Tecnoloxias apropiadas antón román

10
Tecnoloxías apropiadas Antón Román Portabales [1. Introducción] Normalmente a mellor estratexia para enfrentarse a un problema grande é dividilo en problemas máis pequenos, de xeito que poidamos atacar cada un por separado. Esta é a razón pola que vou dividir o texto en apartados que poden ser lidos de forma independente. Vou falar de todo o que eu entendo por tecnoloxías, e iso implica non só falar de cousas como a cociña solar ou picosatélites, se non de outras tecnoloxías como o diñeiro e a xustiza, que se cadra, inflúen máis na vida da xente. Non pretendo facer un artigo técnico nin científico, senon unha prosa rápida de ler, sen moitas cifras. Son consciente de que moitas das cousas que digo está suxeitas a interpretación, pero intentarei usar o sentido común en todo momento, xa que a miña intención non é dar información exhaustiva, se non facer pensar ó lector, tanto se está a favor como se está en contra do que digo. Normalmente asociamos a tecnoloxía a elementos materiais, pero isto non é así, existen moitas cousas “non materiais” que podemos considerar tecnoloxía. Se atendemos á definición de tecnoloxía que aparece na Wikipedia 1 vemos que os resultados dunha determinada tecnoloxía pode ser un servizo. Un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder ás necesidades dun potencial usuario . Por exemplo, as lexislacións ou os cartos, son cousas que podemos clasificar como tecnoloxía, xa que son unha creación da mente humana para intentar solucionar problemas existentes e mellorar a súa vida, o cal inexorablemente pasa por unha mellor convivencia e mellores relacións sociais e económicas. Tanto as lexislacións como os cartos sufriron unha evolución histórica e ambas teñen presentan problemas moi importantes hoxe en día. Solucionar estes problemas, é na miña opinión, aínda máis importante que mellorar a eficiencia dos paneles fotovoltaicos (por pór un exemplo), que tamén o é, e moito. [2. Historia da relación entre o ser humano e a tecnoloxía condensada.] Cómpre dicir que eu non son un experto en historia da Tecnoloxía nin da Economía, pero gustaríame dar a miña visión da mesma. Aínda que hai algúns animais que empregan ferramentas rudimentarias, o ser humano é o animal tecnolóxico por excelencia. Podemos dicir entón, que a tecnoloxía está indisolublemente unida ó proceso evolutivo humano. Dende que dominio do lume nos permitiu cociñar e durmir 1 Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos técnicos , ordeados cientificamente , que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ó medio ambiente e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas...” 1

description

Parte da serie sobre "Reflexións en Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano dende unha perspectiva multidisciplinar"

Transcript of Tecnoloxias apropiadas antón román

Page 1: Tecnoloxias apropiadas antón román

Tecnoloxías apropiadas Antón Román Portabales

[1. Introducción]Normalmente a mellor estratexia para enfrentarse a un problema grande é dividilo enproblemas máis pequenos, de xeito que poidamos atacar cada un por separado. Esta é a razónpola que vou dividir o texto en apartados que poden ser lidos de forma independente. Vou falarde todo o que eu entendo por tecnoloxías, e iso implica non só falar de cousas como a cociñasolar ou picosatélites, se non de outras tecnoloxías como o diñeiro e a xustiza, que se cadra,inflúen máis na vida da xente. Non pretendo facer un artigo técnico nin científico, senon unhaprosa rápida de ler, sen moitas cifras. Son consciente de que moitas das cousas que digo estásuxeitas a interpretación, pero intentarei usar o sentido común en todo momento, xa que a miñaintención non é dar información exhaustiva, se non facer pensar ó lector, tanto se está a favorcomo se está en contra do que digo. Normalmente asociamos a tecnoloxía a elementos materiais, pero isto non é así, existen moitascousas “non materiais” que podemos considerar tecnoloxía. Se atendemos á definición detecnoloxía que aparece na Wikipedia1 vemos que os resultados dunha determinada tecnoloxíapode ser un servizo. Un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder ásnecesidades dun potencial usuario. Por exemplo, as lexislacións ou os cartos, son cousas quepodemos clasificar como tecnoloxía, xa que son unha creación da mente humana para intentarsolucionar problemas existentes e mellorar a súa vida, o cal inexorablemente pasa por unhamellor convivencia e mellores relacións sociais e económicas. Tanto as lexislacións como os cartos sufriron unha evolución histórica e ambas teñen presentanproblemas moi importantes hoxe en día. Solucionar estes problemas, é na miña opinión, aíndamáis importante que mellorar a eficiencia dos paneles fotovoltaicos (por pór un exemplo), quetamén o é, e moito.

