Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to-...

32
Vilalba c elebra o S an R amón 1 04 agosto 2 012 0,30 Santaballa c elebra e n s etembro a segunda e dición d a F eira I ndiana “Fugaz c oincidencia”, a n ova n ovela de J osé E stévez As c inco p eñas d e V ilalba A Liga Santaballesa pretende achegar o legado histórico, cultural e social que a sociedade habaneira aportou á co- marca a comezos do século XX . 22 Redelibros edita esta obra que recolle as vivencias dun viúvo de cincuenta e tantos e unha rapaza nacionalista de vinte e poucos. 23 Vilalba celebra as súas patronais na honra de San Ramón e Santa María ata o 2 de setembro. Ademais das actividades habituais, a capital chairega con- tará coas actuacións das mellores orquestras de Galicia, Chenoa, David de María, La Unión ou Gisela. 15-16 Ante o comezo da Liga da tempada 2012-2013, repasamos a actividade das cinco peñas da capital chairega que seguen con cariño ao Celta, Dépor, Barça e Real Madrid. 17-18

Transcript of Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to-...

Page 1: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

Vilalba celebra o San Ramón

nº 104 agosto 2012

0,30 €

Santaballa celebra en setembro asegunda edición da Feira Indiana

“Fugaz coincidencia”, a nova novelade José EstévezAs cinco peñas de Vilalba

A Liga Santaballesa pretende achegar o legado histórico,

cultural e social que a sociedade habaneira aportou á co-

marca a comezos do século XX . 22

Redelibros edita esta obra que recolle as vivencias dun

viúvo de cincuenta e tantos e unha rapaza nacionalista de

vinte e poucos. 23

Vilalba celebra as súas patronais na honra de San Ramón e Santa María ata

o 2 de setembro. Ademais das actividades habituais, a capital chairega con-

tará coas actuacións das mellores orquestras de Galicia, Chenoa, David de

María, La Unión ou Gisela. 15-16

Ante o comezo da Liga da tempada 2012-2013, repasamos a actividade das

cinco peñas da capital chairega que seguen con cariño ao Celta, Dépor,

Barça e Real Madrid. 17-18

Page 2: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

Estamos afeitos a escoitar histo-

rias sobre axencias de intelixen-

cia, complots, espías, e ata de

dobres espías, e cando imaxina-

mos como sería unha vida in-

mersa nese mundo, enseguida

nos imos aos escenarios que crea

a industria cinematográfica, que

nos absorbe para introducirnos

nas historias que nos proxectan e

narran.

A fin de protexer lugares, carac-

terísticas xeográficas, nacións,

etc., así como persoas específi-

cas, utilizáronse os nomes en

clave, cuxa proliferación tivo o

seu maior auxe durante a II Gue-

rra Mundial, e época á que imos

trasladarnos.

O nome de Joan Pujol é posible

que non nos aclare de que persoa

estamos falando, pero se dicimos

Arabel, poida que xa nos vaia so-

ando máis, aínda que o nome

máis coñecido e polo que pasaría

á historia sería por Garbo (polos

seus dotes de

actor).

Tras este último

nome en clave,

e que era polo

que se lle coñe-

cía no servizo

secreto britá-

nico, o MI5,

atopábase o xa

referido Joan

Pujol, un espa-

ñol que partici-

pou activamente como axente

dobre durante a II Guerra Mun-

dial, e cuxa función foi clave na

evolución dos sucesos desa terri-

ble época.

Como dixera o célebre Nigel

West, historiador militar, e espe-

cialista en cuestións de espio-

naxe “Consiguiu máis que

ninguén na Historia do espio-

naxe do século XX”.

Acabada a Guerra Civil en Es-

paña, o Sr. Pujol, que tiña a firme

intención de acabar

co fascismo, enviou

a súa muller, Dona

Araceli González

Carballo (lucense

de nacemento e que

tamén foi clave

para orquestar a

trama que iría te-

cendo o seu ma-

rido) á Embaixada

de Gran Bretaña en

Madrid a fin de

ofrecer os seus ser-

vizos como espía.

Tras a negativa dos

británicos e firme

aínda as súas pre-

tensións de pór fin á

lacra da morte e

destrución levada a

cabo por Hitler, Garbo diríxese

cara á Embaixada Alemá, onde

volve ofrecerse para traballar

con eles, inventándose unha ta-

padeira, conseguindo así enganar

aos oficiais alemáns, pasando a

colaborar coa Abwehr, o servizo

de intelixencia alemán, onde o

seu nome crave sería Arabel (vén

do nome da súa muller: Araceli

combinado con Bela, por ser moi

fermosa).

Mandaranlle que se trasladase a

Londres, pero el en cambio to-

mará rumbo á capital lusa, a Lis-

boa, onde comezará a tecer a súa

rede de enganos contra os ale-

máns, creando axentes ficticios,

chegando a contar con 22 perso-

naxes inventados polo mesmo.

Enviaba informes aos alemáns,

quen crían que Arabel se atopaba

en Londres, e todo iso axudado

pola súa muller, un mapa da illa,

unha guía de turismo de Inglate-

rra, un dicionario de termos mi-

litares, e xornais (deu datos tan

perfectos, que o seu futuro supe-

rior no MI5 Tomás Harris sina-

lou que custaba crer que nunca

pisase chan inglés, como en ver-

dade fora).

Por fin, en 1942, comezou a tra-

ballar para os servizos secretos

británicos, e entre

todos, trataban de

intoxicar a informa-

ción que debían en-

tregar ás forzas da

Abwehr.

Moitas foron as

operacións nas que

o espía español ac-

tuou, pero una das

máis coñecidas pola

súa importancia na

contenda que se es-

taba producindo, foi a Operación

Fortaleza.

Esta operación pretendía crear

unha cobertura para o Desem-

barco de Normandía (Operación

Overlord), e Garbo tiña a fun-

ción de desinformar aos nazis,

dándolles falsos datos sobre en

que punto chegaría a producirse

o ataque.

O espía de orixe española fixo

crer ao Estado Maior Alemán

que había un exercito no sueste

de Inglaterra a cuxo fronte se

atopaba o xeneral Patton, exér-

cito totalmente ficticio.

A segunda parte do plan consis-

tía en convencer aos alemáns de

que o desembarco aliado íase a

producir en Calais, a uns 380

quilómetros de distancia, e que o

de Normandía era unha distrac-

ción para afastarlles de Calais.

Foi tal a súa credibilidade entre

os dous bandos, que recibiu o

rango de A1 Agent, e ademais foi

condecorado polo propio Hitler

coa Cruz de Ferro Alemá (con-

decoración militar concedida por

actos de valentía, “posible grazas

ao seu constante, absoluta e ex-

presa confianza no Führer e na

nosa causa”), ademais os británi-

cos concedéronlle a Orde do Im-

perio Británico, que é entregada

a aqueles que fan algo significa-

tivo en nome do Reino Unido;

deste xeito Joan Pujol foi a pri-

meira persoa, ademais das pou-

cas que hai, que foron

condecoradas con medallas de

ambos os bandos.

Finalizou a guerra, e Garbo te-

mendo as represalias que puidese

suceder sobre a súa persoa, fin-

xiu a súa morte axudado por

Tomás Harris, o seu superior e

amigo do MI5 (despois escribiría

un libro sobre Garbo), esten-

dendo o rumor de que falecera de

malaria en Africa, e trasladouse

a Venezuela, país no que viviría

até a súa morte.

Permanecería vivindo con outra

identidade durante 35 anos, ata

que foi descuberto por Nigel

West, quen estivo a investigar e

consigió dar co seu paradoiro,

saltando o nome de Joan Pujol a

primeira plana.

Durante eses anos, a súa muller,

Dona Araceli González volveu

casar e tivo fillos, así como

Garbo, quen á súa vez tamén

volveu casar, tendo á súa vez

descendencia.

Morrería en Caracas no ano

1988, deixando ás súas costas

unha historia fascinante e sendo

unha persoa que axudou en gran

medida a que a segunda gran

guerra tivese o desenlace que

todos coñecemos.

"Aunque el engaño sea detesta-

ble en otras actividades, su em-

pleo en la guerra es laudable y

glorioso, y el que vence a un

enemigo por medio del engaño

merece tantas alabanzas como el

que lo logra por la fuerza."

Nicolás Maquiavelo.

o recuncho docriminólogo

Pablo Filgueiras e Aranzazu Rodilla

Expertos en Seguridade e Criminólogos

Garbo, espía doséculo XX

2 colaboraciónsagosto 12

Estando cabo ti síntome moi

agustiño, non así cabo doutros

e doutras que xa quixeran saber

as cousas que sabes ti. Tívome

moita graza o conto da tía To-

niña, que disque sempre dicía que

os días viñan moi mestos e que o

tempo non tiña lei. Así é, miña

beirarrúa, por iso ti adiantácheste

a desfrutar as vacacións antes que

viñese o mes de agosto, que é

cando van todos e todas e así

queda todo deserto, ¡qué máis

ten! Aínda que ten a súa explica-

ción... como dicía o Antón na-

quela serie televisiva que era a do

Bar Suizo que rexentaba Miro

Pereira, famoso cuñado, casado

con Balbina que era irmanciña de

Antón. A señora Carme, nai de

Miro, rexentaba casa rural na

aldea.

Dis moitas veces, polo que teño

moi presente a túa clásica frase,

“vivir para ver” e falar pouco, que

en democracia xa hai dabondo

quen fale. Así pasa o tempo tan

sinxelamente a cidadanía aguan-

tando o que lle voten porque é

moi importante distraer o am-

biente.

Miña beirarrúa, tes unha expe-

riencia de tantos

anos que ves todo

moi claro e me

dis, de cando en

vez, que nas pró-

ximas xeracións

van ter moito que

fiar para que o

país saia do pi-

lanco en que se

atopa, xa que o es-

tado do benestar

pasará á Historia

porque o camiñar

que nos toca polo

camiño que imos

a t o p a r émono s

moitas sorpresas

cos prognósticos que á vista

temos.

Miña beirarrúa, ti cóntasme tan-

tas cousas que eu non son capaz

de entender. Dilo dunha maneira

instantaneamente e resulta certo:

teñen que aprender de ti moitos e

moitas que falan sen ton nin son,

promesas e historias que nin eles

nin elas o cren. Todo canto ti dis

ten moito máis xeito. ¡Qué lles

importa! O que vea soará ao igual

que se dun instrumento musical

se tratara. ¡Cómo tocan de oído!

Xa digo sempre que a miña bei-

rarrúa é a que ten que falar, por-

que sabe latín; pero non o do

famoso libro que disque tiña unha

meiga chamada

popularmente “a

Freba” que exis-

tiu en Vilalba en

tempos pasados.

Disque ás veces

o sr. Cura da vila

a chamaba a ca-

pítulo para re-

prender ás súas

actuacións e ela

respondíalle sin-

x e l a m e n t e :

“Sabe que hai de

novo, señor

cura? ¡Vostede

ten o seu libro e

eu teño o meu!

Eu, a valla ao servizo do Pobo,

estou a velas vir, e así é ¡que non

me decato de nada! Sempre ten

que ser a beirarrúa a que me in-

forme. Díxome que debaixo da

Pradia, con “d” de Dinamarca, na

nova beirarrúa que alí xurdiu, pu-

xeron un arboliño. Disque non

sabe de que casta é. Eu estou ce-

losa porque os meus do Con-

cello, que tamén están ao ser-

vizo do Pobo, non me

informaron de nada. Isto é un

chantón, chantado. A beira-

rrúa deume unha explicación su-

postamente falando e di que é un

fillo adoptado da Pradia, con “d”

de Dinamarca, cunha vantaxe que

coma a Pradia chámanlle Pravia

queren que o seu fillo adoptado

sexa Praviano e así buscar a ma-

neira de asemellarse á cidade de

Pravia, en Asturias. Quizás van

por ese camiño. Entón así será “el

guaje” como din os asturianos

polos picariños.

E aplicando o refrán, a beirarrúa

dille á valla ao servizo do Pobo “

non te deitarás nunca se saber

unha cousa máis”.

Miña beirarrúa, estou que non me

cabe un grao de millo no cu e re-

cordando o teu dicir ¡vivir para

ver!

Conclusión:

Falar é importante,

tamén importante calar

así debemos entender

cando se di o que se ve

a naide debe ofender.

A valla ao servizo do Pobo dille á beirarrúa “O mellor é que fales ti”

Ramón Paz Guntín ‘A casa dos Marios’

Page 3: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

A actuación dos bancos na venda de valores tóxicos e as desmesuradas indemnizacións dos seus directivos

xeran un clima negativo contra eles.

3colaboracións agosto 12

CADERNOS DA VIAXE

O futuro do novo galeguismoXoán Antón Pérez Lema

Delicado recorte

Así podemos cualificar, sendomoi benévolos, a última medida–que seguro non derradeira- to-mada polo goberno, na cal re-corta o orzamento destinado áchamada Lei da Dependencia,que é de ámbito estatal, leva envigor máis de catro anos e su-puxo toda unha novidade no seumomento, ademais de xerar ilu-sión e expectativas no sector dosservizos sociais e no conxuntoda poboación, especialmente na-queles directamente afectados,as persoas dependentes e os seusfamiliares. Recoñecíanse derei-tos subxectivos ós cidadáns quepolas súas circunstancias preci-sasen apoio externo para a súavida diaria. Garantíase o accesoa unha serie de servizos xa exis-tentes, como a axuda no fogar, oscentros de día e residenciais, asícomo prestacións económicaspara a adquisición deses mesmosrecursos de forma privada e paraos coidados no entorno familiar.Isto último foi a opción quemaioritariamente se solicitaba,por unha cuestión evidente, enGalicia e sobre todo no mundorural os vellos e discapacitadoseran e son atendidos dentro dodomicilio polos seus familiares,principalmente por unha muller,quen realizaba as funcións decoidadora habitual. O volume desolicitudes para o recoñece-mento do grao e nivel de depen-

dencia foi impresionante os dousprimeiros anos. A conta gotas,fóronse concedendo algunhasdesas libranzas económicas, quepremiaban a encomiable laborque viñan realizando de sempreesas abnegadas coidadoras acambio de nada. Complementá-base coa súa alta como cotizantena seguridade social correndo oEstado co pago da contía. Unhabase de cotización mínima, peroque computa para unha posibleinvalidez ou xubilación. Non se pretende aquí facer unbalance deste período. Luces esombras se intercalaron no des-envolvemento desta lei. Si cómpre sinalar que xa desdeun principio se escoitaban vocessinalando o seu carácter insosti-ble. Que non habería cartos quea custeasen, que era imposiblemantela, etc., etc. Curiosos argu-mentos cando apenas supón o unpor cento do produto interiorbruto español. Producía inquie-tude ouvir estes discursos, queproba a falta de madurez da so-ciedade na que vivimos, asícomo unha certa dose de mes-quindade. Estamos a falar dedestinar unha parte ínfima danosa riqueza á atención daquelesveciños que máis o necesitanpara mellorar a súa calidade devida, promovendo na medida doposible a continuidade no seuentorno de sempre. Potenciar os

servizos sinalados supuñan pos-tos de traballo, sobre todo femi-ninos, nas zonas rurais. Nosúltimos anos vimos darredornosa como se construían residen-cias e de centros de día. Enpobos e en aldeas contemplamoscomo aumentou o número deusuarios do programa de axudano fogar, evitando así en moitoscasos un desarraigo desas per-soas atendidas ó evitar a marchadas súas casas. O servizo de te-leasistencia tamén se xeralizou.E por suposto, esas prestaciónseconómicas para aqueles depen-dentes que son atendidos en con-dicións no seu lar. Pois todo isto é o que agora setambalea. Considérase un gastoe un despilfarro o que deberíaverse como un investimento. Es-tase a cuestionar o estado de be-nestar, un modelo que nosdeberíamos empeñar non só enconservar senón en potenciar emellorar.Por suposto que cómpren axus-tes para unha mellor optimiza-ción, pero en tódolos aspectos.Os máis débiles desta sociedadedeberían ser os últimos ós que selles impoñen esixencias destetipo.Mal imos.

Pablo Veiga

Con certos atranco e atra-sos, mais dun xeito que sevai facendo evidente, estasea construir unha outra alter-nativa política dende onovo galeguismo. Unha al-ternativa que atopa o campoaboado pola incapacidadedo BNG para ser a casacomún dos galeguistas,mais tamén pola incapaci-dade do PSOE para defen-der o Estado do Benestar epola deriva recentralizadorae radicalmente dereitista doPP.Semella que este proxecto si-tuouse onde tiña que se situar: noamplísimo espazo dos galegosque rexeitan as solucións liqui-dacionistas do Estado do Benes-tar que defende a dereitaespañola e non cren nas propos-tas antisistema ou colectivistas.É dicir, os que cren na mellor co-existencia do público e do pri-vado, nun Estado do Benestarredefinido e ampliado queanime, ao tempo, os valores doemprendemento e da libre em-presa. Un espazo tan amplo outórgallea esta nova política (nomeada-mente representada por CXG)unha grande capacidade desumar dende todos os sectorespola súa transversalidade, inte-grando ás tres grandes correntes

políticas do Estado do Benes-tar europeo: social-liberais ouliberal-progresistas, socialde-mócratas e ecoloxistas. Unhaintegración que non haberíaprexudicar a súa centralidade,é dicir a súa capacidade de darsolucións pragmáticas e mixtasaos gravísimos problemas eco-nómicos e sociais de hoxendía,atendendo aos intereses dasclases medias e das maioríassociais. Nin tampouco á súaaposta pola democracia de ca-lidade, priorizando as prima-rias, os referendos e as listasabertas e “brancas”.Nun tan amplo espazo é evi-dente que habería coller todacidadanía que non estea polainxustiza do capitalismo finan-ceiro salvaxe nin pola subver-sión do sistema para construiralgunha caste do colectivismoque tanta dor xerou nomundo.Velaí que sería suicidapara esta nova política partillaralianzas anticapitalistas con or-ganizacións estatais guiadaspor partidos comunistas.Cando o que lle compre é arte-llar esa transversalidade, daque non tería sentido non fixe-ran parte, tamén, aqueles sec-tores da esquerda nacionalistaque, na praxe, están por solu-cións substancialmente social-demócratas, como as queexitosamente encarnou Beirasno 1997 e no 2001.

A arrincadeira. O cinema ga-

lego trunfa con “Vilamor”

Como fixera hai catro anos con“Pradolongo”, Ignacio Vilaramosou en New York con “Vi-lamor” que a calidade do ci-nema galego e a súacapacidade de sedución argu-mental está a un altísimo nívelinternacional. Unha mágoa quemoita xente non poida asistir áexhibición desta fita, incom-prensíbelmente ausente dasprincipais salas de exhibicióndas cidades galegas.

X. Varela

Page 4: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

4 sociedadeagosto 12

O colectivo de Xotramu

segue a divulgar os xogos

tradicionais tentando de-

mostrar que outra maneira

de xogar é posible. Deste

xeito, ensina aos máis cati-

vos e recorda aos maiores

os xogos da súa mocidade.

A última fin de semana de

xullo estiveron presentes

nas primeiras Olimpíadas

Rurais de Meira na xor-

nada do sábado 28, e o do-

mingo 29 achegáronse ata

As Aizas, en Ribadeo, na

celebración da primeira

Festa da Malla do trigo.

A cantante Lucía Pérez pasouse polo Lar d’Antón durante a pri-meira fin de semana de agosto na que ofreceu un concerto nasfestas patronais de Carballido e fotografouse co seu xerenteAntón e Patricia, camareira deste local hostaleiro vilalbés.

Page 5: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

5colaboracións agosto 12

A recente Lei de Montes de Ga-liza aprobada en solitario e baixoa responsabilidade absoluta do

Partido Popular, sen consenso econtra o criterio do ConselloEconómico e Social, pon asbases para que os incendiossexan máis frecuentes, extensos,intensos e perigosos en Galiza.Ao modificar pola porta de atrása lei de prevención contra oslumes de 2007, facilitar a exten-

sión de pirofitas (plantas ás queo lume favorece a súa prolifera-ción), introducir a especulación

no monte e reducir ao mínimo opapel da administración, ao ac-tual goberno galego só lle quedao de incrementar as penas para aspersoas incendiarias e ... confiarna meteoroloxía e na providen-cia. O desleixo e o abandono doactual goberno galego co nosomedio rural provocan lumes de

récord: máis rápidos, altos e for-tes. A Alianza por un MundoRural Galego Vivo tense xa mo-

bilizado contra estasituación.A Lei de Montesrecen aprobada, tencomo un dos seusprincipais obxecti-vos modificar polaporta de atrás a lei3/2007 Lei de Pre-vención e Defensacontra os IncendiosForestais, deixán-doa practicamentebaleira de contido.Con nada menosque 43 importantesmodificacións e senbase técnica que oxustifique (como in-dica o informe doConsello Econó-mico e Social) Fei-jóo diminuíu as

distancias de salvagarda da vexe-tación ás vivendas (de 50 a 30metros); reduciu os anos nos quese limita o aproveitamento dosterreos queimados (de 3 a 2anos); eliminou o mosaico deparcelas e a prohibición de esta-blecer masas monoespecíficas demáis de 25 hectáreas continuas;

abriu a posibilidade de forestarterras agrarias e desviou cara osconcellos parte das responsabili-dades de control. Estes cambiosnormativos, xunto coas acciónsconxunturais como os recortesen persoal de extinción e a au-sencia de orzamentos para pre-vención, deixa aos montesgalegos e á poboación veciñalnunha situación de risco, da quesen dúbida poderían derivaranselamentábeis consecuencias,como acabou de acontecer noBarco de Valdeorras.E por se isto fora pouco, esta leipretende desmontar a proteccióndo monte veciñal e introducir fe-rramentas especulativas ao ser-vizo da gran industria forestal eenerxética, rebaixando de paso acapacidade de intervención daAdministración para entregar aosmercados a xestión dos nososmontes. Tampouco é esta unhalei de carácter integral, tal comopredica, ao esquecer as cone-xións con aspectos agrarios, so-ciais e ambientais. Óbviansetamén aspectos novidosos paraxestión do monte como a partici-pación pública efectiva (que éalgo máis que o trámite de con-sulta), a custodia do territorio e amultifuncionalidade do monte.

Mesmo tampouco aparecentemas fundamentais que debe-rían incorporarse na xestión domonte como os valores culturais,etnográficos, paisaxísticos, a res-tauración de terreos queimados,os vieiros ecolóxicos, a conser-vación dos hábitats e especiesameazadas ou a prevención depragas e doenzas que están a pro-liferar nos nosos montes (gorgu-llo do eucalipto, nematodo dopiñeiro, a pulga do carballo).Dende ADEGA e a Alianza porun Mundo Rural Galego Vivo(integrada tamén pola CIG, aFRUGA e a ORGACCMM)apostamos por un monte con fu-turo que pasa por unha xestiónsustentábel, integral, activa eparticipativa. A pesar da visióninteresadamente miope e anti-cuada da Lei de Montes do ac-tual goberno, exemplificada nasverbas do ex-conselleiro Juárez"o rural galego está condenado adesaparecer", dende a Alianzainsistimos en que os nosos mon-tes teñen futuro, e que os lumespoden combaterse con algo máisque represión policial se seaposta pola prevención e porpoñer en valor con intelixenciatodas as potencialidades da nosaterra.

Ten o libro do Xosé xeografica-mente falando un contido im-portante e destaca a relación anivel galego da súa hidrografíaen referencia ao curso dos ríosna súa desembocadura e as co-rrentes de auga do Miño, Ulla,Tambre, referente ás condiciónsclimáticas pola influencia axei-tada do mar que crea nelasabundante caudal, relativamenteuniforme case todo o ano.Destaca o Miño como o río máislongo polo seu desnivel encai-xado no seu percorrido por valesfondo e estreitos. Destaca taméno Eo e o Navia con grandes des-niveis como ríos curtos na ver-tente cantábrica. O libro doXosé fai mención especial ao ríoSil como principal afluente doMiño, mais outros como oParga, Neira, Tea, Avia e Arnoia.Todos eles constitúen unha pai-saxe destacada no territorio ga-lego. O libro do Xosé, en termos xe-rais, fixo posibilitar ao seualumnado unha constante formade ensino e materialización duntema moral e práctico en tódolossentidos. No seu apartado ex-preso aconsellaba ao seu alum-nado a importancia de coñecer odía a día dende a mañá á noite,

especialmente na identificaciónao aseo persoal, moral... Reco-mendaba aos pais a obriga e res-ponsabilidade na educación eformación dos rapaces.O autor do libro do Xosé recal-caba moito o refrán “dime conquen andas e direiche quen es”.Por iso, o ensino ten a súa im-portancia no só no materialsenón tamén no espiritual, cousaque agora non é coma antes. Pa-rece que se quere ser diferente,sendo máis “pasota”. Recalcabacon insistencia o autor do librodo Xosé que para ir polo mundoas virtudes eran e son unha grancompaña e a verdadeira defensado ser humano que xuntamentecos froitos derivados da propie-dade mencionada resultan afec-tuosos e dignos para unhacalidade humana súper extraor-dinaria e aceptable a tódolos ni-veis. Transmitir que o autor do librodo Xosé recomendaba que asboas costumes eran e son impor-tantes. E que para ser posuidordelas, sementar é importante aomesmo tempo cultivar e se a se-mente é boa, o resultado daplantación será moi eficaz e be-neficioso.E falando de cultivos, débese re-

flexionar con cautela sobre osmesmos, especialmente sobre osrelacionados cunhaalimentación sauda-ble elixindo basica-mente os derivadosda propia natureza,que son moitos e va-riados. Débense dosi-f i c a rproporcionalmente,froitas, verduras e le-gumes -sobre todo napropia época de cadacál- ao igual que ascarnes e os pescados– ambos de diferentesespecies- cunha axei-tada condimentacióne cociñadas segundoé, como cos comple-mentos apropiados,para combinar agra-dables sabores sem-pre pensando nadixestibilidade dos comensais. O autor do libro do Xosé reco-mendaba aos seus alumnos quena boa alimentación tivesen enconta o mel, básico e protectorda saúde en termos xerais, espe-cialmente para fortalecer a voz.Unha culleradiña de mel xuntocon outra de zume de limón tresveces cada vinte e catro horas

teñen un resultado positivo. Ecando se trata dalgunha altera-

ción psicolóxica ou depresión,entón unha cunca de manzanillaen infusión cunha miguiña defollas frescas ou curadas dementa a unha culleradiña de melserve para reforzar o estado deánimo ou recuperalo. Unha pro-porción de tres culleradas demel suave -mellor de flores-cunha xema de ovo, dúas culle-

radas de manteiga e un chiscode sal batidos ata facer unha

mestura homoxénea e cremosapara logo gardala nun recipientecon tapa en lugar fresco e seco épara consumir unha culleradadiaria sobre unha tosta de panquente quince minutos antes doalmorzo ou cea durante variassemanas.

