Visita de Celso Fdez Sanmartín comentarios dos alumnos

11
VISITA DE CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN (O que din os rapaces) “ A min gustoume que non tivera medo a abrirse e explicar o que lle gusta e compartilo connosco. Ademais sorprendeume que para ser unha persoa tan importante fose tan cercano, como cando mirou as camisetas e dixo que lle gustara que el fora a inspiración diso. Sentinme moi a gusto porque era un ambiente cálido e de confianza.” ALBA RODRÍGUEZ RIVERO “ A min gustoume todo, pero encantoume o vídeo do cinturón de seguridade, porque ademais de ser bonito, el compartiu con nós unha cousa que lle gustou.Tamén me gustou o paseo polas escaleiras onde estaba a roupa. Era un momento para estar sorrindo todo o tempo. Todo o club de lectura era para estar sorrindo. Houbo momentos moi alegres e outros moi emotivos. Foron unhas horas preciosas.” IRIA PRIETO DOMÍNGUEZ

description

Comentarios dos alumnos do club de lectura A árbore vermella sobre a visita de Celso Fdez. Sanmartín

Transcript of Visita de Celso Fdez Sanmartín comentarios dos alumnos

VISITA DE CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN(O que din os rapaces)

“ A min gustoume que non tivera medo a abrirse e explicar o que lle gusta e compartilo connosco. Ademais sorprendeume que para ser unha persoa tan importante fose tan cercano, como cando mirou as camisetas e dixo que lle gustara que el fora a inspiración diso.Sentinme moi a gusto porque era un ambiente cálido e de confianza.”

ALBA RODRÍGUEZ RIVERO

“ A min gustoume todo, pero encantoume o vídeo do cinturón de seguridade, porque ademais de ser bonito, el compartiu con nós unha cousa que lle gustou.Tamén me gustou o paseo polas escaleiras onde estaba a roupa. Era un momento para estar sorrindo todo o tempo. Todo o club de lectura era para estar sorrindo. Houbo momentos moi alegres e outros moi emotivos. Foron unhas horas preciosas.”

IRIA PRIETO DOMÍNGUEZ

“A min chamoume moito a atención a forma de chegar ao instituto de Celso. Non chegou coma unha persoa importante, senón coma un máis de todas as persoas que estabamos alí, que o estabamos agardando a el. Na biblioteca estaba tan a gusto e marabillado que quixo expresarnos o seu agradecemento cun anaco de película que trataba da forma na que recibiron aos amigos e desexounos que, como mínimo, nos recibiran así de ben.”

MARÍA PÉREZ LAGE

“ Percibín o que lle gustou o seu regalo da camiseta e o que sentiu cando lle dixeron que o fixeramos entre todos nós.”

MÓNICA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

“ O que máis me gustou foi o anuncio que nos ensinou do cinturón de seguridade e o regalo que nos deixou de Epigramas.”

LAURA Mª LOSADA ÁLVAREZ

“ Encantoume, foi excelente. Eu sentinme como un neno máis, de marabilla.”

VÍCTOR RODRÍGUEZ TEIXEIRA

“ Sorprendeume como chegou, sen ningún medo nin vergonza de que saibamos como é, chegou sen ningún muro que o ocultase. Tamén me gustou moito cando quedou sen palabras, deixamos sen palabras a unha persoa tan importante.Eu marchei moi feliz para casa, eu tamén estivera moi a gusto, pero non me fixo moita graza ter que marchar.”

MARÍA ROMERO RODRÍGUEZ

“ Gustoume cando chegou e sacou fotos con todos, cando viu as camisetas e quedou sen palabras, cando nos leu as poesías e a graza que tiña ó lelas. Todo me gustou moito e foi moi divertido.”

JOSE SALGADO

“ A min impresionoume a maneira na que se expresou, como se sincerou connosco, como nada máis chegar e ver os nosos traballos, coa sensación que lle causaron, comezou a contarnos historias.El compartiu con nós o máis importante para el: comezou a falar, contar historias... non tiña un límite.Eu sentinme moi ben, como se fose un máis no club, pola súa cercanía e personalidade.”