[2. Historia da relación entre o ser humano e a tecnoloxía condensada.]

Cómpre dicir que eu non son un experto en historia da Tecnoloxía nin da Economía, perogustaríame dar a miña visión da mesma. Aínda que hai algúns animais que empregan ferramentas rudimentarias, o ser humano é oanimal tecnolóxico por excelencia. Podemos dicir entón, que a tecnoloxía está indisolublementeunida ó proceso evolutivo humano. Dende que dominio do lume nos permitiu cociñar e durmir1“ Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos técnicos, ordeados cientificamente, que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ó medio ambiente e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas...”

1

Page 2: Tecnoloxias apropiadas antón román

quentes e tranquilos, e coa capacidade das nosas mans fomos capaces de crear e usarferramentas1, conseguimos unha ventaxa competitiva que nos permitiu triunfar como especieata chegar, nos últimos tempos, a unha taxa de crecemento poblacional exponencial, máispropio dunha plaga. Polo tanto, o uso intensivo de ferramentas é algo que nos caracterizacomo especie. Ademais das ferramentas, o ser humano caracterizouse por ser un animalsocial, que tivo na vida en grupos a base da súa subsistencia.

Durante miles de anos o home, axudado por unha tecnoloxía rudimentaria, adicouse a subsistir,primeiro levando unha existencia nómada para finalmente facerse máis sedentario co avanceda agricultura e gandería. Nos últimos 200 anos tivemos dúas Revolucións Industriais. Aprimeira comezou en Europa na primeira metade do s.XIX, aínda que despois se transladou aEEUU, e empregou o carbón como fonte de enerxía. A segunda, comezou na primeira metadedo século XX tivo como epicentro EEUU e estivo baseada no comezo do consumo intensivo depetróleo e dura ata os nosos días. O ser humano pasou dunha vida de subsitencia nas sabanasafricanas, a ter dispositivos funcionando en marte, cunha evolución tecnolóxica que secondensou principalmente na última fase histórica, e que é cada vez maior.

As Revolucións Industriais, sumadas ós procesos coloniais que comezaron a partir do séculoXV e ós grandes conflictos bélicos do s.XX, deron lugar a un mundo de varias velocidades,onde principalmente hai dous tipos de zonas: unhas moi tecnolóxicas, consumistas e adictas ócarbono fósil, e outras, menos tecnolóxicas, máis empobrecidas e moitas veces conabundantes recursos naturais dos que normalmente se benefician as rexións máis ricas. Nonquero dar unha visión bipolar da economía mundial, xa que no medio hai moitos puntosintermedios e se cadra cos potencias emerxentes cada vez máis, pero grosso modo, podemosdicir que esta é situación actual. A nosa evolución histórica como especie tecnolóxica xa non a podemos cambiar, pero si estáben que nos fagamos un esquema mental da mesma para construir o futuro, e diso si queestamos a tempo. A tecnoloxía estivo sempre connosco, pero ten que ser un medio que estea ónoso servizo, non ó revés, e para ser boa e beneficiosa para todos nós, para o entorno que nosrodea, e, sobre todo, sustentable no tempo.

Con esta pequena introducción histórica quería facer fincapé en que o ser humano non seentende sen a tecnoloxía, porque é esencial para a nosa supervivencia e estivo e vai estarligada á nós, queiramos ou non. Dito isto, debemos ser conscientes das nosas limitacións comoanimal tecnolóxico e dos problemas que a cotío causan as nosas tecnoloxías, e sobre todo,debemos ter sempre presente algo, as cousas importantes non son cousas (nin servizos). Istoé a interpretación que me gusta facer do de que "as persoas non deben considerarse como unmedio se non como un fin en si mesmas" de Kant2.

Á altura da película que estamos deberíamos facer extensivas estas palabras non so ó serhumano, se non ó pequeno planeta azul no que vivimos.

