TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo...

28
Programación música clásica VIGO XANEIRO - XUÑO 2014 TEMPADA DE ABONOS Felipe Criado: Músicos (detalle), 1988. Mixta / táboa. Colección Fundación Novacaixagalicia

Transcript of TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo...

Page 1: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programación música clásicaVIGO XANEIRO - XUÑO 2014

TEMPADA DE ABONOS

Felipe Criado: Músicos (detalle), 1988. Mixta / táboa. Colección Fundación Novacaixagalicia

Page 2: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións
Page 3: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

TEMPADA DE ABONOSMÚSICA CLÁSICA VIGO

xaneiro - xuño 2014

Page 4: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España.

A osg, cuxo director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Fes-tival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998.

Realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concer-tos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. En 2007 realizou a súa primeira xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo e a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena.

A osg conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Ma-ria João Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Page 5: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

CONCERTOSIlyich Rivas (xoves 27 de febreiro)

Michele Mariotti (xoves 13 de marzo)Eliahu Inbal (xoves 10 de abril)

Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Aman-da Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giu-seppe Sabbatini entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Co-bos, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.

Na súa discografía para os selos emi, decca, Koch, Naíve, bmg e Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles.

Page 6: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

CONCERTOSGünther Herbig (mércores 22 de xaneiro)Paul Daniel (mércores 12 de febreiro)Christoph König (venres 4 de abril)

A Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Com-postela e xestionada polo Consorcio da cidade, nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal.

Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o con-cepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que aportan a súa experiencia, formación, tra-dición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que aportou o empuxe necesario para ini-ciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, han ter e teñen a res-ponsabilidade de conducir esta formación musical.

O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido pres-tixio acepten colaborar e compartir momentos de gran pleni-

Page 7: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Paul Daniel (xoves 24 de abril)Paul Daniel (xoves 8 de maio)

Christoph König (mércores 4 de xuño)

tude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes coma Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores coma Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christoph König, actual director invitado, puxeron a súa batuta á fronte da orquestra.

A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de Galicia de Compostela que compatibiliza con xiras e concertos en Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxenti-na e, especialmente, Portugal, ademais de nas principais cida-des españolas, onde destaca a súa participación na tempada cultural de Vigo.

Na discografía da rfg destacan dous traballos inéditos dedica-dos a Manuel de Falla e Frederic Mompou, publicados en 2009, e o último disco dedicado a Maurice Ravel.

Page 8: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Günther Herbig - Director

O alemán Günter Herbig é, sen dúbida, un dos máis destacados directores da escena musical internacional, recoñecido ampla-mente pola crítica especializada e, en xeral, por toda a comuni-dade da música clásica. Na actualidade é principal director convidado da Orquestra Fil-harmónica de Gran Canaria, cargo que ocupa desde a tempada 2006-2007.

A súa carreira como director desenvolveuse con especial forza en América a partir de 1980. Estudou cun dos mestres máis im-portantes, Herbert von Karajan. Dirixiu desde aquela todas as grandes orquestras americanas, pero ademais foi director xeral de música da Orquestra Filharmónica de Dresde e tamén da Orquestra Sinfónica de Berlín. Para completar a calidade do seu currículo, durante sete anos, desde 1990 ata 1997, foi profesor de dirección na prestixiosa Universidade de Yale.

A súa carreira na Europa Occidental comezou en Gran Bretaña en 1979, cando foi convidado a se converter en principal direc-tor convidado da Orquestra Filharmónica da bbc, mais non se-ría ata 1984, tras abandonar Alemaña Oriental, que tería opor-tunidade de dirixir en Europa con certa regularidade. Despois desa, axiña foi convidado polas outras grandes agrupacións británicas, incluíndo a Sinfónica de Londres, a Philharmonia e a Royal Philharmonic. Desde entón dirixiu á maior parte das principais orquestras europeas e realizou numerosas xiras por Xapón, Sudamérica e mesmo Australia.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Page 9: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

22 de xaneiro de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 45 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

ICARL MARÍA VON WEBER (1786-1826)

Abertura de Euryanthe, J. 29

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Sinfonía núm. 93 en re maior, Hob. I/93

Adagio. Allegro assaiLargo cantabile

Menuetto. AllegroFinale. Presto ma non troppo

IIROBERT SCHUMANN (1810-1856)

Sinfonía núm. 3 en mi bemol maior, op. 97 “Renana”Lebhaft

Scherzo: Sehr mäßigNicht schnell

FeierlichLebhaft

Page 10: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Paul Daniel - Director

Carolin Widmann - Violín

Desde xaneiro é director titular e artístico da rfg. Tamén é di-rector musical da Orquestra Nacional de Burdeos e principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth. Foi director musical da English National Opera e das óperas Factory e North e director invitado de gran-des orquestras do mundo.

