Unidades didácticas e guía profesorado
-
Upload
ana-sanjuas -
Category
Documents
-
view
241 -
download
9
description
Transcript of Unidades didácticas e guía profesorado
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 1
Valores medioambientais
do monte galegoUnidade didáctica 1
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego2
1
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 3
65%33%
19%
2%
Montes veciñais (sen xestión pública)
Montes veciñais (xestión pública)
Montes públicos
Propietarios individuais
14%
Valores medioambientais
do monte galego
1. Tipos de vexetación
Aínda que se empregue a cotío “monte” e “bosque” case coma sinónimos de “bosque”, non todo o monte galego está arborado, e só unha pequena parte das masas forestais corresponde a arborado naturalizado por redución do manexo ou, moito menor aínda, a masas naturais.
Durante séculos, o monte galego foi moi manexado para obter madeira, leña, pastos ou cama para o gando (e posterior abono).
2. Propiedade do monte
Só unha pequena parte do monte galego é de titularidade públi-ca. Dos montes privados, aprox. 1/3 é mancomunado, estando o resto repartido entre multitude de propietarios e con grande fragmentación: aprox. 700.000 propietarios, cunha propiedade media inferior ás 3 ha por propietario dividido entre 7-9 parcelas (o 80% destas parcelas non pasan de media hectárea).
Esta dispersión na propiedade, resultado dun secular modelo he-reditario no rural, dificulta a explotación e a ordenación forestais, facilitando o abandono do monte.
As comunidades de montes (unhas 2800 segundo datos oficiais) xestionan 700.000 ha, é dicir, a cuarta parte do territorio.
3. Distribución de especies forestais
As especies forestais máis abundantes en Galicia son o pino, as frondosas e os eucaliptos.
A visión territorial das especies forestais dominantes indican que na franxa costeira, a paisaxe forestal está dominada por culti-vos de Eucaliptus e piñeiros (e a mestura de ambos), existindo amplas zonas de carballeiras, fragas e soutos nas comarcas do interior e da montaña.
Fonte: Inventario forestal nacional (IFN) 3
GRÁFICO. Estructura da propiedade forestal en Galicia
GRÁFICO. Distribución das especies forestais en Galicia
36%
25%8%
8%
12%11%
Pinus + Eucaliptus
Eucaliptus
Mesturas
Matorral arbolado raro
Frondosas autóctonas
Pinus sp
Fonte: IFN3
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego4
4. Rexións florísticas
O territorio galego está nunha zona de transición entre dúas rexións bioxeográficas: a eurosiberiana ou atlántica (predomi-nando de modo natural árbores coma o carballo, con folla cadu-ca) e a mediterránea (con maior presenza de árbores perennes coma a sobreira ou a aciñeira, con follas máis esclerotizadas e reducidas para facer fronte á seca).
Loxicamente, hai transicións á súa vez dentro desta división, tendo a zona das rías baixas importantes diferenzas co golfo ártabro, por exemplo.
Rexión eurosiberiana
Rexiónmediterránea
A CORUÑALUGO
PONTEVEDRA
OURENSE
GRÁFICO. Rexións florísticas
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego4
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 5
5. Especies
5.1. O piñeiro silvestre
Esta é a única especie de piñeiro considerada autóctona de parte do territorio galego, en base á súa extensa presenza no cuater-nario. Con todo, a inmensa maioría dos exemplares presentes hoxe corresponden á repoboación. Recoñécese polo pequeno tamaño das súas piñas e pola cor laranxa da súa casca.
5.2. Teixo
Árbore autóctona, só forma bosques en moi reducidas localizacións, coma o Teixedal de Casaio, se ben está ben es-tendido na toponimia (Teixeiro, p. ex.), polo que se supón unha presenza maior no pasado. Era árbore sagrada para os druídas dos castros prerromanos, e hoxe utilizada en investigación con-tra o cancro. Ollo, case toda a planta é velenosa.
5.3. Loureiro
Non está clara a súa condición de autóctona. En calquera caso, non debemos cometer o erro de denominar “laurisilvas” (bosques relictos do Terciario, coma na Macaronesia) a formacións natu-ralizadas como as masas de loureiros de Cortegada, resultado da expansión dos loureiros das sebes, unha vez expulsados os habitantes da illa.
5.4. Carballo
Árbore representativa da rexión eurosiberiana, con multitude de usos: madeira (mesmo os exemplares máis retortos e eivados tiñan importancia para a carpintería de ribeira), leña, tinguiduras de tecidos e curtido de peles co tanino dos bugallos, landras para alimentación do gando (e mesmo de persoas...). Na Fraga de Catasós (Lalín) es-tán algúns dos exemplares considerados máis altos do continente.
Especies
Foto: Wikimedia commons
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego6
5.5. Cerquiño
Distínguese do carballo pola pilosidade nas follas, quen tamén teñen os lóbulos máis marcados. Substitúe ou acompaña ao an-terior sobre todo en zonas de interior e montaña, mais tamén na costa. Da súa ampla presenza dan testemuño topónimos con derivacións de “rebolo” e “meloxo”.
5.6. Sobreira
Característico sobre todo da metade sur. A súa cortiza (proteción natural contra o lume) ten numerosos usos.
5.7. Castiñeiro
Diversos estudos botánicos confirman que é autóctona en diversos enclaves galegos e ibéricos, e non como se pensaba ata hai pouco introducida polos romanos, se ben estes axudaron á súa propa-gación. Foi base da alimentación ata a chegada das patacas e o millo da América. O mal da tinta e outras enfermidades están a ata-car ás variedades autóctonas, motivo polo que se están a espallar variedades resistentes, especialmente da mestura co castiñeiro xa-ponés (C. crenata). A madeira é moi aprezada en carpintería.
5.8. Ameneiro
Árbore ligada sobre todo aos cursos de auga, formando boa parte dos bosques de ribeira.
Foto: Wikimedia commons
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 7
5.9. Abeleira
Arbusto, os seus talos forman numerosas varas dun mesmo pé. Ao igual que o ameneiro, tamén é frecuente nos bosques de ribeira.
5.10. Freixo
A súa madeira é moi empregada para facer mangos e ferramen-tas, tendo tamén usos en ebanistería.
5.11. Sabugueiro
Con propiedades medicinais, nalgunhas comarcas faise unha especie de “espumoso” das súas bagas.
5.12. Estripo
Moi empregado antano como sebes e peche de fincas, así como patrón para o enxerto de pereiras e maceiras. Tamén con propie-dades medicinais.
Especies
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego8
5.13. Sanguiño
Tamén con propiedades medicinais, obxecto de explotación.
5.14. Xibardeira
Característico sobre todo da metade sur. A súa cortiza (proteción natural contra o lume) ten numerosos usos.
5.15. Toxo
Xunto con outras leguminosas (xestas, codesos, carqueixas...) dominan amplas zonas de matogueiras. Aínda que se tendan a asociar con situacións de abandono e falta de manexo, algunhas matogueiras (sobre todo costeiras) son medios valiosos e incluídos na Directiva Hábitats da UE.
Existen varias especies de toxo, con distintas épocas de floración, o que explica que vexemos o seu característico ton marelo no monte durante a maior parte doa no.
Moi empregado antano como cama para o gando e posterior abono (estrume) pola súa óptima relación C/N, motivo polo que se segue a empregar como fertilizante en plantas de compostaxe. Tamén amosa potencialidades no eido dos biocarburantes.
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 9O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 9
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego10
6. Funcións ecolóxicas das masas arboradas
- Regulan o clima. As árbores mobilizan auga de capas freáti-cas e producen humidade ambiental; a gran escala, mesmo for-man condensación e chuvia.
- Controlan as riadas. Reteñen e frean a auga das chuvias, recar-gando os acuíferos e reducindo a chegada brusca de auga aos ríos e regatos en momentos de chuvias torrenciais. Isto ten máis importancia no momento actual, no que por efecto do cambio climático as chuvias de outono estanse facendo máis torrenciais, agrupándose en menos días, segundo estudos da USC.
- Limpan as augas. Ao frear a forza da chuvia e reter o solo, reducen a carga de sedimentos en ríos e regatos durante a chu-via. Ademais, coas súas follas reteñen contaminantes e partícu-las en suspensión, limpando o aire. As raíces tamén axuda na reter algúns contaminantes. En zonas urbanas ou industriais, as árbores axudan tamén a reducir o efecto do ruído.
- Sosteñen o chan, ao retelo coas raíces, ademais do efecto citado da follaxe ao reducir a forza da chuvia, reducindo a erosión e os desprendementos en zonas de noiros.
- Sumidoiro de CO2 e reserva de biodiversidade: ampliado en sucesivas páxinas.
GRÁFICO. Funcións ecolóxicas das masas arboradas
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 11
7. Funcións dos bosques de ribeira
Os bosques de ribeira de ríos, regatos e borde de xunqueiras te-ñen unha especial importancia dentro das funcións xa descritas e noutras exclusivas:
- Alimentan ao medio acuático. A diferenza do medio mariño, onde a base alimentaria está no plancto, nos ríos esta base está nas follas caídas.
- Dan sombra ao río. Isto permite manter unha temperatura fres-ca e, por tanto, unha boa osixenación da auga e o mantemento da vida acuática, sobre todo daquelas especies máis sensibles.
- Fan de corredor entre masas arboradas, mantendo unha co-nectividade entre ecosistemas, como se pode ver na seguinte foto (Río Gafos, en Tomeza, Pontevedra, en trámite para ser constituído como ENIL – Espazo Natural de Interese Local ).
GRÁFICO. Funcións dos bosques de ribeira
Río Gafos – Tomeza, en Pontevedra.
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego12
8. Efecto invernadoiro e cambio climático
As alteracións do clima, consecuencia do quentamento global por intensificación do efecto invernadoiro, teñen a ver principal-mente coas emisións de CO2 consecuencia do transporte, a calefacción, a industria e a produción de electricidade, se ben hai outros gases de efecto invernadoiro (GEI) implicados.
Este incremento da concentración atmosférica de carbono dende a revolución industrial, mais sobre todo despois da II Guerra Mun-dial, coincide cunha clara elevación da temperatura media da at-mosfera, con efectos a medio e longo prazo sobre o clima, as colleitas, propagación de insectos (mesmo vectores de enfermi-dades), elevación do nivel do mar, entre outros moitos efectos.
GRÁFICO. Efecto invernadoiro e cambio climático
50%
18%14%
12%
6%Óxidos de nitróxeno
Ozono superficial
PFCs HFCs SF6
Metano
Dióxido de carbono
GRÁFICO. Principais gases de efecto invernadoiro
GRÁFICO. Temperatura global e dióxido de carbono
Temp. en graos F.
