SINOPSE DA HISTORIA DE GALIZA - xabier.orgxabier.org/OFICIAL-WEB/recursos/descargas/3TQpVUKL.pdf ·...

51
SINOPSE DA HISTORIA DA GALIZA

Transcript of SINOPSE DA HISTORIA DE GALIZA - xabier.orgxabier.org/OFICIAL-WEB/recursos/descargas/3TQpVUKL.pdf ·...

SINOPSE DA HISTORIA DA

GALIZA

Galiza é unha Identidade Histórica que está presente en varios países e territorios do mundo, Galegos e Galegas somos varios millóns de persoas independentemente da nacionalidade administrativa que figure no noso pasaporte. É esta unha realidade incuestionable, un aspecto diferencial que nos caracteriza e que debe de estar presente en calquera estudio ou reflexión. O devandito ven a conto por canto a historia da Galiza non pode limitarse a contar a historia territorial dun anaco de Terra da vella Europa. Os Galegos e Galegas constituímos unha Identidade Nacional asentada en varios territorios e países, unha Identidade Galega de feito que aspira a autogobernarse e vertebrarse dacordo coas súas especiais características e, como obxectivo último, conquerir o recoñecemento internacional que lle permita xestionar os seus intereses e ser autenticamente dona do seu destiño. A historia dunha nación ten que ser a crónica do seu perdurable sentimento nacional, porque a Identidade xurde da Terra e dos seus homes e mulleres, medra nos legados da tradición que lle dan continuidade histórica e materializase, definitivamente, nun autogoberno efectivo que a dota de presencia no dereito internacional. Neste limiar, que os mozos e mozas Galeguistas me pediron como modesta porta de entrada a súa sinopse da Historia da Galiza, quero reivindicar o dereito da Galiza a contar cunha historiografía verdadeiramente imbuída polo espírito da súa propia Identidade; unha historia que sexa a nosa e que recupere definitivamente a memoria, que investigue e rescate os feitos históricos que levan sido agachados por esa historia oficial que nunca empregou o idioma Galego. Unha historia que ten as súas orixes na Galiza territorial da península máis occidental da Europa, pero que incorpora á Galiza identitaria que os Galegos e Galegas levamos, xeración a xeración, construíndo en todo o mundo. Sei que o obxectivo de resumir 35.000 anos de existencia en algunhas follas non é unha tarefa doada pero entóxaseme imprescindible e necesaria, como guión inicial, para posteriores revisións que permitan engadir datos ou incorporar investigacións e correccións. Xabier González Presidente do P.G. Setembro, 2005

Galicia, nación histórica Cando, nas Mocidades Galeguistas, decidimos levar adiante a iniciativa de recompilar datos e datas para confeccionar a “Sinopse da Historia da Galiza” pouco sospeitábamos de que obteríamos un sorprendente e dobre resultado. Por unha parte está o feito tanxible de que, despois de meses de traballo documental, temos confeccionado un resume que agora aparece na web pero que tamén está a disposición dos interesados en formato impreso. Pola outra, e quizais a máis importante, chegamos a comprender, en toda a triste extensión da palabra, o extraordinario déficit que ten o ensino da Historia da Galiza e, xa que logo, a carencia formativa na que se están a criar xeracións de Galegos. Tanto é así que, en moitos momentos das xuntanzas de traballo, comentábamos que estábamos a descubrir unha Galiza que non nos tiñan ensinado, nin a nós ni a milleiros de Galegos e Galegas, o longo de anos e anos de ensino básico e bacharelato. A reflexión resultante é que urxe por en marcha accións, educativas pero tamén de campo, que fagan da historia da nosa nación un coñecemento do pobo; só así a Identidade Galega será verdadeiramente nosa e só de ese xeito poderemos traballar con efectividade para ser donos do nosos futuro. Esta “Sinopse”, na realidade, é un “breviario” feito adrede para fomentar a curiosidade, que atopa na súa modestia e sinxeleza a súa mellor razón de ser. Non era o noso obxectivo crear un magno tratado senón recompilar datos para abrir fiestras; como tamén o era contar cunha guía que nos aproximara a realidade da verdadeira historia da Galiza, e sabíamos que a clave é rexeitar a traducción como o método para redacta-la. Jon G. Pérez Mocidades Galeguistas

Como método de traballo, neste primeiro adianto da sinopse recompilamos datos referentes, na súa maioría, á Galiza peninsular. PREHISTORIA Os primeiros poboadores confirmados da Galiza sitúanse no Paleolítico Superior (35.000 anos antes do presente); trátase de asentamentos illados ós que non é lóxico outorgar características identitarias comúns pero que, desde o punto de vista da territorialidade, indudablemente conforman a primeira referencia dos nosos devanceiros. Xa No Neolítico, a Cultura Megalítica (3.000 a.c.), a Cultura do vaso campaniforme (2.000 a.c.) e, mais recentemente, a Cultura dos Petroglifos (1.800 a.c.) dos primeiros tempos da Idade de Bronce, aportan xa algúns indicios identitarios solventes. Coa Idade do Ferro, aproximadamente no século VI a.c., xurde a Cultura Castrexa que xa ten características identitarias moi significativas. A chegada ós territorios da Galiza peninsular das tribos Celtas centroeuropeas, e a posterior mestizaxe coa Cultura Castrexa, conleva o auxe do comercio con Tartessos, cós Fenicios e Cartaxineses e con outras tribos Celtas. Os historiadores de Roma nomeaban Saephes ós Celtas e Oestrymnios os poboadores autóctonos. Da época Celta xurde a lenda de Breogán, líder da tribo ártabra e fundador da actual A Coruña, do seu fillo Ith e do seu irmán Mill que, segundo as lendas Milesias e o libro Leabahr Gabhale, conquistou Irlanda. Non sería un erro falar dun sentimento identitario Galego xa moi consolidado. IDADE ANTIGA Os elementos identitarios xa son moi evidentes e poden contrastarse historicamente. Historiadores de Roma como Segundo Silicius, no ano 219 a.c., falan dos “Gallaeci” como aliados de Aníbal no cerco á cidade de Sagunto e, con posterioridade, como integrantes da expedición contra Roma que o xeral Cartaxinés levou polos Alpes. Non son casos illados, entre os anos 146 e 139 a.c., distintos cronistas románs falan de que os “Gallaeci” (tamén chamados “Callaeci” ou “Kallaikoi”) alíanse con Viriato para loitar contra Roma. Unha das señas identitarias mais significativas é o emprego do xenérico “Kallaikoi”, que os historiadores de Roma, por exemplo Estrabón, empregaban para referirse ós guerreiros procedentes das tribos asentadas nos territorios da Galiza; etimoloxicamente, a palabra deriva de “Kelticoi”, que é o nome que os románs dábanlle ós Celtas, establecendo unha diferenciación significativa entre as tribos Celtas da Galiza e as demais. Tamén hai referencias históricas que agrupan baixo a denominación de “Keltike” ás diferentes tribos dos “Kallaikoi” ou “Gallaeci”. No ano 137 a.c., as lexións de Roma ó mando do xeral Xuño Bruto, invaden o territorio da Gallaecia e combate ás tribos dos Gallaicus na batalla do Río Douro; segundo os cronistas romanos, o balanzo da batalla foi de 50.000 Galegos mortos, 6.000 presos e tan só 400 sobreviventes. A súa volta a Roma, o xeneral recibe como homenaxe o alcume de Gallaicus. Podería dicirse que Xuño Bruto foi o “primeiro” Galego recoñecido como tal. No ano 110 a.c., o Pretor romano Quinto Servilio organiza unha campaña militar que, segundo consta nas crónicas, ten como obxectivo o territorio da Gallaecia. No ano 103 a.c., tamén segundo os historiadores romanos, as tropas de Quinto Cepión son masacradas polos Gallaicos, despois de dous anos de paz. No ano 99 a.c., o Pretor da Hispania Ulterior, Decius Junius Silanus, obtén unha importante victoria fronte os Gallaicos e Lusitanos. Con elementos identitarios de indiscutible valor, fixados na historia pola potencia dominante, Roma, a Gallaecia leva preto de cen anos dando nome a un territorio situado no Noroeste da península máis occidental de Europa. Para Roma e para o mundo, a Hispania e a Lusitania son territorios que só teñen en común coa Gallaecia o feito de compartir a península Ibérica. Nos anos do 29 ó 33 a.c., Caio Xulio Cesar Octaviano, que logo chamarían Augusto, pon os seus ollos na Gallaecia e, despois dunha guerra que durou dez anos e dirixiu persoalmente, somete e controla militarmente á Gallaecia. O Imperator obrigou os galegos-castrexos a establecérense nos vales e deixar os castros e da comezo a difícil conversión da sociedade Galaico-castrexa nunha xenuína sociedade Galaico-romana, na que o exército xoga un papel integrador moi significativo.

O Medulío, cantado polos cronistas romanos Orosio e Floro, é outro das lendas-fito de carácter histórico que forman parte inseparable da conciencia identitaria dos Galegos. Descoñécese a súa ubicación exacta, hai investigadores que o sitúan nas inmediacións das Médulas (na Galicia berciá), outros apuntan a que tendo en conta que a derradeira batalla tivo lugar, segundo as crónicas románs, preto do Flumen Ceam (hoxendía hai un regato con ese nome no Concello de San Cristovo de Cea, en Ourense) podería, por proximidade, tratarse do impresionante asentamento castrexo de San Cibrán de Lás. O que está claro é que Roma tardou mais de un século en conquistar un pequeno territorio como a Galicia, o que indica a fortísima resistencia que os Galegos opuxeron as todopoderosas lexións romanas. A interese de Roma por conquistar a Galiza viña dada polos xacementos de ouro e outros minerais; como dato significativo, o ouro enviado a Roma desde a nosa Terra supuxo en moitas xeiras o 10% de tódolos ingresos do Imperio Roman. Dito de outro xeito, Roma foi a primeira –que non a última- potencia ocupante que espoliou os recursos naturais e tamén humáns da Galiza. No ano un, a administración imperial romana divide á Gallaecia en tres “Conventus”:

- O Lucense, coa capital en Lucus Augusta - O Bracarense, coa capital en Braga - O Asturicense, coa capital en Astúrica Augusta

Entre os anos 70 e 79 d.c. Vespasiano pon en marcha unha gran tarefa administrativa, mellorando o estatuto xurídico dos habitantes ceibes do Noroeste (451.000 segundo Plinio) converténdoos en “pobo romano” e crea unha división municipal que, aínda que non implicaba a obtención da cidadanía romana, facía que os Galegos tiveran no dereito latino a súa norma de referencia. A liña de actuación política de Vespasiano ten unha constante no esforzo de vertebrar e recoñecer a especifidade da Gallaecia como territorio peninsular e europeo diferenciado; estamos diante de outra das xeiras clave na construcción identitaria da Galiza. Salientar que o censo romano elaborado no ano 77 por Plinius Secundus Gaius (mais coñecido como Plinio O Vello) fala de 285.000 homes libres no Conventus Bracarense, 166.000 no Conventus Lucense e 240.000 no Conventus Asturicense. Entre os anos 284 e 289, o proceso que encetara Vespasiano, dous séculos antes, consolídase definitivamente: o emperador Diocleciano crea a provincia romana de Gallaecia; ós tres Conventus existentes súmase outro novo na fronteira leste coa provincia Tarraconense: o Conventus Cluniacense. Entre os anos 268 e 280 constrúense as murallas de Lugo. Do ano 310, co establecemento Paleocristían do Temes, datan as primeiras evidencias de cristianismo na Galicia. No 345 nace Prisciliano, a súa doutrina relixiosa deixará unha forte herdanza na sociedade galega así coma moitas e importantes consecuencias políticas e culturais. Ano 379, un galego de orixe coa cidadanía romana, Teodosio, vive a súa coroación como emperador do imperio de Roma; máis tarde haberá outro emperador Galego: Máximo. Mulleres Galegas estiveron tamén na primeira liña, como é o caso de Elia Flacila, dona do emperador romano Teodosio O Grande; ou de Exeria, ano 381, unha monxa Galega, que é a primeira muller da que se conservan textos en latín, concretamente o relato da pelerinaxe a Palestina entre os anos 415 e 418 que recolle nun libro tiduado “Itinerarium”. Para moitos historiadores e investigadores, entre os anos 380 e 430, prodúcese a primeira Idade de Ouro da cultura galega, con ensaios filosóficos de Baquiário (crego de Braga que escrebe o ensaio teolóxico “De Fide”, como retracción persoal e pública das doutrinas priscilianistas) e de Idácio, as crónicas de Paulo Orosio (“História Adversum Paganos”, ano 409, traballo dirixido contra o paganismo e as doutrinas de Prisciliano) e da citada Exeria, cunha mención subliñada para o librepensador Prisciliano e o Priscilianismo que foron, por activa ou por pasiva, os motores desta xeira. O PRISCILIANISMO O Priscilianismo foi unha corrente relixiosa cristiá, difundida polas prédicas de Prisciliano no século IV en Hispania, que tivo especial incidencia na Gallaecia. O Priscilianismo aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da Igrexa, o cal supuña unha auténtica revolución conceptual e social que igualaba os dereitos do home e da muller; tamén priorizaba o ascetismo, o estudio da Biblia sen excluír ós Evanxeos apócrifos, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero.

Mentres os seus detractores presentan a Prisciliano como un “galaico ignorante, que manifesta o seu descoñecemento da natureza e orixe da alma”, as lendas falan de que é Prisciliano quen está soterrado no lugar do Apóstolo Sant-Iago. O certo é que foi un personaxe importante da súa época, mencionado por Próspero de Aquitania que o presenta como Priscilianus Epíscopus Gallætia (“Cronicón, pars secunda”) e que pouco se quixo saber oficialmente e moito se mitificou, ata que no ano 1885, o doutor Jorge Schepss atopou na biblioteca da Universidade de Wurzbourg un códice do século V con once opúsculos anónimos que, despois de investigados, atribuíu a Prisciliano. Son o Liber Apologeticus, no que Prisciliano rebate o libelo presentado por Itacio no Concilio de Zaragoza; o Liber ad Damasum episcopum, relación dos sucesos que tiveron lugar desde a clausura do devandito concilio ata a chegada do autor a Roma para reivindica-la súa doutrina e conducta; o Liber de fide et apocryphis, que defende os Evanxeos e demais libros apócrifos; os Tractatus ad populum I, Tractatus ad populum II, con sermóns dirixidos ó pobo; o Tractatus Genesis, Tractatus Exodi, sermóns de marcado carácter populista; dous tratados sobor dos Salmos primeiro e terceiro; a Benedictio super fideles, moi notable polo seu estilo oratorio; e, finalmente, a compilación que leva por xenérico Priscilliani in Pauli Apostoli Epistulas, Canones a Peregrino Episcopo emendati da que non se coñece o autor que, segundo confesa, expurgou a obra de Prisciliano e antepúxolle un breve limiar. O Galego Prisciliano, ó proclama-la libre interpretación, veu a ser un prematuro precursor da reforma protestante. Prisciliano naceu en Iria Flavia, foi un neno prodixio que, de mozo, estudiou na Universidade de Burdeos con fama de mullereiro ata que Delphidius, mestre de retórica e descendente de Druídas, o converteu no seu protexido. Prisciliano, Delphidius e a súa dona fundan, as aforas de Burdeos, unha "comunidade ascética”, adicada á meditación e a iniciación nun credo relixioso que mestura filosofía Druídica con gnosticismo cristiá, hinduísmo e o vello culto a Mitra. Prisciliano volta a Galicia co desexo e o propósito de reforma-la igrexa Galega; empregando a súa intelixencia e elocuencia, convertese no líder, mais que de unha nova relixión, dun novo concepto de igrexa, a Priscilianista, profundamente heterodoxa e que choca frontalmente coa igrexa oficial. As súas prédicas conectan coa sociedade galega, abre as portas da participación activa e en pé de igualdade as mulleres, aínda que recomenda o celibato, non prohibe o casamento de monxes nin clérigos, condena a escravitude, recoñece como verdadeiros os Evanxeos apócrifos de Tomás, Xoan e Andrés, emprega o baile como unha parte da liturxia, consagra leite e froitas para a comunión, defendía que os astros inflúen no comportamento das persoas e da natureza… Os defensores da ortodoxia na igrexa cristiá non dubidan en fomenta-la persecución de Prisciliano e do Priscilianismo en xeral, chegando a afirmar que “esta doutrina ocultista e herdeira das falsas relixións orientais e precristiáns atopou un forte eco entre a sociedade, a curia e os monacatos Galegos, na forma dunha sociedade secretísima e cometendo “delirantes pecados” como a costume de non cortarse o pelo que adoptou a clerecía Galega que abrazou esa herética doutrina”; esta teima pervive ata os nosos días no que hai eruditos(¿?) que aínda aseveran que “o Priscilianismo estivo a punto de ser a relixión da masonería internacional, afortunadamente pechouse dentro das súas fronteiras naturais da Galicia e alí foi esmorecendo pouco a pouco” Prisciliano morreu degolado, xunto con seis dos seus seguidores: Felicísimo, Armenio, Asarino, Aurelio, Latroniano e Eucrócia, en Tréveris (Alemaña), no ano 385. Catro anos despois do seu asasinato, un grupo de Galegos viaxa a Tréveris e volta cos cadavres á Galiza para soterralos nun lugar secreto. A pé de folla da realidade histórica do Priscilianismo, engadir que hai unha sólida base para pensar que o mártir Galego moi posiblemente esté soterrado en Os Mártores, na parroquia de San Miguel de Valga, onde hai unha pequena igrexa adicada a San Mamede na que apareceron soterrados uns sarcófagos antropoides de pedra que, segundo as investigacións, datarían do século IV. O topónimo de Os Mártores semella ser unha evolución popular de “Os Mártires”; tendo en conta os devandito e engadindo que está situado nun territorio que, por lóxica, nos séculos IV e V tiña que pertencer a diocese de Aquae Celenes (Caldas de Reis), na que os Priscilianistas tiñan moita forza e influencia, non é descamiñado pensar que Prisciliano está soterrado alí. “Quero desatar e quero ser desatado Quero salvar e quero ser salvado. Quero ser enxendrado. Quero cantar: cantade todos. Quero chorar: petade nos vosos peitos. Quero adornar e quero ser adornado. Son lámpada para ti, que me ves. Son porta para ti, que a ela chamas. Tú ves o que fago. Non o digas. A palabra enganou a todos, pero eu non fun completamente enganado.” “Himno a Xesus Cristo”, Prisciliano

O IMPERIO SUEVO No século terceiro xa se fai visible a decadencia do poder romano coa reducción das tropas da lexión á metade. A partir do ano 409 empezan a asentarse en Galicia algúns pobos xermánicos, a administración romana vai esmorecendo e a poboación galaica volta a ocupa-los castros. Mentres a Hispania é invadida polos Visigodos, na Gallaecia post-roman (que trala reorganización de Diocleciano, abranguían a actual Galicia, o norte de Portugal ata o río Douro e parte da meseta norte) os Suevos principian a aparecer como pobo dominante; a diferencia entre Visigodos e Suevos é moi importante, mentres os Visigodos están fondamente romanizados e seméllanse ós romanos, os Suevos manteñen as súas características identitarias e, historicamente, son un pobo considerado como pouco romanizado. A diferencia de xeiras anteriores da historia Galega, o estudio do período Suevo ten que basearse fundamentalmente nas fontes escritas xa que as outras, como as de carácter arqueolóxico, non están abondo investigadas. Como norma xeral, o seu sistema político tiña carácter monárquico hereditario –hai investigadores que manteñen que en algúns casos o sistema que se aplicou foi electivo, participando a nobreza ou a asemblea do exército-, as fontes escritas falan dun Regnum Suevorum (Idacio) ou dun Galliciense Regnum (Gregorio de Tours). Como máximo representante da comunidade Sueva, o Rei tiña poder practicamente absoluto e recibía os títulos de "Gloriosissimus", "Tranquilissimus" e "Clementissimus " e é posible que tiveran certa potestade eclesiástica. Nos primeiros anos non existía unha capital fixa, co tempo Braga converteuse na capitalidade, aínda que non se descarta que houbera outras capitais, ben de carácter temporal ou ben como resultado do carácter itinerante da Corte. Hai indicios moi sólidos de que os tres últimos Reis Suevos (Miro, Eurico e Audeca) estabelecen a capitalidade Sueva en Ourense. Acuñaron moeda coa inscrición de Galiciense Regnum e existía un Tesouro de Estado, segundo refire Juan de Bíclaro. Establecéronse tamén relacións marítimas co norte de Europa, cos pobos célticos (sobor de todo Irlanda) e cos mediterráneos; consolidando o Galiciense Imperium e chegando a ser un dos aliados máis importantes do Imperio Bizantino, ata a morte de Justiniano (ano 565). No ano 411, os Suevos Cuados procedentes da marxe esquerda do Danubio, no que é hoxendía o norte de Austria, e a República Checa (territorios ós que chegaron desde o norte da Alemaña e de Escandinavia) é o único “pobo bárbaro” que chega ó seu punto de destiño sen ter librado batallas perante o seu percorrido; como queira que non eran mais de 35.000, decidiron establecerse a súa maioría no asentamento chamado Convento Xurídico Bracarense, no territorio no cal limitan os últimos tramos do Miño e o Douro. Os Suevos, nos primeiros nove anos (ata o 420) compartiron Galicia cos Vándalos Asdingos, que ocupan a zona máis próxima ao océano,dende a liña marcada polo Macizo Galaico. Os suevos instauran o primeiro reino da Europa orixinado a partir do Imperio Romano, nomeando rei a Hermerico e establecendo a capital da Gallaecia Regnum en Braga. Dáse un perfeccionamento das señas identitarias da Galicia; en toda a extensión da expresión, a Galiza é unha identidade nacional fondamente diferenciada dos demais territorios da península e cunhas características propias indiscutíbeis. No ano 419, os Vándalos Asdingos enfróntanse aos Suevos nos montes Nerbasios (Ourense). Esta agresión sérvelle de pretexto ao “Comes Hispaniarum” Astério e ao “Vicarus” Maurocelo para atacaren aos Vándalos Asdingos que son derrotados no 422, morrendo Gunderico, Rei dos Vándalos Asdingos, e extendendose o dominio Suevo a todo o territorio da Gallaecia. Dentro do campo relixioso, os Suevos profesan o Arrianismo, doutrina xurdida co bispo Arrio (256-336) que defendía que Xesús Cristo non era Deus senón que foi alguén creado e, polo tanto, houbo un tempo no que non existía, deducíndose que por elo non era eterno nin podía ser considerado Deus. Estamos diante dunha doutrina cristiá cunha acusada compoñente racionalista; enfrontada, como lle aconteceu ó Priscilianismo, coa dominante ortodoxia católica da igrexa cristiá que se decantaba pola verdade revelada e dificilmente comprensible polos homes. Entre o 438 e o 448, reina na Gallaecia Reckila, sucesor de Hermerico. Reckila adopta unha actitude moi agresiva contra os Galaicos non Suevos e a igrexa católica, enfrontándose ós bispos e favorecendo o clero priscilianista. Asina un novo tratado con Roma e alianzas cos bandoleiros das tribos Bagudas do norte peninsular. Amplía os seus dominios, integrando a Lusitania e parte da Bética, Conquista Hispalis (Sevilla) e fai incursións na Tarraconensis. Morre en Mérida, no ano 448 No 448, o seu fillo e sucesor, Reckiário, coverte-se ao Catolicismo e pasa a ser o primeiro rei católico da Galiza. Con él establécese o primeiro reino independente de Roma no oeste da Europa que abrangue practicamente toda a península, salvo a franxa costeira mediterránea. É o primeiro rei en cuñar moeda co

seu propio nome; unha moeda que, naqueles tempos, tiña era un referente económico en toda Europa. Con Reckiário, en moitas partes do mundo coñecido naqueles tempos, a Gallaecia acada recoñecemento de Imperio. Por cuestións políticas, casa cunha filla do Rei Visigodo Teodorico. No ano 449, Reckiário alíase cos Bagudas, dirixidos estes por Basílio, e saquean Zaragoza, Lleida e Tarragona. No 453, asínase un tratado de paz, o “Comes Hispaniorum”, entre hispano-romanos e galaico-suevos. A paz non dura máis que uns escasos tres anos, no 456 Reckiário ataca o territorio coñecido como Cartaginense, invade a Tarraconense e combate ó Conde Frontán.Teodorico II, rei Visigodo, atravesa os Pireneos camiño da Gallaecia, derrotando aos Suevos na batalla do río Orbigo, preto de Astorga; logo continúa ata Braga, que é enteiramente saqueada; segue ata Porto, vencendo a Reckiário novamente e condeandoo a morte. Executado Requiario, o estado Suevo entra en crise; Teodorico entrega o Imperio da Gallaecia a Agiulfo, aliado seu da tribo dos Varnas. 456-459 O xefe suevo Maldrás mata ao rei Agiulfo no castro do Porto e proclámase rei dunha dividida Gallaecia, concretamente da Gallaecia Bracarense, que ten en Frantán ou Frontán o seu homónimo na Gallaecia Lucense. Fortes conflictos sociais ámbalas dúas zonas e entre a poboazón Galaica e a clase dirixente Teutónica. No 459, o Rei Maldras é asasinado; Remismundo, o seu fillo, é proclamado Rei ata que outro pretendente, Frumário, destrónao e provoca unha nova división ate 464. Na Pascua do 460, a cidade de Lugo é atacada; o Rector e varios xefes e personaxes dirixentes gallaicos-lucensis son masacrados. Tamén neste ano, un exército Visigodo invade a Gallaecia. Esta convulsa etapa remata no 464, cando as mortes de Frumário e Requimundo ( xefe de outra fracción Suevas que loita polo poder) fan que Remismundo reunifique o Gallaecia Regnum. No ano 465, Remismundo abandona o catolicismo e convertese ó Priscilianismo (algúns autores defenden que a conversión foi ó Arrianismo), casa coa neta de Teodorico e consolida a alianza Suevo-Visigoda. No 469, os Galaico-Suevos vense obrigados a abandonar Lisboa; Eurico, novo rei dos visigodos, expúlsaos da Lusitánia, recuando eles ate os territorios da vella Gallaecia. A Galicia entra nunha xeira escura, que dura case un século, na que reina Teodomundo. Nos anos que van do 500 ó 550 prodúcese a emigración de bretóns que escapando da Bretaña (por mor da invasión de Saxons, Xutos e Anglos) chegan e aséntanse en varias áreas da Gallaecia, principalmente no norte, onde máis tarde fundarán un bispado de seu, que se integra de cheo nos concilios relixiosos galegos do momento e onde terán participación con total normalidade. No ano 550, reina Carriarico; chegan á Galiza as reliquias de San Martiño de Tours. Neste mesmo ano desembarca na Galiza o que logo sería San Martiño (coñecido como o de Dumio) procedente da Panónia (na actual Bulgária), farase bispo de Dumio (actualmente Dume no norte de Portugal) e será a máis representativa figura da identidade Galaico-Sueva fronte ó invasor Visigodo. Martiño de Dumio combateu o Priscilianismo e as expresións relixiosas pagáns; entre as súas obras compre destacar “De Correctione Rusticorum”; no 555 funda o mosteiro de Dumio, nas aforas de Braga; no 556 é nomeado bispo de Dumio e no 569 bispo de Braga. No 558 morre Carriarico, sucédeo Ariamiro que reina ata o 561. No ano 561, é proclamado Rei Teodomiro. Influído por Martiño de Dumio, convértese ó catolicismo e con él practicamente toda a poboación da Galicia. Alianzas cos Bizantinos e Francos. Celébrase o primeiro Concilio de Braga promovido por Martiño de Dumio; o bispo Maeloc da sé Britoniense (no norte da Gallaecia) asiste por primeira vez a este Concilio. 570-583 Reinado de Miro ou Miron, quen fixa a capitalidade do Reina da Galicia en Ourense. Católico de confesión convoca o II Concilio de Braga, que condena ó arriano e visigodo Leovixildo; cando o tamén católico Hermenexildo rebélase contra o seu pai Leovixildo, acode na súa axuda pero antes de que se produza o primeiro enfrontamento asina a paz con Leovixildo. O II Concilio de Braga recolle nun libro, o “Parrochiale Suevum”, a organización político-relixiosa de Galiza. Finalmente Leovixildo dá morte a Miro no campo de batalla; dende ese intre, Leovixildo faise coa autoridade sobre a tribo dos Arexenses (do centro-leste da Gallaecia). No ano 576 Eurico sucede a Miro no trono suevo. No 579 morre Martiño de Dumio, bispo de Braga; co tempo converterase en San Martiño e terá a consideración de santo patrón da Galiza. Ano 584, revolta do xefe suevo Andeca contra Eurico, quen tiña aceptado a submisión a Leovixildo. Andeca pecha a Eurico nun mosteiro e casa con Sisegúntia, viúva do rei Miro, facéndose así co trono da Galiza; elo provoca que, no ano 585, o visigodo Leovixildo invada á Gallaecia, derrotando a Andeca en Braga e despois en Porto. Leovixildo prende a Andeca e o pecha nun convento situado en Beja, no sur da Lusitania; apodérase do tesouro real e anexiona o Reino da Galicia ó seu reino Visigodo. De nada val a intervención das tropas Burgundas enviadas polo rei Gontran (da Borgoña) e aniquiladas no Cantábrico; nin a tentativa de revolta dun novo xefe Suevo, Amalarik, que é tamén derrotado. Prodúcese unha forte