Continuará...

O libro do Xosé. Memorias populares

Lumes máis rápidos, altos e fortes coa nova lei de Montes

Lois Toirán - ADEGA

Ramón Paz Guntín ‘A casa dos Marios’

Page 6: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

novas da chaira

6 actualidadeagosto 12

vilalba

O BNG de Vilalba escolleu por

unanimidade que serían os compa-

ñeiros Inés Novo Gómez e Félix

Jorquera os encargados de coller a

testemuña e representar aos nacio-

nalistas vilalbeses no Concello,

para o que serán propostos no

Pleno celebrado o 27 de xullo e ra-

tificados no pleno vindeiro que se

celebre en setembro; logo dunha

asamblea celebrada o pasado luns

23 de xullo coa presenza do res-

ponsable comarcal do BNG de

Lugo, Mario Outeiro.

As dúas persoas elixidas teñen un

perfil fondamente vinculado ao na-

cionalismo e con conviccións ide-

olóxicas claras, polo que non

dubidaron á hora de adquirir o

compromiso de representar á cida-

danía nacionalista de Vilalba.

Deste xeito, o BNG continuará a

facer o seu traballo político de opo-

sición nun concello gobernado

polo PP, correspondente das polí-

ticas nefastas que desde o goberno

da Xunta e do Estado se están a

levar a cabo.

Mario Outeiro, responsable co-

marcal do BNG de Lugo, agrade-

ceu a colaboración e disposición

dos e das militantes que por con-

vicción e coherencia permanecen

no BNG e tamén de alta na candi-

datura e que preferiron, por razóns

de ocupacións persoais e de forma

xenerosa, trasladar a

responsabilidade a ou-

tras persoas que antes

non formaron parte

desta. Estes militantes

e simpatizantes foron

decisivos á hora de

facer este traslado de

responsabilidades no

BNG.

O BNG agradece a

disposición dos novos

compañeiros que

foron elixidos por una-

nimidade para formar

parte da corporación

de Vilalba como con-

celleiros nacionalistas

ademais de destacar a

súa preparación, serie-

dade e cercanía ao

pobo de Vilalba, ca-

racterísticas que consi-

deran suficientes para

representar ao nacio-

nalismo nesa locali-

dade. Deste xeito, o

BNG seguirá tanto in-

ternamente, como no

plano institucional,

sendo a alternativa que

sempre foi para Gali-

cia e para os galegos e

galegas, como tamén

para os e as cidadás de

Vilalba.

O BNG de Vilalba propón os novos concelleirosnacionalistasInés Novo e Félix Jorquera serán os novos concelleiros a partir da aprobaciónda súa proposta no vindeiro pleno

Os socialistas vilalbeses temen que a gardería leve o mesmocamiño que o centro de día e critican certos actos das patronais

O PP de Lugo buscou en Vilalbanovos afiliados

O Partido Popular de Lugo segue a

sumar afiliados ao proxecto que li-

dera na provincia, Xosé Manuel

Barreiro, e que busca o compro-

miso cos lucenses. A campaña de

afiliación “Contigo Lugo será + Po-

pular” chegou na mañá do venres

27 de xullo á localidade de Vilalba.

No acto celebrado na praza da

Constitución da localidade, o pre-

sidente do PP en Vilalba, Agustín

Baamonde; xunto con outros mem-

bros da xunta local repartiron díp-

ticos informativos entre os

asistentes. Ata a localidade tamén

se desprazaron o deputado provin-

cial e alcalde de Xermade, Tomás

Rodríguez; así coma o senador e re-

xedor de Cospeito, Armando Cas-

tosa.

Desta maneira, o Partido Popular

da localidade convidou aos vilalbe-

ses a que formen parte do proxecto

do PP na localidade e que contou

co respaldo dunha ampla maioría

dos veciños nas últimas eleccións

municipais. Desta maneira, o grupo

local continúa a reforzar a súa es-

trutura de partido.

Durante esta campaña de afiliación

os membros do Partido Popular

tamén explicaron aos vilalbeses a

verdade das reformas, animando á

xente a integrarse a un proxecto que

procura ofrecer solucións fronte á

crise.

O grupo municipal do PSdeG-

PSOE de Vilalba denuncia a falta

de respostas e alternativas por parte

do grupo de goberno municipal con

respecto á apertura da nova escola

infantil para a que moitas familias

teñen feita a reserva de praza.

O voceiro socialistas de Vilalba,

Eduardo Vidal, considera “unha

burla” a forma de “entrar no mes de

setembro”, xa que a pesar das “rei-

teradas promesas feitas polo alcalde

sobre a súa apertura” teme que

poida “acontecer o mesmo que coa

apertura do centro de día”. “Van

máis de oito meses dende que a súa

posta en marcha fora anunciada en

sesión plenaria polo primeiro te-

nente de alcalde”, segundo recorda

Vidal.

Os socialistas vilalbeses cren que os

plans e conciliación da vida laboral

e familiar non se van ver cumpri-

dos, polo que piden ao alcalde as

“alternativas cribles”; ademais de

que demande dos organismos com-

petentes as medidas urxentes para

rematar as obras da gardería ante

“este novo incumprimento da

Xunta”, en lugar de acompañar aos

responsables do goberno galego en

“vulgares actos propagandísticos

premeditados e baleiros de con-

tido”, apunta o voceiro socialista

vilalbés.

San Ramón e Santa María 2012

Os socialistas lamentan que a

Banda de Música vilalbesa non

ofreza o clásico concerto o día de

San Ramón, polo que se deixa de

apoiar unha das “principais sinais

de identidade da cultura e da tradi-

ción musical vilalbesa”. Ademais,

acusan á comisión de festas de

“pretender pagar a actuación da

Banda con talonarios de rifas do

coche eléctrico”.

Ademais, anunciaron que non asis-

tirán aos convites gastronómicos;

xa que consideran que se poderían

aforrar os cartos que se empregan

nas “papadolas oficiais onde se

convidan tódolos anos a personaxes

relacionados co PP” e empregalos

en accións de “emerxencia social”.

Neste sentido, afirman que “Cáritas

apunta que o 17% dos vilalbeses e

vilalbesas se atopan nos preocupan-

tes límites da pobreza”.

O grupo municipal do BNG de-

nuncia a escaseza de recursos que

o servizo de ambulancias do 061

presta no concello.

O BNG de Vilalba apunta que nes-

tes intres, tan só unha ambulancia

da comarca chairega ten como base

Vilalba, tendo que atender a Xer-

made, Cospeito, Muras, Vilalba e

parte de Abadín, ademais de refor-

zar Lugo capital. Pola súa banda, a

segunda ambulancia con base na

Terra Chá está en Guitiriz para

prestar servizo a algúns concellos

da provincia da Coruña con trasla-

dos ao hospital herculino.

Deste xeito, pódense dar casos ex-

tremos nos que unha ambulancia

tardaría máis de media hora en che-

gar ao lugar onde requiran atención

urxente, “tempo que se antolla ex-

cesivo para un servizo que pode

significar a vida ou a morte dunha

persoa”, segundo apunta o grupo

municipal do BNG vilalbés.

Nese eido, e como anécdota ro-

cambolesca, apuntan tamén “a si-

tuación de médicos do centro de

saúde de Vilalba que teñen que usar

o seu propio coche, cos conseguin-

tes gastos, para atender unha urxen-

cia”.

Menos médicos

Por outra banda, o número de mé-

dicos de atención primaria do Cen-

tro de Saúde de Vilalba reduciuse

en xaneiro coa baixa dun faculta-

tivo que non foi cuberta nestes oito

meses. Deste xeito, os seus pacien-

tes son atendidos aleatoriamente,

dependendo do día, por outros

compañeiros; unha situación que

complica e ralentiza o seguimento

do paciente.

Polo tanto, o BNG quere coñecer o

motivo polo que non se cubriu esa

baixa e, no caso de que sexa defi-

nitiva, ter a certeza de que esa praza

non se perda.

Os recortes no servizo de ambulanciaspoñen en perigo a milleiros de vilalbeses evilalbesas segundo os nacionalistas

Félix Miguel Jorquera Caselas

Nado en Ferrol no 1967, leva moitos anos des-

envolvendo a profesión de comunicación na

provincia de Lugo en Radio Minuto, Radio

Lugo, Ser Vilalba…. e dende hai anos como

fundador e director do Xornal Terra Chá. Xa,

ademais de xestionar emisoras municipais

dende a súa Axencia de Publicidade e Comuni-

cación.

Manuela Inés Novo Gómez

Nada en Vilalba no 1956. Mestra de Educación

Infantil. Desenvolveu a súa actividade profesio-

nal dende o 1990 como mestra orientadora de

Preescolar na Casa.

A executiva local do PP repartiu dípticos informativos na praza da Constitución.

Page 7: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

vilalba7actualidade agosto 12

Norvento Enerxía presentou un novo aeroxenerador para o autoconsumodesenvolvido nas súas instalacións vilalbesasO venres 27 de xullo, NorventoEnerxía presentou un proxecto de

enerxía distribuída en foma de ae-

roxenerador de enerxía eólica de

media potencia nas súas instala-

cións de nED Factory Vilalba.

O proxecto nED (Norvento Enerxía

Distribuída) consiste no deseño, fa-

bricación e comercialización de ae-

roxeneradores de media potencia e

constitúe un proxecto tecnolóxico e

industrial de innovación e desen-

volvemento con marcada vocación

internacional. Nese sentido, o pre-

sidente de Norvento Enerxía, Pablo

Fernández Castro, apuntou que

“este proxecto –que supera os 10

millóns de euros de inversión- pre-

tende posicionarse no mercado glo-

bal, competindo con fabricantes de

todo o mundo abalados pola súa

fortaleza tecnolóxica baseada na

eficiencia e fiabilidade”.

Ademais, o presidente de Norvento

Enerxía explicou que estes aeroxe-

neradores eólicos de media poten-

cia xeran en torno aos 100kW e

están deseñados para o autocon-

sumo de explotacións agropecua-

rias, centros comerciais, portos ou

para abastecer a parte das instala-

cións dun complexo hospitalario.

En canto á súa comercialización,

Fernández fixo referencia á pri-

meira unidade do nED100 insta-

lada en Vilalba no ano 2011 que

superou con éxito a primeira fase de

probas que se completará con outra

fase constituída pola instalación

dunha segunda unidade no polí-

gono industrial de Cervo. Nos vin-

deiros meses, segundo adiantou o

presidente da compañía, “instala-

rase a primeira pre-serie comercial

no Reino Unido para abordar ao

longo do 2013 a fase comercial que

contará cunha capacidade de fabri-

cación de 300 unidades ao ano e su-

porá a creación de máis de 600

postos de traballo”. Así mesmo,

deixou constancia do seu conven-

cemento de que o desenvolvemento

sostible sobre fontes de enerxía re-

novables será o motor industrial

que conduza ao país de cara á saída

da crise actual.

Innovación e internacionaliza-

ción, as claves de futuro para as

empresas galegas

Precisamente, en relación

á caída do consumo, o

Presidente da Xunta, Al-

berto Núñez Feijóo -que

asistiu ao acto no que

tamén estiveron presentes

outras autoridades políti-

cas coma o Conselleiro

de Economía e Industria,

Javier Guerra; o Presi-

dente da Deputación de

Lugo, José Ramón

Gómez Besteiro; a Dele-

gada da Xunta, Raquel

Arias; o Subdelegado do

Goberno, Ramón Carba-

llo ou o alcalde de Vi-

lalba, Gerardo Criado-

explicou tamén que “a in-

novación e a internacio-

nalización –estratexias de mercado

que desenvolve Norvento Enerxía-

serán un dos piares fundamentais

para o futuro das empresas gale-

gas”.

Durante o seu discurso, Feijóo,

apuntou que se trata dun proxecto

do Plan Eólico – sector estratéxico

para o futuro de Galicia- que se pre-

senta como “unha alternativa ao pe-

tróleo”. Ademais, o presidente da

Xunta recordou que esta empresa

lucense foi a segunda adxudicataria

do segundo concurso eólico en nú-

mero de megawatios -con 303, por

detrás de Gas Natural- e que estará

presente en tres provincias galegas.

Concurso eólico e canon eólico

Feijóo aproveitou para recordar

tamén que “dos 2.100 millóns de

euros dos investimentos en proxec-

tos industriais están xa desembol-

sados e en execución 350 millóns a

pesar do déficit tarifario”, xa que a

Xunta considera fundamental o

apoio a este tipo de investimentos.

Por outra banda, o presidente auto-

nómico fixo referencia aos 70 mi-

llóns de euros que o canon eólico

permite reinvestir nos concellos en

materia medioambiental.

Un total de 47 estudantes de toda

Galicia déronse cita a primeira se-

mana de agosto en Vilalba para

participar no curso de verán da

Asociación Cultural Banda de Mú-

sica de Vilalba. Dende rapaces de

10 anos ata persoas de mediana

idade, os integrantes do curso de

verán reciben clases de seis reco-

ñecidos profesores con dilatado cu-

rrículo en Galicia.

O curso, composto por clases indi-

viduais dunha hora de duración

como mínimo, desenvolveuse

dende o mércores 1 de agosto ata

o venres 3 polas mañás. Polas tar-

des, os alumnos ensaiaron conxun-

tamente cos membros habituais da

banda durante dúas horas para in-

terpretar as obras nun concerto

conxunto que tivo lugar o venres 3

de agosto no Auditorio Municipal

Carmen Estévez.

“Tivemos alumnos de Vilalba e

tamén da comarca, especialmente

de Meira ou Guitiriz, pero tamén

doutras partes de Galicia, como

Ferrol, Ourense ou Ribadavia”, si-

nalou Rodrigo Pavón , presidente

da asociación. “O noso obxectivo

é traer a Vilalba o mellor talento

profesional da man de profesores

recoñecidos en Galicia e en Es-

paña, pero tamén implicar nesta

iniciativa a Vilalba e ás vilas da co-

marca facendo algo cultural e mu-

sical entre todos e pasalo ben”,

engadiu.

A Banda de Vilalba nas festas de

San Ramón e Santa María

A Banda de Vilalba non ofrecerá o

seu tradicional concerto de San

Ramón, levado a cabo ininterrom-

pidamente dende 1991, pero ame-

nizará a solemne apertura e pregón

das festas de San Ramón e Santa

María o xoves 30 de agosto.

A Asociación Cultural Banda de

Música de Vilalba organiza tamén,

coa colaboración da Deputación de

Lugo e o Concello de Vilalba, o

Festival de Bandas Pepe Guntín

que este ano chega á súa oitava

edición. Será o día 1 de setembro,

día de Santa María, e nel participa-

rán as bandas de Torroso (Ponteve-

dra) e Cambre (A Coruña).

Preto de medio centenar de alumnosparticiparon no curso de verán daBanda de Música de Vilalba

O campamento da Cruz Vermella de Vilalba achegousea coñecer o traballo dos bombeiros da vila

Vinte rapaces e rapazas de entre

5 e 16 anos visitaron este martes

31 de xullo as instalacións do

Parque de Bombeiros de Vi-

lalba.

Este grupo de mozos e mozas

vilalbesas participan no campa-

mento que a Cruz Vermella de

Vilalba organiza cada ano. Nesta

ocasión, a súa duración é de 15

días distribuídos dende o luns 16

de xullo ao vindeiro venres 3 de

agosto nos que os participantes

acompañados dunha traballa-

dora social, unha educadora so-

cial e tres voluntarias poden

desfrutar de diversas

actividades coma ma-

nualidades, dinámicas

de xogos ou saídas -

sobre todo á praia-.

A visita ao Parque de

Bombeiros estivo

guiada polo sarxento e

outros membros do

corpo de bombeiros de

Vilalba que explicaron

aos rapaces e rapazas

as distintas tarefas que

realizan, ademais de

facer algunha demos-

tración do seu traballo

nalgunhas das saídas a

sufocar un incendio,

excarcerar ás vítimas

dun accidente de trá-

fico ou realizar algún

traballo en altura.

Fany Barrio, a directora do cen-

tro da Cruz Vermella de Vilalba,

apunta que “esta saída, en prin-

cipio, non estaba prevista; pero

foi moi ben acollida, xa que é

moi interesante que os pequenos

se acheguen ao traballo que rea-

liza este colectivo”.

Os rapaces e rapazas do campamento da Cruz Vermella participaron activamente nas

actividades propostas polo colectivo de bombeiros de Vilalba durante o percorrido polas

súas instalacións.

O nED 100 é un aeroxenerador de enerxía distribuída de media potencia.

Page 8: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

8 actualidadeagosto 12

a pastoriza

abadín

Novas fincas en Fanoipor concentraciónO Diario Oficial de Galicia(DOG) ven de publicar o luns30 de xullo o aviso polo que seanuncia a toma de posesiónprovisional das fincas da con-centración parcelaria de Fanoi,no concello chairego de Aba-dín. Esta concentración parcelariasupón a reorganización da pro-piedade de algo máis de 2.506parcelas, pertencentes a 292propietarios. Dende o inicio damesma lévanse investido máisde 1,6 millóns de euros, doscales a meirande parte destiná-ronse á execución da rede decamiños e ao acondicionamentodas novas fincas. Os veciños poden comezar ausar as novas fincas resultantesdo proceso de reorganización eterán 60 días para reclamar antea Xefatura Territorial de MedioRural e Mar en Lugo no caso deque existan diferenzas superio-res ao 2% entre a cabida realdas novas fincas e a que consteno expediente de concentra-ción.

Diego Rico Cendán revalidou oprimeiro premio da cuarta edicióndo Concurso Comarcal de Habili-dades con Tractor que este anoreuniu a 25 participantes no circu-íto da Pastoriza o pasado domingo29 de xullo.Máis de mil persoas se achegaronata o circuíto para presenciar asprobas do concurso e a exhibición

de pilotaxe da man dos irmáns Va-llejo e Isaac Fernández ou JavierGrillé, que acolleu o circuíto daPastoriza no marco da celebraciónda festa do Requeixo.Os 25 participantes no certame,dous máis que na anterior edición,tiveron que pasar unha primeirafase que consistía nun circuíto dehabilidades no manexo do tractor

con balóns e globos. Oito foron osclasificados para a segunda fasena que competiron nun circuíto dehabilidades con remolque e direc-ción invertida na que o tempo e aspenalizacións determinaron onome dos tres primeiros clasifica-dos que se fixeron con 600, 400 e200 euros en metálico outorgadospola Área de Deportes da Vicepre-

sidencia da De-putación deLugo. O mozo DiegoRico Cendán,do municipiode Abadín al-zouse co pri-meiro premiodo concurso,igual que na pa-sada edición,entre pilotosprocedentes detoda a provincialucense etamén, este ano,

da coruñesa. Manuel García Oba-rrio e César Moirón Ramallal,ambos do municipio pastoricense,completaron o podio.Dende a organización do con-curso, realizada por PTC Escuela,explican que se trata “dun eventoconsolidado no circuíto que vol-verá convocarse para o vindeiroano”.

Oito parellas de dis-tintos puntos da xeo-grafía peninsularcasaron polo ritocelta durante a cele-bración do Lugna-sad, a festa celta decelebración da che-gada do verán querecrean dende a Aso-ciación CulturalCoto da Auruxeirade Bretoña.Coma tódolos anos,o primeiro venres deagosto, o Coto daAuruxeira foi o es-cenario desta festana que participaronmáis de 1.200 per-soas procedentes detodo o país e mesmode lugares do estranxeiro comaas illas británicas ou Francia.O Lugnasad xa conta con deza-seis anos ás súas costas; perosobre todo, nas dous seus orga-nizadores que poñen os recursoseconómicos e humanos parafacer posible esta celebracióncelta: colocación de xestas nosteitos das pallozas, restauracióndos desperfectos das mesmas,arranxo da corredoira de accesoao coto, colocación de fachos ecandeas; ademais da limpeza docoto coa que colabora o Conce-llo da Pastoriza, entre outras.

Aínda así, agardan poder seguirorganizando a celebración dofestival “se as circunstancias nono impiden”, como indican dendea organización, que tamén agra-dece o traballo de tódolos veci-ños e veciñas que colaboran naorganización da festa.Esta edición contou, como novi-dade, cunha exposición que con-tou cunha maqueta de 1,5 x 1,2metros do castro de Bretoña, unrecopilatorio de carteis de edi-cións anteriores do Lugnasad,unha mostra de fotos mostrandoo traballo dos socios e veciños

que colaboran na festa e algun-has esculturas cedidas polo Con-cello de Castro de Rei e porFernando Villapol. E para a vin-deira edición xa barallan algun-has novidades das que só querenadiantar que se trata “dalgunhaproposta moi interesante que seestá a considerar”. Eulian, Tiruleque e Sacha nahorta puxeron música á noite do3 de agosto que se fixo curta paramoitos que se quedaron no cotodespois do remate das actuaciónsdos grupos musicais.

Podio do cuarto Concurso de habilidades con tractor dis-

putado no circuíto da Pastoriza.

Este ano o Lugnasad contou cunha exposicion nunha das pallozas da organización.

O concurso de habilidades contractor aumentou a participaciónnunha edición que repite gañador

Máis de mil persoas celebraron o verán aoestilo celta durante o Lugnasad

A Biblioteca Municipal deAbadín, antiga Cámara Agra-ria, acolleu a entrega das cer-tificacións e carnés deaplicador - manipulador deprodutos fitosanitario de nivelbásico o mércores 8 de agostoa 50 persoas que participaronen dous cursos. O alcalde de Abadín, JoséMaría López Rancaño, a pro-fesora do curso, MónicaLópez, e Chery Grandío, enrepresentación da entidadeque promotora dos cursos, Xó-venes Agricultores ASAJA –Galicia, fixeron entrega dosdocumentos acreditativos aosparticipantes nestas dúasquendas que arrincaran o pa-sado 21 de maio e o 8 de xuño.Os participantes -a súa maio-ría do municipio, aínda quetamén asistiron ao curso per-soas de concellos limítrofes-recibiron a formación axeitadada man dunha enxeñeira fores-

tal duranteunha semanaen períodos decinco horasdiarias. Ao fi-nalizar esteperíodo, osalumnos ealumnas de di-ferentes idadese profesiónspasaron unhaproba teóricafinal que secelebrou naEscola de Ca-p a c i t a c i ó nAgraria PedroMurias, en Ri-badeo.

Alta demanda en formación

fitosanitaria

Debido ao interese dos veci-ños e veciñas neste curso, oConcello ten previsto poñer enmarcha as clases para outro

grupo despois do verán que xaconta cun número suficientede inscritos para a súa celebra-ción. Ademais, existen persoasinteresados en recibir forma-ción para acadar o nivel supe-

rior preciso para aplicar pro-dutos moi tóxicos; aínda que onivel básico permite aplicar amaioría dos produtos que em-pregan os agricultores e agri-cultoras do municipio.

Medio cento de persoas recibiron en Abadín o carné de manipuladorde produtos fitosanitariosO Concello de Abadín impulsará outro curso despois do verán

Os alumnos e alumnas dos cursos de manipulador e aplicador de produtos fitosanitarios recibiron os

carnés e as certificacións na Biblioteca Municipal.