Temperatura global
Dióxido de carbono
CO2 enpartes
por millón
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 13
9. O monte como purificador de aire e sumidoiro de CO2
Ademais de purificar o aire ao reter pó e contaminantes, como xa se sinalou, as masas arboradas reteñen carbono durante o seu proceso de fotosíntese, axudando a paliar en parte os efectos das emisións de GEI: as masas forestais son o 2º fixador de carbono (o primeiro é, con moita diferenza, o fitoplancto mariño).
Esta fixación de carbono é moito máis efectiva en masas novas ou rexuvenecidas (por manexo, talas, clareos...) que en bosques maduros. Esta fixación de carbono dáse non só na madeira (con diferente tempo de retención segundo o uso posterior: leña, papel ou mobles), senón tamén en forma de humus no chan.
Así, a reforestación é unha das medidas internacionais contempladas para axudar a paliar os efectos do quentamento global.
GRÁFICO. Purificación do aire
CO2Partículas en suspensión
O2
O monte galego acumula 193 millóns de m3 de madeira
Medra a un ritmo de 12 millóns m3/ano
Retira anualmente 7 millóns de toneladas de
CO2, ademáis de reter pó e partículas nas follas
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego14
10. Biodiversidade
O monte, tanto en matogueiras como sobre todo en masas ar-boradas, acolle unha enorme variedade biolóxica: plantas, fun-gos, invertebrados, anfibios e réptiles, aves e mamíferos...
Un estudo realizado nun bosque caducifolio atlántico en Franza, con características semellantes a un bosque atlántico galego ou cantábrico, cifra en 7200 especies de invertebrados e 310 verte-brados a súa fauna.
Nas fotos (esq a dta e de arriba a abaixo): lagarto das silvas (La-certa schreiberi), Saturnia pavonia, morcego (Pipistrellus pipistrel-lus), miñato queimado (Milvus migrans), pomba torcaz (Columba palumbus), Papilio machaon, brincabois (Amanita muscaria), sara-maganta (Chioglossa lusitanica), lique (Cladonia sp), melro de río (Cinclus cinclus), narciso (Narcissus sp) e miñato (Buteo buteo).
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 15
11. Patrimonio histórico e cultural
O monte galego estivo habitado e manexado durante milleiros de anos, retendo marcas deste paso con importante valor, tanto en forma de patrimonio inmaterial (contos, lendas, refráns, canti-gas...) como elementos físicos: petróglifos, mámoas, menhires, castros, pontes e pontellas, muíños, curripas, alvarizas, chou-zos... Ademais de axudarnos a entender a nosa historia e etno-grafía, estes elementos supoñen un recurso para o turismo rural e cultural.
Nas fotos (esq a dta e de arriba a abaixo): castro de Castrolandín (Cuntis), dolmen en Lobios, petróglifos en Cabanas – Salcedo (Pon-tevedra), pontella en Bora – Pontevedra, Foxo do Lobo (Cotobade), muíños da Barosa (Barro) e chouzo de pastores na Serra do Suído.
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego16
Anexo
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 17
Debater sobre as seguintes afirmacións, sinalando o grao de concordancia ou discordancia coas mesmas:
- O principal valor do monte é producir madeira, pastos e froitos.
- O castiñeiro foi traído polos romanos.
- Os piñeiros son árbores autóctonas do noso monte.
- Na península ibérica preséntanse as rexións florísticas at-lántica e mediterránea. A vexetación galega encádrase na rexión atlántica.
- As riadas agrávanse ao estar as marxes de ríos e regatos inzadas de vexetación.
- Hai 60 anos había, na paisaxe galega, menos árbores que agora.
- A maior parte do monte galego é de titularidade privada.
- As matogueiras (toxeiras, xesteiras...) son sinónimo de abandono do monte.
Cuestionario previo
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego18
1. Cal era a situación máis común no monte galego durante os últimos séculos?
a) Formados basicamente por bosques e arborado.b) Moi manexado para obter madeira, leña, pastos ou cama para o gando (e posterior abono). *c) Ningunha das anteriores.
2. Cal é a orixe do castiñeiro nos nosos montes?
a) É considerada autóctona. *b) Introducido polos romanos.c) Introducido recentemente.d) Ningunha das anteriores.
3. Cal é a porcentaxe de monte xestionado por mancomuni-dades e entidades veciñais?
a) Aprox. o 14% *b) Aprox. o 2%c) Aprox. o 70%d) Aprox. 10%
4. Que uso principal ten o estripo?
a) Fabricación de mangos e ferramentas.b) Patrón para enxerto de froiteiras. *c) Leña e biocarburantes.d) Todas as anteriorese) Ningunha das anteriores.
5. Que relación teñen as masas forestais co efecto invernadoiro?
a) Agrávano, ao formar vapor de auga que retén calor atmosférico.b) Axudan a palialo, ao Fixar carbono atmosférico. *c) Axudan a palialo, ao liberar ozono polas follas.d) Non ten ningunha relación.
Cuestionario de repaso e avaliación
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 19
Con ou sen axuda de mapas, facede unha lista de topónimos relacionados con plantas: (Brañas, Teixeiro, Sobroso, Salceda, Codedesa, Sanguiñeda, Carballeira, Castiñeiriño, Xunqueira...). Facede unha análise da evolución desas zonas do tempo, en base ao seu estado actual e o que supoñemos tivo no pasado en base a dita toponimia.
1Experimento deforestación caseira.
Prepáranse tres recipientes con terra, como se ve na foto:
- Un con vexetación (céspede, por exemplo). - Outro con acolchado a base de follas e ma-
teria orgánica. - Outro só con terra, algo compactada, simu-
lando chan sen vexetación.
Instalando un sinxelo recolledor na boca de cada recipiente (feito reutilizando botellas de plástico), e sometendo o conxunto a “chuvia”, debaixo da billa ou empregando unha rega-deira, podemos comprobar como a vexetación (mesmo en forma de acolchado ou mulching) retén sedimentos do chan, evitando a erosión e a contaminación das augas.
2
Experimento: Como respiran as plantas?
As plantas respiran por uns pequenos poros nas follas, chamados estomas.
Para demostralo, enche de auga ata a metade unha botella ou frasco de vidro. Fai un tapón de plastilina, deixando un buratiño para meter nel e mete nel o pecíolo dunha folla ancha, ata que o pecíolo se mergulle na auga. Mete tamén polo tapón de plastilina unha palla de refresco, sen que toque auga (mira o debuxo da dereita).
Ao aspirar pola palla sacamos aire do frasco, e esta presión fai que entre o aire polo único sitio posible: a través dos poros da folla. Fíxate como aparecen as burbullas arredor do pecíolo da folla!
3
Foto: Ecocasas.com
Actividadescomplementarias
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego20
Pero...como sabemos se eses poros están por baixo (envés) ou por riba (cara) da folla?
Monta outro frasco do mesmo xeito ca este. Nunha das montaxes, pinta con laca de unllas a cara darriba da folla, e no outro a cara de abaixo. Agarda 10 minutos a que seque ben, e aspira polo tubiño en cada un deles. Anota o que pasa:
Que conclusión podemos sacar?
Onde están os estomas, na cara ou no envés da folla?
Experimento: A circulación nas plantas
Ao igual que as veas e arterias do noso corpo, as plantas teñen un sistema circulatorio for-mado por vasos (xilema e floema) para que o zume poda levar osíxeno e alimento a todas as partes da planta.
Para comprobar se estes vasos forman unha rede direccional ou forman unha rede (como unha esponxa) podemos realizar un sinxelo experimento.
Facemos unha fenda no talo un caravel de arriba a abaixo (fíxate no debuxo) e metemos cada metade nun tubiño cun colorante alimen-
4
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 21
Que cor amosan os pétalos?tario distinto. Deixamos pasar 15 minutos, para que o líquido suba pola planta e miramos como cambiou. Debuxa o que ves e responde ás preguntas:
Que conclusión podemos sacar?
Actividadescomplementarias
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego22
Experimento: Veciños miúdos entre as follas do chan.
No monte (ou no arborado do patio como alter-nativa) recollemos follas polo chan, ao pé das árbores. Esta masa de follas e herbas está chea de vida, aínda que nós non a vexamos. Para poder ver aos seus habitantes, colocamos as fol-las nun coador, enriba dun funil (mira o debuxo), e iluminamos o conxunto cunha lámpada (se a lámpada é incandescente, escoller o modelo de 25 W). Non achegues a lámpada demasiado: queremos ver animaliños, non cocelos!
Ao pouco tempo irán baixando polo funil grande cantidade de animaliños, caendo no frasco.
Metémolos no vaso – lupa, e mirámolos tamén na lupa binocular. Debuxa aquí o que ves:
5
Actividadescomplementarias
Calculando a área de follaxe da mostra, fai unha estimación do número destes animais por hec-tárea, e sinala a súa importancia no ecosistema.
O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego 23
Textos e deseño: Manuel Domínguez Rei, Eduardo Penedo Padín (Xunta de Galicia) e Confemadera Hábitat Galicia.
Imaxes: VENTOS Estudos Ambientais, outras fontes (sinaladas), e participantes do concurso fotográfico ‘O Monte é a Nosa Vida’ de Confemadera Hábitat Galicia.
Bibliografía | Docentes
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Cienfuegos López, E. A problemática ambiental en Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 2001.
De Tapia Martín, R. e outros. Conociendo y recuperando nuestros bosques de ribera. Unidad didáctica para 3º ciclo de primaria y 1º ciclo de secundaria. Ed. Fundacion Tormes – EB, Obra Social Caja Madrid. 2009.
Del Moral, Ignacio. Nuestro mayor tesoro. (Texto teatral sobre o medio forestal). Ministerio de Medio Ambiente, 1998.
Domínguez Lerena, S. e outros. Os segredos das árbores. Xunta de Galicia, 2003.
García, X. Ramón. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais, Col. Natureza, 2008.
Pérez Moreira, R. Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque. Xunta de Galicia, 1991.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Árbores de Galiza. A Nosa Terra, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Niño Ricoi, E. Flora e vexetación de Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 1993.
Rodríguez Fernández, A. Usos e funcións do bosque. Xunta de Galicia, 2004.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. Pés na terra. Material de apoio. CEIDA, 2009.
Varios autores. El buen sembrador, Manual de producción ecológica de plantas forestales autóctonas. WWF/Adena. Madrid, 2001.
Inventario Forestal Nacional IV. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
Bibliografía | Alumnado
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. As Fragas. Unidade didáctica. Ed. Néboa Medio Ambiente, 2001.
Varios autores. O bosque. Carpeta do alumno. Xunta de Galicia, 1994.
Webs relacionadashttp://mediorural.xunta.es │ www.confemaderagalicia.es │ www.orgaccmm.org│www.ceida.org│ www.federacionecoloxista.org│www.cortafuegos.com│www.magrama.gob.es │www.smokeybear.com│
Información e bibliografía
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 1
Unidade didáctica 2
Aproveitamentose valor social e económico
do monte
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte2
2
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 3
1. Usos do monte
O noso monte permite un amplo abano de aproveitamentos e actividades, en diferente grao de consolidación e explo-tación segundo o caso.