1 Que me perdoen os antropólogos por intentar resumir o proceso de hominización en 26 palabras :-)2 Hei de dicir que tampouco coñezo moito de Kant, e que tampouco me convence a explicación que dá para a existencia de Deus, pero penso que é un dos filósofos que realmente paga a pena estudiar

2

Page 3: Tecnoloxias apropiadas antón román

[3. Por que falamos de tecnoloxías apropiadas?]

Por convención falamos de tecnoloxía apropiada entendemos unha tecnoloxía que, cosrecursos dispoñibles, permite realizar unha tarefa dunha forma eficiente e eficaz a unhapoblación, axudándolle a levar unha vida máis digna. Normalmente refírese a tecnoloxías quese introducen en países empobrecidos para mellorar as existentes dun xeito acorde coasposibilidades materiais e económicas dos usuarios. Tamén leva implítcito un compoñente desustentabilidade, é dicir, de convivencia harmónica co medio natural dos usuarios. Pero quizaiso de “apropiadas” non é o termo máis atinado cando se quere facer entender o concepto.

Cando un oe falar por primeira de vez das tecnoloxías apropiadas pode preguntarse: seica nondebería ser todas as tecnoloxías apropiadas?, é dicir, se unha tecnoloxía non é óptima dende omaior número de puntos de vista, para que a queremos?. Ben, esta pregunta ten todo osentido, e eu fágoma todos os días. ¿Que fai que unha tecnoloxía sexa apropiada nun sitio enon noutro? Podemos dicir que iso vén dado por factores como a dispoñibilidade de recursos, opoder adquisitivo da poboación ou a posibilidade de xestión da mesma por parte da poboaciónlocal. ¿Porque as cociñas de leña melloradas son unha tecnoloxía apropiada en moitos sitiosde África e aquí ninguén as querería?. Sinxelamente porque, por regra xeral, aquí podemospermitirnos algo mellor. En definitiva, o que quero dicir, é que o termo tecnoloxía apropiadanormalmente leva implícito unha carga de desigualdade social asumida, que se ben é realistadebería facernos pensar.

Por outra banda, hai que distinguir entre tecnoloxía e o uso que se fai da mesma, que moitasveces se mesturan os conceptos. A tecnoloxía nuclear pode usarse para cousas como destruirtecidos tumorais ou destruir unha cidade. Polo tanto é importante definir que unha tecnoloxíanon é mala ou boa en si mesma, se non a súa aplicación.

Por último, e en relación coa diferencia entre a tecnoloxía e a súa aplicación, querería facerunha reflexión sobre determinados productos tecnolóxicos e son apropiados nalgúns sitios enoutros non. Sempre asociamos o concepto de tecnoloxía apropiada a zonas empobrecidasonde hai poucos recursos, pero o concepto, ademais de ser aplicable en calquera sitio, poderíater unha dimensión máis, e ser aplicable a calquera tecnoloxía independentemente do contextosocio-económico nunha escala global, é dicir, deberíamos poder falar de tecnoloxíasapropiadas para a humanidade. No outro extremo temos tecnoloxías que realmente non seríadoado clasificalas como apropiada en ningún país, o cal dende un punto de vista racional nonten moito sentido.

Poño o exemplo dun Porsche Cayenne, que é o resultado dun proceso tecnolóxico que tencomo obxecto producir un vehículo grande, moi potente e luxoso. É unha tecnoloxía apropiadanalgún sitio? é unha tecnoloxía apropiada para a humanidade? Dignifica a vida das persoas?.Non vou dar a solución porque non son quen, pero quero expoñer os seguintes puntos:

3

Page 4: Tecnoloxias apropiadas antón román

● Alemania é o único páis do mundo, ata onde eu sei, que se pode empregar gran parteda potencia que o motor dun Porsche Cayenne pode dar. En España por exemplo, oseu motor nunca poderá, por lei, dar a potencia máxima para a que foi deseñada.

● É un coche grande, o cal sempre va a implicar máis consumo de enerxía na súautilización. O mesmo servizo pode darse con vehículos máis eficiente xa que é un cochedeseñado para transporte por estrada.

● En xeral, na súa fabricación deste tipo de vehículo, empregarase unha cantidade maiorde materiais, e polo tanto de enerxía fósil, que para outro vehículo máis pequeno quedea o mesmo servizo.

