VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura

20
Celia Díaz Núñez

description

Guía de lectura da obra de teatro infantil Velaí vai o papaventos. Con suxestións de actividades de expresión oral, creación literaria, expresión plástica, etc.

Transcript of VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura

Page 1: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

Celia Díaz Núñez

Page 2: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

Tamén dispoñible en formato e-book en Amazon

BOOK TRAILER de Celia Parra Díaz (en Youtube e Vimeo)

PÁXINA DE FACEBOOK: velaivaiopapaventos

Esta guia pode descargarse en versión dixital en ISSU e en CALAMEO

Page 3: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

1. PRESENTACIÓN DA OBRA ............................................................................................ Ficha bibliográfica ............................................................................................................ A autora ................................................................................................................................. A ilustradora .......................................................................................................................

2. ANTES DE LER ................................................................................................................... A portada .............................................................................................................................. O título ................................................................................................................................... Sinopse .................................................................................................................................. As ilustracións ....................................................................................................................

3. COÑECEMOS A OBRA ...................................................................................................... Obra teatral ......................................................................................................................... Personaxes .......................................................................................................................... Espazo .................................................................................................................................... Tempo .................................................................................................................................... Temas e valores ................................................................................................................. Cancións e recitados ........................................................................................................

4. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA .......................................................

5. OPINIÓN ...............................................................................................................................

6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL ....................................................................... Lectura silenciosa ............................................................................................................. Lectura en voz alta ........................................................................................................... Lectura dramatizada ....................................................................................................... Representación .................................................................................................................. Teatro de monicreques ..................................................................................................

7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA ................................................................... Debuxos ................................................................................................................................ Cómic ..................................................................................................................................... Marcapáxinas ..................................................................................................................... Broches e colgantes ......................................................................................................... Monicreques ....................................................................................................................... Papaventos ..........................................................................................................................

8. OBRADOIRO DE ESCRITURA ....................................................................................... Contos .................................................................................................................................... Diálogos teatrais ...............................................................................................................

9. OBRADOIRO MUSICAL ...................................................................................................

10. PASATEMPOS ....................................................................................................................

11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS ......................................................................................

12. SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS..........................................................

2 2 2 2

3 3 3 3 3

4 4 5 5 5 6 6

7

7

8 8 8 8 8 9

10 10 10 10 10 11 11

12 12 12

12

13

14

16

Velaí vai o papaventos - Celia Díaz Núñez

ÍNDICE

Page 4: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

FICHA BIBLIOGRÁFICA

Autora: Celia Díaz Núñez Ilustradora: Marina Seoane Pascual Autoedición Ano de publicación: 2014 Lugar de publicación: Ourense Número de edición : 1ª Número de páxinas: 63 Xénero: Teatro. Idade: A partir 10 anos. ISBN:978-84-616-8769-5 Distribúe: Consorcio Editorial Galego

A AUTORA

Celia Díaz naceu no Páramo en 1961. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Hispánica e Maxisterio, exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura. Foi tamén profesora de Didáctica da lingua galega na Universidade de Vigo e actualmente imparte clase no Máster de Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos. Ten publicadas varias obras de literatura infantil e xuvenil: Adeliña (premio I Premio Pura e Dora Vázquez 2004), Rugando ((IX premio Pura e Dora Vázquez 2012). Tamén a obra

teatral Cataventos e cía. Ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos., 2004. Baía Edicións). É tamén autora de relatos, obras de ensaio e materiais didácticos.

Páxina persoal http://celiadiaz.net Correo: [email protected]

celia.diaz.716

@CeliaDiazN

A ILUSTRADORA

Marina Seoane (Madrid, 1957) é licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de Madrid. Comeza a súa traxectoria profesional como ilustradora en 1980, traballando para numerosas editoriais. Ten publicados máis de 85 títulos en conto e novela e numerosos libros de texto. Tamén escribiu e ilustrou varios contos propios que foron publicados por Anaya, Bruño, San Pablo e Edimáter. Outra faceta artística é a realización de esculturas, tapices e monicreques.

Páxina persoal: www.marinaseoane.com Correo: [email protected]

Marina-Seoane-Pascual

@Marina_seoane

"

1. PRESENTACIÓN DA OBRA

Page 5: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

A PORTADA

A cuberta ou portado dun libro proporciónanos moita información acerca da obra que imos ler.

