VIII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES - edu.xunta.gal · certa ocasión mandárona a cubrir as...

32
AS NOSAS COUSAS 1 Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña) Número 34 XUÑO, 2016 EQUIPO EQUIPO EQUIPO EQUIPO EQUIPO DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO GAEL PONTÓN VÁZQUEZ 4º DE INFANTIL ANA NOVAL SOUTO 2º A DE PRIMARIA VIII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES IAGO CASTRO CANCELO 3º A DE PRIMARIA NEREA VILLASANTE MECÍAS 6º A DE PRIMARIA

Transcript of VIII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES - edu.xunta.gal · certa ocasión mandárona a cubrir as...

AS NOSAS COUSAS 1

Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil ePrimaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña)Número 34 XUÑO, 2016

EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPODINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNLINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

GAEL PONTÓN VÁZQUEZ4º DE INFANTIL

ANA NOVAL SOUTO2º A DE PRIMARIA

VIII CONCURSO DENARRACIÓNS BREVES

IAGO CASTRO CANCELO3º A DE PRIMARIA NEREA VILLASANTE MECÍAS

6º A DE PRIMARIA

AS NOSAS COUSAS 2

VIS

ITA

ND

O O

UR

EN

SE

E A

LL

AR

IZV

ISIT

AN

DO

OU

RE

NS

E E

AL

LA

RIZ

AS NOSAS COUSAS 3

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de1929 en Outeiro de Rei, na Te-rra Chá, en Lugo.Era fillo de Antonio e Pastora,dous labregos acomodados.Seu pai chegou a ser alcaldeda súa localidade.Comezou os estudos primariosna escola de Rábade, en plenaGuerra Civil, e despois prepa-rou o ingreso ao instituto nunhaacademia de Rábade, onde omestre aproveitaba as tardesdos sábados para lerlles aosseus alumnos e alumnas librosen galego. O bacharelato realizouno en Lugo e con 21anos publicou o seu primeiro libro «Muiñeiro de brétemas».Casou con Saleta e foron vivir a Monforte onde Manuelexerceu a profesión de Procurador en Tribunais.Nesta vila tivo unha extraordinaria actividade cultural epolítica: traballou na emisora local, deu unha chea de con-ferencias, abriu a Librería Xis-tral e a editorial do mesmonome, especializada en librosen galego, escribiu unha enor-me cantidade de libros, parti-cipou en moitos movementossociais e políticos... sendo opoeta galego máis musicadode todos os tempo.Foi membro numerario daReal Academia Galega.Polo seu labor a prol da linguae a cultura galega se lle adi-cou o Día das Letras desteano 2016.

MANUEL MARÍAARMANDO X.HERRERO,DINAMIZACIÓNIDIOMA GALEGO

AS NOSAS COUSAS 4

No mes de marzo no CEIP Galán houbo unhas actividadesun tanto especiais.Como conmemoración do 8 de marzo, Día Internacionaldas Mulleres, impartíronse uns obradoiros de igualdade porparte do Centro de Informa-ción ás Mulleres do Concellode Arteixo.¿Queredes saber o que fixe-mos?Pois estivemos nos cursos de1º e 2º falando de estereoti-pos e roles de xénero, e pre-guntándonos ¿hai cousas sóde nenos e cousas só de ne-nas? A verdade é que houboopinións para todos os gus-tos, pero en xeral podemosdicir que a meirande parte do alumnado cre que nenos enenas temos dereito a elixir con liberdade o que nos gustafacer ou o que queremos ser de maiores. Mirade que colla-ge máis chulos montaron!!!

Namentres en 3º e 4º estivemos traballando o tema da co-rresponsabilidade, é dicir, se hai un reparto equitativo entremulleres e homes nas tarefas domésticas e de coidados, eencontrámonos con que sefixéramos unha competi-ción de fórmula un, as naissempre levarían a medallade ouro, porque son elas asque seguen a dedicar máistempo nas tarefas do lar. Asíque dende aquí animamosaos pais e demais familiapara que se responsabilicen das súas tarefas, porque «bo-

DÍA DAS MULLERESMARTAPIÑEIRO ARCA ePATRICIABAÑOS CARRIL

AS NOSAS COUSAS 5

tar unha man» non é suficiente. Velaquí tendes algúns doscompromisos aos que nenos e nenas deste ciclo de prima-ria chegaron consigomesmos/as.

E en 5º e 6º tivemosunhas sesións demoita categoría falan-do das emocións, sísi, diso que eles eelas definiron como«os nosos sentimentos». Ledicia, tristeza, medo, noxo,enfado, sorpresa … E moitas máis!!!Reflexionamos bastante sobre a necesidade de expresar oque sentimos, e se é necesario, pedir axuda á familia e ásamizades cando as emocións están revoltas!!! A rapazadade 5º e 6 º aprendeu que as emocións son universais!!