A súa gravación da Sinfonía núm. 3 de Elgar/Payne, coa Bourne-mouth Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica máis vendidos do 2000. Entre os seus compromisos operísticos inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro para a English National Opera e L’enfant et les sortilèges e Der Zwerg para a Ópera Nacional de París. Recibiu premios coma o Olivier e un Gramophone. Nos New Year’s Honours de 2000 recibiu a Cruz do Imperio Británico.

Nacida en Múnic, é artista convi-dada en festivais afamados de Ale-maña, Romanía, Austria ou Xeru-salén. En 2006 recibiu o premio da Asociación Alemá de Críticos polo álbum Reflexións I. Ademais é pro-fesora de violín no Conservatorio de Leipzig desde 2006 e encárgase da dirección artística do festival de música de cámara máis antigo de Alemaña, o Sommerliche Hitzacker Musiktage. Toca un violín gb Gua-dagnini de 1782.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Page 11: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

12 de febreiro de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 30 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

ILUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)

Concerto para violín en re maior, op. 61Allegro ma non troppo

LarghettoRondó. Allegro

IILUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)

Sinfonía núm. 6 en fa maior, op. 68 “Pastoral”Allegro ma non troppoAndante molto mosso

AllegroAllegro

Allegretto

Page 12: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Ilyich Rivas - Director

Eugenia Petrova - Viola

Vladimir Prjevalski - Violín

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Viola principal da Sinfónica de Ga-licia, naceu en San Petersburgo, onde estudou no Conservatorio Es-tatal Rimski-Kórsakov co profesor Yuri Kramarov. Gañou o Concurso Internacional de Novos Intérpretes Concertino Praga e as audicións da orquestra do famoso Teatro Mari-insky, onde traballou máis dunha década con directores coma Yuri Temirkanov e Valeri Gergiev.

Estudou no Conservatorio de San Petersburgo con Mijail Vaiman ou Boris Gutnikov. Tocou coa Orques-tra Filharmónica de Leningrado, coa Orquestra de Cámara de Mú-sica Antiga e Contemporánea e coa de Kishinev (Moldavia). Traballou no conxunto de Solistas de Mos-cova. Desde 1992 é axudante de concertino na Sinfónica de Galicia e concertino-director na Orquestra de Cámara Arión.

Escollido en 2009 para o Taller do Festival Cabrillo, causou impresión a Marin Alsop e Gustav Meier. Foi convidado pola Ópera de Glynde-bourne, onde concertou con Vladi-mir Jurowski. Debutou en Estados Unidos coa Orquestra Sinfónica de Atlanta. Gañou o Juliuis Baer. En ópera destacou con As vodas de Fí-garo para a Glyndebourne Touring Opera e Hansel e Gretel de Hum-perdinck.

Page 13: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

27 de febreiro de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 45 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IMANUEL DE FALLA (1876-1946)

O sombreiro de tres picos: suite núm. 2 (12’)

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)Sinfonía concertante, K 297b en mi bemol maior

(32’)

IIDMITRI SHOSTAKOVICH (1906-1975)Sinfonía núm. 1, op. 10 en fa menor

(28’)

Page 14: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Michele Mariotti - Director

Midori - Violín

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

En 2005 debutou en ópera con O barbeiro de Sevilla. Partici-pou en numerosos festivais e dirixiu recoñecidas orquestras italianas. Abriu a tempada 2007-2008 da Orquestra Comunal de Boloña con Simon Boccanegra, cuxo éxito o levou a conver-terse no director principal da orquestra. Washington, Florencia, Moscova, Os Ánxeles, Dresden, Tokio ou Nova York xa gozaron das súas actuacións e ten gravados dous traballos para decca e Sony.

Con once anos Zubin Mehta esco-lleuna para o Concerto de Noiteve-lla da Filharmónica de Nova York. A partires de aí tocou con grandes orquestras e directores: Orques-tra de Minnesota e Osmo Vänskä, National Symphony e Christoph Eschenbach ou coa Royal Danish Orchestra. Na pasada tempada 2012-2013 deu concertos coa Fil-harmónica de Múnic e Zubin Meh-ta, Sinfónica de Atlanta e Robert Spano, Sinfónica de Viena e Eliahu

Inbal, coa Sinfónica de Baltimore e Gilbert Varga, Filharmónica dos Ánxeles e Pablo Heras Casado e tamén tocou coa Leipzig Gewandhaus e Kent Nagano. Gravou o Concerto de Hindemith coa Sinfónica ndr e Christoph Eschenbach e realizou arredor de quince gravacións, coma os concertos de Bartók coa Filhar-mónica de Berlín e Zubin Mehta. Midori toca un Guarnerius del Gesú «exHuberman» de 1734.

