Tema 5.- O sector secundario (2): a industria. · 2018-09-28 · Tipos de industrias ......

28
Tema 5.- O sector secundario (2): a industria. Sector consiste en actividades Primario Sector económico que abrangue as actividades relacionadas coa obtención e produción de alimentos para o consumo humano e animal, e materias primas para a industria. agricultura gandaría pesca silvicultura Secundario Sector económico que comprende os procesos e técnicas que transforman as materias primas en produtos elaborados (destinados ao consumo directo) ou produtos semielaborados (destinados a un novo proceso de transformación), utilizando unha fonte de enerxía. industria minaría produción de enerxía construción Terciario Rama das actividades económicas que se encarga de distribuír os bens materiais obtidos nos sectores primario e secundario, e de producir os bens non materiais demandados pola sociedade (servizos). comercio transportes sanidade educación turismo comunicación… terciario banal comprende traballos que esixen pouca preparación e están mal remunerados. Os profesionais deste sector non precisan de moita formación. servizos domésticos servizos de limpeza venda ambulante terciario superior ou cuaternario comprende actividades relacionadas coa xestión e distribución da información, investigación, innovación económica, social e cultural. Os profesionais deben ter un alto nivel de formación e reciben salarios elevados. biotecnoloxía microelectrónica TIC I+D+i

Transcript of Tema 5.- O sector secundario (2): a industria. · 2018-09-28 · Tipos de industrias ......

Tema 5.- O sector secundario (2): a industria.

Sector consiste en actividades

Primario

Sector económico que abrangue as actividades relacionadas coa

obtención e produción de alimentos para o consumo humano e

animal, e materias primas para a industria.

agricultura

gandaría

pesca

silvicultura

Secundario

Sector económico que comprende os procesos e técnicas que

transforman as materias primas en produtos elaborados (destinados

ao consumo directo) ou produtos semielaborados (destinados a un

novo proceso de transformación), utilizando unha fonte de enerxía.

industria

minaría

produción de enerxía

construción

Terciario

Rama das actividades económicas que se encarga de distribuír os

bens materiais obtidos nos sectores primario e secundario, e de

producir os bens non materiais demandados pola sociedade

(servizos).

comercio

transportes

sanidade

educación

turismo

comunicación…

terciario banal

comprende traballos que esixen pouca preparación e están

mal remunerados. Os profesionais deste sector non

precisan de moita formación.

servizos domésticos

servizos de limpeza

venda ambulante

terciario superior

ou cuaternario

comprende actividades relacionadas coa xestión e

distribución da información, investigación, innovación

económica, social e cultural. Os profesionais deben ter un

alto nivel de formación e reciben salarios elevados.

biotecnoloxía

microelectrónica

TIC

I+D+i

1.- A actividade industrial.

Clasificación das industrias

• Industrias de primeira elaboración ou de base: transforman materias primas en produtos semielaborados.

• Industrias de bens de equipo: transforman os produtos semielaborados en útiles para outras industrias.

• Industrias de bens de uso e consumo: transforman materias primas ou produtos semielaborados en bens de

consumo directo.

Clasificación das industrias

criterio tipo subtipo industria elabora / exemplos...

destino

dos

produtos

que

fabrican

industrias

pesadas

ou

industrias de

bens de

produción

Industrias

de primeira

elaboración

ou básicas

siderúrxica elabora ferro e aceiro

metalúrxica transforma minerais metálicos en metais

química pesada ácidos, explosivos, plásticos, colorantes… / abonos, insecticidas,

pesticidas... / carburantes, fibras sintéticas

cementeira transforma diversas rochas (arxilas, calizas...) en materiais para a

construción (cemento...)

extractiva extrae minerais (minería)

produción de enerxía centrais térmicas, hidroeléctricas...

Industrias

de bens de

equipo

mecánica equipamento industrial, material para transporte, material

agrícola, eléctrico, mecánico...

da construción produtos cerámicos e vidros, material mecánico para a

construción, industrias da madeira...

industrias lixeiras ou

industrias de bens de uso e

consumo

do automóbil vehículos, pezas...

alimentaria conserveiras, pastelería, comida preparada, bebidas...

química lixeira produtos farmacéuticos, cosméticos, perfumería, deterxentes...

electrónica ordenadores, teléfonos móbiles, calculadoras, equipos de música,

televisores, electrodomésticos

téxtil confección, moda

do moble todo tipo de mobles

do calzado, marroquinería (manufactura de artigos de pel), coiro...

poligráfica papel e artes gráficas

nivel

técnico

industrias punta microelectrónica, telecomunicacións, informática, robótica, astronáutica, biotecnoloxía...

ind. tradicionais naval, siderúrxica, téxtil...