Page 9: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

castro de rei

cospeito

9actualidadeagosto 12

Os distintos colectivos asociati-vos de Muimenta demandan acolocación de bandas rugosas ousinais luminosas na Avenida deVilalba á altura da Praza Maior. Esta reclamación xa fora presen-tada no Concello de Cospeito acomezos do mes de maio polaAsociación Cultural AquilinoIglesia, pero agora súmanse oresto das asociacións da vila quecomparten as queixas pola peri-gosidade que supón cruzar a víaLU-120, de titularidade autonó-mica, á altura do centro da vilaonde se ubican os establecemen-tos, a pesar de que xa existenpasos de peóns. Este mes, os colectivos empresa-riais, culturais, xuvenís, deporti-vos e de pais e nais de alumnosdo colexio de Muimenta, presen-taron esta reclamación de novono Concello e tamén ante a xefa-tura territorial da Consellería deMedio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, ao tratarse dunhaestrada de titularidade autonó-mica e da Dirección Xeral deTráfico dependente do Ministe-rio do Interior. Os veciños e veciñas de Mui-menta, preocupados pola posibi-lidade de que se produza algúnaccidente, piden a colocación depasos de peóns elevados po-

ñendo como exemplo que na ca-pitalidade municipal, na Feira doMonte, esta medida resultouefectiva para reducir a veloci-dade coa que circulan os vehícu-los pola estrada que a atravesa.Así mesmo, consideran que sedebería sinalizar o casco urbanocon sinais luminosos ou semáfo-ros en ambos sentidos. Así mesmo, os distintos colecti-vos que asinan a reclamación si-nalan varios puntos ondeconsideran que sería convenienteinstalar estes pasos: entre o re-cinto ‘Manuel Vila’ e a FarmaciaCrecente, á altura da PrazaMaior, da estación de servizo‘Santa Mariña’ ou da igrexa pa-rroquial.

Asistencia sanitaria

Os usuarios e usuarias do centromédico de Muimenta, que in-clúen veciños e veciñas das pa-rroquias lindeiras a Muimentacoma Outeiro, Bazar, Villarente,Corbelle ou A Graña, volven ma-nifestar as súas queixas ante oshorarios do servizo médico quepermanecerá tres horas ao día endiferentes horarios en Mui-menta. Así, algunha xornada oservizo de atención primaria es-tará cuberto dende as oito ata asonce da mañá e outras, dende as

doce ata as tres do mediodía. Oscolectivos veciñais de Muimentaapuntan que “esta situación podeocasionar problemas aos usua-rios do centro, en especial ao co-lectivo da terceira idade, que sona maioría dos usuarios dos servi-zos médicos”. Os usuarios deste centro desaúde xa se manifestaran o pa-sado 9 de marzo ante a Xerenciade Atención Primaria en Lugopara protestar pola falta dun mé-dico que substituíra a baixa do ti-tular da praza dende o 7 domesmo mes. O seguinte luns, 12de marzo, o centro xa contabacun profesional que atendía aosseus usuarios e usuarias; comoindicaran dende a xefatura queademais se comprometeran a quenon se volvería dar esa situación.Os colectivos manifestan o des-agrado dos usuarios e agardanque non se confirme a supresióndas prazas de médico e ATS deMuimenta, como unha medidamáis dentro dos axustes. Polomesmo, lembran que “a sanidadeé un dos dereitos básicos da ci-dadanía e unha necesidade ele-mental a cubrir por parte daAdministración, que distribúe osimpostos que recadan dos cida-dáns”.

Os veciños de Muimenta mostran as súas queixaspola inseguridade que provoca cruzar a estradaOs usuarios do centro médico da localidade tamén mostran a súa preo-cupación ante a falta de servizo sanitario durante este mes de agosto

A Taberna do Cruña e o Asador O Cabuxocociñan as mellores tapas de Muimenta

Arredor de 350 persoas partici-paron no xantar posterior á mallaque cada ano, e xa van doce, des-envolven dende a Asociación

Amigos da Feira de Castro deRei. Foi a mañá do domingo 19de agosto cando preto de 40 per-soas realizaron de xeito artesanalas labores que os nosos devan-ceiros realizaban para separar o

trigo da palla e a cáscara, despoisde segalo e xuntalo nunha meda.Deste xeito, os mollos proceden-tes da meda pasaron pola desgra-

nadora para, posteriormente,introducir os grans de trigo nalimpadora. Catro horas duroueste traballo que cos seus respec-tivos descansos se converte enfesta cada verán.

Á carballeira de Castro de Reiachegáronse numerosos visitan-tes interesados nas labores damalla tradicional chegados

dende toda a co-marca e mesmodoutros lugaresda provincia.Tamén desfruta-ron da festaaqueles quepasan os veránsna zona e recor-dan coas fami-lias os traballosque antano reali-zaban na aldea.Os máis peque-nos son os máiscuriosos e rema-taron “xogandoentre a palla áhora do xantar”,segundo apun-tan dende a or-ganización, que

tamén puntualizan que “este anoachegouse xente que outros anosnon viñera á malla de Castro deRei”.A Festa da Malla contou taméncun xantar elaborado con racións

de produtos típicos da zona epezas de porco, tralo que se con-tinuou a celebración coa anima-ción musical dun dúo queprolongou os bailes ata as nove emedia do serán. Javier Castro, presidente da aso-ciación Amigos da Feira de Cas-tro de Rei, móstrase optimistaen canto á celebración desta festao vindeiro ano, aínda que polo deagora “toca descansar”, apuntou.

A sega e a meda, os traballos

previos

Antes de poder mallalo trigo, osábado 4 de agosto realizaron asega do trigo no que participanveciños e veciñas da zona deCastro de Rei. O domingo 12,reuníronse de novo para trans-portar os medeiros e elaborar ameda na carballeira da vila. Estaxornada na que tamén se cele-brou a feira, contou tamén coamúsica das Cantareiras Irimia,de Meira, e á noite, Volta e DálleTeatro presentou a obra “Menci-ñeiros” que puxeron en escenaPepe Penabade e Mini e Meroante a presenza de máis de 200persoas.

Catro horas de traballo e moitas de festa en torno á malla de Castro de Rei Economía e Industriaapoia a Innolact

Preto de 4.500 tapas serviron os seteestablecementos de Muimenta queparticiparon no quinto Concurso detapas organizado pola Asociación deEmpresarios de Muimenta en cola-boración co Instituto Lucense deDesenvolvemento Económico e So-cial da Deputación Provincial deLugo.

Nesta edición do concurso que sedesenvolveu entre o sábado 11 e ovenres 17 de agosto incrementá-ronse en 462 as tapas despachadas aun prezo de 1,50 euros; mentres queo número de “roscos” ou tarxetas se-ladas pola totalidade dos establece-mentos participantes - Asador OCabuxo, Bar Alvariño, Café Bar ONeira, O Abuelo, O Latino, O Tinoe a Taberna do Cruña- se mantivo

igual que na pasada edición, 357.A Taberna do Cruña fíxose co pre-mio do público tras acadar unha notamedia de 8,70, empatada coa do BarAlvariño, aínda que foi a primeira aque obtivo 20 votos máis coa pun-tuación de 10, método que se em-pregou para determinar a tapagañadora no reconto realizado nanoite do luns 20 de agosto.Así mesmo, o xurado profesional –este ano formado polos propios lo-cais de hostalería participantes- de-terminou como tapa gañadora a doAsador O Cabuxo cun promedio de8,33 puntos e por diante do Bar Tinoe Bar Alvariño – ambos cunhamedia de 8 puntos-.

Participantes premiados

Entre o público participante queemitira o seu voto sorteáronse catrovales de 100 euros cada un para gas-tar nos negocios do colectivo em-presarial de Muimenta nun prazo de30 días dende a súa entrega que serealizará o xoves 30 de agosto a par-tir das nove e media da noite nolocal da Asociación de Empresariosde Muimenta. Os gañadores resul-taron ser Belén González de Xermar(Cospeito), Teresa Pazos de Meira,Javier Anllo de Muimenta e Fiz Ro-dríguez de Saldanxe (A Pastoriza).Pola súa banda, Eva Valiño de SantaMaría de Outeiro (Castro de Rei) fí-xose co premio de 400 euros que aorganización do concurso sorteouentre as rutas completas.

Os veciños e veciñas de Castro de Rei segaron e ataron o trigo o sábado 4 de agosto. Des-

pois desfrutaron todos xuntos dun xantar de confraternidade.

A Consellería de Economía e In-dustria apoia a forte aposta pola in-novación na fabricación deprodutos lácteos e máis a apostapola internacionalización, coaapertura de cara a novos mercados,que está a pór en marcha a compa-ñía Innolact instalada no polígonode Castro Ribeiras de Lea e queconta co apoio de XesGalicia, asociedade de capital risco daXunta. Este proxecto está a facerun importante esforzo por man-terse en crecemento tanto na súafacturación como nas melloras decapacidade de produción e amplia-ción das instalacións para a alma-cenaxe.Innolact, que dedica preto dun20% da súa facturación na súa es-tratexia de internacionalización,está presente nos mercados deEmiratos Árabes, Francia, Portu-gal, Malta ou Taiwan. A empresa, que conta cunhas mo-dernas instalacións automatizadasnas que se empregan as tecnolo-xías máis avanzadas, foi visitadapolo director de XesGalicia, JuanCividanes, a primeira semana deagosto para comprobar os avancese melloras feitos pola compañía.

Arriba, a tapa ofrecida pola Taberna doCruña e, abaixo, a do Asador O Cabuxo.

Page 10: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

guitiriz

10 actualidadeagosto 12

O tradicional festival de Pardiñasrematou despois de tres días defesta pasados por auga baixo a

presenza de máis de 25 mil per-soas, segundo a organización. Ofestival de Pardiñas é xa unevento sólido, tralas súas 33 edi-cións, que congrega a “unha mul-titude de xente debido ao seuespírito de ledicia, emoción efesta”, segundo apunta AlfonsoBlanco, presidente da AsociaciónCultural Xermolos que organiza

o festival. Por outra banda, Alfonso Blancoapunta que “existen múltiples for-

mas de vivilo festival”. Por unhabanda, os rapaces do municipio edoutros limítrofes coma Vilalba,Friol ou Teixeiro, acampan ásbeiras da estrada do recinto dofestival e preto do pantano de SanXoán de Guitiriz achegándoseaos máis de dous quilómetros detendas por ambas marxes da cal-zada; e por outra parte, as fami-

lias achéganse ao lugar para cele-brar merendas campestres. Así mesmo, a vila de Guitiriz su-

perou as impresións doutrosanos coa afluencia de persoasinteresadas no PardiñasRockque se despediron do recintoa mañá do sábado ou poraquelas que se achegaban adesfrutar dalgúns dos concer-tos desta “festa da amizade”,que contou precisamente coapresenza de amigos coma ovasco Kepa Junkera, o grupopolaco Beltaine -que pretenderepetir a experiencia nos vin-deiros anos- ou do divulgadorda música tradicional EliseoParra, que manifestou o seuinterese por volver a Pardiñaspara coñecer máis de preto amúsica e o ambiente do festi-val.Blanco manifestou a súa in-tención de continuar a organi-zar o festival, xa que “nosobrigan dende Ortigueira eoutros puntos de Galicia, queconsideran Pardiñas unha pla-taforma imprescindible para apromoción da cultura, a lin-gua e as artes. Ademais,afirma que “este ano chovía,pero a xente bailaba”, poloque non recorda sentir “tantaemoción”.

Mostra de Instrumentos de

Música Tradicional

O festival tamén contou con máisde 80 casetas de artesanía instala-das nos corredores do Balnearioou a celebración da trixésimo ter-ceiro carreira popular de Pardi-ñas, ademais da vixésimo novenaedición da Mostra de Instrumen-tos de Música Tradicional quecontou cunha “inmensa acollida”,segundo apunta Blanco.

Esta mostra que alcanza a súa vi-xésimo novena edición constitúeunha das mostras de luthería máisantigas da península e congregacada ano a numerosos artesáns dopaís para mostrar o seu traballoao público. Esta edición contoucon 24 artesáns de instrumentosmusicais que abriron unha fiestraaos seus obradoiros amosando oseu bo facer. Pero nesta festa nonpodían faltar as actuacións en di-recto, coma a improvisada namañá do domingo na que se vironinvolucrados o tocador de follasMario Mato, o investigador econstrutor de instrumentos tradi-cionais Pablo Carpintero, o gai-teiro Oli Xiráldez e o artesánXaneco Tobío, e que constitúe “amostra do espírito do festival” se-gundo apuntou Blanco.Este ano a mostra, que estivo de-dicada ao mestre Xosé ManuelSeivane, un referente na dignifi-cación da gaita e da figura do gai-teiro, ademais da defensa,transmisión e difusión da nosacultura, foi inaugurada co pregónde Xosé Quintas Canella, mem-bro do Movemento Popular daCanción Galega que recolleu nosseus temas a nosa fala e a nosaidentidade.E para completar a mostra, Pardi-ñas acolleu numerosas activida-des coma obradoiros deconstrución de palletas, de bailetradicional, presentacións de li-bros, ademais de moita música.

XXXIII Certame Terra Chá de

Literatura e Debuxo

O certame de literatura e debuxocontou con numerosos partici-pantes tanto de colexios da co-marca chairega coma doutroslugares de Galicia coma As Pon-tes, Betanzos, Cee, Foz ou So-

brado dos Monxes. Na xornada do domingo 5 deagosto, e no marco da celebracióndo Festival de Pardiñas, a asocia-ción cultural Xermolos fixo en-trega dos premios a 38 rapaces dacomarca: 17 participantes na ca-tegoría de debuxo, 10 en poesía e11 en narrativa. Na categoría departicipantes doutras proceden-cias, foron 45 os premiados nestaedición do certame: 17 polos seusdebuxos, 12 polos seus poemas e16 polos seus relatos. Ademais,tres grupos formados por alum-nos e alumnas de terceiro de Edu-cación Primaria do CEIP SantaMaría das Pontes, de quinto cursodo CEIP de Sobrado dos Monxesou de bacharaleto do IES de Gui-tiriz recibiron os seus premiospolos traballos colectivos. E noeido das novas tecnologías e so-portes audiovisuais, o premio re-caeu nos alumnos e alumnas dequinto curso do CEIP SantaMaría das Pontes.

As galletas da risa

Unha veciña de Negueira deMuñíz de 42 anos de idade foiimputada pola Garda Civil comosuposta autora dun delito contra asaúde pública na madrugada dodomingo 5 de agosto.Os feitos tiveron lugar despois daintoxicación que sufriron variosmozos que tiveron que trasla-darse ao PAC de Guitiriz trasconsumir galletas, biscoitos e tru-fas supostamente elaboradas confollas de marihuana pola impu-tada que vendía os produtosnunha posto instalado nas inme-diacións do Festival de Pardiñasque contaba, segundo testemuñaspresenciais, cun letreiro que dicía“as galletas da risa”.

Pardiñas pechou a trixésimo terceira edición pedindo máisO festival acolleu tamén outra edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e entregou os premios dotrixésimo terceiro certame Terra Chá de literatura e debuxo

Os veciños dos Vilares xa preparan outra edición da Romaría Labrega da ChairaMáis de 3 mil euros en premiosfoi o que reparten dende a Aso-ciación de Veciños da parroquiaguitiricense dos Vilares durantea celebración da vixésimo se-gunda edición da Romaría La-brega da Chaira, encolaboración coa Comunidadede Montes Veciñais. E dende agora mesmo, xa estánen marcha para buscar financia-mento para a organización davindeira edición que agardanconten cun maior número deasistentes -xa que o casamentodun dos seus veciños e as festasda parroquia veciña de Labradarestáronlle público- e que repi-ten aqueles asistentes da parro-quia á Carballeira do Cancelo,pero tamén de toda a comarca etamén das zonas dos concelloslimítrofes de Friol, Curtis, Cam-

bás ou Irixoa. Ademais da animación musicalda man de cinco grupos comaLumieira, Os Cuchufellos, An-daina, No Combaro e Os NovosDiplomáticos do Acordeón, estatradicional romaría que se cele-brou a fin de semana do 12 e 13de agosto, contou con numero-sas actividades e concursos vin-culados ao traballo da terra ou ácalidade dos animais do campo. Nese sentido, o concurso-expo-sición de cans que contou cunxurado profesional contou coaparticipación de máis 30 ani-mais de distintas razas dos queresultaron premiados os mello-res exemplares. Jesús Veres,presidente da Asociación de Ve-ciños, destacou a participaciónde “tres cans de palleiro, candoos outros anos non contamos

con ningún”. “Deste xeito pre-tendemos promocionar estaraza”, apuntou.O resto dos concursos de ani-mais contou coa participacióndunha vaca de raza Rubia Ga-lega que presentou ManoloRivas dos Vilares e que acadouo primeiro premio. Entre as lei-teiras Julio Rivas e Manuel,tamén dos Vilares, repartíronseos premios en metálico. E entreas probas que teñen aos cabaloscomo protagonistas, un veciñode Santa Leocadia fíxose co pri-meiro premio da carreira, men-tres que foi Javier do Caseiro,dos Vilares, o que gañou a xin-cana. E se seguimos cos concursos,outro dos máis relevantes destaromaría é o das probas de habi-lidade con segadoras que este

ano gañou Antonio Veres fa-cendo un tempo moito menorque os dos seus compañeiros.Entre as máquinas máis curio-sas destacaba unha chegadadende As Pontes que non con-taba co peite para segar, pero sicon outro equipamento coma,por exemplo, os faros; e outramanexada polo fillo do anteriorque contaba coas rodiñas deapoio coma as das bicicletas. Os Vilares é terra de bos sega-dores segundo demostran os re-sultados do concurso de segacon gadaña, outro dos máis sen-lleiros do programa da RomaríaLabrega da Chaira, que contoucun xurado formado por JoséFerreiro e Raúl Prieto, dous ex-pertos segadores, que valorarona postura para segar, o tempo deexecución ou o resultado do

corte da herba.Os xogos populares taménteñen cabida nesta festa. Defeito, a romaría pequena ache-gou aos nenos e nenas o xogodo pano ou as carreiras desacos; e aos maiores o lanza-mento do pau de ferro, a ca-rreira de caldeiros ou olanzamentos de pucha. E a proba que clausurou a vixé-simo segunda edición destafesta foi o concurso de baile quegañou a parella de San Salvadorformada por Suso e Josefina,aínda que con raíces nos Vila-res. Outra das parellas premia-das foi a formada por Álex ePenedo, dous mozos guitiricen-ses que decidiron participarxuntos no concurso e demostrarasí as súas habilidades no baile.

Arriba, música e baile en Pardiñas. Abaixo, mostra de debuxos do XXXIII

Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo. X. MARRA

Page 11: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

begonte

11actualidade agosto 12

Medio Rural mellora 5,5 quilómetros de camiños en Begonte

O Parque Eólico Experimental So-tavento clausurará a Semana Eu-ropea da Mobilidade repartindo600 euros en combustible entre ostres primeiros clasificados da se-

gunda edición do Ralli Eficienteque se celebrará o sábado 22 de se-tembro.A particularidade deste ralli pasapolos premios que outorga aosparticipantes que consigan os me-llores resultados en canto a efi-ciencia enerxética dos vehículos.Así, o gañador da primeira edicióncompletou o percorrido cun con-sumo de 4,8 litros aos 100 quiló-metros rebaixando nun minuto otempo empregado no circuíto conrespecto ao segundo clasificado. Deste xeito, a Fundación Sota-

vento Galicia organiza este eventogratuíto co obxectivo de achegarunha demostración práctica dasposibilidades que ofrece a condu-ción eficiente e que mostran estes

resultados.

Condicións de participación

As prazas para participar son limi-tadas, xa que se empregará un ve-hículo facilitado polaorganización, e serán cubertas porrigoroso orde de inscrición que sepoderá realizar ata o 17 de setem-bro no teléfono 981 44 10 20 oucubrindo os datos do formulario deinscrición da páxina web de Sota-vento. O percorrido realizaraseacompañado dun membro da or-ganización e unha vez rematada a

proba publicaranse os tempos econsumos realizados por cada par-ticipante.

Semana Europea da Mobilidade

en Sotavento

A Fundación Sotavento Galiciaparticipará activamente na Se-mana Europea da Mobilidade re-gulada polo Ministerio deAgricultura, Alimentación eMedio Ambiente, como coordina-dor nacional desta campaña deconcienciación. O seu obxectivo ésensibilizar -tanto aos responsa-bles políticos coma aos cidadáns-sobre as consecuencias negativasque ten o uso irracional do cochepara a saúde pública e para omedio. Así mesmo, pretende mos-trar os beneficios do uso de modosde transporte máis sostibles comoo transporte público, a bicicleta eas viaxes a pé. A súa celebración desenvolveraseen toda a UE dende o 16 ata o 22de setembro deste 2012, data naque a Fundación Sotavento Gali-cia pechará as actividades coa ce-lebración do II Ralli Eficiente quecontará con outras como a exposi-ción das novas posibilidades que omercado nos ofrece en vehículoseléctricos ou híbridos, visitas guia-das ou charlas sobre eficienciaenerxética.

A delegada territorial, RaquelArias, visitou o xoves 26 de xelloos traballos de mellora que está arealizar a Consellería de MedioRural no concello de Begonte.Trátase dunhas obras nas que odepartamento autonómico invistealgo máis de 70 mil euros e queestán orientadas a “incrementar aseguridade viaria para os usua-rios, ao tempo que se consegueque o transporte que habitual-mente utiliza a vía –e que é fun-

damentalmente transporte escolare de produtos agrarios- resultemáis cómodo e económico”.Arias, acompañada polo alcaldede Begonte, José Ulla Rocha, ex-plicou que os traballos afectan acatro camiños que suman unhalonxitude de 5,5 quilómetros ebeneficiarán aos preto de 3.500veciños deste municipio e aosusuarios que se achegan aomesmo. Así, ao longo das seguin-tes semanas a Xunta acondicio-

nará a vía de Donalbai ata o cruceda estrada da Hermida, a pistaentre a rúa do Sol (Gaibor) ata ocruce coa estrada 541, a que parteda rúa do Sol ata o cruce coa es-trada de As Leboradas, e a queenlaza o barrio do Marco (Carral)co cruce da estrada de Vilape-quena. En todos os casos, as pistas pre-sentaban firmes envellecidospolo tráfico soportado, cun malestado da capa de rodadura e coas

cunetas case inservibles porefecto da acumulación de terra evexetación. A execución dos tra-ballos debería estar rematada nunmes.

Ampliación das obras a través

do PEIM

Raquel Arias destacou a impor-tancia de “manter en bo estado deconservacións os camiños e pis-tas rurais, que son o único accesoposible para numerosos núcleos

de poboación”. Ao respecto, sina-lou que o Plan Especial de In-fraestruturas do Medio Rural(PEIM) “é un valioso instru-mento que a Xunta pon a dispo-sición dos Concellos para omantemento axeitado destas in-fraestruturas”.Así, a delegada explicou que osproxectos incluídos no PEIM do2012 para a comarca da TerraChá suman un investimento de740.378 euros.

O BNG de Xermade a actitude doPP xermadense ao que acusa de que“non lle importa nadiña o BNG”.Polo mesmo, a voceira nacionalistado municipio, María do Mar Her-mida, afirma que “cadaquén ten queasumir o papel que lle correspondecon todo o que implica: o bo, omalo e o regular”. Así mesmo, ex-plica que “se están dispostos a co-brar a fin e mes a nómina de altoscargos, teñen que estar dispostos atraballar, debater, xestionar, instar,solicitar, pedir ou o que faga falla”,afirma Hermida.Estas foron as súas palabras despoisde que no Pleno do mes de agostoo grupo de goberno municipal“ameazara cunha posible regula-ción do Pleno” ao considerar que“presentar oito mocións non é nor-mal”, segundo recorda Hermida.A nacionalista, pola contra, consi-dera que non é normal a desidia doPP de Xermade por traballar polosveciños e veciñas do concello; nonquerer debater temas vitais para asociedade en xeral e para o concelloen particular; votar en contra depracticamente todas as propostasque levamos; botarlle a culpa a nonter cartos, a cando gobernou o BNG–ao que a voceira do BNG se pre-gunta cando- ou a ela mesma. Asímesmo, apunta que un no debate dacuarta moción un concelleiro popu-

lar fixo unha pregunta ao oído ao al-calde ao que este último respondeu“en ton bastante despectivo” -afirma a voceira nacionalista- “non,aínda imos pola cuarta”.Por outra banda, Hermida consideraque “o PP de Xermade non valoraa sociedade galega nin a rural ga-lego, como demostran os seusactos”. Nese senso, a edil naciona-lista apunta que votaron en contrade sete mocións presentados poloBNG contra o copago farmecéu-tico, a supresión de aulas e docentesnos colexios de infantil e primaria,a supresión de oficinas liquidado-ras, os recortes aos concellos, os de-reitos ao colectivo de gays,lesbianas, homosexuais e transe-xuais, as medidas económicas e dasreformas do PP e a creación dun sis-tema financeiro galego. Precisa-mente sobre esta última pedironeliminar o punto no que se pedíainstar á Xunta a promover a crea-ción dunha banca pública galega,nomeadamente a partir da conver-sión de Novagalicia Banco nunbanco público galego mediante atransferencia aos poderes públicosgalegos da participación que oFROB detenta no capital de Nova-galicia Banco, a pesar de que oBNG considera que “se trata unpunto imprescindible para as gale-gas e os galegos”.

xermadeSotavento acolle o segundo Ralli Eficiente no marco daSemana Europea da Mobilidade

O BNG denuncia a falta de interesedo PP por debater nos Plenos

Xermade acolleu un curso de conducción eficiente no ano 2010.

