victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e...

4
Nas fotografías de Victoria Diehl, que derivan dunha relectura dese proceso de vida e morte das estatuas, pasando polas inevitábeis reflexións sobre o corpo e a identidade feminina, descansa, sobre todo, unha premisa que encaixa co relato de Yourcenar: toda escultura existe no tempo. Aínda que tamén é verdade que non o fai dun xeito firme, estábel. Sen ir máis lonxe, é raro que imaxinemos a cor de tantas estatuas policroma- das que chegaron até nós. Esa vida bórrase para nacer outra, o outro lado da moeda, pero unha moeda que no fondo é froito dunha mesma cara, como unha banda de Moebius. Yourcenar fálanos dunha beleza involuntaria asociada aos avatares da historia. Esa que nace dun corpo comido polo tempo. A beleza no frag- mento. Na ruína das cousas. Pero tamén a beleza rota daquelas estatuas que foron arrasadas do seu pedestal en golpes iconoclastas. Esa beleza decapitada que se ensaiará moito máis tarde nunha vonta- de de abstracción; curioso, pero tamén afortunado, paradoxo. «Os nosos pais restauraban as estatuas; nós quitámoslles o seu nariz e as súas próteses; os nosos descenden- tes, á súa vez, farán probabelmente outra cousa» 1 . Será a relación polimórfica co real que propón Victoria Diehl esoutra volta de torca. Os nosos antepasados non soportaban a dor desas mutilacións nas estatuas, esas marcas de violen- cia. Intúo que Victoria Diehl tampouco. As súas obras pretenden recuperar esa vida das estatuas e, seguramente, esa simbiose co humano esperte a nosa durmida capacidade de conmoción para facernos pensar nelas, admiralas de novo, ser capaces de ir máis aló, até esa éxtase metamórfi- ca que pode esconderse se cicelamos á inversa victoria diehl Non hai outros paraísos que os paraísos perdidos Escribíao Marguerite Yourcenar: «O día en que unha estatua está terminada, a súa vida, en certo sentido, empeza». Tras o seu primeiro paso do bloque á forma humana, a vida da escultura comeza outro pulso: o da admiración ou o desprezo, o da conservación ou o desgaste. Esa vida é un camiño cara á morte, cara a ese estado mineral informe que foi operado e deconstruído polo escultor. David Barro esa vida das estatuas. As fotografías de Victoria Diehl son unha violación da anatomía e o tempo, un desafío perceptivo que desemboca nun enig- ma irresolúbel. O dito non anda lonxe do citado relato de Yourcenar: «Os grandes afeccionados ás antigüi- dades restauraban por piedade. Por piedade des- facemos nós a súa obra. Poida que tamén nos afi- xésemos máis ás ruínas e ás feridas». 2 Pero non só iso. Ese costume, e a inclinación que a nosa época sente cara ao abstracto, lévanos a amar esa ruína. Afirmábao Medardo Rosso no primeiro dos seus escritos, «o importante en arte é facer esquecer a materia». 3 Victoria Diehl conségueo. Aínda que non da mesma forma de Rosso; neste era a dilución da forma, o proceso de desmateria- lización que experimentaban as súas figuras, coma se grumos de cera as rodeasen para deixa- las cegas; en Victoria Diehl será un proceso de fusión imaxinaria a partir das novas posibilidades dixitais. Rosso tentaba a desproporción —xusto o que todos, até entón, trataban de corrixir—, con- vencido de que as emocións están libres das pers- pectivas materiais e de que a única perspectiva exacta é a da nosa propia emoción. O fermoso era o non obxectivo, o que nos fai pensar. O xogo de reencarnacións proposto por Victoria Diehl semella aliarse con esa dúbida, a modo de desafío, aínda que a resolve máis como crúa advertencia: o que nos parece cruel e agresivo do noso presente (o corpo) é considerado belo ao mirar dende o retrovisor, porque o afastado (a estatua), esa fisura do pasado, tórnase belo cando se baña dunha pátina de nostalxia romántica. Victoria Diehl constrúe o seu imaxinario nesa zona de indeterminación e opera un cambio de orde. Penso niso que Francis Bacon chamaba «secuencias movedizas» ou, incluso, «ordes de sensacións». En Bacon a figura rompe co figura- tivo: «quixen pintar o berro antes que o horror», chegará a afirmar. En Victoria Diehl tamén se dá ese desafío á anatomía, esa fuga dos límites, que choca, na fusión da carne e a pedra, convertida pola artista nunha soa forma, ou mellor, nun enigma que se ofrece como fisura perceptiva, como sensación. Como en Bacon, en Victoria Diehl existe unha zona de indiscernibilidade, 4 onde todo tende a escaparse, a atravesar o espe- llo da historia. Como aquel espello de Alicia que imaxinou Lewis Carroll: «borrouse moi lentamen- te... terminando polo sorriso, que persistiu algún tempo despois de que o resto do animal desapa- recese» 5 . Falamos de transformacións e episodios nun longo camiño: «Houbo fráxiles mármores, en cambio, que saíron do mar corroídos, comidos, ornados de barrocas volutas esculpidas polo capri- cho das ondas, cheos de cunchas incrustadas como esas caixas que comprabamos nas praias cando eramos nenos. A forma e o xesto que lles impuxo o escultor non foron para esas estatuas senón un breve episodio entre a súa incalculábel duración de roca no seo da montaña e logo a súa longa existencia de pedra xacente no fondo das augas. Pasaron por esa descomposición sen ago- nía, por esa perda sen morte, por esa superviven- cia sen resurrección que é a da materia entregada ás súas propias leis; xa non nos pertencen» 6 . As fotografías de Victoria Diehl mostran o padecemento desas estatuas. Pero, ao mesmo Sen título. Fotografía dixital. 103 x 125 cm. 2003