E para rematar, unha cita das que fan pensar:«Educar a mente sen educar o corazón non é educar enabsoluto» (Aristóteles).

Investigar non é fácil, iso está claro. Aínda que tentes sabermáis sobre algo que forma parte da túa realidade, as respostasás preguntas que che fas es-cápanse entre os teus dedoscoma se fose area. Coñecercomo aprendemos a ler porexemplo, algo cotián, que todoo mundo sabe facer, non ésinxelo. Sabemos que lemospero... Como chegamos a fa-celo? Cando te fas estas pre-guntas buscas nos libros asrespostas, les.

Pero en ocasións, as respostas non están nos libros ou están

O MAPA DO TESOUROPABLOPEDREIRA ,PROFESOR ED.INFANTIL

AS NOSAS COUSAS 6

incompletas, coma se faltase un anaco de mapa do tesouro etes que ser ti mesmo o que tente descubrir e completar esemapa pero... Como facelo? A resposta a esta pregunta resultoumáis sinxela do que en princi-pio parecía: Coa axuda dosnenos e nenas. Colexio trascolexio, neno a neno, nena anena, resposta a resposta, omapa do tesouro foise com-pletando e a solución empe-zou a debuxarse.

Vós, como alumnado do CEIPGalán, coa vosa axuda, contribuístes a que o misterio de comoaprendemos a ler sexa agora menos misterio e os docentesempecemos a coñecer como axudar a que desenvolvades estahabilidade mellor. Moitas Grazas!

Había unha vez uns nenos que estaban na súaclase de ximnasia xogando ao pilla pilla.De súpeto un neno chamado Ian tropezou e man-cou moito a súa perna. Os seus amigos, Sabela,Miguel e Iago correron a verse estaba ben, entón Ian ale-grouse moito.A súa profesora Pili deulleun premio por non cho-rar e ser moi valente: unpaquete de gominolas que Iancompartiu cos seus amigos.Ao saír do cole foron xuntos Sabela,Miguel, Iago e Ian a xogar ao parque e divertíronsemoito.

O ACCIDENTE DE IANTRIANARODRÍGUEZ, 1ºBJAZMIN KWIST

AS NOSAS COUSAS 7

SOMOS MOI BOSOS POETAS DE1º C

Somos moi bostraballamos en equipo,non nos pelexamos,sempre estamos unidos.

Facémolo moi benxogando na pantallabandeira rosa e bandeira azulescribindo na pizarra.

Coñecemos a Manuel Murguía,bailamos con Manuel Maríafixemos un cadro en Belas Artese un mural de Rosalía.

Aprendemos moitas cousasna clase con Marifacemos moita plásticacon distintos materiais.

Mari é fantásticae nós tamén.Gústanos Plickerse ir de excursión.

Queremos mellorar xogando,practicando e traballando.Adeus a todo o colexio.Vémonos para outro ano!

AS NOSAS COUSAS 8

PON O CINTO!ANXOBARREIRO, 3º CSUSOBARREIRO

Érase unha vez un home millona-rio que mercou un Ferrari.Con el facía carreiras e sempre,sempre corría sen poñer o cintonin o casco e iso que semprelle avisaban de que era moiperigoso pero el sempreseguía sen facer caso dasadvertencias dos demaise botábase a rir.Ata que un día nunha ca-rreira chocou e estrompou o na-riz e os dentes e dende aquel día nuncamáis fixo falta avisalo.Agora os que rin son os compañeiros porque a eldálle vergoña rir sen dentes.

DEBUXO: LAURA ESMORÍS BECERRA, 4º A

Había unha vez un peixe e un golfiño.Eran moi amigos e tiñan unhacasiña moi bonita e vivían osdous xuntos.O golfiño tiña 29 anos e o peixetiña 22 anos e chamábanse Alexe Hugo.

O PEIXE E O GOLFIÑOSHEILA ARESESPAÑA, 1º BSONIA ESPAÑALÓPEZ

DEBUXO: IRIA GAVILÁN GONZÁLEZ, 4º C

AS NOSAS COUSAS 9

UN DÍA NA ALDEAANA NOVALSOUTO, 2º AVÍCTORMANUEL NOVAL

Por fin chegou o día. Ana está moi contenta porquevai pasar o día co seu amigo Manolo.El vive nunha aldea perto da Coruña e sempre lleconta historias fascinantes.Cando chegou xa a estaba agardando para ir sa-car auga do pozo, iso eraalgo que a ela lle gustabamoito: botar o caldeiro ecoa axuda de Manolo,subilo cheo de auga ti-rando dunha corda.Pero o que máis lle gus-taba era que Manolo llecontase historias das ár-bores e plantas que habíaarredor da casa.-Sabes Ana? Contaba sempre o meu avó que a fi-gueira florecía por única vez a noite de San Xoán,ás doce da noite, e quen subía á árbore e consegui-ra esa flor, sería rico e feliz para sempre.Tamén lle ensinou a súa «colección» de plantasmedicinais.-Mira, esta é a herba luísa, moi boa para relaxarsee para a boa dixestión; o romeu, para cando estoucanso ou para darme unha fregas para a reuma; aherba de San Xoán, para as queimaduras; a men-ta, para facer ricas infusións... Xa ves que temosherbas para todo. Así estou eu: forte coma un car-ballo! E botouse a rir.