Describe a ilustración da cuberta. Anota a información que transmite acerca da historia. Fíxate expresión do papaventos. Como che parece que será o seu carácter? E o seu

estado de ánimo nese momento?

O TÍTULO

Tendo en conta o título e a imaxe da portada, cal cres que será tema da obra?

De que tipo cres que será a historia que se vai contar? Fantástica, de aventuras, misteriosa, arrepiante, simpática…?

SINOPSE

Na contraportada podemos ler o resumo argumental da historia:

Berto é un papaventos que soña con voar libremente, percorrer mundo e vivir aventuras.

Coa axuda dos seus amigos consegue fuxir e inicia unha viaxe na que coñecerá seres amables e agarimosos, pero tamén outros violentos e crueis que porán en perigo a súa vida.

Experiencias felices e adversas, mais sempre enriquecedoras que lle axudarán a

coñecerse mellor a si mesmo e a valorar a importancia da amizade.

Ver booktrailer: “Velaívai o papaventos”, de Celia Parra, en vimeo e youtube.

AS ILUSTRACIÓNS

A beleza e plasticidade das ilustracións axudan a comprender a historia, enriquécena e

compleméntana.

Cal é a túa ilustración favorita? Que aspectos che resultan máis atractivos esteticamente? Identifica os personaxes representados.

2. ANTES DE LER

Page 6: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

OBRA TEATRAL

Velaí vai o papaventos é unha obra de teatro e, polo tanto, foi escrita pensando na súa representación sobre un escenario ante uns espectadores.

A obra divídese en 3 actos. Cada acto, á súa vez, divídese en escenas.

Completa o cadro co tema de cada escena:

Acto I -PRESENTACIÓN-

Escena 1 Berto quere voar Escena 2 Partida

Acto II

-VIAXE-

Escena 1 Escena 2 Escena 3 Escena 4 Escena 5 Escena 6 Escena 7 Escena 8 Escena 9

Acto II -DESENLACE-

Escena 1 Regreso

Escena 2 Partida

Nas obras de teatro, o diálogo é o soporte principal da acción. Mediante as súas palabras, coñecemos como son os personaxes, cales son os seus desexos e os seus problemas, cal é a súa relación cos outros personaxes.

As anotacións ou didascalias son unha guía para a lectura e representación da obra. Consisten en indicacións dirixidas ao director teatral e aos actores e actrices que representen a obra. Informan acerca de:

-O espazo e o decorado.

-Os elementos escenográficos (pantalla, xogos de luces e sombras, etc) e de atrezzo necesarios para a posta en escena.

-As entradas e saídas dos personaxes da escenario.

-A xestualización e o ton de voz cos que os personaxes expresan sentimentos, emocións, etc.

Analizade as anotacións da escena 1 do acto I.

3. COÑECEMOS A OBRA

Page 7: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

PERSONAXES

O protagonista principal desta obra de teatro é Berto, un papaventos que comparte o cuarto dos xoguetes de Antía cunha morea de compañeiros. Os seus mellores amigos son a boneca Carlota, o oso Celeste e o pallaso Tristán.

Despois, irán aparecendo outros personaxes: Un cataventos, o vento, unha andoriña, o sol, unha aguia, unha nube, a lúa e as estrelas, unha bolboreta. Todos eles daranlle a Berto a oportunidade de vivir situacións emocionantes.

Completade esta ficha coas características de cada personaxe

PERSONAXE:

Trazos físicos Personalidade, carácter Desexos, temores, ilusións Relación co papaventos

ESPAZO

Na obra combínanse espazos interiores e exteriores, ben diferenciados en cada acto. No Acto II trátase dun espazo itinerante.

Completade a información deste cadro:

Escenario/s Descrición

Acto I Interior. Acto II

Exterior

Acto III Exterior

TEMPO

A historia transcorre nunha época indeterminada, que podería ser agora mesmo.

Canto tempo cres que puido pasar desde o comezo? Pasado, presente e futuro combínanse. Completa este cadro:

Pasado: As lembranzas de Berto. Que episodio anterior recorda? Cando sucedeu?

Presente

Acto I COMEZO DA VIAXE

Que sucede?

Acto II VIAXE Canto tempo cres que dura? Acto III RETORNO Canto tempo cres que transcorreu desde a

fin do acto I? Futuro Remate

da obra Que sucederá despois do “Fin”? Como interpretas o título?