Transcript of victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e...

Page 1: victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e formalizado en imaxe por Victoria Diehl ten aquel sentido de «río» que tiña para

Nas fotografías de Victoria Diehl, que derivandunha relectura dese proceso de vida e morte dasestatuas, pasando polas inevitábeis reflexiónssobre o corpo e a identidade feminina, descansa,sobre todo, unha premisa que encaixa co relatode Yourcenar: toda escultura existe no tempo.Aínda que tamén é verdade que non o fai dunxeito firme, estábel. Sen ir máis lonxe, é raro queimaxinemos a cor de tantas estatuas policroma-das que chegaron até nós. Esa vida bórrase para

nacer outra, o outro lado damoeda, pero unha moeda queno fondo é froito dunhamesma cara, como unha bandade Moebius.

Yourcenar fálanos dunhabeleza involuntaria asociadaaos avatares da historia. Esaque nace dun corpo comidopolo tempo. A beleza no frag-mento. Na ruína das cousas.Pero tamén a beleza rotadaquelas estatuas que foronarrasadas do seu pedestal engolpes iconoclastas. Esa belezadecapitada que se ensaiarámoito máis tarde nunha vonta-de de abstracción; curioso, perotamén afortunado, paradoxo.

«Os nosos pais restaurabanas estatuas; nós quitámoslles o

seu nariz e as súas próteses; os nosos descenden-tes, á súa vez, farán probabelmente outracousa»1. Será a relación polimórfica co real quepropón Victoria Diehl esoutra volta de torca. Osnosos antepasados non soportaban a dor desasmutilacións nas estatuas, esas marcas de violen-cia. Intúo que Victoria Diehl tampouco. As súasobras pretenden recuperar esa vida das estatuase, seguramente, esa simbiose co humano espertea nosa durmida capacidade de conmoción parafacernos pensar nelas, admiralas de novo, sercapaces de ir máis aló, até esa éxtase metamórfi-ca que pode esconderse se cicelamos á inversa

vviiccttoorriiaa ddiieehhll

Non hai outros paraísosque os paraísos perdidos

Escribíao Marguerite Yourcenar: «O día enque unha estatua está terminada, a súa

vida, en certo sentido, empeza». Tras o seuprimeiro paso do bloque á forma humana, a

vida da escultura comeza outro pulso: o daadmiración ou o desprezo, o da

conservación ou o desgaste. Esa vida é uncamiño cara á morte, cara a ese estado

mineral informe que foi operado edeconstruído polo escultor.

David Barro

esa vida das estatuas. As fotografías de VictoriaDiehl son unha violación da anatomía e o tempo,un desafío perceptivo que desemboca nun enig-ma irresolúbel.

O dito non anda lonxe do citado relato deYourcenar: «Os grandes afeccionados ás antigüi-dades restauraban por piedade. Por piedade des-facemos nós a súa obra. Poida que tamén nos afi-xésemos máis ás ruínas e ás feridas».2 Pero non sóiso. Ese costume, e a inclinación que a nosaépoca sente cara ao abstracto, lévanos a amar esaruína.