AS NOSAS COUSAS 10

O motivo principal de querer participar no certame do Galán elevarme o agasallo que dan ano tras ano.Pensei en facer unha poesía adicada a Manuel María. Un crea-dor de versos, nado en Monforte de Lemos.Miña nai buscou en Internet. Conseguimos información a eitodeste home singular, que con Saleta foi casar e a Coruña veutraballar.Pero ser un poeta non é cousa sinxela. E como as rimas nonsaían e a miña nai case quencía decidimos rematar esta ofren-da.E que mellor broche final que unha frase do homenaxeado quetodos deberiamos lembrar:

«NUNCA TE RINDAS, TI SEMPRE PODES»

QUERÍA SER POESÍA...AROA PONTÓNVÁZQUEZ, 2º ASANDRAPONTÓN

Ana escoitaba entusiasmada, non lle chegaba a horapara contarlle a seus pais todo o que lle ensinarao seu gran amigo.De camiño a casa, ía pensando... Será verdade o daflor da figueira?-E vós, que pensades?

MANUEL MARÍA

NACEU EN OUTEIRO DE REI, LUGO, O6 DE OUTUBRO DE 1929.

É FILLO DE DOUS LABREGOS: AN-TONIO FERNÁNDEZ E PASTORA

TEIXEIRO. TAMÉN TIVO TRES IR-MÁNS.

O SEU PRIMEIRO LIBRO DE POEMASEDITOUNO EN 1950: «MUIÑEIRO DEBRÉTEMAS»

DEBUXO:

DEBUXO E TEXTO: ISABEL ROIBAL, 5º B

AS NOSAS COUSAS 11

Esta é a historia da fada Avelina, a fada máis trapalleira queconto viu neste mundo. Nunca lle saía nada ao dereito e os seusfeitizos poucas veces acababan como deberían.Por todos cantos contos pasou deixou as súas pegadas. Encerta ocasión mandárona a cubrir as vacacións da fada de Cin-centa, diso hai xa anos e aínda seguen arranxando a desfeitaque montou.Converteu cabalos en ratos. Un pobre rato case espicha des-pois de que Avelina o convertira nunha carroza. Os zapatos fíxo-os de vidro no canto de cristal e rachaban ao poñelos. O vestidode Cincenta era feo con ganas e para rematar, trabucouse deconto e convertiu ao príncipe en sapo.Todo o conto quedou tan revolto que durante moito tempo nonse lle podía contar aos nenos sen que romperan a chorar a bá-goa viva.Chegou a un punto en que a Asociación de Fadas de Conto xanon sabía onde mandala, nin que facer con ela, xa non quedabaconto por onde non pasara e en todos lle fora mal.Avelina pasou anos sen traballar e mesmo pensou en que nonvolvería a facelo. Aos poucos foi esmorecendo e envellecendocon tristura.Chegou un tempo enque foron aparecendouns contos moi raros:«Tiana e o sapo», «Unconto ao revés»,«Shrek»... mesmo pa-recían feitos para Ave-lina.Un príncipe que xa estáconvertido en sapo nonpode ir a peor, unhaprincesa que xa é feasó pode mellorar e seo conto xa está revolto...que máis pode pasar?Voveron chamar a Ave-lina e durante anos foi feliz traballando neste tipo de contos.Hoxe Avelina xa está retirada, pero de cando en vez aínda gozafacendo pequenas aparicións nalgúns destes contos raros.

A FADA BOBAMARTINAGONZÁLEZ, 2º AMANUELGONZÁLEZ DEBUXO: OLALLA VERGARA DÍAZ, 4º B

AS NOSAS COUSAS 12

BUAAAA...

A FADA MALVADAALDARA PÉREZPÉREZ, 1º BMª SOLEDADPÉREZ CARRIL

Había unha vez un neno zurdo que se chamaba Xesús Manuel.Un día morreulle Tito, o seu canario favorito, e púxose a chorare a chorar.Outro día pola noite viu no seu cuarto como unha fada malvadatocaba aos outros canarios e caían coas patiñas para arriba,mooooortos! E Xesús Manuel chorou... e chorou... e chorou.Unha mañá, mentres atravesaba o corredor da escola para ir ásúa aula atopou no chan un anel, era

FERMOSOPúxoo no dedo anular esquerdo e seguiu o seu camiño; ao abrira porta da clase coa súa man esquerda... algo pasou... sen que-rer arrincou a manilla. Algo máis tarde, ao querer abrir a fiestra...botou a man esquerda con coidado pero... desencaixou a fies-tra do sitio e un aire fríííííííoooooooo entrou na clase. Todos osseus compñeiros e a mestra berraron a Xesús Manuel:

-PEROOOOOOOO QUEEEE TESSSSSSHOOOOOOOOOOOXEEEEEEEEEE

QUE ROMPES TODO O QUE TOCAS!!!!!

