ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes...

13
Tema 11 A civilización romana Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.- Negro para enunciado e azul escuro para resposta. Debes destacar palabras con “N”, “K”, “S” Para esquemas, emprega sempre as mesmas “viñetas” Letra.- Arial 14 (agás título, aclaracións de imaxes, ….) Entreliñado: 1,5 Aliñación.- xustificada Resposta.- En ringleira seguinte ao enunciado. Cando un enunciado teña máis dunha resposta, copia cada apartado e resposta coma se fosen exercicios diferentes, pero deixando só un espazo entre os apartados. Dous espazos de separación entre exercicios Unha/dúas imaxes por páxina con distribución axeitada. As imaxes deben levar un breve texto aclaratorio e estar relacionadas con exercicios da páxina. Se a actividade inclúe imaxe, non apliques este apartado Marxes reducidos e iguais: superior-esquerda, inferior- dereita

Transcript of ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes...

Page 1: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

Tema

11A civilización romana

Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións:

Cor.- Negro para enunciado e azul escuro para resposta. Debes destacar palabras con “N”, “K”, “S”

Para esquemas, emprega sempre as mesmas “viñetas”

Letra.- Arial 14 (agás título, aclaracións de imaxes, ….)

Entreliñado: 1,5

Aliñación.- xustificada

Resposta.- En ringleira seguinte ao enunciado. Cando un enunciado teña máis

dunha resposta, copia cada apartado e resposta coma se fosen exercicios

diferentes, pero deixando só un espazo entre os apartados.

Dous espazos de separación entre exercicios

Unha/dúas imaxes por páxina con distribución axeitada. As imaxes deben levar

un breve texto aclaratorio e estar relacionadas con exercicios da páxina. Se a

actividade inclúe imaxe, non apliques este apartado

Marxes reducidos e iguais: superior-esquerda, inferior-dereita

Page 2: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

Actividades1. Que caracteriza a civilización romana: o papel do campo ou o da cidade

2. Que papel desempeñaba a cidade na civilización romana?

3. Cando foi fundada a cidade de Roma?

Que poboación chegou a ter en tempos de Augusto?

4. Que era o foro nas cidades romanas?

Con que espazo das cidades actuais se podería comparar?

5. Observa a ilustración e identifica o Coliseo e o Circo. Describe as súas características.

Page 3: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

6. Da palabra latina civitas derivan numerosas palabras galegas como, por exemplo, cidade. Escribe ti outras

7. Os habitantes dalgunhas das nosas actuais cidades manteñen o xentilicio derivado directamente no nome latino da cidade. Fíxate no mapa e completa o seguinte cadro:CIDADE XENTILICIO NOME LATINO DA CIDADE

CIDADE XENTILICIO NOME LATINO DA CIDADECALATAYUD gaditanosLUGO oscensesCALAHORRA onubensesTARRAGONA tudensesMÉRIDA ilerdensesCALATAYUD gaditanosLUGO oscensesCALAHORRA onubensesTARRAGONA tudensesMÉRIDA ilerdenses

8. Relaciona os edificios coa súa función:

Foro • Carreiras de carrosTermas • Conmemoración de vitorias militaresCirco • Espazo central da cidade romanaAnfiteatro • Baños públicosArco de triunfo • Loitas de gladiadores

Page 4: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

9. Espartaco dirixiu unha das máis destacadas rebelións de escravos en Roma. A súa figura e fazañas inspiraron a novelistas, artistas plásticos e directores de cine, destacando a película Espartaco, dirixida por Stanley Kubrick, que se pode visualizar na clase ou na casa. Tanto que a vexas como que non, debes redactar unha breve biografía deste personaxe. Para iso podes consultar estes enderezos da Internet que sintetizan os datos básicos ou podes amplialos coa consulta doutras páxinas web ou enciclopedias:

http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/personajes/4475.htm

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/e/espartaco.htm

10. Cal era a condición da muller en Roma?

11. Quen eran os libertos?

12. En Roma, a condición de escravo podía adquirise por varios motivos. Cal destas frases non é correcta?

Por ser fillo/a de nai escrava e pai escravo Por ser fillo/ de nai escrava e pai liberto Por ser comerciante Por non pagar débedas Por decisión propia

Page 5: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

13. No mundo romano foi fundamental a circulación monetaria. Por que cres ti que a moeda é tan importante para a intensificación da actividade económica?

