XAN O TROGLODITA
-
Upload
susana-esmoris -
Category
Documents
-
view
232 -
download
7
description
Transcript of XAN O TROGLODITA
XAN O TROGLODITA Personaxes:
Narrador Xan Xiana Prima Primos (3) Tía Nai Pai
(Paisaxe con unha caverna ó fondo ;explanada con peles secándose encima de pedras froitos secos,peixes colgados en paos)
NARRADOR: Din os libros que os nosos antepasados vivían en covas para protexerse do frío e do mal tempo.
Alí preparaban a comidas durante o día e durmían pola noite. Pero o resto do tempo non estaban sen facer nada.
O noso protagonista, Xan, que quere dicir habitante das cavernas, nunca deixaba de maquinar cousas coa súa pequena cabeza...
XAN:- ¡Xiana! ¡Xiana! ¡ven axiña! Hoxe teño unha gran idea.
XIANA: -¿qué idea?
XAN:-Achégate onda min, para que os nosos primos non nos oían. Sempre se queren meter nas nosas cousas e xa me están cansando.
XIANA:-Di,¿qué é o que me queres contar?
XAN:-Hoxe baixaremos ata ó río que está detrás da cova e alí ensinareiche uns peixes que teñen raias.
XIANA:-¿raias? Nunca vin un peixe con raias.
XAN:-Pois hoxe valos ver.
(Cando van saír aparecen os seus primos)
PRIMO:-Xan, Xiana ¿adonde ides?
XAN:-A ningures
PRIMA:-Iso paréceme imposible, sempre vos traedes algo entre mans.
XAN:-Chtisss... é un segredo para Xiana , a miña irmá.
PRIMO:-¡Cóntanos ese segredo por favor!
XAN:-E que quero darlle unha sorpresa a Xiana.
PRIMA:-Xiana, déixanos participar da sorpresa tamén a nos, por fi... Xa sabes que nós somos os teus primos preferidos.
XAN .- Xa
XIANA:-¡¡Valeeeee! Imos todos xuntos, a min non me importa, pero con unha condición.
PRIMO:-¿Cal?
XIANA :-Que non llo concedas ós primos maiores ;eses sempre nos están a espiar e vanllo contar todo ós nosos pais, e claro, logo non nos deixan saír.
PRIMA:-Ben iso está feito (cruza os dedos índice e lévaos á boca repetindo:
Nada direi, nada direi
para min soiña
o gardarei.
XAN :-¿E ti primo que?
PRIMO:-De acordo, eu tamén recito a miña promesa
Nada direi, nada direi
para min soiño
mo gardarei.
XIANA:-Ben imos logo, antes de que veña alguén.
XAN:-Andando, que xa é tarde. (Saen cantando unha canción)
“Imos cantando ó río
xa vou, xa vou
xa vou, xa vou
imos para ó río
onde nos esperan
peixes de cores
xa vou, xa vou
xa vou, xa vou.
SEGUNDO ACTO
(Arbores ó lado do río. Se escoitan paxaros e os árbores móvense. Chegan os nenos e tómbanse ó lado do río)
XAN.-¡Ssssss! Si facemos ruído os peixiños non saen.
PRIMA:-¿Onde está a sorpresa? Todos sabemos que os peixes están no río.
XIANA:-Xa o sei prima, pero Xan díxome que hai peixes de raias
PRIMO:-¿De raias?
XAN:-Si, de raias pero temos que estar calados se non non saen.
TODOS :-Valeeeee
(Óese unha música de fondo e eles miran para abaixo intentando distinguir os peixes)
XIANA:-Eu creo que se agachan debaixo do barro.
PRIMA:-Eu tamén vin como se moven as plantas do fondo.
XAN:-Esperade un momento, vou remover co meu pao, así...
XIANA:-¡esquí! ¡esquí! ¡Algo se move!
XAN:-Será mellor que pare de remover a auga, para que non se enturbe máis.
(Música de fondo)
TODOS:-¡Oooooh!
XAN:-¡Por fin! Fixarvos que raias de cores tan distintas.
XIANA:-¡Son tan bonitas!
PRIMO:-Xan, ti cres que poidamos coller algún?
XAN:-Son moi grandes, pero un... quizais si poidamos levalo para a cova.
PRIMA:-Xiana imos coller unhas follas grandes desta árbore para envolvelo mentres o meu irmán e Xan intentan pescalo.
XIANA:-De acordo.
XAN.-¡Eh, vinde! ¡vinde axiña! collín un peixe de raias. Vinde. Correde.
XIANA:-Xa estamos eiquí. ¡Oh! ¡que marabilla¡ ¡Que peixe máis bonito!
PRIMO:-Imos envolvelo coas follas.
PRIMA:- ¡Levámonolo!
XAN:-¡Vedes como o logramos!
XIANA.-Gracias Xan a túa idea é marabillosa.
