Xincana_fichas_biograficas

59
XINCANA BIOGRÁFICA XINCANA BIOGRÁFICA 58 biografías da ciencia e a tecnoloxía 58 biografías da ciencia e a tecnoloxía

description

Toc-toc-A Ciencia: 58 fichas biográficas de científicos e tecnólogos

Transcript of Xincana_fichas_biograficas

Page 1: Xincana_fichas_biograficas

XINCANA BIOGRÁFICAXINCANA BIOGRÁFICA

58 biografías da ciencia e a tecnoloxía

58 biografías da ciencia e a tecnoloxía

Page 2: Xincana_fichas_biograficas

ANTOINE LAVOISIERFrancia (1746 - 1794)

ANTOINE LAVOISIERFrancia (1746 - 1794)

Químico e economista francés considerado como o fundador da Química moderna.Foi un personaxe destacado na sociedade francesa do seu tempo e desempeñou diversos cargos públicos.Demostrou que nunha reacción química a cantidade de materia é a mesma ao final e ao comezo dela.En 1789 publicou o “Tratado Elemental de Química”, libro que se empregaría durante décadas nas universidades.En 1794 foi condenado a morte e guillotinado.

Page 3: Xincana_fichas_biograficas

NIELS BÖHR Dinamarca (1885 - 1962)

NIELS BÖHR Dinamarca (1885 - 1962)

Estudou en Inglaterra baixo o mandato de Rutherford.Realizou importantes contribucións sobre a estrutura do átomo.En 1913 publicou o seu modelo atómico baseándose nas teorías propostas por Rutherford. Este modelo indica que os electróns do átomo se atopan arredor do núcleo en niveis enerxéticos definidos.Recibiu o premio Nobel de Física en 1922.En 1945 comezou a desenvolver usos pacifistas para a enerxía nuclear.Un dos seus máis famosos estudantes foi Heisenberg.

Page 4: Xincana_fichas_biograficas

ROBERT BOYLEInglaterra (1627 - 1691)ROBERT BOYLE

Inglaterra (1627 - 1691)

Considérase que a Química nace como ciencia a partir das súas numerosas contribucións neste campo.Estableceu a chamada “lei de Boyle” que relaciona o volume e a presión dun gas.Avanzou cara á versión moderna dos elementos como os constituíntes do corpos materiais.Comprendeu a diferenza entre as mesturas e os compostos.Realizou estudos sobre a combustión e a respiración descubrindo a intervención do osíxeno.

Page 5: Xincana_fichas_biograficas

NICOLÁS COPÉRNICOPolonia (1473 - 1543)

NICOLÁS COPÉRNICOPolonia (1473 - 1543)

Clérigo, médico e matemático, considérase o fundador da astronomía moderna.Estudou os escritos dos filósofos gregos buscando referencias ao problema do movemento terrestre.Desenvolveu o primeiro modelo matemático heliocéntrico do sistema solar: a Terra e os planetas xiran ao redor do sol.Personaxe clave na Revolución Científica.A súa obra De revolutionibus orbium coelestium, que escribiu entre 1507 e 1532, non foi publicada ata 1543, ano do seu pasamento.

Page 6: Xincana_fichas_biograficas

GALILEO GALILEIItalia (1564 - 1642)

GALILEO GALILEIItalia (1564 - 1642)

Astrónomo e físico italiano relacionado estreitamente coa Revolución Científica. O seu traballo rompe coas ideas da física aristotélica.Foi xulgado por herexía ante a Inquisición debido aos seus argumentos en favor do sistema heliocéntrico: a Terra e os planetas xiran ao redor do Sol.Formulou as leis de caída libre dos corpos e da traxectoria parabólica dos proxectís e estudou o movemento do péndulo.Deseñou un telescopio co que observou os satélites de Xúpiter.En 1992, a Igrexa Católica admitiu que se equivocara ao condenalo.

Page 7: Xincana_fichas_biograficas

JOHANNES KEPLERAlemaña (1571 - 1630)

JOHANNES KEPLERAlemaña (1571 - 1630)

Astrónomo, matemático e teólogo alemán partidario da controvertida teoría heliocéntrica copernicana e figura clave na revolución científica.Coñecido principalmente polas súas tres leis sobre o movemento dos planetas ao redor do sol, publicadas en 1609 no seu libro Astronomia nova.

Na primeira das leis afirma que as órbitas planetarias son elípticas e rompe así coa idea de que as órbitas eran circulares.

Abriu o camiño para que Newton conseguise explicar o porqué destes movementos.

