U 11 eva t.

18
Unidades !!: Ímonos de ruta polo noso país III. 1ª sesión: INTRODUCIÓN, MOTIVACIÓN E ANÁLISE PREVIA Competencia cultural

Transcript of U 11 eva t.

Page 1: U 11 eva t.

Unidades !!: Ímonos

de ruta polo noso

país III.

1ª sesión: INTRODUCIÓN, MOTIVACIÓN E

ANÁLISE PREVIA

Competencia

cultural

Page 2: U 11 eva t.

Competencias básicas

Coñecemento e interacción co mundo físico. Competencia matemática.

Competencia en comunicación lingüística. Competencia social e cidadá.

Competencia para aprender a aprender. Tratamento da información e competencia dixital.

Obxectivos

•Diferenciar entre tempo atmosférico e clima.

•Coñecer e comprender como actúan os tres factores principais do clima: a proximidade ao

ecuador, a altitude sobre o nivel do mar e a influencia do mar.

•Coñecer os climas de España e as zonas ás que afecta cada un deles.

•Coñecer os trazos máis destacados das temperaturas e as precipitacións dos climas de España

e de Galicia.

•Mencionar algunha especie vexetal propia de cada zona climática.

Contidos

•O tempo atmosférico e o clima. A proximidade ao ecuador e as grandes zonas climáticas do planeta.

•A altitude e a súa influencia nas temperaturas. A influencia do mar nas temperaturas e o relevo como barreira

a esa influencia.

•Os distintos climas das terras españolas e da comunidade, e as súas zonas de influencia.

•Características dos climas de España: oceánico, continental, mediterráneo, continental-mediterráneo, de

montaña e subtropical.

•Características dos climas de Galicia: oceánico de litoral, de montaña e de interior.

•Valoración da importancia de coñecer o tempo atmosférico e o clima.

Criterios de avaliación

-Diferenza entre tempo atmosférico e clima.

-Coñece e comprende como actúan os tres factores principais do clima: a proximidade ao ecuador, a altitude

sobre o nivel do mar e a influencia do mar.

-Relaciona o relevo coa altitude e coa influencia do mar na súa actuación como factores climáticos.

-Coñece os climas de España e da comunidade, e as zonas ás que afecta cada un e sinala no mapa que

territorios están afectados por cada un dos climas das terras de España e de Galicia.

-Indica que temperaturas e que precipitacións son características de cada tipo de clima das terras españolas e

galegas.

Page 3: U 11 eva t.

2ª sesión: O tempo atmosférico e o clima. A proximidade ao ecuador e as grandes

zonas climáticas do planeta.

O tempo atmosférico e o clima

A proximidade ao ecuador

Chamámos tempo ao estado

atmosférico dun lugar nun

período curto.

Se este período é longo, é

denominado clima.

Segundo nos atopemos mais

preto do ecuador, o clima será

mais cálido.

Actividade de

investigación: Por que

existe esta variedade de

zonas climáticas no

planeta?Axúdate para

contestar dos recursos de

biblioteca ou das TICs.

Exporemos e

debatiremos as

conclusiósn.

As grandes zonas climáticas do planeta

Traballamos

os contidos

Analizamos a información.

Page 4: U 11 eva t.

Analizamos a

información e

reflexionamos

Actividades de consolidación:

Nestas dúas imaxes, quen cres que ten razón? Están equivocados?

Por que?

Describe as diferenzas entre tempo atmosférico e clima.

1.

2.

Page 5: U 11 eva t.

3ª sesión: A altitude e a súa influencia nas temperaturas. A influencia do mar nas

temperaturas e o relevo como barreira a esa influencia.

Canto menor é a altitude, máis cálido será o clima:

As temperaturas dependen da súa altura sobre o

nivel do mar. Normalmente descenden un grao

cada 160 metros que aumenta a altitude.

Por que nas zonas montañosas teñen climas mais

fríos e as zonas chás próximas a o mar posúen

climas mais cálidos?A terra quéntase máis rapidamente cando chega o

verán,. Os ventos que van do mar á terra son mais

frescos. Pero no inverno, a terra arrefríase mais

rápido que o mar.

No inverno, os ventos que se dirixen do mar á

terra son cálidos, por isto nas zonas costeiras

posúen climas que son máis suaves que os das

zonas afastadas do mar.

