¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a...

34
¿Xogas? ¿Xogas? En galego podemos Os deportes náuticos Concello de Vigo Instituto Municipal de Deportes Normalización Lingüística Educación UNIVERSIDADE DE VIGO Área de Normalización Lingüística Servicio de Deportes

Transcript of ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a...

Page 1: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

¿Xogas?¿Xogas?

En galego podemos

Os deportes náuticos

Concello de VigoInstituto Municipal de Deportes

Normalización LingüísticaEducación

UNIVERSIDADEDE VIGO

Área de Normalización LingüísticaServicio de Deportes

Page 2: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

Edición

Concello de Vigo

Universidade de Vigo

Instituto Municipal de Deportes de Vigo

Autores

Anaír Rodríguez RodríguezInstituto Municipal de DeportesServicio de Normalización Lingüística

Deseño

RP3 Vigo S.L.

Impresión

Obradoiro Gráfico S.L.

Depósito legal

Page 3: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

¿Xogas?

Os deportes náuticos

Concello de VigoInstituto Municipal de Deportes

Normalización LingüísticaEducación

UNIVERSIDADEDE VIGO

Área de Normalización LingüísticaServicio de Deportes

Page 4: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

Vela

Surf e bodyboard

Windsurf

Esquí acuático

Piragüismo

Motos de auga

Mergullo

Remo

Vocabulario

9

17

19

22

24

26

28

29

35

índice

Page 5: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

9

¿Xogas?náuticos

VELA - Vela lixeira e vela

Galicia, cos seus case 1700 km de litoral, cunclima propicio e cunha manchea de illotes erecantos de gran beleza, é un contorno idóneopara a práctica dos deportes náuticos.

A navegación a vela como deportes nace daman dos holandeses contra finais do Século XVII.A primeira regata de embarcacións a vela datade 1662, no Támesis, entre embarcacións querepresentaban ó duque de York e ó rei Carlos II.En 1932, a vela pasa a ser deporte olímpico.

Os barcos de vela foron evolucionando cotempo; da vela cadrada utilizada polos exipciosno terceiro milenio AC, pasamos ós galeóns, ás

galeras, etc. á vela latina – triangular-, á apariciónda quilla, etc.

A vela deportiva: a vela de cru-ceiro e a vela lixeira.

No pasado século a vela deportiva evolucio-nou por dúas vertentes: a vela de cruceiro, e avela lixeira.

A vela lixeira é a modalidademáis característica de Galicia

Page 6: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

10

¿Xogas?náuticos

clases, entendendo por clase o conxunto deembarcacións con deseño, construcción e carac-terísticas fixadas por unhas regras, que inclúenplanos, esquemas e especificacións de construc-ción que definen as características dunha clase.

Barcos de vela lixeira

Son os máis característicos de Galicia.

Clases internacionais

Optimist: con casco en forma de "V", orza móbile cunha soa vela maior. O seu símbolo é un "I".Idades recomendadas: de 6 a 13 anos.

Cadete: leva tres velas: maior, foque e spinaker.Casco en forma de "V" e orza móbil. O seu símbo-lo é un "C". Idades recomendadas: de 10 a 15anos.

Atendendo ás características que os defininen,os barcos clasifícanse segundo o seu uso, peso,número de pós, tipo de vela, número de cascos,etc. Por exemplo, atendendo a este último crite-rio, teremos: monocascos, catamaráns (dous cas-cos unidos por unha estructura que non toca asuperficie da auga) e trimaráns (un casco centralmeirande cós dous laterais).

VELA LIXEIRA

A vela lixeira é unha especialidade de veladeportiva que se practica nun sector de augasinteriores ou de mar sen perder o contacto coacosta e que require un número pouco elevado detripulantes. Caracterízase por non ser preciso nin-gún tipo de titulación para as competicións, áparte da correspondente licencia federativa e docarné de clase.

Para poder clasificar as embarcións de velalixeira dentro dun mesmo grupo, e poder realizarregatas en igualdade de condicións, creáronse as

Para iniciarseneste deporte éindispensable

acudir a un clubde vela ou a unha

escola náutica

Page 7: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

11

¿Xogas?náuticos

Hobie 16: catamarán con casco asimétrico paradous tripulantes. Dúas velas: maior e foque.Idades recomendadas: de 16 en adiante.

Clases olímpicas

Europa: casco redondo e orza móbil. Só leva amaior. O seu símbolo é un "E". É clase olímpicafeminina dende Barcelona 92.

Láser: monotipo de casco en "V" para un tripu-lante; leva unha soa vela e ten orza móbil. É claseolímpica masculina dende Atlanta 96.

Vaurien: casco en forma de "V", con tres velas: maior,foque, spinaker e orza móbil. O seu símbolo é un "V".Idades recomendadas:de 10 a 13 anos.

420: casco redondo e orza móbil. Tres velas:maior, foque, spinaker. O seu símbolo é "420".Idades recomendadas: de 14 a 18 anos.

