Setembro 2011 - BXV

17
TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.13 COMARCA Páx.6 COMARCA Páx.6 O delegado da Xunta recibe aos alcaldes de Calvos e Porqueira A repetición das eleccións no Concello dos Blancos, sen data Número: 58 - Ano:VI - Setembro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.11 Miniolimpiadas no parque do Toural de Xinzo o día 24 Sala Clan e Urban Place: máis que música e copas Inicio do curso para 2.475 escolares de Infantil e Primaria Do 23 ao 25 de setembro: Romería da Saínza en Rairiz de Veiga [páx.13] Campo de ensaios que o Inorde ten en Sandiás, cunha mostra dun dos tubérculos a estudo./P.LODEIRO. O Inorde realiza ensaios con máis de 70 variedades de pataca [páx. 10 ]

description

O inicio da vendima na D.O.Monterrei, o paso da Volta ciclista a España por Verín ou os ensaios sobre a pataca do Inorde son temas de portada neste número de setembro de Barrios Xinzo-Verín. Tamén damos conta do inicio do curso escolar para máis de 2.400 alumnos das comarcas de Monterrei e A Limia, e recollemos o triste suceso que conmocionaba Verín esta semana: o asasinato dun chofer de autocar cando regresaba dunha viaxe.

Transcript of Setembro 2011 - BXV

Page 1: Setembro 2011 - BXV

TEMA DO MES Páx.2 OCIO Páx.13COMARCA Páx.6 COMARCA Páx.6O delegado da Xunta recibe aos alcaldes de Calvos e Porqueira

A repetición das eleccións no Concello dos Blancos, sen data

Número: 58 - Ano:VI - Setembro 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.11Miniolimpiadas no parque do Toural de Xinzo o día 24

Sala Clan e Urban Place: máis que música e copas

Inicio do curso para 2.475 escolares de Infantil e Primaria

Do 23 ao 25 de setembro: Romeríada Saínza en Rairiz

de Veiga [páx.13]

Campo de ensaios que o Inorde ten en Sandiás, cunha mostra dun dos tubérculos a estudo./P.LODEIRO.

O Inorde realiza ensaios con máis de 70 variedades de pataca [páx. 10 ]

Page 2: Setembro 2011 - BXV

� BARRIOSSetembro de �011

VERÍN E COMARCA

EN BREVE 2.475 escolares de Infantil e Primaria voltan ás aulas4 O venres 16 comezan as clases os centros de Secundaria, FP e Bacharelato.

Conmoción polo asasinato dun chofer en Verín 4 A Garda Civil continúa coas súas investigacións para dar co autor ou autores do crime.

4 Campaña de prevención do VIH

Cruz Vermella Ourense ten en marcha unha cam-paña de prevención do VIH entre a poboación inmi-grante, coa que busca con-cienciar a esta colectivo da importancia de tomar pre-caucións durante as rela-cións sexuais, así como do determinante que é a detec-ción temperá da infección para afrontala. Unha con-cienciación que se procura a través de charlas, talleres e atención individualizada cos que os inmigrantes re-ciben ampla información ao respecto.

A Asamblea de Cruz Ver-mella Monterrei será es-cenario dunha destas con-ferencias o vindeiro �8 de setembro de 18 a �0 horas.

4 Xestión hospi-talaria integrada

A diminución das trabas burocráticas ou a amplia-ción da oferta de especia-lidades e a autonomía dos profesionais sanitarios son, segundo o Servizo Galego de Saúde, algun-has das vantaxes da recén aprobada xestión integra-da dos centros sanitarios da provincia (Ourense, Verín e O Barco).

A xerencia executiva de Verín será a responsa-ble directa da xestión dos servizos sanitarios dos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monte-rrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, e Vilariño de Conso.

Redacción

�.475 alumnos de Edu-cación Infantil e Primaria incorporáronse ás aulas este luns 1� de setembro nos centros educativos das comarcas da Limia e Monterrei. En toda Gali-cia foron máis de 198.000 os escolares que come-zaron un novo curso que vén marcado pola modifi-cación da xornada laboral dos profesores, que pasan a impartir �5 horas lecti-vas fronte ás �1 que viñan facendo.

NovidadesNeste novo curso, son

varios os colexios e ins-titutos das dúas comarcas ourensás os que se suman a diferentes programas educativos da Consellería de Educación. Dunha ban-da, pasan a ter seccións bi-lingües o CEIP Castiñeiro de Laza (ofrecendo plásti-ca en inglés aos escolares de 3º a 6º de Primaria), o Amaro Refojo de Verín (plástica en lingua inglesa para 5º de Primaria) e o IES Cidade de Antioquia de Xinzo (con Educación Física de 3º de ESO en inglés). Doutra banda, sú-mase á rede Abalar o co-lexio de Vilar de Barrio.

As clases en Secunda-ria, Bacharelato e FP da-rán comezo o venres 16.

A finais de agosto o conselleiro de Educación e Ordenación Universita-ria, Xesús Vázquez Abad, visitou o IES Lagoa de Antela de Xinzo de Li-mia, onde deu conta das obras para a cubrición da pista polideportiva, e que supoñen un investimento de máis de 164.000 euros por parte do departamen-to educativo da Xunta de Galicia.

No transcurso da visita, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta, a xefa territorial de Edu-cación e a directora do instituto, Vázquez Abad destacou a importancia desta mellora. “De feito tratábase dunha demanda da comunidade educativa

deste centro, á que damos resposta a través deste in-vestimento”, explicou.

Non en balde, tal e como destacou o conselleiro, a mellora na pista polide-portiva únese a outras que o departamento educativo da Xunta de Galicia vén executando no centro, ta-les como as realizadas na cuberta, o cerramento, a carpintería e o saneamen-to.

Doutra banda, o institu-to recibe o apoio da Con-sellería para o fomento das actividades desenvolvidas na biblioteca do centro para estimular o interese pola lectura entre os máis novos, unhas iniciativas polas que leva xa recibido preto de 30.000 euros.

4 Obras de cubrición da pista polideportiva do IES Lagoa de Antela

Redacción

A Garda Civil continúa investigando para esclare-cer o asasinato do encar-gado da empresa de Au-tocares Guerra de Verín. Bernardino Pousa, de 59 anos, foi atopado morto con signos de violencia na madrugada do luns 1� na nave que esta empresa ten en Queizás.

O chofer chegara na noite do domingo ao ga-raxe para estacionar o au-tobús, logo de rematar o servizo que une en verán a vila do Támega coa costa pontevedresa. Despois de

deixar no centro urbano de Verín os pasaxeiros, a víc-tima foi abordada por unha persoa ou varias que o es-taban agardando na nave. O seu cadáver foi atopado horas despois baixo un dos autocares, degolado e cun golpe na cabeza.