Page 8: Xincana_fichas_biograficas

ALBERT EINSTEINAlemaña (1879 - 1955)

ALBERT EINSTEINAlemaña (1879 - 1955)

Físico teórico alemán que revolucionou os conceptos de espazo e tempo a principios do século XX.En 1905 publico a Teoría de Relatividade Especial.Deduciu a equivalencia masa – enerxía que se resume na popular

expresión matemática E = m·C2

En 1915 publicou a Teoría Xeral da Relatividade, na que reformulou o concepto de gravidade.Obtivo o premio Nobel de Física en 1921 pola súa explicación do Efecto Fotoeléctrico.

Page 9: Xincana_fichas_biograficas

ISAAC NEWTONInglaterra (1642 -1727) ISAAC NEWTON

Inglaterra (1642 -1727)

Matemático, físico e alquimista. Estudou na Universidade de Cambridge, na que foi profesor aos 27 anos.A súa contribución científica é das máis prolíficas que existiu:

Desenvolveu a teoría do cálculo diferencial e integral.Formulou as leis da dinámica.Interpretou a natureza da luz.Formulou a lei da gravitación universal.

A súa Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, os Principia, consíderase como o libro máis importante da historia da ciencia.

Page 10: Xincana_fichas_biograficas

WERNER HEISENBERGAlemaña (1901 - 1979)

WERNER HEISENBERGAlemaña (1901 - 1979)

Físico teórico alemán que realizou importantes contribucións no campo da estrutura atómica.Entre 1925 e 1926 desenvolveu unha das formulacións da Mecánica Cuántica, teoría que se convertiría nunha das grandes revolucións científicas do século XX.En 1927 formulou o principio de incertidume e en 1932 propuxo unha teoría que explicaba a estrutura dos núcleos atómicos.Recibiu o premio Nobel de Física en 1932 cando tiña tan só 32 anos.Estivo a cargo do proxecto alemán para fabricar unha bomba atómica.

Page 11: Xincana_fichas_biograficas

MARIE SKLODOWSKA - CURIEPolonia (1867 - 1934)

MARIE SKLODOWSKA - CURIEPolonia (1867 - 1934)

Química e física polaca pioneira no campo da radiactividade.Casou co físico francés Pierre Curie en 1895 e xuntos descubriron os elementos químicos Radio e Polonio.O estudo do matrimonio Curie dos elementos radiactivos axudou á comprensión da natureza dos átomos. Foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e a única galardoada co premio Nobel en dúas ocasións, 1903 e 1911.Durante a 1ª guerra mundial equipou camionetas con aparellos de raios X para seren empregados no campo de batalla.

Page 12: Xincana_fichas_biograficas

J. J. THOMSONInglaterra (1856 - 1940)

J. J. THOMSONInglaterra (1856 - 1940)

Físico británico e brillante experimentador.Realizou unha serie de experimentos en tubos de raios catódicos que o levaron ao descubrimento do electrón.En 1897 determinou a relación carga-masa do electrón.Propuxo o segundo modelo atómico para o átomo que consistía nunha esfera maciza cargada positivamente, na que se atopaban incrustadas unhas partículas cargadas negativamente: os electróns.Recibiu o premio Nobel de Física en 1906 polo seu traballo sobre a condución da electricidade a través dos gases.

Page 13: Xincana_fichas_biograficas

ERNST RUTHERFORDNueva Zelanda (1871 - 1937)ERNST RUTHERFORDNueva Zelanda (1871 - 1937)

Considerado un dos pais da Física Atómica.Traballou no laboratorio Cavendish de Cambridge baixo o mandato de J.J. Thomson.Estudou as emisións radioactivas descubertas por H. Becquerel e clasificounas alfa, beta e gamma.Demostrou, xunto con Geiger e Marsden, que o átomo é unha estrutura principalmente oca.Conseguiu realizar a primeira reacción nuclear artificial en 1921.Recibiu o premio Nobel de Química en 1908.

Page 14: Xincana_fichas_biograficas

JOHN DALTONInglaterra (1766 - 1844)

JOHN DALTONInglaterra (1766 - 1844)

Naturalista, químico, matemático e meteorólogo.Estudou a enfermidade que padecía, coñecida como acromatopsia, e chamada posteriormente daltonismo na súa honra.Realizou estudos da variación da presión de vapor de varios líquidos, entre eles auga, en función da temperatura.En 1805 publicou a máis importante das súas contribucións á ciencia: A Teoría Atómica. Nela indica que a materia está formada por átomos: partículas indivisibles que se poden combinar para formar compostos.