Actividade de

desenvolvem

ento: Explica

por que hai

climas mais

suaves nas

vilas que

están preto

do mar.Que acontece ao noso

redor?

Page 6: U 11 eva t.

Acudimos á aula de informática para:

-Repasar o traballado realizando actividades de

ampliación e de reforzo

- Introducir os contidos dados no blog da clase

-Autoavaliar ao mesmo tempo os nosos

coñecementos.

- Visitar a páxina web: Agencia Estatal de Meteorología - AEMET. Gobierno de España-http://climantica.org/meteo/gl/page/meteo?apart

ado=03

- Google maps.

7ªSesión: Realizamos actividades de ampliación e reforzo.

4ª sesión. Acudimos á aula de informática.

Competencia no

tratamento da

información.

Competencia dixital

Page 7: U 11 eva t.

5ª sesión: Os distintos climas das terras españolas e da comunidade, e as súas zonas

de influencia.

A variedade climática en ESPAÑA.

Clima oceánico. Propio da zona

cantábrica e case tda Galicia.

Clima continental.Predomina nas terras

interiores da Península, afastadas do mar.

Clima mediterráneo. Atópase nas zonas

próximas ao mar Mediterráneo, nas illas

Baleares, costa atlántica andaluza e Ceuta e

Melilla.Clima continental con influencia

mediterránea. Rexístrase no sur da

Meseta e en case todo o Val do

Guadalquivir.

Clima de montaña.É propio das zonas

máis altas das montañas.

Clima subtropical. Rexístrase soamente

nas illas Canarias.

Traballamos

os contidos

Aprendemos a

aprender:

realizamos

esquemas

Page 8: U 11 eva t.

vermello Clima mediterráneo típico.

amarelo

verde

azul

laranxa

Clima mediterráneo de interior.

Clima oceánico.

Clima de montaña.

Clima subtropical.

Colorea cada zona coa cor que

corresponda.

A que clima se refire o seguinte texto?

«No interior da Península, nas Comunidades que están na Meseta

e na depresión do Ebro, as temperaturas son extremas porque estas zonas

están afastadas da costa. Nesta zona as temperaturas son extremas,

moi baixas no inverno, arredor dos 4 ºC, e altas no verán, uns 23 ºC.

As precipitacións danse sobre todo na primavera e no outono.»

Actividades de

desenvolvemento.

Coa axuda dun mapa

político, escribe a que

clima pertencen as

seguintes cidades:

Lugo___________

Barcelona________

Alicante_________

Sevilla____________

Consolidamos os

nosos

coñecementos

Page 9: U 11 eva t.

6ª sesión:.Características dos climas de España.Traballamos os

contidos. Somos

capaces de

resumir

Clima oceánico.Temperaturas: Suaves todo o ano.

Frescas no inverno.

Precipitacións:Abundantes e repartidas

todo o ano.

Vexetación: Prados e bosques de folla

caduca como o carballo.

Clima continental:Temperaturas: Extremas; invernos fríos e

veráns calorosos.

Precipitacións: Escasas, predominan na

primavera e outono.

Vexetación: Escasa, son frecuentes

aciñeiras e piñeiros.

Clima mediterráneo:Temperaturas: suaves no inverno e cálidas

no verán.

Precipitacións: Escasas e irregulares, as

veces son torrenciais en outono.

Vexetación: Escasa, son comúns a

aciñeira e piñeiro.

Clima continental con influencia

mediterránea. Temperaturas:Invernos puco fríos e veráns moi

calorosos.

Precipitacións: Escasas pero mais abundantes

que no clima mediterráneo.

Vexetación: Aciñeiras e sobreiras, plantacións

de oliveiras.

Clima de montaña.Temperaturas: Baixas no inverno e frescas no

verán.

Precipitacións: Abundantes case todo o ano e

ás veces en forma de neve.

Vexetación: Escasa na altitude. Nas zonas

baixas hai abetos , carballos ou piñeiros.

Clima subtropical. Temperaturas: Cálidas e suaves todo o ano.

Precipitacións: Chuvias escasas.

Vexetación: Propia, o drago, piñeiro canario,

loureiro…

Page 10: U 11 eva t.

1.A que tipo de clima

poden pertencer estos

climogramas?