Afirmábao Medardo Rosso no primeiro dosseus escritos, «o importante en arte é faceresquecer a materia».3 Victoria Diehl conségueo.Aínda que non da mesma forma de Rosso; nesteera a dilución da forma, o proceso de desmateria-lización que experimentaban as súas figuras,coma se grumos de cera as rodeasen para deixa-las cegas; en Victoria Diehl será un proceso defusión imaxinaria a partir das novas posibilidadesdixitais. Rosso tentaba a desproporción —xusto oque todos, até entón, trataban de corrixir—, con-

vencido de que as emocións están libres das pers-pectivas materiais e de que a única perspectivaexacta é a da nosa propia emoción. O fermosoera o non obxectivo, o que nos fai pensar. O xogode reencarnacións proposto por Victoria Diehlsemella aliarse con esa dúbida, a modo dedesafío, aínda que a resolve máis como crúaadvertencia: o que nos parece cruel e agresivo donoso presente (o corpo) é considerado belo aomirar dende o retrovisor, porque o afastado (aestatua), esa fisura do pasado, tórnase belo candose baña dunha pátina de nostalxia romántica.

Victoria Diehl constrúe o seu imaxinario nesazona de indeterminación e opera un cambio deorde. Penso niso que Francis Bacon chamaba«secuencias movedizas» ou, incluso, «ordes desensacións». En Bacon a figura rompe co figura-tivo: «quixen pintar o berro antes que o horror»,chegará a afirmar. En Victoria Diehl tamén se dáese desafío á anatomía, esa fuga dos límites, quechoca, na fusión da carne e a pedra, convertidapola artista nunha soa forma, ou mellor, nunenigma que se ofrece como fisura perceptiva,como sensación. Como en Bacon, en VictoriaDiehl existe unha zona de indiscernibilidade,4

onde todo tende a escaparse, a atravesar o espe-llo da historia. Como aquel espello de Alicia queimaxinou Lewis Carroll: «borrouse moi lentamen-te... terminando polo sorriso, que persistiu algúntempo despois de que o resto do animal desapa-recese»5.

Falamos de transformacións e episodios nunlongo camiño: «Houbo fráxiles mármores, encambio, que saíron do mar corroídos, comidos,ornados de barrocas volutas esculpidas polo capri-cho das ondas, cheos de cunchas incrustadascomo esas caixas que comprabamos nas praiascando eramos nenos. A forma e o xesto que llesimpuxo o escultor non foron para esas estatuassenón un breve episodio entre a súa incalculábelduración de roca no seo da montaña e logo a súalonga existencia de pedra xacente no fondo dasaugas. Pasaron por esa descomposición sen ago-nía, por esa perda sen morte, por esa superviven-cia sen resurrección que é a da materia entregadaás súas propias leis; xa non nos pertencen»6.

As fotografías de Victoria Diehl mostran opadecemento desas estatuas. Pero, ao mesmo

Sen título.

Fotografía dixital.

103 x 125 cm.

2003

Page 2: victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e formalizado en imaxe por Victoria Diehl ten aquel sentido de «río» que tiña para

inaudíbel: o corpo é un pensamento máis sor-prendente que a antiga alma»9.

Como as aparencias, as fotografías de VictoriaDiehl son algo ao que aferrarnos, para non preci-pitarnos no chan, como o somnámbulo. EscribíaoBorges en Os conxurados: «sei que perdín tantascousas que non podería contalas e que esas perdi-cións, agora, son o que é meu»10. Non hai outrosparaísos que os paraísos perdidos. ❚ El cuerpovulnerable. Editorial Dardo. 2008

tempo, entendo que se sitúan próximas do erotis-mo que nos narra Bataille. Para este, a morte é aviolencia maior, ao arrincarnos da obstinaciónque temos de ver durar o ser descontinuo quesomos. Nas imaxes de Victoria Diehl non hai sacri-ficio que nos libere do pesadelo da descontinui-dade, pero si nos topamos coa vida como mortee a morte como vida. A morte como rexeneraciónaquí é unha sorte de erotismo, nese afán por cru-zar todos os límites. Bataille fala de como logo dadescomposición tout court nacen novas formasde vida. E esa ambivalencia flutúa nas imaxes deVictoria Diehl, capaces de emerxer como náusea,como un vómito capaz de anticipar a propiamorte, e como resurrección, como respiraciónasistida.