Page 15: Xincana_fichas_biograficas

JAMES CLERCK MAXWELL Escocia (1831 - 1879)

JAMES CLERCK MAXWELL Escocia (1831 - 1879)

Brillante físico escocés coñecido principalmente polas súas achegas aos campos da termodinámica e do electromagnetismo.Baseándose en estudos realizados por Faraday e Ampère, expresou matematicamente en catro ecuacións a relación entre os fenómenos eléctricos e magnéticos. A partir das súas ecuacións deduciu que a luz é unha onda electromagnética que viaxa a 300 000 km/s.Morreu en 1879, nove anos antes da confirmación experimental da súa teoría electromagnética da man de Hertz.

Page 16: Xincana_fichas_biograficas

LISE MEITNERAustria (1878 - 1968) LISE MEITNER

Austria (1878 - 1968)

Física de orixe xudía que estudou en Viena aínda que traballou en Berlín con Otto Hann durante máis de trinta anos.Xunto con Otto Hann descubriu un novo elemento radiactivo, o protactinio e estudou a primeira reacción de fisión nuclear.Otto Hann publicou os resultados desta nova reacción, xunto co tamén físico Fritz Strassman polos que recibiron o premio Nobel en 1944.Foi Lise quen realmente soubo explicar o mecanismo da fisión nuclear. As súas contribucións á física non foron recoñecidas ata 1966 cando recibiu a medalla Enrico Fermi nos Estados Unidos.Na súa honra nomeouse Meitnerio ao elemento número 109 do sistema periódico.

Page 17: Xincana_fichas_biograficas

IRENE JOLIOT-CURIEFrancia (1897 - 1956)

IRENE JOLIOT-CURIEFrancia (1897 - 1956)

Física e química francesa filla de Pierre e Marie Curie.Durante a primeira guerra mundial foi asistente de radioloxía en varios hospitais franceses.Traballou como axudante da súa nai no Instituto do Radio de París, máis tarde coñecido como Instituto Curie.Casou co tamén físico Frederic Joliot e con el dedicouse á investigación no campo da Física Nuclear.En 1934 conseguiron producir artificialmente elementos radiactivos.Foron galardoados co premio Nobel de Química en 1935.

Page 18: Xincana_fichas_biograficas

DIMITRI MENDELEIEVRusia (1834 - 1907)

DIMITRI MENDELEIEVRusia (1834 - 1907)

Químico ruso que destacou principalmente polo establecemento do sistema periódico dos elementos. Clasificou os elementos químicos en función das súas masas atómicas e tendo en conta as súas propiedades.A súa obra abriu o paso aos avances na química do século XX.Entre os seus traballos tamén destacan:

Estudos sobre a expansión térmica dos líquidos.Estudo das desviacións dos gases reais do comportamento descrito por Boyle-Mariotte.Contribucións á industria da sosa e do petróleo en Rusia

Na súa honra nomeouse Mendelevio ao elemento químico número 101.

Page 19: Xincana_fichas_biograficas

SEVERO OCHOAEspaña (1905 - 1993)SEVERO OCHOAEspaña (1905 - 1993)

Bioquímico e biólogo molecular.Realizou importantes investigacións nos campos da farmacoloxía e da bioquímica .Estudou a replicación dos virus que teñen ARN como material xenético.Estudou a síntese proteica, descubrindo os factores de iniciación da tradución.Descobre, xunto con Arthur Kornberg, o mecanismo de síntese do ARN e do ADN, polo que reciben o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959.

Page 20: Xincana_fichas_biograficas

JANE GOODALLInglaterra (1934)

JANE GOODALLInglaterra (1934)

Zoóloga e antropóloga.Dedica a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés en África. As súas observacións sobre a conduta instrumental destes animais, os seus hábitos de caza, a súa intelixencia, as súas emocións e a súa personalidade individual, revolucionaron a bioloxía e a nosa percepción sobre os outros primates, pois ata entón considerábase que só a especie humana era capaz de utilizar ferramentas.Preocupouse por promover estilos de vida máis sostibles en todo o planeta.

Page 21: Xincana_fichas_biograficas

CARL LINNEOSuecia (1707 - 1778)CARL LINNEO

Suecia (1707 - 1778)

Científico, naturalista, botánico e zoólogo.Estableceu un sistema de nomenclatura binomial para nomear os seres vivos, sistema que rápidamente se utilizou como sistema estándar para nomear as especies.Considérase o pai da Taxonomía, ciencia que clasifica os seres vivos en niveis xerárquicos.Demostrou a reprodución sexual das plantas e deu o nome actual ás partes da flor.Tamén se considera un dos pais da Ecoloxía.