Page 8: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

TEMAS E VALORES

Voar papaventos é unha diversión que gusta por igual a nenos e a grandes. Nesta historia poñemos na pel de un e sabemos que é o que sente cando eleva o voo; coñecemos cales son os seus desexos e temores; vemos como aprende a ver o mundo coa ollada dos outros para comprendelos mellor e descubrir as súas ilusións, frustracións e esperanzas. Os temas principais desta historia son:

A viaxe como fonte de aventuras, non sempre agradables, pero sempre enriquecedoras. Unha viaxe iniciática que lle fará vivir experiencias importantes e que lle axudarán a crecer e desenvolver a súa personalidade. O Berto que regresa non é xa o mesmo que partiu.

Que elementos simbólicos expresan a aprendizaxe?

A liberdade Berto expresa o seu desexo de voar. Séntese atado e pechado entre as catro paredes do seu cuarto e arela fuxir para sentirse libre e independente.

Fíxate na canción que pecha o Acto I.

A amizade A importancia dos amigos queda ben patente xa desde o acto I. Son eles os que lle axudan a Berto a cumprir o seu desexo máis intenso. E son tamén os amigos que vai atopando no camiño os que interveñen para que a súa viaxe sexa ventureira. Sen amigos, Berto non vería realizados os seus soños, nin tería con quen compartir a súa felicidade ou a súa dor.

Quen é o mellor amigo/a de Berto? Por que?

A natureza O papaventos expresa moitas veces o abraio ante a fermosura da paisaxe que contempla desde o ceo, aprendendo tamén a respectala e protexela.

Fíxate na escena 1 do Acto III e identifica os lugares concretos visitados por Berto.

Os soños Berto deixa claro a importancia dos soños: nunca hai que renunciar a eles, senón que hai que esforzarse por realizalos.

Cal é o soño principal de Berto? E o de Carlota?

AS CANCIÓNS E RECITADOS

As palabras dos personaxes van acompañadas en moitos momentos de cancións e recitados que lle dan ao texto dinamismo. A música e a danza poden acompañarse con variados instrumentos e converter a representación nun espectáculo musical.

Localiza no texto unha cantiga de roda. Con que música a interpretarías? E os arrolos?

O voo do papaventos acompáñase de cancións, unha no remate do acto I e outro na fin do acto III.

Que idea principal transmiten? Que diferenza hai entre ambas?

Page 9: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

ACTO I

1. Por que razón Berto non participa dos xogos dos compañeiros? 2. Que soñou Berto? 3. Por que está tan triste ao espertar? 4. Que consello lle dá Carlota ao seu amigo? 5. Como se sente Carlota ao ver a Berto erguer o voo? 6. Cales son os desexos e proxectos de Berto cando comeza a viaxe? 7. Que información transmiten as escenas que se proxectan na pantalla?

ACTO II 8. Quen é o primeiro personaxe aéreo co que se atopa Berto? Onde está? Por que se

enfada co papaventos? Que personaxes o visitan para transmitirlle noticias? 9. O vento é un personaxe moi fachendoso. Por que? 10. A onde se dirixe a andoriña? Con quen viaxa? Que experiencia comparte con Berto? 11. Que papel desempeña o sol en relación co papaventos? 12. O sol actúa como un axente protector. Por que? 13. A aguia é o personaxe máis malvado da obra. Que sentimento experimenta ao ver a

Berto? Como actúa ante el? Que dano lle provoca? 14. Que personaxe salva a Berto do grave perigo no que se encontra? 15. Mentres Berto dorme, que personaxes velan o seu sono? Quen o arrola? Que soña

Berto?

ACTO III. 16. Por que Berto non atopa inicialmente a Carlota? 17. Carlota, unha vez máis, actúa como unha gran amiga. Por que? 18. Que soño comparten Berto e Carlota? Conseguen realizalo?

Que che pareceu a historia? Cal é a escena que che gustou máis? Cal é o personaxe máis simpático? E o máis antipático ou malvado? Que che pareceu máis interesante? Que cambiarías da historia? Como interpretas o desenlace? Que queres que sucederá no futuro? Relaciónao co

título. Debate sobre algún tema da historia (a amizade, a importancia da liberdade,

necesidade de esforzarse para conseguir os soños...)

