Termas en Roma

7
As termas

Transcript of Termas en Roma

Page 1: Termas en Roma

As termas

Page 2: Termas en Roma

As termas eran edificios aos que os romanos acudían con frecuencia para bañarse, facer exercicio e relacionarse cos amigos.

Aínda que existían vilas que tiñan baños privados, a maioría tiña que ir ás termas públicas.

Tras a caída do Imperio Romano, a cristiandade europea caiu nuns niveis de hixiene moi inferiores aos de séculos anteriores.

Page 3: Termas en Roma

Os edificios termais estaban divididos en varias estancias, cada unha delas cunha finalidade determinada.

Apodyterium: vestiario

Palaestra: campo de exercicio

Tepidarium: piscina de auga tépeda

Caldarium: piscina de auga quente

Frigidarium: piscina de auga fría

Para limparse os romanos non empregaban xabón. Untaban o corpo con aceite e despois o retiraban rascando co strigilis.

StrigilisLaconicum: sá de vapor

Page 4: Termas en Roma

O sistema empregado para quecer as habitacións recibe o nome de hypocaustum. Polo subsolo circulaba o aire quente que saía dunha caldeira, que recibe o nome de praefurnium.

Funcionamento do hypocaustum

Hypocaustum atopado en Astorga

Page 5: Termas en Roma

As termas de Caracalla en Roma eran as máis espectaculares do imperio. Foron construidas no século III d.C.

Page 6: Termas en Roma

Termas públicas en Pompeia

Termas Estabianas

Termas do Foro

Termas centrais

Palaestra nas Termas Estabianas Caldarium nas Termas do Foro Apodyterium nas Termas Centrais

Page 7: Termas en Roma

Os baños eran algo fundamental no sistema de vida romano, e de feito constitúen uns dos achados arqueolóxicos máis frecuentes e fáciles de identificar.

Gijón Braga Lugo

Lobios Bath Sant Boi