Page 22: Xincana_fichas_biograficas

MARGARITA SALASEspaña (1938)

MARGARITA SALASEspaña (1938)

Bioquímica asturiana discípula de Severo Ochoa.A súa maior contribución á ciencia son traballos sobre enzimas e sobre xenética, centrados no mecanismo de transmisión da información xenética.Xunto co seu equipo deseñou unha reacción en cadea chamada PCR, capaz de producir millóns de copias dun fragmento de ADN, aínda que o premio Nobel por estas investigacións levouno un home, Kary Mullis, en 1983.Traballa no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” e no CSIC.

Page 23: Xincana_fichas_biograficas

LYNN MARGULISEE.UU. (1938 - 2011)

LYNN MARGULISEE.UU. (1938 - 2011)

Catedrática de Bioloxía e Xenética.Xunto con James Lovelock ideou a hipótese Gaia que propón que a Terra e todos os seus seres vivos constitúen unha entidade complexa autorregulada.Autora da Teoría da Endosimbiose segundo a cal, as células eucariotasorixináronse pola simbiose permanente de diferentes tipos de células procariotas.Propuxo unha clasificación dos seres vivos en cinco Reinos: Moneras, Protoctistas, Fungos, Metafitas e Metazoos.

Page 24: Xincana_fichas_biograficas

ALFRED WEGENERAlemania(1880 - 1930)

ALFRED WEGENERAlemania(1880 - 1930)

Xeofísico e meteorólogo.Foi profesor de meteoroloxía na universidade de Marburgo.Desenvolveu a Teoría da Deriva Continental: impresionado polas semellanzas das liñas de costa de África e América do Sur, ademais da presenza de fósiles similares en ambos os continentes, supuxo que os actuais continentes xurdiron da fragmentación dun único supercontinente, Panxea, hai 200 millóns de anos.Morreu nunha expedición a Groenlandia sen que a súa teoría fose totalmente aceptada.

Page 25: Xincana_fichas_biograficas

WATSON & CRICK

WATSON & CRICK

James Watson (1928): biólogo e zoólogo estadounidense.Francis Crick (1916 – 2004): biólogo británicoBaseándose nos estudos realizados por Rosalind Franklin determinaron a estrutura tridimensional en dobre hélice do ADN en 1953. Este descubrimento foi esencial para o posterior desenvolvemento da Bioloxía e da Xenética e por el recibiron o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.James Watson tamén participou no Proxecto Xenoma Humano, no que se determinou a secuencia de bases que compoñen o noso ADN.

Page 26: Xincana_fichas_biograficas

CHARLES DARWINInglaterra(1809 - 1882)

CHARLES DARWINInglaterra(1809 - 1882)

Estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, aínda que deixou estes estudos para dedicarse á investigación dos invertebrados mariños.Aos 22 anos embarcouse no Beagle como naturalista co que emprendeu unha expedición científica ao redor do mundo durante cinco anos.Sentou as bases da moderna teoría evolutiva, ao presentar o concepto de que todas as formas de vida se desenvolveron a través dun lento proceso de selección natural a partir dun antepasado común.

Page 27: Xincana_fichas_biograficas

ALEXANDER FLEMINGEscocia (1881 - 1955)

ALEXANDER FLEMINGEscocia (1881 - 1955)

Médico microbiólogoDesenvolveu importantes investigacións nos campos da bacterioloxía, a quimioterapia e a inmunoloxía.Descubriu a lisozima, unha encima antimicrobiana.Coñecido principalmente polo descubrimento en 1928 da penicilina, no curso das súas investigacións sobre a gripe. A penicilina é un antibiótico producido polo fungo Penicillium notatum. Este descubrimento supuxo un cambio drástico para a medicina moderna, iniciando a chamada “Era dos antibióticos”.

Page 28: Xincana_fichas_biograficas

GREGOR MENDELAustria (1822 - 1884)

GREGOR MENDELAustria (1822 - 1884)

Alternou os estudos de Teoloxía cos de Ciencias Naturais.A partir dos seus experimentos nos que realizou cruzamentos con guisantes, estableceu as primeiras hipóteses sobre a herdanza dos caracteres e formulou as tres leis da herdanza coñecidas como Leis de Mendel, grazas ás que foi posible iniciar os coñecementos sobre os mecanismos da herdanza:

1ª lei ou lei da uniformidade. 2ª lei ou lei da segregación independente. 3ª lei ou lei da independencia dos caracteres.