2. Usos do monte: valor económico
O Inventario Forestal Nacional na súa IV edición, desenvolvido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, recolle o valor económico do monte galego a través de diversas actividades.
GRÁFICO. Usos do monte
TÁBOA. Valor por provincia e categoría (millóns euros/ano)
Aproveitamentose valor social e económico
do monte
Categoría A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Produción de alimentos e materias primas 82,64 75,47 20,45 41,30 219,86
Provisión de auga 157,32 78,83 12,82 82,64 331,61
Servizo recreativo 0,85 0,33 1,03 0,95 3,16
Caza 0,32 0,45 0,35 0,14 1,26
Control da erosión 5,07 32,23 10,93 0,75 48,98
Captura de carbono 245,80 114,70 49,20 87,49 497,19
Conservación da diversidade biolóxica 6,63 11,01 7,71 4,33 29,68
Total 498,63 313,02 102,49 217,60 1.131,74
Datos do Inventario Forestal Nacional IV
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte4
3. Madeira e derivados
O monte galego goza dunhas inmellorables condicións de cli-ma e terreo) para a produción de madeira, de feito esta é unha das característica que o distingue respecto doutros bosques da península ibérica. Así mentres en Galicia e no norte de España o monte é eminentemente produtivo, no sur o monte ten carac-terísticas máis conservacionistas.
A madeira é unha das principais materias primas que se obteñen dos montes galegos. De xeito estimado, o 50% da madeira que se corta en España procede dos montes galegos.
Os diferentes usos da madeira, permite o desenvolvemento de diversas industrias: serradoiros, taboleiros e contrachapados, mobles, construción, etc. que conta con máis de 3.000 empre-sas que facturan mais de 1.625 millóns de euros, xeran 20.000 empregos directos e 50.000 indirectos.
Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) a industria de transformación da madeira e o moble é un dos sectores estra-téxicos para a economía de Galicia. O IGE destaca que esta industria ten un papel relevante en 52 concellos rurais, xa que representa o 30% das industrias asentadas.
4
O 50% da madeira que se corta en España
procede dos montes galegos
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 5
4. Cortiza
A cortiza da sobreira ten numerosas aplicacións: rollas das botellas, material de construción e decoración, illante térmico, usos industriais, apicultura... A península ibérica é a maior poten-cia mundial na produción deste material, totalmente renovable e ecolóxico: a árbore volve a producila sen problema en varios anos, sempre e cando a extracción fose correcta.
Nas imaxes: sobreira nas Gándara de Budiño. Nótase a cortiza virxe (parte superior e inferior do tronco) en contraste coa parte da árbore xa explotada con antelación (parte central).
Cortiza en láminas como prancha illante, empregada en construción. Na foto, construción da aula de natureza de Cabo Udra (Bueu).
Pranchas de cortiza para carpintería e decoración (forro de ar-marios, chans, etc).
Cortizo para colmea de abellas, en apicultura tradicional.
Rollas de cortiza para embotellado.
Foto: Abella Lupa SAT
Foto: Wikimedia Commons
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte6
5. Leña e biomasa
Estase a consumir madeira como combustible en diversas for-mas: leña, briquetas e pellets, sendo un recurso máis ecolóxico que os combustibles fósiles, ao provir dunha captura de carbono atmosférico recente, estando asociada a cultivos e masas ar-boradas que fixan carbono estable en forma de humus.
Actualmente, consúmese madeira como combustible en diver-sas formas como leña, briquetas e pellets porque resulta un re-curso máis ecolóxico que os combustibles fósiles, xa que proven dunha captura de carbono recente e asociada a cultivos e ma-sas arboradas que fixan carbono estable en forma de humus.
A biomasa proporciona combustibles complementarios ós fósiles.
O INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) estima que a a bio-masa forestal primaria extraíble en Galicia ascende a 886.000 toneladas/ano.
O aproveitamento óptimo da biomasa é aquel destinada a uso enerxético que estea legado a un proceso técnico, industrial e terciario de xeito que se utilicen eficientemente a calor ou a elec-tricidade xenerados (exemplo, sistemas de coxeneración).
Principalmente, a procedencia da biomasa son dous:
- Restos de actividades agrícolas, silvícolas, gandeiras, industria agroalimentaria ou da industria de transformación da madeira
- Cultivos enerxéticos: destinados á produción de biocombus-tibles (lignocelulósicos forestais e herbáceos e colleitas).
Fotos: Allarluz
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 77
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte8
6. Parques eólicos
Galicia é unha potencia eólica: 6º potencia mundial, líder estatal en produción... Os parques eólicos instalados nos montes pro-ducen entorno ao 28% da electricidade galega, creando riqueza (unha media de 3.500 €/ha e ano en aluguer dos terreos, segun-do datos do sector, ao que hai que sumar o sector da fabricación e os ingresos por produción) e evitando a combustión de car-bón e petróleo e, polo tanto, a emisión de carbono á atmósfera. Porén, non son instalacións libres de impactos ambientais:
- Formación de pistas, incrementando o acceso e tránsito ne-sas zonas.
- Impacto paisaxístico.
- Afección a ecosistemas sensibles (turbeiras) ou patrimonio arqueolóxico.
- Colisións de aves, importante a ter en conta en zonas de tránsito masivo de migratorias ou con presenza de especies de especial protección.
- Ruído nas súas proximidades.
Así pois, no proxecto dos parques eólicos deberanse ter moi en conta todos estes aspectos, e as súas posibles medidas correc-toras de ser o caso.
Aeroxerador en Porto do Son
GRÁFICO. Plano eólico galego
Parques instalados e proxectadosFonte: Xunta.es
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 99
7. Pastoreo
O monte galego acolle pastoreo caprino, ovino, equino e bovino. Este pastoreo non se dá só en praderías ou monte ralo, senón nalgúns casos mesmo baixo arborado. Un correcto manexo deste pastoreo permite compatibilizar usos e producións, á vez que mesmo pode servir para reducir o risco de incendios.
É importante insistir no correcto manexo deste pastoreo, evitan-do algunhas situacións ligadas ao mesmo:
- Lumes provocados para promover un pasto rápido á costa do medio e o solo.
- Conflitos entre mandas de cabalos en semiliberdade e propietarios de montes.
- Falta de identificación de cabalos ou presenza de animais atados ou con cepos.
8. Compostaxe e abonos
O toxo foi empregado secu-larmente como cama para gando para obter estrume para abonar as fincas. Hoxe, varias empresas empre-gan este mesmo toxo para facer abono e substratos mediante compostaxe, pola súa excelente relación C/N.
9
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte10
8. Mel e derivados
As abellas cumpren unha importante labor no medio agrario e natural como polinizadoras, se ben nos últimos tempos adoitan darse mortandades destes insectos por diversos motivos, en es-pecial por efecto de certos pesticidas.
Da súa explotación obtéñense varios produtos:
- Mel, con diferentes propiedades segundo o sistema vexetal no que se asenta a colmea.
- Pole, empregado como suplemento de vitaminas e minerais.
- Propóleo, empregado dende a antigüidade polas súas propie-dades antisépticas e de mellora das afeccións respiratorias.
- Cera, empregada para multitude de usos: candeas, industria química, cremas para zapatos, carpintería...
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 11
9. Pequenos froitos
Grosellas, amoras, framboesas, arandos, abruños...
Véndense á industria alimentaria (marme-ladas, iogures, licores...) ou para ex-tractos polas súas propiedades (an-tioxidantes, prevención dalgunhas infeccións, etc). Tamén se ven-den para consumo directo, un mercado pequeno que vai medrando.
10. Froitos secos
Só de castaña, coñécense 143 variedades galegas, sendo os soutos galegos o principal produtor de castañas dentro do Estado.
Ademais das castañas, noces e abelás, estase ex-perimentando con outras especies..
11. Plantas medicinais
Arnica montana, planta de turbeiras e brañas, é un dos mellores exemplos deste aproveitamento, sendo unha planta amplamente comercializada polas súas propiedades:
- Bacteriostáticas - Funxiostáticas - Antiinflamatoria - Antirreumática - Cardiotónica - Antihistamínicas
Hai unha importante demanda anual (e crecente): 300.000 kg/ano de flores secas.
Arnica montanaFonte: Wikimedia Commons
Grosellas
Amoras
Arandos
Fotos pequenos froitos e froitos secos:Wikimedia Commons
Framboesas
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte12
12. Cogomelos
Denostados no campo galego durante séculos por diversos motivos, medra cada
ano o interese polo coñecemento e o consumo dos cogomelos, tendo grandes potencialidades tanto
en venta de cogomelos e derivados como en actividades complementarias (micoturismo, formación, etc).
A micorrización das árbores presenta outras vantaxes ade-mais da produción de cogomelos, pois mellora a resisten-
cia da planta fronte a xeadas e contaminantes, ao tempo que mellora a súa absorción de auga e nutrientes.
Unha maior regulación e ordenación do recurso permitiría opti-mizar estas potencialidades, axudando a evitar situacións de es-tragamento do mesmo e impactos ambientais.
Exemplos de ordenación e sinalización
Imaxes de León, Aragón e Navarra
13. Turismo rural e cultural
O turismo rural en Galicia representa unha oportunidade de xerar riqueza, emprego nos entornos rurais. Ten ademáis, unha dimen-sión importante de difusión dos valores naturais, culturais e gas-tronómicos máis importantes de Galicia.
En Galicia existen mais de 1.100 establecementos de turismo ru-ral vencellados ó gran patrimonio medioambiental e forestal que representa o monte galego.
Casa de turismo rural A Casa da Tulla (Ourene) - Turgalicia.es
Fonte: Wikimedia Commons
12
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 13
Ademais, existen organizacións sociais e culturais que están de-senvolvendo unha labor de difusión e concienciación social, al-gúns exemplos son:
- Asociación Monte Pindo, Parque Natural (Carnota, A Coru-ña): http://www.montepindo.org/
- Limia Verde ( A Limia, Ourense): http://www.limiaverde.com
Espazos naturaisde Galicia
13
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte14
14. Actividades deportivas e recreativas
Atletismo, ciclismo, paintball...
Na foto da dereita, actividade de parapente na Serra da Groba.
15. Actividades educativas e interpretativas
O sendeirismo e as actividades de coñecemento do patrimonio natural e cultural permiten achegar os valores deste patrimonio ao público, sendo unha ferramenta aliada na xestión e conser-vación do medio.
Nas imaxes da parte inferior, roteiro guiado no Cabo Udra e mapa de espazos naturais.
Roteiro guiado no Cabo Udra (Bueu - Pontevedra)
Localizaciónde espazos naturais
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 15
16. Caza e pesca
Aínda que se constata unha baixada progresiva no número de licenzas, A pesca fluvial e a caza teñen un importante número de seguidores e, xa que logo, influenza no contorno socio-económico rural (datos do 2011):
- Pesca fluvial: máis de 72.000 licenzas.