-ESE ANEL CONVERTIUCHE NUNFORZUDO!!

Correu e correu ata a casa, meteuse na habitación e pechoua porta, apagou as luces e agardou á noite...Cando viu á fada malvada agarrouna mooooooooi forte polasás e pechouna nun escuro baúl.-Non sairás de aí ata que me devolvas os meus paxaros.A fada chorou... chorou... e chorou. NON ATURABA ESTARPECHADA.-Sácame de aquí Xesús. SÁCAME! Aí tes aos teus paxaros eademais prométoche que irei á escola do País das Fadas Boaspara deixar de ser unha FADA MALVADA.

BUAAAAAA BUAAAAAA BUAAAAAA...

DEBUXO: HUGO REY ZAS, 4º A

AS NOSAS COUSAS 13

Por aí vai correndo o meu compañeiro de xogos Kuman. Un cande cor negra e que a min, que xa vou cumprir dez anos, paréce-me un cabaliño polo grande que é.Estamos a mediados do mes de marzo e vai un tempo de pri-mavera, sol, calor...estamos en Culleredo, acabamos de chegar un grupo de adul-tos, un can e máis eu, Laura.Vimos pasar un finde rural a esta casa. Todos os anos pasamosun finde xuntos. A casa é moi bonita e moi grande, e o mellor detodo é que hai unha colchoneta, un bambán e un campo enormecon dúas porterías... acabaremos xogando ao fútbol!Isto sucedía o venres cando chegamos e nos puxemos cómo-dos e mentres preparabamos todo deunos a hora de cear.Kuman e eu fixemos un recoñecemento do terreo e da casa...Sorpresa! Hai máis cans e temos que ter coidado co meu ami-go para que non escape.

Cea rica e, despois de xogar ás cartas, ímonos deitar.Por fin é sábado. Almorzo e saio xogar con Kuman. Os maioresxogan con nós, recollen a casa e descansan escoitando músi-ca, xogando á wii e lendo.Todos os anos facemos churrasco para comer ao soliño e, apro-veitando que hai un campo moi grande xogamos ao fútbol.

FINDE RURALLAURAVERDES, 4º BANA PAZOS

DEBUXO: EVA MARÍA VÁZQUEZ LOZANO, 4º A

AS NOSAS COUSAS 14

Esta historia trata sobre un rapaz ao que...Ben! Xa veredes o que lle pasa.Todos os días Martín vai ao parque cos seus ami-gos. Pero un día veu unha ra e foi a collela, pero oque non agardaba e que esta lle dixera:

-Ola!Martín soltouna de golpe emoi asustado foilles deciraos seus amigos o quepasara.Eles non lle crían epensaba que estabatolo.Ao seguinte díavolveron ao par-

que e Martín andaba a buscar a ra, pero en lugarde iso encontrou un esquío que tamén lle falou easí durante toda a semana. Ía encontrando dende

COMO É POSIBLE?NEREAVILLASANTE , 6º ACASILDAMECÍAS DEBUXOS: LAURA, 4º B

O mellor xogador foi o can que é o que máis come, tamén éverdade, que rompeu cos dentes un par de pelotas. Ten unscairos enormes e coa emoción.. plaf! Pelotas pinchadas.Pasámolo moi ben. Os maiores aproveitan para esquecerse dotraballo e nós os dous pra correr e brincar así que pola noitedurmimos coma marmotas, moitas horas e do tirón.Ohhh! Xa é domingo, dia de voltar ás nosas casas. Mañá derecoller e pasear, comer do que foi sobrando e poñernos enmarcha.Kuman está moi nervioso e un pouco tristeiro porque marcha-mos, pero pagou a pena porque o pasei moi ben.Agardo que poidamos voltar o vindeiro ano.

AS NOSAS COUSAS 15

Ola! Son Martiño,un rebuldeiro golfiño.Vivo no salgado mare encántame nadar e bailar.

Salto e brinco sen parar,ata que a lúa vexo chegar,entón deixome abalarpolas suaves ondas do mar.

Queres ser o meu amigo?Sabes que eu te estimo.Por favor, mantén limpo o marpara que xuntos poidamos xogar.

UN GOLFIÑO REBULDEIROGAELPONTÓN , 4º INF.SANDRAPONTÓN

a ra, o esquío, un rato, un can, un gato, un coello eata... un lobo!