O feito de que o autor ou autores non subtraeran nin-gunha das pertenzas da víti-ma nin os cartos que levaba enriba fai desbotar o roubo como móbil do asasinato. Porén, desde a Garda Ci-vil non descartan ningunha hipótese e proseguen coas súas pesquisas para resol-ver o crime.

4 Campaña de compostaxe

A Deputación de Ouren-se iniciou con éxito a se-gunda fase da campaña de compostaxe doméstica, comezada no ano �010 e que chega xa a 1.400 fami-lias de 37 municipios, entre eles Baltar, Porqueira, San-diás, Sarreaus, Trasmiras, e Xinzo.

Neste último municipio o núcleo de San Pedro de Laroa foi un dos últimos en sumarse a esta iniciativa, que promove a realización de compost cos residuos orgánicos.

Pista polideportiva do Lagoa de Antela de Xinzo que foi cuberta para o inicio do novo curso./M.REJO.

4 Xornada no Centro Cooperativo

O Centro de Desenvol-vemento Cooperativo de Verín acolle este xoves 15 de setembro, en horario de mañá unha xornada in-formativa sobre economía social e cooperativas. O obxectivo desta proposta é achegar aos interesados unha visión xeral desta fórmula como unha das alternativas máis viables e interesantes de emprego.

Este tema xa foi tratado nun obradoiro que se desen-volveu esta mesma semana no Centro Cooperativo.

Page 3: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

3VERÍN E COMARCA

Verín aproba de maneira definitiva o seu orzamento4 O PP sacou en solitario unhas contas que ascenden a oito mi-llóns de euros.

Obras no concello de RiósRedacción

A Consellería de Eco-nomía e Industria vén de aprobarlle axudas ao Con-cello de Riós para mellorar dúas zonas do municipio.

A primeira delas servirá para revitalizar o comercio local na estrada N-5�5 en San Cristobal. O proxec-to ten un orzamento de 99.690 euros que se de-dicarán á construción de beirarrúas e colocación de árbores e mobiliario urba-no nesta zona comercial do concello.

O segundo proxecto é o soterramento de infra-estruturas eléctricas de baixa tensión en Progo, cun orzamento de 136.010 euros por parte da Xunta e outros 8.100 euros que achegan os veciños do nú-cleo a través da comunida-de de montes. Segundo in-forma o alcalde, Francisco Armando Veiga, trátase de “adecentar” o contorno da igrexa e o cruceiro, na ac-tualidade cheo de cables.

Unha votación no último pleno de Verín./P.LODEIRO.Paula Lodeiro

A corporación de Verín aprobou definitivamente o orzamento xeral de �011, cos votos a favor do PP e en contra de socialistas e na-cionalistas, tras desestimar as alegacións presentadas polo sindicato CIG.

As contas, que ascenden a oito millóns de euros, dedi-can 3,4 millóns a gastos de persoal, �,4 millóns a gasto corrente e 659.000 euros a investimentos reais.

A oposición xustificou o seu voto negativo ao consi-derar que é “é un orzamen-to irreal e non se axusta á situación actual”, dixo a nacionalista Perfecta Losa-

da, mentres que o socialista Emilio González Afonso criticou a tardanza na apro-bación das contas (a pouco máis de tres meses do re-mate do ano).

Mocións rexeitadasNa mesma sesión ple-

naria de setembro o grupo de goberno rexeitou unha moción do BNG sobre os prezos medios no mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos. Os na-cionalistas entendían que a nova norma da Xunta de Galicia a este respecto ten unha única intención “reca-datoria”, postura que apoia-ron os socialistas. Non o ven así desde o PP, que

defendeu a “obxectividade e adaptabilidade” da nova norma aplicada polo Go-berno autonómico.

O Partido Socialista quixo presentar unha mocion de urxencia respecto á anula-ción, por parte da Xunta, de axudas a entidades locais para proxectos de xestión de residuos, pero a urxencia foi denegada polo grupo de goberno. O alcalde pediu tempo para estudar o tema e comprometeuse a levalo ao próximo pleno.

Rogos e preguntasNo apartado de rogos e

preguntas, Emilio González Afonso preguntou polo de-

rribamento dunha vivenda en ruínas no barrio de San Lázaro (o alcalde respos-toulle que o custo repercu-tiráselle aos propietarios ou herdeiros no momento en que se localicen). Tamén se interesou polo financiamen-to municipal á asociación de veteráns, e polas melloras de seguridade na estrada de Laza (Jiménez Morán asegurou que técnicos da xunta analizarán se é preci-so tomar outras novas medi-das) e pola inseguridade dos peóns no contorno do novo edificio de tráfico (o alcalde afirmou que xa trasladou o problema á Subdelegación de Goberno).

O socialista preguntou ademais polo gasto do Con-cello na etapa da volta ci-clista e por un verquido ao Támega na zona do Pracer, e rogoulle ao rexedor que se limpe o Camiño Real na súa subida ao Castelo de Monterrei, e que lles dea conta do informe da Confe-deración Hidrográfica pre-ceptivo para a aprobación do novo PXOM.

Pola súa banda Perfecta Losada trasladoulle ao al-calde as queixas veciñais pola falta de limpeza nas rúas nas fins de semana do verán e preguntou sobre a retirada de esquelas das árbores.

Page 4: Setembro 2011 - BXV

4 BARRIOSSetembro de �011

VERÍN E COMARCA

Xa están vendi-mando 14 das 25 adegas da D.O. Monterrei

184 caldos de 135 ade-gas das cinco denomina-ción de orixe vitivinícolas galegas participaron na �3ª edición da Cata de Viños de Galicia, que pre-mia os mellores caldos da nosa comunidade.

Ladairo, o mellor tintoO viño Ladairo, da ade-

ga do mesmo nome – per-tencente á Denominación de Orixe Monterrei- foi escollido, de xeito unáni-me, polos doce expertos que compuxeron o xurado da última convocatoria como o mellor tinto de Galicia.

O presidente desta D.O., Antonio Méndez, recor-dou con orgullo, logo de recibir este recoñecemen-to, que “o Ladairo con-seguiu ser seleccionado

como o mellor tinto gale-go en catro ocasións nos últimos cinco anos” e ase-gurou que se debe a que “é áxil, fresco, de gusto longo e persistente”.

Os mellores viños de Monterrei

Pola súa banda, os acios de ouro, prata e bronce desta Denominación de Orixe recibíronos “Te-rra de Gargalo Godello e Treixadura” (de Gargalo, S.l.), “Crego e Monagui-llo” (de Crego e Mona-guillo, S.L.) e “Quinta do Buble Godello” (de Adegas Quinta do Buble, S.L.), respectivamente. Galardóns que recoñecen o sacrificio e esforzo dos viticultores para achegar ás nosas mesas os mello-res caldos.

4 O viño Ladairo,o mellor tinto de Galicia

EN BREVE

4 Cursos de informática

A Aula Cemit de Verín acollerá durante os meses de setembro e outubro di-versos cursos de informá-tica para distintos niveis, entre os que se atoparán clases de iniciación, co-municación en tempo real e busca de emprego a tra-vés da rede, elaboración de presentacións, creación dun blog e introdución ás redes sociais.