CRISTINA SALGADO BLANCO

“ A miña opinión é que é unha persoa moi divertida, non esperaba que fose unha persoa tan aberta con todo o mundo. Eu ao principio sentinme un pouco nervioso pero cando foi pasando o tempo perdín a vergoña. Foi a primeira vez que fun ao club de lectura e impresionoume bastante a xente que foi, grandes e pequenos, xente de todos os cursos.”

DAVID VAZ

“ Gustoume cando Celso dixo:- Querédesme pinchar, eeeeeeeeeehhhhhhhhh; a ver ata onde aguanto.Tamén cando compartiu o libro que o inspirou a escribir e tamén o mellor libro que coñecía.Quedou moitas veces sen palabras.Tamén me gustou cando dixo que a miña camisa encollera...”

AARÓN RÚA GONZÁLEZ

“ A última sesión do club de lectura, o día que nos visitou o escritor Celso Fdez. Sanmartín, supuxo unha aprendizaxe dun mesmo. Celso reflictía sinceridade, xa que se mostraba tal e como era, ao natural. Ademais elixía uns versos de gran beleza. Unha das cousas que máis me gustou foi o anaco de vídeo que nos ensinou no que se mostraba que a inocencia do rapaz fai ver as cousas doutra maneira. A súa mirada tiña tal transparencia que se podía ver con claridade a naturalidade do seu ser. Por último dicir que as súas palabras fixéronme reflexionar sobre a sociedade actual.”

ISMAEL LAMAS ÁLVAREZ

“ A visita de Celso sorprendeume moito. Digo isto porque un escritor tan importante demostrou que é unha persoa humilde, observadora, cercana, natural, intelixente, cunha maneira de ver o mundo distinta á dos demais.Chamoume a atención ver a morea de libros que traía na súa mochila para amosarnos as pequenas partes que el máis apreza de cada un.Tamén me gustou moito o anuncio poético, pola súa orixinalidade, e o anaco de película, xa que reflictía a cercanía de dous mundos moi diferentes.Para min foi unha experiencia moi interesante e divertida, e gustaríame que se volvese a repetir.”

ESTHER ESTÉVEZ CASADO

“ A visita de Celso Fdez. Sanmartín ao club de lectura pareceume moi interesante, porque me levou a coñecer cousas que non creo que ninguén me ensinara en toda a miña vida.Celso transmitiunos a tódolos rapaces que alí estabamos a súa ilusión por escribir, a maxia en cada unha das súas palabras, que é unha maxia froito da ilusión, da esperanza e da alegría que produce expresarse abertamente, sen medos nin prexuízos.”

PABLO JOSÉ CALVO

“ A min pareceume todo moi emotivo e gustoume moito a película, polo significado que tiña, e algunhas anécdotas e os poemas que leu.Ademais tamén me gustou que se lle notaba que lle gustaba viaxar e descobrer o mundo, xa que sabe moitas anécdotas.Tamén se notaba que Celso está acostumado a estar con público, o que o fai caer ben. É moi simpático e véselle moi sincero con rapaces e profesores.”

MIGUEL LOZANO MEIRIÑO

“ Durante toda a tarde que estivemos con Celso tanto el coma nós sentímonos moi cómodos.Primeiro, cando chegou ó colexio, quedou sorprendido da cantidade de alumnos que voluntariamente foran velo e eu tamén quedei moi sorprendida cando falei con el porque non nos coñeciamos de nada e en cambio falabamos coma se nos coñecésemos de toda a vida. De feito, contoume que as editoriais dos seus libros, editoriais pequeniñas, pagounas el cos seus aforros.Logo, cando fomos ensinarlle as camisetas, bolsos...todas as prendas que fixeramos inspirados polo libro de Fucsia, talladas, estampados, boca, ficou abraiado e emocionouse moito cando viu a súa camiseta. Tamén se emocionou moito coas presentacións que lle tiñamos preparadas. “Nin o rei ten a mesma sorte ca min”, dixo.E... por se fora pouco, el tamén nos trouxo cousas que a min encantáronme, sobre todo as historias que nos contou.Estivo moi ben o día con Celso. En ocasións así, cando coñeces persoas coma el, é cando comezas a distinguir un tipo de xente doutro. É cando te decatas de que persoas merecen verdadeiramente a pena.Espero que Celso volva algunha vez para poder estar con el, porque, sinceiramente, encantoume. Se cadra aínda coincidimos por aí....