Deleuze sinala como a boca en Francis Bacon éun buraco por onde o corpo se escapa. Así, des-cende a carne, a cor... En Bacon o corpo está entránsito, algo así como o devir que proxecta oimaxinario fotográfico de Victoria Diehl. Natural-mente, ese corpo en tránsito non é novo na arte.Sen ir moi lonxe, poderiamos pensar en comoMax Ernst converteu o plano da Île de la Citê (esa

illa que nace no medio do Sena) nun descortiza-do corpo de muller. Anos máis tarde, Arman con-formará un torso con luvas. Pero nese xogo demetamorfose surrealista destacaría, sobre todo, Afilosofía no dormitorio, de Magritte. Nel, a mullerdesaparece do cadro nunha sorte de castraciónimaxinada polo pintor en homenaxe ao Marquésde Sade. Tamén en Violación, Magritte apaga orostro dunha muller e substitúe os seus ollos eboca polas súas zonas eróxenas. Mais dende opunto de vista conceptual poderiamos falar dasesculturas viventes de Manzoni ou Gilbert &George.

Victoria Diehl configura unha estratexia distin-ta para, en moitos casos, falar do xa falado. Apartir dun simple proceso que consiste nun xogode reencarnacións, resucita a pedra e petrifica oscorpos. Para Rosa Olivares, «dá corpo a un dostraballos máis románticos da fotografía españolaactual. Dende a pedra até a carne nunha viaxe deida e volta, xa que, se nos seus primeiros traba-llos, cuns lixeiros toques de cor e co encadre ade-cuado (dos que habería que destacar a orixinali-dade dalgúns deles) nos ofrece a pedra nun pro-

1 Yourcenar.2 Ídem.3 Ver Medardo.4 Ver Deleuze.5 Carroll.6 Yourcenar.7 Rosa Olivares.8 Antón Castro.9 Nietzsche, F.: FRAGMENTS POSTUMES. Automne 1884 ? automne

1985. Oeuvres philosophiques complètes, Paris, Gallimard,

1982.10 Borges, J. L.: Los conjurados, Madrid, Alianza, 1985.

ceso de resurrección, reencarnándose en seresvivos, con calor de vida nos seus fríos corpos; nosseus traballos máis recentes vemos o procesoinverso: como corpos reais se van convertendo enpedra, nun proceso de perda de cor e vida quegreta a súa pel e cuartea as superficies»7.

Para lograr todo iso, Victoria Diehl apóiase noverismo fotográfico e a apropiación para coque-tear co real ficcionalizado. Pero a construción éprevia, o debuxo desa imaxe que finalmentevemos sempre chega antes, a modo de nota sin-copada. O mito, o conto, a representación. Perotamén a identidade desdobrada de Rimbaud8. E otrompe-l’oeil, porque a fotografía estabelece vín-culos non só simbólicos senón tamén físicos emateriais. Como unha aparición gravada, atrapa-da para a eternidade.

En definitiva, o corpo imaxinado e formalizadoen imaxe por Victoria Diehl ten aquel sentido de«río» que tiña para Nietzsche. O corpo comopensamento fluído. «O corpo humano, no querevive e se encarna o pasado máis afastado e omáis próximo, a través do cal, máis aló do cal epor encima do cal parece fluír un río inmenso e

Sen título.

Fotografía dixital.

125 x 192 cm.

2007

Sen título.

Fotografía dixital.

86 x 125 cm.

2003

Page 3: victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e formalizado en imaxe por Victoria Diehl ten aquel sentido de «río» que tiña para