Tipos de industrias

INDUSTRIA PESADA INDUSTRIA LIXEIRA

• Manipula cantidades enormes de produtos. Os bens

que produce son de gran volume.

• Os bens que producen son, normalmente, de pouco

volume.

• Esixe instalacións complexas e de grandes

dimensións.

• Instalacións máis pequenas e sinxelas.

• Necesita gran cantidade de materias primas e de

enerxía.

• Consume menor cantidade de materias primas e de

enerxía.

• Precisa moita man de obra e investimento dun

elevado capital.

• Necesita menos man de obra e capital.

• Concentración xeográfica: localízanse cerca dos

centros de extracción das materias primas ou xunto

ás terminais dos portos.

• Dispersión xeográfica: localízanse cerca dos centros

de consumo para ter un acceso fácil aos mercados.

• As industrias punta:

✓ utilizan as tecnoloxías máis avanzadas e recentes,

✓ requiren un persoal moi preparado e especializado,

✓ necesitan investir elevadas cantidades de capital en investigación,

✓ adoitan situarse nos países máis desenvolvidos, e preto de grandes universidades.

Tipos de empresa

TIPOS DE EMPRESAS Caracteres básicos

Segundo

a

orixe do

seu

capital

EMPRESAS

PRIVADAS

O capital é propiedade de inversores privados, está xestionada por particulares e a súa finalidade é o

lucro.

EMPRESAS

PÚBLICAS

O capital e a xestión están en mans do Estado. A súa finalidade é, xeralmente, satisfacer necesidades

sociais.

EMPRESAS

MIXTAS Aquelas que comparten capital e xestión públicos e privados.

Segundo

o

seu

tamaño

PEQUENAS

EMPRESAS Teñen menos de 50 traballadores. Se teñen menos de 10 chámanse microempresas.

MEDIANAS

EMPRESAS Empregan entre 50 e 249 traballadores.

GRANDES

EMPRESAS Empregan máis de 250 traballadores. [ler a información da páxina 111]

Segundo

a súa

actividade

EMPRESAS

INDUSTRIAIS A súa actividade básica é a fabricación de produtos elaborados ou semielaborados.

EMPRESAS

COMERCIAIS

Son intermediarias entre o produtor e o consumidor. A súa función principal é a compravenda de

produtos terminados.

EMPRESAS DE

SERVIZOS Brindan un servizo a outras empresas ou á comunidade. Poden ter fins lucrativos ou non.

Segundo

a

súa

forma

xurídica

SOCIEDADE

LIMITADA

(S. L.)

Formada por un número reducido de socios que aportan cada un unha parte do capital social da

empresa, (participación) e reparten os beneficios ou as perdas de forma proporcional ao capital

investido por cada socio.

SOCIEDADE

ANÓNIMA

(S. A.)

Formada por un número indeterminado de socios, que adquiren unha parte do capital da empresa

mediante a compra de accións, as cales proporcionan un beneficio variable (dividendo) en función dos

resultados da empresa.

SOCIEDADE

COOPERATIVA

Formada por un grupo de persoas que aportan capital e traballo e xestionan colectivamente a empresa,

distribuíndo beneficios ou perdas en proporción ao capital aportado e ao traballo realizado. O seu fin é

fomentar a economía dos socios.

2.- As revolucións industriais.

TRABALLO ARTESANAL TRABALLO INDUSTRIAL

• O proceso de elaboración dos produtos é manual,

polo que é un proceso custoso e laborioso.

• O proceso de elaboración está mecanizado, polo que

é máis barato e moito máis rápido.

• O artesán elabora todo o produto, desde a súa

concepción ata o seu remate ⇒ escasa

especialización da man de obra ⇒ mínima división do

traballo.

• O proceso de produción está moi fragmentado: os

obreiros realizan só unha parte do produto, de forma

mecánica e repetitiva ⇒ extrema especialización ⇒

máxima división do traballo.

• Produción limitada: poucos produtos, todos

diferentes entre si.

