XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

14
Xornada de Xogos Populares Galegos CEIP Nº2 de TUI

description

 

Transcript of XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Page 1: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Xornada de Xogos

Populares Galegos

CEIP Nº2 de TUI

Page 2: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

A Mariola

Consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo

tempo co pé un anaco de pedra ou tella, seguindo certas

regras, a través dun percorrido establecido formado por

un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no

chan.

1

3 2 4

O Cadrado. Tírase a tella ao triángulo

1, empúrrase co pé ata o 2, o 3, o 4 e

outra vez ao 1. Logo hai que facela saír

do cadrado e saltar enriba da tella. A

continuación, lánzase a tella ao

triángulo 2 e faise igual que o anterior.

E así sucesivamente co triángulo 3 e 4.

1

2

3

4 5

6

7 8

O avión. Tírase a tella no cadrado 1,

sáltase por riba sen pisar neste cadro, á

pata coxa no cadrado 2, logo no 3,

despois cos pés abertos no 4 e 5, outra

vez coa pata coxa no 6 e cos pés abertos

no 7 e 8, onde se da a volta dun salto e

vólvese facendo o mesmo percorrido.

Ao chegar ao cadrado 2 recóllese a tella

e sáltase fóra. A continuación, lánzase a

tella ao cadrado 2 e faise o percorrido

igual que o anterior. E así

sucesivamente cos cadrados 3, 4, 5, 6, 7

e 8.

Page 3: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

O Baile da Pataca.

A Ra.

1. A Chave.

2. A Petanca.

Fanse parellas e cada parella ten que

ter unha pataca, que suxeitará coa

fronte (non se pode tocar coa man).

Mentres soa a música as parellas

terán que bailar. Ás parellas que lle

caia a pataca perden e serán

descalificadas. Volverá soar a música

ata conseguir que só quede unha

parella gañadora.

Variantes: Bailar coa pataca na

barriga, nas costas, na orella …

Á ra poden xogar 1 contra 1, ou

equipos de 2 contra 2, etc.

Cada equipo tirará 5 “pellos” que

lanzará cada vez un xogador distinto

tentando metelos na boca da ra,

dando no muíño ou meténdoos polos

buratos. A ra ten que estar a 4 m da

liña de tirada. Se un “pello” entra

pola boca da ra son 100 puntos, se

entra polo muíño ou polas fontes son

50 puntos e se entra polo resto de

furados son 20 puntos. Tira cada vez

un xogador de cada equipo e os

puntos vanse sumando aos acadados

polo seu equipo.

Page 4: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

A Chave.

A Goma.

Á Chave poden xogar 2, 4 ou 6

xogadores por equipo.

Cada equipo tirará 5 “pellos” que

lanzará cada vez un xogador

distinto tentando darlle ás aspas da

chave. A chave ten que estar a 10

ou 15 pasos da liña de tirada. Se o

“pello” dá nas aspas súmase 1

punto. Gaña o equipo que máis

golpes dea nas aspas, que será igual

ao número de puntos acadados.

En Liña: Nela apandan dous

xogadores e van poñendo a goma

primeiro á altura dos nocellos, segundo

á altura dos xeonllos, terceiro á altura

da cadeira, cuarto a altura do ombreiro,

quinto á altura do pescozo, e sexto o

máis alto que poidan. Tódolos

xogadores teñen que tentar pasar, e o

que non o consegue apanda.

En Triángulo: Nela apandan tres

xogadores facendo un triángulo á altura

do nocello e os xogadores teñen que

tentar recorrer a goma pisándoa cos

dous pés. Apanda quen non o consegue.

Se o conseguen todos, pásase a goma á

altura dos xeonllos, cadeira...

Page 5: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

As Buxainas.

Carreira de Cabazas.

A buxaina é un xoguete que

consiste nunha peza de madeira de

forma cónica, rematada nunha

punta de metal pola parte inferior,

que se fai bailar por medio dun

cordel.

1º A corda ten que estar tensa e

ben amarrada á man.

2º Lánzase botando o brazo cara

adiante e abaixo e despois atrás

nun golpe seco e forte.

3º Pódense facer campionatos por

parellas para ver que buxaina xira

durante máis tempo.

Fanse 2 equipos.

Haberá dúas cabazas, unha por

cada equipo.

Colocados por parellas, terán que

levar ou traer a cabaza desde

unha distancia previamente

sinalada.

A primeira parella lévaa, a

segunda tráea, e así

sucesivamente. Gaña o equipo que

remate antes.

Page 6: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

As Bólas

Os Zancos.

Utilízanse unhas bólas de barro ou vidro que se

fan rodar polo chan tratando de que choquen coas

do contrario para introducilas finalmente nunhas

fochas pequenas.

