TITIRIDEZA 2016 - Cultura de Galicia · de temática variada e diferentes técnicas de...

10
1 Cartel: Kuko (Cristina Caicedo) TITIRIDEZA 2016

Transcript of TITIRIDEZA 2016 - Cultura de Galicia · de temática variada e diferentes técnicas de...

1

Cartel: Kuko (Cristina Caicedo)

TITIRIDEZA 2016

2

O XV Titirideza chega este ano un pouco máis atrasado. Vén co curso escolar, polo que aproveitando

esta feliz coincidencia contará por primeira vez con funcións escolares.

A programación aspira, como en pasadas edicións, a mostrar unha pequena parte do infinito

universo do teatro de marionetas. Desde diferentes puntos da península chegan propostas escénicas

de temática variada e diferentes técnicas de manipulación; Xarop teatre, Alauda teatro, Tropos-La

tirita de teatro, Títeres Alakrán e Viravolta títeres amosarán as súas producións buscando o desfrute

e a fascinación do público.

No programa atopamos espectáculos coa orixe nos textos máis universais do teatro clásico e outros

na tradición máis popular. As compañías.-ás que lles agradecemos a súa xenerosidade- propoñennos

novas miradas sobre os textos de Shakespeare, Calderón de la Barca, Lorca, Manuel María e da nosa

vasta tradición oral. Nunha beira Macbeth e Segismundo e noutra Barriga Verde e Don Cristobal; as

dúas beiras do río que somos.

Barriga Verde ten unha dobre presenza, en dúas propostas diferentes. Por unha banda a de Viravolta

títeres sobre o texto de Manuel María e pola outra a de Títeres Alakrán nunha actualización do

irreverente títere de luva. Ámbalas dúas compañías forman parte da Asociación Morreu o Demo

para a recuperación do títere tradicional galego.

Tamén, co antecedente do ano pasado, no Museo Galego da Marioneta poderase ver a exposición

Marionetas en Lalín, son imaxes para evocar.

Nesta edición foi convidada a realizar o cartel que anuncia o Titirideza 2016 a ilustradora

colombiana, radicada en Santiago de Compostela, Cristina Caicedo (Kuko).

Agardamos que o público goce e se sorprenda cos espectáculos programados.

Saúde e longa vida ás marionetas!!!!!

3

(*) O prezo da entrada é de 3 €

DATA HORA ESPAZO COMPAÑÍA ESPECTÁCULO

15/09

12:00

AUDITORIO (Función escolar)

XAROP TEATRE

Monstruos

20:30 AUDITORIO*

XAROP TEATRE

Los primeros burritos

16/09 12:00 AUDITORIO

(Función escolar)

TROPOS-LA TIRITA DE TEATRO

Y los sueños, sueños son

20:30 AUDITORIO*

TROPOS-LA TIRITA DE TEATRO

Y los sueños, sueños son

17/09 18:00 PRAZA DO CONCELLO (Biblioteca)

TÍTERES ALAKRÁN

Barriga Verde ataca de novo

21:30

Praza de Galicia* (Concello novo)

VIRAVOLTA TÍTERES

Barriga Verde de Manuel María

18/09 18:00 PRAZA DO CONCELLO (Biblioteca)

ALAUDA TEATRO

Historias de un tal Cristóbal

21:30 PRAZA DA IGREXA

ALAUDA TEATRO

Macbeth –ya somos el olvido que seremos

Exposición: Marionetas en Lalín (carteis, folletos, fotografías e outros obxectos) no Museo Galego da Marioneta-Pazo de Liñares

4

Xarop Teatre

Xarop Teatre nace no ano 1992. Inicia o seu percorrido realizando obras infantís para teatro de sala,

teatro na rúa, e máis tarde introduce as marionetas nas súas producións. Participou en festivais,

feiras e programacións regulares de sala.

Os seus espectáculos mostran diversas formas de facer o teatro. Explorando e xogando coa arte do

teatro para propoñer espectáculos versátiles, dinámicos e de contido. Na actualidade Xarop Teatre

forma parte da empresa Cebe Muntatges Teatrals. Nestes dous espectáculos, coproduce coa

compañía colombiana La Pinzón, cuxo percorrido artístico neste país se nutre dos mellores

representantes de monicreques latinoamericanos gañando premios nacionais e recoñecementos

polas súas creacións teatrais, desde o 2004.

Monstruos

Un bruxo, con aparencia de malvado, quere atemorizar a Pit, un

neno que non se asusta facilmente. As tácticas terroríficas do

bruxo non lle fan efecto. Feitizos, un dragón, un vampiro, ata

unha gran caveira convoca o bruxo, pero as cousas saen

xustamente do revés, converténdose todo nunha gran festa.

Los primeros burritos

Dorian, un burro novo vive a vida cunha inmensa curiosidade e inocencia, pace e rebulda na súa pradería xunto a súa familia. Cazan a Pep, o león, para levalo nunha gaiola ao circo. Ningún dos dous alcanza a imaxinar o que vai pasar. Un día chegan os humanos e cámbialles a vida para sempre.