Cando acabou a semana os seus amigosseguían sen crerlle e el levounos a todos

ao parque.Presentoulles a todos os animais e casemorren do susto e sorpresa ao mes-

mo tempo!Unha vez que se tranquilizaron fixéronsemoi amigos dos animais e fixeron un trato:

iríanse turnando e cada día un rapaz levaría aun dos animais para casa e así foi. Coidáronos,mimáronos e foron todos amigos para sempre.

AS NOSAS COUSAS 16

MEDRAMOS EN IGUALDADEALUMNADODEINFANTIL

AÍNDA TEMOS POUCOS ANOS,TEMOS MOITO QUE MEDRAR,PERO IMOS APRENDENDOO QUE HAI QUE VALORAR.

ENTRE HOMES E MULLERESNON É NINGÚN O MELLOR.TEÑEN A MESMA IMPORTANCIATEÑEN O MESMO VALOR.

NON IMPORTA COMO SEXAS,A TÚA COR, SEXO OU IDADE...MEDRAMOS NENOS E NENAS,MEDRAMOS EN IGUALDADE

AS NOSAS COUSAS 17

ALUMNADODEINFANTIL

MEDRAMOS EN IGUALDADE

CADA UN É COMO É,NON TEMOS QUE SER IGUAIS.GÚSTATE MOITO A TI MESMA,E GUSTARÁS AOS DEMAIS!!

DE MULLERES MOI FAMOSAS,FIXEMOS CONTOS E CADROS.DE GLORIA, MARUXA E JULIAE TAMÉN DE FRIDA KAHLO

ELMER, LOLO E CIRILO,XUNTO CON ROSA, A ELEFANTE,CONTÁRONNOS NOS SEUS CONTOSALGO MOI IMPORTANTE:

AS NOSAS COUSAS 18

Meus avós viven na aldea e teñen un can que llechaman Toni.Toni é un can moi bo, axúdalle a lindar as vacas,cuídalle das ovellas e acompáñao todos os días.Un día apareceu na porta da casa outro can queeles nunca viran e déronlle algo de comer e para ooutro día volveu vir.O veciño dos meus avós, Santi, contoulles que ásúa casa tamén ía algúns días a comer pero quenon sabía de onde viñera, nin de quen era.Sospeitaban que alguén o abandonara porque eraun can de caza, os que levan os cazadores ao montecando van cazar coellos e resulta que coincidía quenaqueles días rematara o tempo de caza.Como ía todos os días dunha casa á outra e dicíanque tiña un andar moi especial, decidiron chamarlle«Chulo».O máis triste da historia é que a Chuloun día o atropelou un coche porque oanimal non estaba afeito a andar polaestrada e non viu o perigo e os meusavós quedaron algo tristes... pero me-nos mal que tiñan a Toni.

O CAN CHULO DOS AVÓSSANDROQUINTÁNS , 6º INF.Mª JESÚS lÓPEZ

DEBUXO: AYMAN HRIMOU, 4º A

AS NOSAS COUSAS 19

Había unha vez un canciño que se chamaba Lucky.Estaba feliz cunha familia ata que o abandonaronporque os seus fillos medraran e xa non o que-rían.

HEROEROCÍODOMÍNGUEZ , 5ºCMª BEATRIZVARELA

MAURO E A ANDAVÍAEVA MARÍAVÁZQUEZLOZANO 4º A

Eu son Mauro. Teño tres anos. Sonalto e teño pelo negro, ollos colorcafé e grandes coma pratos. Aboca non a teño nin grandenin pequena e, por último,non teño moza.Na casa da miña avoa haiunha andavía xigante.-Dásma? -díxenlle eu á miña avoa.Non -respondeume- Pero...Entón eu interrumpina e dixen:-Pero... que?-Pero teño outra andavía mellor -dixoa miña avoa.Entón deume outra máis pequena e díxome:-Gústache esta?-Siiii!! -exclamei eu- Grazas

DEBUXO: EQUIPO A TODO FILISPÍN

AS NOSAS COUSAS 20

Daquela comezou a pasar fame e a vagabundearpolas rúas. Tiña frío polas noites.Todo o mundo lle dabapatadas, os rapaces ti-rábanlle pedras e cadavez tiña menos forza eestaba triste.Un día estaba preto da es-trada e viu que unha señoramaior estaba a cruzar e viñaun coche, así que sacou forzas e púxose diante aladrar.A señora decatouse do que fixera o can e colleunopara a súa casa.Lavouno, doulle de comer e entón xa parecía outro.Púxolle de nome Heroe. Outra vez tiña un fogarcon outra familia para ser feliz.

NA ILLA DE AROUSAÓSCARPILLADO , 6º BTERESAVILLAVERDE

Vaia fin de semana acabo de pasar!Foi a primeira vez que viaxei eu só cos meus amigos do equipoá illa de Arousa. Foi emocionante, non só polo que vin, senónpolo que me aconteceu.Despois de pasar a noite no hotel, xunto con outros catro ne-nos, oímos un ruído un tanto sospeitoso, o cal viña do comedor.