A Focha. Faise unha raia no chan e a 3 pasos

faise unha focha. Cada xogador tira a súa bola

tentando metela na focha. O que o consigue segue

tirando tentando meter as demais. As que

consegue meter gáñaas para si. Se perde, segue o

seguinte.

O Triángulo. Faise unha raia no chan e a 3 pasos

faise un triángulo, onde cada xogador mete unha

bóla. Faise unha tirada desde o triángulo cara a

raia. O xogador que quede na raia ou máis cerca

dela saca primeiro cara o triángulo. Se consegue

sacar algunha bóla do triángulo queda para el e

segue tirando. Se non pasa a vez para o seguinte.

Intentamos andar nos zancos por

parellas:

1º Aprendemos a subir e

aguantar un tempo sen caer.

2º Aprendemos a camiñar coa

axuda dun compañeiro.

3º Tentamos camiñar sós..

4º Tentamos subir de altura.

Page 7: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

A Boina e o Bastón do avó.

As 4 Esquinas.

Fanse 4 equipos. Cada equipo terá

un bastón, que terá que lanzar polo

aire, para que quede enriba da

boina, que estará situada a 10

pasos.

Tira un xogador do equipo

vermello, e despois o xogador

correspondente do equipo azul. O

que consiga que o seu bastón quede

enriba da boina suma un punto para

o seu equipo. Se ningún toca a

boina, suma un punto o bastón que

quedou máis preto da boina.

Márcase no chan un cadrado.

Xogan 5 xogadores en cada

cadrado, 4 situados en cada

esquina e 1 xogador no medio. A

voz de “Xa” todos os xogadores

teñen que cambiar de esquina e o

do medio tentará ocupar unha das

que queda valeira. O que queda

sen esquina apanda no medio e é o

que di “Xa”.

Podemos xogar por parellas

collidos da man ou en grupos de

tres.

Page 8: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Os Carozos.

As Chapas.

Cos carozos que dispoñemos temos que

tentar:

1º Ver quen do equipo é capaz de facer

a construción máis alta sen que caia.

2º En equipos de 5, hai que tentar facer

a construción máis grande. Para iso

deberase ir colocando un carozo por

quendas.

3º Equipos de 5: Con 10 carozos cada

un irá colocando un carozo. Se a

construción se derriba apaña os carozos

o último en poñer, e gaña o 1º en quedar

sen carozos.

Marcando cun xiz, faise un pequeno

camiño (non máis ancho ca unha

cuarta) con curvas, saída e meta.

Poden xogar 2, 3, 4 ou 5 xogadores.

Cada xogador coloca a súa chapa na

liña de saída. Botándoo a sortes cada

xogador na súa quenda terá que

tentar percorrer o camiño coa súa

chapa o antes posible. Gaña o que

antes chega á meta. Se algún sae

fóra ten que volver á liña de saída. A

chapa só se pode empurrar co dedo

Pai de todos ou co Furabolos

apoiado no Matapiollos.

Saída

Meta

Page 9: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Brilé.

Os Aros.

Fanse dous equipos e cada un

colócase no seu campo. O

xogo consiste en ir pasando a

pelota entre os xogadores dun

equipo e o seu porteiro, á vez

que se tenta dar coa pelota aos

xogadores do equipo contrario.

Regras: O xogador brilado

vaise para a portería. Perde o

equipo que queda sen

xogadores no campo. Pódese

coller a pelota con bote. Non

se considera brilado se a pelota

dá no chan antes de petar nun

xogador.

Cada neno ten un aro e coa súa

guía ten que tentar levalo polo

terreo de xogo sen que o aro deixe

de rodar.

Trucos: A guía empúrrase cara ao

chan, para que o aro xire, pola

parte de atrás ou de adiante do

aro.

Pódense facer carreiras de aros

por parellas.

Facer 2 equipos e en relevos ver

que equipo gaña.

Page 10: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

O Pano de 2.

Lanzamento de Castañas.

Colócanse os dous equipos enfrontados e

no medio está o árbitro con dous panos

na man. Cada neno/a terá un número

asignado. Cando o árbitro di un número,

estes nenos saen correndo, collen o pano,

e van ao equipo contrario e átanlle o

pano a un dos seus membros no pulso.

Volven rapidamente xunto ao seu

equipo, desatan o pano que lle atou o seu

contrincante e devólvenllo ao árbitro.

Gaña un punto o equipo que devolva

antes o pano. Non se elimina aos nenos.

Collendo dúas castañas cada un

intenta metelas pola boca dunha

caixa cando lle toca a quenda.

Cada castaña que entre suporá

sumar un punto. Na caixa 1 a

distancia será de 3 pasos. Na

caixa 2 a distancia será de 5

pasos. Na caixa 3 a distancia

será de 10 pasos. Gaña o que

máis puntos sume.

