Triptico inicio curso familias (1)

4
HORARIOS Xornada Escolar. Horarios. o Horario lectivo de 8.50 ata as13.50 h. o Comedor Escolar de 13.50 ata as 16.00 h A xestión de altas e baixas do comedor farase directamente coa empresa de Catering no teléfono 986 408 151 O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades extraescolares,...) de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas co comezo das actividades extraescolares. Cando alguén precise recoller a un alumno/a dentro do horario lectivo é necesario avisar ao conserxe para non interromper o funcionamento da clase. A puntualidade é moi importante para o bo desenvolvemento das actividades lectivas Entradas e saídas de persoas do centro: Entradas:O alumnos e alumnas a medida que vaian chegando irán para o patio interior e serán custodiados polo Conserxe do Colexio e polos mestres/as de garda. Se algún alumno/a chega tarde, deberá ser acompañado por un adulto para firmar o xustificante de retraso que vos facilitará o conserxe. Saídas: Ás 13.50 os mestres/as xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo. As nais e pais durante a entrada, saída e desenvolvemento das clases non deben pasar ao patio nin ás aulas xa que interrompen e distraen a vida escolar e a intimidade dos alumnos/as e dos mestres/as. Dirección : Luns de 9.40 a 10.30, martes e mércores de 8.50 a 9.40, xoves e venres de 8.50 a 10.30. Secretaría : Luns e martes de 13.00 a 13.50, xoves 8.50 a 9.40 e venres de 9.40 a 10.30 Xefatura de estudios: Luns de 10.30 a 11.15 martes de 8.50 a 9.40 e venres de 9.40 a 10.30 Titorías de mestres/as coas familias: Martes de 17.30 a 18.00. Solicitar entrevista para que o titor/a poida preparala con todos os mestres/as. Orientadora Escolar: concertar cita previo aviso. Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica : concertar cita É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres. A entrevista debe ser solicitada pola familia á mestra/e. Se ten problema de acercarse ata a escola pode chamarnos por teléfono no horario sinalado anteriormente. (Tlf. 986 35 30 15). No proceso educativo é moi importante manternos en contacto INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar Enderezo: Estivada, 46 (Belesar) 36307 Baiona Teléfono: 986 35 30 15 Fax: 986 35 30 15 Correo electrónico: [email protected] Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipdebelesar Blogue: http://bibliobelesar.blogspot.com.es/ Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos) Transporte escolar: transporte escolar público dende o Clube de tenis Monterreal por Medialdea e o Urgal ata A Granxa.

Transcript of Triptico inicio curso familias (1)

Page 1: Triptico inicio curso familias (1)

HORARIOS

Xornada Escolar. Horarios.

o Horario lectivo de 8.50 ata as13.50 h. o Comedor Escolar de 13.50 ata as 16.00 h

A xestión de altas e baixas do comedor farase directamente coa empresa de Catering no teléfono 986 408 151

O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades

extraescolares,...) de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas co comezo das actividades extraescolares.

Cando alguén precise recoller a un alumno/a dentro do horario lectivo é necesario avisar ao conserxe para non interromper o funcionamento da clase.

A puntualidade é moi importante para o bo desenvolvemento das actividades lectivas

Entradas e saídas de persoas do centro: Entradas:O alumnos e alumnas a medida que vaian chegando irán para o patio interior e serán custodiados polo Conserxe do Colexio e polos mestres/as de garda. Se algún alumno/a chega tarde, deberá ser acompañado por un adulto para firmar o xustificante de retraso que vos facilitará o conserxe.

Saídas: Ás 13.50 os mestres/as xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo. As nais e pais durante a entrada, saída e desenvolvemento das clases non deben pasar ao patio nin ás aulas xa que interrompen e distraen a vida escolar e a intimidade dos alumnos/as e dos mestres/as.

Dirección :

Luns de 9.40 a 10.30, martes e mércores de 8.50 a 9.40, xoves e venres de 8.50 a 10.30.

Secretaría :

Luns e martes de 13.00 a 13.50, xoves 8.50 a 9.40 e venres de 9.40 a 10.30

Xefatura de estudios:

Luns de 10.30 a 11.15 martes de 8.50 a 9.40 e venres de 9.40 a 10.30

Titorías de mestres/as coas familias:

Martes de 17.30 a 18.00. Solicitar entrevista para que o titor/a poida preparala con todos os mestres/as.

Orientadora Escolar: concertar cita previo aviso.

Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica: concertar cita

É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres. A entrevista debe ser solicitada pola familia á mestra/e.

Se ten problema de acercarse ata a escola pode chamarnos por teléfono no horario sinalado anteriormente. (Tlf. 986 35 30 15).

No proceso educativo é moi importante manternos en contacto

INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO

Colexio de Educación Infantil e Primaria de

Belesar

Enderezo: Estivada, 46 (Belesar) 36307 Baiona Teléfono: 986 35 30 15 Fax: 986 35 30 15 Correo electrónico: [email protected] Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipdebelesar Blogue: http://bibliobelesar.blogspot.com.es/ Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos)

Transporte escolar: transporte escolar público dende o Clube de tenis Monterreal por Medialdea e o Urgal ata A Granxa.

Page 2: Triptico inicio curso familias (1)

CEIP BELESAR

AS FORZAS DE BELESAR

Benvidos ao novo curso escolar 2014-2015.

Comezamos un curso cheo de novas, cargados coa ilusión e acompañados este ano polas catro forzas da natureza. Desde Infantil

que representan a auga, 1º ciclo o aire, 2º ciclo a terra e co lume do 3º ciclo,

plantexarémonos distintas actividades, coas que contaremos con todos vós.

Desde Belesar, seguimos defendendo a calidade da escola pública, como un dereito

primordial que garante a calidade e igualdade de oportunidades e sexa a base das

futuras xeracións.

CALENDARIO ESCOLAR

Segundo a ORDE do 13 de xuño do 2014 pola que se aproba o calendario escolar para curso 2014/2015, as clases comezarán o día 10 de setembro do 2014 e rematarán o 19 de xuño de 2015. Períodos de vacacións Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos os dous inclusive. Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos os dous inclusive. Entroido: días 16,17 e 18 de febreiro. Días non lectivos Co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establécese o DIA DO ENSINO o 31 de outubro do 2014. O 26 de setembro é festividade local, polo que non será lectivo. O Consello Escolar propón día non lectivo en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: o 4 de maio do 2015(solicitado á Delegación).

PROXECTOS DE CENTRO Seccións bilingües: Este curso o alumnado de Primaria recibirá sesións de Educación Física e de Plástica utilizando a lingua inglesa, polo que recibirá unha acreditación oficial. Ademais contaremos co apoio dunha asistenta lingüística de outubro a maio.

Programas Contrato; solicitamos a participación na modalidade de Convivencia e Excelencia educativa. Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Programa de froita escolar. Teatro Interescolar

EQUIPOS DE TRABALLO

Os mestres do centro ademais das súas actividades lectivas, traballan arreo para ofertar unha educación pública de calidade. Equipo de Novas Tecnoloxías, Biblioteca, Dinamización Lingüística e Extraescolares continuarán este curso coa labor de ofertar actividades estimulantes ao alumnado que lles garante unha formación competente, cos recursos dos que dispoñemos. Continuamos no Plan de Melloras de Biblioteca.

De 16.00 ás 18.00 h temos un programa de actividades extraescolares ofertadas pola

ANPA

Page 3: Triptico inicio curso familias (1)
Page 4: Triptico inicio curso familias (1)