Polo tanto, é un Porsche Cayenne unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? Dende un punto devista puramente económico podemos dicir que en Alemania si, porque no proceso detransformación das materias primas iniciais no coche, saca unha importante plusvalía cando ovende noutros países, como facía en España nos anos do ladrillo. Segundo os baremos actuaiso Cayenne é unha tecnoloxía boa para Alemania, porque é rentable. Pero, ¿é o punto de vistaeconómico, como único criterio, un parámetro válido para calificar unha tecnoloxía comoapropiada?, en caso afirmativo entón as bombas de racimo que se fabricaban1 en Españatamén o serían.

[4. Falando de cartos, son unha tecnoloxía apropiada?]

Os cartos son unha abstracción humana, unha tecnoloxía que inventamos cando empezamos aquerer cambiar excedentes agrícolas por outras cousas que non tíñamos e que precisábamos. Ó principio como moeda se usaban cousas con valor: sal, metais preciosos... Despois deixoude facerse así, pero o papel moeda seguía sendo a representación dun valor real: o patrónouro, que durou ata a I Guerra Mundial. Dende entón xa nin ésas, os cartos xéranse todos osdías sen ningún tipo de representación física, pero non son nada en si mesmo, nada máis que“confianza impresa”, é dicir, para todos os actores do sistema económico entre os que nosatopamos, os cartos van ter un valor determinado. Moitas veces asociamos un maior valor en cartos con un maior valor real dun obxecto dendeun punto de vista obxectivo, pero en moitos casos non é así. A economía financeira, que movemoitísimos máis cartos que a real, hoxe en día é a causa de moitos problemas graves dahumanidade e ten un grao de descontrol moi alto (ou mellor dito, de control por parte dunhapequena élite allea ó interesés común). Non deberíamos preguntarnos tamén se os cartos sonhoxe en día unha tecnoloxía apropiada? non deberíamos dar algunha volta ó sistema?

1 Hoxe en día xa non é legal fabricar este tipo de bombas en España, e entendo polo tanto que non se fabrican.

4

Page 5: Tecnoloxias apropiadas antón román

Do mesmo xeito que outras tecnoloxías, o diñeiro, pasou de ser unha ferramenta paraconseguir benestar xa que nos permite cambiar o noso tempo e habilidades por elementosmateriais e servizos precisos para a nosa vida, a ser un fin en si mesmo. O prezo énormalmente o elemento de decisión máis importante á hora de facer unha compra, pero,realmente o prezo recolle o valor dun producto? e sobre todo, recolle o impacto que ten nomedio onde é producido e o consumo de recursos non renovables que implica? Normalmentenon, e iso é algo que deberíamos cambiar. En moitos casos non se internalizan ese costes nosproductos. Poño como exemplo, o leite nos últimos tempos, estase a usar polas grandessuperficies como reclamo para traer compradores, poñen o leite moi barato, cunha marxe moipequena, e como case todo o mundo consume leite vai ir á súa grande superficie, xa queademais de leite mercará outras cousas con máis marxe. Neste caso, os maiores prexudicadosson os gandeiros non reciben un prezo xusto polo leite que producen. Isto non debería ser así,o prezo pagado debería permitir producir leite do xeito máis sostible posible.

Existen iniciativas, como a Economía do Ben Común que pretenden internalizar todos osfactores relativos á producción do producto (condicións laborais, cumprimento das obrigasmedioambientais, producción ecolóxica, etc) nun selo que se inclúe no envase do producto, domesmo que se fai cos electrodoméstico para indicar o nivel de eficiencia enerxética, ou coasvivendas. O prezo máis caro do producto cunha boa puntuación de Ben Común, respecto óequivalente tradicional nos que unicamente se intenta minimizar o coste de producción, poderíaser compensado cunha diminución de taxas do productor ou mesmo do IVE aplicado. Estainiciativa paréceme unha tecnoloxía apropiada en calquera país que se aplique.