ocupación militar da Gallaecia; aínda que os Visigodos respectan a circunscricións administrativas e eclesiásticas, así como as súas entidades públicas. Como vemos, nestes transcendentes trescentos anos, a historia da Gallaecia está marcada por un fondo de axitación relixiosa que, por unha parte, incide e determina a praxe política e, pola outra, deixa unha pegada moi pronunciada nos referentes identitarios da Galiza. Os Galegos e Galegas de estes tres séculos, aínda profesando calquera das correntes cristiáns coñecidas como Arrianismo ou Catolicismo, non abandonaron xamais os aspectos étnicos e culturais da relixiosidade Druídica e Priscilianista. Un exemplo que chega ata os nosos días é o feito de que Galiza escolle como Santo-Patrón a San Martiño (bispo de Dumio e Braga) e vencella a súa festividade coas celebracións do Magosto, que son na realidade unha exaltación dos froitos da Terra e, polo mesmo, de aspectos moi importantes da doutrina Druídica e Priscilianista; pola contra, na iconografía que podíamos definir como propia da Hispania, o Santo-Patrón é Sant-Iago que ten unha identificación moito mais relixiosa e “cruzada” (vencedor do Islám, “matamouros”, etc.) O devandito non é algo circunstancial. No ano 633, o IV Concilio de Toledo, ao igual que os anteriores, dicta severas medidas para erradica-lo Priscilianismo (aínda vixente trescentos anos despois da morte de Prisciliano). Nestes concilios toledanos acúsase ó clero Galaico de seguir levando a “tonsura pagana”, de consagrar leite e froitas na comunión (substituíndo ó viño e ó pan), de non manter o celibato, de darlle igualdade de dereitos participativos nos eventos relixiosos a mulleres e homes, e de perpetuar rituais pagáns. No 646, o VII Concilio de Toledo condena radicalmente ós bispos galegos; chega a tal extremo a persecución que, en certas xeiras, para a eirexa católica, o termo “Galego” convértese en sinónimo de herexe. O Imperio Suevo da Gallaecia sofre a constante hostilidade, activa ou larvada, da Hispania Visigoda. Chegados a este punto, poderíamos afirmar sen marxe de erro que os case mil anos que van desde os “Gallaeci” que mencionaba o historiador romano Segundo Silicius, no ano 219 a.c., ata o ano 680 no que se constrúe a eirexa de Santa Comba de Bande (Ourense), pasando polas mencións de Gregorio de Tours, na súa Historia Francorum, do “Regnum Galliciense” e do Rei Chararico como “Regis Galliciae filius” son historicamente definitivos, e irrebatibles, para conforma-la identidade nacional da Galiza. Galicia, séculos do VIII ó X Antes de entrar de cheo nas datas históricas, subliñar un aspecto moi importante que ven sendo esquecido moi a miúdo pola historiografía oficial hispana. Os “monarcas pan-hispanos” dos séculos VIII, IX e X non empregaron xamais o título de Rei como soberán de un determinado territorio, senón que se identificaban a sí mesmos como Reis en virtude da súa xenealoxía e, xa que logo, xamais se nomearon (nin foron nomeados) Reis de Asturias ou de León; ademais, só se atribuíron a condición “real” a partir de Afonso II xa que os anteriores tiñan a condición, e así eran denominados, de “caudillos” ou “princeps”. A razón agachada da inexactitude calculada da historiografía oficial hispana cando fala de Don Pelaio, de Favila, de Afonso I, de Froila, de Aurelio, de Silo, de Mauregato ou de Vermudo I (todos eles entre os anos 711 e 791), como se foran Reis de Asturias ou de León ten unha absoluta falla de rigor e só obedece os intereses pan-hispanistas que, por obrigas do discurso unitarista, prefiren manipular a historia e agachar que desde o mundo árabe, eses “princeps” ou “caudillos”, eran coñecidos como Rei da Gallaecia. Abondando na teima, segundo Sánchez Albornoz (1981) “perante todo o século IX no Al-Andalus e alén dos Pirineos chamabánlle Reis da Galicia ós que reinaban en Ovieu”; o historiador Maravall cita numerosas crónicas que identifican, na Idade Media, á Spania ou Hispania co Al-Andalus e designan como Gallaecia os territorios cristiáns peninsulares, entre outros autores cita a Ibn al-Qutiya, Ibn al-Atir e a Al-Maqqari. Ademais dos Francos, o papado e os demais príncipes y reis peninsulares identifican á Gallaecia con todo o noroeste peninsular (incluíndo León, Asturias e o norte do actual Portugal). Por outra parte, ata o século XII, os cronistas anglo-normandos citan ó Reino da Gallaecia e ós Reis da Galicia (Amfurcio Regi Galliciae e Aldefonso Gallicae regi) cando se refiren ós territorios cristiáns do Nor-noroeste peninsular. No ano 714, tres anos despois de que os árabes pasaron o estreito de Xibraltar o caudillo musulmán Muza chega á Lugo, pero non ocupa a Galiza de xeito efectivo. Algúns grupos de bérberes establécense no territorio meridional da Gallaecia. Anos do 718 ó 737, Paio convértese no primeiro Rei da Gallaecia despois da invasión musulmán; sucédeo como Rei da Galicia o seu fillo Fabila, anos do 737 ó 739. Afonso I (“o católico”), Rei da Gallaecia entre os anos 739-757, recupera territorios ata a raia polo río Douro; este Rei aparece citado en numerosos textos árabes como Rei de Galicia. No ano 740, os musulmáns abandonan territorio galego sen deixar colonias civís nin militares; o bispo Odário restaura o

bispado de Lugo e dirixe a repoboazón da cidade. No 743, a crónica de Ajbar Machmua fala da “reconquista de Galicia por parte dos Galaicos cristiáns”. Ano 757-768, Froila I, Rei da Gallaecia; no ano 761 funda Oviedo sobor dun asentamento monástico para defender a Gallaecia Asturicense (oriental) das constantes incursións Cántabras. Entre os anos 768 e 774, Aurelio sucede a Froila I como Rei da Gallaecia; os seguintes Reis da Galiza son Silo, do 774 ó 783, e Mauregato, do 783 ó 789, que foi aliado do Califato de Córdoba. Nos anos que van do 776 ó 786, o Beato de Liébana en tódolos seus manuscritos da o nome de Gallaecia ó conxunto dos dominios dos caudillos galaico-asturians que, na historiografía oficial pan-hispanista, aparecen como Reises de Asturias. 789 Reinado de Vermudo I, Rei da Gallaecia, consegue o trono asturiano no ano 791. A Vermudo I sucédeo Afonso II, criado polos monxes de Samos (Lugo) que reina desde Ovieu como Rei de Galicia e Asturias (con ese título aparece citado nas Crónicas Carolingias, en outras como “Totius Galletiae Rex”, “Príncipe das Galicias” na Vita Hludovici, “Rex Galletiae” nos Annales Regni Francorum e na Vita Karoli Magni). Perante o seu reinado descóbrese, en Arca Marmórica (a actual cidade de Santiago de Compostela) a tumba do apóstolo Sant-Iago. Anos 842 a 850, Ramiro I convértese en Rei da Gallaecia; converte a Lugo na capital do reino aínda que despois traslada a Corte a Ovieu. Galicia prevalece no seo da monarquía Galaico-Asturiana. No ano 844 prodúcese a primeira chegada dos vikingos á Galiza; o rei Ramiro I e o duque Arximiro (señor de Trasancos) reúnen na entrada da ría de Ferrol un exército provisto de “ballistae” (catapultas) para facer fronte ás naves inimigas, que son rexeitadas e tomarán outro rumbo bordeando a costa. Do 847 ó 866, Ordoño I é o Rei da Gallaecia; con posterioridade ocupa tamén o trono do Reino León, aínda que nas crónicas da época –por exemplo as Ibn Idari, que se consideran absolutamente fiábeis e moi rigorosamente exactas- figura sempre como Rei da Galicia por ser este o reino recoñecido e importante, mentres o Leonés carece dese recoñecemento fora dos seus territorios. Entre os anos 858 e 861 prodúcese outra invasión vikinga, procedente de Eire, que entra a través da ría de Arousa e chega a Compostela. Do ano 862 ó 910, Afonso III "O Magno" reina co título de Rei da Gallaecia. Levará as fronteiras da Gallaecia ate o Val do Mondego; constrúe a segunda basílica de Compostela e o castelo de Lúa en terras de León. No ano 866, Afonso III consegue a coroa de Asturies e das “Terras de Foris”. O Conde de Lugo, Froila Bermudes, lidera unha revolta contra Afonso III, morrendo a mans dos partidarios do monarca. Os cronistas árabes e o Papa Juan IX refírense a él como Rei da Galiza (“Adefonso Regi Gallaeciarum” ou “Rex Galletiae”); en algúns documentos aparece como Imperator Gallaecia. Consérvanse citas do propio Rei ubicando a Sahagún, León ou Coimbra dentro dos territorios do Reino da Galicia, como por exemplo nun diploma datado no 905: “Civitate vocatur Legione, in Gallaecia”. Finalmente será derrotado por tres dos seus fillos que, posteriormente, repártense o Reino da Galicia. No 910, Ordoño II é proclamado Rei da Galiza; logo tamén é coroado Rei de León e finalmente tamén Rei de Asturies. No 916 muda a residencia real do trono galego de Compostela a León. No ano 924, Froila II é elixido en asemblea da nobreza como Rei de Galiza, era irmán de Ordoño II e ate ese momento só Rei de Asturies. Os infantes Ordoñez, Sancho e Ramiro, sublévanse na Galiza co apoio de nobres galegos. No ano 925, Rosendo (que hoxe coñecemos como San Rosendo) faise coa mitra de Mondoñedo, substituíndo ao seu tío SabaricoII e introduce a reforma Bieita nos mosteiros da Galiza. Do ano 926 ó 929, Sancho Ordóñez reina como Rei de Galicia e devolve a capitalidade a Santiago de Compostela. Entre os anos 929 e 930, Afonso IV é Rei de Galiza; ate entón era Rei de León e de Asturies, abdicará en beneficio do seu irmán Ramiro, retirándose ao mosteiro de San Facundo. No ano 930, Ramíro II convértese en soberán do Reino da Galicia despois de derrotar ós seus opositores en León e Asturies e destronando alí ao seu irmán Afonso Froilaz. Despois disto conquistará Madrid e chegará ata Santarem e Badallouce; no 937 saquea Lisboa e no 939 vence en Simancas ao exército do califa Abderramén III. Existe un texto árabe sobor da batalla de Simancas do que é autor Abdal-Monin Al Hinyari que di (traducción de Sánchez Albornoz): “Entre as nacións cas que os habitantes de Al-Andalus estaban en guerra, a Galega era a máis poderosa; a pesar de que os Francos teñen feito a guerra ós

musulmáns, os Galegos constitúen os máis terribles inimigos”. Noutras partes e documentos, cítase a Ramiro como “Rei dos Galegos”, con referencias á Galiza do tipo: “é a nación máis poderosa”. Entre as súas victorias militares están Badaxoz, Mérida, Córdoba e Lisboa; Con todas esta guerras, aseguráronse as fronteiras da Galiza no val do Modego e emprendeuse a repoboazón de Salamanca. No 950 morre Ramiro II, un dos Reis Galegos máis importantes. No ano 950, Ordoño III, fillo de Ramiro II, é coroado soberán do Reino da Galicia e logo dos de León e Asturies. No 953 fíxolle fronte a unha conspiración do conde castelán Fernán González. 955-956 primeira etapa de Sancho II como Rei de Galiza; unha nova conspiración de Fernán González de Castela consegue derrocalo. Entre os anos 956 e 960, Ordoño IV convértese en Rei de Galicia, en alianza con conspirador castelán Fernán González; o apoio conleva que Fernán González consegue a independencia do Condado de Castela do Reino da Galiza. Do ano 960 ó 967, Sancho II volta ser Rei da Galiza; no ano 965 establécese unha embaixada real Galega en Córdoba. Entre os anos 966 e 971 prodúcese a terceira invasión vikinga; penetran novamente pola ría de Arousa e foi Sisnando, bispo de Compostela, quen lles fará fronte na batalla de Fornelos, na que morre. Os Vikingos, como resultado da devandita batalla, case conseguen transformar a Galiza nunha nova Normandia; finalmente será o conde Gonzalo Sánches quen organice un exército coa axuda do bispo Rosendo e conseguen expulsar novamente os vikingos. Entre os anos 967 e 982 dáse un período histórico moi complicado no que hai unha decidida intervención do clero e nobreza galega, que non aceptan os Reises proclamados en León; neses quince anos quen goberna realmente o Reino de Galicia é o clero e a nobreza Galega. A situación normalízase no ano 982, no que Vermudo II é coroado en Santiago Rei da Galicia, ocupando posteriormente –no ano 984- o trono de León. Este Rei será o que verá como Almanzor destrúe a catedral de Santiago de Compostela, no ano 997, e arrasa Santiago (“chegando máis lonxe que ningún outro musulmán”, segundo escribe él mesmo); no se atreve a atacar A Coruña e a invasión remata sen que chegue a producirse unha verdadeira ocupación musulmán da Galicia. Do 999 ó 1027, Afonso V reina nos reinos de León y Galicia. No ano 1002, o conde Galego Mendo Gonzalves, rexente en Galicia perante a minoría de idade do Rei, vence a Almanzor preto de Catalañazor. No 1015, un exército Vikingo, dirixido por Olaf Haraldsson, que chegaría ser Rei de Noruega e hoxe é o santo patrón daquel pais, entra polo esteiro do Miño e saquea Tui, facendo preso ao Bispo desta cidade e cobrando o seu rescate; antes pasarían por Castropol (Batalla de Vilameá) e asolarían Betanzos. Galicia, do 1.000 ó 1.300 No ano 1027, Vermudo III é proclamado Rei de Galicia, a súa é unha xeira importante para o que sería a historiografía pan-hispanista que tanto ten afectado o relato histórico da Identidade Galega. De principio, Vermudo III é Rei da Galiza e Rei de León, aínda que nas crónicas da época é citado sempre como “Imperatur domus Vermudus in Gallaecia”; no ano 1033 perde o trono leonés a mans de Sancho III “O Maior” de Navarra, coroa que recupera á morte do monarca Navarro. Nese intre, a irmá de Vermudo III (de nome Sancha) casa con Fernando, fillo de Sancho III; por mor deste matrimonio “de Estado”, Castela acada rango de Reino e o basco-navarro Fernando convértese no primeiro Rei de Castela (lembremos que Castela tíñase independizado da Galiza no ano 956, cando o conde Fernán González de Castela axudou a Ordoño IV a coroarse Rei da Galicia). No 1037, Fernando I de Castela mata ó seu cuñado Vermudo III, proclamándose Imperator de Castela, León e Galiza. No 1028, de novo os vikingos entran pola Ría de Arousa e alíanse co conde galego Rodrigo Romáriz na súa loita contra do Rei Vermudo III e os seus partidarios; esta vez estarán comandados polo Conde dinamarqués Ulf (alcumado “O Galego”); asedian e toman o Castelo de Labio, preto de Lugo, pero son finalmente derrotados por Don Crescónio, futuro bispo de Compostela. 1037-1065, reinado de Fernando I e Sancha I de Castela, León e Galicia. Crea a Escola de Santiago, precursora e xerme da Universidade Compostelá; a esta escola acoden prestixiosos mestres de Europa, que forman a varias xeracións de mestres para outras universidades europeas, como tamén estudiarán futuros reis, ministros e bispos.

Facemos un pequeno alto para introducir algunhas notas sobor de outro dos elementos identitarios significativos: o idioma Galego. Empecinada en restar importancia calquera signo de Identidade Galega, a historiografía oficial tentou relegar ó Galego a unha mera expresión dialectal que se daba, case como por accidente, no territorio da Galiza. En moitas ocasións, ou na maioría, para os historiadores de fala castelá, era moito mais cómodo falar de Portugués e Castelán, outorgándolle ó Galego un rol de lingua ou dialecto de transición entre eles dous. Empregáronse, e empréganse, eufemismo de toda índole para agachar a realidade; un dos mais frecuentes é o de “Galaico-Portugués”. Como resultado desa mentira contada milleiros de veces, moitas xeracións de Galegos medraron coa sensación de ter algo así como unha lingua fronteiriza e de segundo nivel, cando a realidade é que o Galego é, en toda a súa extensión e importancia, un idioma de fondo calado social, literario e intelectual. Estamos, nesta breve sinopse histórica da Galiza, na alba dos Trovadores, nos anos nos que xurde o movemento do “Trovar clús”, da “Gaya Cencia” ou do “amor cortés”, que tanta influencia teñen na comprensión histórica da literatura. Pois ben, esta corrente, xurdida na Provenza no 1071 con Guillermo de Poitiers e estendeuse ata o a metade do século XV, tivo nas “Cantigas” escritas e cantadas en Galego, entre os séculos XII e XIV, unha das súas expresións máis brillantes e significativas, elevando ó idioma da Galiza a converterse na “lingua lírica das Cortes de toda Europa”. Iremos falando de cada “Cantiga” no orde histórico no que xurde, pero consideramos que neste punto da breve sinopse histórica nacional da Galiza era importante facer unha precisión sobor do idioma Galego. Do mesmo xeito que nos referimos as adulteracións do pan-hispanismo da historiografía oficial, queremos facer tamén unha referencia clarificadora no senso de que o pan-lusismo idiomático, aquel que relega ó Galego a unha mera forma dialectal do Portugués, non é un nin rigoroso historicamente nin real lingüisticamente. Certo é que compartimos “corpus” lingüístico en moitos casos, pero é tempo de reivindicar sen complexos o papel do Galego no ámbito Europeo e Universal como idioma de orixe. O primeiro escrito non literario que aparece nesta época é coñecido como a "Noticia de Torto" un documento notarial do século XIII; por outra banda, o primeiro escrito literario coñecido na lingua romance é o que comeza co verso "Ora faz ost'o senhor de Navarra" que data de comezos do século XIII e supón un precedente do esplendor da lírica en Galego. 1065, García, fillo de Fernando I, é coroado Rei de Galicia; herdando do seu pai o reino cristiá peninsular máis extenso e máis poboado, os emires de Sevilla e Badaxoz pagábanlle tributos o Rei da Galicia. Subliñar un aspecto histórico-lingüistico moi importante: o Galego é recoñecido como único idioma oficial do Rei e da súa Corte. O seu irmán Afonso VI de León cobiza o Reino da Galicia e conspira co outro irmá, Sancho de Castela, para derrocalo e ocupar o trono da vella Gallaecia; esa situación está no fondo do casamento de estado pactado entre García e Agatha, filla de Guillerme II de Normandía, alianza que non chegaría a consumarse porque a princesa normanda morre, ou é asasinada, de camiño á Galiza. No ano 1072, é traizoado e derrocado polo seu conspirador irmán, Afonso VI de León, que o mete preso no Castelo de Lúa (León) ata a súa morte no ano 1090; dáse a circunstancia de que é Rui Díaz de Vivar, ese “Cid” caudillo da iconografía do pan-hispanismo, quen o fai prisioneiro. No ano 1072, Afonso VI reina como Emperador (Rei de Castela, León e Galicia). Se ben as crónicas fanse en latín, o idioma oficial do emperador e da Corte é o Galego (como exemplo, hai unha crónica en latín que se interrompe para reproduci-la queixa de Afonso VI pola morte do seu fillo: “ay meu fillo, ay meu fillo, alegría do meu corazón e lume dos meus ollos...”). No 1092, o castelán-leonés Afonso VI, co obxectivo de evitar calquera futura restauración, decide dividir o Reino da Galicia en dous “Condados”: O Condado de Galicia, ó norte do río Miño, e a Galicia do sur. Reimundo de Borgoña obtén a “concesión” do primeiro e proclamase Conde da Galiza; está casado con Urraca, filla de Afonso VI, e a súa morte foi soterrado no Panteón Real Galego da Catedral de Compostela que, como dato, comezara a construírse no ano 1075. Tareixa e Henrique de Borgoña, curmán do anterior, obtén a metade Sur; o fillo destes, Afonso Henríquez, proclamarase primeiro Rei de Portugal en 1139. No 1100, Xelmírez é nomeado bispo de Compostela. Afonso VI, “O Conspirador”, soberán dun Reino de Castela que non tiña nin un século de existencia, é unha figura clave tanto na historiografía oficial pan-hispanista como para a historia da Galiza. Él representa a perda da unidade milenaria da vella Gallaecia, como tamén constitúe a orixe da pertenza actual do territorio histórico da Galiza peninsular ás administracións de dous estados: o Español e o Portugués. Paradoxicamente, nesta Galiza reducida territorialmente a metade, comeza unha das xeiras de esplendor de Compostela, a chamada Xeira Compostelá, que chegará ata o Rei Afonso X “O Sabio”. É moi interesante o estudio desta época e a consulta da documentación incluída nos “Tumbos” (un exemplo é o

Tumbo A, que se atopa na Catedral de Sant-Iago); un “Tumbo” é un libro un libro de pergameo onde as igrexas, mosteiros, mesmo concellos e comunidades tiñan copiados diferentes documentos que lle concernían: escrituras, doazóns, privilexios, etc. No 1109, á morte de Afonso VI, Urraca convértese na soberán dos Reinos de Castela, León e Galicia. Consérvanse cartas nas que Urraca autotitulabase “totius Gallecia domina” e “totius Gallecia imperatrix”; Reimundo de Borgoña tamén pasa de chamarse “Conde de Galicia” a titularse “Imperator Gallaecia”. Á morte de Reimundo de Borgoña, Urraca casa con Afonso, Rei de Aragón; este casamento de estado tivo unha fortísima oposición no País. Revolta popular en Coimbra. Paio Godesteo e Rodrigo Nunes enfróntanse à raíña Urraca e a Xelmirez apoiados por unha flota normanda procedente de Inglaterra; son derrotados pola flota do bispo fronte a praia da Lanzada, no O Salnés. O bispo Diego Xélmirez acada un gran poder no Reino da Galicia. No ano 1110, Afonso Reimundez, fillo de Reimundo de Borgoña, é coroado Rei de Galiza en Compostela co nome de Afonso VII. Cumpre dicir que hai un home fundamental na vida deste monarca: o Conde de Traba, Pedro Froilaz. Os pais de Afonso entregárono, de neno, ó Conde de Traba para que o criara e preparara para futuro re; o vello guerreiro coidou do neno agochándoo por toda Galicia, en diferentes castelos, e loitando por mantelo a salvo de conspiracións e intentos de asasinato. O rapaz concentraba as expectativas de restauración da aristocracia galega, encabezada polo Conde de Traba, e de gran parte do clero autóctono –dirixido polo arcebispo Xelmírez-. No ano 1115, Xelmírez constrúe a primeira Armada da historia dos reinos peninsulares, o obxectivo é defender á Galicia dos ataques Normandos. Nos anos 1116 e 1117 prodúcense revoltas comuneiras en Compostela. No 1120 Xelmirez convértese no primeiro Arzebispo de Compostela; a capital do Reino da Galiza convertese en metrópole, substituíndo a Mérida. No 1126 Afonso Reimundez consegue o trono de León e tamén os de Castela e Toledo; un ano despois, no 1127, sitia o Castelo de Guimaraes pretendendo a vasalaxe de Dona Teresa de Portucale. No ano 1135, Afonso VII obtén o título de Imperador. Desde o 1128, Afonso Enriques, Conde de Portucale e Coimbra, lideraba unha revolta, derrotando ós exércitos da nobreza Galega na batalla de San Mamede; no 1136, infrinxe unha severa derrota ás tropas de Afonso VII, un ano despois asínase o Tratado de Tui, polo que Afonso Henriques xura fidelidade a Afonso VII. No ano 1139, Afonso Henriques proclamase Rei de Portugal; Portugal faise independente a tódolos efectos e o río Miño convertese na fronteira entre Galiza e Portugal. Esta situación tamén provoca unha división na orde dos Cabaleiros de Santiago, unirase à portuguesa de Avis no ano 1147. No 1143, asínase o Tratado de Samora, polo que o Imperador Afonso VII recoñece a independencia de Portugal No 1141, a Orde do Císter establécese en Galiza e funda o mosteiro de Oseira. Ano de 1157, Fernando II é proclamado Rei de Galicia e León, na lírica provenzal faise mención de este Rei como “seignor del galecs”; no seu reinado constrúese o Pórtico da Groria da Catedral de Sant-Iago. No 1159, Xerardo de Gales, escrebe os “Annales Cambriae”; neste documento, fala dos tres impérios do cristianismo: Alemaña, Bizancio e Galiza. No ano 1160, Aymeric Picaud escrebe o Códice Calixtinus; entre o 1173 e 0 1175, dátase o primeiro documento coñecido escrito no que pode considerarse como idioma Galego moderno, é o acordo entre dous fidalgos: os irmás Pais. O Papa Alexandre III recoñece, no ano 1179, a independencia de Portugal e a Afonso Enriques como Rei; ata que se produce este recoñecemento, os textos árabes seguen a citar ó Rei de Portugal como un dos Reis da Galicia. 1188-1230, entramos de cheo no importante reinado de Afonso, Rei de Galiza e de León; este Rei Galego é un adiantado o seu tempo que institúe á que poderíamos denominar como primeira Monarquía Parlamentaria da Europa, xa que crea as primeiras Cortes da Europa nas que teñen presencia, con voz e voto, estratos sociais alleos a nobreza. Por outra parte, con este Rei Galego estamos diante dunha mostra máis da manipulación que os pan-hispanistas fan da historia peninsular, co fin de adaptala a versión que mais convén para defende-la filosofía dun Reino de España milenario. Este Rei debería figurar na historia como Afonso VIII, Rei do Reino de Galicia, pero no nomenclátor oficial castelán esa denominación é substituída pola de Afonso IX, Rei de Castela. O rigor, imprescindible a hora de non confundir a crónica da historia cunha obra de ficción literaria, desaparece por intereses políticos; estamos, como en outras ocasións anteriores, que tamén se repetirán nos vindeiros séculos, diante do que, metaforicamente falando, podíamos chamar unha limpeza étnica da memoria que ten como axentes, por activa ou por

pasiva, ós implicados na redacción dunha historiografía oficial hispanista absolutamente xenocida. Que Afonso fora o noveno Rei dun Reino emerxente, como era Castela, non é escusa para o esquecemento histórico de que era o VIII Rei da Galicia, un Reino milenario da Europa. E non hai escusas, esa mesma historiografía pan-hispanista fixo que ducias de xeracións estudiaran unha historia na que un Rei, Carlos, era coñecido como Carlos I de España e V de Alemaña; ¿cal é a oculta razón da súa teima para que Afonso non figure como o que é: Afonso VIII de Galicia e IX de Castela?, por moitas argumentos que se invoquen, a razón é sinxela: liquida-la memoria histórica dun reino milenario, o Galego, para presentar os valores identitarios casteláns como o nexo e a cerna do actual Estado. Despois da denuncia da manipulación histórica e da reivindicación da Galeguidade de Afonso VIII, voltando as datas históricas, no ano 1211 rematase a construcción da catedral de Compostela. No 1213, Francesco de Assisi peregrina a Compostela e funda alí o primeiro convento da orde franciscana na Galiza. No ano 1218, o Rei da Galicia crea a Universidade de Salamanca, que estará gobernada desde Santiago ata o século XV; nestes séculos, un grande número de mestres que imparten clases na Universidade Salmantina fórmanse na Escola de Santiago. A súa morte, foi soterrado, como Rei Galego que era, no Panteón Real da Catedral de Santiago. No ano1230, o fillo de Afonso VIII, Fernando III, asume primeiro a coroa de Castela e despois as de Galiza e León. Aínda que, tanto con este Rei como nos seguintes séculos –fundamentalmente ata 1833-, se mantén a denominación de Reino de Galicia, desde este momento invértense os papeis e o Reino de Castela asume o papel de líder. O Panteón dos Reis Galegos É moi curioso que o Panteón dos Reis Galegos teña sido un espacio prohibido perante séculos, algo que estaba alí pero que non era lembrado pola historia oficial pan-hispanista. Tanto é así que pechouse ó público, pasando a servir de trasteiro, do ano 1933 ata Agosto do 2003. O esquecemento tácito da existencia do Panteón Real Galego, que se atopa dentro da catedral que dá acubillo ao Apóstolo Santiago, forma parte desa historia escrita por historiadores empecinados en negarlle á Galicia calquera cousa que tivera resgos identitarios propios. Pero todo ten explicación e para atopala hai que facer unha viaxe do presente ó pasado. Coincidindo co reinado de Xoán Carlos hai unha acción soterrada do pan-hispanismo, que reinventa a monarquía e inflúe para que, constitucionalmente, Xoán Carlos apareza única e exclusivamente como Rei de España, asumindo e resumindo nese título tódolos que, historicamente, lle corresponden e polos que é recoñecido polas outras monarquías Europeas; dito de outro xeito: o título de Rei de España ten case un carácter doméstico pero serve politicamente para defender esas tan traídas e levadas, e tan decimonónicas e franquistas, “unidades no universal”. Por eso é tan importante e decisivo ser rigorosos historicamente e, no que os Galegos atangue, coñecer que él é Xoan Carlos I, Rei de Galicia; un monarca que, ademais do devandito e coa nomenclatura que lle corresponda en cada caso, é Rei de Castela, de León, Aragón, Navarra, Granada, Toledo, Valencia, Mallorca, Murcia, Jaen, Canarias, das Dúas Sicilias, de Jerusalén, de Menorca, Cerdeña, Córdoba, Córcega, Algeciras, do Algarve, de Gibraltar, das Indias Orientales e Occidentales, e das Illas e Terra Firme da Mar Oceánica; sendo ademais Arquiduque de Austria, duque de Borgoña, de Brabante, de Milán, de Atenas e de Neopatria ; Conde de Habsburgo, de Flandes, do Tirol, de Barcelona, de Goceáno, do Rosellón e da Cerdaña; Señor de Vizcaia e de Molina, e Marqués de Oristán. A luz da historia e precisamente por ser algo que muda dependendo das xeiras e das administracións, o territorio é só unha parte da identidade nacional dun pobo; con maior ou menor expansión territorial, Galiza é unha comunidade historicamente diferenciada das que se asentan na península máis occidental da Europa. A mera lembranza de que, hoxendía e 1.500 anos despois de Hermerico, hai un Rei, Xoan Carlos I, que detenta o trono do Reino de Galicia dimensiona historicamente e confirma a nosa indiscutible identidade nacional. O abeiro do devandito, a existencia do Panteón dos Reises Galegos é un elemento máis da conformación identitaria da Galiza. Atópase na entrada do actual Museo da Catedral de Santiago, ó carón do Claustro e en fronte do Tesouro do templo. Nel, repartidos polos muros laterais, descansan as laudas dunha dinastía de monarcas da plenitude medieval de Galicia. Están Reimundo de Borgoña, Afonso VIII, Fernando II, Berenguela, que foi muller de Afonso VII, Xoana de Castro, muller de Pedro I o Cruel e, elevado á dignidade dun soterramento real, Pedro Froilaz, Conde de Traba. Xuntos, resumen boa parte da historia do país Galego nos séculos XI e XII.