• Produción en serie ou en masa: gran variedade de

produtos idénticos entre si.

• O traballo realízase en obradoiros, onde traballan o

artesán e os aprendices.

• O traballo realízase en fábricas, onde se concentran

os obreiros e as máquinas.

• O traballador -artesán- é propietario do taller e das

ferramentas ⇒ é un traballador por conta propia.

• O traballador -obreiro- non é propietario da fábrica

nin das máquinas, as cales son propiedade do

empresario ⇒ é un traballador por conta allea.

• Baixa capitalización: non son necesarios grandes

investimentos de capital para crear e manter o

obradoiro.

• Elevada capitalización: necesita investir gran

cantidade de capital: salarios, mantemento e

investigación.

• Consumo moderado de materias primas e fontes de

enerxía.

• Elevado consumo de materias primas e fontes de

enerxía.

O fordismo: o modo de produción en cadea ou en serie.

Primeira revolución industrial Segunda revolución industrial

cronoloxía • de mediados do século XVIII a mediados do

século XIX. En liñas xerais, de 1750 a 1850

• último cuarto do século XIX e principios do

século XX. En liñas xerais, de 1870 a 1914

países líderes • Gran Bretaña • en Europa: Alemaña

• fóra de Europa: os EUA

fontes de enerxía • carbón e vapor • petróleo e electricidade

materias primas • algodón e ferro • aceiro / aluminio / petróleo...

sectores básicos • a industria téxtil algodoeira

• a industria siderúrxica

• a industria metalúrxica

• a industria eléctrica

• a industria química...

medios de

transporte

• terrestres: ferrocarril

• marítimos: barco de vapor

• automóbil

• avións

• metro...

sistema de

produción • sistema fabril • fordismo

tipos de empresa • das empresas pequenas e familiares ás

Sociedades Anónimas • proceso de concentración de empresas

• Fordismo: forma de produción industrial característica da segunda revolución industrial, implantada na empresa Ford, que

aplicou por primeira vez, a comezos do século XX, a cadea de montaxe á fabricación de coches. Caracterízase por:

➢ división do proceso produtivo en tarefas concretas,

➢ especialización dos traballadores nunha tarefa, que desenvolven nun espazo concreto dentro da cadea de montaxe,

➢ redución do tempo de produción e polo tanto do prezo dos produtos,

➢ produción masiva e estandarizada.

3.- A Terceira revolución industrial.

1.- Automatización e sofisticación dos procesos de produción ⟹

➢ as industrias necesitan cada vez menos man de obra

➢ fabrican maior volume e diversidade de produtos.

2.- Papel clave das novas tecnoloxías e os novos materiais ⟹

➢ favorecen a renovación dos produtos

➢ facilitan as comunicacións e os transportes

➢ fan posible abrir novos mercados para os produtos industriais

➢ permiten coordinar a produción cando esta se fai en distintos lugares do mundo.

3.- Incremento da competencia entre empresas ⟹ para ter éxito as empresas necesitan:

➢ publicidade

➢ rápida distribución dos produtos

➢ capacidade de innovación (I+D+i).

4.- Posfordismo: sistemas de produción caracterizados pola súa gran flexibilidade:

➢ laboral: tarefas cambiantes e contratos precarios

➢ produtiva: fragmentación dos procesos produtivos (desconcentración e desestruturación)

➢ produción en función da demanda, das modas e da publicidade.

• División técnica do traballo: fragmentación do proceso de fabricación dun produto en diferentes fases,

(desde o deseño ata a venda) cada unha das cales é indispensable e complementaria coas demais.

✓ O traballador realiza só unha parte do proceso, de maneira coordinada cun equipo.

• División social do traballo: xerarquización de todas as persoas que interveñen no proceso de produción

segundo a súa responsabilidade no mesmo.

✓ En función do traballo desempeñado establécense diversas categorías laborais, que teñen diferente

retribución salarial e distinto nivel social.

Evolución das condicións laborais.

• Primeira fase da revolución industrial: penosas condicións laborais e existenciais dos obreiros:

➢ longas xornadas laborais + traballo inseguro + salarios moi baixos ⟹ toda a familia tiña que traballar,

mesmo os nenos e nenas de curta idade.

• Os obreiros fóronse organizando en sindicatos e conseguiron que a súa situación xeral mellorase:

➢ establecéronse uns horarios laborais,

➢ garantiuse o pago dun salario mínimo,

➢ establecéronse contratos de traballo con normativas rigorosas.