Page 29: Xincana_fichas_biograficas

S. RAMÓN Y CAJALEspaña(1852 - 1934)

S. RAMÓN Y CAJALEspaña(1852 - 1934)

Cursou a carreira de Medicina en Zaragoza.Foi catedrático de anatomía na Universidade de Valencia, destacando na loita contra a epidemia de cólera que azoutou esta cidade en 1885.Dedicouse ao estudo das conexións entre as neuronas, para o que desenvolveu métodos de tinción propios. Grazas a isto demostrou que as neuronas son os constituíntes fundamentais do tecido nervioso e a discontinuidade celular das mesmas. Tamén anticipou o mecanismo de propagación do impulso nervioso.Recibiu o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1906.

Page 30: Xincana_fichas_biograficas

ROSALIND FRANKLIN Inglaterra(1920-1958)

ROSALIND FRANKLIN Inglaterra(1920-1958)

Doutorada en química e física na Universidade de Cambridge en 1941.Realizou estudos da microestrutura do carbón e do grafito.Utilizou técnicas de raios X para o estudo das febras de ADN. Mediante difracción de raios X tomou fotografías de mostras de ADN, facendo posible a identificación da súa estrutura helicoidal. As imaxes obtidas foron utilizadas, sen a súa autorización, para a realización do modelo de dobre hélice do ADN, polo que Watson e Crick obtiveron o Premio Nobel en 1962. Hoxe sábese que a verdadeira mente mestra que houbo detrás deste descubrimento foi Rosalind Franklin.

Page 31: Xincana_fichas_biograficas

LOUIS PASTEURFrancia(1822 - 1895)LOUIS PASTEURFrancia(1822 - 1895)

Químico e bacteriólogo.En 1848 descubriu a isomería óptica.Estudou os procesos de fermentación e demostrou que se deben á presenza de microorganismos.Rebatiu de forma definitiva a antiga teoría da xeración espontánea.En 1870 orientou a súa actividade ao estudo das enfermidades infecciosas, demostrando que se producen pola entrada de microorganismos patóxenos no corpo.Obtivo unha vacina contra a rabia.

Page 32: Xincana_fichas_biograficas

MIGUEL SERVETEspaña(1511 - 1553)

MIGUEL SERVETEspaña(1511 - 1553)

Teólogo e médico.O seu interese abarcou varias ciencias: astronomía, xeografía, anatomía, meteoroloxía,...Realizou un estudo sobre o sistema da circulación pulmonar ou menor do sangue, describindo con precisión o seu percorrido desde o corazón ata os pulmóns para a súa osixenación e descartando así as ideas de Galeno que supoñía que os ventrículos dereito e esquerdo estaban comunicados.Foi xulgado por herexe e condeado a morrer queimado.

Page 33: Xincana_fichas_biograficas

JOHN NEPEREscocia (1550 - 1617)

JOHN NEPEREscocia (1550 - 1617)

Coñecido por introducir o primeiro sistema de logaritmos, método

matemático que exercería unha enorme influencia en todos os campos

da matemática aplicada.

Foi o primeiro en utilizar a notación decimal para expresar fraccións

decimais de forma sistemática.

Inventou sistemas mecánicos para realizar cálculos aritméticos.

Page 34: Xincana_fichas_biograficas

SOPHIE GERMAINFrancia (1776 - 1831)

SOPHIE GERMAINFrancia (1776 - 1831)

Matemática autodidacta: estudou o Cálculo Diferencial consultando libros da biblioteca do seu pai.Aprendeu soa latín para poder ler a Newton e a Euler.A Escola Politécnica de París non admitía mulleres, pero ela conseguiu facerse con apuntamentos dalgúns cursos.Asinaba os seus traballos con pseudónimos masculinos para que llos tivesen en conta.Estudou as superficies elásticas e fixo importantes contribucións á Teoría de Números e ás Matemáticas Aplicadas, achegas que aínda hoxe seguen en vigor.

Page 35: Xincana_fichas_biograficas

PAOLO RUFFINIItalia (1765 - 1822)

PAOLO RUFFINIItalia (1765 - 1822)

Estudou medicina aínda que dedicou a súa vida ás matemáticas.Descubridor do chamado método de Ruffini que permite calcular os coeficientes do polinomio que resulta da división dun polinomio calquera polo binomio (x-a).Xunto con Abel, demostrou a imposibilidade de resolver mediante procesos elementais de álxebra as ecuacións xerais de un grao superior a catro (teorema de Abel – Ruffini).No campo da medicina, estudou o tifo durante a epidemia de 1817.Entre as súas obras destaca Teoría xeral das ecuacións (1798).

