un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no...

14
clara RiEdEnstEin coa colaboración especial de ingrid caven a PoRTuguEsa un filmE dE Rita azEvEDo GomEs inspirado no conto ‘Die Portugiesin’ , de Robert Musil maRcEllo UrgEghE un conto paRa os nosos días vEstido dE Época cando se espera moito tempo pode acontecer aquilo que só raramente acontece Lady Harimaguada de Ouro Mellor Filme DISTRIBUCION.NUMAX.ORG /GL/PORTUGUESA

Transcript of un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no...

Page 1: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

c l a r aR i E d E n s t E i n

coa colaboración especial de

i n g r i dc av e n

a

PoRTuguEsa

un filmE dE Rita azEvEDo GomEsinspirado no conto ‘Die Portugiesin’, de Robert Musil

m a R c E l l oU r g E g hE

un conto paRa os nosos días vEstido dE Época

cando se espera moito tempo pode acontecer aquilo

que só raramente acontece

Lady Harimaguada de Ouro Mellor Filme

DISTRIBUCION.NUMAX.ORG /GL/PORTUGUESA

Page 2: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Equipo técnicoDirección Rita Azevedo GomesGuión Rita Azevedo Gomes a partir do relato de Robert Musil («Die Portugiesin»)Diálogos Agustina Bessa-LuísFotografía Acácio de AlmeidaMontaxe Rita Azevedo GomesAsistentes de dirección Patrícia Saramago, J. Pinto NogueiraSon Olivier BlancMúsica José Mario BrancoDirección de arte Roberta Azevedo Gomes, Elsa BruxelasVestiario Rute Correia, Tãnia FrancoDirección de produción António Cãmara ManuelProdución Basilisco FilmesCoprodución Duplacena

Equipo artísticoClara Riedenstein / Marcello Urgeghe / Ingrid Caven / Rita Durão / Pierre León / João Vicente / Luna Picoli-Truffaut / Manuela de Freitas / Alexandre Alves Costa / Adelaide Teixeira / Marie Carré

a PoRTuguEsa Rita Azevedo Gomes 2018, 136’, Portugal

Page 3: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos. A señora von Ketten le, canta, soña, baila, nada, cabalga no bosque á espera de poder regresar ao xogo do amor. Conseguirá a portuguesa vencer onde a morte parece querer entrar? Adaptación inspirada no conto Die Portugiesin, de Robert Musil.

Page 4: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Os seus ‘tableaux vivants’ lembran a VermeerStephen Dalton, The Hollywood Reporter

Page 5: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

«Interésame todo o que hai de decisi-vo na vida»Notas da directora

Aquí, como nos meus filmes precedentes, todo comeza na miña imaxinación, despois pasa á miña vida e nela mantense moito tempo despois de ter rematado o filme. A realidade é moi complexa, as historias danlle forma. O reflexo da vida é, por veces, máis interesante que a propia vida. Este conto de Robert Musil, enigmático e libre de psicoloxía, ten algo a ver con isto. Agustina Bessa-Luís, nunha escrita sen vacilacións, insire os espazos insondábeis da novela de Musil en trazos moi concretos pero que, ao mesmo tempo, non nos din todo, intrígannos. O non dito seduce moito. Todo o que pasa entre a portuguesa e o seu marido (Von Ketten) apousa no non dito. Ninguén sabe con certeza se realmente existiron ou non. Non é a veracidade disto o que importa. Esta historia acontece durante o Principado Episcopal de Trento, pero reflicte, en moitos aspectos, o tempo actual. Partimos do principio de que os nosos antepasados non eran diferentes, simplemente vivían nun tempo diferente. Non me interesa tanto de onde veñen

as cousas como cara a onde as quero levar. Se é verdade que unha persoa realiza o mesmo filme toda a súa vida, tamén é verdade —polo menos no meu caso— que o filme se esnaquiza a cada vez en mil pedazos para voltar a reconstruírse doutra maneira. Nese sentido serei sempre unha aprendiz. Non procuro a reconstrución histórica. Non desexo recuperar o pasado, e menos un tan afastado, non creo que iso sexa posíbel nin teña razón de ser. Do texto de Musil gústame especialmente o que nel hai de contemporáneo.

Cando o mundo exterior pesa sobre a nosa lin-gua e os discursos se mesturan, cando entendidos e leriantes usan as mesmas fórmulas con mínimas di-

ferenzas, creo que A portuguesa falará por si soa. Os filmes non salvan nada. E non estamos en condi-cións de nos salvar a nós propios, sobre iso non hai dúbida. Pero un filme onde estes temas están im-plícitos paréceme axeitado e xusto nos nosos días.

Interésame todo o que hai de decisivo na vida; o que desafía o destino e o que acontece alén do entendemento. Como Musil dixo algunha vez: a grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender e expresar.

