Veciños da Magdalena e a Condomiña I
-
Upload
aavvmagdalena -
Category
News & Politics
-
view
272 -
download
1
Transcript of Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Voceiro da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña Número I Inverno 2012
Saúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda PascualSaúdo da Presidenta, Yolanda Pascual
Tras seis meses de vida decidimos que
era hora de sacar á rúa este pequeno e
humilde voceiro para contar o traballo
que levamos feito en todo este tempo.
Por primeira vez en moito tempo un
barrio con tanta historia como o da
Magdalena volvía a ter unha Asociación
para mellorar a calidade de vida da
xente que aquí vive. Dende o noso
nacemento tivemos claro que esta non
tiña que ser unha Asociación que
estivera adicada tan só a recibir
subvencións, senón que era necesario
ter actividades, facer cousas que moitas
veces non requiren da necesidade de
cartos, senón da vontade das persoas
por facer actividades para todos.
E vontade temos suficiente. É por iso
que queremos usar este voceiro, o
primeiro de moitos, para presentar as
imaxes do traballo que levamos feito ao
longo de todo este tempo.
Como sabedes, seguimos constante-
mente buscando novos socios, novas
familias que vivan ou traballen dentro
do noso barrio, entre a Ponte Nova e a
Costa da Condomiña e que manteñan
ao día o pago mensual de 3 euros que
se estableceu na primeira reunión. Tan
só con isto pasarás a engrosar a gran
familia que é esta Asociación.
E como todos os que intentan facer este
tipo de traballos podemos cometer
erros, moitas veces por descoñecer o
funcionamento diario deste tipo de
asociacións.
Pero para iso estamos, para axudarvos e
que nos axudedes.
Sábado 7 de abrilSábado 7 de abrilSábado 7 de abrilSábado 7 de abril————Comida de PresentaciónComida de PresentaciónComida de PresentaciónComida de Presentación
Luns 9 de abrilLuns 9 de abrilLuns 9 de abrilLuns 9 de abril————O luns da MagdalenaO luns da MagdalenaO luns da MagdalenaO luns da Magdalena
Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño Domingo 17 de xuño ----Charla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrioCharla sobre a Historia do barrio
Aproveitamos a Festa da Magdalena para presentarnos cunha churrascada na que vendimos máis de duascentas racións de comida. Recuperamos para este día a receita do Bolo da Magdalena e tivemos xogos infantís para todos os nenos do barrio.
Aproveitamos o Luns da Magdalena para seguir ca festa. Á saída da misa repartimos cacahuetes e viño. Ademais trouxemos a un grupo de música tradicional e fixemos que despois de moito tempo a xente volvera á Festa da Magdalena.
Trouxemos ao historiador betanceiro Xose Mª Veiga Ferreira a falar da historia do noso barrio. Foi unha charla na Capilla da Magdalena e que servíu para pechar a Exposición de Fotos Antigas. Na charla, que está dispoñible en Internet, falou do Hospital de Leprosos, da Fábrica de Curtidos, das nosas fontes da Condomiña e da Cangrexeira, de veciños ilustres, etc.
Sábado 16 de xuñoSábado 16 de xuñoSábado 16 de xuñoSábado 16 de xuño————Exposición de fotos antigasExposición de fotos antigasExposición de fotos antigasExposición de fotos antigas
Durante varios meses recolectamos entre os veciños fotos antigas do barrio cas que fixemos unha exposición. A día de hoxe a colección segue aumentando e dentro de pouco poderemos ver a exposición no Liceo e recollida nun pequeno libro.
Sábado 30 de xuñoSábado 30 de xuñoSábado 30 de xuñoSábado 30 de xuño————Lumeirada de San PedroLumeirada de San PedroLumeirada de San PedroLumeirada de San Pedro
Celebramos a chegada do verán todos xuntos cunha lumeirada e un concerto.
5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo5, 6, 7 de xullo————Feira Franca MedievalFeira Franca MedievalFeira Franca MedievalFeira Franca Medieval
Para a Feira Medieval cada familia participou aportando un postre que xunto aos alimentos típico (cacahuetes e Bolo da Magdalena) os tivemos á venda no noso posto. Ademais de dar a coñecer as actividades da Asociación de Veciños ensinámoslle a todos os que por el pasaron que na Idade Media xa existía o noso barrio, que era onde estaban ingresados os leprosos. Intentamos facer a representa-ción da expulsión dos leprosos nas nosas rúas, pero dende o Concello non aceptaron a nosa proposta.
Domingo 2 de setembroDomingo 2 de setembroDomingo 2 de setembroDomingo 2 de setembro————I Xira aos CaneirosI Xira aos CaneirosI Xira aos CaneirosI Xira aos Caneiros
Para despedir o verán todos xuntos fixemos unha viaxe na Diana Cazadora e subimos a pasar o día ao Campo dos Caneiros. Bailes, baños no río, comida e unha queimada ao chegar a terra.
E isto non é todo!
- Firmamos un convenio de colaboración ca Biblioteca do IES As Mariñas para poder
levar prestados os libros e as películas que teñen.
- Facemos pequenos préstamos de cartos sen intereses ás familias que teñan que
afrontar un gasto extraordinario.
- O Concello e o Ministerio de Traballo non nos deixan un local no edificio dos
Sindicatos, no Parque, pero seguimos buscando alternativas.
- Reunimos máis de 1300 firmas para evitar a colocación dunha gasolineira diante do
colexio Vales Villamarín.
- Conseguimos cambiar o paso de peatóns da Avenida Fraga Iribarne e a colocación
de obstáculos para limitar a velocidade dos coches.
- Reclamamos todo tipo de obras e amaños que foran necesarios para o barrio e
tamén unha maior presencia dos servizos de limpeza en certas zonas.
- Temos Lotería de Nadal á venda, o número é o 35.247...a ver se hai sorte!
E sobre todo, estamos aquí para axudarte, para ser unha parte máis da túa familia!!!
Únete a nós!!!Únete a nós!!!Únete a nós!!!Únete a nós!!!