Toponimia

1
Cada lugar ten o seu nome, o seu topónimo. Tamén as pedras o teñen conforme coa súa importancia: tamaño, forma, lugar, función, orixe. Imos ver os nomes de diversos penedos ou lugares nos que estas pedras son determinantes para diferencialos e coñecelos, todos eles no noso concello. PEDRIÑAL (PEDRIÑEIRA) DO COEDO.- Canchal de xelifracción a carón do regueiro que baixa de As Portas, marxe esquerda, xusto antes de xuntarse co regato que baixa de A Fraga, que cae aí en cascada. Chégase a el por unha pista que sae pola dereita da que sobe a Lousadela segundo se pasa Cimadevila. O nome é unha redundancia formada por dous abundanciais, de pedras e de coios: pedriñal e coedo. Cando se esqueceu o significado de coedo o lugar conservou ese nome pero a existencia de moitas pedras impuxo a aparición de un novo termo, pedriñal, máis comprensible, pero co mesmo significado ca coedo. Os naturais da zona atribúen a orixe de esta formación xeolóxica á actividade mineira da época romana nas inmediacións. Un canchal de xelifracción é unha acumulación de pedras formadas pola fragmentación que o xeo provoca nas rochas e que chegan aí por gravidade. En Rairos hai outra formación xeolóxica idéntica, tamén de cuarcitas fragmentadas, hoxe ocupada en parte pola rotonda de acceso a Torbeo e co nome de A Pedreira. PEDREIRA, A.- Zona de San Clodio entre as rúas A. Pedrosa e A Paz caracterizada pola abundancia de cantos rodados removidos polos traballos da minería do ouro na época do Imperio e modernamente polos traballos agrícolas. PENACERDEIRA, MONTES DE.- Na ladeira do Cerengo, por riba de As Portas, recibe este nome unha zona definida pola presenza dunha pena rodeada de cerdeiras bravas propagadas pola acción das aves. PENA DE AS VENTÁS.- Por riba de Penacerdeira aparece esta formación de rochas de cuarcita con nome alusivo á súa disposición a xeito de ventás. PENA DO CASTRO.- Lugar por riba de Piñeira onde hai unha antena de telefonía móbil. Alude á situación da pena sobre un primitivo castro alí existente. PENA DA CORNA.- De tamaño destacado esta pena está a uns cincuenta metros da Pombeira do Tesouro. O seu nome pode facer referencia á súa forma de pico, corna ou corno. Pero posiblemente a orixe estea na raíz precéltica *corn ou *carn = pedra. Con certa semellanza a Pedriñal do Coedo. PENA DO FERRO.- Lugar por Por Manuel Fco. Cao debaixo de A Ferreirúa e de A Filgueira. Relaciónase coa explotación de mineral de ferro alí existente e que se elaboraba na vella ferrería. PENA DOS FIGOS.- A pena con este nome aflora tamén na ladeira do Cerengo a unha altitude na que o frío imposibilitaría a presenza de figueiras. É probable a existencia de restos destes froitos levados por animais, aves, raposos, ben para o seu consumo e o das súas crías e a posterior defecación seguida da temporal xerminación das sementes. Por iso o nome. PENADOLA.- Sinalefa de Pena da Ola, da nome a un tramo do río Sil xusto por baixo do encoro de Sequeiros e por onde o ferrocarril pasa por unha ponte que leva ese mesmo nome: Ponte da Penadola. PENAS DOS CUBETOS.- Agrupación de penas que, antes de cruzar o regato de A Teixeira, se sitúan por riba da estrada de A Moá sendo visibles dende San Clodio. Os cubetos son unha clara alusión á forma desas rochas de cuarcita. PENAS DA TEIXEIRA.- Situadas arredor do nacemento do regato de A Teixeira, lugar no que hai teixos (árbores), e que serven de referencia de límites e lindeiros. PENATALLADA.- Lugar do vello camiño entre Torbeo e A Cubela onde para atravesar o filón rochoso foi preciso rompelo, tallalo, cunha gran fenda. Seguro que quedan moitos máis e como xa se dixo noutros números de Anduriña: ¡Ánimo! A recuperalos. TOPONIMIA