2.Con que tipo de clima

identificas esta imaxe? Que

tipo de vexetación observas?

3.Contesta as

seguintes cuestións:Cales sos as árbores

mais frecuentes no clima

oceánico?

Como son as

temperaturas do clima

subropical?

Cal é a vexetación

característica do clima de

montaña?

O clima continental é moi

chuvioso?

ACTIVIDADES DE

DESENVOLVEMENTO

4. Realiza dous debuxos nos que

se represente unha paisaxe do

clima oceánico e outro ao clima

mediterráneo. Que vexetación lles

caracteriza?

Analizar, reflexionar,…

Aprender a aprender.

Autonomía e iniciativa

persoal.

Competencia

matemática.

Competencia artística.

Page 11: U 11 eva t.

Actividade de reforzo: Facemos o

noso climograma de Lugo a partir

dos rexistros que recollemos ao

longo do ano.

Definimos o tipo de clima a o que

pertence Lugo e razoamos as

nosas respostas.

7ª Sesión: Facemos un climograma.

MES Tª Pp.

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

Ano

Competencia

matemática e

para aprender a

aprender

Page 12: U 11 eva t.

8ª Sesión: Traballamos

os contidos.

OCEÁNICO de LITORAL: Propio das zonas

costeiras.

-Chuvias: Abundantes todo o ano.

-Temperaturas: Suaves todo o ano. Veráns

calorosos no sur.

-Vexetación: Bosque atlántico (árbores de folla

caduca). Tamén abundan eucaliptos e piñeiros.OCEÁNICO de MONTAÑA: Propio das serras.

-Chuvias: abundantes todo o ano. No inverno

frecuentes en forma de neve.

-Temperaturas: Frías no inverno. Suaves no verán.

-Vexetación: Mestura de bosque atlántico e

mediterráneo.

OCEÁNICO de INTERIOR:

-Chuvias: Son menos abundantes que nos anteriores.

Veráns secos no sur.

- Temperaturas: Frías no inverno e calorosas no

verán.

-Vexetación: Carballos, castiñeiros. Nas beiras dos

ríos podemos atopar bidueiros, freixos…

O

C

L

I

M

A

E

N

G

A

L

I

C

I

A

Predominan tres climas: Oceánico de litoral,

oceánico de montaña, e oceánico de interior.

Dependendo da distancia ao mar, a latitude e a

altitude.

Actividade de

desenvolvemento:

Como son as

precipitacións no clima de

montaña?

Por que no clima oceánico

de litoral as temperaturas

son suaves todo o ano?

Que clima atoparemos nas

seguintes localidades?

Lugo, Foz, Vigo, Ourense,

Ribeira.

Colorea as zonas do mapa

segundo o clima que nelas

se presente. Detallando na

Analizar a información,

reflexionar e contestar,…

Page 13: U 11 eva t.

Actividade de ampliación:Recopiamos información a partir das nosas

experiencias sobre as relacións que observamos

entre a arquitectura e o clima.

Compartiremos cos nosos compañeiros e

compañeiras os nosos coñecementos.

Poderemos traer fotografías, revistas sobre os

lugares que teñamos visitado, e a súa

arquitectura.

9ª Sesión: Observamos o contorno.

Competencia

cultural e

artística, social

e cidadá.

Page 14: U 11 eva t.

Acudimos á aula de informática para:

-Repasar o traballado realizando

actividades de ampliación e de

reforzo

- Introducir os contidos dados no

blog da clase

- Autoavaliar ao mesmo tempo os

nosos coñecementos.

7ªSesión: Realizamos actividades de ampliación e reforzo.

http://www.clarionweb.es/5_curso/c_medio/cm514/cm51409.

6ª sesión:.Características dos climas de España.

Competencia no

tratamento da

información.

Competencia dixital

Page 15: U 11 eva t.

7ª sesión: Investigamos sobre o cambio climático e as súas consecuencias.

Tamén podemos consultar páxinas web como:

http://eduprimaria.climantica.org/07/comic1/comic13.htm

A temperatura ao igual cós outros

elementos do clima, depende de

varios factores, que fan que sexa

maior ou menor: a altitude, a latitude,

a proximidade ou distancia ao mar, as

correntes mariñas e a hora do día.

Pero existen outros factores que fan

que a temperatura cambie. Cales

serán? Que efectos produce o cambio

climático nos seres vivos?