Page 15: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

13 de marzo de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 30 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IFERNANDO ALONSO (1961)

Sinfonietta en fa (18’)

BENJAMIN BRITTEN (1913-1976)Concerto para violín núm. 1, op. 15

(32’)

IIIGOR STRAVINSKI (1882-1971)

Scherzo fantastique, op. 3 (12’)

MAURICE RAVEL (1875-1937)Rapsodia española

(16’)

Page 16: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Christoph König - Director

Naceu en Dresde (Alemaña) e na mesma cidade estudou direc-ción orquestral, piano e canto. Uns anos despois recibía desde Berlín un dos premios máis prestixiosos no xénero da clásica, o Premio da Fundación Herbert von Karajan, que dá mostra do seu xenio musical.

Desde o ano 2013 é o principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia. Anteriormente, a partir do ano 2009 foi nomeado director titular da Orquestra Sinfónica do Porto - Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo, cargos que segue a ocupar na ac-tualidade. Está moi solicitado como director invitado en toda Europa e América.

O seu debut en Estados Unidos coa Sinfónica de Nova Jersey desembocou en novos compromisos coas orquestras de In-dianápolis, Colorado e Houston, entre outras. Tamén debutou coas orquestras de Pittsburg, Radio Danesa, Orquestra de Pa-rís e a Filharmónica dos Países Baixos. Os seus compromisos tamén inclúen a Royal Philarmonic de Londres, as Filharmóni-cas de Dresde, Stuttgart e Bonn, así coma as orquestras da bbc de Escocia e bbc de Gales. As súas gravacións inclúen obras de Schönberg e Prokofiev, Saariaho e Sibelius coa Orquestra Na-cional do Porto; de Melcer coa Sinfónica Escocesa da bbc; sin-fonías de Beethoven coa Sinfónica de Malmö; e de Prokofiev e Mozart coa Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Page 17: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

4 de abril de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 45 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IFRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)

Sinfonía núm. 1 en re maior, Hob. I/1Presto

Andante Presto

CHARLES IVES (1874-1954)O aniversario de Washington, núm. 1

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Sinfonía núm. 9 en do maior, Hob. I/9

Allegro moltoAndante

Menuetto e Trio. Allegretto

IIPAUL HINDEMITH (1895-1963)

Suite de Danzas francesasPavane et Gaillarde

TourdionBransle simple

Bransle de BourgogneBransle simple

Bransle d’EcossePavane

FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)Sinfonía núm. 48 en do maior, Hob. I/48 “María Teresa”

AllegroAdagio

Menuetto. AllegrettoFinale. Allegro

Page 18: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Eliahu Inbal - Director

Isabelle Van Keulen - Violín

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Formouse na Academia Musical de Xerusalén, en París, Hilver-sum e Siena con Franco Ferrara e Sergiu Celibidache. Con 26 anos gañou o Primeiro Premio do Guido Cantelli. Foi director ti-tular do Teatro La Fenice de Venecia; da Orquestra Sinfónica da Radio de Frankfurt, coa que recibiu o Grand Prix du Disque; da Orquestra Sinfónica Nacional da rai en Turín, coa que obtivo o Pre-mio Nacional Abbiati e o Viotti; a Orquestra Sinfónica de Berlín, a Filharmónica Checa e a Orquestra Sinfónica de Tokio. Dirixiu nas óperas de Múnic e Hamburgo e nos Festivais de Verona e Glyndebourne, ademais de producións operísticas en París e en Zúrich. Na actualidade dirixe moitas das principais orquestras de Europa, Estados Unidos e Xapón, e participa nos máis im-portantes festivais. É Cabaleiro das Artes e as Letras en Francia; conta coa Medalla de Ouro ao Mérito de Viena e en Frankfurt co Goethe Plakette.

Esta carismática artista tocou con prestixiosas orquestras coma a Ber-liner Philharmoniker ou a London Philharmonic e con directores coma sir Neville Marriner ou Mark Elder. Tocou e dirixiu aos London Mozart Players no festival bbc Proms de Londres. Colabora asiduamente coa mezzosoprano Christianne Sto-tijn e o pianista Ronald Brautigam. Toca un violín Joseph Guarnerius del Gesù, de 1734.