Todos estes cursos te-rán lugar en horario de mañá e tarde, así como en de �0 a �� horas para tra-balladores.

Os interesados en ins-cribirse só teñen que di-rixirse á Biblioteca Públi-ca Municipal de Verín ou ao 988 41 47 76.

4 Premio para a biblioteca de Verín

A Federación de Gre-mios de Editores de Espa-ña concedeulle á Bibliote-ca Pública Municipal de Verín o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliote-cas Públicas �011, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola mesma, entre as que se inclúen vo-luntariado cultural, apren-dizaxe en idades temperás ou alfabetización dixital.

De xeito unánime o xu-rado considerou que esta instalación encarna un modelo que enriquece a visión clásica do servizo público de lectura no me-dio rural.

O premio consistirá nunha escultura valorada en 6.000 euros, unha visi-ta á Biblioteca Nacional e un lote de libros.

Redacción

A comezos de setembro deu comezo a vendima �011 na Denominación de Orixe Monterrei, tendo as uvas un estado fitosa-nitario excelente que fai prever, como noutras oca-sións, a elaboración dun moi bo produto.

Este ano a colleita pre-vista atópase dentro dos parámetros das anteriores vendimas superando os � millóns de quilos dentro de 380 hectáreas nas que traballan 330 viticultores fornecendo de uva ampa-rada polo Consello Regu-lador ás �5 adegas perten-centes á Denominación.

A vendima comezou o 6 de setembro na Adega Triay e agárdase que se estenda ata primeiros de outubro. Datas que ratifica o feito de que a mediados de mes xa estaban vendi-mando 14 adegas (das �5 totais) que levaban ata o momento �00.000 quilos de uva recollida e agardan chegar ata os �.100.000, un pouco menos que o ano anterior.

Auguran un “magnífi-co” produto

O estado fitosanitario das uvas, cunha gradación entre 1�,5º e 13,5º ben equilibrados, permite n aos técnicos do Consello Regulador da D.O. Mon-terrei pronosticar unha “colleita �011 de moi boa calidade”, cun 70% de uvas brancas e un 30% de tintas, que polas súas ca-racterísticas presaxian un “magnífico produto”. Co que un ano máis os viños brancos da D.O. Monte-rrei (Godello, Treixadura,

Comenza a vendima na D.O. Monterrei4Agárdase que sexan recollidos dous millóns de quilos de uvas.

Juan Carlos Francisco, secretario dos socialistas de VerínRedacción

Os socialistas de Verín elixiron en Asemblea Xe-ral Extraordinaria a Juan Carlos Francisco Rivera como secretario xeral, quen liderará unha nova etapa na que a agrupa-ción “traballará con toda a ilusión para obter os me-llores resultados en cada unha das convocatorias electorais”, indican a tra-vés dun comunicado.

A asemblea tamén votou a nova executiva, da que Benigno Rodríguez é se-cretario de Organización, Yolanda Losada secreta-ria de Política Municipal, Verónica Villar secreta-ria de Acción Electoral e Mobilización, María José Regueiro secretaria de Asuntos Sociais e Benes-tar, Vicente Gonzaléz se-cretario de Medio Rural, e Rosario Rodríguez secre-taria de Administración.

Francisco Rivera expli-ca que “a premisa obriga-da desta nova etapa é estar preto de todos os cidadáns de Verín, especialmente dos menos favorecidos e os que máis están a pade-cer as consecuencias da crise”.

O novo secretario xeral do PSOE de Verín é depu-tado autonómico.

Descarga de uva nunha adega da D.O.Monterrei./CONFERENCE ORGANIZACIÓN.

Dona Blanca, Albariño, Loureira, Blanca de Mon-terrei e Caiño Blanco) e os seus tintos (Mencía, Arauxa, Merenzao, Caiño Tinto e Sousón) acadarán a matrícula de honra dos pa-dais máis exquisitos.

Máis controlComo novidade, nesta

vendima �011 esta De-nominación de Orixe in-corporou un sistema in-formático de control para coñecer en cada momento a cantidade de uva que está a ser tratada en cada adega, de xeito que toda a información é recibida nun ordenador central, sito no Consello Regulador, que detecta calquera tipo de erro, así como a entrada de uva foránea.

Juan Carlos Francisco.

Page 5: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

5PUBLICIDADE

Page 6: Setembro 2011 - BXV

6 BARRIOSSetembro de �011

XINZO E COMARCA

Curso de ximnasia en Parada de RibeiraO pasado 5 de setembro deu comenzo o novo curso de

ximnasia terapéutica e baile de salón no recén rehabilitado Teleclube de Parada de Ribeira, en Xinzo.

O curso está coordinado pola Asociación Cultural O Muíño da Lama de Parada de Ribeira e impárteo a empresa especializada Saudeter. O alumnado conta cun seguimento periódico e individualizado dun profesional dietista e fisio-terapeuta. Este novo curso lectivo incorpora a disciplina de baile de salón.

As clases son os luns, mércores e venres ás cinco da tarde e os interesados aínda poden inscribirse póndose en contac-to coa directiva do Muíño da Lama.

Redacción

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de manter un encontro de traballo co alcalde de Cal-vos de Randín, Aquilino Valencia, e coa alcaldesa de Porqueira, Susana Váz-quez, co fin de analizar a situación dos diferentes proxectos que desenvolve o goberno autonómico en ambos municipios.

O rexedor de Calvos aproveitou a reunión para trasladarlle as solicitudes

O delegado da Xunta reúnese cos alcaldes de Calvos de Randín e Porqueira4Analizaron os proxectos do goberno autonó-mico nestes dous municipios.

Novo presidente de Novas Xeracións de Xinzo de LimiaVíctor Manuel Gómez Rocha foi elexido novo presidente de Novas Xeracións

(NNXX) do PP en Xinzo de Limia. Este empresario de �6 anos obtivo o apoio masi-vo da militancia nun acto celebrado na Casa de Cultura da localidade o sábado 10 de setembro, en presenza dos presidentes autonómico e provincial de NNXX. e os presi-dentes locais e provincial do PP. Tamén asistiron os alcaldes de Trasmiras e Baltar e a rexedora de Porqueira.

O novo presidente da organización xuvenil dos populares en Xinzo agradeceu o apoio e trazou as liñas básicas do seu programa de xestión, sendo felicitado por todos os asistentes, que encheron as dependencias da Casa de Cultura. O acto pechose coa intervención de Manuel Baltar quen animou aos mozos s a facer “un novo esforzo, o máis importante, para levar a Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno, para crear emprego e apostar polo futuro da man dun goberno popular”.

4A repetición das eleccións nos Blancos, sen data

Apenas quedan dúas se-manas para que se cumpla o prazo dado polo Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia para que se re-pitan as eleccións nunha mesa electoral dos Blan-cos e os dous partidos en liza, APGa e PP, descoñe-cen a data.