É o responsable o CO2.? Que

podemos facer nos para cambiar esta

situación?

Recolleremos información da

biblioteca e debatiremos na clase

sobre o cambio climático.

Lembramos a regra dos

“Tres erres”

Competencia

social e cidadá,

comunicativa,….

Educación

medioambienta

l

Page 16: U 11 eva t.

10ª sesión: Facemos o noso mapa conceptual das variedades climaticas en España

e Galicia.

Clima oceánico. Propio da zona cantábrica e

case tda Galicia.

Clima continental.Predomina nas terras

interiores da Península, afastadas do mar.

Clima mediterráneo. Atópase nas zonas

próximas ao mar Mediterráneo, nas illas

Baleares, costa atlántica andaluza e Ceuta

e Melilla.

Clima continental con influencia

mediterránea. Rexístrase no sur da Meseta

e en case todo o Val do Guadalquivir.

Clima de montaña.É propio das zonas

máis altas das montañas.

Clima subtropical. Rexístrase soamente nas

illas Canarias.

ACTIVIDADE DE

REFORZO E

CONSOLIDACIÓ

N

OCEÁNICO de LITORAL: Propio das zonas costeiras.

-Chuvias: Abundantes todo o ano.

-Temperaturas: Suaves todo o ano. Veráns calorosos no

sur.

-Vexetación: Bosque atlántico (árbores de folla caduca).

Tamén abundan eucaliptos e piñeiros.

OCEÁNICO de MONTAÑA: Propio das serras.

-Chuvias: abundantes todo o ano. No inverno frecuentes

en forma de neve.

-Temperaturas: Frías no inverno. Suaves no verán.

-Vexetación: Mestura de bosque atlántico e mediterráneo.

OCEÁNICO de INTERIOR:

-Chuvias: Son menos abundantes que nos anteriores.

Veráns secos no sur.

- Temperaturas: Frías no inverno e calorosas no verán.

-Vexetación: Carballos, castiñeiros. Nas beiras dos ríos

podemos atopar bidueiros, freixos…

O CLIMA

ESPAÑA GALICIA

Depende da

proximidade ao

ecuador, a altura

sobre o mar, a

influencia mariña. Autonomía e

iniciativa persoal

Page 17: U 11 eva t.

A continuación realizamos as preguntas para o noso xogo do Trivial.

Competencia para

aprender a

aprender, social e

cidadá.

Por parellas elaboramos as

preguntas para o noso trivial.

Unha vez introducidas, reforzamos e

ampliamos os nosos coñecementos

cunha partida na que todos

participaremos.

Actividades de ampliación e

reforzo.

Page 18: U 11 eva t.

11ª Sesión:

Avaliación…Que

sabemos?

Nome:

Data:1.O estado da atmosfera que se repite nun lugar ao

longo de moitos anos é:

a. o tempo.

b. b. a meteoroloxía.

c. c. o clima.

2.O tipo de clima que se da nas illas Baleares é:

a. mediterráneo típico.

b. b. subtropical.

c. c. mediterráneo de interior.

3.No clima oceánico as precipitacións son:

a. abundantes todo o ano.

b. abundantes sobre todo no verán.

c. abundantes no oceánico de interior e escasas no

oceánico típico.

4.As zonas que máis calor reciben:

a. están próximas aos Polos.

b. están próximas ao ecuador.

c. están próximas ao mar.

5.O palmito e o esparto medran:

a. nas zonas de montaña do norte da Península.

b. nas illas Canarias.

c. nas zonas máis áridas do sueste da Península.

6.A faia é característica do clima:

a. oceánico.

b. de montaña.

c. c. subtropical.

7.O clima nas zonas de montaña é máis frío porque:

a. a temperatura diminúe coa altura.

b. a proximidade ao mar fai baixar as temperaturas.

c. a temperatura aumenta coa altura.

8.Nas zonas con clima mediterráneo, as

precipitacións son máis abundantes:

a. no verán.

b. no inverno.

c. na primavera.

9.Os bosques de laurisilvas son característicos de:

a.Cataluña.

b. Galicia.

c. as illas Canarias.

10.Nas zonas máis altas das montañas medran

plantas como:

a. o piorno.

b. o carballo.

c. a xesta.