▪ A mellora salarial e do nivel de vida ⟹ os obreiros convertéronse nos principais consumidores de produtos

industriais.

• Estas melloras laborais e sociais ⟹ os procesos industriais desestruturáronse e deslocalizáronse cara a

zonas con condicións laborais máis flexibles:

➢ man de obra barata,

➢ menor sindicación,

➢ menor regulación laboral,

➢ regulamentación ambiental escasa ou inexistente.

▪ Consecuencia: aparición de novas situacións de grave explotación laboral.

• S. XXI: a crise económica da última década (desde 2007) ⟹, enorme precarización das condicións de

traballo: empregos lixo (inestables, de pouca duración, inseguros e de mala calidade).

▪ Consecuencia: retroceso en relación cos logros e beneficios obtidos polos obreiros tras décadas de

reivindicacións e negociacións.

As condicións laborais.

4.- Factores de localización industrial

Factores

Físicos

Existencia de

recursos

naturais

• Foi un factor de localización decisivo no pasado, cando o custo do transporte era moi elevado, e os

medios de comunicación eran insuficientes. As primeiras fábricas situábanse xunto ás minas de ferro

e de carbón, para estar cerca das fontes de materias primas e enerxía, ou preto dos portos a onde

aquelas chegaban.

• Hoxe, as materias primas e os recursos enerxéticos (carbón, petróleo, gas natural), transpórtanse a

longas distancias en grandes cantidades. Só as industrias que necesitan moita enerxía optan por

situarse cerca de plantas de produción de electricidade ou arredor dos grandes portos.

Factores

demográficos

Dispoñibilidade,

cualificación e

custo da man

de obra

• Cando se necesita moita man de obra pouco cualificada, as grandes empresas dos países

desenvolvidos adoitan instalar parte dos seus procesos industriais en áreas do Terceiro Mundo, onde

os salarios son máis baixos e non hai tradición sindical. A este fenómeno chámaselle deslocalización.

• Se a industria esixe unha man de obra cualificada, establécese nas inmediacións das grandes cidades

dos países desenvolvidos.

Proximidade

dos mercados

• Constitúe un factor importante para as industrias de bens de consumo, que normalmente se sitúan na

periferia das grandes cidades, onde hai un número máis elevado de consumidores.

Factores

económicos

Transporte e

comunicacións

• Normalmente as empresas sitúanse en lugares ben comunicados, pois isto facilita a chegada de

materias primas, o traslado dos empregados e clientes, e a saída dos seus produtos. Ter un bo

transporte é fundamental, sobre todo para as industrias que desprazan un gran volume de

mercadorías pesadas ou perecedoiras.

• Pero os actuais medios de transporte son rápidos, teñen gran capacidade de carga e son baratos, o

que favoreceu a creación de fábricas en lugares en que non existían antigamente.

Proximidade

doutras

industrias

similares

• Algunhas industrias manteñen a súa localización tradicional porque se benefician de infraestruturas e

servizos xa existentes, e da presenza doutras industrias similares ou complementarias. Deste xeito,

poden compartir con elas algúns servizos ou subcontratar certos procesos industriais.

Factores

Políticos

Intervención do

Estado

• A localización de moitas industrias explícase tamén polas medidas adoptadas polos Gobernos: as

axudas públicas (investimentos ou subvencións), as vantaxes fiscais, a lexislación laboral máis ou

menos permisiva, a estabilidade política, a receptividade de investimentos estranxeiros...

Outros • Tamén teñen un papel fundamental outros factores como: o coñecemento do territorio, o prezo do terreo, a calidade do

medio natural, a permisividade ou o rigor da lexislación ambiental, e incluso a percepción do empresario...

Desconcentración, desestruturación e deslocalización

5.- As actividades industriais en España.

A produción industrial en España (abril de 2015)

Fonte: Instituto Nacional de Estatística (INE)

6.- As multinacionais.

• As empresas multinacionais son sociedades industriais, comerciais ou financeiras que teñen a súa sede

central nun Estado (o país no que foron fundadas) pero producen e venden (a través de empresas filiais) en

distintos Estados do mundo.

• As empresas multinacionais son un poderoso axente da globalización:

➢ para obter os máximos beneficios, compran as súas materias primas onde lles resulta máis barato;

instalan as súas fábricas nos lugares máis vantaxosos de todo o mundo, e venden os seus produtos en

calquera punto da Terra.

