Viaxe no tempo
Click here to load reader
-
Upload
esperanza-vazquez-dopico -
Category
Documents
-
view
141 -
download
6
Transcript of Viaxe no tempo
Achegábanse os días máis longos do ano e iamos celebrar a festaanual do solsticio de verán.
A actividade no Clan era frenética. Os homessaíran de caza e as mulleres levabamosvarios días recolectando froitas, raíces, brotes, bulbos, tubérculos…. todo o necesario para poder preparar o xantarda festa, acontecementotan esperado por todas e todos nós.
Nos días anteriores á cacería estiveramosrompendo e moendo as lándoas queapañáramos. Coa fariña resultante fixemos unhaespecie de pasta que aplastamos en forma depequenos pasteis que logo recubrimos conxarope de arce e puxémolos a secar ao sol.
A cacería sempre era un reto para os mozosdo poboado e unha grande responsabilidade paraos homes maiores que sabían da perigosidade edos riscos aos que se tiñan que enfrontar.
O feiticeiro da aldea preparara o ritual onde
implorara a protección dos cazadores contra
os espíritus malignos e encomendara á Nai
Terra que lles permitira cazar un animal para
poder sobrevivir.
Esa mañá moi
cedo os homes saíran
coas súas lanzas na
percura dun grande
oso das cavernas ao
que levaban
seguíndolle a pista
durante varios días.
A cacería fora
dificultosa pero entre
todos conseguiran
matalo e traelo ao
poboado.
Cando chegaron, as mulleres xa tiñamos
todo disposto para preparar o xantar e poder
cociñar para a gran festa. Despelexamos o
animal, troceamos a carne e fómola colocando
en pozos forrados de pedras que quentáramos
con lumeiradas, onde estaría asándose durante
un día enteiro.
Mentres se asaba a carne, preparamos unhaspotas de coiro que colgamos enriba dos lumes. Nunhas puxemos a ferver tubérculos e raíces variadas e noutras cociñamos espárragos silvestres, ceboliñas, cogumelos e diferentes tipos de verzas. Lavamos unha morea de follas de leituga silvestre e de dentes de león que serviríamos crúas cun prebe de graxa de oso quente, especias e sal que engadiremos a última hora. Por último preparamos os arandos, moras e frambuesas silvestres que servirían de sobremesa para o gran festín.
Xa está todo disposto para o gran día…
RIIIIIIINNNNNNGGGGG !!!!
Soa o espertador. Son as sete e media da
mañá e xa é hora de erguerme para ir ao
instituto.
Foi unha mágoa que xusto no momento de
ir celebrar a festa do solsticio de verán tivera
que volver á realidade.
Coido que sería fantástico poder facer unha
viaxe no tempo para poder vivir unha grande
aventura na Prehistoria.
TRABALLO REALIZADO POR:
ESPERANZA VÁZQUEZ
DOPICO