Tâche 2. Comment s'y prendre

7

Click here to load reader

Transcript of Tâche 2. Comment s'y prendre

Page 1: Tâche 2. Comment s'y prendre

TÂCHE 2. COMMENTY S’Y PRENDRE

Cintia Fernández López

3º Grao en Educación Primaria

Lingua francesa e a súa didáctica

Page 2: Tâche 2. Comment s'y prendre

OBJECTIF (Área de matemáticas)

CONTENUS (Estes contidos pertencen ó segundo ciclo de

educación primaria, neste caso cuarto de primaria. O bloque que se vai tratar é o

primeiro, denominado: “Espazos e materiais”)

- Coñecer, valorar e adquirir seguridade nas propias habilidades matemáticas para afrontar situacións diversas que permitan gozar dos aspectos creativos, estéticos ou utilitarios e confiar nas súas posibilidades de uso.

- Identificación de figuras planas e de corpos xeométricos (cubos, esferas, prismas, pirámides e cilindros) en obxectos e en espazos cotiáns. Descrición da súa forma, utilizando o vocabulario xeométrico básico (lados, arestas, caras, ángulos e vértices, segundo corresponda). - Participación activa e responsable no traballo en equipo. Gusto por compartir os procesos de resolución e os resultados obtidos.

Page 3: Tâche 2. Comment s'y prendre

NIVEAU CECRL

O nivel máis adecuado para o meu alumnado é o A1 por ser elemental e introdutorio. Trátase de rapaces de entre nove e dez anos de idade, polo tanto terán un nivel básico de palabras relacionadas coa área de matemáticas, xa que non é moi común o uso deste vocabulario na vida en xeral. Nesta área traballarase sobre todo, como xa indiquei anteriormente nos obxectivos e nos contidos, todo o relacionado coas figuras planas, os corpos xeométricos e a participación do traballo en equipo. Aumentarán o vocabulario en matemáticas a medida que avanzan ó nivel A2. A finalidade é que saiban identificar eses corpos nos seus espazos cotiáns, dándolle un bo uso e aumento do vocabulario na vida día a día.

Page 4: Tâche 2. Comment s'y prendre

CAPACITÉS CECRL ESCOITAR - Sei comprender preguntas e instrucións breves para realizar as

rutinas do día, para moverme pola aula e para realizar tarefas e manualidades.

CONVERSAR - Sei manter o contacto visual coa persoa que me fala. - Sei utilizar palabras e xestos para facerme comprender en xogos e en descricións de obxectos e personaxes.

ESCRIBIR - Sei escribir notas con mensaxes breves ós meus compañeiros e amigos en xogos e simulacións. - Sei escribir e debuxar carteis para poñer en distintos lugares da clase: “biblioteca de clase” ou “os nosos proxectos”.

LER - Sei asociar símbolos a mensaxes ou instrucións en taboleiros de xogo e xogos de ordenador. - Sei deducir o significado de palabras e expresións utilizando as imaxes que as acompañan.

FALAR - Sei repetir, imitando os sons e as palabras que escoito.

Page 5: Tâche 2. Comment s'y prendre

ORIENTATIONS MÉTHODOLOGIQUES

A continuación mostrarei a metodoloxía para levar a cabo na área de matemáticas, é dicir, os métodos que se deben utilizar para obter bos resultados por parte do alumnado: • O acercamento ós contidos matemáticos debe apoiarse en actividades reais e

na manipulación de obxectos concretos para poder avanzar de cara á formación.

• É necesario poñer en xogo e reflexionar sobre o aprendido, para iso hai que abandonar a idea de construción lineal do coñecemento.

• Acadar unha aprendizaxe significativa das matemáticas partindo das concepcións previas (da experiencia) do alumnado.

• Introdución de múltiples e variadas situacións de aprendizaxe relacionadas coa vida cotiá, para conservar a constante motivación do alumnado.

• O papel do profesorado debe ser de mediador entre os coñecementos que o alumnado posúe e os que se pretende que se adquira. Desta forma o alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe.

• O alumnado debe utilizar obxectos do contorno para realizar as operacións matemáticas a través da súa propia experimentación.

• É moi necesario o uso de recursos variados que requiran da súa manipulación.

Page 6: Tâche 2. Comment s'y prendre

RUBRIQUE RÉFLEXION

• ORGANISATION: simplemente seguín os pasos que se indicaban para realizar a tarefa. Primeiro busquei os obxectivos, despois os contidos relacionados cos primeiros, máis tarde meditei sobre o nivel que lle correspondería ó meu alumnado na miña materia e finalmente lin e realicei o apartado de orientacións metodolóxicas na área de matemáticas.

• DIFFICULTÉS: en xeral resultoume bastante sinxela a actividade, polo tanto non podo destacar un problema en concreto. O que si que me levou máis traballo foi o apartado das orientacións metodolóxicas, xa que o tiven que ler e razoar previamente.

• COMPÉTENCES ACQUISES: a maioría da información que aportei no meu traballo xa a sabía, pero o que principalmente aprendín foi que a finalidade para que o alumnado adquira coñecementos é realizar a aprendizaxe de forma práctica e baseada na experiencia deste.

• OPINION: a miña opinión xeral sobre esta actividade é que me resultou máis sinxela que a anterior e bastante entretida, xa que era máis concreta e baseada na materia que a min me gusta.

Page 7: Tâche 2. Comment s'y prendre

MERCI