outros, dun Centro de Información de Arquivos de Galicia, que podería cumprir estas función para o sistema arquivístico, pero, pese ós anos transcurridos, nunca foi creado.
65
perspective. Report commissioned by the National Library in The Hague. Leiden, University, Centre for Law in the Information Society, 2006. Bibliothèque Nationale de Canada: L’édition électronique: Guide des pratiques exemplaires a l’intention des éditeurs canadiens. Ottawa, BNC, 2001. Byford, John: “Publishers and Legal Deposit Libraries Cooperation in the United Kingdom since 1610: effective or not?”, IFLA journal, Vol. 28, No. 5‐6 (2002), pp. 292‐297. Dispoñible en: http://www.ifla.org/V/iflaj/art280506.pdf [consulta 20/12/2009] Consello de Europa. Comité de Cultura: Lignes directrices du Conseil de l’Europe/Eblida sur la legislación et la politique regissant les bibliothèques en Europe. [en liña]. 2000. Dispoñible en: http://www.coe.int/t/dg4/ cultureheritage/Resources/Texts/DECS_CULT_POL_book%282028%291_FR.pdf [15/09/2009]. Dilevko, Juris, Gottlieb, Lisa: The Evolution of Library and Museum Partnerships. Westport, Conn., Libraries Unlimited, 2004. García Melero, Luis Ángel: “La recopilación y conservación del patrimonio digital”, en Jornadas sobre Bibliotecas Nacionales. I. 2005. Valencia: Las Bibliotecas Nacionales del siglo XXI. Coordinación, Everilda Ferriols, Miguel C. Muñoz y Romà Seguí . Valencia, Biblioteca Valenciana, 2006, pp. 115‐148. Dispoñible en: http://bv.gva.es/documentos/Ponencias/Melero.pdf [consulta 11/12/2009]. Hedstrom, Margaret, King, John Leslie: “On the LAM: Library, Archive, and Museum Collections in the creation and maintenance of knowledge communities”, en Mapping Innovation: Six Depth Studies. Organization for Economic Co‐operation and Development, 2004. Dispoñible en: http://www.oecd.org/dataoecd/59/63/32126054.pdf [16/08/2009]. López Gómez, Pedro: “Arquivo Nacional de Galicia”, en Cidade da Cultura: Biblioteca e Arquivo Nacional de Galicia. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2007. MediaMusea: Museos, patrimonio cultural y tecnología [en liña]. 2007. Dispoñible en: http://mediamusea.com/2007/06/29/podcast‐en‐museos/ [10/12/2009] National Library of Australia: Directrices para la preservación del patrimonio digital. Unesco, División de la Sociedad de la Información. [en liña] 2003. Dispoñible en: http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001300/130071s.pdf [consulta 16/12/2009] Serra Aranda, Eugènia: Archivando la web catalana: iniciativas cooperativas de preservación digital en Catalunya. [en liña] 2006. Dispoñible en http://www.bnc.es/bc/archivando_web_catalana.pdf [consulta 15/12/2009]. Vitiello, Giuseppe: “Politique et législation des bibliothèques (Seconde partie)”, Bulletin des bibliothèques de France, 45, 6 (2000), p. 4‐14.
66
Unesco. División da Sociedade da Información: Carta sobre la preservación del Patrimonio Digital. [en liña] 2003. Dispoñible en: http://portal.unesco.org/es/ev.php_URL_ID=17721&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=220.html [consulta 16/12/2009]. Unesco: Recomendación sobre la protección de Bienes culturales muebles. 28 de noviembre de 1978. [en liña] Dispoñible en http://portal.unesco.org/es/ev.php‐URL_ID=13137&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html [16/12/2009]. Waibel, Günter and Ricky Erway: “Think Global, Act Local – Library, Archive and Museum Collaboration”, Museum Management and Curatorship, 24, 4 (2009). Dispoñible en: http://www.oclc.org/research/publications/library/2009/waibel‐erway‐mmc.pdf [consulta 18/12/2009]. Yarrow, Alexandra, Clubb, Barbara, Draper, Jennifer‐Lynn: Bibliotecas públicas, archivos y museos: tendencias de colaboración y cooperación. A Haya, Oficina Central da IFLA, 2009.
67
PATRIMONIO ANTROPOLÓXICO E MEMORIA CULTURAL
Instituto de Estudo das Identidades. Museo do Pobo Galego
1. Os estudos antropolóxicos en Galicia A mirada e a preocupación sobre o patrimonio cultural, e sobre o antropolóxico como unha especificidade do mesmo, en Galicia vaise construíndo ao longo de diferentes procesos ou etapas culturais e por medio de diversas institucións, prácticas, discursos e técnicas. Podemos dicir que esta construción é unha disputa, sobre uns bens simbólicos e materiais, sobre un espazo de poder, tamén político, porque estamos diante duns recursos de identificación, nun intento por construír hexemonías que traducen xeitos diferentes de ver e pensar a existencia, porque visualizan xeitos de entender o mundo e cosmovisións distintas. Neste proceso, que segue en construción e polo que non se pode falar nunca dun produto definitivamente acabado, a noción ou definición de patrimonio foise redefinindo, modificando e, a cada paso, ensanchando coa incorporación de novos campos, de novos conceptos e novos aportes. Isto sempre en función das novas circunstancias, polo que foi pasando de referirse só a aqueles elementos froito da xenialidade humana e unicidade, a aqueles outros froito da creación anónima ou colectiva, aqueles que falan da vida cotiá de todo unha sociedade. É dicir, o patrimonio cultural tamén fórmano os aspectos que falan da continuidade ou descontinuidade dos procesos socioculturais, os obxectos e elementos que falan da capacidade de producir e reproducir unha pluralidade de identidades. Coa ampliación do concepto tamén se amplía, grazas á socialización dos valores culturais, o uso social e o goce dos bens culturais, agora xa como un dereito democrático inherente aos cidadáns. Da importancia que ten hoxe en día o patrimonio, e que ten nas nosas vidas como cidadáns, falan as reclamacións que do mesmo se fai desde diversos campos ou saberes sociais, non só desde os campos da historia e da antropoloxía, senón mesmo desde o da economía e ciencias empresariais, pois entenden que o patrimonio cultural é un recurso económico fundamental nun mundo globalizado, un recurso que pode axudar a solucionar o despoboamento do rural e o desemprego, axudar a revitalizar o consumo e atraer un tipo de turismo, o turismo cultural, é dicir, funciona como unha mercadoría que debe satisfacer o consumo contemporáneo (Pereiro 2006: 26). Porque enténdese que toda sociedade hoxe en día ten unhas necesidades de consumo e, entre estas, necesariamente as de tempo do lecer e de produtos culturais. Pero foi grazas á antropoloxía e a súa definición de cultura que hoxe entendemos o patrimonio como un feito global e como unha expresión cultural complexa. Por iso se entende que a tan manida actualmente división entre material e inmaterial é algo a superar, en todo caso, como di Limón Delgado (1999: 11), non é mais que un convencionalismo nominalista que facilita a análise dos fenómenos, como o poden facilitar outras divisións. A UNESCO definiu patrimonio inmaterial como “os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lle son inherentes, que as comunidades, os grupos e en algúns casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural”.
68
A antropoloxía, xa desde os tempos de Marcel Mauss, ven falando da relación ideacional dos obxectos ao relacionalos cos feitos sociais e non consideralos como elementos illados; posteriormente Lévi‐Strauss falou da “natureza simbólica do obxecto”. O que a antropoloxía nos está a dicir é que ao carón dos obxectos en si hai todo un mundo de coñecementos e experiencias, todo un mundo de relacións sociais que non podemos ignorar. Así os pensamentos e sentimentos que unha embarcación producen nun home de mar forman parte intrínseca da súa cultura e en nada se asemellan aos que provocan nas alleas a mesma. A embarcación sería así o soporte físico do mundo das ideas. O patrimonio non o conforman só os obxectos, senón tamén as ideas, os conceptos. E así como as ideas precisan dun soporte físico, dun cerebro, así todo o que algúns veñen denominando cultura espiritual, precisa dun sostén físico, que sería o que se ven chamando cultura material. Un paso importante foi a incorporación do concepto “ben cultural”. Un fito no comezo deste novo camiñar conceptual hai que situalo en 1954, cando aparece por vez primeira e nunha convención da UNESCO, o termo “ben cultural” que, unha década máis tarde sería analizado e teorizado pola italiana Comisión Franceschini, incorporando xa o concepto de “inmaterial” e, a partir de aí, asimilada na linguaxe patrimonial. Este cambio conceptual vén dado en paralelo aos avances na sociedade do benestar e reafirma esa idea de que o patrimonio non é algo só con valor e referencia obxectual, senón que é algo que hai que vincular a unha colectividade como un referente ou testemuño histórico e de civilización, como algo cargado de significado cultural e social. O que interesa é o significado cultural, os valores que portan os obxectos, a memoria asociada aos mesmos e non só os obxectos en si. Polo tanto, todo ben cultural será definible a partir do significado inmaterial que lle atribuímos, superando así a diferenciación entre o material e o inmaterial (Fernández de Paz 2002: 42). En consecuencia, temos e debemos ler o patrimonio como un todo, porque é froito dun acordo social mediante o cal un grupo elixe e comparte, nun determinado momento histórico, uns elementos culturais que dan sentido á súa existencia. Nese proceso eses elementos son elevados á categoría de bens representativos, significativos e identificados cunha cultura, bens con capacidade de simbolizar, en consecuencia, algo que se debe coidar e legar ás xeracións futuras, polo tanto conservar porque é digno de ser preservado. E a mirada sobre o noso patrimonio cultural empeza, aquí entre nós, a albiscarse nitidamente na segunda metade do XIX. Parafraseando a Peter Burke podemos dicir que dáse coincidindo coa “descuberta do pobo” en occidente. Esta mirada, ou toma de conciencia dunhas elites por algunhas manifestacións culturais propias, é, no fondo, un produto da modernidade, o resultado dunha reflexividade non exclusivamente nosa, senón que é correlativa de todas as culturas modernas (Ó Giollain 2000: 162). Pero no noso país esta reflexividade ven propiciada por diversas correntes culturais, como o rexurdimento, as ideas ilustradas, o krausismo, etc que crearon un caldo de cultivo que posibilitou a súa aparición. Mais tampouco debemos esquecer o pouso da ilustración e a descuberta do pobo como suxeito político, e no que estaba investida a soberanía, aínda que sexan as elites as que asuman esa representación. Hai tamén unha lectura política que facer aquí.
69
É desde esta tradición erudita onde se produce a primeira reflexión sobre o patrimonio antropolóxico, etno‐antropolóxico ou etnolóxico galego, segundo as diversas denominacións ao uso, facendo así un primeiro modo de rescate e selección de bens e testemuños culturais. Mais hai que dicir que “antes” xa houbera certo interese por asuntos agora tratados polo folclore, como na procura da defensa de temas que podemos sinalar referentes á personalidade de Galicia, por exemplo os traballos de Martín Sarmiento, por citar un nome, coa súa mirada detallada sobre a vida da xente común. O movemento cultural coñecido como Rexurdimento, que irá seguido do seu correlativo movemento político, o rexionalismo, ten como consecuencia a traída a un primeiro plano dos marcadores diferenciais do culturalismo galego, tales como a historia, a lingua e a tradición popular, xunto co territorio no que habitan as comunidades que desenvolveron eses procesos culturais e na que deixan a pegada da súa cultura ao adaptar o espazo no que viven historicamente. Lingua e tradición entendíase que eran conservadas polos labregos e mariñeiros, polo que é a esas capas da sociedade cara a onde hai que dirixir as primeiras miradas. Aquí empeza esa relación ou equivalencia entre o que se ven denominando cultura popular e mundo rural, equivalencia que segue até os nosos días e que leva a ignorar as novas formas de cultura popular que agromaron nos últimos tempos, froito dunha sociedade que cambia e se afasta do compoñente rural, que xa non ten na paisaxe agraria o seu referente. Así resulta hoxe aínda difícil facer visible a idea de que o patrimonio antropolóxico, sempre contemplado cunha mirada nostálxica, pode tratar temas que son actualmente centro de preocupacións sociais. Pero a estas primeiras miradas había que darlle un corpo teórico que os nosos intelectuais deste primeiro momento van atopar no historicismo derivado do volksgeist e influenciado polo positivismo e o romanticismo, non polo evolucionismo campante do seu tempo. E neste contexto onde xorden mitos como o do celtismo (González Reboredo 1999: 54). O celtismo, mais que como unha idea entón de moda noutros países, que idealizaba un pasado e facíao máis atractivo para poder contrapoñelo a un presente que se entendía non era unha realidade ideal, serve aquí para afondar nun diferencialismo, serve para interpretar e reforzar o concepto “nós” fronte ao de “outros”, mais tamén para constatar unha realidade periférica. Pero, e como di Diarmuid Ó Giolláin, nos grandes países o romanticismo representaba unha volta ao Antigo Réxime, nalgúns, como no caso de Francia unha demostración da unidade cultural no momento no que tiñan logrado a unidade política, pero nos pequenos países “pasado e liberdade eran sinónimos” (Ó Giolláin 2000:28‐41) Non obstante, para erguer todos eses conceptos que puidesen sustentar un corpo teórico, precisábanse o apoio de datos procedentes doutras fontes que non fosen só as arqueolóxicas e as históricas, datos da tradición popular. E estes datos vai aportalos unha nova disciplina: o Folclore. Podemos definir o folclore como o saber da cultura tradicional que permitía coñecer usos e costumes dos campesiños. Os estudos do folclore caracterízanse pola recollida de datos sobre usos e costumes sen establecer unha contextualización, moitas veces como o rescate no presente de reliquias illadas do pasado. Hoxe o termo folclore está aquí desprestixiado, especialmente polos usos “folcloristas” durante a ditadura franquista, pero en países como
70
Finlandia está na academia, entrando na universidade de Helsinki xa en 1898; nos Estados Unidos de América e outros países tense, desde a década de 1970 e como di Regina Bendix, liberado da inocencia académica e dos aspectos inofensivo do estudo da cultura para recoñecer a conexión entre o seu campo de estudo e as políticas do cultural (Bendix 1997: 153). O 1 de febreiro de 1884 fundábase na Coruña a “Sociedad del Folk‐lore Gallego” baixo a presidencia da escritora Emilia Pardo Bazán. Na súa directiva estaban persoas como Salvador Golpe, Pérez Ballesteros, Marcial Valladares, Cándido Salinas ou López Seoane. O modelo que seguiron para a súa creación foi o da sociedade “El Folk‐lore Andaluz”, fundada en Sevilla por Antonio Machado y Álvarez “Demófilo”, un “galego ilustre”, segundo o chamou Vicente Risco, pois nacera na Rúa Nova de Compostela cando o seu pai estaba destinado na Universidade compostelá. No discurso inaugural a Pardo Bazán (1884: 9) dixo que “el Folk‐Lore quiere recoger esas tradiciones que se pierden, esas costumbres que se olvidan y eses vestigios de remotas edades que corren peligro de desaparecer para siempre. Quiere recogerlos, no con el fin de poner otra vez en uso lo que cayó en desuso, que sería empresa insensata y superior casi á las fuerzas humanas, sino con el de archivarlos, evitar su total desaparición, conservar su memoria y formar con ellos, por decirlo así, un museo universal, donde puedan estudiar los doctos la historia completa del pasado.” Para esta autora a cultura é un reflexo da natureza e a súa orixinalidade reside na forza da paisaxe que a creou, polo que a conservación dos costumes significa conservar a forza da natureza. A “Sociedade” tivo unha vida máis ben curta, pero a suficiente para deixar asentado en Galicia o termo e o concepto de “Folclore”, tamén un pouso do que saen obras como o Cancionero Popular Gallego, de Pérez Ballesteros, e datos que encheron o volume cuarto da “Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas”. Neste grupo non estaba Manuel Murguía por manifestas discrepancias persoais con Emilia Pardo Bazán. Desde este momento podemos dicir que Galicia conta cun corpus de tradicións recuperadas da cultura oral e popular que van ser usados como elementos de identidade e como arma para construír un diferencialismo cultural e, consecuentemente, tamén político, un corpus cultural que sirva de imaxe da comunidade, que permita imaxinala. Seguindo a Xaquín Rodríguez Campos (1991) podemos salientar cinco campos nos que hai, neste momento do século XIX, unha predisposición cara a etnografía. Teríamos a etnografía procedente do mundo literario, a etnografía feita polos agraristas, a procedente do dereito consuetudinario, a dos historiadores e a etnografía do rexionalismo, esta xa camiño do século XX e entrando nel. En todos estes campos atopamos intelectuais que reflicten nos seus textos inquedanzas etnográficas e que forman o corpus que dá orixe aos estudos antropolóxicos en Galicia e a unha ampliación do concepto de patrimonio cultural. Entre os agraristas destacan Alfredo Vicenti e Prudencio Rovira. En Vicenti, que ten publicado un feixe de artigos baixo o título de A orillas del Ulla, hai unha preocupación pola identidade social do campesiño, os seus artigos son cadros do vivir aldeán nos que se pasa revista a temas da cultura tradicional como as festas, as feiras, a vida familiar, as crenzas. A súa obra parece estar influenciada por Joaquín Costa e en sintonía coas teorías dos sociólogos franceses E. Durkhein e M. Mauss, e non tanto coas ideas evolucionistas máis de moda naquela época. Para
71
Vicenti conservar a tradición é conservar capacidades para efectuar a transformación social, perder a tradición sería perder autonomía e caer baixo a presión das clases dominantes. Desde o mundo do dereito tamén hai un achegamento etnográfico ao campesiñado. Avogados como Paz Novoa ou García Ramos, autor este da Arqueología jurídico‐consuetudinaria‐económica de la región gallega, tratan nas súas obras sobre as institucións sociais e prácticas consuetudinarias do campesiñado. Pero neste apartado cabe destacar ao xuíz andaluz, e destinado ás terras de Viana do Bolo, Nicolás Tenorio e a súa obra La aldea gallega (1911). Neste traballo mostra un cadro completo da vida nunha comunidade rural, percibido por medio da convivencia con esas xentes e que se aproxima a descrición total da cultura que caracteriza á monografía antropolóxica tan en voga sobre a década de 1970. Un estudoso de corte positivista é o médico lucense Xesús Rodríguez López. A súa obra Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, libro que tivo varias edicións e polo tanto certa recepción, é unha fonte de datos máis que un modelo a seguir, xa que o que fai o autor é criticar estas prácticas populares mediante unha conxunción de positivismo e doutrina relixiosa. A fundación das Irmandades da Fala na cidade da Coruña en 1916 marca a entrada no século XX do galeguismo político, deixando atrás ao rexionalismo do que vén e intentando expandir o seu ideario para a consolidación política do diferencialismo galego. Non se abandona do todo a base étnica da nación galega e, así, Vicente Risco vai a seguir traballando sobre postulados do XIX defendidos por Murguía, e reclamando para Galicia unhas diferenzas raciais e construíndo unha teoría da terra e da alma de corte romántico‐idealista. Nesta nova etapa agroma un grupo de estudosos da cultura tradicional que non racha coa tradición folclorista do XIX, pero que aporta certas novidades, polo que podemos falar de avance e mantendo unha liña de continuidade. Esta xente vaise vencellar maioritariamente ao Seminario de Estudios Galegos, creado no 1923 e no que están persoas como Vicente Risco, Fermín Bouz‐Brey, Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas, Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, os irmáns Carré e outros. Manteñen co século anterior o afán de recollida de datos antes de que desaparezan polas transformacións que se estaban dando na sociedade. Isto deu lugar a unha recolleita de cantigas, refráns, lendas, obxectos, léxico, etc.; pero séguese mantendo o mito do celtismo e incorpóranse novos horizontes precélticos de cultura –algo relacionado co avance da arqueoloxía como ciencia, pero tamén coa idea continuísta de que os que habitamos esta terra somos descendentes dos que a poboaron nos albores da humanidade‐ para explicar algunhas prácticas; seguen vixentes as técnicas de recollida de datos propias do XIX, como enquisas ou cuestionarios; os feitos da cultura son vistos como illables e reducibles a formas “obxectivas” que permiten análises comparativas formais e que non prestan atención ao contexto; séguese usando o termo folclore, pero xa en convivencia co de Etnografía, menos o de Etnoloxía e deixase o de Antropoloxía para a rama física desta disciplina. No transfondo de todo isto está un intento de buscar nesas manifestación do popular, rural, tradicional e oral, as esencias dunha identidade diferenciada, do “xenio” da nación, unhas manifestacións intemporais que falan dunha continuidade no tempo histórico, dunha permanencia. Mais os noxos folcloristas e etnógrafos non fixeron outra cousa que fora o
72
habitual nos folcloristas e no folclore europeo desde as súas orixes: pór de manifesto as diferenzas, singularidades e, en definitiva, a “identidade” do propio nos seus distintos niveis (Díaz G. Viana 1998: 24). Pero a xente do SEG incorporou algunhas novidades con respecto aos seus predecesores, tales como novas temáticas non tratadas anteriormente, polo que agora se fai referencia á tecnoloxía popular e á denominada cultura material; refórzase a visión interdisciplinar, sobre todo nos estudos comarcais, como Terra de Melide (1933) nos que colaboran xeógrafos, etnógrafos e arqueólogos; tendencia a recoller os datos in situ para unha mellor contextualización. Intentaron, digamos, empezar a trazar todos os camiños que non estaban aínda abertos. Tense dito que, máis alá de calquera pretensión teórica, esta xente tiña como prioridade salvar o testemuño, recoller e gardar. Máis temos que dicir que o seu labor de recollida facíase para reconstruír desde o presente un pasado ou para interpretar e comprender ese presente no que vivían. Ademais, reconstruír é un proceso que parte dunhas premisas teóricas, non se fai desde a nada conceptual. Igualmente hai que matizar que o etnógrafo non é só un simple reprodutor da cultura nativa que estuda, senón un mediador entre esta e os lectores (González Reboredo 1996). Os etnógrafos galegos construíron textos etnográficos, é dicir, interpretacións da cultura do seu tempo. Son os etnógrafos do SEG os que incorporan aquí a división entre o que hoxe se entende por patrimonio material e inmaterial, que eles denominan espiritual e dentro dunha visión interpretativa dunha cultura, cunha visión etnohistórica e comparativa para analizar os trazos culturais propios desde a diversidade. Así, cando se leva a cabo o magno proxecto entón da Historia de Galiza, que dirixirá don Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco fará a parte correspondente á “Etnografía: cultura espritual” e Xaquín Lorenzo a de “Cultura material”. Dez anos máis tarde, en 1972, Xesús Taboada Chivite volve facer uso da expresión “Cultura espritual” no libro Etnografía Galega. Cultura Espritual, e publicado pola editorial Galaxia. As aspiracións do Seminario eran que Galicia contase cunha investigación homologable á que se estaba facendo noutras partes de Europa. Para iso buscou contactos con institucións e personalidades doutros países (Fritz Krüger, Mario Cardoso, Serpa Pinto) e cultivou pólas de saberes pouco traballados até entón. Tiña a súa propia revista, Arquivos do Seminario de Estudios Galegos (1927‐1934), pero os seus membros tamén publicaban asiduamente no boletín Nós así como noutros galegos, españois, portugueses e alemáns. O SEG, como é ben sabido, estaba estruturado en Seccións, das que aquí temos que facer referencia á de Etnografía, da que foi director V. Risco e da que formaban parte estudosos como Filgueira Valverde, Bouza‐Brey, Xaquín Lourenzo, Castelao ou Antonio Fraguas. Para esta xente o folclore e a etnografía eran activadores da conciencia identitaria, e o seu traballo estaba inxerido dentro dun proxecto político de construción nacional e de modernización do país, tamén na elaboración do concepto de “patrimonio cultural”, construído en oposición entre o que sería patrimonio universal e patrimonio cultural propio e “idiosincrásico de la nación” (Florescano 1993: 9). Entenderon, cun sentido de modernidade, a utilidade do patrimonio cultural, aínda que non fixeran uso desta terminoloxía ou outras, como patrimonio etnográfico, etnolóxico ou antropolóxico, “pois non precisaba o seu proxecto cultural da noción positiva (xurídica e sociocultural) que hoxe encerra a idea de patrimonio
73
cultural” (Sierra Rodríguez 2000: 396). Como tamén podemos dicir que o labor desta xente foi, no fondo, unha práctica patrimonial nunha sociedade que vían en proceso de cambio e transformación. Afondando neste aspecto, podemos dicir que a etnografía axudou a crear unha imaxe de nós e de dar unha certa continuidade cultural, onde predominaba a tradición, entendida en certo modo como algo atemporal e con poucos cambios, fronte ao moderno, veloz e uniformizador; pero tamén axudou a traer a un primeiro plano cuestións como a lingua e outras manifestacións históricas e culturais até entón non consideradas. Hoxe seguimos entendendo a tradición como unha herdanza que recibimos como membros dunha sociedade, como unha transmisión de elementos propios e específicos a través do tempo. Mais non a entendemos como algo que nos ate ao pasado, senón como algo que ten que ser dinámico, con un sentido de continuidade que posibilite que a comunidade que dá vida a esas formas a sinta como súa e poder fixar uns patróns de conduta. A tradición debe orientar, pois, os procesos de cambio. Pero a Guerra Civil truncou esta experiencia, aínda que algúns dos seus membros pasaron despois ao Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, dependente do CSIC e creado no ano 1944, xunto a xente máis nova que non tiveran aínda peso no vello Seminario, como Taboada Chivite, servindo de ponte entre os vellos etnógrafos de antes da guerra e as novas xeracións que a partires dos anos setenta se van incorporando, algúns deles xa procedentes do mundo universitario. Mais a dinámica do traballo científico xa non será igual, pois falta unha idea referencial e o etnográfico pasa a ser unha recolla de diversos elementos culturais illados e non un construto cultural que resposta a unha perspectiva de acción global. Pero a concreción e os anceios de moitos destes etnógrafos vanse plasmar na creación do Museo do Pobo Galego, cun discurso que debe moito ás ideas de Xaquín Lorenzo e á etnografía xurdida do Seminario de Estudos Galegos. Este museo é a consolidación dunha moi vella arela galeguista que vén xa, cando menos, de principios do século XX cando, por exemplo, se crea o Museo de Pías (1904), vinculado ao Balneario de Mondariz ou vemos na prensa nacionalista artigos falando da necesidade dun Museo e que ten unha primeira cristalización no Museo creado polo SEG (1926) e desmontado pola barbarie fascista. A creación do Museo do Pobo Galego ven a coincidir no tempo coa chegada dos estudos de Antropoloxía á Universidade, (até entón a antropoloxía fora exercida, como di X.C. Sierra, por “eminentes investigadores” alleos ao mundo académico), pero tamén co agromar do asociacionismo que sae con ganas de respirar novos aires nestes primeiros momentos da transición política e reclama o recoñecemento dunha cultura até entón sometida, desprestixiada ou folclorizada. E este asociacionismo vaille dar pulo a aparición de numerosos pequenos museos, denominados etnográficos, e a unha revalorización do patrimonio chamado etnográfico nunha campaña, que podemos cualificar de intensa, de acción patrimonializadora e na que o patrimonio etnográfico ten un papel relevante. Pero, co tempo, tanta proliferación, xunto ás carencias de estudos serios e sistemáticos, tamén a unha certa canseira pola cultura material, vista moitas veces como o único patrimonio e presentada case sempre nun contexto atemporal, empeza o desprestixio deste patrimonio cando a intencionalidade era de prestixiar a nivel comunitario. Pero aquí tamén ten moita culpa certas disciplinas sociais, como a antropoloxía, que abandonaron o estudo destes temas e non ver nestas expresións os
74
testemuños dunha cultura, polo tanto algo que hai que contextualizar socialmente ben e, tamén, conceptualizar adecuadamente. Coa instauración do Estado das Autonomías, o Estatuto de Galicia vai posibilitar a aprobación da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia (1995) na que se di, no seu artigo 1.3, que o patrimonio etnográfico tamén forma parte do patrimonio cultural de Galicia: “Integran o patrimonio cultural de Galicia os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico,arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico”(art. 1.3). Pero ao análise desta lei dedicaremos máis adiante outro espazo. Hoxe a globalización trae un novo marco que atinxe directamente aos procesos sociais, novas formas de vinculación, desterritorialización e novas institucións que debilitan o papel dos estados‐nacións e actúan a nivel transnacional. Estamos tamén nun tempo no que os avances tecnolóxicos son de contíno e deixan axiña anticuada unha tecnoloxía e uns usos do pasado que tiñan mostrado certa continuidade no tempo. Aparecen así cambios nas estruturas socio‐económicas clásicas, como o abandono acelerado do mundo rural e o crecemento das cidades, movementos poboacionais e non sempre por motivos de traballo; tamén novos hábitos, moitas veces fortemente inducidos polos medios de comunicación, polos que estes actúan agora de xeito determinante na vida das xentes. Dáse, pois, unha transformación da sociedade, unha transformación do territorio, cambios nas estruturas económicas clásicas, e aparecen novos modelos de desenvolvemento, onde a terciarización e as actividades económicas ligadas ao turismo e á venda de imaxes e produtos culturais, adquiren unha relevancia até hai pouco incapaz de concibir. É neste contexto desde o que agora temos que ler o patrimonio antropolóxico, e podemos falar mesmo da relación entre Patrimonio e globalización, algo que pode resultar novidoso por ser escasamente tratado. Neste contexto o espazo rural ten outra concepción, xoga un papel até entón distinto; xa non é un espazo para manter un mundo en activo baseado nunha produción agraria, posto que búscanse usos terciarios para un territorio baseado nunha identidade agraria secular e no que hai que facer novas lecturas sobre o patrimonio cultural e novas relacións entre pasado e presente. Este contexto de transformacións, auspiciado desde as institucións supraestatais, ten que ser acompañado, tamén, de novos procesos de transformación social, entre outros motivos porque hai unha aceleración das relacións entre o global e o local e a globalización non elimina as desigualdades existentes, senón que as pode acentuar alí onde xa existen. Aí estaría o patrimonio limando as afiadas arestas desas desigualdades e intentado que os seus efectos negativos sexan menores e menos traumáticos. Hoxe entendemos o patrimonio cultural como algo máis que un legado que merece ser conservado, entendémolo como un legado que é interpretado desde o presente para dar respostas ás necesidades deste momento, polo tanto non é só un recurso para ir ao pasado e elaborar algo novidoso –a memoria é a que permite enlazar pasado co presente, tanto dentro dunha mesma xeración como interxeracionalmente‐, senón máis ben un modo de produción cultural que engade valor a aquilo que xa non o ten. É tamén un recurso de mediación que sirve para unirnos ao sentírmonos que compartimos unhas mesmas imaxes. E nesta mediación hai elementos que cobran vigor ou son revalorizados; por exemplo certas artesanías e
75
algunhas festas, pero outros caen ante o avance do discurso vendido como modernizador e, tamén, do discurso especulativo ou tecnicista. Segundo Esther Fernández de Paz (2002: 47) o patrimonio antropolóxico está conformado polos bens culturais que non son froito da unicidade nin da xenialidade, senón xusto por aqueles que revela as pautas pasadas e presentes seguidas por cada colectivo, na súa continuidade e descontinuidade, para producir e reproducir a súa identidade. E estes bens hai que contextualizalos como elementos dun preciso sistema cultural, como textos documentais que nos falan do devir dunha sociedade. Pero neste proceso de patrimonialización hai que primar a investigación, non só para recoller información que consideremos relevante para a vida dese ben cultural, senón para crear un modelo que guíe as actuacións a seguir e lexitime o proceso de conversión e restitución. Tamén se deben facer cambios conceptuais nos outros pasos que todo proceso patrimonializador conleva: conservar, difundir e restituír. Á hora de conservar non se pode atender ao ben cultural como un ente illado, pois isto leva o risco de “tradicionalizar”. Tampouco se pode conservar todo nin, ao mellor, ten sentido conservar todos os elementos tecnolóxicos dun determinado sistema económico. Si hai que ter en conta os axentes e procesos sociais, centrándonos no dinamismo do feito social que o ten orixinado e non só nun produto. A protección ten que estar relacionada con amparar para dar a coñecer e contribuír á reprodución e á garda de coñecementos. E así pecharíamos o ciclo coa restitución, coa volta ao contexto do que ten saído, pero agora cunha nova visión, cunha nova lectura. O patrimonio cultural é parte da identidade e podemos entendelo como unha forma de historia popular, como un modo popular contemporáneo de historia non especialista, e a escrita e presentación desa historia será sempre e necesariamente discutido (Brett 1996). O Patrimonio incita á recreación do sentimento de identidade, reforzando a percepción de heteroxeneidade como un valor. Por iso o patrimonio cultural é unha ferramenta cargada de futuro para sustentar valores democráticos e de liberdade baseada na pluralidade, algo preciso para a construción da cidadanía e o acceso á liberdade. 2. Estado actual e valoración do patrimonio antropolóxico Como xa dixemos anteriormente, coa Lei do Patrimonio Cultural de Galicia (Lei 8/1995 do 30 de outubro), o patrimonio antropolóxico entra a formar parte do patrimonio cultural de Galicia, é dicir, o patrimonio etnográfico é un valor cultural afectado por unha normativa xurídica, aínda que un parente pobre. Para empezar a lei dinos que o patrimonio cultural galego “está constituído por tódolos bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deban ser considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo”. No punto terceiro do mesmo artigo, punto que como noutras leis autonómicas está totalmente inspirado no texto da Lei do Patrimonio Histórico Español, defínense que elementos integran dito Patrimonio; a excepción está en que a Lei galega fala de bens inmateriais, en contraposición aos mobles e inmobles, pero non especifica que elementos son os que os conforman e quedando o inmaterial subordinado ao material. Entre os elementos que integran este Patrimonio temos os bens etnográficos, os lugares etnográficos e os sitios
76
naturais, xardíns e parques que teñan, entre outros, valor antropolóxico. Cando menos esta definición supera o concepto clásico de “monumento” e introduce no seu lugar o de “ben cultural”. Con isto estase dicindo que todos os elementos do noso patrimonio teñen un valor común e unha conexión fundamental para a formación e mantemento da nosa cultura, xa que son marcas referenciais na nosa historia cultural. É dicir, son instrumentos de promoción cultural que encerran en si un valor cultural, superando o carácter formal que se podía desprender dun interese específico centrado no obxecto en si. Cando a Lei, no seu Título 1, define os bens declarados, catalogados e do inventario xeral, tamén define a figura de “Lugar de interese etnográfico”, algo que sen embargo non está na Lei española, e defíneo como “aquela paraxe natural, conxunto de construccións ou instalacións vinculadas a formas de vida, cultura e actividades tradicionais do pobo galego” (art. 8. 1, f.). Posteriormente dedica todo un Título, o IV e dun xeito breve e só superado en brevidade polo dedicado ao patrimonio bibliográfico, a definir o que a lei entende por patrimonio etnográfico. Así no artigo 64 se di que “Integran o patrimonio etnográfico de Galicia os lugares e os bens mobles e inmobles, así como as actividades e os coñecementos que constitúan formas relevantes ou expresión da cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais”. Pero, na lei o patrimonio denominado etnográfico ten unha lectura arqueoloxizante, chegando incluso a verse afectados polo disposto na mesma para o patrimonio arqueolóxico cando se trata de “bens de carácter etnográfico que constitúan restos físicos do pasado tecnolóxico, productivo e industrial galego que sexan susceptibles de ser estudiados con metodoloxía arqueolóxica” (Art. 66). A estes bens “seralles aplicable o disposto nesta lei para o patrimonio arqueolóxico”. Polo tanto, en canto á protección, a lei entende estes bens como simples restos arqueolóxicos e, aínda que “gozarán de protección aqueles coñecementos, actividades, prácticas, saberes e calquera outra expresión que proceda de modelos, técnicas, funcións e crenzas propias da vida tradicional galega” (art. 65) a Consellería de Cultura só “adoptará as medidas oportunas conducentes ó seu estudio, documentación científica e á súa recollida por calquera medio que garanta a súa transmisión e posta en valor” cando estean en previsible perigo de desaparición. Este paso, o da investigación, importante en todos os procesos de patrimonialización, xunto aos de conservar e difundir, ten que darse non só cando o elemento patrimonial estea en perigo de desaparición, ten que darse antes e non só para “recoller” a información, senón tamén para permitir actuacións que lexitimen o proceso de conservación como un proceso social dinámico, de reprodución, e non como fosilización. Así avanzaríamos cara outro aspecto importante: o de restitución, de reinserción no seu contexto e poder proporcionar aos individuos, como cidadáns, claves para a comprensión da súa propia cultura. Cunha visión arqueoloxizante do patrimonio antropolóxico só interesa a morfoloxía do elemento, destacando o aspecto material, a forma, a estética. Isto abre outro camiño perigoso no campo do etnolóxico, cal é a valorización das creacións estéticas extraordinarias, enxalzadas polas elites e ao servizo dunhas determinadas políticas, cando o ben etnográfico non foi máis que un pretexto sobre o que se deron manifestacións sociais e culturais con lecturas e interpretacións diversas, son, como dixo Carlos Alberto Ferreira de Almeida (1993), “as âncoras onde se firma a memória colectiva e a sua prosápia, que são os indicadores da sua
77
identidade”. Pero, como se protexe a memoria?, como se conserva o antropolóxico sen conservar o medio que o xerou? O arqueolóxico non só ten un peso específico na Lei, senón que foi o único que a posteriori tivo un desenvolvemento regulamentario cun Decreto de Arqueoloxía, algo que non tiveron aínda nin Museos nin Patrimonio Etnográfico. E isto tamén hai que polo en relación ao desenvolvemento organizativo. Dentro do organigrama da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia había unha Sección de Etnografía que desapareceu e as súas funcións foron repartidas entre as áreas de arquitectura e arqueoloxía, algo que entendemos como unha incapacidade de entender o patrimonio máis alá do seu aspecto formal. Igualmente, e como recoñece a propia Lei, hai un órgano asesor, a Comisión Técnica de Etnografía, que despois dun tempo desaparecida, volveu resucitar, pero a súa función semella que non vai máis alá de facer unha selección de quen pode levar unha subvención para reparar o hórreo e quen non, unha mostra máis de que a visión arqueolóxica do etnográfico é dominante na administración pública. Esta presenza do arqueolóxico pode ter unha lectura simplemente técnica, pero desta lectura técnica entendemos que o documento etnográfico non é máis que un documento arqueolóxico, algo que vén do noso pasado e non algo que forma parte do noso presente cultural. En consecuencia, na Lei o patrimonio antropolóxico, que ten como unha das súas características definitorias a proximidade e emotividade, queda liberado desa carga e fálanos dunha sociedade separada da nosa por un tempo inexorablemente histórico, así, o coñecemento etnográfico ten compoñentes asépticos e mesmo folclorizantes. Isto pode levar a considerar o etnográfico como o raro e o exótico, produto do atraso secular e dun tempo ahistórico, pero que ese patrimonio etnográfico pode ser atractivo para un certo tipo de turismo e, polo tanto, unha fonte de ingresos, así como un expoñente dunha política que só se interesa polo fachadismo e polo flash da foto da inauguración. O patrimonio antropolóxico non é entendido como unha bagaxe cultural que ten dotado de identidade aos colectivos que o crearon. Estas maneiras elitistas de pensar e actuar só teñen en conta ese historicismo e singularidade do ben etnográfico, desbotando que este patrimonio tamén está integrado por elementos do presente e que son usados no presente, se acumulan, valorízanse e revalorízanse, para ser transmitidos ao futuro nun proceso social dinámico. Ademais, estas actuacións mostran o patrimonio alleo á capacidade de desenvolvemento local, cando o patrimonio pode incidir decisivamente no desenvolvemento local, e entendemos desenvolvemento como a capacidade dunha sociedade para dar respostas ás demandas dos cidadáns. Vimos que a Lei cando define o patrimonio etnográfico di que constitúeno as “formas relevantes”. Agora ben, quen decide cales son esas formas relevantes e cales non? Este é un camiño difícil e que ten que andarse con total transparencia e liberdade, pois senón podemos caer por cavorcos perigosos que por intereses espurios (ideolóxicos, económicos ou doutro tipo) poida haber elementos que son referentes patrimoniais da nosa cultura pero que o lexislador pense que non son relevantes, ou viceversa. Ademais, posiblemente a protección que se merecen todos os elementos do noso patrimonio non ten relación directa con que sexan ou non elementos patrimoniais.
78
Hoxe a maioría dos bens etnográficos mobles e inmobles non forman parte expresamente do patrimonio cultural galego e non gozan de grao de protección algunha, polo que os seus propietarios están exentos das obrigas de conservación. Os bens etnográficos son sometidos a un nivel de exixencia maior que aos outros bens para ser declarados. Máis delicada é, se cabe, a situación do patrimonio intanxible, que non pode ser apropiado. Temos que incidir en que o patrimonio antropolóxico é un elemento máis da nosa cultura, un testemuño dun cambiante evolucionar da nosa sociedade, un recurso de identificación nun proceso no que os individuos que compoñen un colectivo se recoñecen como integrantes do mesmo; un elemento para construír a hexemonía cultural, un capital cultural que, en teoría, pertence a todos pero que na realidade só é de aqueles que teñen os mecanismos suficientes para apropialos. Hai que rachar definitivamente coa idea estática e ruralizante do patrimonio antropolóxico, de que é algo que nos ata ao pasado e nos impide progresar. O patrimonio etnolóxico precisa dun espazo de negociación e mediación e chegar a un consenso social. Non é só unha cuestión de “expertos” que poidan decidir que é e non é patrimonio, pois estamos falando de memoria común compartida, de presente e de futuro. A súa conservación depende, en boa medida, do que a comunidade decide, mediante accións e comportamentos non sempre conscientes, preservar e transmitir. Na época na que vivimos, presidida pola filosofía de usar e tirar, pola rapidez con que pasan as cousas, pola aceleración do tempo e estreitamento do espazo, ter lugares para preservar e facer esforzos para a permanencia, é algo moi preciso e vital para a continuidade dunha cultura. Entre as tendencias que propoñen que hai que recoller todo, atendendo a razóns arqueolóxicas, histórico, identitarias, de interese local, enxebristas, de ambientación, etc., temos, por outro lado, a normativa legal que opera mediante inventarios e catálogos que restrinxe a protección a aqueles elementos singulares e máis valiosos. Entre unha tendencia e outra caben máis posibilidades. E non podemos rematar este apartado sen facer unha referencia, aínda que breve, aos museos e ao seu papel na sociedade, mesmo como estratexia de desenvolvemento e de mellora da calidade de vida das poboacións. Esta faceta ten aquí un escaso desenvolvemento, ao contrario do que pasa en lugares como Portugal, Francia ou Inglaterra, onde este desenvolvemento empezou nas primeiras décadas da segunda metade do século pasado. Os museos son precisos para a reprodución sociocultural e para preservar a memoria colectiva, sempre e cando queiramos perpetuarnos culturalmente e preservar, para transmitir ás xeracións futuras, os valores fundamentais do noso patrimonio cultural. O museo é o lugar onde se interpreta o noso modo de vida en relación aos outros modos de vida. Isto ten cada vez maior importancia nun mundo global e multicultural. Por todo isto os museos terían que ter un papel máis determinante nas políticas culturais. O museo ten o papel de seleccionar aqueles artefactos para levar a cabo procesos de patrimonialización cultural precisos para a nosa educación e reprodución social, tamén para o turismo. Este proceso vai máis aló dunha simple exposición, máis ou menos estética, de obxectos en desuso. Musealizar é un proceso de activación, conservación e valorización dun conxunto de artefactos culturais, entendidos en sentido lato, non limitado aos bens mobles e inmobles.
79
Hoxe, tras a crise de representación e a desaparición da liña que separaba o museable do non museable, fálase de “museos de ruptura”, dos “museos dialóxicos” e dos “museos de comunidade”, museos que buscan que o público non sexa só un simple visitante e si un participante nun diálogo co coñecemento local que o leve a un novo descubrimento. Os museos non son só espazos para os obxectos, senón tamén espazos para as ideas. 3. Propostas para o futuro e experiencias concretas A salvagarda do patrimonio cultural permite garantir a súa viabilidade entre as xeracións do presente e as futuras. Unha das características do patrimonio antropolóxico é a súa vulnerabilidade, a súa fraxilidade, especialmente no campo do inmaterial e oral. Imponse con urxencia a toma de medidas de documentación e preservación, aproveitando os novos medios que a tecnoloxía nos fornece e que poden axudar non só a recoller, senón a difundir, polo que sería contribuír ao fortalecemento destas expresións culturais. O levar un elemento inmaterial a un soporte dixital pode ser unha forma de preservalo; outra sería fomentando a súa práctica dentro do contexto local no que se dá. Pero a Administración pública ten que tomar medidas lexislativas para a súa salvagarda e por medio de políticas activas que fomenten a súa revitalización e posibiliten a transmisión ás xeracións futuras. Moitas cousas eran socializadas no contexto familiar ou local, agora iso non parece de todo factible e quizais haxa que substituílo por medio do sistema educativo. No contexto actual de revalorización do patrimonio cultural que se está producindo en Galicia o Patrimonio Antropolóxico resulta ser un “parente pobre” e, con frecuencia, obxecto dun tratamento inadecuado. Sobrevive aquí a idea de que o Patrimonio Antropolóxico é algo vinculado ao atraso e impide o progreso. Até o momento as actuacións promovidas desde a Administración quedan reducidas á recuperación do patrimonio material e musealizable, ademais dunha catalogación “arqueolóxica” e recollida de datos para “arquivar” e carente dun plano científico de actuación. Neste sentido propoñemos un maior apoio por parte da Administración aos museos antropolóxicos e que estes poidan contar con persoal con formación específica respecto ao patrimonio antropolóxico. Así como ás iniciativas que xorden da sociedade civil e mesmo do movemento asociativo, que desenvolve actuacións sobre o patrimonio antropolóxico, mediante a creación dunha certa infraestrutura de apoio (económica e formativa) Outras experiencias son as levadas a cabo por entidades museísticas ou procedentes da sociedade civil. Aí están exemplos procedentes dos diversos tipos de asociacionismo, desde o veciñal até o cultural, pasando polo traballo de recollida de testemuños da memoria oral e historias de vida que vén desenvolvendo o Museo Etnolóxico de Ribadavia ou, máis recentemente, o lanzamento desde o Museo do Pobo Galego do proxecto Sons e Voces da Identidade de descrición, reprodución, conservación, restauración, identificación, valoración e recuperación do patrimonio oral. O Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo en marcha en 2007 o proxecto Sons e Voces da Identidade como un primeiro paso cara á creación do Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade www.apoi‐mpg.org
80
Durante a primeira etapa do proxecto deuse prioridade ao tratamento dos rexistros musicais, que son salvagardados mediante a dixitalización dos materiais orixinais, para proceder logo á súa edición, seguida da transcrición e análise etnomusicolóxica dunha selección dos rexistros e publicación na rede. A seguinte etapa iniciouse coa elaboración dunha aplicación específica para os rexistros non musicais: traballos de campo en antropoloxía, entrevistas, historias de vida, literatura oral, etcétera. O obxectivo deste labor consiste en poñer a disposición dos investigadores e dos creadores unha fonte na que os rexistros da tradición oral poidan seguir vivos na memoria, garantir a súa transmisión e inspirar novas creacións. As actuacións centradas só na denominada cultura material son “mudas” si non as relacionamos con contextos máis amplos, cos modos de vida, coas estratexias adaptativas, coas actividades produtivas, cos valores e ideas, en definitiva, cos códigos específicos que outorgan ás manifestacións culturais o seu carácter propio e diferencial. As actuacións centradas só na recuperación do aspecto material do patrimonio poden ser mesmo socialmente contraproducentes, mesmo cando a intención é a dinamización de zonas do rural, afectadas fortemente pola despoboación e a desagrarización. Parécenos preciso partir da concepción de que o Patrimonio Antropolóxico é unha bagaxe cultural que dotou dunha identidade diferenciada aos colectivos. A identidade remite a unha tradición, a unha transmisión de elementos propios a través do tempo. A tradición non implica unha herdanza estática, senón unha transformación continua dos elementos que nos veñen transmitidos, unha reelaboración dos mesmos en función de novas necesidades e contextos. Nesta situación unha das medidas a tomar sería que no currículo escolar haxa unha presenza das materias relacionadas co patrimonio cultural, especialmente co etnográfico. Nesta liña vai encamiñado o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que pretende alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural. Nesta contexto un dos soportes fundamentais deste patrimonio é a memoria, a que permite enlazar o pasado co presente. A memoria fálanos de continuidade, pero sen esta continuidade, sen ese sentido do pasado, non é posible a transformación, o cambio. A memoria é unha dimensión propia dos seres humanos e das sociedades, polo que as políticas relativas ao patrimonio, en especial ao denominado patrimonio etnográfico, teñen que ser políticas orientadas á activación da memoria e de activación da memoria en contextos locais. Neste sentido entendemos o patrimonio etnográfico como unha ferramenta imprescindible na construción da cidadanía. As políticas de actuación sobre o patrimonio teñen que ter unha dobre fronte: por un lado hai que potenciar os traballos de investigación e os de escavación da memoria, por outro hai que traballar na dinamización para permitir a súa incorporación á experiencia do presente. Estas políticas deben partir desta concepción integral do patrimonio. Un último aspecto, de singular importancia para acadar estes propósitos, é a formación de especialistas nestes procesos e no uso das TIC ao servizo da recuperación, conservación, investigación e difusión do patrimonio etnográfico.