Snipe: casco en "V" e orza móbil. Dúas velas:maior e foque. Símbolo: un ave voando. Idadesrecomendadas: de 16 en diante.

Page 8: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

12

¿Xogas?náuticos

470: monotipo de casco redondo e orza móbilpara dous tripulantes. Leva tres velas: maior,foque e spinker. É un barco con trapecio. É claseolímpica dende Montreal 76.

TDV: embarcación dun só casco para un só tri-pulante. Ten diversas modalidades, entre elas aclase olímpica que é a Mistral O.D.

Vagabundo: embarcación moi usada parapaseos, malia ter tamén categoría competitiva. Ovagabundo permite ser navegado por un oudous tripulantes e nalgúns casos trae incorpora-do un pequeno motor (aínda que a finalidade éusar a enerxía eólica).

Cómo navega un barco

Funcionamento das velas

As velas proporciónanlle forza motriz ó barco,transformado a enerxía do vento nunha forzaque actúa sobre o casco a través do pó.

Cando o barco navega de popa, as velas impúl-sano opoñendo resistencia ó vento. No resto dosángulos as velas funcionan desviándoo da súatraxectoria.

Cando o vento acada o bordo da vela divídeseen dúas correntes, unha empurra a vela (a de bar-lovento) e outra tira dela (a de sotavento). Estesdous efectos actúan ó mesmo tempo, orixinandounha forza propulsora que se manifesta dobre-mente: por un lado, impulsa cara adiante o barcoe por outro lateralmente.

Para que avance o barco hai que conservar oefecto propulsor e eliminar o lateral; conseguí-molo utilizando a orza e o temón, que fan escoraro barco a sotavento, e que contrarrestamos copeso da tripulación que se ha salvar a barlovento.

De navegarmos en popa a vela deixa de actuarcomo deflector para se converter en obstáculo.

Funcionamento de temón

O temón ten un papel sobranceiro no gobernodo barco. Acciónase mediante unha cana que

Page 9: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

13

¿Xogas?náuticos

cando se empurra cara a unha banda move a pado temón en dirección contraria.

A primeira lección que debemos aprenderpara navegar é saber "por onde vén o vento".Para axudármonos a orientarnos hai indicadoresnaturais e artificiais, como os cataventos que vanfixados nos obenques.

Xa sabemos determinar a dirección do vento,agora aprendamos a gobernar o barco e a mane-xar as velas. O barco pode navegar en case tóda-las direccións, bardante contra o vento; axustan-do as velas ó rumbo que adoptemos tirarémosllemaior rendemento á forza do vento.

Rumbos

Zona morta: Prodúcense cando o barco perdevelocidade ó tentar navegar cara ó vento.

Cinxir: é o rumbo máis próximo á dirección dovento. As velas cázanse case a tope e a orza estácalada de todo. A tripulación ten que facer bandapara manter o barco adizado.

Descuartelar: partimos de cinxida e abrimos unpouco o rumbo do vento (arribamos).Soltamos unpouco as velas e levantamos a orza ata que sóestea calada nas súas tres cuartas partes. A escoradiminúe, polo que non cómpre facer banda.

De través: arribamos un pouco máis ata nave-gar case en ángulo recto co vento, polo que redu-cimos a forza lateral. As velas poden ata a meta-

de. A tripulación debe estar no centro do barcopara o equilibrio.

A un longo: arribamos máis para que a proa seabra ó vento, reducimos a forza lateral e levanta-mos a orza ata a metade. A tripulación estará nocentro do barco para equilibralo. Soltamos asvelas ata que flamexen, intre no que as cazamosun pouco.

En popa : arribamos máis aínda para conseguirque o barco navegue directamente na direccióndo vento. O foque pasa á banda oposta á maior(orellas de burro). De seren dous tripulantes pórun a cada costado.

Recomendacións

Para iniciarse neste deporte é indispensableacudir a un club de vela ou a unha escola náuticaque conte con instructores/as debidamente cua-lificados. Nestes cursos apréndense os rudimen-tos básicos da navegación: cómo aproveitar ascondicións do vento; cómo aparellar e gobernar aembarcación; coñecer a nomenclatura náutica e aregulamentación básica de todo navegante etamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

Os cursos teñen unha duración aproximadadun mes e neles os alumnos/as logran coñecer afondo as súas embarcacións e acaban por estarcapacitados para navegar con elas. Conxúgansecoñecementos teóricos e prácticos que permitan

Page 10: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

14

¿Xogas?náuticos

aprobar o exame da Gobernación Marítima eobter a licencia obrigatoria para poder navegar.

En caso de emvorcar

En caso de evorcar ou de se producir desperfec-tos na ambarcación cómpre estarmos agarrados áembarcación. Non debemos intentar chegar á beiraa nado.

De non podermos adrizar a embarcación, sen-taremos enriba dela aferrados á orza ou a unhaescota.