Page 36: Xincana_fichas_biograficas

ISAAC BARROWInglaterra (1630 - 1677)ISAAC BARROW

Inglaterra (1630 - 1677)

Matemático e profesor de grego e xeometría en Cambridge.Foi mestre de Isaac Newton.Os seus coñecementos de grego permitíronlle interpretar e editar obras de grandes sabios, como Arquímedes, Apolonio e Euclides.Desenvolveu un método para determinar a tanxente mediante métodos de cálculo aproximado.Foi o primeiro en observar a reciprocidade entre diferenciación e integración.

Page 37: Xincana_fichas_biograficas

LEONHARD EULERSuiza (1707 - 1783)

LEONHARD EULERSuiza (1707 - 1783)

A pesar de ter serios problemas de vista desde antes de cumprir os 30 anos, Euler produciu numerosas e moi importantes obras matemáticas.Realizou o primeiro tratamento analítico completo da álxebra, a teoría de ecuacións, a trigonometría e a xeometría analítica. Estudou o desenvolvemento de series de funcións. Estudou as superficies tridimensionais e demostrou que as seccións cónicas se representan mediante a ecuación xeral de segundo grao en dúas dimensións. Realizou contribucións á astronomía, á mecánica, á óptica e á acústica.

Page 38: Xincana_fichas_biograficas

B. BOLZANOR. Checa (1781 - 1848)

B. BOLZANOR. Checa (1781 - 1848)

Matemático e filósofo. Fíxose sacerdote en 1805, ano no que foi designado profesor de filosofía da relixión na Universidade de Praga. Apartado do seu cargo polo seu pensamento liberal, continuou publicando obras tan importantes como Teoría da ciencia (1837) e Paradoxos do infinito (1851).O seu traballo serviu de base e influíu no desenvolvemento da teoría de conxuntos de Georg Cantor en matemáticas e no desenvolvemento da fenomenoloxía de Edmund Hursserl en filosofía.

Page 39: Xincana_fichas_biograficas

C. F. GAUSSAlemania (1777 - 1855)

C. F. GAUSSAlemania (1777 - 1855)

Traballou fundamentalmente en Matemáticas e Física Matemática, aínda que tamén fixo importantes contribucións á Astronomía.É autor do Teorema Fundamental da Álxebra.Desenvolveu o método dos mínimos cadrados e as leis fundamentais da distribución da probabilidade.Desenvolveu o teorema dos números primos.Aplicou as matemáticas ao magnetismo e á electricidade (unha unidade de inducción magnética leva o seu nome).

Page 40: Xincana_fichas_biograficas

PITÁGORASGrecia (570 a.C – 469 a.C)

PITÁGORASGrecia (570 a.C – 469 a.C)

Filósofo e matemático.Atribúeselle o teorema que leva o seu nome e que establece a relación entre os lados dun triángulo rectángulo.Fundó unha escola en Crotona (Italia) que funcionaba como unha secta relixiosa.A escola de Crotona admitía mulleres. Entre elas estaba Teano, unha das máis importantes matemáticas da época e posiblemente esposa de Pitágoras.

Page 41: Xincana_fichas_biograficas

EUCLIDESGrecia (325 a.C – 265 a.C)

EUCLIDESGrecia (325 a.C – 265 a.C)

É coñecido como o “pai da xeometría”, aínda que non hai seguridade

de que sexa autor de todo o que se lle atribúe.

Fundou unha escola matemática en Alejandría.

A súa principal obra é Os elementos, na que se formulan os cinco

postulados sobre os que se constrúe toda a xeometría euclidiana.

É autor do algoritmo que leva o seu nome para o cálculo do máximo

común divisor de dous números.

Page 42: Xincana_fichas_biograficas

TALESMileto (624 a.C – 548 a.C)

TALESMileto (624 a.C – 548 a.C)

Astrónomo e xeómetra.Considérase o “pai da filosofía”, xa que foi o primeiro filósofo grego que intentou dar unha explicación física do Universo, evitando recorrer á mitoloxía.É autor de varios teoremas xeométricos que foron posteriormente recollidos por Euclides na súa obra Elementos.Mediu as pirámides de Exipto a partir da súa sombra. Predixo a eclipse que tivo lugar no ano 585 a. C.

Page 43: Xincana_fichas_biograficas

RENÉ DESCARTESFrancia (1596 - 1650)

RENÉ DESCARTESFrancia (1596 - 1650)

Filósofo, matemático e físico francés considerado como o pai da

xeometría analítica e da filosofía moderna.

Foi unha das principais figura da Idade da Razón.

Traballou no campo da álxebra e das matemáticas, no que creou o

sistema de coordenadas cartesianas.

Inventou a regra do paralelogramo, que permitiu combinar forzas non

paralelas.