Como no The Waste Land deEliot, as forzas da naturezarebélanse dende a súa condi-ción mítica en busca dun pre-sente continuo, pero, no casode Diehl, a nacarada carnehumana, de tacto frío, coa peldas vellas estatuas espidas quenaceron en Grecia e en Roma ese popularizaron no clasicismoneo ou no dramatismo barrocode Bernini, mudan a súa quie-tude simbólica con cheiro anecrofilia conmemorativa encorpos revividos, capaces desentir e de transmitir emocións;capaces de romper o hieratismodaqueles retratos e iconografíasnarrativas para afirmar a identi-dade desdobrada de Rimbaud.Entón o je est un autre, disper-sando o individual e o ego, nonfai máis que reforzar a escisiónda identidade que xa previra apsicanálise. E o corpo elévasecomo expresión física do eu,imaxe e receptáculo simbólico:lugar onde se citan o desexo ea sedución, a paixón e a dor, ocotián e a fascinación narcisistatanto coma a citada identidademúltiple, sempre complexa eescindida, auténtico instrumen-

to performántico e metairónico para interpretar omundo dende a fraxilidade metonímica que irre-misibelmente nos remite ao ser humano. É o ecodo corpo creativo, ao que tan marabillosamentealude Octavio Paz en moitos dos seus libros, quelogra arrincar na modernidade carnosa e constan-te de Whitman, proxectado na súa linguaxe comopresenza plural. Sen o corpo —di respecto diso—a poesía daquel quedaría en oratoria, sermón,

editorial de xornal, proclama. A súa poesía enchede ideas e pseudoideas, lugares comúns e autén-ticas revelacións; é unha enorme masa gasosaque, de súpeto, encarna nun corpo-linguaxe quepodemos ver, cheirar, tocar e, sobre todo, oír.1 Deaí nace o singular propósito de Paz, exaltando opresente que é a presenza do corpo, cuxa rebe-lión é tamén a da imaxinación,2 e, en definitiva,sen ser a procura do Edén terrestre nin da eterni-dade sen datas, é a procura da realidade real, é ohoxe e é a antigüidade máis antiga, é mañá e é ocomezo do mundo, ten mil anos e acaba denacer:3 é o outro tempo, o verdadeiro, o que bus-cabamos sen sabelo, é dicir, o presente, a presen-za, o corpo.

da carne á pedraNun marco de xéneros artísticosdiluídos e cos seus límites rotos,

a obra de Victoria Diehl,explícita no propio título da

exposición que presentamos, DaCarne á Pedra, exemplifica osentimento totalizador dunha

estética que hibridiza a historiada arte, a través dalgúns dos

seus mitos clásicos, e opresente, para situarnos fronte a

unha linguaxe que funde,nunha sorprendente colaxe de

orde visual e conceptual,aquelas ideas de representaciónque nos remiten, sen fisuras, á

pintura e á escultura, nun puntode encontro da súa conxelación

apropiacionista: a fotografía.Antón Castro

Victoria Diehl atopouno no mundo secreto dasestatuas, ocultas na poética do tempo, ou talvezno tenebrismo escuro das sombras, que reflictenas tormentas e os rumores de Eliot.

Na súa transgresión do tempo, o fragmentariosuxire o todo, e a cita metonímica alude aos pro-pios problemas como problemas do mundo(escritos no corpo mutilado ou non, que evoca amiña filosofía que confrontaba o sacro ao profa-no, que con tanto acerto teorizou Julia Kristeva,hai uns anos, nunha exposición sobre o tema, noLouvre parisiense), revivindo a nacarada imaxe domármore ou acudindo á suxestión e ao xesto quedebemos descifrar: ollos que escrutan, bocas queclaman, rostros, peitos, corpos que se moven no

Sen título.

Fotografía dixital.

113 x 125 cm.

2003

Page 4: victoria diehlculturagalega.gal/album/docs/08 dielh.pdf · En definitiva, o corpo imaxinado e formalizado en imaxe por Victoria Diehl ten aquel sentido de «río» que tiña para

Vigo; ARTESANTANDER’06; Iconos, Outo-

no Fotográfico, Galería Sargadelos, O

Barco de Valdeorras; ARTE LISBOA’06;

ART SALAMANCA’06; ESTAMPA’06;

VALENCIA ART’06; FOROSUR’06; 2005:

ARCO’05; Mensajes Cruzados, ARTIUM,

Vitoria; Generación 2005, Caja Madrid,

Madrid, Barcelona, Valencia, Salamanca e

Santander; La Naturaleza Muerta en el

Tiempo, Palacio de las Cigüeñas, Cáceres;

Tras da Pel, Galería C5 Colección, Compos-

tela; ARTESANTANDER’05; XXIII Bienal de

Arte de Vila Nova de Cerveira, Vila Nova

de Cerveira; Novos Autores na Fotografía

Galega, Barcelona; Vilafranca Contempo-

ránea de Fotografía’05, Galería Sicart,

Vilafranca del Penedès; ART SALAMAN-

CA’05; ESTAMPA’05; ARTE LISBOA’05; IV

Premio Auditorio de Galicia para Novos

Artistas, Compostela; La Realidad Trans-

formada, Concello de Alcorcón, Alcorcón.