Comportaranos vantaxes como:

• Ser máis visible unha embarcación ca unhacabeza entre as ondas.

• Ó estarmos enriba non gastamos forzas: per-demos menos calor, tentaremos adrizar aembarcación.

• Controlaremos o temón e a orza para non osperder.

Cuberta

Page 11: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

15

¿Xogas?náuticos

Terminoloxía

Achicar: eliminar a auga do interior do barco

Amarra: cabo utilizado para suxeitar un barco

Amollar: afrouxar ós poucos a tensión dun caboou dunha escota.

Aparello: elementos que constitúen os paos,velas, enxarcias.

Arriar: afrouxar, soltar ou largar un cabo. Baixaralgunha cousa.

Babor: banda esquerda dunha embarcaciónvista dende popa.

Barlovento: dirección da que vén o vento.

Botavara: percha que se utiliza para suxeitarunha vela polo seu brío.

Cana: brazo de madeira ou metal que se une ápa do temón

Casco: deseñado para transportar á tripulacióne soster o aparello.Do seu deseño depende a faci-lidade para navegar

Cinxir: navegar cun ángulo duns 45 grós respec-to ó vento.

Chicote: extremidade dun cabo.

Deriva: desprazamento dunha embarcacióndebido á corrente.

Driza: cabo ou cable que serve para izar unhavela.

Enxarcia: conxunto de cables, cabos e aparellosque serven para soster o pao.

Escorar: inclinación dun barco sobre o seu cos-tado.

Escota: cabo que serve para manexar as velas.

Estai: cable que suxeita o pao en sentido proa-popa

Estribor: costado de dereita dun barco vistodesde popa.

Foque: vela triangular que se iza a proa do pao-maior.

Gratil: parte dunha vela pola que entra o vento.

Grillón: peza metálica en forma de U cun pasa-dor

Izar: facer subir algunha cousa.

Largar: soltar, deixar por completo un cabo ouunha amarra.

Mastro: poste vertical de madeira ou ferro dunbarco veleiro onde se sustentan as velas dunhaembarcación.

Mordaza: armamento que permite facer firmede forma rápida un cabo mordéndoo ou atro-chándoo.

Obenque: cable do que se sostén lateralmente omastro dunha embarcación.

Page 12: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

16

¿Xogas?náuticos

Orza: prancha móbil que se usa para reducir oabatemento dunha embarcación: vai situada nocentro do barco.

Popa: parte posterior dun barco.

Portar: encherse a vela de vento.

Proa: parte dianteira dun barco.

Rolar: cambios de dirección do vento.

Sable: listón que se introduce nas velas paraaxudar a conservar a súa forma.

Sotavento: dirección cara á que sopra o vento.

Temón: peza móbil en forma de prancha situa-da verticalmente na parte posterior do barcoque serve para o goberno da embarcación.

Trapa: aparello que impide que se eleve a bota-vara cando se iza a vela ou cando o vento actúasobre a vela maior.

Trasloitar: cambio de dirección da embarcaciónpasando a popa cara ó vento.

Vento aparente: vento que se aprecia a bordodunha embarcación en movemento. É co ventoque navega unha embarcación .

Vento real: velocidade e intensidade do ventoque se aprecia dende unha posición estática.

Virar: cambiar a dirección dunha embarcaciónpasando a propa polo vento.

Page 13: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

17

¿Xogas?náuticos

SURF e BODYBOARDBasicamente, o surf consiste en descender

unha onda mantendo o equilibrio enriba dunhatáboa. Dito así parece doado, pero é necesarioque o surfista teña unha serie de coñecementosprevios ó dominio da posición do corpo parapoder chegar a “coller unha onda”.

A primeira condición para ser un bo surfista ésaber observar o mar. Ver ónde rompe a onda, cálé a dirección da auga, cómo está o vento, etc. Éindispensable saber observar o mar e coñecer osventos e as mareas.

O equilibrio é outro factor determinante napráctica do surf. O máis importante no equilibriopara permanecer de pé na táboa é ter unha boa

base, que se consegue cunha posición correctados pés. Un método recomendable para aprendera permanecer de pé é ensaiar fóra da auga, enri-ba da táboa, sobre a area. Coas mans colocadasna borda, coma se fosemos facer unha flexiónabdominal, debemos levantarnos rapidamente,cos pés fixos nun mesmo lugar e co pé de apoiosempre atrás. Unha vez que se aprende a mantero equilibrio só cómpre remar en dirección á ondaque se pretende "coller" e surfar enriba dela, ten-tando pouco a pouco aprender o maior númerode manobras que fan que o surf sexa máis entre-tido e espectacular.

A primeira condiciónpara ser un bo surfista é

saber observar o mar

Page 14: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

18

¿Xogas?náuticos

Recomendacións

O equipamento básico para practicar surf é atáboa, a parafina e a cordiña. Se o tempo estáfrío recoméndase utilizar roupa de neopreno, ese fose calor unha camisola de lycra, necesariapara que o contacto coa parafina da táboa nonqueime a pel.