Page 12: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

muras

outros concellos

12 actualidadeagosto 12

O BNG de Muras denuncia a escasaaportación orzamentaria ao servizode axuda no fogar

A conselleira do Medio Rural e do Mar coñeceu en Murasa fabricación de estruturas flotantes para acuicultura

As Pontes aprobou os orzamentos para o 2012 cun incremento do gasto social e as inversións

O BNG de Muras, por medio do

seu portavoz comarcal, Xoán

Antón Estúa García, denuncia a

incapacidade e deixadez do al-

calde de Muras, Algnam Azzam

Assam, en relación á xestión dos

asuntos que atinxen ao Concello.

Os nacionalistas poñen de exem-

plo a inanición na que se atopan

os servizos sociais de Muras, e

afirman que “sorprende que nun

Concello maioritariamente enve-

llecido e con múltiples situacións

de dependencia -valorada no seu

maior grao- e onde as demandas

son constantes, a aportación or-

zamentaria ao Servizo de Axuda

no Fogar sexa tan escasa”. Deste

xeito, o BNG critica que o Con-

cello non lle de resposta ás nece-

sidades destes veciños e veciñas

deixándoos á súa sorte.

Ademais, o BNG de Muras

apunta que “os veciños e veciñas

lle reclaman este servizo ao al-

calde obtendo por resposta que

non hai cartos e que poden acce-

der ao servizo pagándolle do seu

peto á empresa concesionaria do

servizo de axuda no fogar”.

Tres dedicacións exclusivas

nun Concello con 750 persoas

censadas

Os nacionalistas móstranse sor-

prendidos por estas afirmacións

cando tres dos catro edís do PP

en Muras contan con dedicacións

exclusivas alcanzando a do al-

calde os 54 mil euros anuais e a

do tenente de alcalde os 21 mil.

Ademais, o Concello paga tódo-

los meses 23 nóminas.

Deste xeito, ao BNG resúltanlle

contraditorias estas afirmacións

e non entende que se non se pres-

ten os servizos básicos aos máis

necesitados. Polo mesmo, os na-

cionalistas instan ao alcalde a

“mudar a súa política e replante-

xarse as tres dedicacións exclusi-

vas que ten o Concello para

dedicar eses cartos a reforzar o

Servizo de Axuda no Fogar”.

O concello de As Pontes conta xa

con orzamentos para o presente

exercicio, logo da aprobación ini-

cial do documento concretada a

mañá do venres 10 de agosto en se-

sión plenaria.

As contas para este exercicio as-

cenden a 12.427.693´52 euros, e

contaron tan só co voto favorable

do grupo do PSdeG-PSOE, men-

tres que dende o BNG e a Conce-

lleira Jessica Fernández votaban en

contra, e a edil do PP se abstiña.

Cando se peche o exercicio esta

cifra achegarase probablemente

aos 18 ou 19 millóns, logo de que

xa se aborde un orzamento pe-

chado. Ata o de agora xa se asumi-

ron e comprometeron obras por

uns 4 millóns de euros a traverso

de cretos extraordinarios.

Dende o equipo de goberno estí-

mase que son uns orzamentos

“equilibrados en ingresos e gastos,

baseándose na máxima prudencia

na previsión deses ingresos”, pois

só consignaron os ingresos segu-

ros, evitando facer figurar aqueles

que puideran ser de dubidoso in-

greso. O BNG, por medio do seu

voceiro Francisco Dasilva, ofrecía

mesmo o apoio aos orzamentos,

pero sempre coa condición de que

se recollesen modificacións que

afectaban a un millón e medio de

euros para destinar esa contía a

compoñentes social, económica e

de fomento de emprego. Esa de-

manda non foi recollida polo

equipo de goberno que alegou ter

comezado xa a preparación dun

Plan de emprego que será consen-

suado co resto de grupos, fora do

orzamento. Ao gasto social, lem-

braron que se volvían aumentar as

partidas, algo que lamentaban que

fose preciso, pero ao que estaban a

atender con incrementos cada ano

nas partidas de gastos sociais. A úl-

tima oferta do BNG para non votar

negativamente foi a de levar a unha

consulta popular as dedicacións ex-

clusivas, e logo de non acadar este

obxectivo remataban por votar en

contra do documento orzamentario

os tres concelleiros desta forma-

ción. No PP, Sara Prada abstívose

xustificando a súa decisión en que

non podía apoiar unha cifra de in-

versión de tan só 23 mil euros, ao

que se lle respondían lembrando as

inversións xa realizadas e compro-

metidas extra-orzamentariamente.

Mentres, a concelleira Jessica Fer-

nández lamentou que este debate se

trouxese tarde, o que supuña con-

dicionar o documento final, e

tamén dixo botar en falla unha par-

tida para o fomento do emprego,

reservándose o dereito da presen-

tación de emendas.

Estas cifras achéganse ás de exer-

cicios anteriores, malia o descenso

na transferencias de outras admi-

nistracións, se ben é certo que ha-

berá unha maior recadación polo

IBI e BICES. Por outra banda, o

documento logrou que a partida do

capítulo 1, a de persoal, non sexa a

maior, sendo superada pola 2, que

é a de gastos correntes e na que se

enmarcan os servizos que o Con-

cello presta aos cidadáns.

Así mesmo, dende o grupo de go-

berno mostran a boa saúde econó-

mica do concello que na

actualidade conta cun único prés-

tamo do que quedan 600 mil euros

por amortizar, que se abordará no

2.013.

Aínda pode haber algún tipo de

alegación durante os seguintes 15

días coa que se deba volver a deba-

ter en pleno. En caso contrario, xa

entrarían en vigor.

A conselleira do Medio Rural

e do Mar, Rosa Quintana,

acompañada polo secretario

xeral do Mar, Juan Maneiro,

coñeceu na mañá do xoves 16

de agosto as instalacións da

empresa Tepsa, fabricante de

estruturas flotantes para acui-

cultura.

A industria está situada no

concello chairego de Muras. O

alcalde desta localidade, Issam

Alnagm Azzam, acompañou á

conselleira na súa visita.

Rosa Quintana visitou as instalacións de Tepsa no municipio de Muras.

as pontes

Page 13: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

13actualidade agosto 12

Riotorto aprobou garantir o poder adquisitivo dos traballadores públi-cos do Concello

A Vicepresidencia da Deputación facilita a posta en valor das Covas do Rei Cintolo

Os técnicos comezaroncoa limpeza do río enMeira

O pleno do Concello de Riotortoaprobou estudar e levar a cabo asmedidas que sexan necesarias paraque se manteña o poder adquisitivodos traballadores públicos do Con-cello e compensar a perda quesupón a retirada da paga de Nadalcoas medidas que sexan necesa-rias. Esta acordo foi tomado no Plenocelebrado o luns 6 de agosto cosvotos a favor do BNG e a absten-ción do PSOE e votos en contra doPP. Neste camiño, o BNG sacouadiante a súa moción manifestandoo seu rexeite ás medidas reguladaspolo Real Decreto-Lei 20/2012, do13 de xullo, que supoñen a elimi-nación da paga de Nadal, rexei-tando a decisión de impor ásempregadas e aos empregados pú-blicos, particularmente os vincula-dos aos concellos, novas perdas depoder adquisitivo, que terán unefecto indirecto sobre o consumono concello e no tecido económico

local e compensar a perda do poderadquisitivo das empregadas e dosempregados públicos municipaisda maneira que sexa precisa.Segundo afirmou Federico Gutié-rrez Estoa, “nós estamos no Con-cello para defender aos nososveciños e veciñas e non para apli-car medidas inxustas que os prexu-dican“ e ademais “por riba da leiestá a xustiza e igual que non é dexustiza que a Xunta de Galizadeixe sen fondos para o servizo deaxuda no fogar aos concellos demenos de 20.000 habitantes e te-ñamos que ser os concellos, coaaxuda da Deputación, quen se tenque facer cargo deste servizo, enmoitos casos coma o noso, desde agratuidade para os usuarios, tam-pouco é de xustiza que se reduza opoder adquisitivo dos traballadorespúblicos posto que esta decisiónvai na dirección contraria das po-líticas que se necesitan para saír dacrise”.

O alcalde de Riotorto afirmou que“estamos diante dunha auténticaimposición, que no caso dos con-cellos socava a autonomía local, aopretender facelos partícipes de me-didas inxustas, das que moitas cor-poracións locais discrepanpoliticamente, polo que supoñende atacar de novo dereitos conso-lidados de persoas traballadoras,ademais da súa inutilidade, comoxa se ten demostrado. A nova re-dución retributiva ás empregadas eaos empregados públicos que seplasma no Real Decreto-Lei20/2011 imponse dun xeito unila-teral, malia que esa medida xa seten ensaiado noutros momentosdentro de actuacións económicascontra a crise, e como resultadodeu precisamente o contrario doque se perseguía. Nada indica napráctica que a redución salarialsobre as persoas traballadoras,entre elas as persoas que desenvol-ven o seu traballo no sector pú-

blico, sexa unha medida que con-tribúe á reactivación económica,ao contrario, aínda resta capaci-dade adquisitiva á maior parte dapoboación co que se resente o con-sumo e a actividade económica. Na mesma liña, o nacionalista in-dicou que “no caso concreto donoso concello, estamos seguros deque eliminar a paga extra ás em-pregadas e aos empregados da ad-ministración municipal é unhamedida profundamente inxusta eequivocada. Tamén no ámbitolocal, agravará aínda máis a crisepois reducir o poder de compra dasempregadas e dos empregados pú-blicos afectará moi negativamentea pequenas e medianas empresas,ao pequeno comercio, en xeral aotecido económico deste concello.É por iso que vamos estudar todasas maneiras de lograr que a capa-cidade adquisitiva dos nosos traba-lladores públicos non se reduza”.

O vicepresidente da Deputación deLugo e delegado das áreas de Be-nestar Social e Deporte, o naciona-lista Antonio Veiga, presentou esteluns 6 de agosto o convenio de co-laboración asinado co Concello deMondoñedo para garantir a aper-tura ao público das Covas do ReiCintolo e pór en valor este en-clave, en canto se trata dunha dascovas máis grandes de Galicia conmáis de 7.500 metros de lonxitude,varios andares de galería e diferen-tes masas de auga.Dito convenio, non só permitirágarantir que a Cova do Rei Cintolosiga aberta, senón tamén eviden-ciar que é posible establecer unnovo modelo turístico centrado napromoción da natureza e do patri-monio histórico, cultural e etnográ-fico. Para Antonio Veiga “o

modelo turís-tico de sol epraia atópaseen caída aconsecuenciada crise eco-nómica ac-tual, á que, encerta ma-neira, taméncontribuíu ofenómeno dasegunda resi-dencia, poloque se fai im-prescindiblebuscar alternativas que, ademais,están a ser demandadas polo pro-pio sector turístico.”Nos últimos catro anos os deman-dantes de turismo de natureza au-mentaron sobre un 8 por cento a

nivel mundial. Este modalidademove xa a un volume importantede visitantes especializados en tu-rismo ecolóxico, paisaxístico, rurale agrario, así como a un bo númerode afeccionados á natureza -ámbi-

tos nos que a comarca daMariña ten moito que ofre-cer- e as Covas do Rei Cin-tolo son un bo exemplo xaque constitúen un paraxeno que se pode deseñar unamplo programa de activi-dades relacionadas comundo da natureza pero,ademais, con outras como apráctica de deportes deaventura como o rafting.O vicepresidente da Depu-tación provincial insistiu enque “na actual situación deemerxencia toda acción de

goberno debe estar encamiñada apotenciar o emprego e nese senso,hai que ter en conta que o turismoé unha fonte de ingresos decisivapara moitos locais de hostalería epara moitas familias, xa que en

torno ao 70% da poboación activada provincia de Lugo traballa nosector servizos. Sen embargo, a di-minución do número de visitantesá comarca da Mariña está a deixaren evidencia que a Xunta non estáa ver o turismo como un sector es-tratéxico, polo que dende a Vice-presidencia da Deputación deLugo reclamámoslle o deseño eposta en marcha dun proxecto tu-rístico diversificado para a co-marca da Mariña”.Antonio Veiga concluíu que “aprovincia de Lugo está chea deatractivos que hai que dar a coñe-cer, algo que, segundo parece, nonlle interesa ao executivo galegoque esquece a praia das Catedraiscomo monumento natural, a pesarde que é unha das praias máis em-blemáticas do litoral galego”.

O rexedor de Meira, o popularRamiro Pérez, acompañado dou-tros membros do goberno local,mantivo unha xuntanza co Presi-dente da Confederación Hidro-gráfica Miño-Sil, FranciscoMarín, e co Comisario de Augas,Xoán Novoa durante a mañá domércores 8 de agosto.A reunión tivo por motivo dar acoñecer de primeira man a situa-ción do Concello en materia demedio ambiente, así coma paraestablecer unha colaboraciónentre sendas administracións.As labores de limpeza do río, se-gundo recomendacións dos técni-cos, comezaron esa mesma mañápara velar pola súa conservacióne o mantemento do medio am-biente; xa que segundo Pérez orío é un lugar de nomeada impor-tancia ao constituír “un lugar deocio moi frecuentado polos veci-ños e veciñas de Meira”.

riotorto

mondoñedo

meira

Cruz e Veiga diante da Cova do Rei Cintolo.

Page 14: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

14actualidadeagosto 12

Mil persoas optarán ao recoñecemento das súascompetencias profesionais no segundo semestrede 2012

As agrupacións de protección civilda provincia recibirán preto de 61mil euros de achegas da Xunta

Os mozos lucenses poderán solicitar en setembro 70 bolsas de emprego en Europa dentrodo programa Lugojob

A Consellería de Traballo e

Benestar, a través da Direc-

ción Xeral de Formación e Co-

locación, ven de publicar na

súa páxina web as listaxes de

persoas admitidas para a se-

gunda fase de recoñecemento

e acreditación das competen-

cias profesionais adquiridas a

través da experiencia laboral

ou aprendizaxes non formais

de formación en atención so-

ciosanitaria a persoas no do-

micilio e a persoas

dependentes en institucións

sociais.

Este ano

convoc á -

ronse un

total de

2.000 pra-

zas nas

u n i d a d e s

de compe-

tencia das

cualif ica-

cións pro-

f e s i ona i s

sinaladas.

No pri-

meiro se-

mestre deste ano xa foron

asesoradas e avaliadas un total

de 1.000 persoas (500 en cada

unha das cualificacións) e, a

partir do mes de setembro, le-

varase a cabo o procedemento

de acreditación do resto de

persoas candidatas.

As listaxes definitivas de per-

soas admitidas nesta segunda

fase están dispoñibles na pá-

xina da Consellería de Traba-

llo e Benestar,

http://traballoebenestar.xunta

.es, onde se indican as sedes,

lugar e hora en que cada can-

didato iniciará a súa fase de

asesoramento.

O candidato admitido para

participar na fase de asesora-

mento deberá aboar unha taxa

única de 20 euros. O aboa-

mento da taxa poderase reali-

zar de forma telemática ou a

través do impreso de autoli-

quidación en calquera das en-

tidades financeiras

colaboradoras.

A Xunta de Galicia, a través da

Consellería de Presidencia, Admi-

nistracións Públicas e Xustiza, des-

tinará 340 mil euros a subvencións

para as agrupacións de voluntarios

de Protección Civil.

As asociacións beneficiarias das

axudas tiñan que estar inscritas -ou

ter solicitado a súa inscrición- no

Rexistro de Agrupacións de Volun-

tarios de Protección Civil; ter de-

pendencia dun concello ou

mancomunidade destes; de ter re-

cibido subvencións en anos ante-

riores, xustificado o seu

investimento e liquidación; expre-

sado o seu consentimento a facer

públicos os datos referidos ás axu-

das recibidas; e non ter pendente o

pagamento de ningunha débeda

coa Administración Pública da Co-

munidade Autónoma, entre outros

requisitos.

Na provincia de Lugo serán 35 os

municipios que reciban achegas

por valor de preto de 61 mil euros

entre os que unicamente se atopa

un Concello da comarca: Guitiriz.

Destino das axudas

As subvencións poderán ser inves-

tidas en equipamento e vestimenta

persoal de uniforme; equipamen-

tos de prevención e protección,

sempre que se trate de material

funxible; gastos ocasionados du-

rante as actuacións levadas a cabo

pola agrupación en materia de pro-

tección civil; gastos ocasionados

pola conservación e mantemento

e/ou alugamento da súa base e me-

dios de intervención; gastos de co-

municación; pagamento de

seguros; formación dos seus mem-

bros da Asociación, e equipamento

e material informático.

Para a concesión destas axudas es-

tudáronse unha serie de criterios de

avaliación como son o número de

mobilizacións con asistencia ás

emerxencias, maior rateo volunta-

rios segundo a poboación do con-

cello, a existencia de riscos

especialmente graves no concello

– de acordo co establecido no Pla-

terga e demais plans de protección

civil-; e o emprego da lingua ga-

lega en todas as actividades educa-

tivas de prevención e nas

publicacións e informacións sobre

medidas de autoprotección dirixi-

das á poboación en xeral.

A Deputación segue a avanzar

na posta en marcha de medidas

que combatan a taxa de paro xu-

venil na provincia -que xa su-

pera o 20%, con máis de 5.300

lugueses menores de 30 anos sen

traballo, segundo datos oficiais

do mes de xullo-.

Deste xeito, na Xunta de Go-

berno do venres 17 de agosto a

institución aprobou iniciar a

contratación da xestión das pri-

meiras 50 becas dirixidas a lu-

censes recen titulados en

profesións relacionadas co

medio ambiente, agroalimenta-

ción, gandería, pesca, informá-

tica, turismo e ciencias da vida

(bioloxía, medicina, biomedi-

cina, bioquímica, botánica…);

neste caso.

Son as becas enmarcadas na

programación denominada Lu-

gojob, que se engaden ás outras

20 do proxecto Ticlugo que, pola

súa banda, xestionará directa-

mente a Fundación TIC ao seren

para rapaces que cursaron, nos

últimos tres anos, os seus estu-

dos de Produción ou Realización

na Escola de Imaxe e Son, o

único centro que imparte ensi-

nanzas superiores da rama au-

diovisual na provincia. O

voceiro socialista da Deputa-

ción, Manuel Martínez subliñou

que “son, polo tanto, 70 bolsas

de emprego para lucenses meno-

res de 35 anos con formación

universitaria ou profesional

(FP), cuxo prazo de solicitude se

abrirá en setembro, unha vez ad-

xudicado o proceso acordado na

xunta de goberno”.

Tanto as becas do Lugojob como

as do Ticlugo forman parte do

Plan de Formación Leonardo da

Vinci. O seu presuposto ascende

a 309 mil euros, dos que o 70%

-é dicir, 210 mil euros- achégaos

a Unión Europea. “Esta canti-

dade supuxo que a de Lugo se

convertese na Deputación ga-

lega que máis fondos comunita-

rios recibiu para dous programas

de bolsas de emprego europeas”,

remarcou o voceiro.

Logo da presentación de solici-

tudes, en outubro, a Deputación

realizará o proceso de selección

e, en novembro, avaliará cos be-

neficiados, segundo o seu perfil

e curriculum, as empresas de

Europa nas que comezarán a tra-

ballarán durante tres meses

dende xaneiro. Estas entidades

situaranse en Alemaña, Austria,

Italia, Portugal, República

Checa e o Reino Unido.

Inserción laboral con 150

becas

O organismo provincial, que

asumirá todos os custes do alo-

xamento no exterior dos mozos,

busca con esta iniciativa ofrecer-

lles, de xeito gratuíto, unha alter-

nativa que contribúa a completar

a súa formación con prácticas en

prestixiosas empresas europeas

co obxectivo de acadar a súa in-

serción labo-

ral. Hai que

ter en conta

que coas ante-

riores bolsas

en Europa, as

medioambien-

tais de Lug02,

obtiveron em-

prego, logo

desta expe-

riencia, o 50%

dos seus parti-

cipantes. Con

estas 70 becas

Leonardo da

Vinci, son

case 150 as

bolsas de em-

prego que

ofreceu a De-

putación no

último ano: 18

medioambien-

tais de Lug02,

24 guías medioambientais nas

Reservas Terras do Miño e Os

Ancares; 30 de innovación; e as

6 de artesanía e deseño.

terra chá

Xunta de goberno da Deputación celebrada o venres

17 de agosto.

As listaxes de persoas ad-

mitidas para a segunda

fase de recoñecemento e

acreditación das compe-

tencias profesionais ad-

quiridas a través da

experiencia laboral ou

aprendizaxes non formais

de formación en atención

sociosanitaria a persoas

no domicilio e a persoas

dependentes en institu-

cións sociais veñen de pu-

blicarse na web da

Consellería.

O eido da atención sociosanitaria será o que reciba acre-

ditacións profesionais.

Page 15: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

15actualidade agosto 12

Un ano máis Vilalba acolle as fes-tas de San Ramón e Santa Maríaque encherán a capital chairega deactividades e actuaciónsmusicais nos dez días de ce-lebración, iso si, interrompi-dos por días de descanso.Despois do Día da TerceiraIdade, que se manténmesmo despois de deixar decontar co apoio da Xunta eque pretende ser unha ho-menaxe aos nosos maiores“sen os que non poderiamosestar aquí – afirma Álvaro,un dos membros da comi-sión-; a Praia Fluvial daMagdalena acolle a tradicio-nal Xira. Esta edición a festacampestre arrinca o venres24 de agosto con animacióndiscotequeira. O sábado 25as charangas de Vilalba po-ñerán os acordes do se-gundo día da Xira quecontará tamén coa anima-ción musical de ChicasShow, o grupo Iris e a disco-teca Disqtoca. AmerikamTop amenizará o terceiro día daXira vilalbesa.E despois da Xira, a semana grandedas festas comeza da man do DíaInfantil no que os máis pequenospoderán desfrutar de inchables,xogos populares, talleres multime-dia, obradoiros de globoflexia ouunha pista de scalestrix entre outrasmoitas actividades que estarán dis-poñibles ao longo de case todo odía. Dende a Casa da Xuventudede Vilalba propoñen tamén outraalternativa para ese martes 28 deagosto: as simultáneas de xadrez.E a xornada seguinte será a organi-zadora da XIX Festa da Bicicletaque cada ano enche as rúas vilalbe-sas de ciclistas de tódalas idades. O día do XXXVIII Certame Lite-rario de Vilalba, o xoves 30 deagosto, clausurarase o certame en-tregando os premios aos gañado-

res, ademais de proclamar as raíñase damas de honra das festas e pro-nunciar o pregón que este ano co-

rrerá a cargo do concelleiro deCultura, José María García Leira.Á noite, o Campo da Feira acolleráunha gran verbena da man da or-questra Olympus e París de Noia. O día do patrón, o 31 de agosto, oprograma das festas está cargadode actividades coma os tradicionaispasarrúas, a misa solemne cantadapola Coral Polifónica de Vilalba, adisputa do “Trofeo Comisión deFestas de Fútbol” ou do “TrofeoSan Ramón de Fútbol Sala Xuve-nil”; pero a xornada rematarácunha gala musical -onde partici-parán La Unión, ou David deMaría-, unha sesión de fogos de ar-tificio e a verbena da man da or-questra Manila. E o sábado 1 desetembro, día de Santa María, re-petirase o esquema mudando as ac-tividades deportivas por outra máiscultural coma o VIII Festival de

Bandas Pepe Guntín que contarácoa presenza das bandas de To-rroso (Pontevedra) e Cambre (A

Coruña). E xa á noite, a praza daConstitución acollerá os concertosde Chenoa, Gisela e outro grupopop para continuar a festa coa or-questra Triunfo. E as festas de San Ramón e SantaMaría, chegan ao seu remate coacelebración do Día das Parroquiasque terá lugar o domingo 2 de se-tembro coas actuacións musicaisdas orquestras Fin de Siglo e Pano-rama.Sen dúbida, este ano as festas estánprotagonizados pola tan mencio-nada crise que provocou que osmembros da comisión tiveran querepetir no seu cometido ante a faltade voluntarios. Fernando, Carlos,Álvaro e José foron os encargadosde organizar, de novo, as patronaisvilalbesas instados polos veciños eveciñas a manter o seu nivel; aíndaque afirman que “non é un traballo

doado”. Este grupo de amigos che-gou a formar a comisión de festastras propoñerse “facer as mellores

festas de Vilalba” polo ano 2010,dende o que repiten. Nese sentido,e despois de tres anos traballandopara sacalas adiante, Álvaro afirmaque “xa o facemos máis rápido aocontar con experiencia previa”.Aínda así, Álvaro apunta unhaanécdota coa que se atoparon defronte ao pedir casa por casa:“Chamamos á porta dunha vivendae saíu unha muller a dicir que nonestaba o seu home. Antes de quepuideran marchar o fillo saíu áporta para dicirnos que seu pai es-taba dentro e que dicía que nondaba nada”. “A inocencia do pe-queno resultounos simpática”, con-clúe.

