Taller cousas con raíz marzo 2015

2
Esta semana veu á nosa escola Serxio para contarnos que cando el era neno non tiñan xogos nin xoguetes coma os que temos agora. Para divertírense usaban os elementos da natureza: xestas, vimbios, nabos, remolachas, ferraia, belotas, millo, carozos, coios, guizos…..e unha boa dose de creatividade, que lles permitía facer os seus propios xoguetes e inventar xogos ben divertidos. Serxio ensinounos a facer: 1- AVIÓNS CON PALILLOS E CON PAN. 2-CASTELOS CON CAROZOS DE MILLO

Transcript of Taller cousas con raíz marzo 2015

Page 1: Taller cousas con raíz marzo  2015

Esta semana veu á nosa escola Serxio para contarnos que cando el era

neno non tiñan xogos nin xoguetes coma os que temos agora.

Para divertírense usaban os elementos da natureza: xestas, vimbios, nabos,

remolachas, ferraia, belotas, millo, carozos, coios, guizos…..e unha boa

dose de creatividade, que lles permitía facer os seus propios xoguetes e

inventar xogos ben divertidos.

Serxio ensinounos a facer:

1- AVIÓNS CON PALILLOS E CON PAN.

2-CASTELOS CON CAROZOS DE MILLO

Page 2: Taller cousas con raíz marzo  2015

3-CARROS CON REMOLACHAS E CON XESTAS

Para rematar xogamos ao: “ Esconde millos”.

Neste xogo un neno esconde un grao de millo nunha man e os compañeiros

terán que adiviñar se está na man dereita o na man esquerda. O/a neno/a

que acerte, onde se agocha o grao de millo, será o campión e esconderao

nas súas mans para que acerten os demais xogadores.