Postdata: O detalle de ter os libros marcados, como a miña profesora de galego, deixoume abraiada.”

MARTA FERNÁNDEZ NICOLINO

“ A min Celso caeume moi ben, gustoume moito como se expresaba, os contos que nos contou, as súas experiencias e as dos demais...Gustoume tamén como se alegrou ó ver a súa camiseta e ó ver o libro da Árbore vermella. Emocionouse tanto que case chora. En resumo, encantoume e espero volver velo algún día.”

MERCEDES CASTRO CID

“ A min pareceume moi gracioso e divertido. Eu pensaba que podía ser aburrido, pero non. Sabe ata valorar as cousas graciosas dos libros, non só a súa beleza. É unha persoa moi especial.”

NATALIA DOS SANTOS CUADRADO

“ Gustoume cando nos leu as poesías e o abraiado que quedou cando viu fotografías e vídeos coas camisetas que fixemos. Era moi simpático e divertido!!!”

KEVIN FERNÁNDEZ COELHO

“ A min encántame ir ó club de lectura e descubrir cada día unha cousa nova. Esta visita de Celso foi unha experiencia inolvidable porque ter a posibilidade de estar cunha persoa tan especial e importante é algo extraordinario. Valoro que nos lera poesías e sobre todo aquela que o empuxou a escribir. Gustaríame describir moitas máis cousas que me pasaron, pero non teño palabras.”

MARTA CID NIETO

“ Eu creo que facer estas actividades no colexio dános a oportunidade de cambiar, de ser mellor e de medrar.Celso, dalgunha forma fixo todo isto, dalgunha maneira abriunos os ollos a través das palabras e a través dos libros.Nós deixámolo a el sen palabras grazas ó noso traballo e iso é unha cousa incrible.”

SABELA DOMÍNGUEZ

“ Cando vin a Celso foi unha ledicia importante porque quería coñecelo. Pensei que ía ser máis tímido pero non foi así.”

CLAUDIA DIÉGUEZ CASTANHEIRA

“ Cando vin a Celso souben de seguido que ía ser unha persoa excepcional. Somentes con ver a súa maneira de falar e de actuar souben que era unha persoa do máis sinxela e divertida. Víase nel que disfrutaba con nós e con todo o que lle amosamos. Só había que miralo ós ollos e escoitar as súas palabras para saber que de verdade valoraba todo o traballo feito por todos, estaba totalmente emocionado e sorprendido.Era realmente divertido, cada historia que contaba ou os comentarios que facía facíannos rir a esgalla. Pero ademais de facernos rir tamén nos ensinou unha morea de cousas. Ensinounos unha morea de poemas, pero non calquera, foron poemas que me fixeron ver a cantidade de tipos de poesía que existe no mundo. Asombroume léndonos moitos deles, xa que eran moi distintos do que eu tiña entendido como poesía. Deixoume abraiada. Ata nos leu algúns poemas do libro no que el se inspirara para escribir, foi todo un honor. Co vídeo que nos ensinou deixoume coa boca aberta. Era precioso. Aprendín moitas cousas con el porque nos daba todo tipo de información. A verdade é que puiden observar que ninguén se quería ir aínda que a maioría o tiveron que facer. Eu, por sorte, puiden quedar un ratiño, que se me pasou voando, a disfrutar máis da súa presenza. Foi unha das mellores visitas, penso eu, que tivemos no club de lectura. Sorprendeunos, fíxonos rir, ensinounos moitas cousas... Foi realmente entretido e apaixoante coñecelo. Ogallá teña ocasión de volver disfrutar da súa presenza.”

NEREA RIVERO

“ A visita supuxo para min unha ollada pola fiestra da literatura actual. O estar presente naquela biblioteca fíxome sentir identificada cun igual. Unha conversa de ti a ti cunha persoa coa que comparto as mesmas metas e ilusións. Naquel ambiente sentinme nun fogar ficticio, perfumado con versos que brotaban da tinta dun libro nado da mente doutros autores. Foi unha experiencia única que me fixo abrir os ollos para continuar camiñando polas estreitas estradas que constrúen os meus versos, para continuar ollando en primeira persoa outros que ensanchan os meus horizontes.”