Page 44: Xincana_fichas_biograficas

BLAISE PASCALFrancia (1623 - 1662) BLAISE PASCALFrancia (1623 - 1662)

Matemático, físico e filósofo relixioso que traballou nos campos da

aritmética, xeometría e cálculo de probabilidades.

En 1642 inventou a primeira calculadora e en 1648 demostrou que o

nivel de mercurio dun barómetro determínao o aumento ou diminución

da presión atmosférica.

Na súa honra denomínase Pascal a unidade de presión no Sistema

Internacional.

Page 45: Xincana_fichas_biograficas

JAMES WATTEscocia (1736 - 1819)

JAMES WATTEscocia (1736 - 1819)

Enxeñeiro escocés cuxas melloras na eficiencia da máquina de Newcomen deron lugar á máquina de vapor de auga e, con ela, á primeira Revolución Industrial.Inventou un conversor de movemento circular a rectilíneo, tamén un medidor de presión de vapor no cilindro.Creou a unidade “Cabalo de Potencia” para comparar rendementos de máquinas e motores.O Vatio (unidade de Potencia Eléctrica no Sistema Internacional) chámase así na súa honra. 1769: Patenta a máquina de vapor

Page 46: Xincana_fichas_biograficas

ANDRÉ-MARIE AMPÈREFrancia (1775 – 1836)

ANDRÉ-MARIE AMPÈREFrancia (1775 – 1836)

Matemático e físico francés considerado coma un dos descubridores

do electromagnetismo.

En 1827 publicou a súa Teoría matemática dos fenómenos

electrodinámicos, na que presentou a famosa Lei de Ampére.

O amperio é a unidade de intensidade de corriente eléctrica no Sistema

Internacional, nomeada así na súa honra.

Page 47: Xincana_fichas_biograficas

HANS CHRISTIAN OERSTEDDinamarca (1777 – 1851)

HANS CHRISTIAN OERSTEDDinamarca (1777 – 1851)

Físico e químico danés estudoso do electromagnetismo.

En 1820 descubriu a relación entre a electricidade e o magnetismo:

demostrou que un fío condutor de corrente podía mover a agulla

imantada dun compás.

Ampère baseouse nos experimentos de Oersted para desenvolver a

súa teoría sobre o electromagnetismo.

Foi o primeiro en illar e producir o aluminio.

Page 48: Xincana_fichas_biograficas

MICHAEL FARADAY Inglaterra (1791–1867)

MICHAEL FARADAY Inglaterra (1791–1867)

Este británico foi un dos científicos máis importantes do século XIX

pois realizou importantes contribucións á física e á química.

Descubriu o fenómeno coñecido como indución electromagnética.

Estableceu as leis da electrolise.

Descubriu o benceno.

Na súa honra nomeouse Faradio (F) á unidade de capacidade eléctrica

do Sistema Internacional.

Page 49: Xincana_fichas_biograficas

JAMES PRESCOTT JOULEInglaterra (1818 – 1889)

JAMES PRESCOTT JOULEInglaterra (1818 – 1889)

Físico inglés coñecido principalmente polas súas investigacións en electricidade, termodinámica e enerxía.Descubriu a natureza da calor e investigou a súa relación co traballo mecánico.Na súa honra, a unidade de enerxía no Sistema Internacional chámase Joule (J).Atopou unha relación entre a corrente eléctrica que atravesa un condutor e a calor desprendida: Efecto Joule.

Page 50: Xincana_fichas_biograficas

Thomas Alva EDISONEEUU (1847 - 1931)

Thomas Alva EDISONEEUU (1847 - 1931)

Inventor, científico e empresario americanoEn 1877 inventa o fonógrafo.En 1879 desenvolve a primeira lámpada práctica de filamento incandescente. O 21 de Outubro consegue que funcione 48 horas seguidas.En 1883 descobre o efecto Edison: paso de electricidade dende un filamento a unha lámina metálica dentro dun globo de lámpada incandescenteEn 1894 inventa unha máquina de cine rudimentaria.

Page 51: Xincana_fichas_biograficas

GRAHAM BELLEscocia (1847 - 1922)GRAHAM BELL

Escocia (1847 - 1922)

Físico, científico e inventor Británico.

No ano 1876 consegue a patente do teléfono (aínda que este xa fora

inventado polo italiano Antonio Meucci, 20 anos antes).

No ano 1877 crea a compañía de teléfonos Bell. En 1886, xa había mais

de 150000 teléfonos en Estados Unidos.

O 25 de Xaneiro de 1915 fai a primeira chamada transcontinental entre

Nueva York e San Francisco.

Page 52: Xincana_fichas_biograficas

NIKOLA TESLASmiljan, Croacia (1856 - 1943)

NIKOLA TESLASmiljan, Croacia (1856 - 1943)

Prolífico inventor, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia.En 1888 patenta o motor de indución e outros dispositivos de campo magnético rotatorio.En 1943, a Corte Suprema dos Estados Unidos acreditouno como inventor da radio.Entre os numerosos inventos aos que contribuiu figuran tamén: o motor de corrente alterna, a corrente alterna polifásica, o microscopio electrónico, o radar, o control remoto, a produción Raios X, a bobina Tesla...

Page 53: Xincana_fichas_biograficas

HEINRICH HERTZ Alemania (1857 - 1894)HEINRICH HERTZ Alemania (1857 - 1894)

Físico alemán descubridor do efecto fotoeléctrico, explicado anos máis tarde por Einstein.En 1888 demostrou a existencia da radiación electromagnética ao fabricar un aparato capaz de producir ondas de radio.Na súa honra nomeouse o hercio (Hz) como a unidade de frecuencia no Sistema Internacional.Os seus artigos foron utilizados por Marconi para construír un emisor de radio.

Page 54: Xincana_fichas_biograficas

HENRY T. FORDEEUU (1863 - 1947)HENRY T. FORDEEUU (1863 - 1947)

Empresario fundador da empresa automovilística FORD e pai dos modernos sistemas de produción en cadea. En 1896 inventa o seu propio vehículo autopropulsado.En 1903 a compañía Ford Motor Company da que era socio lanza o modelo Ford 999 que amosa unhas características técnicas superiores.En 1908 lanza o Ford T: barato e fácil de conducir. A rede de distribución expande e potencia o modelo de integración vertical.En 1914 a compañía multiplica o salario dos seus empregados co cal consegue o persoal máis cualificado e aumenta exponencialmente a productividade.

Page 55: Xincana_fichas_biograficas

JOHN VON NEUMANNHungría (1903 - 1957)

JOHN VON NEUMANNHungría (1903 - 1957)

Matemático húngaro-estadounidense con contribucións fundamentais en computación, física, economía, análise, estatística,...En 1943 é recrutado para o proxecto Manhattan (bomba atómica) no que deseñou o método de implosión.Deu nome á arquitectura Von Neumann empregada por case tódolos ordenadores.Deseñou modelos de autómatas celulares autorreplicables.Os seus algoritmos para o estudo da viscosidade foron claves en avances aeronáuticos tales coma jets ou motores espaciais.

Page 56: Xincana_fichas_biograficas

Wernher Von BRAUNAlemania (1912 - 1977)

Wernher Von BRAUNAlemania (1912 - 1977)

Enxeñeiro aeroespacial alemán (nacionalizado estadounidense pola

NASA), considerado un dos mellores deseñadores de cohetes do S.XX

Xefe de deseño dos cohetes supersónicos V2, empregados polos

alemáns na Segunda Guerra Mundial.

Xefe de deseño do cohete Saturno V que levou os americanos á lúa

entre os anos 1969 e 1972.

Page 57: Xincana_fichas_biograficas

STEVE JOBSEEUU (1955 - 2011)STEVE JOBS

EEUU (1955 - 2011)

Empresario estadounidense do sector informático e do ocio.En 1976 funda, xunto a Steve Wozniak a empresa Apple. O éxito da compañía faino, con só 26 anos, un personaxe popular e millonario.En 1984 Apple lanza o Macintosh 128K, o primeiro ordenador persoal exitoso fronte á competencia, pola novidade da interface gráfica manexada cun rato.Durante os anos 90, adquire “Lucasfilm” que transforma en “Pixar” e que tras o éxito de “Toy Story “ se integra en Disney.Co lanzamento en 2001 do Ipod e en 2003 da tenda online iTunes, cambia o negocio da música en liña.

Page 58: Xincana_fichas_biograficas

BILL GATESEEUU (1955)

BILL GATESEEUU (1955)

Programador, empresario e filántropo estadounidense.En 1976 funda, xunto a Paul Allen, a empresa Microsoft Corporation para a produción de software informático.En 1980 chegan a un acordo para subministrar o sistema operativo MS-DOS aos novos equipos de IBM. Este S. O. xeneralízase.No ano 1983 introduce o rato e o S. Operativo Windows para o manexo da interface do ordenador.O patrimonio de Bill Gates medra paralelo á expansión de Microsoft ata que no ano 2006 abandona a compañía para dedicarse a labores filantrópicos a través da “fundación Bill e Melinda Gates”.

Page 59: Xincana_fichas_biograficas

IES “Ramón Mª Aller Ulloa”Lalín