- Caza: unhas 52.000 licenzas.
A caza ten, no caso galego, un carácter popular e estendido, a diferenza da practicada noutros territorios da península. Porén, o movemento económico asociado á caza céntrase nos suministros (armas, animais e materiais) e taxas, sen que os propietarios e mancomunidades perciban ingresos ou compen-sacións por esta actividade.
Polas características da actividade, así como as do propio medio rural (dispersión de vivendas, ampla rede de camiños e pistas, mosaico de explotacións agrícolas e forestais mesmo mestura-das...), é importante extremar e ampliar as medidas de seguri-dade, así como manter e incrementar as medidas de vixilancia e control: exame do cazador, controis de alcoholemia, cumprir a prohibición legal da munición de chumbo en zonas húmidas, etc.
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte16
Anexo
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 17
Debater sobre as seguintes afirmacións, sinalando o grao de concordancia ou discordancia coas mesmas:
- Utilizar leña como combustible non se pode considerar unha enerxía limpa, dado que produce CO2.
- Pese a ser unha enerxía renovable, a eólica presenta algúns impactos.
- A presenza de patrimonio histórico e arqueolóxico no monte (petróglifos, mámoas...) é unha oportunidade económica, e non un problema.
- Os propietarios do monte galego perciben grandes beneficios polo exercicio da caza nos seus terreos.
- A presenza de cogomelos nunha área forestal é un síntoma de mala saúde do arborado e do medio.
Cuestionario previo
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte18
1. Segundo o Inventario Forestal Nacional, cal é a produción directa anual aprox. do monte galego? (Sen contar posteriores transformacións, nin o valor recreativo e ambiental)
a) 328.000 €b) 219 millóns*c) 328.000 millóns €d) 328 billóns
2. Cantas variedades galegas de castaña hai?
a) Ningunha, o castiñeiro foi introducido polos romanosb) 143 *c) 2, a galega e a xaponesad) Ningunha das anteriores
3. Cal é o destino dos pequenos froitos (grosellas, arandos, amoras, etc):
a) Industria alimentariab) Industria farmacéuticac) Consumo directod) Todas as anteriores*e) Ningunha das anteriores
4. O toxo ven sendo moi empregado para facer abonos (antes como estrume, agora compostado). Por que?
a) Por ser dispoñible en grandes cantidadesb) Pola súa relación C/N*c) Para axudar a controlar a súa dispersión no monte, ao ser unhaespecie invasivad) Ningunha das anteriores
5. Cal é o principal aproveitamento do monte galego?
a) Cortiza, leña e biomasab) Froitos secosc) Madeira
Cuestionario de repaso e avaliación
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 19
Comentar os seguintes textos (significado, vixencia, relacionar coa cuantificación dos valores recreati-vos e ambientais, etc):
¡Meu amor de carreteiro! ¡Meu carriño!¡O do eixo de ameneiro e os canisos de sanguiño!Ramón Cabanillas. “Da Terra asoballada”.
O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. O albre é un engado dos ollos, pol-a súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque n-el cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento. O albre danos a froita, que é un manxar composto pol-o mesmo Creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido. O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura. O albre danos a sombra fresca no vrán e a quentura garimosa no inverno. O albre danos as traves, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar â terra. O albre danos o papel barato que nos trai a descotío as novas do que pasa no mundo. Val máis unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos Bancos. A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado unitario. As albres son as minas galegas que nos saberemos esplotar cando a nosa Terra sexa nosa. A repovoación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade. Na nosa Terra danse os mellores albres. O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. “Sempre en Galiza”.
1
Actividadescomplementarias
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte20
Obradoiro: Elaboración de confeito de froitos do bosque
Ingredientes:
- 1 kg de froitas do bosque variadas (arandos, framboesas, érbedos, grosellas, amorodos silvestres, moras, etc.) - 1 kg de azucre (pódese empregar azucre integral de cana) - 400 ml de viño tinto (nota: o alcohol elimínase durante o proceso) - 8 gr de agar-agar - Zume de 1 limón
Os frascos deberán ter peche hermético, e seren hixienizados con auga fervendo.
Elaboración:
- Se as froitas estiveren conxeladas, poñelas nun cazo co viño a medio lume ata desconxelar. - A continuación agregar o azucre con agar-agar e a metade do zume de limón. - Cocer durante 5 minutos a lume medio e sen tapar. - Agregar o resto de zume de limón e cocer un par de minutos máis. - A continuación envasar en quente, poñer os tarros do revés unhas dúas horas. Gardado nun sitio fresco consérvase
durante un ano.
2
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 21
Actividadescomplementarias
Confeitode froitos do bosque
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte22
O MONTE É A NOSA VIDA │2. Aproveitamentos e valor social e económico do monte 23
Textos e deseño: Manuel Domínguez Rei, Eduardo Penedo Padín (Xunta de Galicia) e Confemadera Hábitat Galicia.
Imaxes: VENTOS Estudos Ambientais, outras fontes (sinaladas), e participantes do concurso fotográfico ‘O Monte é a Nosa Vida’ de Confemadera Hábitat Galicia.
Bibliografía | Docentes
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Cienfuegos López, E. A problemática ambiental en Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 2001.
De Tapia Martín, R. e outros. Conociendo y recuperando nuestros bosques de ribera. Unidad didáctica para 3º ciclo de primaria y 1º ciclo de secundaria. Ed. Fundacion Tormes – EB, Obra Social Caja Madrid. 2009.
Del Moral, Ignacio. Nuestro mayor tesoro. (Texto teatral sobre o medio forestal). Ministerio de Medio Ambiente, 1998.
Domínguez Lerena, S. e outros. Os segredos das árbores. Xunta de Galicia, 2003.
García, X. Ramón. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais, Col. Natureza, 2008.
Pérez Moreira, R. Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque. Xunta de Galicia, 1991.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Árbores de Galiza. A Nosa Terra, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Niño Ricoi, E. Flora e vexetación de Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 1993.
Rodríguez Fernández, A. Usos e funcións do bosque. Xunta de Galicia, 2004.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. Pés na terra. Material de apoio. CEIDA, 2009.
Varios autores. El buen sembrador, Manual de producción ecológica de plantas forestales autóctonas. WWF/Adena. Madrid, 2001.
Bibliografía | Alumnado
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. As Fragas. Unidade didáctica. Ed. Néboa Medio Ambiente, 2001.
Varios autores. O bosque. Carpeta do alumno. Xunta de Galicia, 1994.
Webs relacionadashttp://mediorural.xunta.es │ www.confemaderagalicia.es │ www.orgaccmm.org│www.ceida.org│ www.federacionecoloxista.org│www.cortafuegos.com│www.magrama.gob.es │www.smokeybear.com│
Información e bibliografía
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 1
Manexo,xestión e ordenación
do monteUnidade didáctica 3
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte2
3
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 3
1. Ordenación: definición
Na imaxe compáranse dúas versións ideais dun mesmo territorio, comparando un modo caótico con outro ordenado.
A ordenación dos montes ten como obxectivo acadar un redemento sostible e un aproveita-mento dos recursos e servizos do monte.
Esta planificación analiza a compatibi-lidade dos diferentes usos, definindo as restricións e potencializades, mediante a integración de factores ecolóxicos, sociais e económicos.
2. Ordenación: distritos forestais
Galicia conta cunha superficie territorial de case 3 millóns de hectáreas, das que preto de 2 millóns son superficie forestal. A superficie forestal divídese en dous grandes grupos: arbolada (supón o 70%) e desarbolada (30%).
Administrativamente, a superficie forestal galega distribúese en 19 distritos, nos que se organizan a xestión forestal dos máis de 2 millóns de ha de monte galego. Esta distribución afecta a vixilancia contra o lume, axentes forestais, planificación, etc.
GRÁFICO. Ordenación do territorio
GRÁFICO. Distribución de distritos forestais
Manexo,xestión e ordenación
do monte
Fonte: Pladiga 2012, Xunta de Galicia
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte44
3. Sociedades de fomento forestal
Pretenden ser unha ferramenta para aumentar a organización e xestión do monte, compensando o excesivo minifundismo exis-tente no mesmo e as dificultades que conleva para a xestión e explotación, artellando unidades viables.
As SOFOR son agrupacións de parcelas que forman unha so-ciedade para facer viable a explotación das mesmas, á que se ceden os dereitos de explotación (non a propiedade) durante 25 anos. Deben ter unha superficie mínima de 15 a 50 hectáreas e disporán de liñas de axuda e asesoramento.
4. Instrumentos de ordenación e xestión forestal
A ordenación dos montes ten como finalizade a conservación, mellora e protección dos recursos forestais e acadar un rende-mento sostible. Estes fins deben facilitar o desenvolvemento ru-ral, a xeración de rendas, a fixación de poboación , a calidade paisaxística e o mantemento da biodiversidade.
A Lei de Montes de Galicia establece que os instrumentos de or-denación e xestión forestal dos montes da Comunidade Autóno-ma de Galicia deben corresponderse coas seguintes categorías:
- Proxecto de ordenación: sintetiza a organización e o aproveitamento sostible os recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, nun monte ou grupo de montes para obter unha organización estable dos diferentes usos e servizos do monte. Debe engadir unha descrición do terreo forestal nos seus aspectos ecolóxicos, legais, sociais e económicos así coma un inventario forestal detallado que facilite a toma de decisións sobre a silvicultura que se aplicará en cada unha das unidades do monte.
- Documento simple de xestión: planifica melloras e aproveitamentos dos recursos forestais garantindo unha xestión forestal sostible da superficie dunha mesma propie-dade, sen que ningún coto redondo supere a 25 hectáreas.
- Documento compartido de xestión: indicado para a iniciativa privada para un conxunto de propietarios onde ningunha super-ficie dunha mesma propiedade supere as 25 hectáreas en coto redondo que debe engadir referentes de boas prácticas, unha planificación simple dos aproveitamentos forestais e modelos de silvicultura para os principais tipos de masas forestais.
5
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte6
5. Boas prácticas: loita biolóxica
Algunhas pragas e enfermidades poden ser manexadas, empre-gando loita biolóxica para controlalas.
Nas fotos da esquerda, trampas con feromonas: dispositivos con feromonas sexuais femininas, ás que acoden os machos da especie correspondente, sendo capturados e impedíndose así a súa reprodución.
O Cordyceps militaris é un fungo autóctono que parasita larvas de procesionaria, entre outros insectos, podendo empregarse como ferramenta complementaria na xestión destas eirugas.
Ademais, o carpóforo ten valor comercial, sendo consumido como suplemento vitamínico e mineral.
Nas fotos inferiores da esquerda, carpóforos de Cordyceps en Vila de Cruces e na Illa de Arousa.
6. Boas prácticas
- Combinar rexeneración natural con plantacións, priorizando a primeira.