Algunhas novidades

A novidade máis mediática desteSan Ramón e o concerto que aBanda de Música de Vilalba ofre-

cía no templete da praza da Cons-titución o día do patrón. Este ano,a comisión decidiu non contar con

esa actuación; xa que “aBanda terá o seu espazode igual forma nas festaspatronais da vila, to-cando para a procesióndo día 31 ou no propioFestival de Bandas PepeGuntín que a propia aso-ciación organiza”. Poroutra banda, o programadas festas conta este anoco primeiro Encontro degrupos de música tradi-cional de Vilalba no queparticiparán a agrupa-ción “Entre lusco efusco”, “Buxos Verdes”,“Mato Vizoso” e as“Pandereteiras de An-drade”.

Orzamento

Este ano o orzamentodas festas é inferior aosanos pasados xa que oConcello de Vilalba re-

baixou ata os 50 mil euros a partidaque dedicaba a sufragar parte dosfestexos da capital chairega. Polomesmo, Álvaro agradece “os esfor-zos do colectivo empresarial quemantivo as súas aportacións quesupoñen practicamente a metadedo orzamento total das festas”.Ademais apunta que constitúen“unha lección para aquelas que seven beneficiadas máis directa-mente pola celebración das patro-nais e que non mostran tantacolaboración”. Nese sentido, dendea comisión piden a “colaboraciónde tódolos vilalbeses e vilalbesasque poden mercar rifas na maioríados establecementos vilalbeses atafinais das festas por valor de dezeuros coas que, ademais de axudara sufragar os gastos das patronais,poden gañar un coche eléctrico ou2 mil euros”.

Vilalba celebra dez días de patronais coa presenza de recoñecidos artistas eas mellores orquestras de Galicia

festas san ramón e santa maría 2012

La Unión e David de María actuarán na gala musical que se celebrará o día do patrón na praza da Constitución.

Page 16: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

16 actualidadeagosto 12

No marco de celebración das

festas patronais de San

Ramón, a praza da Constitu-

ción acolle o mércores previo

ao día grande das festas vilal-

besas o Día da Bicicleta orga-

nizado pola Casa da

Xuventude de Vilalba depen-

dente da Consellería de Traba-

llo e Benestar da Xunta de

Galicia en colaboración do

Club Ciclista Vilalba – As

Pontes e outras entidades vi-

lalbesas. Este ano a Festa da

Bicicleta acada a décimo no-

vena edición. Ana Cordal, a

directora do Centro da Xuven-

tude vilalbés achéganos máis

información sobre esta cele-

bración.

Este ano será o mércores 29de agosto cando se reúnan napraza da Constitución bici-cletas e patíns despois dassete e media da tarde; peropor qué se inclúen tamén ospatíns nesta celebración?O Centro da Xuventude ofer-

taba entre os seus cursos as

clases de patinaxe e tódolos

anos seguimos levando a cabo

a actividade de patinaxe en

pista de xeo. Deste xeito, os

participantes que non teñan

bici, poden empregar os patíns

tamén como alternativa.

Cál é o obxectivo desta cele-bración?Fundamentalmente trátase dun

“encontro”. Queremos que

sexa unha xuntanza interxera-

cional de vilalbeses e das xen-

tes que nos visitan nestas datas

con motivo das festas patro-

nais; pero tamén promover o

uso da bicicleta como medio

habitual de desprazamento non

contaminante e de ocio entre

toda a poboación –e funda-

mentalmente entre a moci-

dade-. De paso, tamén pre-

tende potenciar a deportivi-

dade e a vida saudable.

O prazo de inscrición rematao propio día 29 dúas horasantes da xuntanza, pero concantos ciclistas e patinadoreschegou a contar esta festanoutros anos?Chegouse a superar os 1.300

participantes inscritos.

A inscrición non é obrigato-ria, aínda que será precisapara participar no sorteo deagasallos. En qué consistenestes agasallos e cál é a súaintención?Os agasallos son dúas bicicle-

tas –unha delas pregable-,

dous MP4, un par de patíns, un

monopatín, dúas mochilas e un

casco de ciclista, que preten-

den aportarlle

motivación á

festa e que o fac-

tor sorteo premie

a participación.

Tamén haberátrofeos especiaispara o partici-pante de maioridade e o demenor idade. Enqué consisten?Tódolos anos se

fai entrega dun

trofeo que con-

siste nunha peza

de Sargadelos ao

participante de

maior idade e

tamén ao de

menor idade por-

tado.

Nas anterioresedicións qué ida-des chegou apremiar a Festada Bicicleta? Een xeral, cál é aidade media dosparticipantes?No caso do máis

pequeno tiña só

días cumpridos e

o de maior idade,

89 anos. En xeral,

participan os

mozos e mozas,

pero tamén rapa-

ces pequenos vi-

xiados polos seus pais así

como os avós que van cos

netos. A festa é de carácter in-

terxeracional e constitúe unha

xornada festiva e de recreo

para toda a familia e os ami-

gos.

Esta festa de promoción douso da bicicleta ou doutrosmodos de transporte non

contaminantes que axudan amanterse en forma contaentón con participantes dediversas idades, pero de quéprocedencias?Do concello de Vilalba e en

ocasións de concellos limítro-

fes. Nun par de ocasións,

como anécdota, uns peregrinos

que pasaron moi preto das

datas das festas por Vilalba fa-

cendo o Camiño Norte, viron o

cartel e volveron de novo á se-

guinte semana para participar

neste paseo ciclista.

E falando deste paseo quecomezará e rematará napraza da Constitución pa-sando por distintas rúas dacapital chairega, cómo aco-llen os veciños e veciñas esta“peregrinación” en bicicletapola vila nun dos días dasfestas?Os veciños xa se colocan nas

beirarrúas para ver e contem-

plar a gran marea de color que

aportan os ciclistas serpente-

ando polas rúas tomadas só

polas bicis.

SIMULTÁNEAS DE XA-DREZA Casa da Xuventude taménorganiza as Simultáneas dexadrez. Cáles son os requisi-tos para participar?As xa tradicionais Simultáneas

de xadrez sácanse á rúa para

achegar e dar a coñecer esta

actividade de carácter máis

minoritario, pero que conta

cos seus seguidores e afeccio-

nados. As partidas estarán

abertas á participación de todo

aquel que o desexe sen límite

de idade. E os interesados po-

derán baterse en duelo co

maestro Antonio Nieto o mar-

tes 28 a partir das seis da

tarde.

festas san ramón e santa maría 2012“A Festa da Bicicleta é un encontro interxeracional que pretende promover o

uso deste medio de desprazamento non contaminante”

As rúas de Vilalba serán tomadas, outro ano máis, polos ciclistas o mércores 29 de agostodurante a celebración das súas festas patronais. O martes 28, a praza da Constitución seráo escenario das Simultáneas de Xadrez.

Page 17: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

17actualidade agosto 12

Vilalba, berce do deportivismo daman da Peña Deportivista de Vilalba

A Peña Excursionista Celtista de Vilalba, a decana entreas seguidoras do Celta de Vigo

O nome dos Andrade apoia ao Celta da man da Peña Celtasde Andrade de Vilalba

Animar ao R.C. Deportivo da Coruñaera o obxectivo principal da Peña De-portivista de Vilalba que se fundou en1952 no Bar Roca de Vilalba do queera propietario o seu primeiro presi-dente Francisco Roca Roca. Naquelentón foi tal a aceptación que dos 75socios que se constituíron en asem-

blea para a súa fundación, aos poucosdías pasaron a ser 135. Na actualidadea peña conta con 230 socios.O presidente fundador, igual que oresto dos membros da primeira direc-tiva, era socios do R.C. Deportivo.Francisco Roca Cascudo, BolívarMontenegro López, Alejo Prieto Ber-múdez, Jesús Rego Álvarez ou o ac-tual presidente, Francisco RocaConstenla, sucedéronse no cargo ten-tando colaborar para manter vivo ocariño polo Deportivo da Coruña aoigual que moitos outros directivos.Xa con anterioridade á súa constitu-ción, os membros da peña realizabanviaxes a Riazor, polo que o día da súafundación non podía ser menos eachegáronse ata a cidade herculinapara presenciar o encontro entre oR.C. Deportivo e o Racing de San-tander. Despois desta, sucedéronsemoitas outras viaxes que aínda hoxese realizan para apoiar aos blanquia-zuis tanto no estadio de Riazor comanoutros lugares a onde se desprace oconxunto coruñés. No caso de quenon se poidan achegar a contemplaro xogo do seu equipo, os membros dapeña reúnense no Restaurante BarSeijo de Vilalba para ver os partidostelevisados. Ademais destas, e Peña Deportivistade Vilalba, a decana das peñas depor-tivistas, entrega un premio anual-

mente destacando ás persoas pola súatraxectoria no Club. Tanto Javier Iru-reta coma Donato, Fran, Mauro Silva,Naybet, Molin, Valerón, ManuelPablo, o delegado Barros, o prepara-dor físico Franganillo, o utilleiro SusoMéndez, Riki ou Aranzubía – estemesmo ano- fixéronse co galardón

“O bo”. En 1993, a peña vilalbesa organizouo primeiro congreso Internacional dePeñas Deportivistas que achegou aoHotel Villamartín máis de 300 peñis-tas procedentes de España, Suíza ouo Reino Unido. Entre os momentos históricos, Fran-cisco Roca Constenla recorda con ca-riño a primeira Copa do Rei gañadacontra o Valencia e tamén a gañadacontra o Real Madrid no día do seucentenario – famoso Centenariazo-,ambas disputadas no Santiago Ber-nabeu, ata onde a peña vilalbesa sedesprazou en autobús. Tamén lembraa Liga gañada en Riazor contra o Es-panyol, as semifinais da Liga deChampions contra o Porto ou a semi-final da Recopa de Europa; e comotodo non podían ser alegría, recoñececomo histórico tamén, aínda quetriste, o descenso contra o Valencia enRiazor. Así mesmo, os deportivistasvilalbeses son os primeiros en coñe-cer de preto ás novas fichaxes grazasá Peña Deportivista de Vilalba que lo-grou traer ao Dépor á vila en cadapretemporada. Roca conclúe dicindoque “ser do Dépor en Vilalba é unluxo, e da Peña decana do deporti-vismo, un orgullo. Para os que xa nonestán, a lembranza dos que aínda que-damos: ¡¡ HURRA DEPOR-TIVO!!”.

A Peña Excursionista Celtistade Vilalba é a decana das peñasdo R.C. Celta de Vigo e ade-mais conta cun importante pa-quete de accións do club e cunlocal propio na rúa BasantaSilva acondicionado para vercomodamente os partidos tele-visados do club.Este ano os celestes poden ce-lebrar xunto ás festas do SanRamón, onde presentan unhadama de honra ininterrompida-mente dende 1986 e que esteano será Aitana Rouco, o as-censo do Celta á Primeira División.Con motivo das patronais, a peñatamén colabora no Certame Litera-rio que convoca o Concello.A peña foi fundada oficialmente noano 1969; aínda que os celtistas dacomarca xa se reunían de xeito in-formal dende a década dos 40 nosdesaparecidos bares “La Vizcaína”,“Morón” ou “Arturo do Empalme”.Xa por aquel entón realizaban ex-cursións que máis tarde se realiza-rían a Vigo para presenciar osencontros do seu equipo. Nese sen-tido, fomenta o celtismo na co-

marca organizando excursións sub-vencionadas cos alumnos dos cole-xios que na actualidade sesubstituíron por colaboracións coasescolas deportivas. Así mesmo,para dar sentido ao seu nome, cadaano por Semana Santa realizanunha viaxe cultural e turística pordiferentes puntos de interese de Es-paña ou mesmo do estranxeiro.Nese sentido, son moitos os quiló-metros que a peña vilalbesa do R.C.Celta leva percorridos “seguindo aoequipo dos nosos amores”, apuntaCarlos García Fraga, o actual presi-dente da peña que substituíu a Julio

Guntín –que, á súa vez, xa substitu-íra a Manuel Mateos que relevarano cargo en 1985 a Enrique Cabar-cos, o presidente fundador. Dos 208socios que constituíron a Peña Ex-cursionista Celtista de Vilalba que-dan 34, aos que lles foron impostasinsignias conmemorativas de platacon motivo do 40 aniversario dapeña – acto ao que asistiron directi-vos da Federación e do Real ClubCelta- como recoñecemento aos seutraballo, lealtade, esforzo e cariño áscores celestes. Actualmente, a PeñaExcursionista Celtista de Vilalba su-pera a cifra dos 500 socios.

O equipo celeste conta na capitalchairega con dous colectivos que oapoian de xeito oficial. Ademais, dadecana Peña Excursionista Celtista

de Vilalba, a comezos deste séculoXXI, naceu a Peña Celtas de An-drade de Vilalba da man dun grupode celtistas que pretendían mostraros seu apoio ao conxunto olívico.Antonio Mato, o tesoureiro da peña,afirma que o seu obxectivo pasa por“realizar cantas máis viaxes se poi-dan a Vigo e outros estadios para

darlle ánimos ao Celta”.A súa inauguración oficiosa tivolugar coa viaxe a Sevilla que osseus membros realizaron no 2001

para presenciar en directo a final deCopa, un dos puntos álxidos doconxunto na súa traxectoria depor-tiva. Precisamente entre os partidosmáis importantes para o R. C. Celtade Vigo aos que puideron asistir al-gúns membros da peña foron contrao Celtic de Glasgow na UEFA, asúa clasificación para a Champions

ou o Trofeo Teresa Herrera contra oBoca. Pero, coma bos celtistas, sonas victorias contra o Deportivo daCoruña os que lles fan sentirse máisorgullosos dos seu equipo. A actividade de Celtas de Andradeé elevada, destacando as numerosasviaxes que leva realizado acompa-ñando ao conxunto vigués na súatraxectoria deportiva que ven dedarlles unha alegría logrando o as-censo a Primeira División onde xo-gará a vindeira tempada 2012-2013,podendo desfrutar así dos derbis ga-legos na máxima categoría do fút-bol en España. Precisamente assúas viaxes son financiadas coascotas dos socios e tamén coa tradi-cional venda de lotaría. Na súa curta historia a directiva per-manece inalterada, mentres que onúmero de socios aumentou dendeo centenar ata o centenar e mediode celtistas que se reúnen para vercada partido nun establecementohostaleiro vilalbés distinto. Así pois,pódense atopar tanto no Aturuxocoma na Lareira ou na máis recen-temente aberta Cervexaría 31 doDez.

Os deportivistas achéganse á cidade da Coruña para ver xogar ao seu

equipo.

No ano 2010, os 34 socios fundadores que permanecen na peña recibiron insig-

nias de prata como recoñecemento ao seu cariño polas cores celestes.

O 3 de xuño a peña celebrou o ascenso en Vigo despois do encontro contra

o Córdoba.

festas san ramón e santa maría 2012

Page 18: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

18 actualidadeagosto 12

Son galego e son do Barça foi olema da XXI Xuntanza de PeñasBarcelonistas Galegas que a PeñaBarcelonista A Pravia organizouno ano 2011. Este, xunto ao reco-ñecido “máis que un club” son osdous slogans dos que o colectivovilalbés se sente orgulloso. A peña foi fundada en 1997 por ungrupo de amigos que tiñan encomún o cariño polo F.C. Barce-lona. Dos 80 socios que figuran nolibro de rexistro de socios comofundadores, quedan unicamente27 aos que hai que sumar outros76 socios numéricos que fan untotal de 103 persoas que pretendenvivir o barcelonismo entre ami-gos. O actual presidente, dende o 2007,é Francisco Ruiz, substituíndo aMarcos Sánchez que permanecerano cargo dende a súa fundación.Paco Ruiz explica que o escudo daPeña Barcelonista A Pravia, queloce dende o ano 1998 no CampNou, pretende reflexar algún dos

símbolos de Vi-lalba - o castelo e aárbore da pravia)unidos ao escudodo F.C. Barcelona;aínda que con mo-tivo da xuntanza depeñas celebrada opasado ano 2011,presentamos outroalgo máis mo-derno”.Os socios reúnensehabitualmente noBar Parrillada Lu-zada e repiten axuntanza nunhacea de fin de tem-pada que xa é unclásico dentro das actividades dapeña xunto á asistencia a algúnpartido que “o club dos nososamores disputa máis ou menoscerca coma A Coruña, Vigo ouXixón. Ademais, a peña encargasedos trámites “para que os sociosque o desexen non teñan problema

en conseguir entradas para cal-quera partido do Barça, sempreque o demanden”, apunta Ruiz.As actividades da peña son finan-ciadas polas cotas anuais dos so-cios que, en solidariedade coasituación económica actual, seviron rebaixadas o ano pasadodende os 40 euros ata os 12 de

igual forma que a cota infantil égratuíta. A lotaría de Nadal é outrodos clásicos do financiamento dapeña, igual que o doutras moitas.Nos últimos cinco anos, a peñacontou con representación en tó-dalas finais que disputou o Barçapolo que cren que “non debemosser gafes; xa que nese período lo-

graron 15 dos 18 títulos posi-bles”. E a réplica da Cham-pions League que gañou oF.C. Barcelona dentro do his-tórico triplete de 2009 estivoen Vilalba “para que a desfru-taran todos os que quixeran”.

XXI Xuntanza de PeñasBarcelonistas galegasNo ano 2011 Vilalba acolleua vixésimo primeira ediciónda Xuntanza de Peñas Barce-lonistas galegas na que parti-ciparon máis de 400 peñistasde toda a comunidade e dou-tras limítrofes. O presidenteda peña vilalbesa destaca oreto que supuxo a organiza-

ción dun evento desa magnitudeque nunca se fixera na capitalchairega e que contou, por pri-meira vez en Galicia, coa presenzado vicepresidente do F.C. Barce-lona, Jordi Cardoner. Ruiz cre que“eses días conseguimos que opobo fora un máis barcelonista”.

A Peña Madridista Café BarEstudiante de Vilalba é aúnica da comarca presididapor unha muller, ÁngelesRivas, que non se explicacómo se pode dar esta situa-ción; xa que “ás mullerestamén lles gusta o fútbol epoden vivilo como afeccio-nadas do mesmo xeito queos homes”. Ademais, Gelu-cha – como a coñecen osseus amigos- afirma que“sempre fun do Madrid”.Esta peña finánciase coascotas dos carnés dos sociosque aportan 40 euros -osadultos- e 20 -os máis novos-, ademais da venda de lotaríade Nadal. Na actualidadeconta con 91 socios – 14deles xuvenís-, pero no ano1995 eran máis de cen os sociosque a fundaron procedentes de

diferentes parroquia do munici-pio vilalbés coma San Simón,San Cosme de Nete, Sancovade

ou Santaballa; así coma deMomán, Mondoñedo ou mesmoda capital da provincia.

A pesar deachegarse aocentenar desocios, as via-xes ata Madridpara asistir aalgún dos en-contros liguei-ros do seu clubson secunda-das por menosda metade; apesar de sorte-aren unha en-trada máisunha estancianun hotel. Apasada tem-pada, estesmadr id i s t a sachegáronseao Santiago

Bernabeu o domingo 18 demarzo deste ano para apoiar ao

Real Madrid no partido contra oMálaga que rematou por empatarno último minuto. Así a viaxe devolta en autobús e en plena noitefíxose máis amarga despois destedesenlace. Na tempada anterior,a presidenta da Peña MadridistaCafé Bar Estudiante de Vilalba,recorda as palabras do recente-mente desaparecido adestradorManolo Preciado co que coinci-diron no encontro entre o RealMadrid e o Sporting ao fotogra-fárense os membros da peña ma-dridista cos xogadores doconxunto asturiano: “Ten quehaber de todo neste mundo”. Enxeral, Gelucha apunta que tóda-las viaxes supoñen experienciaspositivas a non ser cando van aorastro madrileño; xa que, en dúasocasións, roubaron a algún dossocios.

Son galego e son do Barça: o orgullo da Peña Barcelonista A Pravia

En Vilalba tamén hai madridistas: Peña Madridista Café Bar Estudiante

Este colectivo de afeccionados merengues reúnese anualmente para a celebración dunha ceadespois da asamblea ordinaria da peña. PURRIÑOS

A Peña Barcelonista A Pravia organizou a XXI Xuntanza de Peñas Barcelonistas galegas.

festas san ramón e santa maría 2012

Page 19: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

actualidade 19agosto 12

O Pleno da Deputación Provin-cial aprobou por unanimidade omartes 31 de xullo a posta enmarcha do Plan de Obras e Ser-

vizos (POS) na provincia.

O deputado de Xestión Territo-

rial, Manuel Martínez, apuntou

que a Deputación o levará a

cabo só coa colaboración dos

Concellos, “despois de que o go-

berno central tentase suprimilo”.

Martínez lembrou que “a insti-

tución luguesa xa aprobou en

novembro o seu presuposto,

achegando 1,7 millóns de euros

para o POS; mentres que o exe-

cutivo central -que acordou o

seu orzamento hai 15 días-

pasou de dedicar a este Plan en

Lugo 2,6 millóns de euros -que

supoñían o 50% do presuposto

total- a cero euros.

Malia isto, o Deputado reiterou

a execución do POS por parte do

organismo provincial en todos

os municipios de Lugo para

tranquilidade dos rexedores ao

tempo que se amosou sorpren-

dido do “repentino cambio do

PP”, cando “no Pleno de abril

rexeitaron unha proposta do

equipo de goberno provincial

para instar aos seus compañeiros

na Moncloa a manter o investi-

mento estatal nesta programa-

ción, baseada na prestación de

servizos municipais”.

Pola súa banda, o grupo provin-

cial do PP apuntan que a posta

en marcha do POS se trata

dunha necesidade inmediata. Así

mesmo, os populares apuntan

que intentaron concienciar ao

equipo de goberno da importan-

cia do plan para os alcaldes da

provincia, logo da anulación do

Plan de Pequenas Infraestruturas

e de planificar as poucas inver-

sións na provincia de Lugo “con

criterios politizados”. Así

mesmo, o PP lembrou o des-

censo nas transferencias aos

concellos mostrando “o pouco

respecto aos alcaldes da provin-

cia que reciben en convocatorias

de axudas a décima parte do que

reciben as entidades asociativas

anulando a representatividade

dos rexedores que non son afíns

aos partidos políticos que gober-

nan”.

Redución da débeda finan-

ceira ao finalizar do mandato

O Pleno de xullo tamén aprobou

unha nova redución do endebe-

damento da Deputación por

valor de 3,6 millóns de euros.

Esta cantidade súmase á rebaixa

de 7,8 millóns contemplada no

Orzamento de 2012, supoñendo

que a cifra de débeda amorti-

zada no que vai de ano sume

11,5 millóns de euros. A respon-

sable de Economía, Recadación

e Facenda, Pilar García Porto,

salientou que “de manter o

mesmo nivel de amortización

anual dos últimos

5 anos, o Goberno

Provincial fará

que a débeda da

Deputación sexa

cero ao rematar o

mandato”.

E é que coa amor-

tización acordada

este martes na se-

sión plenaria, o

endebedamento

da institución lu-

guesa situase

agora nos 51 mi-

llóns logo de que

o Goberno provin-

cial rebaixase o

déficit financeiro

en 38,7 millóns de

euros dende 2007. Isto conlevou

que, segundo datos oficiais do

Ministerio de Facenda, na actua-

lidade o organismo lugués fi-

gure como a Deputación máis

saneada de Galicia, así como a

sexta en España. Pola contra, se-

gundo datos do Banco de Es-

paña, Galicia é a quinta

Comunidade con maior volume

de débeda xa que, só no pri-

meiro trimestre de 2012, o go-

berno galego aumentou a súa

débeda nun 19,5%.

A Deputación aproba por unanimidade a posta en marcha do POS

terra chá

BREVES

Unha expropiación de 39mil euros polos traballosde mellora na estradaMoncelos - Carrizal

“Attack Day” na Pastoriza

Detida por furto de xoiasen Rábade

O Vilalba FS disputará aXXII Copa Xunta de fútbolsala

A Xunta de Goberno da Deputa-

ción Provincial de Lugo reunida

o venres 27 de xullo aprobou

aboar 39 mil euros pola expro-

piación de 23 fincas para a exe-

cución dos traballos de mellora

realizados en máis dun quilóme-

tro da estrada Moncelos - Carri-

zal, concretamente dende os

puntos quilométricos 2,600 ao

3,810, ao seu paso polo Concello

de Abadín. Esta cantidade foi fi-

xada polo Xurado de Expropia-

cións de Galicia.

O circuíto da Pastoriza volve

acoller unha actividade organi-

zada polo equipo Vallejo Racing

en colaboración con PTC Es-

cuela e a área de Deportes da De-

putación.

A xornada denominada “Attack

Day” que se celebrou o sábado 4

de agosto contou cos retos máis

inverosímiles contra Sergio Va-

llejo como por exemplo compe-

ticións en carrilanas, coches a

radio control ou coches antigos

contra o piloto meirego. Pero,

ademais, o “Attack Day” preten-

día servir de achegamento entre

os pilotos e afeccionados ao

motor.

Unha veciña de Lugo de 32 anos

de idade, I.V.L., foi detida pola

Garda Civil como suposta autora

dun delito de furto de xoias

nunha vivenda de Rábade por

valor de 25 mil euros.