A lírica Galega medieval. Xa falamos en anteriores fases dos Trovadores e “Cantigas” escritas e cantadas en Galego, entre os séculos XII e XIV, unha das súas expresións máis brillantes e significativas, elevando ó idioma da Galiza a converterse na “lingua lírica das Cortes de toda Europa”. O galego escrito úsase en todo tipo de textos, cartas, composicións literarias, documentos notariais, etc., tanto de carácter público coma privado. Durante estes séculos, especialmente no XIII e a primeira metade do XIV, chega a ter unha grande importancia literaria, sendo considerado o galego como a lingua máis axeitada para a lírica trobadoresca. As “Cantigas” son poesías cantadas, de letra e música composta polos Trovadores. Tres tipos de composicións poéticas destacan nesta época: as cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir, escritas por autores tan importantes como Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo etc., e recollidas e conservadas en tres grandes compilacións: Cancioneiro de Ajuda, Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Mención especial merecen as Cantigas de Santa María de Alfonso X "O Sabio", obra que amosa claramente o enorme prestixio acadado pola nosa lingua nesa época. Pero ademais das composicións líricas, tamén se escriben textos en prosa e importantes documentos. Unha parte dos textos que se conservan son obras que tratan da historia universal e de España, sendo as máis antigas a Crónica Xeral Galega e a Xeral Historia. Posteriores son A Crónica Xeral de España , A Crónica Galega de 1404 e A Crónica de Santa María de Iria. O galego era ademais a lingua de tódolos documentos escritos, notariais, administrativos, xudiciais, contratos, etc, e tamén empregado en obras de carácter científico, didáctico ou haxiográfico. Como resumo podemos engadir que o galego vivía entón unha época de pleno desenvolvemento. As cantigas de amigo son poemas líricos escritos por un home pero postos en labios dunha muller namorada. A muller expresa a súa paixón amorosa máis chea de dor ca de gozo, a súa resignada sumisión ó amor ou amigo ou ben a oposición da nai a ese amor. A maior parte son un monólogo no que a muller se dirixe á súa nai, a unha irmá, a unha amiga confidente, ó propio amado ou a algún elemento da natureza que aparece personificado. Algunhas veces, o destinatario responde e a cantiga cobra unha sinxela estructura dramática. As cantigas de amor son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama ou reflexiona sobre o amor ou sobre a amada. O temá é tamén o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home. As cantigas de amor galego-portuguesas xorden por imitación da poesía trobadoresca provenzal dos séculos XII e XIII, pero presentan diferencias: a canço provenzal está suxeita a unhas normas de versificación moi estrictas, mentres que as cantigas de amor eliminan case todos os elementos decorativos e presentan a paixón amorosa núa; na provenzal predomina o ton de ledicia e nas cantigas o poeta non é correspondido pola dama e predomina polo tanto a paixón infeliz. Os mais importantes trobadores medievais Galegos son: Martín Codax (Vigo), Meendinho, Pero Meogo, Paio Gomez Charinho (1225-1295), Joan Airas de Santiago (1230-1265), Airas Nunes, Pero da Ponte (1235-1260), Joan Mendez de Briteiros (1270-1320) e Estevo da Guarda (1280-1352). Galicia, do 1.300 ó 1.400 Ano 1312, a Orde do Temple é disolta polo decreto do Papa Clemente V. Os Templarios son perseguidos por toda Europa e refúxianse en novas “Ordes de Cabaleiros” como a de Santiago. No ano 1329, un grupo de Cabaleiros escoceses ao comando de Sir James Douglas, peregrinan ese ano a Compostela; levan con eles o corazón do que fóra Rei de Escócia, Robert Wallace de Bruce, nunha caixiña de prata e logo farán fronte ós musulmáns no sur da península, xurde deste xeito o nome de “Brave Heart”. No 1344 prodúcese unha revolta popular en Lugo contra o bispo Xoán Martins. No 1348, a peste negra chega á Galiza. É un ano fatídico para a Galiza porque á peste xónguese que comezan as políticas de colonización e aculturación casteláns, promovidas por Alfonso XI de Castela. O idioma Galego deixa de ser lingua oficial da Corte e comeza a perder posicións na sociedade; a Galiza tamén perde o seu voto nas Cortes Reais. Entre os anos 1366 e 1387, a nobreza Galega implicase nas loitas de sucesión ó trono de Castela e nos conflictos entre Castela e Portugal; a maioría dos nobres galegos toman partido polos portugueses na batalla de Aljubarrota, 1385, gañada por Portugal. Isto carrexa graves consecuencias para a orde política e social de Galiza, por mor da vitória do pretendente castelán Henrique de Trastámara.

No ano 1369, Fernando I de Portugal invade Galiza, sendo recibido con honores nas cidades; as tropas mercenarias chamadas “Compañías Blancas” ao servizo de Henrique de Trastámara forzan a retirada do rei portugués de territorio galego. 1386, John of Gaunt, Duque de Lancaster, desembarca en A Coruña e é aclamado como liberador na súa chegada a Compostela; seguirá coas súas tropas en Galiza ate o ano seguinte no que a peste negra asola a Galiza e John of Gaunt volta a Inglaterra. As revoltas Irmandiñas Ano 1418, as clases medias compostelás xúntanse en Irmandade para se liberar do dominio do arcebispo; no 1419, revoltas de semellante inspiración en Ourense, contra o bispo. No ano 1431 acontece a Primeira Guerra Irmandiña, coñecida como “A Fusquenlla”; revolta das clases medias galegas contra o poder feudal. A Irmandade Fusquenlla formouse no ano 1431 nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que Nuño Freire de Andrade, o Mao, trataba aos seus vasalos. A revolta iniciouse nas comarcas de Pontedeume e Betanzos e chegou a espallarse polos bispados de Lugo e Mondoñedo e a destruír algunha fortaleza nobiliaria, como o castelo dos Andrade na vila de Betanzos. As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de Castela e o arcebispo de Santiago. Roi Xordo, un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña. María Castaña No ano 1386, as revoltas comunais de Lugo, lideradas por María Castaña, dan morte ao bispo Don Lope. Compre deterse na figura de María Castaña porque existe unha grande controversia arredor da súa figura. Temos por unha parte que o Diccionario De Seres Míticos Galegos recolle a María Castaña ou Maricastaña como unha muller equivalente a Brancaflor, a filla máis nova das tres que tivo o demo, ou o mesmo que Auburn Mary, protagonista do relato británico 'A batalla dos paxaros'. Hoxe queda a frase feita 'ser dos tempos de María Castaña' moi empregada para expresa-lo significado consistente en ser moi antigo, trátase dunha fórmula anterior ó cristianismo que fai referencia ós tempos míticos, ou da historia e antes do patriarcado. Nembargantes, os que cren que é un personaxe que existiu afirman que viviu en Lugo a finais do século XIV e que encabezou unha revolta no ano contra o bispo Pedro Lope de Aguiar; baséanse para isto no testemuño recollido nunha obra titulada España Sagrada de P. Risco, onde se di: "No arquivo episcopal, no tomo I de pergamiños, encóntrase un instrumento de recoñecemento e satisfacción, dado o 18 de xuño de 1386, no que María Castaña, muller de Martín Cego, Gonzalo Cego e Alfonso Cego, confesan que lle fixeron moitas inxurias á Igrexa de Lugo e que mataron a Francisco Fernández, mordomo do bispo. Para satisfacción destes delictos doaron á catedral tódalas herdades que tiñan no couto de Creisa e obrigáronse a pagar mil maravedís de moeda usual, xurando que non farían dano endexamais, senón que antes axudarían de alí en diante ós recadadores da igrexa e do bispo'. Como queira que María Castaña, ou Mari-Castaña, sempre foi unha personaxe moi popular no rural Galego, atopamos, unha vez mais, arredor da súa figura un traballo de adulteración pan-hispanista que chegou ata as escolas; así, ata nos últimos anos da década de 1.960, nas escolas Galegas ensinábase que Mari-Castaña fora unha recoñecida narradora da corte de Carlos II que morrera nunha pelerinaxe a Santiago; dicir que non consta dato histórico algún da existencia desta cortesá de Carlos II, nin crónica ou libro onde sexa mencionada. Entre os centos de contos que comezan por “Nos tempos de María Castaña aconteceu…”, recompilamos na actual A Peroxa (Ourense) o seguinte que axustase case como unha crónica ó acontecido en Lugo: “Un día, estando na Penela a familia toda, a avó e maila netiña foron dar un paseo. Abaixabánse os tellados, era xa a tardiña, pero aínda ía calor, polo que sentaron os dous á sombra dun gran carballo de follas grandes, que só deixaba pasar unhas pequenas raiolas de sol. O avó díxolle á Maruxa que aquel carballo levaba alí desde que os avós dos seus avós foran vivir para aquelas terras, mais ou menos polos tempos de Maricastaña. - Avó,… ¿por qué dis que foi nos tempos de Maricastaña? ¿Qué queres dicir?, ¿Cando foi iso? - Fai moito, moito tempo, Maruxiña.Cando falo dos tempos de Maricastaña quero dicir que xa hai moito tempo que avós dos meus avós viñeron para estas terras; que xa pasou moito, moito tempo desde entón. - Pero ¿quen era esa señora? ¿quen esa Maricastaña?¿por qué falas dela?.

- Mira, Maricastaña foi unha muller que existiu de verdade, e que viviu hai mais de seiscentos anos na Provincia de Lugo, alá por Terras de Lemos. Foi unha señora moi coñecida porque, unha vez, protestou polos impostos que lle mandaban paga-los recadadores do Bispado de Lugo. A ela parecéronlle moitos cartos e sendo como era unha muller moi decidida, xuntouse con outras persoas que estaban na mesma situación e todos xuntos decidiron protestar, primeiro de palabra e despois pola forza. As palabras non foron escoitadas e entón Maricastaña encheu o mandil de pedras na Praza Maior de Lugo e berrou: ¡A eles que son poucos!. As pedras caían coma un trebón nas cabezas dos recadadores de impostos; os compañeiros de Maricastaña non o pensaron dúas veces e tamén agarraron pedras e coios contra os cobradores que non tiveron máis remedio que escapar ás carreiras cara á Catedral, pero un deles quedou ferido de morte. O suceso correuse entre as xentes como a pólvora; todos falaban da revolta de Maricastaña e os seus compañeiros. Pero a cousa non quedou así, porque diante dun delicto coma aquel, no que tomaron a xustiza pola man, tivo que se presenta-la Xustiza e detivéronos. Maricastaña chegou a ser condenada a morte, da que librou gracias ó favor do Rei e a pagar unha forte multa. Así puido seguir con vida e volver ás Terras de Lemos. O que ninguén puido evitar foi que, desde aquelas, a xente empregara esa expresión que eu che dixen: … foi nos tempos de Maricastaña… para indicar que aquilo foi xa hai moito tempo”. Por moi incrible que semelle, a personaxe de María Castaña acadou sona fora das fronteiras da Galiza e pasou a formar parte de lendas e textos en toda Europa. Hai un texto, datado no 1525 e de autoría de Francés de Zúñiga, no que se fai unha crónica burlesca de Carlos V nos seguintes termos: "allende desto, el doutor Villalobos, hermano mío en armas, y médico donoso de Su Magestad, me aconsejó que no me alexase de Toledo, porque si en el reyno no obiese alguna rebuelta pudiésemos faboresçer al arçobispo de Sebilla, Ynquisidor Mayor, y a la fe católica, porque ya no era tiempo de Maricastaña, quando se pasaba la mar en enjuto". Refírense a ela tamén nos “Cancionerillos de Munich” (1589-1602): "En tiempo que el Rey Thereso residia en Badajoz, y quando Maricastaña alla en Castilla reynò. Quando hablauan las bestias, aunque hartas hablan hoy, y cantaron sobre apuestas el asno y el Ruy señor. En aquella edad florida de que no gozamos hoy…”

1453-1454, a peste esténdese novamente polo País.

Ano 1455, o concello de Ourense dirixe o asalto ao pazo episcopal sendo secundado por familias da nobreza. No 1458 Varias familias aristócratas de Compostela e o concello da cidade asinan o pacto de “Antealtares” contra o poder do arcebispo. No ano 1465 Organízanse as irmandades de Ferrol, A Coruña, Betanzos e Pontedeume. 1567, criase a Irmandade Xeral do Reino de Galiza.

Entramos de cheo no que foi a primeira revolución da Europa que entraba na Idade Moderna que, a pesares do seu fracaso, xenerou con posterioridade cambios espectaculares como a implantación da Xustiza Pública, final da xeira dos Castelos e Fortalezas e dos seus Señores, devolución a eirexa dos bens usurpados perante a refeudalización, transformación do nobre feudal Galego en Cortesán, revisión das rendas xurisdiccionais da Audiencia de Galicia e un longo etc. Estamos a falar da Grande Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos 1467-1469. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de Alonso de Lanzós e co apoio de varios concellos (A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que chegou a provocar. Anos de malas colleitas e pestes provocaron a revolta popular. Segundo os testemuños do preito Tavera-Fonseca, os irmandiños serían arredor de 80.000. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como cóengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza. Pedro de Osorio, actuou no centro de Galicia, sobre todo na zona de Compostela, Alonso Lanzós, dirixiu a revolta na zona norte de Galicia e Diego de Lemos, dirixiu as accións irmandiñas no sur de Lugo e norte de Ourense. O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o mellor estudioso do período Carlos Barros chama mentalidade xusticeira e antiseñorial da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como “malfeitores”. Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruíron arredor de 130 castelos e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños que, pola contra, non atacaron

aos eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara Portugal ou Castela. En 1469, Pedro Madruga inicia dende Portugal o contraataque feudal, contando co apoio doutros nobres e das forzas do arcebispo de Santiago de Compostela; as tropas feudais contando cunha mellor tecnoloxía de guerra, sábese que as tropas de Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces, venceron aos irmandiños, prenderon e mataron aos seus líderes. Para Carlos Barros “foi un levantamento social e nacional, se entendemos por nacional esa visión da historia de Galicia en positivo, porque eles aprovéitanse do rei lexítimo dese momento Enrique IV, para lograr uns documentos que autorizaban o derrocamento das fortalezas. Aprovéitanse de que Enrique IV tiña problemas coa nobreza galega para facer o que chamamos unha especie de teaza. O caracter nacional do levantamento ven determinado por catro aspectos moi importantes: espacio social, espacio lingüístico, espacio institucional e conciencia galega. É marabilloso para os que estudiamos iso ver como o derrocamento de fortalezas ó chegar ao río Miño para. Ó chegar a Ponferrada para, e ó chegar a parte oriental de Asturias para. É dicir que a rebelión ten lugar no espacio social da Galicia medieval e no espacio lingüístico galego. A porta de Galicia no século XV e Ponferrada, que era base principal do Conde de Lemos. Os documentos da Santa Irmandade do reino de Galicia están todos en galego. Creo que os documentos que a xunta da Santa Irmandade intercambiou co rei ían en castelán. No preito de Tabera-Fonseca de 204 participantes na revolta e herdeiros falan do que foi a revolta irmandiña 60 anos despois o 100% fano en galego, o que pasa que nese momento unha castelanizada aristocracia eclesiástica e o seu escribáns e notarios fan traducción simultánea. O espacio institucional desta revolta e o Reino de Galicia, existindo conciencia delo porque as testemuñas do preito Tabera-Fonseca din que se levantaron as xentes do Reino de Galicia en Santa Irmandade. O suxeito que se esta a mover é o reino de Galicia. Eles sentíanse do reino de Galicia e expulsan a cabalería feudal malfeitora de Galicia, sobre todo ós que se resistiron coas armas e ós outros deixáronos nun exilio <…> existe unha conciencia en positivo de formar parte dunha comunidade que ten intereses comúns e que se diferencian doutros, e neste caso ter unha lingua, podemos afirmar con todo isto que a revolta irmandiña é a derradeira manifestación nacional da Galicia medieval” Para rematar, un pequeno apunte dunha conferencia de Carlos Barros en que “A revolta irmandiña é a refundación da nación galega. Creo que tanta importancia ten os acontecementos da plena idade media (o nacemento da lingua, clases sociais galegas, reino de Galicia...) como o acontecido na baixa idade media, xa que o cambio de hexemonía da alta nobreza laica e eclesiástica e o pobo galego evitase que o fin do feudalismo sexa o fin de Galicia como nación. Queda un bloque social moi poderoso e moi forte que explica que se resistira nos séculos XVI, XVII e XVIII a asimilación centralista e castelanizante. Rosalía puido facer a súa poesía porque os descendentes dos irmandiños aínda estaban presentes, falando galego”. O Mariscal Pardo de Cela O Mariscal Pardo de Cela é un personaxe envolto nunha lenda romántica, que transmite unha imaxe mítica, posiblemente non moi rigorosa coa realidade histórica pois, segundo datos contrastados, na meirande parte da opinión pública da época era un cabaleiro malfeitor, diríase que un tirano. Os feitos son que, afogada a insurrección Irmandiña, Pardo de Cela é o único nobre galego que manifesta unha intención represiva; no preito Tabera-Fonseca dille ó Conde de Lemos (grande figura da nobreza galega da época, que uniu Pardo de Cela para derrocar os irmandiños de Lugo): "Señor conde encha os carballos cos seus vasalos"; afortunadamente o Conde de Lemos non fixo caso do que lle propuxo o Mariscal. O fracaso da Revolución Irmandiña, que era a esperanza popular de modernización da sociedade feudal, debeuse en parte á oposición dos señores e bispos galegos, non dispostos a perder os seus privilexios; Pardo de Cela non dubidou en facerlles fronte aos sublevados e nel pódese simbolizar a decadencia da nobreza galega. Posiblemente o gran soño de Pardo de Cela era unha Galiza independente de Castela con el o fronte, como Rei absoluto. Nado preto de Betanzos, herdou unha das posesións familiares máis importantes do país. Casando coa filla do conde de Lemos, sobriña do bispo de Mondoñedo e curmá da logo raíña de Castela, situouse na cima da nobreza galega. En recoñecemento á súa axuda na batalla de Olmedo, recibiu de Enrique IV o título de Mariscal. Á morte deste, desencadeouse a guerra de sucesión entre a súa única filla, bastarda, Xoana a Beltranexa, e a irmá do rei, Isabel, que se autoproclamou raíña de Castela. O poderoso bispo compostelán Alonso de Fonseca e media nobreza galega (tamén os Pardo de Cela) estaban de parte de Isabel; do lado da Beltranexa, Pedro Madruga, Conde de Caminha, e o rei de Portugal, Afonso V, seu esposo, que buscaba a unión política nun poderoso reino atlántico. Derrotada a Beltranexa, Isabel comezou a impoñer a súa autoridade nos reinos peninsulares. Para controlar o poder da nobreza, enviou a

Fernando de Acuña como Gobernador e Xustiza Maior do Reino de Galicia e executor da "doma e castración do Reino de Galicia". Receoso de Acuña, Pardo de Cela, que podía acumular un enorme poder como herdeiro do conde de Lemos, conseguiu o amparo da raíña, que garantiu por escrito a súa vida. Aínda así, cercado na Frouxeira e refuxiado logo no castelo de Castro de Ouro, pola traizón duns criados caeu preso. Foi condenado a morte polo Reis Católicos e degolado o 17 de decembro de 1483; conta a lenda que mentres a cabeza do Mariscal rodaba pola praza maior de Mondoñedo, recitando a famoso credo, credo, credo, un cóengos de Mondoñedo, por mandato do seu bispo, entretiñan a súa muller (na ponte chamada dende aquela do pasatempo) agardando oíla campá da catedral tocando a morto, impedindo polo tanto que chegara a tempo o indulto rexio. Con independencia da mitificación deste personaxe, o proceso e a morte de Pardo de Cela, e despois a de Pedro Madruga, facilitaron a política de control centralista e pacificadora do territorio galego dos Reis Católicos. A Xunta do Reino de Galicia Das revoltas Irmandiñas e como consecuencia directa de elas, no ano 1480 os Reises Católicos crearon a Xunta do Reino de Galicia ou Xunta de Galicia, nomeando a Fernando de Acuña como o seu primeiro gobernador. Segundo Murguía, as funcións da Xunta de Galicia eran, entre outras, as seguintes: "concedía, recadaba e as veces repartía os impostos; prestaba a outras rexións os sobrantes dos seus caudais e non hai, perante os tres séculos que desempeñou tan importante misión, un só desfalco das rendas públicas. Organizaba e mantiña o seu exército e construía escuadra naval propia. Tiña o seu tesouro e facenda, e o seu cargo estaban as vías de comunicación, as obras públicas, a provisión de bastimentos e a policía". Os Séculos Escuros No ano 1480, a coroa de Castela procede contra a cultura nacional galega; un exemplo: os escribáns públicos galegos terán que ser examinados polo “Real Consejo” en Toledo, mudando os seus formularios galegos polos casteláns. A tentativa de xenocidio das señas identitarias da Galiza atopa importante resistencia, no 1483 os concellos galegos reclaman a nacionalización galega da “Santa Hermandad”; intensifícanse as campañas para someter definitivamente a nobreza galega rebelde, esta ofensiva foi chamada “Doma y Castración del Reino de Galicia”. A presión do castelán afoga ó galego en todos os niveis comunicativos de certa formalidade, e este proceso non foi algo natural, senón que unha serie de motivos políticos, fundamentalmente, provocou esta situación. Na realidade foi unha das consecuencias da política de aniquilación da Identidade Galega que puxeron en marcha os Reis Casteláns, a penetración de nobres casteláns no país foi intensa e na alianza co que aínda se mantiña da antiga clase dirixente galega, era requisito indispensable o cambio de lingua. A desgaleguización produciuse, nun principio, nos ámbitos máis formalizados, e inmediatamente tamén a nivel familiar. Os cargos civís e eclesiásticos máis importantes tamén foron concedidos a persoas non galegas e, por estes e outros motivos, o galego deixou de ser a lingua das clases sociais máis altas e quedou reducido ó ámbito de lingua de uso cotián para as clases traballadoras, no seu nivel oral. Desde os invasores, promoveuse a percepción de que aqueles que tiñan máis cultura e máis cartos falaban castelán. O feito de que os ricos e os que gobernaban falasen unha lingua e a inmensa maioría do pobo falase outra, tivo consecuencias pouco positivas para o idioma dos menos podentes. Como o Castelán era o idioma dos poderosos e dos cultos, todos acabaron por pensar que o Castelán mesmo era un idioma poderoso e culto e que o Galego era moito menos fino e civilizado. Se se chega á conclusión de que unhas linguas son mellores ca outras, axiña se pensará, tamén, que unhas valen para as cousas serias e importantes e outras só para circunstancias máis informais e caseiras; de aí que os Galegos deixases de escribir na súa lingua. Co tempo, nun paso máis da limpeza identitaria á que Galiza se viu sometida, cando xa se esquecera de que o Galego tivera unha florecente lírica medieval, tamén se lle daría a volta á argumentación: “se un idioma non posúe literatura será porque non vale para os conceptos elevados, e se non dá expresado ese tipo de ideas, será porque en realidade non ten a categoría de lingua, senón só de dialecto”. Agora ben, o feito de que os nobres que chegaron de fóra se desenvolvesen en castelán, ou de que no século XV se deixase de facer literatura en Galego, non significa que a partir dese momento o noso idioma desaparecese do mapa. Os labregos, os mariñeiros, a nobreza autóctona e os poucos burgueses que había nas cidades seguiron falando a nosa lingua, aínda que non a escribisen.

A pesares dos esforzos empregados polos Casteláns para que trunfase a limpeza da identidade idiomática e cultural da Galiza, a actividade literaria non morreu de todo. Atopamos unha importante cantidade de mostras de literatura popular, elaborada anonimamente e divulgada de xeito oral. Tamén se recolleron moitos vilancicos que se cantaban no tempo do Nadal, e ademais coñécense algúns autores que nos deixaron parte do seu labor poético e que son un exemplo do que puido ser a literatura galega durante os séculos escuros se non fose pola imposición da lingua de Castela. Un exemplo é o “Soneto da Condesa de Altamira”, Sabela de Castro e Andrade, composto no último tercio do século XVI en loanza do poeta Alonso Ercilla, autor de “La Araucana”. Son importantes así mesmo os sonetos que compuxeron Gómez Tonel e Vázquez de Neira con motivo das exequias da raíña dona Margarida de Austria, que datan do ano 1611, e unhas graciosas décimas ó Apóstolo Sant-Iago, en contra dos que querían facer copatroa de España a Santa Tereixa de Xesús, feitas por Martín Torrado.

Cumpre subliñar que nestes “séculos escuros” para a Identidade Galega en xeral e para o idioma Galego en particular, hai unha forma literaria na que se impón o Galego. Entre os séculos XVI e XIX, os músicos das catedrais da península desenvolveron unha forma literaria que combinaba características da literatura culta e da popular: os vilancicos de Nadal. Xa antes había vilancicos (panxoliñas, nadais, reis) inventados e cantados polo pobo para celebralo nacemento de Cristo; de eles sacaron os autores cultos o modelo para as súas composicións de Nadal. Os novos vilancicos, os das catedrais tamén adoptaron estrofas breves e sinxelas, usaron recursos paralelísticos e música con ritmos de tipo popular; pretendían así conectar mellor coa xente humilde que acudía ás celebracións litúrxicas. Pero quizais o máis interesante de todo é que tanto os vilancicos que compuxeron os músicos cultos de Galicia, como os que crearon os de Portugal, de Castela, de Aragón, de Andalucía ou de Cataluña levaban a letra en Galego ou, mellor dito, nunha mestura de Galego e de Portugués. ¿Cal é a razón?. Comecemos lembrando que os autores dos Evanxeos, cando contaron o nacemento de Xesús, quixeron insistir en que Deus chegara ó mundo en condicións de miseria, rodeado das xentes máis pobres e desprezadas da sociedade da época e non dos reis e os señores dos pazos; aínda que o nacemento de Xesús entre os pobres foi interpretado de moitos xeitos ó longo da historia, o relato en si mantívose sempre como unha parte esencial da simboloxía do Nadal, igual cós Reis Magos ou os anxos. Pois ben, os autores dos vilancicos fixeron algo parecido: actualizaron a chegada de Cristo e rodeárono das xentes pobres e desvalidas da época; é dicir, de Galegos que emigraran a Castela e a Portugal para traballaren de criados, de augadores, de segadores, ou mesmo para agacharse e fuxir das persecucións. Os vilancicos están postos en boca destes nosos paisanos, que seguramente falarían na súa lingua ou nun castelán e nun portugués cargados de galeguismos; e, ó redactaren estas composicións nunha mestura de linguas, e non directamente en galego, os seus autores asegurábanse tamén de que o público de Castela ou de Portugal os puidese comprender. Ademais, como moitos compositores e moitos destinatarios de vilancicos non eran galegos, tampouco se notaba moito se parte da mestura que facían era unha invención ou contiñan expresións que nunca se escoitarían na boca dun auténtico Galego. Neste lóbrego e pouco esperanzador panorama, cumpre destacar actitudes como a de Sabela de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, quen no ano 1523 négase a asinar un documento por estar este en castelán.

No 1485, Diego López de Haro é nomeado Gobernador Xeral de Galiza, dirixe a chamada “Xustiza Mayor” encargada de perseguir e represaliar ós disidentes galegos que resisten á ocupación dos Reis Católicos; criase a “Real Audiencia” como soporte institucional do gobernador xeral. No ano 1486, coa batalla de Ponferrada e a caída do Bierzo, e coa retirada a Portugal de Pedro Álvares de Soutomaior (Pedro Madruga), remata a resistencia frontal da nobreza galega ós Reis Católicos. Aparentemente, a limpeza identitaria da Galiza está completa, a partires de entón a clase dirixente da sociedade galega (nobreza , clero, altos cárregos da administración) será substituída por xente de fóra; imponse o sistema castelá de pesos e medidas, prohíbese toda clase de ligas, confederacións, confradias, reunións numerosas en vodas, velatorios ou bautizos. A Galiza pasa a ser un País brutalmente oprimido polos Reis Católicos que, ensanguentando á Terra, gañan o envite pero non poderán evitar que a Identidade Galega forxada no último milenio perviva e renaza.