- Promover a formación de masas mixtas, ou a presenza de frondosas acompañantes: isto mellora aspectos biolóxicos e paisaxísticos das masas, ao tempo que pode axudar a previr certas pragas e o avance do lume.
- Abonado: só ante xustificación técnica, previa análise e diagnose.
- Manexo de pragas: só doses e fitosanitarios autorizados, priorizando sempre a loita integrada (a loita biolóxica, xa co-mentada, é unha das súas ferramentas).
- Racionalizar a rede viaria, minimizar ramais cegos, evitar excesiva pendente e construír obras de drenaxe tecnicamente xustificadas (moi importante isto último en climas chuviosos coma o noso).
- Fomentar a diversidade de especies e ecosistemas, p.ex. crean-do rodais maduros nos que se dean procesos de naturalización.
- Mantemento das árbores mortas, sempre que non supoñan riscos na estabilidade do ecosistema: estas árbores mor-tas son imprescindibles para o ciclo de xilófagos como a vacaloura, entre outras especies.
- Protexer e mellorar a vexetación ripícola (fluvial), pola espe-cial importancia e funcionalidade da mesma.
- Limpeza de residuos causados polas actividades forestais. Triturar os restos vexetais para evitar a propagación de pragas.
- Evitar graves impactos paisaxísticos: racionalizar as superfi-cies de corta e deixar pequenos rodais maduros ou de árbo-res mortas que interrompan a uniformidade da corta.
- Procurar a multifuncionalidade, fomentando a función recreativa e social do monte especialmente nas áreas periurbanas.
Loita biolóxica: feromonas
Loita biolóxica:Cordyceps militaris
7. Certificación: concepto
A certificación é un proceso polo que se acredita, a través de audi-torías, o cumprimento das normas de xestión forestal sustentable. Dá lugar a unha declaración escrita (certificado) que acredita a orixe da madeira sen elaborar, a súa situación e características.
É un instrumento de mercado que lles garante aos consumi-dores, dun xeito demostrable, que ese recurso forestal procede de montes xestionados dunha forma sustentable.
A nivel mundial, existen dous sistemas de certificación FSC e PEFC. Ambos están implantados en Galicia. A superficie forestal certificada en Galicia abrangue preto de 176.000 hectáreas.
8. As aulas forestais da Xunta de Galicia
A rede galega está formada polas de San Xoán (Guitiriz), Os Trol-los (Bóveda), A Aula do Eucalipto (Mondoñedo) e Baleira, na pro-vincia de Lugo; Areas (Tui) e Covelo na de Pontevedra; A Falmega (Oroso) na da Coruña e Os Milagros (Maceda) na de Ourense.
Fonte: Xunta.es
7
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte8
Anexo
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 9
Debater sobre as seguintes afirmacións, sinalando o grao de concordancia ou discordancia coas mesmas:
- A fragmentación das parcelas é un obstáculo para a orde-nación e xestión do monte.
- A conservación dos valores naturais do monte e a explotación dos seus recursos son incompatibles.
- A certificación forestal relaciona a propietarios, xestores e produtores, sen relación coa cidadanía no seu conxunto.
- Ambientalmente, é mellor facer masas forestais mixtas fronte ás dunha soa especie.
Cuestionario previo
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte10
1. Galicia ten unha superficie do territorio de preto de 3 millóns de hectáreas. Que superficie está catalogada como superficie forestal?a) A metade da superficie do territorio.b) Preto de 2 millóns de hectáreas son superficie forestal.*c) Ningunha das anteriores.
2. A superficie forestal galega distribúese en 19 distritos forestais que teñen as seguintes funcións:a) Planificación forestal e vixiancia contra o lume.*b) Vixiancia contra as ameazas do monte.c) Detallar o número de especies forestais que hai no monte.
3. Que é a certificación forestal?a) Unha marca de calidade.b) Unha acreditación de que se cumpren as normas de xestión forestal sostible.*c) Unha marca de calidade que indica a procedencia da madeira.
4.Para minimizar o impacto das pragas podemos desenvolver boas prácticas no monte coma:a) Promover unha selvicultura mixta.b) Procurar a multifuncionalidade do monte.c) Racionalizar a superficie de corta deixando pequenos rodais maduros.d) Todas as anteriores son boas prácticas.*
Cuestionario de repaso e avaliación
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 11
Facer varias copias das seguintes imaxes, representando especies forestais (eucalipto, piñeiros, fron-dosas) gando (equino, caprino e bovino), explotacións agrogandeiras, cableado de media e alta tensión, naves e polígonos industriais e empresariais, e núcleos urbanos. Copiar en bo tamaño (A3 como míni-mo) a lámina da seguinte páxina, e por equipos ir colocando nela as distintas imaxes, argumentando a situación, afeccións ambientais, interferencias con outros usos, etc.
1
Actividadescomplementarias
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte12
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 13
Actividadescomplementarias
Xogos de simulación.Esta actividade combina argumentación e teatro, recreando un debate sobre a xestión do territorio por parte dos dis-tintos axentes implicados. Para un correcto desenvolvemento e aproveitamento desta actividade compre:
- Dedicarlle tempo, unha clase enteira como mínimo.
- Motivar ao alumnado para que se involucre e se meta no papel. Incluír pequenos elementos de atrezzo adoita axudar tamén nesta tarefa.
- Recoméndase formar os grupos de xeito aleatorio, procurando evitar descompensacións e procurando a partici-pación de todos os membros de cada equipa.
- Recoméndase tamén preguntar as preferencias de cada equipa á hora de escoller rol, e asignalos en sentido in-verso: un dos obxectivos do xogo é o de practicar o debate e a argumentación, sendo a empatía e a identificación co punto de vista contrario unha ferramenta básica neste ámbito.
XOGO DE SIMULACIÓN: Urbanización - Complexo de golf en Louro. Trátase dunha situación ficticia de partida aínda que inspirada en varios proxectos reais doutros lugares.
Plantexamento: Un grupo de empresarios plantexa, construír un complexo residencial (15 vivendas) con campo de golf de 18 buratos en Louro, bordeando o espazo natural, sobre terreos privados e da comunidade de montes. Ao mesmo tempo, un grupo ecoloxista e unha asociación cultural queren que se conforme un Parque Natural na zona.
Axentes implicados
Administración local: Ambas decisións teñen grandes implicacións para o desenvolvemento do municipio e as relacións locais. Argumento base: independentemente da postura adoptada ao respecto, o voso papel indiscutible é o de árbitro e referente.
Administración autonómica: Sabedores de seren a penúltima autonomía en territorio protexido (só por diante de Mel-illa), sodes conscientes na necesidade de declarar novos espazos. Con todo, non queredes tomar decisións demasiado impopulares (nin custosas). A instalación do campo de golf e urbanización asociada ten puntos a favor e en contra.
Empresarios: Propoñen ademais da urbanización- campo de golf, obras de importancia para a comunidade: polígo-nos industriais, novas infraestruturas e urbanizacións. Argumento base: a economía da comarca necesita un empuxe.
Agricultores: A priori, vedes o proxecto de Parque Natural coma novas restricións e limitacións á actividade agraria. E o mesmo se podería dicir do proxecto de urbanización. Argumento base: defender as aves e construír sí, pero non aí.
Comunidades de propietarios: Vedes pouco cribles as promesas de desenvolvemento a partir do Parque Natural e as promesas de axudas. Propoñedes que, por exemplo, no que quede da Lagoa, se poda criar 10 000 exemplares de gansos e patos para facer paté, e organizar paseos en barca. En canto ao proxecto de urbanización e campo de golf: podería ser unha oportunidade económica, sempre e cando se xestione ben. Argumento base: vós debedes ser os principais decisores.
Grupo ambientalista: Promovedes a declaración de Parque Natural. A urbanización traería numerosos impactos: herbicidas, consumo de auga, privatización dunha parte do territorio, alteración da paisaxe... Un espazo protexido é unha fonte de axu-das da UE e das administracións, e un atractivo para o turismo. Argumento base: o Parque non é unha ameaza, senón unha oportunidade.
2
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo,xestión e ordenación do monte14
Actividadescomplementarias
Exercicio de análise dos montes locais.
Plantexamento:
Animar aos alumnos a que desenvolvan unha pequena investigación sobre un monte local para ubicar o seu distrito forestal e coñecer o seu plan de xestión. Entrevista a: - Propietario forestal
- Rematante
- Axente forestal da zona
Presentar as conclusións do traballo ó resto da clase.
O MONTE É A NOSA VIDA │3. Manexo, xestión e ordenación do monte 15
Textos e deseño: Manuel Domínguez Rei, Eduardo Penedo Padín (Xunta de Galicia) e Confemadera Hábitat Galicia.
Imaxes: VENTOS Estudos Ambientais, outras fontes (sinaladas), e participantes do concurso fotográfico ‘O Monte é a Nosa Vida’ de Confemadera Hábitat Galicia.
Bibliografía | Docentes
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Cienfuegos López, E. A problemática ambiental en Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 2001.
De Tapia Martín, R. e outros. Conociendo y recuperando nuestros bosques de ribera. Unidad didáctica para 3º ciclo de primaria y 1º ciclo de secundaria. Ed. Fundacion Tormes – EB, Obra Social Caja Madrid. 2009.
Del Moral, Ignacio. Nuestro mayor tesoro. (Texto teatral sobre o medio forestal). Ministerio de Medio Ambiente, 1998.
Domínguez Lerena, S. e outros. Os segredos das árbores. Xunta de Galicia, 2003.
García, X. Ramón. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais, Col. Natureza, 2008.
Pérez Moreira, R. Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque. Xunta de Galicia, 1991.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Árbores de Galiza. A Nosa Terra, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Niño Ricoi, E. Flora e vexetación de Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 1993.
Rodríguez Fernández, A. Usos e funcións do bosque. Xunta de Galicia, 2004.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. Pés na terra. Material de apoio. CEIDA, 2009.
Varios autores. El buen sembrador, Manual de producción ecológica de plantas forestales autóctonas. WWF/Adena. Madrid, 2001.
Bibliografía | Alumnado
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. As Fragas. Unidade didáctica. Ed. Néboa Medio Ambiente, 2001.
Varios autores. O bosque. Carpeta do alumno. Xunta de Galicia, 1994.
Webs relacionadashttp://mediorural.xunta.es │ www.confemaderagalicia.es │ www.orgaccmm.org│www.ceida.org│ www.federacionecoloxista.org│www.cortafuegos.com│www.magrama.gob.es │www.smokeybear.com│
Información e bibliografía
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 1
Ameazasdo monte
Unidade didáctica 4
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte2
4
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 3
1. O lume
Os incendios forestais son unha das principais ameazas do montes en Galicia. Cada ano miles de hectáreas do patrimonio forestal quedan destruídas polos lumes.
Os incendios forestais constitúen unha ameaza para o desen-volvemento rural, ademais de comprometer a sostibilidade económica e social de Galicia.