81
Dentro da especificidade do denominado patrimonio material en particular quizais a xeira que máis desfeita sufriu nas últimas décadas sexa o “moble”, tanto é así, que en casos, xa non é doado atopar obxectos que eran de uso cotiá na maioría das casas hai non máis de trinta anos. O patrimonio antropolóxico inmoble pode permanecer décadas en mal estado e, malia que se perdan os elementos de madeira, pódese manter en pé a estrutura de pedra. Pero cando un trebello de traballar a terra ou da casa perde a función de seu, axiña remata por desaparecer. Primeiro, porque o tempo de conservación da madeira se non se trata é moi limitado, e segundo, porque ocupa espazo e estorba. En casos excepcionais, pode botar arrombado varios anos, ata que, perdido o valor digamos “sentimental” (por exemplo, o carro que se usou durante décadas na casa), remata convertido en achas para lume ou no lixo. Mais, acompañando a conservación do obxecto, o importante será gardar a memoria social xerada por ese útil. Foron tan grandes e desenvolvéronse tan de súpeto os cambios socieconómicos nas últimas décadas, que a situación actual, en moitos aspectos, non semella en nada á de hai trinta ou corenta anos. Así, poñamos por caso, cando se lle fala á xente nova, mesmo do rural (de menos de trinta anos) da artesa, da pa do forno ou da moa do muíño, nin saben do que se trata nin tampouco para que servían, cando antes ambas as dúas eran imprescindibles, pero un antes tan próximo como a mocidade de seus pais. 4. Proposta de valorización Foi o antropólogo portugués Jorge Dias quen dixera que se debía conservar todo aquilo susceptible de ser salvo para que os nosos netos se conserven tan portugueses coma nós. Mais, que cousas específicas deben ser conservadas para que os nosos netos sexan tan galegos coma nós? Os nosos netos poderán ser tan galegos coma nós e non gardarán o pan nunha artesa, nin esta será un elemento imprescindible nas súas cociñas. Si haberá outros que os seus avós nunca imaxinaron que existirían. Dunha construción poden quedar os muros, pero dun arado romano, dunha artesa, dun pío de madeira de beber o gando ou dunha peza de roupa, aos poucos anos non hai nada. Por iso, o único xeito de saber como eran estes obxectos de uso cotián para os nosos devanceiros, será unicamente polos poucos exemplares que se conserven en museos e coleccións, polas fotografías, os vídeos e os deseños, pero tamén pola memoria que gardemos dos mesmos, á transmisión de elementos e valores. Pódense dar normas e consellos á hora de restaurar unha casa, conxugando o moderno co antigo, resultando unha construción acolledora e fermosa, pero non é posible recuperar a utilidade dunha espadela do liño, máis que conservándoa como peza de museo ou ornamental. Que facer cun carro? Cunha artesa? Cun escano? Cunha dorna?... Se xa non se utiliza como medio de transporte, para gardar o pan, para sentarse de par do lume, para pescar... Non son máis que trastes vellos que ocupan espazo, carecen de valor económico... e o seu número é (hoxe en día xa cómpre empezar a dicir, era) inmenso. Ben sabemos que non se poden conservar cantos carros hai, nin arados, nin artesas..., non ten sentido conservar todo, e tampouco todo é patrimonio. Ademais, incidir en exceso no
82
sentimento de perda pode levar a un abuso da dinámica de recuperación que non vai favorecer a valorización patrimonial. Neste sentido é imprescindible a selección, ben pensada, documentada e científica, feita desde unha óptica etnolóxica de interpretación das culturas que posibilite, entre outros, a comparación de elementos culturais e áreas. O patrimonio antropolóxico precisa de medidas que vaian máis alá dunha simple catalogación e recuperación de “cacharros”. Entre outras accións e propostas a ter en conta, para a valorización do noso patrimonio etnográfico material (conservación, protección e rehabilitación), propoñemos un enunciado de accións que cómpre considerar sempre interrelacionadas, pero tendo en conta que todas as medidas deben partir dunha idea integral do patrimonio antropolóxico que atenda a todas as dimensións da cultura e teña un sentido de futuro, así como tamén á memoria, pois esta refire á continuidade. Así as propostas terían que ir encamiñadas á:
Enténdese que a xestión do Patrimonio Antropolóxico entre no organigrama da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en pé de igualdade cos outros patrimonios, como o Arqueolóxico e o Arquitectónico, e empece a ter peso específico nas políticas culturais das nosas institucións e vaian máis alá das subvencións para reparar hórreos ou amañar cruceiros. Elaboración de programas de xestión cultural encamiñados a estudar e configurar planos concretos de recuperación e desenvolvemento pensados nos modelos de patrimonialización integrados na dinamización social da cultura rural. Neste sentido se debe traballar e apoiar máis ás iniciativas que agroman desde a sociedade civil para activar a memoria en contextos locais e incorporala ás dinámicas sociais do presente. Elaboración de atlas que posibiliten a posteriori a consecución de estudos sobre os diferentes aspectos da cultura a nivel de todo o país, atendendo a súa diversidade comarcal ou por áreas. Asemade, promover campañas de traballo de campo, para fotografar, inventariar e catalogar os diversos elementos que configuran o noso patrimonio, implicando nesta campaña as diversas administracións e institucións, dende a Xunta de Galicia ata os concellos. No futuro, na inmensa maioría dos casos, as fotografías e os vídeos serán os únicos testemuños da existencia de moitos apeiros e ferramentas: coas medidas, detalles de interese, o lugar, a data, quen o fixo cando se saiba, etc. Mais sempre tendo moi presente que o que se debe potenciar é o estudo sobre a recolleita de pezas. Que os concellos tomen iniciativas a prol do patrimonio antropolóxico, alentando o inventariado e catalogación do mesmo e a creación de centros ou coleccións comarcais e/ou municipais, por seren os únicos onde é posible ter exemplares propios da zona. Ou, cando se trata de concellos pequenos, crear Centros Culturais Integrais, nos que
83
no mesmo edificio estea a biblioteca, o auditorio, o museo, información turística, etc., atendidos polo mesmo persoal. Sempre que sexa posible, debe recuperarse algún edificio singular e non construír un de nova planta.
Crear en lugares axeitados e estratéxicos “espazos de memoria”, que engloben os aspectos sociais e económicos dos seus territorios; tamén que sirvan como centros que proporcionen información verbo de aspectos específicos dos elementos do patrimonio antropolóxico. Dotar aos museos con persoal especializado no material antropolóxico e aos museos medios para que poidan desenvolver programas adecuados e axeitados a este tipo de patrimonio e, sobre todo, poidan investigar sobre o mesmo. Potenciar que o persoal con formación etnolóxica ou antropolóxica estea presente tanto nos planos de actuación no mundo rural, como nas actuacións tendentes á recuperación do patrimonio urbano, pois sempre nos quedamos mirando á fachada pero nunca entramos dentro da casa a ollar a memoria dos que alí vivían.
Manter as coleccións particulares completas evitando a súa disgregación, cando de por si xa forman un pequeno museo. Así como conservar as coleccións dalgúns centros de ensino, sobre todo daqueles que nos últimos anos, cando xa o cambio cultural era imparable, concienciaron aos alumnos e aos pais a que cedesen trebellos e ferramentas para expoñer no centro. Algunha destas colección, como a do Colexio Público “Mosteiro de Caaveiro”, iniciada en 1981, converteuse no Museo Etnográfico da Capela.
Estimular e axudar economicamente e con asesoramento, aos museos privados e tamén ás coleccións que poden ser visitadas, nalgúns casos únicos, como ocorre cunha das pallozas do Piornedo. Igualmente axudar ás iniciativas que agroman desde a sociedade civil.
Que os centros especializados na formación, restauración e conservación teñan dalgún xeito presente nos seus curriculos o patrimonio antropolóxico como un recurso que posibilite novas experiencias e sirva para axudar a entender a sociedade de hoxe. Neste sentido tamén se propón a compilación e informatización de deseños antigos e actuais para incorporar a unha nova cultura visual. Creación do Museo Etnográfico Virtual de Galicia que unifique o acceso en liña en aos bens recollidos en museos e coleccións, algo así como unha gran base de datos no que ademais, e no caso dos apeiros e as ferramentas, debe haber ilustracións de como e para que se usaban, procedencia, material de que están feitos, partes, nomenclaturas, área xeográfica, etc. Deberá dispoñer, cando menos, de dúas opcións: a) para
84
interesados, na que predominen as ilustracións sobre o texto, claro e conciso; b) para investigadores, que teñan acceso aos fondos, así como ao historial das pezas.
CODA A lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, dedícalle o título VI ao Patrimonio Etnográfico. Para entender ben esta lei, cómpre situarse na data en que se aproba, 1985, unha época en que se está a producir a transición, pero que non acadaría o cume até a década seguinte. Daquela aínda era normal que nas casas estivesen arrombados o arado e as demais ferramentas, pero a situación actual é totalmente distinta; hoxe en día, xa se trata de pezas raras. A lexislación das comunidades autónomas, aínda sendo posterior, tampouco amosa unha grande preocupación polo patrimonio etnográfico e, en particular, a nosa, a lei 8/1995, do 30 de outubro, que lle dedica o título IV ao Patrimonio etnográfico. A situación actual do noso patrimonio etnográfico é moi diferente á de 1995, pola que cómpre artellar canto antes novas disposicións legais a prol da súa posta en valor, partindo da base que, cando se trata de obxectos, están na súa maioría feitos en materias degradables, que poden desaparecer en poucos anos, agás aqueles que se achen gardados en museos ou coleccións, públicos ou privados. Xa queda dito que o patrimonio intanxible é aínda máis vulnerable, posto que, como recoñece a convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial (UNESCO, 32ª reunión, París, outubro 2003) as comunidades, os grupos e os individuos desempeñan un importante papel na produción, a salvagarda, o mantemento e a recreación do patrimonio cultural inmaterial, é dicir, con cada individuo que morre desaparece unha parte irremprazable do patrimonio da humanidade. Ninguén quere volver a como se vivía hai cincuenta anos, dándolle as costas ao futuro e á modernidade, pero o que si debemos conservar é todo aquilo que sexa bo e aproveitable. Por constituír unha das principais características identitarias do noso carácter, da nosa singularidade, fronte a unha cultura cada vez máis globalizada, que os mesmos electrodomésticos, e xa non digamos todo o relacionado coa informática, son iguais aquí que nas antípodas. A cultura popular é un dos monumentos senlleiros da nosa idiosincrasia: a síntese da sabedoría e da experiencia acadadas por centos de xeracións que nos levan precedido.
85
5. Bibliografía BENDIX, Regina, In Search of Authenticity. The formation of Folklore Studies, The University of Wisconsin Press, 1997. BRETT, David, The Construcion of Heritage, Cork, Cork University Press, 1996. DÍAZ G. VIANA, L., “Visiones nativas y foráneas o el verdadero objeto de la etnografía: reflexiones en torno al conocimiento del “patrimonio etnográfico” de Castilla y León”, Política y Sociedad, 27 (1998), pp. 21‐32. FERNANDEZ DE PAZ, E., “El concepto de patrimonio cultural desde la perspectiva de la antropología”, en Iglesias Gil, J.M. (ed.) Cursos sobre el Patrimonio Histórico, 6, Reinosa, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria, 2001, pp. 39‐52. FERREIRA DE ALMEIDA, Carlos A., “Património. Riegl e hoje”, Revista da Facultade de Letras, Porto, vol. X, 1993, pp. 407‐416. FLORESCANO, E, “El Patrimonio Cultural y la política de la cultura”, en Florescano, E. El patrimonio cultural de México, Fondo de Cultura Económica, 1993, pp. 9‐18. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.,”Fermín Bouza‐Brey. Etnógrafo e folclorista”, en Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Fermín Bouza‐Brey, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1992, pp. 25‐40. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M., La construcción del texto etnográfico a través de dos autores. Aportación a una historia de la etnografía en Galicia, Cuadernos de Estudios Gallegos, Monografías 1, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M., “A construcción da identidade galega entre o século XIX e XX. O papel do folclore e da etnografía”, en O Feito Diferencial Galelego III. Antropoloxía, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, vol. I, pp. 51‐69. LIMÓN DELGADO, Antonio, “Patrimonio ¿de quién?”, en Patrimonio Etnológico. Nuevas perspectivas de estudio, Cuadernos, X, Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico, 1999, pp.8‐15. Ó GIOLLÁIN, Diarmuid, Locating Irish Folklore. Tradition, Modernity, Identity, Cork, Cork University Press, 2000.
86
Ó GIOLLÁIN, Diarmuid, “Folklore and Ethnology”, en Neil Buttimer, Colin Rynne e Helen Guerin (ed.), The Heritage of Irelan. Natural, Man‐Made and Cultural Heritage. Conservation and Interpretation. Business and Administration, Dublin, The Collins Press, 2000, pp. 162‐170. PARDO BAZÁN, Emilia, “Discurso leído en la sesión inaugural del Folk‐lore gallego”, en Machado y Álvarez (dir.) Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas, tomo IV, Madrid, 1884, pp. 7‐13. PEREIRO, Xerardo, “Patrimonio cultural: o casamento entre patrimonio e cultura”, Adra, 1, 2006, pp. 23‐41. RODRÍGUEZ CAMPOS, Joaquín, “La etnografía clásica de Galicia: ideas y proyectos,. en Prat, Martínez, Contreras e Moreno (ed.), Antropología de los pueblos de España, Madrid, Taurus Universitaria, 1991, pp. 99‐111. SIERRA RODRÍGUEZ, X.C., “Procesos de patrimonialización en Galicia”, en González Reboredo (coordinador) Historia da Antropoloxía. Patrimonio Etnográfico, vol. XXIX, A Coruña, Editorial Hércules, 2000, pp. 382‐471.
87
CARA A UN PATRIMONIO PÚBLICO GALEGO: VINTE APUNTAMENTOS
Felipe Criado‐Boado
Director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit – CSIC) // Equipo CSD‐TCP
Perspectiva
Esta contribución está proposta desde dúas experiencias concretas. En primeiro lugar é un achegamento feito desde a perspectiva dun arqueólogo que leva anos traballando en Patrimonio Arqueolóxico e, en xeral, en Patrimonio Cultural. Precisamente por isto, aínda que escrita especialmente desde a perspectiva do primeiro, non se refire especificamente a este senón que fala do patrimonio nun sentido global. En segundo lugar a posición que define está determinada pola experiencia do Laboratorio de Patrimonio ‐ LaPa (unidade de investigación do CSIC, radicada no IEGPS en Santiago de Compostela e que pronto se incorporará como núcleo fundacional do novo Instituto de Ciencias do Patrimonio ‐Incipit‐ que o CSIC decidiu crear e situar na mesma cidade). Debido a isto, aínda que está escrita como unha contribución individual, incorpora argumentos e experiencias derivadas do grupo de traballo cooperativo que caracteriza a ese laboratorio de investigación; en concreto empréganse nalgún caso propostas procedentes do Plan Estratéxico 2010‐13 dese laboratorio.
Presentarei a miña aproximación a esta discusión sobre o Patrimonio Cultural (orientada tal e como me piden para contribuír a un debate sobre a situación deste en Galicia e sobre a posible modificación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia), encadeando diversos enunciados, o que mantén a orde e correspondencia lóxica entre as diferentes consideracións, pero permite ser máis breve. Á marxe disto, debemos destacar unha obra recente (M.A. Querol 2010) que recolle a máis recente e integral síntese sobre a tutela do Patrimonio Cultural e que merece ser tida en conta en calquera aproximación a este tema. Asimesmo, fai un ano, o noso laboratorio fixo un informe sobre o proxecto de Lei do Patrimonio Cultural do Uruguai que, aínda que referida a ese proxecto e ao contexto uruguaio, inclúe consideracións que son de utilidade no presente caso (VV.AA. 2009, Villamarzo, et al 2010). Teño que aclarar que o uso constante do concepto disciplina neste texto non é un aserto contra a interdisciplinariedade e a favor da autonomía de cada disciplina concreta, senón que é un termo que utilizo por ser máis satisfactorio que outros alternativos como “ciencia”, “saber” ou “relato”, que dan una idea errónea e ideolóxica da situación real da práctica arqueolóxica. Ten, ademais, a vantaxe de ser un termo que insiste non no carácter científico ou narrativo do coñecemento sobre o patrimonio, senón no carácter disciplinador, de rigor no dobre sentido, obediencia ou incluso submisión que as disciplinas científicas impoñen aos seus practicantes. Desde unha crítica foucaltiana do saber, practicar unha disciplina non supón só ser un profesional dunha ciencia específica, senón ser ante todo un acólito que reproduce disciplinadamente o réxime de creación da verdade co cal unha disciplina se impón; máis nos vale ser conscientes disto. O uso
88
sistemático do concepto “disciplina” neste texto connota, así, unha visión autocrítica porque denuncia e fai ostensible a quimera de unicidade, exixencia e adestramento que acompaña a toda disciplina.
O contido deste texto en vinte apuntamentos e un epílogo:
‐1.Pegada, memoria e esquecemento
Os seguintes parágrafos e conceptos están tomados do Plan Estratéxico do LaPa (ver Criado‐Boado et al. 2008a e 2008b), e reflicten as posicións que, en relación co estudo e xestión do patrimonio cultural, orientan o traballo desa Unidade de Investigación.
O concepto de Patrimonio Cultural que utilizamos entende a este, de forma sintética, coma a pegada da Memoria e o Esquecemento (Criado‐Boado 2001). Esta pegada está composta polo conxunto de produtos da actividade humana e os seus restos, intencionais e non intencionais, tanxibles (ou materiais) e intanxibles (ou imaxinarios), que representan os procesos históricos e sociais, que obteñen o seu sentido destes e que, ao tempo, son resignificados por eles ao introducir sentidos novos e/ou ser renegociados. Esta definición inclúe, por unha parte, aos obxectos e ideas que son socialmente valorados coma “bens patrimoniais”, xa sexa no propio contexto no que son creados ou noutro contexto posterior; pero, por outra parte, inclúe aos “obxectos” e “restos” factibles de acadar esa valoración máis tarde polo seu carácter representativo. Esta definición entende que o Patrimonio Cultural é un feito metacultural, é dicir, un feito social mediante o cal certos procesos culturais e as súas impresións materiais se lexitiman coma algo digno de ser
-1.Pegada, memoria e esquecemento ............................................................................................. 1 -2 A cadea de valor do Patrimonio .................................................................................................. 1 -3 O Patrimonio e a investigación ................................................................................................... 1 -4 O Patrimonio era outra cousa ..................................................................................................... 1 -5 Patrimonio e conflitos.................................................................................................................. 1 -6 A realidade do Patrimonio é a súa actualidade.......................................................................... 1 -7 Louvanza do traballo en Patrimonio ........................................................................................... 1 -8 Reacción e contestación pública ................................................................................................ 1 -9 Relevancia social da investigación e xestión do Patrimonio.................................................... 1 -10 Cara a unha nova cientificidade................................................................................................ 1 -11 Unha noción estendida de Patrimonio...................................................................................... 1 -12 Comprensión do Patrimonio como “acervo” ........................................................................... 1 -13 A centralidade da Arqueoloxía para o Patrimonio ................................................................... 1 -14 Patrimonio, sentido e significación .......................................................................................... 1 -15 O Patrimonio entre a ciencia e a etnociencia........................................................................... 1 -16 Ciencia en Comunidade, Patrimonio Público........................................................................... 1 -17 A transdisciplinariedade radical dos estudos do Patrimonio ................................................. 1 -18 Tecno-ciencia do Patrimonio e mercado de traballo ............................................................... 1 -19 Patrimonio e economía do coñecemento ................................................................................. 1 -20 Algunhas prioridades concretas............................................................................................... 1 Epílogo .............................................................................................................................................. 1
89
estudado, conservado, inventariado, catalogado e posto en valor. Por isto mesmo, a definición incorpora ao que, confusamente, se denomina “Patrimonio Natural”, non só porque o medio natural é, sempre, un produto influído pola acción social e que garda a pegada ecolóxica da humanidade, senón tamén porque o medio natural acada a categorización de “Patrimonio” a partir dunha semantización socio‐cultural (Criado‐Boado et al. 2008).
‐2 A cadea de valor do Patrimonio
Unha característica básica da nosa aproximación é utilizar a Cadea de valor do Patrimonio como modelo teórico para organizar a investigación e xestión do ben patrimonial. Este modelo, a cuxo desenvolvemento contribuíu de forma significativa a investigación do LaPa (Criado‐Boado 1996, González‐Méndez 1999, Barreiro 2003) no pasado, entende que os bens patrimoniais están configurados por actos de identificación, documentación, significación, valoración, conservación, difusión e recepción, e establece que as boas prácticas en investigación e xestión deses bens deben incluír todas esas dimensións.
Esta concepción é paralela, en certa medida, ao concepto de Cadea de valor da ciencia. Por iso mesmo, unha (calquera) estratexia de investigación en patrimonio pretende satisfacer o ciclo completo desa cadea de valor en relación cos bens patrimoniais, a saber: investigación como produción de coñecemento novo, transferencia como medio para facer ese coñecemento social e economicamente útil e relevante, e difusión como instrumento para valorizar ese coñecemento ante o público. A partir destas posicións, derívanse consecuencias concretas sobre a relación entre patrimonio e investigación, sobre a ontoloxía do patrimonio, sobre a súa dimensión conflitiva, e sobre a actualidade deste.
‐3 O Patrimonio e a investigación
O obxectivo científico da investigación en patrimonio é establecer como se constitúe e organiza a cadea de valor do Patrimonio Cultural. Isto supón establecer como se configura o Patrimonio Cultural a través de procesos de patrimonialización – tradicionalización, que significou nos seus contextos orixinais de uso, como se resignificou nos contextos sociais que reinterpretaron eses bens como valores patrimoniais, e como se transforman en recursos culturais nas nosas sociedades. Polo tanto, o I+D en patrimonio debería desenvolver tecnoloxía e procedementos avanzados para dar conta de todas as diferentes dimensións que involucra a cadea de valor do patrimonio cultural: a súa identificación, conservación, significación, valoración, posta en valor social, e recepción pública.
Isto quere dicir que o problema científico da investigación do patrimonio debería ser o recoñecemento e análise da dimensión patrimonial da realidade social: toda a realidade social é cultura e a cultura exprésase e formalízase prioritariamente a través de bens e valores que constitúen o Patrimonio Cultural; toda a realidade contén elementos
90
patrimoniais e, na medida en que utiliza estratexicamente a memoria, a identidade e a tradición, constrúese con base neles. Polo tanto, unha investigación avanzada en Patrimonio Cultural debe servir para, baseándose en estudios empíricos rigorosos informados por modelos teóricos robustos, descubrir de modo positivo e crítico os procesos a través dos cales as sociedades valoran e valoraron (ie, constrúen e construíron valor) unhas cousas en vez doutras. [Ver punto 9]
A partires destes conceptos, despréganse unha serie de características que afloran en particular na actividade do noso laboratorio pero que, desde o meu punto de vista, deben cruzar toda a actividade en patrimonio:
1. A aproximación ao Patrimonio a través da súa dimensión espacial e privilexiando a súa articulación espacial. Isto deriva en parte dunha tradición de investigación baseada na Arqueoloxía da Paisaxe. Pero é tamén consecuencia dun feito esencial e, a miúdo, menosprezado nas aproximacións ao Patrimonio: os bens que o constitúen son sempre “formas” e, como tales, as súas características formais (en non só matéricas) inflúen nos procesos de identificación, conservación, significación, valoración e, incluso, de posta en valor social e recepción pública do “ben”. Deste modo, o eixo integrador do traballo en patrimonio debe pivotar en torno á dimensión formal do Patrimonio Cultural e ao seu estudo e caracterización científica con metodoloxías avanzadas pero integradas e enriquecidas dentro de aproximacións transversais que involucren diferentes disciplinas: Historia, Arte, Antropoloxía, Arqueoloxía, Arquitectura, Ciencias da Terra, Ciencias de Materiais, entre outras.
2. Orientación metodolóxica centrada nos materiais en si mesmos, e baseada en técnicas de traballo de campo precisas, no rexistro exhaustivo da información; o control do rexistro e das condicións nas que os datos son documentados permite que esa información poida ser utilizada e revalorizada por outros axentes posteriores. Non hai patrimonio sen un arquivo que sirva de depósito ordenado e sistemático do mesmo.
3. Aproximación teórica de carácter racionalista, baseado en aproximacións estruturais e posestructurais, e nun método interpretativo baseado na descrición densa e nunha epistemoloxía de influencia posmoderna que procura, porén, superar a través da intersubxectividade, a reflexividade e o pragmatismo crítico, o subxectivismo solipsista das aproximacións posmodernistas máis ao uso.
4. As múltiples dimensións, incluíndo sociais e comunitarias, dos bens patrimoniais, demandan aplicar a estes non só lecturas interdisciplinarias, senón tamén modos de traballo en grupo, cooperativos e interactivos. Para potenciar estes é básica a creación, mantemento e uso dun Sistema de Información compartido e común, que aplique plenamente, aínda que con cautelas, modelos de acceso aberto á información.
5. O estudo e xestión do patrimonio require propugnar una posición definida como pragmatismo crítico (enunciada en Barreiro 2003) para posibilitar accións de produción de valor e de interacción co medio que procuren influír directamente sobre a realidade social e contribuír á transformación das súas condicións obxectivas, sen subestimar con isto os riscos de mercantilización e cousificación que toda función produtiva leva aparellados.
91
6. Finalmente, o traballo en patrimonio debe partir dunha visión que non se conforma só con xerar coñecemento sobre os procesos de produción sociocultural da realidade (no pasado e no presente) a través do análise dos bens patrimoniais constituídos polo rexistro arqueolóxico, o histórico, ambiental ou antropolóxico, senón que pretende desempeñar un papel nas dinámicas de construción e transformación da realidade no presente, a través da súa plena inserción nas políticas de xestión do Patrimonio Cultural, do Medio Natural (do que aquel forma parte), de Ordenación do Territorio e de Desenvolvemento Social.
‐4 O Patrimonio era outra cousa
A proposta anterior implica que o patrimonio existe agora pero non existiu sempre; antes había outras cousas que non eran aínda patrimonio. Como tal patrimonio, só existe agora e no agora. Isto ten implicacións importantes para o patrimonio, pois xustifica e establece como inevitable a ruptura presente‐pasado, a escisión entre a orixe e a actualidade do patrimonio, a división entre o contexto de produción do‐que‐vai‐ser‐patrimonio e o contexto de aprecio e valorización que converte iso en Patrimonio. O que na nosa actualidade conforma o patrimonio, antes era outra cousa; esas cousas, recoñecidas como bens patrimoniais, só existen agora porque é o noso sistema de saber‐poder o que os configura como tales; nese sentido o patrimonio, aínda que veña do pasado, é presente e actual.
Poderíase dicir que aquí radica o “pecado orixinal” do patrimonio (por máis que esta expresión non sexa correcta porque provoca una connotación de culpabilidade e intencionalidade que non se lle pode demandar ao pasado en nome do presente), xa que esa separación é o que determina que o patrimonio sexa en grande medida un significante baleiro que pode ser enchido con calquera significado e, polo tanto, manipulado para adaptalo ás cousas que teñen menos que ver co seu contexto de formación que co contexto no que se utilizan e revalorizan. Esta realidade bidimensional (antiga e actual, pretérita e presente, nosa e doutros) multiplica os estratos e complexidades do uso e valoración sobre o patrimonio. Revisaremos algúns deles facendo una glosa de certos enunciados principais que a continuación detallo.
‐5 Patrimonio e conflitos
As condicións ontolóxicas do patrimonio entrañan que un certo nivel de controversia é sempre inherente a este, xa que os entrecruzamentos de orixes, razóns, intereses, actores, sentidos e lexitimidades, fan que o patrimonio sexa algo sempre sometido a disputa e discusión. Os bens patrimoniais son escenario preferente de conflitos, motívanos cando diferentes intereses se xustifican sobre o seu patrimonio, e súfrenos cando actores en pugna toman como refén o patrimonio dos outros. Desde a queima da Biblioteca de Alexandría ata a de Saraxevo son un bo exemplo disto.
Ademais o patrimonio non é só o monumento das memorias vitoriosas na historia. Os perdedores, os protagonistas anónimos, as resistencias, tamén producen bens
92
patrimoniais. A vontade de verdade e a vontade de visibilidade hexemónicas poden ocultar isto e condenar outros patrimonios ao esquecemento e á opacidade. Pero os materiais son tan persistentes coma as resistencias, e a través daqueles remátase representando estas. Así rematan emerxendo patrimonios non‐desexados polo poder dominante, pero que se fan presentes e reafirman a presenza e reclamacións doutras vontades. Existe pois un patrimonio non‐desexado (Tunbridge 1996). O Cárcere de Carabanchel, en Madrid, sería un exemplo; foi a prisión principal da represión franquista contra os opositores ao réxime; recentemente foi demolida dentro dunha operación inmobiliaria, pero, mentres tanto, a comunidade e os memoriosos da resistencia demandaban a súa preservación como Monumento de Memoria; converteuse nun exemplo dun patrimonio non desexado (González‐Ruibal 2009). O patrimonio é o lugar de cruce de diferentes racionalidades culturais. A miúdo esas interseccións propician, como consecuencia das dúas calidades anteriores, unha confrontación entre diferentes lóxicas do mundo. Esta calidade do patrimonio é inherente a el porque, non en van, os bens patrimoniais supoñen o lugar de encontro de, cando menos, dúas racionalidades: a orixinal e a actual. En realidade son moitas máis as racionalidades que neles conflúen, pois entre ámbolos extremos (o orixinal e o actual) o patrimonio foi valorado e utilizado por múltiples contextos de recepción e uso, cada un dos cales converxe nel co seu propio discurso e racionalidade. É máis, dado que os actos de patrimonialización toman vantaxe da tradición e prestixio previo dalgúns bens patrimoniais, as superposicións son frecuentes; pero toda superposición de acontecementos é unha superposición de racionalidades. A Mezquita de Córdoba desde os omeias ata os cristiáns, ou o Koricancha no Cusco desde os Incas ata os conquistadores, son bos exemplos.
‐6 A realidade do Patrimonio é a súa actualidade
Estas propostas implican que a realidade real do patrimonio é a súa xestión. Isto permite mitigar en parte o problema anterior, pois de feito é una calidade transitiva, xa que é tanto consecuencia dese problema como unha forma de solucionar o mesmo. En efecto, non queda máis remedio: se os bens patrimoniais non existiron no pasado senón que son creados por actos de aprecio de contextos actuais que reempregan elementos do pasado (ou de outros contextos culturais), e se a distancia entre forma patrimonial e sentido orixinal facilita a manipulación deses bens, o seu manexo como free‐meaning values, entón a nosa obriga é propiciar un sistema de xestión integral deses bens no presente que tome en conta todas as súas dimensións para xestionalos debidamente, de forma ordenada e, sobre todo, respectuosa con todos os valores e prácticas sociais e discursivas nas que se inxiren eses bens.
A razón de ser do patrimonio non se esgota en si mesmo, do mesmo modo que o patrimonio non se constitúe por si mesmo. Depende de instancias externas a el, que o
93
converten en patrimonio ao significalo e valorízalo. Polo tanto o patrimonio non existe en si ou para si, senón de si para o mundo. Isto relacionase co seguinte, xa que o patrimonio se debe ao aprecio da sociedade. É o resultado de actos de valoración e estima que permiten recoñecer o patrimonio como algo propio ou recoñecible por certos sectores, cando non pola totalidade dunha sociedade. Isto quere especificamente dicir que o patrimonio non se pode separar da estima que os pobos, comunidades e individuos teñen del, e polo tanto a súa protección, xestión e conservación non se resolverá debidamente sen ter a esta en conta. Sen un acto inicial de aprecio o patrimonio non chega a ser tal; pero tampouco se pode conservar e manter sen o aprecio posterior. O que non se aprecia, deixa de ser valorado como patrimonio e a súa conservación crea entón problemas prácticos que están á altura do problema epistemolóxico e ético que é recoñecer algo que non se quere coñecer. A conservación do patrimonio arqueolóxico en contextos conflitivos (por motivos identitarios, culturais ou económicos como, por exemplo os urbanos, onde ese patrimonio se contrapón a proxectos de produción de valor que interesan a determinados axentes e, a miúdo, á maior parte da comunidade) é un bo exemplo: un mosaico romano na cidade é patrimonio que se debe conservar, pero se non hai unha corrente de reapreciación deste, a súa conservación crea problemas esenciais e a miúdo irresolubles; non hai alternativa fronte á presión especulativa, salvo a conservación forzosa que non é unha boa aliada para resolver os problemas de forma pragmática. Por isto, a revalorización do patrimonio é precondición para a súa preservación e conservación. Isto ten unha implicación práctica: as estratexias e proxectos de revalorización (concepto que implica tanto re‐significar como fomentar a estima ou acometer accións efectivas de posta en valor, a pesar de que a miúdo se esquece e se confunde cunha intervención física ou construtiva para poñer en valor), non son algo accesorio e que está ao final dalgúns proxectos privilexiados, senón unha proposta que ten que estar na raíz das estratexias de conservación, que ten que xurdir no mesmo momento que se xeran as alternativas sobre o que facer cos bens patrimoniais.
‐7 Louvanza do traballo en Patrimonio
É necesario facer un eloxio do traballo en patrimonio e dos seus profesionais, algo sempre necesario posto que as disciplinas humanísticas (que maiormente nutren o traballo en patrimonio) están afectadas de certos problemas de autoestima.
Pero o traballo en patrimonio cultural é bonito –e emocionante, efectivo e interesante, relevante e atractivo; combina traballo de campo e intelectual, investigación empírica e preocupacións teóricas, a obra coa reflexión, o traballo manual coa alta tecnoloxía de laboratorio, o campo co arquivo, o laboratorio coa biblioteca, o público xeral coa alta
94
especialización, a práctica científica coa xestión de proxectos complexos, o esforzo físico coa dirección de xente, o estudo coa divulgación, a comprensión histórica coa aplicación práctica, o goce intelectual coa produción de valor. En xeral, os técnicos de patrimonio son (ou deben ser) profesionais ben formados que poden moverse nunha ampla variedade de rexistros. Ademais as accións en patrimonio teñen tirón mediático (os proxectos arqueolóxicos, as exposicións de arte, as grandes intervencións, producen impacto, aínda que este a miúdo estea determinado por un énfases na estética do descubrimento, a espectacularidade ou a novidade que é discutible e escasamente oportuno).
‐8 Reacción e contestación pública
Porén, ao lado dun certo prestixio social, as decisións sobre o patrimonio son respondidas e criticadas; as obras de restauración son en xeral mellor aceptadas que a orde que resolve sobre a conservación dun sitio. O dilema entre pasado e progreso, conservación do patrimonio ou desenvolvemento (a pesar de ser falso) é un lugar común nos medios de comunicación e na opinión pública.
A Arqueoloxía e a protección do patrimonio arqueolóxico (especialmente en medios urbanos e en contextos de proxectos inmobiliarios e de construción) é especialmente problemática. Habería que preguntarse que responsabilidade compete nisto a unha política de xestión do patrimonio que, ao levar a efecto o imperativo da conservación, produce unha impresión problemática de si mesma, semella estar contra do progreso e do desenvolvemento social e, en cambio, é incapaz de mostrar os beneficios científicos, sociais e comunitarios, económicos incluso, que a intervención sobre o patrimonio xera. Así, ao final, incomodamos ao público e dilapidamos os anos de bonanza, que pasaron sen que serviran para consolidar a nosa situación no mercado do traballo e das ideas; agora estamos, en cambio, sacudidos por unha crise que é de falta de traballo, … e que xa antes era de falta de ideas. [Isto está relacionado coas observacións do punto 19]
‐9 Relevancia social da investigación e xestión do Patrimonio
Un trazo que merece a pena destacar é que o estudo crítico do patrimonio e (d)as intervencións sobre este, ofrecen a posibilidade de afrontar temáticas de gran relevancia para a sociedade e para a actualidade, temas que interesan á ciencia, ao pensamento e ao grande público. Non só se atopan entre eles unha boa parte de todas as grandes cuestións da investigación arqueolóxica, histórica ou antropolóxica. Senón que ademais contribúen á resolución de novas prioridades de investigación coma, por exemplo, o cambio climático e global, a ordenación do territorio, o planeamento urbano, as paisaxes culturais, a calidade de vida, as formas materiais, a formación
95
da identidade, os procesos identitarios, a memoria histórica, a inmigración, o multiculturalismo, etc.
Todos estes temas ou forman parte do patrimonio, ou se relacionan estreitamente con este ou se reflicten nel e subliñan o interese de estudar o patrimonio non só por si mesmo, senón pola súa significación metacultural. De feito, entre calquera das prioridades de investigación que se marquen nas humanidades, hoxe por hoxe o patrimonio é sempre unha delas, aínda que esta elección depende máis do valor cualitativo e cuantitativo que posúen os bens patrimoniais en sociedades dotadas do espesor histórico das nosas, que de ese valor metacultural que sinalamos. Pero no fondo, o valor e utilidade cognitiva do patrimonio veñen dados porque (i) a través del reflíctense os procesos de materialización (é dicir, o ser ou totalidade social feita materia en produtos e obxectos concretos que teñen vidas, biografías azarosas nas que se combinan e negocian a natureza estrutural e continxente da vida social), e (ii) nel represéntase a outredade, polo que o patrimonio permite acceder á experiencia do outro, percibir o que é radicalmente diferente, recoñecer a diferenza sen paliativos (é dicir, aínda que o patrimonio tamén fala “de nós” ao mostrar como interacciona o presente cos bens patrimoniais, simultaneamente dá voz a outras culturas, a outras historias, a outras vidas e ofrece a posibilidade de problematizar a nosa autocomprensión fronte á confrontación coa diversidade). Nun contexto académico no que non hai ningunha disciplina cuxo obxecto de estudo sexa a cultura material, e nun contexto socio‐político no que hai que conciliar o multiculturalismo e relativizar a hexemonía da propia identidade, ambas capacidades deben ser revalorizadas.
‐10 Cara a unha nova cientificidade
A actual investigación do patrimonio enfronta un importante reto teórico‐metodolóxico. O esgotamento das metodoloxías que explican o positivismo e as alternativas new (Nova Arqueoloxía, Nova Xeografía) e funcionalistas (Antropoloxía Social, Teoría de Sistemas) dos pasados 70, non foi compensado polo auxe das metodoloxías subxectivistas e fenomenolóxicas a partir dos anos 80. As derivacións simplistas desta corrente xeraron unha vacuidade subxectivista que durante os últimos años encerrou ás disciplinas humanísticas nun simulacro de saber narrativo anticientífico e solipsista.
Sen caer en erros do cientifismo procesual e positivista, debemos perfeccionar o método dos estudos do patrimonio reclamando un modelo débil de cientificidade que alente a produción dun coñecemento que pretende ser “científico” porque se basea en modelos teóricos robustos, é informado por evidencias empíricas rigorosas e tende cara a un ideal de obxectividade.
96
A vocación ética por un coñecemento desinteresado e supraindividualista, a necesidade de mellorar os sistemas de rexistro e a calidade da información que manexamos, incluíndo procedementos para garantir a congruencia e trazabilidade dos datos, e a urxencia por perfeccionar os nosos modelos teóricos de referencia (tanto os epistemolóxicos que determinan como podemos coñecer, coma os interpretativos que dan sentido ao coñecemento), son partes ineludibles do desenvolvemento teórico‐metodolóxico que constantemente necesitan as ciencias, as humanas, as sociais e as do patrimonio. É certo que o coñecemento humanístico e o do patrimonio son, pola súa natureza, interpretativos, que son en gran medida de carácter hipotético, e que se expresan (e a miúdo se constrúen) de forma narrativa; nisto ten razón o pospositivismo en oposición ao positivismo. Pero en contra das derivacións posmodernistas e subxectivistas do primeiro e a favor do segundo, isto non pode ser escusa para fundar o coñecemento só subxectivamente. Debemos garantir tanto o rigor empírico coma o hermenéutico. É necesario recuperar a correspondencia da interpretación cos datos, mellorar os sistemas de produción e documentación da nosa información, garantir as condicións de enunciación e certeza das nosas hipóteses e valoracións, reforzar as condicións de posibilidade e validez do coñecemento que producimos.
‐11 Unha noción estendida de Patrimonio
Os novos espazos de experiencia e aplicación do patrimonio dan lugar a ampliacións sucesivas do obxecto de traballo das disciplinas implicadas que, antes de ser antagónicas entre si, son complementarias, porque representan diferentes modulacións desas disciplinas para adaptarse a casuísticas e prácticas diversas.
A Historia, a Arqueoloxía ou a Antropoloxía (por só indicar algúns casos) que traballan en patrimonio, non son exactamente iguais que os seus correlatos académicos. Todas esas disciplinas empobrécense se non operan transformacións que lles permitan: centrarse activa e positivamente no patrimonio e nos seus problemas, comprender os procesos de materialización que producen os bens patrimoniais, caracterizar os procesos de patrimonialización que dan lugar ao patrimonio, render o sentido, superar os seus límites disciplinares e converxer con outras disciplinas, interactuar coa comunidade e o público, e interaccionar de forma innovadora coa sociedade e o seu medio. A ampliación dos ámbitos de experiencia da Arqueoloxía desafía a súa propia configuración epstemolóxica tradicional pegada ao saber e aos contextos académicos. Conxugando todos os “seres” desas disciplinas (ser elas mesmas, ser una tecno‐ciencia do Patrimonio, ser transdisciplinarias, ser públicas e comunitarias, ser arquetipo de transferencia de coñecemento en humanidades) estas poden contribuír á creación dun novo modelo de
97
coñecemento, algo imprescindible neste atribulado inicio de milenio sacudido por unha crise cultural sen precedentes.
‐12 Comprensión do Patrimonio como “acervo”
É necesario facer unha revisión crítica do propio concepto de patrimonio e da súa centralidade para as nosas prácticas (ao modo de Haber 2010a) porque a omnipresencia da referencia ao patrimonio, o uso tópico desta apelación, dá a este concepto unha mera función de lexitimar e encubrir prácticas tradicionais, máis que un auténtico poder transformativo (a proliferación de “mestrías de patrimonio” que na realidade son historias da arte ou arqueografías ao uso, son exemplos xenuínos disto). Na realidade, como xa dixemos, o patrimonio era outra cosa e debe ser entendido doutro modo.
Un destes modos é comprendelo como acervo (o conxunto de bens morais, culturais e materiais dunha comunidade dada), o que abre unha noción estendida de patrimonio: o patrimonio así concibido constitúe en realidade o repositorio da tradición cultural dun grupo e, neste sentido, axuda a construír a relación dunha colectividade coa súa memoria e identidade, pois é (tanto para as comunidades coma para as familias ou os individuos concretos) o material infraestrutural sobre o que se constrúe o vínculo do presente co pasado, coa tradición, co recordo. Os seus materiais, tecnoloxías, formas de enfrontarse ao mundo, coñecementos, valores, símbolos e demais aparato sociocultural, represéntanse e contéñense no patrimonio.
‐13 A centralidade da Arqueoloxía para o Patrimonio
A estreita relación entre Arqueoloxía e cultura material facilita que esta disciplina poida desempeñar unha especial función no patrimonio. No seu sentido máis disciplinar, a Arqueoloxía é a disciplina que interpreta, a través dos vestixios da cultura material, os procesos socioculturais de construción da realidade no pasado. Esta definición pon o acento no estudo da materialidade, nos procesos de materialización dos produtos culturais, na vida social dos obxectos.
Unha Arqueoloxía concibida deste modo está abocada a estenderse cara ao estudo do pasado contemporáneo (González Ruibal 2008), algo que está máis acó que a Arqueoloxía Histórica e que, xunto con ela, representa un dos campos de maior desenvolvemento previsible da Arqueoloxía no inmediato futuro. Pode deconstruír a relación entre os grupos sociais, a súa memoria e a súa identidade (ou mellor, identidades) a través da pegada material que esa relación produce. Pode, entón, desempeñar unha importante función nos procesos de recuperación da memoria histórica (González Ruibal 2007). Con isto amplíanse os seus horizontes, os rexistros que analiza, as temáticas e períodos que
98
abarca, tamén os seus recursos e problemas prácticos, a súa relevancia social e os seus dilemas éticos. Obviamente tamén outras disciplinas poden contribuír a ese proxecto desde outras posicións e con outras metodoloxías. O título deste apartado non quere dicir que a Arqueoloxía sexa a única disciplina central. De feito esa certa centralidade da Arqueoloxía para o patrimonio a miúdo xera suspicacias; véxase por exemplo una recente declaración na prensa galega: “axiña van principiar os debates para a redacción da nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia que supere á do ano 1995, con abondosas lagoas e excesivamente arqueoloxizante” (García‐Bodaño 2010). Pero, que quere dicir “excesivamente arqueoloxizante”? Que esa lei se preocupa debidamente pola salvagarda e xestión do Patrimonio Arqueolóxico? Se é así, entón habería que adaptar os estándares dos outros patrimonios a este; non rebaixar este porque pareza excesivo. En realidade a Arqueoloxía é a forma como os arqueólogos fixeron as súas tarefas en relación coa protección e posta en valor do Patrimonio Arqueolóxico, son un bo exemplo da evolución que poden seguir outras disciplinas e especialistas. Exemplo non exento, loxicamente, dunha necesaria avaliación crítica sobre a que volveremos máis abaixo [ver punto 8 e punto 19]. Pero, ao marxe dela, aquí debe aflorar unha idea máis importante: o patrimonio é un só e non admite divisións especializadas: ente arqueolóxico, etnográfico, construído, arquitectónico, artístico, etc. Esas divisións son unha forma de estender e manter as divisións disciplinares e curriculares, e con isto a vontade de poder dos seus acólitos practicantes. Pero nin son formas substantivas do patrimonio, nin son modos adecuados para xestionar mellor este.
‐14 Patrimonio, sentido e significación
A necesidade de incrementar o rigor teórico‐metodológico ao que me referín máis arriba combínase cun problema que na actualidade comparten o noso mundo e a vida social, tanto coma as humanidades e as ciencias: como establecer o sentido na era da información. A nada que se pense un pouco, “o problema do sentido” é problema central de todos os campos de experiencia e xogos da linguaxe na trans‐modernidade, no coñecemento e na vida cotiá: na ciencia, nas humanidades, nos etnosaberes, nas tradicións, no multiculturalismo. Tamén no patrimonio cultural, que son formas pegadas a un sentido que é, só en parte, orixinal (ie: derivado do contexto de produción desa forma no pasado noutras sociedades), porque é, sobre todo, actual (ie: derivado da incorporación desa forma a prácticas sociais na nosa actualidade).
Vivimos na Era do Sentido, da produción ininterrompida de significado. Se a posmodernidade é algo, é ante todo un descentralización e fragmentación das capacidades para darlle sentido ao real. Iso non só xera pluralidade e riqueza, senón tamén ruído e disonancia. Se cada un crea sentido por si mesmo, cal é o sentido que
99
prevalece? E se é inherente ao sentido que non poida haber un senón moitos, como se equilibran os diferentes sentidos entre si? Hoxe sabemos que todos os sectores, grupos e individuos teñen razóns que poden ser atendidas, pero ninguén ten razón para ser preponderante ou anular aos demais. Ao único que claramente non podemos aspirar a ser, é a ser hexemónicos. E hai que sospeitar de calquera que pretenda selo. Pero entón, como se completan as diferentes razóns entre si, demóstrase cal é unha mala razón ou amósase cal é mellor? En contra do que propugnaba o paradigma positivo da ciencia lineal, esa cuestión tense que resolver nun contexto marcado pola posmodernidade e desde unha posición pospositiva, pero atendendo a unha demanda de obxectividade que non podemos desatender para evitar a cacofonía individualista. A Arqueoloxía pode contribuír no seu ámbito (que é o da cultura material, o acervo e a memoria) ao desvelo do sentido producindo un coñecemento fundado (como propuxemos en Criado e.p. explorando os límites e posibilidades da interpretación) nun método interpretativo, un sistema ordenado e demostrable de enunciación de hipóteses e de validación de interpretacións e un procedemento de asignación de significado a estas. Pero un coñecemento que se constrúe de maneira hermenéutica, que se dá en forma de interpretacións e que se representa de forma narrativa, é un coñecemento que non pode senón conciliarse con outras formas de saber e racionalidade. Aí hai un desafío máis.
‐15 O Patrimonio entre a ciencia e a etnociencia
Cando se examina a situación de diferentes campos de investigación e disciplinas científicas na actualidade, advertimos que en todos eles se esgotan os modos tradicionais de facer. Pouco a pouco, case imperceptiblemente para moitos, estase a disolver o modelo lineal de ciencia para comprender e xestionar a realidade. Requirimos en cambio novos paradigmas de coñecemento e modelos de análises adaptados a realidades non lineais, multidimensionais, complexas.
De partida temos que aceptar que hai múltiples formas de coñecemento distintas e alternativas. A ciencia non é xa o único coñecemento posible nin é o máis válido universalmente; segundo o contexto no que esteamos, a estética, a arte, a narración, o ensaio, a especulación, a moral, a sensibilidade, o autocoñecemento, pero tamén os saberes tradicionais e comunitarios, entre outros, poden producir representacións certeiras da realidade e contribuír á constitución dunha razón práctica que permita operar satisfactoriamente sobre aquela, o que ao final presupón o fin do modelo lineal de coñecemento científico; e se estamos en contextos non modernos ou occidentais, temos que aceptar que outros discursos e relatos (os saberes etnográficos, a mitoloxía, os etnodiscursos) poden dar conta cabal da realidade e funcionar como mecanismo eficaz de interacción con ela.
100
A ciencia, en cambio, ten que incorporar dentro de si mesma instrumentos adecuados para posibilitar o diálogo con outras formas de coñecemento. Isto non hai que facelo só por razóns epistemolóxicas radicadas na crítica ao modelo hexemónico de coñecemento científico que propugnaba o positivismo. Tampouco por ser, dentro da ciencia e doutros tipos de discursos, xenuinamente demócratas e aceptar que todo o que teña un interese lexítimo ten algo que saber e algo que dicir. Hai que facelo, incluso aínda que non aceptemos razóns epistemolóxicas ou morais, por imperativo egoísta: a imaxinación ten un rol na ciencia pois é ela a que alimenta as conxecturas, as hipóteses e a innovación, por que entón non ir buscar inspiración en calquera sitio que nos provea de boas imaxes para imaxinar cousas? Polo tanto non podemos seguir sendo científicos intransixentes para manter con isto a contraposición (tan propia dun dualismo típico de occidente que non ten en cambio parangón nin xustificación noutras racionalidades, saberes, culturas) entre o coñecemento científico e o que non o é. O reto é crear un novo modelo de coñecemento, un coñecemento meta‐científico ou pos‐científico, que posibilite a acción transformativa sobre o real, a interrelación con outras formas de coñecemento, e o diálogo construtivo e positivo entre diferentes formas de racionalidade. Ese coñecemento ten que tomar conciencia da pluralidade de saberes, recoñecer os límites de si mesmo e de cada un deles, así como explorar as súas especificidades e validez práctica para, sobre a base da diferenza radical de racionalidades, facilitar a intercomunicación e converxencia de axentes dispares dotados de intereses diversos. Desa forma o coñecemento poderá facilitar o tránsito desde o magma multicultural ao concerto intercultural; mentres o primeiro é unha condición intrínseca da modernidade avanzada, o segundo resolve a parálise relativista. A Arqueoloxía aporta a este proxecto a capacidade para recoñecer outras racionalidades e desvelar o seu sentido cultural a través das súas pegadas físicas e materiais. É un método para o diálogo cos etno‐saberes.