No ano 1490, instalase en Ourense a primeira máquina tipográfica para imprimir prensa –Prelo- da Galiza. No 1492, os xudeus son expulsados de Galiza. No 1493, Cristóbal Colón chega a Baiona de volta da súa primeira viaxe a América. Entramos de cheo nos chamados “Séculos Escuros” que van do XVI ó XVIII. Como dicíamos fai unhas liñas, esta xeira da historia de Galicia e especialmente da súa lingua está caracterizada polo absoluto

silencio literario. Despois do esplendor cultural (sobre todo poético) de Galicia na Baixa Idade Media, as circunstancias históricas -sobre todo a súa adscrición o reino de León e Castela- levárona a unha dependencia cada vez maior do centro Castelán. Mentres que Portugal se independiza, Galicia queda absorbida polo reino de Castela. Parella á decadencia política vai a decadencia cultural autóctona ou propia, que culmina precisamente nestes séculos, nos que a producción literaria está constituída por moi poucos textos en galego, a característica principal é a marxinalidade, a circunstancialidade e, en definitiva, o conxunturalismo: a maioría das manifestacións literarias débense a feitos alleos á propia inspiración poética, ou o propósito da creación dunha literatura autónoma en si mesma. Aínda nesta situación hai dúas institucións que lembran, sen querelo o centralismo, a peculiaridade identitaria da Galicia; son a Capitanía e as Xuntas. A concesión da Capitanía Xeneral, expedida polos Reis Católicos o 29 novembro de l494 a favor de Gonzalo de Córdoba, supón na práctica unha certa independencia administrativa da Galiza. A condición de Capitán Xeral uníuselle o cargo de Gobernador e ven a sustituir os Condes que gobernaron durante a Idade Media. O primeiro gobernador-capitán xeneral do Reino de Galicia foi Fernando de Acuña, que chegou a Santiago de Compostela a finais de 1480. Na Real Cédula fechada en Toledo o 3 de agosto de l480 sinalábase que a súa designación tiña como obxectivo “gobernar e manter os nosos pobos en toda quietude e xustiza e defender os nosos súbditos e naturais de todas aprensións e violencias”, o historiador González López sinala que Fernando de Acuña “condùxese na Galicia como un xefe militar en territorio ocupado”. Os poderes do capitán xeneral eran moi amplos e, segundo López Ferreiro, cumpríalle coñecer e fallar calquera causa civil ou criminal, desterrar a calquera persoa que se crese necesario, pretenden os que entende que debían ser presos; poñer xuíces e correxidores onde crera o concurso de toda a xente da guerra do país. A división en cidades que posuía coma xefe militar e presidente da audiencia provocou a pugna entre as cidades da Coruña e Santiago. As Xuntas do Reino eran, exceptuando as Cortes, a institución “Parlamentaria”, que desempeñou o papel máis importante nestes séculos de baixa representación xeral e estamental. Foron un instrumento que a monarquía utiliza para a súa política e, ata 1834, unha proba do recoñecemento da identidade do Reino de Galicia . Eran, unha institución feble politicamente; reuníase, cando as necesidades o requirían, por convocatoria do monarca, do gobernador ou do Real Acordo. Carecían de poder para discutir tanto os impostos como os servicios, tampouco posuían local propio ou persoal fixo; trátase dunha institución absolutamente sometida as esixencias da monarquía, tanto é así que, en algunha ocasión, o negarse os procuradores a conceder servicios, foron chamados o presencia do Gobernador. O proceso de xuntanza comezaba despois de recibida a convocatoria da Xunta polo rexedores de cada cidade, neste intre elixían un de eles que se desprazaba ò lugar no que tiñan efecto as xuntanzas. Non quedan claros cales eran os criterios que seguían para a elección; as veces un mesmo rexedor concorre a varias Xuntas e en outros casos non. As Xuntas expresaban o sentir dos fidalgos, representan ás oligarquías urbanas, aínda que non sempre a fidalguía se sentiu identificada cas Xuntas. No 1665, os fidalgos solicítanlle o rei Carlos II que se volvese a revitaliza-la figura dos Fidalgos do Reino. Durante o século XVII celebráronse 38 Xuntas polo menos, finalizada a guerra con Portugal as Xuntas atrevéronse a mostrarse reticentes a hora de conceder pedidos. Por datas, o mais destacable que sucede na Galiza pode resumirse no seguinte: 1519, o rei Carlos I establece a súa corte real na Coruña e Compostela. 1520, Xuntanza da nobreza galega en Melide. 1523, a condesa de Altamira négase a asinar un documento por estar este en castelán. 1525, Alonso de Fonseca funda a Universidade de Santiago de Compostela. 1528 Creación da Xunta do Reino de Galiza. 1556 O rei de España Filipe II pon baixo dominio ástur e leonés boa parte dos lindes orientais de Galiza; as comarcas e bisbarras galegas de Entrambasaugas, As Portelas e o Bierzo fican fora do territorio galego. 1573 Galiza perde o dereito a desenrolar comercio marítimo con América. 1571 Galiza participa coa súa propia bandeira na batalla de Lepanto. 1574 A “Inquisición Española” estableceuse en Compostela coa oposición do cabildo catedralicio e o concello. 1575 Primeiro “Acto de Fé” da “Inquisición Española” en Galiza. 1576 Nace Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos; foi un importante intelectual e autor de “El Buho Gallego” onde fai un grande alegato na defensa de Galiza. 1588 A chamada “Armada Invencível” fondea na Coruña xusto antes de saír para as illas británicas. 1589 A Coruña, con tan só 4.000 habitantes e 1.200 soldados procedentes da Gran Armada, defendese e

rexeita os 23.000 homes e 120 barcos de Drake e Norris. 1598 O Garda do convento Franciscano de Compostela, Frei Mateo de Oviedo, é nomeado arcebispo de Dublín con residencia en Compostela. 1601 Parten da Coruña 42 navíos con mais de 3.000 homes, a maior parte deles galegos, con destino a Irlanda. A expedición está liderada por Frei Mateo de Oviedo. Moitos deles voltarán a Galiza xunto con moitos refuxiados irlandeses, despois de ser derrotados polas tropas inglesas da monarquía Tudor. A caída de Cionn t-Sáile representará o final do sistema social e económico gaélico en Irlanda. 1603 O Xesuita Thomas White funda en Compostela o Colexio de Irlandeses, destinado à formación de misioneiros irlandeses e servir de centro educativo para fillos de nobres irlandeses refuxiados en Galiza e noutras áreas de Europa. 1610 Introdúcese o cultivo de millo en Galiza; o Barbanza será a primeira bisbarra en cultiva-lo. 1617 Cangas do Morrazo e Vigo son atacadas por piratas magrebís. 1622 Dez navíos piratas magrebís son destruídos cando atacaban as vilas da ría de Arousa. 1621-23 Os esforzos mancomunados das sete grandes cidades galegas, dos Condes galegos de Lemos, Monterrey e de Frei A. De Soutomaior conseguen a recuperación do voto de Galiza en Cortes a prezo de 100.000 ducados. Foron dous votos a repartir entre as sete cidades galegas. 1630 O millo groso substitúe ao millo miúdo nas rías baixas e logo no resto da Galiza. 1633 A Xunta do Reino de Galiza constrúe unha flota para a defensa da costa; autorízaa Filipe V e estaba formada por 8 navíos. 1639 Perdese a flota da Xunta do Reino de Galiza no estreito de Dover; acontece durante a guerra dos 30 anos ó seren atacados por unha flota Holandesa cando carrexaban tropas a Flandres. 1658 A Xunta do Reino de Galiza nomea coma 1º cronista oficial de Galiza a Frei Agostiño Filipe de la Gándara quen en 1662 publica “Armas y Triunfos de los Hijos de Galicia”. 1662 Revolta popular na Coruña contra das levas militares. 1665 Establécese o estudio Xeral de Santiago. 1668 Xurde a primeira manufactura de Galiza en Sada. 1673 Sublevación no concello de Refoxos contra o mosteiro de Celanova. 1676 Nace, en Santa María de Meliás, Benito Xerónimo Feijoo. 1685 Os flamengos Adrián Roo e Baltasar Kiel instalan en Sada a primeira industria téxtil de Galiza. 1695 Nace, en Vilafranca do Bierzo, Martín Sarmiento. 1696 Revolta labrega contra o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. 1702 Batalla de Rande na Ría de Vigo, onde unha escuadra anglo-holandesa que persegue un cargamento de ouro, derrota à escuadra hispano-francesa que fondeaba no porto vigués. 1711 O Rei de España nomea un “Intendente de Galicia” 1719 Barcos inglesas atacan as costas galegas ao tempo que Galiza recebe a visita de James III, pretendente xacobita ao trono de Escócia. 1726 Fundación do Asteleiro Real de Ferrol. 1741 Fundación de Naturais e Orixinários de Galicia, en Madrid; a primeira organización asociativa criada por emigrantes galegos. 1749 Neste ano empeza a construcción da estrada de A Coruña a Madrid. 1763 Real orde sobre os Foros. 1764 Morre Frei Benito Jerónimo Feijoo. 1767 Expulsión dos Xesuítas. 1772-1779 Emigración de familias galegas cara Uruguai e Patagonia. 1772 Morre en Madrid Frei Marín Sarmiento. Cumpre dicir que a situación de abandono e incomprensión dos “Séculos Escuros” empezou a mudar a finais do XVIII gracias ó labor dalgúns ilustrados que defenderon que o Galego era unha lingua coma calquera outra. A figura máis relevante foi Frei Martín Sarmiento, que non só se preocupou polo estudio do galego, senón que tamén denunciou a marxinación que sufría na escola, na administración e na Igrexa. A partir de Sarmiento, algúns outros ilustrados tomaron o galego coma punto de partida para as súas investigacións, mais sen o interese que aquel amosara. A “Ilustración Galega”. 1783 Fundación da Sociedade Económica de Amigos do País en Lugo. Aos poucos meses e con o mesmo nome constituirase outra agrupación en Compostela da que será unha das primeiras expresións da “Ilustración Galega”. No século XVIII, a Galiza, como o resto da Europa, veu xurdir un movemento que representou un novo interés polas ideas e o progreso material, que coñecemos con o nome de Ilustración ou Iluminismo. A

chegada da nova dinastía borbónica ao trono de España, a instauración do centralismo de inspiración francesa, a unificación das coroas de Castela e Aragón, supuxo, paradóxicamente, un alivio do longo período de sometemento e dominación do país galego, ate ese momento víctima dunha represión sobor dos seus elementos identitarios que acada extremos inimaxinables. Así, nun momento dun certo auxe económico, alternado de crises terribles como a de 1768-1769, que veu milleiros de campesiños acudir á Catedral e mosteiros da cidade de Santiago de Compostela para non morrer de fame, a apertura do porto da Coruña ao comercio con as colonias americanas, as boas rendas que percibía o Arcebispado de Santiago, así como os innumerables mosteiros que se multiplicaban por todo o país, a renovación urbanística emprendida pela cidade, son indicios que mostran un novo dinamismo económico e cultural. Simultaneamente, figuras como o Padre Feijoo e Frei Martín Sarmiento, galegos que viviron a maior parte da súa vida fora da súa terra, pero que, sobre todo o segundo, tiveron sempre a Galiza no centro do seu interés. Estes dous monxes exerceron unha enorme influencia, tanto no pensamento como nas clases dominantes do seu tempo e mantiveron unha fluída comunicación con as correntes intelectuais europeas contemporáneas. O Padre Feijoo (1676-1764), autor do inxente “Teatro Crítico Universal”, intenta esbozar un orden social harmónico partindo do existente, critica as supersticións da relixión e as crenzas populares, sobre todo a súa mais vistosa representación, os pretendidos milagres, que “afeaban” a imaxe do catolicismo, sobre todo fronte a sobria, austera e próspera relixión protestante, de modo que os mesmos protestantes o viron encamiñarse na súa dirección, o que tivo que desmentir categoricamente. E con razón, porque en 1739 un edicto da Santa Inquisición mandaba borrar “In Totum” os párrafos 74 e 75 do Discurso II do Tomo VIII do “Teatro Crítico Universal”, recen aparecido, por conter “doutrina perigosa”. E en 1746 ten que padecer unha chuvia de impugnacións a súa obra, de modo que o propio rei Fernando VI, sobre o que gozaba de certa influencia, e para protexelo efectivamente, o nomea membro do seu Consejo de Castilla, pola “general aprobación y aplauso que han merecido en la república literaria, a propios y extranos, sus útiles y eruditas obras”, o que non debeu de bastar, porque solo dous anos mais tarde unha Real Orden prohibía a publicación das impugnacións as obras do Padre Feijoo. Dicir que nunca tivo unha idea moi favorable dos folclores e culturas populares, e mostrábase moi escéptico co fenómeno do Camiño de Santiago, a diferencia de Frei Martín Sarmiento, con o que coincidiu nas súas estancias nos Mosteiros de Lérez e Poio, en Pontevedra, e do que probablemente foi o seu mestre, iniciando unha relación que duraría moitos anos. Pedro José García Balboa (1695-1772), desde 1716 “Fray Martín Sarmiento”, home de intereses universais, gran botánico, a súa instancia créase o Jardín Botánico de Madrid, é consultado para a formación do Gabinete de Historia Natural, da Biblioteca Real e consultor de adornos do Palacio Real. Escribiu sobre Obras Públicas, con maior ou menor fortuna, a pesar de vivir enclaustrado na súa cela do convento de San Martín en Madrid, da que saía raramente, salvo para viaxar a súa terra natal, onde fixo unha descrición sorprendente da flora local, por non falar do interés que demostrou na súa lingua, algo absolutamente sorprendente no contexto do centralismo borbónico do século XVIII. Interesado pola cultura científica europea da época e ao mesmo tempo xenófobo, Sarmiento reivindica o Galego como a lingua peninsular mais próxima ao latín, e fustriga ao mesmo tempo os casteláns, que escravizaban os galegos e pensaban, como Góngora, que estas terras eran só “un conjunto de montañas áridas, incultas e inhabitables” (había que “correlos de vergonza”) –a Galiza contaba con “848.000 almas de comunión, ó sea, la séptima parte del vecindario de España”-; como os portugueses, aos que acusaba de “desagradecidos”, de “trato pernicioso para os galegos”, e chegaba incluso a dicir: “o mellor de Portugal é un apéndice da Galiza, e o mais suave da súa lingua unha autorizada trasfornación ao moruno da dulzura da lingua galega”. Na súa cela, ao modo das innumerables “Wunderkammer” que había por toda Europa naqueles tempos, reunía abundantes obxectos curiosos, cacharros con plantas para experimentos botánicos, moedas antigas, unha biblioteca que se pretende de oito mil volumes, cadros do monxe Ricci, do Spagnoletto, e desde aquí, posiblemente por medio da súa relación con o seu protector o Duque de Medina Sidonia, exercía unha importante influencia na Corte. Era intransixente con mouros, xudeus e protestantes, na mellor tradición católica, ao mesmo tempo que se declara contra a afición hispánica as abstraccións, vaguidades e charlatanería, e propón un sistema de ensino baseado nas ciencias físicas e naturais feitas no idioma vulgar. A diferencia de Feijoo, home do Iluminismo que pretendía desterrar supersticións, bruxerías e fantasmas, Sarmiento quere preservar o seu recordo, como resto de crenzas do pasado remoto. En 1743 pide a creación de bibliotecas e xardíns en todas as cidades, como acontecía en case toda Europa, ou eso pensaba. É o primeiro en traducir ao castelán os termos botánicos, se ben con dificultades. Sarmiento é o primeiro autor en varios séculos que tenta dignificar o uso do Galego, aplastado e ridiculizado entre o castelán e o portugués; o que non quere dicir que él o utilizara con moita frecuencia,

se ben fixo innumerables e encomiables traballos sobre etimoloxía de termos en Galego, sobre todo referidos a botánica e toponimia. Non se pode dicir que ningún dos dous relixiosos tivera unha actitude sequera levemente rupturista con o que ate aquel momento había de estructuras políticas, sociais ou relixiosas, quizás non puidera ser doutra forma, tendo en conta a institución a que pertencían, e incluso Sarmiento, ocupa varios anos en rebater na súa “Obra de seiscientos sesenta pliegos” un papel que publicaran os avogados da Coruña contra os foros e terras que ocupaban os benedictinos na Galiza, e que contribuían a arruinar e empobrecer aínda mais os campesiños galegos, o que parece que contradí os seus afáns reformistas. Concibe un progreso social baseado nos progresos técnicos, que ten que ser moi lento e gradual, baixo as estructuras existentes, que, eso sí, teñen que ser melloradas. O Padre Feijoo parece que chega mais lonxe, situándose en fronteiras perigosas na súa crítica da milagreiría e supersticións contrarreformistas, o que lle valeu os apuros xa citados anteriormente, pero situándose nunha perspectiva que algúns poderían considerar menos moderna pola súa pouca afición por folclores, ritos ou peculiaridades rexionais. Nun país, a Galicia, onde, a pesar de sufrir unha férrea dominación externa, o estado central só empezaba a ter un mínimo de presencia, a Igrexa Católica era a estructura de poder mais visible, e, como tal, pódese xulgar responsable principal do status quo: Martín Sarmiento quéixase amargamente que desde a “Doma e Castración” do Reino da Galiza todas as altas xerarquías do monacato galego estaban en mans de casteláns, pero non dubidou en vivir a maior parte da súa vida en Madrid, cidade por él moi criticada pero onde gozaba de enorme influencia. As veces parece que a reivindicación que fai das cousas galegas mais parece unha reivindicación das súas orixes para reforzar a súa posición de típico eclesiástico intrigante. O reformismo do s. XVIII tamén abarcou a Economía, se ben, mais que propoñer novos sistemas económicos, o que se pretendía era reforzar o existente mediante a mellora da productividade. Propugnábase o mantemento da sociedade agrícola, con o fortalecemento dos sectores industrial e comercial. Critícase o orden feudal ( mais referido ao tremendo dominio da propiedade da terra por parte da Igrexa Católica), pero sen suxerir un orden alternativo. Fúndanse, dentro do espírito da época, institucións como a Academia de Agricultura de Galicia, sempre constituídas por iniciativa particular, que só conseguiu sobrevivir desde 1765 ate 1774. O seu principal promotor foi José Cornide Saavedra (A Coruña 1734, Madrid 1803), figura emblemática do reformismo galego, político, xeógrafo, naturalista, moi ligado a Corte e a Monarquía. Un pouco mais de sorte tiveron as sociedades económicas, bastante mais tardías. Así, en 1783 créanse a Sociedad Económica de Amigos del País de Lugo e a Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (a aprobación real non chegaría ate 1784 no caso de Santiago e 1785 no de Lugo). A composición de estas sociedades é moi significativa dos estamentos sociais predominantes: a de Santiago foi promovida polo alto clero catedralicio, que estaba ligado con a Universidade, con elementos da nobreza e da burguesía comercial. Os fines declarados eran o aumento da producción, o establecemento de novas industrias e a loita pola liberalización comercial. Coñécense iniciativas acompañadas dun certo éxito, como a implantación de varias industrias locais e o descubrimento dunha mina de carbón, e outras mais desafortunadas como o fomento de cultivos industriais como liño, cáñamo e seda. Moi ligada con a Sociedad Económica estaba a Universidade de Santiago, que desde 1730 acollía un importante número de cregos ilustrados, sobre todo en torno do Colexio de Fonseca, reducto do bloque manteísta, que era partidario duna reforma que dera primacía as ciencias experimentais. Pero en 1781 o Consejo de Castilla, (non esquezamos que a Galiza non tiña ningún tipo de institución representativa, e non era recoñecida como Reino, nin sequera como rexión) nomeou rector a Páramo y Somoza, un dos fundadores da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, na que, polo bando manteísta, tiña tamén entre os seus membros a Luís Marcelino Pereira, Catedrático de Matemáticas. Entre o bando mais progresista tamén pódese citar Pedro Pardo de Bazán, Catedrático de Institucións Civiles, crego e líder do movemento liberal compostelán, e posteriormente aberto colaborador do exército francés, e Francisco del Valle Inclán, líder do bando anticapitular na crises universitaria de 1779. Nesta época, ademais da relativa prosperidade de cidade de Santiago, que era a mais grande cidade galega, tamén prodúcese na Coruña un interesante ímpeto constructivo propiciado pola apertura do seu porto ao comercio as Indias e o consecuente auxe da burguesía local, mais a presencia das institucións representativas do poder central. Así, o edifico que albergou a Real Audiencia de Galicia, posteriormente Capitanía Militar, construído entre 1748 e 1753. Tamén poden sinalarse interesantes exemplos de urbanización como o das Casas de Paredes custeadas, a partir de 1779 por membros do comercio da cidade, enriquecidos gracias a habilitación do porto ao comercio ultramarino, levantadas segundo a idea do Capitán Xeneral Martín Cermeño.

Tamén é interesante o esforzo urbanístico e constructivo na cidade de Ferrol, que se convertería nesta época nunha das grandes bases da Mariña española, e que foi remodelada completamente, ofrecéndonos así un completo exemplo de arquitectura planificada, relativamente ben conservada. Así configúrase un cadro rico e variado de reformismo, non só teórico, que conseguiu resultados visibles, pero que non tivo continuación, porque os tempos sucesivos de invasións napoleónicas, salvaxes reaccións absolutistas e xeral embrutecemento da vida pública española, con inevitábeis consecuencias na Galiza, non propiciarían a recuperación do ímpeto reformista ate finais do século XIX. Nunca mais volveron a verse arcebispos como os de esta época, con mais visión que a de conservación de influencias ou privilexios, ou unha nobreza que acabaría por emigrar na case totalidade á “capital”, unha burguesía cada vez mais exigua, pero que cen anos despois manifestaría algunhas sinais de vida, e de onde empezaría a vislumbrarse outra idea de organización política e de organización do territorio e recuperación da identidade nacional, alén da curiosidade folclórica e o paternalismo. 1785 Revisión da división provincial de España. A rexión de Valdeorras permanece fóra de Galiza. Creación do “Real Consulado Marítimo Terrestre” en A Coruña. 1786 A división provincial contabiliza 3.652 parroquias en Galiza. 1787 Segundo o censo de Floridablanca Galiza conta con 1.345.803 habitantes. 1789 A bisbarra de “As Portelas” permanece fora de Galiza. 1790 Fundación en Bós Aires duna organización afiliada à “Congregación de Naturales y Originarios de Galicia”. Esta é a primeira asociación galega constituída en terras americanas. Sublevación dos labregos na Ulloa (preto de Monterroso) contra a contribución única. O goberno español pretendía ensaia-la na Galiza para despois estende-la a outras zonas do estado. 1791 Antonio Raimundo Ibáñez instala en Sargadelos o primeiro forno de fundición férrea de Galiza. 1797 Segundo o censo de Godoy, Galiza conta con 1.400.000 habitantes. Año 1799: A Expedición Humboldt zarpa do porto de A Coruña para realiza-la exploración científica de América. Nos anos de finais deste século XVIII constrúense as primeiras casas con galerías en A Coruña, eles son as primeiras fachadas acristaladas que se fan no mundo.

Idade Contemporánea 1800 Asalto británico a Ferrol que falla cando tentan aterrar pola praia de Doniños (batalla de Brion). Nace “El Cantón Compostelano”, primeiro xornal galego. 1801 Os portos de Ferrol e Coruña son bloqueados pola escuadra inglesa. 1803 Sae de A Coruña a expedición do alacantino Dr. Balmis, que leva a vacina da vírela a América no corpo de 22 nenos de A Coruña; Jenner, descubridor da vacina, declara: “Non me imaxino que nos anais da Historia exista un exemplo de filantropía tan nobre e extenso como éste”; e Humboldt: “Esta viaxe permanecerá como a máis memorable nos anais da Historia”. Estamos diante da primeira iniciativa de vacinación masiva da historia do mundo, aínda que teñamos reparos a hora de ver como axeitado o método de empregar nenos orfos como portadores da vacina. Estes foron os protagonistas: Director: Francisco Javier Balmis e Berenguer. Subdirector: José Salvany e Lleopart. Axudantes: Manuel Julián Grajales e Antonio Gutiérrez Robredo. Practicantes: Francisco Pastor y Balmis (sobriño de Balmis),Rafael Lozano Pérez. Enfermeiros: Basilio Bolanos, Antonio Pastor, Pedro Ortega. Rectora de la Casa de Expósitos de La Coruña: Isabel Sendales y Gómez. Os nenos: Vicente Ferrer (7 anos), Pascual Aniceto (3 anos), Martín (3 anos), Juan Francisco (9 anos), Tomás Metitón (3 anos), Juan Antonio (5 anos), José Jorge Nicolás de los Dolores (3 anos), Antonio Veredia (7 anos), Francisco Antonio (9 anos), Clemente (6 anos), Manuel María (3 anos), José Manuel María (6 anos), Domingo Naya (6 anos), Andrés Naya (8 anos), José (3 anos), Vicente María Sale y Bellido (3 anos), Cándido (7 anos), Francisco Florencio (5 anos), Jerónimo María (7 anos), Jacinto (6 anos), Benito Vélez (fillo adoptivo de Isabel Sendales). 1803 Ponse en marcha o complexo industrial da fábrica de louza de Sargadelos. 1808 A ocupación francesa de Galicia é a menor de toda España (heroes de Pontesampaio e Batalla de Elviña). Constitución da Xunta Suprema de Galiza ao se erguer a cidade de A Coruña contra das tropas napoleónicas; convértese no órgano supremo da resistencia. Galicia foi o primeiro lugar no mundo no que mediante a estratexia de guerra de guerrillas foi posible derrotar a un exército regular moi importante e poderoso (“Campagnes en Espagne et au Portugal 1808-1814”); o Duque de Wellington pronuncia a famosa frase: “Españoles imitad a los inimitables Galegos". A Xunta Suprema de Galiza asume funcións

militares, lexislativas e de relacións internacionais; isto fai que Galiza se autogoberne como estado independente por un mes no verán deste ano. 1809 Batallas de Elviña e de Ponte San Paio, Galiza libérase das tropas napoleónicas. Morre o marqués de Sargadelos, impulsor do desenvolvemento industrial en Galiza. 1815 Pronunciamento de Polier na Coruña a prol dun réxime liberal; Ferrol únese ao erguemento. Polier é traizoado por algúns dos seus homes e despois de ser xulgado é condenado a morte e aforcado. 1820 Galicia é o Reino que máis contribúe ó trunfo da Revolución Liberal de Riego; por elo, o xeneral liberal Espoz y Mina pide o seu traslado á Galicia, ónde é nomeado Capitán Xeral. Os militares rebélanse na Coruña contra o réxime absolutista. Únenselle as tropas de Ferrol, Vigo e Pontevedra. Organízanse as primeiras “Sociedades Patrióticas Galegas” 1823 Coa caída do réxime liberal, comeza a caza e persecución dos seus partidarios; son destituídos catedráticos, profesores e funcionarios, moitos deles exílianse en Portugal. 1828 É executado en Xibraltar Bieito Soto, derradeiro pirata galego. 1833 Desaparición administrativa do Reino de Galicia; a coroa española divide o noso país en catro provincias. Nace unha nova etapa política, vital no proceso identitario, en Galiza: o GALEGUISMO, que terá como primeira expresión o movemento chamado “Provincialismo”, con Rodíguez Terrazo, Antolín Faraldo, Francisco Añón, Rúa Figueroa, Neira de Mosqueira como figuras mais relevantes. Este é o primeiro precedente do nacionalismo galego moderno. Nace Manuel Murguia. Xurde o Galeguismo Coa morte de Fernando VII (1833) comeza un novo período constitucional: A época de Isabel II que leva ó poder ós liberais e deixa fóra ós absolutistas que procuran recuperar dito poder, sen éxito, coas guerras carlistas. Neste ambiente liberal, no que o Romanticismo potenciaba o interese por diferenciar ós pobos, nace o GALEGUISMO, que se manifesta politicamente a través do “Provincialismo” e participando no levantamento de 1846 para conseguir a autonomía para Galicia. 1834 Organízanse as primeiras partidas carlistas da Galiza. 1835 Desamortización de Mendizabal. Os sectores proclives ao carlismo tentan constituír en Compostela unha Xunta Suprema de Galiza presidida polo arcebispo Frei Rafael Vélez. 1836 Os Carlistas crean unha Xunta Superior de Galiza presidida polo Conde de Ximonde. 1840 Revolta das tropas de Vigo e Ferrol en apoio do xeneral Espartero; as demais tropas da Galiza apoian axiña a sublevación. Instálase entón un gabinete progresista en Madrid 1841 Os primeiros Deputados Republicanos nas Cortes Españolas son elixidos por Galiza. 1843 Alzamento contra a xerencia de Espartero. Constituíse en Lugo unha Xunta Central de Galiza presidida por Xosé María Suances que reclama a caída do réxime. 1846 Levantamento do comandante Solís en Lugo, quen disolve o Consello Provincial e a Deputación, organizando a Xunta Suprema do Reino de Galiza contra do goberno da raíña española Isabel II e reivindicando a liberdade nacional de Galiza. Organizase entón o Comité Supremo do Goberno da Galiza, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e tendo como secretario da mesma a Antolín Faraldo, quen redacta o manifesto patriótico. O levantamento fracasa na batalla de Cacheiras, onde Solís e os rebeldes son derrotados polas tropas do xeneral Concha, enviadas entón desde Madrid. Solís e outros rebeldes son fusilados en Carral e serán desde entón reivindicados como mártires das liberdades nacionais galegas. Medio rematadas as guerras (guerrillas) carlistas en Galicia, xérase en Santiago –en torno a Sociedade Patriótica e a Acción Literaria- un grupo de xoves fidalgos apaixonados pola literatura (1ª xeración galeguista)que a través dela descobren a súa terra galega, o atraso no que está sumida e o desprezo a que se somete á súa xente. Esta percepción non soamente lles serve para inspirarse, senón tamén para “berrar” pola redención de Galicia e actuar politicamente en contra dos que creen causante do atraso galego: a tiranía do centralismo. Como escritores que son a súa voz déixase oír nos xornais controlados (máis ou menos) por eles: El Iris de Galicia (que tiña outra cabeceira chamada El Iris del bello sexo), El Centinela de Galicia, El Idólatra de Galicia, El Emancipador Gallego, La Situación de Galicia, La Aurora de Galicia, etc. Na escolleita destes títulos xa se percibe cal é o centro das súas preocupacións: Galicia, e tamén cales son os seus idearios. Nestes periódicos intentan formar á xente para conseguir un desenvolvemento da unidade galega e para levantar moi alta a bandeira do entusiasmo e do patriotismo. Queren que a unidade organizativa se centre nas provincias, de aí o nome: provincialismo. Os ideais concretos poderiamos sintetizalos en tres grandes ideas: - Ocupa-lo poder político e exercelo a prol dos intereses galegos. - Facer política autónoma, respecto a Madrid, na tarefa lexislativa e no sistema tributario propio.