Por petición do candi-dato de APGa, Xosé Ma-nuel Castro, a xunta elec-toral de zona remitirá un escrito á Subdelegación do Goberno en Ourense adxuntando a sentenza do TSXG para que a trans-mita ao Ministerio do In-terior, quen ten que con-vocar os comicios.

Os dous candidatos apuntaron a posibilidade que a cita electoral que decidirá o futuro alcalde dos Blancos se faga coin-cidir coas eleccións xerais do �0-N.

4 O BNG pide un transporte público comarcal

O BNG de Xinzo apos-ta pola creación dun ser-vizo público de transporte comarcal, logo de facerse eco das queixas plantexa-das polos veciños de Gu-dín sobre as dificultades de transporte para acceder á capital limiá.

Para o BNG a solu-ción a estes problemas de comunicación pasaría pola creación dun servizo público de transporte no concello que permita co-nectar os distintos núcleos da zona rural coa vila dun xeito rápido e fluído, coa vocación de convertirse nunha rede de transporte público a nivel comarcal.

do seu concello á Xunta, que pasan fundamentalmente pola construción dun centro de día e dunha residencia así como a necesidade de redistribuír aos GRUMIR no municipio. Mentres que Susana Vázquez comentou con Martínez a mellora de saneamento e abastece-mento que precisan varios nucleos de Porqueira. Ne-cesidades que o delegado da Xunta comprometeuse a estudar.

InvestimentosMartínez lembrou tamén

os investimentos da Xunta nestes concellos ao longo do �011, que no caso de Calvos de Randín sumaron máis de �0 mil euros utili-zados para a mellora da pai-saxe agraria e desenvolve-mento de usos recreativos; preto de 19 mil euros para a recuperación de elementos históricos, patrimoniais, ou culturais; outros tantos para preservación de hábitats e ecosistemas; así como máis de 10 mil euros para loitar contra erosión e accións de educación ambiental.

Pola súa banda, o gober-

EN BREVE

Aquilino Valencia e Rogelio Martínez.

Curso de ximnasia na asociación Muíño da Lama.Membros de Novas Xeracións con varios cargos do PP ourensán.

no autonómico investiu en Porqueira preto de 400 mil euros destinados á concen-tración parcelaria, 70 mil para o fondo de compen-sación medioambiental, 65 mil para o soterramento de infraestruturas eléctricas, máis de �0 mil para a cons-trución de dúas pistas en Nocelo e A Torre, e 33 mil para a realización de trata-mentos preventivos dos lu-mes forestais na zona.

Plan de CooperaciónO delegado da Xunta des-

tacou as subvencións que recibiron ambos municipios dentro do Plan de Coopera-ción da Xunta de Galicia: �3 mil euros para Calvos de Randín para a contrata-ción de 5 parados, e 70 mil euros a Porqueira para rein-sertar a 7 desempregados.

Martínez seguirá a súa rolda de entrevistas co resto de alcaldes ourensáns.

Page 7: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

7PUBLICIDADE

Page 8: Setembro 2011 - BXV

8 BARRIOSSetembro de �011 PUBLICIDADE

Page 9: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

9PUBLICIDADE

Page 10: Setembro 2011 - BXV

10 BARRIOSSetembro de �011 especial INORDE

O Inorde realiza este ano ensaios con máis de 70 variedades de pataca A colleita das variedades de tubérculo a estudo na Finca Antela está prevista para finais de setembro, mentres que as catro variedades de Europa do Leste plantadas en Grixoá (Viana do Bolo) recolleranse en outubro

Os resultados das in-vestigacións sobre novas variedades de pataca que desenvolve o Centro de Desenvolvemento Agro-gandeiro de Xinzo deberán agardar este ano unhas se-manas. As boas condicións climatolóxicas deste set-embro farán que ata final de mes non comece a co-lleita das 70 variedades de tubérculo (máis 30 clons) sementadas na Finca Ante-la, no concello de Sandiás. Polo mesmo motivo, as ca-tro variedades húngaras e romanesas que se plantaron na finca de Grixoá, no mu-nicipio de Viana do Bolo, non se poderán recoller ata o mes de outubro.

O Centro de Desenvol-vemento Agrogandeiro de Xinzo, entidade dependen-te do Inorde, prosegue, un ano máis, cos ensaios sobre a pataca. Por unha banda, realiza investigacións con variedades comerciais co obxectivo de ver cales se poden introducir no mer-cado; pola outra, desenvol-ve desde hai catro anos o “Proxecto Pataca” que ana-liza a posible introdución na agricultura ourensá de tubérculos procedentes de

Servando Álvarez, técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, amosa dúas variedades de pataca (extraidas dun muestreo) plantadas na finca que o Inorde ten en Sandiás.

países de Europa do Leste. Asimesmo, este ano in-

troduciron como novidade un ensaio de diferentes ti-pos de abonado químico, co obxectivo de conseguir un-has formulacións que sexan máis respectuosas co medio ambiente.

Finca de GrixoáDentro do “Proxecto Pa-

taca” os técnicos do Inorde escolleron este ano catro variedades, dúas húngaras e dúas romanesas, do total de máis de 40 procedentes destes dous países e de Po-lonia que foran investigadas os tres anos anteriores.

Ademais dunha testemu-ña de control (a variedade española Nola) plantaron catro clases de pataca máis, dúas delas procedentes de Romanía, a Astral e a Ro-clas, “destinadas ao consu-mo en fresco e cunha pel e carne amarela, moi axeita-das para facer experiencias no mercado do lavado, por-que amosaron unha resis-tencia maior ao ataque de enfermidades como a sar-na”, explica o técnico do Inorde, Servando Álvarez. Por parte húngara seleccio-náronse as variedades Rioja

e Demon, “de pel vermella, brillante e lisa, con futuro no mercado das patacas de pel vermella, por exemplo Portugal, onde hai unha apetencia grande por este tipo de tubérculo”.

En canto ás patacas pola-cas, descartáronse. “Non se adaptaron ben, porque eran moi similares aos estánda-res alemáns que hai no mer-cado, estaban demasiado comercializadas”, apunta o experto.

O ensaio realízase na fin-ca de Grixoá, nunha zona de alta montaña. Dedíca-se media hectárea a cada unha das variedades men-cionadas, coa finalidade de realizar unha produción representativa encamiñada a servir de escaparate para que os sectores productor e comercializador (aos que se lle entregarán mostras) vexan en campo o compor-tamento de ditas varieda-des.

Unha vez se realice a co-lleita -no mes de outubro- os tubérculos serán sometidos a probas de calidade, para coñecer as súas caracterís-ticas. Estudarase “o aspecto xeral, o aspecto da pel, as condicións organolépticas,

A finca de Grixoá, onde se realizan ensaios con catro variedades de pataca pro-cedentes de Hungría e Romanía.

a súa actitude no frito, tanto en chips como en barriñas, o seu comportamento en cocido, e cuestións como a súa desintegración ou fari-ñosidade”, indica Servando Álvarez.