‐16 Ciencia en Comunidade, Patrimonio Público
A xestión do patrimonio, coma a mesma ciencia, non é un espectáculo, no sentido de que non é unha práctica que se desenvolva fronte a espectadores pasivos. Aínda que moi a miúdo asistimos a proxectos e intervencións arqueolóxicas que eran “espectaculares” nese sentido. Pero isto non pode seguir sendo así.
O traballo en patrimonio é participativo, implica procesos de co‐construcción entre diferentes axentes que non dependen só do xestor ou especialista en patrimonio. As comunidades piden paso na acción sobre o patrimonio e a súa entrada en escena dá lugar a un novo tipo de práctica, identificada como community science (Marshall 2002), que implica aos grupos locais no control dos proxectos. O problema práctico é identificar en
101
cada caso que é a comunidade. En contextos “indíxenas” é fácil saber quen constitúe a “comunidade”, pero esta posición esquece que todos somos indíxenas con relación a algo e a outra xente; así que tamén en contextos rurais, posrurais e urbanos das nosas propias sociedades occidentais, haberá sempre unha comunidade; outro problema distinto é como interpelar á comunidade cando non está autoorganizada como tal; tampouco podemos incorrer na inxenuidade de pensar que todo o que se presenta como comunidade é inocente e intrinsecamente bo: a súa autoorganización e representación é resultado habitualmente de determinadas estratexias de poder e hexemonía dentro dos grupos, coma ocorre en definitiva no noso propio sistema político. Pero a Arqueoloxía desenvolvida na comunidade ten implicacións maiores que modifican o sistema de poder e toma de decisións nos proxectos e actuacións (ver un exemplo de boas prácticas en Ayán 2010). E xa se sabe que calquera modificación das relaciones de poder modifica alternativamente o sistema de saber e os seus produtos. Hoxe en día non se debería articular ningún proxecto, sobre todo de xestión e posta en valor do patrimonio, sen incorporar dentro del á comunidade, calquera que esta sexa, (pódese ver un exemplo en Cuesta et al. 2009, onde se pode ver como a construción participativa e dialogal coa comunidade transversaliza a cadea de valor do patrimonio denantes tratada). O fracaso de moitas iniciativas culturais radica precisamente na súa insensibilidade cara á comunidade implicada, ás súas demandas e intereses. Pero isto forma parte dun proceso máis xeral que se coñece como ciencia pública (Criado 2010) e xurde cando a práctica científica se desenvolve na arena pública e, simultaneamente e como parte disto, involucra ao público. É fácil dimensionar quen é o público: este está formado por todos aqueles que arriscan algo nunha decisión e que polo tanto deben ser oídos e tomados en conta ao resolver esta (Funtowicz et al. 2000). Un Patrimonio Público é entón un patrimonio con e para a xente. A comunidade forma parte desa xente pero a xestión do patrimonio público implica a máis actores que aos meros sectores locais que, aínda que son esenciais, non esgotan a relación sinérxica entre especialistas e dominio público. Un Patrimonio Público abre a posibilidade de superpoñer múltiples narrativas sobre os bens patrimoniais (ver un exemplo en Gianotti et al. 2009).
‐17 A transdisciplinariedade radical dos estudos do Patrimonio
A práctica do patrimonio require transcender os límites disciplinarios e superar os marcos concretos de acción de cada disciplina. O patrimonio non entende de Arqueoloxía, Arquitectura, Historia… Tampouco se pode clasificar con facilidade, a pesar do éxito e forza das etiquetas consolidadas, en patrimonio arqueolóxico, construído, histórico, moble, etnográfico, musical…, ou calquera outra.
102
Só se pode falar do patrimonio desde a interdisciplinariedade, algo que xa reclamaba Azkárate 2004 e que é frecuente e manido argüír. Pero a interdisciplinariedade xeralmente enténdese mal; é unha noción á que lle falta apertura hermenéutica. Só se pode ser interdisciplinario desde unha interdisciplinariedade radical que dilúa os límites entre disciplinas, disolva os seus obxectos de estudo clásicos, propicie un mestizaxe de métodos e técnicas e afronte os problemas empíricos e conceptuais que o debate entre disciplinas xera. Calquera exemplo consistente de práctica interdisciplinaria permite recoñecer que esta é moi difícil, case una quimera. Non podemos subestimar o problema. Pero a solución está noutro sitio. O importante non é facer investigación arqueolóxica, histórica ou antropolóxica, senón apuntar a problemas específicos e orientarse en función das preguntas que se pretende contestar. Para isto haberá que deseñar unha axenda de traballo na que interaccionen especialistas e técnicos diversos. A auténtica investigación e actividade innovadora realízase na fronteira entre diferentes disciplinas e no seo de equipos nos que os seus membros traballan cunha axenda marcada polo problema que se quere resolver e non polos intereses e sobredeterminacións disciplinares que subxacen a cada un deles. A isto denomínao Haber (2010b) Arqueoloxía Indisciplinada. Este indisciplinamento ou transversalidade vén dado pola necesidade de combinar dentro de cada proxecto non só a arqueólogos, senón tamén a antropólogos, historiadores, e outros especialistas. En particular, a participación dos antropólogos neste proxecto de transversalización da Arqueoloxía e os estudios de patrimonio é perentoria, posto que son eles os especialistas que poderán contribuír a identificar á comunidade coa que se debe interaccionar, a facer visibles as súas dinámicas e xogos de poder internos, a propiciar a comunicación entre os diferentes axentes implicados modulando a intermediación entre eles, a descubrir, en fin, o modelo de racionalidade involucrado nos discursos e relatos dos outros.
‐18 Tecno‐ciencia do Patrimonio e mercado de traballo
Aínda que construída neste sentido de xeito indisciplinado, necesitamos unha tecno‐ciencia do patrimonio no sentido que Barreiro 2003 lle dá a este termo: “forma de acceso cognitivo ao mundo que non se limita a analizar a realidade e xerar un coñecemento autosuficiente (como a ciencia no seu sentido tradicional) senón que constrúe e transforma a realidade mediante a súa plena inserción no sistema produtivo”. Como tal, a xestión do patrimonio e as disciplinas que investigan e poñen este en valor, tamén forman parte da economía da cultura. De feito son un exemplo perfecto do novo tipo de prácticas que caracterizan a sociedade do coñecemento (ver Parga 2010a).
A gran novidade (auténtica innovación social inducida por un cambio legal) que supuxo a explosión da xestión do patrimonio nos últimos 25 años, deu lugar a un colectivo profesional novo e dinámico, de arqueólogos, museólogos, historiadores, historiadores da arte, restauradores e, por suposto, arquitectos. A pesar disto, a súa situación de
103
debilidade estrutural e a súa dependencia case en réxime de monocultivo do mercado inmobiliario, somerxeron este sector nunha crise sen paliativos, ante a que, así e todo, se pode manter un certo optimismo pois as necesidades do turismo, de inverter e mellorar os recursos culturais e, incluso, a posibilidade moi razoable de reconverter parte do sector da construción cara ao mercado da rehabilitación, ofrecen certas esperanzas de que prendan “xermolos verdes”, o problema real non é tanto este, coma outro. É un bo exemplo disto a crise, en particular, que hai no mercado de traballo do patrimonio arqueolóxico e que afecta ao que con claridade podemos denominar Arqueoloxía Comercial. A crise aquí é de tales proporcións (ver Parga 2010b, Schlanger et al. 2010) que debemos preguntarnos se o problema non é maior que a retracción do mercado inmobiliario e o decrecemento da actividade construtiva. Desde algúns puntos de vista, pódese soster que esta crise é tamén o reflexo da incapacidade que a Arqueoloxía mostrou durante os años de bonanza económica para producir auténtico valor, para responder realmente ás expectativas sociais e para consolidar verdadeiramente o emerxente sector profesional. 25 anos de Arqueoloxía Comercial (tomando como punto de partida a aprobación da Lei de Patrimonio Histórico Español actualmente vixente), é certo que o noso nivel de coñecemento do pasado arqueolóxico tería sido outro se non dispuxéramos das intervencións xustificadas por razón de protección do patrimonio. Pero ao mesmo tempo debemos cuestionarnos se se fixo unha achega suficiente e nova ao coñecemento arqueolóxico, cantas memorias non seguen inéditas, cantas escavacións (coa súa información e materiais) non sofren o efecto da lei de ferro da arqueoloxía profesional: “unha escavación tapa a outra” (díxomo un empresario arqueolóxico fai 12 anos, e segue sendo certo), que interacción co público e coas comunidades propiciamos, que revalorización real dos recursos arqueolóxicos e do seu medio socioeconómico producimos, que adaptación se fixo dos currículos de formación dos novos arqueólogos, que se renovou nos plans de estudo universitarios, onde están os Grados de Arqueoloxía (agora mesmo só se imparten na Universidade Complutense, na de Barcelona e na Autónoma de Barcelona). E sobre todo, debemos preguntarnos se son viables o modelo vixente de xestión do patrimonio arqueolóxico e o modelo de negocio que se creou en Arqueoloxía durante os últimos 20 años: hai realmente espazo para satisfacer as necesidades de xestión do patrimonio mediante axentes privados ou estas terían que ser cubertas por iniciativas públicas entre as cales o INRAP francés tal vez constitúa o mellor e máis extremo exemplo? (ver Kristiansen 2009). E se se considera que a iniciativa privada é condición suficiente para intervir satisfactoriamente neste mercado, entón aínda hai que preguntarse é sostible o modelo de organización e xestión da empresa de Arqueoloxía que ata aquí se mantivo?
104
‐19 Patrimonio e economía do coñecemento
O valor do patrimonio implica o seu valor económico. É algo que hoxe non podemos deixar de recoñecer. Non serven posicións presuntamente asépticas e virxinais, que aínda seguen preponderando en moitos ambientes, sobre todo académicos. O patrimonio é fomentar ou propiciar novas actividades e áreas de negocio e produción de valor. É un xacemento de emprego e unha canteira de oportunidades para proxectos emprendedores dentro das industrias da cultura. Tamén o patrimonio pode contribuír a estas e afianzar a situación das mesmas recentemente diagnosticada no informe de Meixide e Freixanes (2010).
O tema non está exento de riscos: que valor, como se establece, en beneficio de quen, con que modelo de xestión se rendibiliza, que plan de negocio é asumible, como subtraemos os bens patrimoniais do proceso de cousificación e comercialización xeneralizado, onde situamos a fronteira entre esta dimensión do patrimonio e a tendencia ilimitada á especulación. Sen obviar estes problemas, senón enfrontándonos precisamente a eles, hai que recoñecer e estudar os procesos de produción de valor relacionados co patrimonio. E isto sitúa coma unha prioridade a necesidade de desenvolver unha economía do patrimonio e unha socioloxía do mercado de traballo, da economía política, relacionada co patrimonio. É algo aínda pendente, unha necesidade infradesenvolvida. As confluencias desta liña de investigación coa economía da cultura, do turismo e, incluso, do medio natural, son precisas e reais, polo que a creación dunha economía do patrimonio podería avanzar en gran medida baseando os seus modelos de referencia neses outros campos (auténticas subdisciplinas da teoría económica) que xa están relativamente consolidados. Por outra parte o desenvolvemento equilibrado e sostible dun mercado de traballo e actividade en patrimonio require unha estratexia de complementariedade entre o ámbito da administración, o da investigación pública e o da actividade privada. Porén, cerrar o círculo virtuoso desa interrelación segue estando pendente. Continúa sendo urxente, vinte años despois, conciliar investigación e xestión do patrimonio, academia e mercado. O traballo en patrimonio e o sector privado que en torno a el emerxe, requiren adoptar de forma consciente e reflexiva un modelo de transferencia de coñecemento para interrelacionarse de forma satisfactoria coa sociedade. A nova empresa do patrimonio necesita, ademais, vertebrarse segundo un modelo de empresa de servizos tecnolóxicos propio da economía do coñecemento. A traxedia da Arqueoloxía Comercial (por volver a ela, pero o mesmo se podería dicir das empresas de restauración ou das exposicións temporais) radica en ser unha empresa innovadora que non sabe que o é. Ámbitos de actividade específicos da sociedade da información xestiónanse con modelos xerenciais adecuados para as empresas do ladrillo: a empresa arqueolóxica construíuse a imaxe e semellanza dunha empresa de construción, cando en realidade se aproxima máis a unha
105
empresa de servizos ou incluso de alta tecnoloxía. Como en tantos outros ámbitos, o problema é que cando habería que superar os modelos “modernos”, estes aínda non están plenamente asumidos. O sector comercial do patrimonio maduraría dotándose dun modelo efectivo de transferencia de coñecemento, (a miúdo denominada aínda “transferencia de tecnoloxía”, se ben non é un termo correcto porque tecnoloxía é algo máis concreto que o coñecemento; a nova economía, se é que segue existindo, non utiliza só tecnoloxía senón, sobre todo, coñecemento). Pero este é un cambio que, estando aínda pendente, xa se empeza a quedar curto porque non podemos negar que o desenvolvemento dun paradigma de Patrimonio Público e a construción dunha Ciencia en Comunidade, en realidade disolven o modelo metodolóxico vixente de transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i xa que, en realidade, disolve a dualidade ontolóxica (entre científico que resolve unha demanda e axente social que a propón) que o fai posible, ao romper a dualidade entre investigador e cliente e deconstruír a prestación de servizos como o único modo de interrelación lineal entre ambos: ao poñer á xente dentro do proxecto, non só como usuarios senón na toma de decisións e no seu mesmo exercicio práctico, xurde un novo modelo de interacción entre a ciencia e o contexto socioeconómico e, particularmente, entre as disciplinas que interveñen sobre o patrimonio e a sociedade que o posúe. Aínda non é algo visible, pero é posible que a xestión do patrimonio e a promoción do sector profesional á redor do mesmo, requiran traballar sen empresas, articular a actividade no seo de proxectos colaborativos nos que concorran diferentes axentes públicos e privados, especialistas e usuarios. Non é seguro que sexa posible; non é seguro que sexa necesario. Pero sobre todo non é algo fácil de poñer en práctica.
‐20 Algunhas prioridades concretas
Aínda arriscándonos a ser parciais, se tivéramos que derivar dos comentarios anteriores unha lista de temas e aspectos que é necesario considerar con urxencia dentro do estudo do patrimonio e da mellora das súas fórmulas de xestión, seleccionaríamos os seguintes aspectos, porque constitúen temáticas que non foron tratadas en detalle ou están aínda pendentes:
• Perfeccionamento dos sistemas de rexistro, documentación e inventario, incluíndo o manexo de información visual e oral.
• Identificación, caracterización e protección das paisaxes culturais; en realidade o tema é máis amplo pois a auténtica urxencia é comprender a territorialización do patrimonio e as súas dimensións espaciais, que son unha prolongación das súas circunstancias materiais.
• Análises da correlación do patrimonio cos procesos de constitución da memoria, as identidades e os valores; isto involucra tanto o exame crítico dos esencialismos hexemónicos
106
vinculados ao patrimonio, coma o descubrimento dos procesos de negociación entre tradicións culturais.
• Análises de procesos de patrimonialización, é dicir, como se constitúe o Patrimonio e, en particular, como xorden Novos Patrimonios na actualidade e cal é o destino dos Patrimonios Non‐desexados da vella e nova recreación.
• O estudo e xestión do patrimonio inmaterial, ou o que tamén se denomina Etnolóxico, intanxible, simbólico…, incluíndo en particular a súa recuperación.
• Recoñecemento e análises dos procesos de participación social e de co‐construción do patrimonio e dos modelos ou alternativas de xestión e revalorización do mesmo.
• Posibilidades e límites da produción de múltiples narrativas en relación co patrimonio; un bo exemplo é o noso proxecto de Caraguatá, no Uruguai (Gianotti el al. 2010, Gianotti et al. 2011, De Souza 2009).
• Prospectiva das medidas necesarias e posibles para estimular a innovación social, incluíndo os proxectos emprendedores e o xurdimento de novos valores económicos en relación co patrimonio.
• É necesario normalizar a xestión do patrimonio. Debemos ser tolerantes e adoptar unha posición positiva fronte ao feito inevitable de que os valores patrimoniais vaian acompañados dunha certa controversia ou incluso conflitividade. Pero hai que evitar que toda acción, intervención ou proxecto patrimonial xere disputas entre intereses implicados que se soen arranxar en contra do dereito básico do propio patrimonio que é a súa conservación.
• O anterior implica implantar o principio de corresponsabilidade no estudo e xestión do patrimonio. Unha corresponsabilidade que propicie a interacción entre administracións (a local, a rexional, a estatal, a supraestatal), entre estas e os colectivos profesionais, entre estes e os axentes públicos e comunitarios. En particular, a necesaria coordinación entre departamentos (ministerios, concellarías…) que se relacionan co patrimonio, é unha materia pendente: a administración do patrimonio non se pode distanciar doutras políticas sectoriais como medio ambiente, solo, urbanismo, vivenda…, tampouco ciencia, educación, cultura…
Epílogo
O futuro do patrimonio pasa pola reconstrución da súa dimensión pública e está mesturado co necesario proceso de resocialización das prácticas e das políticas que o sistema económico‐social necesita na actualidade. O desafío, entón, é como propiciar a consolidación desa dimensión pública dos bens patrimoniais nun contexto marcado polo refluxo dos valores públicos e pola xestión dunha crise que vai camiño de amortizarse en beneficio dos poderes que a desencadearon. Como provocar cambios nun contexto que vai en sentido contrario ao que propugnan estas reflexións? A práctica dominante nas disciplinas patrimoniais non tende a ir, en liñas xerais, cara a este rumbo A alternativa só pode ser crear modelos distintos que contribúan a
107
modificar as condicións de contexto ao establecer novas posibilidades. Ao facer iso debemos saber que non estamos sos.
Os nosos retos non son distintos aos implicados na reconstrución do sistema de saber na pos‐modernidade. Mentres tanto só temos unha certeza: as sociedades do século XXI precisan dunha nova forma de coñecemento e, non creo que sexa pomposo recoñecelo, á súa construción pode contribuír en gran medida ao patrimonio e ás prácticas relacionadas con este por varias razóns: como repositorio é a representación da variedade cultural e social; como acervo de tradicións culturais dispares, nel conflúen e ás veces conflictúan lexitimidades diversas; os desafíos teóricos e prácticos, metódicos e pragmáticos das disciplinas que significan (producen sentido) e xestionan (producen valor) o patrimonio, permítenlles documentar e comprender a multiplicidade de racionalidades e fomentar o diálogo e intercomprensión entre elas; como tal, constitúe un campo de experimentación esencial dos novos problemas e solucións aos que se enfronta unha sociedade transmoderna, multicultural, globalizada, e porén sacudida por reclamacións rexionais, localistas, identitarias, que impoñen con razón a necesidade de preservar e promover a diversidade cultural e a sostibilidade social; como encrucillada de racionalidades, require intertraducir todas as tradicións existentes; como valor simbólico, demanda a procura de fórmulas de creación do sentido consensuadas e negociadas. Cabalgando sobre estas razóns, non creo que sexa presuntuoso reclamar a centralidade do patrimonio para innúmeras prácticas actuais.
Bibliografía
AYÁN VILA, X: «A Lanzada. Un proxecto de recuperación e divulgación arqueolóxica en Pontevedra», blog accesible en el enlace: http://alanzada.wordpress.com/. 2010
AZKARATE GARAI‐OLAUN, A.: «La interdisciplinariedad ¿una concesión al lenguaje políticamente correcto?», en J. I. Lasagabáster Gómez (dir.), Segunda Bienal de la Restauración Monumental. Qué está pasando. Condicionantes, teoría y praxis actuales del ejercicio de la restauración monumental, Vitoria‐Gasteiz, Fundación Catedral Santa María, 2004
BARREIRO, D.: «Arqueología y Pragmatismo Crítico. Hacia la renovación axiológica de la Arqueología», Claves de Razón Práctica, 133 (2003), pp. 36‐41, Madrid; http://hdl.handle.net/10261/16054
CRIADO BOADO, F.: «El futuro de la arqueología ¿la Arqueología del futuro?». Trabajos de Prehistoria, 53: 1 (1996), pp. 15‐35, Madrid. http://hdl.handle.net/10261/12248
CRIADO BOADO, F.: «La Memoria y su huella. Sobre arqueología, patrimonio e identidad», Claves de Razón Práctica, 115 (2001), pp. 36‐43, Madrid. http://hdl.handle.net/10261/11212
CRIADO BOADO, F.: «La centralidad del Patrimonio para la cooperación: La ciencia pública como paradigma, el programa CYTED como ejemplo», en Actas IV Congreso Internacional Patrimonio
108
Cultural y Cooperación al Desarrollo (16, 17 y 18 de junio de 2010, Sevilla), 2010, pp. 65‐70, http://hdl.handle.net/10261/25880
CRIADO BOADO, F.: «La producción del sentido en la Modernidad IIIC. Sobre Arqueología, Interpretación, Humanidades y Conocimiento», en J.A. Quirós (ed.), El fin de la Arqueología, Madrid: Siglo XXI, en prensa. Preprint disponible en http://hdl.handle.net/10261/25245
CRIADO‐BOADO, F., D. BARREIRO, X‐L. ARMADA, R. BLANCO‐ROTEA, M. COSTA‐CASAIS, C. GONZALEZ‐PEREZ, C. PARCERO‐OUBIÑA, M. P. PRIETO‐MARTÍNEZ, e C. SÁNCHEZ‐CARRETERO: The Heritage Laboratory Strategic Plan: An Interdisciplinary Research Line on Cultural Heritage, disponible en Digital.CSIC bajo el link: http://hdl.handle.net/10261/12211, 2008a
CRIADO‐BOADO, F., D. BARREIRO, X‐L. ARMADA, R. BLANCO‐ROTEA, M. COSTA‐CASAIS, C. GONZALEZ‐PEREZ, C. PARCERO‐OUBIÑA, M. P. PRIETO‐MARTÍNEZ, e C. SÁNCHEZ‐CARRETERO: Additional material to The Heritage Laboratory Strategic Plan: An Interdisciplinary Research Line on Cultural Heritage, disponible en Digital.CSIC bajo el link: http://hdl.handle.net/10261/13242, 2008b
CUESTA A. V., J. DIMURO, C. GIANOTTI e M. MUTTONI: «De la investigación a la construcción participativa del patrimonio. Un programa de educación patrimonial y divulgación de la cultura científica en Uruguay», ARKEOS 4: 11, 2009 http://mileto.pucp.edu.pe/arkeos/content/view/225/26/
De SOUZA, G. (dir.): Documental Los Narradores del Caraguatá (55 min), Laboratorio de Patrimonio, CSIC, realización Camila Gianotti, Juan Martín Dabezies, Gabriel de Souza, Gabriel Bendahan, Andrés Costa; disponible en http://www.antropologiavisual.org/ y http://hdl.handle.net/10261/25625, 2009
ECHEVERRÍA, J.: «La innovación oculta», Negocios en Navarra, XX: 215 (2010), pp. 106‐8.
ECHEVERRÍA, J.: «Innovación sin ciencia», Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad: FORO, 2 (2010) pp. Electronic paper.
FUNTOWICZ, S.O. e J.R. RAVETZ: La ciencia posnormal. Ciencia con la gente, Barcelona, Icaria, 2000.
GARCÍA‐BODAÑO, S.: «Do Patrimonio Cultural», El Correo Gallego, 29 de agosto de 2010.
GIANOTTI GARCÍA, C. e J M. DABEZIES: Exposición Fotográfica Huellas de la Memoria: una mirada a los paisajes culturales de Tacuarembó, Idea y Realización CSIC – Laboratorio de Patrimonio, disponible en http://www.csic.es/detalle_actividad.do?print=true&idActividad=1939, 2009.
GIANOTTI, C. e J. M. DABEZIES.: Huellas de la Memoria, Serie Anaina, 1, Santiago de Compostela, CSIC – Laboratorio de Patrimonio; pronto disponible en Digital.CSIC. 2010.
GIANOTTI, C., D. BARREIRO, F. CRIADO‐BOADO, J.M. LÓPEZ MAZZ: «Constructing from the South. A post‐colonial perspective on scientific cooperation», en S. van der Linde and C. Neeleman (eds.), European Archaeology Abroad, London, Berghahn Books; (en prensa).
GONZÁLEZ MÉNDEZ, M: «Investigación y puesta en valor del Patrimonio Histórico: planteamientos y propuestas desde la arqueología del paisaje», Tesis Doctoral, Historia I da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Santiago de Compostela, Director: Felipe Criado Boado. http://hdl.handle.net/10261/28279 1999.
109
GONZÁLEZ‐RUIBAL, A.: «Making things public. Archaeologies of Spanish Civil War», Public Archaeology, 6: 4 (2007) pp. 203‐26.
GONZALEZ‐RUIBAL, A.: «Time to Destroy. An Archaeology of Supermodernity» Current Archaeology, 49: 2 (2008) pp.247‐79.
GONZALEZ‐RUIBAL, A.: «Topography of terror or cultural heritage? The monuments of Franco´s Spain», en N. Forbes, R. Page e G. Pérez (eds.), Europe's deadly century. Perspectives on 20th century conflict heritage, Kemble Drive, Swindon: English Heritage; (2009) pp. 65‐72, http://hdl.handle.net/10261/21335
HABER, A.: «El patrimonio arqueológico ha muerto. Un epílogo y un epitafio», en C. Jofré (ed.), El regreso de los muertos y las promesas del oro. Serie Inter/Cultura=Memoria+Patrimonio, Colección Con‐Textos Humanos. Catamarca: Grupo Editorial Encuentro e Doctorado en Ciencias Humanas de a Universidad Nacional de Catamarca, Córdoba e Catamarca. 2010a.
HABER, A.: «Arqueología y desarrollo: anatomía de la complicidad», V Encuentro Internacional de Teoría Arqueológica en América del Sur, Caracas, Junio 2010. (Se publicará en Antípodas. Revista de Antropología e Arqueología, Bogotá: Universidad de Los Andes). 2010b.
KRISTIANSEN, K.: «Contract Archaeology in Europe: an experiment in diversity», World Archaeology, 41: 4, (2009) 641‐8; http://gu‐se.academia.edu/KristianKristiansen/Papers/188207/Contract‐archaeology‐in‐Europe‐‐an‐experiment‐in‐diversity
MARSHALL, Y.: «What is community archaeology?», World Archaeology, 34: 2 (2002) pp. 211–9.
MEIXIDE, A. e V. FREIXANES, (eds.): O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Coruña: Centro de Investigación Económica e Financiera de Caixa Galicia. 2010.
PARGA‐DANS, E.: «Commercial Archaeology in Spain: its growth, development and the impact of the global economic crisis», en N. Schlanger, e K. Aitchison (eds.), Archaeology and the global economic crisis. Multiple impacts, possible solutions. Bélgica: Culture Lab Editions; http://digital.csic.es/handle/10261/27634, 2010a.
PARGA‐DANS, E.: Informe de resultados: Primera encuesta nacional dirigida a empresas de arqueología. Santiago de Compostela: Laboratorio de Patrimonio (LaPa‐CSIC); http://hdl.handle.net/10261/26192, 2010b.
QUEROL, M.A.: Manual de Gestión del Patrimonio Cultural. Madrid: Akal. 2010
SCHLANGER, N., e K. AITCHISON (eds.): Archaeology and the global economic crisis. Multiple impacts, possible solutions. Bélgica: Culture Lab Editions; http://digital.csic.es/handle/10261/27634, 2010.
TUNBRIDGE, J.E. e G.J. ASHWORTH: Dissonant Heritage: The Management of the Past as a Resource in Conflict, Chichester, John Wiley and Sons Ltd, 1996.
VILLARMARZO E., C. GIANOTTI, F. CRIADO‐BOADO, J.M. LÓPEZ MAZZ, O. MAROZZI, I. CAPDEPONT, F. CARVE e M. SOTELO: «Políticas Públicas y Patrimonio Cultural en Uruguay», VII Encontro Regional da SABUL. Arqueologia, Patrimônio e Desenvolvimento (Jaguarao, Brasil, 27‐30 de septiembre de 2010), Sociedade de Arqueología Brasileira‐delegación do Sul, http://hdl.handle.net/10261/28249, 2010
110
VV.AA. Comentarios al borrador de Ley del Patrimonio Cultural de Uruguay. Documento técnico elaborado en el marco de una reunión de cooperación para la discusión del proyecto de Ley de Patrimonio Cultural de Uruguay. Santiago de Compostela: LaPa (CSIC). http://digital.csic.es/handle/10261/25782 o http://patrimoniouruguay.blogspot.com/. 2009.
Referencias
Sobre o autor:
Felipe Criado Boado é profesor de investigación do CSIC desde o ano 2000. Antes foi profesor titular da Universidade de Santiago. É responsable do grupo de investigación denominado “Laboratorio de Patrimonio” (LaPa – CSIC). Recentemente foi nomeado director do Instituto de Ciencias del Patrimonio, un centro de investigación do CSIC de nova creación cuxa sede se construirá en Santiago de Compostela. Foi Coordinador da Área de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC desde 2003 a 2008. Actualmente é Xestor da Área de Ciencia e Sociedade do Programa CYTED de Cooperación Científica Iberoamericana. Os seus temas de interese son o estudo da monumentalidade, a arqueoloxía da paisaxe, o patrimonio cultural e as relacións entre Ciencia e Sociedade. Conxuga experiencia en labores de investigación, formación, xestión do patrimonio e xestión da ciencia. Ten máis de 130 artigos e monografías publicadas, e é membro de comités editoriais de revistas galegas, españolas e internacionais.
Palabras clave:
Patrimonio Cultural; Patrimonio Público; Cultura Material; Estudos Culturais; Arqueoloxía e Sociedade; Interpretación; Interculturalidade; Transferencia de coñecemento; Industrias do Patrimonio; Ciencia Pública
Keywords:
Cultural Heritage; Public Heritage; Material Culture; Cultural Studies; Social Archaeology; Interpretation; Interculturality; Transference of Knowledge; Heritage Industries; Public Science
Resumen:
Este traballo foi preparado por solicitude do Consello da Cultura Galega para contribuír a un debate sobre o Patrimonio Cultural de Galicia vinculado cas posibilidades de redactar unha nova lei galega do Patrimonio. No presente texto destácanse algúns trazos relativos ao valor actual do Patrimonio Cultural, á situación presente dos estudos de investigación e xestión do Patrimonio Cultural, á necesidade de conxugar múltiples narrativas na interpretación deste, á conveniencia de establecer un sistema ordenado de diálogo entre estas narrativas, á interacción dos proxectos
111
patrimoniais coas comunidades, á construción dun Patrimonio Público e á xeración de novos modelos de relación co medio e produción de valor nas industrias e mercado de traballo en Patrimonio.
A versión galega deste texto foi preparada por Yolanda Seoane Veiga, do LaPa – CSIC, o texto revisado por David Barreiro e a edición por Matilde Millán.
112
AS INFRAESTRUCTURAS NO TERRITORIO HISTÓRICO CULTURAL: ESTRUCTURA E VERTEBRACIÓN DA PAISAXE DE GALICIA.
Carlos Nárdiz Dr. Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos
1. INTRODUCCIÓN
Dentro de un informe más amplio, que tiene como objetivo realizar un análisis del “Patrimonio Cultural Galego”, las infraestructuras viarias, ferroviarias, portuarias e hidráulicas, no pueden entenderse solamente a partir de sus valores técnicos e históricos, sino como elementos fundamentales en la construcción del paisaje y el territorio: el histórico apoyado en las infraestructuras tradicionales que abarcaron un periodo que podríamos limitar a las primeras décadas del siglo XIX, el actual, apoyado en las transformaciones que han producido las infraestructuras en el paisaje y el territorio histórico, por su escala y especialización en la segunda mitad del siglo XX y en la primera década del XXI. Desde el Convenio de la Haya de 1954, la definición de “Bien Cultural”, ha servido de base para la identificación de aquellos bienes que por su interés histórico, arqueológico o artístico deberían de formar parte del Patrimonio Cultural. La propia legislación estatal de Patrimonio del año 1985, recuperó esa definición, permitiendo acercarse al interés cultural con el análisis previo de su interés artístico, histórico, paleontológico, arqueológico, etnográfico, científico o técnico. Esta misma definición ha sido sustentada, en general, por las distintas legislaciones autonómicas, y solamente en casos específicos, como cuando se ha tenido que acudir a la declaración como patrimonio cultural de infraestructuras lineales históricas, como ocurre con los Caminos de Santiago, ha habido que introducir otras categorías como la de “territorio histórico” para justificarla. Así la Ley 3/1996 de 10 de mayo de protección de los Caminos de Santiago, define a este Camino como “una vía de comunicación, lugar de encuentro de culturas y generador de una vida social y económica que dio lugar a la formación de ciudades y villas, y consecuentemente a una transformación del paisaje, trazos todos ellos que lo dotan de una impresionante riqueza cultural e histórica merecedora del respeto y protección”. El Camino de Santiago, para la ley, constituye un bien de dominio público de carácter cultural incluido en la categoría de territorio histórico, entendiendo por Camino de Santiago, no solo el conocido como “Camino Francés” sino todas las rutas a Santiago reconocidas documentalmente. La categoría de “Territorio Histórico” fue introducida por la Ley 8/1995, de Patrimonio Cultural de Galicia, como equivalente a Sitio Histórico, con la misma definición que para esta clase de bienes recogía la Ley de Patrimonio Histórico Español de 1985. El resto de las clases de bienes inmuebles que introdujeron la ley estatal o las legislaciones autonómicas que se aprobaron a partir de los años 90, en sustitución de la palabra “lugar”, recogidas por los convenios internacionales, hacen referencia a los
113
“jardines históricos”, a las zonas arqueológicas o paleontológicas, y en el caso de la Ley 8/95 del Patrimonio Cultural de Galicia, se recuperó también la denominación de “Lugar de interés etnográfico”, para referirse a aquel paraje natural, conjunto de construcciones e instalaciones vinculadas a formas de vida, cultura y actividades tradicionales del pueblo gallego. El Sitio o Territorio Histórico también se define como lugar o paraje natural, vinculado a acontecimientos o recuerdos del pasado, creaciones históricas culturales o de la naturaleza, y a las obras del hombre que poseen valores históricos o técnicos. Por tanto, es acertado asociar el patrimonio cultural de las infraestructuras a la categoría de territorio histórico, sobre todo en el caso de las infraestructuras lineales y su capacidad de formación de núcleos, cuyo eje vertebrador es la propia infraestructura, aunque puedan existir otras infraestructuras como las portuarias tradicionales (como ha ocurrido recientemente con el puerto de Rinlo) o las hidráulicas, asociadas a formas de explotación agrícolas preindustriales, en las que la categoría adecuada sería también en Galicia la de “lugar de interés etnográfico”. El título de este informe “As infraestructuras no territorio histórico cultural” hace por tanto referencia a algunas infraestructuras como los Caminos de Santiago, que han contribuido a la formación de ese territorio cultural, y que hoy tienen problemas de identificación y delimitación de su traza, a los que se podría también asociar esa categoría: vías romanas en las que se conserva la explanada, u otros caminos históricos de herradura o de ruedas que no necesariamente iban a Santiago, carreteras del XVIII o del XIX con sus puentes, y sus bordes construidos por edificaciones tradicionales, vías de ferrocarril, con sus puentes y estaciones, abandonadas por las nuevas infraestructuras ferroviarias, que requieren una atención desde el patrimonio cultural o infraestructuras hidráulicas tradicionales, y portuarias ligadas a las primeras transformaciones de los frentes marítimos. A ellas nos referimos en este informe, también formando parte del Patrimonio Cultural algunas obras hasta mediados del siglo XX. 2. ELEMENTOS QUE CARACTERIZAN EL PATRIMONIO Y EL PAISAJE DE LOS CAMINOS
Y LAS CARRETERAS
Los caminos y las carreteras son elementos del paisaje que han dejado sus huellas. Cortan las laderas de las montañas, atraviesan los valles, reparten el suelo, nos relacionan con paisajes que no serían percibidos sin su existencia. Un cruce de un río, un paso de montaña, un camino o carretera por un borde litoral o fluvial, la travesía de una población, asocian el camino a paisajes que marcan su recorrido. Desde el aire, los caminos y carreteras se siguen con continuidad cuando atraviesan los obstáculos geográficos. Las formas del relieve moldean el trazado de los caminos antiguos, que se confunden con ellas. La rigidez geométrica de las carreteras modernas termina imponiéndose a las formas del relieve, conformando un nuevo paisaje que es el de las propias carreteras.
114
El patrimonio viario es la huella de patrimonio territorial que soporta la red viaria en cada momento, que incluye no solamente la propia traza y características técnicas de los caminos y carreteras, sino también las parcelas y edificaciones que se han asentado en sus bordes, la estructura urbana y rural de los núcleos ordenados según la ley del camino, los albergues, posadas, hospitales, casetas de peones camineros que se construyeron al servicio del camino, los cierres, fuentes, árboles que han crecido en sus márgenes, las señales que orientan su recorrido, los pasos de barca, vados y puentes para el cruce de los ríos, los elementos que relacionan los caminos terrestres con el transporte fluvial y marítimo, el paisaje o las vivencias con las que nos relaciona su recorrido, las propias relaciones sociales y comerciales que permitieron los anteriores caminos. El patrimonio viario son también los itinerarios, guías, mapas, músicas, poesías, documentos o relatos de viajeros que apoyan la existencia de un camino principal. Cuando la documentación se une a la propia realidad territorial, para añadir un carácter histórico a un determinado camino, el valor histórico del camino se transmite a los núcleos por donde pasa, al puente que le permite cruzar la red fluvial, incluso a la propia franja territorial atravesada. Las ciudades o núcleos por los que atraviesa la calzada de la Plata, el camino Francés a Santiago, o la ruta de la Seda, aparecen marcadas por el paso del camino histórico, y su huella puede identificarse en su estructura urbana o rural. Los caminos que siguieron el Arcipreste de Hita, Cosme de Médicis, el Padre Sarmiento, los caminos sagrados de peregrinación, el camino de Bastabales que cantó Rosalía de Castro, o la carretera de los álamos de Soria que cantó Machado, forman parte del patrimonio viario. Junto a la documentación histórica conocida, que avala la existencia de un camino, aparece otra que hasta hace poco tiempo era desconocida o poco valorada. Los proyectos de las transformaciones de la red viaria a partir de la segunda mitad del XVIII, pueden consultarse en los archivos militares, en los archivos de la Jefatura de Carreteras, en el archivo de Simancas (limitado a los caminos reales del XVIII), en el archivo de la Administración de Alcalá (en donde se encuentran todos los proyectos de las obras públicas a partir de mediados del XIX), en el propio archivo del actual Ministerio de Fomento, en la Revista de Obras Públicas, que desde 1853 viene reproduciendo y comentando los proyectos de los ingenieros de caminos, o en los libros y tratados teóricos en los que apoyaron los ingenieros sus proyectos. En el caso de la provincia de A Coruña, los proyectos de las carreteras a partir de mediados del siglo XIX, han sido trasladados al Archivo del Reino de Galicia, y esta práctica se deberá extender al resto de las provincias. Las memorias, los informes y los planos históricos de red viaria a partir de la segunda mitad del siglo XVIII, que el caso de Galicia reproduje en el libro sobre “El territorio y los caminos en Galicia. Planos históricos de la red viaria” (1992), explican el trazado de la red viaria, la manera como se superponen las carreteras o el ferrocarril sobre la estructura territorial anterior formada en torno a los anteriores caminos, y las características de sus obras singulares.
115
El conocimiento de esta documentación introduce una nueva valoración histórica y cultural del patrimonio viario. Los dibujos, planos, grabados o las propias memorias de los proyectos, no explican sin embargo totalmente el valor patrimonial, urbanístico y territorial de los caminos y carreteras. Sirven para entender en el momento de su proyecto y construcción, pero no su estado y su implantación urbana y territorial actual. La valoración cultural e histórica del patrimonio viario aparece además condicionada por los problemas que entraña su identificación en el caso de los caminos más antiguos, y por la poca valoración que tienen los caminos y carreteras, incluso por parte de los ingenieros que las transforman, por aparecer ligados a una actividad eminentemente funcional como es el transporte. En el caso del transporte, el pasado sirve raramente para construir el futuro. Es innata a la red viaria su constante transformación. Las transformaciones de la red viaria van dejando tramos abandonados, núcleos, áreas urbanas o territoriales en retroceso, al quedar alejadas de la nueva accesibilidad. No todos, evidentemente, tiene un valor histórico y cultural; todos, sin embargo, tienen un valor paisajístico y territorial, resaltado por esa estética que hace atractivo lo viejo, como recuerdo de unas formas anteriores de construcción, de ocupación, o de recorrido. 2.1. La identificación del patrimonio de los caminos históricos en Galicia
Por caminos históricos entendemos todos aquellos caminos que sirvieron a unas relaciones entre los núcleos, previas al trazado de las carreteras modernas a partir de la segunda mitad del XVIII. Incluyen, por tanto, los caminos prerromanos y romanos, los caminos medievales de herradura, las cañadas, cordeles y veredas de la trashumancia, los caminos de ruedas o de carro posteriores, construidos o formados para el paso de los medios de tracción animal. El patrimonio de los caminos prerromanos sólo ha sido identificado a partir de los restos arqueológicos que, alineados o en la dirección e los caminos, señalan unos primeros recorridos relacionados con unas primeras formas de ocupación del territorio. Los restos arqueológicos de los primeros asentamientos estacionales: túmulos, dólmenes, mámoas, pedrafitas, señalan el paso de los caminos megalíticos por rutas de cresta o divisorias de aguas. La densa geografía de promontorios, en los que se asentó la civilización castreña en el neolítico, y que dio lugar a recorridos de contracresta superpuestos a los anteriores, nos relaciona con el proceso de ocupación del territorio en el neolítico que condicionará el establecimiento de la red viaria posterior, tanto de las vías romanas, como de los caminos medievales. No es posible profundizar aquí en este proceso, al que me refiero en el libro sobre “El territorio y lo caminos en Galicia” (Carlos Nárdiz, 1992). Algunos han sido identificados por la arqueología, como los que recorren las penillanuras de las sierras de Bocelo, Barbanza y Faladoira, que deberían tener algún tipo de protección, más allá de las
116
mámoas que jalonan su recorrido. Igual ocurre con alguno caminos que ascienden, o descienden desde los castros, asociado a veces a empedrados para el paso de los carros, que deberían ser objeto de protección como huella de las relaciones de estos primeros asentamientos con el territorio. Sobre esta primera red de caminos megalíticos y castreños, en la que la arqueología sigue investigando, y que hoy sólo podemos identificar en tramos aislados, se superpondrá el sistema viario trazado y construido en la época romana. Los elementos de este sistema no son solamente los tramos de calzadas que con dificultad hoy todavía se pueden identificar, sino las rutas fluviales y marítimas, los puentes para el cruce de los ríos, las civitates, villas, foros y fundis surgidos en torno al paso de las vías, los puertos y faros, explotaciones mineras y agrícolas, como elementos fundamentales de la colonización, dominio y explotación del territorio que tenía como fin la red viaria romana. La primera aproximación, por tanto, al patrimonio de las vías romanas, es su entendimiento como red, extendida sobre el territorio peninsular (y en último término sobre todo el territorio dominado por Roma), con sus nudos, itinerarios y jerarquía de vías. La imagen de esta red transmitida a través de los estudios que vienen realizando a partir de la segunda mitad del siglo XVIII, presenta todavía enormes carencias. La imagen actual, reducida a las vías públicas, no dista mucho del Mapa itinerario de la España Romana que realizó Eduardo Saavedra en 1862, con motivo de su discurso en la Real Academia de Historia. La metodología utilizada por él, apoyado no solamente en el estudio de las fuentes antiguas, sino también en la utilización de cartografía a escala adecuada, con la que averiguar la dirección posible y naturaleza de los caminos que unen puntos del itinerario conocido, y de los ríos por los puentes y vados que se estimen practicables, sigue siendo una asignatura pendiente en el estudio del trazado de muchas vías romanas. Frente a ello se confunden las características constructivas de los puentes romanos (en el libro de los “Pontes históricos de Galicia” (Alvarado, Durán, Nárdiz, 1989), defendimos las diferencias claras que existen entre los puentes romanos y los puentes de piedra posteriores). Se unen los restos arqueológicos (miliarios y aras dedicadas a los lares viales) que justifiquen el trazado de las vías sin ninguna lógica territorial. Se repiten los argumentos utilizados por aquel que primero las estudió. Se confunden las características técnicas de una vía romana con las de un camino pavimentado en piedra, con las de un camino de origen medieval, con un camino del rural, o simplemente se imaginan las vías romanas desaparecidas bajo la explanada de las carreteras construidas a partir de la segunda mitad del XVIII. No obstante, los estudios que se vienen haciendo en Galicia en las últimas décadas se está acercando cada vez mejor a este patrimonio. Respecto a los puentes romanos, en el libro de “Pontes Históricas de Galicia” recogíamos estudios monográficos de los puentes romanos que se conservan: Bibei y Freixo, con una parte importante de su fábrica conservada, Cigarrosa, Ponte Vella de Ourense, Navea, Baños de Molgas, A Pontoriga, con sillares u hormigón en sus pilas pertenecientes a la época romana.
117
Igual ocurre con la red viaria romana, en donde la publicación de la Xunta de Galicia “La Vía Nova en la Serra do Xurés. La rehabilitación de la Vía Nova entre Portela de Home y Baños de Riocaldo, Ourense” (Durán, M.; Nárdiz, C.; Ferrer, S. y Amado, N., 1999) refleja el estudio que hicimos en un tramo en la Vía XVIII, que desde Braga se dirigía al castro de Bergidum, y en último término Astorga, atravesando el sureste de la provincia de Ourense. La Vía XVIII, o Vía Nova a su paso por la provincia de Ourense fue ya estudiada por el ingeniero de caminos Díez Sanjurjo en 1904, y más recientemente por Segundo Alvarado y Tomás Rivas (2000). En cualquier caso, los medios actuales cartográficos apoyados en los Sistemas de Información Geográfica, permiten una cartografía más precisa de la vía, con los elementos arqueológicos, paisajísticos e ingenieríles asociados, labor todavía no acometida por la administración. El conocimiento de que la urbanización del territorio medieval se llevó a cabo por medio de una malla más compleja de caminos que las que nos dan a entender algunas historias de la caminería medieval, y de que esta malla permanece hoy, independiente del trazado de las carreteras actuales, mostrándonos unas formas distintas del ocupar y recorrer el territorio, puede contribuir a que nuestras intervenciones sean más respetuosas con el lugar. Observando y analizando la malla de los caminos actuales, anteriores a la construcción de las carreteras modernas a partir de la segunda mitad del XVIII, podemos identificar los caminos de herradura medievales, o de ruedas posteriores, a partir de la estructura urbana de los núcleos, de las construcciones que defendían su paso, de los elementos que se situaban al borde de los caminos, de los puentes que servían para el cruce de la red fluvial, en cuya fábrica es posible leer todas las transformaciones posteriores. La recuperación de la traza de un camino histórico, y del patrimonio cultural y paisajístico asociado a la misma, supone una triple aproximación, la legislativa, que en el caso de los caminos históricos (como ocurre con los Caminos de Santiago, protegidos por la Ley 3/1996 de Protección dos Camiños de Santiago), implica que hayan sido reconocidos documentalmente, y en el caso de los elementos en torno a los caminos, que hayan sido inventariados y catalogados, de acuerdo con la Ley de Patrimonio Histórico de 1985 y las leyes autonómicas de patrimonio cultural, la urbanística, que implica su consideración por parte del planeamiento municipal, o por Planes Especiales redactados para la recuperación de tramos de caminos históricos concretos, como en el caso del Camino Francés y, finalmente, la que hace referencia a los proyectos concretos de rehabilitación o recuperación del patrimonio arqueológico, arquitectónico o ingenieríl en torno a los caminos históricos o bien de la propia traza del camino. El marco, por tanto, legislativo y urbanístico, de la recuperación de los caminos históricos, es el paso previo para las intervenciones en la propia traza del camino, a nivel de proyecto. Pero antes hay que localizar la traza. En el caso de los caminos medievales, ni siquiera la traza del “Camino Francés” a Santiago, después de los estudios que se vienen realizando en las últimas décadas, es hoy bien conocida, como pone de manifiesto la propia traza señalizada para el recorrido del camino.
