Tema 13.- A decadencia do Imperio dos Austrias (século … ESO tema...publicado este bando (...)...
-
Upload
truongdien -
Category
Documents
-
view
220 -
download
2
Transcript of Tema 13.- A decadencia do Imperio dos Austrias (século … ESO tema...publicado este bando (...)...
1.- As principais manifestacións da crise.
sector principais manifestacións causas consecuencias
demografía
descenso da poboación (de 8
millóns de habitantes en 1600
a 7 en 1700)
malas colleitas ⟹ grandes fames
sucesión de epidemias (peste)
continuas guerras
emigración cara a América
expulsión dos mouriscos
Os señores esixiron rendas máis
altas aos campesiños. ⟹ unha
parte deles emigrou ás cidades,
onde malviviu da mendicidade.
agricultura despoboamento do campo
industria
e comercio
retroceso da produción
industrial e do comercio
escasa capacidade produtiva
a gran cantidade de impostos que
gravaban os intercambios
escasa capacidade de compra
dunha poboación cada vez máis
empobrecida
retroceso do comercio con
América
dependencia da produción
estranxeira
redución da demanda de
produtos desde as colonias, que
comezaron a autoabastecerse
ou recorreron a compañías
comerciais inglesas e francesas
finanzas
falta de recursos para poder
pagar os numerosos gastos da
monarquía
diminución das remesas de ouro e
prata que chegaban das Indias
a meirande parte desas remesas
destinábase a:
financiar as continuas guerras
que se mantiñan en Europa
pagar as importacións de
manufacturas
a monarquía viuse obrigada a
pedir préstamos a banqueiros
estranxeiros, que esixían un
elevado xuro
aumento dos impostos
a insuficiencia desta medidas ⟹
a Facenda real tivo que
declararse en bancarrota varias
veces
Os arbitristas.
• Recibiron o nome de arbitristas diversos autores (intelectuais, economistas, políticos...) da segunda metade
do século XVI e todo o século XVII que realizaron unha análise da situación da decadencia económica e
social do Estado español e redactaron informes (memoriais) nos que propuñan unha serie de solucións
(arbitrios) para paliar e afrontar eses problemas.
• Destacaron:
Na segunda metade do século XVI (reinado de Filipe II): Luis Ortiz, Tomás de Mercado...
No século XVII (reinados de Filipe III e Filipe IV): Martín González de Cellórigo, Sancho de Moncada,
Pedro Fernández de Navarrete...
• Causas da decadencia española segundo os arbitristas:
O despoboamento causado pola peste, as guerras, as fames negras, a emigración, o descenso do número
de matrimonios e a expulsión dos mouriscos.
A chegada de metais preciosos de América conducira a Monarquía ao abandono das verdadeiras fontes
de riqueza: a agricultura, a industria e o comercio.
O desprezo do traballo manual e a mentalidade rendista da sociedade.
A ausencia dunha burguesía mercantil, a mendicidade...
A inestabilidade monetaria (desvalorización da moeda).
O exceso de impostos e a institución do morgado, que ocasionaron a ruína do campo.
O predominio dos estranxeiros na industria (elaboran os produtos manufacturados) e a banca (conceden
préstamos con elevados xuros).
...
2.- O declive do Imperio hispánico.
2.1.- Os “Austrias menores”.
Felipe III (1578-1621)
reinado: 1598-1621
Felipe IV (1605-1665)
reinado: 1621-1665
Carlos II (1661-1700)
reinado: 1665-1700
Os validos máis importantes dos Austrias menores
Francisco de Sandoval y Rojas
duque de Lerma
valido de Felipe III
Gaspar de Guzmán y Pimentel
conde-duque de Olivares
valido de Felipe IV
Juan José de Austria
fillo bastardo de Felipe IV
valido de Carlos II
Feitos básicos do reinado dos Austrias menores
Reinado Política interior Política exterior
FILIPE III
1598-1621
goberno mediante validos ou privados (duque
de Lerma
expulsión dos mouriscos (1609)
crise: despoboación, esgotamento económico
política pacifista:
Tregua dos Doce Anos coas Provincias
Unidas (1609-1621)
paz con Francia e Inglaterra
FILIPE IV
1621-1665
a política centralizadora do valido Conde-
Duque de Olivares: o proxecto da Unión de
Armas (1625)
as reaccións: a crise de 1640, a escisión da
monarquía:
a insurrección de Cataluña (1640-1652)
a independencia de Portugal (1640-1665)
sublevacións en Andalucía, Aragón, Sicilia e
Nápoles
intervención na Guerra dos Trinta Anos
(1618-1648)
guerra paralela contra as Provincias Unidas
desde 1621
enfrontamento simultáneo con Francia
desde 1635
derrotas militares e fin da hexemonía
española en Europa
Paz de Westfalia (1648)
Paz dos Pireneos (1659)
CARLOS
II
1665-1700
inestabilidade política: sucesión de rexencias e
validos
decadencia económica e quebra financeira do
Estado
decadencia ante a expansión de Francia:
perda de varias cidades de Flandres
fronteirizas con Francia + o Franco Condado
(1678)
morte sen descendencia de Carlos II ⇒
cambio de dinastía: dos Austria aos Borbón
(1700) ⇒ Guerra de Sucesión
Que todos os mouriscos deste reino, así homes como mulleres, cos seus fillos, dentro de tres días despois de publicado este bando (...) saian e vaian embarcarse onde o comisario lles ordenar, levando consigo os mobles das súas facendas que puideren cargar as persoas (...). E quen non o cumprir incorra en pena da vida, que se executará irremisiblemente. Que calquera dos ditos mouriscos que, cumpridos os tres días, fose atopado fóra do seu propio lugar, poida calquera persoa, sen incorrer en pena ningunha, prendelo e desvalixalo, entregándoo á xustiza do lugar máis próximo, e se se defender, póidao matar. (...)