DEBUXO: CARLA AÑON VILELA, 4º A

AS NOSAS COUSAS 21

Sabiamos de que se trataba, pero a cousa non pintaba ben.O hotel estaba preto dun sotobosque e decatámonos de queeste se movía preto de nós. Á súa vez vimos como un rabo semeneaba entre a follaxe e unhas estrañas luces alumeaban entodas as direccións.De súpeto berrei:-Alí está!Non sabía o que era pero todas as persoas que alí apareceronmiraron cara á escuridade.Preto de nós, chegou a policia, pensando que as desfeitas quehabía no hotel eran por mor duns actos vandálicos e que entra-ran roubar.Trabucáronse de cheo, xa que aquilo non era obra humana se-nón animal. Todo quedou en nada e descubrimos que o quehabía no sotobosque era un xabaril, xunto con toda a súa fami-lia, intentando aproveitar algún alimento.Desta maneira foi como o comedor aparecera desfeito e cunenorme burato na porta.Foi unha noite moi angustiosa, pero sigo pensando que foi undos fins de semana máis emocionantes da miña vida.

Un día as miñas irmás Yo-mara e Ariana estaban a vera loita libre e entón Yomarae Ari decidiron pelexar pordous títulos.Primeiro entrenaron e en-trenaron moitas veces eapuntáronse á loita libre.Alí pelexaron con moitasrapazas e co paso do tempoestaban na final.Tiveron que subir por unha escalei-ra para acadar os dous títulos: douscinturóns. E conseguíronos.Entón Yomara dixo que se ía pero a Xefa díxolles que non. Nonlles quedou máis remedio que pelexar contra a Xefa.

AS IRMÁNS PELEONASCARLOS ELÍASBORJA , 6º ACARLOS BORJABARRUL

AS NOSAS COUSAS 22

Ao principio a Xefa ía gañando a Ari pero Yomara entrou no ringe pegoulle unha labazada, pero a cousa non acabou aquí.Apareceron os dous irmáns da Xefa e cascáronlle a Ari e Yoma-ra e entón apareceu Nerea, a curmá de Ari e Yomara, e venceu áXefa e aos seus dous irmáns.E así foi como Yomara e Ari foron para a súa casa.

Esta historia vai sobre seis amigos: Luís, Marta,Olga, Marcos, Martín e Carlos.Era o Día dos Santos Inocentes e eles decidiron ir aunha casa rural no campo, lonxe da cidade, a pa-sar alí o día.Cando chegaron, cearon, falaron un anaco e des-pois foron para a cama.A media noite Carlos escoitou uns ruídos e ergueu-se para mirar o que pasaba.Ao levantarse decatouse de que faltaban Luís e Marta.Carlos, moi asustado, avisou aos demais e, angus-tiados, decidiron voltar para a cama, pensando

OS TRES GRACIOSOSNEREA ARIASNOYA, 6º CELENA NOYAARCOS DEBUXO: CINTHYA, 4º C

AS NOSAS COUSAS 23

que cecais espertaran e foran dar un paseíño.Á mañá seguinte seguían sen aparecen Luís e Mar-ta, pero a maiores agora tamén faltaba Martín.Entón Marcos, Olga e Carlos buscáronos por toda acasa. Como na casa non estaban foron buscalos aobosque.No bosque atoparon a cadea de Martín, o zapato deCarlos e o calcetín de Luís.Olga, Marcos e Carlos voltaron para a cidade. Aoentrar na casa para deixar as cousas, alí estabanMartín, Marta e Luís coa cesta posta na mesa erindo.Todo fora unha broma do Día dos Inocentes. Vaiasusto!

QUE BONITO É O AMOR!TATIANACARRO, 6º BANDREARODRÍGUEZ , 6º B

Un día, nunha escola había unha rapaza que sechamaba Venus.

Na escola había unha asignatura queera de moda e o profesor mandouaos alumnos xuntarse por parellas

para facer un debuxo.O mestre elexiu as parellas exuntou a Venus co rapaz quelle gustaba. El tamén estaba na-

morado dela.Ao día seguinte, cando os rapaces es-taban xogando ao fútbol no recreo, o

balón desviouse cara a Venus e deulle no pé.

DEBUXO: ANDREA, 4ª C

AS NOSAS COUSAS 24

O compañeiro ao que lle gustaba Venus foise des-culpar e invitouna ao cine.Despois de ir ao cine pediulle se quería ser a súamoza e ela dixo:-Si!!E foron felices por moito tempo.