- Reforma-lo sistema universitario. Estes ideais están suficientemente documentados, porque así se manifestaron nas sucesivas proclamas das xuntas durante os días que tiveron un certo poder (abril de 1846). O que nunca estivo tan claro era a finalidade última das súas iniciativas; semella que coexisten tres prantexamentos: - Acada-la autonomía respecto ó poder central. - Un cambio de réxime - O federalismo. Todas estas posibilidades se tiñan dado no “conglomerado provincialista” pero, tendo en conta as derivas históricas posteriores, é lóxico pensar que as ideas dominantes eran as do federalismo. A eclosión do Provincialismo foi no mes de abril de 1846.; o día dous, en Lugo, sublévase o 2º batallón do Rexemento Zamora que, procedente da súa antiga base na Coruña, estaba de paso na cidade das murallas, con destino cara a Valladolid. Cando o batallón estaba no barrio de San Roque, xa fora de murallas, ordeouselle a tropa “cargar armas” e dar media volta para dirixirse á Praza Maior. Nese intre, eran as 15,20 horas, incorporouse as forzas e tomou o mando o Coronel Comandante de Estado Mayor da Capitanía Xeral de Galicia Miguel Solís y Cuetos, quen aquela mesma mañá chegara a Lugo con un permiso por enfermidade. Seguindo consignas preestablecidas, tamén sublevaron ó batallón de Lugo que, con moita orde e sixilo, toma os puntos estratéxicos da cidade, que controlan desde a muralla. Desarman á Garda Civil, arrestan ó comandante xeral (Benito Menacho) e desarman ós militares e autoridades que recusaron unirse ó “pronunciamento” militar. Cando a situación xa estaba baixo o control dos insurrectos, Solís dirixiulle unha arenga os seus soldados. Conta a historia que, unha hora despois de terminado o discurso de Solís, que xa se facía chamar, Comandante Xeral, constituíuse a Xunta de Armamento e Defensa de Lugo, que máis tarde pasou a chamarse Xunta de Goberno. As noticias do ocorrido en Lugo difúndense rapidamente. Os militares liberais ven en elo unha oportunidade; pero as mesmas noticias chegan á Coruña por boca do destituído Capitán Xeneral , Francisco Puig Samper, que se ía para Madrid e informouse dos acontecementos antes de chegar a Lugo, e tivo que ir de volta para A Coruña; tamén se reciben as noticias ese mesmo día no Ministerio da Gobernación e na Capitanía de Castela e León. Algúns non adeptos “ó pronunciamento”, fuxidos de Lugo, sabía que viña cara alí o novo responsable político da provincia, Juan Ferreira, a quen atoparon no pobo de As Nogais e desde alí transmitiron as noticias do sucedido aquela mesma tarde. Os Provincialistas préstanlle inmediatamente o seu apoio político e mobilízanse a prol da insurrección, en especial o apoio vén da Universidade onde se forma un batallón o que lle puxeron o significativo nome de “Batallón Literario”. Santiago convértese na capital deste movemento, e alí funcionan as dúas “Xuntas” máis importantes: a Xunta local e a Xunta Suprema (constituída o día 15 dese mes de abril), nunha actúa Romero Ortiz e na outra Antolín Faraldo (un dos tres irmáns activistas). En coherencia coa vocación periodística dos Faraldo, Antolín funda o periódico La Revolución para que sexa o voceiro da Xunta Suprema. Ó mesmo tempo que se producen diferentes pronunciamentos dalgunhas Xuntas locais, prodúcese a reacción das forzas militares que non se tiñan sublevado. O xa mencionado Xeneral Puig Samper entra en combate coas tropas de Solís en Sigüeiro, o 13 de abril; Puig ten que retirarse cara á Coruña. Sen entrar polo miúdo na historia da campaña militar, compre dicir que, fracasado o intento de sublevar Astorga, con un corpo de exército mandado polo xeneral Concha, entrando desde Castela en Galicia, con Solís intentando que os liberais lle facilitaran a entrada en A Coruña primeiro e en Ferrol despois, chegamos ó día 15; Este é o día da constitución da Xunta Suprema en Santiago, e tamén o comezo da fin. O día 22 de abril Solís está en Santiago, pero a Xunta non lle autoriza organizar alí a defensa para loitar en contra do exército de Concha que parecía que se acercaba. Por mala estratexia ou por mala información Solís é derrotado por Concha na chamada Batalla de Cacheiras, deuse no lugar de Montouto case nas portas de Compostela; o exército vencedor, perseguindo ó de Solís, entra en Santiago. Un mozo historiador, Manuel Murguía, conta como entraron na súa casa e como, saíndo de San Martiño Pinario, ás 19,30 do 23 de abril, nunha tarde de tormenta, rendíase Miguel Solís que foi encarcerado con 60 oficiais do seu exército. Solís e outros rebeldes son fusilados en Carral e pasarán a historia como os “Mártires de Carral”, mártires das liberdades nacionais galegas A derrota militar non foi a derrota das ideas, pero si da actividade política. Os que lograron sobrevivir reiniciaron “outro tipo de vida”. Esta primeira xeración de Galeguistas manteñen as ideas provincialistas con dificultades e algunha vez manifestaranse, en clara transición cara ó federalismo ou ó rexionalismo, tal e como aconteceu no Banquete de Conxo (1856) 1851 Nacemento dos escritores Curros Enriquez e Emilia Pardo Bazán. 1853 Publícase en Pontevedra “A Gaita Gallega” de Xoán Manuel Pintos, o primeiro libro en Galego despois de séculos escuros para o idioma. Levantase a prohibición de emigrar a países latinoamericanos.

1855 Motíns en Compostela por mor da fame. 1856 Eduardo Aguirre e Eduardo Pondal participan no “Banquete de Conxo”. Este acontecemento une a estudiantes e artesáns na proclamación dos dereitos nacionais de Galiza. As autoridades temendo unha revolta ordenaron cercar con tropas o acto, que remata con fortes represalias. 1859 A colonia galega en Cuba aporta 3 millóns de reais para a construcción dos camiños de ferro en Galiza (construcción que é logo retardada polas autoridades españolas ata 1873). 1860: Editase o primeiro periódico enteiramente en Galego. 1861 Celébranse na Coruña os primeiros “Xogos Florais de Galiza”, que fan unha reivindicación do idioma Galego, no que podemos xa denominar etapa do Rexurdimento Galego. 1863 Rosalía de Castro publica o libro, “Cantares Gallegos” Definitivamente a “doma e castración da Galiza” dos Reises Católicos pasa a ser unha tentativa fracasada. A Identidade Galega rexurde con forza, amosando que os dereitos nacionais dun pobo, por moi asoballados e combatidos que sexan, pertencen o espírito mesmo das xentes que o constitúen. Tiveron que pasar trescentos anos para que se certifique o fracaso dos Reis Católicos e do imperialismo Castelán, séculos nos que a Galiza resistiu como puido á súa aniquilación identitaria e nos que os Galegos conseguiron conservar, entre moitas outras cousas, o seu idioma. A antiquísima Gallaecia e o vello Reino da Galicia deixan paso a un sentimento nacional cheo de esperanzas, a Identidade da Galicia conta cunha traxectoria histórica de mais de 1.500 anos e nación Galega soberán convértese nun obxectivo perfectamente alcanzable. O Rexurdimento Hai unha constante na historia da Galiza na que se observa que os Galegos levan tido na literatura unha poderosa ferramenta, ou un eficaz aliado, a hora de construír a súa historia e manter a reivindicación dos seus lexítimos dereitos nacionais. Poderíamos dicir que nestes case dous milenios, Galiza non ten unha significativa literatura épica, pero sí mantén unha poderosa continuidade do que poderíamos chamar literatura identitaria que, unha e outra vez, recupera para os sectores intelectuais e políticos o idioma Galego. Outras nacións teñen obtido a súa liberdade nos campos de batalla; Galicia ten sido ocupada militar e administrativamente, pero a súa Identidade nunca foi derrotada, porque non depende das armas e sí do sentimento e do intelecto, e sempre permaneceu –polo medio do idioma, das tradicións e costumes ou nos milleiros de expresións de cultura popular- nos Galegos como a semente, disposta a xerminar a pouco que a primaveira fora propicia. En síntese, a literatura Galega forma parte dun proceso de descolonización puxante e eficaz, capaz de conquerir algo tan indispensable como é a recuperación da dignidade e da autoestima nacional. O Rexurdimento é unha boa proba da capacidade e efectividade revolucionaria das letras e as artes; con él certifícase o fracaso do imperialismo identitario castelán, que conseguiu contaminar pero non destruír a nosa propia e nacional identidade. No ano 1868 a revolución de setembro destrona a Isabel II e supón a victoria da burguesía progresista coa que simpatiza o movemento literario galego. En 1873 proclámase a 1ª República española; vencénllase o Galeguismo e federalismo, e os republicanos federais galegos impulsan un proxecto de reforma agraria que non tería repercusión debido á falla de capital do campesiñado e dun crédito bancario agrícola. Por iso cando na dictadura provisional de 1874 suspende esta lei, non atopan oposición dos campesiños. Aparece a Restauración froito dun pacto entre a alta burguesía e a oligarquía rendista; isto chega a funcionar gracias ó caciquismo: os campesiños vense obrigados a unha dependencia en forma de clientela. O cacique sabe perdoar parte dunha renda, o aprazar un cobro, reclamando, pola contra, respostas para o interés dunha ideoloxía de clases. Trátase dun tema con moita tradición en Galicia e que é posto de relevo polos poetas da segunda metade do S. XIX: Curros Henríquez, Lamas Carvajal, Leiras Pulpeiro, e que continuará no S.XX. No derradeiro tercio do S XIX. o Galeguismo acada maior concreción ideolóxica e organización, creándose a Asociación Rexionalista Galega (1891), primeiro partido independente dirixido ideoloxicamente por Alfredo Brañas e Manuel Murguía quen defende o autogoberno para Galicia. A poboación galega do S XIX é moi numerosa: 1.500.000 habitantes; preto do 80% era rural e o crecemento das cidades foi lento como a industrialización. A economía seguía a depender da agricultura polo sistema de terras arrendadas chamado foro, que obrigaba a pagar ós propietarios unha parte da producción ou “renda foral”. A desamortización que pretendeu poñer en mans particulares os bens inmobles da Igrexa tivo pouca repercusión en Galicia, xa que foron os fidalgos e os comerciantes burgueses quen adquiriu os bens desamortizados pois eran os quen dispuñan riquezas para a puxanza. Esta consistía en percibir unha renda e non terras o que provocou que en Galicia seguira vixente o sistema de propiedade feudal. Así pois o foro e as cargas tributarias do Estado e da Igrexa debilitaron a economía dos labregos, provocando a

miseria e conseguinte emigración da poboación campesiña. Isto aparecerá reflexado continuamente na literatura do século XIX. Fronte a fidalguía e o clero que apoiaban ó absolutismo estaba a burguesía comercial que apoiaba ós liberais, e que salvo casos illados mantívose nuns niveis domésticos e artesanais, freada pola abandono das vías de comunicación e política industrial dirixida polo Estado español. O interese polos diferentes países que conforman o estado español foi potenciado polo Romanticismo. O Principio das Nacionalidades xa viña da época da Ilustración que alimentara o liberalismo. A mediados do S. XIX. foi cando estas ideas comezaron a concretarse e a ser obxecto de atención de historiadores e novelistas, científicos de flora e fauna, economistas, periodistas, e toda unha serie de intelectuais que se preocupan pola realidade galega. Neste ambiente atopábanse destacados precursores do noso Rexurdimento como Francisco Añón, Alberto Camiño. etc, así como mostras en prensa desta nova ideoloxía que recibirá o nome de Provincialismo. Créanse sociedades culturais como a Academia Literaria y Artística de Santiago, que tiña como órgano periodístico oficioso El Idólatra de Galicia onde destacaba o redactor Antolín Faraldo. Esta primeira xeración participou no levantamento de 1846, constituíndose a Xunta Superior do Goberno de Galicia, de carácter provincialista máis que independentista. Como xa dixemos, este levantamento foi rematado co fusilamento de doce oficiais coñecidos como os "Mártires de Carral" e coa represión ós implicados. Despois o Galeguismo político non rexurdirá ata vinte anos máis tarde como republicanismo federal, e a partir de 1846, o Provincialismo deixa a política para preocuparse da cultura. Estamos diante da Segunda Xeración Galeguista, a de Rosalía, Pondal, etc, que levará a cabo o Rexurdimento Literario Galego.

No 1853 da man de XOÁN MANUEL PINTOS, sae o primeiro libro da moderna historia de Galicia que contén moitas páxinas escritas en galego. Trátase de “A gaita gallega” onde se intenta iniciar ó lector ó idioma Galego. É o momento no que o Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela acolle ós liberais e ós seus coñecementos que deixaran para a causa Galeguista. Por alí pasaron poetas que practicaron a nacente poesía galega: unha poesía ignorante do pasado lírico medieval, a pesar de que no 1823 se dera a coñecer o que máis tarde se chamará Cancioneiro de Ajuda, a pesar de que dende 1875, se coñecía unha edición do Cancioneiro da Vaticana e de que no 1880 se publicara parte do Colocci-Brancuti. Por dito Liceo pasarían moitos dos que prepararon o terreo ó Rexurdimento, e outro que sería os auténticos protagonistas: Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

No 1861, ten lugar os Xogos Florais celebrados na Coruña, inspirados dos de Barcelona celebrados dous anos antes, e que tiña como patrocinador a Xosé López Cotón que conseguiu reunir a grandes poetas casteláns e galegos. A pesar de que a flor natural que había premiar á mellor composición poética dedicada a Galicia non se entregou, Francisco Añón conseguiu un accésit polo seu poema titulado "A Galicia". Os xogos deron lugar a unha publicación que hoxe en día é de grande valor para coñecer a poesía anterior ó Rexurdimento, chamada Album de la Caridad que saíu en 1862. Ademais das composicións premiadas nos xogos, recóllese un importante "Mosaico poético de nuestro vates gallegos contemporáneos", que é a primeira antoloxía do renacer das letras Galegas.

A importancia do verso foi tal no Rexurdimento que durante moito tempo existiu en Galicia a crenza de que o idioma Galego é unha lingua poética por natureza, xa que logo nunca podería servir para transmitir un tipo de experiencias culturais que non fosen as líricas versificadas. Por iso o verso foi tan permitido polos poderes establecidos e pola sociedade que vía aquí unha actividade lúdica inxenua, folclórica e arqueolóxica como podería ser un traxe rexional. En definitiva, nunca a sociedade galega creu seriamente que se puidese facer novela ou discurso científico ou sociopolítico na lingua do pais; un exemplo disto son Rosalía ou Curros, que empregaban só o castelán cando elaboraban novela, epístolas ou artigos periodísticos. Tampouco se pode pensar que non houbo nada de prosa narrativa durante o Rexurdimento, pero o que está claro é que non predominou.

No 1863 xorde o primeiro grande libro do Rexurdimento: "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, que se lle ocorreu escribir despois de ler o "Libro de los cantares" (1852) de Antonio Trueba, pero cunha intención que non estaba presente neste: reivindicar o idioma propio e dignificar o pobo que o fala. Respecto a isto é significativo que se teña polarizado para se referir a Rosalía o adxectivo de "La Cantora del Sar" evocando o intimismo dun dos seus libros en castelán: "En las orillas del Sar" (884) sen ter en conta a Rosalía desgarrada e conflictiva dos poemarios galegos. A obra de Rosalía, no seu tempo, foi obxecto de lecturas políticas e ideolóxicas, máis que propiamente literarias; aínda que "Cantares gallegos" e boa parte de "Follas Novas" teñen unha xustificada lectura política. Ese primeiro libro a pesar das compoñentes costumistas e folclóricas, non é outra cousa que a ilustración dunha ideoloxía que

pretende denunciar as inxustizas das que eran víctimas as xentes galegas, literatura na que ergueu indignada a súa voz para denunciar a inxustiza e a opresión, ata o punto chegar a dicir que España non merece que Galicia se chame española.

"Cantares gallegos" ten un simbolismo especial e esencial na historia da Identidade nacional da Galiza; marca o inicio dun proceso que aínda non está pechado e que transcorre a contrafío dos intereses do poder central e vencendo os complexos da sociedade. Esta etapa de Rexurdimento hai quen a alonga ata o 1917, data da morte de Eduardo Pondal, pero hai que dala como pechada a partir de 1900 pois dende aí ata 1920 non hai case literatura.

No medio dunha morea de individualidades xorden tres grandes figuras que marcan coa súa personalidade e as súas obras o renacer da cultura nesta segunda metade do s. XIX.: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Henríquez.

Coincide o Rexurdimento cos movementos denominados Rexionalismo e Federalismo, que hai que ter en conta neste despegue cultural se consideramos a literatura galega como parte dun programa de descolonización. Non se trata de comparala coas colonias clásicas do Terceiro Mundo, pero o certo é que a actitude lírica fronte ós valores impostos pola metrópole, a valoración do natural fronte a civilización colonial, a creación de mitos da propia cultura, a procura dun pasado precolonial autóctono para xustificar a liberdade e a autonomía, o ton de arenga para senti-lo orgullo de ser diferente ó pobo colonizador, son comúns ás literaturas de colonización. Tan importante como enfocar a formación da cultura galega como dento dunha programación colectiva é observalo como resposta dunha expresión individual; cando se obvia isto é cando se lle dá demasiada importancia ó patriotismo e cando aparecen críticas que pouco favor fan á causa que presuntamente defenden.

Ás portas do século XX

1864 A raíña española Isabel II presenta a iniciativa de acabar cos privilexios fronteirizos entre Galiza e Portugal. 1865 É publicado en Ferrol o primeiro volume da História de Galiza, de Benito Vicetto. 1868 Erguemento da mariña de Ferrol contra Isabel II. Comeza a resistencia á recadación de impostos na comarca de Ourense. Nace en A Fonsagrada o político e intelectual republicano Manuel Portela Valladares. 1869 Erguemento dos republicanos en Ourense; a revolta estendese ata A Coruña onde é declarado o estado de Guerra. 1871 Resistencia e revolta de aldeáns contra os impostos nalgúns lugares coma Dozón, Maceiras, Vilatuxe, Sárria, Queiruga, Chantada, Monforte, Ponteareas, Becerreá, Nogais, Melide, Bóveda, etc. Fúndase na Habana a Sociedade de Beneficencia “Naturales de Galicia” primeira asociación galega en Cuba. 1872 Alzamento popular en Ferrol a prol da república federal. O líder dos federais españois, Pi i Margall, condena expresamente a revolta, o que leva à ruptura entre federalistas Galegos e Españois. 1873 Proxecto do Estatuto Federal de Galicia, nas eleccións resultan elixidos 37 deputados federalistas dun total de 45 da Galicia. Proclamase a I República Española. Xurde o Partido Republicano Federal Galego, que reclama o autogoberno e un estado propio para Galiza. Redáctase a Constitución do “Cantón Galego”, estatuto de autogoberno que non chegará a proclamarse. Inaugurase a liña dos camiños de ferro entre Compostela e Carril. Revoltas en Xinzo e Bande por causa dos impostos ás que lle seguen mais revoltas noutras bisbarras galegas polas “levas” ou recrutamento militar forzoso. 1876 Editase en Ourense o primeiro xornal escrito integramente en galego “O Tío Marcos da Portela”. Ata a súa edición, a presencia do galego nos xornais era pouco menos que anecdótica, e correspondía a colaboracións literarias -na súa maioría poéticas- a seccións de carácter satírico -para reflectir as opinións do pobo máis humilde- ou mesmo a pasatempos de ton máis folclórico. O semanario O Tío Marcos da Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal, é pois o primeiro periódico monolingüe en galego. De marcado carácter literario, esta publicación acadou un grande éxito en todo o país e chegou a tirar catro mil exemplares. Nas súas páxinas incluíanse seccións de opinión e de actualidade, mais aínda predominaban as colaboracións poéticas. O Tío Marcos deixou de publicarse no 1888, pero ese anos nacéronlle uns cantos continuadores, dos que se coñecen unhas dez publicacións escritas en lingua galega: A Fuliada, O Galiciano, A Tía Catuxa, As Burgas, O Labrego ou A Monteira son algunhas delas. Nesta última, editada en Lugo entre o 1889 e o 1890, predominaban os artigos sobre cultura, historia ou política por riba das colaboracións de tipo literario. Non fai falla salientar a relación destes xornais co movemento

rexionalista galego, que agromaba naqueles momentos. Así, as cabeceiras de moitos deles autodefiníanos como (sic.) "semanario galego de intereses e literatura rexionales", e nas súas páxinas dábanse cita moitas das grandes plumas rexionalistas. Lembremos tamén que o contexto político da época, tras o intento fallido da I República e a Restauración en España, favorecía a aparición de publicacións, voceiros a maioría delas dos partidos e dos movementos políticos que ían xurdindo no Estado. O Tío Marcos da Portela marca un antes e un despois nas letras galegas; o seu editor, Lamas Carvajal, chega a ser condenado, no ano 1884, a tres meses e un día de arresto por supostas inxurias verquidas contra o alcalde de Carballiño. Ourense convértese na capital do periodismo galego e Lamas no seu principal artífice; engadir que a súa paixón editora é unha constante, no 1880 sae do prelo Saudades gallegas que, xunto con Follas novas de Rosalía e Aires da miña terra de Curros Henríquez, consolidan o renacer poético no noso país. 1879 Establécese o Centro Galego de Montevideo, un dos máis vellos do mundo; pouco despois, neste mesmo ano, fúndase o Centro Galego da Habana. 1880 Curros Enriquez escribe “Aires da miña terra”. O bispo de Ourense prohibe a lectura deste libro. 1883: Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, realizado polo Consello Federal de Galicia presidido por Moreno Barcia e aprobado pola Asamblea de Lugo en 1887. Emilia Pardo Bazán cría na Coruña a “Sociedad del Folcklore Gallego” 1884 Desamortización de Espartero, procedese ao sistemático despoxo patrimonial da Igrexa e a desaparición de mosteiros e conventos. 1885 Aparece en Cuba “A Gaita Gallega”, primeira publicación integramente en galego que se edita en América. Morre Rosalía de Castro. Manuel Murguia é nomeado cronista oficial do reino de Galiza. 1886 Manuel Murguia pronuncia o seu discurso a prol da lingua en Pontevedra. Este feito considerase o punto de arranque do “Rexionalismo Galego”. 1886 Eduardo Pondal edita “Queixumes dos Pinos” de onde posteriormente se recollerán os versos para o himno nacional galego. Nace en Rianxo Daniel Rodríguez Castelao. 1887 Fórmase a Liga Gallega, primeiro partido Galeguista organizado. Ródase a primeira película de España en A Coruña 1889 Editase o libro “El Regionalismo” de Alfredo Brañas. Tamén sae a rúa O catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, que revélase dende o momento da súa aparición como o maior éxito editorial das letras galegas. 1890 Creación da “Asociación Rexionalista Galega” en Compostela, baixo a presidencia de Manuel Murguia. 1891 Os restos mortais de Rosalía de Castro son trasladados ao panteón de Galegos Ilustres, en Compostela, no medio dunha gran manifestación popular. Constitúese en Ferrol a primeira Agrupación Socialista de Galiza. Xogos Florais en Tui. 1894 Constitúese na Coruña a “Cova Céltiga”, círculo intelectual que terá grande trascendéncia no desenvolvemento do rexionalismo nos anos seguintes. O Rexionalismo Trala derrota politico-militar do provincialismo galego no ano 1846 xorde o Rexionalismo Galego. A iniciativa céntrase no cultivo da lingua, literatura, música e folclore, podendo dicir, en xeral, que principia o proceso de construcción da Galicia contemporánea. É, pois, no campo cultural onde debe buscarse a orixe real das mobilizacións a favor do rexionalismo. Algúns dos alicerces do rexionalismo foron, a chamada Prensa Rexionalista e os Xogos Florais. A Prensa Rexionalista xurde impulsada por grupos locais, desconectados nun principio, e de orixes moi diversas. Os periódicos de mais relevancia son: La Region Galega de Santiago, dirixido por Manuel Murguía; El Regional de Lugo, dirixido por Aurelio Pereira; El Libredon, con Alfredo Brañas; a revista Galicia editada na Coruña, dirixida por Andrés Martinez; La Pequeña Patria de Santiago, dirixida por Enrique Labarta; A Monteira de Lugo), dirixido por Amador Montenegro Saavedra. Por outra parte, a institución dos Xogos Florais exemplifica a reivindicación da cultura galega, que alcanza tons de autentico mitin patriótico; como exemplo temos os de 1891 en Tui, os primeiros que se realizaron integramente en Galego.

No mesmo sentido que a creación literaria, incidiran os esforzos da fondamentación histórica de Galicia, como territorio diferenciado, levada a cabo por Verea y Aguiar, Martinez Padín e sobor de todo Manuel Murguía.

En canto os elementos estrictamente políticos,resulta claramente visible a súa xénese a partir de posicións culturais e a súa xestación o longo dun complexo proceso de loita ideolóxica que, considerando a Galicia como centro de grandes necesidades, impugna a ideoloxía centralista dominante e o modo de dominación que sustenta e reproduce amplamente o poder de Madrid.

Así mesmo, postulábase unha identificación natural dos Galegos con Galicia, como realidade territorial, que concitara unha nova lealdade patriótica para facer xurdir uns vínculos propios da Galeguidade. Intervencións de Murguia, como o discurso no certame literario de Pontevedra ou como o seu libro “Los precursores”, constitúen destacadas manifestacións do Galeguismo histórico. Este sentir difuso está integrado por un conxunto de elementos politico-ideoloxicos de variada natureza que, en liñas xerais, busca unha organización política portadora de intereses galegos específicos, e establecida nunha autentica democracia representativa fronte a falseada polo "turno vergoñenta dos partidos” que non asume a defensa dos "intereses xerais de Galicia", nin adhírese ó anticaciquismo.

O abandono da vaguidade programática e o avance cara a unificación das forzas dispersas a nivel local, tradúcese nunha mais nítida demarcación das fronteiras internas ideolóxicas escindiron o ideal rexionalista en tres tendencias. - Rexionalismo liberal, vinculaba estreitamente os seus proxectos de descentralización ós principios demo-liberais clásicos, que a restauración e “a soberanía compartida” falsearon e degradaron en “oligarquía e caciquismo”. - Rexionalismo federal, postulaba unha “descentralización” radical de tipo federativo, plasmada no proxecto de Constitución, Lugo no ano 1886, para o futuro Estado Galego, que se manifestaba decididamente democratizador da vida política do pais a través dunha militancia anticaciquil, o reforzamento do parlamentarismo e a superación do sistema de partidos vixente. - Rexionalismo de corte catolico-tracionalista, en profunda rotura cos deseños anteriores, baixo a dirección de Alfredo Brañas, non contemplaba a presencia de poder lexislativo galego, pero foi un inspirador férreo da loita contra o caciquismo e defensor apaixonado das especificidades galegas, sobre todo, dos seus modo de producción tradicional.