É conveniente estar en boa forma física. Oadecuado equilibrio e harmonía nos movemen-tos son condicións necesarias para a práctica.

Os músculos das pernas son os máis activosxa que son os que nos manteñen na táboa e nospermiten guiala; por iso é unha zona que debe-mos reforzar especialmente. Pola dificultade téc-nica deste deporte é case imprescindible recibirun curso previo.

O risco do deporte depende moito da zonaonde o realicemos, a altura das ondas, o estadodo mar, etc. En xeral cualifícase como de riscomedio.

Equipamento

• Táboa

• Traxe de neopreno

• Escarpiños

• Grip: escuma que se utiliza para substituír aparafina.

• Guns ou pinchos: táboas para ondasgrandes.

• Cordiña: corda de poliuretano que se ata ópé co fin de que a táboa non se afaste docorpo do surfista.

• Lycra: camiseta do dito material, axustada,que se usa por debaixo do traxe para evitarrozaduras, ou como camisola, sen traxe, paraevitar queimaduras.

• Parafina

Page 15: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

19

¿Xogas?náuticos

Practicar bodyboard

É unha maneira diferente de coller unha onda,cunha táboa moito menor e máis flexible ca dosurf. Existen tres modalidades: deitado (prone),de xeonllos (drop-kenee) e en pé (stand-up).

Equipamento

• Táboa ou Bodyboard

• Casco ou bucket

• Escarpiños

• Traxe de neopreno

• Lycra

WINDSURF

O windsurf é un deporte acuático de acción,que consiste en navegar sobre a auga montadonunha táboa e impulsado pola forza do vento através dunha vela.

Para moita xente, windsurf é sinónimo dedeporte calmo, típico de verán, ideal para quenprefira aventuras repousadas. Pero se coñecemoso deporte con profundidade, veremos que podeser tan intenso coma o surf. Basta escoller a táboaidónea, o vento ideal e unha praia que posibiliteescorregar nas ondas. Despois só hai que conse-guir un pouco de destreza e habilidade parapoder gozar enriba da táboa.

Page 16: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

20

¿Xogas?náuticos

Tal vez sexa certo que iniciarse no windsurfrequira boas doses de paciencia, dedicación e uncerto gró de sacrificio, pero sen dúbida é taméncerto que unha vez superada esa fase de inicia-ción estaremos en condicións de gozar dun dosdeportes náuticos máis gratificantes.

O equipo consiste nunha táboa de entre 8 e12 pés de longo por 2 de ancho. Un mastro, unhavela e unha botavara (boom).

Tocante ás táboas, coñecidas como funbo-

ard, hai que dicir que se dividen en varios tipos,por exemplo: course racing, course slalon,slálom ou wave.

Course racing: son táboas grandes, conbolina (anda máis contra o vento), velas grandese de-seño antigo. Un tipo especial deste modeloé o utilizado nas competicións olímpicas, onde osdeportistas compiten con modelos exactamenteiguais para que gañe o que máis destrezas técni-cas teña navegando.

Course slálom e slálom: toda a tecnoloxíapunta utilizada na confección dos equipamentosé utilizada no deseño do slálom, por iso, nunhacompetición, vencer a proba non depende tantodo atleta como do equipamento utilizado. Astáboas posúen tamaños medio e pequeno e son

Iniciarse no windsurf requireboas doses de paciencia,

dedicación e un certo gró desacrificio.

Page 17: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

21

¿Xogas?náuticos

moi veloces, chegando a acadar unha velocidadede 80 km por hora. As competicións realízanse envarias condicións: a favor do vento, contra ovento, de lado, etc. ; no slálom o competidor/adebe contornar as boias a favor do vento, aca-dando o máximo de velocidade posible.

Moitos principiantes comezan a navegar cunmodelo de slálom chamado giant slalon, por-que a táboa é máis grande, o que proporcionaboa fluctuación e maior equilibrio.

Wave: esta modalidade divídese en saltos,manobras e surf nas ondas. Son táboas moipequenas, indicadas para windsurfistas con gran-de experiencia.

Recomendacións

O gró de risco na práctica do windsurf depen-de moito da zona onde o realicemos, a altura dasondas, o estado do mar, etc. En xeral cualifícasecomo de risco medio, polo que é importante unhaboa preparación física, así como estar acompaña-do de persoas expertas e ter en conta as condi-cións meteorolóxicas.

Tamén é conveniente recibir algún curso antesde realizar as primeiras incursións, para o que serequire unhas boas doses de paciencia. Pero unhavez pasada a fase inicial de aprendizaxe estaraseen perfectas condicións para gozar plenamentedeste deporte.