Boas perspectivasPolas mostras recollidas

nas últimas semanas, seme-lla que as catro variedades adaptáronse ben ás carac-terísticas desta finca de secano, pese á ausencia de choivas deste verán.

O ensaio de campo com-plementarase en outono con experiencias de alma-cenaxe e transformación in-dustrial destinadas xa máis ben á parte comercializado-ra do sector, co obxectivo de que os intermediarios comproben o potencial real das variedades de nova in-

trodución cara a unha fu-tura implantación no agro ourensán.

Finca AntelaOs investigadores do

Inorde tamén deberán ana-lizar (a partir de finais de mes, cando se realice a co-lleita) outras 70 variedades máis de pataca e preto de 30 clons de nova aparición que foron plantados para o seu estudo nunha parcela de 5 hectáreas na Finca Ante-la, en Sandiás, así como o efecto nelas de novos abo-nos. Estes estudos son froi-to da colaboración e apoio por parte do Inorde ao sec-tor agrícola da provincia.

Segundo relata Álvarez, este foi un ano complicado, xa que ás choivas durante á primavera ocasionaron problemas fitosanitarios

como brotes de mildeu e de fungos como a ternaria, que puideron ser controlados. Dadas as boas condicións climatolóxicas que estamos a ter neste mes de setembro, a colleita non se producirá ata final de mes, coa van-taxe de que “todo o tempo que a pataca estea no chan mellorará a súa calidade”.

Ademais dunha análise sobre as características das patacas similar á que se rea-liza en Grixoá, no caso da investigación sobre abona-dos controlaranse as cuali-dades físico-químicas dos tubérculos.

Os estudos esténdense tamén ao campo da almace-naxe, onde é preciso facer esforzos para controlar que as colleitas entren en alma-cen en boas condicións fito-sanitarias.

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo experimenta, desde as súas fincas Antela e Grixoá, con novas variedades de pa-taca para a súa posible introdución no agro

ourensán

Page 11: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

11DEPORTES

R. Torres

Tras 168 quilómetros, Moncoutiè foi o primeiro en sobrepasar a liña de meta instalado na estación de montaña de Manzaneda, 4 horas e 38 minutos despois de saír desde Verín. A 1.18 minutos chegarían Beñat Intxausti (Movistar) e Luis León Sánchez (Rabobank).

No grupo de favoritos, Joaquim “Purito” Rodríguez foi o que máis se moveu e a menos de dous quilómetros atacou colleitando unha vantaxe de 7 segundos ao primeiro grupo importante onde se encontraban Wig-gins, Nibali, Cobo, Van den Broeck e Kessiakoff. E �0 segundos máis ao ata entón líder da ronda, Christopher Froome, que ía acompaña-do por Fuglsang e Menchov entre outros. Sen moitas di-ferenzas entre os favoritos en meta, o que si fixo a eta-pa con final en Manzaneda foi que Bradley Wiggins vestira o maillot vermello como líder provisional da clasificación xeral.

Un día inesquecible para os amantes do ciclismo que a saber cando volverá re-petirse en terras ourensás. Verín volcouse coa Volta, e centos de persoas animaron sen parar por alí onde pa-saba a serpe multicolor da proba ciclista.

A Volta rematou tendo como vencedor o ciclista cántabro do Geox, Juan José Cobo, sendo a súa primeira vitoria nunha grande ronda.

Verín, punto de saída dunha etapa da Volta a España 4 O galo do Cofidis, David Moncoutiè, foi o vencedor da única etapa da proba ciclista que pisaba terras ourensás.

Moncoutiè festexando a vitoria en Manzaneda. /RAMSÉS

Cobo, gañador da Volta, entrando na meta. /RAMSÉS

Ciclistas e cigarróns na saída da etapa da volta en Verín. /CdV.

Redacción

A Asociación Deportiva Limiactiva, en colabora-ción coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo e a Deputación de Ourense, organiza o sába-do �4 de setembro as “I olimpiadas escolares da Limia”, dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 1997 e �010.

A xornada comezará ás 16 horas no parque do Toural e espérase contar cun cento de novos atletas que realizarán as probas de lanzamentos de xavali-na e de peso, saltos de al-tura e lonxitude e carreiras de velocidade, resistencia e relevos. Haberá com-petición nas categorías de cadete, infantil alevín e benxamín, e tamén po-derán participar os máis pequenos.

Todos os nenos e nenas interesados en disputar estas olimpiadas da Li-

Miniolimpiadas en Xinzo de Limia4 O parque do Toural acolle as primeiras olimpiadas escolares da Limia.

mia deberán realizar unha inscrición previa, podendo facela na web www.limiac-tiva.com ou no pavillón de deportes.

O evento servirá para dar comezo a nova tempada da Escola Deportiva de Atle-tismo, que principiará o día 4 de outubro no pavillón de deportes de Xinzo de Li-mia.

Núcleo de Inicicación Básico de Atletismo

A Asociación Deporti-va Limiactiva acaba de ser declarada Núcleo de Inicia-ción Básico de Atletismo do nivel 1 pola Federación Galega de Atletismo, o que demostra que o atletismo li-mián goza de boa saúde.

Eventos e iniciativas como as que desenvolve Limiactiva fan que o atle-tismo non sexa descoñeci-do para os máis pequenos e descubran que é tan di-vertido como deportes máis mediáticos.

Nenos e monitores no campionato provincial de atletismo. /LIMIACTIVAO gañador da etapa./R.T.

Page 12: Setembro 2011 - BXV

1� BARRIOSSetembro de �011

4TRIBUNA ABERTA

ZurriaXa sabes que non hai

fallo, sempre que podo acudo apresurado, quizais antes que á miña casa a vi-sitar a “oficina”, o “confe-sionario”, na zapatería do “Palma”, alí onde “larga-mos” a renda solta cousi-ñas de fútbol, pasando do letreiro que ten na parede o xerente: “Por favor, non dean a paliza co fútbol!” De calquera maneira non se nos escapan as novas, se o Verín fichou a fulani-to, se o Feliciano está coa revolución no Monterrei ou por aquilo da amizade falamos do Allariz.

Quero contarche, agora que de vez en cando pululo polos foros do fútbol ouren-sán, onde as veces cóome sen facer ruído para escoi-tar e calar, alí onde tanto se fala de xogadores, de ade-stradores, de directivos, en fín de xente de fútbol, en activo ou xa retirados. Dame a min que moitos resaltan os seus méritos dàndolle máis bombo do que realmente foi, afloran-do en moitos casos a pre-sunción e botando contas, a maioría non xogaron nin no recreo e chócame moito cando te vexo alí sentado no “banquiño” aos teus se-tenta e tal, con tanto fútbol no lombo.