Peza teatral que reflexiona sobre a empatía e o respecto aos animais. Un espectáculo de teatro e

monicreques, que xoga coa linguaxe do absurdo, o mesmo que inspirou a obra de Jacques Prévert,

onde a vida cotiá, con outra mirada, se pode ver tan ambigua, contraditoria e extraordinaria.

5

Tropos, Teatro de Títeres-La Tirita de Teatro

Tropos, teatro de títeres e La Tirita de Teatro xúntanse para levar a escena a adaptación dun dos

maiores clásicos da literatura universal, La vida es sueño de Calderón de la Barca.

Tropos, teatro de títeres xurdiu en 1992 como un grupo de amigos que facía monicreques por pura

diversión. A compañía foise disgregando e só quedou Guillermo Gil como titiritero solista. Sen

abandonar Tropos, teatro de títeres traballou con outros grupos como La Tartana Teatro, El Retablo

ou Producciones Cachivache.

En 2004 crea a primeira librería española na internet especializada en teatro de monicreques que no

2011 deixa para comezar cun proxecto máis ambicioso, Planeta Títere, un espazo onde non só se

ofrecen libros especializados en teatro de monicreques, senón tamén bonecos, retablos, taller e

calquera tipo de servizo relacionado coas marionetas.

LaTirita de Teatro, creada en 1993, centra o seu traballo no ámbito do monicreque, producindo

espectáculos para público familiar, cos que virou nas diferentes redes de teatros autonómicas,

participando en feiras de teatro e festivais Internacionais de teatro de monicreques por España e

Portugal.

Y los sueños, sueños son

Segismundo xace recluído nunha torre, porque as estrelas anunciaron

que sería un rei malvado e cruel. ¿Pero acaso é xusto encerrar un

home polo que ditan as estrelas? ¿Pola súa lingua, a súa cor, pola súa

raza, polo que pode chegar a facer sen facer nada? Por iso, o seu pai,

o rei Basilio, decide sacalo da torre e poñelo a proba. Poñerao no

trono e, se é capaz de vencer ao seu destino, será rei. Se non é capaz...

volverá a súa reclusión. ¿Acaso se cumprirá o augurio das estrelas?

Unha adaptación para teatro infantil de La vida es sueño, de Calderón de la Barca. Un espectáculo

que achega, dun modo divertido e ameno, unha das maiores obras da literatura universal.

6

TÍTERES ALAKRÁN

Borja Insua é o responsable de Títeres Alakrán, o “Tarantino dos títeres galegos”, como lle gusta

definirse. Actor, escultor, construtor e manipulador de monicreques. Borja Insua “titiriteiro

trotamundos e xograresco” desenvolve en Títeres Alakrán espectáculos propios que abranguen

distintas técnicas e xéneros, tanto para nenos coma para adultos.

Das súas participacións en festivais, feiras, mostras etc. tanto dentro como fora da península hai que

destacar dúas moi singulares.

No ano 2010 promove e participa no proxecto para recuperar o espírito das “misións pedagóxicas da

República” con Os Títeres da Vía Láctea desde O Cebreiro ata Fisterra.

No ano 2013 participa en Cuba na Cruzada Teatral Guantánamo-Baracoa, un movemento cultural e

artístico que percorre as zonas montañosas da provincia Guantánamo.

Membro xunto con outras persoas e colectivos da Asociación Morreu o Demo para a recuperación

do títere tradicional.

Barriga Verde ataca de novo

Un feirante de roupa desesperado polas escasas

vendas vese sorprendido pola aparición dun

empresario de sona mundial que lle merca todo

o xénero, posto incluído. O empresario dáse de

conta de que o posto é unha vella estrutura

teatral que lle lembra a súa nenez nas romarías

galegas e mércallo a condición de que lle faga a

representación do mítico Barriga Verde; o

feirante -que ten parentesco co mítico Barriga

Verde- tentará facelo o mellor que sabe,

tratando de representar os números máis

famosos, a tourada, o militar, o enterro e por

suposto a sempre elegante aparición do demo…

¿Cumprirá o empresario o seu trato?

Actualización de Barriga Verde, onde o pequeno retablo no que traballa o feirante-titiriteiro é o

“Rosebud” dun grande empresario téxtil galego.

7

VIRAVOLTA TÍTERES

Compañía de Lalín formada en 1982. O eixe da súa actividade é a marioneta nas súas múltiples

formas e técnicas. A súa actividade non é exclusivamente a produción e distribución dos seus

espectáculos, tamén desenvolven cursos, exposicións e programacións (Titerentroido, Titirideza...).

O traballo da compañía neste último tempo está especialmente centrado en dous proxectos. A

estrea de Barriga Verde de Manuel María -producida por Viravolta títeres e apoiada pola Fundación

Manuel María- forma parte do primeiro deles, que á súa vez se integra nun proxecto máis ambicioso

como é o da recuperación do títere tradicional galego, obxectivo compartido coa Asociación Morreu

o Demo para a recuperación do títere tradicional, da que forman parte os membros da compañía. En

segundo lugar outro tamén compartido, neste caso co Concello de Lalín e non menos ambicioso que

o anterior, para desenvolver o Museo Galego da Marioneta, con sede no Pazo de Liñares, que

reiniciou a súa actividade en decembro do 2014.