Page 11: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Os Cromos.

As Chucas.

Xógase con 2, 3, 4 ou 5 xogadores e

cada xogador ten 5 cromos. Márcase

unha altura na parede, desde onde se

deixarán voar os cromos. Márcase

unha quenda de tirada. Cada xogador

deixará voar o seu cromo cando lle

toque. Se o cromo pisa algún cromo do

chan lévase os cromos que pisa e máis

o seu, e agarda que volva a chegar a

súa quenda. Se non pisa ningún cromo

deixa o seu cromo no chan e agarda a

que lle volva tocar xogar.

O xogo consiste en lanzar ao aire un óso do pé do porco

ou do cordeiro, ou un obxecto semellante, mentres se fan

con outros diversas combinacións.

Teñen 4 posicións:

Primeiras: Coa parte cóncava cara a enriba.

Segundas: Coa parte convexa cara a enriba.

Terceiras: Posta a chuca de lado, coa súa parte máis

simétrica cara arriba.

Cuartas: Ao contrario de terceiras, coa parte asimétrica

cara arriba.

Establécese quenda de tirada: 1º, 2º, 3º, 4º…

O 1º en lanzar tira todas as chucas ao chan tentando ir a

primeiras. Se todas quedan nesta posición, tentará na

seguinte tirada ir a segundas, e así sucesivamente. Se

algunha chuca non queda na posición correcta, terá que

tirar unha pelota ao aire e tentar virala cara a posición

correcta, mentres a pelota está no aire. Se perde pasa a

xogar o seguinte, retomando o xogo onde se perdeu.

Page 12: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Carreira de Sacos.

000000000

000000000

A Petanca.

Á Petanca poden xogar 1 ou 2

xogadores por equipo. Cada

xogador tira 3 bólas. Para comezar a

partida tírase o boliche e cada

xogador tira unha bóla. O xogador

que queda máis cerca do boliche

comeza a tirar. Este tira ás súas tres

bólas intentando quedar o máis cerca

posible do boliche sen tocalo e a

continuación tira o seu compañeiro

que intentará acercarse ao boliche,

ou desprazar as bólas do anterior.

Gaña un punto o xogador que máis

se aproxima ao boliche.

Cada equipo colócase en fila, pode

ser sentados no chan ou de pé.

Cando escoitan “xa”, o 1º da fila

métese no saco e ten que ir saltando,

dar a volta a unha pica e volver

saltando. Ao chegar entrégalle o

saco ao 2º, e vaise ao final da fila. O

2º fará o mesmo, e así ata chegar ao

último.

Gaña o equipo que acabe antes.

Se un equipo ten menos xogadores

que o outro, repetirán tantos nenos

como faga falta, ata completar o

mesmo número.

Page 13: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

A Comba.

Carreira de “Carretillos”.

Dous nenos dan á corda e os demais en

fila van pasando:

A Ola. Colocados en fila ao lado dun dos

que dá tentar pasar por debaixo da ola

sen que esta lles toque. (Contar 3 combas

marcando o ritmo).

Un salto. Tratamos de que á vez que

pasamos, paramos, damos un salto no

medio e saímos. (Contar 3, 2, 1 combas

sucesivamente segundo van collendo

confianza). Daremos despois 2, 3 saltos e

así sucesivamente.

Ao Montón . Intentaremos ir entrando

moitos sen perder.

Fanse dous equipos.

Haberá dous “carretillos”, un por cada

equipo.

Cada xogador terá que levar ou traer o

“carretillo” ata unha distancia

previamente determinada.

O primeiro xogador lévao, o segundo

tráeo, e así sucesivamente.

Gaña o equipo que remate antes.

Page 14: XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Xogo das Ferraduras.

Os Birlos.

Poden xogar 2 ou 4 xogadores en

cada equipo. Haberá 9 birlos de

madeira colocados como indica a

foto.

Detrás dos birlos estará marcada

unha liña chamada liña exterior.

Cada xogador lanzará as tres bólas.

Os birlos que pasan por enriba da

liña exterior valen 10 puntos. Os

que caen e quedan no campo valen

1 punto.

A liña de lanzamento deberá estar a

5 metros de distancia dos birlos.

Fanse dous equipos.

A seis pasos de cada equipo, estará

situado un pau dun metro de alto

aproximadaente.

Cada equipo terá tres ferraduras de

cabalo.

En cada tirada, cada xogador lanzará as

tres ferraduras intentando que queden

metidas no pau.

Cada ferradura metida será un punto.

Gaña o equipo que máis ferraduras

encaixe, que será igual ao número de

puntos acadados.