TERCEIRO ACTO
Un cruce de camiños, os nenos séntanse a descansar. O narrador aparece por unha esquina)
NARRADOR.-Esta historia tenvos un misterio, porque os homes e mulleres daquela remota época, que vos recordo eran trogloditas, non tiñan ningunha das cousas que agora a nós, nos parecen imprescindibles. Por esa razón ían sempre cos ollos ben abertos para ver se descubrían algo novo a cada paso. ¡Estade atentos! ¡Algo grande vai ocorrer!
PRIMO.-Somos os primeiros que collemos un peixe con raias de cores.
XAN:-Si, a verdade é que cando o vin por primeira vez, pareceume marabilloso, pero agora, que o temos tan pretiño, en fin, pareceume que tivemos moita sorte cando o collemos no río. Si, Si...
PRIMA:-Cando o contemos na cova, non nolo van crer ¡eh!
XIANA.-Pois non terán outro remedio que crelo. (Está apartada do grupo xogando cun pao).
XAN:-Dentro duns días, cando a carne do peixe estea seca, ímonos dar un banquete. ¡Humm!.
PRIMO:-Por suposto.
PRIMA:-¡Xa me estou relambendo!
XIANA:-A nós tennos que tocar unha parte máis grande porque o topamos, o pescamos e o secamos. ¿non si?
(Segue xogando co pao e sen querer fai o debuxo do peixe, do río. Leda grita:
¡Xan, primo, prima! ¡vinde axiña!
XAN:- ¿Que pasa?
PRIMO:-¿Que estás facendo? ¿Non estarás molestando aos espíritos?
PRIMA:-¡¡Huuuuyy!! ¡que medo!
XIANA:-Eu non molestei a ninguén, so estaba xogando con este pao e apareceu un... non sei, apareceu outro peixe no chan.
XAN .-Tranquilos, calma, imos pensar...
(Séntase ao redor do debuxo e repásao co dedo e, fai outro igual).
TODOS;-¡Oooooh! ¡outro!
PRIMO:-¿Serán os espíritos?
PRIMA:-¡Teño medo!
XIANA:-Non te asustes, seguro que Xan sabe o que é.
XAN:-Non sei o que é, Xiana, pero se o fixemos a partir da Natureza, seguro que non é nada malo. Será mellor que volvamos á cova, os nosos pais e parentes teñen que coñecer algo tan sorprendente.
XIANA:-¿Pero como imos levalo?
XAN:-É certo, pois imos poñelo nesta rocha e ao seu lado o peixe.
TODOS:-Estupendo.
CUARTO ACTO
(Chegan os nenos co seu descubrimento. Saen da cova os pais, os tíos e os primos sorprendidos)
XAN:-¡Pai! ¡nai! Mirade, dous regalos da Nai Natureza: un peixe de raias e algo que non sabemos o que é.
NAI:-Fillos ¿onde estivestes?
XIANA:-Xunto ó río, detrás da cova.
TÍO:-Non estariades molestando a alguén?
XAN:-Non te preocupes tío, que non fixemos nada malo e ademais non molestamos a ninguén.
TÍA:-Será mellor que baixedes eses regalos para que non vos pesen tanto.
PRIMO 3:-¡Seguro que son parvadas!
PRIMO 4:-Como sempre.
PAI:-Fillos imos ver o que trouxestes.
NAI :-¿Que é eso que traedes pegado a esa pedra?
XIANA:-Non sabemos nai, eu estaba a xogar cun pao, e, sen querer o peixe pegouse na pedra.
TIA :- E o peixe como o secastes para pegar na pedra.
XAN :-Non, non Xiana estaba co pao xogando na terra e de pronto apareceu ese peixe.
XIANA:-Si, pero ó pisar nel desaparecía, volvía xogar co pao e o coller a terra para tráelo, volvía desaparecer.
PRIMO:-Nos pensamos que eran cousas dos espíritos, que estaban enfadados.
PRIMA:-Eu pasei un pouco de medo.
XAN:-Collemos unha pedra afiada, e, puxemos o peixe aquí.
PAI:-Non podemos seguir falando así. Temos que darlle un nome.
NAI:-Pero ¿cal?
XIANA:-Tamén podo facer árbores, o río...
PAI:-Desde agora a estas copias dos obxectos que se poidan facer da Nai Natureza, chamarémoslle...”debuxos”
TÍO:-Temos que darlle as gracias a Nai Natureza porque nos regalou os debuxos para as nosas covas e, estas pinturas servirán para falar entre nos.
XIANA:- E tamén van servir para comunicarnos con outras persoas .
NAI:-Claro que si ¿qué ben!
TODOS:-¡Grazas!
(colócanse ao redor do peixe para bailar)
ARAM SAM, SAM
ARAM ,SAM,SAM.
CUNI,CUNI,CUNI CUNI BIS
CUNIRAM,SAM SAM.
AGABI,AGABI
CUNI CUNI,CUNI.CUNI
CUNIRAM,SAM,SAM BIS
NARRADOR:-Deste xeito, ou outro moi parecido, os seres humanos foron protagonistas, dun dos máis grandes descubrimentos da Humanidade: A Linguaxe.
Invítovos a todosa a que nos acompañedes nesta danza de Aleluia.
FIN