No lume interveñen sempre 3 elementos: o combustible, o combu-rente (habitualmente oxíxeno) e calor como enerxía de activación.
2. Tipos de incendios
O Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga 2013) clasifica os incendios en tres niveis:
- Lume de Nivel 0: Referido a aqueles incendios que podendo ser controlados cos medios de extinción previstos e que, aínda na súa evolución máis desfavorable, non supoñen perigo para persoas non relacionadas coas labores de extinción, nin para bens distintos ós de natureza forestal. Neste Nivel 0 contarase para a extinción cos medios da Consellería do Medio Rural e do Mar, cos medios da Administración Local, cos medios incluídos no Plan de Defensa Contra Incendios Forestais do Estado do MAGRAMA para o apoio das CCAA, e dos medios das comunidades autónomas fronteirizas coas que existe con-venio. O resto de medios do Estado previstos para o apoio as Comunidades Autónomas non se considerarán medios alleos os efectos de cambios de nivel.
- Lume de Nivel 1: Referido a aqueles incendios que podendo ser controlados cos medios de extinción previstos no Pladiga, se prevé pola súa posible evolución, a necesidade da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e/ou dos bens distintos dos de na-tureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume.
- Lume de Nivel 2: Referido a aqueles incendios para cuxa ex-tinción se prevé a necesidade de que, a solicitude do órgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados medios non asignados ó Pladiga, ou poidan comportar situ-acións de emerxencia que deriven cara o interese nacional..
No ano 2006, Galicia rexistrou unha das maiores oleadas de in-cendios forestais. Entre 77.000 e 86.000 hectáreas foros arrasa-das polo lume, faleceron 4 persoas e unha resultou moi grave. A sociedade galega quedou conmocionada pola destrución me-dioambiental, económica e social que provocaron aqueles feitos.
GRÁFICO. Evolución do número de incendios forestais rexistrados en Galicia
Ameazasdo monte
19.820
32.099
57.452
95.940
7.051 6.33610.740
14.800
42.392
15.471
2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Fonte: Pladiga 2013
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte4 O MONTE É A NOSA VIDA │1. Valores ambientais do monte galego4
3. Causas estructurais do lume
Nos lumes on inflúen só as causas máis directas e as características físicas, pois tamén se ven moi influenciados polo contexto socioeconómico: o abandono de usos do agro, ou o propio éxodo rural, desestabilizan medios tradicionalmente manexados, aumentando o risco e a virulencia dos lumes.
A dispersión urbanística, con multiplicidade de vivendas, equi-pamentos e pistas dispersos incrementa a posibilidade de in-cendio e dificulta as estratexias de extinción.
As causas naturais ou imprevisibles supoñen unha porcentaxe mínima dos lumes, estando a maior parte provocados pola acción humana, ben por neglixencia ou por intención directa.
Este último caso correspóndese cos incendiarios, non con piró-manos: este termo fai referencia a unha patoloxía psiquiátrica, presente só nunha parte minúscula dos incendiarios.
GRÁFICO. Mapa das principais zonas de riscos de incendios
Fonte: Pladiga 2013
Morte e desprazamento
de fauna
Contaminación do ar. CO2, NOx, PAH,
SO2,partículas en suspensión...
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte4
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 5
4. Efectos do lume
- Perda de diversidade vexetal. O lume favorecerá unha concentración das especies que mellor o resistan ou poidan rebrotar logo del.
- Degradación e erosión do solo. O lume calcina a materia orgánica, sendo logo o solo incapaz de reter os nutrientes e perdendo a estrutura básica do complexo de cambio catiónico.
- Ademais, a desaparición da cuberta vexetal deixa ao solo indefenso ante a chuvia: por cada ha de terra queimada pódense perder coa chuvia posterior más de 200 Tm de terra, afectando ao sistema fluvial e costeiro.
- Riadas e contaminación das augas: a escorrentía aumenta ao perderse a cuberta vexetal, aumentando o caudal dos ríos e regatos. Ademais, esa auga arrastra enormes cantidades de terra e pó, agravando o efect odas riadas e causando a morte de animais acuáticos e danos en ecosistemas fluviais e costeiros.
GRÁFICO. Efectos do lume
- Danos en sistemas costeiros: polo xa descrito, provócase a morte de animais filtradores, e unha maior colmatación en medios de marisma.
- Morte e desprazamento de fauna. Algunha desta fauna pode achegarse ás poboación sen busca de comida (lobos, xabarís...), creando conflitos.
- Perda de estrutura nos ecosistemas: coa perda de espe-cies, os ecosistemas simplifícanse, perdéndose capacidade de adaptación.
- Contaminación do aire, cos consecuentes efectos na saúde das persoas e do ecosistema.
- Danos á paisaxe e ao patrimonio, perdéndose valores e usos, e as oportunidades económicas asociadas, que se sumarán aos custes por perda de recursos forestais, á propia extinción, ás tarefas de recuperación...
Perda de diversidade vexetal
Degradación eerosión do solo
Riadas, contaminación das augas
Danos aos sistemas costeiros
Custes económicos:Extinción
ReparaciónPerda de recursos e usosDanos á saúde
Danos na paisaxee no patrimonio
Perda de estruturanos ecosistemas
Morte e desprazamento
de fauna
Contaminación do ar. CO2, NOx, PAH,
SO2,partículas en suspensión...
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte6
5. Extinción do lume
Esta loita combina diversos medios, coa fin de refrescar o incendio e evitar a súa osixenación: medios aéreos, desbrozadoras, motoserras, fouces, pás, batelumes...
O servizo de extinción de lumes ten un enorme custe aproximado de 100 millóns de euros cada ano.
6. Recuperación
Por todo o sinalado, a acción logo do lume debe ser áxil, coa fin de evitar a erosión e o incremento das riadas.
Na foto da dereita, barreiras feitas con ramas para reter o solo, nos montes do Xiabre.
É importante promover unha cobertura vexetal de urxencia para reducir o lavado e arrastre do solo. Na foto inferior dereita, implantación desa cobertura nunha actividade didáctica.
Plantacións. Na foto inferior, unha plantación escolar.
Barreiras para a protección do soloFoto: Adela Leiro
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 7
Foto superior: presentación da campaña e concurso escolar ‘O Monte é a nosa vida’ 2012-2013
7. Prevención
A silvicultura e manexo son ferramentas cruciais para re-ducir a probabilidade dos lumes e o efecto destes. Na foto da esquerda, actuacións nunha parroquia pontevedresa.
A formación e sensibilización son unha carreira de fondo na loi-ta contra o lume. Visualizar os valores e multifuncionalidade do
monte é unha importante ferramenta de futuro, aliada da xestión.
A formación e sensibilización son
unha carreira de fondo na loita contra o lume
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte8
9. Outras ameazas: especiesinvasoras
So nunha das principais cau-sas da perda de biodiversidade, degradando os ecosistemas e limitando a súa capacidade de adaptación aos cambios. Na foto, Acacia melanoxylon (Oceanía), Cortaderia selloana (América do S), Robinia sp (América do N) e Carpobrotus edulis (Sudáfrica).
8. Outras ameazas: pragas e enfermidades
Segundo o IV Inventario Forestal Nacional o 68% das árbores en Galicia presentan un bo estado de saúde, sen embargo, hai un 32% que presenta algún dano fitosanitario, sendo as pragas e enfermi-dades un 9% destes danos. Ademáis, nos últimos anos tense obser-vado un incremento significativo no número de árbores con danos.
Ourense é a provincia con menor porcentaxe de pes enfermos ou afectados por pragas e Lugo a que rexistra unha maior porcetaxe de árbores afectados.
GRÁFICO. Evolución das árbores danadas en Galicia segundo o axente do dano
68%
9%1%2%
20%
83%
6%1%
4%6%
Outros
Lume
Meteroloxía
Enfermidades e pragas
Sen danos
IFN III IFN IV
Fonte: Inventario Forestal Nacional III e IV
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 9
10. Outras ameazas: lixo e entullos
Alteran ecosistemas, poden provocar ou avivar os lumes, e re-ducen o valor recreativo do monte e as súas potencialidades en turismo rural.
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte10
Anexo
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 11
Debater sobre as seguintes afirmacións, sinalando o grao de concordancia ou discordancia coas mesmas:
- En materia de lumes, a prevención é máis eficiente (rendible) que a extinción.
- Cortar a vexetación das marxes dos ríos e regatos axuda a controlar as riadas.
- A chuvia intensa logo dos incendios é beneficiosa para lim-par os seus efectos.
- Os lumes controlados non teñen afección sobre o ambiente.
- Sendo a maior parte dos lumes provocados, o abandono do monte axuda a evitalos.
Cuestionario previo
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte12
1. Cáles son as consecuencias máis graves dos lumes?a) Destrúen a riqueza medioambiental de Galicia.b) Empobrecen o medio rural xa que acaban coas actividades económicas e turísticas.c) Consumen moitos recursos económicos.c)Todas as anteriores*
2. Como afecta a dispersión urbanística á extinción do lume?
a) É positiva, aumentando así a vixilancia e resposta ao mesmo.b) Non ten relación significativa.c) Dificulta as estratexias de extinción*d) Ningunha das anteriores.
3. Canto custa cada ano, aprox., a extinción do lume no mon-te galego?
a) 7 millóns. €b) 70 millóns.c) 100 millóns. *d) 7000 millóns. €
Cuestionario de repaso e avaliación
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 13
Na presentación indícanse algunhas especies invasoras. Sinala outras tres especies (animais ou vexetais) invasoras que coñezas. 1
Actividadescomplementarias
Explica a relación entre os incendios e a perda de calidade das augas en ríos e rías.2Seleccionar un artigo de prensa dun incendio recente na comarca. Facer unha análise e debate por grupos dos diversos aspectos implicados:
- Posibles causas. - Factores que incidiron na súa propagación ou dificultaron a súa extinción. - Custe dos medios de extinción empregados. - Perdas económicas directas (madeira, explotacións, equipos...). - Perdas en valores ambientais e recreativos.
3
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte14
O MONTE É A NOSA VIDA │4. Ameazas do monte 15
Textos e deseño: Manuel Domínguez Rei, Eduardo Penedo Padín (Xunta de Galicia) e Confemadera Hábitat Galicia.
Imaxes: VENTOS Estudos Ambientais, outras fontes (sinaladas), e participantes do concurso fotográfico ‘O Monte é a Nosa Vida’ de Confemadera Hábitat Galicia.
Bibliografía | Docentes
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Cienfuegos López, E. A problemática ambiental en Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 2001.
De Tapia Martín, R. e outros. Conociendo y recuperando nuestros bosques de ribera. Unidad didáctica para 3º ciclo de primaria y 1º ciclo de secundaria. Ed. Fundacion Tormes – EB, Obra Social Caja Madrid. 2009.
Del Moral, Ignacio. Nuestro mayor tesoro. (Texto teatral sobre o medio forestal). Ministerio de Medio Ambiente, 1998.