118
En el resto de los Caminos de Santiago, a pesar del esfuerzo que la Xunta de Galicia, a través de la Sociedad Anónima de Xestión do Plan Xacobeo viene realizando desde 1996, por medio de concursos públicos para la delimitación de los siete rutas a Santiago reconocidas documentalmente (El Camino Francés, el Camino Inglés, el Camino del Norte, el Camino de Fisterra y Muxía, Ruta de la Ría de Arousa, el Camino Portugués y la Vía de la Plata), no es exagerado decir en estos momentos que más del 50 por 100 de los tramos señalizados necesitan revisarse, con cambios a veces muy importantes respecto al recorrido propuesto. Delimitar adecuadamente los caminos históricos que atraviesan Galicia de forma diferente a los caminos actuales, extendiendo la protección inicial de la Ley 3/1996 de protección de los Caminos de Santiago, supone convertir a los caminos (y también a las carreteras) en ejes de territorios históricos, sobre los cuales se pueden desarrollar distintas políticas culturales, turísticas, ambientales, urbanísticas e incluso infraestructurales, orientadas a la protección y rehabilitación del patrimonio cultural asociado a los caminos y carreteras. Todas ellas responden a decisiones territoriales que al tener como eje los caminos históricos, necesitan ser representadas en una cartografía adecuada. La escala 1/200.000, apoyada en los propios planos provinciales del Instituto Geográfico y Catastral, fue la base de la cartografía que aportaban los Amigos del Camino de Santiago de Estella, sobre el Camino Francés a Santiago desde el paso de los Pirineos. En esta publicación, con el nombre de “Rutas Jacobeas. Historia Arte‐Caminos” (1971), dirigida por Eusebio Goicoechea, se decía que la cartografía que aportaban resultaba “un trabajo más duro, intenso y tenaz de lo que a primera vista pudiera parecer” y que “era la primera y única existente sobre el Camino de Santiago”. De 1985 era la que Elías Valiña propuso para el Camino Francés en la “Guía del Peregrino”, con planos que carecían de escala (aunque tenía la misma base que la anterior) con el fin de reducir el espacio en tramos viables y acrecentarlo en aquellos más complicados. La Guía del Peregrino respondía a un encargo realizado directamente por la entonces Secretaría de Turismo a Elías Valiña (el cura del Cebreiro), que tuvo además el mérito de haber iniciado en esos años la señalización del camino con la flecha amarilla, verdadera guía del caminante. De mayor interés cartográfico era el estudio realizado en 1985 por la Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas de la Xunta de Galicia, con el nombre de “Rehabilitación del Camino de Santiago”, que aportaba una cartografía a E 1/20.000 del Camino Francés, en la que delimitaba la traza en los tramos más conocidos, planteando en otros alternativas, y reflejaba la estructura de los núcleos rurales y urbanos por donde pasa. En Galicia, el inventario y luego catálogo de los puentes históricos, que se convirtió en el libro del mismo título “Pontes Históricas de Galicia” Segundo Alvarado, Manuel Durán y Carlos Nárdiz (1989), tuvo su continuidad en el libro sobre “El Territorio y los Caminos de Galicia. Planos históricos de la Red Viaria” (Carlos Nárdiz, 1992) en el que recogían estudios de la red viaria de la antigüedad, incluida la romana, de la red viaria medieval, de las carreteras modernas a partir del siglo XVIII, de la red de ferrocarril y
119
de transformación de la red viaria actual. La aproximación que realizaba en este libro a las transformaciones históricas de la red viaria, con la consideración de los condicionantes geográficos y técnicos para su trazado y construcción, y el papel que han tenido en la construcción del territorio, sigo considerándola fundamental para resolver carencias que existen en la identificación de la traza de los caminos históricos, confundidos a veces, desde la historia o la arqueología, con las carreteras modernas. Un intento de elaborar una cartografía histórica a escalas mayores, en la que se reflejen los caminos históricos y el patrimonio histórico asociado a los mismos, ha sido el libro que hemos publicado sobre la “Cartografía Histórica de los Caminos de Santiago en la Provincia de A Coruña” (C. Nárdiz, J. Creus y A. Varela, 1999), realizado con cartografía digital a E 1/25.000, tomando como base el “Inventario Cartográfico de la Red Viaria Municipal” que realizamos también para la Diputación Provincial de A Coruña, a la misma escala. La escala, sin embargo, 1/25.000, con el apoyo de la cartografía digital del Instituto Geográfico Nacional, aunque supone una aproximación mayor que las cartografías a las que antes nos referíamos, es insuficiente. La experiencia, en este sentido, es que hay que descender a E 1/5.000, hoy posible por disponer la mayor parte de las administraciones de las Comunidades Autónomas de esta cartografía en formato digital, y aún habría que realizar un esfuerzo añadido, integrando esta cartografía (como hemos hecho en la provincia de A Coruña en la Encuesta sobre Infraestructura y Equipamientos Locales. Fase IV) en un Sistema de Información Geográfica, orientado hacia la realización de un Atlas digital del patrimonio de la Provincia. El paso siguiente sería reflejar la información catastral del parcelario a E 1/2.000, que permitiría ya tomar decisiones más claras ( en el caso en que este parcelario no hubiese sido transformado por la concentración parcelaria), respecto a la traza de los caminos históricos. La ley 3/1996, definía los Caminos de Santiago como bienes de dominio público de carácter cultural, incluidos en la categoría de territorio histórico, en donde a mayores de la delimitación del territorio del Camino Francés realizada en 1992, recogía el procedimiento para la delimitación y deslinde del resto de los Caminos en Santiago actualmente reconocidos como “Camino Portugués”, “Ruta da prata”, “Camiño do norte”, “Camiño de Fisterra”, “Camiño inglés” e “Ruta do Mar de Arousa e Ulla”. Los trabajos de delimitación de estos caminos, fueron realizados a partir de entonces, seguidos de la propia señalización de los mismos por parte de la Sociedad Anónima de Xestión do Xacobeo, con cambios incluso posteriores respecto a las rutas anteriormente señalizadas, al descubrirse por pate de la propia administración rutas que no coincidían con las propuestas de los equipos que a través de concursos públicos realizaron los anteriores trabajos. A partir del año 2005, con el cambio de la administración, el reconocimiento de las insuficiencias de la delimitación (con sus consecuencias para la protección de los caminos), llevó a la administración anterior a realizar nuevos concursos para la delimitación del territorio histórico de los caminos de Santiago.
120
El “Pliego de Prescripciones Técnicas para a Elaboración do Estudo do Territorio Histórico vinculado dos Camiños de Santiago comprendendo o análise e información previa necesaria para a elaboración de proposta de delimitación do seu trazado, e das súas zoas de protección”, establecía un ámbito territorial ligado a las parroquias del entorno de los caminos. Los estudios históricos contratados en el 2007 con un plazo de ocho meses (Camiño primitivo, Camiño do Norte y Camiño Francés) se entregaron a mediados del 2008 y los contratado en el 2008 (Camiño de Fisterra, Camiño Portugués, Camiño Inglés y Vía de la Plata dividido en dos tramos: Camiño de Ourense a Santiago, Camiño Tradicional o anterior e itinerario desde Chaves), se han entregado durante el 2009. Por tanto, en estos momentos, existen ocho (8) Estudios Históricos presentados en los que se hacen propuestas de delimitación de estos caminos, con las correspondientes alternativas y que están pendientes del informe por parte de la Subdirección Xeral, y de ser sometido al proceso de información pública, y respecto a los que habría que incoar expedientes de delimitación, en aquellos tramos que no coinciden con las delimitaciones de los años 90. La impresión que se tiene desde la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, es que los distintos equipos no han actuado con criterios homogéneos, y la búsqueda de la traza original, puede ser contradictoria con la realidad construida. Por otra parte, parece que hay grandes diferencias respecto as los caminos señalizados, lo que obliga a conjugar el análisis de los territorios históricos realizados, con la identificación de aquellos tramos más conflictivos, necesitando ser también más concisos en la delimitación del territorio histórico próximo a la traza de los caminos. El proceso actual, por tanto, de delimitación de la traza definitiva, con cambios en la delimitación actual, puede extenderse en el tiempo, aunque es una labor que se piensa que se puede completar en la actual legislatura. 2.2. La identificación del patrimonio de las carreteras en Galicia
La infraestructura física de las carreteras construidas a partir de la segunda mitad del siglo XVIII, con su explanada elevada con muros, tajeas y puentes, abierta en la ladera mediante desmontes y terraplenes, con tramos rectos, tramos en curva de pequeño radio de giro y tramos en pendiente, es más fácil de identificar que en el caso de los caminos antiguos. La transformación de la red viaria con nuevos trazados y características constructivas que se realizó a partir de mediados del siglo XVIII, y que dio lugar a las primeras carreteras modernas, se conserva en parte hoy, cuando sobre las mismas no se han superpuesto en este siglo las carreteras actuales. Podríamos poner numerosos ejemplos de tramos de carreteras radiales (entre Madrid y los puertos de mar) proyectados y en gran parte construidas en la segunda mitad del XVIII, cuyo trazado aparece abandonado por la carretera actual, relacionándonos, al
121
igual que los caminos antiguos, con una forma distinta de ocupar y recorrer el territorio, derivada fundamentalmente de las distintas características de trazado. El patrimonio viario de los caminos reales del XVIII, iniciado con el camino del puerto de Guadarrama, con el camino de Reinosa a Santander, con los caminos de acceso a los Sitios Reales, y continuado con la red de caminos radiales y transversales que recoge el Real Decreto de 1761 para hacer “caminos rectos y sólidos” en España que facilitaran el comercio de unas provincias con otras, nos pone en relación con un recurso histórico, cultural, paisajístico y técnico de primer orden, que sólo recientemente se empieza a reconocer por aquellos que han estudiado las transformaciones de la red viaria. Planos, Instrucciones, Reglamentos, Advertencias, documentos del estado de su contenido o de los medios humanos, materiales y económicos, nos relacionan con el nuevo papel que asumió el Estado en la mejora de las vías de comunicación, y con la organización y formación técnica, cartográfica, urbana y territorial del cuerpo de ingenieros militares encargados de llevarla a cabo. En el caso de Galicia, el Camino Real del siglo XVIII, después de la subida al Puerto de Piedrafíta, en la que se apoya en primer término en el valle del río Valcarcel de forma diferente a las carreteras posteriores, recorre hasta Os Nogáis la ladera opuesta de la montaña por la que se trazó después la carretera del siglo XX y la propia Autovía, con tramos de una gran belleza que hoy no tiene ningún tipo de protección. En su continuidad hasta Lugo, aunque hay tramos que fueron modificados en los años 70 y 80 del siglo XX por el acceso norte a Galicia, otros como en el paso de Becerrea, por el Puente Cruzul, necesitan ser recuperados como un patrimonio de la ingeniería viaria del siglo XVIII. Igual ocurre entre Lugo y A Coruña, en donde hay también tramos abandonados del camino real, como es el paso por ejemplo del Puente de Rábade, que necesitan ser señalizados, como alternativo al recorrido de las carreteras del siglo XX. En el caso de Galicia también, aparte del Camino Real de Madrid, se construyó el Camino Transversal entre A Coruña, Santiago, Pontevedra y Pontesampaio (actual N‐550) en torno al que se formaron nuevos núcleos (Ordes, Esclavitude) o nuevos barrios en la circunvalación de las ciudades y villas históricas (Santiago, Padrón, Pontevedra), mientras que en otras villas se apoyó en la propia estructura urbana existente(Caldas de Reis, por ejemplo). Igualmente se construyó el Camino Real de A Coruña hasta la aldea de Foxo (Arteixo), que coincide con la anterior carretera de Fisterra, por Oseiro y el barrio de A Baiuca en Arteixo. Aquella vieja costumbre de colocar fuentes, relojes de sol, mojones de piedra de gran tamaño, posadas y casetas para el descanso y cambio de caballerías, guardarruedas en los tramos en pendiente, aceras de piedra en el paso de las poblaciones, árboles para bordear y señalizar el paso del camino, hoy solamente en tramos definidos puede identificarse. Estos elementos todavía los encontramos en algunos tramos de los caminos abandonados (como en el caso de dos fuentes en el Camino de A Coruña a Arteixo)
122
cuando no han desaparecido por los ensanches de la carretera, constituyendo un patrimonio viario no suficientemente valorado. Los trazados rectos de los caminos reales, derivados de una tradición geométrica de ocupación del territorio, con pequeños radios de giro en terrenos llanos, con trazados en zigzag o adaptados a las formas de las laderas para superar los pasos de montaña como aconsejaba Gautier, las propias secciones, con sus muros laterales, bombeos, graduación de tamaños de piedra desde los cimientos, dificultades de drenaje, las características constructivas de los puentes, forman parte de una cultura viaria y territorial propia de los ingenieros militares del XVIII que indudablemente constituye un patrimonio cultural, al igual que hoy se reconoce su labor en el campo arquitectónico o urbanístico. Esta cultura, transformada por la distinta formación de los ingenieros civiles, de puentes y caminos, o de caminos, canales y puertos, se va a poner de manifiesto en el proyecto de las carreteras del XIX, orientadas hacia el paso de las diligencias “al galope” frente a los anteriores vehículos de tracción animal. Cuando hoy vemos tramos abandonados de carreteras principales no ensanchadas, construidas en los años cuarenta, cincuenta o sesenta del siglo XIX, con la repetición de muros, puentes, tajeas, pretiles, mojones, con un arbolado plantado durante la construcción de las carreteras, o cuando nos relacionamos con el paso de las poblaciones crecidas en torno a estas carreteras y hoy abandonadas por la circunvalación actual, nos damos cuenta también de la cultura viaria y territorial que hay detrás de estos tramos abandonados. Identificarlos, tampoco es difícil; basta mirar de lado en el paso de las carreteras actuales no especializadas, cuyo trazado se apoyó en parte en estas carreteras más antiguas, para encontrarnos constantemente con estos tramos abandonados en Galicia, respecto a los que no existe ningún organismo interesado en su conservación, de no ser que sigan sirviendo a un tránsito local. Cuando estos trazados decimonónicos no han sido todavía abandonados por el tráfico principal, el mantenimiento del mismo desvaloriza su valor patrimonial al someterlo a unas necesidades que obligan a la transformación de sus características constructivas. Cuando han sido relegados por el tráfico, por el tramo de nuevas carreteras o autovías paralelas, son un patrimonio cultural y paisajístico que se une a los núcleos que han crecido en torno a las nuevas carreteras, o a los elementos repetitivos con los que se construyeron las obras de fábrica, como en el caso de los puentes metálicos o de piedra, con tipologías perfectamente definidas. Un análisis del valor patrimonial y paisajístico de las edificaciones crecidas en los bordes de las carreteras, en el caso de la Provincia de A Coruña puede verse en mi libro, “La construcción de los bordes de las carreteras en Galicia. El proyecto y la ordenación de las villas carretera” (Carlos Nárdiz, 2008), que alerta sobre la destrucción de ese patrimonio y sus consecuencias urbanísticas y paisajísticas. En Galicia, se conservan puentes de piedra con bóvedas rebajadas, como el de Ponte Ceso, o el nuevo Puente de Ponte Maceira, que caracterizan los puentes con los que se construyeron las carreteras en el XIX. Al mismo tiempo hay puentes metálicos como el
123
del Barquero o Filgueira, que caracterizan otras tipologías de puentes del XIX, en los que hay que incluir, aunque se construyó a comienzos del siglo XX, “A Ponte Nova de Ourense”, con un tramo central metálico y vanos de acceso con bóvedas de piedra. 3. EL PATRIMONIO DEL FERROCARRIL
Ha sido la pérdida de importancia de este medio de transporte interurbano, a partir de los años sesenta del siglo XX, a favor de la carretera y el avión, lo que ha traído consigo una preocupación creciente por el abandono del patrimonio arquitectónico e ingenieríl del ferrocarril. La arquitectura del ferrocarril, la asociamos a las fachadas de los edificios de viajeros de las estaciones principales, a las cubiertas de los andenes. Pero también, tienen un valor arquitectónico, los modelos repetidos de estaciones y almacenes de las villas menores, los edificios de los talleres de reparación, las industrias hoy abandonadas surgidas al amparo de la estación de ferrocarril, o la arquitectura de los barrios construidos en torno a la estación. La ingeniería del ferrocarril, que está presente también en la arquitectura de las estaciones –ya que muchas de ellas fueron proyectadas por ingenieros‐ se manifiesta de forma más clara en los anteproyectos y proyectos de trazado de las distintas líneas, en los puentes y en los túneles que servían para superar las principales dificultades orográficas, en las sucesivas transformaciones del material móvil o fijo, en la explanada en desmonte o terraplén de la traza del ferrocarril. De ella nos han quedado fotografías del siglo pasado que como las de Laurent, Clifford, Muriel, Spreafico, etc., nos muestran el esfuerzo ingenieril que implicó su construcción. Los puentes y los túneles que permitieron al ferrocarril superar los obstáculos geográficos que imponían los condicionantes estrictos de trazado de la red, fueron la expresión de la técnica de su tiempo. Sin la revolución que tuvo lugar en la segunda mitad del siglo XIX, impulsada por el ferrocarril, en las técnicas estructurales y en los medios de producción y construcción de estas “obras de arte”, (nombre con el que se conocían en los proyectos y tratados de la época) no hubiera podido tender este medio de transporte sus redes por todo el territorio. La técnica de los puentes de cantería, desarrollada desde la antigüedad, había alcanzado su máxima expresión con el ingeniero francés Sejourné a finales del siglo XIX, cuando ya este material empezaba a ser sustituido por el hormigón armado en puentes de pequeña luz, y había sido sustituido completamente por el hierro en puentes de gran luz. En Galicia, nos encontramos con numerosos puentes de fábrica de ferrocarril para el cruce transversal de la densa red de caminos, carreteras y ríos menores sobre la que se superpuso la explanada del ferrocarril. Incluso con viaductos como el de La Chanca, en el acceso de la línea Palencia a Lugo, que hoy sigue conformado, con el río Miño, una parte del paisaje de la periferia de Lugo. Los puentes sin embargo más destacados de las líneas de ferrocarril en el siglo XIX, fueron sin duda las formados por vanos metálicos, de los que en Galicia tenemos como
124
ejemplo los dos viaductos de Redondela (el Viaducto Madrid, hoy sin uso, y el viaducto de Pontevedra, también próximamente sin uso con la nueva variante del AVE), o el puente Internacional de Tui, que utiliza su tablero inferior para el paso de la carretera (de la que ya en los 90, se construía el nuevo puente para la Autopista). Otros muchos puentes metálicos, con los que se tendieron las líneas de ferrocarril en el siglo XIX en Galicia, han desaparecido, siendo sustituidos por puentes de hormigón. El problema de los tramos metálicos, como decía Boguerín en la memoria del proyecto de ferrocarril Orense‐Vigo, era que a pesar de que en el día (1860) su empleo estaba generalizado en Europa, “no en todos los países, y sobre todo en el nuestro, pueden establecerse con la fabulosa baratura que tan recomendables los hace en Inglaterra, de cuyas fábricas hay que traerlos con el recargo consiguiente por fletes y transportes”. Ante ese inconveniente económico, excepto en tramos de gran luz, propone puentes de cantería, con una labra distinta en los grandes puentes y en las pequeñas obras de fábrica. A una escala menor, una obra lineal como era el ferrocarril, superpuesta a una red de caminos ya existente, y en muchos tramos, como en el Norte y Noroeste, a una densa red fluvial, tenía que incluir en los proyectos modelos de tajeas, alcantarillas y pontones, los cuales debían localizarse en los sitios que se indicaban en los perfiles longitudinales. Estos modelos están resueltos con gran rigor técnico y son dibujados en los planos de tajeas y pasos que recogen los proyectos, y en estos momentos en que está siendo abandonadas las líneas por las nuevas del AVE, se plantea el problema de que se hace con los trazados anteriores, que ante la falta de conservación, y sometidos a la acción de la naturaleza, desembarcarán en un proceso progresivo de ruinas. Igual ocurre con las bóvedas de los túneles construidos en Galicia, o con sillares de piedra que podían incluso prolongarse a la cimentación en formas de bóvedas invertidas cuando los terrenos sobre los que se asentaba el túnel eran malos, contribuyendo éstas a la mayor resistencia del túnel. Las trazas abandonadas del ferrocarril permiten recorrer el territorio de una manera distinta que los caminos y carreteras, dentro del programa de “Vías Verdes” que está impulsando la Fundación de Ferrocarriles y el Ministerio de Fomento. Al valor patrimonial, social y económico que todavía tiene el ferrocarril tradicional, como medio de transporte interurbano y urbano, a pesar de la reducción de servicios que se hizo en España en la primera mitad de los años noventa, se une su valor urbano al formar todavía el entorno de las estaciones menores una parte fundamental de la estructura urbana de los núcleos, cuyo abandono y deterioro es paralelo al del propio ferrocarril. En torno a los modelos repetidos de las estaciones de la línea de Palencia a Coruña, construidos en los años 70 y 80 del siglo XX, que vemos por ejemplo en villas como Parga o Guitiriz en las provincias de Lugo, se han construido barrios, cuyo abandono actual se relaciona con la mínima frecuencia de paso del ferrocarril. Igual ocurre con estaciones de las líneas de Ourense a Vigo, como la de Canabal, con unas formas clásicas de construcción de sus fachadas, que han quedado como imágenes de la época
125
en donde la fachada de la estación, con la fachada de las villas, son un patrimonio de estas villas ferroviarias. En la nueva accesibilidad del AVE por Zamora y Ourense, los nudos anteriores del ferrocarril del XIX como Monforte (ya transformado como núcleo de acceso a Galicia a mediados de los años 50 del siglo XX, con la línea de acceso directo desde Monforte) van a quedar, a pesar de la aparente apuesta por el puerto seco para las mercancías, y la dignidad de su estación del siglo XIX, como recuerdo del ferrocarril tradicional, en donde la antigua rotonda y el puente giratorio de locomotoras, sirve hoy de soporte inicial al Museo Ferroviario, que todavía no ha encontrado el apoyo económico de la administración. El Museo del Ferrocarril de Monforte, no debería ser solo una instalación a escala comarcal, sino un museo a la escala territorial de Galicia, que serviría de referencia a las infraestructuras ferroviarias, puentes y estaciones de ferrocarril, como elementos de revalorización de franjas territoriales, en donde la recuperación del patrimonio ferroviario, contribuya a recuperar los núcleos urbanos por los que pasaba. 4. EL PATRIMONIO PORTUARIO
Dentro del patrimonio portuario, los faros llevan en sí mismos el paisaje. Su emplazamiento elevado en las bocas de los puertos marca el paisaje del litoral desde el mar y remata el borde litoral del puerto desde la tierra. La ascensión hasta la linterna del faro nos permite entender al tiempo el paisaje de la tierra y el mar. De los faros históricos que señalizaban la navegación por el litoral, el faro de origen romano de A Coruña conocido como La Torre de Hércules, restaurado a finales del siglo XVIII, y hoy Patrimonio de la Humanidad, es su mejor ejemplo. Las relaciones históricas y paisajísticas con la ciudad fueron transformadas por las nuevas edificaciones que taparon el faro de la vista desde la propia ciudad, que hasta hace bien poco vivió de espaldas a su principal monumento histórico. Otro faros de origen medieval, construidos más para la vigilancia que para la señalización, has desaparecido con la excepción de la Torre del Oro de Sevilla o la de Porte Pi en Mallorca. El plan de alumbrado marítimo de las costas españolas de 1847, determinó que se construyeran en la segunda mitad del siglo más de centenar y medio de faros en piedra y metálicos, de los que solo los primeros (a excepción del de Cádiz) se han conservado. Las torres de los faros construidos en piedra (con formas de columnas de triunfo sobre el mar) como los de Chipiona, Trafalgar, Punta de Llobretat, Cabo de Palos, etc (detrás de los cuales están ingenieros de caminos del XIX como Lucio del Valle, Saavedra, Pedro García Faria) marcaron durante mucho tiempo el paisaje del litoral de las ciudades portuarias, hasta que el crecimiento urbano de las mismas, a partir sobre todo de los años sesenta de este siglo, terminó por romper el carácter aislado de estas obras de arte, construidas como monumentos del paisaje. Será a partir de la segunda década de este siglo cuando los faros de hormigón armado sustituirán a los de piedra o metálicos, o se construirán en emplazamientos avanzados sobre la costa completando el alumbrado del litoral. En Galicia los faros por ejemplo de Fisterra, Cabo Vilano, Cabo Ortegal, nos relacionan con lugares elevados de la costa,
126
desde los cuales las relaciones con el mar se extienden a la línea del horizonte. Su visita parece obligada, para relacionarnos también con la forma de la costa, y con un patrimonio de la ingeniería de la época. Faros más recientes como el del Punta Nariga, intentan reproducir en piedra las formas del pasado. Los puertos, hasta el siglo XVIII, se reducirán a los arenales, embarcaderos, muros o rampas que delimitaban junto con las fachadas de las ciudades el borde del XVIII en las ciudades de servicio militares (Cádiz, Cartagena, Ferrol), mientras que el resto de las ciudades tendrán que esperar hasta la segunda mitad del siglo posterior (con algunas de propuestas realizadas en el siglo anterior, no construidos) para transformar sus bordes litorales, a partir de muelles y diques avanzados sobre la línea de costa, que ganarán espacios para el puerto y para la ciudad. De tal manera que hasta mediados del siglo XX, las transformaciones del borde y del paisaje litoral de la ciudad, tuvieron como causa directa o indirecta las transformaciones de los puertos, con obras de relleno apoyadas en los nuevos muelles, dársenas y diques, hasta que a partir de la segunda mitad de este siglo, la industria asentada en los bordes (que exigió a su vez la construcción de nuevos muelles especializados fuera de la escala de la ciudad), la residencia con las ordenanzas permisivas de edificación, y los equipamientos públicos, han competido con los puertos en su capacidad de transformación. De cuando las mejoras de los puertos se derivaban mejoras para la población, puede ser ejemplo el malecón de Celedonio Uribe en A Coruña proyectado en 1860, que ganó para la ciudad los jardines de Méndez Núñez, o la Dársena de La Marina proyectada en 1908 por Eduardo Vila, que transformó el proyecto anterior del también Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos Celedonio Uribe, que en contra de la voluntad de la ciudad de ubicarla frente a los Cantones, defenderá su emplazamiento actual, para acelerar la construcción de los terrenos del derribo (actual plaza de María Pita, con las galerías dando frente a la Dársena), oponiéndose a la construcción de nuevos edificios en este frente. O la concesión de García Olloqui en los años 80 del XIX en Vigo, derivada de un proyecto anterior del ingeniero de caminos José María Pérez, que ganará para la ciudad la mejor zona ordenada de Vigo en contacto con el centro histórico, de la que se derivará La Alameda. Otros ejemplos podrían ponerse en Galicia de las relaciones históricas entre los malecones (como el de Noia), o los muelles (como de Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Muxía, etc) que han conformado espacios públicos en el frente edificado de la ciudad, amenazados después por los nuevos rellenos, que han roto la escala que existían con los núcleos y las villas. El patrimonio portuario, por otra parte, se relaciona también con la geometría de los muelles, escaleras y rampas, que todavía puede verse en algunas villas menores, y que es necesario proteger, junto con algunas edificaciones portuarias (algunas ya del siglo XX) que se han conservado. Las relaciones urbanísticas y paisajísticas entre las ciudades y los puertos han ido cambiando de escala a medida que las ciudades se han ido especializado y sustituyendo la función comercial por la función industrial. En los puertos menores, tradicionalmente pesqueros y dependientes hoy de las comunidades autónomas,
127
estamos asistiendo también hoy a transformaciones de sus frentes portuarios, con muelles y rellenos que además de afectar al patrimonio portuario, nada tiene que ver con la dinámica del núcleo tradicional. Este hecho plantea graves consecuencias tanto desde el punto de vista paisajístico, como urbanístico y ambiental que pueden estar hipotecando el futuro desarrollo urbano de los núcleos y el uso del borde litoral. Al problema de los rellenos se están sumando en los últimos tiempos el problema de los accesos que ocupan borde litoral, ampliando las infraestructuras viarias construidas en los siglos pasados, o especializando los bordes portuarios con accesos que exigen nuevos rellenos. No se pretende generalizar, lo que sí se quiere plantear aquí, son las consecuencias paisajísticas y patrimoniales de las intervenciones en los puertos, tanto para el puerto y el borde litoral de la costa, como para el paisaje de los propios núcleos que no puede ser reconocido sin el papel que juegan las obras portuarias en la conformación del borde litoral. La fachada marítima del Muelle de Santander o de la dársena de La Marina en A Coruña, pueden ponerse como ejemplos de la importancia que tiene el patrimonio portuario en el paisaje de las ciudades. En ese patrimonio portuario, habría que incluir en Galicia, por supuesto, el Arsenal de la Armada de Ferrol, construido entre los años 40 y 60 del siglo XVIII, con la gran Dársena y la pequeña Dársena, con los diques de carenar, con los edificios que se han construido en sus bordes, que forman parte de un patrimonio militar, en el que la ciudad de Ferrol debe de encontrar en el futuro su oportunidad para abrirse al mar y al espacio de la ría, defendido por los castillos de la Palma y San Felipe. En los puntos estratégicos del litoral, nos encontramos con edificaciones y utillajes, que anteriormente tenían un valor de defensa, y que hoy tienen un valor paisajístico e incluso de arqueología militar, que solamente en algunos casos han sido restaurados (como algunas pequeñas fortificaciones de la ría de Ferrol, a raíz de la construcción el puerto exterior) y en donde quedan otras muchas por restaurar. 5. EL PATRIMONIO HIDRÁULICO
A través del agua que remansan las presas, que transportan los canales o que mueven las fábricas hidráulicas, reconocemos los paisajes artificiales construidos por las obras de ingeniería. En Galicia este paisaje artificial, ha estado integrado en el propio paisaje natural de los ríos y sus desembocaduras a través de las rías, hasta que a finales de los años 50 del siglo XX, las presas se construyeron para el aprovechamiento hidroeléctrico, comenzando a transformar a otra escala los cauces de los ríos transformados anteriormente por necesidades de agua para el riego o el transporte. En Galicia no se ha producido la construcción de presas históricas como en el Levante, o canales de navegación como los de Castilla y Aragón. Aquí las presas o represas tradicionales, han servido para derivar el agua hacia los numerosos molinos, fundamentalmente harineros, que se han localizado en sus ríos, algunos en las cabeceras de los arroyos que aprovechaban directamente las corrientes de las aguas.
128
Si conservamos antecedentes, de los primeros abastecimientos de agua a las poblaciones (del siglo XVI al XVIII), como en el caso del abastecimiento de agua a Coruña, en las que se conservan restos del viaje de aguas de San Pedro de Visma, del que se conserva en buen estado la arqueta de toma, y el acueducto de Sta. Margarita que salva el desnivel entre la Ronda de Nelle y la Avenida de Finisterre (Ver NÁRDIZ ORTIZ, C. y VALEIRO SOLSONA, C., “El Abastecimiento de Agua a La Coruña. El papel del servicio de aguas en la construcción de la ciudad”. Emalcsa 2001). Igualmente se conserva parte del acueducto del siglo XVI que servía al Hospital Real de Santiago de Compostela, conocido como Ponte Mantible, que terminaba en la arqueta madre de San Miguel, de la que partía el sistema de abastecimiento para el resto de las fuentes de la ciudad. Forma parte también del patrimonio hidráulico “as poldras y pontellas” que daban continuidad a la densa red de caminos del rural que comunicaba las parroquias y que al igual que “os muiños” hoy aparecen en ruinas sobre los cauces de los ríos, cuando no han sido sustituidos, fundamentalmente a partir de los años 60 y 70 del siglo XX por puentes prefabricados, cuya construcción se hizo en el emplazamiento de las anteriores “pontellas”. Existen en Galicia varios ejemplos de molinos que aprovechan en cascada la fuerza del agua de la cabecera de los arroyos (en el Rosal, o en Carral, por ejemplo) y que sin duda son un patrimonio hidráulico, que hoy aparece revalorizado por los usos turísticos de su entorno. Junto a ellos no hay un río o arroyo en Galicia, en el que no exista una sucesión de pequeños molinos en la proximidad de sus cauces, con sus pequeños canales de derivación, para mover las ruedas de los molinos, que no aparezcan hoy como una imagen del aprovechamiento tradicional de las aguas de los ríos. Igualmente en Galicia nos encontramos con “muiños de marea” como el de Muros, que aprovecha el desnivel de las aguas en las rías, con “batanes”, como el de Baio, y como ferrerías. Resulta elocuente además ver como en la proximidad de los molinos, con sus represas rebasado por las aguas se sitúan generalmente las pontellas o el puente histórico, que daba continuidad al camino rural o histórico, de tal manera que en la confluencia entre el camino, el puente, la represa o el molino se produce un lugar singular que caracteriza el paisaje fluvial, incluso de los ríos más importantes en Galicia. Reproducen así en Galicia un modelo que con otras fábricas hidráulicas está presente a otra escala en los ríos españoles, en los que las norias y el resto de los ingenieros hidráulicos que se conservan junto a las márgenes de los ríos (Córdoba, Valladolid, Toledo, Tordesillas, por ejemplo), se sitúan en la proximidad de los puentes, e incluso se apoyan en sus mismas fábricas. Un ejemplo podría ser Ponte Maceira (entre el municipio de Ames y Negreira en la provincia de A Coruña) con el puente histórico de origen medieval, la represa cruza el río Tambre, y el molino en una de sus márgenes. No siempre, sin embargo, esta asociación tiene que ser completa, y si seguimos a unos pocos kilómetros aguas arriba el río Tambre, nos encontramos el molino y la represa de Tapia, que a partir de la segunda mitrad de los años 80, están siendo utilizados como parte de una playa fluvial.
129
Las represas, los molinos y los puentes históricos, caracterizan el patrimonio cultural hidráulico en Galicia, que se unirá al patrimonio natural de la riqueza de espacios que en Galicia caracterizan el paisaje de los ríos. Cuando se trata de ríos situados en la periferia de las ciudades, a los problemas de contaminación de las aguas, se han unido en los últimos tiempos la destrucción del patrimonio natural y cultural de los ríos por obras de canalización, que intenta que las avenidas no lleguen a las viviendas localizadas de forma inadecuada en los márgenes de avenida de los ríos. Junto a intervenciones que han hecho desaparecer el patrimonio hidráulico por obras de canalización, como en el caso del Barbaña en Ourense, bordeado por una red de colectores a la vista, se pueden identificar actuaciones intermedias como la del Lagares en Vigo, o la del Mero en A Coruña. En el caso del Lagares, la reacción de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural permitió mantener la pontella de Samil, recuperando la pontella que había sido ampliada junto a la depuradora. En el caso del Mero, el traslado inadecuado de los puentes que marcaban el cauce del río como el de Cela en la proximidad de Cambre, y la destrucción de otros como el de la Estación, ha sido compensado por el mantenimiento de las características naturales del río, mediante los motas laterales para las avenidas. La reacción que se produjo en contra de la canalización del río Mero, cuyo proyecto era del año 2000, que arrasaba tanto en el patrimonio cultural con el patrimonio natural del río, ha permitido una actuación más integrada a pesar de la desaparición del patrimonio cultural para lo que existían otras alternativas de mantenimiento de los puentes históricos. En un afluente del Mero, el río Barcés, se encuentra la Estación de Cañás para el primer abastecimiento de agua a la ciudad de A Coruña, con el edificio de hormigón armado proyectado en 1922, en sustitución de las primitivas instalaciones de 1908, que hay que considerar también como un patrimonio hidráulico, aparte de arquitectónico, por ser uno de los primeros edificios de hormigón armado que se construyeron en Galicia. Las instalaciones para los primeros abastecimientos de otras ciudades de Galicia pueden considerarse también formando parte de este patrimonio hidráulico, como ocurre con la presa de Casta sobre el río Loña en Ourense, proyectado en 1926, en sustitución del anterior azud, o la captación de aguas para Ferrol, en el río Belelle y promovida para el uso de instalaciones militares. Aunque el patrimonio industrial de Galicia, es objeto de otros informes, las primeras instalaciones para el aprovechamiento hidroeléctrico, como la central hidroeléctrica de a Fervenza también en el río Belelle en las proximidades de Ferrol, o el edificio del primer aprovechamiento hidroeléctrico del Tambre (junto a la presa actual), construido por la Sociedad Gallega de Electricidad, forman parte del patrimonio hidráulico. Igual ocurre con las instalaciones de la fábrica de Sargadelos en el municipio de Xove (Lugo) que constituyó la primera siderurgia privada en España a finales del siglo XVIII, por parte de Antonio Raimundo Ibáñez, el Marqués de Sargadelos, en donde junto a las ruinas de la siderurgia, se encuentran bien conservados la presa y el canal que
130
derivaban el agua para los hornos, y que forman un paisaje artificial, propio de la mejor ingeniería hidráulica del siglo XVIII. Paisaje natural y cultural se unen en el patrimonio hidráulico, en donde el elemento vertebrador es el propio río recorrible a través de sus márgenes, cuando estas no han sido privatizadas por viviendas o industrias. Recuperar el patrimonio natural y cultural de los ríos, es una parte fundamental de la recuperación de los paisajes de Galicia, con su capacidad de atravesar municipios, en la línea de lo que se lleva intentando con los caminos históricos, como en el caso de los Caminos de Santiago. A mayores de algunas iniciativas descoordinadas desde las ciudades y las villas por construir paseos fluviales que hagan visible el paisaje fluvial, los ríos deben ser entendidos como elementos fundamentales en la vertebración de los paisaje de Galicia, junto con el resto del patrimonio cultural al que hacíamos de referencia, que al relacionarse con la escala territorial de las infraestructuras deber ser entendido también como un patrimonio territorial. FEBRERO 2010 CARLOS NÁRDIZ ORTIZ
131
SOBRE O PATRIMONIO INDUSTRIAL DE GALICIA: NOTAS PARA UN DEBATE57
Xoán Carmona Badía Dpto de Historia e Institucións Económicas (USC) Vocal do TICCIH‐España
Versión provisoria. Por favor, non citar 1.‐ A consideración do Patrimonio Industrial na normativa de Patrimonio Cultural Ao longo dos últimos cincuenta anos téñense presentado diversas definicións do concepto de Patrimonio Industrial, pero na actualidade existe un amplo consenso en torno á denominada Declaración de Nizhny Tagil do ano 2003 segundo a cal incluiríanse baixo esta denominación:
“Os restos da cultura industrial, que teñan valor histórico, tecnolóxico, social, arquitectónico ou científico. Consisten en edificios e maquinaria, talleres e fábricas, minas, lugares de procesado e refinado, almacéns, elementos destinados á xeración, transmisión e uso da enerxía, transporte e infraestruturas, así como os lugares utilizados para as actividades sociais que se relacionan coa industria tais como habitación, educación ou culto”58.
A inclusión dentro do concepto de patrimonio industrial dos seus aspectos “sociais”, defendida nestes últimos anos por moitos investigadores da disciplina, amplía o obxecto de estudo desde o tradicional aspecto material ao tratamento conxunto dos aspectos materiais e inmateriais, ata o punto de que algúns comezan a falar de cultura do traballo ou cultura industrial mais que do tradicional patrimonio industrial59. Segundo esta a visión mais inclusiva o concepto comprendería tanto edificios e artefactos coma as tradicións obreiras, de organización do traballo, residenciais, etc. O Patrimonio Industrial situaríase así no eido do concepto mais amplo de Patrimonio Cultural, polo que a súa catalogación, conservación e reparación ou rehabilitación, formarían parte das políticas definidas na lexislación deste último. Así o entende, por exemplo, o Instituto del Patrimonio Cultural de España, que no seu recentemente
57 O presente traballo formulase como un borrador para o debate sobre o estado actual do patrimonio industrial en Galicia. Como tal borrador resulta ben desigual tanto na fundamentación das súas afirmacións como no coñecemento que o propio autor ten das distintas cuestións de que trata. Está escrito, en todo caso, coa esperanza de que o debate force a unha mellora substancial do mesmo e a que o resultado dun tal debate teña algunha consecuencia práctica. 58 http://www.mnactec.cat/ticcih/industrial_heritage.htm 59 Casella, E.C. e Sysmonds, J. eds. (2005), Industrial Archaeology. Future Directions, Nova Iorque, Springer; Castillo, J.J. (2010), “De la memoria del trabajo a los mundos del trabajo. Un balance cinco años después”, en Patrimonio Industrial y Paisaje, Gijón, TICCIH-España
132
aprobado Plan Nacional de Patrimonio Industrial (marzo 2011) define o patrimonio industrial como:
“el conjunto de los bienes muebles, inmuebles y sistemas de sociabilidad relacionados con la cultura del trabajo que han sido generados por las actividades de extracción, de transformación, de transporte, de distribución y gestión generadas por el sistema económico surgido de la revolución industrial. Estos bienes se deben entender como un todo integral compuesto por el paisaje en el que se insertan, las relaciones industriales en que se estructuran, las arquitecturas que los caracterizan, las técnicas utilizadas en sus procedimientos, los archivos generados durante su actividad y sus prácticas de carácter simbólico.”60
Este último documento inclúe unha precisión importante, na liña do que progresivamente resulta ser tamén un crecente consenso sobre o abano temporal do concepto de Patrimonio Industrial61: o de se referir non a toda a actividade manufactureira independentemente do marco social e tecnolóxico no que se insire senón mais ben ao “surgido de la Revolución Industrial”, o que quere dicir ao agromado ‐con excepcións evidentemente‐ con posterioridade ás décadas centrais do século XVIII. Con todo, e malia a recente aprobación deste segundo Plan Nacional de Patrimonio Industrial (o primeiro fora xa aprobado no ano 2001) e malia a existencia de unha non desprezable comunidade de investigadores e interesados no patrimonio industrial, agrupados nomeadamente en torno á sección española do TICCIH, o seu tratamento e a súa protección aínda deixa na lexislación española moito que desexar. A Ley 16/1985 de Patrimonio Histórico Español non contemplaba de forma individualizada o Patrimonio Industrial como unha categoría específica e a influencia desta norma sobre as distintas que posteriormente foron desenvolvendo as Comunidades Autónomas foi determinante en que as mais delas tampouco estableceran ningunha categoría singularizada para o Patrimonio Industrial. Algunhas delas sí que o fixeron, tal com foi o caso de Baleares (Ley 12/1998 del Patrimonio Histórico de las Illes Baleares), Aragón (Ley 3/1999 de Patrimonio Cultural Aragonés), Asturias (Ley 1/2001 de Patrimonio Cultural del Principado de Asturias), a Comunidade Foral de Navarra (Ley 4/2007 de Patrimonio Cultural de Navarra), y, finalmente Andalucía (Ley 14/2007 del Patrimonio Histórico de Andalucía), sendo esta última a que ten mais desenvolvida non só a individualización senón tamén a clasificación e protección dos bens industriais.
60 Plan Nacional de Patrimonio Industrial, marzo 2011, art. 1.3 (páx. 9),
61 Nevell, Michael (2006), “Industrial Archaeology or the Archaeology of the Industrial Period? Models, Methodology and the Future of Industrial Archaeology”, Industrial Archaeology Review, XXVIII: 1
133
A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia62, inclúese no grupo das que non contemplan de forma individualizada o Patrimonio Industrial como unha categoría específica do Patrimonio Cultural. No seu artigo 1.1.‐ , esta norma define o obxeto do patrimonio cultural de Galicia como “constituído por tódolos bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deban ser considerados como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo”, e no art. 1.3.‐ explicita os seus compoñentes, que serían:
“os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico. Tamén forman parte deste o patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.”
Igualmente, no artigo 8, apartado 4, cando a Lei ofrece a tipoloxía para a clasificación dos Bens de Interese Cultural, inclui sete categorías (monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica) tampouco aparece ningunha alusión aos bens ou lugares de interese industrial tal como aparecen, por exemplo, na Ley de Patrimonio Histórico de Andalucía63, que no título III do seu articulado inclui a carón das categorías citadas a de Lugares de Interés Industrial, que define como:
“aquellos parajes, espacios, construcciones o instalaciones vinculados a modos de extracción, producción, comercialización, transporte o equipamiento que merezcan ser preservados por su relevante valor industrial, técnico o científico”
La Ley Andaluza dedica ademáis todo un título do seu articulado (o título VIII) ao Patrimonio Industrial que define como:
“el conjunto de bienes vinculados a la actividad productiva, tecnológica, fabril y de la ingeniería de la Comunidad Autónoma de Andalucía en cuanto son exponentes de la historia social, técnica y económica de esta comunidad”
62http://www.xunta.es/dog/Dog1995.nsf/f3a39842d85c51ccc12566da003f9f1a/a9644733ffd24301c12566f800449ee8?OpenDocument
6363 Ley de Patrimonio Histórico de Andalucía, , Título III, artículo 25, BOJA, nº248 de 19/12/2007. No apartado 7 do mesmo título define os Lugares de Interés Industrial como “aquellos parajes, espacios, construcciones o instalaciones vinculados a modos de extracción, producción, comercialización, transporte o equipamiento que merezcan ser preservados por su relevante valor industrial, técnico o científico”
134
Pola contra, e na lexislación galega, os bens de carácter industrial aparecen en realidade citados unha única vez, no artigo 66 do título IV da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Trátase dun brevísimo artigo, que despacha en dúas liñas o que denomina “bens inmobles de carácter industrial” , indicando que:
A tódolos bens de carácter etnográfico que constitúan restos físicos do pasado tecnolóxico, productivo e industrial galego, que sexan susceptibles de seren estudiados con metodoloxía arqueolóxica serálles aplicable o disposto nesta lei para o patrimonio arqueolóxico”
No semella ousado deducir deste artigo o que xa se viña tirando do articulado anteriormente comentado: que o patrimonio industrial é considerado como parte do etnográfico e que, dentro deste último, a lei considera únicamente o susceptible de ser estudado con metodoloxía arqueolóxica. ¿Ulo os xa reparados fornos da Ponte Nova? ¿Ulo a Panificadora viguesa? ¿Ulo a canguesa fábrica de conservas Massó? ¿Ulo o Arsenal do Ferrol?. E iso por citar só catro importantes elementos do noso patrimonio industrial que difícilmente poden considerarse como de “carácter etnográfico” e para os que resulta de difícil aplicación a “metodoloxía arqueolóxica”. Deste xeito, as posibilidades de catalogación e protección do noso patrimonio industrial quedarían troceadas entre as que puideran entrar dentro da “metodoloxía arqueolóxica” e seren incluídas como patrimonio etnográfico no mais laxo e desvirtuado dos sentidos deste último e aquelas que por dispoñer do que en termos forestais denominaríamos “vó” poderían ser incluídas dentro do patrimonio arquitectónico. A maquinaria industrial quedaría no limbo dos xustos, a non ser que considerásemos como “expresión da cultura e modos de vida propios do pobo galego” (que é como se define o patrimonio etnográfico no titulo IV, artigo 64 da Lei) unha plansichter marca Daverio ou Bühler (fabricadas en Italia ou Suiza) ou unha sertidora Somme (fabricada en Noruega). 2.‐Non son só as normas. As actitudes importan En todo caso, a cuestión da consideración e protección do Patrimonio Industrial non é só unha cuestión de normativa. Tan importante como as normas resultan as actitudes e valoracións que de el fan a sociedade, os corpos académicos, e sobre todo, a administración encargada de velar polo patrimonio cultural. Cataluña non é, por exemplo, unha das comunidades que inclúen apartados específicos dentro da súa lexislación de patrimonio cultural dedicados ao patrimonio industrial, pero sen embargo, a percepción cidadá da importancia deste patrimonio, a irrupción de colectivos e persoas activos na súa defensa, e a actitude positiva das autoridades responsables verbo de tais iniciativas, veñen permitindo que o Principado se integre no grupo de rexións europeas nas que o patrimonio industrial conta. Sobre a base dunha antiga fábrica téxtil situada en Terrassa e dun conxunto de pequenos museos de
135
carácter local, algúns deles privados e outros de titularidade pública, formouse nos últimos anos a Xarxa de Museus de la Ciència i de la Técnica de Catalunya. O Museu da cidade laneira centraliza a actividade e o funcionamento e a promoción do conxunto da rede con un éxito e recoñecemento en ambos os dous sentidos que lle ten permitido ingresar no ano 2010 nas ERIH (European Routes of Industrial Heritage), unha rede de turismo cultural que move varios millóns de persoas anualmente no continente. Tampouco neste último sentido o patrimonio industrial de Galicia ven contando con un tratamento favorable . Nin na conciencia popular nin na das elites instruídas considérase o industrial como un dos elementos da identidade do país, unha identidade que se procura mais ben na antiga Galicia rural e mariñeira. Esta orientación que procura no agro e no mar a identidade de Galicia e, xa que logo, as fontes principais das que agroma o noso patrimonio cultural, non é en todo caso difícil de explicar. En primeiro lugar, porque a industria fabril non chegou a Galicia ata os anos finais do século XIX, pero foi ata moito mais tarde que o mundo rural se mantivo como dominante tanto en termos de poboación activa coma en termos de xeración de valores e actitudes. En segundo lugar, porque a industria non se identificou en Galicia cos sectores clásicos da revolución industrial, senón con un mundo marítimo caracterizado pola existencia dun plus de risco que forzaba aos axentes a diversificar este último en base a unha distribución da oferta de capital nun número o maior posible de iniciativas individuais; Galicia apareceu así durante toda unha ampla xeira da súa historia industrial como un país de pequena empresa, de modestia fabril, que eivaba calquera identificación do país coa cultura industrial. En terceiro lugar, tratouse dunha industrialización baseada na transformación de recursos naturais e con unha parte importante da súa forza de traballo integrada en mercados de carácter dual, factores ambos que non provocaron ata moi serodiamente un afastamento definitivo do proletariado das súas raiceiras na terra ou no mar; a caracterización desta clase social como “simbiótica” que fixeron algúns economistas expresaba este fenómeno que, pola súa volta, orixinaba unha cultura industrial moito mais limitada que a dos países onde o proceso de proletarización fora mais rápido e completo. Cuarto, o derrubamento da cultura rural prodúcese en Galicia só durante os últimos corenta anos, nunha época caracterizada en paralelo pola crise industrial dos setenta, que en Galicia durou ata mediados dos oitenta. A intelectualidade galega xerou daquela unha imaxe do país que tampouco axudou demasiado, pois estaba esta dominada polas ideas de febleza, crise, dependencia exterior, cativos encadeamentos, etc. Todo iso precisamente nun intre no que na realidade, o sector estaba a se reforzar en termos relativos, tanto dentro do conxunto da estrutura ocupacional e produtiva de Galicia como do seu peso no conxunto da industria española. A identidade de Galicia procurouse, xa que logo, moito mais no mundo rural que se esfarelaba que no
136
industrial e de servizos que convertía a Vigo nunha das primeiras cidades industriais españolas. Deste xeito, se o “interese relevante” para a “identidade cultural galega a través do tempo” é, como indica o artigo 1.1.‐ da norma devandita, o que eleva a un elemento patrimonial á categoría de patrimonio cultural, non é de extrañar que o patrimonio industrial non apareza de forma individualizada como unha das súas partes significativas nin que non se lle faga moito caso. Mesmo resulta normal que existan autores que xustifiquen a inexistencia dun “marco normativo particular del Patrimonio Industrial” polo “desconocimiento de la historia de la industrialización en Galicia”64, obviando toda a literatura que desde os estudos de Meijide Pardo a comezos dos anos 1960 veñen mostrando e investigando as diversas iniciativas industriais que culminarían a remates do século XIX coa aparición do primeiro sector fabril propiamente dito da nosa historia: o produtor de conservas de peixe. Esta falta de singularización e atención ao patrimonio industrial e a concentración das actuacións preservadoras de carácter público en torno a castros, igrexas e etnografía fundamentalmente relacionada co mundo precapitalista, representa unha opción tan lícita coma calquera outra na definición do que é a cultura galega que debe ser promovida coma tal65. O problema é que unha opción que fixa a súa cerna nos elementos mais rurais e tradicionais e, de forma teimuda, nas épocas mais recuadas, contribúe a promover unha imaxe de Galicia igualmente rural e tradicional, desbotando os elementos de innovación e dinamismo que estiveron presentes no noso mundo industrial e manufactureiro. A carencia do elemento industrial no noso patrimonio cultural resulta escasamente edificante como palanca para promover o emprendimento ou a cultura técnica, ao tempo que sitúa a Galicia á marxe de moitos dos mais interesantes circuítos culturais e turísticos europeos. 3.‐ Coñecemento e protección do Patrimonio Industrial de Galicia Consonte a esta falta de singularización do Patrimonio Industrial, os avanzos desenvolvidos no seu inventariado , conservación e reparación/reutilización non poden considerarse senón extremamente limitados e erráticos. A primeira e moi importante carencia é a falta dun inventario sistemático do Patrimonio Industrial de Galicia. Existen diversos proxectos así coma algúns traballos parciais desenvolvidos tanto desde a Consellería de Cultura como Universidades e outros centros de investigación, pero ningún inventario que os agrupe e cobra os seus
64 Alonso Pereira, José Ramón (2009) , “El patrimonio industrial en Galicia en los albores del siglo XXI”, Liño 15. Revista Anual de Historia del Arte, páx. 140
65 Bermejo, J.C. e Llinares, M. (2006), O valor da Arqueoloxía, Verín-Santiago, Lóstrego
137
baleiros, que poda ser utilizado como elemento para xerarquizar e priorizar o valor dos seus elementos e como guía para o establecemento das pertinentes figuras de protección e proxectos de reparación/reutilización. Precisamos dispoñer da foto do conxunto, global e sistemática, para que nela destaquen as figuras principais e para que podamos escapar de actuacións localistas e da repetición de iniciativas exemplaristas que esgotan os seu percorrido en canto baten con outras tres semellantes. O inventario emprendido no ano 1989 por un equipo do Seminario de Estudos Galegos e a Universidade de Santiago co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia desenvolveu só unha primeira e embrionaria fase dun proxecto que contaba con tres; de él quedaron algunhas caixas de fichas que, ao non se completaren nos anos seguintes, resultaron de ben pouca utilidade. Co gallo da elaboración por parte do Instituto de Patrimonio Histórico Español do que viña a ser primeiro Plan de Patrimonio Industrial, a Consellería elaborou un listado de inmobles para a súa posible inclusión na súa primeira fase. Este estudo foi realizado polo servizo de arquitectura da Dirección Xeral de Patrimonio, e del resultou un conxunto de 14 elementos ou conxunto de elementos de arquitectura industrial así como un “Preinventario de inmuebles industriales de valor cultural en Galicia” no que se incluen Reales Fábricas, Edificios Industriales de valor cultural, Fábricas de cerámica, Industrias del hierro, Centrales hidroeléctricas , Pontes de ferro, Faros e sinais marítimas, e unha ampla panoplia de edificios relacionados con este último tipo de actividades. Contra o ano 2007 a Consellería de Industria e Turismo encargou un inventario de patrimonio marítimo que incluía un amplo elenco de instalacións de carácter industrial. A Consellería de Medio Ambiente licitou no ano 2009 un “inventario e estudo das infraestruturas tradicionais de carácter hidráulico‐industrial en Galicia”. Recentemente a asociación Buxa co apoio da Direción Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria emprendeu un traballo de posta en rede dunha mostra asistemática do noso patrimonio industrial, baseada nomeadamente na revisión da bibliografía xa existente. Estas e outras iniciativas locais ou provinciais que probablemente descoñecemos, todas elas carentes de coordinación, non se achegan ao necesario inventario que poda ser utilizado para el coñecemento e, sobre todo, para a xerarquización e priorización do valor dos seus elementos e como guieiro para o establecemento das pertinentes figuras de protección e proxectos de reparación/reutilización. No eido da protección, a Consellería de Cultura ten inventariados como Patrimonio Cultural de Galicia 172 bens. Deles, tal e como se pode ver no cadro seguinte, hai cinco propiamente industriais; dous deles poden ser considerados protoindustriais, e existen tamén dous museus. Só dous destes establecementos teñen a consideración de Bens de Interese Cultural, que son o Conxunto de Sargadelos (Decreto 18/7/1972) e o Arsenal do Ferrol (Resolución 17/10/1994). A antiga estación de ferrocarril de Vigo foi
138
declarada BIC no ano 1990, pero dez anos mais tarde foi desmontada e desde aquela segue nun estado tal en Redondela66. Elementos que ‐en sentido amplio‐ pueden ser considerados de Patrimonio Industrial entre lo que la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia define como Patrimonio Cultural de Galicia
Nome do elemento Localización Categoría
Muíños do Folón O Rosal Inventariado
Batáns de Mosquetín Vimianzo Inventariado
Museo Massó Bueu Inventariado
Museo do Mar Vigo Inventariado
Minas de San Finx Lousame Inventariado
Fábrica de papel do Carballiño Carballiño Inventariado
Arsenal Militar de Ferrol Ferrol BIC
Fábrica de curtidos de Allaríz Allariz inventariado
Antigas fábricas de Sargadelos Cervo BIC
FONTE: http://www.patrimonio.org/
A outra vía pola que os bens de carácter industrial poden ser catalogados e preservados é a traveso da súa inclusión en categorías de protección dentro dos plans de ordenación urbán. E aínda que esta inclusión sitúa no nivel local a potestade de ser modificada, motivo polo que non ofrece as mesmas garantías que a realizada a traveso da aplicación da lexislación específica de nivel autonómico, o certo é que esta última ten servido nalgunhas ocasións para protexer elementos industriais, tal como ten acontecido por exemplo en Culleredo para protexer as estruturas da antiga Cros ou en Allariz co conxunto do denominado Parque Etnográfico do Arnoia. O exemplo mais significativo da protección municipal aos elementos industriais debería ser o de Vigo, capital indubidable da industria galega durante o último século. Existe en Vigo un Plan Xeral aprobado no ano 2008 no que existen listados só dez 66 Colsa Lloreda, Angel, “La antigua estación de ferrocarril de Vigo”, en Vía 18. Revista do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, nº12, outubro 2009
139
elementos industriais (Alfageme, Ribas, Metalúrgica, Virzi, Alfageme, Albo, Barreras Motores, Salga de Julián Estévez, fachada de La Artística, Adegas Bandeira), . Ningún deles disfruta de protección integral. Nalgúns dos casos a protección afecta só a fachada ou estrutura; noutros nin siquera iso. Omisións escandalosas como, por exemplo, a da fábrica de Alonarti e nada sobre o patrimonio moble. Unha única novidade esperanzadora é o cambio de usos da antiga Panificadora aprobado recentemente polo Pleno Municipal. Todas estas iniciativas que vimos de referir teñen ademais unha característica común: a de referírense a bens inmobles. ¿Qué dicir da maquinaria ou doutros bens de distinto carácter?. Pois que a súa situación é aínda moito mais precaria, e o seu proceso de desaparición ou alleamento mais rápido. Mazos galegos que se poden visitar en Cataluña, xeradores de enerxía maremotriz que se poden visitar en Bolarque (Guadalajara), antigos buques baleeiros que realizan rutas turísticas nos fiordos noruegueses, e, sobre todo, moito patrimonio vendido como chatarra. En resumo, carecendo dun inventario de Patrimonio Industrial ‐que desde logo é unha cousa ben distinta ao posible conxunto de fichas de edificios industriais que se poida derivar dun catálogo de arquitectura industrial‐ é ben difícil definir unha política de conservación e intervención naquel eido. Só caben actuación illadas, derivadas do voluntarismo dalgúns chanzos da administración ou de particulares ou do oportunismo destinado a utilizar algún tipo de fondos españois ou europeos. Neste último sentido non é ocioso que lembremos o caso da reparación de dúas ferrerías de titularidade privada da provincia de Lugo, realizada en unhas condicións contractuais tan pouco precisas que en ningún dos dous casos admiten visitas. Ou o da terceira tamén “rehabilitada” pola Asociación Río Lor na que unha actuación improvisada e sen a realización dos estudos históricos previos levou a destrozar os restos do seu sistema de inxeción de aire para colocar outro tomado de planos de artefactos semellantes doutras latitudes que usaban un sistema diferente. 4.‐ A entidade do Patrimonio Industrial en Galicia.