4. COMPRENSIÓN LECTORA

LLECTORALECTORA

5. OPINIÓN

LLECTORALE

CTORA

Page 10: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

LECTURA SILENCIOSA

Le en silencio o texto para achegarte á historia e aos personaxes.

Consulta as palabras das que non coñezas o significado.

LECTURA EN VOZ ALTA

Ler coa entoación e a expresividade adecuadas ao contido do texto é fundamental para comprender adecuadamente o texto e para que os que escoiten interpreten correctamente a mensaxe.

Lede colectivamente algunha escena, repartindo os personaxes. Alguén debe ocuparse tamén de ler as anotacións para visualizar mentalmente as accións que os personaxes realizan.

Poden gravarse podcast para rexistrar as intervencións e valoralas posteriormente.

LECTURA DRAMATIZADA

Escollede unha escena e realizade unha lectura dramatizada. Traballádea en grupo, léndoa en voz alta, fixándovos na xestualización e entoación que corresponden.

A palabra será a ferramenta fundamental, por iso debedes traballar ben a voz e proxectala para que soe co ton adecuado a cada situación (agarimoso, potente, ameazante...)

Caracterizádevos con vestiario e maquillaxe.

Unha vez ensaiada, presentádea ao resto do grupo.

REPRESENTACIÓN TEATRAL

Que mellor remate de lectura que a representación da obra sobre o escenario? Trátase dun labor complexo, que require un bo reparto de tarefas pois hai traballo para todos. 1. Caracterización dos personaxes

Fixádevos ben nas anotacións e escribide como debe ser o vestiario e a maquillaxe, anotando entre parénteses as palabras do texto que así o indican. Poden engadirse outros elementos que contribúan a caracterizar o personaxe.

Pode cubrirse unha ficha para cada personaxe con todas as indicacións que serán seguidas polo equipo encargado da maquillaxe, peiteado, etc.

Vestiario Maquillaxe

Carlota Roupa vella (Leva un vestido esfarrapado. Fáltalle un zapato)

(Cabelo alborotado)

6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Page 11: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

2. Escenografía Fai referencia a todos os elementos visuais que conforman a escenificación: decorados, atrezzo, iluminación.

Escenario Atrezzo Iluminación

Acto I

Escena 1 Interior Cuarto dos xoguetes Unha ventá no lateral

Baúl, caixas, xoguetes (coche, chapeu, pelota), chifre xigantesco, pesas

penumbra

Escena 2 Proxección na pantalla do voo de papaventos

3. Música

Identificación dos elementos sonoros das distintas escenas: música, cancións, bailes. Elección dos elementos sonoros adecuados en cada caso.

Música Canción Baile

Acto I

Escena 1 Sinfonía dos xoguetes, de Mozart

Canción de roda

Escena 2 Música leda Canción do papaventos

4. Actores

Logo do reparto de papeis dos actores e actrices que representarán os distintos personaxes, cómpre aprender o texto e ensaialo repetidas veces. Tamén hai que practicar as entradas e saídas de escena e interactuar cos outros actores e actrices.

5. Director/a

É a persoa que controla a montaxe da obra, supervisa, unifica todos os aspectos da produción. Guía os ensaios e está atento ao movemento dos actores, a calidade das súas voces, a iluminacións... e propón todas as modificacións ou melloras necesarias para obter o resultado desexado.

Unha vez todo preparado, representade a obra no salón de actos do voso centro.

TEATRO DE MONICREQUES

Tamén podedes representar a obra –ou unha escena concreta- con monicreques.

Precisaredes un teatriño, os monicreques (mellor se os facedes vós). Tamén podedes debuxar fondos en cartolinas para suxerir os distintos espazos. Ou pode ser un teatriño de sombras, con axuda dunha pantalla.

Gravade en vídeo a vosa representación.

Page 12: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

DEBUXOS, COLAXES

Escollede o personaxe que máis vos gustou e representádeo coa técnica pictórica, o material e o formato que prefirades. Ou debuxade unha escena co fondo e os personaxes que nela interveñan.

Expoñede os vosos debuxos na aula, nos corredores ou en calquera outro lugar do centro. Tamén podedes convertelo en imaxe dixital e realizar presentacións, álbums, etc.

MARCAPÁXINAS

Con cartolinas de colores, rotuladores e materiais diversos (botóns, fíos, teas, arames...) podedes crear fermosos marcapáxinas para indicar o punto de lectura. Por un lado, o título do libro e unha imaxe que represente ao protagonista. Pola parte posterior, unha frase ou texto da obra que recolla o sentido global da historia.