Os axentes tiveran coñecemento

da súa desaparición o pasado día

23 de xullo e despois dunha in-

vestigación puideron recuperar

varias pezas nun centro de com-

pra-venda de ouro da capital lu-

cense onde as vendera obtendo 8

mil euros.

A persoa detida e os obxectos re-

cuperados xa foron postos a dis-

posición da autoridade xudicial

competente.

O equipo senior do Vilalba F.S.

disputará este ano por primeira

vez a Copa Xunta de Fútbol

Sala. O conxunto vilalbés xogará

como local contra o Erichkrause

e o Noia F.S. e visitará tamén ao

Pizarras 3 Cuñados intentando

conseguir unha das dúas primei-

ras prazas do grupo B para pasar

a cuartos de final. O grupo A está

formado polo Concello de

Narón, Bembrive F.S., Concello

de Mos e Troula F.S.

O PP denuncia falsas promesas nos labores de limpeza dasvías provinciais e critica os criterios da súa adxudicaciónOs populares tamén critican o emprego de diñeiro público para subvencionarentidades de defensa do galego

O PSdeG acusa á

Xunta de non pagar os

comedores escolares

A portavoz do Grupo Provincial

Popular da Deputación, Elena

Candia, denuncia incumprimen-

tos e falsas promesas do ente

provincial en relación cos labo-

res de desbroces nas vías de ti-

tularidade do organismo

lucense.

Ao mesmo tempo, Candia pide

maior responsabilidade á hora

de asumir o compromiso eficaz

e serio que no seu momento ma-

nifestaron cos concellos e que,

polo de agora, “están a incum-

prir”.

Candia acusa ao responsable de

Vías e Obras do organismo pro-

vincial, Manuel Martínez, de

faltar á verdade, tanto pola

“falta de materialización do

compromiso asumido cos con-

cellos, coma polos criterios de

aforro que dende o bipartito em-

pregan para a adxudicación das

empresas que realizan os traba-

llos”. Deste xeito, a popular

acusa ao goberno do ente de

priorizar os intereses políticos

ante a xestión efectiva.

Segundo explica a portavoz pro-

vincial popular, o labor de des-

broces estase a realizar cun

importante atraso incremen-

tando, consecuentemente, os ris-

cos de propagación de lumes en

caso de incendios. Neste sen-

tido, a popular recorda que o seu

grupo na Deputación rexistrou

un escrito no que solicitou ao

ente provincial a axilización dos

desbroces, priorizando as vías

que entrañen un maior risco de

posibles incendios; ante as críti-

cas achegadas polos rexedores

locais que incluso están a reali-

zar cos seus propios medios lim-

pezas nas vías de titularidade

provincial.

Candia que o propio responsa-

ble de Vías e Obras, Manuel

Martínez, aseguraba ante os me-

dios no ano 2008 que o desbroce

era un dos aspectos a mellorar,

polo que asumía a súa responsa-

bilidade e explicaba que “para o

ano que vén imos poñer prazo

para que o desbroce estea feito

entre o 15 de maio e o 31 de

xullo”, engadindo que “se os fa-

llos se volven a repetir, entón si

que terei que tomar outras me-

didas e incluso dimitir. A polí-

tica é así”; segundo recollen os

populares. Polo mesmo, o PP

critica a pouca responsabilidade

e a falta de planificación que su-

puxo que os desbroces se adxu-

dicaran a mediados de xullo.

Subvencións a asociacións

para a defensa do galego

Por outra banda, Candia criticou

que catro asociacións vincula-

das á defensa do uso do galego

reciban máis diñeiro público

que máis de 27 concellos para

os servizos de axuda a domici-

lio.

Estas asociacións acadarán

preto de 100 mil euros por con-

venio excepcional, “sorteando,

desta forma, o réxime de trans-

parencia e concorrencia compe-

titiva que debe imperar en

calquera proceso de subven-

cións que leve implícito diñeiro

público”.

Candia defende o uso da lingua

galega por parte do seu partido

e asegura que, pola contra, na

práctica diaria da Administra-

ción Provincial “membros do

Partido Socialista empregan o

castelán para debater nas se-

sións plenarias”, conclúe Can-

dia.

O Secretario de Educación e Lin-

gua do PSdeG-PSOE de Lugo,

Carlos Ferreiro, denunciou que a

falta de previsión da Xunta e os

recortes aplicados á ensinanza pú-

blica están a ter un alto custe para

a comunidade educativa da pro-

vincia. Ferreiro revelou que a ad-

ministración autonómica leva

dende o mes de marzo sen pagar

aos centros escolares as axudas

para facer fronte ao pago do ser-

vizo de comedor, o que supón

que moitos proveedores da pro-

vincia e subministradores de ali-

mentación a día de hoxe, e logo

de cinco meses, aínda non cobra-

sen o servizo prestado, ocasionán-

dolles así perdas moi cuantiosas.

Deste xeito, o Secretario de Edu-

cación e Lingua cifrou que esta

falta de pago pode supoñer para

os colexios máis pequenos, cunha

media de 52 comensais, que dei-

xen de ingresar uns 5.400 euros

cada trimestre e, no caso dos máis

grandes –Vilalba, Viveiro, Sarria

ou Monforte-, a cifra pode superar

os 30 mileuros. Ferreiro acusa á

Xunta de “dificultar intenciona-

damente o acceso ao ensino pú-

blico ás familias lucenses para

favorecer a educación privada”.

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade o POS para este ano.

Page 20: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

20 agroagosto 12

O BNG demándalle ao goberno central que interveñapara evitar a discriminación de prezos ao leite galego

Tres organizacións agrarias implicanaos Concellos da comarca na buscade solucións á crise do sector lácteo

A FRUGA pídelle á Xunta que non afonde na crise do sector lácteo galego

A deputada do BNG no Con-greso, Olaia Fernández Davila,ven de presentar unha iniciativana que lle demanda ao GobernoCentral que interveña para freara discriminación de prezos quepractican as cadeas de distribu-ción de Francia e Alemaña contrao leite galego. Davila lembra que o sector lácteogalego “atravesa unha gravecrise que se agrava pola suba doscustos de produción e o diferen-cial de prezo”. Así, dende o ano 2005 mentresos ingresos dos gandeiros gale-gos pola venda de leite medraronun 0,9% os custos de explotaciónfixérono nun 29,6%, co que a súarenda caeu nun 43%. O prezo do leite en Galiza é omáis baixo do Estado e da UniónEuropea, segundo explica oBNG. E isto está provocado enboa medida porque o prezo quereciben os gandeiros galegos édos máis baixos da Unión Euro-pea e o máis baixo do Estado es-pañol: un 5,5% menos que amedia estatal, un 5,48% inferior

ao de Portugal, un 1,10% inferiorao de Francia, un 5,65% ao deAlemaña e un 12,16% inferior aode Holanda.

Responsabilidade da Xunta

A deputada do BNG afirma que

“a Xunta non está exenta de res-

ponsabilidades nesta crise”.

Lembra que Galicia conta co

40% da produción láctea do Es-

tado e co 50% dos produtores e

produtoras “polo que o Goberno

galego debería lide-

rar a defensa do sec-

tor no Estado en

lugar de dedicarse,

como fixo nos últi-

mos anos, a eliminar

importantes instru-

mentos dos que o

Goberno anterior da

Xunta -participado

polo BNG- se dotara

para defender o sec-

tor e que deron im-

p o r t a n t e s

resultados”.

Ante esta situación,

a deputada naciona-

lista demándalle aos ministerios

de Agricultura e Economía que

“non permitan que a distribución

francesa e alemá actúe de xeito

que favoreza a discriminación de

prezos das empresas sobre o leite

galego”.

Tamén solicita a parlamentaria

do BNG que o Goberno “for-

mule con urxencia as modifica-

cións normativas que aseguren a

aplicación axeitada dos contratos

no sector lácteo”.

Representantes do sindicato

Unións Agrarias, Xóvenes Agri-

cultores e o Sindicato Labrego

Galego mantiveron durante a

mañá do xoves 26 de xullo unha

xuntanza con alcaldes e conce-

lleiros da comarca chairega.

Estes encontros enmárcanse den-

tro da campaña de sensibiliza-

ción que as organizacións

agrarias galegas están facendo

nas principais comarcas leiteiras

galegas de cara a

buscar solucións á

situación crítica que

vive o noso sector

lácteo.

O seu obxectivo pa-

saba por compartir

cos e coas represen-

tantes municipais os

problemas polos que

están atravesando as

explotacións do sec-

tor leiteiro, que está

a vivir unha das súas

peores crises, pade-

cendo os prezos en

orixe máis baixos do

Estado e da Unión Europea ao

tempo que teñen que soportar o

incremento dos gastos de produ-

ción leiteira coma as forraxes,

cereais ou fertilizantes, ademais

do gasóleo ou a electricidade.

Os sindicatos buscaron o apoio

de cara á sensibilización da cida-

danía galega sobre este pro-

blema, a través da aprobación

dunha moción nos plenos muni-

cipais na que insten á Xunta á

que esixa aos ministerios de

Agricultura e Economía que non

permitan que a distribución fran-

cesa e alemá arruíne zonas de

produtoras de leite coma Galicia.

Tamén pretende que os Conce-

llos da comarca soliciten ao pre-

sidente da Xunta que lidere o

impulso de normativas que per-

mitan a negociación colectiva de

prezos a través de organizacións

de produtores baseándose na ca-

lidade de máximo responsable

da comunidade autónoma con

maior produción de leite do Es-

tado.

A Federación Rural Galega,

FRUGA, advirte que “o sector

lácteo galego esmorece nunha

crise que ameaza con deixar, non

só ao rural, senón ao conxunto da

sociedade galega sen un dos seus

motores económicos”.

Esta situación débese á caída do

prezo do leite mentres que os

custos de produción continúan a

subir. Deste xeito, estes dous

principais indicadores no vacún

de leite demostran, no último

ano, que a rendibilidade das ex-

plotacións leiteiras continúa a

baixar. Desde a FRUGA estiman

que, de media, unha explotación

que cobraba o litro de leite en

agosto de 2011 a 30 céntimos;

agora, en agosto de 2012 recibe

un prezo de 27 céntimo por litro.

Namentres, se fai un ano o quilo

de penso estaba a 33 céntimos,

agora atópase a uns 39 céntimos

por quilo. Deste xeito, as explo-

tacións de leite están recibindo

polo leite no último ano un 10%

menos e o penso encareceuse

nun 18 % de media.

A FRUGA reclámalle ao go-

berno galego que fique de brazos

cruzados, xa que prexudica di-

rectamente ás explotacións lei-

teiras galegas. Nese sentido,

recordan a paralización de medi-

das postas en marcha polo bipar-

tito na Xunta coma o Banco de

Terras, deseñado este para au-

mentar a base territorial das ex-

plotacións; ou a falta de interese

na creación dunha interprofesio-

nal láctea galega, a mesa do leite,

os contratos homologados e o

observatorio do sector lácteo,

que segundo Elías Somoza, res-

ponsable do sector gandeiro da

FRUGA, “non contan coa im-

portancia que tiñan na Xunta do

bipartito”. Nese sentido, dende a

FRUGA recordan que “o prezo

do leite galego xa non é superior

á media do estado tal e como era

antes, senón que agora está por

baixo” como “consecuencia

deste cambio de dirección”.

Ademais, os membros deste sin-

dicato agrario critican a recente

aprobación da nova Lei de Mon-

tes que permite de novo a fores-

tación de terras agrarias; así

coma os atrancos que desde a

Xunta se puxeron ao Contrato de

Explotación Sustentable (CES),

que orientaban o modelo produ-

tivo cara sistemas menos depen-

dentes de alimentos externos ás

explotacións fai que as explota-

cións de leite teñan máis dificul-

tades para resistir a difícil

situación na que se atopan.

A crise do sector cooperativo

agrario galego é “outra conse-

cuencia da política do Partido

Popular”, segunda afirman

dende a FRUGA. Así, recordan

que “se dan situacións nas que os

produtores están tendo proble-

mas para cobrar o seu leite de-

bido a que algunhas das

cooperativas integradas en Ali-

mentos Lácteos, non teñen capa-

cidade para facerse cargo dos

pagamentos; e por outra banda

tamén hai cooperativas que se

atopan practicamente en que-

bra”.

Entrevista coa Conselleira deMedio Rural e do Mar

Por todo isto, desde a Federación

Rural Galega-FRUGA, rexistra-

ron unha solicitude de entrevista

coa conselleira do Medio Rural e

do Mar co fin de buscar solu-

cións a esta crise do sector lácteo

galego que pode acabar sendo

unha lousa tanto económica

como social para Galicia.

A FRUGA ofreceu unha rolda de prensa para comunicar a necesidadedunha reunión coa Conselleira de Medio Rural e do Mar para tratar acrise actual do sector lácteo galego.

Page 21: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

21agro agosto 12

Rosa Quintana destaca a importancia do cooperativismo no desenvolvemento do rural galego

A Consellería de MedioRural e do Mar ten aber-tas varias liñas de axudaspara o fomento do coope-rativismo, que buscanimpulsar a suma de esfor-zos e a cohesión do sec-tor agrogandeiro enámbitos coma a compra exestión de maquinariaagrícola ou posta en mar-cha de Sociedades Agra-rias de Transformación(SAT) e organizacións deprodutores orientadascara a comercialización.A conselleira do MedioRural e do Mar, RosaQuintana, destacou a im-portancia do cooperati-vismo no correctodesenvolvemento dorural de Galicia durante avisita ás instalacións doCentro de Alimentaciónde Vacún Irmandiños (CAVI)en Barreiros e da empresa Ir-mandiños S.C.G. dedicada á fa-bricación de pensos e

compostos para animais, en Ri-badeo.Rosa Quintana, acompañadapolo director xeral de Produ-

ción Agropecuaria, José Álva-rez Robledo, destacou a amplatraxectoria desta cooperativaque conta con máis dun milleiro

de socios e foirecen tementegalardoada polaXunta co Pre-mio á Promo-ción doC o o p e r a t i -vismo. Consede en Riba-deo dende1976, esta so-ciedade de ser-vizos es u bm i n i s t r a -cións agrariasestá presente enmáis de corentaconcellos gale-gos e do occi-dente deAsturias, factu-rando por ribados 30 millónsde euros.

Sector das cooperativas

En Galicia funcionan actual-mente máis de 400 cooperativasagrogandeiras, que supoñen

arredor do 40% das que existenna nosa Comunidade. Por sec-tores, a meirande parte das co-operativas agrogandeirasgalegas (a metade, en númerosredondos) están relacionadas colácteo, sendo tamén importanteo censo das dedicadas a pensos,abonos ou fertilizantes, asícomo as que centran a súa acti-vidade na produción de polosou coellos e no mundo dos sub-ministros. Por provincias, ACoruña e Lugo acumulan enconxunto arredor do 70% dascooperativas agrogandeiras danosa Comunidade.No eido do cooperativismoagrario, cómpre destacar ogrupo das que teñen como ob-xectivo social a utilización demaquinaria en común, coñeci-das como “Cumas”, que crece-ron moito nos últimos anos edesenvolven un interesantelabor no uso conxunto de ma-quinaria. Actualmente en Gali-cia existen unhas 45 cumas.

O Diario Oficial de Galicia pu-blicou o luns 6 de agosto a Ordeda Consellería do Medio Rurale do Mar pola que se establecenas bases reguladoras das axudasa explotacións gandeiras, indus-trias agroalimentarias e estable-cementos de xestión desubprodutos para a mellora dacapacidade técnica de xestióndeste material de orixe animalnon destinado ao consumo hu-mano (denominado tecnica-mente Sandach) e se convocanpara o ano 2012. O obxecto destas axudas é dotaraos agricultores de sistemas dealmacenamento de sandach(polo xeral animais mortos e de-xeccións gandeiras) e favorecera implantación e mellora dasplantas de tratamento destesprodutos. Estas axudas permiten melloraros sistemas de almacenamentopara acadar unha maior eficien-cia no sistema, ao empregarconxeladores ou contedores demaior capacidade e mellor faci-lidade de limpeza que favorezanun mellor número de visitas daxestora de subprodutos e as con-

seguintes vantaxes en biosegu-ridade. As axudas outórganse en réximede concorrencia competitiva e,no caso dos agricultores ou in-dustrias para a adquisición oumellora de sistemas de almace-namento, poden acadar os 6.000euros e ata un 75% de subven-ción. Polo que respecta as plan-tas de tratamento, industrias eplantas intermedias para a me-llora ou implantación de siste-mas de xestión, as axudas podenacadar os 200.000 euros. Dentro desta convocatoria po-téncianse aqueles proxectos cuncarácter innovador. Entre os re-quisitos para poder ser benefi-ciario están os de cumprir asnormas ambientais en materiade recollida de cadáveres e nonter sido sancionado por esta ma-teria nos dous anos anteriores áconvocatoria. O prazo para facer as solicitudesremata o vindeiro 6 de setem-bro. Os investimentos deben fa-cerse despois de feita asolicitude. A dotación econó-mica desta orde é de 1,24 mi-llóns de euros.

ADEGA critica que a Xunta recorte o patrimonio naturalgalego segundo o Plan Director da Rede Natura 2000

Medio Rural e Mar convoca axudaspara xestión de subprodutos de orixeanimal non destinados ao consumo

ADEGA critica que o docu-mento definitivo do Plan Direc-tor da Rede Natura 2000confirma as intencións da Xuntade "recortar" tamén o patrimo-nio natural galego. Para a aso-ciación ecoloxista o documentochega con sete anos de retraso epretende, tralo verniz dunhafalsa protección ambiental,"abrir o melón" da especulaciónnas 390 mil hectáreas daRN2000, a máis cativa en por-centaxe do estado. Así mesmo, consideran queXunta abusa da discrecionali-dade e das excepcións para per-mitir, por exemplo, construírpiscifactorías, incineradoras,autoestradas, concentraciónsparcelarias e aumentar a edifi-cabilidade nun 50% nas zonasde protección (26,4% do total).Para o resto da Rede Natura,practicamente hai barra libre:plantacións de eucaliptos, quei-mas de montes, caza, rallys oumesmo se permite a introduciónde especies exóticas ou transxé-nicas que poden ser declaradaspola Xunta como "compatibles"cos obxectivos de conservación

destes espazos. ADEGA critica,así mesmo, que “nin sequera osparques eólicos e encoros estánexcluídos: permítese unha am-pliación de facto vía "moderni-zación" e mesmo a minaría aceo aberto -en teoría prohibida,apuntan- pode seguir abrindoburacos en Rede Natura xa quefican excluídas da prohibiciónnon só ás explotacións xa outor-gadas senón tamén ás solicita-das”. A redacción definitiva do PlanDirector da Xunta da Rede Na-tura 2000 non amosa practica-mente diferenzas con respectoao documento de inicio presen-tado en 2011, malia térense pre-sentado ducias de alegaciónsque dende ADEGA apuntan quenon contaron con respostadende a Xunta. A Asociación de Defensa Eco-lóxica de Galicia denuncia oscontidos do Plan no referente ázonificación; xa que consideran“paradóxico que logo de descri-bir os distintos tipos de zonasrecollidas nos instrumentos dexestión dos Parques Nacionais eNaturais -usualmente catro ou

cinco-, a Xunta as recorte a tresno Plan Director: protección,conservación e uso xeral”. Así,ADEGA apunta que “se pres-cinde da zona de reserva para osterritorios cos máximos valoresou necesidades de conservaciónen función da presenza de hábi-tats e especies raras, fráxiles, degrande singularidade ou moiameazadas”. A Xunta fusiona azona de "uso restrinxido" coa de"uso moderado" denominándoa"área de conservación", enga-den os membros deste colectivoque advirten que o resultadosupón “a rebaixa das cautelasambientais nada menos que no67,6% do territorio da Rede Na-tura Galega para permitir ou au-torizar a discreción actividadesnon tradicionais, maila á pre-senza de hábitats prioritarios”.ADEGA tamén acusa á Xuntade antepoñer os intereses eco-nómicos e políticos á obriga deconservar o patrimonio naturalao “converter en regra a excep-ción contemplada na Directivade Hábitats e a Lei do Patrimo-nio Natural e da Biodiversi-dade”.

A Conselleira de Medio Rural e Mar visitou as instalacións de Irmandiños S.C.G.

Page 22: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

O vindeiro sábado 15 de setem-

bro Santaballa volverá aos anos

20 coa segunda edición da Feira

Indiana. Esta iniciativa que xa

impulsaron o ano pasado dende

a Liga Santaballesa, en colabo-

ración con outras asociacións da

parroquia, ten como obxectivo

mostrar o legado dos habaneiros

en Santaballa dando a coñecer a

sociedade da época indiana, así

coma os hábitos de vida, os cos-

tumes e traballos típicos da zona

que permiten aos maiores recor-

dar vellos tempos e dotar aos

máis pequenos de información

que descoñecen sobre a vida dos

seus avós.

O ano anterior a recreación de

1916 comprendera dous días ao

incluír o día da parroquia orga-

nizado en colaboración co pa-

droado. Isidro Cillero,

presidente da Liga Santaballesa,

indicou que a primeira edición

foi “unha toma de contacto para

ver a implicación dos veciños e

veciñas de Santaballa e para ver

se a xente se vestiría de época”.

As súas expectativas de partici-

pación achéganse ao ano ante-

rior e á implicación dos veciños

e veciñas, xa que non lle deron

moita publicidade ao evento,

aínda que a pasada edición con-

tou coa presenza de numerosos

visitantes procedentes mesmo de

Xapón.

Este ano a xornada festiva come-

zará con charlas e mesas redon-

das sobre a emigración onde

participarán distintas asocia-

cións de indianos. Ao mediodía,

os asistentes á feira reuniranse

para celebrar unha merenda da

época co menú típico de come-

zos de século baseado en produ-

tos de porco coma chourizos ou

liscos e tamén queixo caseiro,

así coma pan ou bola da fornada

de cada casa. Ao seu remate,

Manolo Ferreiro elaborará unha

queimada popular. Pola tarde, a

Feira Indiana contará coa recre-

ación de traballos da época coma

o tear –que achegarán dende a

Asociación de Mulleres de

Insua-, os traballos típicos da

casa –que representarán as mu-

lleres da Asociación Agarimo de

Santaballa-, as profesións que

desempeñaban os homes da

época tales coma zoqueiros, fe-

rreiros, carpinteiros, canteiros ou

traballos relacionados coa agri-

cultura coma os do toxo –que

achegarán dende a Asociación

de Veciños de Ca-

breiros- ou a ferra-

dura dos cabalos

–que farán no en-

torno da Casa Haba-

nera os cabaleiros

de Docavil-.

A animación musi-

cal correrá a cargo

dunha agrupación

de música tradicio-

nal que actuará si-

mulando unha

verbena de época e

a Coral Polifónica

de Vilalba ofrecerá

un concerto na Es-

cola Habanera. Os

xigantes e cabezu-

dos veranse simula-

dos nun espectáculo

de animación de Troula. E os es-

pectáculos pecharanse coa pre-

senza de Pepe Penabade.

Ademais haberá exposicións de

vehículos da época e a escola ha-

banera permanecerá aberta ao

público para mostrar a súa expo-

sición permanente onde se pode

atopar unha recreación da aula

dos anos 20. Ademais, contan

cunha sala que conserva docu-

mentos, cartas, pasaportes e

mostras de prensa da época

como legado das Sociedades Ha-

baneras da Habana e Santaballa.

Importancia do legado haba-

neiro

A emigración de comezos de sé-

culos constituíu unha fonte de

desenvolvemento para a co-

marca e toda Galicia ademais de

achegar un importante legado

económico e cultural a través

dos emigrantes retornados. A so-

ciedade habanera foi moi impor-

tante para a zona onde mesmo

construíron 14 escolas e asocia-

cións que aínda mostran na ac-

tualidade o legado habaneiro.

22 culturaagosto 12

Santaballa retorna a comezos do século XX coa celebración da feira indiana

Unha mostra explica o proceso de restauración dunha ola castrexa noMuseo do Castro de ViladongaOminucioso traballo permite coñecer os antigos procesos técnicos de fabricación

O auditorio acolle amostra colectiva“Mesturas”

cultura

O Auditorio Carmen Estévez

acollerá unha exposición multi-

disciplinar procedente da asocia-

ción artístico-cultural

‘Mesturas’ de Narón. A mostra

pretende constituír unha home-

naxe ao artista naronés recen fa-

lecido, José Luís Alvariño

Teijeiro, quen fora vicepresi-

dente da asociación, a través de

obras de diferentes artistas.

As obras, tamén de distinta na-

tureza -coma pinturas, fotogra-

fía, cerámica, vidro ou taracea-

poderanse visitar ata o venres 7

de setembro en horario de once

a dúas e de cinco a dez.

As mulleres vestíronse de época para realizar unha demostración dos traballos da la.

A ola castrexa xa se pode ver

no Museo do Castro de Vila-

donga, en Castro de Rei, gra-

zas ao minucioso traballo de

varios anos dos especialistas

do centro, coordinados pola

restauradora Carolina Pérez,

que conseguiron a súa restau-

ración.