Non teño outra que ti-rar de maxín para voltar a verte de corto e preguntar polas túas fazañas, sendo sinxelo intuír que aquel xogador xeneroso, sen áni-mo de lucro, aquel diantei-ro nato, que facía tremer a calquera porteiro con só ver o teu nariz torto e o peito teso. Sentían pánico, medo, presentindo o que máis lle manca do futbol: O gol! E segues sendo o mesmo, pasados os anos, coma sempre, sen enganos,

Zurria nos prolegómenos dun partido de fútbol.

sen maquillaxe, natural. O “Palmero” abriu o

caixón, colleu o diario, sacudiulle o polvo e sacou do fondo o máis fermoso da amizade. Chispéanlle os olliños oa falar do seu ami-go da infancia, con quen escalaba ata o Castelo de Monterrei para facer trasta-das, fumar os primeiros piti-llos, roubados con picardía no estanco da Lola, túa nai, e de paso catar as uvas do “Gargalo” nas vísperas da vendima. E soñando sempre en ser futbolista e xogar en campos ateigados de xente.

A Guerra do 36 deixoute sen pai antes de vir ao mun-do e cursaches no Colexio Salesianos de Cádíz e Sevi-lla, onde forxaron a persoa e o futbolista. Alí naceu o ‘gusanillo’ do fútbol, lonxe da terriña en soidade, apa-gando a morriña coa “Folla do Luns- Deportes do diario La Región“ que sen erro mandaba o teu amigo Pal-mero todas as semanas.

O Sevilla C.F interesouse por aquel rapaz galego que tocaba ben o balón, pero a túa xuventude e a astucia dun xerente do C.D Ourense fixo que aterraras no Couto para deixar pegadas imborrables na historia do fútbol da ca-pital. Aínda hoxe son moitos os que lembran aquel Zurria con anécdotas no barrio do Couto, por ser como eras dentro e fóra do campo.

Máis tarde virían as épo-cas douradas do Racing de Ferrol no mítico “Inferni-ño”, os 31 goles marcados nunha tempada co C.D Lugo en segunda división (que non é calquera cousa), o Arousa e a volta a Andalucia para xogar no “Adra” de Alme-ría xunto con Sergio Garcia Dacosta “Caneda” (onde pasaches unha das etapas máis intensas e divertidas,

con “Mediavilla”, porteiro inmenso, Gitano que tivo de suplente ao mesmísimo “Reina” na selección Anda-luza), logo a Ponferradina, C.D Chaves e a túa estan-cia en Alemania en segunda división, foron os teus equi-pos donde disfrutaches e su-friches o que che deparou a vida de futbolista.

Pero o máis importante según “o diario” era a túa virtude de encaixar en cal-quera molde e se está feito de amigos aínda mellor, por iso que sempre, cos pés no chan, humilde e sinxelo fa-cías que fora moi normal xogar hoxe no “Anxo Ca-rro” e mañá na “Granxa” ou en “Tintores” ou en Via-na, no campo aquel onde sempre xogaban con doce (por aquilo do poste da luz espetado no medio e medio do campo e que tiñades que lidiar coma se fora un defen-sa máis), cos de sempre, co Palmero, co Peche e compa-ña sen problema, vixiados pola sempre mirada atenta do “Coló”, feliz. Sabías que os partidos de verdade eran eses, os da gaseosa con viño e galletas despois de gañar ou de perder. Que importa? A maxia está dentro, e cada quen é como é, o escudo de verdade son os que están ao teu redor, preto dun, os que non te enganan, os que te queren, os do “C.D

DEPORTES

Pénjamo”, os valentes que non se rinden nuha tarde de lóstregos e treboada no Riós onde non se puido xogar o partido, pero aproveitouse a tarde na viaxe de volta parando na tendiña de San Cristovo con baile incluido. Si, acordeón e bombo, acór-daste? Despois, outra vez á capital, entrenos, partidos, viaxes; ao teu redor: Pastor, Mirlo, Bolita. Sen esquecer, desexando que chegue o ve-rán e quedar “libre” para voltar a sentir o fútbol sen aditivos, sen conservantes, só co cheiro da amizade. Natural, coma a fonte do Sapo. Todos a unha!

Que dificil é ser sinxelo e que doado o fas. Lémbran-che en Ourense! Zurria é un nome de futbolista profun-do, fermoso, é aquel ‘dan-dy’ de Verín, alto, espigado, elegante, aquel que as metía na rede sen compaixón. Té-ñeno na memoría.

Temos a sorte de estar preto de tí e poder pregun-tarche moitas cousas que os novos non acordamos, e coma sempre non descubres o mellor, deixas que o rela-ten os que o viron , por iso o teu amigo sacou“o diario”, sacudíulle o polvo e xurdi-ron estas letras, para tí, Zu-rria. Que sigas sendo como es por moitos anos.

Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”

EN BREVE

4 Andaina e carreira en Riós

Riós será sede o domingo, 9 de outubro do II Medio Maratón e Andaina de Riós. A saída da andaina -�3 qui-lómetros de percorrido- terá lugar ás 9 da mañá, e dúas horas máis tarde (11.00 ho-ras) será o turno para a saída do media maratón de mon-taña -�1,100 quilómetros-. A inscrición ten un custo de 3 euros ata o 6 de outubro. Para máis información di-rixirse ao correo concello@

concelloderios.es.

Andaina do Sr. La-rouco

A segunda Andaina do Señor Larouco tivo lugar o pasado domingo, 11 de setembro, sobre unha dis-tancia de �0 quilómetros con saída en Pedrosa e chegada na Xironda, no concello de Cualedro. Ao redor de 70 andaríns parti-ciparon nesta camiñata na que puideron contemplar diversos restos arqueoló-xicos.

4 Piscina de VerínComeza o curso escolar e

con el os cursos na piscina climatizada de Verín. A ins-talación deportiva trae este ano novos cursos e novos

4 XinzoaventuraComo cada ano os rapaces e rapazas de Xinzo de Li-

mia gozaron duns días de vacacións en Portonovo. Foron máis de 40 nenos os que viaxaron ata a localidade pon-tevedresa.

4 ‘Convive coas LinguasA Eurocidade Chaves-Verín clausurou a cuarta edición

do programa ‘Convive coas Linguas’, unha iniciativa educativa na que participaron máis de 400 nenos de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos.

A mesma fomentou, a través da realización de activida-des lúdicas e educativas, o aprendizaxe do castelán, gale-go e portugués entre os participantes. Tenis, fútbol-sala, fútbol-7, pádel, baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia foron algun-has das actividades realizadas polos menores no progra-ma ‘Convive coas Linguas’.

horarios para todas as ida-des.

O prazo de inscrición ábrese desde o 19 de se-tembro e toda a oferta de cursos pódese ver na web www.verin.es.

