Serra do Xurés/Gerês
Transcript of Serra do Xurés/Gerês
SERRA DO XURÉS/GERÊS
Situada ao sur da provincia de Ourense, con orientación NE-SO, compartida con Portugal (Gerês). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada desde a II Guerra Mundial ata a década de 1970.Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves..
Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia. No mirador hai un panel coa imaxe da serra na que aparecen os nomes dos picos máis destacados.
Coto da Fontefría
As Gralleiras
A Nevosa
O Sobreiro
Altar dos Cabrós
As Albas
Cruz do Piñeiro
río Salas
río Limia/Lima
río Cávado
río Homen
río C
aldo
río
Ger
ès
río
Bere
do
río Li
mia río Salas
SERRA DO XURÉS/ GERÊS
PORTUGAL
Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita). Na parte alta apréciase o paso fronteirizo da Portela do Homen.Este primeiro tramo da serra coñécese tamén como SERRA DA CRUZ DE PIÑEIRO
Vista dos cumes do Xurés desde o Coto do Bidueiro
Vista dos cumes do Xurés desde o Coto do Bidueiro
Rochas no Coto do Bidueiro
Pena Furada (Cabezos do Moudelo)
Pena Furada (Cabezos do Moudelo)
Pena Furada (Cabezos do Moudelo)
As Albas (1.466 m)
Cumes desde cara ao leste desde os Cabezos do Moudelo
Os cumes máis altos do Xurés (O Sobreiro e A Nevosa) e o Val de Vilameá desde o val do Limia
O Sobreiro (1.537 m) e A Nevosa (ao fondo) desde Os Carríns
A Nevosa (o cume máis alto da serra, con 1.546 m) desde Os Carríns
Lagoa nos Carríns, no nacemento do río Cabril (Cávado)
Roca Negra (á esquerda) e Caucão (á dereita), en Portugal
Caucão
Roca Negra (Portugal)
Rocalva (Portugal)
Curral da Rocalva (Portugal)
Penedo Redondo (Portugal)
Panorámica desde a Rocalva (esquerda) ata o Caucão (dereita)
Penedos nas proximidades do curro da Malhadoura
As Gralleiras e a Fontefría (no centro, con 1.457 m).
As Gralleiras e a Fontefría desde o encoro de Salas.
Remate da serra do Xurés desde Pintas (Calvos de Randín)
Coto da Fontefría
Coto da Fontefría
Coto da Fontefría
Cumes achairados entre as Gralleiras e A Fontefría
Coto das Gralleiras
Pica das Gralleiras.
Vista desde As Gralleiras cara a Portugal
Roca Sendeia (ao fondo Pitões das Junias)
As Gralleiras
As Gralleiras
As Gralleiras
As Gralleiras
As Gralleiras
As Gralleiras
Encoro de Salas desde As Gralleiras
As Gralleiras
As Gralleiras
Os últomos cumes no leste da serra do Xurés desde Pitões das Junias
Coto da Fontefría, Brazalite e As Gralleiras desde Pitões das Junias
Brazalite e As Gralleiras desde Pitões das Junias
Coto da Fontefría e Brazalite desde Pitões das Junias
Serra do Gerês (Coto da Fontefría e Brazalite á dereita) desde Pitões das Junias
Serra do Gerês desde a alfufeira de Paradela
O Gerês desde Sudro
O Gerês desde Sudro
O Gerês (no centro o Pico da Nevosa)
GLACIARISMONo Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1.300 e os 1.500 m de altura. Por toda a zona consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos e vales glaciares, moreas, sedimentos periglaciares...O Val de Vilameá esta considerado como punto de interese xeolóxico.
Val de Vilameá. Á esquerda o Altar dos Cabrós, O Sobreiro e A Nevosa (ao fondo á esquerda).
Val glaciar de Vilameá
Val glaciar de Vilameá
Val glaciar de Vilameá
Val de Vilameá
Val glaciar do río Homen
Val glaciar do río Homen
Val glaciar do río Homen
RÍOSNa ladeira noroeste nacen afluentes do río Limia (Caldo co Vilameá; Lobios; Cabaleiros, Mao, afluentes do Salas) e na surleste as cabeceiras do Cávado (Homen, Gerês, Arado, Fafião, Cabril, Beredo...).
Os ríos teñen cursos con moita pendente nos que son frecuentes as fervenzas, os rápidos e as pozas.
Río Homen (Cávado)
Fecha CarneiraRego de Salgueiros (Río Salas)A Cela (Lobios)
Fecha de Cela (Río Salas)
Muíños-Lobios
Pozo Negro, Pozo da Seima (Río Salas)Cela (Lobios)
As OlasRío Mao (Salas)
A Cela (Lobios)
As ForcadiñasRío Chao de Requeixo (Cabaleiro-Salas)San Paio de Araúxo (Lobios)
RÍO LOBIOSO río Lobios nace na Serra do Xurés, entre A Nevosa e Os Carrís, e en menos de 10 km, descende case en liña recta ao Limia, ao que se xunta na vila de Lobios.
Río LobiosSaa (Lobios)
RÍO CALDONace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá. Recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha), río Vilameá.
Área termal no río Caldo, en Lobios
RÍO VILAMEÁÉ un afluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo. Forma pozas e pequenas fervenzas en todo o seu curso.
Corga da FechaO regato da Fecha, afluente do río Caldo, forma varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas.
RÍO HOMENUn afluente do Cávado que nace nos Carríns e discorre por un val glaciar na parte alta do seu curso, na serra do Gerês.