¿Deriva en realidade esta falta de atención ao Patrimonio Industrial en Galicia de factores obxectivos?. Dito doutro xeito: ¿fixo o carácter serodio e incompleto da industrialización que as pegadas industriais entre nós carezan de relevancia en termos españois e, desde logo europeus? A resposta a esta pregunta é claramente negativa.
Galicia, é certo, non foi historicamente líder nas industrias motoras de
ningunha das vagas industrializadoras modernas. Cataluña foino no téxtil, o País Vasco na metalurxia; Asturias na minería. Pero tampouco é certo que fora un deserto manufactureiro. O seu século XIX foi unha sucesión de intentos ‐frustrados as mais das veces no longo prazo‐ pero que deixaron importantes pegadas no territorio e na
140
memoria67. En Galicia estivo o primeiro forno alto privado da historia de España, e a primeira fábrica de cerámica de consumo popular propiamente fabril; estivo tamén a primeira fábrica de vidro oco e plano que utilizaba a máquina de vapor e na que aprenderon o oficio os que chegarían ser principais fabricantes españois do século XIX, entre eles os que montaron as fábricas asturianas e cataláns. Xa no dealbar do século seguinte callou por fin a industria de fábrica nun sector como foi a industria de conservas herméticas de peixe, que acadou moi logo o grupo de cabeza dos produtores internacionais deste produto. Foi a partir desta industria que naceron tamén as de fabricación de envases, o aserrío mecánico ou a construción naval moderna. E desde aquela, ao longo do século XX, foi a industria galega paseniñamente medrando e diversificándose de xeito que ao seu remate recortara distancias coa media española de intensidade industrial68. De todo este conxunto de experiencias, as frustradas e as que se viron coroadas polo éxito, así coma da relativamente inferior taxa de destrución e renovación do seu propio tecido manufactureiro, Galicia contou ata hai pouco tempo, con un relativamente amplo patrimonio industrial, aínda que nos últimos anos, e nomeadamente a partir da recuperación posterior á crise dos setenta, ven sofrindo un forte proceso de converxencia nas taxas de destrozo anual a respeito de rexións mais avanzadas.
Consonte co que cabería agardar desta configuración histórica do noso
patrimonio industrial, non existen propiamente paisaxes industriais asociadas ao téxtil nin á siderurxia, nin en liñas xerais, conxuntos de grandes establecementos fabrís considerados nunha comparación internacional. Non temos ningún Ironbridge nin ningún Lowell. Pero sí algúns establecementos notables pola súa monumentalidade ou pola súa significación. Tal é o caso do Arsenal do Ferrol, dos restos de Sargadelos, da Panificadora viguesa ou das minas de wolframio de Fontao, San Finx e Casaio. E, a carón destes focos de monumentalidade, dispoñemos dun patrimonio menos espectacular, pero que posúe dúas características que potencian o seu valor como tal, considerado nunha perspectiva peninsular ou internacional. Unha delas é o seu acusado carácter marítimo, algo que non é común no conxunto do patrimonio industrial dos países avanzados. A outra é a existencia de tipoloxías que se poden considerar singulares nun contexto internacional, e que poden ser rastrexadas en varias ducias de fábricas dos sectores da salga de peixe e da fabricación de coiros.
A singularidade é, a carón da autenticidade e da representatividade un dos
rasgos que outorgan valor ao patrimonio industrial, e aí radica un dos fortes do noso. Dispoñemos de varias ducias de establecementos de coiros e de salga, en bon estado
67 Carmona Badía, Xoán y Nadal Oller, Jordi (2005), El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza
68 Sudrià, Carles, Parejo, Antonio e Tirado, Daniel (2011), La distribución territorial de la actividad industrial en España: una visión a largo plazo, Barcelona, Centre d’Economia Industrial,
141
de conservación, que representan dúas tipoloxías difíciles de atopar en latitudes distintas da nosa. Eis o interese e o valor precursor da tarefa de recuperación do denominado Parque Etnográfico de Allariz, que inclúe varias fábricas de coiros no seu interior. E falando de singularidade compre salientar que as minas de wolframio ás que xa nos temos referido non só manteñen un excelente estado de conservación e unha rechamante espectacularidade senón que ademais son case únicas no mundo occidental, xa que, a diferenza doutras minerías, a do wolframio‐estaño foi, neste último eido, case privativa de Galicia e Portugal.
En resumo, o noso patrimonio industrial non ten no seu conxunto a
espectacularidade do inglés ou alemán, pero ten unha singularidade que o dota dun valor importante mesmo no eido internacional.
5.‐ Algunhas notas sobre as intervencións realizadas Curiosamente, a primeira intervención sobre o patrimonio industrial en Galicia estivo relacionada tanto cos valores artísticos coma cos propiamente industriais, valores que convivían na tradición e nos restos e coleccións da que fora fundición e fábrica de cerámica de Sargadelos. A volta á vida da antiga fábrica de cerámica nunha localización moi próxima á que a comezos do século XIX establecera Antonio Raimundo Ibáñez, por parte agora de Isaac Díaz Pardo e o seu Laboratorio de Formas, animou a este a promover a declaración do recinto de Sargadelos como Conjunto Histórico‐Artístico, efecto que acadaría no ano 197269. Esta declaración e mais as actuacións posteriores sobre o conxunto, formaban parte dun proxecto empresarial de forte orixinalidade naquel intre, que trataba de mesturar obxectivos empresariais con outros de recuperación da identidade cultural do país70. Nos anos seguintes foi rehabilitada a antiga Casa da Administración do complexo, estableceuse un Real Patronato encargado de mirar pola conservación e promoción do conxunto e establecéronse algunhas medidas de conservación. Pero os vaivéns políticos das distintas administración representadas no patronato e os conflitos entre este último, os promotores e os sucesivos alcaldes e outros axentes de carácter local imprentaron no proceso de intervención sobre o conxunto histórico un ritmo tan vagaroso que a delimitación deste último non se realizou ata o ano 1992 e o Plan
69 Decreto 2642/172 de 18 de agosto
70 Sobre el modelo empresarial de Sargadelos, vigente hasta 2007, véanse A.A.VV., Sargadelos: pasado, presente y futuro de una experiencia industrial, A Coruña, Ed. do Castro, 1976; Díaz Pardo, Isaac, Tradición e futuro. O Laboratorio de Formas e os complexos do Castro e Sargadelos, Sada, Edicións do Castro, 1986; “Isaac Díaz Pardo, pronunciando un discurso que ninguén entende”, en Romero, Daniel e Pérez Rúa, Manuel, Galicia, S.L., Vigo, Xerais, 1995
142
Especial de Protección non se comezaría a elaborar ata o 1999. Presentado seis anos logo, a día de hoxe non está aínda aprobado71. Foi tamén, curiosamente, no norde lucense onde se desenvolveu a segunda intervención no eido do patrimonio industrial de Galicia. Probablemente baixo o exemplo do Plan Oscos, que estaba comezando a funcionar na viciña bisbarra asturiana, procedeuse nos anos 1987‐1988 á consolidación e restauración dos fornos de calcinación de A Pontenova (antigo concello de Vilaoudriz). Tratábase da mais espectacular das instalacións da vella Compañía Minera de Villaodrid, na que se preparaban os minerais de ferro que se exportaban polo ferrocarril mineiro que conectaba a pequena vila lucense co porto de Ribadeo72. Posteriormente foi tamén restaurada a estación do ferrocarril e o cargadoiro daquel porto e, na actualidade, existe un proxecto de actuación sobre a indicada vía ferroviaria para a súa conversión en Ruta Verde. Os fornos foronse convertendo desde aquela nun lugar central na localidade, e a que agora se denomina Praza dos Fornos acolle diversas actividades que inclúen a festa da Queima dos Fornos. Xa nos anos noventa, e ao agarimo de varios planes europeos levouse a efecto a reparación de tres das ferrarías históricas da provincia de Lugo, as de Penacova, Seoane e Bogo. Esta última foi a mellor programada e executada, aínda que os problemas coa propiedade seguen se garantir a continuidade das visitas. En realidade, só unha das tres ferrerías restauradas, a da Penacova (Bóveda), permite as visitas de forma regular. Posteriormente, e nalgúns casos tamén con fondos europeos, realizáronse algunhas intervencións como a do conxunto das minas e cargadeiro da Silvarrosa (Viveiro). O denominado Parque Etnográfico de A Insúa foi inaugurado no 2001 e limítase en realidade a unha recreación da zona do cargadeiro, do que se conservan tolvas e parte da infraestrutura73 . No eido do patrimonio eléctrico, dúas centrais históricas, a do Tambre e mais a do Ézaro, foron obxecto de atención; na primeira delas o eixo da actuación foi o establecemento dunha oferta de turismo rural, sen afectar á excelentemente conservada instalación produtiva; na segunda, e con fondos europeos do Plan Leader Plus, instalouse un pequeño museo xestionado pola Asociación Neria. No eido da mineiría téñense producido dúas importantes intervencións en dous emplazamentos antigamente dedicados á explotación do wolframio que constitúen
71 Fernández Albalat e colaboradores, Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Concello de Cervo. Lugo, 1999
72 Un resumen de la historia de la Minera de Vilaodrid puede verse en Carmona y Nadal, op.cit. y una descripción del conjunto monumental en Correa, María Teresa, Os fornos de Vilaodriz, Lugo, Dirección Xeral de Patrimonio, 1989
73 Os terreos foran comprados por Eccar a Ensidesa en 1987. No 2000 o concello compraos a Eccar. Fixo o traballo a constructora Aldesa
143
dous auténticas paisaxes industriais. Nas minas de Fontao (concello de Vila de Cruces) a Dirección Xeral da Vivenda e do Solo da Xunta de Galicia rehabilitou o antigo poboado mineiro ao tempo que encargou o Plan Director, aínda que desde a presentación deste último ata o momento presente non se teñen producido avances. Nas de San Finx (Lousame) o Concello ‐en colaboración coa Xunta de Galicia e a traveso de talleres de emprego‐ estableceu un Centro de Interpretación na antiga escola mineira e restauraron e prepararon ata poñer en condicións de visita o Taller de Máquinas e a Sala de Compresores. Mención especial merece o denominado Parque Etnográfico do Arnoia, na vila ourensá de Allariz, que mestura elementos propiamente etnográficos ‐muíños, teares, museos de carácter propiamente precapitalista‐ con outros que entran con toda propiedade no concepto de patrimonio industrial, aínda que estes últimos quedan certamente oscurecidos pola denominación que adopta o conxunto. Allariz foi no século XIX un dos principais centros españois da industria do coiro e mantivo como tal unha certa aínda que declinante importancia ata a década de 195074. Das numerosas fábricas de coiros situadas na contorna do río Arnoia, consolidáronse e reparáronse tres entre 1993 e 1998; unha delas foi convertida nun excelente museo do coiro ‐sen dúbida un dos mais interesantes de Europa‐, mentres que outros dous habilitáronse para usos hosteleiros, mantendo en todo caso a súa fasquía e unha parte dos seus elementos produtivos75. O conxunto destes tres establecementos, mergullado ademais no ambiente dunha ben preservada vila románica como é Allariz, merecería unha denominación e unha promoción específica distinta do resto do denominado Parque Etnográfico, pero resulta con toda probabilidade a mellor actuación que ata agora se ten desenvolvido no eido do patrimonio industrial en Galicia. Non é ocioso indicar que esta reparación/rehabilitación da paisaxe industrial de Allariz se fixo no fundamental por iniciativa municipal e con moi cativas axudas, e que ven mantendo como visitable desde con continuidade desde a súa inauguración ata o día de hoxe. Se as intervencións sobre o patrimonio durante o século pasado se realizaron sobre a siderurxia ou sobre o coiro, as mais recentes e xa entrado o século XXI parecen estar centrándose na industria de conservas herméticas de peixe e particularmente en forma de constitución de museos dedicados a esta especialidad. Ao xa antigo Museo Massó ‐agora de titularidade pública‐ que data dos remates da década de 1920,
74 Carmona Badía, Xoán y Fernández Vázquez, Teresa (1997), “Historia e actualidade do patrimonio industrial de Galiza: as fábricas de curtidos de Allariz”, en Fidaldo, X. e Simal, X., (eds.), Patrimonio cultural del Galicia e norte de Portugal, Ourense, 1997, pp. 63-80; Fernández Vázquez, María Teresa, La industria del curtido en la Galicia contemporánea, tesis doctoral inédita, Universidad de Santiago, 2002
75 García Otero, Juan María y Portela, César, “Allariz: un antes y un después”, Restauración y Rehabilitación, nº81, 2003; Sierra, José Carlos, “Museos y patrimonio etnológico, una propuesta para el desarrollo: los casos de Allariz y Vilar de Santos”, en Aguilar Criado, Encarnación (ed.), Patrimonio etnológico: nuevas perspectivas de estudio, Sevilla, Consejería de Cultura de la Junta de Andalucía, 1999
144
engadíronse nos últimos anos o Museo do Mar de Galicia, que debruza unha parte dos seus contidos sobre este sector, e sobre todo tres Museos especializados, formados todos eles cáseque simultáneamente. O Museo Anfaco da Industria Conservera aberto no 2005 co gallo da celebración do Centenario da institución, o Museo Goday da Illa de Arousa, aberto un par de anos máis tarde, e, finalmente o Museo das Conservas de Cambados, situado na antiga fábrica de Conservas Peña aberto nas vísporas das elecións municipais de maio do 2011. Tres museos temáticos e dous onde a conserva forma parte de un conjunto de elementos mais amplos76. Nun eido cercano, e con recursos procedentes do Plan E do Ministerio de Fomento tense posto en marcha no concello de O Grove un Centro de Interpretación sobre a Pesca e a Salga. A restauración da Rotonda do Parque de Máquinas de Monforte, que forma parte do Museu do Ferrocarril da vila do Cabe e que foi financiada pora Fundación de los Ferrocarriles Españoles así como as actuacións sobre os viadutos de Redondela teñen sido os dous fitos de actuacións no eido ferroviario. Na actualidade hai proxectos interesantes en vías de execución como o da fábrica Cros en Culleredo ou a posibilidade aberta polo devandito cambio de usos da Panificadora viguesa. E, sobre todo, está aberto todo un fronte de traballo en patrimonio industrial en torno ao Arsenal de Ferrol. 6.‐ Balanzo e propostas de actuación En conxunto, e do que levamos dito, non son poucas as intervencións realizadas nas últimas dúas décadas sobre o noso patrimonio industrial. Concellos, deputacións e outras institucións impulsaron actuacións no eido local, que nalgúns casos resultaron en unha protección efectiva do recurso, que se converteu en visitable baixo distintas categorías. A iniciativa foi sobre todo dos primeiros entes indicados, e saíron adiante en función do seu maior ou menor éxito na captación de recursos para a súa actuación, non da singularidade, estado de conservación ou representatividade deste último. Pero a falta de singularización normativa, a ausencia dun inventario de patrimonio industrial e a limitada intervención dos organismos encargados do noso patrimonio cultural veñen levando a que as escasas intervencións neste eido podan caracterizarse como:
76 Aínda poderíamos incluir aquí tamén o conxunto das Salgadeiras de Moreiras (CIPES), que inclui un pequeño apartado sobre a industria conserveira local. Tamén outros museos marítimos que conteñen pezas de carácter industrial, como é o caso do Museo do Mar de San Cibrao (Deputación de Lugo) ou o privado que existe en Corcubión, propiedade da familia Castro Canosa.
145
a.‐ Desenvolvidas á marxe de calquera tipo de planificación no ámbito galego, adoptando unha forma errática e espasmódica. Ocasionais presións de axentes interesados, convocatorias de fondos europeos ou necesidades de ofertar produtos turísticos foron en non poucas ocasións os motivos das intervencións. b.‐ Carencia de coordinación entre os distintos chanzos da administración implicados nas intervencións. Nuns casos foi a Dirección Xeral de Patrimonio, noutros a Consellería de Industria, noutros as Deputacións, noutros os Concellos e noutros a iniciativa privada os que levaron a cabo diversas actuacións sempre con resultados moi desiguais. Por poñer un exemplo: existen en Galicia oito museos marítimos ‐en maior ou menor medida industriais cinco deles‐, sen que exista entre eles ningunha coordenación ou especialización distinta que a que os seus directores ou entidades patrocinadoras lle queiran dar. c.‐ A urxencia das actuacións derivadas do carácter espasmódico antes indicado ten levado a intervencións apresuradas, pouco meditadas e consensuadas coa propiedade, que en moitos casos era particular. As consecuencias teñen sido rendibilidades sociais moi reducidas ou ruinosas, cando non se deu ademais unha perversión ou banalización do recurso, tal como acontece por poñer un exemplo recente coa Azucarera de Portas. d.‐ Perda de ocasións de asesoramento e financiamento para actuacións sobre o Patrimonio Industrial de Galicia. Abonda con dicir que das actuacións programadas co gallo do Primeiro Plan Nacional de Patrimonio Industrial para Galicia ningunha delas experimentou o mais mínimo avance durante o período de execución do Plan (anos 2002‐2010). e.‐Inhibición da administración autonómica na desaparición de importantes elementos do noso patrimonio industrial que deberían ter estado catalogados e protexidos, e que por non o estar, remataron vítimas do que algún autor ten denominado a lóxica do Bulldozer (Fábrica de xabón de A Toxa, Casa Mar en Vigo, Fábrica de Hielo e instalacións Pebsa no porto de A Coruña, estación ferroviaria de Vigo, fábrica de Massó de Bueu,….) ou no deterioro de outros (entorno de Massó en Cangas,…). f.‐ Ausencia de políticas de promoción do noso Patrimonio Industrial. Raramente aparecen elementos industriais nas guías turísticas dos diferentes lugares de Galicia, nin aparece ningún deles nos pavillóns que concorren ás diferentes feiras do sector. Que saibamos, só a publicidade que a Deputación de Lugo realiza da Mariña lucense inclui entre as seis rutas que ofrece unha específica de patrimonio industrial. e.‐ Non existe unha efectiva protección do patrimonio industrial.
146
Á vista das consideracións contidas nos apartados anteriores, e a lus das Conclusións do Congreso do TICCIH‐España celebrado en Ferrol no ano 2010, semella recomendable propor a posta en marcha dun Programa de Patrimonio Industrial, que inclúa entre outras os seguintes principios e medidas: 1.‐ Principios de actuación:
• Consideración do Patrimonio Industrial no seu sentido mais amplo, o que é dicir incluíndo tanto os bens inmobles coma os mobles (maquinaria, arquivos, etc.), e tanto o patrimonio material coma o cultural.
• Consideración do Patrimonio Industrial de forma coordenada co Marítimo, na idea de que a combinación e o peso de ambos os dous é unha das singularidades do noso país.
• Diferenciación entre Patrimonio Industrial e Etnográfico • Coordinación, racionalización e potenciación dos recursos dispoñibles (varios
museos da conserva, varias ferrerías, varias minas, etc.) e das iniciativas que xurdan de distintos axentes e organismos ‐como mínimo dos de carácter público‐ para evitar duplicidades e desbaratamento de recursos
• Establecemento de criterios para a priorización que permitan xerarquizar as actuacións futuras e discriminación dos investimentos e axudas en función de tais criterios
• Consideración do Patrimonio Industrial de xeito holístico e pluridisciplinar, como eido de confluencia do traballo de arqueólogos, arquitectos, historiadores da industria e da arte e enxeñeiros
• Combinación de dous principios: o de identidade e o de orientación ao mercado.
• Potenciación das actuacións da Dirección Xeral de Patrimonio
2.‐ Medidas a curto prazo
• Promover a especializar dos museos correspondentes a unha temática semellante, potenciando os intercambios e a colaboración en xeral.
• Programa autonómico de inmediata posta en situación de visita dun mínimo de elementos do patrimonio industrial, ben sexa apoiando aos concellos que teñan proxectos en marcha, ben desde a administración galega ou ben mediante convenios.
• Inmediata incoación de expedientes de protección para nun número mínimo e tentativo de elementos “recoñecidos” do noso patrimonio industrial: Fábrica de Alfageme, Peiraos mineiros de Rande, Fábrica de Massó, etc.
147
• Programa de promoción de expedientes BIC para poder acceder aos recursos e políticas do Instituto de Patrimonio Cultural e outras entidades
• Promover programas de investigación, formación e promoción do patrimonio industrial
• Promover a inclusión de un mínimo de elementos e/ou rutas de patrimonio industrial dentro da promoción turística de Galicia
3.‐ Medidas a medio prazo
• Modificación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia para a inclusión nela do Patrimonio Industrial
• Elaboración dun Inventario de patrimonio industrial, que incluia un censo da maquinaria e investigue as tradicións asociadas a cada entorno
• Establecemento dunha instancia de coordenación das distintas actuacións executadas por diversos axentes
• Orientación ao mercado: creación de auténticos productos (incluíndo paquetes, feiras, festas, actividades, etc.). Políticas activas de inclusión nas listas internacionais, que son o mellor elemento de colocación do producto. Hai que tratar de que Allariz entre na World Heritage List, de integrarse en rutas españolas e europeas, etc. Política de motivación dos clientes internos. Atención especial aos intanxibles (a épica do wolframio, por exemplo).
• Programa de mellora da dotación persoal dos Museos de Patrimonio Industrial e Marítimo
• Podería, finalmente, considerar o Consello de Cultura Galega a posibilidade de convocar un Primeiro Congreso de Patrimonio Industrial de Galicia, do que xurdira unha recomendación tentativa, previa ao Inventario Xeral, do que sería un consenso sobre, poñamos por caso, 50 elementos do Patrimonio Industrial de Galicia que deberían ser obxecto de estudo e protección inmediata.
Santiago, xullo de 2012
148
A LEXISLACIÓN ACTUAL EN MATERIA DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
María García‐Alén
A existencia en España dunha estrutura do Estado que está organizada en torno a tres Administracións −central, autonómica e local− determina o establecemento dun reparto nas competencias no tocante á protección do Patrimonio Cultural.
A súa orixe atópase na Constitución Española de 1978, que no seu artigo 148 establece as competencias que poderán asumir as Comunidades Autónomas, entre as que atopamos, no seu apartado 16, “o Patrimonio monumental de interese da Comunidade Autónoma”; ademais, o artigo 149 considera, no seu apartado 1, competencia exclusiva do Estado “a defensa do patrimonio cultural, artístico e monumental español contra a exportación e a espoliación; museos, bibliotecas e arquivos de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión por parte das comunidades autónomas”, e no seu apartado 2, “á parte das competencias que poderán asumir as comunidades autónomas, o Estado considerará o servizo da cultura como deber e atribución esencial e facilitará a comunicación cultural entre as comunidades autónomas, de acordo con elas”. Considérase, xa que logo, a existencia dunha competencia compartida.
A Lei de Patrimonio Histórico Español, de 16/1985 de 25 de xuño, define nos seus artigos 6 e 7 as competencias das Comunidades Autónomas e dos Concellos. Considera que a competencia executiva no tocante á protección lles corresponde ás Comunidades Autónomas; así, no seu artigo 6, establece como “Organismos competentes para a súa execución: a) Os que en cada Comunidade Autónoma teñan ó seu cargo a protección do Patrimonio Histórico”. Non obstante, será competencia dos organismos da “ b) Administración do Estado, cando así se indique de modo expreso ou resulte necesaria a súa intervención para a defensa fronte á exportación ilícita e á espoliación dos bens que integran o Patrimonio Histórico Español. Estes Organismos serán tamén os competentes respecto dos bens integrantes do Patrimonio Histórico Español adscritos a servizos públicos xestionados pola Administración do Estado ou que formen parte do Patrimonio Nacional”.
A competencia dos Concellos na protección do patrimonio queda definida no artigo 7 da Lei 16/1985: “Os Concellos cooperarán cos Organismos competentes para a execución desta Lei na conservación e custodia do Patrimonio Histórico Español comprendido no seu termo municipal, adoptando as medidas oportunas para evitar o seu deterioro, perda ou destrución. Notificarán á Administración competente calquera ameaza, dano ou perturbación da súa función social que tales bens sufran, así como as dificultades e necesidades que teñan para o coidado destes bens.
149
Exercerán tamén as demais funcións que teñan expresamente atribuídas en virtude desta Lei”. A protección dos bens culturais galegos ten a súa base lexislativa na Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia que nace coa pretensión de “axeitar á realidade de Galicia e ás súas necesidades específicas en materia de patrimonio cultural a normativa legal pola que se rexerá a defensa, a protección, a conservación e mailas sancións contra as agresións de diversa índole que poida sufrir”. Esta Lei xorde pola necesidade de actualizar a normativa legal á realidade galega e de dar un paso máis na protección do Patrimonio Cultural de Galicia. As competencias da Comunidade Autónoma Galega quedan definidas nos seus artigos 2.1: “Correspóndelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia”; e 2.2: “As distintas administracións públicas colaborarán para que as competencias respectivas se exerzan consonte o establecido nesta lei”. Estas competencias sobre o patrimonio xa quedaran definidas na Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia.
As competencias dos Concellos en materia de protección están establecidas no artigo 4.1 da Lei 8/1995 sobre Colaboración das corporacións locais, onde se especifica que “os Concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñece‐lo valor cultural dos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal”. Así mesmo, o artigo 4.2 indica que “ Correspóndelles, así mesmo adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagarda‐los bens do Patrimonio Cultural de Galicia que visen o seu interese ameazado”. Polo tanto, os Concellos pasan de ostentar un mero labor de cooperación a ter a obriga de protexer e, en caso de urxencia, adoptar as medidas cautelares para salvagardar os bens do Patrimonio Cultural. A Lei 8/1995 vai experimentar un avance respecto da Lei de Patrimonio Histórico Español, xa que amplía a protección do Patrimonio Cultural; así, o seu artigo 1 considera como patrimonio “os bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deban ser considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo”, incluíndo o termo inmaterial como patrimonio a conservar e protexer. Outros exemplos son a inclusión, como integrantes dos bens inmobles declarados, dos lugares de interese etnográfico e a zona paleontolóxica, así como a categoría de inmobles ou obxectos mobles que pasan a adoptar un significado máis amplo ó denominárense inmobles e bens mobles.
Cómpre destacar como un avance significativo da nosa Lei a importancia que adquiren os individuos na protección do patrimonio, ó seren dotados de lexitimidade, por mor do artigo 4, para actuar na defensa do patrimonio diante das Administracións Públicas e os Tribunais de Xustiza; e na conservación do patrimonio, pois o artigo 25, referido ó deber de conservar, fai
150
responsables en primeiro termo ós propietarios de bens integrantes do Patrimonio Cultural, que teñen a obriga de “conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración”. A protección de todos os bens que integran o Patrimonio Cultural de Galicia quedará incluída como medida xenérica no Título II da Lei 8/1995 sobre o Réxime Xeral de Protección e Conservación do Patrimonio Cultural de Galicia, que establece no seu artigo 24 tres niveis de protección:
a) Bens declarados, que serán aqueles que se consideren como bens de interese cultural, previa incoación do oportuno expediente.
b) Bens catalogados, aqueles que se incorporen ó Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.
c) Bens inventariados, aqueles que, sen estaren incluídos entre os anteriores, merezan seren conservados e se inclúan no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
A protección dos Bens de Interese Cultural
Os Bens de Interese Cultural están definidos polo artigo 8.1 da Lei 8/1995: “Os bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do Patrimonio Cultural de Galicia serán declarados ...mediante Decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Cultura, e inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia”.
Consonte a súa importancia, o réxime de protección está establecido no artigo 33: “Os Bens declarados de interese cultural gozarán da máxima protección e tutela, e a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquera cambio de uso deberá ser autorizado polos organismos competentes para a execución desta lei”.
Debemos incluír neste apartado os bens recollidos na Disposición adicional primeira da Lei 8/1995, que inclúe baixo a protección da Lei de Patrimonio a “todos aqueles bens mobles e inmobles situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que fosen declarados de interese cultural con anterioridade á entrada en vigor desta Lei, pasarán a te‐la consideración de bens de interese cultural e quedarán sometidos ó mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes”.
151
A devandita Disposición adicional primeira refírese, en primeiro lugar, ós incluídos na Disposición adicional primeira da Lei 16/1985, que dispón que “os bens que con anterioridade foran declarados histórico‐artísticos ou incluídos no Inventario de Patrimonio Artístico e Arqueolóxico de España pasan a ter a consideración e a denominación de Bens de Interese Cultural”. Xa que logo, cómpre atribuírlles este rango ós incluídos nel:
1 Decreto 3741/1974, de 20 de decembro, polo que se declaran Monumentos Histórico‐artísticos de Carácter Nacional os gravados rupestres existentes na provincia de Pontevedra. O Museo de Pontevedra é mencionado como “promotor de encomiables estudos sobre o tema e algúns Concellos adoptaron medidas dentro das súas competencias e posibilidades para salvagardar estes valores, pero a experiencia aconsella que esta protección teña alcance estatal, mediante a inclusión dos devanditos conxuntos no noso Patrimonio Histórico Artístico e Arqueolóxico...” 2 Decreto 474/1962, de 1 de marzo, polo que determinados Museos son declarados Monumentos Histórico‐artísticos. Entre os de Galicia están o Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo de Pontevedra, o Museo Promonte de Santa Tecla na Guarda e o Museo Provincial de Castrelos en Vigo.
Así mesmo, a Disposición adicional primeira da Lei 8/1995 aféctalles tamén ós bens incluídos na Disposición adicional segunda da Lei 16/1985, que establece que terán a consideración de Bens de Interese Cultural os especificados nos seguintes decretos, que antes da Lei galega xa tiñan o consideración de Bens de Interese Cultural:
1 Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre Protección dos Escudos, Emblemas, Pedras Heráldicas, Rolos de Xustiza, Cruces de Termo e Pezas Similares de Interese Histórico‐artístico. Quedan baixo o abeiro da Lei como Bens de Interese Cultural os que posúan unha antigüidade de máis de cen anos. 2 Decreto 449/1973, de 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os hórreos ou cabazos antigos existentes en Asturias e Galicia que teñan unha antigüidade non menor dun século. 3 Decreto de 22 de abril de 1949 sobre Protección dos Castelos Españois,
152
polo que quedan baixo a protección do Estado todos os castelos de España. Este Decreto ten un carácter xenérico, pero quedan especificados os bens a protexer na Resolución de 17 de outubro de 1994 da Dirección Xeral de Belas Artes e Arquivos do Ministerio de Cultura, pola que se acorda a “inscrición no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Patrimonio Histórico Español dos monumentos de arquitectura militar da Comunidade Autónoma de Galicia”.
Quedan declarados tamén Bens de Interese Cultural pola Lei 16/1985, consonte o artigo 40.2, as covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre. Sobre esta protección xenérica cómpre facer mención á recente Resolución de 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se acorda darlle publicidade á relación de xacementos megalíticos con arte rupestre e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural. Nesta Resolución, a Consellería de Cultura indica que pretende unha dobre finalidade:
“1. Darlle publicidade á relación de xacementos megalíticos con arte rupestre […] para o xeral coñecemento da súa condición de bens de interese cultural.
2. Ordenarlle ó Servizo de Planeamento e Inventario que proceda a inscribir os xacementos megalíticos […] no Rexistro de Bens de Interese Cultural.”
O proceso de declaración dun elemento patrimonial como Ben de Interese Cultural require, consonte o artigo 9.1, “a previa incoación e tramitación do expediente administrativo pola Consellería de Cultura”. Ademais, o artigo 8.1 dispón que “serán declarados mediante Decreto da Xunta de Galicia, a proposta da Consellería de Cultura, e inscribiranse no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia”.
A competencia autonómica na devandita tramitación para a declaración dun Ben de Interese Cultural xa quedara disposta no Real Decreto 111/1986, de 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, na que se definía tamén que a tramitación se rexería pola súa propia normativa, o que se fixo no Decreto 430/1991, de 30 de decembro polo que se regula a tramitación para a declaración de Ben de Interese Cultural e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural para Galicia. Así e todo, ademais da previa inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, será precisa a súa comunicación ó Rexistro de Bens de Interese Cultural dependente do Ministerio de Cultura, consonte o indicado no artigo 12 da Lei 16/1985 e no artigo 14.5 da Lei 8/1995.
153
O Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, consonte o artigo 14.2, “terá por obxecto a anotación e inscrición dos actos que afecten á súa identificación e localización, e recollerá todos os actos que se realicen sobre os bens alí inscritos cando afecten ó contido da declaración e dará fe dos datos alí consignados”; segundo o artigo 14.4, o acceso ó Rexistro será público, coas excepcións da situación xurídica e o valor do ben e a localización no caso de bens mobles.
Os propietarios deberán facilitar a visita pública, nas condicións que se determinen, e gratuíta cando menos catro días no mes, en datas e horario prefixados, consonte o artigo 26.3. Cómpre preguntármonos se este dereito se cumpre en igualdade de condicións en casos tan diversos como o Pazo de Oca, o Pazo Arcebispal de Xelmírez, a Casa‐Museo de Rosalía de Castro, o Mosteiro de San Lourenzo de Trasouto ou as Torres de Mens, todos eles considerados Bens de Interese Cultural, ó ser compartida esta protección que posúen con outros usos como son os hoteleiros, museísticos ou como vivenda. A incoación dun expediente determina, no tocante ó ben afectado, a aplicación do mesmo réxime de protección previsto para os bens xa declarados, quer na Lei 16/1985 que o considera de aplicación “provisional”, segundo o artigo 11.1, quer na Lei 8/1995 que o define como de aplicación “inmediata e provisional”, consonte o artigo 10.3. No caso de que a incoación lle afecte a un ben inmoble, o artigo 35.1 “determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado”. A Lei ofrece a posibilidade de que, en caso de forza maior, interese xeral ou urxencia se poidan realizar obras, sempre que se conte coa autorización da Consellería de Cultura.
Segundo o artigo 12.3 da Lei 8/1995, “o expediente deberase resolver no prazo máximo de vinte meses, contados a partir da data na que foi incoado. Transcorrido este, producirase a caducidade do expediente se se solicitase o arquivo das actuacións ou se dentro dos sesenta días seguintes non se dicta resolución . O expediente non se poderá volver iniciar nos tres anos seguintes, agás que tres institucións consultivas recoñecidas pola Comunidade Autónoma o solicitaren ou que o faga o propietario do ben”.
A Lei, así e todo, non regula o tempo no que debe responder a Administración responsable cando se solicita a declaración dun elemento patrimonial como Ben de Interese Cultural, nin existe Rexistro ningún de solicitudes de declaración. No tocante á carencia de información sobre o estado da protección dun ben, cómpre engadir a desidia ou desinterese por parte da Administración responsable da súa protección, ou os intereses políticos, que o converten finalmente nun proceso inacabado.
154
Un exemplo disto é a recente Resolución de 14 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural, coa categoría de Monumento, a prol do Santuario de Nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina. A devandita Resolución fai un resumo histórico do procedemento e os intentos pola protección do ben e consigna os trinta e dous anos que houberon de pasar para que o santuario poida chegar a ter a protección que merece:
“A consideración da capela da Peregrina como un dos bens máis sobranceiros do noso patrimonio cultural xa foi posta de manifesto no ano 1979 pola Comisión Provincial para a Defensa do Patrimonio Histórico‐Artístico, cando, na súa reunión celebrada o 12 de novembro, acordou elevar a petición á Dirección Xeral do Patrimonio Artístico, Arquivos e Museos para a súa declaración como monumento histórico‐artístico.
A raíz desta solicitude, no ano 1981 motivouse a importancia e significación da capela, tanto para a historia artística da cidade como para o conxunto da arte galega e peninsular, en dous puntos fundamentais: tanto pola súa tipoloxía, ao pertencer á exigua serie de capelas de plan central construídas en Galicia, onde o modelo se introduce moi tardiamente (S. XVIII); como por mostrar antolóxicamente definidas as oscilacións que se producen no tránsito do barroco ó neoclasicismo en terras galegas.
En 1982, a Inspección Técnica do Ministerio de Cultura, Subdirección Xeral de Patrimonio Artístico, considera oportuno e conveniente a incoación de expediente de declaración como monumento histórico‐artístico a favor da Capela da Peregrina de Pontevedra.
No ano 1993 retómase a proposta de delimitación do seu contorno de protección. Posteriormente, no ano 2001, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural reinicia o expediente e solicita o informe da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, o cal é favorable. En ningún dos casos anteriores se chegou a resolver o expediente no prazo establecido pola lexislación que articula o procedemento de declaración.
Ante a nova solicitude remitida polo Concello no ano 2008, os servizos técnicos analizan a documentación que consta no referido expediente e, con data de 14 de decembro de 2009, emiten un informe favorable ó acordo de incoación”.
155
A protección de Bens Inmobles Declarados
Existe unha clara diferenza na clasificación de Bens Inmobles Declarados de Interese Cultural entre a Lei española 16/1985 e a Lexislación galega; mentres a primeira fai unha clasificación que permite que poidan ser declarados “Monumentos, Xardín Histórico, Conxunto Histórico, Sitio Histórico e Zona Arqueolóxica”, a normativa galega, xa no Decreto 430/1991, de 30 de decembro, no que se regula a tramitación para a declaración de BICS de Galicia e se crea o Rexistro de Bens Culturais para Galicia, incorpora a categoría de “Lugares Etnográficos”; posteriormente, a Lei 8/1995 realiza cambios na clasificación, que é a que actualmente está en vigor, polos que diferenza entre “Monumento, Conxunto Histórico, Xardín Histórico, Sitio ou Territorio Histórico, Zona Arqueolóxica, Lugar de Interese Etnográfico e Zona Paleontolóxica”.
É importante lembrar que a protección dun ben declarado comeza, como xa comentamos, no momento da incoación do expediente. As competencias autonómicas neste eido son practicamente absolutas, polo que é necesaria a autorización, previa á licenza municipal, da Consellería de Cultura para calquera obra ou intervención que houber de realizarse, incluíndo aquí as de forza maior ou interese social, consonte o artigo 35.2, e os desprazamentos, segundo o artigo 36, agás no caso dos Conxuntos Históricos que posúan un plan especial de protección aprobado, cuxa autorización dependerá dos Concellos, consonte o artigo 47.2, que deberán informar no prazo de dez días á Consellería de Cultura.
No caso de Sitios ou Territorios Históricos, Zonas Arqueolóxicas ou Lugares de Interese Etnográfico, será necesario un plan especial de protección ou outro instrumento de planeamento que cumpra as esixencias legais establecidas no artigo 48.1. A Lei, porén, contempla a posibilidade de realizar, sen que sexa necesariamente obrigatorio, un plan especial no caso dos Xardíns Históricos e das Zonas Paleontolóxicas, consonte o artigo 48.2. Dentro da clasificación de Bens Inmobles Declarados cómpre mencionar, pola súa transcendencia e actualidade, os esforzos por aplicar a protección ó Camiño de Santiago. Considerado pola Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo, o 28 de xuño de 1984, como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo e declarado pola UNESCO, o 11 de decembro de 1993, Patrimonio Universal da Humanidade, no ámbito galego foi desenvolvida unha normativa específica para a súa protección que tivo como resultado a Lei 3/1996, de 10 de maio, de Protección dos Camiños de Santiago; na súa Exposición de Motivos constata que Galicia “é consciente da necesidade dunha lexislación integradora de máximo rango, que prevea, por unha banda, os distintos aspectos do Camiño −culturais, monumentais, urbanísticos−, e por outra, a pluralidade de camiños con distinta relevancia histórico‐cultural e, en consecuencia, con diferente nivel de protección, pero sempre
156
tratando de mante‐la súa integridade”.
O artigo 3 da Lei 3/1996 establece que a ruta principal é o “Camiño Francés” e fai unha diferenciación na protección entre a que denomina “vía fundamental, e hoxe con máis valor histórico e monumental, que é o chamado Camiño Francés”, considerado Ben de Interese Cultural, e as demais rutas −Camiño Portugués, Vía da Prata, Camiño do Norte, Camiño de Fisterra‐Muxía, Camiño Inglés, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla−, ás que lles será aplicable, consonte o artigo 4 da devandita Lei 3/1996, o nivel de protección previsto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia para os bens catalogados, logo de que sexan delimitadas, xa que aínda están agardando a que isto se faga.
A Resolución de 12 de novembro de 1992, da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, pola que se concreta e define a delimitación do Conxunto Histórico do Camiño de Santiago −Camino Francés−, fai unha delimitación por parroquias; agás no tramo correspondente co Concello de Santiago, esta delimitación é a que está en vigor, á espera dunha delimitación definitiva, segundo indica a Disposición transitoria primeira da Lei 3/1996. Toda a delimitación que actualmente está en vigor fai que sexa considerado como Territorio Histórico, polo que a protección do Camiño é moito máis ampla que a que se lle aplicaría coa específica Lei 3/1996, que se correspondería coa zona lateral de protección do Camiño, que recolle o artigo 6, ou a zona de protección do contorno, consonte o artigo 16. Cómpre aplicar, xa que logo, o artigo 32 da Lei 8/1998, de Impacto ou Efecto Ambiental, no que se determina que:
“1. A Consellería de Cultura será informada dos plans, programas ou proxectos, quer públicos quer privados, que pola súa incidencia sobre o territorio poidan implicar risco de destrución ou deterioro do Patrimonio Cultural de Galicia.
2. Para os efectos previstos no artigo anterior, a Consellería de Cultura deberá establecer aquelas medidas que considere necesarias para a protección do Patrimonio Cultural de Galicia. 3. Na tramitación de todas as avaliacións de impacto ou efecto ambiental, o organismo administrativo competente en materia de medio ambiente solicitaralle un informe á Consellería de Cultura e incluirá na declaración ambiental as consideracións e condicións do devandito informe. 4. Deberán ser incluídas todas as figuras relativas ó planeamento urbanístico.” No caso das outras rutas, malia teren rango de bens catalogados, como non están ata o de agora delimitadas, a protección dependerá de se forman ou non parte do Planeamento Urbanístico
157
como elementos protexidos; no caso de teren este rango, serían consideradas como bens inventariados, polo que cumpriría contar coa autorización da Consellería de Cultura, previo informe preceptivo do Comité Asesor do Camiño de Santiago.
Nas zonas nas que non formen parte da Protección Urbanística, a Consellería de Cultura ten que aplicar o artigo 32, antes citado, e consideralas Bens Integrantes do Patrimonio Cultural, para o que sería necesario un informe da devandita Consellería que indique as medidas que cómpre adoptar.
Xa que logo, malia contar cunha lexislación específica para a súa protección, non resultará realmente operativa ata que se fagan a delimitación definitiva e a realización do Plan Especial de Protección e Promoción do Camiño de Santiago, para o que se marcaba un prazo máximo de dous anos, consonte a Disposición adicional da Lei.
A reforma da Lei deberá ter en conta unha revisión no eido das infraccións e a súa clasificación, xa que, na actualidade, se atopa na zona lateral de protección de 3 m ó mesmo nivel, como infracción moi grave, cá acampada, a actividade construtiva, as explotacións propias das estradas ou a tala de arborado. Na zona de protección do contorno de 30 m, están a publicidade, as explotacións mineiras e a extracción de grava.
En ambas as dúas zonas, a circulación de vehículos está considerada como unha infracción grave e os vertidos, unha infracción leve.