Por outra banda, unha das cousas nas que se basea a Economía do Ben Común é na idea decolaboración, fronte o concepto tradicional asociado á producción de bens e servizos: acompetencia. A mentalidade tradicional dirá que non ten sentido, é dicir, que iso rompería asregras do mercado baseadas na oferta e na demanda. Adam Smith, que foi dos primeiros enfalar dunha man invisible que regula de forma misteriosa e automática a oferta e a demandadeixando progreso e benestar no camiño, está baseada nunha concepción newtoniana daeconomía. É dicir, cando aplicamos unha forza sobre un corpo nun sentido, temos outra desentido contrario. Smith e os seus seguidores, postulan que cando un producto é demasiadocaro o mercado reducirá a súa demanda, de forma que se baixará o prezo para volver aaumentala. Maxia! todo funciona, o mercado é un motor automático. Certamente non, a maxianon existe, e o mercado libre que defenden os liberais tampouco. Tampouco en EstadosUnidos, onde hai moitos sectores como a enerxía, que están fortemente subvencionados poloestado. Unha cousa que Smith e compañía non tiveron en conta é a irreversibiliade de moitosprocesos en Economía, como por exemplo o consumo de recursos finitos1, moito máiscomplexos que unha relación acción-reacción.

1 Esta reflexión tomeina do libro, La Tercera Revolución Industrial, ed Paidós, de Jeremy Refkin

5

Page 6: Tecnoloxias apropiadas antón román

[4. Colaboración vs competencia]

O ser humano é un animal social, dependemos os uns dos outros dende o primeiro momento esempre vivimos en grupos máis ou menos grandes. Dende pequenos explícannos que acompetencia é o motor da economía. Esta competencia baséanse normalmente en producir omáis barato posible e vender o máis caro posible de forma que se obteña o máximo beneficio.Ademais do prezo, tamén se intenta dar algo diferente o usuario, chegando ó extremo devender un papel hixiénico onde a principal ventaxa é que podes tirar o cartón do medio polováter. Si, a estas cousas nos leva a competencia...

Ben, é posible entender como colaboración as alianzas ou absorcións de empresas parafacerse co mercado, e acabar coa competencia. Na miña opinión isto normalmente non so noné bo, se non que é malo, xa que o obxectivo desta "colaboración" e sempre maximizar obeneficio, reduncindo costes de produción e tendo liberdade para fixar os prezos. A teoría daEconomía do Ben Común propón limitar este tipo de compras dunha empresa por outra. Moitos estudos científicos do tema avalan o feito de que normalmente, a colaboración é mellorestratexia que a competencia para a resolución da calquera tipo de problema. Nós na nosa vidadiaria somos colaboradores, coa nosa familia, cos nosos amigos, cos nosos veciños. Por quedebemos usar un patrón de comportamento totalmente diferente na actividade económica?

Dentro das mesmas organizacións (empresas, gobernos, ONG, etc) é moi común, que existacompetencia entre departamentos aínda sendo algo totalmente perxudicial para o conxunto.Aprender a traballar en equipo pode entenderse como unha tecnoloxía apropiada máis, xa queé unha tecnoloxía transversal ó desenvolvemento ou posta en marcha de calquera outra.

Nos proxectos de cooperación, a clave principal para o éxito dun proxecto é a colaboración eorganización dos usuarios finais para facelo sostible no tempo. E aquí non poden axudar osprocesadores de dobre núcleo, se non a "enxeñería social", a capacidade de organizar a ungrupo de persoas, para que respectando as súas particularidades, participen no proxecto deforma activa e, sobre todo, responsable. Isto non é aplicable so a proxectos de cooperación, senon á sociedade en xeral. A Educación é un elemento clave aquí, e non me refiro á simpleadquisición de coñecementos, se non a ensinar a traballar en equipo e a pensar no grupo. Ahabilidade de traballar e todas as tecnoloxías que permiten facelo son as maiores ferramentasevolutivas do ser humano, e no futuro vai ser preciso facer cada vez un uso máis intesivodela.

[5. Solidariedade vs Xustiza]

Cando falaba antes dos gandeiros e o prezo que reciben pola leite en Galicia, non me refería aque temos que pagarlles iso por solidariedade senón por xustiza. Simplemente hai que pagar