Domínguez Lerena, S. e outros. Os segredos das árbores. Xunta de Galicia, 2003.
García, X. Ramón. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais, Col. Natureza, 2008.
Pérez Moreira, R. Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque. Xunta de Galicia, 1991.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Árbores de Galiza. A Nosa Terra, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Niño Ricoi, E. Flora e vexetación de Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 1993.
Rodríguez Fernández, A. Usos e funcións do bosque. Xunta de Galicia, 2004.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. Pés na terra. Material de apoio. CEIDA, 2009.
Varios autores. El buen sembrador, Manual de producción ecológica de plantas forestales autóctonas. WWF/Adena. Madrid, 2001.
Bibliografía | Alumnado
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. As Fragas. Unidade didáctica. Ed. Néboa Medio Ambiente, 2001.
Varios autores. O bosque. Carpeta do alumno. Xunta de Galicia, 1994.
Webs relacionadashttp://mediorural.xunta.es │ www.confemaderagalicia.es │ www.orgaccmm.org│www.ceida.org│ www.federacionecoloxista.org│www.cortafuegos.com│www.magrama.gob.es │www.smokeybear.com│
Información e bibliografía
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 1
Unidade didáctica 5
Que podes facer ti?Conservación
e mellora
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora2
5
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 3
1. Lume
Non se debe facer lume fora das zonas habilitadas, podendo haber mesmo unha prohibición total nos meses centrais en anos moi secos.
Que podes facer ti?Conservación
e mellora
2. Revexetación logo de lume
É importante promover unha cobertura vexetal de urxencia para reducir o lavado e arrastre do solo. Nas fotos da dereita, implantación desa cobertura nunha actividade didáctica.
Na foto inferior, plantación escolar no rural de Pontevedra.
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora44
3. Facilitando a revexetación
Sinálanse as épocas de recollida de froitos e sementes.
Deben limparse as sementes, para reducir o seu volume, evitar que podreza cos restos do froito, e para favorecer a xermolación. Esta limpeza varía segundo o caso:
- Nas landras basta con quitar a cúpula. - Bidueiro, pradairo e freixo deben exporse ao sol para quitar o
exceso de humidade. - Os froitos carnosos deben macerarse en auga (renovan-
do a auga a diario) para liberar a semente (tamén se pode separar mecanicamente).
As sementes deben almacenarse nun lugar fresco, e normal-mente seco, agás landras e froitos secos (abelás, castañas, no-ces...) que requiren unha almacenaxe húmida e fría.
TÁBOA. Época de recollida de froitos e sementes para revexetar
Algunhas pódense sementar sen máis, en outono ou primavera: carballo, bidueiro, freixo...
Outras precisan un tratamento para favorecer a súa xermo-lación, simulando as condicións que atoparían na natureza:
- A cerdeira silvestre precisa un almacenado previo na neveira (con area húmida) durante un par de meses, simulando o inverno,
- As de estripos e abruñeiros precisan un tratamento de 1 a 2 horas cun ácido diluído (e logo aclarado), simulando o paso polo estómago de animais.
Tamén podes facer o teu propio viveiro antes da plantación. No-vamente, infórmate dos requirimentos de cada especie: moitas árbores, polas características da súa raíz, non admiten testos ou briks, precisando contedores forestais. Tamén podes usar vasiños de papel (desfaranse antes de afectar á raíz).
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 5
GRÁFICA. Preparación de estaquiñasEstaquiñas
As árbores e arbustos poden reproducirse por sementes, pero ta-mén de forma vexetativa (mediante pólas e raíces), moi útil cando as sementes son difíciles de obter ou almacenar, ou teñen unha mala xermolación, podendo propagar a planta mediante estaquiñas.
O estaquiñado funciona moito cos salgueiros, tamén en abeleiras e sabugueiros.
A mellor época (salgueiro, abeleira) é a finais do inverno, antes de abrir os gomos das flores e follas, escollendo varias plantas sans. No sabugueiro, poden facerse estaquiñas de madeira tenra no verán e de madeira dura en outono e inverno.
Para preparar as estaquiñas, cortamos unha póla de 1 - 2 anos, de salgueiro (80 - 100cm) ou sabugueiro (20 - 40cm), con 4 a 6 gomos.
A parte superior córtase en bisel, a 45º con respecto ao gomo máis apical, sen separarse máis de 3cm dese gomo. O corte in-ferior faise recto, tamén a 3cm do gomo máis próximo. Crávase na terra un pouco inclinada, deixando 1 ou 2 gomos ao aire. En poucos meses botará raíces e follas.
Podemos plantar a estaquiña directamente no chan, ou previa-mente en terra ou nun testo para facer logo o transplante defini-tivo, cando a estaquiña bote raíces.
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora6
Débese circular amodo nas pis-tas forestais, sobre todo preto
de cursos de auga, onde morren moitos anfibios atropelados
4. Que non se note o teu paso
Boas prácticas para evitar danos ao ambiente ou molestias á poboación local:
- Anda polos camiños. - Respecta valados e peches das fincas. - Reduce o ruído. - Circula con moderación nas pistas. - Leva o teu lixo de volta.
5. Non molestes á fauna
Débese circular amodo nas pistas forestais, sobre todo preto de cursos de auga, onde morren moitos anfibios atropelados (foto inferior do sinal no P. Natural Monte Aloia).
Tamén se deben respectar os niños das aves; na foto, venta de niños nunha vila portuguesa. Estas actividades deben ser rexeita-das e mesmo denunciadas.
Tordo (Turdus sp)
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 7
6. Aprendendo a coñecer os rastros da fauna
Pegadas, restos de comida, cascas, mudas, plumas, plumadas de aves rapaces, cantos...
Moita da fauna do monte difícil de ver delatará a súa presenza con estes indicios.
7. Conservación da fauna
Pese a estar prohibido, é moi habitual no monte atopar cabalos con cepos nas patas, asociado a pastoreo en semiliber-dade. Isto debe ser denunciado.
Se atopas un paxaro acabado de saír do niño, voando torpe-mente... Non o collas! Os pais andarán preto para coidalo.
Se atopas un animal ferido, avisa ao 112. Se o tes que coller ti (coidado con poutas, dentes e peteiros!), méteo nunha caixa de cartón con buratos para respirar, e manteno nun lugar cálido, escuro e tranquilo ata que o veñan buscar. Non lle deas de comer.
Tamén se poden instalar caixas niño (como se ve na foto, os ma-teriais naturais teñen máis éxito) e refuxios para morcegos.
Raposo (Vulpes vulpes)
Teixugo (Meles meles)
Algaria (Genetta genetta)
Tordo (Turdus sp)
Refuxio para morcegos Caixa - niño
Niño nunha cabaza
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora8
8. Fungos e cogomelos
Os fungos son descompoñedores, cunha importante función na re-ciclaxe da materia orgánica e na circulación de nutrientes no solo.
Se vas recoller cogomelos, ademais de formarte e documen-tarte adecuadamente, leva cesto e navalla: así evitarás danar ao micelio, e o cesto irá espallando as esporas durante a actividade.
9. Respecta o monte, tamén no Nadal
Belén está en Palestina, non na campiña inglesa. Se vas facer un belén na casa, emprega area ou serraduras de madeira: ademais de resultar máis realista, respectarás así o brión, importante ecosistema forestal en miniatura, fogar de colémbolos e outros seres diminutos.
Lembra tamén que o acivro, a xilbardeira (rusco) e o visgo están protexidos.
8
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 9
10. Custodia do territorio
Existen iniciativas de defensa e custodia dun territorio concreto. É o caso de Ridimoas, na comarca do Ribeiro. Esta asociación, premiada en diversos certames (entre outros o Premio Félix Ro-dríguez de la Fuente), merca monte con valor biolóxico, tendo xa unha reserva privada de 300 ha, mantendo funcións de conserva-ción, divulgación e recreo.
Esta iniciativa serve de inspiración e modelo a outras interesantes iniciativas no territorio galego: Vaipolorio, Fragas do Mandeo, etc.
11. Custodia do territorio: Proxecto Ríos
Este proxecto, presente en varias zonas do Estado, é coordinado e impulsado no caso galego por ADEGA. Promove o estudo e adopción de tramos fluviais por parte dos grupos participantes, realizando dúas inspeccións ao ano (primavera e outono), entre outras actividades.
12. Xornadas de limpeza
Organizadas por grupos ecoloxistas e veciñais, basicamente con función divulgativa e simbólica, aínda que ás veces impli-quen a retirada de toneladas de lixo.
Foto: Asociación Ridimoas
Fotos: Colectivo Ecoloxsita do Salnés
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora10
13. Eliminación de plantas invasoras
Varias asociacións ecoloxistas organizan xornadas de elimi-nación de especies invasoras, nas que pode participar todo aquel que desexe botar unha man.
CES
Fragas do Mandeo
ADEGA
14. Vixilancia e denuncia
Sen pretender substituír as funcións dos corpos públicos de gardería e seguridade, algunhas asociacións aplican o principio de “4 ollos ven máis ca 2”, realizando tarefas de vixilancia ambiental, en especial en temporada de incendios, coa fin de descubrir con rapidez os conatos de lume e, sobre todo, con afán disuasorio.
A denuncia de impactos ambientais tamén forma parte do ámbito de acción das entidades conservacionistas, e nela pode partici-par toda a cidadanía.
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 11
15. Repoboación forestal
Introducir especies forestais arbóreas ou arbustivas nun terreo mediante semente ou plantación. En Galicia existen 600.000 hec-táreas de monte improdutivas que representan o 30% da nosa superficie forestal que poden xerar emprego e rendas na comu-nidades locais.
Como exemplo, na primeira Cumbre da Terra de Río de Janeiro de 1992 recoñeceuse que a colleita de cultivos forestais para elaboración de papel xera emprego e ese bosques cultivados son beneficiosos para o medio ambiente.
Fonte: IFN IV
GRÁFICA. Distribución de la superficie forestal en Galicia por usos.
69%
31% Non forestal (urbano, agrario)
Forestal
Fonte: IFN IV
GRÁFICA. Distribución da superficie forestal de Galicia
68,3%
29,9%
1,4%0,4%
Desarbolado
Talas
Arbolado ralo
Arbolado
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora12
Anexo
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 13
Debater sobre as seguintes afirmacións, sinalando o grao de concordancia ou discordancia coas mesmas:
- A conservación e mellora do monte é cousa das adminis-tracións públicas.
- Sempre se pode facer lume onde hai lugares habilitados para iso (asadores, etc).
- Para facer un Belén, o mellor é recoller brión (“musgo”) sobre valados, non sobre árbores ou pedras.
- O voluntariado ambiental debe ser un complemento da ac-ción das administracións neste ámbito, non un substito.