A mostra temporal “O pro-

ceso de restauración dunha

ola castrexa” que está com-

posta por seis paneis de in-

formación escrita e gráfica

permanecerá no centro de

forma temporal. Con esta ex-

posición que mostra as dis-

tintas fases do traballo de

restauración preténdese ache-

gar a riqueza arqueolóxica da

peza, pero tamén contribuír

ao coñecemento dos antigos

procesos técnicos de fabrica-

ción.

A ola castrexa, que se expón

por primeira vez, é un reci-

piente de uso doméstico de

26 litros de capacidade que

se puido restaurar grazas aos

93 fragmentos cerámicos

aparecidos nas escavacións

arqueolóxicas que realizara

Manuel Chamoso Lamas

nos anos setenta.

Así, a mostra servirá

para dar a coñecer á ci-

dadanía un tipo cerá-

mico moi habitual no

noroeste da Península

durante séculos, que se

empregou polo menos

entre o IV a.C. e o III

d.C.

Con esta exposición, a Con-

sellería de Cultura, Educa-

ción e Ordenación

Universitaria pon en valor o

traballo que se realiza sobre

un patrimonio fragmentario,

pero que ofrece sempre im-

portantes informacións histó-

ricas engadidas ao seu valor

propiamente cultural.

Reconstrucción da ola castrexa.

Page 23: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

23cultura agosto 12

As mulleres da Asociación deMulleres San Bartolomeu deInsua realizaron nos últimos díasos traballos de arrincado, ripado eenlagado do liño seguindo o pro-ceso de sementeira, recollida e tra-ballo da planta de cara aconverterse en fío que veñen rea-lizando nos últimos anos para tra-tar de recuperar e dar a coñeceresta actividade.O liño fora sementado na prima-vera e a finais de xullo máis de 25persoas participaron no arrincadoencabezadas polas mulleres daasociación acompañadas por ou-tros amigos interesados na recu-peración do traballo tradicional doliño procedentes de colectivos vi-lalbeses e ponteses.Lourdes Otero, a secretaria da

asociación, apunta que “este anose deu ben, aínda que é algo pe-queno debido a que a auga deitoua planta”. Despois de arrincalo,procederon a ripalo para quitarllea vaga que se poñerá ao sol sepa-rándoa así do tronco da planta quexuntan en lagueiros para introdu-cilos no río durante nove días. Aocabo deste tempo, a tiveron quelavalos e deixalos secar ás beirasdo río durante outros nove días,para logo mazalo un día de moitosol que permita gardalo en “estri-gas” en boas condicións ata atasca que se realiza no outono.

Festa da Tasca

A Asociación de Mulleres SanBartolomeu de Insua está a orga-nizar a festa da tasca que se cele-

brará o sá-bado 27 deoutubro. O

día anterior

o liño intro-

ducirase no

forno des-

pois de sacar

unha for-

nada de pan

para volver

qu en t a l o .

Así o sá-

bado reuni-

ranse homes

e mulleres

para amazo-

talo primeiro e tascalo despois

despoxándoo da fibra.

Durante a xornada do sábado con-

tarán con actividades ao longo de

todo o día. Pola mañá os veciños

e veciñas de Insua farán a demos-

tración da tasca e tamén haberá di-

ferentes artesáns que realizarán

traballos tradicio-

nais. Despois do

xantar e a presenta-

ción do documen-

tal “O liño”

impulsado pola

Asociación de Ve-

ciños de Cabreiros

(Xermade) e que

protagonizaron as

mulleres de Insua,

ofrecerán un taller

de liño onde mos-

trarán todo o pro-

ceso da planta

-excluíndo a se-

menteira, arrincado

e enlagado-. A foliada estará ame-

nizada polas agrupacións tradicio-

nais Entre lusco e fusco, de

Vilalba, e Muxarega, das Pontes.

O liño xa agarda en Insua a tasca do outono

“Fugaz coincidencia” é a última

obra do escritor e funcionario do

corpo superior da Xunta, o lu-

cense José Estevez, que ven de

presentarse na Feira do Libro de

Foz e na de Monforte o 20 e o 23

de agosto coa introdución de

Félix Jorquera e H. David Díaz

Dacal, respectivamente.

O seu autor explica que a escribiu

“para comunicarme cos amigos e

cos inimigos, para compartir os

meus lóstregos de beleza –tal vez

algún hai- xa que compartida a

dor é menos dor. Tal vez con

M.Blanchot: “¿E se escribir un

libro é facerse lexible para todos

e indescifrable para un mesmo?”

Así mesmo, considera que

“Fugaz coincidencia” non é unha

novela, ou tal vez si; non é un

libro de poemas, ou tal vez si; non

é un libro de relatos, ou tal vez

si... en todo caso, é un soño ou a

pretendida historia dun soño, un

monólogo que recrea diálogos, un

axuste de contas contra os meus

inimigos, o primeiro espello no

que ollo como os anos –e o ban-

dullo- se van facendo amos e se-

ñores da miña figura”.

José Estévez explica que “o pro-

tagonista consume a súa vida

como quen o fai cunha comida

mal mastigada e ten o malestar

dunha indixestión. A protagonista

é o contratipo desas mulleres col-

gada dunha gafas de sol que pa-

sean polas nosas rúas como

manequíns nos escaparates, bus-

cando as olladas dos paseantes

para fachendear os colares, as

pulseiras de ouro, os pendentes de

non sei que pero carísimos... A ra-

paza protagonista leva o sexo na

mochila presta a abrila en cal-

quera momento”.

Deste xeito, a vida, a morte, o

amor, a beleza, o pasado ou a

política son os temas que trata

“Fugaz coincidencia”, pero cál

é o seu argumento?

Os protagonistas non teñen

nomes, o escenario pode ser cal-

quera cidade galega... Un avo-

gado, viúvo, de cincuenta e

tantos, politicamente algo pasota,

un home que se fixo a si mesmo,

repasa parte do seu pasado e pre-

tende agarrarse á vitalidade dunha

rapaza estudante de galego-portu-

gués, rabiosamente nacionalista

galega coa que convive.

Qué motivos o moveron a escri-

bilo?

Teño unha vella teima desde que

superei os 50 anos, que é a de re-

flexionar sobre a posible convi-

vencia entre persoas de idades

moi distantes, de culturas seme-

llantes, pero con visións da vida

diferentes. Como o abismo para

os suicidas, como a beleza das lo-

liñas para Nabokov, así son para

min as mozas de vinte e tantos, un

imán que pon o meu cerebro en

pulsión creativa. A realidade é un

empobrecemento continuo da po-

sibilidade e de aí que esta novela

pretenda reflectir ese meu vía cru-

cis trufado de orgasmos diabóli-

cos en que converte cada capítulo

da miña vida segundo vai avan-

zando o calendario que me vai le-

vando impasible, frío,

imperturbable cara á última esta-

ción da que xa nunca regresare-

mos, da que nos fala Orhan

Pamuk. Como di Rosa Montero,

a dor está nos cementos de toda

obra literaria -ela engade, nos da

arte e incluso nos de toda a acti-

vidade humana- e na novela

“Fugaz coincidencia” tamén é así

–se é que se pode cualificar de

obra literaria- e no seu alicerce

tamén está a dor: a morte –esa es-

tupidez sen remedio-, a dor física

–difícil de explicar-, o mal –peor

de entender-, as ausencias, a in-

comprensión...

Esta novela foi editada por Re-

delibros, a rede social galega do

libro; pero qué outros roles ad-

quire na súa divulgación?

Funciona como a editora e tamén

se encarga da corrección e impre-

sión, así como da súa divulgación

nas redes: Facebook, Twitter, en

librarías como Amazon, ademais

de distribuíla nas librerías gale-

gas.

E onde se pode conseguir

“Fugaz coincidencia”?

Nas feiras do libro de Foz e Mon-

forte, na páxina web de Redeli-

bros e a partir de setembro en

diferentes librarías de toda Gali-

cia.

Redelibros edita “Fugaz coincidencia” do lucense José Estévez

cultura

José Estévez coa estatua de Antonio Machado en Segovia.

As mulleres de Insua realizando o “enlagado” do liño no río.

Page 24: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

24 programaagosto 12

día da terceira idademércores 22

praia fluvial da Magdalena

xira, praia fluvial da Magdalena

día infantil, martes 28praza da Constitución

XIX festa da bicicleta,mércores 29

11.30 - Actuación banda de gaitas “Mato Vizoso”12.00 - Misa campestre cantada pola coral “Luar”13.00 - Sesión vermú co grupo Blue Star13.30 - Os grupos rexionais percorrerán o recinto para ame-nizar as distintas comidas15.30 - Gran baile que se prolongará toda a tarde co grupo

BLUE STAR

14.00 - Sesión vermú a cargo do grupo Amerikam Top21.00 - Verbena con AMERIKAM TOP

22.30 - Inicio dos tres días da Xira con animación discotequerada man de DISQTOCA

13.00 - Comezo do día coas actuacións das charangas deVilalba14.00 - Sesión vermú a cargo da orquestra Chicas Show18.30 - Fútbol de Terceira División: primeiro partido da tem-porada 2012-2013 entre o Rácing Club Vilalbés e a SD Ne-greira no Estadio Municipal “A Magdalena”22.30 - Gran verbena amenizada por:

DISQTOCAGrupo IRIS

CHICAS SHOW

19.30 - Encontro con bicis e patíns. A ruta por distintas rúasde Vilalba sairá da praza da Constitución e ao regreso repar-tiranse agasallos entre os participantes e trofeos para o demenor e maior idade.

22.00 - I Encontro de grupos de música tradicional de Vilalba:ENTRE LUSCO E FUSCO

BUXOS VERDESMATO VIZOSO

PANDERETEIRAS DE ANDRADE

Parque infantil:CASA CARACOLTORO MECÁNICOFESTA DA ESCUMAXOGOS POPULARES

TALLERES MULTIMEDIAROCÓDROMO FARO

GLOBOFLEXIATALLERES DE MAQUILLAXE...

STAND DE MUNDOJUEGO:Pista de ScalestrixCociña de ovoChave inglesaPaleta pintor

Montaxe de cochesCartas de maxiaMontaxe de legos

dende as 11.00 ata as 13.30dende as 16.00 ata as 21.00

18.00 - XIX Simultáneas de Xadrez

festas san ramón e santa maría 2012

venres 24

praza da Constitución

praza de Santa María

sábado 25

domingo 26

10.00 - Os días grandes das festas dan comezo co disparode 21 bombas de palenque e o repique de campás.

19.00 - Proclamación da raíña das festas e as damas de honra

19.45 - Clausura do XXXVIII Certame Literario da Terra Chá coaintervención de José María García Leira.

23.30 - Gran verbena a cargo das orquestras:OLYMPUS

PARÍS DE NOIA

XXXVIII Certame Literariode Vilalba, xoves 30

Casa da Cultura

Campo da Feira

Imaxe de fondo deseñada por Susana López, Isabel Bayo e Lorena Rey do Centro Ocupacional de Vilalba.

Page 25: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

25programa agosto 12

festas san ramón e santa maría 2012

10.00 - Disparo de 21 bombas de palenque e repique de campáspara anunciar o día da Patrona.

11.00 - Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Pandereteiras deAndrade e Buxos Verdes

12.00 - Misa solemne na honra a Santa María cantada pola coral“Luar” de Vilalba.Procesión coas raíñas das festas, as damas de honra, a comisióne as autoridades acompañados das Pandereteiras de Andrade eBuxos Verdes

14.00 - Sesión vermú amenizada pola orquestra TRIUNFO

19.00 - VIII Festival de Bandas Pepe Guntín

23.30 - Concertos de:GISELACHENOA

Un GRUPO POPContinuación da verbena coa orquestra TRIUNFO

11.00 - Pasarrúas para anunciar o último día das festas patronais.

12.00 - Misa solemne coa ofrenda a unha parroquia seguida daprocesión coa presenza das raíñas das festas, as damas de honrae as autoridades.

14.00 - Sesión vermú a cargo da orquestra FIN DE SIGLO

22.00 - Gran verbena para finalizar as festas de San Ramón eSanta María 2012 coas actuacións de:

FIN DE SIGLOPANORAMA

10.00 - Día do patrón anunciado co disparo de 21 bombasde palenque e o repique das campás.

11.00 - Pasarrúas patrocinado pola área de Cultura da De-puación a cargo dos grupos:

ENTRE LUSCO E FUSCO (Vilalba)MERENZAO (Monforte)

12.00 - Misa solemne cantada pola coral polifónica de Vilalba.Procesión coas raíñas das festas, as damas de honra, a comi-sión e as autoridades acompañados pola Banda de Música deVilalba, Entre lusco e fusco e o grupo Merenzao.

14.00 - Sesión vermú amenizada pola orquestra MANILA.

18.30 - “Trofeo Comisión de Festas de fútbol ”Encontro entre os xuvenís:

RÁCING FERROL - RÁCING CLUB VILALBÉS

19.00 - “Trofeo San Ramón de Fútbol Sala Xuvenil”VILALBA F.S. - O ESTEO F.S. (As Pontes)

22.00 - Gala musical coas actuacións de:LA UNIÓN

DAVID DE MARÍAMUSICAL SHOW

00.00 - O ceo vilalbés iluminarase cunha gran sesión de FOGOS DE ARTIFICIO

Continuación da gala musical e verbena coa orquestra MANILA

san ramón, venres 31día dedicado ao traxe rexional

día das parroquias,domingo 2

santa maría, sábado 1

praza da Constitución

pavillón municipal

estadio Roca

auditorio Carmen Estévez

praza da Constitución

Imaxe de fondo deseñada por Susana López, Isabel Bayo e Lorena Rey do Centro Ocupacional de Vilalba.

Page 26: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

axenda culturalexposicións

teatroconcursos

eventosLugo

Museo ProvincialFotografía a cegas

Ata o 30 de agostoRecolle as obras realizadas polos invidentes Trinidad Canosa, Eladio Fer-nández, Antonio Fernández, Antonio López, Ángeles Miguélez, Manuel PazSánchez e Pilar Yáñez durante un obradoiro para invidentes organizadopolo Rede Museística Provincial de Lugo e que foi impartido por Iago Ei-

reos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López.

VilalbaAuditorio Carmen EstévezJosé Luís AlvariñoAta o 7 de setembro

Exposición colectiva multidisciplinar procedente da asociación artís-tico-cultural ‘Mesturas’ de Narón que constitúe unha homenaxe ao ar-

tista naronés recen falecido, José Luís Alvariño Teijeiro.

LugoPazo de San Marcos

Teatros fabuloníricosAta o 16 de setembro

Esta mostra reúne unha ducia de composicións de Noa Persán á maneirade retablos ou de entremeses ilustrados cos que critica, revisa, actualiza e

reinterpreta a ideoloxía de varios temas do fabulario clásico.

LugoMuseo Provincial

Arte para gozar: sensualidade e erotismoAta o 30 de setembro

Esta mostra é representativa de diferentes sensibilidades en distintasépocas, desde o mundo clásico ata a actualidade. O amor e o erotismo mi-tolóxico, relixioso, heterosexual ou homosexual, os espidos, os equívocos,os tópicos e os prexuízos, o sensualismo irreverente, o reprimido e o pro-

vocado … todo un mosaico de suxestións para os sentidos.

GuitirizA herdanza da tía Constanza

15 de setembroNova Escena Teatro porá en escea esta peza para tódolos públicos

dentro dos circuítos teatrais Buxiganga 2012.

RiotortoGodot

15 de setembroA Asociación Cultural Arrincadeira organiza esta representación tea-tral enmarcada nos circuítos teatrais Buxiganga 2012 que será repre-

sentada polo grupo de teatro da Biblioteca de Antas de Ulla.

I Concurso “E tí qué é o que ves?”Ata o 1 de outubro

ADEGA convoca este novo concurso de curtametraxes, patrocinado polaÁrea de Cultura e Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación deLugo, e dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” cogallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a tra-vés da imaxe e da palabra. As creacións audiovisuais contarán cunha dura-

ción máxima de cinco minutos.

Imaxes con fondoAta o 15 de outubro

O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade pon en marcha este con-curso de fotografía que pretende facer ver o mundo con outros ollos. Paraparticipar hai que inmortalizar unha situación diaria que requira de solida-ridade e enviala xunto a un tweet que explique a carga solidaria da imaxe.

MondoñedoPraza da Catedral

Mercado de verán. Domingos frescos2 de setembro

A partir das dez e media, a praza da Catedral permitirá descubrir novaspropostas, obradoiros e preparacións orixinais dos produtos locais detempada: a leituga, os tomates, os pementos ou o cabaciño, entre ou-

tros froitos.

VilalbaMuseo de Prehistoria e ArqueoloxíaVisita guiada ao casco histórico

4 de setembroA partir das sete e media da tarde, o Museo de Vilalba ofrecerá unha visitaguiada na que se paseará ao carón dos elementos de interese histórico da

vila.

SantaballaVilalba

II Feira Indiana15 de setembro

A parroquia de Santaballa acolle a celebración da segunda feira in-diana para achegar á poboación o legado histórico e cultural da socie-

dade habaneira de comezos do século XX.

XermadeSotavento

II Ralli eficiente22 de setembro

Sotavento pecha a Semana Europea da Mobilidade converténdose nuncircuíto para a celebración do segundo ralli eficiente que premia ao con-dutor que realice o percorrido no menor tempo e co menor consumo.

26 actualidadeagosto 12

Page 27: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

Que ler? a elección de:

Que escoitar?

Que ver?

Andrea Carpente

Deseñadora do cartaz doXXXIII Festival de Pardiñas

Un libro

Unha comida

Un sitio para vivir Unha personaxe histórica

Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo cam-

pesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do

século XX, o leva da súa aldea a Buenos Aires.

Nesta crónica dun mundo que perdemos, escrita cunha lingua

vizosa e chea de autenticidade, Neira Vilas evoca con pluma

maxistral as vivencias dun mozo de dezanove anos que, na dé-

cada de 1950, marcha para as Américas empurrado polos que

estaban alá e pola escaseza do que tiña aquí. A novela é teste-

muño dun mundo que se foi, o da aldea, cos seus atafegos e

traballos, o seu universo, os seus costumes, a súa fala, mundo

que Neira Vilas narra a través dun monólogo sen interrupcións

feito coas lembranzas e coas arelas do protagonista.

Como tantas veces e na música en especial, semella

que só tras unha desgraza chega o recoñecemento.

A desgraza: Un accidente que fará imposible que

este valdeorrés poda tocar a guitarra.

O recoñecemento: Unha xusta homenaxe á unha fi-

gura vital do pop-rock galego das últimas décadas.

Con La Rosa primeiro e posteriormente en solitario,

Magín atesoura unha colección de grandes temas

sempre compostos con honestidade e bo gusto.

No recompilatorio colabora o máis florido da mú-

sica galega do século XXI, entre outros: Xoel López,

Emilio Rúa ou Eladio y los seres queridos.

Café de flore, Jean-Marc Vallée

Editorial GalaxiaEsperando o leiteiro, Xosé Neira Vilas

Las cenizas de Ángela,Frank McCourt

Tortilla de pataca

Unha película

Requiem por un sueño,Darren Aronofsky

Unha cidade para visitar

Londres

Unha bebida

Zume de laranxa

Vigo Concepción Arenal

“Doutor apertas” tributo aMagín Blanco

Unha odisea amorosa mística e fantástica que reúne dúas na-

rrativas separadas nun mesmo fío. Por un lado, a historia de

Jacqueline, a nai dun neno con síndrome de Down no París de

1969; e polo outro, a dun exitoso DJ que está a pasar por un

difícil divorcio no Montreal do presente.

Título orixinal: Café de flore. Xénero: Drama. Romance. Paí-

ses: Francia e Canadá. Ano: 2011. Duración: 120 minutos. Di-

rector: Jean-Marc Vallée. Guión: Jean-Marc Vallée. Fotografía:

Pierre Cottereau. Reparto: Vanessa Paradis, Kevin Parent, Hé-

lène Florent, Evelyne Brochu. Produtora: Coproducción Ca-

nadá-Francia; Item 7 / Monkey Pack Films / Crazy Films.

Premios: Premios Genie 2011; 13 nominacións, incluíndo a

mellor película e mellor dirección.

por Félix Jorquera

27recomendacións agosto 12

Page 28: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

“ Quescrem desenvolve unha gama de queixos crema seleccionada que incorporaprodutos orixinais de España coma olivas, algas ou o San Simón da Costa”

Carlos López Mosquera, adxunto dirección de Innolact SL

Innolact é unha empresa de in-novación tecnolóxica que des-envolve a súa actividade noeido da fabricación de queixosen crema. Innolact, que xurdiuda man da Aula de ProductosLácteos dependente da Univer-sidade de Santiago de Compos-tela, atópase instalada noPolígono Industrial de CastroRibeiras de Lea. Carlos López,adxunto á dirección, explícanosas características da empresa edos produtos que comercializa. Cómo e cando se fundou a

empresa?

A empresa foi creada en 2006,ainda que a súa actividade deucomezo a finais de 2007. Xurdedun proxecto de investigacióndo Aula de Produtos lácteos daUniversidade de Santiago,sendo a maioría dos seus sociospersoas relacionadas coa Aulae conta co apoio financeiro dedous fondos de inversión: Xes-Galicia, vinculado ao Igape eUnirisco, vinculado as univer-sidades galegas.

E cál é o seu obxectivo?

O obxectivo é a fabricación ecomercialización de produtoslácteos con aporte dun valorengadido. Innolact é especia-lista de queixos en crema quecomercializa baixo a marca“Quescrem”.

Naquel momento, considera-

bades que tiña futuro o eido

da elaboración do queixo en

crema? Cómo evolucionou a

súa posta en funcionamento e

a comercialización dos seus

produtos?

Nos pensabamos que era unproduto que tiña percorrido ennichos diferentes ao da alimen-tación tradicional, coma o mer-cado profesional no que hai quedesenvolver diferentes formu-lacións de queixo crema se-gundo as necesidades dasaplicacións que estes clientesteñan. E actualmente tamén es-tamos a comprobar que no mer-cado de alimentacióntradicional tamén existe un per-corrido co desenvolvemento deprodutos de queixo crema dife-renciados, como é o recentelanzamento da gama Selecciónque temos feito con queixoscrema con algas, olivas e cre-mas de queixo con Torta delCasar e con queixo San Simónda Costa.

O seu posicionamento no

mercado está estreitamente

relacionado co nome comer-

cial: “Quescrem, especialistas

en queso crema”. Cál foi a in-

tención da escolla deste

nome? Está relacionado coa

internacionalización dos seus

produtos?

O nome pretendía identificar-mos como especialistas destetipo de produtos, xa que existenoutros fabricantes de queixocrema, pero a maioría son pro-dutores doutros moitos tipos deprodutos e nós queriamos facer

do queixo crema unha especia-lidade na que puideramos dar-lle valor engadido edesenvolver produtos diferen-ciados aos existentes.

Qué variedade de productos

elaborados nas instalacións

do polígono de Castro Ribei-

ras de Lea podemos nomear?

Actualmente temos máis de 40referencias de queixo cremacon diferentes formulacións,sabores, texturas e formatos.De tódolos xeitos, os produtosque máis vendemos é o queixocrema natural e o mascarpone.

A pesar de que estas varieda-

des sexan as máis demanda-

das, a crema de queixo San

Simón da Costa, unha varie-

dade deste produto lácteo con

denominación de orixe prote-

xida da Terra Chá, é posible-

mente a máis novidosa. Cómo

xurde a idea de “transfor-

mar” este queixo en crema?

Nos queriamos desenvolverunha gama de queixos cremaseleccionada que incorporaraprodutos orixinais de España, epensamos nas olivas, nas algase tamén en poder desenvolverun xeito diferente de tomaraqueles queixos que entendia-mos que podían ter un desen-volvemento maior tanto a nivelnacional como internacional.

Cáles son as súas caracterís-

ticas? E as súas utilidades?

É unha forma diferente de terSensacións de queixo, xa quepodes degustalo sabor dunqueixo San Simón da Costanunha tosta, nun bocadillo oupara a elaboración de distintospratos de cociña, xa que é espe-cialmente axeitado para oacompañamento das carnes.

Dende cando se está a comer-

cializar este produto?

Este produto esta incluídonunha gama que denominamosSelección, conxuntamente code algas, olivas e Torta delCasar que foi presentado esteano na feira internacional dealimentación e que ten iniciadoa súa comercialización o pa-sado mes de xullo.

Innolact exporta os seus pro-

dutos ata países do estran-

xeiro coma Xapón. Pero no

caso da crema de San Simón,

trátase dun produto especial-

mente demandado nesta zona

ou conta con maior demanda

noutros países?

Ata o de agora está a ser co-mercializado en España, Portu-gal, México, Chile, Taiwan eXapón.

E para os máis esixentes,

existe a gama Quescrem

plus...