14. O transporte marítimo e fluvial foi fundamental para o desenvolvementodo comercio no imperio romano. Observa esta ilustración e responde:Con que enerxía se movían estes barcos?Quen cres que movían os remos?

15. Para transportar líquidos e grans os romanos utilizaron varios tipos de vasillas, pero as máis usadas foron as ánforas. Asmáis habituais eran alongadas, con dúas asas e remataban en bico, polo que debían ir sobre soportes para ser transportadas.Observa a ilustración e insire una imaxe dunha das ánforas representadas.

Page 6: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

16. Completa este cadro sobre as atribucións das divindades romanas.

DIVINDADES ATRIBUCIÓNGregas Romanas

Zeus Xúpiter Pai dos deuses e deusas

Hera Xuño

Ares Marte

Poseidón Neptuno Deus do mar

Atenea Minerva

Afrodita Venus

Apolo Apolo

Artemisa Diana Deusa da caza

Hermes Mercurio

Dioniso Baco

Hefesto Vulcano Deus do lume

ATRIBUCIÓNGr17. En Roma existían os augures, os sacerdotes encargados de coñecer os desexos dos deuses sobre as actividades dos humanos; así, cando os romanos querían iniciar unha acción de importancia (decidir unha guerra, fundar unha cidade, iniciar unha viaxe...) acudían a estes sacerdotes para que interpretasen a vontade dos deuses mediante a observación do voo de determinadas aves (corvos, voitres) ou das entrañas dos animais sacrificados. Cres que aínda queda, na nosa sociedade actual, algo destas prácticas ou doutras que teñan obxectivos semellantes? Razoa a resposta e, se é afirmativa, pon algún exemplo.

18. Selecciona a resposta correcta: Que deuses formaban a Tríade capitolina? Plutón, Minerva e Ceres Minerva, Xuño e Xúpiter Xúpiter, Xuño e Venus Xúpiter, Xuño e Apolo

19. A que tipo de deuses rendían culto nas casas os romanos?

Page 7: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

20. Do galego, castelán, catalán, francés e outras linguas europeas dise que son linguas latinas ou románicas. Por que será?

21. Xa non falamos latín, pero seguimos utilizando expresións latinas tales como: vox populi, cum laude, numerus clausus, honoris causa, curriculum vitae, per capita, superavit, deficit, accesit, in situ, ultimatum, iunior, senior, ante meridiem…, indica que significan estas expresións e trata de engadir ti algunha máis

22. Os romanos deron nome aos días da semana en honor de astros e divindades. Así, por exemplo, o domingo estaba dedicado ao Sol, o luns á Lúa, o mes de xaneiro ao deus Xano etc. Completa este cadro indicando os deuses a quen estaban dedicados os restantes días da semana.

OS DÍAS DA SEMANA EN LATÍN OS DÍAS DA SEMANA EN GALEGO

Solis dies - Dies dominicus Domingo (dedicado ao Sol)

Lunae dies - Feria II Luns (dedicado á Lúa)

Martis dies - Feria III

Mercurii diez - Feria IV

Iovis diez - Feria V Xoves (Dedicado a Xúpiter)

Veneris diez - Feria VISaturni diez - Sabbatum Sabbatum

OS DÍAS DA SEMANA EN LATÍN OS DÍAS DA SEMANA EN GALEGO23. Observa esta pintura do panadeiro Próculo e a súa muller conservada na parede dunha casa de Pompeia. Selecciona os cualificativos que cres que son axeitados para describila: ilusionista, realista, polícroma, abstracta, monocroma, figurativa, retrato fiel, retrato idealizado.