O Rexionalismo tivo as súas iniciativas organizativas da man do Grupo Compostelán (Brañas, Cabeza de León, Besada), baixo o impulso de Murguia, e foron aparecendo nas capitais os diferentes comités locais rexionalistas, que articulaban a denominada Asociación Rexionalista, primeira tentativa organizativa do movemento. Baixo a dirección do Comité Central redactouse un programa de gran vaguidade, que debería ser posteriormente discutido e concretado; os puntos centrais eran: a auto-organización dos galegos, o anticaciquismo, o fomento da agricultura e a rebaixa dos impostos do campesiñado. A análise da procedencia social dos afiliados mostra unha presencia masiva da pequena burguesía urbana (comerciantes e profesionais) ,en especial intelectuais nun sentido lato, así como unha notoria ausencia da fidalguía ou da alta burguesía (industrial e comercial). En suma, unha organización activa e dinámica dotada dun singular poder discursivo a locuacidade que contrasta vivamente coa debilidade da súa praxe. Polo tanto, o rexionalismo dá a impresión de posuír un soporte social integrado por individuos marxinais ós centros do poder económico e político.

O enfrontamento interno entre os diferentes sectores do Comité Central Rexionalista de Compostela ía poñer ben axiña de relevo as difíciles condicións estructurais da posibilidade sobre as que se pretendía erixir unha mobilización galeguista de masa. As escisións e antagonismos impediron en todo momento a cristalización dun auténtico liderado. A saída do consello de La Patria Gallega, dirixida por Murguía e do sector católico-tradicionalista, constitúe a pronta expresión da conflictividade estructural que caracterizaba a mobilización rexionalista galega na altura de decembro do 1891, nos seus mesmos comezos. Deste xeito, cumpre admitir que este movemento non pasou de ser “un grupo de presión” que acadou algunhas cotas de “galeguización”. Na súa defensa é preciso subliñar o feito de que o proxecto inicial da organización deseñarase como unha rede de xuntas locais, provinciais e centrais, a través das sucesivas representacións e que pretendía cubrir organicamente todo o territorio galego; rede que non chegou nunca a plasmarse na práctica.

Na altura de 1893 os limites e dificultades, internas e externas do rexionalismo galego xa quedan plenamente de manifesto coa continua dominación estatal no mesmo seo do rexionalismo. Sumido en graves conflictos internos e desasistido de apoios sociais queda reducido constantemente a un grupo de intelectuais Galeguistas. Asemade verase afectado na súa propia interioridade polo entramado canovista

que lle erosionara os apoios electorais e destacados militantes, limitándose así, unha e outra vez. á producción dun discurso diferencial sen presencia efectiva na escena política galega, como a experiencia das “ligas rexionalistas” poría unha vez máis de manifesto.

Século XX

Entramos no século XX da man dunha arrepiante realidade estatística: calculase que neste século emigran máis de un millón de galegos e galegas. Esta realidade histórica, case sempre xustificada oficialmente polo medio de alegatos de penuria económica e case nunca entendida como o que realmente supón para a historia da Identidade Galega, reclama unha atención política e histórica que ten que ter concreción no século XXI. A Galiza posterior os movementos migratorios xa non só é un territorio no noroeste da península máis occidental de Europa, é unha Identidade Nacional que ten presencia en moitos países do mundo. Sociopolíticamente e historicamente, os descendentes de galegos e galegas que emigraron teñen os mesmos dereitos que os que quedaron nos territorios da Galiza peninsular. 1901 Creación en Tui da Unión Obreira Galaico-Portuguesa. 1902 Entra en vigor a “Ley Moyano”, decreto polo que se proscribe a alfabetización en calquera outra lingua que non sexa o castelán. Unha vez mais estamos diante doutra tentativa dos pan-hispanistas para facer unha limpeza identitaria da Galiza. 1906 Nace a Academia Galega. 1907 Nacen as primeiras organizacións agraristas. Estrease na Habana o himno nacional galego con música de Pascual Veiga e versos de Eduardo Pondal. 1908 More Curros Henríquez na Habana. Asemblea Agrarista en Monforte de Lemos. 1909 Nace a forza política “Solidariedade Gallega” integrada por rexionalistas de diferentes tendencias ideolóxicas; disolverase tres anos despois, no 1912 1913 Ramón Cabanillas publica “No Desterro”. 1916-1917 Constitúense as “Irmandades da Fala” na Coruña. Editase o xornal “A Nosa Terra”, órgano oficial das irmandades. Iníciase en Pontevedra a loita contra o sistema foral que atinxe logo toda Galiza. 1918 Asemblea Nacionalista en Lugo. As Irmandades da Fala convértense en organización nacionalista galega. Elaborase unha táboa reivindicativa con plans de cooficialidade para a lingua galega. 1920 Nace en Madrid a organización xuvenil nacionalista “Mocidade Céltiga”. Fuco Gómez funda na Habana a Xuntanza Nacionalista Galega. Publicase o 1º número da revista “Nós”, dándolle nome a que seria a mellor xeración intelectual que deu Galiza. Vicente Risco publica “Teoría do Nacionalismo Galego” formulación decisiva da doutrina nacionalista. 1921 Constitúese a Federación de Sociedades Galegas de Bós Aires. Fuco Gómez constitúe o Comité Revolucionario Separatista Galego en Cuba. 1922 Fundase en Galiza a Irmandade Nacionalista Galega. O CRAG de Fuco Gómez fai a súa primeira declaración “Independenza ou Morte” no 25 de xullo deste ano. 1923 Pacto de Barcelona entre nacionalistas galegos, vascos e cataláns polo que se constitúe a “Triple Alianza”. Crease o Seminário de Estudos Galegos. Comeza a dictadura do Xeneral Primo de Rivera no estado español. 1924 Fundase o Instituto de Estudos Galegos. Aparecen en Pontedeume as primeiras cooperativas lácteas de Galiza. 1926 O goberno de Primo de Rivera aproba a “lei forzosa” ou decreto de redención dos foros. Aparece o xornal independentista “A Fouce” , promovido por un sector da Irmandade Nazonalista Galega que logo constituirá a Sociedade Nacionalista Pondal. 1927-1929 Anxel Casal funda na Coruña a editorial Nós. Constitúese a O.R.G.A. (Organización Republicana Galega) que conta con persoas de gran prestixio, como Salvador de Madariaga (un dos seis “pais de Europa”, recoñecidos polo actual Parlamento Europeo de Estrasburgo, xunto a Churchill, Adenauer, De Gasperi, Schuman e Monet). 1930 Pacto de Lestrove entre Nacionalistas Galegos e grupos republicanos. Constitúese entón a Federación Republicana Galega. Constitúese na Arxentina a Sociedade Nacionalista Pondal (S.N.P.). 1931 Cae a dictadura de Primo de Rivera, declárase entón a 2ª república española. Fúndase o Partido Galeguista. Álvaro das Casas crea a “Esquerda Galeguista”. Son escollidos 3 deputados Galeguistas: Daniel R. Castelao, Suárez Picallo, Otero Pedraio e 10 da ORGA nas cortes constituíntes da 2ª república española. 1932 Nacen os “Ultreia”, agrupacións da xuventude nacionalista. Xoán Xesús Gonzalez funda a Unión Socialista Galega (U.S.G.), asemblea autonomista en Compostela, que aproba un proxecto de estatuto de autonomía.

1933 Galiza é recoñecida como Nación no Congreso de Berna, auspiciado pola Sociedade de Nacións que logo daría lugar a O.N.U.; Álvaro das Casas promove un novo grupo, a Vangarda Nacionalista Galega, e a revista “Máis”, ambos de carácter independentista. Asinase o 25 de xullo o Pacto de Compostela entre o nacionalismo galego, vasco e catalán, nace dese xeito GALEUZCA. Constitúese a Federación de Mocidades Galeguistas. 1934 Fúndanse as Mocidades Galeguistas, organización xuvenil do Partido Galeguista. 1935 Escisión no Partido Galeguista, Vicente Risco inspira a Creación de Dereita Galeguista. 1936 Trunfo do Frente Popular na Galiza, unha das forzas coligadas nesta organización é o Partido Galeguista. Celebrase a Asemblea Nacional da Federación de Mocidades Galeguistas en Ourense. Xosé Velo, secretario da organización e Arximiro G. Gándara lideran a corrente independentista que contará co apoio da metade dos delegados; isto dará lugar a Creación de dúas novas organizacións: a independentista Mocidade Nacionalista Galega e as Mocidades Galeguistas. Trunfa o Referendo Do Estatuto De Autonomía Galego. As cortes da república estudian o Estatuto De Galiza. Nace en Barcelona a revista Nova Galiza promovida por escritores galegos anti-feixistas. I Estatuto de Galicia Os meses finais de 1931 foron os do debate e aprobación da Constitución republicana, coa seguinte votación: 376 votos a favor e 8 deputados retiráronse do Salón de Plenos para non participar neste acto. A votación principiou ás 19,35 e rematou ás 19,50 con unha intervención de Xulián Besteiro que era o Presidente das Cortes. O 5 de maio do 1932 Comeza a discusión do Estatuto de Cataluña, que atopa moitas dificultades; o 3 de Xuño interveñen opoñéndose Ortega e Gasset e Maura; aprobarase o 10 de Setembro, xunto coa Reforma Agraria, e marcará o camiño da Galiza cara o seu propio Estatuto. O 6 de Novembro de 1932, anúnciase a publicación “Ante el Estatuto”, que se refire ó Estatuto de Galicia, do escritor Portela Valladares, o prezo do exemplar era de 4 pesetas. O 14 de Decembro do mesmo ano, reúnense os axuntamentos de Galicia para falar do Estatuto para Galicia, a xuntanza tivo lugar na Cámara de Comercio de Santiago; dous días despois, a Administración Estatal crea o Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Prodúcese a primeira tentativa de recoñecemento dun Estatuto para Galiza. A "petición" iniciase coa redacción dun proxecto de Estatuto por parte dos representantes, continuándose coa aprobación en referéndum; despois pasa o Parlamento onde o examina e o aproba ou rexeita e incluso tan so referenda a súa constitucionalidade. Para a elaboración dun Estatuto é necesario que se produzan ou ben a existencia dun acordo a nivel territorial ou, tamén, a aceptación polos políticos presentes no Parlamento. A II República establece unhas limitacións que condicionan a aprobación e a supeditan ó cumprimento dunha serie de elementos de tipo xurídico e extraxurídico. Estas limitacións veñen dadas polos presupostos político-ideolóxicos sobre o que se basa o réxime político do Estado en xeneral e, tamén, polos preceptos orgánicos da Constitución e, en xeneral, o orden Constitucional. Entre 1932 e 1936 traballase no texto do I Estatuto de Autonomía de Galicia; hai varias propostas con distintos perfís que se resumen no seguinte: - Proxecto do Seminario de Estudios Galegos O Seminario de Estudos Galegos elabora un anteproxecto, en 1931, que foi confeccionado por unha comisión constituída por: Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Luís Tobío Fernández, Ricardo Carballo Calero. Constaba de 7 títulos e 41 artigos. - Proxecto do Secretariado de Galicia en Madrid Aparece publicado no Boletín do secretariado, no ano 1931, e consta de 50 artigos. Nel defínese a Galicia coma unha rexión, concrétase que o idioma oficial é o Castelán. Este proxecto non tivo incidencia algunha no proceso redactor do I Estatuto da Galicia. - Proxecto do Instituto de Estudios Galegos. O proxecto constaba de 18 artigos, admite o idioma galego pero tamén o castelán porque, segundo apunta, “é un idioma culto”. - Proxecto da Federación Republicana Galega (F.R.G.) A F.R.G., acorda facer unha asemblea na que se presenten os proxectos co fin de que servise de base para un proxecto final. No anteproxecto resultante, Galicia aparecía como un Estado Autónomo dentro da

República Federal Española, con soberanía propia que residía no pobo galego. Dicir que non tivo éxito porque a Constitución alterou a filosofía na que se apoiaba. - Proxecto dos Concellos de Galicia No Concello de Santiago redáctase un novo proxecto que tivo unha magnífica acollida en Galicia. En xullo de 1932 constitúese unha nova comisión encargada de revisalo proxecto de Estatuto. Formaban esta Comisión: Manuel Lugrís, Eladio Rodríguez Iglesias, Rodríguez Sanz, López Otero, Montero Díaz, Alexandre Bóveda, Arias del Villar e R.Rajoy Leloup (Secretario do Concello de Santiago). En setembro, estaba confeccionado o Estatuto, despois de elaborado, iníciase unha longa marcha para a súa aceptación. Constitúese un Comité Central de Organización e Propaganda en 1933. Era tarde, porque estaban as eleccións de novembro, con triunfo da dereita antiautonomista, frearon o proceso. En 1936 volveron a celebrarse eleccións, trunfa a Fronte Popular e recupérase o Estatuto dos Concellos. Despois dunha intensísima campaña explicativa e de propaganda, faise o referéndum co resultado da aprobación do Estatuto; como curiosidade, dicir que as achegas institucionais para subvencionalos gastos foron, en total, uns 6 €� (95 das antigas pesetas). Tres días antes do golpe de estado, entrégaselle ó Presidente das Cortes, e o 17 do mesmo mes, horas antes do golpe do estado, o Presidente da República reúnese con Castelao, representante galego, polo que parece que non tería problemas en pasar o trámite parlamentario. O Estatuto adquire estado parlamentario co Parlamento xa no exilio e, o 1 de febreiro de 1938, nas Cortes de Montserrat, foi aprobado definitivamente. As Irmandades da Fala e o Partido Galeguista Coa chegada do século XX, o proceso identitario da Galiza é un corpus que conta con preto de 5.000 anos de historia e ten pasado por xeiras de esplendor e outras máis escuras nas que ten resistido, con éxito e rexurdindo sempre, á calquera tentativa de aniquilación da súa identidade. A efectos históricos, nese corpus identitario compre distinguir tres xeiras perfectamente diferenciadas: - Do 3.000 a.c. o ano 420 d.c. - Reino de Galicia, do 420 ó 1833. - Galeguismo, do 1833 ós nosos días. As dúas primeiras están xa abondo tratadas nesta sinopse. A terceira atopa a súa razón de ser no feito histórico que se da no ano 1833 e que supón a desaparición administrativa do Reino de Galicia como tal, sendo substituído por unha demarcación territorial arbitraria que se corresponde a catro provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), deixando fora a territorios históricos como o Bierzo, e recibe o nome xenérico de Rexión de Galicia. Nese intre, a defensa e reivindicación da Identidade Galega muda, como norma xeral, os parámetros de actuación sociopolítica desde as antigas posicións propias dos obxectivos de restauración do Reino de Galicia, ós modernos de consecución do autogoberno polo medio dun marco constitucional, ou estatutario, que recoñeza o carácter nacional do colectivo social, económico e cultural, que conformamos os Galegos e Galegas. Desde o momento da desaparición administrativa do Reino de Galicia, o Galeguismo estimula e promove a aparición de praxes e correntes ou movementos ideolóxicos que teñen ese común denominador a consecución do autogoberno da Galicia. Provincialismo, Rexionalismo e Nacionalismo, son as tres máis significativas aínda que houbo outras que tamén tiveron a súa incidencia; dos dous primeiros xa falamos abondo nesta sinopse, queda por entrar de cheo no terceiro que, xa desde a creación das Irmandades da Fala pero sobor de todo desde a fundación do Partido Galeguista, marca a praxe e a teoría política de defensa e reivindicación dos lexítimos dereitos da Galicia.

A periodización, configurada na politicoloxía, das correntes políticas contemporáneas na Galicia fai que o Nacionalismo apareza como unha experiencia moi concreta e posterior ó Provincialismo, o Agrarismo e o Rexionalismo que chegan a ser considerados, polos propios nacionalistas, coma os seus máis directos antecedentes. Na realidade, todos eles son movementos organizativos que se dan dentro do Galeguismo e que non terían sentido algún fora de el. Estes aspectos conceptuais teñen singular importancia histórica porque, desde 1916, Galeguismo será equivalente a nacionalismo, pero nacionalismo propio de Galicia e fondamente vencellado á Identidade Galega; distinto a outros nacionalismos que se dan en comunidades e territorios diferentes á Galega e, tamén, fondamente diferenciado daqueles postulados ideolóxicos –que en moitos momentos lévanse autodenominado nacionalistas- que propugnen que a liberación dos pobos e

a súa soberanía nacional pasa pola aplicación de doutrinas de inspiración marxista ou xenófoba. En definitiva, o Galeguismo ou nacionalismo galego pasou a significar amplamente toda ideoloxía que teña por obxectivo o recoñecemento, afirmación e desenrolo da identidade e personalidade nacional de Galicia.

A sociedade galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país. Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega". A toma de consciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara ó nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da língua. Entre todos aqueles homes e mulleres de Galicia, solidariamente, mantense a idea de que a lingua galega constitúe unha reivindicación primordial. Trátase do máis rico tesouro do pobo galego. O día 5 de xaneiro de 1916, Antón Villar Ponte, dende a Voz de Galicia, comeza unha campaña a favor da creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego. As ideas do Provincialismo e do Rexionalismo tiñan o seu eco nesta proclama e así, o 18 de maio de 1916, nunha reunión na Real Academia Galega, acórdase a creación da Irmandade dos Amigos da Fala. A Nosa Terra, na súa segunda época, presentábase como "O boletín, o vocerio do ideario das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e de Portugal". As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase no número 38 da Rúa Real de a Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago).

En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra. No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.

Coa fundación no ano 1931 do Partido Galeguista, que xurde como o Partido Nacional da Galiza, materializase unha estructura organizativa encargada de trasladar a sociedade esa síntese ideolóxica de defensa e reivindicación da Identidade Galega, que foi tomando forma nos cen anos anteriores de Galeguismo. A aparición do P.G., en directa relación coas Irmandades da Fala, é un feito histórico clave porque vai a ser un axente de transformación real, tanto de carácter administrativo como identitario e sociopolítico, da Galiza.

Acostúmase a dicir que, como movemento organizativo concreto, as súas orixes atópanse no ano 1916, tendo por obxectivo a exaltación e a reivindicación do poder político e organización administrativa propia para Galicia. Foi nese ano cando Antón Vilar Ponte fai un chamamento á intelectualidade galega para reivindicar a nosa lingua e cultura. De tódolos xeitos, os Galeguistas daqueles anos sentiron a necesidade de diferencia-la etapa que estaban a construír das anteriores e optaron por adopta-lo xenérico de “nacionalismo galego” para expresar esa diferencia. Vilar Ponte afirma que el foi o primeiro que utilizou a expresión nacionalismo galego, nunca antes se falara de nacionalismo; nun artigo titulado “Verbas mortas”, explica como se foi desgastando a palabra rexionalismo e, de feito, naquel tempo empregábanse practicamente ámbolos dous conceptos como sinónimos, tamén se dicía “rexionalismo integral”. No Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo do 1918, os persoeiros das Irmandades da Fala fan constar a adopción da expresión nacionalismo galego, de acordo cunha declaración previa que dicía: “Tendo Galicia tódalas características esenciais de nazonalidade, nos nomeámonos de hoxe para sempre nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle tódalas aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. No Manifesto tamén se proclama a autonomía integral para Galicia como un programa constituínte, e fálase dunha proclamación de “soberanía estética”, aspecto no que a autonomía integral parecía ter a máxima capacidade. Coa finalidade de fundar a súa lexitimidade sobre bases conceptuais claras, os propios protagonistas tiveron que facela definición do Galeguismo ou nacionalismo galego. Máis que unha teoría pura do concepto, fixéronse definicións operativas, orientadas cara o público, que tiñan intención de convencer ou de animar cara a acción. Vicente Risco tiña unha concepción propia das bases sociais do nacionalismo galego, entendendo que o Galeguismo era un movemento para minorías intelectuais e diríase que selectas;

outros, como Vilar Ponte, pronunciábanse por constituír agrupacións en todas partes de Galicia, o interese pola divulgación e por crear instrumentos conceptuais sinxelos era moito maior e, o propio Vilar Ponte, consegue que unha serie de intelectuais galegos se unan nas Irmandades de Amigos da Fala. A primeira base do Galeguismo ou nacionalismo galego é a afirmación da personalidade política de Galicia. O titulo da obra fundacional de Vilar Ponte non pode ser máis expresiva: Nosa afirmación rexional; Vicente Risco en A ideoloxía do nacionalismo galego expón en esquema o ideario e di que é “o esforzo de afirmación vital dun pobo que non quere morrer”, e tamén é “sempre afirmativo e nunca negativo”. Por outra banda, Antón Vilar Ponte fixo do idioma a segunda base ideolóxica e o instrumento clave da afirmación identitaria nacional. A cuestión da “articulación” de Galicia foi un tema debatido para o que Xoán Vicente Viqueira propuxo a teoría, que tamén defendía Francisco Giner de los Ríos, e que se chamou a teoría concéntrica: círculos de integración crecente en dereitos e responsabilidades que van da aldea, pasando pola parroquia, a comarca ou bisbarra e as rexións, ata chegar ó Estado e as organizacións supra estatais. A acción política do Galeguismo ou nacionalismo galego, nesta xeira dos primeiros anos do século XX, pasou por diferentes subetapas. Por citar dous exemplos temos, en primeiro lugar, a dos anos que van do 1916 ó 1923; e a fase que se pode chamar da afirmación identitaria, unha etapa moi breve, pero sumamente intensa en acontecementos na que o espírito asociativo enriquecese coas Asembleas das Irmandades da Fala. A segunda sería a etapa de represión do Galeguismo, se miramos dende a perspectiva do Estado, ou de represión identitaria, se o facemos dende o punto de vista do propio movemento Galeguista; o endurecemento da dictadura do Xeneral Primo de Rivera (1923-30) fixo que o nacionalismo galego coñecera o insulto e o desprezo; nembargantes, dúas institucións culturais xorden nesta etapa da represión do Galeguismo: a Sociedade de Cultura Galega “Nós”, fundada en Ourense o 8 de novembro de 1922, con Vicente Risco como a figura fundamental, e o Seminario de Estudos Galegos, creado o 12 de novembro de 1923. A constitución do Partido Galeguista, e o seu carácter formación política nacional da Galiza, permite materializar con eficacia os perfís ideolóxicos do nacionalismo galego en feitos, tan importantes para a historia da Galicia, como o I Estatuto da Galicia. Unha vez aprobado polo medio dun plebiscito popular, certifícase definitivamente o abandono dos obxectivos de restauración do Reino de Galicia; despois do I Estatuto, o modelo ou a expresión da Identidade Nacional Galega, con vixencia para o futuro, ten na consecución do autogoberno pleno, polo medio dun marco constitucional, ou estatutario, que recoñeza o carácter nacional do colectivo social, económico e cultural, que conformamos os Galegos e Galegas, o seu obxectivo prioritario. Dicir, para rematar este capítulo, que o Galeguismo caracterizouse sempre por ser un pensamento político tolerante e aperturista, vencellado as principais vangardas artísticas e culturais da Europa e América; sempre na liña de combater o caciquismo sobor de todo dos partidos conservadores estatais que, para Galiza, representaron tradicionalmente o illamento, a ignorancia, o atraso e o folclorismo. 1.936 - 1939, anos fatídicos Os militares golpistas provocan unha Guerra Civil que na Galiza, pese a que foi practicamente un territorio ocupado desde o primeiro momento, provocou unha represión incualificable con preto de 2.500 galegos e galegas asasinados, en aplicación de sentencias ilegais ou “paseados”, e milleiros máis refuxiados e exiliados. Na memoria de todos eles, recuperamos os nomes dalgúns mártires Galeguistas: Alexandre Bóveda (secretario de organización do Partido Galeguista, fusilado en aplicación da sentencia dun consello de guerra) Pedro Galán (Secretario das Mocidades Galeguistas, 18 anos, fusilado o 16 de Setembro de 1.936 en A Coruña) Anxel Casal (Cofundador das Irmandades da Fala da Coruña con Villar Ponte, editor de Lar e das célebres noveliñas curtas ilustradas por Díaz Baliño, creador da Editorial Nós, militante e alcalde galeguista de Santiago de Compostela, paseado e asasinado en Agosto do 1936) Víctor Casas (director de A Nosa Terra e dirixente galeguista, fusilado en aplicación da sentencia dun consello de guerra)

Arturo Noguerol Buxán (44 anos, galeguista, secretario do Concello de Serantes, escritor, fundador e colaborador da revista "NÓS", detido o 10 de agosto por "propalar noticias tendenciosas" e fusilado o 12 de Setembro do 1936). Manuel Gómez Suárez (militante do Partido Galeguista, Presidente do Grupo Galeguista de Fene, 51 anos, electricista en la Maestranza del Arsenal, fusilado o 8 de Xaneiro do 1937 en San Felipe, polo delicto de “rebelión militar”) Manuel Lustres Ribas (xornalista e agrarista de evolución galeguista, foi un dos grandes xornalistas galegos da época de preguerra, situándose a carón de Blanco Torres ou Villar Ponte. Colaborou en innumerables publicacións, entre elas Galicia Nueva, España Libre, El Liberal ou o Xornal Galicia, dirixido por Paz Andrade. Pertencía ó equipo redactor de Faro de Vigo cando foi paseado e asasinado no 1936). Camilo Díaz Baliño (pai de Isaac Díaz Pardo, pintor, escenógrafo e publicista galeguista, paseado e asasinado o 14 de Agosto de 1936 en Coence – A Coruña). Baldomero Vilarelle Breijo (militante do Partido Galeguista, veciño de A Barqueira, labrego, 36 anos, fusilado o 27 de Outubro do 1936 no cimeterio de Grañas do Sor-Mañón). Xesús Díaz Rascado (militante do Partido Galeguista, 33 anos, electricista de Fene, fusilado o 29 de Outubro do 1936) Ramón Romero Castro (militante do Partido Galeguista, 26 anos, de Narón, labrador). Manuel Serantes Iglesias (galeguista, vixiante de pesca, fusilado o 6 de Xullo do 1936, preto de Pontedeume, en aplicación dos bandos militares). Felipe Tejedor Torio (galeguista, garda municipal, fusilado o 6 de Xullo do 1936, preto de Pontedeume, en aplicación dos bandos militares). Xulio Sas Barros (27 anos, galeguista, natural de Betanzos, fusilado o 26 de Xullo do 1936, no cimeterio de Canido, Ferrol, en aplicación do art. 4º dos bandos militares). Tomás Fuentes Velo (28, galeguista de Betanzos, fusilado o 26 de Xullo do 1936, no cimeterio de Canido, Ferrol, en aplicación do art. 4º dos bandos militares). Xosé Antonio Sánchez Moreira (galeguista, labrego, 38 anos, fusilado o 9 de Agosto do 1936 en Miño). Rodrigo Álvarez Pardo (galeguista, secretario do Concello de Ares, 52 anos, paseado e asasinado en Pontedeume o 10 de Agosto do 1936). Leonardo Martínez Novo (galeguista, mestre, de Pontedeume, paseado e asasinado en Pontedeume o 10 de Agosto do 1936). Xosé Allegue del Río (galeguista, médico, paseado e asasinado en Pontedeume o 10 de Agosto do 1936). Cesáreo Blanco Fernández (de Leiro, labrego, 23 anos, paseado e asasinado en Miño o 12 de Agosto do 1936). Andrés Bouzamayor (galeguista, paseado e asasinado en Cedeira, despois de ser detido pola Garda Civil, o 13 de Agosto do 1936). Gonzalo Seoane Teijeiro (galeguista, 39 anos, Ferrol, obreiro const. naval, fusilado o 15 de Agosto do 1936, sen xuízo xunto o aplicarlle o art. 4º do bando militar do 22 de xullo, segundo as actas por "pretender una rebelión en el cuartel de Dolores"). Pedro Seoane Golpe (galeguista, 18 anos, Ferrol, obreiro const. naval, fusilado o 15 de Agosto do 1936, sen xuízo xunto o seu pai Gonzalo Seoane Teijeiro o aplicarlle o art. 4º do bando militar do 22 de xullo, segundo as actas por "pretender una rebelión en el cuartel de Dolores"). Juan Golpe Leal (galeguista, da construcción naval, 29 anos, tío de Pedro Seoane, fusilado o 15 de Agosto do 1936, sen xuízo o aplicarlle o art. 4º do bando militar do 22 de xullo, segundo as actas por "pretender una rebelión en el cuartel de Dolores").). Marcelino Rey Mauriz (galeguista, xornaleiro da construcción naval, Ferrol, fusilado o 15 de Agosto do 1936, sen xuízo xunto o aplicarlle o art. 4º do bando militar do 22 de xullo, segundo as actas por "pretender una rebelión en el cuartel de Dolores"). Ignacio Blanco Fernández (galeguista, carpinteiro, de Narón, 33 anos, fusilado o 15 de Agosto do 1936, sen xuízo xunto o aplicarlle o art. 4º do bando militar do 22 de xullo, segundo as actas por "pretender una rebelión en el cuartel de Dolores"). Manuel López Blanco (galeguista de Redes, obreiro construcción naval, 21 anos, fusilado o 16 de Agosto do 1936 preto de Ares). Alfonso Abrodes Rey (galeguista, 23 anos, fusilado o 17 de Agosto do 1936). Xosé Pérez Cisneros (galeguista, 24 anos, carpinteiro, de Fene, fusilado o 17 de Agosto do 1936). Xesús Tenreiro Prim (galeguista, 34 anos, secretario do Concello de Fene, fusilado o 17 de Agosto do 1936).