Page 6: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Un cinema de beleza abraianteErik Negro, Cinelapsus

Page 7: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Un remuíño de emocións sen aparente explicaciónPor Erik Negro (Cinelapsus)

A relación do cinema portugués coa literatura foi sempre esencial, luminosa e extraordinaria. A mesma Rita Azevedo Gomes ten levado á pantalla textos importantes e impoñentes na procura de novas traxectorias, esculcando entre liñas o que fica oculto no medio das páxinas. Na súa exemplar ollada ao texto de Robert Musil, A portuguesa recolle a continua deriva de mistificación e metáfora do escritor austríaco, cunha deliberada reconstrución do tempo, o lugar, o espazo e os personaxes que deveñen símbolos da condición humana. O amor, como espazo de reconstrución da distancia e a memoria, é a esencia desta historia circular e infinita na que nos atopamos inmersos e iluminados.

Estreado na Berlinale Forum, A portuguesa preséntase como un filme de superación. As paisaxes escuras e inmersas na brétema viran, de súpeto, brillantes e bañadas polo sol, entre a soidade e a espera. No sutil traballo de Gomes atopamos os xestos mínimos e as miradas profundas para describir a historia, fragmento a fragmento. Comezando pola portuguesa, unha rapaza namorada e confinada, inicialmente presa do seu destino pero que axiña se abre ao poderoso espectáculo do mundo, os seus misterios e destinos. Ao seu redor todo continúa a se destruír, en cada batalla, en cada guerra, drama tras drama. Pero sabemos con seguridade que esta historia se limita ao pasado?

Rita Azevedo traballa o filme cunha sensibilidade extraordinaria, en paralelo á fisicidade da escrita de Robert Musil, construíndo un

imaxinario sublime e misterioso na relación entre o home e a muller, a guerra e o amor, a realidade e o soño. Esta serie de dicotomías devólvenos o sentido dun cinema antigo e abstracto que desenvolveron as Nouvelles Vagues de todo o mundo. Atopamos, sen dúbida, as leccións de Manoel de Oliveira e Raoul Ruiz, dun cinema de beleza abraiante, da espléndida fotografía de Acácio de Almeida á utilización da palabra como vórtice sinestésico do universo. Azevedo Gomes deixa a guerra no fóra de campo, xerando un movemento continuo da nosa fraxilidade no que a existencia é un remuíño de emocións sen aparente explicación.

Page 8: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Un novo milagre fílmico de luz, palabra e emociónDaniel de Partearroyo, Cinemanía

Page 9: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

«Non consigo traballar con persoas que non me gustan»Entrevista con Rita Azevedo Gomes Por Paulo Portugal (Insider)

Por onde comezou a viaxe d’A portuguesa? Chegaches primeiro ao libro de Robert Musil ou ao texto de Agustina Bessa-Luís? Foi case simultáneo. Tiña comprado Tres mulleres hai moitos anos, nunha libraría de vello en Porto, porque me gustaba moito a portada. Ás veces sucédeme iso [risas]. Merquei o libro pero ficou aí sen ler. Moito tempo despois, falando con Agus-tina, souben que o libro tiña un texto chamado A portuguesa. Foi entón cando lin os tres contos, son todos extraordinarios. Musil ten unha escrita moi enigmática. Finalmente pregunteille a Agustina se estaría disposta a facer unha adaptación para cine-ma e ela dixo que si.

A fotografía de Acácio de Almeida é belísima, como foi traballar con el? El estivo desde o princi-pio, n’O Som da Terra a Tremer (1990), mais traba-llar con el é sempre un pracer. Acácio coñéceme ben e sempre propón cousas acaídas. Alén de ser moi creativo gústame moito como persoa. Non consigo traballar con persoas que non me gustan.

No filme séntese a influencia de Manoel de Oliveira. Como foi a súa colaboración conxunta? Realmente Manoel non falaba moito de cinema. El tiña unhas ideas moi precisas e concretas que repetía sempre e que tiña como regras importantes. Eu observeino moito e traballei con el en Francisca (1981). Non volvemos traballar xuntos, pero foi unha experiencia moi boa. Lembremos que eu non fun á escola de cinema.

Page 10: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Unha arte que evoca a de OIiveira e MonteiroMarcos Uzal, Libération

Page 11: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

«En canto vin a Clara Riedenstein souben que tiña que ser a miña portuguesa»Entrevista con Rita Azevedo Gomes Por Marina Richter (Cineuropa)

Que te atrae da literatura clásica? Cando teño un bo libro nas mans sérveme de base para novas ideas. Ao ler unha novela que me interroga e intriga comezo a formular preguntas. Gústanme as historias que non se explican ao lector, que posúen incontábeis interpretacións. Inmediatamente creo imaxes na miña cabeza. Creo que todo bo libro fala o idioma da xente real. A natureza humana non mudou moito e podemos atopar a mesma verdade en Dostoievski que nos mellores autores contemporáneos.

No filme combinas textos clásicos con poemas de diferentes épocas, como Under der Linden de Walther von der Vogelweide. Estiven a escoitar moita música medieval e dei con esta particular peza que me levou a buscar o poema. Cadraba perfectamente na historia do filme pois fala dun paraíso perdido. Ao comezo, a portuguesa é bastante feliz na súa lúa de mel e cando o seu

marido regresa por primeira vez hai goce e xogo, como na escena do baño. Pero a sensualidade vaise perdendo co paso do tempo. O poema interpelábame e contei con Ingrid Caven para cantalo no filme.