6

Page 7: Tecnoloxias apropiadas antón román

un prezo xusto, que cubra os costes e que lles permita vivir dignamente e investir na súainstalación.Cando se fai cooperación moitas veces apélase á solidariedade, que dalgún modo consiste enempatizar coa situación doutra e axudarlle para que estea mellor. Ben, a solidariedade é unvalor loable e bo pero nun plano circunstancial, cando algo vai especialmente mal por algunhacausa, pero eu penso que o valor que debe imperar de forma estructural é a xustiza. Porexemplo, hai uns anos o valor da axuda humanitaria recibida por África, sería igual a unaumento das exportacións por parte de África. Ben se é tan doado, por que non exporta máisÁfrica? Cada vez estao a facer máis, e iso fai que o PIB de moitos países empece a medrar edende os medios véndese como algo moi bo. O PIB é unha medida en cartos por persoa, peronon di nada de esa persoa sabe ler, ten asistencia sanitaria e sobre todo, se ten os cartossuficientes para comer, vestir e durmir quente todos os días. Para iso hai outros indicadoresque nos din cómo de ben vive a xente dun país, este será o indicador que nos dirá serealmente a vida está mellorando nestes países. Isto non quere dicir que o PIB non inflúa, écondición necesaria, pero non suficiente.

En resumo, opino que centrarse no desenvolvemento tecnolóxico no sentido convencional dotermo, é menos prioritario que perfeccionar é adaptar as nosas leis, e sobre todo, o máisimportante, que se apliquen de forma correcta e non influenciada por grupos de poder. E estamellora da xustiza ten que facerse a todos os niveis: local, rexional, nacional e, moi importante,a nivel internacional.

Na mairoría dos sitios onde traballan ONG hai problemas de pobreza ou exclusión estructurais,polo que o obxectivo debería ser axudar dalgún xeito a ser catalizadores do cambio eempoderar á poboación local para que loiten e traballen pola xustiza e por unha vida digna. Haioutras zonas, como os campamentos saharaius, Palestina, Colombia ou Congo, ondesinceramente, as ONG son moitas veces un parche sobre unha situación de inxustizainternacional. Non pretendo criticar para nada o esforzado traballo destas organizacións, perotodas debe ser conscientes de que un dos seus principais obxectivos debería ser loitar pordeixar de facer falta. No xerme de toda ONG, debería estar o obxectivo de cambiar o mundode xeito que deixe de ser necesaria e lamentablemente, o normal é que non se entenda así.Todos os conflictos mencionados hai un anaco son moi complexos, moi antigos pero que podenter unha solución política, aínda que hoxe ás veces nos pareza imposible. Sinceramente creoque chegará esa solución algún día no moi lonxano, o que hai que intentar é traballar para quechegue o antes posible e do xeito máis digno para todos. Seguramente a xente nova máispreparada e con menos perxuizos históricos será a que dea pulo ós acordos. Haberá queempregar técnicas de resolución de conflictos, que tiveron un importante avance trala IIGuerra Mundial, que tamén é unha tecnoloxía moi importante para a civilización humana, seicamáis que Play Station, aínda que sexa menos coñecida.

7

Page 8: Tecnoloxias apropiadas antón román

[6. Onde focalizar o traballo]

Eu normalmente son bastante crítico coa xente que se centra no problema máis que nasolución que é onde realmente está o valor. Ademais, tampouco me gustan os artigos querematan asustando o persoal. Hai moitos problemas e cousas contra as que loitar de formaactiva e liñas de traballo para campañas dende a sociedade civil, pero tamén penso que haimotivos para a esperanza e o optimismo e gustaríame compartilos convosco.

[6.1 A xuventude]Xa dende tempos de Sócrates se dicía que a xuventude era cada vez menos educada cos seusmaiores e que non se podía esperar moito dela. Isto vense dicindo dende hai 2000 anos e ascousas si que foron a mellor. Si, hai guerras e moita fame e miseria, pero imaxinade quepasaría se nas guerras da antigüidade tiveran os mesmos recursos bélicos que hoxe en día.Hoxe en día temos as ferramentas para que todo cambie. Veño de estar uns días en Túnez por traballo. Aquí comezo hai case dous anos xa a revoluciónárabe. Con toda a xente nova que falo ten ganas de cambio, e están moi preocupados polo queo seu goberno islamista moderado poida facer, pero en xeral son optmistas xa que a loita estádando froitos. Hoxe mesmo no seu veciño Exipto están celebrando un referendo consitucionalnun clima de tranquilidade sorprendente. Hai uns anos isto sería impensable, e practicamentetodo se conseguiu gracias á xente nova.