CÓMIC

Convertede unha escena en cómic. A obra ten un total de doce escenas. Repartídeas entre toda a clase e entre todos poderedes crear un novo libro.

BROCHES E COLGANTES

Con fíos e doas de colores, podedes crear colgantes, broches, pulseiras, chaveiros, ou outros elementos, deixándovos guiar pola imaxinación.

Algúns exemplos.

7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA

Ver vídeo explicativo:

http://www.youtube.com/watch?v=82f9pr0c6ZI:

Page 13: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

MONICREQUES

Cartolinas, teas, feltro, goma eva, fíos, las, doas de colores... son os elementos que precisaredes para crear os personaxes desta historia.

Poden ser monicreques de man, de dedo, de guante, de variña... Poden ser siluetas recortadas e pegadas a unha variña.

PAPAVENTOS

E por que non vos atrevedes a construír os vosos propios papaventos? Só precisaredes un par de finas variñas, unha bolsa de plástico ou un anaco de papel, fío, tesoiras, lazos e pegamento.

Despois aproveitade un día de vento e botádeos a voar, deixando que axiten alegremente os seus lazos de cores.

ver vídeo explicativo:

http://www.youtube.com/watch?v=

x4mAdeizZkw

Vídeos:http://www.youtube.com/watch?v=van1cBzWT4E

Page 14: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

CONTOS

Transformamos o texto teatral nun conto que recolla os elementos argumentais principais desta obra. Unha vez finalizado, transcribídeo en varias páxinas e ilustrádeas con debuxos ou outras creación plásticas (colaxes, recortables, etc.) e xa tedes o voso propio conto ilustrado.

Inventade un conto protagonizado por un dos personaxes secundarios desta historia: un cataventos amarrado a un tellado, unha aguia que coida do seu niño, unha nube viaxeira... Imaxinade o que senten.

DIÁLOGOS TEATRAIS

Engadide un novo personaxe e creade unha nova escena para o Acto II. Pensade cal vai ser a súa relación con Berto (amizade, protección, rivalidade, enfrontamento...). Lembrade que o diálogo dos personaxes acompañarase das anotacións correspondentes a accións, tons de voz, etc. Podedes converter as vosas creación literaria nun texto dixital (issu, calameo, lim, etc) e subilo ao blog ou facebook do centro.

Algunhas escenas levan un acompañamento musical.

-Escoitade as composicións musicais indicadas.

-Escollede outras adecuadas ao contido do texto.

Creade un ritmo musical para as cancións e arrolos e interpretádeas acompañándovos

dalgún instrumento musical.

Representade a escena final, escollendo unha música que se adapte ao ton alegre e emotivo

do desenlace.

9. OBRADOIRO MUSICAL

8. OBRADOIRO DE ESCRITURA

Page 15: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

ENCADEADO

Localiza neste encadeado as palabras que corresponden ás definicións. Para axudarte, hai

xa algunhas letras colocadas.

1. Suave coma o algodón, pode converterse nun leito agarimoso para botar unha soneca. 2. O protagonista desta historia. 3. Empoleirado no cume do tellado, procura estar ben informado de canto pasa polo mundo. 4. Prepotente e malvada, non quere que ninguén máis transite polo ceo. 5. Funga, bufa ou brúa, segundo lle pete. 6. Este Lourenzo é un tipo agarimoso que dá calor e lentura. 7. A amiga e confidente que todos quixeramos ter. 8. Ilumina o ceo nocturno. 9. A este pallaso gústalle facer trasnadas, como zurrichar auga aos compañeiros. Acompañan ao personaxe do número 8.

N

T T G

T

C T U

S A

N

CANCIÓN

Completa a canción de Berto:

Son libre coma o v........... e podo ao fin v..........., ............... as miñas fitas o ancho ........... sucar.

V............... outras ......................., por todo o m..................... irei, ................................................, voarei, v....................

10. PASATEMPOS

Page 16: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

OBXECTIVOS XERAIS

Disfrutar coa lectura dunha obra teatral. Desenvolver a expresión oral. Comprender o texto. Enriquecer o vocabulario. Crear textos literarios . Crear producións plásticas e musicais. Reflexionar sobre a importancia da amizade, a liberdade, o esforzo para acadar os soños...

COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia en comunicación lingüística

Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Expresar emocións, vivencias e opinións. Formarse un xuízo crítico. Gozar escoitando, lendo e expresándose de forma oral e escrita.

Competencia cultural e artística

Coñecer, apreciar e valorar criticamente textos literarios Apreciar o feito cultural en xeral. Practicar recursos de expresión artística. Cultivar a capacidade estética e creadora.

Autonomía e iniciativa persoal

Adquirir valores e actitudes de responsabilidade, e autocrítica. Desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, propoñer proxectos e levalos adiante. Participar en proxectos colectivos e responsabilizarse para levalos adiante.

Competencia social e cidadá

Comunicarse en distintos contextos. Expresar as propias ideas e escoitar as alleas. Tomar decisións.

Competencia dixital Coñecer e usar diferentes ferramentas tecnolóxicas. Coñecer distintos soportes comunicativos: oral, impreso, audiovisual, dixital e multimedia.

Competencia para aprender a aprender

Adquirir conciencia das propias capacidades e das estratexias necesarias para desenvolvelas.

11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS

Page 17: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

ÁREA: LINGUA GALEGA E LITERATURA

OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS

Gozar coa lectura da obra

A literatura, fonte de diversión

Lectura expresiva. Representación da obra

ou dalgunhas escenas.

Comprender o texto O argumento ou tema principal

A estrutura da obra Temas e valores

Identificación das ideas principais.

Identificación das partes.

Recoñecemento e análise dos temas e valores do texto.

Coñecer o texto dramático

Elementos do texto dramático

Recoñecemento das partes do texto teatral (actos, escenas)

Diferenciación de diálogos e anotacións.

ÁREA: EDUCACIÓN ARTÍSTICA

OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS

Desenvolver a capacidade de creación artística

Debuxo. Cómic. Marcapáxinas Monicreques. Papaventos.

Creación de obras plásticas.

Coñecer os elementos precisos para unha representación teatral.

Escenografía.

Creación de decorados, vestiario e maquillaxe para a posta en escena da obra.

TEMAS TRANSVERSAIS

OBXECTIVOS CONTIDOS PROCEDEMENTOS

Valorar o comportamento dos personaxes.

Recoñecer actitudes positivas e negativas nas relacións interpersoais.

A amizade. A liberdade. O valor do esforzo. respecto polos demais. amor pola natureza.

Comentario dos temas principais da obra.

Debates sobre os valores que transmite.

Page 18: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

TEMAS:

Acto I -PRESENTACIÓN-

Escena 1 Berto quere voar. Axuda dos amigos. Escena 2 Partida. Ilusión.

Acto II

-VIAXE-

Escena 1 Encontro cun cataventos moi ben informado Escena 2 A provocación e burla do vento. Escena 3 Voo en compañía do vento. Escena 4 Encontro coa andoriña viaxeira. Escena 5 O baño no mar. Escena 6 O sol agarimador Escena 7 Unha aguia airada e violenta Escena 8 Un sono reparador arrolado por unha nube maternal Escena 9 Viaxe de volta

Acto II -DESENLACE-

Escena 1 Regreso. Reencontro cos amigos.

Escena 2 Partida

ANOTACIÓNS DA ESCENA 1 DO ACTO I. Significado: -Anotación inicial: caracterización do escenario (iluminación, atrezzo), personaxes en escena, elementos musicais, -Movemento e xestualización dos personaxes: Carlota sae do baúl e enreda con Celeste. Celeste dá un chimpo. Os personaxes xogan. Tristán aperta unha flor. Fai flexións. Ponse en pé e comezar a bracear, imitando o voo dos paxaros. Achéganse todos. Baten palmas. Os catro corren. Danse unha aperta. Sinalando coa man. Etc. -Ton de voz, estado de ánimo, actitude: Contento e animoso. Cariñosa. Decepcionado. Comprensiva, Con tristeza.Entusiasmado. Burlándose. etc. -A dirección da conversa: Ao papaventos. A Berto. A Carlota. Ao público. -Elementos sonoros: aumenta a intensidade da música. Finaliza a música. ESPAZO

Escenario/s Descrición

Acto I Interior. Cuarto dos xoguetes de Antía. Hai unha morea de caixas, un baúl e unha ventá que dá á rúa.