autor e ano decreto do rei Filipe III
ano 1609 (22 de setembro)
trata de a expulsión dos mouriscos do reino de Valencia
causas
relixiosas: a sociedade española (cristiá) consideraba os mouriscos como unha comunidade que non
aceptara a súa conversión ao cristianismo, e que seguía practicando a súa relixión na intimidade
políticas: as autoridades crían que os mouriscos facilitaban as incursións dos piratas berberiscos e
conspiraban con potencias estranxeiras como o Imperio otomán ⟹ podían poñer en perigo a
continuidade da Monarquía Hispánica
principios
ideolóxicos
a poboación hispánica tiña que ser racial e relixiosamente homoxénea
a presenza dos mouriscos nos reinos peninsulares representaba un risco para a unidade do Imperio
condicións
condicións moi duras: os mouriscos apenas dispoñían de tres días para reunir os bens mobles que
puidesen levar, dirixirse aos portos de embarque e abandonar as súas terras
o resto dos bens mobles e os bens raíces eran entregados aos señores como indemnización
a pena para os que non cumprisen o decreto era a condena á morte
a expulsión dos mouriscos dos distintos reinos da Monarquía efectuouse entre 1609 e 1613
consecuencias grave perda demográfica (en torno a 300.000 habitantes)
declive das actividades agrícolas e artesanais, especialmente no Reino de Valencia
Teña a Vosa Maxestade polo negocio máis importante da súa Monarquía, o facerse Rei de España: quero dicir, Señor, que non se contente a Vosa Maxestade unicamente con ser Rei de Portugal, de Aragón, de Valencia, Conde de Barcelona, senón que traballe e pense con consello maduro e secreto, por reducir estes reinos de que se compón España, ao estilo e leis de Castela sen ningunha diferenza, que se a Vosa Maxestade o consegue, será o Príncipe máis poderoso do mundo.
a autor, ano e
destinatario Conde-duque de Olivares, valido do rei Filipe IV. Memorial redactado en 1624 e dirixido ao rei
b contido
trata sobre a Unión de Armas, proxecto deseñado por Olivares, que tiña dous obxectivos:
establecer en todos os territorios peninsulares as leis de Castela
crear un exército permanente no que participasen todos os reinos da monarquía
este fragmento recolle o primeiro deses obxectivos: Olivares quería reforzar o poder da
monarquía; para iso propón a Filipe IV suprimir as leis particulares de cada Estado e impoñer
neles o modelo legal e administrativo da Coroa de Castela
c razóns
obxectivo xeral: manter a hexemonía española en Europa, no contexto da participación de España
na Guerra dos Trinta Anos(1618-1648)
obxectivo concreto: impoñer a chamada Unión de Armas: proxecto de reparto dos gastos de
mantemento do Imperio entre todos os reinos da monarquía, de acordo coas súas posibilidades
respectivas en canto a número de homes e riquezas
para poder implantar a Unión de Armas era necesario impoñer as leis de Castela nos distintos
territorios da monarquía
d consecuen-
cias
o proxecto centralizador foi rexeitado e provocou a chamada crise de 1640: sublevación
simultánea de varios dos Estados da monarquía: Andalucía, Cataluña e Portugal.
o levantamento de Andalucía foi rapidamente sufocado nese ano (1640)
en Cataluña, as autoridades pedíronlle axuda a Francia, e a insurrección prolongouse desde
1640 ata 1652
Portugal declarouse independente e nomeou un novo rei (Xoán IV). A independencia de
Portugal foi recoñecida por España no ano 1668, durante o reinado de Carlos II