A protección de Bens Mobles Declarados
A Lei 8/1995 non contempla para este apartado máis ca unha definición de Ben Moble no seu artigo 49: “ aqueles de carácter e valor histórico, tecnolóxico ou material, susceptibles de seren transportados, non estrictamente consubstanciais coa estructura de inmobles, calquera que sexa o seu soporte material”. É de aplicación para esta categoría o artigo 33, como xa se indicou anteriormente, de máxima protección e tutela.
A Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español considera que os Bens Mobles poderán ser considerados BIC, polo que quedan incluídos como tales os contidos nun inmoble obxecto da devandita declaración, sempre que se consideren parte esencial da súa historia. A Lei 8/1995 é máis específica, xa que os considera inseparables do Ben Inmoble Declarado, agás nalgún caso excepcional, sempre que conten coa autorización previa da Consellería de Cultura. Esta
158
autorización tamén será imprescindible para calquera modificación, restauración ou alteración, consonte o artigo 50.
Todos os Bens Mobles integrantes dun museo, colección visitable ou dun arquivo e os considerados como Patrimonio Bibliográfico de Galicia terán unha protección como a establecida para os Bens de Interese Cultural, de acordo co artigo 50. Calquera intervención ou traslado requirirá a autorización previa da Consellería de Cultura, consonte os artigos 50.2 e 51.1.
Pouco ou nada sabemos da cantidade de Bens Mobles que na actualidade se atopan incluídos no Rexistro de Bens de Interese Cultural, así como dos apartados correspondentes a Materiais Arqueolóxicos, Numismática e Epigrafía, Materiais Etnográficos, Bens de Interese Inmateriais, Patrimonio Documental, Arquivos, Manuscritos, Impresos e Coleccións Bibliográficas, todos eles apartados especificados no Decreto 430/1991.
A protección de Bens Catalogados
A definición de Bens Catalogados que aparece no artigo 17 indica que “sen chegar a ser declarados de interese cultural, posúan especial singularidade; de acordo co establecido no artigo 1.3 da presente Lei, serán incluídos no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia e gozarán da protección para os Bens Catalogados nesta Lei”.
Coa finalidade de os protexeren, foi creado o Catálogo de Patrimonio Cultural, de acceso público tal como indique o regulamento, “como instrumento de protección dos Bens Mobles, Inmobles e Inmateriais nel incluídos, e con fins de investigación, consulta e difusión, consonte o artigo 17.2. Será necesaria a autorización da Consellería de Cultura para calquera intervención en Bens Inmobles, como recolle o artigo 52.2, agás nos Concellos que teñan aprobado o Plan Especial de Protección, segundo indica o artigo 47.2. No caso dos Bens Mobles Catalogados, será necesaria a autorización previa da Consellería de Cultura para calquera modificación, restauración ou alteración, consonte o artigo 50.2. Pola súa parte, o artigo 29 permite o seu comercio, sempre que as persoas anoten as transaccións no Libro de Rexistro legalizado pola Consellería. O principal problema que presenta a categoría de Bens Catalogados é a indefinición para seren incluídos nesta categoría, pois a única característica que aplica a Lei é que posúan especial singularidade, por riba dos bens inventariados, pero que non posúan o rango de Bens de Interese
159
Cultural, o que fai moi difícil a súa selección.
Na actualidade non hai catálogo ningún de Patrimonio Cultural, polo que non existen bens catalogados, nin tampouco un Libro de Rexistro de Transaccións para os Bens Mobles, nin un Rexistro de empresas que se dediquen ó comercio de obxectos, nin un Regulamento que determine o seu funcionamento, segundo a Lei indica.
A protección de Bens Inventariados
Segundo o artigo 3 da Lei 8/1995, Bens Inventariados son “os que integran o Patrimonio Cultural de Galicia, sen estaren considerados como Bens de Interese Cultural ou catalogados como merecentes de seren conservados, consonte o artigo 22”.
A Lei 8/1995 dedícalle só o artigo 54 á protección dos Bens Inventariados, no que considera que “gozarán dunha protección baseada en evita‐la súa desaparición, e estarán baixo a responsabilidade dos Concellos e da Consellería de Cultura, que deberá que autorizar calquera intervención que os afecte”.
O Inventario Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia
A Lei 8/1995 establece, no seu artigo 22.2, “a creación do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, como instrumento básico de protección adscrito á Consellería de Cultura”.
O artigo 22.1 dispón que o Inventario de Galicia está conformado polos “Bens Declarados de Interese Cultural, os Catalogados e aqueloutros ós que se fai referencia no artigo 1.3 da presente Lei e que, sen estaren incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados”.
A inclusión no Inventario, a teor do artigo 23, “requirirá a previa tramitación do expediente pola Consellería de Cultura, e séndolle aplicables as normas xerais do procedemento administrativo. Quedan excluídos da devandita tramitación aqueles Bens Declarados de Interese Cultural e os Catalogados que pola súa condición xa forman parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia”. Consonte o artigo 23.3, “correspóndelle ó director xeral do Patrimonio Cultural de Galicia a inclusión dos bens no Inventario”.
160
Teremos que agardar ó ano 2008 para que, ante a ausencia dunha regulación específica, se proceda a regular o procedemento de inclusión de bens no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, “coa finalidade de darlle a este instrumento de protección do Patrimonio Cultural de Galicia o contido previsto polo lexislador na Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia”, pola que se crea o Decreto 232/2008, de 2 de outubro, sobre o Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. No seu artigo 2 queda definido como “o instrumento administrativo no que se relacionan os Bens Declarados de Interese Cultural e os Bens Incluídos no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e se inscriben os bens inventariados”.
É importante resaltar a súa finalidade:
1 Facilitar a tutela xurídico‐administrativa do Patrimonio Cultural de Galicia e a aplicación do réxime xurídico que lle corresponda a cada ben. 2 Contribuír ó coñecemento do Patrimonio Cultural de Galicia, servíndolles de apoio ás actividades de investigación, conservación e enriquecemento deste. 3 Facer posible a difusión do Patrimonio Cultural de Galicia mediante a consulta do seu contido. O acceso ó Inventario Xeral será público, coas seguintes condicións:
a) A consulta da documentación administrativa do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia realizarase nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
b) Será necesario o consentimento expreso da persoa titular dos bens para a consulta pública dos datos referidos á súa titularidade e valoración económica.
c) A localización dos bens mobles farase pública unicamente nos supostos nos que resulte esixible a visita pública a estes ou conste a autorización expresa do seu titular.
Quedan incorporados ó Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, de xeito automático:
a) Os bens declarados de interese cultural.
b) Os bens incluídos no Catálogo Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.
161
c) Os bens recollidos nos Catálogos das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento das Provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aprobadas por orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, de 3 de abril de 1991.
d) Os bens contidos nos catálogos de calquera outra figura de planeamento.
Cómpre facer unha mención á utilidade e importancia da protección do Patrimonio Cultural que ata o de agora foran os catálogos das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento do ano 1991, incluídas no Inventario pola Disposición transitoria segunda da Lei 8/1995, pois, aínda que resulten incompletas e nalgún caso inexactas na súa información, resultaron vitais para a protección do Patrimonio Galego, xa que en moitos casos foron o único regulamento que se utilizaba e na actualidade son a clave da protección de cento dez Concellos de Galicia que aínda non aprobaron o seu Plan de Ordenación Municipal.
É importante indicar o gran valor destas normas para a protección do patrimonio nun momento no que aínda non están redactados todos os catálogos municipais nin rematado o Inventario Xeral do Patrimonio Cultural.
As Normas Complementarias realizan unha división temática por Concellos entre Arqueoloxía, Arquitectura Relixiosa, Arquitectura Civil e Militar e Etnografía. Segundo o artigo 30, “a ordenanza do solo non urbanizable de protección do patrimonio establece unha área de protección; mentres non se redacte o planeamento correspondente, será preciso un informe previo da Comisión Provincial de Patrimonio que terá carácter vinculante para a realización de calquera actividade que requira licenza urbanística.
a. Os Elementos Etnográficos posúen unha área de protección constituída por unha franxa cunha profundidade de 50 m.
b. Os Elementos de Arquitectura Relixiosa, Arquitectura Civil e Arquitectura Militar posúen unha área de protección de 100 m.
c. Os Restos Arqueolóxicos posúen unha área de protección de 200 m”.
Cómpre destacar no tocante a estas áreas de protección que resultan máis xenerosas e xa que logo protectoras cós posteriores plans urbanísticos.
162
Patrimonio da Igrexa Católica
Para finalizar, debemos facer mención, pola importancia e entidade que supón para o Patrimonio Cultural Galego, ós bens que son propiedade da Igrexa Católica. A Lei 8/1995 dispón, no seu artigo 5.1, a obriga desta “pola protección, conservación, acrecentamento e difusión deste, colaborando para tal fin coa Administración en materia de Patrimonio”. Para a colaboración establecerase unha Comisión Mixta entre ambas as dúas, Igrexa e Administración, e elaboraranse plans de intervención conxunta, consonte o artigo 5.2.
Para levar a cabo o Inventario de Bens Mobles da Igrexa Católica debemos facer mención á Lei 16/1985, que no seu artigo 26.1 di que “a Administración do Estado, en colaboración coas demais Administracións competentes, confeccionará o Inventario Xeral daqueles bens mobles do Patrimonio Histórico Español non declarados de interese cultural que teñan singular relevancia”. Así pois, quedarían incluídos aquí os da Igrexa Católica; o Ministerio de Cultura, en colaboración cos órganos das Comunidades Autónomas encargados da protección do Patrimonio Histórico Español, confeccionará o Inventario Xeral de Bens Mobles, consonte o artigo 28. Así mesmo, correspóndelle ás Comunidades Autónomas a inclusión de bens no Inventario Xeral nos restantes casos, cuxa tramitación se rexerá pola súa propia normativa, de acordo co artigo 29.
A Disposición transitoria quinta da Lei 16/1985 marca un prazo de dez anos para a realización da inclusión no Inventario dos Bens Mobles en Posesión das Institucións Eclesiásticas. Posteriormente, esta Disposición foi derrogada e o prazo foi ampliado por mor da grande extensión de bens mobles, pola Lei 42/1994, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais Administrativas e de Orde Social, que na súa Disposición transitoria primeira estipulou unha prórroga por outros dez anos. Logo o prazo foi novamente prorrogado por sete anos máis, a contar desde a entrada en vigor da Lei 4/2004, de 29 de decembro, de Modificación de Taxas e de Beneficios Fiscais de Acontecementos de Excepcional Interese Público, segundo a súa Disposición adicional segunda. O que nos levaría a 2012, a data na que tería que estar concluído o Inventario de Bens Mobles da Igrexa Católica.
Conclusión
Logo de analizar o estado da protección do Patrimonio Cultural de Galicia, segundo a lexislación vixente, podemos chegar á conclusión de que, malia as insuficiencias da normativa actual para protexer a totalidade dos bens culturais por mor da ampliación do concepto de Patrimonio, deberiamos comezar por aplicar os instrumentos legais cos que xa contamos.
163
Consideramos unha prioridade acometer a revisión da Lei para adecuala ás novas necesidades, xa que o obxecto da normativa cambiou, pero debemos utilizar os instrumentos xurídicos cos que xa contamos ata que se lles procure unha solución ás novas necesidades. Esta desprotección que padece unha gran parte do Patrimonio Cultural, así como o incumprimento da lexislación por parte das Administracións responsables levaron ó Patrimonio Galego a unha difícil situación.
Transcorridos dezaseis anos desde a entrada en vigor da Lei, o estado do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, así como o dos Bens de Interese Cultural e dos Bens Mobles da Igrexa é practicamente descoñecido; o Catálogo non existe e non hai rexistro de comerciantes, nin decreto que o desenvolva. A nosa dependencia da lexislación urbanística fixo que, na actualidade, os cento dez Concellos de Galicia que non teñen aprobado o Plan Xeral non dispoñan dun catálogo propio e necesiten servirse do Catálogo das Normas Complementarias realizado pola Consellería de Ordenación do Territorio hai xa vinte anos.
Esta desprotección por parte da Lei abrangue todos os campos; cómpre incorporar novas categorías nos Bens de Interese Cultural como son as Paisaxes Culturais ou o Patrimonio Industrial; debemos ter en conta os avances de Lei 14/2007, de 26 de novembro, de Patrimonio Histórico Andaluz, que incorpora dúas novas achegas á clasificación dos Bens Inmobles como son:
‐ As Zonas Patrimoniais, que o artigo 26.8 define como “aqueles territorios ou espazos que constitúen un conxunto patrimonial, diverso e complementario, integrado por bens diacrónicos representativos da evolución humana, que posúen un valor de uso e gozo da colectividade e, no seu caso, valores paisaxísticos e ambientais”.
‐ Lugares de Interese Industrial, que segundo o artigo 26.7 son “aqueles lugares, espazos, construcións ou instalacións vinculados a modos de extracción, produción, comercialización, transporte ou equipamento que sexan merecentes de seren preservados polo seu relevante valor industrial, técnico ou científico”.
Mención á parte merece o Patrimonio Inmaterial, o gran esquecido pola lexislación actual, que, así e todo, comeza a ter un tratamento legal axeitado nos ámbitos internacional e español, que si se decataron das dificultades para a súa conservación nun mundo globalizado. Debemos tomar conciencia da necesidade de realizar un Inventario como mellor medida de protección. Así acontece tamén co Patrimonio Etnográfico, que, malia os esforzos das institucións e asociacións, continúa sumido practicamente nun estado de total desprotección.
A conservación do Patrimonio foi totalmente esquecida pola actual Lei e pola Administración, que non desenvolveu un regulamento que dese unhas pautas para intervir un Ben Moble; padecemos
164
unha ausencia de criterios de intervención para a súa restauración, agravada pola falta de profesionais que, desde a Administración, interveñan, asesoren e realicen un apoio técnico e científico. Neste eido e malia contarmos cun Instituto do Restauro, Galicia non se pode comparar con outras Comunidades Autónomas que contan con Centros de Conservación de Bens Culturais como son os casos de Castela‐A Mancha, Castela e León, Cataluña, Valencia, Murcia, Estremadura ou Andalucía.
A sociedade é cada vez máis consciente da necesidade de protexer o seu legado patrimonial, grazas a moitos esforzos de agrupacións, asociacións, institucións e persoas individuais foron acadados pequenos avances, que, porén, en moitos casos, non conseguiron o seu obxectivo, que era a protección do ben. A principal causante dos atrancos é a Administración, pola súa lentitude en desenvolver e facer uso dos instrumentos legais que lle ofrece a actual Lei. As institucións culturais deberían realizar un maior esforzo por garantir a continuidade deste legado do que somos herdeiros.
Exemplos como os que vimos fannos pensar se estamos a facer todo o posible para protexer o Patrimonio ou se realmente é algo que só lles importa a uns poucos.
Bibliografía ARIAS VILA, FELIPE, FARIÑA BUSTO, FRANCISCO: “La legislación sobre el Patrimonio Histórico de Galicia como Comunidad Autónoma y su evolución”. Complutum Extra, 6(II), 1996. CASTRO ALLEGUE, FRANCISCO M.: O Ordenamento Xurídico dos bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia. Xunta de Galicia, 2004. FARIÑA TOJO, JOSÉ: La protección del Patrimonio Urbano. Instrumentos Normativos. Ediciones Akal, 2000.
NOVO CASTRO, MARÍA ISABEL: “A protección xurídica do Camiño de Santiago”. Unha visión xurídica do Camiño de Santiago. Asociación profesional de Letrados da Xunta de Galicia,2010.
VERDUGO SANTOS, JAVIER: “El territorio como fundamento de una nueva retórica de los bienes culturales”. PH Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, nº53, abril 2005, p 94‐105
VIGO TRASANCOS, ALFREDO: “ O Patrimonio Urbano e Arquitectónico. Memoria e sinal de identidade dun Pobo”. O Patrimonio Cultural. Valía de Protección. Xunta de Galicia, 2006.
165
A INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO CULTURAL CONSTRUÍDO: O PLAN DIRECTOR E A CONSERVACIÓN CRÍTICA
Iago Seara
1. Consideracións previas
Debemos recoñocernos debedores dos excelentes textos que, no campo da restauración artística, documentaron a historia dos criterios e teorías da restauración dende que esta práctica foi obxecto de sistematización e reflexión. Entre eles debemos citar o libro de María José Martínez Justicia, Historia e Teoría da Conservación e Restauración Artística. Igualmente importante foi, para a redacción deste documento, o texto Conservación de Bens Culturais, teoría, historia, principios e normas, de Ignacio González‐Varas. Tamén debemos agradecer a Ana María Macarrón Miguel pola súa Historia da Conservación e a Restauración, entroutros.
Outro texto que resultou de interese para entender a territorialidade e artisticidade dos feitos urbanos e como se incorpora á obra de arte colectiva que é a cidade o elemento artístico singular que é o ben cultural foi o imperecedeiro Arquitectura da Cidade, de Aldo Rossi.
2. Introducción
Dende este traballo, e dacordo con outras experiencias contidas na súa actividade recente, tales como o Plan Director do Conxunto Catedralicio de Tui, o Plan Director do Mosteiro Cisterciense de Ferreira de Pantón, o Plan Director da Capela Maior da Catedral de Santiago de Compostela e o Plan Director do Palacio arcebispal de Xelmírez, entendíamos que o instrumento axeitado para o estudio e a comprensión dos valores contidos no monumento debía ser o Plan Director. Por tanto, este traballo, por desexo expreso das partes, o Consello de Cultura e o estudio Iago Seara, tería como obxectivo a creación dun documento para coñecemento e formulación exhaustiva dun BIC, e prever as futuras actuacións que se leven a cabo nél, tanto no referido á conservación das propias fábricas, a arquitectura e o contorno do monumento, como ao estudio e organización dos diversos usos compatibles coa naturaleza do Ben de Interese Cultural. De igual maneira, o Plan Director debe ser concebido como un compendio, unha recapitulación dos estudios sobre o BIC , no contexto do territorio que o sostén, que abarca análise e investigacións en diversos ámbitos, cunha doble funcionalidade; por unha parte constituirse en vehículo para estructurar futuras consultas e investigacións, e por outro lado, facilitar o camiño para un coñecemento extenso do elemento patrimonial, no ámbito das investigacións e a
166
diagnose previas, necesarias para iniciar futuras propostas de conservación e uso axeitadas aos principios que emanen do propio Plan Director.
A través do Plan Director, e ao longo dos documentos e estudios incorporados nos seus contidos, se poden comprender e analizar os valores histórico‐artísticos contidos no monumento, atendendo á súa condición de documento material cun uso nun contexto histórico que abarca máis anos que os da sociedade que o percibe , e, ao mesmo tempo é testemuña dunha arquitectura, dun estilo, dunha tipoloxía e dunha sociedade ou sociedades que se expresaron construíndo unha unidade no seu todo.
O estado de conservación do BIC, libre de modificacións ou intrusións relevantes que poideran constituir unha merma significativa na capacidade de comprender o monumento, permite, ao visitante informado, un acceso aos seus valores documentais históricos dunha forma máis ou menos directa. Durante o devir histórico do BIC, a funcionalidade , e dentro de ésta ás funcións derivadas, foi a súa utilización primaria, a orixe da arquitectura que materializa a súa razón‐idea e forma. E ademáis, este uso primixenio foi sostido e homoxéneo no tempo, configurando un espacio arquitectónico sen ou con variacións significativas respecto ás planimetrías históricas e ás ideas fundacionais. Únicamente ao final desta travesía histórica, o BIC é herdado como Patrimonio que é, legado, cun uso que pode non ser o fundacional, sen que esta nova funcionalidade supoña un impacto da suficiente entidade como para supoñer unha merma de valores artísticos e históricos. Máis ben supón unha nova aproximación ao monumento, unha percepción, introducindo novos e importantes valores na memoria contemporánea.
Sen embargo, tanto este autor como a sociedade que soporta o BIC somos conscientes dos escasos medios dispoñibles cos que afrontar as obrigas constitucionais e estatutarias de protección e conservación do patrimonio cultural, aínda máis no actual contexto de austeridade económica e sobresaturación de obrigas por parte das entidades locais e autonómicas. É esta dificultade de matemento e conservación a principal razón do deterioro do monumento, e o elemento fundamental que se interpón na comprensión dos seus valores por parte do visitante tipo que se achega ao B.I.C.
Dende estes razonamentos iniciais, tanto por parte do equipo redactor como dos organismos responsables da protección e tutela do patrimonio arquitectónico, debe orientarse a decisión de convertir a conservación do BIC nunha actividade económica primeiro contida e logo sostible, como garantía dunha protección, conservación e difusión sistematizada do monumento que materializará, efectivamente, a razón do ser do patrimonio cultural ordenada nos preceptos constitucionais e estaturarios de acceso á cultura. En consecuencia, o Plan Director debería desenvolver a exploración das alternativas que fixeran posible unha utilización do monumento compatible cos valores contidos obxecto de protección e conservación, de xeito que este uso compatible habilitado sexa un elemento xerador
167
de recursos que revirtan na súa sostibilidade, protección, difusión e experiencia viva do mesmo.
Introducir un uso compatible nos obriga a un coñecemento exhaustivo do monumento, da súa razón de ser, da razón‐idea que subxace na forma materializada na súa arquitectura, e da súa pertenencia a unha obra de arte maior, o territorio urbano ou rural que o sostén. E neste sentido, o Plan Director debe realizar un exhaustivo traballo de coñecemento do monumento, a través das ferramentas que nos proporciona a investigación histórica e o coñecemento mediante a percepción, a análise e o debuxo da unidade arquitectónica do seu sistema constructivo‐estrcutural actual, ou sexa, do seu legado material e inmaterial.
A investigación histórica permite acceder aos documentos iniciais directos e indirectos e ás planimetrías históricas que desvelan as razóns primixenias que estructuran a arquitectura do monumento, a súa razón de ser, e a súa evolución histórica, atendendo aos criterios de funcionalidade e á continua evolución da técnica e da tecnoloxía, xerando no monumento un requerimento de flexibilidade para amoldarse a unha carreira tecnolóxica que pon a proba os límites da arquitectura. Os vaciados documentais nos ilustran e nos sumerxen nas súas orixes históricas e/ou estilísticas, nas obras primixenias, confrontadas logo coas obras dos tempos históricos que lle precederon. Se trata dunha realidadee histórica, tecnolóxica e científica que se materializa nos modos de construir presentes nas fábricas do monumento, e que deben ser obxecto de análise e estudio polo Plan Director a través dunha análise histórica e dun diagnóstico histórico previo a un xuicio crítico e de valor que permitirá entender o monumento dende os seus valores documentais directos e implícitos.
Pola súa parte, dende o equipo redactor se deberá desenvolver un importante proceso de toma de datos da realidade arquitectónica existente, constatable, partindo de planimetrías máis ou menos axustadas nas que se deben aplicar procesos de comprobación e tecnoloxías punteiras, tales como o escaneado por nube de puntos, que permitiron unha recreación fiel das fábricas do monumento, das lesións constatables e das afecciones presentes. A través da elaboración dunha documentación gráfica actual do monumento, o Plan Director poderá desenvolver o análise das lesións que afectan ao monumento, tanto no plano constructivo como en aqueles aspectos materiais e inmateriais que desvirtúan a naturaleza do ben patrimonial e que impiden a experiencia e a emoción do monumento.
É entón cando, exercendo o xuicio crítico e de valor, se desenvolven as propostas encamiñadas á conservación crítica do monumento, aquela en que tanto a instancia estética como a instancia histórica non teñen ningunha preeminencia de partida, sendo o xuicio crítico e de valor a ferramenta que determina cal das instancias, estética ou histórica, debe sinalarse como prioritaria en cada orde particular que afecta ao monumento, aínda que, de haber unha preeminencia, este autor manifesta a súa preferencia pola histórica e os conceptos que da “autenticidade” deriven. As propostas contidas no Plan Director, atendendo á necesaria conservación
168
crítica do monumento, exténdense ao longo dos elementos materiais do edificio, dos seus usos compatibles, contidos e sostibles, e dos valores vencellados no contorno do monumento. Sen embargo, é necesario salientar a búsqueda que se fai nestas propostas de acadar un acordo, unha síntese, entre a conservación e difusión dos valores patrimoniais implícitos (documentais, históricos e artísticos, é dicir, culturais), e a introducción dun uso compatible que sirva como un factor positivo de conservación, capaz de convertirse nun vehículo de difusión do monumento, ao tempo que fai posible a xeración de recursos que permitan unha conservación sostible no tempo, axeitada aos requerimentos e limitacións económicas presentes na administración pública actual, tal como orixinariamente dispuñeran as nosas intitucións vencelladas á protección do Patrimonio Cultural: a local, a autonómica, e a central cos seus acordos internacionais
3. Un balance necesarios nos criterios da conservación do Patrimonio Cultural
A conservación do Patrimonio Cultural é un proceso complexo no que a dúbida razonable opera como elemento prioritario, e no que o erro e a contradicción entre a base teórico‐proxectual e a materialización en forma de obra executada nunca é un fenómeno extrano. Ao longo deste proceso deben igualmente ser tidas en conta as incertezas que o propio monumento esperta no historiador e no restaurador‐conservador, que obrigan a tomar partido, abordando a cuestión dacordo a unha metodoloxía fundamentada e contrastada, aínda que non verdade indiscutible nin dogmatizable.
A teoría da restauración ven marcada polos límites establecidos entre a perspectiva de Ruskin de “non tomar medidas no monumento‐documento para non diminuir a súa fascinación e a súa orixinalidade” e a idea de Viollet Le‐Duc de “intervir para prolongar a existencia do monumento”, é dicir, entre a consideración dos valores documentais da arquitectura, o seu caracter histórico que impulsa a conservación do ben cultural, e a percepción da arquitectura como obra de arte depositaria de valores artístico‐formais. Dende entón, a pesar do longo camiño percorrido e das aportacións teóricas, o debate, lonxe de determinarse e sistematizarse, aflorou persistentemente en cada ocasión na que se produce o encontro entre o patrimonio e un novo tempo cultural ou a resignificación da percepción individual e colectiva do Patrimonio Cultural. Ante o feito social da comprensión dos valores tanxibles e intanxibles do Patrimonio, o debate está solidariamente presente na propia concepción do termo Patrimonio (legado) e, polo tanto, na súa conservación; é dicir, como a sociedade, ou un individuo, o percibe e como é a súa experiencia identitaria a través do mesmo e, sobre todo, a través da súa experiencia de conservación‐restauración, porque conservalo e restauralo é conservar e restaurar a súa identidade.
169
Progresivamente se foi configurando unha conciencia, unha comprensión do ben cultural como unha obra da humanidade, por enriba de calquera instancia, historia ou estética, documento ou obra de arte, que contén e expresa “a unidade intrínseca” de ambas, sempre presentes solidariamente en toda a disciplina arquitectónica. A comprensión da existencia duns valores tanxibles e intanxibles, que son solidarios entre sí, constitue o punto de partida que permite que se reavive a razón do ser do patrimonio, especialmente do patrimonio arquitectónico, que devén en fito de identidade. E esa razón do ser do patrimonio é imprescindible para recordarnos permanentemente a razón de ser do monumento arquitectónico. A distancia que separa ambos conceptos é corta e sutil, se ben aínda no se agotou a nosa capacidade para comprender a totalidade da dimensión do feito cultural da relación entre o material e o espiritual, do tanxible e do intanxible.
Resulta fácilmente constatable a falta de decoro do estado actual de moitos elementos do patrimonio cultural, tal como pode ser o obxecto do Plan Director en cuestión. Esta falta de atención e de conservación pode chegar a ser impedimento para a captación da razón de ser do monumento, en tanto se impida comunicación dos seus valores tanxibles e, especialmente, dos seus valores intanxibles. A solución debe acadarse mediante a CONSERVACIÓN CRÍTICA do patrimonio, atendendo á introducción de usos compatibles co monumento como factor positivo de conservación, de introspección e de coñecemento, nunca máis exactos que os que se deriven dos usos fundacionais, e, no seu caso, dos compatibles que se implemeten se non fora posible a restauración dos fundacionais, os históricos.
Na conservación (ou sexa consolidación, matemento o restauración), como acto derivado do xuicio crítico e de valor, a conservación crítica, converxen dúas tensións: a tensión derivada do respecto ao monumento como obra cultural, á súa singularidade e á súa irrepetibilidade e, en definitiva, á súa autenticidade; e por outra parte a tensión que se deriva da asunción do compromiso individual e colectivo de potenciar dita forma arquitectónica e, se acaso, “acrecentar o propio valor do monumento”. En definitiva se asigna a preeminencia absoluta á instancia cultural da obra de arte, e as outras consideracións se convirten en entidades servidoras. O xuicio crítico se converte por elo en clave instrumental e imprescindible para a consideración de si un monumento a conservar é ou non é obra da cultura máis alá das consideracións funcionais ou sociais.
Dende o punto de vista inicial da restauración estilística, vetada na lexislación vixente (aínda que non tan superada na práctica como cabería esperar) e a posición ruskiniana de “non restaurar”, o debate metodolóxico ten percorrido un longo camiño do que se extraeron conclusións xeralmente consensuadas, das que debemos extraer, á súa vez, criterios que orientan a conservación, restauración e/ou rehabilitación do patrimonio no que nos toca intervir.
Dende a experiencia acumulada ao longo da historia da restauración, como apunta Gaetano Miarelli Mariani, se poden extraer algunhas ideas fundamentais que
170
se poden considerar irrenunciables para unha correcta praxe restauradora. En primeiro lugar, deben ser rexeitadas as reglas xerais, pois non recoñecen a individualidade de cada obra de arte sometida a restauración ou a conservación, sen máis, o seu soporte, materialidade, valores espaciais e documentais, que convirten cada proxecto nun acto único e irrepetible. Luca Beltrami xa recolle estas ideas na formulación do RESTAURO STÓRICO, aínda que non se codifican e aceptan plenamente ata a teoría do RESTAURO CRÍTICO. Por tanto, a elección dun criterio respecto a unha actuación nun monumento será unha consecuencia lóxica dunha valoración crítica, unha vez analizado o conxunto monumental coa necesaria sensibilidade histórico‐crítica. Recoñecida a consideración de obra de arte, entra a conformar a restauración o criterio formulado por Bonelli e citado por Mª José M. Justicia de “recuperar, restituindo e liberando, a obra de arte, é dicir, todo o conxunto de elementos figurativos que constitúan a imaxe e a través dos cales ésta realiza e expresa a súa propia individualidade e espiritualidade, e toda a intervención restauradora deberá ter como obxectivo primordial a liberación da verdadeira forma”. Non se trata dunha reinvención da restauración estilística, nin de reintegrar científica e filolóxicamente o monumento, senon que se trata da reintegración daquelas partes nas que a unidade figurativa é perceptible na unidade total do monumento e sempre que se faga soamente en partes non esenciais e en proporcións que non caian no falso histórico e en falta de referencias de autenticidade.
Do mesmo xeito, pode considerarse un criterio xeralmente aceptado o principio de mínima intervención, aínda que quizáis cunha plasmación práctica máis limitada. Unha correspondencia estricta con este criterio fai necesario delimitar a actuación nun monumento segundo zonas e lesións, tendo en conta a súa realidade física. ¿Debemos intervir en certas zonas traspasando o límite da consolidación pura? ¿Incidirá esta intervención na función testemuñal do monumento, erosionando a súa documentalidade histórica? ¿Perderase a capacidade do monumento de transmitir o seu valor de unidade de imaxe?
Será a valoración crítica do conxunto das circunstancias que estean presentes a que determine a necesidade e os fins da intervención. A conservación dos valores documentais dunha ruina pode ser compatible con intervencións que non se suxeiten ao criterio de intervención mínima, traspasando o límite da consolidación en sentido estricto. O valor evocativo que para Ruskin ten a ruina debe ser posto, hoxe en día, en xusta medida frente a outras cualidades tanxibles e intanxibles, materiais, espaciais e espirituais. Cando o estado de conservación do patrimonio se constitúe no principal impedimento para a comprensión en profundidade dos valores tanxibles e intanxibles do monumento, entón é cando a intervención no patrimonio debe superar os límites de mínima intervención, adoptando solucións coherentes coa CONSERVACIÓN INTEGRADA DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO, sen esquecer que no debate teórico, a opción da restitución da imaxe de Viollet Le‐Duc, “restituir o edificio a un estado completo que quizáis non teña existido nunca” xa foi definitivamente aparcado.
171
A conservación crítica nos sitúa fronte ao BIC e ao conxunto dos seus valores histórico‐artísticos, documentais e estéticos, que conforman a imaxe herdada por nos e polo Plan Director para ser estimado como obxecto de xuicio crítico a través da conformación da súa propia idea de Ben Cultural. E é partindo do xuicio crítico emanado da propia historia do BIC, do seu proceso interno, en conxunto cos resultados do debate propio da disciplina, cando nos atopamos en disposición de comprender á obra como unha unidade na totalidade da súa historia concreta, é dicir, dende a súa biografía particular en contraste coa sensibilidade perceptiva social e individual.
Entendemos que a razón de ser do BIC, tal como a percibimos na actualidade, debe ser a comprendida e formulada polo xuicio crítico e de valor emanado do conxunto documental que é o Plan Director como expresión da conservación crítica. Esa razón de ser se vai conformando a través do eslabonamento de unidades específicas que se engarzan no todo irrepetible que é a unidade da obra arquitectónica, obra de Cultura. É a irrepetibilidade do monumento, ensamblado en algo superior que é a razón do ser dos Bens Culturais. É a irrepetibilidade que necesita da tensión da autenticidade para orientar o xuicio crítico e de valor previo á hipótese restauradora e á intervención conseguinte. É a hipótese que debe estar formando parte desa liña de tensión propia, conservación crítica, que ao longo da historia do BIC se foi expresando como parte desa irrepetibilidade, da súa autenticidade.
A diagnose e propostas que emanan do Plan Director xurden e queren ser prolongación desa liña de unidades de irrepetibilidade na unidade da obra de arte, procurando que poidan formar parte e ensamblarse nesa liña de tensión propia da conservación crítica. Esa liña de beleza crítica na conservación parte da irrepetibilidade da permanente construcción do monumento e o seu territorio, situación que no caso dun BIC con grande peso identitario resulta aínda máis extraordinaria, dadas as importantes imbricaciones entre él e o territorio. O insertarse na liña de beleza do monumento resulta, entón, obrigado, como garantía do matemento da súa irrepetibilidade, e, en definitiva, da súa razón de ser de monumento e razón do ser dos bens culturais.
Unha irrepetibilidade ou razón de ser que cada monumento ten, unha corporeidade (materia‐estructura e materia‐imaxe) que se vai vendo pouco a pouco e que se esculpe na súa madurez, tamén ten un carácter ou xenio propio que, tamén cos anos, se vai afirmando máis e máis e ante o cal, como ante a corporeidade, no hai nada que facer. Comprender a un Monumento como elemento estructurador dun territorio e o seu sistema é aceptar a súa corporeidade e o seu xenio, a súa pura singularidade incomparable. As comparacións son odiosas e erróneas porque trastornan a verdadeira percepción da realidade facéndonos crer que todo pode medirse polo mesmo raseiro. O que fai comprender o Patrimonio é tomar os Bens Culturais como son, sen exixencias, con paciencia infinita, sen empeñarse en alteralos en función de ideas extranas a eles mesmos e sen pretender levalos a imaxes abstractas e idealizadas nin convertilos en monumentos impersonais. Non se pode
172
pensar nos outros. Se exixíramos que cada monumento tivese que axustarse a unha idea de perfección determinada destruiríamos a súa singularidade, a súa liña de beleza, o seu encanto, o que ten de singular, a súa irrepetibilidade a súa razón de ser, polo que hai que rexeitar espontáneamente todo intento de igualalo cos demáis monumentos. O Monumento é un absoluto para a nosa conciencia colectiva e individual tal como é, coas súas unidades irrepetibles nun todo irrepetible, e é unha totalidade completa e perfecta que fai que só sexa posible sentilo como monumento ou non, como obra de cultura ou non; non cabe pensar en cómo seria se fora dunha ou doutra maneira, o mesmo pasa se se aprecian defectos, lesións o imperfeccións (que os pode ter). Se non os tivera, ou se lle suprimiran, no sería él mesmo.
Por elo sería unha agresión inxustificable que se sometese a súa corporeidade a imaxes abstractas e idealizadas, e que, con elo, se transformase o edificio nun monumento idealizado e abstracto, pero sen singularidade, sen xenio, inclusive sen a súa liña de beleza na conservación propia.
Un monumento é tal como é e, en casos excepcionais, incluso como foi e como tentou seguir sendo. A doble curva que tensiona e da xenio á liña da beleza deste (e a tódolos monumentos) deberá absorberse e continuarse en calquera actuación que levemos a cabo nél. Todo esto se debe ter en conta na formulación e conservación integral e crítica proposta por un plan director.
Neste contexto, non podemos obviar os importantes beneficios que un novo programa de uso compatible co monumento, ou un reaxuste do mesmo, pode aportar ao edificio, á cidade ou ao territorio se se acompaña da indispensable sensibilidade respecto aos valores documentados emanados da razón de ser do BIC e en sintonía coa súa liña de beleza. Así o expon a Carta de Cracovia do 2.001 ao definir a introducción dun uso compatible como un factor positivo de conservación do patrimonio sempre que se faga coas cautelas anteriormente mencionadas.
A restauración do patrimonio cultural ten unha importante compoñente de reflexión, na que o soporte físico tanxible (materiais e construcción) e os compoñentes inmateriais, definidos como espirituais pola xeración NOS (racionalidade espacial e beleza) teñen que fusionarse cos valores históricos e documentais do ben cultural, entendendo o monumento como testemuña de tódolos seus tempos e dos seus valores documentais (materiais e espirituais).
Partimos de que toda parte acada o seu sentido en canto é parte do todo. Polo tanto, en cada parte se entende o todo, e dende o todo se entende o sentido de cada parte. Se esa é a idea esencial da obra de arte, dunha obra da cultura, a conservación debe dirixirse ao restablecemento da súa unidade potencial, pero a unidade no todo, sen cometer unha falsificación da obra de arte ou unha falsificación histórica, e non eliminando pegada o sedimento ningún, dun mínimo interese, do percorrido da obra da cultura na súa razón co tempo. Todo elo haberá de facerse, ademáis, e despois dun tenso xuicio crítico e de valor, nun proceso de introspección
173
no monumento por medio do “proxecto crítico”, que é coñecemento previo ao coñecemento definitivo adquirido na “dirección crítica da obra”. En definitiva, ten que conquerirse unha sincera individualización do método, continuidade da súa propia liña de beleza da restauración‐conservación, encamiñado á “conservación crítica” do Monumento.
Se ben o debate entre conservar e restaurar segue vixente, manifestándose na dialéctica entre o público e o privado, entre o historiador e o artista, entre a imaxe e o concreto, entre a arquitectura e o territorio histórico, entre o profesional da conservación e o historiador, entre o arquitecto e o arqueólogo, se trata, ó final, de posturas aparentemente, só aparentemente, contradictorias, pero son complementarias xa dende as teorías da restauración de Camilo Boito e Gustavo Giovannonni, que concilian a conservación ruskiniana coa intervención documentada baseada no método científico, alertando ante a posible alteración do monumento como consecuencia de deduccións erróneas derivadas de falsas interpretacións que poden conducir a modificar a carga testemuñal contida na obra de arte e a memoria.
Segundo María José Martínez Justicia, referíndose á restauración científica, os distintos momentos históricos que deixaron pegada no monumento teñen que ser valorados en igualdade de condicións, pois todos eles constitúen a testemuña que configur a a razón de ser do monumento e do ser do patrimonio. Así, falando da restauración científica “tódolos elementos que teñan carácter de arte ou de recordo histórico, sexan de calquera momento, deben ser conservados, sen que o desexo de unidade estilística e o retorno á forma primitiva interveñan para excluir algúns en detrimento doutros”. Será o proceso e só o proceso de conservación crítica o que deba discernir as razóns históricas e/ou as razóns artísticas que orienten a conservación da función cultural do monumento o BIC e o seu lugar na percepción colectiva e individual a través dos seus recursos, dos sus sentimentos, o espíritu e a memoria da cultura material do territorio histórico que soporta ao BIC.
Esta cuestión xa fora introducida no debate por Alfredo Venturi, ao afirmar que toda obra de arte representa un acto creador, síntese de forma e contido (razón‐idea e forma, sobre todo na arquitectura), e é froito dunha determinada personalidade artística, hoxe diriamos que cultural. Aínda que, como dí Giovannonni, “o monumento é un documento positivo que contén unha riqueza variada”, así que non pode ser considerado exclusivamente dende o punto de vista artístico. As aportacións derivadas do pensamento de Giovannonni son de grande interese, xa que intenta un sutil equilibrio entre as exixencias da verdade histórica e os problemas de naturaleza estética que plantexa o monumento. Entón se fai imprescindible o estudio do edificio, inmoble nun territorio cultural, o coñecemento da súa realidade por medio das técnicas de levantamento planimétrico e de análise gráfico e cronolóxico, co obxectivo de fixar unha hipótese da razón de ser do monumento que determinará o desenvolvemento do proxecto de conservación‐restauración. En definitiva, resulta indispensable a realización dunha historia analítica e gráfica previa e urxente do monumento (o debuxo como vía de coñecemento), unha sistematización dos
174
documentos directos e indirectos, e o coñecemento da propia historia da conservación‐restauración, en debate permanente que a veces está sustanciado dalgunha maneira no propio BIC en aspectos como a súa historia patolóxica, marcada, case “cartografiada”, na súa realidade física.
A metodoloxía e sistematización do coñecemento dos tipos de práctica da conservación, da consolidación, da recomposición, da liberación, do complemento, da innovación, se interpretóu en documentos tan importantes na razón do ser do patrimonio cultural como a CARTA DE ATENAS de 1.931 ou a CARTA DO RESTAURO de 1.932. Despois da 2ª Guerra Mundial e ante as enormes implicacións para a restauración e a conservación do patrimonio, a razón do ser do patrimonio cultural viuse matizada por novas posturas, e Giovannonni pon o seu énfase na liña de que “é mellor unha restauración non perfecta, unha ficha perdida, antes que privar á cidade do seu aspecto”, da súa memoria‐emoción no tanscurso ou relato da historia ou dos puntos de referencia para os indivuduos, da experiencia identitaria de colectividade.
O RESTAURO CRÍTICO, teorizado, entroutros, por Roberto Pane e Cesare Brandi, tende, pola súa parte, a relegar en certa medida os valores históricos do edificio e a subordinalos aos valores artísticos e aos valores arquitectónicos (entendido como un espacio construido con intencionalidade estética). Para Cesare Brandi, “a restauración constitúe o momento metodolóxico, diriamos que máxico, do recoñecemento da obra de arte na súa consistencia física e na súa doble polaridadee estética e histórica en orde á súa transmisión ao futuro”. Responder ao problema da razón do ser do patrimonio cultural, conservar ou restaurar, constitúe o centro da discusión brandiana. Para Brandi, restaurar é calquera intervención dirixida a devolvela funcionalidade a un producto da actividade humana. Se trata de restablecer a utilidade práctica (entendendo a arquitectura como ben social), pero tamén e en maior medida, restablecer a función figurativa, a artisticidade, recoñecidas na conciencia individual mediante a reflexión crítica. Entón, para intervir no patrimonio cultural é imprescindible contemplar ao mesmo tempo o tanxible e o intanxible, o histórico e o artístico, as instancias indisolubles que conforman a unidade e a razón de ser do monumento. Ao ben cultural (B.I.C) cabe atribuirlle unha unidade absoluta, unha referencia ao todo, onde cada parte del ten valor individual, só cando se entende como parte dunha soa obra. Desvencellados do seu contexto, o tanxible e o intanxible, o material e o inmaterial, deixan de transmitir a unidade en que o artista ou o tempo os ensamblóu. En definitiva, e aplicando as teorías de Palladio, o todo compositivo dun monumento é a arquitectura que o tempo, grande arquitecto, incorporóu e ensamblóu ata convertirse na transmisión da razón de ser do monumento, e, como parte deste, no placer cultural da razón do ser do patrimonio cultural.
A obra de arte, a obra da cultura é unha unidade total que se pode considerar por partes, pero é indivisible. Ao desenvolver a unidade potencial de cada fragmento dese todo é lóxico que a teoría Brandiana da restauración contemple as cautelas de non ir máis alá das suxerencias implícitas en cada fragmento ou investigadas no contexto do xuicio crítico e de valor previo á obra. Outra das cautelas
175
é a obriga que se impón o autor e por elo o seu propio método de articular a instancia histórica, preeminente en principio, e a instancia estética. É neste contexto cando é posible definir a intervención, o seu alcance e o seu cómo para asegurarse de non cometer ningunha das múltiples falsificacións posibles, e sobre todo non procurar o falso histórico.
Esta tensión dialéctica presente no propio restauro crítico, asumida e desenvolvida pola reflexión continuada por Brandi, procura, paulatinamente, no xa permanente debate de conservar ou restaurar, unha posición disciplinar síntese de ambas. Esta posición tamén está latente nos tres principios básicos da restauración (reintegración recoñecible, a materia da materia‐imaxe da obra de arte é insustituible, e cando é na materia estructura, toda actuación que é posible debe ser reversible, é dicir permitir todo tipo de intervencións futuras).
Este momento Brandiano, o do tempo en que se desenvolve o Plan Director, o tempo da conciencia observadora ou presente histórico, non reversible, non intercambiable, que non elimina a historia, considera á conservación crítica consistencia física na súa doble polaridade estética e histórica, en orde á súa transmisión ao futuro” e que “debe ter en conta as dúas instancias e decidir en cada caso particular” (Mª José Martínez Justicia, op. cit. px329 e 338), é dicir, máis alá do restauro crítico Brandiano, na preeminencia crítica, en principio, do valor histórico.
No proceso plantexado nun Plan Director, a instancia estética non é preeminencia absoluta, pero tampouco o é, de todo, a instancia histórica. A preeminencia exércea o xuicio crítico e de valor previo ao proxecto, e despois, xuicio crítico previo e proxecto, conxuntamente coa propia dirección de obra, determinarán o lugar relativo de cada unha das instancias na intervención, momento máis óptimo para exercer con intelixencia e sensibilidade, xa que actuamos en elementos de cultura material con cultura espiritual soportada e con engadidos históricos máis ou menos materiais que tamén conlevan valores espirituais.
Á luz do axuste da sensibilidade colectiva e individual desenvolvida ao final do século XX e principios do XXI, a preeminencia non é absoluta en ningunha instancia, estética ou histórica, senon que a preeminencia dunha ou doutra é a que determina o propio método na fricción coa continuidade desa liña de beleza propia e previa de restauración‐conservación do Monumento, Conxunto Histórico ou Territorio Histórico, que aflora co xuicio crítico e de valor previo durante o proceso da conservación crítica. Se consolida, por tanto, a posición clara e irreversible de asumir o xenio da conservación crítica do monumento como parte da dialéctica formada polas tensións derivadas da instancia estética e da instancia histórica da obra de cultura na súa unidade no todo.
Esta é unha actitude moi presente na obra Brandiana, porque vai máis alá, e é debedora desa constante trasversaidade do seu pensamento e da súa teorización, ao trasladar dunhas a outras as reflexións tidas nas diferentes actuacións e obxectos
176
ao restaurar‐conservar, tales como as prácticas coas pátinas ou ou engadidos históricos, que, como testemuñas dos tempos diferentes dos BICs, deben considerarse como parte desa unidade no todo, ao conter un mínimo de interese artístico, ademáis do propio interese histórico formalizado nos seus valores ou bens materiais e espirituais.
Ante a afirmación Brandiana reseñada por Mª José Martínez Justicia (op. cit. px340), que “afirma que non é posible facer afirmacións de carácter xeral; haberá que resolver cada caso concreto e a clave para a solución do problema a proporciona a propia materia da que se compón a obra de arte, que é a que fai posible a transmisión da imaxe e debe quedar subordinada a dita imaxe, de forma que non se impoña nunca sobre ela”. Esta reflexión, derivada da súa práctica concreta coas pátinas, ilustra moi claramente as prácticas restauradoras‐conservadoras (e agora a conservación crítica) con outras expresións dos tempos e espacios do monumento, das distintas instancias históricas do monumento: os engadidos históricos, tanto artísticos como arquitectónicos ou meramente constructivos, na materia‐imaxe ou na materia‐estructura do monumento, son diferentes “pátinas” que axudan a subordinar as aparentes partes á imaxe final da unidade no todo. Son parte desa unidade no todo.
A tensión na conservación na arquitectura, como arte social‐funcional, é o restablecemento da funcionalidade práctica enaxenada, como consustancial á súa razón de ser, e o “restablecemento da súa función figurativa, da súa artisticidade, unha vez recoñecida esta condición na conciencia individual de cada un, mediante o xuicio crítico”, tal como nos lembra a autora citada, e o matemento da dimensión histórica do monumento o que teña un mínimo interese artístico nun todo cultural.
O obxectivo dun Plan Director é CONSERVAR CRÍTICAMENTE a unidade no todo da obra de arte, a obra de arte e da cultura como unidade en tódalas súas partes. As partes configuran unha unidade compositiva que é o todo, que é a obra de arte. SEN QUEBRA NINGUNHA, a obra de arte a fai o artista, ou os artistas, e é, en calquera caso, unha unidade de elementos variados, incluso diferentes, que, compostos, conforman un todo.
O Plan Director debe ter moi en conta esta realidade. Está asumido que todo o proceso de recollida de información e dos informes sectoriais será o soporte de calquera actuación, pero tamén ésta haberá de rexirse polo soporte do xuicio crítico de valor, o cal non o é cando non se exerce o privilexio da dúbida razonable nun proceso de transversalidade pluridisciplinar.
Tódalas propostas contidas no Plan Director, tales como a incorporación de usos compatibles e sostibles, a musealización do monumento, a restauración do soporte matérico, pétreo ou doutro tipo, ou a conservación do contorno mediante un Plan Especial que conserve e proxecte os valores propios contidos no monumento, son propostas definidas dende a perspectiva da conservación integral crítica na que, a priori, non se da unha preeminencia establecida entre a instancia histórica e a
177
instancia estética, e se algunha fose, sería a preeminencia histórica. Así é como se quere manifestar hoxe a sensibilidade dende a percepción colectiva e/ou individual da razón de ser do Patrimonio Cultural e da razón de ser dun BIC.