Barriga Verde de Manuel María

Farsa sobre o “asunto amoroso” en 3 tempos dunha moza

casadeira A Moza, pretendida por O Galego e O Serrador

onde as palabras están cargadas de dobre sentido. A

resolución dos conflitos entre os personaxes é a xeito das

farsas de títeres de cachiporra.

¡Esta pola moza! ¡Esta vai por min! ¡Pom!, ¡Pom!, ¡Pom!. ¡Pim!, ¡Pim!, ¡Pim!.

Barriga Verde publicouse por primeira vez en 1968, inspirada no teatro de guiñol do mesmo nome

que a familia Silvent levaba polas feiras. O texto de Manuel María é unha elaboración culta dun tema

popular á maneira de Lorca co Retablillo de Don Cristóbal, de Valle Inclán con Los Cuernos de Don

Friolera ou Blanco Amor con Amor e crimes de Juan El Pantera.

Barriga Verde foi levada a escena en numerosas ocasións. A única versión ata a actualidade realizada

con marionetas (de luva) chega no ano 1980 das mans de Os monicreques de Kukas. A versión de

Viravolta títeres utiliza marionetas de mesa nun retablo que recrea a barraca de José Silvent.

8

Alauda Teatro

Desde o ano 1997 en Alauda Teatro creamos espectáculos de teatro de títeres e marionetas,

utilizando a gran maioría das técnicas de manipulación e con postas en escena actuais e

comprometidas.

Máis de 15 espectáculos dirixidos ao público infantil, xuvenil e adulto nos que sempre apostamos

por unha coidada selección de textos e música, e unha amorosa e gran dedicación á construción de

marionetas e escenografías.

Historias de un tal Cristóbal

Espectáculo de monicreques de luva que recolle a tradición do

famoso Don Cristóbal, rescatado, no seu momento, por García

Lorca nas súas farsas para monicreques.

Cristóbal é o representante español de toda unha saga

internacional de marionetas, caracterizadas pola súa actitude

crítica, mordaz, intransixente ante a inxustiza (o que lle valeu

nalgunhas épocas ser perseguido e censurado), que conta entre os

seus iguais a Pulcinella en Italia, a Guignol en Francia, a Punch en

Inglaterra, a Karagoz en Turquía, seguido dun longuísimo etc.

Macbeth -ya somos el olvido que seremos (Versión de Rafael Benito sobre a obra Macbeth de William Shakespeare)

A trama da obra é moi coñecida; non insistiremos

sobre ela. Si queremos destacar e acentuar un dos fíos

que a vertebran e que nos animou especialmente a

vivir con este texto: o enigma do ser home, do ser

humano, a súa dignidade e os seus límites.

As técnicas usadas son moi variadas. Desde

marionetas de fíos, bunraku, miniaturas, fantoches,

ata o monicreque de luva e a máscara.

Da música creada para a obra destacamos as

composicións creadas para violoncello, amplificado distorsionado e modulado electrónicamente, a

percusión clásica e electrónica e a utilización dun novo instrumento composto a base de dous

timbais e uns resortes como resoantes.

9

EXPOSICIÓN Marionetas en Lalín

Seguindo a liña da edición anterior o Titirideza mostra imaxes do noso pasado.

A exposición Marionetas en Lalín que se pode visitar no Pazo de Liñares mostra carteis, fotografías,

folletos e outros materiais arredor da presenza da marioneta en Lalín. Materiais tanto de

programacións que se seguen realizando como o Titirideza, o Titerentroido e a Algarabía como

doutras que seguen na memoria como Xullo na Praza das Pipas, A foliada, o Refestexo... Pezas que

forman parte dos fondos da biblioteca e do arquivo do Museo Galego da Marioneta.

10

DIRECTORIO

Organiza:

Viravolta títeres

E-electrónico: [email protected]

http://viravoltatiteres.com/

Tfnos.: 635 17 51 43 // 986 78 46 94

Patrocinan:

Concello de Lalín

Secretaría xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

COMPAÑÍAS

XaropTeatre o http://www.cebeteatro.com/

o E-electrónico: [email protected]

o Tfno. : 689 61 71 46 (Carles Benlliure)

Tropos, Teatro de Títeres-La Tirita del Teatro o http://www.troposteatro.com/

o E-electrónico: [email protected]

o Tfnos.: 639 35 20 09 (Guillermo Gil)

Títeres Alakrán o http://titeresalakran.com/

o E-electrónico: [email protected]

o Tfno.: 616 45 04 90 (Borja Insua)

Alauda Teatro

o http://www.alaudateatro.com

o E-electrónico: [email protected]

o Tfno.: 947 13 13 71 (Isabel Sobrino)