• As multinacionais teñen un enorme poder: controlan e dirixen a economía mundial.

➢ As máis importantes teñen un peso similar ao de algúns Estados e superior ao da maioría.

➢ O seu dominio é tal que inflúen sobre os Gobernos para que os seus intereses económicos non se vexan

afectados por medidas de protección do medio natural ou de lexislación laboral ou fiscal.

➢ En moitos casos, condicionan incluso as relacións entre os Estados.

• A meirande parte das multinacionais pertencen ás grandes potencias mundiais: Estados Unidos, Xapón,

Reino Unido, Francia, Alemaña, Canadá e Italia concentran ao redor do 80 %.

• Nas últimas décadas as empresas multinacionais invisten moito nos países subdesenvolvidos.

➢ Estes países intentan as empresas multinacionais porque xeran riqueza e crean postos de traballo.

➢ Nestes países as empresas multinacionais atopan grandes vantaxes: man de obra abundante e barata; un

trato fiscal moi favorable; e, sobre todo, unha lexislación laboral e ambiental moi débil ou inexistente.

➢ Porén, as multinacionais retiran os seus investimentos se ven perigar os seus intereses ou diminúen os

seus beneficios por diversas razóns como: reivindicacións laborais, esixencias para o medio natural, maior

presión fiscal ou o incremento da inseguridade política.

➢ Neste caso, causan graves crises económicas e sociais.

Principais empresas cotizadas por valor en Bolsa a 31 de decembro de 2015

Datos en millóns de euros

Fonte: Bloomberg + El País

As 100 maiores empresas do mundo no ano 2013

Fuente: El País. Economía. 18 octubre 2013

Empresas del IBEX 35 (30 junio 2017) Sede Sector

Abertis Infraestructuras Madrid gestión de autopistas e infraestructuras de telecomunicaciones

Acciona Madrid gestión de infraestructuras y energías renovables

Acerinox Madrid fabricación de aceros inoxidables

Actividades de Construcción y Servicios Madrid construcción

AENA Madrid gestión de los aeropuertos de interés general

Amadeus Madrid proveedora de soluciones tecnológicas para viajes

Arcelor Mittal Ciudad de Luxemburgo compañía siderúrgica

Banco de Sabadell Alicante entidad bancaria

Banco Santander Santander entidad bancaria

Bankia Valencia entidad bancaria

Bankinter Madrid entidad bancaria

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria Bilbao entidad bancaria

CaixaBank Valencia entidad bancaria

Cellnex Madrid infraestructuras de telecomunicaciones inalámbricas

Distribuidora Internacional de Alimentación Las Rozas grupo de distribución

Enagás Madrid transporte de gas natural

Endesa Madrid sectores eléctrico y gasístico

Ferrovial Madrid autopistas, aeropuertos, construcción y servicios

Gamesa Corporación Tecnológica Zamudio nuevas tecnologías: microelectrónica, robótica…

Gas Natural SDG Madrid generación, comercialización y distribución de gas natural y electricidad

Grifols Barcelona sector farmacéutico y hospitalario

Iberdrola Bilbao generación, comercialización y distribución de gas natural y electricidad

Inditex Arteixo fabricación y distribución textil

Indra Sistemas Alcobendas servicios de consultoría en transportes, defensa, energía, finanzas…

Inmobiliaria Colonial Madrid sector inmobiliario

International Airlines Group Madrid aerolíneas

MAPFRE Majadahonda seguros

Mediaset España Comunicación Alcobendas grupo de comunicación

MERLIN Properties Madrid compañía inmobiliaria

Red Eléctrica Corporación Alcobendas operador del sistema eléctrico español (suministro de energía eléctrica)

Repsol Madrid compañía energética y petroquímica

Técnicas Reunidas Madrid ingeniería y construcción de infraestructuras para sector de petróleo y gas

Telefónica Madrid telecomunicaciones

Viscofan Tajonar (Navarra) envolturas para productos cárnicos (tripas artificiales)

Valores que compoñen o IBEX 35 a 30 de xuño de 2017 por ponderación

7.- A explotación laboral.

A industria maquiladora en México

O traballo feminino na India

O traballo infantil nos fornos de carbón vexetal en Smokey Mountain (Manila, Filipinas)