Page 19: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

10 de abril de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 45 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IWOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)

Sinfonía núm. 35 en re maior, K 385 “Haffner” (18’)

BÉLA BARTÓK (1881-1945)Concerto para violín núm. 1

(21’)

IIANTONÍN DVORAK (1841-1904)

Sinfonía núm. 7, op. 70 en re menor (35’)

Page 20: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Paul Daniel - Director

Erik Terwilliger - Trompa

Raquel Lojendio - Soprano

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Estudou co famoso trompista Phi-lip Farkas na Universidade de In-diana e con Michael Höltzel en Ale-maña e Austria. Foi trompa solista no Staatstheatre Kassel, e logo na Filhar-mónica de Munic. Tamén, profesor na Universidade Johannes Guten-berg en Mainz, no Conservatorio Richard Strauss de Munic e, desde o 2006, no Conservatorio Superior de Aragón. Actualmente é trompa solista da Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks.

Recibiu clases de María Orán e Krisztina Laki. Obtivo o primeiro premio do Concurso Festival Mú-sicos Jóvenes de Barcelona e do Certame Rexional de Canto de Caja Canarias. Traballou con grandes mestres e actuou coas principais or-questras españolas e do estranxei-ro coma a Orchestra Sinfonica Na-zionale da RAI de Turín ou a Bergen Filharmoniske Orkester.

Page 21: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

24 de abril de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 40 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IRICHARD STRAUSS (1864-1949)

Concerto para trompa núm. 2 en mi bemol maior, TrV 283Allegro

Andante con motoRondó. Allegro molto

IIGUSTAV MAHLER (1860-1911)Sinfonía núm. 4 en sol maior

Bedächtig, nicht eilenIn gemächlicher Bewegung, ohne Hast

Ruhevoll, poco adagioSehr behaglich

Page 22: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Paul Daniel - Director

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Desde xaneiro de 2013 é director titular e artístico da Real Fil-harmonía de Galicia. Tamén é director musical da Orquestra Nacional de Burdeos e principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth, desde 2009. Ademais, foi director musical da English National Opera, de 1997 a 2005; da Opera Factory, do 1987 ao 1990, e da Opera North, do 1990 ao 1997. Tamén foi director invitado das máis destacadas orquestras do mundo: Hamburg Philharmonic, Ta-piola Symphony e a Gurzenich Orchestra Cologne. Mentres foi director principal da English Northern Philharmonia, a orques-tra de Opera North, dirixiu numerosos concertos por todo o Reino Unido, e tamén levou á orquestra a participar en moitos festivais.

Entre os seus compromisos operísticos inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro para a English National Opera e L’enfant et les sortilèges e Der Zwerg para a Ópera Nacional de París.

A súa gravación da Sinfonía núm. 3, de Elgar/Payne, coa Bour-nemouth Symphony Orchestra, foi un dos álbums de música clásica máis vendidos no 2000. Nestas últimas tempadas, Chandos puxo en circulación Dialogues des Carmélites, Falstaff e Wozzeck da súa autoría. Entre outras gravacións recentes, in-clúese Belshazzar’s Feast, do selo Naxos. En febreiro de 1998, Paul Daniel foi galardoado co Premio Oli-vier pola súa extraordinaria achega á ópera e, en 1999, con un Premio Gramophone pola súa serie sobre música inglesa gra-vada coa discográfica Naxos. Nos New Year’s Honours do ano 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Page 23: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

8 de maio de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 40 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IJEAN SIBELIUS (1865-1957)

Preludio de A Tempestade, op. 109

PIOTR ILICH CHAIKOVSKI (1840-1893)A Tempestade, op. 18

IINIKOLAI RIMSKI-KORSAKOV (1844-1908)

ScheherezadeI. O mar e o barco de Simbad:

Largo e maestoso. Allegro non troppo

II. A historia do príncipe Kalendar: Lento. Andantino. Allegro molto. Con moto

III. O xoven príncipe e a xove princesa: Andantino quasi allegretto. Pochissimo più mosso. Come

prima. Pochissimo più animato

IV. Festival en Bagdad. O mar. O barco estrélase contra un cantil coroado por un xinete de bronce:

Allegro molto. Vivo. Allegro non troppo maestoso

Page 24: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Christoph König - Director

Alexander Melnikov - Piano

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Nacido en Rusia no ano 1973, gra-duouse no Conservatorio de Mos-cova con Lev Naumov. Con tan só 12 anos xa interpretaba o Concerto número 1 para piano de Rachma-ninov. A súa etapa formativa máis abondosa coincide cos seus encon-tros con Sviatoslav Richter.