Page 18: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

22

¿Xogas?náuticos

Equipamento

Táboa

Vela

Mastro

Pé de mastro

Botavara

Aleróns

Arnés

Traxe de neopreno

ESQUÍ ACUÁTICO

O esquí acuático é un deporte de competicióne entretemento no que os esquiadores/as, cospés nus ou montados sobre esquís, escorregansobre a auga tirados por lanchas motoras quechegan a acadar os 56 km/h. Nas carreiras develocidade, os esquiadores/as son arrastrados a150 km/h.

O esquí acuático de competición está supervi-sado por xuíces que aplican unha valoración depuntos ós participantes. Os esquiadores/as estánclasificados en 22 categorías (dende ‘novato/a’ata ‘mestre/a’) e compiten de acordo ó seu sexoe idade. As probas no esquí acuático tradicionalson slálom, saltos e acrobacias. O esquí realizado

O esquí náutico é un depor-te moi gratificante xa que se

aprende rapidamente

Page 19: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

23

¿Xogas?náuticos

nunha táboa de xeonllos comprende o slálom eas acrobacias, mentres que no caso do esquí conpés nus comprende o slálom, saltos e acrobacias.

Pódese esquiar suxeito a unha barra ou a unhacorda. Para iniciarse no deporte, a barra resultamoito máis doada que a corda e posibilita unhamellor comunicación entre o esquiador/a e omonitor/a que pode apreciar e corrixir os posibleserros.

Unha vez aprendidas as técnicas fundamen-tais coa axuda da barra, poderemos iniciarnos noesquí con corda.

O esquí náutico é un deporte moi gratificantexa que se aprende rapidamente, aínda que écerto que para adquirir un nivel de experto faifalla dedicación. A súa práctica no mar pode estarcondicionada polas ondas e por iso propoñemos

practicalo a primeira hora da mañá, cando aíndanon se levantou o vento térmico e o mar está encalma.

Pódese acudir a clases soltas como proba ouapuntarse en calquera das diferentes fórmulas decurso. O esquí acuático asegura diversión durantetodo o día.

Recomendacións

Á hora de apuntarte a algún curso de esquíacuático debes asegurarte de que cumpra tóda-las condicións esixidas legalmente.

A embarcación deberá levar unha velocidadeadecuada segundo a experiencia do participante.

Os esquiadores/as deben estar autorizados poralgunha das federacións de esquí náutico.

Page 20: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

24

¿Xogas?náuticos

canoa)

É un deporte apto para tódolos públicos.Soamente fai falla saber nadar. Pódese practicaren río, no mar, nun pantano, alá onde exista unhacantidade suficiente de auga. Hai dous tipos deembarcacións: a canoa, pequena e lixeira, na quese utiliza unha pa cunha soa folla; e o kaiak,cunha parte superior pechada, quedando só unoco para que se introduza o navegante, quen seten que axudar cun remo de dúas pas. As canoasson máis longas e máis recomendables paraaugas lisas e calmas.

Os kaiaks dannos unha estabilidade e unhamanobrabilidade superior ás canoas, estánentón máis indicados para augas fluviais revol-tas, sendo moitas veces utilizados tamén no mar.

Está prohibido esquiar no interior dos portosou nas entradas a estes, nas zonas balizadas oucon boias.

Hai que respectar a velocidade permitida naspraias. Non se poden superar os tres nós.

Na embarcación deberá haber unha persoaque estea pendente, en todo momento, doesquiador/a, por se este sufrise un accidente.

Á hora de saír a esquiar hai que estar atento óparte meteorolóxico para non levar sorpresas esaber interpretar o estado do mar.

Equipamento

• Esquís ou táboas

• Chaleco salvavidas

• Traxe de neopreno

• Escarpíns

• Cable de remolque

PIRAGÜISMO (kaiak e

Débese ter en conta o gróde dificultade do río, clasi-fícanse nunha escala de 1

a 6

Page 21: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

25

¿Xogas?náuticos

Estas embarcacións poden ser de plástico, defibra de vidro ou mesmo de compósitos de car-bono. As pernas e a cintura do remador/a son asque dictan as ordes e controlan a dirección, poriso a zona onde o remador/a se senta é máislonga. A diferencia entre remar en augas lisas oubravas é que nas primeiras a forza e o ritmo deremo é o que conta, mentres que en augas bra-vas o remador/a ten que posuír boa técnica paramanobrar o barco á perfección e así conseguirmellores resultados. En augas bravas existendous tipos de competición: o descenso cro-

nometrado dun río e o slálom.

Recomendacións

Ten en conta que o río está cambiando conti-nuamente. As chuvias torrenciais ou mesmo aabertura das comportas dos encoros modificantotalmente a navegabilidade dun río. É necesarioobter informacións locais sobre o río, facer unrecoñecemento previo, ou ir acompañado por per-soal especializado, antes de iniciar un descenso.Evita navegar fóra das zonas de seguridade ou ini-ciar o descenso do río en zonas difíciles.