2004: I Certame de Pintura Concello de

Monforte de Lemos, Monforte de Lemos;

VIII Mostra Unión Fenosa, MACUF, A Coru-

ña; III Certame de Artes Plásticas Deputa-

ción de Ourense, Ourense; VI Bienal de

Artes Plásticas Ciudad de Albacete, Alba-

cete; Certamen de Fotografía INJUVE’03,

Sala Amadís, Madrid; Encontros Interna-

cionais da Imagem, Braga; ARTE LIS-

BOA’04; XIX Premio de Pintura BMW,

Madrid; V Salón de Outono de Pintura da

Coruña, Fundación Caixa Galicia, A Coru-

ña. 2003: XX Certame de Pintura de Cam-

bre, Cambre.

curso performántico. Seres amentados poralgunha das súas partes ou por determinadosobxectos… maniféstansenos como imaxes duntempo simbólico, que é o da capacidade gadame-riana de recoñecernos a nós mesmos.

Definitivamente o tempo das estatuas pode sertamén un espello da vida, implícito na estética doeu máis solidario das escisións que imaxinou Rim-baud. ❚ Dalla Carne á Pietra. Instituto Cervantes de Milán,

2007. Ed. Gallimard. Paris.

Victoria Diehl (A Coruña, 1978)

Licenciada en Belas Artes, especialidade

de Pintura, pola Universidade de Vigo.

Premios e bolsas: Bolsa da Academia de

España en Roma; Bolsa Tentaciones,

Estampa’05; 1º Premio no I Certame de

Pintura Concello de Monforte de Lemos;

Medalla no IV Certame Nacional Parla-

mento de La Rioja; 1º Premio no XX Certa-

me de Pintura do Concello de Cambre;

Accésit no Certamen de Fotografía INJU-

VE’03; Bolsa de Creación Fotográfica do

Concello de Santiago de Compostela.

Exposicións individuais: 2008: Victoria

Diehl, Escuela de Arte de Mérida, Mérida,

Badaxoz. 2007: Leben und Tod der Statuen,

Instituto Cervantes, Viena; Dalla Carne a

la Pietra, Instituto Cervantes, Milán; El

Cuerpo Vulnerable, Galería Bacelos, Vigo.

2006: Dalla Carne a la Pietra, Instituto Cer-

vantes, Roma; El Tiempo, Gran Escultor

(con Maribel Domenech), Espacio de Arte

Contemporáneo La Barbera, Villajoyosa,

Alacante. 2003: Outono Fotográfico, Fun-

dación Caixa Galicia, Ourense; 1ª Bolsa de

Creación Fotográfica do Concello de San-

tiago de Compostela (con Olalla García),

Museo do Pobo Galego, Compostela.

Exposicións colectivas (selección):

2008: ARCO’08; Atemporalidad, Colección

Pecar, Museo de Bellas Artes de Santan-

der; FORO SUR’08; HOT ART FAIR’08;

Unha marea de amor, Fundación Caixa

Galicia, A Coruña. 2007: ARCO’07; FORO

SUR’07; DFOTO’07; PHOTO-LONDON’07;

ARTESANTANDER’07; Objeto de Réplica,

La Colección VII, ARTIUM, Vitoria; Afinida-

des Selectivas, Casa da Cultura Galega,

Vigo; Roma Ida y Vuelta, AECI, Teatro Circo

Price, Madrid; 25 Outonos, Outono Foto-

gráfico, Casa da Xuventude, Ourense; ART

SALAMANCA’07. 2006: Catarsis. Rituales

de Purificación, ARTIUM, Vitoria; Flesh II,

Galería Clave, Murcia; Academia’06, Aca-

demia de España, Roma; Urban/Suburban,

Fotografia-Festival Internazionale di

Roma, Roma; DIVA ART FAIR’06; Esperan-

do 1000 Palabras, Casa Galega da Cultura,

1 Los hijos del limo. Ed.

Seix Barral. Barcelo-

na, 1990, p. 164.2 Ídem., p. 219.3 A quête du présent.

Discours de Stoc-

kholm.

Sen título.

Fotografía dixital. 86 x 125 cm. 2005