Page 13: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

13

Urban Place celebra o seu primeiro ani-versario co concerto de Bocanegra o ven-res 15, e a actuación de Bergallazo e Acid Proyect o sábado 16; a Sala Clan ofrece o sábado 16 o concerto de Hora Meiga

OCIO E CULTURA

4A Romaría da Sainza 2011

Un ano máis veciños e visitantes encherán Rairiz de Veiga os días �3, �4 e �5 de setembro para con-memorar a súa tradicional Romaría da Saínza, que se caracteriza pola seu mul-titudinario combate entre mouros e cristiáns, que, coma sempre, terá lugar o domingo ao mediodía, des-pois da misa solemne que se celebrará no Campo de Batalla.

Pero esta xa tradicional festa comeza a ser coñeci-da tamén polas destacadas actuacións musicais que a completan. Nesta edición, a orquestra Pontevedra abre o apartado musical a noite do venres �3. O sá-bado será o turno de Costa Oeste e Foliada. E xa o do-mingo, logo do concerto de Xituma Batuke (a partir das 15.45), a clausura da Romaría da Sainza �011 correrá cargo de nada me-nos que as orquestras París de Noia e Filadelphia.

EN BREVEMáis que música e copas4 As salas Clan e Urban Place ofrecen, desde Xinzo, concertos en directo e todo tipo de espec-táculos.Paula Lodeiro

Abrir un local de ocio nocturno e ofrecer de xei-to habitual aos clientes ac-tuacións en directo parece unha aposta arriscada nos tempos que corren. E máis se falamos dunha localida-de pequena como Xinzo. Isto é o que se atreven a facer desde as salas Clan e Urban Place desta loca-lidade, os primeiros des-de hai máis dunha década (coa nova xerencia desde �007) e os segundos desde hai apenas un ano (precisa-mente estes días celebran o seu primeiro aniversario).

“Organizamos todo tipo de eventos, dende actua-cións musicais en directo ata monólogos, ou incluso espectáculos de maxia. Os concertos abarcan un gran

Actuación na sala Urban Place de Xinzo.

campo musical, destacando o rock, o pop, o folk, e nos últimos meses o hip-hop. Tamén organizamos noites temáticas nas que voltamos atrás no tempo e desfru-tamos dos grandes clási-cos, festas latinas, e outros acontecementos”, explica Raúl Mera da Sala Clan.

Desde Urban Place sé-guenlle o paso, e xa levan máis de �0 actuacións en menos de 1� meses. Al-gunhas con gran éxito de público, como o monólogo de Luis Zahera ou o con-certo de Miguel Costas (ex-Siniestro Total) cun aforo máis que completado, “es-tabamos como nunha lata de sardiñas”, apunta o res-ponsable do local, Chema Gómez.

O éxito de público é un dos factores máis difíciles

de controlar neste tipo de propostas. Na Sala Clan, quizais por levar máis tem-po, amósanse satisfeitos co resultado das súas ac-tuacións, “cada vez é máis diverso o público que fre-cuenta o local”, aínda re-coñecendo un descenso de clientela nos últimos tem-pos. Para o encargado de Urban Place a resposta da xente “nunca a sabes ata o día do concerto”, e recoñe-ce falta de cultura de pagar polas actuacións, “a xente non quere pagar unha en-trada, pero os músicos co-bran”.

Urban Place tamén se atreveu a dar o paso de or-ganizar un festival este ve-rán, o Patakazo Rock, aínda que tiveron que suspender o segundo día de concer-tos pola baixa asistencia de

público. Un revés que lles servirá “para aprender” de cara á futuras edicións.

Próximas actuaciónsEn ambas as dúas salas

non descansan e xa teñen a axenda dos próximos días completa. Urban Place ce-lebra o seu primeiro ano de vida cun ágape o xoves 15,

o concerto de Bocanegra o venres 15, e a actuación de Bergallazo e Acid Proyect o sábado 16; pola súa banda, a Sala Clan trae o sábado 16 ao grupo folk ourensán Hora Meiga, seguido dun-ha sesión musical da man de DjJameffa, chegado de Italia cunha chea de boa música.

Page 14: Setembro 2011 - BXV

14 BARRIOSSetembro de �011 OCIO E CULTURA

4AXENDAMúsica- 16 de setembro - Con-

certo de Bocanegra - Sala Urban Place de Xinzo

- 16 de setembro - Con-certo folk: “Hora Meiga”- Sala Clan de Xinzo

- 17 de setembro - Con-certo de Bergallazo e Acid Proyect - Sala Urban Pla-ce de Xinzo

- Do 16 ao 18 de setem-bro – Festival Reperku-sión - Allariz

- �� de setembro - Con-certo da Coral de Verín - �0 h. - Igrexa da Mercé de Verín

Exposicións- Ata o �4 de setembro

- Arte Infantil, traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios de Verín - Casa do Escudo de Verín

- Ata o �5 de setembro – Exposición de pintura de Narciso de Corral - Sala A Fábrica de Allariz

- Desde o �7 de set-embro - Expoarte �011, traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios - Casa do Escudo de Verín

Cinema- 15 de setembro - “La

tormenta mortal” - ��.45 h. - Casa da Cultura de Verín

- �� de setembro - “La condena” - ��:45 h. - Casa da Cultura de Verín

Teatro- 30 de setembro - “A

xustiza dun muiñeiro” - �0 h. - Casa da Cultura de Verín

Feiras- �3 de setembro - Ve-

rín- Do �3 ao �5 de setem-

bro - Feira Internacional de Turismo Termal Ter-matalia - Expourense

- Do �3 ao �5 de setem-bro - Romería da Saínza - Rairiz de Veiga

- �7 de setembro - Xin-zo de Limia

+ en www.mundourense.com

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A xeración da dúbidaVivimos un tempo de

todas as dúbidas. Vellos e novos somos a xeración da dúbida! Niso, polo me-nos, estamos unidos. Só reaccionamos de modos distintos. Gadafi vai caer? O Sudán do Sur aguanta-rá? Rescate ou bancarro-ta? Podo ter un fillo, sen recorrer, de aquí por un ano, ao Banco de Alimen-tos para lle dar de comer? A UE sempre vai evolucio-nar para unha federación económica e financeira ou desfarase nesta pouca ver-goña? O Goberno lanzará un imposto especial sobre o Euromillóns para pór os máis ricos a compartir sa-crificios?

As xeracións das cer-tezas desapareceron aos poucos: as que contaban co médico de familia, baixa por internamento, operación gratis de amíg-dalas e subsidio de Nadal. O tempo do ditado e da táboa xa fóra substituído polo método global da lectura e pola calculado-ra, mais nin mesmo os no-vos paradigmas é seguro que se manteñan hoxe dun ano para o outro.

Xa pasou o tempo en que o fillo de médico, mé-dico sería, en que o curso de Enxeñaría conducía un individuo á carreira de enxeñeiro e un estudante de Dereito non tería nun-ca que pasar oito horas a entregar recibos nunha cabina de peaxes, ou na caixa dun supermercado, a ler códigos, mais de ba-rras; antes sería avogado, se acabase os estudos, con máis ou menos copiar.

