Terra é Paisaxe - USC...2.- Título existente na maioría de países europeos 3.- Traballo en...
Transcript of Terra é Paisaxe - USC...2.- Título existente na maioría de países europeos 3.- Traballo en...
Terra é Paisaxe
GRAO EN PAISAXE
EPS DE ENXEÑARÍA( Lugo)ETS DE ARQUITECTURA (A Coruña)
Vista do Monte de San Pedro, A Coruña. Proxecto de paisaxe Deseño de Pedro Calaza Martínez (paisaxista)
Un profesional cunha formación
multidisciplinaria, que integra as artes,
as ciencias naturais, as humanidades, e
a tecnoloxía, na planificación, deseño e
xestión da paisaxe, para crear, manter,
protexer e mellorar os lugares coa
finalidade de que sexan funcionais,
fermosos e sostibles, así como
adecuados ás diversas necesidades
humanas e ecolóxicas (European
Council of Landscape Architecture
Schols- ECLAS-)
QUE É UN PAISAXISTA?
Proxecto de Parque de Bens, antigo vertedoiro, A Coruña. Pedro Calaza Martínez, paisaxista
❑ Planeamento, xestión e deseño paisaxístico a
todas as escalas do territorio.
❑ Deseño e xestión de espazos abertos, públicos e
privados.
❑ Restauración de espazos alterados.
❑ Aplicación de medidas de corrección ambiental.
❑ Avaliación de impacto ambiental.
❑ Elaboración de estudos sobre clima, solo, flora,
fauna.
❑ Aplicación de técnicas baixo impacto: xardíns de
chuvia, tellados verdes, outros sistemas de
drenaxe sostible.
QUE FUNCIÓNS DESEMPEÑA UN TITULADO EN PAISAXE?
Proxecto Parque do Lago (Cidade da Cultura). Redacción Grupo Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega. Dirección
de proxecto: Isabel Aguirre de Urcola.
Empregoverde
Perfil STEM
Economía circular
❑ Se estás interesado/a na natureza e o medio ambiente, as artes e as humanidades
❑ Se che gusta crear, imaxinar, proxectar
❑ Se tes o desexo de protexer a natureza e apostas por cidades máis verdes e sostibles
❑ Se queres obter unha formación multidisciplinaria para entender a paisaxe en todas as
súas dimensións (ecolóxicas, medioambientais, estéticas, sociais, de goce e económicas)
É A TITULACIÓN DE PAISAXE A AXEITADA PARA TI?
PAISAXE
AUDITORA e xestora ambiental [exercicio libre da
profesión] PROXECTISTA de estruturas verdes
EMPRENDEDOR en empresas
relacionadas coa arquitectura da
paisaxe
DESEÑADORA de paisaxes urbanas, rurais, forestais e
culturais
TÉCNICO na Admón. pública
PROFESIONAL da arquitectura da
paisaxe
XESTORA do patrimonio
natural e cultural
DOCENTE de Secundaria, Formación
Profesional e Universidade
TÉCNICO en ordenación e
planificación do territorio
INVESTIGADORA en materia da
paisaxe
ASESOR na planificación,
xestión e conservación da
paisaxe
SAÍDAS PROFESIONAIS
DATOS DE INSERCIÓN LABORAL
O Grao en Paisaxe é EMPREGO
A paisaxe constitúe unha preocupación crecente nas
sociedades avanzadas e é considerada como un elemento
importante para a calidade de vida e a conservación do
patrimonio natural e cultural que é necesario preservar.
A paisaxe desempeña un papel importante nos campos
cultural, ecolóxico, ambiental e social, e constitúe un
recurso favorable para a actividade económica.
A súa protección, xestión e ordenación contribúe á
creación de emprego e precisa de profesionais
altamente cualificados para levar a cabo estas accións.