En 2010, en plena gravación das Sonatas para violín e piano de Beethoven, gañou un Premio Gra-

mophone e o echo Klassik de Alemaña e ademais foi nomeado para un Premio Grammy. Así mesmo, a súa gravación do ciclo Shostakovich foi galardoada co premio bbc Music Magazine Award 2011 na categoría instrumental e nomeada por esta mesma revista como unha das «50 mellores gravacións de to-dos os tempos». O seu último cd, con obras de cámara de We-ber, saíu á luz en xaneiro de 2013.

Como solista actuou con prestixiosas orquestras de todo o mun-do coma a Orquestra Real do Concertgebouw, Gewandhaus de Leipzig, a Orquestra de Filadelfia, Sinfónica ndr, hr - Sinfo-nieorchester, Orquestra Nacional Rusa, Filharmónica de Múnic, Rotterdam Philharmonic ou a nhk Symphony. Actualmente é o artista en residencia 2013-2014 no Muziekgebouw en Am-sterdam. Outros compromisos son a Maison Symphonique de Montreal, Wigmore Hall en Londres, De Singel en Amberes, o Mozarteum Salzburg, e salas en Osaka, Nagoya e Tokio.

Page 25: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Programa

4 de junio de 201420.30 h

Duración aproximada do concerto: 1 h 40 minUnha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o

descanso

IFERNANDO SOR (1778-1839)Suite de Hercules e Omphale

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)Concerto para piano núm. 5 en mi bemol maior, op. 73

“O emperador”Allegro

Adagio un poco mossoRondó. Allegro ma non troppo

IILOUISE FARRENC (1804-1875) Sinfonía núm. 2 en re, op. 35

Andante - AllegroAndante

Scherzo. VivaceAndante - Allegro

Page 26: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONOSVenda da tempada completa ou da 1ª parte, do 16 de decembro de 2013 ao 13 de xaneiro de 2014.

TEMPADA COMPLETA

Real Filharmonía de Galicia - Günter Herbig (mércores 22 de xaneiro)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (mércores 12 de febreiro)Orquestra Sinfónica de Galicia - Ilyich Rivas (xoves 27 de febreiro)Orquestra Sinfónica de Galicia - Michele Mariotti (xoves 13 de marzo)Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (venres 4 de abril)Orquestra Sinfónica de Galicia - Eliahu Inbal (xoves 10 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 24 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 8 de maio)Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (mércores 4 de xuño)

1ª PARTE DA TEMPADA

Real Filharmonía de Galicia - Günter Herbig (mércores 22 de xaneiro)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (mércores 12 de febreiro)Orquestra Sinfónica de Galicia - Ilyich Rivas (xoves 27 de febreiro)Orquestra Sinfónica de Galicia - Michele Mariotti (xoves 13 de marzo)

Venda da 2ª parte da tempada, do 17 de marzo ao 31 de marzo de 2014, e días 17 e 18 de marzo para aboados da 1ª parte

2ª PARTE DA TEMPADA

Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (venres 4 de abril)Orquestra Sinfónica de Galicia - Eliahu Inbal (xoves 10 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 24 de abril)Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 8 de maio)Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (mércores 4 de xuño)

Todos os abonos teñen un 20 % de desconto respecto do prezo do billete

BUTACA105,60 €

BUTACA51,20 €

BUTACA54,40 €

ANF. 191,20 €

ANF. 144,80 €

ANF. 146,40 €

ANF. 276,80 €

ANF. 238,40 €

ANF. 238,40 €

ANF. 355,20 €

ANF. 328,80 €

ANF. 326,40 €

Page 27: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa políticade bonificacións e descontos xerais

DESCONTOS COLECTIVOS

Colectivo mozo: carné xoveMaiores de 65: carné de xubiladoParados: carné correspondente

Aplicarase un desconto adicional do 10 % respecto ao prezo do abono

servinova.com902 504 500

*Tempada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo

Fundación Novacaixagalicia, 2013 Depósito Legal: C 2325-2013

Page 28: TEMPADA DE ABONOS - · PDF fileCreada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Pa-lacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións

Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia VigoPolicarpo Sanz, 13

986 120 078

www.obrasocialncg.com