Como foi a decisión de incluír no elenco a Clara Riedenstein e Ingrid Caven? Eu xa tiña en mente traballar con Ingrid Caven antes de Correspondencias (2016), pero realmente foi a nosa primeira colaboración. Ela non é só unha consumada profesional, é tamén moi divertida e elocuente. N’A portuguesa o seu personaxe contrasta co clasicismo da época da narración. Ela é a visitante que vaga a través do filme, comentándoo con diferentes cantigas. O seu personaxe ten un pé no pasado e outro no presente. En canto a Clara, cando a vin souben inmediatamente que tiña que ser a miña portuguesa, aínda que tiña só 16 anos nesa altura.

Page 12: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Rita Azevedo GomesA obra de Rita Azevedo Gomes (Lisboa, 1952) abrangue, desde inicios da década dos 70, diversas disciplinas: teatro, ópera, deseño gráfico. Tras colaborar con Manoel de Oliveira en Francisca (1982) as súas forzas creativas céntranse no cinema, acadando gran prestixio como responsábel de deseño gráfico e programación da Fundaçao Calouste Gulbenkian e a Cinemateca Portuguesa. En 1990 debuta como directora n’O Som da Terra a Tremer, inaugurando unha filmografía, hoxe considerada de culto, onde o protagonismo feminino e a relación entre cinema e literatura han ser sinais de identidade.

Tras a estrea en España a cargo de NUMAX Distribución d’A vinganza dunha muller (2012) e Correspondencias (2016), sumado á retrospectiva integral de Filmoteca Española en 2017, Azevedo Gomes converteuse nun referente fundamental para os afeccionados ao cinema de autor neste país. En abril de

2019, logo da súa estrea na Berlinale, poderemos gozar nas salas españolas d’A portuguesa, unha obra cativadora, sublime e atemporal, adaptación do conto homónimo do grande escritor austríaco Robert Musil.

Filmografía selecciónadaO Som da Terra a Tremer – 1990Frágil Como o Mundo – 2002A vinganza dunha muller – 2012Correspondencias – 2016

Page 13: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Clara RiedensteinCon apenas 16 anos, a actriz Clara Riedenstein aceptou encarnar á moza portuguesa protagonista do filme de Azevedo Gomes. Cunha presenza natural que enche cada plano e un rostro singular e atemporal, Riedenstein ofrece a súa primeira grande interpretación nunha máis que prometedora carreira. O seu único precedente atopámolo na estupenda John From (2015), de João Nicolau, Premio Especial do Xurado no BAFICI 2016.

Ingrid CavenA cantante e actriz Ingrid Caven (Saarbrücken, Alemaña, 1938) deuse a coñecer na compañía de teatro de Rainer Werner Fassbinder, o gran cineasta alemán con quen estivo casada. Tras máis de 50 anos de carreira, Caven é todo un mito que abrangue distintas disciplinas: a música, onde se considera unha combinación de Edith Piaf e Marlene Dietrich; a moda, como musa e amiga de Yves Saint Laurent; e o cinema, protagonizando filmes de autores de culto como R. W. Fassbinder (A viaxe á felicidade de Mama Küster), Jean Eustache (Mes petites amoreuses), Adolfo Arrieta (Bela durminte) ou a moi recente Suspiria, de Luca Guadagnino.

Agustina Bessa-LuísEterna candidata aos Premios Nobel, Agustina Bessa-Luís (Amarante, 1922) está considerada como unha das grandes autoras das letras portuguesas, recibindo o Prémio Camões en 2004. A historia do cinema luso tería sido outra se os camiños de Bessa-Luís e Manoel de Oliveira non se tivesen encontrado, dando lugar a obras mestras como O princípio da incerteza e (2002) ou Vale Abraão (1993). O seu traballo de adaptación do conto de Musil n’A portuguesa e a súa complicidade con Azevedo Gomes, son claves na concepción da última obra mestra da cineasta.

Acácio de AlmeidaO impresionante traballo visual que fai d’A portuguesa unha sobrecolledora experiencia estética ten como principal responsábel a Acácio de Almeida (Viseu, 1938). Formado na Fundação Calouste Gulbenkian de París, onde coincide entre outros con Néstor Almendros, Acácio de Almeida foi director de fotografía para cineastas da talla de António Reis, João César Monteiro, Paulo Rocha, João Botelho, Alain Tanner ou Manoel de Oliveira. A colaboración de Almeida con Rita Azevedo Gomes remóntase a 1990 c’O Som da Terra a Tremer, e fai parte do selo inconfundíbel da cineasta lisboeta, dando luz e rigor estético a filmes como A vinganza dunha muller e Correspondencias.

Page 14: un conto paRa os nosos días vEstido dE Época PoRTuguEsa...grandeza humana ten raíces no irracional. E se filmo unha árbore, un río, unha estrada, é só iso o que procuro entender

Programación: Ramiro Ledo +34 981 560 250 [email protected]

Comunicación: Xan Gómez +34 981 560 250 [email protected]

distribucion.numax.org/gl/portuguesa numaxdistribucion numaxdistribucion numaxfilms