❑ O Grao en Paisaxe é un grao
cunha proxección de futuro
laboral indiscutible e que xa
é unha realidade en Europa
CAPACITACIÓN
❑ Capacita para o exercicio profesional no Espazo Europeo de Educación Superior
❑ Posibilita o acceso a estudos de posgrao (máster e doutoramento):
▪ Especialización profesional
▪ Investigación no ámbito da Universidade
▪ Obtención do máximo nivel académico (doutor)
▪ Acceso á carreira docente como profesorado universitario
Másters relacionados coa titulación no Campus de Lugo:
❑ Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados (EPS de Enxeñaría)
❑ Dirección de Proxectos (EPS de Enxeñaría)
❑ Dirección de Actividades Educativas na Natureza (Fac. de Formación do Profesorado)
❑ Servizos Culturais (Fac. de Humanidades)
CARACTERÍSTICAS XERAIS DO TÍTULO
❑ Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
❑ Curso académico de implantación do título: 2018-2019
❑ Tipo de ensinanza: presencial
❑ Duración: 4 cursos académicos
❑ Nº créditos: 240
❑ Nº prazas: 45
❑ Custo aproximado da matrícula anual: 900 €
❑ Nota de corte: 5,4
❑ Prácticas curriculares: a partir de 4º curso / extracurriculares a partir do 2º curso
MATERIAS PRINCIPAIS QUE ENGLOBAN DISCIPLINAS
Análise do medio (GIS)
(1º,2º,3º,4º)
Bioloxía
(1º, 2º)
Expresión Gráfica
(1º,2º)
Xeografía
(1º)
Composición
(1º,2º,3º)
Informática
(1º)
Tratamento Vexetal
(2º)
Proxectos da paisaxe
(1º,2º,3º,4º)
Plan de estudos de Paisaxe
PRÁCTICAS EXTERNAS
❑ Obxectivos:
❑ Coñecer in situ como se exerce a profesión.
❑ Aprender a aplicar os coñecementos e as competencias adquiridas.
❑ Materias:
▪ Prácticas extracurriculares (desde 2º curso)
▪ Prácticas curriculares obrigatorias (4º curso, 6 ECTS)
❑ Empresas colaboradoras: Escola Galega da Paisaxe (Fundación Juana de Vega); ARUP
(Equipo de Arquitectura del Paisaje, Edimburgo); PROAP (Firma de Arquitectura da
Paisaxe, Lisboa)
PROGRAMAS DE MOBILIDADE
❑ SICUE: ofertan estudos de grao en paisaxismo: Universidad Rey Juan Carlos, Universitat
Politècnica de Catalunya
❑ BILATERAL: Colombia (Universidad Pontificia Bolivariana); Brasil (Universidade Federal
do Rio de Janeiro)
❑ ERASMUS +: formación en arquitectura da paisaxe noutros países europeos: Portugal
(Universidade do Porto, Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro, Universidade do
Algarve); Holanda (Universidade de Wageningen); Italia (Facultade de Ciencias Agrarias,
Universidade de Torino)
12 10 8
É o único grao do SUG e o primeiro en ESPAÑA na rama de Enxeñaría e
Arquitectura que prepara profesionais cualificados para intervencións
complexas no territorio. É, ademais, un grao interuniversitario que pon a
disposición do estudantado as fortalezas de dous centros
universitarios: a EPS de Enxeñaría (Campus Terra, USC) e a ETS de
Arquitectura (Campus Sostible, UDC)
Parque do Lago, Cidade da Cultura. Dirección de Proxecto: Isabel Aguirre de Urcola. Abaixo: detalle plataforma
RESUMO DA TITULACIÓN
❑ É único en Galicia e o primeiro en España na rama de Enxeñaría e Arquitectura. É o
único grao interuniversitario oficial en Galicia.
❑ Fortalezas do título:
1.-Demanda de profesionais especializados para as intervencións na paisaxe
(Convenio Europeo da Paisaxe, lexislación estatal e autonómica)
2.- Título existente na maioría de países europeos
3.- Traballo en grupos multidisciplinarios
❑ Saídas profesionais máis destacadas:
1.- Proxectos de deseño da paisaxe
2.- Master planning
3.- Estudos ambientais
❑ Nota de corte: 5,45
❑ Número de prazas: 45
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN ;)
Mirador de Cividade (Canón do Sil- Sober) Proxecto de Isabel Aguirre de Urcola.