RÍO GERÊSNace no Prado do Mourô e discorre por unha falla ata xuntarse co Cávado na albufeira da Caniçada. No seu val hai surxencias termais aproveitadas no balneario de Caldas do Gerês.
Caldas do Gerês.Ribeiro da Figueira (Gerês).
RÍO ARADONace no Borrageiro e xúntase co Cávado na albufeira da Caniçada.
Cascata do Arado
RÍO CONHOUn afluente do Toco (Cávado) que nace nas brañas da Rocalva.
Poço Azul
RÍO FAFIÃONace nas Albas e xúntase co Cávado na albufeira da Caniçada.
Este río e os seus afluentes forman profundos canóns onde hai numerosos saltos e pozas, algúns de moi dificil acceso.
http://www.tic.udc.es/~nino/fotos/canones_portugal/fafiao/canon-fafiao-articulo.htm
Cascata de Pincães(nun pequeno rego afluente do Cávado)
RÍO CABRILNace nos Carrís e xúntase co Cávado na albufeira de Salamonde.
Cascata Cela-Cavalos(nun pequeno rego afluente do Cávado)
RÍO BEREDONace nos Carrís e xúntase co Cávado na albufeira de Salamonde.
Un afluente do rio Beredo en Pitões das Junias
Cascata das Pereiras, nun afluente do río Beredo en Pitões das Junias
Cascata no rego do Campesinho, un afluente do río Beredo en Pitões das Junias.
Albufeira de Paradela,a confluencia do Beredo co Cávado. Ao fondo a serra do Gerês.
CLIMADe transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e acádanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. Os veráns son secos e quentes. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas.
As súas características climáticas, xunto coas diferenzas litolóxicas, de altitude e orientación, dan lugar a unha gran variedade de ecosistemas de gran riqueza biolóxica: pradeiras de montaña, monte baixo, bosques de montaña, bosques de ribeira... nos que podemos atopar algunhas especies únicas.
A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, erbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros acompañado de piñeiros de repoboación. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas
FLORA
Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.
Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.
Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.
Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente no Courel.
Armeria humilis, endemismo dos cumes do Xurés-Gerês.
Vencetósigo (Vincetoxicum hirundinaria). Arbusto tóxico que florece nas abas soleadas do Xurés.
Scilla monophyllos.
Narcissus bulbocodium.
Tomelo do país (Thymus caespititius). Ocupa terreos degradados e rochosos nos cumes e noiros.
Arzaia ou cantroxo (Lavandula stoechas). Planta característica do clima mediterráneo, endémica do oeste da península Ibérica e común en lugares secos da metade sur de Galiza.
Erodium moschatum
Halimium umbellatum
Carballeira da Barxa, unha das poucas carballeiras naturais da serra do Xurés. Na Reserva Integral do Parque, Visítase na ruta “A Cela-Pitoes” que pasa poe Salgueiros, cun permiso especial.
Mata da Albergaría
-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballos (Quercus robur):-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).-Mata da Albergaría-Mosteiro de Pitões das Junias
Carballo (Quercus robur). Mosteiro de Pitões das Junias. 4 m de perímetro
Carballo (Quercus robur).-Mata da Albergaría. 5 m de perímetro
Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica).-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)
Érbedo (Arbutus unedo).Río Conho (Portugal)
Tamén atopamos especies atlánticas e mediterráneas típicas. Insectos como as cigarras, a águia real, cunha poboación moi escasa actualmente reforzada con soltas, ou a cabra fera, extinguida no século pasado e reintroducida na área do parque.
Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
FAUNA
Paporrubio real (Pyrrhula pyrrula)
Bufo realAguia perdiceira
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Gosta de lugares cálidos,
cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade
sur de Galiza.
Lagarto das silveiras (Lacerta schreibei). O macho, na época de celo presenta unha fermosa cor azul na cabeza.
A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.
Cabalos garranos
Aporia crataegui. En Galiza só é común no sur de Ourense, onde as eirugas se alimentas de estripos.
Iberodorcadión seoanei
Nymphalis antiopa
E unha área cunha longa e coñecida historia por ser un dos pasos naturais entre Galiza e Portugal. Nela deixaron pegadas as xentes da prehistoria e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica.
Miliarios ao pe da da vía romana que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaba Galiza para unir Braga e Astorga.
PATRIMONIO CULTURAL
Restos das instalacións das minas dos Carríns no cume da serra(Portugal).Durante a II Guerra Mundial houbo unha gran actividade minera o Xurés/Gerês para a extraccións do volframio destinado a armamento militar alemán. A actividade foi esmorecendo e rematou definitivamente na década de 1970.
Albariza/silhas dos ursos. Construcións destinadas a protexer as colmeas ou corticeiras. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven na serra.
Alvite
Lapela
Chivanas ou casarotasRefuxios temporais dos pastores na montaña.
Os Carríns
Val de Vilameá
As Gralleiras
Río Conho
Curral da Rocalva
Foxos do lobo: Construcións para cazar lobos.
Pitões das Junias
Fafião
Lagar de Aceite de As Olas
Conxunto etnográfico de Paredes do Río
Restos do mosteiro de Pitões das Junias
Ermida da Nosa Señora do Xurés (Lobios)
ESPAZOS PROTEXIDOS-LIC e ZEC “Baixa Limia-Serra do Xurés”-Parque Natural “Baixa Limia” -Parque Nacional Peneda-Gerês, en Portugal.-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) -“Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”-Está incluída no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española “Xurés-Laboreiro”.
Local do centro de Interpretación do Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xuño 2016