Débese ter en conta o gró de dificultade do río,eles son clasificados nunha escala de 1 a 6. As cla-ses máis baixas representan ríos moderados, conpequenos rápidos e ondas facilmente navegables,mentres que a clase 6 correspóndese cun río caseimposible de navegar, con traxectos difíciles deidentificar, e que só deberá ser tentado por rema-dores/as moi experimentados. Antes de partir áaventura non esquezas que é fundamental sabernadar.

O uso dun bronceador poderá ser particular-mente útil, pois evitará queimaduras na pel, espe-cialmente no verán.

Equipamento

• Botas de neopreno antiderrapantes

• Calzóns de lycra almofadados

• Camisola térmica

Page 22: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

26

¿Xogas?náuticos

• Casco de seguridade

• Canoa / Kaiak

• Chaleco salvavidas

• Impermeable

• Pa / Remo

• Traxe isotérmico de neopreno

MOTOS DE AUGA

As motos de auga son unha fonte inesgotablede diversión. Mestúrase a tranquilidade do marcoa diversión das manobras sobre as ondas. Detódolos xeitos, as motos de auga poden ser unvehículo perigoso se non se usan correctamente.

Para poder guiar unha moto de auga é preci-so a obtención dun título oficial, e é obrigatoriolevar a documentación que acredite que a motocumpre coa lei. Ademais, é moi recomendablepasar por un período de aprendizaxe a través, porexemplo, dun curso, necesario tanto para domi-nar o manexo da moto como para coñecer asregras básicas de conducción que é obrigado res-pectar.

Unha das regras básicas é conducir de vagarpara saír e entrar da zona de rampla ou da areada praia. En caso de haber bañistas, sempreteñen total preferencia e hai unha distancia

mínima que se debe respectar entre a orela e azona apta para pilotar a moto.

Recomendacións

Nunca saias só a navegar. É moi conveniente iren parellas e levar cabos de vinte metros pararemolcar en caso de parada accidental dunha dasmotos. Cómpre auxiliar sempre a calquera moto,piloto ou embarcación que se atope en apuros.

Page 23: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

27

¿Xogas?náuticos

Observa as condicións meteorolóxicas e nonsaias a navegar se son adversas ou non garantenó cento por cento a seguridade do piloto e dosacompañantes. Hai que navegar en zonas libresdoutras embarcacións,bañistas, mergulladores/asou outros elementos que poidan atentar contra aseguridade propia ou de terceiros.Tamén se debelevar toda a documentación consigo e en regra:licencia de navegación e seguro vixente e ócorrente de pagamento. É obrigatorio respectaros límites de velocidade en praias e portos, non sepoden superar os dous nós. Queda prohibida anavegación en praias balizadas ou en zonas elugares sinalizados para o efecto. Non se reco-menda navegar nunca de noite, xa que non só éperigoso, senón que está prohibido.

Ademais é necesario levar algún dispositivo desinalización, como bengalas, asubíos, teléfonosmóbiles, etc., que levaremos en compartimentosestanco para evitar que se mollen.

Có novo regulamento, que entrará en vigor o1 de abril, establécese a obrigatoriedade daobtención por parte do usuario dun título oficialno que se contemplarán varias categorías enfunción da potencia da moto acuática:

•Os títulos de Patrón de moto náutica dascategorías "A" e "B" serán expedidos polascomunidades autonómas. A autorizaciónfederativa de patrón de moto náutica "C" seráexpedida pola Federación de motonáuticaterritorialmente correspondente. Para a con-ducción da moto acuática tamén serán váli-dos os títulos de Patrón para navegación bási-ca, Patrón de embarcacións de lecer, Patrón deiate e Capitán de iate.

En canto á idade, matriculación e seguro parao uso da moto acuática, o regulamento contem-pla os mesmos parámetros que ata agora:

•A idade mínima para gobernar unha motonáutica en calquera das súas modalidades éde 18 anos.Os menores desta idade que cum-prisen 16 anos poderán manexar as ditasembarcacións sempre que dispoñan do con-sentimento escrito dos seus pais ou titores/as.

•As motos acuáticas deberán estar previa-mente matriculadas, rexistradas e identifica-das.

•As motos acuáticas deberán estar asegura-das nos termos previstos no regulamento doseguro de responsabilidade civil de subscri-ción obrigatoria para embarcacións de lecerou deportivas.

Page 24: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

28

¿Xogas?náuticos

MERGULLO

Este deporte consiste en desprazarse debaixoda auga a pulmón libre –snorkeling– ou benasistidos por un equipo de aire comprimido. Paranon correr riscos é preciso ter coñecementos epreparación física. Nalgunhas escolas é posibleiniciarnos nun día, primeiro cunha clase teórica e,despois, co bautismo de mar –a primeira inmer-sión– que se realiza a cinco ou sete metros deprofundidade acompañados por un instructor/a.Non convén practicalo só.