Na actualidade aínda están vixentes as teorías conciliadoras de Césare Brandi con respecto ás instancias estéticas e históricas á hora de intervir nos monumentos arquitectónicos; non obstante o panorama é variado e non unificado. É unha teoría non superada e polo tanto vixente aínda. Sen embargo, por un lado existe unha tendencia claramente definida sobre a afirmación de que non é posible transferir as experiencias da restauración moble á restauración arquitectónica. Os que así opinan non puxeron en circulación unha teoría sistematizada e coherente que poda ser considerada unha alternativa ao restauro‐crítico matizado por Brandi. Non é así o caso dos partidarios da conservación integral que dá preeminencia, de partida e de facto, á instancia histórica, superando así a dialéctica Brandiana, propoñendo o sometemento a ésta da instancia estética. A súa base, como evidencia o propio plantexamento, é un posicionamento neopositivista, non neoidealista, onde a tutela, a protección e a conservación do monumento se exercitan en tanto en canto éste é un testemuña histórico. Dende esta visión, carece de funcionalidade o xuicio crítico e de valor, que é considerado, por elo, subxectivista e perverso para os obxectivos da restauración‐conservación, chegando a dicir Dezzi Bardeschi que na conservación integral, “o único fin da restauración é asegurar a conservación da autenticidade da obra, constituida por tódalas aportacións materiais que nela se foron estratificando…, que caracteriza e distingue de xeito específico aquela e non outra fábrica”. En definitiva, se trata de conquerir unha conservación da totalidade natural‐cultural e antropolóxica estratificada na obra de arte que obvia o todo como imaxe e con elo os aspectos emocionais e a súa capacidade de evocar o coñecemento por medio da imaxe e da súa beleza. Negan a presencia da imaxe, da beleza e da capacidade do coñecemento emocional presente nas obras de arte, ao igual que os aspectos histórico‐materiais. Ao acadar a preeminencia estes últimos, e por tanto convertilos é casi único obxectivo das actuacións, relega ao monumento e á obra de arte –unha grande parte da experiencia cultural‐ a un plano do coñecemento racional, co que elo conleva de prescindir dunha tradición e dun instrumento do coñecemento, o coñecemento emocional. Neste caso todo eso leva indiscutiblemente á anulación da razón de ser do monumento e da razón do ser do Patrimonio, (sobre todo da primeira), é dicir, á anulación da capacidade de evocar a memoria e a identidade das civilizaciones e da humanidade. Pon en quebra, así, á propia disciplina da arquitectura e con elo aos aspectos máis específicos do humano e da súa intelixencia, que non son exclusivamente materiais e funcionais, senon tamén intanxibles, e que por elo precisan da imaxe, da luz, da materia‐imaxe, que definen o vacío e a luz, pero tamén, como non, da materia‐estructura. É dicir, se poñen en quebra os compoñentes da obra de arte para o seu diálogo co humano a través dos sentidos e da capacidade emocional. Para elo declinan do valor artístico, do xuicio crítico e de valor e de toda escala de valores da historia da arquitectura. En definitiva, Renato Bonelli nos dí, a través de Mª José M. Justicia, que a conservación
178
integral co rexeitamento do xuicio crítico “revela falta de sentido histórico, insensibilidade cara a arte, medo ás responsabilidades culturais e operativas e que en realidade esconde quizáis inconscientemente, unha elección política, dirixida a un fin político de degradar a cultura histórica e cancelar a arte... Neste ámbito a supresión da cualidadee artística e a nivelación que tende a unificar todo o campo dos testemuños históricos, foron postos para verter na restauración a concepción burdamente igualitaria, demagóxica e populista dunha sociedade masificada…”, que nos diríamos tamén materialista, esquecendo incluso a consideración que da arte ten a historiografía marxista, cuestión inconcebible, por outra parte, unha vez que se fai unha axeitada introspección nos mundos do positivismo e do materialismo. Como ben dí Georg Lucáks (Prolegómenos a unha estética marxista. E. Grijalbo 1969, px307) “a arte atopa, pois, na realidade mesma unha base obxectiva da perdurabilidade das súas creacións típicas; pero que os tipos conformados cristalicen e perduren é o resultado da actividade propia da arte”... “Esta cuestión non foi considerada máis que dende o punto de vista do contido. Mentras que a vitalidade dunha obra e dos tipos nela conformados é, en última instancia e naturalmente, un problema da perfección artística formal. Se nos conservaron moitas obras que os especialistas analizan e interpretan constantemente porque son importantísimos documentos históricos de tempos pasados; e moitos especialistas se inclinan a confundir ese interese histórico‐material coa perduración da viva eficacia artística. Frente a esa tendencia hai que lembrar sempre o carácter inmediatamente evocador da forma artística. É seguro que o Edipo de Sófocles ofrece ao historiador da antiguidade unha gran masa de informacións, pero non menos seguro é que nove décimas partes dos posteriores lectores ou espectadores dese drama saben moi pouco ou nada deses obxectivos presupostos históricos, e, sen embargo quedan sometidos ao seu efecto na máis fonda conmoción. Pero sería tamén un extremo falso pensar á inversa, que esa eficacia se deba exclusivamente á “maxia” da perfección formal. Esta perfección existe, e o Edipo, precisamente será sempre un modelo formal de certo tipo de composición dramática; pero ela soa non daría de sí máis que unha tensión vacía e, por tanto, efímera, un mero efecto de grand‐guignol. O que o espectador do Edipo vive, sacudido e conmovido, é precisamente un típico destino humano vivindo o cal o home actual, aínda que xa non poda entender senon segundo o seu máis groseiro esquema os concretos presupostos históricos, toma consciencia inmediata e emocional dunha mea causa agitur”. Certo, o “confundir ese interese histórico‐material coa perduración da viva eficacia artística” non parece nin sequera aceptado pola crítica e historiografía marxista máis autorizada, e esta mesma nos dí que “frente a esa tendencia hai que lembrar sempre o carácter inmediatamente evocador da forma artística”. En definitiva o autor citado nos lembra con grande tino que a obra de arte ofrece sen lugar a dúbidas unha grande masa de informacións, digamos que históricas, pero tamén é ben certo que os espectadores sometidos aos efectos dunha fonda conmoción, a da maxia da perfección formal, toman conciencia inmediata e emocional daquela información. É a causa de ambas cualidades o que a obra de arte actúe en toda a súa dimensión, e non a unha so, se necesitan ambas para que ocorra esa toma de conciencia inmediata e emocional. Por elo a necesidade da conservación
179
e/ou da restauración, sen a preeminencia de ningún dos aspectos, sen a maior relevancia do artístico ou do histórico como actuacións na obra de arte, debe verse libre de calquera exixencia previa e quedar en mans dun xuicio crítico e de valor, pero non para que éste o defina soamente, senon para que tamén o harmonice.
Como imos acotando, o xuicio crítico e de valor se fai tamén imprescindible á hora de definir unha actuación máis alá dunha concepción de restauro crítico. Superado o punto de partida da preeminencia da instancia artística ou da instancia histórica, as actuacións se ven máis necesitadas dese xuicio crítico e de valor. O obxectivo é a harmonización das dúas instancias ou cualidades da obra da cultura para optimizar as intervencións en aras da conservación da materia‐estructura e a materia‐imaxe, a instancia artística e a instancia histórica –ambas estructurantes e conformadoras da instancia cultural‐ sempre considerando a ambas como necesarias para a funcionalidade total da obra de cultura e “non unha soa”, como diría Lucáks. A perda de presencia dunha delas ou de ambas obriga, como cuestión intrínseca á existencia do propio monumento, a dirixir tódolos esforzos á conservación entendida no sentido de aglutinación de todo tipo de actuacións necesarias para a vivencia e permanencia do monumento e na que ambas instancias queden unha vez máis harmonizadas. Por elo a conservación entendida así tamén ten que apuntalarse no xuicio crítico e de valor, que é a exixencia ou garantía da permanencia harmonizada que nos describe Brandi e que fundamenta coherentemente Lucáks dende a ciencia do pensamento, no intento de comprender a arte nun proceso histórico amplo pero tamén dende un proceso do particular, que salve as limitacións do idealismo, do positivismos e do materialismo, que se vislumbra como categoría central da estética.
A conservación, así entendida, é conservación‐crítica e é, en definitiva, o sentido e o obxectivo propios do Plan Director, tanto nos seus diferentes documentos como nas propostas expostas e suxeridas, que teñen en conta a singularidade e irrepetibilidade, a liña de beleza retauradora‐conervadora (sistemática ou non) propia do monumento, en aras da súa continuidade e vivencia, e a consideran unha individualidade conformada pola unidade total da converxencia solidaria das actuacións sistemáticas e asistemáticas que conflúen no monumento, a excepción daquelas sobre as que o xuicio crítico e de valor, desenvolvido nas páxinas do plan director, dubida e comunica para telas en conta na elaboración e posterior execución do Plan Director coas súas propostas, proxectos e obras as cales tratarán de resolver entroutras cousas, as dúbidas aprazadas.
A particularidade do monumento é síntese tanto da súa instancia estética como da súa instancia histórica. O xuicio crítico, na liña máis absoluta de Roberto Pane e Renato Bonelli, expresaría a consideración incuestionable da preeminencia da instancia estética na teoría, a metodoloxía da arte, da arquitectura e da restauración. Dende o documento do Plan Director, a primacía do valor histórico do restauro científico‐filolóxico ou a primacía do valor estético do restauro‐crítico quedan relativizados ao desenlace do discernimento da harmonización de ambos, presente na
180
obra de arte, e na súa exixencia de conservación. O restauro científico‐filolóxico partía do desenvolvemento da conservación integral do monumento sobre a base da idea de preeminencia do valor histórico, o restauro crítico non o rexeita pero vai máis alá para comprender a realidade total, é dicir, a artística ademáis da documental‐histórica. Pero o restauro crítico tamén rexeita a concepción da arte positivista e tipificadora castrada para a comprensión artística do monumento e da obra de arte. Tal observación é amplamente desenvolvida por Ignacio González‐Varas, na obra citada neste documento, ata o punto de que chega a concretar que “…para efectuarse a comprensión artística do obxecto”,... “se reclama un percorrido crítico global e unha refinada apreciación estética co fin de lograr a “resignificación” da obra de arte”
O Plan Director dun BIC que se desenvolva dende a perspectiva da conservación‐crítica, tal como a definíamos máis atrás, é un documento global que se desenvolve, se fai, se intenta, cunha doble exixencia e intensidade, tanto no histórico como no artístico, e se enclava nunha exixencia superior, a do contexto de comprensión da presencia harmonizadora de ambas instancias e a súa posterior “resignificación” por medio das súas propostas e actuacións de “conservación‐crítica”. Neste sentido, o valor engadido polo tempo e a súa comprensión pola cultura e a sociedade imperantes no momento da intervención, o intanxible do histórico e o intanxible da obra de arte, se fusionan na cualidade do BIC, de xeito que, como dí R. Bonelli para o restauro‐crítico, e que nos lembra Ignacio González‐Varas, se convirte en “…un acto que na súa forma expresa totalmente un mundo espiritual e que esencialmente por esto asume importancia e significado”. En definitiva, o proceso cultural da sociedade asume aos BICs resignificándoos como propios do actual proceso cultural.
Cremos que o proceso de superación do restauro‐crítico iniciado por Brandi ao propoñer a harmonización de ambas instancias, e ao propoñer que unha ou outra, ou as dúas á vez, son susceptibles, indistintamente, de liderar a preeminencia, é un axeitado preámbulo á liña que debe seguir a conservación‐restauración actual. DO xeito que, dende o Plan Director, consideramos a conservación‐crítica, a harmonización queda garantida e é signo dunha sensibilidade actualizada sobre a arte e a cultura. A conservación queda, tamén, orientada e con elo á “resignificación” da obra de arte ou da cultura. Con elo a estética idealista de Benedetto Croce, que constituía o marco filosófico do restauro‐crítico, queda completada por unha estética entre o positivismo‐tipificación e o neoidealismo, unha estética que orientaron autores do peso de Gian Carlo Argan, dende o trasfondo do intento de conciliación do materialismo dialéctico con toda a tradición do pensamento europeo (algo non recoñecido suficientemente pero fondamente presente nos acontecementos culturais de finais do XX) e que en Georg Lukács era unha premonición encomiable. Nesta consideración, aqueles principios de Renato Bonelli expostos no seu texto, “Principi e metodi nel restauro do monumento,” de 1947, os criterios para intervir nun monumento quedan soamente á consideración do xuicio‐crítico e de valor, e sempre cando éste asigne excepcionalmente ao valor de
181
artisticidade certa preeminencia. En calquera caso resignificando a harmonización dun co outro.
Se co restauro‐crítico a preeminencia absoluta do valor artístico reorientaba a restauración, os obxectivos e a metodoloxía do restauro‐científico‐filolóxico, é lóxico que cos plantexamentos expostos da conservación‐crítica, éstes tamén queden reorientados ou, mellor dito, reharmonizados. A conservación crítica tamén matiza os criterios do restauro crítico, e pon en cuestión a excesiva preeminencia que éste concede á instancia artística, decantándose por establecer a dialéctica entre proceso crítico e acto creativo, sen esquecer as consecuencias metodolóxicas e de determinación dos límites da restauración que esta posición conleva.
Dixemos máis atrás que Brandi se esforzou moi significativamente en superar a irreconciliable contraposición entre restaurar e conservar, dos plantexamentos presentes dende o pistoletazo de saída da sistemática da conservación‐restauración decimonónica. Debido ao axuste que Cesare Brandi proxecta á concepción da arte, fai desta o punto de partida esencial da teoría do Patrimonio e polo tanto da restauración. Se trata, nin máis nin menos, de que a obra de arte o é en tanto que ten unha serie de particularidades máis alá da pura funcionalidade. O recoñecemento desa particularidade individual ou colectiva é a esencia da teoría brandiana da restauración e, polo tanto, se convirte en sí mesmo no primeiro acto de restauración, acto polo tanto vencellado a un xuicio crítico e de valor, que acepta á arte ligada á cultura en xeral e non a unha en particular. É dicir, que acepta a arte como un proceso da conciencia individual e colectiva dentro da cultura.
Para Brandi, a obra de arte informa sempre dun tempo e dun lugar que se obxectiviza, se fai presente, como acontecemento, na conciencia humana, momento crítico da revelación como monumento nun momento e nun lugar: Instancia histórica. Pero a obra de arte non é so instancia histórica, senon que ademáis se dota dunha instancia intanxible que se revela como cualidade non funcional, como producto, tamén, da actividade humana e que é a chamada instancia estética. Para Brandi, a harmonización de ambas instancias é obxectivo obrigado do proxecto de conservación‐restauración de calquera obra de arte, calquera obra froito da actividade humana e, por tanto, chega a considerar que a restauración‐conservación xurde da asociación harmonizada de ambas. Do mesmo xeito, unha vez apreciadas por medio dun proceso crítico, reveladas e trasladadas ao proxecto, as dúas instancias deben seguir sendo harmonizadas durante o proceso de execución da obra. Como dí Ignacio González‐Varas, (op. cit, px 274) “a restauración entendida no seu lexítimo tempo histórico é, en suma, ela mesma evento histórico. Platexada dende esta instancia histórica e na súa lexítima inserción temporal no instante que a conciencia recoñece a obra de arte, a restauración‐conservación se concentra no problema doble de decidir sobre a conservación ou eliminación de elementos engadidos na obra de arte e sobre o matemento ou supresión de partes refeitas, esto é, a restauración da reconstrucción”
182
ou des‐restauración, como diríamos nos… Dentro deste contexto, de instancia histórica, o monumento como producto da actividade humana debe conservar as partes sedimentadas ao longo dos tempos en virtude das súas características documentais e históricas e esto sin contradicir a instancia estética, é dicir harmonizándose con ela. O conflicto xurde cando, apoiándose na instancia estética, se demanda a reintegración da “unidade” orixinaria do monumento, por que os engadidos, fielmente con este principio, deberían eliminarse. Como é lóxico se evidenciarán moi a miúdo serios conflictos entre ambos valores ou instancias que deberán ser resoltos por un xuicio crítico e de valor. En Brandi, nun criterio previo, a instancia estética tamén prevalece: “Posto que a esencia da obra de arte consiste en que sexa contemplada no propio feito de constituir unha obra de arte, e só en segundo termo no feito histórico que singulariza, está claro que se o engadido entorpece, desnaturaliza, ofusca ou sustrae en parte á vista a obra de arte, tal adición debe ser eliminada” (Ignacio González‐Varas, op. cit., px 275). Este criterio e método é claramente orientador dos individuales problemas que xurden, sen lugar a dúbidas, en todo proceso de conservación‐restauración unha vez que o recoñecemento brandiano, por medio da conciencia, dunha obra de arte se pon en marcha: ”A restauración é o momento metodolóxico de recoñecemento da obra de arte, na súa consistencia física e na súa doble polaridade estética e histórica, en vista da súa transmisión ao futuro.”
Onde se pon máis en evidencia esa ansia harmonizadora entre a instancia estética e a instancia histórica en Brandi é cando reflexiona e argumenta como debe acometerse o restablecemento da unidade potencial no todo da obra de arte ou monumento. Afirma que para conquerir o efecto de que a evocación acometida nunha restauración sexa armónica, hai que aplicar o xuicio crítico e de valor no proxecto e na intervención ata o punto de que a instancia estética e a instancia histórica se cautelen mutuamente e sexan garantía para evitar a sobreactuación dunha ou doutra, de tal maneira que se evite o falso histórico, o falso estético ou a desharmonía. Ao mesmo tempo tamén afirma que se faga “sen borrar pegada algunha do trascurso da obra de arte a través do tempo”. En definitiva, como afirma o intenso e esclarecedor traballo de González‐Varas (op. cit. px 278), a “Teoría do restauro” de Cesare Brandi “permanece plena de actualidade como un brillante esforzo de conciliación nunha síntese superior e rigorosamente deducida das instancias culturais e metodolóxicas, enfrontadas, a veces, contra os aspectos creativos en defensa da historicidade, e noutras ocasións contra os aspectos conservadores puros en defensa das exixencias figurativas da obra de arte, contienda resolta nunha dialéctica gobernada con completa propiedade por Césare Brandi”. Tal como chegamos a afirmar máis enriba, en Brandi se vislumbra un ponderado equilibrio na conciencia da existencia das instancias propias da obra de arte, aínda que, a veces, a instancia estética exercerá a súa preeminencia sobre a instancia histórica (a expensas de que así o establezca o xuicio crítico e de valor) de forma equilibrada, harmonizadora e resignificando á obra de arte, o que é o mesmo que dicir que se crea unha nova harmonización e equilibrio entre a súa instancia estética e a súa instancia histórica. Dende o punto de vista do Plan Director, e dentro deste contexto brandiano, o previo
183
xuicio crítico e de valor pode levarnos, incluso, a que a instancia histórica deba asumir un valor preeminente sobre a instancia estética.
Segundo como evolucione esa ”síntese superior e rigorosamente deducida das instancias culturais e metodolóxicas”, a restauración crítica de Brandi, pode verse máis cómoda coa súa proxección cara o que, tímidamente, definimos como “conservación‐crítica”, na que se dilúen as preeminencias a priori e se deixan a expensas do acto de conciencia ou razón de ser obra de arte e ao valor de preeminencia que o xuicio crítico airee, “construido” no proceso do Plan Director.
Superada a segunda metade do século XX, donde as teorías do restauro de Cesare Brandi catalizaron o pensamento e a intelixencia restauradora, estes axustáronse, a veces, cunha certa preeminencia da instancia estética, aínda que ésta máis mesurada e cautelada que en épocas anteriores.
Nas dúas últimas décadas, a síntese superior das instancias culturais e metodolóxicas na que se enmarca a intelixencia restauradora foi reaxustándose pouco a pouco, ata o punto de que o acto de conciencia que determina as características intanxibles máis alá da funcionalidade foi enriquecéndose. Os valores históricos, como a aura de autenticidade e o documental implícito na materia‐estructura e na materia‐imaxe, se elevan ao recoñecemento de valores espirituais en clara competencia, que non servidume nin dominio, cos valores artísticos.
A aura de autenticidade e o documental se consideran dous valores intanxibles ou inmateriais que forman parte desa síntese superior das instancias culturais e metodolóxicas dunha sociedade sensible. E dunha sociedade que é, tamén, plural, identitaria e universal, pero que, á vez, é unha sociedade en connivencia coas súas propias particularidades, ás que utiliza como antídoto á desmemoria e aos perniciosos efectos dunha globalización que actúa como tábula rasa sobre as identidades culturais, á que a intelixencia restauradora parece rexeitar dende os seus inicios. Pero tamén son valores dunha sociedade que manifesta con certa firmeza a súa vontade de non prescindir nin sobrevalorar, pero tampouco someterse a ningún dos valores que a abstracción idealista necesitaba, e establece os seus xuicios de valor nunha tensión dialéctica de conceptos: o universal, o particular e o singular, o histórico e o artístico. Todo elo habida conta de que “a masa de propiedades humanas típicas e preservadas pola evolución histórica mesma é por elo sen dúbida moito maior que o número desas propiedades que se manteñen vivas por obra da conformación artística.” ... “A arte atopa, pois, na realidade mesma unha base obxectiva das súas creacións típicas; pero que os tipos conformados cristalicen e perduren é o resultado da actividade propia da arte.” (Georg Lucáks, op. cit., pax. 307) xa que a realidade mesma implícita na obra de arte, as súas propiedades humanas explicitadas e as propiedades implícitas e evocadas por estar vivas na súa conformación artística, parecen necesarias para que o usuario as perciba como patrimonio e se responsabilice de conservalas e trasladalas ás xeracións futuras. Este autor non confunde o “interese histórico‐material”, nin a “viva eficacia”, nin o “carácter inmediatamente evocador” da
184
obra artística e non pensa que sexa tan importante a maxia artística e o seu poder de revelación e evocación, nin que ésta sexa posible exclusivamente gracias á “perfección formal”. Chega a afirmar que “ningún home se convirte directamente no goce artístico e polo goce artístico. O enriquecimento polo goce artístico é enriquecemento da súa personalidade, e exclusivamente dela. Pero esta personalidade está formada clasísticamente, univesalmente, nacionalmente, históricamente, etc., e polas propias experiencias dentro do marco desas determinacións xerais; e é unha vacía pretensión de estetas o pensar nun home que poidera absorber a obra de arte dende a nada, como se o fora unha anímica tábula rasa. Non; tódalas experiencias do home, vivas e presentes nel sobre a base da súa determinación social seguen sendo activas no goce artístico. Aínda recoñecendo todo o poder evocador da forma artística, hai que deixar en claro que todo receptor compara sempre a realidade reflectida pola arte coa realidade que o coñece ata o momento.” (Georg Lucáks, op. cit. px 311). Polo tanto a materia‐estructura e a materia‐imaxe, compoñentes de toda obra do home, incluso daquelas nas que un xuicio crítico e de valor lles supón unha cualidade espiritual máis alá do funcional, é dicir, de obra de arte no seu xerme de obriga de ser conservada, fan vivenciar ao receptor unha realidade, a evocada pola arte, e provocan ademáis o contraste coa realidade que éste coñece ata o momento da materialidade inmediata da obra. A permanente tensión no contraste e a referencia como soporte da propia actividade e percepción artística fan necesaria a cooperación das dúas realidades, a reflectida pola arte e a que se coñece directamente ata o momento en que é considerada arte, ésta última máis directa, inmediata e coñecida, pero non por elo prescindible.
É posible que esta sociedade plural, identitaria e máis familiarizada e sensible coa arte e coa súa conservación teña incorporado un goce que, nunha síntese superior, esté fusionando o vello goce artístico e o, tamén vello goce histórico, tan antigos un como o outro, de xeito que se sintetiza a superación da tradición do pensamento europeo anterior co pensamento xurdido e evolucionado a raíz dos acontecementos dos séculos XVIII, XIX e XX. En definitiva en algo máis amplo e desenvolvido que so pode comprenderse no que chamamos o Cultural, é dicir, nos valores e bens culturais que, se son sobranceiros, os chamamos BICs. Esta nova actitude se concreta sin ningunha restricción acerca da pertinencia e capacidade evocadora da realidade por medio da forma artística, pero tamén sen restricción da capacidade de percepción das realidades máis concretas, o que é un enriquecemento da capacidade da maxia da forma artística e se convirte nunha ampliación da cualificación desta, o “ben cultural”. Esto conleva unha necesidade de asunción das dúas realidades, co que nos obriga a un xuicio crítico e de valor máis intenso, o derivado do concepto “ben cultural”, que va máis alá da obra artística e que é propio daquela síntese superior de Georg Lucáks.
E este concepto de ben cultural é expresión, á súa vez, desta sociedade máis plural, sensible e identitaria e que anticipa unha sociedade “global” que debería asumir e harmonizar tódalas identidades e as fondas e intrínsecas cualidades de cada unha, tal como afirma John Berger ao manifestarse sobre a globalización, dicindo que a
185
única que lle interesaba era ésa. Tal é a importancia da historia e de tódolos elementos que a fan perceptible e equiparable á importancia da forma artística, que o mesmo autor, nunha entrevista publicada no número 723 do semanario ABCD (10‐12‐2005), con motivo da publicación de “Esa Beleza” dí que “é así como as obras cambian na historia, e como a historia cambia a percepción delas”.
O problema que pode xurdir é o de cómo aplicar o xuicio crítico e de valor para a determinación das cualidades e valores de ben‐cultural e o de cómo iniciar o proceso de conservación‐crítica e a correspondente hipótese de conservación. ¿Qué realidades son as que o xuicio crítico e de valor debe conservar‐restaurar?. John Berger espulgaba, na súa entrevista, algúns criterios de interese: “Spinoza, un dos filósofos favoritos de Marx, dicía que cando as nosas respostas á vida son verdadeiras e axeitadas, nese momento palpamos a eternidade. A eternidade non é algo que estea esperando por nos, non é algo que forme parte do futuro, senon que é algo que experimentamos, que se pode vivir e compartir neste instante. ”O instante do xuicio crítico e de valor do Ben Cultural ben pode estar asesorado ou sancionado por esa sensación de eternidade á hora valorar e discernir as cualidades das súas dúas realidades. De calquera maneira o propio autor insiste na importancia desta reorientación na que estamos implicándonos: “En canto arrincas a pintura do seu contexto e, o que é aínda máis importante, imaxinas que carece del, empezas a pensar que as xeralizacións ou as simplificacións xustificadas son formalizacións.” (John Berger, “Un pintor de hoxe”, px 219; Alfaguara, 2002). Pois ben, esta sensibilidade que considera imprescindible o non arrincar a obra de arte do seu contexto e crer sempre na existencia solidaria de ambos, non fai máis que confirmar o salto cualitativo da cultura actual cara a síntese superior, que concibe a obra de arte e os bens culturais indisociables do seu contexto e, polo tanto, obxecto de xuicio crítico (Ben Cultural), e de valor (conservación de obra e contexto, cando estean ensamblados materialmente). Se trata de entender os engadidos históricos, tódalas partes do monumento, como a parte física do contexto máis amplo da obra, ou sexa do Ben Cultural. Dase, pois, unha valoración en profundidade deses elementos contextualizantes, como respostas verdadeiras e axeitadas, sancionados pola sensación de eternidade que provoque ese mesmo instante, ou tamén de autenticidade e imprescindible do ser humano. Esta é a única opción que lle queda aos responsables da conservación‐crítica que, como se aprecia, non deixa de ser, tamén, un acto de creación, de Creación Cultural dende un proceso cultural máis amplo.
Neste proceso evolucionado e concretado no que vimos chamando Conservación‐crítica, se superan, ou queren superarse, os conflictos herdados da restauración científico‐filolóxica e os plantexamentos do restauro‐crítico, nos que non se prescinde, nin moito menos, das consideracións cara os valores históricos e documentais da obra de arte, senon que, como dí Ignacio González‐Varas, “…máis ben as condiciona á preeminencia do valor artístico”. Que non sendo posible a independencia da dimensión histórica e dos valores inmateriais soportados devén con contundencia en Valor e Ben Cultural. Neste novo contexto, a intervención nos Bens Culturais nos que se recoñece a presencia da calidade artística obriga á
186
aplicación dos plantexamentos do restauro‐crítico, matizados por Césare Brandi e sen perder de vista que a principal premisa é que o xuicio crítico e de valor debe partir de que, a priori, non existe unha preeminencia da instancia artística ou da instancia histórica (conservación crítica). Nos bens que se consideren soamente ben cultural, a actitude xeralizada é a de considerar que pode ser pertinente a conservación e/ou a rehabilitación en función dos usos demandados polo territorio e a cidade histórica.
Por outra parte, hoxe tamén se superan as tendencias da conservación–integral lideradas por Dezzi Bardeschi, cuio obxectivo ruskiano estricto e insalvable era a busca do matemento da autenticidade da materia en tódalas súas cualificacións e que, como dí González‐Varas, significaban “o rexeitamento da restauración como práctica mixtificadora, é dicir, unha reproposición dos principios ruskianos”. Bardeschi practicaba un neo‐ruskianismo que ignoraba máis dun século de reflexión e de conformación da idea de monumento, ata a concreción da idea de Ben Cultural, e as diferentes apostas de cara á conservación inherente á mesma idea de monumento, patrimonio histórico‐artístico, patrimonio histórico, patrimonio cultural ou ben cultural. Era partidario, pois, dunha reinstauración da idea de ruina, sobre a que era partidario, á vez, dunha certa permisividade no matemento desta e se preocupaba polo impedimento do deterioro e o envellecemento. En sentido estricto, diríamos que o plantexamento de Bardeschi parte dunha apreciación mitificadora, e polo tanto errónea, dos obxectos arquitectónicos, ata o punto de que ignora incluso a capacidade propia da historia dos edificios de asumir reactualizacións de programa, de consolidación, de estilo, etc. Esta actitude está, tamén, de costas a toda unha sensibilidade moi desenvolvida e elaborada durante o final do século XIX e todo o XX, que se pode ver axustada, evolucionar e incluso mesurarse, pero que sen lugar a dúbidas non pode impedir o crecemento da idea de que é necesario administrar tódolos valores ou cualidades dun Ben Cultural, xa que éstos, trasferidos por xeracións e xeracións, nos obrigan a coñecelos e trasmitirlos de novo. E non soamente debemos transmitir aqueles estrictos valores históricos e documentais senon, tamén, os artísticos, ou culturais, que por ser inmateriais necesitan da práctica da conservación‐crítica para o seu discernimento, matemento e trasmisión. Para conquerir esto, é necesaria a superación da fase que supón a conservación‐integral, que definida por Ignacio González‐Varas podería formularse como “a defensa da autenticidade do obxecto cultural e a condena da falsificación”... Tamén segundo González‐Varas, “son, por tanto, principios fundamentais; o obxecto entendido como ben cultural non só cando é o obxecto orixinal, senon cando ademáis se conservan incólumes os signos que o tempo e a historia deixaron no obxecto, pegadas que garantizan a súa individualidade e o seu carácter de obxecto único e intransferible, como afirma Dezzi Bardeschi.” En calquera caso, a conservación integral limita en exceso as intervencións e polo tanto so en casos moi excepcionais admite as restauracións como parte da conservación. Esos son os casos daquelas que so pretenden decelerar o proceso de degradación dos materiais, pois segundo Dezzi Bardeschi, “restaurar unha fábrica significa ante todo conter o decaimento estructural, o agotamento e a degradación
187
biolóxica, sabela conservar, non simplemente en efixie senon nas súas estructuras físicas reais, nos compoñentes matéricos que constitúen o seu irrepetible concepto específico, único e individual que forman a autenticidade mesma da obra.” Para estes teóricos, o desplazarse destes obxectivos, aínda que sexa mínimamente, é transformación, que non reintegración de imaxe, e é, por tanto, innovación independiente, distinta á disciplina da restauración. Polo tanto cuestións como a reintegración, a liberación de engadidos, a restauración da unidade potencial da obra de arte, etc., parecen eliminarse dun plumazo en aras dunha estática, limitada e, diríamos, plana comprensión do ben cultural, e o que pode ser máis grave, dunha comprensión limitada do estado en que se atopa o propio ben cultural. En definitiva, en Bardeschi parece limitarse a realidade dun ben cultural ao feito de que é contedor dunha serie de cualidades máis alá das necesarias para a estricta funcionalidade de obxecto para a humanidade, cuestión que pon á comprensión do mesmo e a conservación dos seus valores noutro orde de necesidades. A experiencia do século XX non se pode esquinar, xa que tivo un grande percorrido na disciplina da restauración, polo que parece obrigado, ao menos, o respecto, so pena da perda de capacidade de goce o de poder evocador de certos obxectos ou inmobles que descubren e axudan a comprender a realidade. Este é un aspecto que vai máis alá da funcionalidade de calquera ben cultural e que a historia da humanidade significou como experiencia artística ou cultural, de cuia razón se fai imprescindible dar conta coa aplicación do xuicio crítico e de valor que, como obxectivo esencial, ten o discernimento da existencia ou non desas cualidades máis alá das da pura funcionalidade. En todo caso, non se pode seguir crendo que os requerimentos de intervención na materia‐estructura e na materia‐imaxe do obxecto son os mesmos, e con elo obviar a distinción brandiana entre ambas, pois se eliminaría a tradición da existencia e percepción do reflexo estético da realidade, non único nin completo pero necesario, como diría Georg Lucáks parafraseando a Carlos Marx. Marx, no Grundrisse, ten unha idea esclarecedora que desenvolve da forma que segue: “O obxecto artístico –igual que calquera outro producto‐ crea un público capaz de entender a arte e de gozar da beleza. A producción non produce, pois, só un obxecto para o suxeito, senon tamén un suxeito no obxecto”… “Por de pronto, o obxecto non é un obxecto en xeral, senon un obxecto determinado que ten que ser consumido dun xeito determinado mediado pola producción mesma”.
Diante de tensión dialéctica que se xenera entre as actitudes derivadas da conservación‐integral e a inercia de toda a tradición anterior con respecto aos bens‐culturais e á súa conservación no sentido máis amplo, as oportunas e esclarecedoras ideas sobre a realidade expostas polo materialismo histórico dentro, ou como parte, da tradición do pensamento europeo en Georg Lucáks ilustran pistas suficientes como para proseguir en esa tradición de percepción do patrimonio e dos seus criterios de conservación. Asumir esa dialéctica mantida entre conservar e restaurar e aceptar os axustes que dela se derivan na disciplina dos Bens Culturais, parece o posicionamento máis científico e máis convinte para estes. O restauro‐crítico se axusta, diríamos que evoluciona, como resultado destas tensións do último cuarto do
188
século XX, e introspecta na esencia do Ben‐cultural e do monumento, BIC, e da súa conservación, no que é a reintegración da imaxe como punto central do debate. Esta cuestión só é posible na traxectoria dunha tradición da disciplina dos Bens‐Culturais, máis recente, que se ven caracterizando pola apropiación das posiciones iniciais de restaurar o conservar, habida conta que o obxecto a observar é o mesmo e exerce a maxia sobre os dous polos ou posicionamentos do debate. Cando se exerce a preocupación sinceira e rigorosa por eles, e elo é así tanto nos seguidores do restauro‐crítico como nos da conservación‐integral, se pode dicir, tal como afirmaba Marx, “o obxecto non é un obxecto en xeral, senon un obxecto determinado que ten que ser consumido dun xeito determinado mediado pola producción mesma”.
Non deixa de ser necesario, tamén, lembrar que a pertinencia dos obxectos Bens‐Culturais está máis alá da mera funcionalidade, e son obxecto artístico, obxecto cultural, como dicía Lucáks no seu traballo. Non parece, por elo, desatinado aceptar a capacidade de evocación, con elo, convertirse en suxeito no obxecto (“A producción non produce, pois, só un obxecto para o suxeito, senon tamén un suxeito no obxecto”). E ese suxeito debe ter unha unidade total, que son as forzas, ou posicionamentos no debate e do debate. Conservación‐integral e restauro‐crítico teñen que aceptar o imperativo de ser parte desa unidade total e “suxeito no obxecto”, non poden atrincherarse e non deben traicionar ao obxecto, experiencia de identidade individual e colectiva, xa que esa é a razón de ser da actividade disciplinar que se ocupa dos Bens‐culturais e da súa conservación. A permanencia, axustada, do restauro‐crítico no último cuarto do século XX é froito da tensión dialéctica e do seu compromiso, non limitado nin plano, coa disciplina do Ben‐cultural e coa súa conservación e inserción nunha síntese superior. Carbonara, xunto con Pane, un dos máis preclaros representantes do restauro‐crítico, desenvolve unha reflexión continuadora e actualizada que resume da maneira seguinte Ignacio González‐Varas (op. cit., px 283), “…O compoñente creativo se opon tanto á idea da restitución do estado orixinario da obra de arte, considerado como unha idea ”ahistórica”, posto que tal estado deixa de existir no momento en que a obra ven introducida no fluxo temporal e comeza a alterarse físicamente e a expresarse en xeito diverso polas múltiples condicións psicolóxicas dos tempos históricos; asimesmo tamén se aparta da idea de “a intervención neutra” ou científicamente obxectiva, considerada igualmente “ahistórica”, posto que “todo producto do pasado está investido dunha deformación interpretativa, tanto máis leve canto máis fonda é a nosa comprensión histórica”. Ao final do século XX o restauro‐crítico, matizado e axustado polo debate tenso, pero esclarecedor, cos partidarios da restauración‐integral, se orienta cara a unha maior convivencia das dúas experiencias ou posicionamentos, a pesar de que se insista unha vez máis en que esas cualidades dalgúns Bens‐Culturais, máis alá das da mera funcionalidade práctica, é dicir as da funcionalidade espiritual, desenvolven unha liña de beleza propia dentro do compendio das diferentes cualidades de tódolos Bens‐Culturais, liña de beleza que ven derivada de que son cualidades culturais engadidas e logo transmitidas e percibidas.
189
Con contundencia afirmamos que todo Ben Cultural, sexan cales sexan as súas características, e teñan éstas ou non matices máis alá dos da mera funcionalidade, nos obriga claramente a actuacións dirixidas á súa conservación‐restauración, previo o imprescindible xuicio crítico e de valor en cada caso. Ademáis, cando sexan posuidoras de características máis alá das da funcionalidade, as súas cualidades intanxibles ou inmateriais, espirituais, que se soportan, lóxicamente, sobre o poder da materia‐imaxe, deben ser, tamén, susceptibles de ser conservadas restaurando e reintegrando a súa imaxe, máis alá da restauración definida e tolerada por Dezzi Bardeschi. É dicir, hai que restaurar, cando é necesario, a materia‐imaxe, a que soportá imaxe das cualidades vencelladas e que definen ao obxecto como obra de arte máis alá da súa funcionalidade ou da súa instancia histórica. De non ter este horizonte, se cae nunha clara desconsideración de cara á existencia da dimensión artística e/ou espiritual da humanidade (aquela que vai máis alá das funcianias e das da funcionalidade) e das obras que a manifestan, e no que é, como dí Bonelli (Ignacio González‐Varas, op. cit., px283), en definitiva un “intento de anular os valores formais, que suprimen a súa singularidade e a súa cualidade, para reducir a obra a simple testemuña dunha confusa suma de feitos indistintos, ignorando a exixencia prioritaria de traducila a termos críticos.” Esto sería o mesmo que considerar que tódolos obxectos e inmobles, os de mera funcionalidade ou os que teñen outros valores máis alá desta, recibirían, do xuicio crítico e de valor, os mesmos valores e xerarquía. Tódalas obras do home se desenvolven nun tempo, un espacio e unha traxectoria, e por medio do xuicio crítico lle damos un novo valor ao seu significado, por exemplo o de ser monumento, obra de arte ou ben cultural. Esta re‐significación xenera un suxeito e unhas preocupacións propias, novas, máis alá das do uso instrumental que provoca o propio obxecto, polo tanto é necesaria a súa individualización, e nos obriga a ir tamén máis alá da conservación sen alteracións e a reter o tempo e a historia, sen obviar que debemos manter unha actitude ante o obxecto que conleva un fondo proceso crítico e de valor.
Nesta liña de evolución dos criterios da conservación e coas experiencias práctico‐constructivas derivadas da análise da construcción, conservación e restauración das fábricas dun monumento, xurde unha nova sensibilidade que nos obriga a prestar atención á materialización do sistema constructivo propio do monumento, é dicir, nos obriga a estudiar as súas fábricas, a súa tradición histórico‐constructiva, a pervivencia do artesanal nél, as manufacturas, os materiais, coas súas combinacións ou compoñentes, e as técnicas da construcción ou elaboración artesanal, xa estean executadas sobre inmobles ou mobles. Esta sensibilidade fai unha reflexión crítica á tradición anterior, a do restauro sistemático, na medida que éste último non se tiña, aínda, liberado da constante presencia de certos aspectos da Carta de Atenas (1931) e do restauro científico‐filolóxico de Camilo Boito que deberían ter sido superados. O restauro crítico, que é expresión última do restauro sistemático, consideraba necesario realizar unha historia crítica do monumento e, por tanto, utilizaba os instrumentos derivados dese proceso crítico, tales como o xuicio crítico e de valor, as propostas, os proxectos, os plans sectoriais, os plans directores, as
190
intervencións, etc. A nova sensibilidade utiliza os mesmos instrumentos, pero engade un máis, que é o de estudiar en profundidade as técnicas constructivas e os materiais do monumento concreto e poñelas en converxencia dialéctica coas técnicas constructivas e os materiais actuais.
O restauro amosaba, ata a actualidade, unha certa deficiencia que se concretaba na ausencia de apartados referidos ás características da materialización do propio sistema constructivo do monumento ou da obra moble. Por este motivo, se producían consideracións histórico‐críticas desprovistas, ou carentes, de anotacións sobre o sistema constructivo da cultura material das fábricas, e se partía, por tanto, dunha historia‐crítica incompleta e excesivamente abstracta. Esta corrente de sensibilidade, máis completa e liquidadora dos lastres do restauro‐científico (que seguían a máxima de que a conservación do monumento debía procurarse con tódolos medios da técnica), xurde con forza e reorienta o debate final do século XX e principios do XXI, reconducindo os plantexamentos do restauro‐crítico e os da conservación‐integral.
Nese sentido xurde unha teoría do matemento cuio máximo expoñente é Paolo Marconi, catedrático de restauración da Universidade da Sapienza de Roma. “A intervención privilexiada por Marconi se practica a través do matemento dunha cauta restauración como reprístino ou reproducción da obra de arte, pois, aínda que non se conserve a materia auténtica, se pretende manter ante todo a súa expresión e o seu significado cultural, levando a cabo o matemento segundo tecnoloxías tradicionais preindustriais” (Ignacio González‐Varas, op. cit., px 284). Como diciamos máis arriba, a nova sensibilidade da un paso máis alá dos plantexamentos da conservación‐integral, pois nega o posicionamento neoruskiano da aceptación inevitable da ruina, e o deterioro como dato histórico que se debe manter. Por outro lado, en consecuencia cos principios da sensibilidade do mantemento, se rexeita agora a consolidación do proceso de ruina a partir de usos de materiais e técnicas constructivas actuais, tanto nas superficies das fábricas como nos problemas derivados da estabilidade das mesmas, e se propoñen materiais e técnicas tradicionais abstraídas da historia crítica previa e completa do monumento. Marconi e a sensibilidade do matemento rexeitan as técnicas actuais que, aínda que non alternan imaxe do monumento, alteran o seu sistema histórico. Actuacións con medios e técnicas actuais, foron prácticas habituais no estado español e en Galicia, sobre todo na segunda metade do século XX, en intervencións vencelladas á consolidación da estabilidade do monumento co emprego do formigón armado e a perfilería de aceiro, ou os productos químicos para a conservación e protección dos materiais, e non alleos a intervencións de consolidación e/ou reparación executadas en numerosos BICs. E, como dí González‐Varas, “Paolo Marconi critica ásperamente estes recursos, tanto polo que se refire á eficacia dos mesmos dende un punto de vista estrictamente técnico e estructural, como, dende unha visión máis xeral, dentro dun rexeitamento global dos métodos de traballo mecanizados” (op. cit. px285).
191
En definitiva, a obra de Marconi manifesta esta nova sensibilidade nunha clara aposta pola determinación do valor expresivo, frente á visión plana e horizontal dunha obra que soporta soamente os criterios do matemento da autenticidade estricta do obxecto, os cales non son máis que “egoísmo puro, por tanto, o daqueles partidarios da non intervención, dende que exclúen gozo do obxecto de arte arquitectónico ás xeracións futuras” (González‐Varas, op. cit. px291). Se trata, pois, de conservar o máis eficazmente posible o monumento e as súas características, e, si fose o caso, reintegrarlle a súa “expresividade”. Marconi dí que a práctica da conservación‐integral derivou en “conservacionismo” e no “embalsamamento acrítico do estado de feito actual”, o que provoca unha tensión conceptual triple conservación‐restauración‐matemento. “…a primeira tendencia (conservación), se ben ao inicio positiva, non fai senon profundizar o foso que nos separa da tradición…, un ben entendido uso da restauración, implicando unha profundización efectiva e concreta da historia edilicia, e prácticas de conservación inspiradas en criterios de fisiolóxica manutención, é o único trámite para colocarnos diante do pasado en posición activa. A presencia do pasado non pode reducirse a patética nostalxia: debe constituir para todos nos unha guía para operar nos contextos urbanos e ambientais cun máximo de sintonía coa tradición, prolongando a vitalidade e o optimismo.” (op. cit. px 292). En definitiva, o de Marconi é un plantexamento evolucionado da tradición propia, (disciplina, sistematización), da conservación dos bens culturais que deveña en conservación‐crítica, distinta do “conservacionismo” da conservación‐integral, non se trata de que o monumento, se está vivo, repouse (ristorare) como preámbulo organicista dunha morte irremediable e anunciada dun neoruskianismo contemporáneo, se trata, segundo dí Mª José M. Justicia, de conservar‐restaurar‐manter (restaurare), máis acorde coa tradición da disciplina e máis cerca do termo orixinal “restaurare” (op.cit, px 353), e en moitos casos se conforma nunha liña de beleza restauradora propia como, por exemplo, no Conxunto Catedralicio Tui.
Nos monumentos vivos, tal como dí a mesma autora, “se se é inoperante, se corre o risco de que a cidade se reduzca co tempo a unha mera escenografía en ruinas, lonxe e desvencellada dos acontecementos modernos, sen participar neles”, e hai que engadir que se se é irreflexivo pódese caer nun mero exercicio de fachadismos e/ou de trasnoitado restaura estilístico. É evidente que esta apreciación tamén é extensible ao territorio. “Restaurare”, aínda que ten o mesmo orixe que ristaurare (que repose), parece que expresa mellor a tradición do comportamiento da humanidade con respecto aos seus monumentos, ou co que a súa conciencia sinala como os seus Bens‐Culturais. Nos Bens culturais é ónde a humanidade concreta a súa memoria e a súa identidade, así que son expresión da súa intelixencia, unha intelixencia que realiza un relato matérico e espiritual, é dicir, a súa historia.
En definitiva, se produce un trascrecemento do concepto “restaurare” cara ao que denominamos conservación‐crítica, e xa non so se trata de conservar os aspectos históricos senon tamén os vencellados á imaxe e á expresividade da arquitectura e aos valores espirituais que se soportan nela, así como tamén os da cidade o do territorio (aspectos longamente expostos por Brandi e logo por Marconi e
192
a Carta italiana de 1987 e na lei de 1995 do patrimonio cultural galego), pero tamén se trata de eslabonarse e fusionarse coa liña de beleza restauradora propia do monumento ou co seu discurso crítico. O Plan Director do Castelo‐ Fortaleza de San Felipe ou da Catedral de Tui, coas introspeccións que se realizou sobre estes BICs, apostan por seguir a liña de beleza crítica propia da restauración‐conservación deses monumentos ou o que se sigueu no Plan Director do Palacio de Xelmírez desenvolvido dende O Consello da Cultura Galega.
A conservación crítica é, fundamentalmente, un proceso cultural e un “lugar”, mellor un tempo, para a recreación da identidade e para o matemento da memoria da humanidade. Pero tamén é un proceso que determinará, segundo os casos, se deben establecerse estratexias e intervencións reversibles de conservación simple (de prevención e salvagarda), de prevención (dirixidas a decelerar ou evitar accións de conservación‐restauración), de salvagarda (indirectas), de restauración (restitución de aspectos físicos e expresivos do inmoble e sempre que sexa un monumento vivo), ou de conservación preventiva (accións encamiñadas ao matemento de condicións óptimas de integridade e funcionalidade). A conservación crítica, á vez, nos posibilita canalizar as tensións que se producen polo feito de convivir o histórico co presente, a realidade histórica coa realidade da forma artística, o material co espiritual, o tanxible co intanxible, o novo co vello, como viñeron convivindo na historia da humanidade e como se sintetizaron material e espiritualmente nos Bens‐culturais. Se trata de construir, de seguir construíndo un “suxeito novo”, o do BIC”, nun proceso permanente de progreso o de recreación cultural.
Na práctica arquitectónica se fixo necesaria unha revisión crítica a causa de que se tiñan producido incompatibilidadees prácticas das técnicas e materiais actuais coas tradicionais, a memoria e historia da técnica e/ou tecnoloxía os diferentes inmobles: territorio construido, cidade ou edificios. Estas técnicas e materiais actuais foran aplicados dende a Carta de Atenas (1931) e os principios do restauro‐científico‐filolóxico, pero nos levaron a problemas que provocaron a necesidade de volver a utilizar técnicas e materiais históricos, presentes na biografía crítica do propio Monumento. Sen embargo, os criterios fundamentais do restauro crítico, matizados por Brandi, seguen sendo vixentes. Como asegura Ignacio González‐Varas (op. cit., px 450) “…as aseveracións fundamentais de Césare Brandi resultan matizadas na súa resolución normativa, pero a súa sistemática teorización, as súas adquisicións teóricas e os seus axiomas fundamentais, como o equilibrio entre a instancia histórica e a instancia estética no momento da restauración, non se resinten en xeito ningún destas obxeccións ou matizacións que a evolución do pensamento e a práctica da restauración adquiríu nos últimos decenios”.