Estabamos no verán. Era o día dez domes de agosto.Pola noite era a choiva de estrelas deSan Lourenzo. Como ía un día estu-pendo o ceo estaba todo despexadiño,entón decidimos que esa noite ve-riamos a choiva de estrelas.Cando se fixo de noite, dispuxémo-nos a preparar as cousas. Levamosunha manta pra deitarnos no chan fríoe poder mirar cara ao ceo.Xa levabamos alí un pouco tempocando comezamos a ver caer al-gunha estrela.Para pasar o tempo puxémonosa falar e a imaxinar cousas, porexemplo que ¿que pasaría se viñe-ra un can grande e nos traba? ou¿se salta un lobo e nos come?...Estando imaxinando estas cousas, desúpeto, escoitamos un ruído e quedamos todos ca-

O SUSTOLORENAMARTÍNEZ , 5º AADRIÁNMARTÍNEZ

AS NOSAS COUSAS 25

ladiños polo que puidese pasar. Entón anena máis pequena dixo:-Ui!. Eu laaaargome!Ao rematar a frase levantouse paramarchar. Alí cerca uns rapaces esta-ban agaochados e, ao levantarse a nena,o rapaz meteulle un bo susto...A nena comezou a chorar e despois dunbo anaco conseguimos consolala e lleexplicamos que fora unha broma.Todos acabamos rindo, mesmo a nena.Entre as estrelas, o susto e as risas pa-samos unha noite de verán estupendaque nunca esqueceremos.

Érase unha vez un can que se chamaba Roque. Ro-que era un can moi bo, ata que un día a súa dona,Esmeralda, marchou a Inglaterra. Esmeralda tivoque marchar porque ela quería estudar moda e sóo podía facer nunha universidade inglesa.Roque tiña un amigo chamado Pletón. Pletón era omellor amigo de Roque e Roque o mellor amigo dePletón.Un día a señora Gasela lle ía botar de comer ebotoulle o seu penso e cando voltou para botarlleauga xa non tiña comida. Gasela sorprendeuse

OS CANS LAMBÓNSPAULA RIALCASTELO, 5º BMARINACASTELO DEBUXO: SAMUEL DE YRUEGAS MARTÍNEZ, 4º A

AS NOSAS COUSAS 26

moito porque era imposible que un can coma Ro-que puidese comer tanto nuns minutos.A señora Gasela mirou por todos os lados e nonatopou o mínimo gran de penso.Ao día seguinte volveu pasar o mesmo: Roque co-mera toda a comida nun plis-plas.O que pasaba é que Roque e o seu amigo Pletónfixeran un túnel para que o penso se amoreara easí cando estivera cheo comelo entre os dous.Ao día seguinte a señora Gasela descubriu o túneldo penso, quitouno todo e cegou o túnel con terra.Ao ver isto Roque díxolle a Pletón:-Que raro, amigo. O túnel non está cheo.-Si, amigo. É raro. Imos ver o final do túnel paraver o que hai- dixo Pletón.Foron mirar e só había ... terra!E roque dixo:-Creo que a señora Gasela descubriu o túnel.-Non creo. -dixo Pletón.Pero despois oíron falar polo móbil á señora Gase-la con Esmeralda.-O teu can ten un túnel baixo o comedoiro.-Seino, mamá. Como unha tarde aburríanse díxen-lles que fixeran iso. -dixo Esmeral-da.E a señora Gasela retirou a terrado túnel que fixeran os dous cans.

AS NOSAS COUSAS 27

UN DESEXO MOI ESPECIALARIADNAFERNÁNDEZ , 4ºBAVELINOFERNÁNDEZ

Un día de primavera, meu pai e máis eu decidimosir de pesca ao río que está preto da nosa casa.Era un día nubrado e as raiolas apenas asoma-ban entre as nubes, parecía que se ía botar a cho-ver dun intre a outro.Papá botou o anzol ao río, pero as troitas nonquerían picar. Apenas se achegaban escapaban afume de carozo.Á terceira tirada picou unha e eu dixen:-Tira, Tira forte, papá, que se escapa a troita!Cando papá sacou a troita quedamos abraiados.Era unha troita con escamas de cores. Parecía oarco da vella. Pero o máis sorprendente era quefalaba:

-Soltádeme, por favor e concedereivos un desexo!Nese intre lembreime de que na miña escola tiñaun amigo moi enfermo e pensei que o meu desexosería que se curase o antes posible.Papá soltou a troita na beira do río e ela marchoua toda présa polo río abaixo.

DEBUXO: MARA IGLESIAS ESMORÍS, 4º A

Soltádeme,por favor!

AS NOSAS COUSAS 28

AS GALIÑASIAGOCASTROCANCELO, 3º A

Ola!... Chámome Iago e vou contar unha historiaque me pasou co meu avó Rosendo.Normalmente os venres (cando non teño entre-namento de fútbol, nin teño actividades) vou conel a Canzobre, que alí temos animais e a min gús-tenme moito.Temos un can que se chama Xacomín e gústallemoito xogar e máis pa-sear, pero ten moita for-za e escápame e tenmeque axudar o meu avópara aguantalo.Tamén temos un galo que se cha-ma Pepe e que canta as horas comoun reloxo e ademais coida das gali-ñas, pois o meu traballo e darlles de comer a todoseles e recoller os ovos que poñen as galiñas.O niño sempre está cheo de ovos pero a min pare-cíame que iso tiña que ser así, ata que fun me-drando e me decatei de que o meu avó recollía osovos pola maña e colocábaos no niño antes de quefora eu para que estivera sempre cheo.Toda esta operación tiña unha explicación: as gali-ñas comían os ovos!!!

