Miguel Angel Gómez - Revolución francesa en textos escolares
Textos da Revolución Francesa I
-
Upload
diego-xesus-lopez-gonzalez -
Category
Documents
-
view
230 -
download
9
description
Transcript of Textos da Revolución Francesa I
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”
“Os impostos señoriais eran os máis duros e os máis impopulares. O réxime
feudal pesaba sobre todas as terras e levaba consigo a percepción de dereitos (...)
Os dereitos propiamente señoriais abarcaban os dereitos de caza, pesca, pombas,
peaxes, mercados, traballos principais ao servizo do señor (...) o dereito a que
moian no seu muíño (...) o señor conservaba a propiedade directa das terras que
cultivaban os campesiños, polas que pagaban réditos anuais (rendas e censos en
diñeiro e algunhas gavelas de cereais) das colleitas. Este réxime variaba de
intensidade segundo as rexións (...) Para apreciar o seu nivel hai que ter en conta
non só os propios impostos, senón tamén as vexacións e abusos aos que daba
lugar.”
Soboul, A. A Revolución Francesa.
O salario dun obreiro variaba considerablemente: un albanel gañaba corenta
soldos, un carpinteiro ou un ebanista podían chegar ata cincuenta. Non é moito
se temos en conta que o pan de catro libras, indispensable na dieta do obreiro,
custaba en tempo normal entre oito e nove soldos, pero en épocas de crise
podían acadar os doce e quince soldos, e incluso vinte, é dicir, a metade do
salario cotián dun obreiro medio. Por unha parte, o pan representaba
normalmente o 50 por 100 dos gastos dun obreiro, as legumes e o viño o 16 por
cento, o vestido o 15 por 100, a luz o 1 por 100. Ademais debía alimentar e
aloxar á súa familia.”
Godechot, J. As orixes da Revolución Francesa.
"Aquí o pobre non ten dereito a acender o lume na súa chousa para pórse ao
abeiro do frío, se non cómprao ben caro ao señor, por unha contribución
descontada dos seus medios de subsistencia e os da súa familia. Este dereito
inhumano existe en Broues baixo o nome de dereito de lume. Alí o agricultor
non ten nin sequera o dereito de alimentar o seu gando coa herba que medra no
seu campo; se a toca, denúnciano e castígano cunha multa que o arruína, e o
exercizo máis lexítimo dos dereitos da súa propiedade está subordinado á
vontade arbitraria do señor, que ten a pretensión ao dereito universal sobre
todos os pastos do territorio. Débense abolir todos os dereitos dos señores (...)."
Extracto dos “Cadernos de Queixas”.
Profesor: Diego Xesús López González.