Ud 2 TectóNica De Placas Proba

10
TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO “Desenvolvemento do sonar”. Fundamentos Durante a Segunda Guerra Mundial desenvolveuse o sonar, para facer sondeos acústicos; O sonar emite un sonido e calcula a distancia ao fondo mariño a partir do tempo que tarda o sonido en reflexarse no fondo e volver á superficie. Os estudos batimétricos indicaron a existencia de catro rasgos importantes do fondo mariño: 1) Áreas relativamente planas que cubren a maior parte do fondo a profundidades de 2 a 6 km, chamadas planicies abisais . 2) Profundas depresións alongadas, chamadas fosas oceánicas , que alcanzan grandes profundidades. 3) Enormes cadeas montañosas moi extensas, llamadas cordilleiras ou dorsais oceánicas. 4) Grandes zonas de fractura que separan seccións das cadeas montañosas

Transcript of Ud 2 TectóNica De Placas Proba

Page 1: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO

“Desenvolvemento do sonar”. FundamentosDurante a Segunda Guerra Mundial desenvolveuse o sonar, para facer sondeos acústicos;

O sonar emite un sonido e calcula a distancia ao fondo mariño a partir do tempo que tarda o sonido en

reflexarse no fondo e volver á superficie.

Os estudos batimétricos indicaron a existencia de catro rasgos importantes do fondo mariño:

1) Áreas relativamente planas que cubren a maior parte do fondo a profundidades de 2 a 6 km, chamadas planicies

abisais.

2) Profundas depresións alongadas, chamadas fosas oceánicas, que alcanzan grandes profundidades.

3) Enormes cadeas montañosas moi extensas, llamadas cordilleiras ou dorsais oceánicas.

4) Grandes zonas de fractura que separan seccións das cadeas montañosas

Page 2: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO

En 1962 o xeofísico Harry Hess propuxo que as dorsais

eran en realidade zonas onde se creaba nova codia

oceánica (aínda non se usaba o concepto de litosfera) e

que ésta era empuxada hacia os lados polo novo material

de forma que o océano ía aumentando a súa extensión.

A idade das rochas basálticas respaldaba esta hipótese: os

basaltos do fondo oceánico eran tanto máis antigos canto

máis alonxados estaban da dorsal, e a súa idade era

mínima no mesmo eixe da dorsal

materiais antigos

materiais novos

As fosas oceánicas serían lugares da codia oceánica

(hoxe sábese que é a litosfera oceánica) desaparece

por afundimento, volvendo os materiais ao manto.

Desta forma a cantidade global de codia oceánica

(realmente litosfera oceánica) non varía ao longo do

tempo, pero sí experimenta unha continua renovación.

Page 3: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

CONFIRMACIÓN DA TEORÍA DA EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICOVINE e MATTEWS. 1965-68

Estudo magnético dos

fondos oceánicos:

A proba irrefutable que corrobora a

hipótese de H. Hess é que existe un

bandeado magnético simétrico a ambos

lados da dorsal, que só se pode explicar si a

partir do eixe da dorsal crece novo solo

oceánico.

Page 4: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

A TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (TTP)

Page 5: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

A TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (TTP)

Page 6: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

TIPOS DE BORDES DE PLACA

A) Bordes constructivos: presentan esforzos distensivos. Construen novo solo oceánico. Dorsais oceánicas (tamén chamadas fosas tectónicas)

B) Bordes destructivos: presentan esforzos converxentes ou compresivos. Destrúen o solo oceánico. Zonas de subducción (ou fosas oceánicas).

C) Bordes transformantes ou pasivos: non se crea nin destrúe solo oceánico. Rozamento entre placas. Fallas transformantes.

Page 7: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

A. BORDES DIVERXENTESA. BORDES DIVERXENTES

Dorsal oceánica.

Son fendas na litosfera con vulcanismo

submarino (emiten magma) que cando

solidifica convírtese en basalto.

A zona central da dorsal chámase rift.

Rift: val alongado que divide

lonxitudinalmente unha dorsal.Está

composto por fallas de tipo directo por

onde ascende o magma.

ASOCIADAS A SISMOS DE FOCO SUPERFICIAL.

Page 8: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

B. BORDES CONVERXENTESB. BORDES CONVERXENTES

A) Litosfera oceánica-litosfera oceánica

Focos sísmicos: someros, intermedios e profundos. Plano de Benioff: é aquel que une todos os hipocentros dos terremotos

que se orixinan nunha zona de subducción e coincide coa litosfera que subduce.

Este plano forma 45º coa horizontal. Bolsas de magma hidratado que ascenden e forman volcáns (illas

volcánicas ou ARCOS INSULARES) Exemplos: Illas Xapón, Filipinas, Antillas, Grecia, Illas Marianas

B) Litosfera oceánica-litosfera continental

Subduce sempre a parte oceánica que é máis densa (ten Fe e Mg)Bolsas de magma hidratado que ascenden e forman volcáns.Prisma de acreción: os sedimentos ao lado do continente préganse (debido aos esforzos compresivos) e incorpóranse ao continente (formación oróxenos)Formación ORÓXENOS TÉRMICOS ou cordilleiras pericontinentais Exemplos: a cordilleira Andina.

C) Litosfera continental-litosfera continental: OBDUCIÓN

Prolongación do fenómeno B)Non subduce ningunha das 2 placas. Presencia de sismos.Ausencia de vulcanismoPrisma de acreción: sedimentos pregados entre os dous continentes.Formación oróxenos MECÁNICOSExemplos: O Himalaia.

Page 9: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

C. BORDES PASIVOS OU TRANSFORMANTESC. BORDES PASIVOS OU TRANSFORMANTES

Fallas transformantes.Son esgazaduras do terreo que aparecen en zonas sometidas a empurres distintos.Ollo!! Non están asociadas ao vulcanismo. Só actividade sísmica.

Onde aparecen?

2. Nos bordos de placa que permiten que as placas se deslicen unha con respecto á outra en sentidos opostos

1. Seccionando transversalmente unha dorsal oceánica (non son bordes de placa)

Falla de Santo Andrés

Falla das Azores

Page 10: Ud 2 TectóNica De Placas Proba

OS FENÓMENOS INTRAPLACA: OS PUNTOS QUENTES

A maior parte da actividade volcánica

acontece nos bordes de placa.

O resto débese á actividade intraplaca

orixinada por plumas mantélicas.

Os puntos quentes mantéñense estáticos no

manto aínda que as placas tectónicas se

movan sobre eles.

Exemplos puntos quentes intraplaca:

•Yelloswtone

•Hawai, Illas Reunión…..