DEBUXO: NOA RODRÍGUEZ SOMOZA, 4º A

Ao día seguinte, cando cheguei á escola, vin quehabía moito balbordo na entrada: Xurxo estaba devolta na escola!

AS NOSAS COUSAS 29

EUROCONCURSAZOEQUIPO A TODOFILISPÍN!

%

Para participar no Euroconcursazo só tes que ler a revista, cu-brir os pasatempos, recortar pola liña e introducir esta folla nomonstro azul do recibidor do colexio. O agasallo será... sor-presa modelo verán 2016 . Rápido e... sorte!

NOME E APELIDOS CURSO

LABIRINTO

Marca os camiños con cores diferentes para uniros elementos que están relacionados.

MANUEL MARÍAOS SOÑOSNA GAIOLA

O BIGOTEDE MIMÍ

AS NOSAS COUSAS 30

O ENCRUCILLADO TERRIBLE

Despois de ler a revista, non terás problema en solucionar esteencrucillado. Ah, podes pedir axuda. Sorte, de novo!

1.- Nome da fada boba.2.- Así estaba o mar onde estaba o golfiño rebuldeiro.3.- Primeiro apelido do escritor Manuel María.4.- O que lle deron de premio a Ian por ser tan valente.5.- Era a nai de Esmeralda e dáballe de comer aos dous cansque fixeron un túnel, Roque e Pletón.6.- Os rapaces e rapazas de 1º C escriben na...7.- Número de graciosos que gastaron unha broma o Día dosInocentes.8.- Nesta localidade coruñesa pasou a finde rural Laura Verdes.9.- Animal con plumas, de nome Pepe e que canta as horascoma un reloxo.10.- Xesús Manuel usaba a man esquerda. Era...11.- Illa pontevedresa á que viaxou Óscar cos seus amigos doequipo.12.- Nome do amigo de Ana que vive na aldea.13.- Animais que lindaba Toni, o can dos avós.

6

7

3

9

5

4

10

12

1

2

8

A

S

O

S

A

S

N

C

O

U

S

A

S

11

13

AS NOSAS COUSAS 31

CO

ÑE

CE

ND

O

A F

RA

GA

DE

SIS

AL

DE

CO

ÑE

CE

ND

O

A F

RA

GA

DE

SIS

AL

DE

AS NOSAS COUSAS 32

AO INSTITUTO... A TODO FILISPÍN!!AO INSTITUTO... A TODO FILISPÍN!!AO INSTITUTO... A TODO FILISPÍN!!AO INSTITUTO... A TODO FILISPÍN!!AO INSTITUTO... A TODO FILISPÍN!!

MONTSE SOUTOPATRICIA BAOJULIO PEDROSAMª CARMEN IGLESIASARMANDO X. HERRERO

SEXTO ACARLOS, ALEJANDRO, JOSEBA, MATIS,NEREA, CARLA, ÁNGEL, DIEGO C., DIE-GO V., MIGUEL, IVÁN, CONCHI, A PRO-FESORA E SARAYIRENE, ANAÍS, NICO, ARTAI, NICKI, SARAE MIGUEL, O PROFESOR.

SEXTO BALBA, SORAYA, XAVIER, YERAY, ÁLEX,PABLO, ANTONIO, O PROFESOR, ÓSCARE BILAL.PAULA, TATIANA, NEREA, ANDREA R.,AROA, ANOUILLÁN, ANDREA Z., HUGO,ENRIQUE E ANDRÉ.

4º DE INFANTILMARTÍN, SAMUEL, VALERIA, AROA, MAYRA, YAI-ZA, DENIS, ANTÍA, ZAIRA, ANTÓN, VEGA, NIKO,GAEL, ANA, DAIDA, NEREA, DANIEL, LÍA, CAN-DELA, XURXO E AS PROFES MONTSE E RAQUEL.(FALTABAN LUCÍA E ESTELA)

4º DE INFANTIL: OS NOVOS4º DE INFANTIL: OS NOVOS4º DE INFANTIL: OS NOVOS4º DE INFANTIL: OS NOVOS4º DE INFANTIL: OS NOVOS

SEXTO CJARA, NATALIA, ANDRÉS, EDUARDO,VALENTÍN, DYLAN, NAIMA, FRANCO EAARÓNUXÍA, ESTELA, REBECA, DANI, NEREA,CHRISTIAN, KETELY, DESIRÉE E SUSA-NA, A PROFESORA (FALTOU SAMUEL)

EQUI

PO

DIN

AMIZ

ACIÓ

ND

A LI

NGUA

GAL

EGA