Teoria idades da terra 2012 13

5
CONSIDERACIÓNS INICIAIS A Historia do noso planeta, pódese organizar en distintos períodos de tempo , onde a unidade utilizada para medilo son os Millóns de Anos (Ma). Estes períodos organízanse do seguinte xeito: EÓN HÁDICO ARCAICO PROTEROZOICO FANEROZOICO ERA PRECÁMBRICO PALEOZOICO MESOZOICO CENOZOICO PERIODO Cámbrico Ordovícico Silúrico Carbonífero Devónico Permiano Triásico Xurásico Cretáceo Terciario Cuaternario O INICIO: Eóns: Hádico, Arcaico e Proterozoico. ERA: Precámbrico 1) ASPECTOS XERAIS É a ERA máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou 4000 Ma aprox.). Subdivídese en tres EÓNS: HÁDICO (4600-3800 Ma), ARCÁICO (3800-2500 Ma) e PROTEROZOICO (2500-570 Ma). No Eón HÁDICO prodúcese a formación do noso Planeta por continuos choques de PLANETESIMAIS con distinta composición: silicatos e metálicos. Neste Eón tamén se producen feitos coma: a diferenciación en capas do noso planeta, a formación dos océanos e a atmosfera primitiva e a formación da Lúa. Nos seguintes Eóns (Arcaico e Proterozoico) remata a consolidación da primeira codia continental que ten unha antigüidade de 3800 Ma (aprox.). Os restos desta primeira codia chámanse escudos, e actualmente forman o núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e Groelandia cunha antigüidade de 3500 Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica. É posible que cara o final desta Era aparecese unha dinámica de placas (movemento dos continentes) similar á actual; así mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun supercontinente chamado Pannotia. Ao final desta ERA xorde a VIDA na Terra . 2) A VIDA Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas impresións ou pegadas. A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a: 1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar. 2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadas e os restos de organismos vivos que puideron quedar englobados nelas, destruíronse. Os primeiros fósiles atópanse en Groenlandia e teñen ao redor de 3.460 Ma e corresponden a primitivas bacterias ben preservadas. Son especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas (estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade. Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e outros animais de corpo brando apareceron en mares pouco profundos e nas beiras dos continentes (fauna de Ediacara). BIOLOXÍA e XEOLOXÍA 4º ESO- Curso 12/13 TEMA 2: A HISTORIA DA TERRA

Transcript of Teoria idades da terra 2012 13

Page 1: Teoria idades da terra 2012 13

CONSIDERACIÓNS INICIAIS

A Historia do noso planeta, pódese organizar en distintos períodos de tempo, onde a unidade utilizada para medilo son os Millóns de Anos (Ma) . Estes períodos organízanse do seguinte xeito:

EÓN HÁDICO ARCAICO PROTEROZOICO FANEROZOICO ERA PRECÁMBRICO PALEOZOICO MESOZOICO CENOZOICO

PERIODO

Cámbrico Ordovícico

Silúrico Carbonífero

Devónico Permiano

Triásico Xurásico Cretáceo

Terciario Cuaternario

O INICIO: Eóns: Hádico, Arcaico e Proterozoico. ERA: Precámbrico 1) ASPECTOS XERAIS

É a ERA máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou 4000 Ma aprox.). Subdivídese en tres EÓNS: HÁDICO (4600-3800 Ma), ARCÁICO (3800-2500 Ma) e PRO TEROZOICO (2500-570 Ma).

No Eón HÁDICO prodúcese a formación do noso Planeta por continuos choques de PLANETESIMAI S con distinta composición: silicatos e metálicos.

Neste Eón tamén se producen feitos coma: a diferenciación en capas do noso planeta, a formación dos océanos e a atmosfera primitiva e a formación da Lúa.

Nos seguintes Eóns (Arcaico e Proterozoico ) remata a consolidación da primeira codia continental que ten

unha antigüidade de 3800 Ma (aprox.). Os restos desta primeira codia chámanse escudos , e actualmente forman o núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e Groelandia cunha antigüidade de 3500 Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica. É posible que cara o final desta Era aparecese unha dinámica de placas (movemento dos continentes) similar á actual; así mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun supercontinente chamado Pannotia . Ao final desta ERA xorde a VIDA na Terra .

2) A VIDA Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas impresións ou pegadas. A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a: 1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar. 2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadas e os restos de organismos vivos que puideron quedar englobados nelas, destruíronse. Os primeiros fósiles atópanse en Groenlandia e teñen ao redor de 3.460 Ma e corresponden a primitivas bacterias ben preservadas. Son especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas (estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade. Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e outros animais de corpo brando apareceron en mares pouco profundos e nas beiras dos continentes (fauna de Ediacara).

BIOLOXÍA e XEOLOXÍA 4º ESO- Curso 12/13

TEMA 2: A HISTORIA DA TERRA

Page 2: Teoria idades da terra 2012 13

3) CAMBIOS AMBIENTAIS Tanto os océanos como a atmosfera, sufriron cambios moi importantes durante o Precámbrico. 1) Aumenta a concentración salina dos océanos debido a sal disolta na auga de choiva procedente das rochas da superficie. Isto xunto coa acumulación de osíxeno (procedente da fotosíntese) fixo que se extinguiran moitas especies mariñas. O exceso de osíxeno provocou que comezase a ascender cara a atmosfera. 2) Nos primeiros millóns de anos a atmosfera era redutora , rica en metano, hidroxeno, vapor de auga e amoníaco; con ausencia de osíxeno. 3) Cara o final da etapa (1.800 Ma) formouse unha atmosfera oxidante , debido a produción de osíxeno por parte das cianobacterias, e o ascenso do gas procedente dos océanos. Un mundo rico en osíxeno ocasionou dous cambios fundamentais ó final do Precámbrico:

1) Comezouse a transformar o osíxeno en ozono aparecen do a capa que nos protexe na actualidade dos raios ultravioleta .