Transcript of Toponimia

Page 1: Toponimia

Cada lugar ten o seu nome, o seu topónimo. Tamén as pedras o teñen conforme coa súa importancia: tamaño, forma, lugar, función, orixe. Imos ver os nomes de diversos penedos ou lugares nos que estas pedras son determinantes para diferencialos e coñecelos, todos eles no noso concello.PEDRIÑAL (PEDRIÑEIRA) DO COEDO.- Canchal de xelifracción a carón do regueiro que baixa de As Portas, marxe esquerda, xusto antes de xuntarse co regato que baixa de A Fraga, que cae aí en cascada. Chégase a el por unha pista que sae pola dereita da que sobe a Lousadela segundo se pasa Cimadevila. O nome é unha redundancia formada por dous abundanciais, de pedras e de coios: pedriñal e coedo. Cando se esqueceu o significado de coedo o lugar conservou ese nome pero a existencia de moitas pedras impuxo a aparición de un novo termo, pedriñal, máis comprensible, pero co mesmo significado ca coedo. Os naturais da zona atribúen a orixe de esta formación xeolóxica á actividade mineira da época romana nas inmediacións. Un canchal de xelifracción é unha acumulación de pedras formadas pola fragmentación que o xeoprovoca nas rochas e que chegan aí por gravidade.En Rairos hai outra formación xeolóxica idéntica, tamén de cuarcitas fragmentadas, hoxe ocupada en parte pola rotonda de acceso a Torbeo e co nome de A Pedreira.PEDREIRA, A.- Zona de San Clodio entre as rúas A.

Pedrosa e A Paz caracterizada pola abundancia de cantos rodados removidos polos traballos da minería do ouro na época do Imperio e modernamente polos traballos agrícolas.PENACERDEIRA, MONTES DE.- Na ladeira do Cerengo, por riba de As Portas, recibe este nome unha zona definida pola presenza dunha pena rodeada de cerdeiras bravas propagadas pola acción das aves.

PENA DE AS VENTÁS.- Por riba de Penacerdeira aparece esta formación de rochas de cuarcita con nome alusivo á súa disposición a xeito de ventás.PENA DO CASTRO.- Lugar por riba de Piñeira onde hai unha antena de telefonía móbil. Alude á situación dapena sobre un primitivo castro alí existente.PENA DA CORNA.- De tamaño destacado esta pena está a uns cincuenta metros da Pombeira do Tesouro. O seu nome pode facer referencia á súa forma de pico, corna ou corno. Pero posiblemente a orixe estea na raíz precéltica *corn ou *carn = pedra. Con certa semellanza a Pedriñal do Coedo.PENA DO FERRO.- Lugar por

Por Manuel Fco. Caodebaixo de A Ferreirúa e de A Filgueira. Relaciónase coa explotación de mineral de ferro alí existente e que se elaboraba na vella ferrería.PENA DOS FIGOS.- A pena con este nome aflora tamén na ladeira do Cerengo a unha altitude na que o frío imposibilitaría a presenza de figueiras. É probable a existencia de restos destes froitos levados por animais, aves, raposos, ben para o seu consumo e o das súas crías e a posterior defecación seguida da temporal xerminación das sementes. Por iso o nome.PENADOLA.- Sinalefa de Pena da Ola, da nome a un tramo do río Sil xusto por baixo do encoro de Sequeiros e por onde o ferrocarril pasa por unha ponte que leva ese mesmo nome: Ponte da Penadola.PENAS DOS CUBETOS.- Agrupación de penas que, antes de cruzar o regato de A Teixeira, se sitúan por riba da estrada de A Moá sendo visibles dende San Clodio. Os cubetos son unha clara alusión á forma desas rochas de cuarcita.PENAS DA TEIXEIRA.- Situadas arredor do nacemento do regato de A Teixeira, lugar no que hai teixos (árbores), e que serven de referencia de límites e lindeiros.PENATALLADA.- Lugar do vello camiño entre Torbeo e A Cubela onde para atravesar o filón rochoso foi preciso rompelo, tallalo, cunha gran fenda.Seguro que quedan moitos máis e como xa se dixo noutros números de Anduriña: ¡Ánimo! A recuperalos.

TOPONIMIA