Page 8: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

24. O chan das salas principais das casa das familias acomodadas romanas estaban cubertos de mosaicos. As pezas que forman os mosaicos (teselas) podían ser só de dúas cores (brancas e negras) ou de varias cores. Os temas podían ser xeométricos (como os da ilustración) ou representar escenas da vida cotiá, mitos etc.Insire una imaxe dun mosaico que represente imaxes da vida cotiá

25. Observa estes relevos da columna de Traxano. Que representan? Cres que os personaxes esculpidos representan con realismo e fidelidade as vestimentas e as armas?. Razoa a resposta

26. Que nome deron os romanos á provincia que comprendía o territorio do noroeste peninsular?

27. Que sucedeu, na maioría dos casos, cos poboados indíxenas dos castros tras o dominio romano?

28. Por que a muralla de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade en 2000?

29. Que novas formas de hábitat xurdiron en Gallaecia co dominio romano?

Page 9: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

30. Aínda que os castros foron progresivamente abandonados, algún continuaron habitados e neles se aprecian as influencias do urbanismo romano como, por exemplo, nas plantas das vivendas (casas cadradas xunto ás tradicionais redondeadas), na distribución das casas ao longo de rúas empedradas, na presenza de novos materiais de cociña e de adorno persoal, etc. Nos seguintes enderezos podes consultar datos dalgúns destes castros romanizados. Elixe o da túa provincia e redacta un breve informe no que recollas os seguintes datos: localización, época na que estivo habitado, tipo de defensas e de construcións domésticas e destaca algunha das pezas que se atoparon nas escavacións que máis te chamea atención.http://www.aaviladonga.es/es/castro.htm (Castro de Viladonga, Lugo)http://www.arenteiro.com/lansbrica/ (Castro de San Cibrán de Lás, Ourense)http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Elvi%C3%B1a (Castro de Elviña, A Coruña)http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Santa_Tegra (Castro de Santa Trega, Pontevedra)

31. O escritor romano Plinio aseguraba que Gallaecia e Lusitania proporcionaban uns 6.500 quilos de ouro cada ano e, no século I d.C., calcúlase que o 7% do ouro de todo o imperio procedía de Gallaecia. Na zona das Médulas (no actual Bierzo,entre Ourense e León), pode apreciarse unha sorprendente paisaxe que é o resultado da práctica continuada (estiveron en explotación uns 250 anos) da ruina montium: extensas galerías abertas na montaña, canalizacións da auga desde osembalses situados nas zonas máis elevadas, paredes cortadas en vertical e curiosos picos que resistiron o derrubamento. Se consultas esta páxina web poderás coñecer máis datos deste conxunto declarado Patrimonio da Humanidade:http://www.fundacionlasmedulas.org/visita/para_usuarios_xp.htm#.Elabora un breve resumo

32. Polo territorio da actual Galicia pasaban tres vías principais. Con que número estaban identificadas? Consulta o mapa da páxina 225 do libro de texto.

• A que unía Braga con Astorga pola zona norte do convento bracarense:• A que unía Braga con Lugo polo interior:• A que unía Braga con Brigantium (actual Coruña) con Lugo máis próxima á costa:

33. Por que a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade en 2009?

34. Prisciliano foi un personaxe moi influente no seu tempo, pero que aínda hoxe resulta bastante enigmático. Coñece un pouco da súa vida e obra. Consulta: http://es.wikipedia.org/wiki/Prisciliano.Redacta unha breve bibliografía.

Page 10: ccss1213.files.wordpress.com€¦  · Web view11 A civilización romana. Realiza as seguintes actividades en Writer. Segue estas indicacións: Cor.-Negro para enunciado e azul escuro

35. Civilización romana: obras de enxeñería e edificios públicos:

OBRA / EDIFICIO

FUNCIÓN / UTILIDADE

Termas Aseo, lecer, …

Basílica Palacio de xustiza e reunións