Traballar con mapas
-
Upload
rosa-maria-cajade-rodriguez -
Category
Documents
-
view
308 -
download
1
Transcript of Traballar con mapas
TRABALLAR CON MAPAS
OS MAPAS MAPA: representación reducida da
superficie terrestre sobre un plano por medio de símbolos
A ESCALA: relación entre unha distancia no mapa e a mesma distancia na superficie terrestreA escala pódese expresar de forma numérica ou gráfica
Para CALCULAR DISTANCIAS na realidade medimos no mapa e multiplicamos pola escala. Para pasar distancias reais ao mapa dividimos pola escala
Canto maior sexa o denominador da escala máis pequeno é o mapa e viceversa
Dicimos que a escala do mapa é grande cando obtemos mapas grandes (1 : 5.000) e que é pequena cando obtemos mapas pequenos (1 : 500.000)
Diferentes escalas permiten representar
1 : 1.000.000. Mundo e continentes 1 : 100.000 en diante. Países 1 : 50.000 en diante. Rexións 1 : 25.000 en diante. Concellos, comarcas 1 : 10.000 e maiores. Cidades, barrios, rúas
MAPA TOPOGRÁFICO É unha representación plana
da realidade por medio de curvas de nivel. Tamén inclúe núcleos de poboación, cultivos, estradas, topónimos, etc.
CURVAS DE NIVEL - Liñas imaxinarias que unen puntos
da mesma altitude sobre o nivel do mar
- Son pechadas, equidistantes e non se cortan. Cada certa distancia (50 ou 100 m.) unha liña máis grosa indica a altitude: CURVA MESTRA
- Permiten analizar o aspecto xeral dun territorio: altitudes, pendentes, cursos de auga, asentamentos poboación...
MEDIR PENDENTES A PENDENTE: relación entre a diferenza de
altitude e a distancia horizontal entre dous puntos. Exprésase en porcentaxes: 5%
Para calcular PENDENTES entre dous puntos que distan 1.500 m e cun desnivel de 40 m:
1500 100 40 x
Canto maior sexa a distancia horizontal, menor será a pendente e menos empinada a subida
PENDENTES suaves (< 5%), medias (5-10%), fortes (> 10%)
PORTOS DE MONTAÑA (Cebreiro, Covadonda, Tourmalet): 7-14%
= = 2,6%
LEVANTAR UN PERFIL TOPOGRÁFICO
A partir do mapa topográfico podemos representar o perfil do territorio
1. Seleccionamos a zona do corte e trazamos unha liña entre A-B
2. Marcamos sobre a liña os puntos nos que cortamos as curvas e as cotas de altitude
3. Nun papel milimetrado proxectamos a liña no eixe horizontal e as altitudes no vertical (1 cm por cada 100 m)
4. Proxectamos os puntos marcados na liña na altitude correspondente
5. Unimos os puntos e obtemos o perfil do territorio
LEVANTAR UN PERFIL TOPOGRÁFICO
1 2
3 4
5