Cuestionario previo
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora14
1. As sementes de estripo e abruñeiro precisan un tratamento ácido para facilitar a súa xermolación. Por que? a) Para preparalas á acidez dos solos galegos.b) Para simular o seu paso polo estómago de animais. *c) Para abrandar a dura capa externa da semente. d) Ningunha das anteriores
2. Por que é importante empregar cesto e navalla na recollida de cogomelos?a) Para que non perdan sabor e propiedades.b) Para non danar ao micelio e axudar a espallar as esporas.c) Todas as anteriores. *d) Ningunha das anteriores
3. Atopas un ave rapaz ferida, e consideras capturala á es-pera de que o veñan recoller para levalo a un centro de recu-peración. Que lle darías de comer?a) Pequenos anacos de carne. b) Peixe, pois é máis doado de dixerir por un animal debilitado. c) Só auga. d) Nada en absoluto. *
4. Quen pode denunciar unha infracción ou agresión ambiental?a) Calquera cidadá/n. b) As asociacións ecoloxistas. c) Os axentes de medio ambiente (Xunta) ou do SEPRONA.d) A fiscalía de medio ambiente. e) Todos os anteriores. *
5. O 69% da superficie de Galicia é terreo forestal, qué porcen-taxe da superficie forestal está desarbolada?a) O 63%b) Case o 2%c) Tan só o 1%d) Ata o 30%*
Cuestionario de repaso e avaliación
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 15
Por equipos, deseñar unha campaña de concienciación sobre a conservación do monte e dos valores expostos. Debater cales serían os medios a empregar (carteis, anuncios en prensa, cuñas na radio, in-ternet), e mesmo deseñar e preparar algúns dos materiais e recursos desa campaña, aproveitando os recursos dispoñibles (web do centro, blogs, taboleiros de anuncios, etc).
Poñer en marcha un equipo de patrullas verdes para o estudo e conservación do monte da zona. Estes equipos poden (sobre todo en contacto e colaboración co centro de ensino, o concello ou entidades ecoloxistas) organizar saídas divulgativas, actividades puntuais de limpeza e campañas de vixilancia e prevención de impactos. Para isto, poden servir de axuda as fixas das páxinas seguintes:
1
Actividadescomplementarias
2
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora16
Data e hora
Lugar (concretar, e indicar como se chega a el)
FICHA DE IMPACTOS Clave do grupo Ref. co mapa
Descrición da zona (agro, forestal, fluvial, etc.):
Tipo de impacto:
Descrición do impacto:
Superficie afectada (m2):
Elementos destacables afectados (ríos, monumentos...)
Medidas correctoras propostas:
Croquis / fotografías
Observacións (polo reverso da folla)
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 17
Actividadescomplementarias
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora18
O MONTE É A NOSA VIDA │5. Que podes facer ti? Conservación e mellora 19
Textos e deseño: Manuel Domínguez Rei, Eduardo Penedo Padín (Xunta de Galicia) e Confemadera Hábitat Galicia.
Imaxes: VENTOS Estudos Ambientais, outras fontes (sinaladas), e participantes do concurso fotográfico ‘O Monte é a Nosa Vida’ de Confemadera Hábitat Galicia.
Bibliografía | Docentes
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Cienfuegos López, E. A problemática ambiental en Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 2001.
De Tapia Martín, R. e outros. Conociendo y recuperando nuestros bosques de ribera. Unidad didáctica para 3º ciclo de primaria y 1º ciclo de secundaria. Ed. Fundacion Tormes – EB, Obra Social Caja Madrid. 2009.
Del Moral, Ignacio. Nuestro mayor tesoro. (Texto teatral sobre o medio forestal). Ministerio de Medio Ambiente, 1998.
Domínguez Lerena, S. e outros. Os segredos das árbores. Xunta de Galicia, 2003.
García, X. Ramón. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais, Col. Natureza, 2008.
Pérez Moreira, R. Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque. Xunta de Galicia, 1991.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Árbores de Galiza. A Nosa Terra, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Niño Ricoi, E. Flora e vexetación de Galicia. Unidade didáctica. Ed. Baía, col. Baía Verde, 1993.
Rodríguez Fernández, A. Usos e funcións do bosque. Xunta de Galicia, 2004.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. Pés na terra. Material de apoio. CEIDA, 2009.
Varios autores. El buen sembrador, Manual de producción ecológica de plantas forestales autóctonas. WWF/Adena. Madrid, 2001.
Bibliografía | Alumnado
Blanco Fdez, L. Non queimes o futuro. Unidade didáctica de secundaria. Ed. AS-PG, 2006.
Leiro Lois, A. e outros. Enciclopedia Temática Ilustrada. A Nosa Terra, 2000.
Leiro Lois, A. e outros. Os incendios. Ed. A Nosa Terra, Col. “Que, como, cando, onde, por que”. A Nosa Terra, 2007.
Varios autores. O bosque. (Caderno didáctico para o alumno). Xunta de Galicia, 2000.
Varios autores. As Fragas. Unidade didáctica. Ed. Néboa Medio Ambiente, 2001.
Varios autores. O bosque. Carpeta do alumno. Xunta de Galicia, 1994.
Webs relacionadashttp://mediorural.xunta.es │ www.confemaderagalicia.es │ www.orgaccmm.org│www.ceida.org│ www.federacionecoloxista.org│www.cortafuegos.com│www.magrama.gob.es │www.smokeybear.com│
Información e bibliografía
O MONTE É A NOSA VIDA │Guía do profesorado 1
Guía do profesorado
Presentación
O MONTE É A NOSA VIDA │Guía do profesorado2
Guía profesorado
O MONTE É A NOSA VIDA │Guía do profesorado 3
1. Presentación e obxectivos
O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo é unha campaña de sensibilización sobre o valor do monte galego para a sociedade dende tres perspectivas: medioambiental, social e económica pro-movida por Confemadera Hábitat Galicia e as consellerías de Cul-tura, Educación e Ordenación Universitaria e Medio Rural e do Mar.
Obxectivos:
- Achegar coñecementos sobre os monte e a súa realidade dende un punto de vista multidisciplinar, complementando as áreas de ciencias naturais, xeografía, historia, lingua e literatura.
- Sensibilizar sobre a conservación dos seus valores naturais e patrimoniais, e sobre os impactos no monte, no-meadamente o lume.
- Achegar capacidades para unha correcta relación co monte e co medio en xeral.
- Mellorar as habilidades sociais e o debate, así como as ha-bilidades plásticas.
Guía do profesorado
2. Contidos
O material está estruturado en 5 unidades:
1. Bosques e montes galegos. Valores ambientais.
2. Valor socioeconómico. Aproveitamentos.
3. Manexo, xestión e ordenación.
4. Ameazas e impactos. O lume.
5. Conservación e mellora.
Cada unidade consta do seguinte esquema:
- Presentación divulgativa de cada tema.
- Apoio: información complementaria e descrición das diapositivas.
- Cuestionario previo, para abordar ao comezo da actividade e cuestionario de avaliación e repaso.
- Actividades complementarias: análise de textos, experimen-tos e obradoiros, traballos en equipo... coa fin de ilustrar ou afondar no tema correspondente.
- O material inclúe tamén bibliografía e ligazóns de internet relacionadas.
O MONTE É A NOSA VIDA │Guía do profesorado4
3. Metodoloxía
O material está deseñado para ser empregado principalmente na aula, en varias sesións, presentando varios niveis, con ac-tividades de ampliación e reforzo segundo as dispoñibilidades, especialmente de tempo (os materiais para as actividades e obradoiros están presentes en calquera laboratorio e mesmo no ámbito doméstico).
O esquema de traballo proposto é o seguinte:
- Presentación e avaliación de conceptos previos.
Para isto, proponse un cuestionario consistente sobre o monte dende o aspecto correspondente á unidade, tendo o alumnado que argumentar brevemente o seu grao de con-cordancia ou rexeitamento con cada unha delas.
Recoméndase facelo en dinámica grupal, colocándose cada alumno nun punto da aula segundo a súa postura, sendo un extremo da aula a concordancia plena e o outro a discordan-cia total co frase en cuestión, o que permite “tantear” visual-mente tanto os conceptos previos do grupo sobre o tema, así como o funcionamento do grupo como tal.
As frases escollidas pretenden non só avaliar os conceptos previos, mais tamén para crear unha certa expectación/pre-paración sobre os contidos a tratar.
- Charla – coloquio.
Apoiada pola presentación informática. Esta foi deseñada procurando poder ser impartida en 30 – 40 minutos e, coa acción do educador, estimular a participación do alumnado.
- Actividades de repaso e avaliación.
En forma dun cuestionario tipo test, a resposta correcta sinálase cun * (loxicamente, este símbolo deberá ser elimi-nado nas copias entregadas ao alumnado), coa fin de cuan-tificar con rapidez o resultado.
Porén, este sinxelo cuestionario é máis unha ferramenta de repaso e reforzo de conceptos que unha avaliación global da actividade, a cal deberá ser realizada polo educador en base a diversos factores: nivel de atención e participación, comparación cos conceptos previos, etc.
Coa mesma fin de servir de avaliación, proponse unha ficha de avaliación participativa de todo o programa, sinalando cada alumno cun punto de cor, mediante adhesivos, en cada un dos apartados a avaliar. Inclúese modelo na seguinte páxina.
- Actividades complementarias.
Análise de textos, experimentos e obradoiros, traballos en equi-po... Coa fin de ilustrar ou afondar no tema e servir de reforzo.
Todas as actividades propostas pretenden ser de doada realización con materiais e recursos accesibles no centro de ensino, seguras na súa execución (coas medidas de seguri-dade e precaucións básicas esixibles a este tramo de idades) e reproducibles con posterioridade mesmo no ámbito doméstico.
No referente á temporalización, o tempo mínimo para a realización dos aspectos máis básicos de cada unidade sería dunha clase (50 minutos, correspondente á charla – coloquio e unha breve avaliación). Porén, recoméndase dedicar, como mínimo, unha hora e media (é dicir, dúas clases, a poder ser consecutivas) a cada unidade.
A realización de todas as actividades complementarias e de re-forzo propostas implicaría un alto número de horas, polo que se recomenda realizar unha selección das mesmas ou o seu uso como tarefas en horario non lectivo.
O MONTE É A NOSA VIDA │Guía do profesorado 5
Aprendín bastante
sobre o monte e os
seus valores
Matriz de avaliación
participativaAplicarei no meu
ámbito cousas
aprendidas nesta actividade
A actividade
foi produtiva
e participativaO
educador fíxoo ben
A documentación e materiais
empregados gustáronme e
parecéronme interesantes
A miña idea sobre
o monte cambiou bastante
logo desta actividade
A te
mpo
raliz
ació
n
pare
ceum
e
axei
tada
(dur
ació
n, ri
tmo.
..)
A m
etod
olox
ía
pare
ceum
e ag
rada
ble
e at
ract
iva
Moi de acordo
De acordo
Pouco de acordo
En desacordo