Practicar mergullo é saír ó encontro dos miste-rios do océano, sentir o pracer da vida na auga,onde a calma e a relaxación nos levan ó descu-brimento da intimidade do mundo subacuático.

Aventurarse neste marabilloso mundo dosilencio é saber apreciar un contacto case sensualcoa auga, onde non existe gravidade nin ruído.Existen esencialmente dous tipos de mergullo. Omergullo libre ou en apnea, que pasa pola inte-rrupción voluntaria da respiración, neste caso omergullador/a pasa a maior parte do tempopreto da superficie, onde os reflexos da luz do solevocan aínda a presencia do mundo terrestre.

No mergullo autónomo ou mergullo con bom-bona, que consiste na utilización dun escafandroautónomo, xa é posible ir máis alá, e ir en buscadas sombras que brotan das profundidades.

Page 25: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

29

¿Xogas?náuticos

• Botella de aire comprimido

• Manómetro de presión

• Máscara

• Regulador

• Reloxo con profundímetro

• Tubo respirador

Para gozar destas marabillas é necesario facerun curso de mergullo, composto por aulas teóri-cas e prácticas, primeiro en piscina e despois nomar. O mergullo libre ou apnea só require un parde gafas e un tubo. Pero para o mergullo autóno-mo ou de bombona esíxese máis material.Existencursos de especialización en varias áreas talescomo: mergullo nocturno, navegación e orienta-ción subacuática, entre outros.

Recomendacións

Mergullarse sempre acompañado é unharegra de ouro para calquera mergullador/a. Encaso de que se esgote o aire dunha bombona, sóa solidariedade dos compañeiros/as poderá axu-dar a regresar á superficie compartindo o aire.Terun encadramento técnico especializado é moirecomendable, pois así coñeceranse algúns sinaisxestuais, utilizados para poder comunicarnos nasprofundidades do océano, aprender a facer asparadas para descompresión, as cales dependenda duración e da profundidade do mergullo, entreoutros procedementos de seguridade.

Equipamento

• Aletas

• Cinto de chumbos

• Chaleco inchable de mergullo

• Faca de mergullo

• Traxe isotérmico de neopreno

Page 26: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

30

¿Xogas?náuticos

Outro deporte náutico de gran relevancia enGalicia de clara tradición na ría de Vigo é o remo,en particular as traíñas ou traiñeiras.

Traíña: é un antigo aparello de cerco para apesca da sardiña.

Traiñeira: antiga embarcación de pesca a remosque traballaba coa traíña. Hoxe en día a traiñeiraé unha embarcación de remo, con doce ou treceremeiros, que se emprega en competiciónsdeportivas.

Entre os mariñeiros que faenaban nos iniciosdo século pasado na ría de Vigo seguramente seproducían retesías por ver... quén chegaba álonxa en primeiro lugar e así vender todo o peixea bo prezo. Esta é a orixe do que logo ían ser asregatas de traiñeiras; das primeiras das quetemos testemuño tiveron lugar en Moaña. EnVigo será na década dos anos 30 cando se inician

as regatas de traíñas de seis remeiros e un temo-eiro, para pasar logo a ser de nove remeiros.Baiona, Meira, Chapela, Ríos e o propio Vigo par-ticipan nas primeiras competicións na nosa ría.

Na fin da década dos 70 rexorde a tradiciónpolo remo:San Bartolomeu,San Xoán de Tirán,etc.

A práctica do remo é a dun deporte duro queesixe moita preparación e unha boa condiciónfísica xa que no remo combinamos exerciciosintensos coa necesidade de desenvolvementodunha gran forza durante cada remada.

Existen dúas modalidades: remos de bancomóbil (con carro e vías que propician o move-mento), e de banco fixo (no que é imposible omovemento do corpo a través da flexión das per-soas).

No primeiro aprovéitase o percorrido das per-nas durante a remada, no segundo o movemento

REMO

Page 27: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

31

¿Xogas?náuticos

consiste na flexión e extensión do tronco e dosbrazos.

As traiñeiras encádranse dentro das modali-dades de remo de banco fixo, xunto con, porexemplo, os bateis – embarcacións máis peque-nas cás traiñeiras.

No remo, para obter o máximo rendemento,cómpre acadar un desenvolvemento completodas capacidades fisiolóxicas do remeiro/a dunxeito económico e eficaz. Isto acádase cunha téc-nica correcta. O remo é un deporte cun gró deesixencia moi alto.

Os movementos que se realicen han ser naturaise doados, permitindo o control do remo, do equi-librio e da dirección da embarcación.

A REMADA

A voga é xerada por un movemento alternati-vo do remeiro/a entre o paso do remo pola augae a recollida do remo á posición inicial. Hai catrofases:

Preparación: arrédase o remo do peito e rein-corpórase axiña para dar a seguinte remada.

Ataque: o remo entra na auga. Movemento queha ser moi rápido para evitar que o remo poidaactuar de freo.