O que sí queda matizado, na nosa opinión, é que segue sendo imprescindible ter en conta que, ante un monumento, non existe, a priori, ningunha preeminencia establecida, e que só o xuicio crítico e de valor poderá exercer a responsabilidade de recoñecer, nunha síntese superior, a un Ben Cultural, á maneira
193
de Georg Lucáks: dúas realidades, as históricas e a da maxia da forma artística, que non poden prescindir unha da outra, de existir un uso distinto ao da mera instrumentalidade ou funcionalidade, en calquera producto da humanidade. Pero tamén parecen quedar matizadas as teorías Brandianas da determinación da beleza, xa que éstas están excesivamente vencelladas ao poder da imaxe da arquitectura en xeral e, en particular, á arquitectura do movemento moderno. Sobre todo nos últimos tempos, a arquitectura do movemento moderno se convertíu nun poder que sobreactúa, confundindo, e é indubidable que inflúe na restauración‐conservación, ao dar á imaxe e á expresión formal da arquitectura tal preeminencia que os valores de funcionalidade e de racionalidade constructiva quedan en segundo plano, e ás veces esquecidos. A reclamación que está implícita en Marconi e na Carta Italiana de 1987, respecto á necesidade de interesarse polos materiais e técnicas constructivas históricas nun monumento, alcanza, tamén, á arquitectura contemporánea. Se, ante o monumento, debemos estudiar os seus materiais e técnicas, así como a súa solidaria relación, equilibrada e auténtica coa imaxe e o tempo deste, esta actitude tamén se convirte nunha chamada de atención á creación arquitectónica contemporánea para que equilibre os seus aspectos de imaxe e para que se tome o máximo interese, dende unha nova racionalidade e unha nova relación razón‐idea e forma, polos problemas de funcionamiento e polos que van máis alá deste.
Todos estes axustes derivados dos plantexamentos de Marconi, e as conseguintes reflexións, tiveron suma relevancia na elaboración do presente texto, pero tamén se fixo patente algo que foi unha sorpresa para o contido e obxectivos do significado dun Plan Director, que é a constatación de que éste se convirte progresivamente nun “lugar”, un tempo, no que se desenvolvía un “proceso” propio de autodefinición paulatina da razón de ser dun monumento, e no que xurdía a evidencia de que o monumento pertence a unha síntese superior (bens‐culturais), razón do ser do patrimonio, pero tamén nun acto de experiencia identitaria individual e colectiva, na liña do suxeito do obxecto. Dende este momento, dende tódolos actos derivados do Plan Director, obviar esta realidade non parece posible. As propostas do Plan Director deben ter en conta esta certeza para cautelar as actuacións futuras que expresan os seus documentos.
Nun momento histórico no que o debate entre conservación e restauración desterrou a “restauración en estilo” violletiana polas deformacións no contido testemuñal do monumento‐documento, xurdíu unha corrente que cuestiona a validez das restauracións en estilo e propón a “restitución”, conservación, do edificio ao momento previo á intervención. Os fundamentos teóricos non son novos. Ao contrario, as primeiras actuacións que cuestionaban unha restauración anterior e executaban a “restitución” a o seu estado previo xurdiron na escultura, para logo influenciar outras disciplinas. É o caso do Fausto Barberini do museo de Munich, restaurado por Pacetti en 1.804, reintegrando figurativamente os vacíos formais na súa perna dereita e os seus brazo e pe esquerdo. Posteriormente, tales engadidos foron eliminados, recuperando o aspecto documentado da obra sobre 1.624. Non obstante,
194
os procesos na restauración‐conservación moble non pareden ser equiparables, senon nada máis “puntos” de referencia crítica para os procesos que se siguen neles.
A finais do século XIX se produce a desbarroquización en Italia, a patria do estilo. Así, entre 1.892 e 1.898 Giovanni Battista Giovenale convirte a Basílica de Santa María in Cosmedín no templo que hoxe coñecemos, sacrificando a fachada barroca de Giuseppe Sardi. Viñeron outros exemplos célebres que amplificaron o fenómeno, como a des‐restauración de Saint‐Sabine por Muñoz (1.914‐1.919), a igrexa de Saint‐Adrien na súa fachada á Curie, polo arquitecto Bartoli (1.931‐1.937), a Vila de Sainte‐Constance (1.938‐1.939) e a de Saint‐Jean‐à‐a‐Porte‐Latine (1.940‐1.941). Sen entrar en matices de ideoloxía política (influencia do fascismo e nazismo no fenómeno da desbarroquización) é evidente que a práctica da restauración das restauracións se anticipa nun século ao propio termo, pero, o que é máis importante, se pon en práctica a dependencia da conservación ao servicio da ideolosía imperante, o que contamina o proceso, pero tamén a liberdade mesma.
Xeralmente é a argumentación arqueolóxica a que sostén a deontoloxía de restaurar as restauracións. Se presenta, entón, a liberación do monumento dos engadidos extemporáneos, que rompen a unidade de estilo, como un acto de piedade histórica. Toda empresa de des‐restauración consiste en sacrificar un estado histórico seguro por unha hipótese arqueolóxica, unha forma estética acabada (aínda que ás veces incoherente ou mediocre) por unha forma problemática, ao miúdo incompleta. Como nunha restauración clásica, os criterios de calidade, de especificidade, de antiguidade, motivan a decisión entre a actitude conservadora e a inventora. Pero como as restauracións, as des‐restauracións caducan e gardan a impronta dunha estética pasaxeira. Sen embargo, poden fixarse uns criterios mínimos nos que a des‐restauración se convirte nun exercicio lexítimo e necesario para a conservación do Patrimonio. En primeiro lugar, é lexítimo des‐restaurar cando a parte removida supón unha agresión ao contido testemuñal do monumento‐documento, que o faga incompatible coa súa naturaleza e impida a razón de ser do monumento e a razón do ser do patrimonio. Do mesmo xeito, volve a ser lexítimo des‐restaurar cando a restauración previa pon en risco a propia supervivencia material da obra, atacando estructural, material, química o físicamente ao monumento preexistente. Así o recolleron os documentos marco da restauración dende a CARTA DO RESTAURO ITALIANA de 1.964, onde se ben se explicita a necesaria conservación de tódalas aportacións históricas polo seu contido documental, se definen os criterios que delimitan unha posible actuación des‐restauradora.
En definitiva, cos plans directores citados, ademáis doutros, se poden establecer os seguintes criterios e instrumentos:
Un xuicio‐crítico e de valor para o discernimento de Ben‐cultural as súas características, os seus cualidades e valores, a súa intensidade, etc.
195
Unha conservación‐crítica, dentro da triple tensión conservación–restauración‐matemento, concepto máis axustado que o de restauro‐crítico, habida conta que, incluso Marco Dezzi Bardeschi, representante importante dos criterios da conservación‐integral, admite sen lugar a dúbida certos niveis de intensidade restauradora, como vimos lembrando. Ou o que é o mesmo, unha actitude crítica da conservación manifestada tamén na evolución dos criterios da restauración‐critica como resultas do debate e as exixencias da síntese superior cultural na que se inserta a resignificación dos obxectos e inmobles que expresan a actividade da humanidade e a creación duns suxectos derivados de todo elo, despois de que os suxectos creasen eses obxectos resignificados.
Unha conservación‐crítica, onde o xuicio‐crítico e de valor discerne se é un simple ben cultural e un obxecto ou inmoble instrumental que debe ser conservado, primeiro, ou, segundo, se é sobranceiro, ou sexa BIC, se posúe valores culturais excepcionais que, pola súa importancia, deben ser conservados e, si fose o caso, restaurados igual que os segundos; ou, terceiro, se é unha obra da humanidade, que ademáis posúe valores engadidos tanxibles e intanxibles, materiais ou inmateriais, valores do espítiru (goce histórico, goce cultural, os que se veñen chamando propios da dimensión artística, culturais ou outros).
Uns plantexamentos integrais tranversais e interdisciplinares que se concretan en plans directores, como é o caso dos Plans Directores citados, onde as propostas de conservación‐críticas actúan co preámbulo dun xuicio‐crítico e de valor previo, cuios contidos ou capítulos están supeditados á disciplina da conservación‐crítica e ás características do propio Ben‐cultural. De tal maneira que a súa historia‐crítica, a súa razón‐de‐ser, contemple, tamén, os materiais, prácticas e sistemas constructivos históricos das fábricas do monumento para poder desenvolver as intervencións dentro da triple tensión: conservación‐restauración‐matemento. E un eslabonamento coa liña de beleza restauradora propia, que nace da simbiose entre a funcionalidade fundacional ou outras históricas posteriores, a idealización relixiosa, litúrxica e cultual do Templo Católico, a Catedral de Santiago e a súa Capela Maior ou a Catedral de Tui; ou a do Palacio medieval, a do Palacio de Xelmírez; ou a ilustrada do concepto de fortaleza, Castelo e fortaleza de San Felipe; introspectadas e aireadas polos seus Plans Directores para coñecemento, difusión e conservación‐crítica do monumento, concretada no proxecto crítico e, despois, na dirección de obra crítica, a cal pecha o proceso coa súa obrigada, sempre, reversibilidade derivada das diferentes dúbidas razoables que o proceso científico obriga á Conservación Crítica.
196
¿Cómo entender as actuacións dentro da tensión conservación‐restauración‐matemento nos BICs e o seu contorno?: como a continua axuda convinte para o matemento do monumento, que é como dicir a súa conservación crítica. Esto implica o respecto ás técnicas históricas, tal como afirman Gabriel Ruiz Cabrero e Rafael Moneo respecto á Mezquita de Córdoba: “dado que foi o sabio uso que das mesmas que se fixo na Mezquita o que xustificá a recuperación de técnicas esquecidas, non parecendo axeitado, dada a importancia que nela teñen os aspectos constructivos, prescindir dos sistemas empregados, aínda que resulte difícil facer uso dos mesmos nos nosos días.” … “Aínda que esta vontade de veracidade que exixe a estricta correspondencia entre termos constructivos e elementos arquitectónicos pode parecer hoxe excesiva, e incluso inxenua, pensamos que, nun monumento como a Mezquita, manter os principios de congruencia e veracidade constructiva é absolutamente necesario.”
Tamén se procurou ter en conta outras consideracións que coinciden coas descritas no artículo citado de Ruiz Cabrera e Rafael Moneo e que facemos nosas casi textualmente:
Aceptar o Castelo de San Felipe, poñamos por exemplo, tal e como chegou aos nosos días, asumindo críticamente a súa complexa e rica historia. Este respecto crítico debe ser inspiración de calquera proxecto de intervención, xa sexa proposta u obra.
Prestar atención ao contorno do Castelo de San Felipe, en tanto que parte dun sistema máis complexo encargado da defensa da ría, do Arsenal Militar e do porto de Ferrol, é dicir, da súa cidade e territorio, xa que, como parte da arquitectura da cidade, esta se verá afectada pola actividade que se xenere no seu contorno.
Introducir, se fose necesario, elementos actuais, con extrema discreción, procurando evitar calquera protagonismo frente ao do Monumento e incluso evitar a perda das pátinas históricas e do tempo.
O Plan Director, partindo destas premisas, se constitúe como un punto de partida para a reflexión sobre os criterios de intervención sobre o ben cultural que é o noso obxectivo, buscando as solucións arquitectónicas ou tratamentos aos problemas de degradación e conservación da súa razón de ser, así como a introducción de usos compatibles que sirvan como factores positivos de conservación, de xeito que os seus valores tanxibles e intanxibles, inmateriais, sexan perfectamente accesibles polas personas, destinatarios únicos de todo feito arquitectónico, e a restauración‐conservación tamén o é, e motivo final de toda arquitectura.
Como parte desta invitación previa ao proxecto, convén ter en conta os criterios de intervención no patrimonio arquitectónico suscritos na CARTA DE VENECIA,
197
a Lei 16/1.985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Espanol, a Lei 8/1.995 do Patrimonio Cultural de Galicia, así como calquera outra referencia relacionada.
4.1. CONCLUSIÓNS
O ou os BICs, obxecto e fin do Plan Director de Conservación Crítica
Dende o comezo dos traballos elaborados en diferentes Plans Directores, vencellados a outras experiencias recollidas polos seus equipos redactores en relación coa súa cidade ou territorio histórico, de Ferrol e o propio Arsenal Militar, a cidade de Santiago ou a cidade de Tui, entendimos o monumento, “memento”, memoria, dende unha comprensión que, partindo de Aldo Rossi, supera a individualidade da artisticidade do monumento para consideralo como unha parte dunha obra de arte dunha escala maior, que non é outra que a propia Ría e a cidade de Ferrol, ou a cidade histórica de Santiago ou de Tui, Citando a Rossi: “tódalas grandes manifestacións da vida social teñen en común coa obra de arte o feito de nacer da vida inconsciente: a un nivel colectivo no primeiro caso, individual no segundo; pero a diferencia é secundaria, porque unhas son producidas polo público, as outras para o público; e é precisamente o público quen lles proporciona un denominador común”, que resulta así nunha experiencia identitaria de diferentes “mementos”, non excluíntes e sen límites eslabonados entre sí. O BIC e o seu territorio histórico se constrúen solidariamente adaptándose un ao outro, o seu tempo e o seu espacio tamén. De ahí que o BIC non o é sen o seu tempo e o seu espacio ou territorio que o contén, e se non son percibidos á vez ou non están coñecidos dende o mesmo sentimento emocional, individual ou colectivo. O público ou a sociedade e os seus individos, coa manufactura dos feitos artísticos transforman a materia, a manipulan e a poñen ao servicio dunha razón e dunha idea para si e para a sociedade, de ahí que a característica da arquitectura e a súa forma sexa a de ser unha arte social ao servicio da sociedade que lle exixe, ademáis, a funcionalidade e, a través do seu coñecemento emocional, a experiencia de ser entendida como cultura material e espiritual.
Do mesmo xeito que Halbwachs aprecia nas características da imaxinación e a memoria colectiva o carácter propio dos feitos urbanos, entendemos aos BICs citados como condensadores dunha memoria histórica individual, pero ao mesmo tempo, memoria colectiva da construcción da cidade, do seu territorio e do seu pais; na fortaleza de San Felipe Ferrol, por exemplo, da súa cidade, do seu arsenal, do seu porto e da súa ría. A presencia dun porto enmarcado na especificidade do territorio da ría de Ferrol o convirte nun enclave idóneo para unha funcionalidade militar, polo que xa en tempos de Felipe II se inician as actuacións para situar un emprazamiento militar, arsenal e astilleiro naval na protocidade ferrolá. Se inicia, dende ese momento, unha complexa dinámica de construcción urbana e territorial, donde a implantación do arsenal require da adecuación defensiva do territorio e da construcción de fortificacións que proporcionen o axeitado resgardo. Así, xa neses momentos de Felipe
198
II se constrúen as primeiras estructuras do Castelo de San Felipe e da defensa do porto comercial, as cales, en conxunto co castelo da Palma, ou de San Martiño e as diferentes baterías ao longo da ría, constitúen un sistema triple de protección da entrada ao porto e o arsenal militar, e núltimo termo, defensa da Cidade Vella de Ferrol, da Cidade Borbónica e da Ría.
É, sen embargo, a partir de 1.730, coa monarquía borbónica xa consolidada trala guerra de sucesión, cando a construcción do Castelo de San Felipe se convirte nunha actuación prioritaria na defensa do astilleiro e do arsenal militar, vencellado ao conxunto de defensas costeiras que protexe a bocana da ría, é dicir, o Castelo de Nosa Señora da Palma, a batería de San Carlos, as baterías de Doniños e Cabo Prioriño, e as defensas nas praias que flanquean a ría. E neste impulso borbónico subxace unha manifesta revolución no ámbito do funcionamiento militar das nacións, onde unha vez amortizado o impulso imperialista ávido dunha expansión de territorios cunha vocación militar ofensiva, os ideales ilustrados impulsan unha visión que condena explícitamente a guerra de conquista e ocupación, plegando o discurso militar cara unha apoloxía das virtudes da defensa e a disuasión armada. Así, a construcción militar se concibe como un elemento que asegura a vida civil, unha actuación defensiva próxima ao civil e incluso como parte irrenunciable deste ámbito, sustraéndoa ao territorio exclusivo da esfera militar.
A partir de agora, a medida da potencia dunha nación é a capacidade de disuasión e resistencia á amenaza, mentras que a guerra ofensiva xa non é o parámetro natural da acción do Estado. Por tanto, o simbolismo da cidade nova adopta unha concepción protectora, reflexo do deseño mesmo do estado, extendido como unha rede espacial culta que impulsa unha concepción militar do territorio; prioritaria sobre calquera outro valor. A construcción da Fortaleza de San Felipe non fai senon responder a estes novos valores defensivos da ilustración, quedando materialmente construida a relación equilibrada entre o ámbito militar‐defensivo e o civil‐urbano, imbricando ambos discursos nunha unidade construida no territorio da ría de Ferrol que hoxe entendemos unitariamente como unha obra de arte singular e irrepetible.
Para o trazado definitivo da Fortaleza de San Felipe, frente a os deseños iniciais da época de Felipe II, o desenvolvemento tecnolóxico da artillería e os seus requerimentos en ángulos de tiro, alcance efectivo, movemento de municións e equipamentos, protección ante o fogo inimigo, movementos de tropas, etc, impoñen unhas condicións funcionais que redefinan a arquitectura do monumento. Así, nestes momentos é necesario recurrir aos novos estudios de fortificacións artilladas da ilustración (revisando os grandes exemplos do renacemento e do barroco), cunha clara inspiración francesa, que estudia a xeometría idónea para maximizar a eficacia da artillería, tanto en cobertura superficial, como en alcance do canón. Pero por outra parte, unha fortificación costeira non só debe ser eficaz frente ás agresións marítimas, sexan navais ou da infantería desembarcada, senon que se require unha importante defensa frente á posible intervención da infantería terrestre. De este xeito, na Fortaleza de San Felipe se superpoñen dous sistemas defensivos extremadamente
199
precisos e especializados. Por unha parte, unha batería naval, disposta en forma de dúas liñas de artillería en sentido paralelo ao da navegación a través do estreito canal da ría, que, en conxunción coas baterías do Castelo da Palma no lado oposto da ría, proporciona un fogo cruzado que resulta decisivo frente a unha invasión naval. Pola súa parte, para a defensa de terra, o Castelo de San Felipe recurre a un complexo sistema defensivo formado por dous baluartes que flanquean unha cortina artillada. A esta fortificación primaria se superpoñen defensas auxiliares e complementarias: edificacións denominadas capoeiras que protexen os flancos laterais e proporcionan apoio para a fusilería e a artillería, un foso perimetral protexido polo revellín, primeira liña defensiva e que permite un movemento de tropas a cuberto do fogo inimigo, e finalmente, unha construcción dunha topografía, ou glacis, que canaliza e restrinxe o movemento de terras ao tempo que impide a cobertura inimiga ofrecendo sempre un blanco fácil para a defensa do castelo.
A esta complexa interacción funcional se superpoñen nas necesidades propias dunha residencia militar, aloxamento e manutención de tropa e oficiais, abastecemento de agua, sistemas sanitarios e de evacuación, etc. Esta superposición, polivalencia de usos, propia dunha economía militar onde se optimizan tódolos recursos dispoñibles, é fácilmente visible nas capoeiras, onde a crianza de animais de corral e o acopio de víveres se compatibilizaba coa funcionalidade defensiva do elemento. Coexisten, por tanto, dúas ou máis razóns fundacionais distintas no conxunto monumental. Por unha parte a máquina militar en sentido estricto, unha optimización de ángulos de batida, movementos e fluxos de tropas e equipamentos a resgardo do fogo inimigo, etc. Pero por outra, o castelo nos mostra un ámbito estrictamente doméstico, unha condición de espacio habitable e humanizado, que se plasma nos ámbitos residenciais da tropa e dos oficiais, na residencia do gobernador, nas instalacións auxiliares necesarias para dar sustento á función residencial ou na presencia de elementos vexetais que suavizan a dureza da máquina militar.
Estas consideracións e reflexións derivadas do Plan Director, que a xeito de exemplo se resumiron nos párrafos anteriores, de igual maneira se puideron comprender dende outros Plans Directores con e dende os seus programas iniciais ou fundacionais e os seus usos históricos derivados, xa sexan palaciegos, cultuais‐litúrxicos e/ou artísticos.
Aquelas duplicidades de funcións constitúen un primeiro punto de aproximación no proceso de definir unha utilización contemporánea do B.I.C., ao efecto de compatibilizar os novos usos propostos para o monumento co seu carácter doméstico e institucional. A conservación, protección e difusión dos valores contidos que xustifican o seu valor de patrimonio cultural deben atopar vehículo de expresión a través das novas funcións e usos incorporados ao monumento, no caso que os históricos non foran posibles ou convintes conservarlos e/ou restauralos para o que resulta imprescindible recoñecer esta dualidade de usos, comportamentos e personalidades recoñecibles na súa razón de ser e na razón do ser do Patrimonio Cultural.
200
O discorrer do monumento ao longo do tempo está estreitamente vencellado á evolución tecnolóxica no campo dos usos históricos específicos e os programas iniciais ou fundacionais. No caso da artillería militar a implementación de sucesivas melloras na artillería, pasando dos canóns de ferro de carga frontal sobre cureñas a os canóns de retrocarga de ferro ou aceiro, con estructuras articuladas que permiten o xiro e absorben o retroceso, introduce unha menor necesidade de pezas de artillería para cubrir o mesmo espacio defensivo ou ofensivo. Igual efecto ten o incremento do poder explosivo da munición no número de pezas. Pero esta evolución tecnolóxica implica outras necesidades específicas que obrigan á construcción e/ou adaptación de novos emprazamentos artilleiros, materializados nas reformas das baterías acasamatadas na batería baixa do lado de poñente, a finais do século XIX.
Pero a partir do século XX, o vertixinoso progreso tecnolóxico, incluso acelerado no ámbito militar espoleado polos conflictos de dimensión universal, conduce a un progresivo e imparable abandono da funcionalidade defensiva da Fortaleza de San Felipe e do sistema defensivo da ría de Ferrol en conxunto. Dende entón, o monumento é utilizado para funcións de segundo orde, tal como residencia de arrestados, cárcere militar, etc, Pero estas funcións menores cobrarán unha significación especial na memoria colectiva contemporánea ao ubicar no monumento un centro de detención de represaliados, antes e durante a guerra civil española e os anos de posguerra posteriores. As actividadees represivas do máximo grao que tiveron lugar baixo o acubillo do monumento levadas a cabo nese período de guerra e posguerra, configuran un capítulo de especial sensibilidade dentro dun contexto contemporáneo de revisión e recuperación da historia, de restauración da memoria de aqueles feitos históricos, polo que exixiron ao seu Plan Director extremar a delicadeza, cunha actitude contida e respectuosa, dacordo aos desexos e sensibilidadees comunmente expresados, tanto por parte das intitucións sociais como das administracións públicas.
Finalmente, trala desafección militar do Castelo, se inicia no monumento unha etapa caracterizada pola súa apertura ao público para a difusión dos valores culturais e/ou patrimoniais contidos no B.I.C. Se realizan labores de restauración parcial de certos ámbitos do monumento, tales como a cuberta da Casa do Gobernador no Patio de Armas, o almacén de cureñas e os edificios vencellados ao acceso de público e ao control e postos de persoal. Existe unha intención de musealización do monumento levada a cabo dunha forma extremadamente precaria, a través da ordenación dun percorrido expositivo disposto a través de paneis explicativos, que resultan desconexos, inaxeitados e insuficientes. Igualmente se constata a dificultade de conservar e manter o monumento pola extremada carestía de medios materiais e humanos, tal que se produce o derrubamento das estructuras de cuberta da última residencia do gobernador no tempo que dura a redacción do seu documento. Esta situación de matemento e conservación asistemática do monumento, e dunha precaria musealización e difusión dos seus valores, se convirte, ao noso entender, e dacordo coas intitucións que custodian e protexen o patrimonio cultural, no elemento fundamental que impide a súa conservación, protección e difusión. Para
201
o seu Plan Director, atopar as alternativas de uso, xestión e explotación do monumento axeitadas e compatibles coa súa naturaleza e a súa razón de ser, capaces de xerar os recursos materiais e humanos que permitan a súa conservación sistemática e sostible, debe constituirse nunha razón primordial de actuación, nun elemento estructurador das distintas propostas de intervención e conservación contidas no Plan Director do Castelo de San Felipe.
4.2. Das fábricas e o seu mantemento ou conservación
A través do corpo documental contido nos Plans Directores, no seu conxunto de estudios de información e diagnóstico, é posible articular unha comprensión do monumento e da súa arquitectura construida. Falamos aquí do aspecto material do ben cultural, dos seus espacios conformados polas súas fábricas, as súas estructuras, cómo é o seu estado de conservación e qué axentes e cáles son os procesos que provocan o seu deterioro. Pero igualmente importante é a relación entre o feito material construido e a especificidade histórica, social e económica que o convirten nun elemento arquitectónico irrepetible, contedor de valores documentais e históricos que, en conxunto cos seus propios valores artísticos e estéticos, conforman a súa razón de ser como monumento.
Os capítulos de información histórica dos Plans Directores poñen en valor o significativo contexto histórico que envolve a construcción dun BIC. Por unha parte, unha transformación dos significados de conceptos previos ligados ao valor das nacións‐estado como expresión cultural e social, consecuencia directa da introducción dos novos valores dos seus diferentes tempos históricos no exercicio crítico dos profesionais da historia. A oposición ao debate crítico dos tempos precedentes, así como a visión ilustrada do seu discorrer físico cara o presente e/ou futuro ao servicio da sociedade civil, configuran un novo escenario histórico que redefine o vínculo entre os usos históricos e o seu contexto territorial e urbano, co obxectivo da pervivencia da continuidade da súa percepción de excelencia, e dos usos fundacionais culturais e funcionais recreandoos críticamente ou non.
Estes procesos históricos abstraídos teñen, sen embargo, unha materialización concreta nas fábricas do monumento. En contraste con anteriores modos de actuación, que introducen criterios novedosos de economía, racionalidade constructiva, confrontación técnica das diferentes opcións de proxecto e/ou a introducción dos novos coñecementos técnicos ou tecnolóxicos que nacen do ámbito civil ou institucional. Os documentos históricos recollidos nos vaciados documentais desvelaran concepcións distintas da obra pública, institucional ou privada, da que podemos salientar as seguintes conclusións:
O proxecto, ou trazas, en tanto que logo é obra e que polo proceso da percepción se fará pública sen importar o seu carácter, é obxecto
202
dunha supervisión administrativa ou institucional. Os planos das fases de obra son remitidos a elas para a súa aprobación, autorización ou coñecemento o que implicá discusión e revisión nas súas diferentes esferas, aportando valor ao proceso de proxecto. Todo elo conformóu un rico patrimonio documental directo, solidadrio e imprescidible para o seu coñecemento
Existe unha adaptación das ideas preconcebidas á realidade económica e técnica do contorno socioeconómico do monumento. Se sustitúen técnicas e materiais constructivos herdados de experiencias previas, como consecuencia dunha toma de posición en favor dunha maior economía constructiva e unha mellora na propia obra. Así, se pasa da realización de fábricas e bóvedas, mediante un proceso complexo de toma de decisións que inclúe probas das técnicas constructivas sustituidas baixo condicións locais, (contrastando a da proposta orixinal máis abstracta coa concreción da realidade de operarios e a disponibilidade dos materiais á hora de intervir), modificación das condicións económicas co contratista, etc.
Supervisión da propia obra, ao obxecto de garantir a súa escrupulosa realización e a honestidade dos axentes participantes. Se cotexan e comproban os capítulos de obra contratados cos realmente executados, para logo ser supervisado e poder tomar as accións correctoras oportunas…
Os documentos públicos xerados ao longo deste proceso son obxecto de rexistro e arquivo documental. Deste xeito, a experiencia acumulada por parte da administración pública ou as diferentes institucións se sistematiza, actuando como un corpo basamental sobre o que poder exercer o xuicio crítico e o perfeccionamento dos procesos que serán postos en escea nos sucesivos exercicios desas institucións.
Por tanto, os factores de deterioro que atopamos nas fábricas pertencen ao ámbito da conservación, do matemento, da adaptación racional e da acción dos axentes naturais e, en casos, a unha mala utilización do monumento que fora incompatible coa súa propia naturaleza.
O Plan Director, a través dos distintos traballos de diagnóstico recollidos no documento, recoñece no matemento e a conservación asistemática o principal factor de deterioro que lesiona a capacidade do monumento para transmitir os seus valores contidos. Pero ao mesmo tempo, unha conservación‐matemento asistemática é, en sí mesma, o resultado da acción de causas de orde superior no ámbito da protección do patrimonio, que teñen a súa orixe, en última instancia, na incapacidade das institucións encargadas da súa tutela para dispoñer efectivamente os recursos sociais, económicos, humanos e de xestión necesarios para atender ao extenso catálogo de
203
elementos patrimoniais e Bens de Interese Cultural atesorados pola sociedade. Así, unha desafección do uso ou usos preexistentes na maioria das veces terminan en convertirse nun uso exclusivamente cultural, é dicir, de predominio como B.I.C., sen un proceso de intermediación que dispoña unha planificación sistemática da conservación‐restauración‐matemento e xestión, promoción e difusión do monumento. En consecuencia, na maioría dos casos, se acomete unha peculiar e escasa musealización do monumento mediante intervencións asistemáticas que actúan sobre a materia‐imaxe e sobre a materia‐estructura sen a necesaria reflexión e xuicio‐crítico previos a todo acto de restauración. Se deseña un percorrido expositivo acompañado dunha musealización precaria do monumento que, se ben voluntariosa, é manifiestamente insuficiente para a compresión do monumento e a súa compresión como fito cultural contextualizado. E ao mesmo tempo, se introduce unha restauración acrítica e asistemática, a xeito de obras de urxencia, que obvian a naturaleza das fábricas e as técnicas constructivas, utilizando materiais inaxeitados e técnicas contemporáneas que desvirtúan a experiencia do monumento. Máis, esta conservación asistemática se ve agravada pola incapacidade dos administrados, institucións privadas e/ou administracións públicas para levar a cabo un matemento sostido do monumento e dotalo de contido (feitos constatados polos propios Plans Directores), o que conducíu á ruina das estructuras de certas partes dos BICs.
Este catálogo de actuacións asistemáticas de conservación‐matemento, e as lesións xeradas en consecuencia, son, a veces, amplas e extensibles á totalidade do edificio. O Plan Director, a través dos seus documentos de diagnóstico, debe facer un exhaustivo estudio das lesións constatables no monumento, separándoas en dous ordes diferenciados: lesións sobre a materia‐estructura e lesións sobre a materia‐imaxe. Respecto ás primeiras, se distinguen, principalmente, as lesións provocadas polos axentes atmosféricos e naturais sobre o soporte material das fábricas, acción das humidades e das colonias biolóxicas e de vexetación de porte que invaden as fábricas, tales como algas, líquens, organismos briófitos, vexetación de porte, etc. No grupo das lesións sobre a materia‐imaxe se engloban as alteracións das fábricas que afectan á súa integridade, tales como a perda de material por disgregación do granito, arenización, erosión superficial, fracturas, gretas; a incorporación de elementos que se definen como alleos á razón de ser do monumento, incompatibles cos seus valores histórico‐artísticos; alteracións superficiais dos paramentos tales como manchas, eflorescencias, perdas dos revestimentos ou introducción de rexuntados e enfoscados impropios; intervencións de consolidación con materiais alleos ás fábricas, etc.
A actuación sobre os axentes que interveñen no deterioro deben fundamentarse, tal como entenderon tanto as intitucións que tutelan o patrimonio cultural como os membros dos equipos redactores, na consecución dunha restauración‐conservación‐matemento contida (prudente e equilibrada) que non poña en estrés ás fábricas e ao espacio arquitectónico e que sexa sostible no tempo, mediante a autoxeración de recursos pola explotación do monumento a través de usos compatibles coa súa naturaleza. A este respecto o Plan Director debe acometer unha introspección na razón de ser do monumento, na idea arquitectónica e por tanto na
204
súa forma resultante, na búsqueda e comprobación daqueles usos compatibles cos valores que xustifican a protección e conservación do Ben Cultural e que ao mesmo tempo dispoñan da potencialidade suficiente para garantir a razón do ser do patrimonio cultural, é dicir, o recoñecemento dos seus valores individuais e colectivos identitarios, o seu matemento, promoción, difusión, uso e disfrute e a garantía do seu matemento e autenticidade e a súa transferencia ás xeracións futuras. Se debe optar, se o uso fundacional non se pode conservar ou restaurar, entón, por unha dualidade de uso cultural‐turistico ou cultural‐institucional “contido” que, en esencia, recolla a propia naturaleza dual do monumento en canto máquina social‐institucional e de habitar. Un uso institucional, ou turístico e cultural vencellado a unha musealización do monumento no conxunto da comprensión do sistema de museos e da súa rede específica, entendendo o monumento como a restauración da cidade e o territorio. E un uso turístico en calidade enlazado, como unha instalación que potencie o valor turístico‐cultural da explotación existente, e que ao mesmo tempo, poda xestionar a restauración primeiro e a conservación despois do monumento a través dos recursos derivados da explotación institucional ou comercial do servicio hosteleiro.
A partir deste momento, a conservación‐restauración‐matemento do monumento pode desenvolverse como unha conservación sistemática e preventiva que, atendendo aos criterios da conservación crítica, poda exercerse dunha forma “contida” e sostible, facendo posible a experiencia do monumento e a comunicación dos seus valores contidos, no Ben Cultural (no uso cultural, hosteleiro, institucional ou turístico), que non é senon a expresión concreta da nosa intelixencia colectiva.
Para restaurar o soporte material, a materia‐estructura, dacordo aos criterios teóricos dunha conservación crítica expostos ao longo deste documento, o Plan Director debe introducir unha proposta de intervención de restauración das fábricas que actúa sobre as causas inmediatas do deterioro e recupera a lexibilidade da arquitectura. Neste sentido, debe propoñer, por exemplo, a eliminación de morteiros de cemento de xuntas e revestimentos e a restauración dos morteiros tradicionais de cal, a consolidación, desalación e limpeza do soporte pétreo, a retirada de vexetación de porte, algas e briófitos, así como a consolidación e restauración de fábricas para evitar a circulación de humidades polo interior das estructuras. Igualmente se debe diagnosticar e propoñer a restauración do sistema hidráulico de evacuación para controlar a acción das augas pluviais sobre os paramentos e as estructuras do monumento.
Estas e outras actuacións comprendidas nas propostas de intervención orientadas á conservación‐restauracion‐rehabilitación da materia‐estructura do monumento constitúen o basamento, o estrato inicial, sobre o que os sucesivos proxectos de restauración‐rehabilitación contida deben introducir e ordenar os usos compatibles sinalados anteriormente. Estes proxectos, que deberán ser desenvolvidos segundo os criterios de conservación crítica que oriente o Plan Director, poderán elaborar máis exhaustivamente as propostas de conservación‐restauración, dacordo á propia experiencia recollida no Plan Director e ás necesidades funcionais de cada un
205
dos espacios sobre os que se interveña. Esta proposta base de restauración do soporte pétreo ofrece unha posición metodolóxica inicial que da resposta á conservación do monumento e á lexibilidade dos seus valores contidos.
4.3. Do contorno
“En canto arrincas a pintura do seu contexto e, o que é aínda máis importante, imaxinas que carece del, empezas a pensar que as xeralizacións ou as simplificacións xustificadas son formalizacións.” (John Berger, “Un pintor de hoxe”, px 219; Alfaguara, 2002). Esta sensibilidade que entende a indisociabilidade da obra de arte respecto do seu contexto, sexa este un marco moble, inmoble ou territorial, recollido na totalidade das normas vixentes que velan pola protección e conservación do patrimonio cultural, non é outra cousa que o recoñecemento da necesidade de enfocar a conservación do monumento a tódalas partes que o compón, incluido o seu contexto. Por tanto, o contorno do monumento non ten que ser alleo á diagnose e xuicio crítico e de valor, en tanto se entenda a súa indisociabilidade do Ben de Interese Cultural, que obriga á conservación da obra e do seu contexto.
Por outra parte, Rossi nos lembra a unitaria concepción entre a cidade e o monumento ao referirse á artisticidade dos feitos urbanos en tanto que creación colectiva. “A cidade e a rexión, a terra agrícola e os bosques se convirten na cousa humana porque son un inmenso depósito de fatigas, son obras das nosas mans; pero en canto patria artificial e cousa construida poden tamén testemuñar valores, son permanencia e memoria. A cidade é a súa historia”. Así pois, a construcción da cidade e do territorio son depositarias de valores da mesma naturaleza que os que se relacionan co monumento, en tanto construccións humanas, partícipes dunha comprensión unitaria, “construcción última dunha elaboración complexa”.
A necesidade de exercer o xuicio crítico sobre o monumento, e por extensión sobre o contorno vencellado á súa propia naturaleza, fixo necesaria unha reflexión fonda acerca da relación entre o lugar, os homes e a obra de arte, que é “o feito último que conforma e dirixe a evolución segundo unha finalidade estética”. Esta preocupación polo lugar ten antecedentes importantes, recollidos polo planeamento vixente en forma dunha especial protección mediante a figura dun Plan Especial proposto para o contorno do monumento e para o menumento mesmo, que introduce un primeiro achegamento á necesidade de extender a protección e conservación do B.I.C. a o seu propio contorno.
O Plan Director debe facer seu este punto de partida, desenvolvendo un diagnóstico e xuicio crítico sobre o contorno inmediato do BIC, e establecer o avance dun Plan Especial que, tendo como epicentro a conservación, protección e difusión do B.I.C., extenda a protección dos seus valores contidos a os intrínsecos do territorio vencellado ao monumento. Este diagnóstico e xuicio crítico parte dun estudio das
206
cualidades xeográficas, físicas, etnográficas e culturais do contorno, da tipoloxía dos núcleos sostenedores ou sostidos, do tipo de vivendas, da forma de ocupación e do uso do solo, das vías de comunicación que enlazan o BIC, e da súa relación co territorio, as súas unidades paisaxística e a propia cidade, se fora o caso.
O avance do Plan Especial que se propoña atendendo á protección do contorno do B.I.C., do seu patrimonio edificado e dos seus valores paisaxísticos, naturais e ambientais, recollerá ou adaptará a proposta inicial do planeamento municipal, se o hobera, para a ordenación do mesmo e o seu contorno, a través dunha solución programática que intervén no ámbito para distribuir os usos do solo, os percorridos e itinerarios rodados e peonís, e a funcionalidade institucional ou hosteleira‐turística‐cultural incorporada ao monumento, de xeito compatible coa unidade entre o Ben de Interese Cultural e o seu contorno inmediato.
O estudio do ben cultural, os seus usos históricos documentados e a súa funcionalidade a través das distintas etapas históricas, como soporte dunha conservación crítica, permitirá definir uns valores funcionais compatibles coa naturaleza do monumento, ao obxecto da introducción contida de novos usos que permitan unha conservación sostible do monumento. A través do estudio da compatibilidade de usos, o Plan Director determina a viabilidade dun uso museístico‐cultural, en coexistencia cun uso institucional ou turístico‐hoteleiro‐hosteleiro, en sintonía coa doble funcionalidade do ben cultural, en canto máquina social e máquina habitable. Pero ao mesmo tempo, a análise do monumento que conduce ao coñecemento dos límites e esforzos aos que se pode someter o monumento sen violentar os seus valores contidos, a súa carga documental e o seu valor artístico, suxiren a necesidade de desplazar, a veces, parte dun programa como o turístico‐hoteleiro, totalmente incompatible coa naturaleza do ben cultural, o que, ao tempo que evita o expolio do B.I.C., permite a sostibilidade e viabilidade económica do uso proposto.
O Plan Director instrumentaliza ese avance de Plan Especial como unha ferramenta que, ao servicio do monumento, permita encaixar unha funcionalidade superposta ao B.I.C. capaz de xerar as potencialidades necesarias para permitir unha conservación‐restauración‐matemento sostida no tempo, dun xeito compatible coa naturaleza e a razón de ser do monumento. Se ben a forma de abordar esta nova funcionalidade será obxecto de comentarios e reflexións solidarias nos diferentes capítulos do seu Plan Director, é necesario sinalar a oportunidade do Plan Especial, ou de respecto, para introducir un espacio propio para o uso enaxenado e compolementario, na forma dunha proposta vencellada ao propio BIC, o seu contorno e a súa unidade paisaxística pero externa a éste, se o BIC non o pode asumir na compatibilidade de usos, ensamblada ao territorio e ao ben cultural, pero respectuosa co contorno cercano e a súa zona de respecto, os límites de protección do B.I.C. e as cautelas, tanto de respecto ao B.I.C. como do contorno no que se interven, que faga técnica e económicamente posible a actividade institucional ou turístico‐hoteleira proposta.
207
Ao ordenar os usos no contorno do monumento, o Plan Especial se convirte nun instrumento necesario e imprescindible para dar resposta a unha problemática complexa que afecta ao contorno dun monumento e á súa propia relación coa cidade e o territorio. Sendo un contorno rural, ou urbano, ou rural‐urbano, xa que as trasposicións culturais recentes que, moitas veces se sufriron, deben ser tidas en conta de forma crítica que poden ter reconvertido o ámbito estrictamente rural ou urbano do territorio, en canto lugar de residencia‐dormitorio, o que implica un abandono do medio rural como soporte da actividade productiva, ou o cambio das características dos usos da cidade. O cambio do valor do solo, cun trasvase do valor edafolóxico ao valor de uso e do valor de uso ao valor de cambio, pode someter ao BIC e ao territorio que o sostén, ou viceversa, a importantes tensións entre a conservación do contorno e do ben cultural e a necesidade de expandir o “urbano” fora dos seus límites tradicionais. Deste xeito, o contorno inmediato do BIC pode terse visto fagocitado por novas infraestructuras de apoio e pola presencia de edificacións recentes, cunha escasa afinidade cos valores propios do ben cultural e o seu contorno. En efecto, a propia colonización do contorno inmediato por unha estrada e/ou por unha instalación dalgún equipamiento dentro dos seus límites, constitúen en si mesmas lesións importantes, na materia‐estructura e na materia‐imaxe do ben cultural e na súa percepción, tan irreparables como as lesións materiais ou o colapso dunha parte do monumento.
A proposta de Plan Especial contida nun Plan Director deberá plantexar unha acción restauradora‐conservadora do contorno do monumento, facendo compatibles os usos propostos e a xestión do contorno cunha mellora das infraestructuras e dos servicios urbanísticos. Para elo se poderá proxectar unha ordenación dos fluxos e unha área de recepción de visitantes no ámbito dos viais históricos e aqueles que, compatibles, sexan capaces de dar servicio aos vehículos de transporte individual e colectivo, mellor éstes últimos, proporcionar aparcamento e canalizar a visita ao monumento e ao seu contorno. Do mesmo xeito, o Plan Especial poderá introducir unha ordenación de itinerarios peonís no contorno do monumento que fagan compatible as directrices do planeamento urbanístico respecto á ordenación dun espacio público, anónimo e “silencioso de imaxe”, co elemento de respecto vencellado ao monumento coa experiencia e o disfrute do ben cultural, o seu contorno e os seus valores contidos.
Unha aproximación á conservación‐crítica do monumento e do seu contorno, entendendo esta dualidade indivisible que é o ben cultural como parte da unidade da obra de arte maior que é o territorio, constitúe, en sí mesma, un acto de conservación‐restauración dos valores propios que constitúen esa unidade en obxecto dunha artisticidade emanada da súa condición de “únicum”, a súa especificidade e irrepetibilidade, naturaleza e complexidade dos feitos urbanos. Conservar, protexer, manter e restaurar o contorno do monumento é, en última instancia, actuar no territorio a través do BIC, reforzando a unidade indisociable de ambos no feito cultural territorial, feito artístico de manufactura colectiva e expresión social.
208
4.4. Dos usos compatibles e sostidos e da rehabilitación selectiva no contorno e no BIC.
A conservación‐restauración‐matemento do BIC dende o exercicio da conservación‐crítica emanada dun diagnóstico e xuicio crítico e de valor, parte dunha introspección do monumento e dunha reflexión sobre a súa naturaleza e razón de ser. Comprender o monumento dende a súa funcionalidade histórica, a resposta construida aos problemas do territorio e os seus diferentes tempos, é comprender a razón‐idea e forma íntima que configura a arquitectura do edificio e a súa relación co territorio. A razón‐idea e forma do monumento, dende as razóns sociais. Pero o monumento tamén tén unha razón de ser como arquitectura habitable, incluso durante períodos importantes de abandono, cando esta función é levada ata límites existenciais. Ambas realidades conviven no BIC como un todo unívoco, que configura a súa identidade máis basamental. Usos imbricados, entrelazados e compartidos, caras diferentes dunha mesma moeda. Con ou sen alteracións significativas das fábricas e da arquitectura histórica. Ao contrario, a súa compatibilidade directa coa estructura habitable do monumento permite asumir o novo uso con solución de continuidade, sen forzar nin violentar as fábricas históricas.
A sensibilidade recente, emanada dunha sociedade que reclama unha recuperación da memoria histórica e unha conseguinte reparación moral, en conxunto con este depósito histórico que a memoria colectiva proxectou sobre o BIC, obrigan ao Plan Director a manobrar con extraordinaria delicadeza, consciente da imbricación destes valores de memoria histórica cos valores histórico‐artísticos do monumento. Neste sentido, a proposta do Plan Director, consistente na materialización do recordo a través da súa conservación, en conxunto coa musealización dos espacios máis significativos vencellados aos sucesos históricos da historia edificatoria do monumento, debe interpretarse como unha actuación que, mantendo un actitude alonxada da exaltación sentimental e do morbo gratuito, manteña no recordo e na memoria colectiva os feitos históricos que, en conxunto coa materia‐estructura e a materia‐imaxe “afectada emocionalmente”, conforman a razón de ser do monumento, e fan realidade a razón do ser do patrimonio cultural.
Finalmente, nun proceso de lenta pero inexorable perda de funcionalidade, e, simultáneamente, de asignación de novos valores engadidos ao ser do BIC, o BIC pode ter quedado obsoleto e sen valor como instalación tipolóxica e funcional. Se inicia entón un proceso de desafección do uso fundacional, ao obxecto de incorporar a peza ao patrimonio común, trasladando ao público o uso e disfrute do Ben Cultural. Este proceso soe culminar coa adquisición do monumento por outra institución, mellor pública, momento no que se realizan actuacións de conservación‐restauración e musealización primaria do Ben Cultural, así como unha xestión da visita turística e cultural e incluso a través da súa vivencia dende o novo uso.
209
Tal como se explicou reiteradamente neste documento, o obxectivo primario dun Plan Director é acadar, mediante unha conservación crítica, unha restauración‐conservación‐matemento sistemática, “contida” e capaz de xerar os recursos necesarios para facer posible a razón do ser do patrimonio cultural a medio‐longo plazo. A introducción dun uso compatible coa razón de ser do monumento se configura, en opinión colexiada coas administracións que tutelan o patrimonio cultural e coa institución que ao final obstenta a administración directa do BIC, como o camiño viable para atender a esta doble exixencia: protexer‐conservar o monumento e xerar os recursos económicos e humanos para soster as anteriores. Tal como sinala a “Carta Cracovia 2000, Principios para a conservación e restauración do patrimonio construido”, a introducción dun uso “apropiado, compatible co espacio e significado existente”, no contorno e no monumento, pode convertirse nun factor positivo de conservación, por canto implican a continuidade da percepción identitaria e experiencia do monumento na memoria colectiva.
A través do diagnóstico e xuicio crítico e de valor, o Plan Director explora os distintos capítulos espaciais, materiais, estructurais, e a afinidade coa materia‐estructura e a materia‐imaxe que delimitan a compatibilidade dos posibles usos. En calquera caso, o uso ou usos propostos, ademáis da xeración de recursos, debía garantir, principalmente, a realización da razón do ser do patrimonio, o acceso da sociedade aos seus valores histórico‐culturais contidos, que, lóxicamente, exixiría unha musealización planificada, e un proxecto museolóxico e museográfico que permita o acceso sistemático ao coñecemento do monumento e á súa investigación. O uso museolóxico, uso prácticamente inherente ao valor de ben cultural, debía ser, finalmente a cualidade última que debería certificar a compatibilidade do novo valor de uso incorporado ao monumento.
Finalmente, o Plan Director dun BIC debe propoñer un uso dual do monumento, complementarios e compatibles entre sí e cos valores contidos no ben cultural. En primeira instancia, e como uso primario que da sentido á razón de ser do monumento, un uso museístico, unha musealización do monumento, os seus espacios e arquitecturas, pero entendendo éste como a comprensión del dentro dun sistema máis amplo, o do sistema do seu territorio histórico, comprendido como espacio e tempo, é dicir, como máxima e máis completa manifestación da cultura dun pobo. Este uso museístico debe introducir unha actividade museolóxica e museográfica que, a través dunha visita articulada e sistemática ao monumento e mediante os contidos e as técnicas museográficas necesarias, faga posible a transmisión e o acceso aos valores histórico‐artísticos, materiais e espirituais contidos no monumento e no seu territorio. Igualmente, a musealización do monumento debe impulsar a investigación sobre o ben cultural e a difusión do monumento, e do tecido que conforma a unidade territorial, ao respecto da súa especificidade e irrepetibilidade, do seu “unicum”. De igual seito, debe ser a función museolóxica a que estableza as accións de conservación sobre o monumento que garanticen a difusión, promoción e transmisión ás xeracións vindeiras, destino último de todo Ben de Interese Cultural.
210
Pola súa parte, o Plan Director debe poder introducir unha actividade turística, ou outras compatibles co monumento, capaz de xerar os recursos económicos, materiais e humanos que fagan posible a restauración‐conservación‐mantemento do monumento, como contrapartida á utilización dun inmoble dun altísimo valor patrimonial. Esta actividade turística e hoteleira, moi “contida”, se fose o caso, debe actuar como unha ferramenta capaz de modular o uso cultural, que pode incidir negativamente na conservación do patrimonio cando é abusivo, non planificado, e de dimensión e intensidade inapropiadas. De este xeito, o uso cultural superposto se plantexa como unha garantía para a conservación do monumento, sen menoscabo do dereito ao acceso á cultura e á experiencia e disfrute do patrimonio cultural por parte da sociedade, que é un dereito cuatelado pola Constitución e polo Estatuto de Autonomía.
En consecuencia, o Plan Director debe estudar a posibilidade de propoñer a introducción no monumento dun uso institucional ou turístico‐hoteleiro contido e selectivo, compatible en naturaleza e intensidade co monumento. Estes usos se poden concebir como un acordo de cesión de explotación privada, vencellado á conservación e matemento do monumento, de xeito que unha parte dos beneficios da actividade económica xerada revirta no propio monumento, permitindo a acción conservadora sostida no tempo. As características que debe reunir unha actividade institucional ou outra vencellada ao BIC, así como as condicións e cautelas que deben manterse para aminorar os seus impactos negativos se definirán nos documentos do Plan Director, así como a intensidade de uso, o programa de uso e a ordenación de espacios e tempos, facéndoos compatibles coa experiencia perceptiva do monumento para o visitante, a mellor posible se se materializa a través dun uso compatible co funcional histórico, é dicir, co uso institucional ou museístico e outros que o acompañan.
Pazo de Raxoi, 2º andar 15705 Santiago - A Coruña Tel.: +34 981957202