Juan García Niebla (60 anos, mestre galeguista, natural de A Graña-Ferrol, fusilado o 17 de Agosto do 1936). Manuel Prado Allegue (galeguista, funcionario, 38 anos, asesor do alcalde de Pontedeume en 1936, fusilado no cimeterio de A Capela o 18 de Agosto do 1936). Celestino Sardiña Navarro (galeguista, empregado dos ferrocarrís, 53 anos, secretario interino do Concello de Pontedeume en 1936, fusilado no cimeterio de A Capela o 18 de Agosto do 1936). Juan Rico González (galeguista, labrego, 46 anos, de Monfero, fusilado en Caamouco-Ares, as 5 da mañá, o 19 de Agosto do 1936). Santiago Rodeiro Rodríguez (galeguista, 24 anos, mariñeiro, de Pontedeume, fusilado en Caamouco-Ares, as 5 da mañá, o 19 de Agosto do 1936) Xosé María Varela Salido (galeguista, 41 anos, ferreiro, secretario da Soc. Agraria de Grandal-Vilarmaior, fusilado en Caamouco-Ares, as 5 da mañá, o 19 de Agosto do 1936) Manuel Franco Bermúdez (galeguista, 36 anos, fusilado en As Pontes o 19 de Agosto do 1936). Xoaquín Antón Rodeiro (galeguista, 27 anos, fusilado en As Pontes o 19 de Agosto do 1936). Manuel Pérez Verdura (38 anos, galeguista, garda municipal de Ferrol, paseado e asasinado en Ferrol o 20 de Agosto do 1936). Xosé Freire Pita (galeguista, paseado e asasinado en Cedeira o 21 de Agosto do 1936 despois de ser detido pola Garda Civil). Eduardo Villalba Villarnovo (galeguista, 35 anos, de Narón, fusilado o 22 de Agosto do 1936). Baltasar Teijeiro Casal (obreiro de const. naval, de Neda, 31 anos). Laureano Serantes Rodríguez (galeguista, propietario dunha tenda, de Neda, fusilado no cimeterio de S. Xiao de Narón o 22 de Agosto do 1936). Eugenio Meizoso Núñez (galeguista, mestre de Sedes-Narón, 28 anos, fusilado no cimeterio de S. Xiao de Narón o 22 de Agosto do 1936). Manuel López González (galeguista, mestre de Valdoviño, 26 anos, fusilado o 25 de Agosto do 1936). Diego Espiñeira Vilariño (galeguista, mariñeiro, de Ares, 26 anos, fusilado o 25 de Agosto do 1936). Xosé Antonio Fernández Maceiras (galeguista, 29 anos, de Mugardos, fusilado en Ares o 27 de Agosto do 1936). Manuel Pita Loureiro (galeguista, fusilado en O Val - Narón o 27 de Agosto do 1936). Constantino Espiñeira Sixto (galeguista, 27 anos, de Mugardos, fusilado en Ferrol o 30 de Agosto do 1936). Ángel Rodríguez Rodríguez (galeguista, 28 anos, de Mugardos, fusilado en Ferrol o 30 de Agosto do 1936). Xosé Fernández Ares (galeguista de Cabanas, fusilado en Ombre-Pontedeume o 2 de Setembro do 1936). Francisco Muíño Castiñeiro (galeguista de Vilarmaior, fusilado en Ombre-Pontedeume o 2 de Setembro do 1936). Pedro Marcos Silvar (galeguista de Monfero, fusilado en Ombre-Pontedeume o 2 de Setembro do 1936). Manuel Ramos Fernández (ex-concelleiro agrarista e galeguista, fusilado en As Pontes o 5 de Setembro do 1936, xunto coa súa muller, Juana Ferreiro Rodríguez, e os seus fillos Manuel Ramos Ferreiro de 25 anos e Xosé Ramos Ferreiro de 28). Manuel Suárez Villar (militante del PG de Cerdido, labrego, presidente de la Soc. Agropecuaria Coitas Labregas, fusilado o 5 de Setembro do 1936). Xosé Moure Cigarrán (galeguista, fusilado o 5 de Setembro do 1936) Manuel Rodríguez Méndez (galeguista, fusilado o 5 de Setembro do 1936) Guillerme de Cal Fernández (galeguista, procurador, 53 anos, fusilado o 16 de Setembro do 1936 en Fene). Xosé Cipriano Durán Fraguela (galeguista, 29 anos, tenente de alcalde de Cedeira, labrego, fusilado o 18 de Decembro do 1936 en San Felipe, polo delicto de “rebelión militar”). Isaac Forneiro Barandela (galeguista, empregado de banca, 39, de Ourense, fusilado o 18 de Decembro do 1936 en San Felipe, polo delicto de “rebelión militar”). Celestino Rodríguez Galdós (galeguista, comerciante, 50 anos, de Fene, fusilado o 17 de Marzo do 1937 en San Felipe, polo delicto de “rebelión militar”). Un Memorial ó que hai que engadirlle outro de represaliados, que conta por centos ós seus membros. Galeguistas que sufriron cadea, como Lois Peña Novo (avogado, foi o primeiro concelleiro galeguista na Coruña de 1920) ou Xosé Núñez Búa (mestre) ou foron depurados dos seus cargos, como Ramón Otero Pedrayo (catedratico e escritor, ex-deputado galeguista), Antón Fraguas e Francisco Fernández del Riego; desterrados como o inspector e escritor Xosé Ramón e Fernández-Oxea “Ben-Cho-Shey” ou o

avogado e literato Valentin Paz-Andrade; outros que tiveron que agacharse para fuxir da represión, como Anxel Fole ou Isaac Diaz Pardo; os apresados ao rematar a guerra, como o avogado, profesor e escritor Ricardo Carballo Calero (galeguista e oficial do exército republicano) ou o periodista Raimundo García Domínguez, Borobó (membro de Vanguardia de Izquierda Republicana e comisario no exército republicano), así como os entregados polos nazis durante a ocupación de Francia, como o narrador galeguista Ramón de Valenzuela. Unha longuísima lista na que tamén hai que contar ós exiliados no estranxeiro, como Alfonso Rodríguez Castelao (deputado galeguista) e decenas de escritores de orientación galeguista (Ramón Martínez López, Álvaro de las Casas, Luís Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Xos‚ Núñez Búa, Antón Alonso Ríos, Ramón Suarez Picallo, Ramón de Valenzuela, Xos‚ Otero Espasandin, Lois Tobio, Silvio Santiago, Xerardo Álvarez Gallego, Florencio Delgado Gurriarán, Emilio González López, Xos‚ Rubia Barcia, Ernesto Guerra da Cal e un longuísimo etc.), así como doutro tipo de artistas (o músico Xesús Bal y Gay, o cineasta Carlos Velo, a pintora Maruja Mallo); e, nun lugar de honra moi especial, aqueles galegos e galegas que nas vilas e cidades da Galiza sufriron, de xeito anónimo as mais das veces, as consecuencias da máis violenta tentativa de aniquilación da identidade e da cultura galega dos últimos séculos.

Os libros autobiográficos conforman unha memoria histórica de singular valor. Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda de Xerardo Álvarez Gallego, Memorias de un republicano perseguido por el franquismo (1976), de Juan Noya Gil; O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, memorias dun fuxido (1979), de Antón Alonso Ríos, e Memoria dun fuxido (1980) de Manuel González Fresco; novelas de base autobiográfica como Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar (1957), de Ramón Valenzuela Otero, e O silencio redimido. Historia dun home que pode ser outro (1976), de Silvio Santiago; crónicas periodísticas como as "Historias de fuxidos", de Darío Álvarez Blázquez, e a colección Documentos para a historia contemporánea de Galicia (promovida dende 1981 por Isaac Díaz Pardo en Edicións do Castro) dan conta empírica de boa parte dos horrores padecidos por galegos durante a guerra civil.

Galicia na dictadura franquista 1936-1939 En Madrid créanse as Milicias Galegas para combater o fascismo. A finais de 1936 comeza a actividade da guerrilla antifeixista nos montes de Galiza. 1938- As cortes da República reunidas en Montserrat (Cataluña) debaten e aproban o I Estatuto galego; Castelao visita a URSS e USA. Nos montes da Galiza acentuase a actividade guerrilleira. Disolvese a Sociedade Nacionalista Pondal que pasa a chamarse Sociedade da Arte Pondal. 1939 Co remate da guerra, o Partido Galeguista é ilegalizado e pasa a clandestinidade. Castelao chega a Arxentina procedente dos USA. Créase a Organización Nacionalista Galega de Arxentina , Irmandade Galega. Constitúese a Alianza Nazonal Galega en México. 1941 Fuco Gómez comeza a edición mensual da revista “Patria galega”. 1943-44 Primeira organización Galeguista de resistencia à dictadura franquista: o Frente de Liberación Galega, integrada por antigos membros das Mocidades Galeguistas. Constitúese en Francia o Bloque Nacional Republicano Galego. Editase o libro “Sempre en Galiza” de Castelao. Recomponse “GALEUZCA” en Bós Aires como alianza entre os nacionalismos vasco, catalán e galego. Consello de Galicia 15 de novembro de 1944, fúndase en Montevideo, o Consello de Galiza, coa sinatura de Alfonso Rodríguez Castelao, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos e Ramón Suárez Picallo. Os catro asinantes eran os únicos deputados galegos refuxiados en América, os cales acordaron: “Xuntarse nun so corpo de dirección política para gardar, manter e defender a derradeira vontade política de Galicia, mentres dure esta etapa de avasallamento na que o pobo vese privado de toda expresión democrática. Ditos mandatarios afirman que a vontade política de Galicia arrinca legalmente do Estatuto plebiscitado en 1936. Os mencionados mandatarios defenderán, por conseguinte, o dereito de autodeterminación para o pobo que representan; pero considéranse autorizados a restrinxir este dereito ó que sexa racionalmente xusto e posible, descartando o separatismo e avogando por unha unión accionada de tódolos pobos diferentes de España, ou mellor, da Península, dentro dun Estado plurinacional republicano, con garantías de liberdade para os homes e os pobos. Tendo en conta que a vontade dos electores galegos representan unha ínfima minoría de votos no corpo político de toda España e que, polo tanto, a vontade do pobo galego sería indefectiblemente vencida polo peso numérico dos votos non galegos, resulta

natural que os representantes de Galicia busquen o equilibrio democrático de España a base dunha nova estructura do Estado Español, na que os pobos sexan os verdadeiros suxeitos do dereito político. Para este fin, a unidade de dirección política de Galicia no exilio, emprenderá unha campaña, xunto co Goberno de Euzkadi e o consello Nacional de Cataluña, para pesar, por convencemento, na conciencia liberal e democrática dos demais españois...”. A creación do Consello de Galiza xerou un importante debate entre o Galeguismo do exterior cos sectores Galeguistas do interior, liderados por Ramón Piñeiro. Coa caída de Galiza en mans das forzas franquistas e a posterior derrota das forzas republicanas, os galeguistas que aínda permanecían no país intentan unha reagrupación de forzas. Moitas son as dificultades para reorganizar o partido, a maioría dos cadros principais ou foron fusilados ou marcharon cara ao exilio. En Galiza quedaban persoas illadas que polas súas posicións moderadas non foron perseguidas. Mentres que algúns militantes desde posicións de esquerda loitaron xunto aos comunistas na resistencia armada. Co pasar dos anos a reagrupación Galeguista vaise a realizar a través dun grupo de intelectuais que admiten a imposibilidade de enfrontarse abertamente contra o réxime imperante. Comeza a xestarse entre eles unha concepción culturalista, desbotando os métodos e xeitos políticos do Galeguismo político encabezado por Castelao e o Consello de Galiza. O debate cos seguidores de Ramón Piñeiro leva a Ramón Suárez Picallo a redactar un borrador sobre a significación histórica da creación do Consello de Galiza: “Ó finar a guerra civil, en 1939, milleiros de galegos, que loitaran nela defendendo a República, na conciencia de que República e autonomía pra Galicia, eran cousas consustanciadas e inseparabels, tiveron que saír mundo adiante polos camiños do desterro, especialmente rumbo ás Américas. Entre estes emigrantes galegos forzados, había moitos que ostentaban en Galicia cargos políticos de representación popular, deputados a Cortes, deputados provinciais, alcaldes, concellales, ex ministros, ademais de dirixentes políticos e sindicais, profesores e intelectuais de moita valía, que se sumaron e se confundiron coas vellas institucións representativas das poderosas colectividades galegas residentes, a maioría das cales, especialmente as da Arxentina e do Uruguai eran dende sempre de siño autonomista, repúblican e democrático. E namentres que vascos e cataláns en situación igual por ter aprobados e promulgados os seus estatutos autonómicos dentro da continuidade institucional, constitucional e xurídica da República, sostiñan, e sosteñen na emigración, os seus organismos representativos desa continuidade, os galegos careciamos dunha entidade similar por non terse promulgado o seu Estatuto respectivo. En efeito, o Estatuto Galego, plebiscitado o 28 de xunio de 1936, fora entregado con todas as formalidades xa cubertos os tramites marcados na Constitución da República, na Presidencia do Parlamento, pra ser sometido á súa aprobación, unhas horas antes de estalar a moura traizón. Xa en plena guerra civil, o Estatuto tivo lectura oficial na sesión das Cortes, celebrada en Monserrat en febreiro de 1938; e en 1944, nas Cortes celebradas en Ciudad de México, tivo penúltimo trámite parlamentario, ó ser nomeada alí a Comisión encargada de ditaminalo e propoñer a súa aprobación. Galicia non tiña, pois, un “Estatus” perfeito con referencia a súa autonomía, pero tiña unha forte espeitativa de telo, á vista dos trámites constitucionais xa corridos polo seu Estatuto, que lle permitía crear un organismo representativo, aínda que somentes fose simbólico d-aquela espeitativa de direito. Ise orgaismo é o Consello de Galicia. Castelao, cuia vida, obra esprito e corazón, foron íntegras pra Galicia, matinou constantemente na creación do devandito orgaismo. El atopouse na emigración especialmente en Bos Aires coa “outra” Galicia, coa Galicia Ultramariña: unha Galicia viva e palpitante de esprito de galeguidade, de fervor republicán e democrático de anceios de liberdade pra Patria, que via no noso líder, non somentes ó grorioso artista, senon que támen o guieiro ideal, o conductor dun pobo. Ista Galicia que se volcara integra en favor da proclamación da República Federal, que apoiara política, espritual i-economicamente, as campañas a prol do Estatuto autonómico, e que, durante a guerra civil, foi a forza maior e mais vital da axuda os combatentes da legalidade republicana na que vían a posibilidade da autodeterminación política de Galica, non se resiñaba a acatar pasivamente os resultados inxustos da guerra civil. E pasados os primeiros intres de angustiado estupor quixo seguir loitando dende a emigración polos vellos e ben amados propósitos e ideais de liberdade e democracia pra Patria galega. Mais, pra que a loita fose eficaz, necesitábase unha entidade que a orientase por riba da discrepancias de matiz politizo, filosófico e ideolóxico -ausolutamente naturais e lícitas en todo orgaísmo democrático- eisistentes no seo das nosas entidades coleitivas. Unha entidade que, en certo grado representase dalgún xeito, a vontade libremente eispresada do povo galego; unha entidade que fose aceitada, recoñecida e respetada por todos, como representación da Galicia democratica e autonomista que se manifestara nas eleicións de febreiro de 1936, e no Plesbiscito de xunio do mesmo ano.

Castelao antes de darlle forma a ista entidade, consultou a varios xuristas galegos, entre eles a profesores de dereito da Universisade Compostelana. celebrou reunións privadas de consultas, tamén cos principales dirixente das coleitividades galegas da Arxentina e do Uruguay, e, por correspondencia, ós das outras coleitividades de toda América. Consultou eisimesmo, persoalmente e por correspondencia, ás autoridades dos gobernos vasco e catalán no eisilio os feitos do posibel recoñecemento do orgaismo galego. As respostas foron todas favorabels e, a vista delas, Castelao deulle vida e forma ó Concello de galicia en aito publico memorabel, na cibdade de Montevideo - circunstacias politicas de aquel intre fixeron imposibel que fose en Buenos Aires- leendo ante varios milleiros de galegos, das duas ribeiras do Plata á sua aita de fundacional. Xa fica dito que o orgaismo, aparte do seu caraiter simbólico e patriotico tiña que ter certa forza representativa da vontade do povo galego, libremente eispresada. E ista representatividade dase cabalmente nos diputados galegos elexidos nas memorables eleicións de febreiro de 1936, a derradeira ves que galicia puido elexir libremente representantes seus. Por eso o Consello está integrado por ises deputados, perteñecentes a distintos seitores politicos aituantes en galicia. Castelao foi seu primeiro e único presidente. cando él morreu o Consello deixou de cubrir o cargo pra que él seguise presidindo dende a inmortalidade donde mora. A parte executiva da Presidencia desempeña Antón Alonso Rios, diputado agrario por Pontevedra, no seu caracter de Segredario Xeral. Polo demais ista composición do Consello a base dos diputados concorda co artículado da Constitución (arts. 11 a 16) referente as autonomías, e coa parte “transitoria” do estatuto Galego plesbiscitado, que lles confire ós diputados as Cortes a facultade de Constituirse en Goberno provisional até a implantación do Estatuto e de todos os seus orgaos de poder. O Consello aitua asesorado por varias Comisións de Facenda, de Asuntos Politicos, de Asuntos Culturales etc. Os membros destas Comisións perteñecen as principais institucións da colectividade galega de Buenos Aires e do Uruguay, que o apoian e recoñecen. O Consello de Galicia non é un goberno en eisilio: É unha institución simbólica, gardadera da voluntade republicán, democrática e autonomista do povo galego. Non interveñe en polémicas de ningunha natureza no seo das coleitividades. Aitua en defensa do manteñemento d-aquela vontade, esclarecedora e mantendo o seu siñificado. Estimula, axuda o apoia, na medida das súas forzas, toda laboura tendente a que galicia recupere o antes posibel os seus dereitos democraticos de autodeterminación politica e nacional, tanto na emigración coma no interior. Con elo vai implicito que apoia canto se faga pra poñer fin ó reximen iñominioso que a ten sobmetida, opresa i-esplotada. Do mesmo xeito estimulada toda laboura cultural e artistica, de dentro e de fora de galicia, que tenda a arrequentar os bens do esprito galego, e a xerarquizar a sua personalidade diferenciada, nacional e culturalmente. A vida do Consello de Galicia está autolimitada polos seus propios fundadores. Deixara de eisistir no intre mesmo, (nin un minuto antes, nin un minuto despois en que Galicia recupere o dereito de elexir, libremente, representantes propios que aituen en todos os ordens”. Informe manuscrito de Ramón Suarez Picallo (Arquivo da Real Academia Galega). 1945 Reúnese en México o Consello de Galiza. 1946 Castelao incorporase como ministro ao goberno da República no exilio presidido por Giral. 1950 Castelao morre en Bós Aires. Alonso Rios asume entón a presidencia do Consello de Galiza. Fundase a editorial Galaxia. Comeza a emisión en radio Carve de Montevideo do programa Sempre en Galiza, o mais antigo programa radiofónico en lingua galega. Ramón Piñeiro disolve o Partido Galeguista; disolución máis simbólica que outra cousa porque o espírito e a presencia do P.G. seguiu a manterse na maioría dos militantes de base, tanto na Galiza como no exilio.

1952 O mais popular dos guerrilleiros galegos, Benigno Andrade “Foucellas”, é executado. Era natural da aldea coruñesa de Foucellas, pertencía a CNT e en Xullo do 1936 xa se tiña enfrontado co destacamento da Garda Civil de Cabruy. No outono de 1940 crea a súa propia partida, instalase nos Montes de Boecio. practicamente toda a partida componse de prisioneiros republicanos e acada tal sona que, naqueles tempos, ós guerrilleiros galegos chegóuselle a chamar xenericamente “foucellas”. En marzo do 1952, cando “Foucellas” operaba na zona de Betanzos, foi descuberto o seu refuxio, ferido e detido. Xulgouno un Consello de Guerra, en A Coruña, que o condenou a morrer no Garrote Vil. Na figura do “Foucellas” coinciden dous tipos de mitificación moi diferenciadas: a popular e a burguesa; respecto a

popular, os nenos das aldeas xogaban a ser “foucellas”; mentres que as nais das xentes acomodadas, xeralmente das cidades, dicían para meter medo os rapaces: “¡Coidado!, ¡escapa!, ¡que ven o Foucellas!” .

A guerrilla tivo na Galiza nomes tan sonados como Manuel Ponte "O Pintor", José Castro Veiga "O Piloto", e o grupo de Manuel Eive e Ramiro Carbón, José Neira, Manuel Fernández "Coronel Benito", Amador Domínguez "Líster", Antonio Seranee “Julián”, “Ricardo”, "el de Negreira", Marcelino Rodríguez "Marrofer", José A. Cortinas "Manuel Vega; José M. Otelo “Doctor”, (Emilio Pérez Vilariño "Claudio Veas" e o de Julián de la Rosa "Radita" -todas elas de A Coruña-; as partidas do "Alférez Provisional", de "César Terrón", de Luis Trigo "Garda ríos" e de Antonio Crespo "Fuenteoliva", en Lugo; as de Manuel Álvarez "Bailarín", Alfredo Yáñez "Aguirre", Marcelino de la Parra "Parra", Mario Rodríguez "Mario de Langullo", Raúl Mayo "Raúl", Mariano Fernández "Gafas", a de “Abel", a de “Albino” ou "O Moreiras”, José Pedreira “Caravana”, a de “Cesáreo Ríos”, as do “Guardiña”, “Carrillo”, Juan Pérez “Juan Genaro”, José Gil “Pepe”, “Vicente Alenza”, Abelardo Macías “Lebre”, Demetrio García “Pedro”Alvarez, o “Grupo dos Enmascarados" e a partida do estado á que pertenceron maior número de irmáns e que se coñecia co nome dos "Soulecines" (Adolfo, Domingo, Consuelo, Antonia, Rogelio y Sebastián Rodríguez León), todas elas en Ourense; a de Roxelio García "O Maletas", Manuel Simón "Xanote", Antonio Crespo "O Fotógrafo", Melchor Díaz "Pepito", a do “Farrapillas”, do “Cachopas”, do “Azulmendi”, a de Manuel Pintado “Lolito”, a do ”Grupo de Puenteareas”, a do “Largo”, as do “Petrinas”, ”Paco Ferreiro”, “Corcheiro”, “O da Nova” e a de Castro Prieto, todas en Pontevedra.

1953 Xosé Neira Vilas refunda en Bós Aires as Mocidades Galeguistas. O Padroado da Cultura Galega de México edita a revista Vieiros. A finais de agosto 1953 Bos Aires nacía un que colectivo que tomaba o relevo da Federación de Mocedades Galeguistas que existira en Galicia entre 1934 e a Guerra Civil; un grupo de mozos creaba as Mocedades Galeguistas de Bos Aires, unha sociedade que mantería a lapa da cultura da outra banda do Atlántico que daría lugar a unha boa cantidade de iniciativas culturais e mesmo políticas. O 22 de agosto de 1953 reuníanse no local do Centro Ourensán un grupo de mozos convocados por Vidal Pérez Graña, da Estrada, que contou coa colaboración de Antón Moreda e de Antón Santamarina neste labor. Desta primeira xuntanza saíu a asociación cos obxectivos de coñecer e espallar a cultura e a realidade galega desde todos os eidos, cultura, historia, xeografía, economía, lingua. Veteranos galeguistas coma Bieito Cupeiro e Manuel Pedreira apadriñaban o novo proxecto, que se integraba na Irmandade Galega, participando cos máis novos en mesas redondas e xuntanzas e orientando a súa busca de saber sobre o país. A aceptación do novo colectivo entre a mocidade galega ou descendentes de galegos de Bos Aires foi moi boa, e deste xeito, só dous anos despois da xuntanza fundacional había xa cincuenta e nove socios. Entre estes, nomes coma Xosé Neira Vilas, Manuel Cordeiro, Xosé Casal, Olga e Pilar Ares, Pilar Jeremías Cela ou Clotilde Iglesias sumábanse aos dos promotores do colectivo. Todos estes mozos e mozas desenvolvían actividades coma a conmemoración do Día de Galicia Mártir ou o aniversario da votación do Estatuto de Autonomía de 1936, coordinando as súas actividades coas dos centros galegos e coa Comisión Intersocietaria, que agrupaba daquela oito sociedades de galegos residentes en Bos Aires. A partir das xuntanzas periódicas que realizaban para estudiar diferentes aspectos de Galicia analizaron polo miúdo “Sempre en Galiza”, libro que lles servía a miúdo como guía desde a comezar os debates. Ademais destes temas abordaron cuestión s que aínda a día de hoxe están pouco investigadas ou comezan a ser coñecidas polo miúdo. Por exemplo o traballo cinematográfico do director Carlos Velo, exiliado en México, ou a obra do Seminario de Estudios Galegos, desaparecido coa Guerra Civil. Ademais trataron outros temas coma as revoltas irmandiñas, o Rexurdimento ou a significación de Rosalía entre moitos outros. Segundo sinalou o propio Neira Vilas no seu discurso de ingreso á Real Academia Galega “aquela mocidade galego-porteña dispoñía dunha cultura e dunha información sobre Galicia impensable para a mocidade desta orela”.As Mocedades Galeguistas chegaron a editar un boletín propio realizado integramente en galego, o “Adiante”, que iniciou a súa andaina en xaneiro de 1954. Xa no primeiro número desta publicación se recollen as numerosas actividades que a asociación desenvolvera desde a súa fundación, e que ían desde a creación dun “Decálogo do bo galego” a un “breve curso de nacionalismo galego”, pasando por homenaxes a Curros Enríquez, Pardo de Cela ou Manuel Ponte, actos sobre a bandeira, o himno e a fala ou mesmo a elaboración dun pequeno “Vocabulario para falar ben o galego” que se ía publicando por entregas neste boletín. As Mocedades Galeguistas impulsaron, xa en 1953, unha renovación do pacto Galeuzca, coordinándose con entidades xuvenís catalanas (Juventut Catalana) e vascas (Acción vasca). Tamén desde este colectivo se promoveu a creación da AGUEA (Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas), que pretendía agrupar aos intelectuais do noso país exiliados en Buenas Aires. Esta entidade desenvolveu unha intensa actividade cultural, con

numerosas conferencias e clases no Centro Galego a cargo de profesores tan destacados coma Eduardo Blanco Amor ou Rafael Dieste; participando na creación da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, fundada en 1959. Antón Moreda (1934), Medalla de Ouro do Partido Galeguista (2005), conta que "aquela sociedade formoume políticamente, sendo Secretario de Propaganda enchemos Bós Aires de bandeiriñas Galegas pedindo a liberdade e a independencia. Sendo xa Secretario Xeral, participei no I Congreso da Emigración Galega como delegado das Mocidades; alí falamos con Velo Mosquera, organizador do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, o que realizou o asalto o trasatlántico Santa María. Regresei á Galiza no ano 1960, seguindo as instruccions de Luis Seoane contactei co grupo galeguista de Madrid, con Raimundo Patiño e Méndez Ferrín falei moito e alí escomenzou o Consello da Mocidade, do cal fun Secretario Xeral. Tíñamos que xuntarnos en casas particulares ou nalgún bar discreto, pero estaban moi claras e firmes as ideas de cal era a nosa Patria e as liberdades que necesitábamos para traer a liberdade ó noso pobo". Antón Santamarina Delgado naceu en Melilla o 16 de novembro de 1928. Fillo de militar, sarxento de artillaría. Nas súas propias palabras conta que "por cambio de destino, tendo eu ano e medio pasamos a vivir a Axdir, no Rif; de aí o seudónimo arábigo-galaico de Alí ben Omar. En 1933 viñemos para Coruña. Os nenos cos que enredaba dicíanme "morito" ao non entenderen algunha expresión que eu traía dos meus xogos en chelha cos cativos da miña primeira infancia marroquí. En 1936, o meu pai vai preso durante catro anos longos por non se ter pregado á rebelión militar. Para aforrar na miña casa unha boca a manter, fun vivir cos meus avós paternos a Guitiriz. Este traslado plúxome en contacto permanente co idioma da Galiza e con todo o positivo que iso representou ao longo do meu vivir. Cando meu pai sae da prisión regreso a Coruña. Inicio o bacharelato en 1940 e finalízoo en 1947. En 1948, polo "Plan de Bachilleres" titúlome mestre de primeiro ensino. Non exercín como tal porque resultaba máis rentábel dar clases de axuda a domicilio a estudantes de secundario. Causas alleas á nosa vontade obrigáronnos a emigrar: a atadura do meu pai á "lei de responsabilidades políticas", extensível a todo o núcleo familiar, daba pe a que me negaran o dereito a facer un servizo militar máis cómodo na milicia universitaria porque el que no es adicto al régimen no es español. Ou, ante a tentativa de recurso da sentencia de meu pai, emigrado na Arxentina dende 1951 —miña irmá máis vella iniciara o éxodo familiar no '48—, escoitar caladiño que si no hubiera sido traidor a la patria no hubiera tenido que huir. Este abuso de poder nutriu a miña determinación de continuar o camiño iniciado pola familia. Miña noiva, Arxentina de nome, concordaba coa miña decisión. Embarquei o martes trece de Xuño de 1953, en Vigo, e o venres 30, estaba en Buenos Aires. O resto da familia consumou o camiño cara á liberdade: nai e irmá máis nova, 1954; esposa, o 24 de agosto de 1955. En Bós Aires parei nunha pensión coñecida na colectividade como A casa da troia por sermos a maioría coruñeses. Alí naceu o coro Brétemas e Raiolas, remedo do homónimo da Coruña, do cal fun o primeiro presidente; tamén primeiro presidente cofundador de Mocedades galeguistas que, segundo "Espiral", nº 10 (maio-xuño de 1984), "as Mocedades Galeguistas (Moreda, Neira Vilas, Santamarina, os que eu engado Calros Abaira) radicalízanse tendo como centro a Castelao". 1954 As novas Mocidades Galeguistas proclámanse independentistas na revista galeguista “Adiante”, publicada na Arxentina. 1955 Celebrase en Bós Aires o primeiro congreso da emigración galega. 1955 Morte de Ramón Cabanillas, “O Poeta da Raza”. Fundase a Asociación Cultural “O Galo” de Compostela. Crease a “Asociación Argentina de Hijos de Gallegos”. Aparece en Bós Aires a revista “Loita”, órgano de expresión do “Movimento Galego de Liberdade Nacional”. 1955 Protestas de labregos contra a concentración parcelaria en Mazaricos. 22 de Xaneiro, un comando do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación. integrado por galegos e portugueses, secuestra o transatlántico Santa Maria, rebautizado polos asaltantaes como "Santa Liberdade". O secuestro dura trece días e o nome clave da operación é "Dulcinea"; o comando está ás ordes de Henrique Galvao (un romático capitán portugués), do político galego exilado en Venezuela Xosé Velo Mosquera e de José Fernández "Comandante Soutomaior", antigo integrante da mariña republicana. Esta acción pretende chamar a atención internacional na oposición ás dictaduras de Franco e Salazar. 1958 Nace en Madrid o grupo intelectual “Brais Pinto”, ó que pertenceron Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Bautista Álvarez, Cesar Arias ou Herminio Barreiro. 1963 Celebrase por primeira vez o día das letras galegas. Nace o Partido Socialista Galego (PSG), con Xosé Manuel Beiras entre os seus fundadores. Crease a asociación cultural “O Facho” da Coruña.