Este é un produto especial-mente desenvolto para a indus-tria alimentaria, cunhascaracterísticas únicas no mer-cado; xa que permite ser conxe-lado e desconxelado entemperaturas extremas, ser for-neado e tamén se pode dosifi-car tanto a nivel industrialcomo manual sen ningún tipode problemas. Isto faino idóneo

para recheos, incorporación aprodutos conxelados ou aque-les produtos que teñen ser so-metidos a cocción ou que épreciso quentalos ou tamén enproducións industriais que esi-xen dunha dosificación mecá-nica

Dende as súas orixes, Inno-

lact atópase moi vinculada ao

eido da investigación e o des-

envolvemento industrial no

que segue a realizar esforzos

da man do seu equipo de pro-

fesionais. Así, Innolact desen-

volve I+D de novos produtos

con base láctea ou mesmo re-

aliza estudos de adaptación

da tecnoloxía para a fabrica-

ción doutros queixos, así

coma a optimización conti-

nua dos procesos produtivos

aplicados na súa elaboración.

Pero tamén se introduciu

noutra área de negocio, con-

sulting en tecnoloxía de

queixo crema…

Efectivamente nos colabora-mos asesorando a outras em-presas no desenvolvemento denovos proxectos industriais re-lacionados coa elaboración deproductos lácteos, tanto a nivelde tecnoloxía como de pro-ducto, especialmente en paísesdo leste europeo.

E falando do desenvolve-

mento da tecnoloxía indus-

trial, falamos agora das

novas tecnoloxías da comuni-

cación. Qué papel cumpren

as novas tecnoloxías en Inno-

lact? As posibilidades que

ofrece a rede forman parte da

estratexia de publicidade da

empresa?

O xeito de relacionarse en xerale especialmente no mundo dosnegocios está a trocar de xeito

moi rápido e hai que adaptarsea eses trocos de xeito áxil. In-nolact ten cada vez maior pre-senza nas redes sociais eestamos avanzando en proxec-tos para o desenvolvemento davenda on-line.

Esta empresa de recente cre-

ación asentouse a comezos

desta tan nomeada crise eco-

nómica. Cál ou cáles son,

baixo o seu punto de vista, as

claves dunha actividade em-

presarial de éxito na actuali-

dade?

Dende o noso punto de vista,pasan por catro piares quedeben aportar un valor enga-dido a empresa: a innovación,a internacionalización, a inter-comunicación e as persoas.

E cara onde considera que se

dirixe o futuro das empresas

galegas?

As de Galicia e as de todo omundo en xeral pasan por dúasestratexias cada vez máis cla-ras: a de apostar pola optimiza-ción de custes podendo selasempresas máis competitivas enprezo do mercado ou por apor-tar valor engadido no desenvol-vemento do negocio. Innolactapostou pola segunda estrate-xia, xa que entendemos que aprimeira e máis cortoplacista econleva a un empobrecementono futuro das empresas e do seuentorno.

No seu caso, con que colabo-

racións ou axudas conta? E

cales son os requisitos para o

seu apoio?

Nesta fase de internacionaliza-ción que estamos a desenvol-ver, contamos coa colaboraciónde institucións como o IGAPE,ICEX ou a Cámara de Comer-cio. Por outro lado tamén con-tamos con apoios do CDTI paravarios proxectos de I+D+i nosque estamos involucrados e porúltimo tamén contamos conapoio da Consellería de MedioRural e Mar e da de Economíae Industria para poder facer al-gunhas inversións que permitana ampliación e mellora das ins-talacións actuais.

E para os novos emprendedo-

res que consellos lles pode

ofrecer?

Se teñen unha boa idea, que in-vistan tódolos seus esforzos ensacala adiante; pero que previa-mente a analicen, a poder ser,con persoas profesionais quella podan validar e que lle poi-dan axudar a facer un plan denegocio axeitado.

28 empresaagosto 12

Carlos López nas instalacións de Innolact en Castro Ribeiras de Lea.

Page 29: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

Os vinte rapaces e rapazas que participaron no campamento que or-ganiza a Cruz Vermella en Vilalba realizaron unha visita guiada aoParque de Bombeiros da capital chairega na mañá do martes 31 dexullo, acompañados das profesionais e voluntarias da Cruz Vermella.

Esta será a equipación do Vilalbés para a temporada 2012-2013.

29sociedade agosto 12

Como cada verán, este grupo de amigos guitiricenses levou acabo a súa xa tradicional camiñada por terras do concello. Estavez dende a capital municipal ata o "Merendero" dos Vilares,onde repuxeron forzas cun xantar.

A Lareira acolleu unha xuntanza entre Iñaki, Glutamato Ye-ye,e os Glutamateiros de Vilalba o pasado 10 de agosto.

Page 30: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

como pasa o tempo!

concursa con

Participa no noso concurso mandando un sms ao teléfono 982

050 012 e dando a resposta que ti creas para acertar co noso per-

soaxe do mes:

Entre os acertantes sortearemos unha cea para dúas persoas no

Restaurante A Nova Ruta.

Quen é esta rapaza?

Solución do mes pasado: Gañador:

Hugo Criado Sandra Carballeira López

fotodenuncia

Viño galego?

Pista:

Incorporada recentemente á política local.

30 servizosagosto 12

Page 31: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

ANUNCIOS POR PALABRASANÚNCIESE (GRATIS A PARTICULARES) TELF/FAX: 982 51 03 35

TERRA CHÁ.XA APTO. 86 27800 VILALBA - [email protected]

-ALÚGASE APARTAMENTO EN PRIMEIRA LIÑA DA PRAIADA RAPADOIRA EN FOZ. TELF. 982 51 22 04 e 638 60 72 36.

- ALÚGASE BAIXO/LOCAL DE NEGOCIO, CON RENDABAIXA EN CASO DE QUE A REFORMA CORRA POR CONTADO ARRENDATARIO. TELÉFS. : 981 23 59 30 E 659 63 5991.

-CÓMPRASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA. INTERESA-DOS EN VENDER CHAMAR AO TELÉFONO 678 82 71 42.

-ALÚGASE PISO AMUEBLADO NA AVENIDA TERRA CHÁ.PREZO A CONVIR. TELF. 635 25 45 85.

-VÉNDESE PISO DE 120 M2 NO CENTRO DE VILALBA, RÚAXOSÉ MARÍA CHAO. 120.000 EUROS. TELF. 647 12 45 12.

- ALÚGASE PRAZA DE GARAXE EN RÚA DA PRAVIA, AOLADO DA ZAPATERÍA CAMBA. 30€ AO MES. TELF.: 982 5120 65.

-VÉNDESE PARCELA DE 7000 M2 EN TROBO (BEGONTE)CON REGO NATURAL.EMAIL:[email protected]: 982 51 13 96 OU 664 64 95 13.

- VÉNDESE CASA EN XERMAR, NO BARRIO RIBA DEINSUA, EN COSPEITO. PARA RESTAURAR. 120 MTRS CA-DRADOS, LUZ, POZO, ALPENDRE E 2 FERRADOS DE TE-RREO. ESTÁ REXISTRADA TELF.: 982 52 01 38.

-VÉNDESE OU ALÚGASE BAIXO COMERCIAL EN VILALBA.TOTALMENTE REFORMADO, 60 MTRS. CADRADOS(APROX.).TELF. 680 76 02 05.

-VÉNDESE CASA UNIFAMILIAR EN VILALBA. 3 DORMITO-RIOS, 1 BAÑO, 1 ASEO, SALÓN-COMEDOR E TERREO PORDETRÁS DA CASA. TELFS.: 669 61 20 66 - 686 46 47 42.

-VÉNDESE FINCA EDIFICABLE EN LANZÓS MOREDA.18.000 EUROS. TELÉFONO 982 51 12 69

- ALÚGASE PRAZA DE GARAXE NA RÚA FOZ EN VILALBA.30 EUROS. TELÉFONO 982 51 12 69

-VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SEIXAS, COSPEITO.PLANTA BAIXA E PRIMEIRO PISO. TELF.: 620 80 08 03

-ALÚGASE CASA DE CAMPO CON TERREO, 3 DORMITO-RIOS, COCIÑA-SALÓN-BAÑO E SERVIZO DE GARAXE.POZO PROPIO. A 100 METROS DA SAÍDA DA AUTOVÍA DOCANTÁBRICO. TOTALMENTE RESTAURADA. 608 34 23 66

-BÚSCASE CASA DE ALQUILER CON ALGO DE TERREO NAZONA DE VILALBA, COSPEITO E ENTORNO. TELF: 657 2794 68.

-VÉNDESE OU ALQUÍLASE PRAZA DE GARAXE AO LADODA PANADERÍA CURRÁS (VILALBA). 630 40 75 33

- ALÚGASE LOCAL EN VILALBA PARA BAR, CAFETERÍA,PUF OU CALQUERA OUTRO TIPO DE ACTIVIDADE ENZONA CÉNTRICA. PREZO ECONÓMICO E A CONVIR. INTE-RESADOS CHAMAR AO 636 30 75 95

-VÉNDESE CASA EN ROUPAR (XERMADE) NO LUGAR DATORRE. TEN UNHA SUPERFICIE CONSTRUÍDA DE 267 M2;UN ALMACÉN NA PLANTA BAIXA DE 54 M2; UNHA VIVENDANA PRIMEIRA PLANTA DE 101 M2 E OUTRO ALMACÉNANEXO Á PLANTA BAIXA DE 65 M2. O MESMO CONXUNTOCONTÉN UNHA LEIRA CHAMADA HORTA QUE É UN LABRA-DÍO DE 989 M2 SOBRE O QUE EXISTE OUTRO ALMACÉNDE 101 M2. ADEMAIS, INCLÚE OUTRA LEIRA CHAMADAPRADELLA DO VERDE QUE É UN PRADO DE 514 M2.PREZO: 41.000 EUROS. TELFS: 982 51 06 81 E 982 50 1647.

- VÉNDESE CASA DE PEDRA EN SAN SIMÓN CON BO-DEGA, CHOZA E POZO. TELF. 630 57 96 43.

- VÉNDESE BAIXO ACONDICIONADO EN VILALBA NA RÚACIDADE DE LUGO, 33 CON 200 METROS CADRADOS.TELF. 609 73 30 85.

- SEÑOR DE 50 ANOS RELACIONASE CON RAPAZA DE 35 A 45ANOS CON FINES SERIOS. TELF: 647 53 19 86

- CHICO DE 42 ANOS BUSCA CHICA. AS PONTES. TELF: 627 1193 42

- RAPAZ DA TERRA CHÁ DE 55 ANOS BUSCA RAPAZA DA PRO-VINCIA ENTRE 45 E 55 ANOS. TELF. 605 63 34 08

-RAPAZ SOLTEIRO DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA ENTRE 45 E55 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF.: 648 14 72 43

-CHICO DE 30 ANOS BUSCA CHICA DE 20 A 30 ANOS. TELF.: 67778 92 87

-RAPAZ DE TERRA CHÁ. SEPARADO. ALTO. 45 ANOS. CONOCE-RÍA MOZA. 679 05 81 79

-RAPAZ DA TERRA CHÁ BUSCA RAPAZA DA PROVINCIA DE LUGOENTRE 40 E 50 ANOS PARA AMIZADE OU O QUE XURDA. TELF.:649 59 69 96

- HOME SEPARADO DE 65 ANOS BUSCA MULLER DE 60 NON FU-MADORA E SEN CARGAS. TELF. 630 40 37 11.

- RAPAZ SOLTEIRO DE 44 ANOS BUSCA RAPAZA SOLTEIRA DEENTRE 35 E 44. PREFERIBLEMENTE QUE LLE GUSTE A ALDEA.TELF. 671 41 66 79.

-VÉNDESE RETROEXCAVADORA CASE 988, ANO 2000, 16.500HORAS CON 2 CAZOS, CAZO DE LIMPEZA E MARTILLO(35.000 EUROS). 670 09 32 75.

- VÉNDESE RETROCARGADORA (MIXTA) CASE 580, ANO2001, 6.500 HORAS (18.000 EUROS). 670 09 32 75.

-VÉNDESE FURGONETA C15. 982 52 61 70.

-VÉNDESE CITROËN JUMPER 2.0 HDI ANO 2003 CON 143.000km. HOMOLOGADA PARA 9 PRAZAS. MOI COIDADA. 4.000 €.ITV RECEN PASADA. 646 85 39 50.

-VÉNDENSE RENAULT CLÍO 1.900 DIÉSEL. BO ESTADO. BA-RATO. TELF.: 634 44 07 16.

- VÉNDESE OPEL KADETT 17.00 DIÉSEL, LUGO-L. TELF.: 62620 52 01.

-VÉNDESE SEAT TOLEDO 1.9 TDI 110 DIESEL DE AGOSTO DO2000. MOI COIDADO. 3.800 EUROS. TELF: 655 45 78 97.

-BÚSCANSE PERSOAS PARA TRABALLAR ENSOBRANDO PU-BLICIDADE DESDE A CASA, OFICINAS OU TENDAS. INFORMA-CION ENVIANDO UN SELLO PARA RESPOSTA A C/ MARÍAPITA 23-25 3º IZQUDA. LA GÁNDARA, NARÓN, 15570 A CO-RUÑA.

-AXENCIA DE MODELOS SELECCIONA MODELO. TELF. 677 78 9287.

- VENDO AUTOCARGADOR MARCA TATO 3T19. SEMINOVO.TELFS: 982 16 44 67 E 620 44 94 60.

-VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO. TELF. 635 25 45 85.

- VÉNDENSE TENREIRAS DE 2 ANOS APROX. E VACAS DELEITE, BOMBA DE LAVADO DE 3.000 LITROS, CIRCUITO DE OR-DEÑO WESTFALIA DE 4 PUNTOS E CUBAS DE ACEIRO DE200/300 LITROS. TELF. 667 41 86 05.

- REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS FORESTAIS: DES-BROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS, CORTA DELEÑA, TRABALLOS DE XARDINERÍA, PECHES DE FINCAS,ETC. TELF.:696 22 47 09. ECONÓMICO.

-VÉNDESE MUÍÑO TRITURADOR DE UVA FEITO NA CASA EMÁIS CUBA DE FACER VIÑO DE 800 LITROS. ACEIRO INOXI-DABLE 316. USADA DÚAS VECES. TELF. 982 52 02 42.

-FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XARDÍNS. DESBROCE MA-NUAL. PRECIOS ECONÓMICOS. TELF. 647 44 14 83.

- CÓMPRASE TRACTO PASCUALÍN CON APEIRO. TELF. 636 90 48 50.

- VÉNDENSE NOVILLAS, ROLOS DE HERBASECA E UN TAN-QUE DE LEITE DE 1060 LITROS POR XUBILACIÓN. NOCHE (VI-LALBA). 664 10 39 64.

- VÉNDESE CARRO DUNHA VACA DE CHAPA GALVANIZADACON LATERAIS, UN EIXO DE 1,70 X 1,30 X 0,72 E BASCULANTE(SEMINOVO). PREZO 300 EUROS. TELF. 982 39 95 54

- ARRÉNDASE COTA LÁCTEA DE 210.000 KG NO CONCELLODA PASTORIZA. TELF. 660 79 69 95.

-VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 25 77 42

-VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL COMPLETO. PRÁCTICAMENTENOVO. BO PREZO. TELF. 982 51 17 76

-VÉNDESE ESTUFA DE QUEROSENO DE 2.900 W. TELF: 606 77 4185.

-VÉNDESE COXÍN DE MASAXE SEMI NOVO CON INFRAVERMELLOSPARA TRATAMENTO NAS COSTAS. PREZO 150€. TELÉFONO DECONTACTO 610 39 40 52

-VÉNDENSE MOBLES POR CAMBIO DE DOMICILIO. MOI ECONÓMI-COS. TELF.: 618 931 821

-VÉNDENSE 2 PÍOS DE PEDRA, 1 CARRO DE MADEIRA E 1 ARMARIOANTIGO DE CASTIÑEIRO PARA RESTAURAR. TELEF.: 659 257 742

-VÉNDESE DORMITORIO XUVENIL TIPO PUENTE CON CAMAS DE90. ESTANTERÍAS E MESA DE ESCRITORIO. ECONÓMICO. 982 512821 E 626 572 312

- CÓMPRASE FORMIGONEIRA DE SEGUNDA MAN. TELF.605 311 156

- DÁNSE CLASES PARTICULARES DE INGLÉS, FRANCÉS, LINGUA ECLASES DE APOIO A PRIMARIA, ESO E BAC DE HUMANIDADES.TELF. 697 59 60 16

- VÉNDENSE HUCHAS DO TRIGO CENTENARIAS. TELF. 630 40 75 33.

- REGÁLASE SOMIER 1,35 CM. TELF. 606 86 33 22.

- VÉNDESE CAMADA DE MASTÍN LEONÉS. MACHOS E FEMIAS.TELF. 608 34 23 66.

demandas de traballo

ofertas inmobiliarias

motor

outras ofertas

ofertas do agro

VENDO RENAULT LAGUNA de xullo do 1999. BO ES-TADO. MATRÍCULA lu-1446W. DIESEL. GRAN MALE-TEIRO (de porta abatible). CONSUMO:5,3% 3.800EUROS

REALÍZANSE TRABALLOS DE MEDICIÓN E VALO-RACIÓN DE PARCELAS. TELF. 648 51 07 74.

31publicidade agosto 12

-OFRÉCESE CHICA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDARNENOS, PREFERENTEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOSCHAMAR AO TELF. 637 24 96 02.

-OFRÉCESE CHICA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORESTANTO DE DÍA COMA DE NOITE. TELF.: 629 98 73 16.

- SE OFRECE SEÑORA PARA FACER COMIDAS POLAS FESTAS,TAREFAS DO FOGAR OU COIDAR NENOS OU MAIORES. TELF:697 60 48 18.

-OFRÉCESE SEÑORA PARA LIMPEZA, ATENCIÓN A PERSOAS OUTAREFAS DO FOGAR. DESPRAZAMENTO POR TODA A TERRACHÁ E ARREDORES. TELF. 622 41 81 96

- OFRÉCESE CHÓFER A PARTICULARES CON COCHE OU SENCOCHE. TELF. 667 44 40 04

-FÁNSE TRABALLOS E MANTEMENTO DE XARDÍNS E FINCAS.DESBROZES MANUALES,PODAS, ETC.TLF:656 94 67 20 E 673 5782 15.

- SE QUERES GAÑAR UNS CARTOS EXTRA NO TEMPO LIBRE,CHÁMAME E INFÓRMOTE. TELF. 660 79 69 95.

relacións persoais

- ALÚGASE APARTAMENTO NA CORUÑA CAPITAL. ZONA LOSROSALES AO LADO DO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALESCARREFOUR. CERCA NÁUTICA, ESCOLA DE IDIOMAS, CON-SERVATORIO DE MÚSICA. 2 HABITACIÓNS, SALÓN, COCIÑA,1 BAÑO, MICROONDAS E GARAXE. PARA ESTUDANTES OULARGA TEMPORADA. 1 PLANTA. 652 38 89 33.

- ALÚGASE CASA CON ALPENDRES E TERREO NA ESTRADACOSPEITO-VILALBA. TELF. 605 680 188

- ALÚGASE PISO EN CAMPO DE PUENTE CON 3 DORMITO-RIOS, 2 BAÑOS, SALÓN, COCIÑA, CALEFACCIÓN E ASCEN-SOR. TODO AMUEBLADO. TELF. 630 57 96 43

Page 32: Vilalba celebra o San Ramón Santaballa celebra en setembro a · –que seguro non derradeira- to- ... chamada Lei da Dependencia, que é de ámbito estatal, leva en vigor máis de

Pola documentación antiga sá-

bese que en 1128 xa existía a

parroquia de Sancti Iuliani de

Maurenti. O seu territorio foi

diminuíndo en extensión co

paso dos anos, especialmente

pola expansión do correspon-

dente á vila de Vilalba. Hoxe, a

maior parte do mesmo áchase

na parte meridional do interflu-

vio que conforman os ríos Tri-

maz e Madalena.

Apenas un quilómetro máis ao

norte da antiga e histórica pa-

raxe da Madalena atópase o

lugar do Pazo da Veiga, no que

persiste, aínda que maltreita, a

singular casa grande, denomi-

nada tamén Pazo da Veiga.

Se cadra, por falta de datos, non

espertou a curiosidade dos estu-

dosos da arquitectura pacega,

malia ser un edificio con certa

entidade e, ademais, ter sido no

pasado escenario de importan-

tes acontecementos relaciona-

dos coa historia da Terra Chá.

Até agora, unicamente deron

conta del algúns xornalistas e

historiadores a través de espo-

rádicas achegas aparecidas na

prensa periódica.

Tentando que a acción inexora-

ble do tempo e a incuria dos que

deberían ocuparse del non sigan

producindo os seus perversos

efectos, vou dedicarlle esta

breve achega, sabedor de que

este testemuño talvez no sexa

máis que unha fráxil cana axi-

tada polo vento.

A orixe desta Casa maurentina,

do mesmo xeito cá doutras moi-

tas, esvaécese nas tebras do pa-

sado. Con todo e iso, contra fi-

nais do século XVI,

nomeadamente no ano 1587,

agromou á historia da mesma

Xoán Fernández Solloso, que

nesta data sinalada mercou a

unha tal Madalena Maceda as

tres cuartas partes do lugar do

Pazo da Veiga.

Outro paso moi decisivo no

proceso de institucionalización

desta Casa

deuno en 1620

C o s t a n z a

Pérez Tei-

xeiro, mello-

rando co terzo

e co rema-

nente do

quinto dos

bens raíces

que posuía a

F r a n c i s c o

Pérez Solloso,

un dos seus fi-

llos. Este, pola

súa banda,

con esta her-

danza materna

recibida fun-

dou o mor-

gado da Casa

da Veiga.

Pola súa parte, Xerome, Amaro,

Bautista e outros celibatos que

moraron nesta casa grande e

morreron en paradoiro descoñe-

cido incrementaron considera-

blemente o patrimonio dos seus

lares paternos.

Todo este caudal de bens así

vinculado recibiuno Antón So-

lloso do Monte e Neira, primo-

xénito dos cinco fillos procrea-

dos por Francisco Pérez

Solloso, escribán de número da

xurisdición das Pontes de Gar-

cía Rodríguez, e Xacinta de

Neira, a súa dona. Este vincu-

leiro da Casa do Pazo da Veiga,

capitán dunha das compañías de

milicias do condado de Vilalba

e aspirante frustrado á procura-

doría xeral do concello, casou a

comezos do século XVIII cunha

súa curmá, con Antoa Boado e

Neira, coa que tivo tres fillos:

Roi Antón, Francisco Antón e

Rosa María, que axiña queda-

ron orfos de pai, pois este mo-

rreu o 23 de xullo de 1706.

Polo reconto post mórtem dos

seus bens, realizado pola xus-

tiza ordinaria vilalbesa inme-

diatamente despois do seu pasa-

mento, énos posible coñecer o

alcance do patrimonio inmobi-

liario que deixou, as caracterís-

ticas da casa na que viviu, a

indumentaria que usou en vida,

as armas coas que contou, os

cadros que penduraron das pa-

redes da distintas estancias da

vivenda, o enxoval do que dis-

puxo e outras miudezas da súa

regalada vida cotiá.

Cando a me-

diados do sé-

culo XVIII

se realizou

en Mourence

a parte co-

rrespondente

do Catastro

del Marqués

de la Ense-

nada, o mor-

gado da

mesma, Roi

de Neira e

Solloso, resi-

día e Mé-

xico, e nel

f i g u r a b a

como dono

dunha casa

con alto no

Pazo da Veiga, doutra térrea na

Cotoriña e de trinta e dúas par-

celas de terra, que totalizaban

cento dezanove ferrados, dise-

minados por distintos puntos

desta parroquia. Non consta que

daquela estivesen aforados, e,

xa que logo, pode suporse que

fosen explotados en réxime de

alugamento.

Logo de moitos avatares, este

lugar recaeu nas mans dos

Pardo Montenegro, de Mondo-

ñedo, que ergueron a fábrica da

casa que permanece en pé, e, fi-

nalmente, por doazón dos ir-

máns Goás Pardo, no Asilo de

Mondoñedo, actual propietario

das ruínas deste histórico pazo.

Hoxe en día, os curmáns Be-

nigno e Ramiro, que naceron

nel e sendo nenos aínda corrica-

ron polas dependencias do

mesmo, son os actuais arrenda-

tarios. Pagan de alugueiro

anualmente a correspondente

renda, parte en numerario e o

resto en capóns cebados.

Asevera Xosé María Coira San-

jurjo, nun libro seu de próxima

aparición, que a liñaxe dos do

Monte, da casa do Cascallal de

Xoibán, tivo a súa orixe neste

pazo da Veiga, que el denomi-

naba tamén do Monte.

Non foi descoñecido para as

tropas napoleónicas que transi-

taron por Mourence en 1809 e

mesmo chegaron a protagonizar

acontecementos que aínda per-

duran na memoria de moitos

maurentinos, como foron o fu-

silamento do párroco e doutros

seus conveciños.

Finalmente, tampouco debe es-

quecerse que nel naceu, entres

outras persoas, María Novo

Pardo, esposa de Vicente Peña

Rodríguez, pais dos irmáns

Peña Novo, onde os proxenito-

res daquela eran caseiros deste

rico e feraz lugar.

Fortalezas, Pazos e Casas Grandes

Xosé Luis Novo Cazón

O Pazo da Veiga