2) Comezan a aparecer organismos mais complexos para poder adaptarse a unha atmosfera rica en osixeno .

PALEOZOICO

1) ASPECTOS XERAIS

A Era Paleozoica, Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da historia da Terra de máis de 290 Ma de duración, que se iniciou fai 540 Ma e rematou fai uns 250 Ma. Comprende seis grandes períodos, entre os que destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico. Os continentes estaban distribuídos en catro grandes masas, que fai 250 Ma colisionaron formando o supercontinente Panxea, orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.

2) O CLIMA Dividiremos o clima no Paleozoico en tres períodos: 1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero se tornou cada vez máis cálido. Tamén se produciu o segundo maior incremento sostido do nivel do mar. Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co resultado de que o "clima", nun sentido global, converteuse en cálido. O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación. Esta onda de frío causou a segunda maior extinción masiva do Eón Fanerozoico. 2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar descendera coincidindo coa glaciación, pero se recuperou lentamente durante no transcurso deste período. 3) O Paleozoico superior a acción do río Misisipi provocou un reponte no osíxeno atmosférico, mentres que o dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións. No final deste período, a formación de Panxea creou extensas rexións interiores áridas suxeitas a temperaturas extremas. Dáse outra vez a caída do nivel do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento global do planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.

Page 3: Teoria idades da terra 2012 13

3) A VIDA Neste período produciuse unha explosión de vida na Terra , favorecida polas condicións ambientais reinantes.

Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais abundantes os Trilobites. Aparecen os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e os Miriápodos (gusanos con patas).

Os Vertebrados : Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os océanos. A continuación, e froito da evolución, os peixes comezaron a desenrolar uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandonar a auga e pasar á terra, Aparecen os pioneiros dos Anfibios . Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear a aparición dos pioneiros dos Réptiles .

A vida Vexetal : Dentro do período do Carbonífero, prodúcese un aumento desmesurado das plantas terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se estenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.

As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a formación de enormes masas de carbón que hoxe en día aproveitamos en for ma de petróleo .

MESOZOICO

1) ASPECTOS XERAIS

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e finalizou fai 65 Ma. Divídese en tres Períodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo. As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente leves. Con todo, a era destaca pola dramática fragmentación do supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente norte, Laurasia e continente sur, Gondwana. A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa forma actual. Laurasia converteuse en América do Norte e Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do Sur, África, Australia, Antártida e o subcontinente indio, que chocará coa placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do Himalaia). Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos Andes, así como a formación das Montañas Rochosas.

2) O CLIMA

O Triásico foi en xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode deberse ás temperaturas extremas. Dado que gran parte das terras que constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas flutuaban moito, e no interior de Panxea probablemente se incluían extensas zonas desérticas.

No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a romper en fragmentos máis

pequenos, co que o aumento de superficie en contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras). A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade da auga e os desertos retiráronse. O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC). De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e as zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.

Page 4: Teoria idades da terra 2012 13

3) A VIDA NOS MARES: Os moluscos foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares. En concreto as

Amonitas, cefalópodos de cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra. Cando a temperatura dos mares se incrementou, os animais máis grandes de principios da era mesozoica

gradualmente comezaron a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os tipos, incluídos os lagartos e serpes, así como quizais o antecesor dos primates, evolucionaron.

A proliferación dos réptiles, nesta época, fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros. EN TERRA: Os réptiles foron os grandes dominadores desta época. Destacamos os dinosauros, que

ocuparon todos os continentes existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o: Braquiosaurio, Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe).

No Triásico aparecen os mamíferos , que proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeno tamaño e

cubertos de pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops. No Xurásico aparecen as aves ; o xénero de aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que

presentan rasgos esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves proceden de pequenos dinosauros emplumados, carnívoros, que quizais xa eran capaces de desenrolar un vó primitivo .

A FLORA : Proliferan os grandes bosques de coníferas; pero o rasgo mais importante desta época é a

aparición, no Cretácico, das anxiospermas (plantas con flores) .

4) O FINAL DUNHA ERA O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da maioria das especies, incluidos os

dinosaurios. A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do impacto dun meteorito sobre a superficie da

terra. Este impacto orixinou o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán (México). O tamaño do asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un estimado de 4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento do impacto.

Page 5: Teoria idades da terra 2012 13

CENOZOICO

1) ASPECTOS XERAIS

O Cenozoico (era dos animais recentes) comprende os últimos 65 Ma. Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os continentes se trasladaron ás súas posicións actuais. A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais cadeas montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos , Alpes. Na actualidade, o proceso aínda continúa nalgunhas zonas.

2) O CLIMA

A principios do Cenozoico o clima era cálido e húmido, e arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.

Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío coñéceselles como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se formaban sobre a Terra. A última vez que estas placas de xeo fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.

Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo sobre a Terra, quedaba menos cantidade de

auga nos océanos e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel do mar conectaba os continentes. A estas porcións de terra coñéceselles como pontes terrestres , que permiten que os animais emigren cara outros continentes.

3) A VIDA

Imos dividir as formas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O Terciario (65-1,8 m. a.) e o Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).

TERCIARIO

Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e mamíferos ocuparon os seus hábitats.

Apareceron especies como os elefantes, os cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante, outros deron lugar ás formas actuais. En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as anxiospermas, que se converteron nas plantas dominantes no mundo. Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías. CUATERNARIO É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de dentes de sabre. Estes e outros animais e plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das glaciacións. Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación. A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno , aínda que moito antes existiron os seus antepasados, os homínidos fósiles.