[6.2 Os perigos da lóxica neoliberal]En España estamos asistindo a un periodo de privatizacións sobre todo no sistema sanitario,que conta cun gran número de precedentes noutros países como UK, onde se demostrou queencareceu e fixo menos eficiente o seu sistema sanitario. A privatización do servizos básicoscomo a auga ou a sanidade atende a criterios ideolóxicos e sobre todo intereses económicosparticulares. Podemos pasar a ter un sistema sanitario baseado no beneficio, onde moitasdecisións estean baseadas en criterios unicamente economómicos, como ocorre actualmentenas clínicas dentais. Existen know-how suficiente para poder manter un sistema público decalidade a un custo moi razoable. En Europa están empezando numerosas desprivatizaciónsde servizos que se privatizaran anos atrás, por exemplo, os servizos de augas en París. Detrásde moitos servizos non pode imperar a lei de mercado, porque algúns podemos pagar máis queoutros por eles, pero son igual de necesarios para todos. Esta si que non é unha cuestióntecnolóxica, xa que a xestión dunha empresa privada e pública debería ser igual de eficiente erentable, aínda que os beneficios non se midan só en cartos. Sinceramente, considero que émáis unha cuestión de sentido común, de resposabilidade social e de xustiza.

8

Page 9: Tecnoloxias apropiadas antón román

[6.3 África e Latinoamérica]Que as economías de Latinoamérica e África están crecendo ano tras ano, con excepciónsdebidas principalmente a conflictos bélicos ou situacións excepcionais. A maior parte destecrecemento vén de exportacións de materia prima con baixo valor engadido.Ata hai poucos anos gran parte desta actividade mineira africana era a principal fonte definanciación de todos os conflitos bélicos, como a II Guerra do Congo, que cobrou polo menos4 millóns de mortos. Parece que agora este problema está cedendo, a actividade bélica enÁfrica redúcese e a concienciación mundial sobre a orixe das materias primas crece. Hai queseguir traballando para que os feitos evolucionen nesa dirección. Un exemplo son as campañasde electrónica ética que estamos a levar a cabo en moitas organizacións, axudarán a que asociedade sexa consciente de onde veñen os materiais usados para fabricar os aparelloselectrónicos que mercan.

Ademais de que a riqueza xerada non vaia destinada á financiación de conflictos bélicos, o retoagora está en transformar esa riqueza nunha reducción da pobreza nestes países. Aíndaque a corrupción é endémica en moitos lugares (tamén o é en España), parece que en moitospaíses estanse movendo na boa dirección. Grazas ás TIC e ao crecente acceso ás mesmas, osesforzos feitos nun país poden repercutir noutros, é dicir, os países non se comportan comounidades estancas, a xente sabe que se fai no país veciño e loitará por conseguir o mesmo.Non vai ser un camiño doado, hai uns meses asistimos a manifestacións de mineirossudafricanos con preto de 35 mortos, como este haberá moitos casos invisibles para omass-media que non se poden obviar.Estas economías deben intentar que a súa economía creza noutros sectores xa que a mineríaé unha actividade moi intensiva en capital (fan falta moitos cartos para empezar a producir)pero non o é en man de obra.

[6.4 A educación.]Penso que como sociedade, a nosa principal labor deber ser educar as novas xeracións paraque nos superen sobre todo en valores morais. O modelo educativo actual está preparado paraunha sociedade da Segunda Revolución Industrial pero movémonos a unha sociedadediferente, que algúns consideran da terceira Revolución Industrial. A clave será darlle áEducación o papel principal que se merece, como ferramenta esencial de evolución e detransmisión de coñecemento e de valores que forman parte do legado humano.

[6.5 A sociedade civil.]Gústame a sensación de absoluta ignorancia que sinto cando descubro unha nova problemática e todas as iniciativas sociais que xa existen para propor e loitar polas solucións. A xente móvese, e en todas as partes do mundo se quere avanzar. No noso entorno hai unha chea de iniciativas civiles para intentar cambiar as cousas, dende banca ética-popular, para a defensa de sectores sociais excluidos, para a defensa do medio ambiente, etc. A sociedade vén avanzando así dende moi atrás e é algo que hai que potenciar.

9

Page 10: Tecnoloxias apropiadas antón román

Ás veces hai pasos atrás, pero o poder da sociedade civil é moi grande, máis do que a xente pensa.

10