Pasada: percorrido do remo dentro da auga

Saída: o remo sae da auga. O movemento ha sermoi rápido, enérxico e limpo.

Page 28: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

32

¿Xogas?náuticos

Entre a pasada e a saída existe un pequenopero moi importante movemento para a conse-cución dunha remada natural, este movementochámase "repaleo".

Terminoloxía do remo

•Amura: parte curva do costado cerca da proa.Existen dúas amuras, a de estribor e a de babor.

•Bancada: conxunto de dúas táboas que confor-man o asento onde vai sentado o remeiro/a.

•Banda: cada unha das dúas metades simétricasen que está dividida unha embarcación polo seuplano diametral. Existen dúas bandas, a de babore a de estribor.

•Batel: é a embarcación máis pequena do bancofixo tripulada por catro remeiros/as e unpatrón/a.

•Calado: medida vertical da parte mergulladadunha embarcación.

•Cear: remar cara atrás, avanzando sobre a popa.

•Ceavoga: manobra para virar en redondo unhaembarcación.

•Cuadernas: son as pezas curvas que se apoianna quilla e que serven para darlle forma ó casco epara soster os materiais impermeables que impi-den que entre a auga.

•Estribor: de situármonos na embarcaciónmirando cara á proa, é a parte situada á dereita.

•Estrobo: aro de corda que suxeita o remo ótolete.

•Guión: parte pola que se agarra o remo paravogar.

•Pa: superficie do remo que entra na auga eserve para impulsar a embarcación.

•Pica: remo de tamaño maior có normal, que faide temón, cando se navega a remo.

•Proeiro: remeiro/a que rema no lugar máisachegado á proa da embarcación.

Page 29: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

33

¿Xogas?náuticos

•Táboa ou pancada dos pés: táboa onde oremeiro/a apoia os pés para fixarse ó barco e asípoder vogar.

•Timonel ou patrón/a: persoa situada na popada embarcación que é a encargada de conducir edirixir o rumbo.

Tolete: é o cilindro de madeira que está situadona toleteira e serve de punto de apoio á pancado remo.

Toleteira: é o lugar soporte do tolete, onde oremeiro/a apoia o seu remo para poder accionalo.

Virar: manobra que realiza o patrón/a daembarcación.

Voga: vogada.Marcar a vogada:servir de pauta ósremeiros/as para manter un ritmo determinado.

Vogada: espacio que avanza unha embarcaciónco impulso dun só golpe de remo.

Vogar: remar.

Vogadoiro: peza central do remo que se apoiano tolete ou na remadoira.

Page 30: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

¿Xogas?náuticos

Vocabulario

Page 31: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

36

¿Xogas?náuticos

Alerones

Ancla

Boya

Cabo de amarre

Calzones de lycra acolchados

Camiseta térmica

Casco de seguridad

Chaleco hinchable de submarinismo

Ciaboga

Cinto de plomos

Cubierta

Este

Flotador

Golpes de vento

Guantes

Escarpines

Hilera de remeros

Jarcia

Kayak

Línea de salida

Línea de chegada

Aleróns

Áncora

Boia

Chicote de amarre

Calzóns de lycra almofadados

Camisola térmica

Casco de seguridade

Chaleco inchable de mergullo

Ceavoga

Cinto de chumbos

Cuberta

leste

boia, flotador

refachos, raxadas de vento

luvas

escarpíns/escarpiños

fileira de remeiros

enxarcia

kaiak

liña de saída

liña de chegada

CASTELÁN GALEGO

Page 32: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

37

¿Xogas?náuticos

CASTELÁN GALEGO

Mástil

Navaja de submarinismo

Nudos

Pala

Palanca del timón

Palo

Pie de mástil

Proel

Recorrido

Recular

Reloj con profundímetro

Remar

Rolar

Señal de saída

Sudeste

Sudoeste

Tabla

Timón

Timoneiro

Timonel

Traineras

mastro

faca de mergullo

nós

pa

cana/panca do temón

pau

pé de mastro

proeiro, piqueiro

percorrido

recuar, ciar, sear

reloxo con profundímetro

remar, vogar

roula, rular

sinal de saída

sueste

suroeste

táboa

temón

temoneiro

temoneiro

traíñas, traiñeiras

Page 33: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

38

¿Xogas?náuticos

CASTELÁN GALEGO

Traje de auga

Traje de neopreno

Velamen

traxe de auga

traxe de neopreno

velame

Page 34: ¿Xogas? - Vigo · 2019. 11. 8. · embarcación;coñecer a nomenclatura náutica e a regulamentación básica de todo navegante e tamén algúns coñecementos básicos de meteo-roloxía.

40

¿Xogas?náuticos

Concello de VigoInstituto Municipal de Deportes

Normalización LingüísticaEducación

UNIVERSIDADEDE VIGO

Área de Normalización LingüísticaServicio de Deportes