Viviamos nunha época en que as persoas tiñan emprego e era natural telo, non era un privilexio. Recibiría, sen a mínima

dúbida, os salarios, até pa-saren os anos correctos e al-canzar a xubilación, a única dúbida era se chegaría con saúde para gozar o descan-so xunto dos que máis lle eran queridos.

Antes viviamos un tem-po sen grandes angustias existenciais, co confort dal-gunhas certezas, cando nos integrabamos en proxectos máis xerais. A dúbida exis-tencial non estaba tan de-mocratizada, era vista como unha cousa máis artística, de intelectual, de filósofo, aparecía pouco na vida real, era máis dos filmes sen ac-ción.

Nos días que corren os consultorios dos psicólogos están cheos de xente con dúbidas, e todas respectan á deus Felicidade, meta inalcanzábel, divinidade de culto obrigatorio nestes tempos.

Ter dúbidas pode ser moi desconfortábel e é moi abo-rrecido, mais ten un lado positivo: serve de proba que somos xente libre. A dúbida é o farelo da liberdade! Creo que por incompetencia dos gobernantes, que transfor-maron as nosas sociedades.

Da xeración da dúbida, que é a nosa, os psicólogos só se preocupan verdadeira-mente cos que chegan aos seus diváns sen a mínima in-certeza. Din que é mal sinal non ter dúbidas nos tempos que corren. Quen se limita a vivir o momento, o día a día, non ten dúbidas. As dúbidas son para quen pensa no fu-turo. A dúbida é, por iso, saudábel. É vida. Só temos que ter coidado coa dúbida paralizante e prevela man-tendo algunhas conviccións e irmos rexistrando certezas que poidamos coller aquí e alí.

João Damião

4IMAXES DO MES

V Festa Popular de BaltarA área recreativa do Concello de Baltar, ao pé da Serra do Larouco, acolleu o pasado

domingo 14 de agosto a cuarta edición da súa festa popular, na que se xuntaron varios centos de persoas. Unha gran variedade de actividades entretiveron durante toda a xor-nada e boa parte da noite a pequenos e maiores. O programa incluía xogos como paint-ball e water-ball, tute, ping-pong, chave, billarda, xogo da ra, carreiras de sacos, vintos, etc. Do máis divertido foi o tiro de corda no río e cruce polo pao. Ademais houbo unha exhibición de parapente, e merenda de balde para todos os asistentes.

A noite animouna musicalmente o trío Sabor Latino, un karaoke e unha disco-móbil. Houbo premios para aqueles mozos que pasaran con 0,0 a proba de alcoholemia e cho-colate con churros para os máis festeiros.

Aproveitouse a festa para inaugurar as remodeladas instalacións da Casa do Conce-llo.

O cruce do río polo pao foi unha das actividades máis divertidas.

Campamento de verán no InvernadeiroUnha expedición de cincuenta nenos de Verín, con idades comprendidas entre os

10 e 14 anos, participaron a finais de agosto nun campamento no Parque Natural do Invernadeiro.

A iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os menores coñezan a natureza, reciban unha educación medioambiental e ecolóxica e aprendan a respectar e conservar a fauna e flora a través do xogo e a diversión.

Os rapaces participaron en actividades como rotas de sendeirismo polo parque guia-das por biólogos, actividades de lecer, socioculturais, recreativas e de convivencia como xogos predeportivos, obradoiros de reciclaxe, astronomía e fotografía, entre outros.

Foto de familia dos participantes no campamento.

Page 15: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

15

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Guardia Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 90� 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 e OU 186-�006. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo

Nº58- Ano: VI - Setembro �011 - Difusión: 1�.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

PASATEMPOS/ SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - ��:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - ��:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - ��:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 1�:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - �0:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - �0:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 1�:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - �0:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 1�:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 1�:35 - 18:�0 - Regreso: 1�:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 1�:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:�0 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.�5 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos nú-meros do 1 ao 9.

4SUDOKU nivel medio

4FELICITACIÓNS[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotoco-

pia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (aniversario, voda, santo, etc.) e o

texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15, 3�004, Ourense ou a [email protected]. Indícanos un teléfo-

no de contacto]

[Envíanos as túas cartas, fotos denuncia ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.

com, [email protected], ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15,

3�004, Ourense. As cartas ao director non deben ex-ceder de �0 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras

a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no

988 239 634 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas.

Os anuncios mantéñense du-rante dous meses; no caso de que queira repetilos despois

dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

4CARTAS AO DIRECTOR

Vendo bonito piso en Allariz. 3 dormitorios, cociña equi-pada, baño reformado, am-plo salón-comedor, balcón, trasteiro, buhardilla, e garaxe pechado. 83.000 €. urxe! telé-fono: 671086573.Alúganse pisos de � habita-cións, 1 baño, salón cociña, amoblados, partir de �00 euros. Véndese piso en Verín, � habitacións, � baños.salón cociña, 3 balcóns, exterior, con ascensor, praza de garaxe. 85.000 euros, céntrico, opor-tunidade. Tel. 691 904 846 e 637 090 51�.

Cómprase moto de 50cc, a ser po-sible Peugeot. Tel 988 37 57 55.Vendo, por peche de negocio, mostrador con cristal na parte de arriba, amplo con sepadores para as bolsas. Tel. 636 845 478Véndense mobles de perruquería de �ª man por �.000 euros, dous termos de auga eléctricos, e es-tantería de cristal con pé de metal. Tel. 988 �5 59 63.Traballo por horas: muller de �6 anos, responsable, traballadora, realizo todas as tarefas do fogar, limpeza de escaleiras, coidado de nenos e anciáns, prancha, re-cados... Coche propio. Disponibi-lidad horaria. Precio económico. Tfno de cto: 648149375Traspaso Lavado e engraxe en Ourense en funcionamento, prezo negociable. Tel. 988 �1 01 96Ofrécese pintor autónomo para todo tipo de traballos en pintura e decoración, pisos desde 400 euros. Presupostos sen compromiso. Tel. 663 17 13 01 e 617 89 90 80.

VENDAS

Page 16: Setembro 2011 - BXV

BARRIOSSetembro de �011

Page 17: Setembro 2011 - BXV

Número: 58 - Ano:VI - Setembro 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 ESPECIAL Páx.10VERÍN Páx.2 VERÍN Páx.3 DEPORTES Páx.12

O Inorde realiza en-saios con máis de 70 variedades de pataca

Andaina e Media Maratón en Riós, o 9 de outubro

Conmoción en Verín polo asasinato dun conductor de autobús

A corporación aproba de maneira definitiva o orzamento de 2011

Do 23 ao 25 de setembro: Romeríada Saínza en Rairiz

de Veiga [páx.13]

Inicio do curso para 2.475 escolares de Infantil e Primaria

Inicio da vendima [páx. 4]

A Volta partiu deVerín [páx. 11]