HILDA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

“ Para min foi un gran día, un día moi especial, xa que con Celso paseino xenial e paréceme que os demais tamén. Gustoume a súa forma de querernos transmitir a poesía que a el lle gustaba e que o inspiraba. Leunos poemas cun ton de simpatía. Oxalá poida volver a repetirse.”

JORDI DOS SANTOS PEREIRA

“ A visita de Celso Fernández encantoume, en realidade máis ca iso, pero non podo describir todo o que sentín nese momento.Foi como cando estás alegre por aprobar un exame que ti pensabas que che ía saír mal. É o mesmo sentimento, alegría, ansias por contarllo a todo o mundo...O que máis me chamou a atención foi a súa forma de falar, de expresarse e de ser. Levabamos dez minutos con el e era como estar nun lugar novo e para descubrir todo o que ese lugar esconde, tes que sentilo e tocalo.Quería darlle as grazas ós profesores que fixeron que Celso estivera aquí porque fomos uns privilexiados por telo coñecido.Moitas grazas, Celso. Espero volverte ver. Unha aperta.”

LUCÍA DE SOUSA FERNÁNDEZ

“ Gustoume moito a visita de Celso ó club de lectura. Sorprendeume que fose unha persoa tan agradable, faladeira, amable... Todas as palabras dunha persoa “perfecta” poríallas a el. Encantoume cando falou da súa experiencia cos anciáns e cando nos leu poesías.Pensaba que non o pasaría tan ben, pero equivoqueime. Era como se o tempo voase porque parecía que o coñeciamos de toda a vida.Eu este ano non vou habitualmente ó club pero notei que o que lle regalastes lendo no río e facendo os vídeos fixéstelo con moito cariño.Cando estou no club de lectura síntome coma outro rapaz, diferente, e isto faime sentir por dentro benestar e ledicia. Sinto que cambio para ben tanto nos estudos como persoa. Grazas por todo.”

IAGO FRANCO SALGADO

“ A verdade é que foi unha tarde que mereceu a pena. Gustoume moito a maneira que tivo de dirixirse a nós. Notouse que todo o que dixo e fixo saíalle do corazón. Mostrouse tal e como era e sempre estivo moi próximo.Cando lle ensinamos as camisetas foi moi emocionante ver que lle gustaban tanto, pois foron feitas con moito cariño e foi de agradecer que as valorara tanto.Pareceume precioso cando compartiu os seus libros con nós. Fíxome graza porque sempre dicía que ía ler o último pero seguía e seguía léndonos poesías. Canto máis lía, máis queriamos ler, tanto el coma nós.Os vídeos que nos ensinou parecéronme de grande importancia. O primeiro, o da familia xitana que cos seus cantos e bailes alégranlles a vida ós demais e o do cinturón, tan poético. Nos dous amósanos que o máis importante é estar unidos.En defimitiva, sentínme mooooiiii a gusto co ambiente que había aquela tarde e paseino de marabilla. Sen dubidalo foi unha ocasión que se se volvese presentar, repetiría.”

ANDREA FERREIRA

“ A min alegroume a visita de Celso, encantoume. Estabamos todos en silencio para escoitar que dicía, todos cos ollos abertos ó máximo para ver que nos amosaba. Disfrutamos moito con el e el con nós. Presentouse coma unha persoa máis, tanto pola forma de cegar, como pola de vestir e como pola de falar con nós, co seu propio acento, de ti a ti e con toda a confianza e sabedoría do mundo.Contounos cousas que, a simple vista, parecen sinxelas, pero que din moito de el, das persoas, da sociedade... Compartiu con nós cousas que lle gustaban, cousas tristes, bonitas, graciosas...Os profes, os alumnos e el símos de alí cun sorriso na cara. E seguro que todos nós, pola noite, ó meternos na cama, recordamos esta fabulosa visita que nos alegrou o día e, de seguido, quedamos durmidos.”

IRENE ROMERO RODRÍGUEZ