Acto II

Exterior

Espazo celeste. Escenario aéreo no que se van incorporando personaxes: un tellado, nube, sol, estrelas, lúa..

Acto III Exterior Unha rúa diante da casa de Antía. Hai un contedor de lixo e ao fondo a fachada da casa.

TEMAS E VALORES O traxe esfarrapado representa os perigos e dificultades vividas durante o voo. Aínda que os seus fíos estean rotos, Berto está satisfeito. “A miña pel está vella e estragada, pero o meu corazón está contento” Carlota dille que o seu corpo está esfarrapado, a pel esburacada e case non lle quedan lazos na cola. Berto di que mereceu a pena porque a súa pel está vella e estragada pero o seu corazón está contento. Carlota é a amiga perfecta: agarimosa, escoita con interese as confidencias e está sempre disposta a satisfacer os desexos dos amigos. Os cumes máis altos. Lagos e ríos. O mar. Carballeiras. Outeiros. Solpores. Prados. Bosques... O soño de ambos é viaxar e ver mundo. CANCIÓNS E RECITADOS As cancións do remate do Acto I e do Acto III expresan o voo feliz do papaventos, que voa en liberdade. Na canción primeira, Berto voa en soidade. Na última voa acompañado de Carlota, por iso os verbos están en plural.

12. SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS

Page 19: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura

PERSONAXES -Carlota: unha vella boneca esfarrapada cun corazón inmenso. -Celeste: un oso de peluche durmiñón -Tristán: un pallaso que gusta de gastar bromas para facer rir aos seus amigos. -Un cataventos empoleirado no cume dun tellado, desexoso de coñecer as novas que suceden polo mundo adiante. -O vento, burleiro, gusta de demostrar os seus poderes. -A andoriña, viaxeira incansable dun continente a outro. -O sol, agarimoso e protector. -A aguia, fachendosa e prepotente. -A nube, amorosa e suave. -A lúa e as estrelas, que enchen de luz o ceo nocturno. -Bolboreta, compañeira silenciosa de viaxe.

COMPRENSIÓN LECTORA 1. Papaventos está moi melancólico e triste porque desexa voar libremente. 2. Berto soñou que Antía o levaba a voar, el conseguía escapar e comezaba unha longa viaxe 3. Séntese frustrado porque todo foi un soño. 4. “Nunca hai que renunciar aos soños” 5. Emociónase e despideo cun poema recitado, desexándolle felices experiencias na viaxe. 6. Coñecer mundo, ver outras paisaxes, facer novos amigos 7. Estas escenas describen e resumen o percorrido de Berto. A través das imaxes proxectadas e das

enumeracións, coñecemos os lugares que foi visitando e as experiencias vividas. 8. primeiro personaxe é un cataventos, empoleirado no cume dun tellado. Enfádase porque considera que

Berto é un preguntón. Visítano a cegoña e o vento. 9. vento considérase moi importante porque sen el o mundo pararíase: os paxaros non poderían voar, os

avións non se sosterían no aire, os papaventos non poderían desprazarse. 10. Voa cunha bandada de andoriñas en dirección a África. Berto ve por primeira vez o mar e báñase nas

ondas. 11. sol actúa como un axente protector: seca o seu corpo mollado. 12. A aguia móstrase airada porque o seu espazo vital está sendo invadido por obxectos voadores que

perturban a súa tranquilidade. Búrlase do papaventos e arráncalle varios lazos da súa cola. 13. Unha nube oculta a papaventos e consegue despistar a aguia. 14. A nube, a lúa e as estrelas velan o sono de Berto, mentres a nube o arrola. Berto soña cos seus amigos e

decide volver a visitalos. 15. Carlota está tirada nun contedor do lixo. 16. Escoita interesada as experiencias de Berto, compadécese do seu sufrimento, repara o seu traxe

estragado.

17. Os dous soñas con viaxar. Na última escena os dous saen collidos da man e inician unha longa viaxe xuntos.

ENCADEADO:

CANCIÓN: Son libre coma o vento / e podo ao fin voar, movendo as miñas fitas / o ancho ceo sucar. /

Verei outras paisaxes / por todo o mundo irei / viaxarei sen pausa / voarei / voarei.

N U B E E

R C A T A V E N T O S G E O O

U N L I T

C A R L O T A U R

A I S E S T R E L A S A

N

Page 20: VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura