TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un...

12
Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18 11 TEMA 4. BÁDMINTON O bádminton é un deporte xogado con raquetas que consiste en intentar enviar o volante por enriba da rede para que caia no campo contrario. As modalidades de xogo son individuais, dobres e mixtos. Material A raqueta non pode medir máis de 68 cm de longo e 23 cm de ancho, é moi lixeira (80-90 gr) e está fabricada en metal, bambú, carbono ou madeira. Ten tres partes: empuñadura, cana e cabeza. O volante pesa entre 4 e 5 gr; ten dúas partes: a base, de cortiza e a cola, de plástico ou plumas. Terreo de xogo O terreo de xogo mide 13,40 m de longo e 5,18 m de ancho para o xogo de individuais e 13,40 m de longo e 6,10 m de ancho para o xogo de dobres. No medio do terreo de xogo, paralelamente ás liñas de fondo, está a rede, a unha altura de 1,55 m. Na parte traseira do terreo de xogo, a 1,98 m da rede, están as zonas de saque: para o xogo de individuais son máis longas e estreitas e para o xogo de dobres son máis curtas e anchas.

Transcript of TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un...

Page 1: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

11

TEMA 4. BÁDMINTON

O bádminton é un deporte xogado con raquetas que consiste en intentar enviar o volante por enriba da rede para que caia no campo contrario. As modalidades

de xogo son individuais, dobres e mixtos.

Material

A raqueta non pode medir máis de 68 cm de longo e 23 cm de ancho, é moi

lixeira (80-90 gr) e está fabricada en metal, bambú, carbono ou madeira. Ten tres partes: empuñadura, cana e cabeza.

O volante pesa entre 4 e 5 gr; ten dúas partes: a base, de cortiza e a cola, de

plástico ou plumas.

Terreo de xogo

O terreo de xogo mide 13,40 m de longo e 5,18 m de ancho para o xogo de individuais e 13,40 m de longo e 6,10 m de ancho para o xogo de dobres. No

medio do terreo de xogo, paralelamente ás liñas de fondo, está a rede, a unha altura de 1,55 m. Na parte traseira do terreo de xogo, a 1,98 m da rede, están

as zonas de saque: para o xogo de individuais son máis longas e estreitas e para o xogo de dobres son máis curtas e anchas.

Page 2: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

12

REGRAS BÁSICAS

Cada xogador, ou cada parella, no caso do xogo de dobres, non poden golpear o volante dúas veces seguidas. Gaña o partido quen gañe 2 xogos. Gaña cada

xogo quen consegue 21 puntos, cunha diferenza de 2 ou máis sobre o contrario. No caso de sucesivos empates, o primeiro que chega a 30 puntos gaña.

Consegue un punto quen gaña cada xogada, ben porque se consegue que o volante caia no campo contrario, ou ben porque o contrario comete unha falta.

Cada xogada se inicia co saque, que se fai desde unha zona de saque á zona de

saque que está en diagonal no campo contrario. Tanto o sacador coma o receptor teñen que estar dentro da zona de saque correspondente: se o sacador ten cero

puntos ou puntos pares, saca dende o lado dereito; se o sacador ten puntos impares, saca dende o lado esquerdo. Saca o xogador ou parella que gañou a

xogada anterior.

No xogo de dobres os xogadores sacan por quendas. O xogador ao que lle

corresponde sacar colócase na zona correspondente, en función dos puntos que teña o seu equipo, e o seu compañeiro no outro lado. Os xogadores do equipo

contrario colócanse como a última vez que sacaron. Se o equipo que saca gaña a xogada, segue sacando o mesmo xogador ata que ese equipo perda unha

xogada. No equipo que empeza a sacar realizará o saque o xogador que non sacou a última vez.

Ao realizar o saque, o volante debe estar máis baixo que a cintura e a cabeza

da raqueta máis baixa que a empuñadura, no momento no que se golpea o volante.

Execución incorrecta do saque

Execución correcta do saque

Page 3: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

13

As faltas máis habituais son:

- Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo.

- Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na raqueta ou na rede.

- Se o volante cae fóra dos límites do terreo de xogo. - Se o volante é golpeado antes de pasar ao noso campo. Si se permite pasar a

raqueta por enriba da rede, sen tocala, en continuación do golpe que se executou.

- Se se toca a rede ou os seus postes, coa raqueta ou co corpo. - Arrastrar ou transportar o volante. Debe golpearse de forma clara.

- Obstrución ao adversario, invadindo o campo contrario coa raqueta ou co corpo.

- Cando saca o xogador ao que non lle corresponde. - Cando o sacador realiza o saque desde a zona que non lle corresponde.

- Se os pés do sacador ou do receptor non permanecen quietos e en contacto co chan na zona de saque que lles corresponde.

- No saque, cando o volante cae fóra da zona de saque diagonalmente oposta.

- Na recepción do saque, se o volante é golpeado polo xogador ao que non lle corresponde.

ASPECTOS TÉCNICOS

O AGARRE DA RAQUETA

Agarre fundamental: cóllese a raqueta pola empuñadura, pechando os dedos e

quedando o polgar entre o índice e os demais dedos. O lateral da raqueta estará en continuidade co lateral do antebrazo. Este agarre utilízase na maioría dos

golpes e na posición de espera.

Agarre de revés: xírase o pulso de maneira que o dedo polgar quede estendido sobre a parte máis ancha da empuñadura e paralelamente a ela. Este agarre

utilízase nos golpes de revés.

Agarre fundamental Agarre de revés

A POSICIÓN BÁSICA

A posición básica permitiranos estar preparados para realizar calquera golpeo e

para realizar desprazamentos moi rápidos cara a calquera lugar do campo. Hai que ter os pés separados á anchura dos ombros e flexionar lixeiramente os

xeonllos, para poder reaccionar moi rápido, e inclinar o tronco lixeiramente cara

Page 4: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

14

a diante. A raqueta debe estar elevada, á altura da cabeza, lista para golpear o

volante.

Ademais temos que ocupar unha posición óptima dentro do campo, que facilite

os desprazamentos. Esta posición está máis ou menos no centro do terreo de xogo, na liña entre as dúas zonas de saque.

OS GOLPES

Todos os golpes poden realizarse de dereito e de revés. É fundamental realizar

un movemento rápido do pulso no momento do golpeo para darlle máis velocidade ao volante. Tamén é moi importante desprazarse para adoptar unha

boa situación respecto ao volante e poder realizar os golpes con efectividade.

Saque O saque de dereito utilízase para enviar o volante con moita altura ao fondo da

pista, polo que os seus movementos son amplos.

O saque de revés utilízase para enviar o volante con pouca altura á parte

dianteira da zona de saque.

Page 5: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

15

Golpes altos

Clear. Serve para responder aos volantes lanzados a moita altura. Con este golpe tentamos que o volante vaia ao fondo da pista. Para iso tratamos de

golpear o volante na vertical do noso corpo, tendo o cóbado estendido no momento do golpeo.

Deixada alta. É un golpe que intenta enganar o adversario. O xogador simula

que vai realizar un clear ou un remate, pero frea o movemento da raqueta e golpea o volante con suavidade, enviándoo preto da rede.

Remate. É un golpe forte co que se intenta que o volante caia ao chan rapidamente. A execución é similar á do clear, pero golpeamos o volante un

pouco diante do noso corpo; a raqueta golpea o volante de arriba abaixo, dándolle ao volante unha traxectoria descendente.

No seguinte gráfico podemos ver a diferente situación que debemos ter respecto ao volante en cada un dos golpes altos.

Page 6: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

16

Golpes baixos

Globo. O volante golpéase preto da rede, con traxectoria alta e ao fondo da pista. Utilízase para devolver unha deixada ou un remate. Debe ser un golpe

forte para que o volante gañe altura.

Deixada baixa. É un golpe que normalmente responde a un remate ou outra deixada do rival. A raqueta, paralela ao chan, envía o volante moi axustado á

rede.

Golpe medio

Drive. É un golpe medio, que se executa entre a cintura e o ombro. O volante pasa moi preto da rede, cunha traxectoria case paralela ao chan.

Page 7: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

17

TEMA 5. XIMNASIA ARTÍSTICA A ximnasia artística é unha das modalidades da ximnasia deportiva. É un deporte

dos máis antigos e baséase en xiros, equilibrios e saltos no chan ou en aparellos.

A competición oficial faise en 6 aparellos na categoría masculina (chan, argolas, poldro con arcos, barra fixa, paralelas e salto de cabalo) e 4 na categoría

feminina (chan, paralelas asimétricas, barra de equilibrios e salto de cabalo). É

unha modalidade olímpica desde os primeiros Xogos Olímpicos da época moderna, en 1896.

Para levar a cabo as actividades ximnásticas necesitamos un bo dominio do

corpo a través da propiocepción, o desenvolvemento da lateralidade e a corrección da postura. A estes factores hai que engadir unha boa coordinación

motriz, un bo axuste do corpo a través do equilibrio, e rapidez e precisión nos movementos a través da axilidade.

Exercicios básicos da ximnasia artístico-deportiva

Os xiros Son exercicios nos que o corpo roda sobre si mesmo ben horizontalmente

(voltereta cara a diante), verticalmente (xirar sobre a punta dos pés) ou

lateralmente (roda lateral).

Os equilibrios Son exercicios que tratan de manter o corpo en posicións estables sobre

diferentes bases de sustentación. Hainos en posición de pé, como a prancha facial, e en posición invertida, como os equilibrios de cabeza ou de mans.

Os saltos

Son exercicios nos que existe unha fase aérea, é dicir, o corpo está no aire sen ningún apoio. As catro fases do salto son: carreira, impulso, voo e caída ou

recepción.

As habilidades ximnásticas

As habilidades ximnásticas pódense definir como unha serie de habilidades sinxelas que constitúen os fundamentos da ximnasia artístico-deportiva. Imos

ver algunhas habilidades que xa practicastes nos cursos anteriores, como as volteretas, e algunhas habilidades de equilibrio e xiros.

Voltereta adiante agrupada

Consiste en facer un xiro sobre o eixo transversal do corpo apoiando as mans,

rodando o corpo sobre as costas e, finalmente, acabando en posición de pé.

Page 8: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

18

A posición inicial é en crequenas cos brazos estendidos adiante e as mans

apoiadas na colchoneta. Faise un impulso coas pernas, flexionado os brazos, e

antes de que as costas contacten coa colchoneta debemos flexionar o pescozo, xuntando o queixo ao peito, para evitar apoiar a cabeza na colchoneta e, desta

forma, evitamos lesións no pescozo. Mantendo o tronco e os xeonllos flexionados, rodamos sobre as costas, amortecendo cos brazos. Cando os pés

toman contacto co chan, inclínase o tronco cara a diante para poñernos de pé sen apoiar as mans.

Voltereta adiante lanzada

Consiste en facer un xiro sobre o eixo transversal do corpo no que hai unha primeira fase de voo, apoiando logo as mans, rodando o corpo sobre as costas

e, finalmente, acabando en posición de pé.

A posición inicial é de pé, cos brazos estendidos á fronte. Faise un impulso coas

pernas para comezar a fase de voo, impulsando o corpo cara a arriba e adiante. O corpo mantense case estendido polo aire e vai xirando para quedar coa cabeza

cara a abaixo. Apóianse as mans na colchoneta, flexionado os brazos para amortecer o impulso que leva o corpo e poder controlar o movemento. Antes de

que as costas contacten coa colchoneta, debemos flexionar o tronco e o pescozo, xuntando o queixo ao peito, para evitar apoiar a cabeza e, desta forma, evitamos

lesións no pescozo. Mantendo o tronco flexionado, rodamos sobre as costas e imos flexionado os xeonllos. Cando os pés toman contacto co chan, inclínase o

tronco cara a diante para poñernos de pé sen apoiar as mans.

Page 9: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

19

Voltereta atrás agrupada

Consiste en facer un xiro sobre o eixo transversal do corpo rodando o corpo sobre as costas, apoiando as mans e, finalmente, acabando en posición de pé.

A posición inicial é en crequenas cos brazos estendidos adiante, de costas á

dirección na que se vai xirar. Deixámonos caer cara a atrás, flexionado os brazos, colocando as mans á altura das orellas coas palmas cara a atrás. Co

tronco flexionado e o queixo pegado ao peito, para evitar lesións no pescozo, rodamos sobre as costas. Apoiamos as mans na colchoneta por detrás dos

ombreiros e, cando a cadeira sobrepasa a vertical das mans, esténdense os brazos para que a cabeza poida separarse da colchoneta e non lesionemos o

pescozo. Rematamos o xiro e apoiamos os pés na colchoneta quedando en crequenas.

Equilibrio de cabeza

Consiste en manterse en equilibrio en posición invertida, apoiando as mans e a cabeza. As mans e a cabeza forman un triángulo equilátero, estando a cabeza

máis adiante que as mans.

Podemos facelo de dúas formas.

- Partimos da posición de crequenas cos xeonllos flexionados e coas mans e a cabeza apoiadas na colchoneta. Despegamos lentamente os pés do chan e imos

elevando as pernas lentamente. Ao ir elevando as pernas temos que ir estendendo os xeonllos e colocando o tronco en posición vertical, ata que

teñamos o corpo totalmente estendido na posición invertida.

Page 10: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

20

- Partimos da posición de crequenas, cun xeonllo flexionado e outro estendido e

coas mans e a cabeza apoiadas na colchoneta. Desde esa posición damos un impulso coa perna que ten o xeonllo estendido, ao mesmo tempo que

empezamos e elevar o tronco. Mentres continúa a elevación da perna co xeonllo estendido, imos elevando a outra perna e levando o tronco á posición vertical.

Na parte final estendemos o xeonllo que estaba flexionado e colocamos o tronco e a primeira perna en posición vertical, e a continuación a segunda perna

xúntase coa primeira ata que teñamos o corpo totalmente estendido na posición invertida.

Equilibrio de mans

Partindo da posición de pé, cos brazos estendidos, realizar un paso adiante, inclinando o tronco cara a abaixo e apoiando as mans no chan, que deben estar

separadas aproximadamente ao ancho dos ombreiros. A perna atrasada, que

quedara estendida, impúlsase buscando a vertical; seguidamente, o tronco e a outra perna alcanzan tamén a vertical, quedando o corpo totalmente estendido

na posición invertida.

Page 11: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

21

Roda lateral

Consiste en facer un xiro sobre o eixo antero-posterior apoiando as mans no

chan, acabando en posición de pé cunha orientación contraria á inicial.

Comezamos de pé, cos brazos estendidos e elevados. Damos un paso longo, inclinando o tronco cara ao chan. Antes de que as mans contacten co chan hai

que xirar os ombros cara ao lado do pé adiantado.

As mans apóianse no chan cos dedos cara a o lado do pé adiantado, ao ancho

dos ombros. Ao mesmo tempo que se apoian as mans, elévanse as pernas para pasar brevemente por unha posición invertida, mantendo as pernas separadas.

Antes de apoiar os pés no chan o corpo realiza outro xiro, de tal xeito que imos

apoiar os pés en sentido contraio ao inicial. Cando o primeiro pé toca o chan as mans despegan do chan e imos colocando o corpo na posición vertical e a

continuación apoiamos o segundo pé.

No seguinte gráfico está representada unha roda lateral na que o primeiro paso

se dá co pé dereito e as mans se apoian xiradas cara á dereita.

Page 12: TEMA 4. BÁDMINTON EF... · As faltas máis habituais son: - Tocar máis dunha vez o volante un xogador ou un equipo. - Se o volante non pasa por enriba da rede, queda atrapado na

Educación Física 2º ESO IES Miraflores curso 2017-18

22

Sistema de puntuación

O sistema de puntuación está fixado pola Federación Internacional de Ximnasia,

que é o organismo que se encarga tanto das normas como da celebración de eventos e competicións.

Un dos elementos para o sistema de puntuación é a táboa de elementos. Esta

táboa recolle os posibles elementos (xiros, saltos, acrobacias, etc.) deste deporte, asignándolles un nivel de dificultade. Cada un dos exercicios é avaliado

por dous grupos de xuíces, obténdose deste xeito dúas puntuacións.

Cada grupo de xuíces avalía un dos seguintes aspectos do exercicio:

Dificultade: a nota deste apartado resulta da suma dos nove elementos máis difíciles, a saída do aparello, os puntos extras obtidos polas ligazóns (é dicir, a

execución de dúas ou máis dificultades seguidas sen pausa) e a puntuación

obtida pola variedade (por exemplo, un ximnasta que repite o mesmo salto ou tipo de salto ao longo do exercicio pode ser penalizado). Estes xuíces non toman

en conta a calidade, pois diso encárgase a segunda nota (execución).

Execución: este apartado vale 10 puntos; avalíase a execución artística do exercicio, penalizando os erros cometidos na execución dos diferentes elementos

que compoñen o exercicio: as caídas penalízanse con oito décimas, e o resto de erros (titubeos, pequenos pasos tras a realización dunha acrobacia, axustes

innecesarios, perdas de equilibrio, etc.) castígase con deducións de entre unha e cinco décimas.

Esta apartado de execución é valorado por seis xuíces. As notas máis alta e

máis baixa quedan eliminadas, e a media das catro restantes súmase á nota de dificultade, dando como resultado a puntuación final.

No seguinte exemplo vemos o detalle da puntuación dun exercicio.