1964 Crease, inicialmente como fronte patriótica, a Unión do Povo Galego (UPG). Nace en Montevideo o Padroado da Cultura Galega. 1965 Morre “O Piloto”, guerrilleiro antifranquista, en enfrontamento coa Garda Civil. Primeiro acto público da UPG polos chamados “Tércios de Asalto” no conflicto polo encoro de Castrelo de Miño. Celebrase a primeira misa católica en galego. 1966 A UPG deixa de ser fronte patriótica e pasa a constituírse como partido político de carácter nacionalista e marxista-leninista. 1967 Morre “O Curuxas” derradeiro guerrilleiro antifranquista. 1968 Mobilizacións estudantis en Compostela. 1969 O galego é declarado lingua litúrxica. Enfrontamentos coa policía no Día da Patria en Compostela. 1970 Constitúese en Bós Aires o Instituto Argentino de Cultura Gallega. Crease a “Fronte Armada” da UPG 1971 Fundase o Instituto da Língua Galega na universidade Compostelá. 1972 Grandes folgas e mobilizacións obreiras en Vigo e Ferrol. Morren dous traballadores dos estaleiros “Bazán” e ducias resultan feridos en enfrontamentos coa policía. Morre en Compostela abatido pola policía o estudiante Xosé Maria Fuentes Fernández, a Universidade declarase en folga xeral. Nacen os grupos políticos “Organización Obreira” e “Galiza Socialista”. Nace a organización estudiantil “Estudantes Revolucionarios Galegos” (ERGA). Morre en La Habana o patriota e intelectual galego Fuco Gómez. Asinase a Carta de Brest, documento a prol da autodeterminación, asinada en Bretaña en 1974 por representantes de organizacións independentistas de Irlanda, Bretaña, Galicia, Euskadi e Gales (Declaración encol da loita contra o colonialismo na Europa oucidental 1974: 3). 1973 Constitúense as Comisións Labregas (CC.LL.) sindicato labrego nacionalista. Primeira mostra de teatro galego en Ribadavia. 1974 Editase o primeiro numero da revista “Fouce” das (CC.LL.). Primeiras accións da “Fronte Armada” da UPG. Crease a Unión Social-Democrata Galega que constituirá mais adiante o Partido Galego Social-Democrata. 1975 Constitúense os sindicatos nacionalistas “Sindicato Obreiro Galego” (S.O.G.) e a Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG). Fundase a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e o Partido Demócrata Galego. Morre o militante da UPG Moncho Reboiras Noia en enfrontamento armado coa policía; descargase entón unha forte represión contra a insurxéncia nacionalista. Mobilizacións pola construcción da central eléctrica de ENDESA en As Pontes. Coa morte de Franco iníciase o proceso de apertura democrática no estado español. 1976 Créase a Intersindical Nacional Galega (I.N.G.) sindicato nacionalista. Editase o primeiro numero da revista Teima, que foi a primeira publicación enteiramente en galego publicada na Galiza despois da guerra do 36. Inaugurase en Compostela o Museo do Povo Galego. Consello De Forzas Políticas Galegas 26 de Abril de 1.976, Constitúese o Consello de Forzas Políticas Galegas, que aproba o documento: “Bases constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal”, que reproducimos de seguido:

PRELIMINAR Conforme ao principio de autodeterminación nacional a soberanía política en Galicia corresponde ao Povo Galego. Un Goberno Galego asumirá a representación e o exercicio do poder politizo no territorio de Galicia en tanto non se establezan as institucións políticas definitivas no correspondente proceso constituinte. O Goberno Galego só respondera da súa xestión ante o Povo Galego, titular da soberanía política e a súa actuación terá como principios irrenunciábeis os consignados nas seguintes Bases:

I DA PARTICIPACIÓN NUN PACTO FEDERAL ESPAÑOL

Primeira.- A participación da Nación Galega nun Pacto federal español terá de axustarse ás condicións mínimas seguintes: A) O Pacto federal terá de ser concluído sobre o principio da negociación en plano de igualdade dos representantes lexítimos dos Pobos das diversas Nacións hoxe integradas no Estado español, segun veñan determinados polos respectivos procesos constituintes. B) O Pacto federal non poderá reducir as faculdades de autoorganización e autogoberno da Nación Galega.

C) Os órgaos federais que se establezan tanto lexislativos como executivos e xudiciáis, integraranse sobre a base da representación por Nacións en igualdade numérica, independentemente da povoación e territorio de cada unha delas. D) Non se poderá tratar de relativizar o peso polltico das Nacións nos órgaos federais mediante a concesión de igual representación nelas as rexións integrantes de calquera das Nacións. Tal cousa non impedirá que calquera das Nacións na sua organización interna poida outorgar autonomia as rexións que as constituen. E) A eventual integración da Federación en organismos supranacionáis de carácter político ou económico deberá ser refrendada polos lexislativos de todas as Nacións federadas. Segunda.- Os recursos económicos da Federación virán constituidos por : A) Aportación de cada unha das Nacións federadas sobre o criterio da potencialidade económica respectiva e da solidaridade federal. B) Os rendimentos daquelas actividades suscetíbeis de proveito económico que a Federación asuma en exercicio de competencias que lle sexan recoñecidas no Pacto federal. C) Os recursos fiscáis espresamente previstos no Pacto. Terceira.- Serán competencias federáis as referentes ao aseguramento da relación entre as distintas Nacións integrantes da Federación e á defensa e relación esteriores, en particular: A) Forzas armadas de carácter militar: exércitos de terra, mariña e ar. B) A representación esterior da Federación: servicios diplomáticos e consulares ; conclusión de acordos internacionáis. C) Declaración de guerra e concertamento da paz. D) Politica monetaria e arancelaria. E) Coordinación da política económica e fiscal das Nacións federadas. F) Rexime xurídico da Administración federal. G) Lexislación penal. H) Administración de Xusticia nas materias en que a lexislación sexa de competencia federal. Cuarta.- As competencias federáis non poderán ser ampliadas por medio da interpretación xudicial de poderes implícitos nelas. As competencias non atribuidas expresamente á Federación ficaran reservadas as Nacións integrantes. Quinta.- A competencia federal sobre as forzas armadas abranguerá ás forzas de carácter estritamente militar. As forzas paramilitares de orde pública seran de competencia das Nacións federadas. Toda alteración sustancial da dotación ou organización militares no territorio galego e a realización de manobras militares non de rutina no mesrno, deberán ser postas previamente en coñecimento do Goberno Galego. En caso de guerra co esterior declarada formalmente pola Federación. os órgaos fedráis correspondentes poderán prescindir do disposto no anterior párrafo. Sesta.- A Federación ten de conceder intervención aos órgaos nacionáis galegos correspondentes na negociación de acordos con outros Estados ou organismos internacionáis sobre pesca. en augas internacionáis ou territoriáis de outros paises, rexime de emigración e cantas cuestións afecten fundamentalmente aos intereses da Nación Galega. Sétima.- A competencia federal sobre política monetaria enténdese sen perxuicio das competencias nacionáis galegas de ordenación financeira especificadas na Base 14ª. Oitava.- Seran competencias nacionáis galegas: A) A autoorganización politica e o autogoberno, segun determine a vontade constituinte do Povo Galego. B) O réxime xurídico da Administración galega. C) O rexime eleitoral. D) A determinación dos nacionáis galegos. E) O rexime xurídico das liberdades públicas. F) O aseguramento da orde pública ; a declaración de estados de escepción. G) A política económica e a planificación da economía. H) A política fiscal. I) O Direito civil, mercantil e de traballo ; a regulación da seguridade social K) A Administración de Xusticia nas materias en que a lexislación sexa de competencia nacional galega. L) O Rexistro civil e o Notariado. LL) O rexime urbanístico e a ordenación do territorio. M) A política cultural e educativa. N) A política sanitaria.

Novena. - A determinación do caracter federal ou nacional de competencias non previstas nestas Bases, fica remitida á negociación do Pacto federal, mais unha vez concluso estarase ao determinado na Base 4ª. A asignación de calquer competencia aos nivéis federal ou nacional abranguerá necesariamente a lexislación e a execución sobre a materia determinada ; nembargantes, a Federación previo acordo cos órgaos nacionais correspondentes poderá delegar neles a execución en materias de competencia daquelas. Décima. - O idioma oficial da Nación Galega é o galego. Nas relacións oficiais dos órgaos públicos galegos cos da Federación empregarase o idioma oficial da Federación. Os órgaos federáis que actuen no territorio galego nas suas relacións cos administrados estarán obrigados a empregaren o idioma galego. Undécima. - Para o aseguramento da orde pública no territorio de Galicia crearase unha Guarda nacional e un Servicio de Policia nacional. Serán fins da Guarda nacional : A) Exercicio de funcións de policía gubernativa, xudicial e fiscal. B) Colaboración na defensa pasiva civil. Os órgaos nacionáis galegos dictarán a normativa reguladora das Policias locáis. Duodécima. - O rexime xurídico das liberdades públicas abranguerá a regulación dos direitos de reunión, manifestación, asociación política, sindical e relixiosa e a regulación dos medios de comunicación. Este rexime non poderá ignorar ou lesionar os direitos recoñecidos na Declaración Universal de Direitos Humanos da ONU. Décimoterceira. - A competencia nacional galega de política e planificación económica implicará en particular : A) A Faculdade de elaboración e xestión do plan económico nacional. B) Faculdade de ordenación ou nacionalización das fontes de riqueza esistentes no territorio galego. C) Faculdade de ordenación da produción económica e da sua comercialización. D) Ordenación das institucións financeiras que operen en territorio galego con faculdade de crear un sector bancario nacionalizado. Décimocuarta. - A competencia da ordenación financeira suporá en particular a faculdade de fixación de cuotas de liquidez e inversión e de fondos obrigados de reservas e de inversión. de todas as entidades que operen en Galicia no terreno financeiro, ainda que sexan sucursáis de entidades non galegas. Décimoquinta. - A Nación Galega terá faculdades para emitir débeda pública e o Gobemo poderá concertar operacións de tesoureria. Décimo-sesta. - A competencia nacional galega sobre o ensino abranguerá todos os graus e nívéis, calquera que sexa o carácter dos centros que o impartan. O ensino impartirase en galego en todos os graus e nivéis, se ben atendida a esistencia de sectores de povoación castelán-falantes o Goberno Galego estará obrigado a estabelecer escolas primarias en número suficiente para recoller os nenos procedentes daqueles sectores nelas, nas que o ensino será impartido en castelán para a integración armónica dos mesmos na comunidade cultural galega. Décimo-sétima. - Os activos e pasivos públicos afectados a servicios que pasen a ser competencia nacional galega integraranse no patrimonio público galego. Unha Comisión paritaria dos Gobernos Federal e Nacional galego determinará as modalidades da transferencia.

II DO EXERCICIO DO PODER POLO GOBERNO GALEGO NO PERIODO DE TRANSICION AO

REXIME FEDERAL Decimooitava. - Unha Comisión paritaria do Goberno Provisorio Galego e do Goberno do Estado español estabelecerá as modalidades concretas de coordinación das suas xestións respectivas, sobre o principio de aceitar como criterio orientador o previsto para o Pacto federal. Esta Comisión dcterminará concretamente e en cada momento entramentras rixa a sltuación de provisoriedade, as alteracións que respeito do rexime federal veñan impostas temporalmente. Décimonovena. - Na medida en que o Goberno Provisório Galego asuma o exercicio efectivo das competencias nacionais galegas os órgaos públicos do Estado español radicados no territorio de Galicia, pertenezan á administración territorial ou institucional do Estado ou a administración provincial, pasarán a depender do Goberno Galego. Os funcionarios titulares ou afectados ao servicio de táis órgaos conservarán a sua categoría profesional, salvo espediente de responsabilidade política instruido coas debidas garantias.

Vixésima.- A transferencia patrimonial prevista na Base 17ª virá imposta automáticamente para os servicios que asuma efectivamente o Goberno Provisório Galego. Vixesimoprimeira. - En tanto o Goberno Provisorio Galego non asuma efectivamente a sua competencia fiscal o Goberno do Estado español obrigase a lle facilitar os recursos económicos que se viñesen empregando nos servicios correspondentes, competencia do Goberno Galego. A determinación do monto económico da transferencia de recursos axustarase aos criterios seguintes : A) Proporcionalidade da povoación galega en relación á do enteiro do Estado español, no derradeiro censo oficial aprobado. B) Promedio das previsións de gastos para cada rúbrica do Presuposto do Estado español, afectada a servicios da clase dos asumidos polo Goberno Galego nos dous derradeiros presupostos aprobados. C) Globalización das cantidades referidas na letra B aplicándolle o coeficiente proporcional previsto na letra A. Unha Comisión paritaria especial do Goberno do Estado español e do Goberno Provisorio Galego asegurará periodicamente a concreción da transferencia, dacordo cos criterios espresados. Vixésimosegunda. - En ningún caso o Goberno Provisorio Galego ficará vencellado polas asignacións previas feitas no presuposto español, sendo da súa esclusiva competencia a distribución dos recursos no aseguramento das súas atribucións. Vixésimoterceira. - Constituirase unha Comisión paritaria especial do Goberno Provisorio Galego e do Goberno do Estado español e eventualmente dos demais Gobernos Provisorios Nacionais ibéricos, a efeitos da determinación das políticas fiscáis, monetaria, arancelaria e das medidas de coordinación económica, eb tanto no se estabelezan os órgaos federais correspondentes. Vixésimocuarta. - Nesta etapa provisoria seran cooficiáis no territorio da Nación Galega os idiomas galego e castelán. O Goberno Provisorio Galego adoptará as medidas precisas para facilitar a implantación do rexime definitivo nesta materia prevista na Base 10ª. Adicional. - Sen perxuicio de efectivizar todas as competencias que lle correspondan de conformidade a estas Bases, o Goberno Provisorio Galego ha reparar, no mesmo momento da súa proclamación, os espolios máis patentes feitos en perxuicio das clases traballadoras galegas. Galicia Abril de 1976” Consonte co Consello das Forzas Políticas Galegas, cumpre facer referencia o papel do partido comunista Unión do Povo Galego (formación política dominante no Bloque Nacionalista Galego). E facémolo recollendo as palabras definitorias, da ideoloxía e estratexia, que aparecen na súa propia páxina web: "A U.P.G. é un partido comunista que enlaza, non obstante, coa tradición política do galeguismo nacionalista da II república Española, pois parte da asunción teórica e práctica de que Galiza é unha nación. Foi durante a fase de despegue da burguesía monopolista española – década dos sesenta - cando apareceron síntomas de ruptura coa inactividade política e organizativa do galeguismo culturalista. Así surdíu a UPG (Unión do Povo Galego), primeira organización desde Galiza que pensa na solución do problema nacional galego desde unha perspectiva marxista. Loxicamente o primeiro esforzo da UPG consistiu en buscar as conexións entre nacionalismo e marxismo, e dicer, aplicar o marxismo á explicación política, económica e cultural dunha nación que considera colonizada, un dos criterios básicos da concepción que este partido ten de Galiza. Parte-se da tese de que os principais atrancos para o desenvolvemento da economia galega veñen provocadas polas específicas relacións de dependencia que soporta a sociedade galega. Estas relacións de dependéncia colonial determinarian que a formación económico-social galega, ao servizo do modo de produción capitalista do Estado Español e, en xeral, ao servizo dos Estados imperialistas europeos e norteamericanos, industrializados e cun capitalismo monopolista desenvolvido, cumpra a función de suministradora de forza de traballo, enerxia e matérias primas sen transformar, e capital. A UPG ten como obxetivo, neste etapa histórica do imperialismo mundial, a consecución da liberación nacional de Galiza. Así pois, considera que a revolución nacional-popular supón a alianza das clases populares, obreiros, campesiños, mariñeiros, sectores da pequena burguesia, fronte aos seus inimigos de clase, a gran burguesía monopolista dos Estados imperialistas e os seus aliados. Desta

maneira, a loita de clases populares pola liberación da explotación de que son víctimas baixo o réxime do capitalismo colonial, coinciden obxetivamente na fase histórica actual e non son mais que as dúas caras do mesmo proceso. Os anos 1972, 73 e 74 son decisivos na conformación orgánica e ideolóxica da UPG como partido comunista, e tamén para a súa expansión por toda Galiza. Coa aparición en 1974 da Xunta Democrática de España, que defendia para Galiza o Estatuto de Autonomía do 36, a UPG mostrou a súa oposición a tal plantexamento, considerándo-o inaxeitado por sucursalista, e ineficaz por colonialista, xa que no contemplaba o dereito a autodeterminación nacional. No terreo práctico, dirixiu os seus esforzos en levantar unha alternativa democrática, patriótica galega e anticolonial, que consistiu na promoción e criación en 1975 da A.N.P.G. (Asemblea Nacional Popular Galega). Era a primeira formulación de un fronte patriótico, cimentado na defensa da soberanía nacional e do anti-colonialismo. En 1975, a represión abate-se sobre a UPG co asasinato dun cualificado militante, Moncho Reboiras, o encarcelamento (Brañas, Marisa, Manolo, Xan) e o exilio de outros (Margarita Ledo, Elvira Souto...). A UPG dera lus verde, por necesidades económicas para aumentar a súa infraestrutura organizativa e para protexer e reforzar os movementos e loitas populares contra as agresións dos monopolios, a un grupo armado que realizara algunhas accións até entón. É desde este ano de 1975, unha vez que existen síntomas claros de descomposición do réxime franquista, cando a UPG ve-se na necesidade de facer política táctica para os tempos que se aveciñan: organizar unha alternativa rupturista e nacional galega que non acepte a reforma nen unha transición pactada coas forzas do anterior réxime. A esta dinámica responde a aparición do Consello de Forzas Políticas de Galicia e o seu programa de Bases Constitucionais da Nación Galega (1976)". No ano 1982 e impulsado pola UPG, militantes da AN-PG, o PSG e organizacións e colectivos nacionalistas diversos, xurde o Bloque Nacionalista Galego (BNG).

O difícil camiño cara o II Estatuto

1977 Masivas manifestacións en tódalas cidades galegas pedindo a autonomía para Galicia. O gran europeísta Salvador de Madariaga reclama “unha ampla autonomía para Galicia” a súa volta do exilio. Mobilizacións contra da construcción dunha central nuclear en Xove e contra as expropiacións en As Encrobas. Publícase o número cero de “A Nosa Terra” na súa 3ª época.ç 1977-78 Primeiras xuntanzas que preparan o rexurdimento do Partido Galeguista (P.G.). 1978 Referendase Constitución española; a Unión do Povo Galego (UPG) e o Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG) non aceptaron a Constitución Española por considera-la antigalega, antinacionalista, antidemocrática e favorábel á economía dos monopolios. Para a UPG e o BN-PG, “a Constitución Española representa a negación radical do proxecto de Bases Constitucionais da Nación Galega, e dicer, da soberanía do povo galego e do dereito a un proceso constituinte próprio. Consagra a unidade da pátria española, ou sexa, a estrutura unitária do Estado, impoñendo a alternativa de rexionalización e descentralización administrativa, vía estatutos de autonomía para neutralizar a loita de liberación nacional das nacións oprimidas. Institucionalizaba os valores ideolóxicos, culturais e sociais da burguesía e democrácia formal represiva, para abrir paso á integración española na Europa comunitaria”. Aparece o autodenominado grupo armado nacionalista Loita Armada Revolucionária, aínda que non comeza a súa actividade ate un ano despois. Folgas nos sectores naval e lácteo. Primeiras eleccións ás Cámaras Agrarias. 978 Un real decreto establece a “Xunta de Galicia” como goberno galego, comezando así a etapa preautonómico. Antonio Rosón é o primeiro Presidente e este será o seu goberno: Secretaría Xeral: José Rivas Fontán Secretaría de Emigración: Carlos Sueiro Picó

Secretaría de Interior: Miguel Sanmartín Losada Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: José Luis Meilán Gil (cesa el 26.6.1978, sendo substituido por Juan Antonio Graiño Amarelle, que falece e é sustituido o 31.1.1979 por José Manuel Piñeiro Amigo) Consellería de Cultura: Marino Dónega Rozas Consellería de Educación e Ciencia: Ramón Pais Romero Consellería de Enerxía, Industria e Comercio: Benjamín Casal Vila Consellería de Ordenación do Territorio: José María Pardo Montero Consellería de Pesca: Baldomero Fernández Calviño Consellería de Sanidade e Seguridade Social: José Quiroga Suárez Consellería de Traballo: Celso Montero Rodríguez

1979 Refúndase o Partido Galeguista (P.G.), Galiza recupera a súa formación política histórica. Fundase Galicia Ceibe-O.L.N. organización de extrema esquerda nacionalista.

Foi Antonio Rosón quen comezou as solicitudes pedindo a autonomía para Galicia, e seguírono outros procuradores das Cortes franquistas (Meilán Gil, Fernández Calviño...). En xuño de 1977, gaña as eleccións UCD e, polo tanto, correspóndelle ós Parlamentarios elixidos decidi-lo futuro político do noso pobo. O 25 de xuño de 1977 elaborouse o Proxecto De Réxime Da Preautonomía Galega, que foi aprobado unanimemente polos parlamentarios, e o 27 de outubro foi presentado a Adolfo Suárez (Presidente do Goberno) nun acto protocolario; pero o proxecto non avanzaba e o nerviosismo aumentaba xa que para a xente era evidente que a Galicia se lle estaba a dar un trato de segunda categoría. Púxoselle todo tipo de inconvintes: dende o himno, pasando pola bandeira, parecía que non podía haber máis dificultades; pero habías: o candidato a presidi-la Xunta. Finalmente, nunha reunión convocada polos parlamentarios da UCD elixiron a Pío Cabanillas, pero desátase unha forte campaña contra el e, sendo consciente do escaso apoio que se lle presentaba en Galicia, decidiu non acepta-la designación, así quedáballe o camiño libre a Rosón Pérez. Superados os obstáculos publícase o decreto da constitución da preautonomía galega o 16 de Marzo de 1978 e constitúese a Xunta o 18 de abril do 1978. Pero Rosón comezou con moi mal pé, xa que nunha coñecida revista –Interviú- publicase unha reportaxe na que se afirma que el era un dos protagonistas de actividades criminais que tiveran lugar na provincia de Lugo no ano 36; como consecuencia desa reportaxes, milleiros de persoas mobilizáronse e tomaron as rúas para insultar e case agredir ó futuro presidente da Preautonomía. O anteproxecto dos 16 O 3 de xullo de 1978 a Xunta decide a elaboración do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia que sería levado a cabo por 16 persoas (da UCD, PSOE, CD, PDG e outros 3 membros nomeados por estes). Foron moitos os anteproxectos presentados (do PCG, POGA, PS de G-PSOE, P.G., etc) ademais: comunicacións e bases enviadas por distintos organismos, textos articulados, et. No 7 de abril de 1979 a comisión rematou o seu traballo, e o día 9 presentóuselle ó Presidente. Todo parecía ir ben, pero as cousas complicáronse. Rosón insistira excesivamente en que o Estatuto tiña que se-lo resultado dun consenso no que tiñan que estar os Galeguistas e incluso os nacionalistas que se tiñan oposto a Constitución do 78; as razóns esgrimidas por Rosón eran a de que o II Estatuto da Galicia “tivese a lexitimidade que nós non temos” e, tamén, a necesidade de integrar Galeguistas Históricos na construcción da autonomía. A UCD temía que se estivese preparando por parte do Presidente un poder paralelo e botou abaixo o proxecto presidencial; a Asemblea de Parlamentarios decidiu que o anteproxecto dos 16 era un bo traballo e que o Estatuto sería redactado por ela mesma, e Rosón pasou a ser substituído por Quiroga Suárez. Hai que dicir, que a Asemblea de Parlamentarios de Galicia ó facer seu o anteproxecto, podía efectuar no texto cantos cambios crese necesarios. A comisión dos 9 Constitúese unha comisión o 5 de maio de 1979, estaba formada por deputados de partidos como: UCD, PSOE e Coalición Democrática; coa finalidade de elabora-lo proxecto de Estatuto sobre o texto presentado polos 16. Tivo moi mala acollida por parte dos galegos posto que se pensaba que o proxecto ía sufrir importante rectificacións en contra do espírito autonómico. A etapa de José Quiroga Suárez Foi elixido como sucesor de Rosón, o 9 de xuño de 1979, o médico José Quiroga, correspondeulle dirixi-la a autonomía de Galicia nunha etapa moi difícil. Tódolos seus desvelos centráronse na consecución do Estatuto de Galicia. Pódese dicir que estivo no ollo do furacán da sociedade, no centro da tensión

política, desamparado pola UCD galega e, máis aínda, crese que moitos deputados de UCD eran francamente antiautonomistas e non moveron nin un dedo para que o proceso de autogoberno de Galicia triunfase. O proxecto de Estatuto da comisión "dos 9" O 25 de xuño do 79, a Comisión dos 9 presentou o seu Proxecto de Estatuto ante a Asemblea de Parlamentarios. O 10 de setembro publicase no Boletín Oficial o anteproxecto e ábrese un período ata o 21 de setembro, para a presentación de emendas (presentáronse 393). O 25 de setembro noméase a comisión encargada de estudia-lo proxecto. O informe elaborado pola Comisión Parlamentaria aparece publicado no Boletín Oficial das Cortes o 15 de novembro do 79, e a partir do día 20 do mesmo mes iníciase a discusión do mesmo na Comisión Constitucional do Congreso. Había sospeitas de que se iniciaba co noso Estatuto unha rebaixa das pretensións autonomistas das nacionalidades e rexións españolas, e as sospeitas convértense en certezas cando todo o mundo ten noticias da disposición transitoria, como consecuencia desta cláusula rómpese o consenso que ata agora fora o soporte máis importante para o estatuto. Reacción popular Mobilizouse toda Galicia e o proxecto pasa a denominarse: "Estatuto da aldraxe”, esta inesperada reacción popular frea o trámite do estatuto dende decembro de 1979 ata setembro de 1980. En marzo dese ano, constitúese un colectivo chamado "Realidade Galega" na que , entre outras cousas, reclamaba para Galicia un estatuto sen rebaixas. Rectificación do proxecto de Estatuto En setembro retómase o proxecto estatutario e recupérase o consenso perdido, ademais arránxanse moitas dificultades ó rectificar algunhas proposicións do proxecto, estas foron aprobadas por unanimidade o 29 de outubro de 1980. Sen embargo, foran moitas as dificultades polas que se pasaran para chegar ó noso Estatuto e por iso só o 28% do censo electoral votou no Referéndum correspondente. O 28 de abril de 1981 aparecía publicado o texto do II Estatuto de Galicia no Boletín Oficial do Estado.

1980 Referendase o II Estatuto de Autonomía; Galiza é recoñecida como Nacionalidade Histórica. A UPG, o Bloque e o PSG pediron o “Non” para o Estatuto. Constitúese o segundo Consello de Forzas Políticas Galegas. Fundase a Asociación de Escritores Galegos. Campañas contra o decreto de bilingüismo e polo monolingüísmo social en galego. Morre Alonso Rios.

------------------------------------ Recompilación de datos e documentación efectuada polas Mocidades Galeguistas

Coordinación do traballo documental e de catalogación: Jon G. Pérez Localización de imaxes e ilustracións para a web: Analén González

ISBN – 84 – 96085 – 39 – 2 Esta sinopse ten carácetr divulgativo e gratuito, autorízase a distribución deste PDF

e/ou do seu contido, agradecendo que se citen a procedencia. Os datos que figuran nest a sinopse da Histori a da Gali za recompil arónse de distintas font es documentais, bibliográfi cas e webs, de carácter publico e son contidos non sometidas a dereitos de Copyrigth.

------------------------------------